SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
Disponível em: http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=39124539018
Red de Revistas Científicas de América Latina, el Caribe, España y Portugal
Sistema de Información Científica
MARTÍN MARTÍN, JOSÉ JESÚS
FUNDAMENTOS DE ECONOMÍA Y GESTIÓN DE LA SALUD
Revista Galega de Economía, vol. 21, núm. 2, diciembre, 2012, pp. 341-342
Universidade de Santiago de Compostela
Santiago de Compostela, España
Como citar este artigo Número completo Mais informações do artigo Site da revista
Revista Galega de Economía,
ISSN (Versão impressa): 1132-2799
teresa.pastoriza@usc.es
Universidade de Santiago de Compostela
España
www.redalyc.org
Projeto acadêmico não lucrativo, desenvolvido pela iniciativa Acesso Aberto
Recensións bibliográficas
Revista Galega de Economía, vol. 21, núm. 2 (decembro 2012), pp. 341-342
ISSN 1132-2799
341
Fundamentos de economía y gestión de la salud
MANEL ANTELO, JOSÉ Mª FRAGA, JUAN CARLOS REBOREDO [coord.]
Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. 2010
[498 páxinas]
Recibido: 24 de setembro de 2012
Aceptado: 27 de setembro de 2012
Durante as últimas décadas a ensinanza e investigación da economía da saúde e
a xestión sanitaria experimentou un extraordinario desenvolvemento en España,
acompañando ao crecemento e á transformación do Sistema Nacional de Saúde. A
crecente complexidade tanto da arquitectura institucional do sistema como das or-
ganizacións sanitarias que operan no seu seo demanda unha formación esixente e
rigorosa, unida á dispoñibilidade de textos que sirvan como referencia. Sen a tradi-
ción anglosaxona neste campo, constitúe un reto de envergadura que, porén, se está
enfrontando con notable solidez e solvencia.
Un exemplo destacado constitúeo este libro, Fundamentos de Economía y Ges-
tión de la Salud, coordinado polos profesores Antelo, Fraga e Reboredo, que con
toda seguridade se vai converter nun texto de referencia en castelán para todas as
persoas interesadas en formarse en economía e xestión da saúde. O texto xerouse
no marco das sucesivas edicións do Máster de Economía e Xestión da Saúde orga-
nizado pola Universidade de Santiago de Compostela, e recolle o núcleo duro dun
proceso de formación nestas materias. Nunha área do coñecemento tan ampla como
a que representa a economía da saúde e a xestión sanitaria, non é posible unha
abordaxe exhaustiva. Non están todos os que son pero, sen dúbida, os que están
son, e están a un nivel homologable aos manuais anglosaxóns de referencia, coa
importante vantaxe da súa adaptación á realidade especifica do Estado español.
O capítulo 1 “Introducción a la economía de la salud”, de Xavier Martínez-Gi-
rat, realiza unha rigorosa exposición dos contidos fundamentais desta disciplina. A
exposición dos contidos combínase con gráficas que facilitan a comprensión e a
aprendizaxe. O autor describe os principais tópicos que constitúen o ámbito da dis-
ciplina, dedicándolles un especial interese ao mercado sanitario e aos fallos que o
afastan do mercado de competencia perfecta: monopolio, bens públicos, externali-
dades, risco e incerteza e asimetría de información, entre outros. O capítulo consti-
túe unha excelente introdución ao resto dos contidos do libro.
O capítulo 2, desenvolvido por Manel Antelo e Juan Carlos Reboredo, aborda a
avaliación económica en sanidade, describindo as distintas técnicas que a compo-
ñen: minimización de custos, análises custo-beneficio, análise custo-efectividade e
análise custo-utilidade, sinalando as vantaxes e os inconvenientes de cada unha.
Este capítulo é de lectura obrigada para todos aqueles que estean interesados en
coñecer unha das ramas máis dinámicas da economía da saúde.
Francisco Reyes analiza no capítulo 3 o financiamento das prestacións sanita-
rias, describindo e avaliando os diferentes mecanismos de financiamento sanitario
a nivel territorial desde a teoría do federalismo fiscal na súa dobre perspectiva de
Recensións bibliográficas
Revista Galega de Economía, vol. 21, núm. 2 (decembro 2012), pp. 341-342
ISSN 1132-2799
342
gasto e de ingresos. A continuación analiza os principais indicadores sanitarios uti-
lizados no financiamento descentralizado da sanidade, así como os modelos aplica-
dos noutros países coa sanidade descentralizada territorialmente. O capítulo termi-
na cunha análise das fórmulas de participación do usuario no custo da sanidade.
O capítulo 4, a cargo de Beatriz Aibar e Cristina Aibar, trata do sistema de in-
formación contable e das súas características nos centros sanitarios; un capítulo
moi pedagóxico, con exemplos prácticos que introduce de forma clara a linguaxe
contable para facelo accesible a calquera que teña interese en comprender os esta-
dos financeiros das organizacións sanitarias.
No capítulo 5 Beatriz Aibar e María Isabel Blanco realizan unha sólida introdu-
ción á contabilidade de custos nas organizacións sanitarias. Logo da exposición dos
conceptos básicos, as autoras describen os distintos métodos e modelos existentes
de cálculo de custos, os sistemas de planificación e control, e a información para a
toma de decisións.
Mercé Casas, Carles Illa e María Soler estudan no capítulo 6 a información para
a xestión no marco do Sistema Nacional de Saúde, describindo a situación actual
en España, desde as fontes de datos dispoñibles ata os usos que os distintos axentes
do sistema realizan delas. Finalmente, o capítulo aborda unha breve discusión so-
bre o futuro dos sistemas de información para a xestión nos sistemas sanitarios.
Josep Albet analiza o management dos hospitais no capítulo 7. O autor pon a
énfase en que os hospitais son organizacións e como tales susceptibles de benefi-
ciarse ao aplicar os coñecementos xerados pola ciencia do management. O capítulo
explora os principais conceptos do management e a súa aplicación ás organizacións
hospitalarias, xunto cunha análise das dificultades da súa aplicación no contexto do
sistema sanitario español.
O capítulo 8, titulado (novas) “Formas de incentivación en atención primaria”,
de Vicente Ortún, ofrece unha perspectiva anovadora dos incentivos ao incorporar
algúns dos recentes resultados da economía do comportamento, destacando o papel
fundamental das emocións na motivación humana. O autor analiza os incentivos en
tres niveis: as regras sociais do xogo como as normas clínicas e as relacións coa in-
dustria farmacéutica, as formas organizativas e o grao de competencia entre elas, e
os incentivos individuais ou de grupo como a promoción, o prestixio, a estabilidade
ou o diñeiro, entre outros.
Finalmente, o manual cérrase cun capítulo sobre deseño mostral e a análise esta-
tística en economía da saúde de Pedro Juez, onde se describen los diferentes aspec-
tos dun proxecto de investigación sanitaria. A continuación, cunha notable capaci-
dade de síntese, analízanse as técnicas máis empregadas utilizando exemplos, des-
de a estatística descritiva, a confección de índices ou o contrate de hipóteses ata a
regresión lineal ou loxística.
En resumo, estamos fronte a un manual cheo de acertos que, con toda segurida-
de, se vai converter nun texto de referencia para a formación en economía da saúde
e xestión sanitaria.
JOSÉ JESÚS MARTÍN MARTÍN
Universidade de Granada

More Related Content

Similar to 5 fundamentos de economía y gestión de la salud

Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise  e propostas sobre a sanidade publica galega sosAnalise  e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sososcargaliza
 
Xornais dixitais galegos
Xornais dixitais galegosXornais dixitais galegos
Xornais dixitais galegosloaira
 
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016ccarballino
 

Similar to 5 fundamentos de economía y gestión de la salud (6)

Opinión carlos varela reformas na sanidade galego
Opinión carlos varela reformas na sanidade galegoOpinión carlos varela reformas na sanidade galego
Opinión carlos varela reformas na sanidade galego
 
Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise  e propostas sobre a sanidade publica galega sosAnalise  e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos
 
Xornais dixitais galegos
Xornais dixitais galegosXornais dixitais galegos
Xornais dixitais galegos
 
Content server
Content serverContent server
Content server
 
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016
Observatorio Económico Ourensan - Carballiño 2016
 
SOS Sanidade Pública (1)
SOS Sanidade Pública (1)SOS Sanidade Pública (1)
SOS Sanidade Pública (1)
 

More from Veritho Urrutia Silva

10 deserción, competitividad ó gestión
10 deserción, competitividad ó gestión10 deserción, competitividad ó gestión
10 deserción, competitividad ó gestiónVeritho Urrutia Silva
 
9 gestionar cambios desde la óptica cultural
9 gestionar cambios desde la óptica cultural9 gestionar cambios desde la óptica cultural
9 gestionar cambios desde la óptica culturalVeritho Urrutia Silva
 
8 la gestión de la investigación educativa
8 la gestión de la investigación educativa8 la gestión de la investigación educativa
8 la gestión de la investigación educativaVeritho Urrutia Silva
 
7 desafíos y perspectivas de los sistemas de salud y la gestión frente a ...
7 desafíos y  perspectivas de los  sistemas de salud y  la gestión frente a  ...7 desafíos y  perspectivas de los  sistemas de salud y  la gestión frente a  ...
7 desafíos y perspectivas de los sistemas de salud y la gestión frente a ...Veritho Urrutia Silva
 
6 gestión de gobiernos locales en la calidad de la atención de la salud para ...
6 gestión de gobiernos locales en la calidad de la atención de la salud para ...6 gestión de gobiernos locales en la calidad de la atención de la salud para ...
6 gestión de gobiernos locales en la calidad de la atención de la salud para ...Veritho Urrutia Silva
 
4 la gestión de la calidad en las instituciones de salud
4 la gestión de la calidad en las instituciones de salud4 la gestión de la calidad en las instituciones de salud
4 la gestión de la calidad en las instituciones de saludVeritho Urrutia Silva
 
3 políticas de salud y gestión del conocimiento
3 políticas de salud y gestión del conocimiento3 políticas de salud y gestión del conocimiento
3 políticas de salud y gestión del conocimientoVeritho Urrutia Silva
 
2 investigación en gestión, políticas y sistemas de salud
2 investigación en gestión, políticas y sistemas de salud2 investigación en gestión, políticas y sistemas de salud
2 investigación en gestión, políticas y sistemas de saludVeritho Urrutia Silva
 
1.tendencias en la gestión de los servicios de salud
1.tendencias en la gestión de los servicios de salud1.tendencias en la gestión de los servicios de salud
1.tendencias en la gestión de los servicios de saludVeritho Urrutia Silva
 
Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (3)
Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (3)Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (3)
Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (3)Veritho Urrutia Silva
 
Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (1)
Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (1)Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (1)
Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (1)Veritho Urrutia Silva
 
Eduidad de salud y etnia desde la perspectiva de genero
Eduidad de salud y etnia desde la perspectiva de generoEduidad de salud y etnia desde la perspectiva de genero
Eduidad de salud y etnia desde la perspectiva de generoVeritho Urrutia Silva
 

More from Veritho Urrutia Silva (20)

Clases medias en mexico
Clases medias en mexicoClases medias en mexico
Clases medias en mexico
 
Bitacora de gestion 2 programas
Bitacora de gestion 2 programasBitacora de gestion 2 programas
Bitacora de gestion 2 programas
 
Bita gestion 17
Bita gestion 17Bita gestion 17
Bita gestion 17
 
Foda preeliminar
Foda preeliminarFoda preeliminar
Foda preeliminar
 
Expo sociodemografia 1
Expo sociodemografia 1Expo sociodemografia 1
Expo sociodemografia 1
 
Gestion
GestionGestion
Gestion
 
Bitacora gestion
Bitacora gestionBitacora gestion
Bitacora gestion
 
BITÁCORA "ENTREGA DE RESULTADOS"
BITÁCORA "ENTREGA DE RESULTADOS"BITÁCORA "ENTREGA DE RESULTADOS"
BITÁCORA "ENTREGA DE RESULTADOS"
 
10 deserción, competitividad ó gestión
10 deserción, competitividad ó gestión10 deserción, competitividad ó gestión
10 deserción, competitividad ó gestión
 
9 gestionar cambios desde la óptica cultural
9 gestionar cambios desde la óptica cultural9 gestionar cambios desde la óptica cultural
9 gestionar cambios desde la óptica cultural
 
8 la gestión de la investigación educativa
8 la gestión de la investigación educativa8 la gestión de la investigación educativa
8 la gestión de la investigación educativa
 
7 desafíos y perspectivas de los sistemas de salud y la gestión frente a ...
7 desafíos y  perspectivas de los  sistemas de salud y  la gestión frente a  ...7 desafíos y  perspectivas de los  sistemas de salud y  la gestión frente a  ...
7 desafíos y perspectivas de los sistemas de salud y la gestión frente a ...
 
6 gestión de gobiernos locales en la calidad de la atención de la salud para ...
6 gestión de gobiernos locales en la calidad de la atención de la salud para ...6 gestión de gobiernos locales en la calidad de la atención de la salud para ...
6 gestión de gobiernos locales en la calidad de la atención de la salud para ...
 
4 la gestión de la calidad en las instituciones de salud
4 la gestión de la calidad en las instituciones de salud4 la gestión de la calidad en las instituciones de salud
4 la gestión de la calidad en las instituciones de salud
 
3 políticas de salud y gestión del conocimiento
3 políticas de salud y gestión del conocimiento3 políticas de salud y gestión del conocimiento
3 políticas de salud y gestión del conocimiento
 
2 investigación en gestión, políticas y sistemas de salud
2 investigación en gestión, políticas y sistemas de salud2 investigación en gestión, políticas y sistemas de salud
2 investigación en gestión, políticas y sistemas de salud
 
1.tendencias en la gestión de los servicios de salud
1.tendencias en la gestión de los servicios de salud1.tendencias en la gestión de los servicios de salud
1.tendencias en la gestión de los servicios de salud
 
Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (3)
Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (3)Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (3)
Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (3)
 
Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (1)
Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (1)Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (1)
Aspectos histórico social de la vejez en el méxico (1)
 
Eduidad de salud y etnia desde la perspectiva de genero
Eduidad de salud y etnia desde la perspectiva de generoEduidad de salud y etnia desde la perspectiva de genero
Eduidad de salud y etnia desde la perspectiva de genero
 

5 fundamentos de economía y gestión de la salud

  • 1. Disponível em: http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=39124539018 Red de Revistas Científicas de América Latina, el Caribe, España y Portugal Sistema de Información Científica MARTÍN MARTÍN, JOSÉ JESÚS FUNDAMENTOS DE ECONOMÍA Y GESTIÓN DE LA SALUD Revista Galega de Economía, vol. 21, núm. 2, diciembre, 2012, pp. 341-342 Universidade de Santiago de Compostela Santiago de Compostela, España Como citar este artigo Número completo Mais informações do artigo Site da revista Revista Galega de Economía, ISSN (Versão impressa): 1132-2799 teresa.pastoriza@usc.es Universidade de Santiago de Compostela España www.redalyc.org Projeto acadêmico não lucrativo, desenvolvido pela iniciativa Acesso Aberto
  • 2. Recensións bibliográficas Revista Galega de Economía, vol. 21, núm. 2 (decembro 2012), pp. 341-342 ISSN 1132-2799 341 Fundamentos de economía y gestión de la salud MANEL ANTELO, JOSÉ Mª FRAGA, JUAN CARLOS REBOREDO [coord.] Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. 2010 [498 páxinas] Recibido: 24 de setembro de 2012 Aceptado: 27 de setembro de 2012 Durante as últimas décadas a ensinanza e investigación da economía da saúde e a xestión sanitaria experimentou un extraordinario desenvolvemento en España, acompañando ao crecemento e á transformación do Sistema Nacional de Saúde. A crecente complexidade tanto da arquitectura institucional do sistema como das or- ganizacións sanitarias que operan no seu seo demanda unha formación esixente e rigorosa, unida á dispoñibilidade de textos que sirvan como referencia. Sen a tradi- ción anglosaxona neste campo, constitúe un reto de envergadura que, porén, se está enfrontando con notable solidez e solvencia. Un exemplo destacado constitúeo este libro, Fundamentos de Economía y Ges- tión de la Salud, coordinado polos profesores Antelo, Fraga e Reboredo, que con toda seguridade se vai converter nun texto de referencia en castelán para todas as persoas interesadas en formarse en economía e xestión da saúde. O texto xerouse no marco das sucesivas edicións do Máster de Economía e Xestión da Saúde orga- nizado pola Universidade de Santiago de Compostela, e recolle o núcleo duro dun proceso de formación nestas materias. Nunha área do coñecemento tan ampla como a que representa a economía da saúde e a xestión sanitaria, non é posible unha abordaxe exhaustiva. Non están todos os que son pero, sen dúbida, os que están son, e están a un nivel homologable aos manuais anglosaxóns de referencia, coa importante vantaxe da súa adaptación á realidade especifica do Estado español. O capítulo 1 “Introducción a la economía de la salud”, de Xavier Martínez-Gi- rat, realiza unha rigorosa exposición dos contidos fundamentais desta disciplina. A exposición dos contidos combínase con gráficas que facilitan a comprensión e a aprendizaxe. O autor describe os principais tópicos que constitúen o ámbito da dis- ciplina, dedicándolles un especial interese ao mercado sanitario e aos fallos que o afastan do mercado de competencia perfecta: monopolio, bens públicos, externali- dades, risco e incerteza e asimetría de información, entre outros. O capítulo consti- túe unha excelente introdución ao resto dos contidos do libro. O capítulo 2, desenvolvido por Manel Antelo e Juan Carlos Reboredo, aborda a avaliación económica en sanidade, describindo as distintas técnicas que a compo- ñen: minimización de custos, análises custo-beneficio, análise custo-efectividade e análise custo-utilidade, sinalando as vantaxes e os inconvenientes de cada unha. Este capítulo é de lectura obrigada para todos aqueles que estean interesados en coñecer unha das ramas máis dinámicas da economía da saúde. Francisco Reyes analiza no capítulo 3 o financiamento das prestacións sanita- rias, describindo e avaliando os diferentes mecanismos de financiamento sanitario a nivel territorial desde a teoría do federalismo fiscal na súa dobre perspectiva de
  • 3. Recensións bibliográficas Revista Galega de Economía, vol. 21, núm. 2 (decembro 2012), pp. 341-342 ISSN 1132-2799 342 gasto e de ingresos. A continuación analiza os principais indicadores sanitarios uti- lizados no financiamento descentralizado da sanidade, así como os modelos aplica- dos noutros países coa sanidade descentralizada territorialmente. O capítulo termi- na cunha análise das fórmulas de participación do usuario no custo da sanidade. O capítulo 4, a cargo de Beatriz Aibar e Cristina Aibar, trata do sistema de in- formación contable e das súas características nos centros sanitarios; un capítulo moi pedagóxico, con exemplos prácticos que introduce de forma clara a linguaxe contable para facelo accesible a calquera que teña interese en comprender os esta- dos financeiros das organizacións sanitarias. No capítulo 5 Beatriz Aibar e María Isabel Blanco realizan unha sólida introdu- ción á contabilidade de custos nas organizacións sanitarias. Logo da exposición dos conceptos básicos, as autoras describen os distintos métodos e modelos existentes de cálculo de custos, os sistemas de planificación e control, e a información para a toma de decisións. Mercé Casas, Carles Illa e María Soler estudan no capítulo 6 a información para a xestión no marco do Sistema Nacional de Saúde, describindo a situación actual en España, desde as fontes de datos dispoñibles ata os usos que os distintos axentes do sistema realizan delas. Finalmente, o capítulo aborda unha breve discusión so- bre o futuro dos sistemas de información para a xestión nos sistemas sanitarios. Josep Albet analiza o management dos hospitais no capítulo 7. O autor pon a énfase en que os hospitais son organizacións e como tales susceptibles de benefi- ciarse ao aplicar os coñecementos xerados pola ciencia do management. O capítulo explora os principais conceptos do management e a súa aplicación ás organizacións hospitalarias, xunto cunha análise das dificultades da súa aplicación no contexto do sistema sanitario español. O capítulo 8, titulado (novas) “Formas de incentivación en atención primaria”, de Vicente Ortún, ofrece unha perspectiva anovadora dos incentivos ao incorporar algúns dos recentes resultados da economía do comportamento, destacando o papel fundamental das emocións na motivación humana. O autor analiza os incentivos en tres niveis: as regras sociais do xogo como as normas clínicas e as relacións coa in- dustria farmacéutica, as formas organizativas e o grao de competencia entre elas, e os incentivos individuais ou de grupo como a promoción, o prestixio, a estabilidade ou o diñeiro, entre outros. Finalmente, o manual cérrase cun capítulo sobre deseño mostral e a análise esta- tística en economía da saúde de Pedro Juez, onde se describen los diferentes aspec- tos dun proxecto de investigación sanitaria. A continuación, cunha notable capaci- dade de síntese, analízanse as técnicas máis empregadas utilizando exemplos, des- de a estatística descritiva, a confección de índices ou o contrate de hipóteses ata a regresión lineal ou loxística. En resumo, estamos fronte a un manual cheo de acertos que, con toda segurida- de, se vai converter nun texto de referencia para a formación en economía da saúde e xestión sanitaria. JOSÉ JESÚS MARTÍN MARTÍN Universidade de Granada