SlideShare a Scribd company logo
1 of 20
Download to read offline
índice 
Obxectivos 3 
Competencias básicas 3 
Contidos curriculares 4 
Contidos 4 
Actividade de comezo - LECTURA 5 
Carta dos Arroases aos nenos e nenas 10 
O mundo da pesca 12 
Actividade 1 - proposta por Sardiña 12 
Actividade 2 - proposta por Xurelo 13 
Coñecemento das especies 14 
Actividade 3 – proposta por Rodaballo 14 
Actividade 4 – proposta por Troita 15 
Nutrición 16 
Actividade 5 – proposta por Mexillón 16 
Actividade 6 – proposta por Pescada 17 
Actividade 7 – proposta por Lirio 18 
Cuestionario para a clase 19 
Edita:XUNTA DE GALICIA 
Revisión lingüística: Ramiro Combo 
Depósito legal: C 1527-2010 
2
Esta unidade didáctica está deseñada para ser utilizada tras a visita 
ao centro escolar do programa. 
Os principais aspectos do currículo educativo que o profesor ou 
profesora pode abordar desde estes cadernos son: 
Obxectivos 
Os obxectivos de partida desta campaña céntranse en lles transmitir 
aos escolares de Educación Primaria a importancia do peixe e 
o marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, e 
fomentar o seu consumo. Ademais, afondarán no coñecemento das 
especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os 
recursos do mar e na posta en valor das profesións do mar. 
Competencias básicas 
**Competencia no coñecemento e na interacción co mundo 
físico. Contidos relacionados co mundo da pesca, o transporte e 
a preparación dos produtos do mar. 
**Competencia en comunicación lingüística. Comprensión lectora 
e expresión escrita. 
**Tratamento da información e competencia dixital. A través de 
descargas e enquisas de avaliación online. 
**Competencia social e cidadá. O consumo de peixe como fonte 
de saúde, e como recurso económico e social. 
**Competencia cultural e artística. O alumnado desenvolverá a 
súa creatividade e habilidades artísticas na representación 
Os Arroases. 
**Autonomía e iniciativa persoal. Novos coñecementos sobre 
o valor do consumo do peixe e do marisco que lles permitirán 
tomar decisións en relación co seu consumo. 
3
Contidos curriculares 
Aínda que os contidos da unidade didáctica se poden tratar desde 
un punto de vista das diferentes áreas de coñecemento, recollemos 
a continuación aqueles relacionados coa área de coñecemento do 
medio natural, social e cultural por ser a área de maior implicación e 
máis directamente relacionada. 
Contidos 
**Recoñecemento da nutrición como unha función vital para os 
seres humanos. 
**Valoración positiva dos hábitos de hixiene e dos estilos de vida 
saudable. 
**Aceptación e práctica das normas sociais referidas á saúde, 
hixiene, alimentación, protección e seguridade persoal. 
**Utilización guiada de claves e de guías de animais e plantas para 
a identificación dalgunhas especies existentes en Galicia. 
**Utilización de lupas binoculares e doutros aparellos de 
laboratorio para observar animais e plantas ou algunha das 
súas partes, respectando as normas de uso e de seguridade dos 
instrumentos e dos materiais de traballo. 
**Valoración de actuacións que contribúen á conservación do medio 
e á sustentabilidade. 
**Valoración da influencia do desenvolvemento tecnolóxico nas 
condicións de vida e do traballo. 
4
5 
Actividade de comezo - LECTURA 
A reunión era moi importante. Luís, 
o patrón de pesca, estaba moi 
preocupado. 
-“A algúns nenos e nenas 
non lles gusta comer 
peixe” –explicou. 
-“Imposible!” – 
berraron os sete 
pequenos superheroes á vez. 
Estaban no barco de Luís, un 
cerqueiro de 20 metros capaz de 
ir e vir por entre as ondas máis 
temibles na súa diaria busca e 
captura de peixe. Aquela era 
a misión máis difícil que lles 
encargaran nunca aos Arroases. 
Ningún deles pensara, ata ese 
momento, que houbese persoas 
ás que non lles gustase o 
peixe. Por que? 
Para saber por que, cómpre explicar 
quen son Os Arroases.
Troita 
Contén retinol (vitamina A), fundamental 
para a vista: MELLOR VISIÓN! 
A troita de mar, tamén chamada reo, péscase 
nas bocas das nosas rías. 
Á prancha, en croquetas ou en pastel, está 
saborosísima! 
6 
Rodaballo 
Contén potasio, moi importante para enviar o 
impulso aos nosos músculos: MÁIS AXILIDADE! 
Péscase en augas pouco profundas. Vive 
camuflado nos fondos areosos. 
Que bo está o rodaballo en paella ou filloas 
recheas! ÑAM ÑAM! 
Xurelo 
Contén niacina (vitamina B3), que favorece o noso 
bo humor: MÁIS DIVERSIÓN! 
Péscase lonxe da costa no inverno e preto dela 
no verán. 
Non deixes de probar a lasaña de xurelo! ÑAM ÑAM!
Pescada 
Contén tiamina (vitamina B1), que é moi importante 
para producirmos enerxía: MÁIS ENERXÍA! 
Péscase no inverno en augas frías e profundas, e no 
verán preto da costa. 
Se a preparas en albóndegas, ao forno ou en 
barriñas, vas chupar os dedos! 
Sardiña 
Contén cobalamina (vitamina B12), que favorece o 
metabolismo e o mantemento do sistema nervioso: 
MÁIS FORZA! 
Péscase botando as redes sobre os grandes 
bancos que forma preto da superficie. 
A sardiña está moi rica en hamburguesa! ÑAM ÑAM! 
Mexillón 
Contén iodo, moi importante para o noso desenvolvemento 
físico e mental: MÁIS INTELIXENCIA! 
Recóllese nas rochas e cultívase en bateas nas rías. 
Se aínda non probaches a fideuá de mexillóns non sabes o 
que perdes! 
7 
Lirio 
Contén un tranquilizante natural que 
axuda a manter a boa saúde do noso 
sistema nervioso: MÁIS TRANQUILIDADE! 
Péscase ás veces a moita profundidade, 
onde vive en grandes bancos. 
A pizza de lirio é deliciosa!
8 
-Non podo crer que non lles guste! Pero se o peixe está 
riquísimo! –exclamou Sardiña. 
-É estupendo para medrar! Non hai máis que vernos! – 
contestoulle Rodaballo. 
-Iso está claro. Pero é verdade que a algúns nenos e nenas 
lles custa un pouco descubrir o seu bo sabor. É como 
montar en bicicleta; ata que aprendes paréceche moi difícil 
e, logo, non a soltas –reflexionou Lirio.
9 
Coma sempre, foi a Mexillón a quen se lle ocorreu unha idea 
para resolver o problema do seu amigo, Luís o patrón. 
-Xa sei o que imos facer –dixo. Temos que ir aos colexios a 
axudarlles a que lles guste o peixe. 
-Iso sería divertidísimo, pero non esquezan que tamén nós 
temos clase! –recordoulle Xurelo. 
-Non o esquezo. Por iso irán Luís e a nosa amiga a cociñeira 
Mariña. E levarán unha mensaxe nosa. 
-Escríboa eu!, apuntouse rapidamente Troita. 
-Vou buscar papel! 
Pescada sempre era a máis rápida. Subiu ao seu monopatín e 
nun intre xa estaba de volta. Esta é a mensaxe que escribiron 
Os Arroases:
Carta dos Arroases aos nenos e nenas 
10 
Rapazas e rapaces: 
Probablemente xa nos coñezades. Se non, 
ídesnos coñecer moi ben, porque vos imos dar 
a roncha durante un bo anaco. 
A vosa profesora ou profesor xa vos contaría 
quen somos, e canto nos gusta comer peixe, e 
como, grazas a iso, temos uns superpoderes 
moi especiais. 
A nosa misión de hoxe é unha das máis 
importantes de cantas emprendemos. 
Imos convencervos de que comades máis 
peixe. 
Por que? Entre outras cousas porque o noso 
amigo Luís, patrón de pesca, nos contou 
que a algunhas nenas e nenos non lles 
gusta demasiado o peixe. E iso é o mesmo que 
dicir que non lles gusta gozar de novos 
e riquísimos sabores, que non lles gusta 
medrar sans e fortes, que non lles gusta ter 
mellor vista, axilidade, intelixencia, forza, 
tranquilidade, enerxía e diversión.
O peixe dános todo iso! 
Resulta que ademais o peixe, e tamén o 
marisco, dan traballo a unha enorme 
cantidade de persoas que cada día se 
esforzan no mar e nas rías para traeren de alí 
todo tipo de especies moi importantes para 
a alimentación de maiores e pequenos. Se non 
comemos peixe, non só imos en contra da nosa 
propia saúde, senón que, ademais, os deixamos 
sen traballo! 
Para comprender por que, cada un de nós 
preparámosvos unha actividade. 
A ver que tal resultan! Esperamos que moi ben. 
Xa nos contaredes. 
Vémonos na nosa páxina web: 
www.osabordaaventuraestanomar.com 
11
O mundo da pesca 
Actividade 1 - proposta por sardiña 
Debate na clase 
Tras a lectura da carta dos Arroases, formúlanselles ás clases as 
seguintes preguntas. A medida que as van respondendo, anímase un 
debate ao redor das diferentes respostas. 
**Gústavos o peixe? A cantos si? A cantos non? 
**Credes que o patrón de pesca ten motivos para estar 
preocupado? 
**Por que? 
**Que levanten a man os que coman peixe máis de catro veces á 
semana. 
**Os que non a levantaron, por que non comen tanto peixe? É 
porque non lles gusta? É porque non llelo poñen na casa? 
**En canto aos que si o comen máis de catro veces á semana, cal é 
o peixe que máis lles gusta? Por que? 
12
Actividade 2 - proposta por Xurelo 
Que é un caladoiro? 
Con esta actividade o alumnado pode abordar os conceptos de 
caladoiro e a súa situación xeográfica, centrados nas costas de Galicia. 
En papel de adhesivo cada alumno debuxa un pesqueiro que logo 
recorta. Sobre un mapa do mundo deben situar cada adhesivo co nome 
dos seguintes caladoiros: 
Atlántico Norte, Gran Sol, Atlántico, Marrocos, Malvinas, Namibia, 
Índico. 
Na pesca litoral pegarán os seguintes debuxos en cada unha das zonas 
en que se divide a costa: 
**Arco cantábrico 
**Arco ártabro 
**Arco fisterrán 
**Rías Baixas 
**Arco miniano-duriense 
O profesorado pode atopar máis información na web da Consellería 
do Mar: http://webpesca.xunta.es/web/pesca/intro-mar 
13
Coñecemento das especies 
Actividade 3 – proposta por Rodaballo 
O peixe branco e o peixe azul 
Os conceptos de “peixe branco” e “peixe azul” poden levar a 
confusión. Que deben entender as nenas e os nenos? 
O profesor entregaralles fichas de cartolina coas diferentes 
características de cada variedade revoltas. No encerado escribiranse 
dúas columnas, unha para peixe branco e outra para peixe azul. O 
alumnado debe intentar acertar a que columna corresponde cada 
característica. Coméntanse con eles as solucións propostas. 
Peixe azul Peixe branco 
Maior contido en grax a Baixo contido en grax a 
Coloración xeralmente azula da Coloracións variad as 
Aleta caudal potente e c on forma de 
forquita 
14 
Aleta caudal rec ta 
Adoitan nadar preto da superfic ie Son máis habituais no fondo 
Sardiña Pescada 
Xurelo Rodaballo 
Son nadadores moi activo s Nadan pouco ou son sedentario s
Actividade 4 – proposta por troita 
A comercialización do peixe 
Para esta actividade o profesor ou profesora deberá preparar 
previamente o material e seleccionalo para o alumnado. Pode obter 
os datos necesarios de diferentes medios de comunicación galegos ou 
directamente na páxina web de Pesca de Galicia, na sección de 
datos das lonxas: http://www.pescadegalicia.com/cotizaciones/ 
ventas.aspx 
estatísticas: http://www.pescadegalicia.com/estadisticas/datos_ 
estadisticas.asp?pub=1 
Cos datos da lonxa máis próxima ao centro educativo, os alumnos 
deberían ser capaces de: 
**Facer un gráfico que reflicta as cantidades de captura de cada 
especie. 
**Calcular as capturas e o prezo medio das sete especies. 
**Facer un gráfico coa evolución das capturas e outro coa evolución 
do prezo dunha das especies. 
15 
Evolución da captura de xurelo na lonxa 
de Sada (en toneladas)
Nutrición 
Actividade 5 – proposta por Mexillón 
Analiza, compara e... elixe 
As calorías (ou quilocalorías) son unha unidade para medir o poder 
enerxético dos alimentos, pero hai que ter en conta outros factores. 
Imos comparar dous menús e analizar as achegas de cada un deles. 
Primeiro, cada alumno calculará as súas necesidades de “enerxía” 
ao día. Pódese facer mediante calculadoras online, pero unha forma 
sinxela para nenos é: 
50 kcal x peso (kg) 
A continuación collemos un menú do centro escolar e seleccionamos 
unha comida con carne e outra con peixe. Usando unha táboa de 
achega nutricional de alimentos, cubrimos unha táboa semellante a 
esta e coméntanse os resultados. 
Menú Enerxía (kcal) Proteínas Graxa Hidratos de carbono 
Como complemento, os alumnos poden traer envases de produtos 
elaborados con carne ou con peixe e comparar na clase os diferentes 
valores. 
16
Actividade 6 – proposta por Pescada 
Campaña de publicidade na casa 
Hai que comer máis peixe! Pero non só iso. Ademais, hailles que axudar 
aos Arroases a convencer a todo o mundo. 
Divídese a clase en grupos. Cada un deles debe pensar unha campaña 
de publicidade en forma de cartel para convencer as súas familias e 
amigos, así como o resto do centro escolar, dos moitos beneficios de 
comer peixe. 
En cada cartel debe haber, polo menos: 
**Unha frase - lema que anime ao consumo de peixe 
**Un debuxo alusivo 
**Unha lista de tres razóns polas que convén comer peixe 
**Os nomes dos autores da campaña 
Logo, estes carteis pódense fotocopiar para que cada participante leve 
un para a súa casa e o pegue na porta do frigorífico, por exemplo. 
17
Actividade 7 – proposta por Lirio 
Receitas con peixe 
Os nenos e nenas da clase teñen 
o encargo de lles preguntar ás 
súas familias por unha receita 
doada na que o peixe ocupe 
un lugar destacado como 
ingrediente. 
En cada receita deben apuntar: 
**Utensilios necesarios 
**Ingredientes 
**Cantidades 
**Instrucións de elaboración 
Logo, reúnense todas as receitas, 
gárdanse nunha bolsa e cada 
nena ou neno vai sacando unha, 
que levan á súa casa para que, 
se lles apetece, as cociñen e 
coman en familia. 
18
Cuestionario para a clase 
O profesor ou profesora poderá reunir o alumnado e responder 
individualmente ou en grupo este breve cuestionario, que servirá 
para reforzar os conceptos fundamentais, sobre todo de actitudes dos 
nenos e nenas. 
Agora xa sabes algo máis sobre o importante que é unha alimentación 
sa e que inclúa o peixe, peixe de Galicia. 
Por se nos queda algunha dúbida, responde... 
**Cres agora, máis que antes, que o peixe é fundamental na túa 
dieta? 
**Estás disposto a modificar os teus hábitos alimentarios para obter 
os beneficios que o peixe che achega? 
**Saberías dicir tres especies de peixes de mar de Galicia básicos 
na túa alimentación? 
**Que beneficios pode ter para ti comer máis peixe? 
**Aprendiches algo novo sobre o peixe na dieta que lles poidas 
contar aos teus pais ou irmáns? 
19
20

More Related Content

Viewers also liked

Scuola+: 15 progetti di didattica integrata
Scuola+: 15 progetti di didattica integrataScuola+: 15 progetti di didattica integrata
Scuola+: 15 progetti di didattica integrataScuola+
 
Il Lavoro Per Progetti
Il Lavoro Per ProgettiIl Lavoro Per Progetti
Il Lavoro Per ProgettiAliante
 
La progettazione didattica
La progettazione didatticaLa progettazione didattica
La progettazione didatticaMaruzells zells
 
Unita Di Apprendimento[1]
Unita Di Apprendimento[1]Unita Di Apprendimento[1]
Unita Di Apprendimento[1]guest4f81cf
 
Programmazione per competenze
Programmazione per competenzeProgrammazione per competenze
Programmazione per competenzeSCUOLAPR
 
Poesías cortas para niños de primaria
Poesías cortas para niños de primariaPoesías cortas para niños de primaria
Poesías cortas para niños de primariaTania Ruiz
 
Progettazione per competenze
Progettazione per competenzeProgettazione per competenze
Progettazione per competenzekimbo33
 

Viewers also liked (10)

Scuola+: 15 progetti di didattica integrata
Scuola+: 15 progetti di didattica integrataScuola+: 15 progetti di didattica integrata
Scuola+: 15 progetti di didattica integrata
 
Il Lavoro Per Progetti
Il Lavoro Per ProgettiIl Lavoro Per Progetti
Il Lavoro Per Progetti
 
La progettazione didattica
La progettazione didatticaLa progettazione didattica
La progettazione didattica
 
Unita Di Apprendimento[1]
Unita Di Apprendimento[1]Unita Di Apprendimento[1]
Unita Di Apprendimento[1]
 
Programmazione per competenze
Programmazione per competenzeProgrammazione per competenze
Programmazione per competenze
 
I Social Network
I Social NetworkI Social Network
I Social Network
 
Flipped classroom
Flipped classroomFlipped classroom
Flipped classroom
 
Cuenta tu historia - abcdeEle.com
Cuenta tu historia - abcdeEle.comCuenta tu historia - abcdeEle.com
Cuenta tu historia - abcdeEle.com
 
Poesías cortas para niños de primaria
Poesías cortas para niños de primariaPoesías cortas para niños de primaria
Poesías cortas para niños de primaria
 
Progettazione per competenze
Progettazione per competenzeProgettazione per competenze
Progettazione per competenze
 

Similar to 3º ciclo unidad profesor3-2014

O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.Leonor Mazgar
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalalbinonunez
 
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdfMoniVL1
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaCLMNTK2015
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelachusclimantica
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Encarna Lago
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Encarna Lago
 
Unidade didctica auga
Unidade didctica augaUnidade didctica auga
Unidade didctica augaEstherv
 
Ecoauditoría enerxética
Ecoauditoría enerxéticaEcoauditoría enerxética
Ecoauditoría enerxéticaguest31616c
 
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefAs nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefcalcetin5
 
Manual de formación para o marisqueo 02. producción parte común
Manual de formación para o marisqueo 02. producción   parte comúnManual de formación para o marisqueo 02. producción   parte común
Manual de formación para o marisqueo 02. producción parte comúnASOAR-ARMEGA
 
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAUnidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAEncarna Lago
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaEncarna Lago
 
Presentacion auga
Presentacion augaPresentacion auga
Presentacion augapatrisantos
 

Similar to 3º ciclo unidad profesor3-2014 (20)

Ud cada un coa s a especie
Ud cada un coa s a especieUd cada un coa s a especie
Ud cada un coa s a especie
 
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
O MAR. Proxecto educativo de centro do CEIP de Xuño.
 
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
 
Saúde e boas ondas!
Saúde e boas ondas!Saúde e boas ondas!
Saúde e boas ondas!
 
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
 
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier CristoboUnidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarela
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarela
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
 
Unidade didctica auga
Unidade didctica augaUnidade didctica auga
Unidade didctica auga
 
Ecoauditoría enerxética
Ecoauditoría enerxéticaEcoauditoría enerxética
Ecoauditoría enerxética
 
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdefAs nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
As nosas mulleres traballadoras.5ºbdef
 
Manual de formación para o marisqueo 02. producción parte común
Manual de formación para o marisqueo 02. producción   parte comúnManual de formación para o marisqueo 02. producción   parte común
Manual de formación para o marisqueo 02. producción parte común
 
Ecosistema: A auga salgada
Ecosistema: A auga salgadaEcosistema: A auga salgada
Ecosistema: A auga salgada
 
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICAUnidade didáctica  MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
Unidade didáctica MUSEO PROVINCIAL DO MAR REDE MUSEISTICA
 
Artículo entroido
Artículo entroidoArtículo entroido
Artículo entroido
 
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede MuseísticaCambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
Cambiemos o Cambio.Recursos didácticos da Rede Museística
 
Presentacion auga
Presentacion augaPresentacion auga
Presentacion auga
 
Memoria 2013 mar
Memoria 2013 marMemoria 2013 mar
Memoria 2013 mar
 

More from Marta Pérez Lage

More from Marta Pérez Lage (20)

Libros de texto 20 21.
Libros de texto 20 21.Libros de texto 20 21.
Libros de texto 20 21.
 
Libros de texto 20 21
Libros de texto 20 21Libros de texto 20 21
Libros de texto 20 21
 
Biografia de Ricardo Carvalho Calero
Biografia de Ricardo Carvalho CaleroBiografia de Ricardo Carvalho Calero
Biografia de Ricardo Carvalho Calero
 
Carpeta emocional
Carpeta emocionalCarpeta emocional
Carpeta emocional
 
CANCIÓNS DO Entroido 2020
CANCIÓNS DO Entroido 2020CANCIÓNS DO Entroido 2020
CANCIÓNS DO Entroido 2020
 
Actividades da ANPA
Actividades da ANPAActividades da ANPA
Actividades da ANPA
 
Muralla de lugo (galego)
Muralla de lugo (galego)Muralla de lugo (galego)
Muralla de lugo (galego)
 
A nosa flora
A nosa floraA nosa flora
A nosa flora
 
Extraescolares 18-19
Extraescolares 18-19Extraescolares 18-19
Extraescolares 18-19
 
Oferta actividades ANPA 18-19
Oferta actividades ANPA 18-19Oferta actividades ANPA 18-19
Oferta actividades ANPA 18-19
 
Apa celeiroo
Apa celeirooApa celeiroo
Apa celeiroo
 
Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19
 
Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19
 
Diptico Mª Victoria Moreno
Diptico Mª Victoria MorenoDiptico Mª Victoria Moreno
Diptico Mª Victoria Moreno
 
Programa microrrede 2018
Programa microrrede 2018Programa microrrede 2018
Programa microrrede 2018
 
Dia internacional da arte
Dia internacional da arteDia internacional da arte
Dia internacional da arte
 
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDECarta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
 
Biografía de Rosalia de Castro
Biografía de  Rosalia de CastroBiografía de  Rosalia de Castro
Biografía de Rosalia de Castro
 
Matriarcas / Chea de vida
Matriarcas / Chea de vidaMatriarcas / Chea de vida
Matriarcas / Chea de vida
 
Adios ríos, adios fontes e pasa río
Adios ríos, adios fontes e pasa ríoAdios ríos, adios fontes e pasa río
Adios ríos, adios fontes e pasa río
 

3º ciclo unidad profesor3-2014

  • 1.
  • 2. índice Obxectivos 3 Competencias básicas 3 Contidos curriculares 4 Contidos 4 Actividade de comezo - LECTURA 5 Carta dos Arroases aos nenos e nenas 10 O mundo da pesca 12 Actividade 1 - proposta por Sardiña 12 Actividade 2 - proposta por Xurelo 13 Coñecemento das especies 14 Actividade 3 – proposta por Rodaballo 14 Actividade 4 – proposta por Troita 15 Nutrición 16 Actividade 5 – proposta por Mexillón 16 Actividade 6 – proposta por Pescada 17 Actividade 7 – proposta por Lirio 18 Cuestionario para a clase 19 Edita:XUNTA DE GALICIA Revisión lingüística: Ramiro Combo Depósito legal: C 1527-2010 2
  • 3. Esta unidade didáctica está deseñada para ser utilizada tras a visita ao centro escolar do programa. Os principais aspectos do currículo educativo que o profesor ou profesora pode abordar desde estes cadernos son: Obxectivos Os obxectivos de partida desta campaña céntranse en lles transmitir aos escolares de Educación Primaria a importancia do peixe e o marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, e fomentar o seu consumo. Ademais, afondarán no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar e na posta en valor das profesións do mar. Competencias básicas **Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. Contidos relacionados co mundo da pesca, o transporte e a preparación dos produtos do mar. **Competencia en comunicación lingüística. Comprensión lectora e expresión escrita. **Tratamento da información e competencia dixital. A través de descargas e enquisas de avaliación online. **Competencia social e cidadá. O consumo de peixe como fonte de saúde, e como recurso económico e social. **Competencia cultural e artística. O alumnado desenvolverá a súa creatividade e habilidades artísticas na representación Os Arroases. **Autonomía e iniciativa persoal. Novos coñecementos sobre o valor do consumo do peixe e do marisco que lles permitirán tomar decisións en relación co seu consumo. 3
  • 4. Contidos curriculares Aínda que os contidos da unidade didáctica se poden tratar desde un punto de vista das diferentes áreas de coñecemento, recollemos a continuación aqueles relacionados coa área de coñecemento do medio natural, social e cultural por ser a área de maior implicación e máis directamente relacionada. Contidos **Recoñecemento da nutrición como unha función vital para os seres humanos. **Valoración positiva dos hábitos de hixiene e dos estilos de vida saudable. **Aceptación e práctica das normas sociais referidas á saúde, hixiene, alimentación, protección e seguridade persoal. **Utilización guiada de claves e de guías de animais e plantas para a identificación dalgunhas especies existentes en Galicia. **Utilización de lupas binoculares e doutros aparellos de laboratorio para observar animais e plantas ou algunha das súas partes, respectando as normas de uso e de seguridade dos instrumentos e dos materiais de traballo. **Valoración de actuacións que contribúen á conservación do medio e á sustentabilidade. **Valoración da influencia do desenvolvemento tecnolóxico nas condicións de vida e do traballo. 4
  • 5. 5 Actividade de comezo - LECTURA A reunión era moi importante. Luís, o patrón de pesca, estaba moi preocupado. -“A algúns nenos e nenas non lles gusta comer peixe” –explicou. -“Imposible!” – berraron os sete pequenos superheroes á vez. Estaban no barco de Luís, un cerqueiro de 20 metros capaz de ir e vir por entre as ondas máis temibles na súa diaria busca e captura de peixe. Aquela era a misión máis difícil que lles encargaran nunca aos Arroases. Ningún deles pensara, ata ese momento, que houbese persoas ás que non lles gustase o peixe. Por que? Para saber por que, cómpre explicar quen son Os Arroases.
  • 6. Troita Contén retinol (vitamina A), fundamental para a vista: MELLOR VISIÓN! A troita de mar, tamén chamada reo, péscase nas bocas das nosas rías. Á prancha, en croquetas ou en pastel, está saborosísima! 6 Rodaballo Contén potasio, moi importante para enviar o impulso aos nosos músculos: MÁIS AXILIDADE! Péscase en augas pouco profundas. Vive camuflado nos fondos areosos. Que bo está o rodaballo en paella ou filloas recheas! ÑAM ÑAM! Xurelo Contén niacina (vitamina B3), que favorece o noso bo humor: MÁIS DIVERSIÓN! Péscase lonxe da costa no inverno e preto dela no verán. Non deixes de probar a lasaña de xurelo! ÑAM ÑAM!
  • 7. Pescada Contén tiamina (vitamina B1), que é moi importante para producirmos enerxía: MÁIS ENERXÍA! Péscase no inverno en augas frías e profundas, e no verán preto da costa. Se a preparas en albóndegas, ao forno ou en barriñas, vas chupar os dedos! Sardiña Contén cobalamina (vitamina B12), que favorece o metabolismo e o mantemento do sistema nervioso: MÁIS FORZA! Péscase botando as redes sobre os grandes bancos que forma preto da superficie. A sardiña está moi rica en hamburguesa! ÑAM ÑAM! Mexillón Contén iodo, moi importante para o noso desenvolvemento físico e mental: MÁIS INTELIXENCIA! Recóllese nas rochas e cultívase en bateas nas rías. Se aínda non probaches a fideuá de mexillóns non sabes o que perdes! 7 Lirio Contén un tranquilizante natural que axuda a manter a boa saúde do noso sistema nervioso: MÁIS TRANQUILIDADE! Péscase ás veces a moita profundidade, onde vive en grandes bancos. A pizza de lirio é deliciosa!
  • 8. 8 -Non podo crer que non lles guste! Pero se o peixe está riquísimo! –exclamou Sardiña. -É estupendo para medrar! Non hai máis que vernos! – contestoulle Rodaballo. -Iso está claro. Pero é verdade que a algúns nenos e nenas lles custa un pouco descubrir o seu bo sabor. É como montar en bicicleta; ata que aprendes paréceche moi difícil e, logo, non a soltas –reflexionou Lirio.
  • 9. 9 Coma sempre, foi a Mexillón a quen se lle ocorreu unha idea para resolver o problema do seu amigo, Luís o patrón. -Xa sei o que imos facer –dixo. Temos que ir aos colexios a axudarlles a que lles guste o peixe. -Iso sería divertidísimo, pero non esquezan que tamén nós temos clase! –recordoulle Xurelo. -Non o esquezo. Por iso irán Luís e a nosa amiga a cociñeira Mariña. E levarán unha mensaxe nosa. -Escríboa eu!, apuntouse rapidamente Troita. -Vou buscar papel! Pescada sempre era a máis rápida. Subiu ao seu monopatín e nun intre xa estaba de volta. Esta é a mensaxe que escribiron Os Arroases:
  • 10. Carta dos Arroases aos nenos e nenas 10 Rapazas e rapaces: Probablemente xa nos coñezades. Se non, ídesnos coñecer moi ben, porque vos imos dar a roncha durante un bo anaco. A vosa profesora ou profesor xa vos contaría quen somos, e canto nos gusta comer peixe, e como, grazas a iso, temos uns superpoderes moi especiais. A nosa misión de hoxe é unha das máis importantes de cantas emprendemos. Imos convencervos de que comades máis peixe. Por que? Entre outras cousas porque o noso amigo Luís, patrón de pesca, nos contou que a algunhas nenas e nenos non lles gusta demasiado o peixe. E iso é o mesmo que dicir que non lles gusta gozar de novos e riquísimos sabores, que non lles gusta medrar sans e fortes, que non lles gusta ter mellor vista, axilidade, intelixencia, forza, tranquilidade, enerxía e diversión.
  • 11. O peixe dános todo iso! Resulta que ademais o peixe, e tamén o marisco, dan traballo a unha enorme cantidade de persoas que cada día se esforzan no mar e nas rías para traeren de alí todo tipo de especies moi importantes para a alimentación de maiores e pequenos. Se non comemos peixe, non só imos en contra da nosa propia saúde, senón que, ademais, os deixamos sen traballo! Para comprender por que, cada un de nós preparámosvos unha actividade. A ver que tal resultan! Esperamos que moi ben. Xa nos contaredes. Vémonos na nosa páxina web: www.osabordaaventuraestanomar.com 11
  • 12. O mundo da pesca Actividade 1 - proposta por sardiña Debate na clase Tras a lectura da carta dos Arroases, formúlanselles ás clases as seguintes preguntas. A medida que as van respondendo, anímase un debate ao redor das diferentes respostas. **Gústavos o peixe? A cantos si? A cantos non? **Credes que o patrón de pesca ten motivos para estar preocupado? **Por que? **Que levanten a man os que coman peixe máis de catro veces á semana. **Os que non a levantaron, por que non comen tanto peixe? É porque non lles gusta? É porque non llelo poñen na casa? **En canto aos que si o comen máis de catro veces á semana, cal é o peixe que máis lles gusta? Por que? 12
  • 13. Actividade 2 - proposta por Xurelo Que é un caladoiro? Con esta actividade o alumnado pode abordar os conceptos de caladoiro e a súa situación xeográfica, centrados nas costas de Galicia. En papel de adhesivo cada alumno debuxa un pesqueiro que logo recorta. Sobre un mapa do mundo deben situar cada adhesivo co nome dos seguintes caladoiros: Atlántico Norte, Gran Sol, Atlántico, Marrocos, Malvinas, Namibia, Índico. Na pesca litoral pegarán os seguintes debuxos en cada unha das zonas en que se divide a costa: **Arco cantábrico **Arco ártabro **Arco fisterrán **Rías Baixas **Arco miniano-duriense O profesorado pode atopar máis información na web da Consellería do Mar: http://webpesca.xunta.es/web/pesca/intro-mar 13
  • 14. Coñecemento das especies Actividade 3 – proposta por Rodaballo O peixe branco e o peixe azul Os conceptos de “peixe branco” e “peixe azul” poden levar a confusión. Que deben entender as nenas e os nenos? O profesor entregaralles fichas de cartolina coas diferentes características de cada variedade revoltas. No encerado escribiranse dúas columnas, unha para peixe branco e outra para peixe azul. O alumnado debe intentar acertar a que columna corresponde cada característica. Coméntanse con eles as solucións propostas. Peixe azul Peixe branco Maior contido en grax a Baixo contido en grax a Coloración xeralmente azula da Coloracións variad as Aleta caudal potente e c on forma de forquita 14 Aleta caudal rec ta Adoitan nadar preto da superfic ie Son máis habituais no fondo Sardiña Pescada Xurelo Rodaballo Son nadadores moi activo s Nadan pouco ou son sedentario s
  • 15. Actividade 4 – proposta por troita A comercialización do peixe Para esta actividade o profesor ou profesora deberá preparar previamente o material e seleccionalo para o alumnado. Pode obter os datos necesarios de diferentes medios de comunicación galegos ou directamente na páxina web de Pesca de Galicia, na sección de datos das lonxas: http://www.pescadegalicia.com/cotizaciones/ ventas.aspx estatísticas: http://www.pescadegalicia.com/estadisticas/datos_ estadisticas.asp?pub=1 Cos datos da lonxa máis próxima ao centro educativo, os alumnos deberían ser capaces de: **Facer un gráfico que reflicta as cantidades de captura de cada especie. **Calcular as capturas e o prezo medio das sete especies. **Facer un gráfico coa evolución das capturas e outro coa evolución do prezo dunha das especies. 15 Evolución da captura de xurelo na lonxa de Sada (en toneladas)
  • 16. Nutrición Actividade 5 – proposta por Mexillón Analiza, compara e... elixe As calorías (ou quilocalorías) son unha unidade para medir o poder enerxético dos alimentos, pero hai que ter en conta outros factores. Imos comparar dous menús e analizar as achegas de cada un deles. Primeiro, cada alumno calculará as súas necesidades de “enerxía” ao día. Pódese facer mediante calculadoras online, pero unha forma sinxela para nenos é: 50 kcal x peso (kg) A continuación collemos un menú do centro escolar e seleccionamos unha comida con carne e outra con peixe. Usando unha táboa de achega nutricional de alimentos, cubrimos unha táboa semellante a esta e coméntanse os resultados. Menú Enerxía (kcal) Proteínas Graxa Hidratos de carbono Como complemento, os alumnos poden traer envases de produtos elaborados con carne ou con peixe e comparar na clase os diferentes valores. 16
  • 17. Actividade 6 – proposta por Pescada Campaña de publicidade na casa Hai que comer máis peixe! Pero non só iso. Ademais, hailles que axudar aos Arroases a convencer a todo o mundo. Divídese a clase en grupos. Cada un deles debe pensar unha campaña de publicidade en forma de cartel para convencer as súas familias e amigos, así como o resto do centro escolar, dos moitos beneficios de comer peixe. En cada cartel debe haber, polo menos: **Unha frase - lema que anime ao consumo de peixe **Un debuxo alusivo **Unha lista de tres razóns polas que convén comer peixe **Os nomes dos autores da campaña Logo, estes carteis pódense fotocopiar para que cada participante leve un para a súa casa e o pegue na porta do frigorífico, por exemplo. 17
  • 18. Actividade 7 – proposta por Lirio Receitas con peixe Os nenos e nenas da clase teñen o encargo de lles preguntar ás súas familias por unha receita doada na que o peixe ocupe un lugar destacado como ingrediente. En cada receita deben apuntar: **Utensilios necesarios **Ingredientes **Cantidades **Instrucións de elaboración Logo, reúnense todas as receitas, gárdanse nunha bolsa e cada nena ou neno vai sacando unha, que levan á súa casa para que, se lles apetece, as cociñen e coman en familia. 18
  • 19. Cuestionario para a clase O profesor ou profesora poderá reunir o alumnado e responder individualmente ou en grupo este breve cuestionario, que servirá para reforzar os conceptos fundamentais, sobre todo de actitudes dos nenos e nenas. Agora xa sabes algo máis sobre o importante que é unha alimentación sa e que inclúa o peixe, peixe de Galicia. Por se nos queda algunha dúbida, responde... **Cres agora, máis que antes, que o peixe é fundamental na túa dieta? **Estás disposto a modificar os teus hábitos alimentarios para obter os beneficios que o peixe che achega? **Saberías dicir tres especies de peixes de mar de Galicia básicos na túa alimentación? **Que beneficios pode ter para ti comer máis peixe? **Aprendiches algo novo sobre o peixe na dieta que lles poidas contar aos teus pais ou irmáns? 19
  • 20. 20