SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 
1.- CONCEPTO DE EMPRESA. 
A empresa pódese definir dende diversos puntos de vista: 
o Como unidade de produción. 
Dende esta perspectiva podemos definir a empresa como un 
conxunto de factores de produción coordinados por un empresario 
para alcanzar un obxectivo. Como unidade produtiva a empresa 
abastece á sociedade de todo o que necesita. Para conseguir 
producir todo isto emprega uns factores de produción (recursos 
naturais, traballo e capital), que tras un determinado proceso 
(xeralmente técnico) e un risco (para quen aporta os fondos da 
operación), se transforman no obxecto producido. 
o Como axente económico. 
A empresa é un axente económico que, a través do emprego duns 
factores produtivos produce uns bens ou servizos, xerando no 
proceso un excedente que reparte baixo a forma de rendas. A 
empresa proporciona rendas aos propietarios dos elementos 
materiais empregados no proceso produtivo, como son os donos das 
materias primas ou elementos semielaborados. Tamén proporciona 
rendas aos traballadores que participan co seu esforzo e/ou 
coñecementos no proceso de transformación dos produtos e, por 
último, proporciona rendas aos donos do capital investido e que son 
os que posibilitaron a súa existencia. 
o A empresa como sistema 
Entendemos un sistema como un conxunto de elementos 
relacionados entre sí e co sistema económico global. Este sistema 
económico pertence a un todo unitario relacionado co entorno ou 
medio no que actúa. 
CONTORNO 
SISTEMA ECONOMICO GLOBAL 
EMPRESA
UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 
A empresa pode pois conceptualizarse como sistema xa que se 
caracteriza por ser un conxunto de elementos (materiais, inmateriais 
e humanos) que mediante un proceso de transformación e grazas a 
unha certa estrutura organizativa, tende cara a consecución dunha 
serie de obxectivos. 
Podemos representar a empresa como sistema do seguinte 
xeito: 
CONTORNO 
Como vemos, a empresa recibe do contorno un fluxo continuo de 
entradas ou INPUTS en forma de materiais, enerxía, financiamento, 
maquinaria, man de obra, información, etc, e devolve ao exterior 
outro fluxo continuo de saídas ou OUTPUTS como xuros, dividendos, 
soldos, produtos, etc., como resultado de someter a eses inputs a 
algún tipo de proceso de transformación. 
A empresa en tanto que sistema, ten as seguintes 
características: 
 É un sistema aberto, xa que inflúe e recibe influencias do 
contorno. Todo o que pasa fora da empresa aféctalle e inflúe 
nas súas decisións: calquera elemento externo, tanto 
tecnolóxico como sociolóxico, político, etc., ten moita 
relevancia. 
 Na empresa prodúcese unha sinerxía, é dicir, a empresa está 
composta por unha combinación de elementos ou subsistemas 
e esta combinación proporciónalle unhas características 
Materiais 
Enerxía 
Maquinaria 
Man de obra 
información 
INPUTS 
SISTEMA EMPRESA 
Proceso de transformación 
Xuros 
Dividendos 
Productos 
Soldos 
impostos 
OUTPUTS
UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 
concretas que non ten ningún dos subsistemas ou elementos 
de forma illada; por tanto, ao actuar todos os subsistemas 
xuntos obtense mais rendemento que cada un por separado ( o 
todo é superior á suma das partes). 
 A empresa é un sistema global porque calquera influencia que 
recibe algún dos seus subsistemas ou elementos repercute 
sobre os demais e sobre o conxunto da empresa. 
 A empresa é un sistema autorregulado, é un sistema que se 
adapta a calquera cambio conxuntural como pode ser un 
cambio na demanda, aumento de prezos, etc. 
2.- A CREACIÓN DE VALOR 
No proceso de transformación de inputs en produtos finais ou outputs, a 
empresa crea un valor que se manifesta na diferenza entre o valor dos produtos 
rematados e dos factores empregados na súa consecución. Este valor engadido 
será o que se reparta baixo a forma de beneficios ou rendas á propiedade dos 
factores de produción. Ao conxunto de pasos ou fases que se producen nesta 
creación de valor chámase cadea de valor. 
Un dos obxectivos da empresa, coa finalidade de ser máis competitiva é 
optimizar ao máximo a súa cadea de valor. Segundo Michael Porter, a cadea de 
valor é unha forma de análise da actividade empresarial, mediante a cal unha 
empresa desagrega a súa actividade global en diferentes partes, co obxecto de 
identificar fontes de vantaxe competitiva nas actividades que xeran valor. 
Mediante esta análise concretarase un conxunto de funcións que engaden valor aos 
produtos e servizos dunha empresa (materias primas, produción, márketing, etc) e 
téntase, en cada unha destas funcións obter a máxima rendibilidade posible, 
reducindo todo o que sexa superfluo; deste xeito, se a empresa o consegue, logrará 
desenvolver e integrar as actividades da súa cadea de valor de forma menos 
custosa e mellor diferenciada dos seus rivais. 
O enfoque da cadea de valor de Porter 
clasifica as actividades da empresa en 
actividades primarias e actividades de soporte: 
 As actividades primarias son as que 
están relacionadas coa elaboración 
directa do produto: produción, 
distribución, comercialización e servizo 
postvenda. 
 As actividades de soporte sustentan as 
actividades primarias para que podan 
levarse a cabo da maneira mais 
conveniente. Entre elas están por 
exemplo administración e xestión, 
organización dos Michael Porter.2009 recursos humanos,
UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 
tecnoloxía, finanzas, contabilidade, control de calidade, etc. 
 A marxe é a diferenza entre o valor total e os custos totais que a empresa tivo 
para xeral ese valor. Segundo como sexa esta marxe, a empresa pode ver que 
actividades son rendibles e cales non, de forma que se algunha non o é pode 
plantexarse a opción de contratala a outra empresa externa (outsourcing). 
 EXEMPLO: consideremos unha empresa de transportes que quere mellorar a 
súa posición competitiva, estudando de forma exhaustiva a súa cadea de 
valor. Despois de analizar convenientemente a cadea de valor, os 
responsables identifican un ámbito onde cren que hai marxe de mellora, 
explotando unha vantaxe competitiva. Trátase dunha máis eficiente 
planificación das tarefas de recollida das cargas e da entrega posterior. 
Mediante a aplicación dun programa informático interno pódese planificar 
de forma mais racional estas dúas actividades, eliminando o paso polo 
almacén da empresa de transportes, realizando a recollida e a entrega de 
forma consecutiva, aplicando variables de proximidade xeográfica, 
dimensión da carga e optimización do prazo de entrega. 
3.- ELEMENTOS DA EMPRESA 
Toda empresa que produce bens e servizos ten que ter en conta unha serie de 
factores ou elementos para funcionar correctamente. Podemos clasificalos en 
catro grupos: 
 Os factores humanos. Son as persoas que manteñen unha vinculación 
directa coa empresa, dende os propietarios do capital ou socios ata os 
traballadores, incluíndo tamén outros colectivos como clientes, 
provedores, etc. 
 Os factores materiais. Son os bens económicos da empresa. Podemos 
diferenciar entre os bens que forman o activo non corrente, que son 
todos aqueles que están ligados á empresa de forma duradeira (duran 
mais dun exercicio económico): maquinaria, mobiliario, edificios, 
ferramentas, etc.; e os bens que forman o activo corrente que son 
aqueles que se renovan cada exercicio e que dependen do ciclo de 
explotación: materias primas, diñeiro en caixa ou bancos, material de 
oficina, etc. 
 A organización. Toda empresa require dunha organización que permita 
acadar os obxectivos da forma mais eficaz. Podemos definir a 
organización como o conxunto de relacións de autoridade, coordinación 
e comunicación que configuran a actividade do grupo humano entre sí e 
co exterior. Esta estrutura está definida polo empresario. 
 O contorno. Entendemos por contorno todos aqueles factores que 
condicionan a actuación do empresario, e como consecuencia, da 
empresa, dende a normativa gobernamental ata os clientes ou 
provedores.
UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 
4.- AREAS DE ACTIVIDADE 
Para poder coordinar todos os elementos da empresa e acadar os obxectivos 
previamente marcados, a empresa divídese nunha serie de áreas funcionais: 
 Área de produción, controla o aprovisionamento de materias primas 
para a súa posterior transformación en produtos elaborados. 
 Área comercial ou márketing comercializa e distribúe o produto no 
mercado. 
 Área de financiamento e investimento, ademais de captar fondos 
necesarios para o funcionamento da empresa, organiza a política de 
investimentos. 
 Área de recursos humanos, organiza e xestiona o persoal da empresa. 
Esta é a distribución que podemos atopar nunha empresa industrial. Se nos 
referimos a unha empresa comercial ou de servizos, a área de produción non 
existe, xa que non se transforman produtos, senón que os distribúen no primeiro 
caso, ou prestan un servizo, no segundo. 
5.- FUNCIÓNS DA EMPRESA 
A empresa nunha economía de mercado cumpre coas seguintes funcións: 
 Función de produción. A empresa proporciona os bens e servizos que 
a comunidade precisa, é a encargada de proporcionar todo o que os 
consumidores, usuarios e outras empresas precisan. 
 Crea valor que distribúe baixo a forma de rendas. A empresa 
proporciona rendas aos propietarios dos factores de produción 
empregados. Se aos ingresos xerados polas vendas, lles descontamos 
os custos de producir, obteremos un valor engadido que se reparte 
entre os participantes no proceso, baixo a forma de pagos, salarios e 
beneficios. A empresa crea valor no seu funcionamento ao poñer no 
mercado uns produtos ou servizos cun valor maior ao dos factores 
empregados. Esta función da lugar a outras dúas: 
o Función de desconto ou anticipo do produto social. A 
empresa adianta aos factores produtivos a súa participación no 
produto antes de que se consume o proceso de produción, 
xerándolles unhas rendas monetarias a través da retribución 
dos factores: salarios, xuros, alugueres, etc, e dótaos deste 
xeito da capacidade de gasto necesaria para a adquisición dos 
produtos. 
o Función de asunción do risco da actividade económica, como 
consecuencia da anticipación de rendas con base a unhas 
expectativas que poden cumprirse ou non. Ao retribuír aos 
factores antes de recuperar o importe dos produtos, o 
empresario afronta múltiples riscos derivados da posibilidade 
de que as súas previsións non se cumpran.
UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 
 Organiza o mercado, controlando a oferta e influíndo sobre a 
demanda de produtos e factores por medio da produción e dos prezos, 
adaptándose ás variacións que se producen. De todos os xeitos, cada 
vez en maior medida se lle marcan ou regulan certos aspectos da súa 
actividade polos organismos estatais. 
 Función social. Contribúe ao incremento da calidade de vida de toda a 
sociedade: creación de emprego e rendas, investigación, tecnoloxía, 
paga impostos que logo servirán para proporcionar ou mellorar os 
servizos da localidade na que se empraza, etc. 
6.- OBXECTIVOS DA EMPRESA 
A formulación dos obxectivos será diferente segundo o tipo de empresa de 
que se trate, así unha pequena empresa procurará a súa supervivencia en 
independencia; a grande empresa tenderá a maximizar o seu crecemento a medio e 
longo prazo; a empresa privada tentará maximizar o seu beneficio, a pública 
mellorar a prestación de servizos públicos, etc. 
A pesares da existencia de varios obxectivos, imos sintetizalos nos seguintes 
grupos: 
1. Obxectivos económico-financeiros 
a. Rendibilidade. Baseados na maximización do beneficio. Nun 
sistema de economía de mercado as empresas privadas 
perseguen tanto a curto como a longo prazo este obtivo con 
carácter prioritario sobre outras categorías de obxectivos 
posibles. Non obstante, as empresas públicas antepoñen, en 
determinados casos, obxectivos de interese social. 
b. Crecemento e poder de mercado. Estes obxectivos adoitan 
traducirse en cambios estruturais e en incrementos de tamaño 
ou dimensión que fai que a empresa aumente o seu poder de 
mercado para asegurar a obtención de futuros e mellores 
excedentes. Adoita ser o obxectivo de empresas dinámicas e 
de certo tamaño. O crecemento normalmente concrétase nos 
seguintes aspectos: 
i. Aumento das cifras de produción e vendas 
ii. Expansión da actividade da empresa, tanto en vertical 
(respecto ao seu sector económico) como en horizontal 
(actuación en novos sectores) 
iii. Absorción e participación para exercer o control de 
outras empresas. 
c. Estabilidade e adaptabilidade ao medio. Como sistema 
aberto, a empresa debe manter a súa estabilidade ao medio 
ambiente, moi dinámico, do que depende para a súa 
continuidade. 
2. Obxectivos económico-sociais. Destacan os relacionados cos 
seguintes grupos:
UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 
a. Grupos de persoas dentro da empresa: 
i. Traballadores: estabilidade no emprego, condicións de 
traballo, remuneración, etc. 
ii. Dirección: imaxe pública, compensacións monetarias e 
non monetarias….. 
iii. Accionistas: liquidez das súas accións, mantemento das 
ganancias…. 
b. Grupos externos á empresa pero afectados pola mesma 
i. Clientes: obxectivos relacionados co servizo 
postvenda, e como é un grupo moi importante para a 
empresa é necesario dispoñer de información dos 
mesmos. 
ii. Provedores: cumprimento dos compromisos contraídos. 
iii. Entidades financeiras que esixen unha importante 
información como base para ter relacións con elas. 
c. Comunidade 
i. Obxectivos socioeconómicos: formación, creación de 
emprego, industrialización…… 
ii. Obxectivos de independencia económica nacional: 
creación de actividades que permitan diminuír as 
importacións e equilibrar a Balanza de Pagamentos, 
programas de autonomía de aprovisionamento en 
produtos considerados básicos, etc. 
7.- O EMPRESARIO. EVOLUCIÓN DA FIGURA DO EMPRESARIO NO 
PENSAMENTO ECONÓMICO. 
En xeral, ata a segunda metade do século XX foise ligando a figura do 
empresario coa do propietario dos medios de produción. Coa industrialización 
aumentou a escala de actividade e foron necesarios grandes capitais para financiar 
esta expansión, isto fixo que se xeneralizase a sociedade por accións, onde o 
capital está repartido entre un grande número de persoas co que empeza a 
producirse o fenómeno da separación entre a propiedade e a administración da 
empresa. Desta maneira xorde unha nova figura do empresario e a súa 
característica principal xa non é exercer a propiedade da empresa senón dirixila e 
encauzala para acadar os obxectivos establecidos. 
Ao longo da historia, diferentes autores destacaron unha serie de 
características definidoras do empresario. Imos analizalas brevemente. 
 Concepción clásica 
o Para o máis clásico dos economistas, A. Smith, o empresario e o 
capitalista eran a mesma persoa. En xeral naquela época (século XVIII) 
as empresas eran dirixidas por unha ou varias persoas que eran ao 
mesmo tempo as que aportaban o capital e percibían os beneficios. Así
UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 
Smith fala do comerciante e 
artesán que acumula capital, 
contrata individuos e asume un 
certo risco. 
o Outros economistas do século XIX 
como David Ricardo e Karl Marx 
daban pouca importancia á figura do 
empresario xa que o único 
realmente importante para que as 
Adam Smith (1723-1790) 
empresas funcionen é o capital aportado (para adquirir os medios de 
produción) e o esforzo dos traballadores, máis que o director do proceso 
productivo. 
o R. Cantillón no século XVIII, falo do empresario como o organizador da 
empresa que compra factores de produción e asume a incerteza dos 
prezos aos que vai vender os seus produtos. Por tanto destaca a 
incerteza das súas actuacións. 
En xeral para os clásicos, o empresario é o capitalista ou propietario único 
do negocio que o dirixe e controla persoalmente asumindo o risco inherente á 
propiedade. 
 O empresario-risco de Knight 
Frank H. Knight a comezos do século XX na súa obra “Riesgo, incerteza y 
beneficio” (1929), desenvolve a súa teoría do empresario risco segundo a cal o 
que define ao empresario é a súa capacidade de asumir riscos nun mundo de 
incerteza. 
Segundo esta teoría o empresario ten que 
realizar as seguintes predicións económicas: 
o Previsión da demanda, estudando as 
necesidades dos consumidores e do mercado. 
o Prezo estimado de venda dos produtos. 
Considerando o número de vendas previstas e 
o prezo de venda estimado, o empresario calcula 
se é posible o beneficio. Se o é, entón compra 
Frank H. Knight (1885-1972) 
e contrata os factores de produción (materias primas, maquinaria, man de 
obra, etc.) asumindo po tanto uns custos de produción. Se as previsións se 
cumpren o empresario poderá obter un beneficio, pero se se equivoca terá 
perdas xa que pagou uns prezos (custos) máis elevados que o prezo obtido pola 
venda. Por tanto para este autor, o característico do empresario é o risco que 
asume, e o beneficio que pode obter será unha compensación por ese risco.
UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 
 O empresario innovador de Shumpeter. 
Joseph A. Shumpeter (Teoría del desarrollo capitalista, 1963) considera 
que o papel do verdadeiro empresario 
consiste en detectar e poñer en marcha 
unha nova oportunidade de negocio, 
aproveitando unha invención ou unha idea 
aínda non explotada. 
Esta capacidade para ser o primeiro é 
recompensada cuns beneficios 
extraordinarios, que se logran porque 
durante certo tempo o empresario 
Joseph A. Shumpeter (1883-1950) 
innovador é un monopolista no mercado. Posteriormente, xorden unha serie de 
imitadores, con produtos similares, que eliminan a posición inicial de privilexio 
do innovador, volvéndose a alcanzar unha situación de equilibrio, aínda que a 
distinto nivel, ata que outro empresario comezara de novo o proceso. 
Para Shumpeter o empresario é o protagonista do capitalismo e o beneficio 
é a recompensa que recibe pola innovación. 
 A tecnoestrutura de Galbraith 
John Kenneth Galbraith, na súa obra “El Nuevo Estado Industrial” (1997) 
destaca a realidade empresarial dos países máis desenvolvidos na segunda 
metade do século XX, onde as grandes empresas manexan a maioría do negocio 
mundial, sendo crecente a súa influencia e o seu poder. 
O Capital destas empresas, que 
adoptan a forma de sociedades, 
pertence polo xeral a multitude de 
socios que illadamente teñen unha 
ínfima parte do total e carecen, agás 
excepcións, de influencia na marcha da 
empresa. Na maioría dos casos son 
inversores anónimos preocupados 
unicamente pola rendibilidade das súas 
accións pero atópanse á marxe das 
decisións empresariais, que dada a súa 
John Kenneth Galbraith (1908-2006) 
complexidade deben ser tomadas por un conxunto de persoas (directivos) con 
coñecementos especializados: avogados, enxeñeiros, economistas….., que a 
miúdo organízanse nunha complexa estrutura de divisións, departamentos, etc. 
É esta estrutura directiva á que Galbraith denomina tecnoestrutura que é a 
que detenta o verdadeiro poder empresarial ao impulsar e marcar os 
obxectivos da empresa e convértense en empresarios, desprazando do poder 
efectivo aos propietarios do capital que quedan limitados ó simple poder de 
ratifica-las propostas dos executivos e recoller os dividendos cando os haxa. 
Esta tecnoestrutura estará formada por diferentes niveis de técnicos 
(economistas, enxeñeiros, xefes de vendas, contables, avogados….) de elevado 
rango que toman decisións dentro da empresa.
UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 
A formulación de Galbraith é unha consecuencia da separación entre a 
propiedade (capitalista) e o control (empresario-director) nos grandes grupos 
industriais e financeiros. 
 O empresario na actualidade 
Na actualidade podemos identificar ao empresario como un profesional da 
dirección da empresa que realiza as seguintes funcións: 
o Planificar: os xerentes deben tratar de prognosticar as situacións que 
lle podan afectar á empresa e elaborar proxectos que os axuden a tomar 
decisións. 
o Xestionar: isto é, dirixir todos os elementos que forman a empresa para 
acadar o obxectivo previamente marcado ou planificado. 
o Organizar e coordinar: todos os elementos da empresa necesitan ser 
organizados e coordinados para que o funcionamento do conxunto sexa o 
máis eficaz posible. 
o Controlar: de forma que poda coñecer en que medida se están cumprindo 
os obxectivos marcados no plan e así poder corrixir as posibles 
desviacións. 
De todas formas, hai que ter en conta que a figura do empresario é distinta 
segundo a empresa sexa pequena, mediana ou grande: 
Nas PEMES, de carácter familiar, o empresario é á vez o propietario da 
empresa e quen a dirixe e polo tanto ten un risco patrimonial, isto é, debe 
facer rendible o diñeiro investido que normalmente é seu. 
Nas grandes empresas os propietarios do capital e os dirixentes son 
persoas distintas aínda que gardan unha estreita relación xa que ao empresario 
interésalle facer ben o seu traballo para non perder o seu posto e para que 
sigan tendo confianza nel. Por tanto, a figura do empresario non está 
personalizada, ten máis risco profesional que patrimonial e a súa finalidade é 
que a empresa medre e obteña beneficios para os accionistas. 
Esquema-resumo:
UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 
Para saber máis destes autores premede no seguinte enlace: 
Autores que falaron do empresario 
8.- A RESPONSABILIDADE SOCIAL DA EMPRESA. AS EXTERNALIDADES. 
O BALANCE SOCIAL 
Existe un interese crecente por coñecer o papel que realiza a empresa, non so 
dende unha óptica económico-financeira, senón tamén dende unha perspectiva 
social. Neste senso analizamos a responsabilidade social da empresa e o balance 
social. 
 Externalidades. Custos privados e custos sociais. 
Cando unha empresa desempeña a súa actividade asume uns custos que se 
recollen na súa contabilidade e posteriormente trasládanse aos prezos de 
mercado, son os denominados custos privados e deles ocúpanse os directivos 
da empresa. 
En moitas ocasións, pola contra, as empresas ao levar a cabo a súa 
actividade xeran efectos externos ou externalidades que inciden noutras 
empresas ou na sociedade en xeral, pero non se recollen na contabilidade da 
empresa nin nos prezos de mercado. 
Unha externalidade xorde cando unha acción privada dunha empresa ten 
efectos colaterais ou externos que afectan a outras empresas pero que non 
se recollen nos prezos de mercado. 
Estes efectos externos crean unha diverxencia entre os custos privados e 
os custos efectivamente padecidos ou custos sociais. 
As externalidades poden ser positivas ou negativas. O exemplo típico da 
externalidade negativa é a contaminación. Ex: pensemos no caso dunha 
fábrica de peles que verte augas contaminadas nun río, onde augas abaixo 
está situada unha piscifactoría. A actuación da fábrica de peles produce 
repercusións negativas sobre a 
piscifactoría ao aumentar a mortaldade 
dos peixes e polo tanto incrementar os 
seus custos. Este aumento nos custos da 
piscifactoría, por unha actuación allea a 
ela, non forma parte dos custos privados 
da fábrica de peles. Neste caso, os 
custos sociais son o resultado de sumar 
aos custos privados os custos xerados 
pola externalidade negativa. 
Existen tamén externalidades positivas; neste caso trátase de diferenciar 
entre beneficios privados e sociais. Por exemplo, as actividades I+D+I son 
xeneradoras de efectos positivos que enriquecen o coñecemento xeral o que 
contribúe a outros descrubrimentos e avances. Pero a rendibilidade percibida 
pola empresa que financia estas actividades non reflicte a rendibilidade
UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 
social. Por tanto, cando as externalidades son positivas, o beneficio privado é 
inferior ao beneficio social. 
En todo caso, esta discrepancia entre custos/beneficios privados e sociais 
evidencia a importancia de que as empresas consideren as consecuencias da 
súa actuación dende unha perspectiva global, isto é, que actúen con 
responsabilidade social. 
 Instrumentos para dar resposta á responsabilidade social 
Entre os instrumentos empregados polas empresas para facer efectiva 
a responsabilidade social cabe destacar os seguintes: 
o Códigos éticos. Conxunto de normas de conduta que deben rexer o 
comportamento individual, tanto no ámbito interno coma nas relacións 
externas con provedores, clientes, acredores e administracións públicas. 
Solen incidir en aspectos como: cumprimento das leis, honestidade e 
integridade no trato cos clientes e empregados, non facer un uso 
incorrecto da información do negocio ou non ocultar nin protexer o 
comportamento deshonesto doutros. 
o Estratexias de reputación. A reputación da empresa é froito tanto da 
información que ela mesma ofrece e a que outros dan, especialmente 
ante decisións que teñen importantes implicacións éticas ou en 
situacións de crise (accidentes ecolóxicos, crises empresariais, 
catástrofes naturais….) A información externa tradicionalmente dana os 
medios de comunicación. Na actualidade existen novos medios como son 
Internet e as axencias de rating social que contrastan a información 
proporcionada polas empresas con terceiros independentes (ONG, 
axencias de certificación ou asociacións de dereitos humanos e de 
defensa do medio ambiente) 
 O Balance Social 
O balance social é unha técnica que permite reunir información 
cuantitativa e cualitativa para poder avaliar o desenvolvemento das 
actividades da empresa e a súa repercusión social, centrándose na análise dos 
aspectos sociais e éticos. 
A práctica totalidade das empresas, xunto á memoria económica anual, 
presentan unha memoria ou balance social que recolle as actividades 
realizadas en materia social, así como un balance ao grao de cumprimento dos 
compromisos e obrigas que a empresa ten cos empregados e coa sociedade. 
Este balance social debe proporcionar información sobre os seguintes 
aspectos: 
 Os axentes sociais. Contén informes periódicos nos que se 
recollen as actividades desenvolvidas e os logros alcanzados
UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 
pola empresa en áreas de interese para os axentes sociais: 
recursos destinados pola empresa a actividades culturais na 
localidade, número de queixas dos clientes, etc. 
 Xestión da empresa. Indica o grao de cumprimento dos 
obxectivos establecidos e informa sobre o grao de satisfacción 
dunha serie de temas como saúde, seguridade, coñecemento, 
liberdade, prestixio, conservación da natureza, etc. (número de 
accidentes laborais producidos, horas perdidas por baixas 
laborais, contaminación ocasionada pola empresa, nivel de 
salario respecto ao convenio colectivo, número de mulleres en 
cargos directivos…) 
 Indicadores subxectivos. Reflexan a opinión de todos os 
ámbitos sociais relacionados coa empresa e obtéñense 
mediante entrevistas, enquisas e outros instrumentos. Entre 
eles poderíamos citar: o grao de satisfacción dos traballadores 
co seu posto de traballo, opinión dos traballadores sobre os 
seus xefes, grao de satisfacción dos clientes coa calidade dos 
produtos, etc.

More Related Content

Viewers also liked

Archives sonores par V. GINOUVES
Archives sonores par V. GINOUVESArchives sonores par V. GINOUVES
Archives sonores par V. GINOUVESEvelyne Jardin, PhD
 
Gran turismo-5-fr1
Gran turismo-5-fr1Gran turismo-5-fr1
Gran turismo-5-fr1korkyz
 
Chiffres clés - Vente à distance e-commerce
Chiffres clés - Vente à distance e-commerceChiffres clés - Vente à distance e-commerce
Chiffres clés - Vente à distance e-commerceMarketingZ
 
Voir et-croire-ec
Voir et-croire-ecVoir et-croire-ec
Voir et-croire-ecdaniellamy
 
Forum Changer d'Ère : la corévolution est en marche
Forum Changer d'Ère : la corévolution est en marcheForum Changer d'Ère : la corévolution est en marche
Forum Changer d'Ère : la corévolution est en marcheHélène Pouille
 
Formación Twitter & Facebook Personal | Julia Mata Bueso
Formación Twitter & Facebook Personal | Julia Mata BuesoFormación Twitter & Facebook Personal | Julia Mata Bueso
Formación Twitter & Facebook Personal | Julia Mata BuesoJulia Mata Bueso
 
Accroitre la confiance dans les personnes et les machines qui se connectent à...
Accroitre la confiance dans les personnes et les machines qui se connectent à...Accroitre la confiance dans les personnes et les machines qui se connectent à...
Accroitre la confiance dans les personnes et les machines qui se connectent à...Alice and Bob
 
Que dois je savoir sur les réseaux sociaux
Que dois je savoir sur les réseaux sociauxQue dois je savoir sur les réseaux sociaux
Que dois je savoir sur les réseaux sociauxdaniellamy
 

Viewers also liked (20)

Cocina Smeg TR4110RO
Cocina Smeg TR4110ROCocina Smeg TR4110RO
Cocina Smeg TR4110RO
 
Campana Smeg KSET600XE
Campana Smeg KSET600XECampana Smeg KSET600XE
Campana Smeg KSET600XE
 
Congelador Smeg CV2902PNE
Congelador Smeg CV2902PNECongelador Smeg CV2902PNE
Congelador Smeg CV2902PNE
 
gepma color
gepma colorgepma color
gepma color
 
Archives sonores par V. GINOUVES
Archives sonores par V. GINOUVESArchives sonores par V. GINOUVES
Archives sonores par V. GINOUVES
 
Secadora Siemens WT45W230EE
Secadora Siemens WT45W230EE Secadora Siemens WT45W230EE
Secadora Siemens WT45W230EE
 
Nevera Smeg FC370X2PE
Nevera Smeg FC370X2PENevera Smeg FC370X2PE
Nevera Smeg FC370X2PE
 
Gran turismo-5-fr1
Gran turismo-5-fr1Gran turismo-5-fr1
Gran turismo-5-fr1
 
Horno BOSCH HBG634HS1
Horno BOSCH HBG634HS1Horno BOSCH HBG634HS1
Horno BOSCH HBG634HS1
 
Campana Smeg KD90XE
Campana Smeg KD90XECampana Smeg KD90XE
Campana Smeg KD90XE
 
Chiffres clés - Vente à distance e-commerce
Chiffres clés - Vente à distance e-commerceChiffres clés - Vente à distance e-commerce
Chiffres clés - Vente à distance e-commerce
 
Horno Smeg SF496X
Horno Smeg SF496XHorno Smeg SF496X
Horno Smeg SF496X
 
Voir et-croire-ec
Voir et-croire-ecVoir et-croire-ec
Voir et-croire-ec
 
Nevera Siemens KA92NVI25
Nevera Siemens KA92NVI25Nevera Siemens KA92NVI25
Nevera Siemens KA92NVI25
 
Forum Changer d'Ère : la corévolution est en marche
Forum Changer d'Ère : la corévolution est en marcheForum Changer d'Ère : la corévolution est en marche
Forum Changer d'Ère : la corévolution est en marche
 
Opensource
Opensource Opensource
Opensource
 
Vtest
VtestVtest
Vtest
 
Formación Twitter & Facebook Personal | Julia Mata Bueso
Formación Twitter & Facebook Personal | Julia Mata BuesoFormación Twitter & Facebook Personal | Julia Mata Bueso
Formación Twitter & Facebook Personal | Julia Mata Bueso
 
Accroitre la confiance dans les personnes et les machines qui se connectent à...
Accroitre la confiance dans les personnes et les machines qui se connectent à...Accroitre la confiance dans les personnes et les machines qui se connectent à...
Accroitre la confiance dans les personnes et les machines qui se connectent à...
 
Que dois je savoir sur les réseaux sociaux
Que dois je savoir sur les réseaux sociauxQue dois je savoir sur les réseaux sociaux
Que dois je savoir sur les réseaux sociaux
 

Similar to Unidade 1

22. El diagnóstico financeiro de la empresa
22. El diagnóstico financeiro de la empresa22. El diagnóstico financeiro de la empresa
22. El diagnóstico financeiro de la empresaManager Asesores
 
O plan de marketing
O plan de marketingO plan de marketing
O plan de marketingleiroraquel
 
12. Cómo elaborar el análisis DAFO
12. Cómo elaborar el análisis DAFO12. Cómo elaborar el análisis DAFO
12. Cómo elaborar el análisis DAFOManager Asesores
 
51. Diagnóstico financiero de la empresa
51. Diagnóstico financiero de la empresa51. Diagnóstico financiero de la empresa
51. Diagnóstico financiero de la empresaManager Asesores
 
Responsabilidade social
Responsabilidade socialResponsabilidade social
Responsabilidade sociallorenaamarelle
 
Empresa e Empresario
Empresa e EmpresarioEmpresa e Empresario
Empresa e Empresarioecocabe
 
50. Guía básica de financiamiento
50. Guía básica de financiamiento50. Guía básica de financiamiento
50. Guía básica de financiamientoManager Asesores
 
Tendencias tecnológicas en Recurso Humanos
Tendencias tecnológicas en Recurso HumanosTendencias tecnológicas en Recurso Humanos
Tendencias tecnológicas en Recurso HumanosPablo López
 
15. Conceptos básicos de tesorería
15. Conceptos básicos de tesorería15. Conceptos básicos de tesorería
15. Conceptos básicos de tesoreríaManager Asesores
 
21. GuÍa básica de financiamiento
21. GuÍa básica de financiamiento21. GuÍa básica de financiamiento
21. GuÍa básica de financiamientoManager Asesores
 
A empresa e o traballo
A empresa e o traballoA empresa e o traballo
A empresa e o traballocrocaio
 
C:\Documents And Settings\Silvia\Mis Documentos\Traballos Clase\Marketing
C:\Documents And Settings\Silvia\Mis Documentos\Traballos Clase\MarketingC:\Documents And Settings\Silvia\Mis Documentos\Traballos Clase\Marketing
C:\Documents And Settings\Silvia\Mis Documentos\Traballos Clase\Marketingsandrasilvia
 
14. Análisis de la competencia
14. Análisis de la competencia14. Análisis de la competencia
14. Análisis de la competenciaManager Asesores
 
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresaManager Asesores
 

Similar to Unidade 1 (20)

22. El diagnóstico financeiro de la empresa
22. El diagnóstico financeiro de la empresa22. El diagnóstico financeiro de la empresa
22. El diagnóstico financeiro de la empresa
 
A empresa e o seu contorno
A empresa e o seu contornoA empresa e o seu contorno
A empresa e o seu contorno
 
A organización da empresa.
A organización da empresa.A organización da empresa.
A organización da empresa.
 
O plan de marketing
O plan de marketingO plan de marketing
O plan de marketing
 
12. Cómo elaborar el análisis DAFO
12. Cómo elaborar el análisis DAFO12. Cómo elaborar el análisis DAFO
12. Cómo elaborar el análisis DAFO
 
51. Diagnóstico financiero de la empresa
51. Diagnóstico financiero de la empresa51. Diagnóstico financiero de la empresa
51. Diagnóstico financiero de la empresa
 
9. Gestión de tesorería
9. Gestión de tesorería9. Gestión de tesorería
9. Gestión de tesorería
 
Responsabilidade social
Responsabilidade socialResponsabilidade social
Responsabilidade social
 
Empresa e Empresario
Empresa e EmpresarioEmpresa e Empresario
Empresa e Empresario
 
50. Guía básica de financiamiento
50. Guía básica de financiamiento50. Guía básica de financiamiento
50. Guía básica de financiamiento
 
Tendencias tecnológicas en Recurso Humanos
Tendencias tecnológicas en Recurso HumanosTendencias tecnológicas en Recurso Humanos
Tendencias tecnológicas en Recurso Humanos
 
15. Conceptos básicos de tesorería
15. Conceptos básicos de tesorería15. Conceptos básicos de tesorería
15. Conceptos básicos de tesorería
 
21. GuÍa básica de financiamiento
21. GuÍa básica de financiamiento21. GuÍa básica de financiamiento
21. GuÍa básica de financiamiento
 
Análise económico
Análise económicoAnálise económico
Análise económico
 
A empresa e o traballo
A empresa e o traballoA empresa e o traballo
A empresa e o traballo
 
Tallerrsetic
TallerrseticTallerrsetic
Tallerrsetic
 
C:\Documents And Settings\Silvia\Mis Documentos\Traballos Clase\Marketing
C:\Documents And Settings\Silvia\Mis Documentos\Traballos Clase\MarketingC:\Documents And Settings\Silvia\Mis Documentos\Traballos Clase\Marketing
C:\Documents And Settings\Silvia\Mis Documentos\Traballos Clase\Marketing
 
14. Análisis de la competencia
14. Análisis de la competencia14. Análisis de la competencia
14. Análisis de la competencia
 
Introducción o cálculo de Custos
Introducción o cálculo de CustosIntroducción o cálculo de Custos
Introducción o cálculo de Custos
 
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
 

Unidade 1

  • 1.
  • 2. UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 1.- CONCEPTO DE EMPRESA. A empresa pódese definir dende diversos puntos de vista: o Como unidade de produción. Dende esta perspectiva podemos definir a empresa como un conxunto de factores de produción coordinados por un empresario para alcanzar un obxectivo. Como unidade produtiva a empresa abastece á sociedade de todo o que necesita. Para conseguir producir todo isto emprega uns factores de produción (recursos naturais, traballo e capital), que tras un determinado proceso (xeralmente técnico) e un risco (para quen aporta os fondos da operación), se transforman no obxecto producido. o Como axente económico. A empresa é un axente económico que, a través do emprego duns factores produtivos produce uns bens ou servizos, xerando no proceso un excedente que reparte baixo a forma de rendas. A empresa proporciona rendas aos propietarios dos elementos materiais empregados no proceso produtivo, como son os donos das materias primas ou elementos semielaborados. Tamén proporciona rendas aos traballadores que participan co seu esforzo e/ou coñecementos no proceso de transformación dos produtos e, por último, proporciona rendas aos donos do capital investido e que son os que posibilitaron a súa existencia. o A empresa como sistema Entendemos un sistema como un conxunto de elementos relacionados entre sí e co sistema económico global. Este sistema económico pertence a un todo unitario relacionado co entorno ou medio no que actúa. CONTORNO SISTEMA ECONOMICO GLOBAL EMPRESA
  • 3. UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO A empresa pode pois conceptualizarse como sistema xa que se caracteriza por ser un conxunto de elementos (materiais, inmateriais e humanos) que mediante un proceso de transformación e grazas a unha certa estrutura organizativa, tende cara a consecución dunha serie de obxectivos. Podemos representar a empresa como sistema do seguinte xeito: CONTORNO Como vemos, a empresa recibe do contorno un fluxo continuo de entradas ou INPUTS en forma de materiais, enerxía, financiamento, maquinaria, man de obra, información, etc, e devolve ao exterior outro fluxo continuo de saídas ou OUTPUTS como xuros, dividendos, soldos, produtos, etc., como resultado de someter a eses inputs a algún tipo de proceso de transformación. A empresa en tanto que sistema, ten as seguintes características:  É un sistema aberto, xa que inflúe e recibe influencias do contorno. Todo o que pasa fora da empresa aféctalle e inflúe nas súas decisións: calquera elemento externo, tanto tecnolóxico como sociolóxico, político, etc., ten moita relevancia.  Na empresa prodúcese unha sinerxía, é dicir, a empresa está composta por unha combinación de elementos ou subsistemas e esta combinación proporciónalle unhas características Materiais Enerxía Maquinaria Man de obra información INPUTS SISTEMA EMPRESA Proceso de transformación Xuros Dividendos Productos Soldos impostos OUTPUTS
  • 4. UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO concretas que non ten ningún dos subsistemas ou elementos de forma illada; por tanto, ao actuar todos os subsistemas xuntos obtense mais rendemento que cada un por separado ( o todo é superior á suma das partes).  A empresa é un sistema global porque calquera influencia que recibe algún dos seus subsistemas ou elementos repercute sobre os demais e sobre o conxunto da empresa.  A empresa é un sistema autorregulado, é un sistema que se adapta a calquera cambio conxuntural como pode ser un cambio na demanda, aumento de prezos, etc. 2.- A CREACIÓN DE VALOR No proceso de transformación de inputs en produtos finais ou outputs, a empresa crea un valor que se manifesta na diferenza entre o valor dos produtos rematados e dos factores empregados na súa consecución. Este valor engadido será o que se reparta baixo a forma de beneficios ou rendas á propiedade dos factores de produción. Ao conxunto de pasos ou fases que se producen nesta creación de valor chámase cadea de valor. Un dos obxectivos da empresa, coa finalidade de ser máis competitiva é optimizar ao máximo a súa cadea de valor. Segundo Michael Porter, a cadea de valor é unha forma de análise da actividade empresarial, mediante a cal unha empresa desagrega a súa actividade global en diferentes partes, co obxecto de identificar fontes de vantaxe competitiva nas actividades que xeran valor. Mediante esta análise concretarase un conxunto de funcións que engaden valor aos produtos e servizos dunha empresa (materias primas, produción, márketing, etc) e téntase, en cada unha destas funcións obter a máxima rendibilidade posible, reducindo todo o que sexa superfluo; deste xeito, se a empresa o consegue, logrará desenvolver e integrar as actividades da súa cadea de valor de forma menos custosa e mellor diferenciada dos seus rivais. O enfoque da cadea de valor de Porter clasifica as actividades da empresa en actividades primarias e actividades de soporte:  As actividades primarias son as que están relacionadas coa elaboración directa do produto: produción, distribución, comercialización e servizo postvenda.  As actividades de soporte sustentan as actividades primarias para que podan levarse a cabo da maneira mais conveniente. Entre elas están por exemplo administración e xestión, organización dos Michael Porter.2009 recursos humanos,
  • 5. UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO tecnoloxía, finanzas, contabilidade, control de calidade, etc.  A marxe é a diferenza entre o valor total e os custos totais que a empresa tivo para xeral ese valor. Segundo como sexa esta marxe, a empresa pode ver que actividades son rendibles e cales non, de forma que se algunha non o é pode plantexarse a opción de contratala a outra empresa externa (outsourcing).  EXEMPLO: consideremos unha empresa de transportes que quere mellorar a súa posición competitiva, estudando de forma exhaustiva a súa cadea de valor. Despois de analizar convenientemente a cadea de valor, os responsables identifican un ámbito onde cren que hai marxe de mellora, explotando unha vantaxe competitiva. Trátase dunha máis eficiente planificación das tarefas de recollida das cargas e da entrega posterior. Mediante a aplicación dun programa informático interno pódese planificar de forma mais racional estas dúas actividades, eliminando o paso polo almacén da empresa de transportes, realizando a recollida e a entrega de forma consecutiva, aplicando variables de proximidade xeográfica, dimensión da carga e optimización do prazo de entrega. 3.- ELEMENTOS DA EMPRESA Toda empresa que produce bens e servizos ten que ter en conta unha serie de factores ou elementos para funcionar correctamente. Podemos clasificalos en catro grupos:  Os factores humanos. Son as persoas que manteñen unha vinculación directa coa empresa, dende os propietarios do capital ou socios ata os traballadores, incluíndo tamén outros colectivos como clientes, provedores, etc.  Os factores materiais. Son os bens económicos da empresa. Podemos diferenciar entre os bens que forman o activo non corrente, que son todos aqueles que están ligados á empresa de forma duradeira (duran mais dun exercicio económico): maquinaria, mobiliario, edificios, ferramentas, etc.; e os bens que forman o activo corrente que son aqueles que se renovan cada exercicio e que dependen do ciclo de explotación: materias primas, diñeiro en caixa ou bancos, material de oficina, etc.  A organización. Toda empresa require dunha organización que permita acadar os obxectivos da forma mais eficaz. Podemos definir a organización como o conxunto de relacións de autoridade, coordinación e comunicación que configuran a actividade do grupo humano entre sí e co exterior. Esta estrutura está definida polo empresario.  O contorno. Entendemos por contorno todos aqueles factores que condicionan a actuación do empresario, e como consecuencia, da empresa, dende a normativa gobernamental ata os clientes ou provedores.
  • 6. UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO 4.- AREAS DE ACTIVIDADE Para poder coordinar todos os elementos da empresa e acadar os obxectivos previamente marcados, a empresa divídese nunha serie de áreas funcionais:  Área de produción, controla o aprovisionamento de materias primas para a súa posterior transformación en produtos elaborados.  Área comercial ou márketing comercializa e distribúe o produto no mercado.  Área de financiamento e investimento, ademais de captar fondos necesarios para o funcionamento da empresa, organiza a política de investimentos.  Área de recursos humanos, organiza e xestiona o persoal da empresa. Esta é a distribución que podemos atopar nunha empresa industrial. Se nos referimos a unha empresa comercial ou de servizos, a área de produción non existe, xa que non se transforman produtos, senón que os distribúen no primeiro caso, ou prestan un servizo, no segundo. 5.- FUNCIÓNS DA EMPRESA A empresa nunha economía de mercado cumpre coas seguintes funcións:  Función de produción. A empresa proporciona os bens e servizos que a comunidade precisa, é a encargada de proporcionar todo o que os consumidores, usuarios e outras empresas precisan.  Crea valor que distribúe baixo a forma de rendas. A empresa proporciona rendas aos propietarios dos factores de produción empregados. Se aos ingresos xerados polas vendas, lles descontamos os custos de producir, obteremos un valor engadido que se reparte entre os participantes no proceso, baixo a forma de pagos, salarios e beneficios. A empresa crea valor no seu funcionamento ao poñer no mercado uns produtos ou servizos cun valor maior ao dos factores empregados. Esta función da lugar a outras dúas: o Función de desconto ou anticipo do produto social. A empresa adianta aos factores produtivos a súa participación no produto antes de que se consume o proceso de produción, xerándolles unhas rendas monetarias a través da retribución dos factores: salarios, xuros, alugueres, etc, e dótaos deste xeito da capacidade de gasto necesaria para a adquisición dos produtos. o Función de asunción do risco da actividade económica, como consecuencia da anticipación de rendas con base a unhas expectativas que poden cumprirse ou non. Ao retribuír aos factores antes de recuperar o importe dos produtos, o empresario afronta múltiples riscos derivados da posibilidade de que as súas previsións non se cumpran.
  • 7. UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO  Organiza o mercado, controlando a oferta e influíndo sobre a demanda de produtos e factores por medio da produción e dos prezos, adaptándose ás variacións que se producen. De todos os xeitos, cada vez en maior medida se lle marcan ou regulan certos aspectos da súa actividade polos organismos estatais.  Función social. Contribúe ao incremento da calidade de vida de toda a sociedade: creación de emprego e rendas, investigación, tecnoloxía, paga impostos que logo servirán para proporcionar ou mellorar os servizos da localidade na que se empraza, etc. 6.- OBXECTIVOS DA EMPRESA A formulación dos obxectivos será diferente segundo o tipo de empresa de que se trate, así unha pequena empresa procurará a súa supervivencia en independencia; a grande empresa tenderá a maximizar o seu crecemento a medio e longo prazo; a empresa privada tentará maximizar o seu beneficio, a pública mellorar a prestación de servizos públicos, etc. A pesares da existencia de varios obxectivos, imos sintetizalos nos seguintes grupos: 1. Obxectivos económico-financeiros a. Rendibilidade. Baseados na maximización do beneficio. Nun sistema de economía de mercado as empresas privadas perseguen tanto a curto como a longo prazo este obtivo con carácter prioritario sobre outras categorías de obxectivos posibles. Non obstante, as empresas públicas antepoñen, en determinados casos, obxectivos de interese social. b. Crecemento e poder de mercado. Estes obxectivos adoitan traducirse en cambios estruturais e en incrementos de tamaño ou dimensión que fai que a empresa aumente o seu poder de mercado para asegurar a obtención de futuros e mellores excedentes. Adoita ser o obxectivo de empresas dinámicas e de certo tamaño. O crecemento normalmente concrétase nos seguintes aspectos: i. Aumento das cifras de produción e vendas ii. Expansión da actividade da empresa, tanto en vertical (respecto ao seu sector económico) como en horizontal (actuación en novos sectores) iii. Absorción e participación para exercer o control de outras empresas. c. Estabilidade e adaptabilidade ao medio. Como sistema aberto, a empresa debe manter a súa estabilidade ao medio ambiente, moi dinámico, do que depende para a súa continuidade. 2. Obxectivos económico-sociais. Destacan os relacionados cos seguintes grupos:
  • 8. UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO a. Grupos de persoas dentro da empresa: i. Traballadores: estabilidade no emprego, condicións de traballo, remuneración, etc. ii. Dirección: imaxe pública, compensacións monetarias e non monetarias….. iii. Accionistas: liquidez das súas accións, mantemento das ganancias…. b. Grupos externos á empresa pero afectados pola mesma i. Clientes: obxectivos relacionados co servizo postvenda, e como é un grupo moi importante para a empresa é necesario dispoñer de información dos mesmos. ii. Provedores: cumprimento dos compromisos contraídos. iii. Entidades financeiras que esixen unha importante información como base para ter relacións con elas. c. Comunidade i. Obxectivos socioeconómicos: formación, creación de emprego, industrialización…… ii. Obxectivos de independencia económica nacional: creación de actividades que permitan diminuír as importacións e equilibrar a Balanza de Pagamentos, programas de autonomía de aprovisionamento en produtos considerados básicos, etc. 7.- O EMPRESARIO. EVOLUCIÓN DA FIGURA DO EMPRESARIO NO PENSAMENTO ECONÓMICO. En xeral, ata a segunda metade do século XX foise ligando a figura do empresario coa do propietario dos medios de produción. Coa industrialización aumentou a escala de actividade e foron necesarios grandes capitais para financiar esta expansión, isto fixo que se xeneralizase a sociedade por accións, onde o capital está repartido entre un grande número de persoas co que empeza a producirse o fenómeno da separación entre a propiedade e a administración da empresa. Desta maneira xorde unha nova figura do empresario e a súa característica principal xa non é exercer a propiedade da empresa senón dirixila e encauzala para acadar os obxectivos establecidos. Ao longo da historia, diferentes autores destacaron unha serie de características definidoras do empresario. Imos analizalas brevemente.  Concepción clásica o Para o máis clásico dos economistas, A. Smith, o empresario e o capitalista eran a mesma persoa. En xeral naquela época (século XVIII) as empresas eran dirixidas por unha ou varias persoas que eran ao mesmo tempo as que aportaban o capital e percibían os beneficios. Así
  • 9. UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO Smith fala do comerciante e artesán que acumula capital, contrata individuos e asume un certo risco. o Outros economistas do século XIX como David Ricardo e Karl Marx daban pouca importancia á figura do empresario xa que o único realmente importante para que as Adam Smith (1723-1790) empresas funcionen é o capital aportado (para adquirir os medios de produción) e o esforzo dos traballadores, máis que o director do proceso productivo. o R. Cantillón no século XVIII, falo do empresario como o organizador da empresa que compra factores de produción e asume a incerteza dos prezos aos que vai vender os seus produtos. Por tanto destaca a incerteza das súas actuacións. En xeral para os clásicos, o empresario é o capitalista ou propietario único do negocio que o dirixe e controla persoalmente asumindo o risco inherente á propiedade.  O empresario-risco de Knight Frank H. Knight a comezos do século XX na súa obra “Riesgo, incerteza y beneficio” (1929), desenvolve a súa teoría do empresario risco segundo a cal o que define ao empresario é a súa capacidade de asumir riscos nun mundo de incerteza. Segundo esta teoría o empresario ten que realizar as seguintes predicións económicas: o Previsión da demanda, estudando as necesidades dos consumidores e do mercado. o Prezo estimado de venda dos produtos. Considerando o número de vendas previstas e o prezo de venda estimado, o empresario calcula se é posible o beneficio. Se o é, entón compra Frank H. Knight (1885-1972) e contrata os factores de produción (materias primas, maquinaria, man de obra, etc.) asumindo po tanto uns custos de produción. Se as previsións se cumpren o empresario poderá obter un beneficio, pero se se equivoca terá perdas xa que pagou uns prezos (custos) máis elevados que o prezo obtido pola venda. Por tanto para este autor, o característico do empresario é o risco que asume, e o beneficio que pode obter será unha compensación por ese risco.
  • 10. UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO  O empresario innovador de Shumpeter. Joseph A. Shumpeter (Teoría del desarrollo capitalista, 1963) considera que o papel do verdadeiro empresario consiste en detectar e poñer en marcha unha nova oportunidade de negocio, aproveitando unha invención ou unha idea aínda non explotada. Esta capacidade para ser o primeiro é recompensada cuns beneficios extraordinarios, que se logran porque durante certo tempo o empresario Joseph A. Shumpeter (1883-1950) innovador é un monopolista no mercado. Posteriormente, xorden unha serie de imitadores, con produtos similares, que eliminan a posición inicial de privilexio do innovador, volvéndose a alcanzar unha situación de equilibrio, aínda que a distinto nivel, ata que outro empresario comezara de novo o proceso. Para Shumpeter o empresario é o protagonista do capitalismo e o beneficio é a recompensa que recibe pola innovación.  A tecnoestrutura de Galbraith John Kenneth Galbraith, na súa obra “El Nuevo Estado Industrial” (1997) destaca a realidade empresarial dos países máis desenvolvidos na segunda metade do século XX, onde as grandes empresas manexan a maioría do negocio mundial, sendo crecente a súa influencia e o seu poder. O Capital destas empresas, que adoptan a forma de sociedades, pertence polo xeral a multitude de socios que illadamente teñen unha ínfima parte do total e carecen, agás excepcións, de influencia na marcha da empresa. Na maioría dos casos son inversores anónimos preocupados unicamente pola rendibilidade das súas accións pero atópanse á marxe das decisións empresariais, que dada a súa John Kenneth Galbraith (1908-2006) complexidade deben ser tomadas por un conxunto de persoas (directivos) con coñecementos especializados: avogados, enxeñeiros, economistas….., que a miúdo organízanse nunha complexa estrutura de divisións, departamentos, etc. É esta estrutura directiva á que Galbraith denomina tecnoestrutura que é a que detenta o verdadeiro poder empresarial ao impulsar e marcar os obxectivos da empresa e convértense en empresarios, desprazando do poder efectivo aos propietarios do capital que quedan limitados ó simple poder de ratifica-las propostas dos executivos e recoller os dividendos cando os haxa. Esta tecnoestrutura estará formada por diferentes niveis de técnicos (economistas, enxeñeiros, xefes de vendas, contables, avogados….) de elevado rango que toman decisións dentro da empresa.
  • 11. UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO A formulación de Galbraith é unha consecuencia da separación entre a propiedade (capitalista) e o control (empresario-director) nos grandes grupos industriais e financeiros.  O empresario na actualidade Na actualidade podemos identificar ao empresario como un profesional da dirección da empresa que realiza as seguintes funcións: o Planificar: os xerentes deben tratar de prognosticar as situacións que lle podan afectar á empresa e elaborar proxectos que os axuden a tomar decisións. o Xestionar: isto é, dirixir todos os elementos que forman a empresa para acadar o obxectivo previamente marcado ou planificado. o Organizar e coordinar: todos os elementos da empresa necesitan ser organizados e coordinados para que o funcionamento do conxunto sexa o máis eficaz posible. o Controlar: de forma que poda coñecer en que medida se están cumprindo os obxectivos marcados no plan e así poder corrixir as posibles desviacións. De todas formas, hai que ter en conta que a figura do empresario é distinta segundo a empresa sexa pequena, mediana ou grande: Nas PEMES, de carácter familiar, o empresario é á vez o propietario da empresa e quen a dirixe e polo tanto ten un risco patrimonial, isto é, debe facer rendible o diñeiro investido que normalmente é seu. Nas grandes empresas os propietarios do capital e os dirixentes son persoas distintas aínda que gardan unha estreita relación xa que ao empresario interésalle facer ben o seu traballo para non perder o seu posto e para que sigan tendo confianza nel. Por tanto, a figura do empresario non está personalizada, ten máis risco profesional que patrimonial e a súa finalidade é que a empresa medre e obteña beneficios para os accionistas. Esquema-resumo:
  • 12. UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO Para saber máis destes autores premede no seguinte enlace: Autores que falaron do empresario 8.- A RESPONSABILIDADE SOCIAL DA EMPRESA. AS EXTERNALIDADES. O BALANCE SOCIAL Existe un interese crecente por coñecer o papel que realiza a empresa, non so dende unha óptica económico-financeira, senón tamén dende unha perspectiva social. Neste senso analizamos a responsabilidade social da empresa e o balance social.  Externalidades. Custos privados e custos sociais. Cando unha empresa desempeña a súa actividade asume uns custos que se recollen na súa contabilidade e posteriormente trasládanse aos prezos de mercado, son os denominados custos privados e deles ocúpanse os directivos da empresa. En moitas ocasións, pola contra, as empresas ao levar a cabo a súa actividade xeran efectos externos ou externalidades que inciden noutras empresas ou na sociedade en xeral, pero non se recollen na contabilidade da empresa nin nos prezos de mercado. Unha externalidade xorde cando unha acción privada dunha empresa ten efectos colaterais ou externos que afectan a outras empresas pero que non se recollen nos prezos de mercado. Estes efectos externos crean unha diverxencia entre os custos privados e os custos efectivamente padecidos ou custos sociais. As externalidades poden ser positivas ou negativas. O exemplo típico da externalidade negativa é a contaminación. Ex: pensemos no caso dunha fábrica de peles que verte augas contaminadas nun río, onde augas abaixo está situada unha piscifactoría. A actuación da fábrica de peles produce repercusións negativas sobre a piscifactoría ao aumentar a mortaldade dos peixes e polo tanto incrementar os seus custos. Este aumento nos custos da piscifactoría, por unha actuación allea a ela, non forma parte dos custos privados da fábrica de peles. Neste caso, os custos sociais son o resultado de sumar aos custos privados os custos xerados pola externalidade negativa. Existen tamén externalidades positivas; neste caso trátase de diferenciar entre beneficios privados e sociais. Por exemplo, as actividades I+D+I son xeneradoras de efectos positivos que enriquecen o coñecemento xeral o que contribúe a outros descrubrimentos e avances. Pero a rendibilidade percibida pola empresa que financia estas actividades non reflicte a rendibilidade
  • 13. UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO social. Por tanto, cando as externalidades son positivas, o beneficio privado é inferior ao beneficio social. En todo caso, esta discrepancia entre custos/beneficios privados e sociais evidencia a importancia de que as empresas consideren as consecuencias da súa actuación dende unha perspectiva global, isto é, que actúen con responsabilidade social.  Instrumentos para dar resposta á responsabilidade social Entre os instrumentos empregados polas empresas para facer efectiva a responsabilidade social cabe destacar os seguintes: o Códigos éticos. Conxunto de normas de conduta que deben rexer o comportamento individual, tanto no ámbito interno coma nas relacións externas con provedores, clientes, acredores e administracións públicas. Solen incidir en aspectos como: cumprimento das leis, honestidade e integridade no trato cos clientes e empregados, non facer un uso incorrecto da información do negocio ou non ocultar nin protexer o comportamento deshonesto doutros. o Estratexias de reputación. A reputación da empresa é froito tanto da información que ela mesma ofrece e a que outros dan, especialmente ante decisións que teñen importantes implicacións éticas ou en situacións de crise (accidentes ecolóxicos, crises empresariais, catástrofes naturais….) A información externa tradicionalmente dana os medios de comunicación. Na actualidade existen novos medios como son Internet e as axencias de rating social que contrastan a información proporcionada polas empresas con terceiros independentes (ONG, axencias de certificación ou asociacións de dereitos humanos e de defensa do medio ambiente)  O Balance Social O balance social é unha técnica que permite reunir información cuantitativa e cualitativa para poder avaliar o desenvolvemento das actividades da empresa e a súa repercusión social, centrándose na análise dos aspectos sociais e éticos. A práctica totalidade das empresas, xunto á memoria económica anual, presentan unha memoria ou balance social que recolle as actividades realizadas en materia social, así como un balance ao grao de cumprimento dos compromisos e obrigas que a empresa ten cos empregados e coa sociedade. Este balance social debe proporcionar información sobre os seguintes aspectos:  Os axentes sociais. Contén informes periódicos nos que se recollen as actividades desenvolvidas e os logros alcanzados
  • 14. UNIDADE 1. A EMPRESA E O EMPRESARIO pola empresa en áreas de interese para os axentes sociais: recursos destinados pola empresa a actividades culturais na localidade, número de queixas dos clientes, etc.  Xestión da empresa. Indica o grao de cumprimento dos obxectivos establecidos e informa sobre o grao de satisfacción dunha serie de temas como saúde, seguridade, coñecemento, liberdade, prestixio, conservación da natureza, etc. (número de accidentes laborais producidos, horas perdidas por baixas laborais, contaminación ocasionada pola empresa, nivel de salario respecto ao convenio colectivo, número de mulleres en cargos directivos…)  Indicadores subxectivos. Reflexan a opinión de todos os ámbitos sociais relacionados coa empresa e obtéñense mediante entrevistas, enquisas e outros instrumentos. Entre eles poderíamos citar: o grao de satisfacción dos traballadores co seu posto de traballo, opinión dos traballadores sobre os seus xefes, grao de satisfacción dos clientes coa calidade dos produtos, etc.