SlideShare a Scribd company logo
TEMA 1

  OS CONTINENTES SON SEIS.
IVÁN CEBREIRO OLIVEIRA 3ºESO
OS CONTINENTES
●   ÁFRICA: Localízase a cordilleira do Atlas, no
    Noroeste do continente. Existen tamén
    importantes macizos, que sobresaen das
    extensas mesetas, como os de Ahaggar e
    Tibesti, no Sáhara. Hai lagos como o Malaui,
    o Tanganica e o Turkana. Tamén hai ríos
    coma o Nilo e o Zambeze. Tamén hai mares
    como o Mar Vermello.
África
●   AMÉRICA: As cordilleiras máis importantes
    son: as Montañas Rochosas, a Serra Madre
    Occidental e a Cordilleira dos Andes. Entre
    ellas aparecen elevados altiplanos e un gran
    número de volcáns. Na parte central do
    continente esténdense amplas chairas de
    aluvión, percorridas por grandes ríos como o
    Mississippi-Missouri, o Amazonas, o
    Orinoco, e o Paraná-Paraguai. Ao Leste do
    continente sitúanse relevos antigos, isto é, moi
    desgastados, como o Escudo Canadense, os
    Montes Apalaches, o Macizo das Güianas e
a Meseta Brasileira. As terras afundidas e
semiemerxidas da costa atlántica forman lagos,
golfos e illas.
●   ASIA: Atópase a montaña máis alta da Terra: o
    Everest (8848m), que se sitúa na cordilleira do
    Himalaia. Tamén existe outra serie de relevos,
    como os Montes Tauro e Zagros, as
    cordilleiras de Hindukush e kuenlun e as
    mesetas de Pamir e do Tíbet. Os principais
    ríos percorren as grandes chairas do
    continente: o Obi, o Yenisei e o Lena, no
    Norte; o Chang Jiang e o Huanghe, no Leste,
    e o Mekong e o Ganxes, no Sur. As zonas
    deprimidas, en ocasións, están ocupadas por
    lagos, como o Caspio que, pola súa extensión,
se denomina mar. Xunto ás costas aparecen
numerosos arquipélagos de grande actividade
sísmica e volcánica, como os de Xapón,
Filipinas e Indonesia.
●   EUROPA: É un continente no que predominan
    as chairas, como a Gran Chaira Europea,se
    ben o centro e máis o Sur aparecen
    accidentados por relevos antigos,moi
    erosionados, como o Macizo Central Francés
    e a Meseta española, e por relevos novos, de
    época máis recente, como os Alpes, os
    Pirineos e o Cáucaso. A Gran Chaira
    Europea aparece percorrida por longos ríos
    navegables coma o Volga e o Don.
EUROPA
●   OCEANÍA: Australasia inclúe a illa-continente
    de Australia así como a illa de Tasmania e as
    dúas que forman o arquipélago de Nova
    Zelandia. En Australia salienta a Gran
    Cordilleira Divisoria a o Leste, mentres que
    chairas, cuncas e antigos relevos se estenden
    polo resto do territorio. Os Alpes do Sur, en
    Nova Zelandia, son unhas montañas novas e,
    en parte, de orixe volcánica. Melanesia,
    Micronesia e Polinesia son tres conxuntos de
    illas e arquipélagos situados no océano
    Pacífico. A maioría deles formáronse por
erupcións volcánicas, pero outros son de orixe
coralina.
●   ANTÁRTIDA: Está constituída por unha gran
    masa de xeo, na que salienta a Cordilleira
    Transantártica, con altitudes superiores aos
    4000 m. Do enorme casquete de xeo antártico
    despréndense grandes bloques de xeo ou
    icebregs, que quedan aboiando no mar.
ANTÁRTIDA
OS RELEVOS E OS RÍOS DE
             EUROPA
●   Europa presenta dous grandes tipos de relevo
    ( montañas e chairas) por onde discorren uns
    ríos que, comparados cos outros continentes,
    son pouco caudalosos e non moi longos.
    - As montañas.
    Entre ellas distínguense dous tipos:
●   Os macizos: son relevos antigos e moi
    erosionados, de formas arredondadas e pouca
    altitude, pois apenas superan os 2000 m.
Sitúanse ao Norte, Oeste e centro de Europa:
Montes Grampianos, Cordilleira
Escandinava, Macizo Central Francés...
Estes relevos están separados por amplos
vales percorridos por ríos de caudal bastante
regular, como o Rin, o Sena e o Loira, que
desembocan no Atlántico.
●    As montañas novas: son de época máis
    recente e están menos desgatadas pola
    erosión. Ocupan a meirande parte do
    continente e dan lugar a paisaxes de formas
    abruptas: Pirineos, Alpes, Cárpatos, Balcáns
    e Cáucaso.
    Por estes relevos circulan numerosos ríos,
    como o Ródano e o Po, que desembocan no
    Mediterráneo, ou o Danubio, que desemboca
    no mar Negro.
- As chairas.
A Gran Chaira Europea é a forma do relevo
máis extensa de Europa. Ocupa máis da
metade da súa superficie, desde Bélxica e os
Países Baixos ata os Montes Urais, e
continúa cara a Siberia. Polos seus amplísimos
vales discorren os grandes ríos europeos como
o Volga, o máis longo de Europa, o Don, o
Dniéper e o Dniéster.
Outras chairas son a Húngara, a do Po e as
depresións do Ebro e do Guadalquivir.
AS COSTAS DE EUROPA
●   En función dos océanos ou mares que bañan as
    costas europeas, distínguense:as costas
    atlánticas e as costas mediterráneas. Teñen
    formas moi recortadas. Aparecen costas elevadas,
    fórmanse costas baixas e aparecen os deltas:
    como o do Ebro, Ródano, Po e Danubio.
O RELEVO, OS RÍOS E AS
  COSTAS DE EUROPA
O RELEVO PENINSULAR
          ESPAÑOL
A Península Ibérica está situada no extremo
suroccidental do continente europeo.
Delimítana o mar Cantábrico,o mar
Mediterráneo, o océano Atlántico e a cordilleira
dos Pirineos. O estreito de Xibraltar separa
Europa de África. O relevo peninsular español
amosa elevada altitude media, debido ás
numerosas cordilleiras e ao feito de que gran
parte do territorio está formado polas terras
chás e elevadas que forman a Meseta.
Tamén presenta unhas formas compactas, que
orixinan un litoral de aspecto rectilíneo, coa
excepción de breves tramos, como no litoral
galego, con costas recortadas e elevadas.
As principais unidades que configuran o relevo
peninsular español son:
●   A Meseta castelá, que ocupa a meirande parte
    do interior peninsular e forma unha elevada
    plataforma cunha altitude media de 650 metros
    do nivel do mar.
●   As cordilleiras interiores da Meseta: Sistema
    Central e Montes de Toledo.
●   As montañas que rodean a Meseta, que son:
    os Montes de León, a Cordilleira Cantábrica,
    o Sistema Ibérico e Serra Morena.
●   Unha serie de cordilleiras máis afastadas da
    Meseta castelá son: Macizo Galaico,
    Pirineos,Cordilleiras Béticas, Cordilleiras
    Costeiras Catalás.
●   Entre as montañas máis exteriores á Meseta e
    os relevos que a rodean esténdenseb dúas
    grandes zonas de terras chás e fértiles: a
    Depresión do Ebro e a Depresión do
    Guadalquivir.
O RELEVO INSULAR ESPAÑOL
    O relevo insular español está formado por dous
    grandes grupos de illas:
●   O arquipélago balear: situado no ,mar
    Mediterráneo, abrange tres illas principais
    (Mallorca,Menorca e Eivisa), dúas illas
    menores ( Formentera e Cabrera) e varios
    illotes.
●   O arquipélago canario: situado no océano
    Atlántico e fronte ás costas do Sáhara, está
    composto por sete illas principais ( Lanzarote,
    Fuerteaventura, Gran Canaria, Tenerife,
    Gomera, Hierro e A Palma) e unha serie de
    illotes entre os que cabe destacar os máis
    grandes, chamados Graciosa e Alegranza,
    situados ao Norte de Lanzarote.
AS UNIDADES DO RELEVO DE
         ESPAÑA
AS COSTAS
As costas da Península Ibérica son moi
recortadas, cunha contorna rectilínea ou
suavemente curvada, son altas e rochosas.
OS RÍOS PENINSULARES
    Os ríos españois da Península Ibérica
    agrúpanse en tres vertentes hidrográficas,
    segundo o mar ou océano ao que
    desembocan:
●   Ríos da vertente cantábrica:Son ríos curtos
    ede forte corrente,porque as montañas onde
    nacen están situadas moi preto do mar
    Cantábrico, lugar ao que desembocan.
    Ademais, son moicaudalosos polas
    abundantes chuvias que se dan todo o ano. Os
    seus principais ríos son: o Bidasoa, o Deva, o
    Nervión, o Sella, o Nalón, o Narcea e o
●   Ríos da vertente atlántica: Trátase de ríos
    longos, que nacen lonxe da súa
    desembocadura no océano Atlántico, e que
    reciben numerosos afluentes ao longo do seu
    curso. Polo xeral son ríos caudalosos, aínda
    que sofren notables estiaxes no verán. Os
    principais ríos desta vertente son: o Miño, o
    Douro, o Texo (o río máis longo da Península),
    o Guadiana e o Guadalquivir. Outros ríos son
    o Tinto e o Odiel.
●   Ríos da vertente mediterránea: Agás o Ebro,
    son ríos curtos, de escaso caudal e moi
    irregulares. As crecidas son notables cando
    chove torrencialmente na primavera e máis no
    outono, e poden provocar inundacións, pero
    tamén sofren fortes estiaxes durante o verán, e
    algúns ríos mesmo poden chegar a secar.
    Os seus principais ríos son o Ebro e o Xúcar.
    Outros ríos son: o Ter, o Llobregat, o Mijares,
    o Turia, o Segura, o Almanzora e o
    Guadalhorce.
OS CURSOS DE AUGA NAS
 BALEARES E NAS CANARIAS
Nas illas non existen verdadeiros ríos como na
Península. Polo xeral, son cursos de auga
intermitentes,que en Baleares se denominan
torrentes e nas Canarias barrancas.
Tanto os torrentes como as barrancas son
formacións do relevo profundas e con estreitos
cortes no terreo, creadas pola erosión que
provocan as chuvias torrenciais. Polo fondo
destas formacións circula a auga que se recolle
das precipitacións.
COSTA E RÍOS DE ESPAÑA
A DIVERSIDADE DO RELEVO
Galicia está constituída por relevos moi antigos
que formaban parte do Macizo Galaico,
orixinado durante a era primaria.
Posteriormente, como consecuencia da
oroxenia alpina, na era terciaria, este relevo
fracturouse e deu lugar á elevación duns
bosques e ao afundimento doutros.
AS UNIDADES DO RELEVO
Galicia, cun relevo moi compartimentado
( chairas elevadas, vales encaixados,
depresións e montañas avellentadas...) pódese
analizar en tres grandes grupos.
- As Serras Orientais e Surorientais.
Estes conxuntos montañosos, situados ao
Leste e Sueste de Galicia, establecen o límite
entre a Comunidade e a Meseta.
●   Nas Serras Orientais destacan as Serras dos
    Ancares e do Courel, na provincia de Lugo.
●   Nas Serras Surorientais, situadas ao Sur do
    río Sil, en Ourense, salientan as Serras do
    Eixe, de Queixa, Segundeira e de San
    Mamede. Este sector montañoso suroriental
    acolle as maiores altitudes de Galicia, con
    cumes superiores aos 1500 m. Ao Oeste
    destas serras existen numerosas zonas
    deprimidas ou fosas, como as de Maceda e da
    Limia.
- A zona central.
    A zona central do territorio galego presenta un
    relevo moi variado:
●    A Meseta de Lugo: Sitúase no centro de
    Galicia. Constitúe unha ampla superficie cunha
    altitude media de 450-600 m, que no Norte
    recibe o nome de Terra Chá. Nas zonas máis
    afundidas formáronse cubetas de fértiles terras
    agrícolas ou con recursos mineiros, como as
    de Sarria e Monforte.
●   As Serras Centrais: Atravesan Galicia de
    Norte a Sur. Actúan como divisoria entre as
    provincias occidentais ( A Coruña e
    Pontevedra) e as orientais ( Lugo e Ourense).
    Estas serras non presentan altitudes moi
    elevadas ( 800-1000 m ); algunhas delas son a
    da Loba, a do Faro e máis a do Suído.
●   As Serras Setentrionais: Esténdense ao
    Norte e destacan a do Xistral e a da Carba.
- A zona litoral.
    Establece, con áreas que teñen unha menor
    altitude, a transición da montaña ao mar.
●   As zonas afundidas e as chairas: Destaca a
    depresión Tui-Padrón, situada ao Oeste de
    Galicia, e esténdese do Sur ( Tui) ao Norte
    ( Padrón). Separa as Serras Centrais das Rías
    Baixas e favorece a comunicación entre os
    núcleos urbanos do occidente galego. No litoral
    Norte existen diversas chairas, como a de
    Bergantiños e As Mariñas, na Coruña, e
A Mariña Luguesa en Lugo.
●   As Serras Litorais, polo xeral, son de baixa
    altitude e aparecen cortadas polas rías.
    Sobresaen a Serra da Capelada, ao Norte, e
    do Barbanza e do Morrazo, ao Oeste.
O RELEVO GALEGO (1)
AS COSTAS
O litoral galego esténdese dende a
desembocadura do río Eo, no límite con
Asturias, ata o esteiro do río Miño, no límite con
Portugal.
Trátase dunhas costas moi accidentadas, con
numerosos entrantes e saíntes ,que orixinan
gran variedade de paisaxes: cantís, praias,
cabos, rías e illas.
 No entanto, tamén existen algúns sectores de
costas rectilíneas na Costa da Morte, na
Coruña , e na costa do Baixo Miño.
CABOS, CANTÍS E ILLAS
    Dada a irregularidade das costas galegas, os
    cabos, e as puntas son accidentes
    xeográficos moi frecuentes.
●   Na costa Norte, localízanse a punta da Estaca
    de Bares, o punto máis setentrional da
    Península Ibérica, e o cabo Ortegal.
●   Na costa Oeste, localízanse os cabos Touriñán
    e Fisterra.
A proximidade, en numerosos casos, das
montañas ao mar adoita orixinar a existencia
dunhas costas altas e con moitos cantís,
como acontece, por exemplo, na Serra da
Capelada e na Costa da Morte ( costa
occidental coruñesa ).
A complexidade do relevo galego favoreceu a
existencia de numerosas illas, sobre todo, na
área das Rías Baixas, como a illa de Ons e as
illas Cíes.
AS RÍAS
Unha ría é un val fluvial inundado polo mar,
debido á erosión e ao afundimento da liña de
costa. En función das súas características, as
rías de Galicia divídense en: Rías Altas e Rías
Baixas.
AS RÍAS ALTAS
Esténdense desde Ribadeo ao cabo Fisterra;
inclúen toda a costa da provincia de Lugo e
parte da costa coruñesa, na costa da Coruña.
Polo xeral, son rías moi curtas e estreitas, con
elevados cantís.
De Leste a Oeste salientan as rías de
Ribadeo, Viveiro, Santa Marta de Ortigueira,
Cedeira, Ferrol, Betanzos, A Coruña, Corme e
Laxe e Camariñas.
AS RÍAS BAIXAS
Esténdense ao Sur do cabo Fisterra, pola costa
suroccidental da provincia da Coruña e todo o
litoral pontevedrés ata Portugal. As Rías Baixas
son máis abertas, fondas e ramificadas que as
Altas. De Norte a Sur salientan as rías de
Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo.
A REDE FLUVIAL E O SEU
          RÉXIME
O clima chuvioso favorece uns ríos moi
caudalosos, de réxime pluvial, aínda que
algúns deles, como o Sil, son de réxime
pluvionival.
Os ríos galegos son curtos e, ademais, han de
salvar importantes desniveis, o que fai que as
súas augas sexan turbulentas e posúan gran
poder erosivo. Deste xeito formáronse vales
moi estreitos ( foces ou canóns9, por onde
circulan os ríos encaixados.
O MIÑO, O SIL E OUTROS RÍOS
             GALEGOS
●   O río Miño nace na Serra de Meira ( Lugo) e
    percorre Galicia de Noredés a Suroeste. Pasa
    por Lugo, encáixasenun fondo val en
    Portomarín, e cruza Ourense. Desemboca no
    Atlántico, formando un estreito.
●   O río Sil é o principal afluente de Miño. Nace
    na Cordilleirs Cantábrica e despois de
    atravesar o Bierzo ( León) penetra en Galicia.
    Discorre por un estreito canón desde Quiroga
    ata desembocar no Miño.
●   Os ríos costeiros son curtos, xa que nacen en
    serras próximas á súa desembocadura. Algúns
    destes ríos son o Eume, o Tambre, o Sor e o
    Umia, que na súa desembocadura forman rías.
O RELEVO GALEGO (2). AS
   COSTAS E OS RÍOS
Traballo tema 1 sociais

More Related Content

What's hot

08c España e Galicia
08c España e Galicia08c España e Galicia
08c España e Galiciaroberto
 
O medio físico de galicia
O medio físico de galiciaO medio físico de galicia
O medio físico de galiciacaruncho
 
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsularAs grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
Espe1959
 
Tema 1 sociais
Tema 1 sociaisTema 1 sociais
Tema 1 sociaisCarlyyta
 
O relevo de Galicia
O relevo de GaliciaO relevo de Galicia
O relevo de Galicia
Begoña Moure
 
Guía Galicia
Guía GaliciaGuía Galicia
Guía Galicia
Carmela Rodríguez
 
España, relevo, ríos e clima
España, relevo, ríos e climaEspaña, relevo, ríos e clima
España, relevo, ríos e climaLOPEZMOURENZA
 
Prácticos Xeo Física
Prácticos Xeo FísicaPrácticos Xeo Física
Prácticos Xeo FísicaEvaPaula
 
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estelorenaamarelle
 
Tema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terraTema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terrarubempaul
 
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de GaliciaTema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galiciarubempaul
 

What's hot (16)

Tema1: O RELEVO
Tema1: O RELEVOTema1: O RELEVO
Tema1: O RELEVO
 
08c España e Galicia
08c España e Galicia08c España e Galicia
08c España e Galicia
 
Tema 1. 3º ESO
Tema 1. 3º ESOTema 1. 3º ESO
Tema 1. 3º ESO
 
Ciencias sociais
Ciencias sociaisCiencias sociais
Ciencias sociais
 
O medio físico de galicia
O medio físico de galiciaO medio físico de galicia
O medio físico de galicia
 
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsularAs grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
As grandes unidades morfoestruturais do relevo penínsular
 
Tema 1 sociais
Tema 1 sociaisTema 1 sociais
Tema 1 sociais
 
O relevo de Galicia
O relevo de GaliciaO relevo de Galicia
O relevo de Galicia
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Guía Galicia
Guía GaliciaGuía Galicia
Guía Galicia
 
España, relevo, ríos e clima
España, relevo, ríos e climaEspaña, relevo, ríos e clima
España, relevo, ríos e clima
 
Prácticos Xeo Física
Prácticos Xeo FísicaPrácticos Xeo Física
Prácticos Xeo Física
 
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_estePerfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
Perfil topogrã¡fico galicia_oeste_este
 
Tema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terraTema 3 As formas da terra
Tema 3 As formas da terra
 
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de GaliciaTema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
Tema 7 Climas e paisaxes de Europa e de España. O medio físico de Galicia
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 

Viewers also liked

Распределенный блочно-координатный спуск для обучения логистической регрессии...
Распределенный блочно-координатный спуск для обучения логистической регрессии...Распределенный блочно-координатный спуск для обучения логистической регрессии...
Распределенный блочно-координатный спуск для обучения логистической регрессии...
Илья Трофимов
 
Yandex School of Data Analysis conference, Machine Learning and Very Large Da...
Yandex School of Data Analysis conference, Machine Learning and Very Large Da...Yandex School of Data Analysis conference, Machine Learning and Very Large Da...
Yandex School of Data Analysis conference, Machine Learning and Very Large Da...
Илья Трофимов
 
Trabajo película oie
Trabajo película oieTrabajo película oie
Trabajo película oie
ivancebreirooliveira
 
2012.11.06 машинное обучение с помощью vw
2012.11.06 машинное обучение с помощью vw2012.11.06 машинное обучение с помощью vw
2012.11.06 машинное обучение с помощью vwИлья Трофимов
 
Traballo tema 10 sociales
Traballo tema 10 socialesTraballo tema 10 sociales
Traballo tema 10 sociales
ivancebreirooliveira
 
Isi solat berjemaah
Isi solat berjemaahIsi solat berjemaah
Isi solat berjemaahhernierasin
 
Distributed Coordinate Descent for Logistic Regression with Regularization
Distributed Coordinate Descent for Logistic Regression with RegularizationDistributed Coordinate Descent for Logistic Regression with Regularization
Distributed Coordinate Descent for Logistic Regression with Regularization
Илья Трофимов
 
Wuduk
WudukWuduk
Istinjak
IstinjakIstinjak
Istinjak
hernierasin
 
Solat2
Solat2Solat2
Solat2
hernierasin
 
Properties of 2D shapes
Properties of 2D shapesProperties of 2D shapes
Properties of 2D shapes
elliehh
 

Viewers also liked (16)

Alat bersuci
Alat bersuciAlat bersuci
Alat bersuci
 
Traballo tema 11 sociais
Traballo tema 11 sociaisTraballo tema 11 sociais
Traballo tema 11 sociais
 
Распределенный блочно-координатный спуск для обучения логистической регрессии...
Распределенный блочно-координатный спуск для обучения логистической регрессии...Распределенный блочно-координатный спуск для обучения логистической регрессии...
Распределенный блочно-координатный спуск для обучения логистической регрессии...
 
Yandex School of Data Analysis conference, Machine Learning and Very Large Da...
Yandex School of Data Analysis conference, Machine Learning and Very Large Da...Yandex School of Data Analysis conference, Machine Learning and Very Large Da...
Yandex School of Data Analysis conference, Machine Learning and Very Large Da...
 
Traballo sociais tema 5
Traballo sociais tema 5Traballo sociais tema 5
Traballo sociais tema 5
 
Trabajo película oie
Trabajo película oieTrabajo película oie
Trabajo película oie
 
2012.11.06 машинное обучение с помощью vw
2012.11.06 машинное обучение с помощью vw2012.11.06 машинное обучение с помощью vw
2012.11.06 машинное обучение с помощью vw
 
Traballo tema 4 sociais
Traballo tema 4 sociaisTraballo tema 4 sociais
Traballo tema 4 sociais
 
Traballo tema 10 sociales
Traballo tema 10 socialesTraballo tema 10 sociales
Traballo tema 10 sociales
 
Isi solat berjemaah
Isi solat berjemaahIsi solat berjemaah
Isi solat berjemaah
 
Azan
AzanAzan
Azan
 
Distributed Coordinate Descent for Logistic Regression with Regularization
Distributed Coordinate Descent for Logistic Regression with RegularizationDistributed Coordinate Descent for Logistic Regression with Regularization
Distributed Coordinate Descent for Logistic Regression with Regularization
 
Wuduk
WudukWuduk
Wuduk
 
Istinjak
IstinjakIstinjak
Istinjak
 
Solat2
Solat2Solat2
Solat2
 
Properties of 2D shapes
Properties of 2D shapesProperties of 2D shapes
Properties of 2D shapes
 

Similar to Traballo tema 1 sociais

Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 
:D
:D:D
Omediofsico 111029092259-phpapp02
Omediofsico 111029092259-phpapp02Omediofsico 111029092259-phpapp02
Omediofsico 111029092259-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
Tema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanas
Tema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanasTema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanas
Tema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanasAntía Sanmarco
 
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESOO relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESOsergiocesures
 
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESOO relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESOsergiocesures
 
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESOO relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESOsergiocesures
 
O Relevol De EspañA
O Relevol De EspañAO Relevol De EspañA
O Relevol De EspañAoblogdeasun
 
Relevo 04 unid
Relevo 04 unidRelevo 04 unid
Relevo 04 unid
quiquehs
 
07bc Os continentes . Europa
07bc Os continentes . Europa07bc Os continentes . Europa
07bc Os continentes . Europaroberto
 
O marco físico das actividades humanas
O marco físico das actividades humanasO marco físico das actividades humanas
O marco físico das actividades humanas
Agrela Elvixeo
 
Traballo sociales t.1º
Traballo sociales t.1ºTraballo sociales t.1º
Traballo sociales t.1ºmssl1998
 
Tema 1 sociales
Tema 1 socialesTema 1 sociales
Tema 1 socialesCarlyyta
 
Tema 1 sociais
Tema 1 sociaisTema 1 sociais
Tema 1 sociais
Carlyyta
 

Similar to Traballo tema 1 sociais (20)

Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
Silvia Tema 1
Silvia Tema 1Silvia Tema 1
Silvia Tema 1
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
:D
:D:D
:D
 
Omediofsico 111029092259-phpapp02
Omediofsico 111029092259-phpapp02Omediofsico 111029092259-phpapp02
Omediofsico 111029092259-phpapp02
 
Tema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanas
Tema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanasTema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanas
Tema 1-O relevo: Marco físico das actividades humanas
 
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESOO relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
 
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESOO relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
 
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESOO relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
O relevo da terra Sergio M. G. 3º ESO
 
O relevo
O relevoO relevo
O relevo
 
O Relevol De EspañA
O Relevol De EspañAO Relevol De EspañA
O Relevol De EspañA
 
Relevo 04 unid
Relevo 04 unidRelevo 04 unid
Relevo 04 unid
 
Tema 1.
Tema 1.Tema 1.
Tema 1.
 
07bc Os continentes . Europa
07bc Os continentes . Europa07bc Os continentes . Europa
07bc Os continentes . Europa
 
O marco físico das actividades humanas
O marco físico das actividades humanasO marco físico das actividades humanas
O marco físico das actividades humanas
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
1º Tema Xeografía
1º Tema Xeografía1º Tema Xeografía
1º Tema Xeografía
 
Traballo sociales t.1º
Traballo sociales t.1ºTraballo sociales t.1º
Traballo sociales t.1º
 
Tema 1 sociales
Tema 1 socialesTema 1 sociales
Tema 1 sociales
 
Tema 1 sociais
Tema 1 sociaisTema 1 sociais
Tema 1 sociais
 

More from ivancebreirooliveira

Proposta de examen temas 9,10 e 11
Proposta de examen temas 9,10 e 11Proposta de examen temas 9,10 e 11
Proposta de examen temas 9,10 e 11ivancebreirooliveira
 
Traballo tema 9 sociais
Traballo tema 9 sociaisTraballo tema 9 sociais
Traballo tema 9 sociais
ivancebreirooliveira
 
Investigación sobre rosalía de castro
Investigación sobre rosalía de castroInvestigación sobre rosalía de castro
Investigación sobre rosalía de castroivancebreirooliveira
 
Trabajo tema 5 oie
Trabajo tema 5 oieTrabajo tema 5 oie
Trabajo tema 5 oie
ivancebreirooliveira
 
Trabajo tema 4 oie
Trabajo tema 4 oieTrabajo tema 4 oie
Trabajo tema 4 oie
ivancebreirooliveira
 
Trabajo tema 3 oie
Trabajo tema 3 oieTrabajo tema 3 oie
Trabajo tema 3 oie
ivancebreirooliveira
 
Trabajo oie tema 2
Trabajo oie tema 2Trabajo oie tema 2
Trabajo oie tema 2
ivancebreirooliveira
 
Tema 5. a estructura dos ecosistemas
Tema 5. a estructura dos ecosistemasTema 5. a estructura dos ecosistemas
Tema 5. a estructura dos ecosistemasivancebreirooliveira
 

More from ivancebreirooliveira (16)

Proposta de examen temas 9,10 e 11
Proposta de examen temas 9,10 e 11Proposta de examen temas 9,10 e 11
Proposta de examen temas 9,10 e 11
 
Traballo tema 9 sociais
Traballo tema 9 sociaisTraballo tema 9 sociais
Traballo tema 9 sociais
 
Investigación sobre rosalía de castro
Investigación sobre rosalía de castroInvestigación sobre rosalía de castro
Investigación sobre rosalía de castro
 
Trabajo tema 5 oie
Trabajo tema 5 oieTrabajo tema 5 oie
Trabajo tema 5 oie
 
Trabajo tema 4 oie
Trabajo tema 4 oieTrabajo tema 4 oie
Trabajo tema 4 oie
 
Trabajo tema 3 oie
Trabajo tema 3 oieTrabajo tema 3 oie
Trabajo tema 3 oie
 
Proposta examen temas 7 e 8.
Proposta examen temas 7 e 8.Proposta examen temas 7 e 8.
Proposta examen temas 7 e 8.
 
Traballo sociais tema 8
Traballo sociais tema 8Traballo sociais tema 8
Traballo sociais tema 8
 
Traballo sociais tema 8
Traballo sociais tema 8Traballo sociais tema 8
Traballo sociais tema 8
 
Proposta de examen sociais
Proposta de examen sociaisProposta de examen sociais
Proposta de examen sociais
 
Traballo sociais tema 6
Traballo sociais tema 6Traballo sociais tema 6
Traballo sociais tema 6
 
Trabajo oie tema 2
Trabajo oie tema 2Trabajo oie tema 2
Trabajo oie tema 2
 
Tema 5. a estructura dos ecosistemas
Tema 5. a estructura dos ecosistemasTema 5. a estructura dos ecosistemas
Tema 5. a estructura dos ecosistemas
 
Proposta de examen sociais
Proposta de examen  sociaisProposta de examen  sociais
Proposta de examen sociais
 
Tema2sociales
Tema2socialesTema2sociales
Tema2sociales
 
Tema2sociales
Tema2socialesTema2sociales
Tema2sociales
 

Traballo tema 1 sociais

  • 1. TEMA 1 OS CONTINENTES SON SEIS. IVÁN CEBREIRO OLIVEIRA 3ºESO
  • 2. OS CONTINENTES ● ÁFRICA: Localízase a cordilleira do Atlas, no Noroeste do continente. Existen tamén importantes macizos, que sobresaen das extensas mesetas, como os de Ahaggar e Tibesti, no Sáhara. Hai lagos como o Malaui, o Tanganica e o Turkana. Tamén hai ríos coma o Nilo e o Zambeze. Tamén hai mares como o Mar Vermello.
  • 4. AMÉRICA: As cordilleiras máis importantes son: as Montañas Rochosas, a Serra Madre Occidental e a Cordilleira dos Andes. Entre ellas aparecen elevados altiplanos e un gran número de volcáns. Na parte central do continente esténdense amplas chairas de aluvión, percorridas por grandes ríos como o Mississippi-Missouri, o Amazonas, o Orinoco, e o Paraná-Paraguai. Ao Leste do continente sitúanse relevos antigos, isto é, moi desgastados, como o Escudo Canadense, os Montes Apalaches, o Macizo das Güianas e
  • 5. a Meseta Brasileira. As terras afundidas e semiemerxidas da costa atlántica forman lagos, golfos e illas.
  • 6. ASIA: Atópase a montaña máis alta da Terra: o Everest (8848m), que se sitúa na cordilleira do Himalaia. Tamén existe outra serie de relevos, como os Montes Tauro e Zagros, as cordilleiras de Hindukush e kuenlun e as mesetas de Pamir e do Tíbet. Os principais ríos percorren as grandes chairas do continente: o Obi, o Yenisei e o Lena, no Norte; o Chang Jiang e o Huanghe, no Leste, e o Mekong e o Ganxes, no Sur. As zonas deprimidas, en ocasións, están ocupadas por lagos, como o Caspio que, pola súa extensión,
  • 7. se denomina mar. Xunto ás costas aparecen numerosos arquipélagos de grande actividade sísmica e volcánica, como os de Xapón, Filipinas e Indonesia.
  • 8. EUROPA: É un continente no que predominan as chairas, como a Gran Chaira Europea,se ben o centro e máis o Sur aparecen accidentados por relevos antigos,moi erosionados, como o Macizo Central Francés e a Meseta española, e por relevos novos, de época máis recente, como os Alpes, os Pirineos e o Cáucaso. A Gran Chaira Europea aparece percorrida por longos ríos navegables coma o Volga e o Don.
  • 10. OCEANÍA: Australasia inclúe a illa-continente de Australia así como a illa de Tasmania e as dúas que forman o arquipélago de Nova Zelandia. En Australia salienta a Gran Cordilleira Divisoria a o Leste, mentres que chairas, cuncas e antigos relevos se estenden polo resto do territorio. Os Alpes do Sur, en Nova Zelandia, son unhas montañas novas e, en parte, de orixe volcánica. Melanesia, Micronesia e Polinesia son tres conxuntos de illas e arquipélagos situados no océano Pacífico. A maioría deles formáronse por
  • 11. erupcións volcánicas, pero outros son de orixe coralina.
  • 12. ANTÁRTIDA: Está constituída por unha gran masa de xeo, na que salienta a Cordilleira Transantártica, con altitudes superiores aos 4000 m. Do enorme casquete de xeo antártico despréndense grandes bloques de xeo ou icebregs, que quedan aboiando no mar.
  • 14. OS RELEVOS E OS RÍOS DE EUROPA ● Europa presenta dous grandes tipos de relevo ( montañas e chairas) por onde discorren uns ríos que, comparados cos outros continentes, son pouco caudalosos e non moi longos. - As montañas. Entre ellas distínguense dous tipos: ● Os macizos: son relevos antigos e moi erosionados, de formas arredondadas e pouca altitude, pois apenas superan os 2000 m.
  • 15. Sitúanse ao Norte, Oeste e centro de Europa: Montes Grampianos, Cordilleira Escandinava, Macizo Central Francés... Estes relevos están separados por amplos vales percorridos por ríos de caudal bastante regular, como o Rin, o Sena e o Loira, que desembocan no Atlántico.
  • 16. As montañas novas: son de época máis recente e están menos desgatadas pola erosión. Ocupan a meirande parte do continente e dan lugar a paisaxes de formas abruptas: Pirineos, Alpes, Cárpatos, Balcáns e Cáucaso. Por estes relevos circulan numerosos ríos, como o Ródano e o Po, que desembocan no Mediterráneo, ou o Danubio, que desemboca no mar Negro.
  • 17. - As chairas. A Gran Chaira Europea é a forma do relevo máis extensa de Europa. Ocupa máis da metade da súa superficie, desde Bélxica e os Países Baixos ata os Montes Urais, e continúa cara a Siberia. Polos seus amplísimos vales discorren os grandes ríos europeos como o Volga, o máis longo de Europa, o Don, o Dniéper e o Dniéster.
  • 18. Outras chairas son a Húngara, a do Po e as depresións do Ebro e do Guadalquivir.
  • 19. AS COSTAS DE EUROPA ● En función dos océanos ou mares que bañan as costas europeas, distínguense:as costas atlánticas e as costas mediterráneas. Teñen formas moi recortadas. Aparecen costas elevadas, fórmanse costas baixas e aparecen os deltas: como o do Ebro, Ródano, Po e Danubio.
  • 20. O RELEVO, OS RÍOS E AS COSTAS DE EUROPA
  • 21. O RELEVO PENINSULAR ESPAÑOL A Península Ibérica está situada no extremo suroccidental do continente europeo. Delimítana o mar Cantábrico,o mar Mediterráneo, o océano Atlántico e a cordilleira dos Pirineos. O estreito de Xibraltar separa Europa de África. O relevo peninsular español amosa elevada altitude media, debido ás numerosas cordilleiras e ao feito de que gran parte do territorio está formado polas terras chás e elevadas que forman a Meseta.
  • 22. Tamén presenta unhas formas compactas, que orixinan un litoral de aspecto rectilíneo, coa excepción de breves tramos, como no litoral galego, con costas recortadas e elevadas. As principais unidades que configuran o relevo peninsular español son:
  • 23. A Meseta castelá, que ocupa a meirande parte do interior peninsular e forma unha elevada plataforma cunha altitude media de 650 metros do nivel do mar. ● As cordilleiras interiores da Meseta: Sistema Central e Montes de Toledo.
  • 24. As montañas que rodean a Meseta, que son: os Montes de León, a Cordilleira Cantábrica, o Sistema Ibérico e Serra Morena. ● Unha serie de cordilleiras máis afastadas da Meseta castelá son: Macizo Galaico, Pirineos,Cordilleiras Béticas, Cordilleiras Costeiras Catalás.
  • 25. Entre as montañas máis exteriores á Meseta e os relevos que a rodean esténdenseb dúas grandes zonas de terras chás e fértiles: a Depresión do Ebro e a Depresión do Guadalquivir.
  • 26. O RELEVO INSULAR ESPAÑOL O relevo insular español está formado por dous grandes grupos de illas: ● O arquipélago balear: situado no ,mar Mediterráneo, abrange tres illas principais (Mallorca,Menorca e Eivisa), dúas illas menores ( Formentera e Cabrera) e varios illotes.
  • 27. O arquipélago canario: situado no océano Atlántico e fronte ás costas do Sáhara, está composto por sete illas principais ( Lanzarote, Fuerteaventura, Gran Canaria, Tenerife, Gomera, Hierro e A Palma) e unha serie de illotes entre os que cabe destacar os máis grandes, chamados Graciosa e Alegranza, situados ao Norte de Lanzarote.
  • 28. AS UNIDADES DO RELEVO DE ESPAÑA
  • 29. AS COSTAS As costas da Península Ibérica son moi recortadas, cunha contorna rectilínea ou suavemente curvada, son altas e rochosas.
  • 30. OS RÍOS PENINSULARES Os ríos españois da Península Ibérica agrúpanse en tres vertentes hidrográficas, segundo o mar ou océano ao que desembocan: ● Ríos da vertente cantábrica:Son ríos curtos ede forte corrente,porque as montañas onde nacen están situadas moi preto do mar Cantábrico, lugar ao que desembocan. Ademais, son moicaudalosos polas abundantes chuvias que se dan todo o ano. Os seus principais ríos son: o Bidasoa, o Deva, o Nervión, o Sella, o Nalón, o Narcea e o
  • 31. Ríos da vertente atlántica: Trátase de ríos longos, que nacen lonxe da súa desembocadura no océano Atlántico, e que reciben numerosos afluentes ao longo do seu curso. Polo xeral son ríos caudalosos, aínda que sofren notables estiaxes no verán. Os principais ríos desta vertente son: o Miño, o Douro, o Texo (o río máis longo da Península), o Guadiana e o Guadalquivir. Outros ríos son o Tinto e o Odiel.
  • 32. Ríos da vertente mediterránea: Agás o Ebro, son ríos curtos, de escaso caudal e moi irregulares. As crecidas son notables cando chove torrencialmente na primavera e máis no outono, e poden provocar inundacións, pero tamén sofren fortes estiaxes durante o verán, e algúns ríos mesmo poden chegar a secar. Os seus principais ríos son o Ebro e o Xúcar. Outros ríos son: o Ter, o Llobregat, o Mijares, o Turia, o Segura, o Almanzora e o Guadalhorce.
  • 33. OS CURSOS DE AUGA NAS BALEARES E NAS CANARIAS Nas illas non existen verdadeiros ríos como na Península. Polo xeral, son cursos de auga intermitentes,que en Baleares se denominan torrentes e nas Canarias barrancas. Tanto os torrentes como as barrancas son formacións do relevo profundas e con estreitos cortes no terreo, creadas pola erosión que provocan as chuvias torrenciais. Polo fondo destas formacións circula a auga que se recolle das precipitacións.
  • 34. COSTA E RÍOS DE ESPAÑA
  • 35. A DIVERSIDADE DO RELEVO Galicia está constituída por relevos moi antigos que formaban parte do Macizo Galaico, orixinado durante a era primaria. Posteriormente, como consecuencia da oroxenia alpina, na era terciaria, este relevo fracturouse e deu lugar á elevación duns bosques e ao afundimento doutros.
  • 36. AS UNIDADES DO RELEVO Galicia, cun relevo moi compartimentado ( chairas elevadas, vales encaixados, depresións e montañas avellentadas...) pódese analizar en tres grandes grupos. - As Serras Orientais e Surorientais. Estes conxuntos montañosos, situados ao Leste e Sueste de Galicia, establecen o límite entre a Comunidade e a Meseta.
  • 37. Nas Serras Orientais destacan as Serras dos Ancares e do Courel, na provincia de Lugo. ● Nas Serras Surorientais, situadas ao Sur do río Sil, en Ourense, salientan as Serras do Eixe, de Queixa, Segundeira e de San Mamede. Este sector montañoso suroriental acolle as maiores altitudes de Galicia, con cumes superiores aos 1500 m. Ao Oeste destas serras existen numerosas zonas deprimidas ou fosas, como as de Maceda e da Limia.
  • 38. - A zona central. A zona central do territorio galego presenta un relevo moi variado: ● A Meseta de Lugo: Sitúase no centro de Galicia. Constitúe unha ampla superficie cunha altitude media de 450-600 m, que no Norte recibe o nome de Terra Chá. Nas zonas máis afundidas formáronse cubetas de fértiles terras agrícolas ou con recursos mineiros, como as de Sarria e Monforte.
  • 39. As Serras Centrais: Atravesan Galicia de Norte a Sur. Actúan como divisoria entre as provincias occidentais ( A Coruña e Pontevedra) e as orientais ( Lugo e Ourense). Estas serras non presentan altitudes moi elevadas ( 800-1000 m ); algunhas delas son a da Loba, a do Faro e máis a do Suído. ● As Serras Setentrionais: Esténdense ao Norte e destacan a do Xistral e a da Carba.
  • 40. - A zona litoral. Establece, con áreas que teñen unha menor altitude, a transición da montaña ao mar. ● As zonas afundidas e as chairas: Destaca a depresión Tui-Padrón, situada ao Oeste de Galicia, e esténdese do Sur ( Tui) ao Norte ( Padrón). Separa as Serras Centrais das Rías Baixas e favorece a comunicación entre os núcleos urbanos do occidente galego. No litoral Norte existen diversas chairas, como a de Bergantiños e As Mariñas, na Coruña, e
  • 41. A Mariña Luguesa en Lugo. ● As Serras Litorais, polo xeral, son de baixa altitude e aparecen cortadas polas rías. Sobresaen a Serra da Capelada, ao Norte, e do Barbanza e do Morrazo, ao Oeste.
  • 43. AS COSTAS O litoral galego esténdese dende a desembocadura do río Eo, no límite con Asturias, ata o esteiro do río Miño, no límite con Portugal. Trátase dunhas costas moi accidentadas, con numerosos entrantes e saíntes ,que orixinan gran variedade de paisaxes: cantís, praias, cabos, rías e illas. No entanto, tamén existen algúns sectores de costas rectilíneas na Costa da Morte, na Coruña , e na costa do Baixo Miño.
  • 44. CABOS, CANTÍS E ILLAS Dada a irregularidade das costas galegas, os cabos, e as puntas son accidentes xeográficos moi frecuentes. ● Na costa Norte, localízanse a punta da Estaca de Bares, o punto máis setentrional da Península Ibérica, e o cabo Ortegal. ● Na costa Oeste, localízanse os cabos Touriñán e Fisterra.
  • 45. A proximidade, en numerosos casos, das montañas ao mar adoita orixinar a existencia dunhas costas altas e con moitos cantís, como acontece, por exemplo, na Serra da Capelada e na Costa da Morte ( costa occidental coruñesa ). A complexidade do relevo galego favoreceu a existencia de numerosas illas, sobre todo, na área das Rías Baixas, como a illa de Ons e as illas Cíes.
  • 46. AS RÍAS Unha ría é un val fluvial inundado polo mar, debido á erosión e ao afundimento da liña de costa. En función das súas características, as rías de Galicia divídense en: Rías Altas e Rías Baixas.
  • 47. AS RÍAS ALTAS Esténdense desde Ribadeo ao cabo Fisterra; inclúen toda a costa da provincia de Lugo e parte da costa coruñesa, na costa da Coruña. Polo xeral, son rías moi curtas e estreitas, con elevados cantís. De Leste a Oeste salientan as rías de Ribadeo, Viveiro, Santa Marta de Ortigueira, Cedeira, Ferrol, Betanzos, A Coruña, Corme e Laxe e Camariñas.
  • 48. AS RÍAS BAIXAS Esténdense ao Sur do cabo Fisterra, pola costa suroccidental da provincia da Coruña e todo o litoral pontevedrés ata Portugal. As Rías Baixas son máis abertas, fondas e ramificadas que as Altas. De Norte a Sur salientan as rías de Muros e Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo.
  • 49. A REDE FLUVIAL E O SEU RÉXIME O clima chuvioso favorece uns ríos moi caudalosos, de réxime pluvial, aínda que algúns deles, como o Sil, son de réxime pluvionival. Os ríos galegos son curtos e, ademais, han de salvar importantes desniveis, o que fai que as súas augas sexan turbulentas e posúan gran poder erosivo. Deste xeito formáronse vales moi estreitos ( foces ou canóns9, por onde circulan os ríos encaixados.
  • 50. O MIÑO, O SIL E OUTROS RÍOS GALEGOS ● O río Miño nace na Serra de Meira ( Lugo) e percorre Galicia de Noredés a Suroeste. Pasa por Lugo, encáixasenun fondo val en Portomarín, e cruza Ourense. Desemboca no Atlántico, formando un estreito. ● O río Sil é o principal afluente de Miño. Nace na Cordilleirs Cantábrica e despois de atravesar o Bierzo ( León) penetra en Galicia. Discorre por un estreito canón desde Quiroga ata desembocar no Miño.
  • 51. Os ríos costeiros son curtos, xa que nacen en serras próximas á súa desembocadura. Algúns destes ríos son o Eume, o Tambre, o Sor e o Umia, que na súa desembocadura forman rías.
  • 52. O RELEVO GALEGO (2). AS COSTAS E OS RÍOS