1. SITUACIÓN DEESPAÑA EN EUROPA
España é un dos países máis extensos de Europa
e tamén un dos máis elevados.
España ocupa a maior parte da península Ibérica.
Ademais, o seu territorio tamén se estende por
dous arquipélagos, o balear e o canario, e polas
cidades de Ceuta e Melilla, situadas no norte de
África.
3.
O relevo dapenínsula Ibérica organízase en tres grandes
unidades xeográficas:
• A Meseta Central é unha ampla e elevada chaira que ocupa o interior da
Península
• As cadeas montañosas agrúpanse segundo
a súa situación respecto da Meseta:
– O Sistema Central e os Montes de Toledo
atravesan a Meseta.
–Os Montes de León, a Cordilleira Cantábrica, o
Sistema Ibérico e Serra Morena bordean a Meseta.
– O Macizo Galaico, os Montes Vascos, os Pireneos,
o Sistema Costeiro-Catalán e os Sistemas Béticos
son montañas exteriores á Meseta.
• As depresións do Ebro e do Guadalquivir
teñen forma triangular e están percorridas
polos ríos do mesmo nome.
2. O RELEVO PENINSULAR
4.
Fóra da Península,as illas Baleares teñen un relevo
fundamentalmente chan, salvo Mallorca, onde está a serra de
Tramuntana.
Canarias ten un relevo de orixe volcánica. Lanzarote
e Fuerteventura son chás, pero as demais illas son montañosas.
O Teide (Tenerife) é o pico máis alto de España.
3. O RELEVO INSULAR
Os picos máis
importantes de
España
5.
4. OS RIOSESPAÑOIS
A vertente mediterránea
A maioría dos ríos desta vertente, excepto
o Ebro, son curtos e pouco caudalosos,
porque discorren por zonas con
escasas precipitacións. Teñen un réxime
irregular.
Os ríos máis importantes son o Turia, o
Xúquer, o Segura e o Ebro.
A vertente cantábrica
Os ríos desta vertente son caudalosos, regulares, curtos e con moita
pendente, porque nacen en montañas próximas ao mar. Os máis
importantes son o Nervión, o Nalón e o Navia.
A vertente atlántica
Os ríos desta vertente son caudalosos, porque os seus afluentes nacen
en áreas nas que chove moito. Os principais son o Miño, o Douro, o Texo, o
Guadiana e o Guadalquivir.