SlideShare a Scribd company logo
1 of 22
SOMOS PIRATAS!
Aula de infantil.
CEIP Ricardo Gasset do Incio
Curso 2013-14
Xustificación


Este proxecto levóuse a cabo no 1º
trimestre na aula de infantil con nen@s
de 3 e 5 anos. Para inicialos na
metodoloxía de traballo por proxectos
na que aprenden de maneira máis
motivadora porque son copartícipes na
elección, realización e toma de
decisións sobre as tarefas e actividades
que se realizan.
ALAAA… UN COFRE DO TESOURO!
O martes 24 de
setembro cando
chegamos á nosa
clase tiñamos enriba
da mesa unha
sorpresa. Era un cofre
do tesouro!.
Enviáranolo a nosa
amiga Solaina a fada
do verán xunto co seu
libro de recordos.
O CONTIDO DO BAÚL
Abrímolo e vimos que
dentro había unha
morea de cousas
interesantes: un barco
pirata, un
conto, disfraces, un
caderno de
bitácora, unha botella
cunha mensaxe, xogos
mariños, cunchas….
DIALOGAMOS NA ASEMBLEA
Falando, falando…
decidimos investigar
sobre aqueles
regaliños e o que
máis nos gustou foi
a idea de aprender
cousas sobre
piratas.
EMPEZAMOS!
Para empezar
estivemos
averiguando que
sabíamos xa sobre
piratas. E pouco a
pouco foron
aparecendo
algunhas cousiñas
máis que queríamos
saber.
CARTA ÁS FAMILIAS
Decidimos poñernos a
buscar información,
obxectos e cousas
relacionadas cos
piratas en libros e
contos, na biblioteca da
aula, en internet, en
pelis…. E entre todos
redactamos e
escribimos unha carta
para pedirlles axuda ás
nosas familias.
RECANTO DOS PIRATAS
Aos poucos días xa tiñamos
unha morea de obxectos
para o recanto dos piratas
que montamos na aula:
libros que contan cousas da
vida e dos barcos
piratas, roupas e
complementos de piratas, a
bandeira negra cos ósos e a
caveira, armas, películas, e
contos, mooooitos contos de
Peter Pan.
CARTA DO PIRATA METEPATA
Na seguinte semana
chegou á nosa clase unha
carta do pirata Metepata
contándonos que sabía
pola súa amiga
“Campanilla”, a dos contos
de Peter Pan, que
estabamos interesados en
saber cousas sobre a vida
dos piratas. Así que nos
invitaba a convertirnos en
piratas e formar parte da
súa tripulación.
XURAMENTO E CARNET DE PIRATA
Para iso tiñamos
que facer o
xuramento pirata
e cambiar os
nosos nomes por
outros máis
axeitados para os
piratas. E así
fixemos o noso
carnet de piratas.
O NOSO BARCO PIRATA
Convertémonos
en Piratas e
subímonos ao
noso
barco, navegand
o rumbo aos
mares do Sur.
Na procura de
aventuras!.
MENSAXE NUNHA BOTELLA
Logo duns días máis
chegou á clase unha
mensaxe nunha
botella. Era a
mensaxe dun
náufrago, contándono
s que os piratas o
abandonaran nunha
illa deserta onde tiñan
agochado un tesouro.
Cada un de nós fixo a
súa propia e un
debuxiño segredo
para meter na botella
dun compañeir@.
BEBERAXE CONTRA O ESCORBUTO
A nosa amiga a pirata Malapata
escribíunos unha mensaxe
contándonos que estaba enferma
debido ás malas condicións da
vida que levan os piratas no mar.
Pois como pasan tanto tempo no
barco comen moi mal, e xa que
non probou verduras nen froitas
en moitos meses enfermou de
ESCORBUTO e agora non pode
navegar.
Como está preocupada por nós
envióunos unha receita para que
nós preparemos na clase unha
beberaxe contra esta terrible
enfermidade á que todos os
piratas temen.
E así o fixemos!: con mel das
nosas colmeas e zume de
laranxa repleto de vitamina C non
temos medo ningún a pillar o
escorbuto.
O MAPA DO TESOURO
Certo día apareceu na clase un
MAPA DO TESOURO e unha
nota da pirata Malapata
dicíndonos que debíamos partir
rumbo á illa da árbore das follas
grandes atravesando o noso
patio.
Para iso elaboramos cada un o
noso propio mapa, para poder
buscar ese tesouro agochado
interpretando as instrucións do
mapa e coa axuda do catalexo
que fixeramos días atrás, cruzar
os mares e as illas en busca do
cofre do tesouro.
Alí, como bos piratas que
somos, repartimos o tesouro
que atopamos a partes iguais
entre tod@s.
O NOSO COFRE DO TESOURO!
Todo bo pirata ten o
seu cofre particular.
Nós non imos ser
menos, así mans á obra
con materiais de
reciclaxe e adornos
sinxelos creamos o
noso propio.
Nel imos gardando
aqueles pequeniños
tesouros que día a día
imos xuntando na
escola.
MURAL DOS PIRATAS
Cada día somos piratas
máis expertos. E como
xa sabemos tantas
cousas decidimos facer
un mural con todo o
que fomos vendo e
aprendendo, onde
recollemos información
sobre ónde viven, cómo
visten, qué
comen, nomes de
piratas famosos, tipos
de piratas…
O LIBRO DOS PIRATAS
Ademais con toda a
información imos
completando unha
morea de páxinas
coas que creamos o
noso propio libro de
piratas.
CONTO PIRATA:
Félix o pirata despistado.
Unha das cousas que
máis nos gustan son os
contos.
Atopamos un ben
fermoso e moi chistoso.
Tanto no gustou que
nos puxemos a ilustralo
cos nosos propios
debuxiños e pasámolo
en grande facéndoo.
A COLECCIÓN DE CUNCHAS
Como mariños que
somos gústannos
moito as cunchas do
mar e dedicámonos
a facer unha
colección na nosa
aula, para iso
tivemos que
contalas, agrupalas,

ordenalas, clasifical
as por formas ...
A VISITA DOS NENOS MAIORES
Cando as nenas e
nenos da aula de 1º e
2º ciclo se enteraron do
noso interese polos
piratas, decidiron
axudarnos e un par de
veces viñeron a
visitarnos á nosa aula a
contarnos as cousas
que eles atoparon
sobre os piratas.
Moitas grazas compis!
Estamos xa a piques de rematar.
Esta foi unha grande aventura.
Agora é tempo de marchar pero non vos
preocupedes que en novas historias nos
volveremos atopar.
ATA LOGO!

More Related Content

Similar to Somos piratas

Presentación definitiva un mar
Presentación definitiva un marPresentación definitiva un mar
Presentación definitiva un marluis425
 
Andoriña para blog
Andoriña para blogAndoriña para blog
Andoriña para blogmafebesada
 
Os Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As CastrexasOs Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As Castrexasmagarea
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3ºA Solaina
 
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º CicloA Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclobiblioperillo
 
Retallos 2013
Retallos 2013Retallos 2013
Retallos 2013A Solaina
 
Triptico 1º trimestre biblioteca
Triptico 1º trimestre bibliotecaTriptico 1º trimestre biblioteca
Triptico 1º trimestre bibliotecaceipcoiron
 
A MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINAA MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINAapazceip
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Encarna Lago
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Encarna Lago
 
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09Isabel Maceira
 
1º ciclo unidad profesor-2014
1º ciclo unidad profesor-20141º ciclo unidad profesor-2014
1º ciclo unidad profesor-2014Marta Pérez Lage
 
Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013moibon
 

Similar to Somos piratas (20)

Proxecto
ProxectoProxecto
Proxecto
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
Presentación definitiva un mar
Presentación definitiva un marPresentación definitiva un mar
Presentación definitiva un mar
 
Andoriña para blog
Andoriña para blogAndoriña para blog
Andoriña para blog
 
Os Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As CastrexasOs Castrexos As Castrexas
Os Castrexos As Castrexas
 
Revista
RevistaRevista
Revista
 
Artículo entroido
Artículo entroidoArtículo entroido
Artículo entroido
 
Actividades de reciclaxe
Actividades de reciclaxeActividades de reciclaxe
Actividades de reciclaxe
 
Presentaciones 3º
Presentaciones 3ºPresentaciones 3º
Presentaciones 3º
 
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º CicloA Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
Retallos 2013
Retallos 2013Retallos 2013
Retallos 2013
 
Triptico 1º trimestre biblioteca
Triptico 1º trimestre bibliotecaTriptico 1º trimestre biblioteca
Triptico 1º trimestre biblioteca
 
A MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINAA MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINA
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
 
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
Mochilas Viaxeiras Curso 2008 09
 
1º ciclo unidad profesor-2014
1º ciclo unidad profesor-20141º ciclo unidad profesor-2014
1º ciclo unidad profesor-2014
 
Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013
 
Os nosos ríos
Os nosos ríosOs nosos ríos
Os nosos ríos
 

More from Ana Jato Rodriguez (20)

Anduriña 2017
Anduriña 2017Anduriña 2017
Anduriña 2017
 
Anduriña
AnduriñaAnduriña
Anduriña
 
Os nosos aniversarios
Os nosos aniversariosOs nosos aniversarios
Os nosos aniversarios
 
PESCADORES DE SAN CLODIO
PESCADORES DE SAN CLODIOPESCADORES DE SAN CLODIO
PESCADORES DE SAN CLODIO
 
Graduación xuño 15
Graduación xuño 15Graduación xuño 15
Graduación xuño 15
 
Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
Museo bicheiro
Museo bicheiroMuseo bicheiro
Museo bicheiro
 
Contacontos no sil
Contacontos no sil Contacontos no sil
Contacontos no sil
 
Castro caldelas
Castro caldelasCastro caldelas
Castro caldelas
 
Letras galegas 15
Letras galegas 15Letras galegas 15
Letras galegas 15
 
Mascota biblioteca
Mascota bibliotecaMascota biblioteca
Mascota biblioteca
 
Día do libro
Día do libroDía do libro
Día do libro
 
A troita e as anguías
A troita e as anguíasA troita e as anguías
A troita e as anguías
 
O traxe novo do rei
O traxe novo do reiO traxe novo do rei
O traxe novo do rei
 
Plantando iris
Plantando irisPlantando iris
Plantando iris
 
O universo
O universoO universo
O universo
 
Entroido 2015 CEIP de SAN CLODIO
Entroido 2015  CEIP de SAN CLODIOEntroido 2015  CEIP de SAN CLODIO
Entroido 2015 CEIP de SAN CLODIO
 
A neve
A neveA neve
A neve
 
Día da paz
Día da pazDía da paz
Día da paz
 
Para que sirven os nº
Para que sirven os nºPara que sirven os nº
Para que sirven os nº
 

Somos piratas

  • 1. SOMOS PIRATAS! Aula de infantil. CEIP Ricardo Gasset do Incio Curso 2013-14
  • 2. Xustificación  Este proxecto levóuse a cabo no 1º trimestre na aula de infantil con nen@s de 3 e 5 anos. Para inicialos na metodoloxía de traballo por proxectos na que aprenden de maneira máis motivadora porque son copartícipes na elección, realización e toma de decisións sobre as tarefas e actividades que se realizan.
  • 3. ALAAA… UN COFRE DO TESOURO! O martes 24 de setembro cando chegamos á nosa clase tiñamos enriba da mesa unha sorpresa. Era un cofre do tesouro!. Enviáranolo a nosa amiga Solaina a fada do verán xunto co seu libro de recordos.
  • 4. O CONTIDO DO BAÚL Abrímolo e vimos que dentro había unha morea de cousas interesantes: un barco pirata, un conto, disfraces, un caderno de bitácora, unha botella cunha mensaxe, xogos mariños, cunchas….
  • 5. DIALOGAMOS NA ASEMBLEA Falando, falando… decidimos investigar sobre aqueles regaliños e o que máis nos gustou foi a idea de aprender cousas sobre piratas.
  • 6. EMPEZAMOS! Para empezar estivemos averiguando que sabíamos xa sobre piratas. E pouco a pouco foron aparecendo algunhas cousiñas máis que queríamos saber.
  • 7. CARTA ÁS FAMILIAS Decidimos poñernos a buscar información, obxectos e cousas relacionadas cos piratas en libros e contos, na biblioteca da aula, en internet, en pelis…. E entre todos redactamos e escribimos unha carta para pedirlles axuda ás nosas familias.
  • 8. RECANTO DOS PIRATAS Aos poucos días xa tiñamos unha morea de obxectos para o recanto dos piratas que montamos na aula: libros que contan cousas da vida e dos barcos piratas, roupas e complementos de piratas, a bandeira negra cos ósos e a caveira, armas, películas, e contos, mooooitos contos de Peter Pan.
  • 9. CARTA DO PIRATA METEPATA Na seguinte semana chegou á nosa clase unha carta do pirata Metepata contándonos que sabía pola súa amiga “Campanilla”, a dos contos de Peter Pan, que estabamos interesados en saber cousas sobre a vida dos piratas. Así que nos invitaba a convertirnos en piratas e formar parte da súa tripulación.
  • 10. XURAMENTO E CARNET DE PIRATA Para iso tiñamos que facer o xuramento pirata e cambiar os nosos nomes por outros máis axeitados para os piratas. E así fixemos o noso carnet de piratas.
  • 11. O NOSO BARCO PIRATA Convertémonos en Piratas e subímonos ao noso barco, navegand o rumbo aos mares do Sur. Na procura de aventuras!.
  • 12. MENSAXE NUNHA BOTELLA Logo duns días máis chegou á clase unha mensaxe nunha botella. Era a mensaxe dun náufrago, contándono s que os piratas o abandonaran nunha illa deserta onde tiñan agochado un tesouro. Cada un de nós fixo a súa propia e un debuxiño segredo para meter na botella dun compañeir@.
  • 13. BEBERAXE CONTRA O ESCORBUTO A nosa amiga a pirata Malapata escribíunos unha mensaxe contándonos que estaba enferma debido ás malas condicións da vida que levan os piratas no mar. Pois como pasan tanto tempo no barco comen moi mal, e xa que non probou verduras nen froitas en moitos meses enfermou de ESCORBUTO e agora non pode navegar. Como está preocupada por nós envióunos unha receita para que nós preparemos na clase unha beberaxe contra esta terrible enfermidade á que todos os piratas temen. E así o fixemos!: con mel das nosas colmeas e zume de laranxa repleto de vitamina C non temos medo ningún a pillar o escorbuto.
  • 14. O MAPA DO TESOURO Certo día apareceu na clase un MAPA DO TESOURO e unha nota da pirata Malapata dicíndonos que debíamos partir rumbo á illa da árbore das follas grandes atravesando o noso patio. Para iso elaboramos cada un o noso propio mapa, para poder buscar ese tesouro agochado interpretando as instrucións do mapa e coa axuda do catalexo que fixeramos días atrás, cruzar os mares e as illas en busca do cofre do tesouro. Alí, como bos piratas que somos, repartimos o tesouro que atopamos a partes iguais entre tod@s.
  • 15. O NOSO COFRE DO TESOURO! Todo bo pirata ten o seu cofre particular. Nós non imos ser menos, así mans á obra con materiais de reciclaxe e adornos sinxelos creamos o noso propio. Nel imos gardando aqueles pequeniños tesouros que día a día imos xuntando na escola.
  • 16. MURAL DOS PIRATAS Cada día somos piratas máis expertos. E como xa sabemos tantas cousas decidimos facer un mural con todo o que fomos vendo e aprendendo, onde recollemos información sobre ónde viven, cómo visten, qué comen, nomes de piratas famosos, tipos de piratas…
  • 17. O LIBRO DOS PIRATAS Ademais con toda a información imos completando unha morea de páxinas coas que creamos o noso propio libro de piratas.
  • 18. CONTO PIRATA: Félix o pirata despistado. Unha das cousas que máis nos gustan son os contos. Atopamos un ben fermoso e moi chistoso. Tanto no gustou que nos puxemos a ilustralo cos nosos propios debuxiños e pasámolo en grande facéndoo.
  • 19. A COLECCIÓN DE CUNCHAS Como mariños que somos gústannos moito as cunchas do mar e dedicámonos a facer unha colección na nosa aula, para iso tivemos que contalas, agrupalas, ordenalas, clasifical as por formas ...
  • 20. A VISITA DOS NENOS MAIORES Cando as nenas e nenos da aula de 1º e 2º ciclo se enteraron do noso interese polos piratas, decidiron axudarnos e un par de veces viñeron a visitarnos á nosa aula a contarnos as cousas que eles atoparon sobre os piratas. Moitas grazas compis!
  • 21. Estamos xa a piques de rematar. Esta foi unha grande aventura. Agora é tempo de marchar pero non vos preocupedes que en novas historias nos volveremos atopar.