2. BIOGRAFÍA
Naceu en Curantes (A
Estrada), Pontevedra o 11
de decembro de 1833 e
morreu en Bos Aires o 6
de febreiro de 1899. Foi
un escritor e inventor
galego. Logo de estudar en
Santiago de Compostela
emigrou a Cuba , onde
traballou como mestre e
escribiu dúas novelas La
cruz de piedra e Una
mujer con dos maridos.
3. BIOGRAFÍA
En 1865 trasládase a
Nova York , onde
inventará a súa máquina de
calcular. O goberno
americano concedeulle a
patente o 10 de setembro
de 1878 , o mesmo ano no
que gañou unha medalla da
Exposición Mundial de
Inventos de Cuba.
4. BIOGRAFÍA
Tras un tempo trasládase de
novo a Guatemala , exiliado
pola súa forte oposición á
política colonialista
americana, e despois a Bos
Aires . Nesa cidade fundaría
a revista O Progreso, e
seguiría publicando e
exercendo de xornalista.
Morreu só e pobre na capital
arxentina , sendo soterrado
nun panteón anónimo do
camposanto do Oeste. Na
actualidade atópase un busto
na igrexa de Curantes.
5. A súa calculadora era unha máquina
duns 23 quilos de peso, 35
centímetros de longo, 30 centímetros
de ancho e 20 de alto, capaz de
sumar, multiplicar e dividir números
de nove cifras, admitindo ata seis
números no multiplicador e quince
no produto . A multiplicación resolvíaa
mediante un método directo baseado
nun mecanismo patentado por Edmund
D. Barbour en 1872 , que empregaba
un sistema que obtiña valores duna
táboa de multiplicar codificada de
xeito similar ao sistema Braille .
6. O aparello podía resolver
698.543.721 x 807.689 en vinte
segundos, unha velocidade
sorprendente para a época.
Porén, Verea non perseguía máis
que demostrar que os españois
podían inventar igual que os
americanos, polo que o seu
invento só deixou pegada na
historia da computación como
base para futuras máquinas,
como a de Otto Steiger.
A SÚA MÁQUINA CONSÉRVASE NOS DEPÓSITOS DA SEDE CENTRAL
DE IBM , EN WHITE PLAINS (NOVA YORK ) FORMANDO PARTE DA
COLECCIÓN INICIADA EN1930 POR THOMAS J. WATSON SR.,
PRESIDENTE FUNDADOR DE IBM.