2. Concepción Arenal nace en Ferrol no ano 1820. Os seus pais son o
Tenente Coronel Ángel do Arenal e a súa muller Concepción Ponte
de Tenreiro.
3. Despois de vivir en Ferrol, Concepción Arenal e a súa familia viven
uns anos en Leiro (Miño). O pai de Concepción tiña ideas liberais e iso
molestou moito aos absolutistas, partidarios do rei Fernando VII.
4. Cando Concepción Arenal ten 9 anos de idade o seu pai morre.
Concepción lembrará sempre ao seu pai, pois ensinoulle moitas
cousas e espertou a súa curiosidade polo coñecemento.
5. A nosa amiga Concepción, a súa nai e as súas irmás Luisa e Tonina van
a Armaño ((Cantabria) á casa da súa avoa paterna.
6. Nas fermosas montañas de Armaño, Concepción , as súas irmás e
outros nenos desfrutarán dos seus xogos coa liberdade que envolve a
natureza.
7. Aos dous anos de estar en Armaño, morre a súa irmá pequena Luisa. A
partir daquel momento os bosques de Armaño volveranse máis solitarios.
Pero no medio desa soiedade os libros da biblioteca da súa casa,
chamarana sen descanso.
8. Anos máis tarde, a nai de Concepción decidirá ir vivir a Madrid, para
mellorar o futuro das súas fillas. As nenas irán a un colexio de señoritas.
A nosa amiga aburrirase nese colexio, pois pensa que aprende uns
coñecementos moi superficiais: Protocolo, costura,…
9. Co tempo, Concepción Arenal conseguirá ser a primeira muller que pisa as
aulas dunha universidade en España. Farao dunha forma moi peculiar,
ataviada con roupa masculina.
10. A idade de 28 anos, Concepción cásase en Madrid co abogado
Fernando García Carrasco, o seu gran amor.
11. Concepción amais de ler e escribir moito, acude ás tertulias do
Café Iris en Madrid, portando roupas masculinas como facía
na universidade.
12. O matrimonio terá unha filla, Candonga e despois un fillo Fernando.
Candonguiña morrerá aos dous anos de idade. Os ollos de
Concepción non pararán de chorar.
13. Co tempo a parella, terá outro fillo Ramón. Máis a ledicia deste
nacemento, durará pouco, pois Concepción quedará viúva a idade
de 37 anos. Outra desgraza máis!
14. O VISITADOR
DO POBRE
Concepción pasará un tempo en Oviedo (Asturias) e
deseguido irán a Potes (Cantabria). Nesa preciosa
paisaxe, Concepción adicarase aos seus fillos, a
pasear, ler e escribir moito, moito.
15. FERNANDO
MEMORIA SOBRE A
BENEFICENCIA E A
CARIDADE
PREMIO
OUTORGADO A
CONCEPCIÓN
ARENAL PONTE
TENREIRO
E escribirá tanto que gañará premios con algunhas das súas obras, coma
é o caso de “Memoria sobre a beneficencia e a caridade” .Nun principio
a obra ía asinada polo seu fillo Fernando. O xurado decatouse de que
Fernando tiña 10 anos e que era imposible que fose o seu verdadeiro
autor. Despois viron que a autora do libro era Concepción e deronlle o
premio!
16. Concepción estará sempre preocupada polos pobres, os nenos orfos polos
delincuentes, e como non, polas mulleres que estaban no cárcere, por iso
farase visitadora de cárceres na Coruña.
17. Concepción verá cos seus propios
ollos que as presas están sucias,
están encadeadas e levan os pés
espidos. “Isto non pode ser!” ,
repetirá Concepción sen cesar.
18. Concepción falará do tema coas súas amigas da Fundación das
Magdalenas, e traerá zapatos para todas as presas ,ante o
asombro dos carcereiros.
19. Pero maior será o abraio das propias presas, pois ían ter
zapatos, por primeira vez, na súa vida!
20. Unha vez máis Concepción, estará do lado dos que sofren.
Durante a guerra dos carlistas e os liberais, Concepción
Arenal e os seus amigos piden emprestadas dúas
ambulancias a París, para trasladar os feridos con máis
comodidade.
21. Deseguido Concepción emprenderá viaxe coas dúas ambulancias
ao Hospital de Sangue de Miranda do Ebro (Burgos), pois ela
pertencía a sección de Señoras da Cruz Vermella en España.
22. Pero ainda fixo máis cousas polos demais! Xunto coa súa mellor
amiga a Condesa da Mina, impulsaron a creación do Sanatorio
Mental de Conxo en Santiago.
23. Concepción vai dun lugar
a outro, esta vez irá a
Xixón e alí vivirá un
tempo. O seu fillo
Fernando, enxeñeiro de
camiños , canais e portos
traballará no porto de
Xixón.
24. Tamén vivirán en Pontevedra, nesa casa
Concepción invitará aos seus amigos a
unhas amenas tertulias. A súa saúde
comeza a resentirse.
25. O seu último lugar de residencia
será Vigo, alí vivirá no Pazo Núñez, e
alí terá lugar o seu pasamento o día
4 de febreiro de 1893. Finou con 73
anos. En Vigo despedírona con
honores.
26. Victoria Kent Directora Xeral de Prisións, na 2º república,
ordeou eliminar as cadeas e os grillóns dos presos e fundilos
en ferro. Con este ferro mandou crear este busto en honor a
Concepción Arenal. Atópase na Secretaría Xeral de
Institucións Penitenciarias en Madrid.
27. BIBLIOGRAFÍA
CONCEPCIÓN ARENAL. La caminante y su sombra de Anna Caballé.
ANO: 2018.
VIDA DE CONCEPCIÓN ARENAL de María Luisa Maillard.
ANO: 2017.
LA MODA A TRAVÉS DE LOS TIEMPOS de Editorial Usborne.
ANO: 2017.
FILMOGRAFÍA
“A VISITADORA DE CÁRCERES” de Laura Maña.
ANO: 2012.
MÚSICA
“Nocturno” (1874) de Jesús de Monasterio.
(Jesús de Monasterio foi un dos mellores amigos de Concepción
Arenal en Potes (Cantabria).