Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

A poesia das irmandades da fala. caracteristicas autores e obras

480 views

Published on

O sec. XX supón en Galicia o nacemento do agrarismo e do nacionalismo, a continuación da emigración e a aparición do movemento obreiro. O movemento agrario é desde 1907 o auténtico revulsivo social da época. Destaca a Liga Agraria de Acción Gallega (1912), dirixida por Basilio Álvarez; fortemente perseguida, vai esmorecer cara a 1915, mais esta presión social en contra dos foros consegue a lei de redención dos foros na Ditadura de Primo de Rivera en 1926.
En 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, que axiña se estenden por toda Galicia. O seu obxectivo máis inmediato é a defensa do idioma galego para recuperar a cultura. No 1918 decláranse nacionalistas, mais no 1922 escindiranse nunha liña política e outra cultural.Arredor desta nacerá a revista Nós.
Ao principiar o século XX, a literatura galega vivía un instante especialmente problemático. Aínda que o número de obras non deixaba de incrementarse, a calidade dos textos era manifestamente inferior á lograda polos grandes autores do Rexurdimento. Narrativa e teatro seguían sendo xéneros pouco cultivados, nun panorama dominado absolutamente pola poesía. A atrevida proposta que fixera Rosalía en Follas Novas, a modernidade innovadora de Curros e Pondal convértese nunha poesía baleira, carente de contidos que coa escusa de aproximarse á mentalidade popular, ofrece unha imaxe ordinaria e deforme do mundo rural galego. Neste contexto, o labor dos escritores vinculados ás Irmandades pode valorizarse como un revulsivo que abre o camino para un segundo renacemento.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

A poesia das irmandades da fala. caracteristicas autores e obras

  1. 1. TEMA 1.-A poesía das Irmandades da Fala. Características, autores e obras representativas. O sec. XX supón en Galicia o nacemento do agrarismo e do nacionalismo, a continuación da emigración e a aparición do movemento obreiro. O movemento agrario é desde 1907 o auténtico revulsivo social da época. Destaca a Liga Agraria de Acción Gallega (1912), dirixida por Basilio Álvarez; fortemente perseguida, vai esmorecer cara a 1915, mais esta presión social en contra dos foros consegue a lei de redención dos foros na Ditadura de Primo de Rivera en 1926. En 1916 xorden na Coruña as Irmandades da Fala, que axiña se estenden por toda Galicia. O seu obxectivo máis inmediato é a defensa do idioma galego para recuperar a cultura. No 1918 decláranse nacionalistas, mais no 1922 escindiranse nunha liña política e outra cultural.Arredor desta nacerá a revista Nós. Ao principiar o século XX, a literatura galega vivía un instante especialmente problemático. Aínda que o número de obras non deixaba de incrementarse, a calidade dos textos era manifestamente inferior á lograda polos grandes autores do Rexurdimento. Narrativa e teatro seguían sendo xéneros pouco cultivados, nun panorama dominado absolutamente pola poesía. A atrevida proposta que fixera Rosalía en Follas Novas, a modernidade innovadora de Curros e Pondal convértese nunha poesía baleira, carente de contidos que coa escusa de aproximarse á mentalidade popular, ofrece unha imaxe ordinaria e deforme do mundo rural galego. Neste contexto, o labor dos escritores vinculados ás Irmandades pode valorizarse como un revulsivo que abre o camino para un segundo renacemento. O primeiro autor que marca o comezo de novos camiños é Antonio Noriega Varela, quen realiza de forma persoal o tránsito do XIX á modernidade. Este autor mindoniense dez anos máis vello que Ramón Cabanillas e coñecido como “poeta da montaña” levaba xa dez anos publicando cando o cambadés irrompe na literatura galega. Noriega é autor dunha soa obra que foi ampliando ao londo da súa vida: na primeira edición, que data de 1904, leva por título Montañesas; a partir da terceira, de 1920, pasa denominarse Do ermo. Este cambio de titulación é o signo externo da nova orientación estética que toma o poeta mediada a segunda década do século, cando entra en contacto cos homes das Irmandades e, a través deles, co Saudosismo portugués. Podemos falar así de dous estratos que se superponen na poesía de Noriega: a)O primeiro enmárcase claramente na liña do ruralismo costumista decimonónico. Aquí percíbese a influencia do seu paisano Leiras Pulpeiro, a temática redúcese ao descritivismo paisaxístico e a glosar con graza a ruda vida dos labregos da montaña luguesa, os seus costumes, etc. b)Un segundo estrato está composto polos poemas de influencia modernista que revelan a lectura de Rubén Darío, do saudosismo de Teixeira de Pascoaes e Guerra Junqueiro,etc., así como dos clásicos latinos. Noriega abandona o realismo labrego para elaborar unha poesía culta que segue tomando como temática a paisaxe pero desta vez tratada cun gusto impresionista que anticipa a futura poesía hilozoísta de Amado Carballo. Noriega convértese en poeta das cousas pequeñas (os vermes, as espiñas, as fontes, as pfolerpas de neve…), cunha actitude de atracción polo humilde e desamparado. O franciscanismo manifestase na súa poesía concebindo os seus sonetos como unha oración de agradecemento ao Sumo Creador.
  2. 2. Ramón Cabanillas Cambados 1876-1959) vai suponer un verdadeiro cambio no panorama poético desta época. (Introdución e vida libro de texto) Obra Comezou a escribir tardíamente. A súa obra como autor abrangue 45 anos, desde 1913 até 1958, de aí a grande extensión literaria da súa obra e a pluralidade temática que cultivou. Os xéneros que cultiva son: *Poesía • Narrativa: Na noite estrelecida Camiños no tempo( recompilación da súa poesía narrativa) • Lírica: No desterro Vento mareiro Da terra asoballada A rosa de cen follas Da miña zanfoña Samos Antífona da cantiga Versos de antigas terras e tempos idos *Teatro: O mariscal A man da santiña Destacariamos del que se ben prologa os contidos dos autores do século XIX, xa que a súa poesía ten algo da de Rosalía e Curros, vai moito máis alá recreando o formalismo e a ideoloxía celta de Eduardo Pondal e a estética modernista de Rubén Darío, que na literatura galega únicamente pervive baixo pequeñas influencias nun modernismo sobrio e natural sen as excelsas brillanteces propia do poeta latinoamericano. A súa ampla obra adoita clasificarse nestas catro etapas: 1.-Etapa pregaleguista (1910-1915), marcada no ideolóxico polo agrarismo e no estético polo polo modernismo ou formalismo de Pondal. Nesta etapa inclúense estas obras publicadas na emigración: No desterro. Visións gallegas (1913), con prólogo de Basilio Álvarez. Vento mareiro (1915)
  3. 3. Comeza, nos poemas destas obras, os primeiros influxos da estética modernista. Velaquí un dos exemplos en que se aprecia esta novidade estilística na poesía galega do momento, no cal vemos a ambientación exótica protagonizada por princesas: Mentras no rexio alcázar xunta ó baleiro trono por ella espera a corte, á sombra dun carballo tece a Princesa roiba un encaixe de Ensono Fragmento de “ A princesa roiba” , No desterro Outras características desta etapa son: -Temática intimista. Principalmente destaca o amor e a nostalxia das lembranzas que lle provoca a súa situación de desterrado e a saudade de se ver lonxe da súa terra.: na tristura das horas do desterro, ante os meus ollos, rebulindo, brilan roxas e ardentes, para morrer nun sopro, voadoras muxicas. Fragmento de “Rimas”, No desterro -Móstrasenos tamén como poeta descritivo lírico preferentemente arredor da aldea e o mar: Sol de outono no mar calmo fungue o lume alá , lonxe, chirra un carro no camiño; canta a ágoa no rodicio do muíño; e arrecende dos fiunchose cheirume. Fragmento de “Tarde baixa”, No desterro Nos escasos poemas civís que se inclúen nesta etapa, o poeta contrapón o labrego ao cacique, e a aldea á vila, mostrándonos unha actitude exacerbada xa que fai chamadas á rebelión social. Está influenciado pola loita agraria que alentou Basilio Álvarez como líder da Liga de Acción Gallega
  4. 4. “Acción gallega” Hino Irmans! Irmáns gallegos! Dende Ortegal ao Miño a folla do fouciño fagamos rebrilar!.. .(..texto 9 antoloxía).............. Poema de vento mareiro 2.-Etapa galeguista(1915-1920). Predomina nesta época a temática cívica. Influenciado polo nacionalismo das Irmandades da Fala, fai poesía combativa e de denuncia ao estilo de Curros Enríquez. Agora cunha actitude menos exaltada contrapón Galicia e España, nunha poesía directa e prosaica. Dentro desta etapa escribe as seguintes obras: Da terra asoballada (1917) “Irmáns! En pé sereos a limpa frente erguida.......”(texto 10 antoloxía) A man da Santiña (1921) Teatro .Comedia de costumes señoriais e asunto amoroso 3.-Etapa mítico-saudosista ( 1921-1931). Recrea lendas celtas míticas pertencentes á Materia de Bretyaña que nos falan dun pasado glorioso ( a nobre época dos cabaleiros da táboa redonda e dos cabaleiros do rei Artur e aventuran un futuro esperanzador para Galicia ;o rei Artur agarda nunha illa galega novos e mellores tempos; cando estes cheguen erguerase e gobernará gloriosamente sobre a terra). Esta nobre época celta foi o marco simbólico no que se baseou o nacionalismo ( as orixes de Galicia son celtas) de aí que enxalzase o pasado histórico con finalidade didáctica ( dignifica Galicia explicándonos o seu pasado glorioso para alento de todos os galegos, para espertar neles a conciencia galeguista.) Nesta época é decisiva a influencia do modernismo rubendariano e do saudosismo portugués de Teixeira de Pascoaes, principalmente na nostalxia que asome cando regresa ao pasado intentando recuperar as nosas raíces nacionais. Desta época son: Na noite estrelecida (1926) O mariscal ( 1926), teatro. Na noite estrelecida é unha obra de poesía narrativa que contén tres partes: 1.-“A espada Escalibor”.- Merlín anuncia que, vacante o trono, será nomeado rei de Caledonia quen dea erguido a espada vmáxica, procedente da illa de Sálvora. Artur realiza o prodixio e é coroado e aclamado por todo o pobo.
  5. 5. 2.-“O cabaleiro do Santo Grial”. Descríbese a partida dos cabaleiros artúricos para procuraren o santo Graal, vaso sagrado que só alcanzarían os “ limpos de todo mal”. Galahaz será quen o atope en Galicia, sobre o altar dunha ermida do Cebreiro. 3.-“ O soño do rei Artur”.- Ante Galahaz, o rei Artur despídese para partir nunha nve que chega á furna dunha ribeira galega e mergullarse nun sono do que espertará nun tempo futuro para gloria dos pobos célticos. Esta parte remata coa palabra “Esperade”, polo que é un canto de esperanza para a Galicia que ha de vir nun futuro. Esta é unha poesía narrativa ( uso de copretérito, estilo indirecto e lentitude narrativa) de pareados alexandrinos ( de 14 sílabas) e rima consoante AA. Nos anos 20 publica dúas obras de temática diferente: O bendito san Amaro (1925), romance de ton popular en octosílabos, e A rosa de cen follas (1927), esta de liña intimista amorosa cunha notable influencia do saudosismo. O título lémbranos a Follas Novas de Rosalía de Castro 4.-Etapa de posguerra mística e contemplativa (1939). Coincidente coa época da posguerra, o autor abandona a poesía de denuncia social e a reivindicación nacionalista. A súa poesía pasa a ser de introspección e de contemplación da beleza nos derradeiros anos da súa vida. Pertencen a esta etapa da súa vida as seguintes obras: Da miña zanfoña (1954). Trata, con voz amarga, a tristeza, a mocidade perdida, a vida e a morte. Samos (1958). Misticismo relixioso e contemplativo na descrición da quietude da vida comunitaria no mosteiro de Samos. É un poemario de paz e comuñón coa natureza para encontrar o equilibrio eterno. Antífona da cantiga (1950). Recompilación de cantigas populares, o primeiro libro que publica a editorial Galaxia . Versos de alleas terras e tempos idos. Paráfrasis gallegas (1955), no que o autor é adaptador de poemas gregos, latinos, ingleses e alemán. De 1949 é a recompilación de poesía narrativa e lendaria Camiños no tempo ESTILO E LINGUA Unha das súas características máis importantes é a súa vontade de estilo, isto é, a vontade de conseguir a perfección estilística nas súas composicións, polo que dun mesmo poema ten varias versión publicadas en sucesivas edicións. Da mesma maneira que amosou unha clara vontade de estilo, amosou unha vontade clara de preocupación polo emprego dun galego literario, afastado do oral, consciente de que escribe nun idioma carente de normas. Así vemos autocorreccións da súa obra nas que se apreza un rexeitamento dos castelanismos como “ponzoñenta”, “aléxase” ,”sangre”…..Reduce o emprego de formas dialectais, rexeita vulgarismos como “ mistereosa”, “pátreo”, “últimas”---
  6. 6. Con todo é frecuente nel o emprego de hiperenxebrismos como “ outo” “ soma” “hourizonte”… Así mesmo tivo unha forte preocupación social por elevar a consideración social do idioma, de maneira que pon o galego en boca de personaxes urbanas na súa peza teatral A man da santiña, feito inusitado na época.
  7. 7. Con todo é frecuente nel o emprego de hiperenxebrismos como “ outo” “ soma” “hourizonte”… Así mesmo tivo unha forte preocupación social por elevar a consideración social do idioma, de maneira que pon o galego en boca de personaxes urbanas na súa peza teatral A man da santiña, feito inusitado na época.

×