3. SINOPSES
Estanos en Bagdad, a cidade atravesada polo
Tigris, a que aparece nos contos d´as mil e
unha noites, a que hoxe resiste baixo as
bombas, entre o fogo cruzado.
A xente vive esculcando o ceo, as escolas
pecharon e os cativos xa non xogan na rúa.
Alleo a todo, Ibrahim reparte o correo na súa
motocicleta.
Leva no peto unha misteriosa carta que está
decidido a entregar custe o que custe.
4. O LUGAR
O PAIS
O Iraq é un país de Oriente Medio, limitado ó nordés por Irán, ó noroeste
por Turquía, ó oeste por Siria, ó suroeste por Xordania, ó sur por Arabia
e ó leste por Kuwait e mailo Golfo Pérsico. A súa capital é Bagdad
A CIDADE
Bagdad é a capital do Iraq, e a segunda cidade do mundo árabe en
poboación total, despois do Cairo. Sitúase ás marxes do río Tigris, no
centro do país.
5. OS PERSONAXES
Abdulwahid-O protagonista,é un neno de 11 anos
que vive en Karrada,Bagdad
Ibrahim- O pai de Abdulwahid.Reparte o correo
cada dia a pesar das bombas
Fatiha- Nai do neno e muller de Ibrahim. Ten
medo e quere irse
Ahmed- Mellor amigo do protagonista. A súa
irma morreu nun tiroteo
6. O AUTOR
Marcos Sánchez Calveiro é un escritor e
avogado nado en 1968, reside en Vigo.
Comezou a publicar de forma serodia, con
máis de 35 anos, e fíxoo inicialmente no eido
da Literatura infantil e xuvenil. Tamén ten
escrito poesía e, en 2008 publicou a súa
primeira novela dirixida a un público adulto,
Festina lente. En decembro de 2009 gaña o
premio Lazarillo cunha novela en galego.