SlideShare a Scribd company logo
íNdice
Índice
Criterios de Avaliación.........................................................................................................3
Mínimos esixibles .................................................................................................................4
Criterios de cualificación .....................................................................................................4
Procedementos e instrumentos de avaliación.......................................................................5
Criterios mínimos de avaliación...........................................................................................6
Instrumentos de cualificación ..............................................................................................7
Normas de convivencia e obrigas do alumnado ..................................................................8
Criterios de Avaliación
A capacidade de identificar os avances ao largo da historia nas tecnoloxías da
información e a comunicación e a súa repercusión na evolución estética dos
mensaxes audiovisuais.
A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os
diferentes produtos audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios estéticos.
Capacidade reflexiva e analítica para marcar as diferenzas entre realidade e a súa
imaxe, nas súas diversas formas e medios de representación nos medios
audiovisuais e de comunicación.
Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características
básicas do significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en
movemento.
Analizar e comprender, por parte do alumnado, os diferentes niveis de lectura
dunha mesma imaxe.
Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características de
xénero e diferenciando cos roles sociais máis comúns nas producións
audiovisuais
Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual
Capacidade de utilizar, tanto de maneira individual como en grupo, os elementos
básicos do medio audiovisual para realizar traballos con imaxes fixas e con
imaxes en movemento.
Capacidade para combina a creación visual con elementos sonoros.
Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións
comunicativas e narrativas, ase como coas súas funcións espaciais e temporais
Valorar a capacidade para crear e analizar mensaxes visuais e sonoros avaliando
a estrutura do mensaxe e su eficacia comunicativa.
Capacidade para estruturar un guión a partir da adaptación dunha obra literaria,
dunha idea ou dun acontecemento.
Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo
nos conflitos do seu entorno social ou educativo.
Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a oferta
radiofónica e televisiva, diferenciando as claves e os códigos formais de cada
xénero, ase como os tópicos recorrentes nos programas de éxito.
Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e
creacións audiovisuais.
Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da
información e a comunicación, con especial atención a os medios de
comunicación de libre acceso como internet.
Aproveitamento dos recursos que ofrecen os medios audiovisuais, avaliando os
seus aspectos positivos e negativos.
Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade, diferenciando
os elementos informativos e culturais de aqueles outros relacionados coa
emotividade, a sedución e a fascinación.
Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no
receptor das mensaxes publicitarias.
[Volver ao índice]
Mínimos esixibles
- Sintaxes da linguaxe audiovisual. Coñecemento e uso axeitado da sintaxes e dos
medios audiovisuais na creación de mensaxes.
- Emprego das TIC de xeito informativo e de xeito expresivo.
- Análise das características básicas, significado e sentido na lectura de imaxes tanto
fixas como en movemento.
- Lectura obxectiva e a subxectiva (denotación e connotación) dunha mesma imaxe
ou produción audiovisual.
- O proceso da comunicación publicitaria. Análise publicitaria.
- Colaboración en grupo. Respecto cara ás outras persoas, capacidade de discusión e
crítica e asunción das responsabilidades no traballo que require calquera proxecto
audiovisual.
- Mantemento e limpeza de equipamentos e instalacións
Criterios de cualificación
Os instrumentos utilizados para avaliar serán, entre outros:
Probas sobre coñecementos teóricos.
Probas teórico-prácticas, tanto individuais como colectivas
Valoración de conceptos, procedementos e actitudes.
A nota de cada traballo individual:
Un 60% do resultado e obxectivos a cumprir coa realización de cada actividade,
o que supoñerá ou non, a asimilación dos contidos conceptuais que precederon
cada actividade.
Un 20% estará referido á súa actitude fronte as propostas, así como a súa
predisposición á experimentación, capacidade crítica cos seus propios
resultados, o seu nivel de esforzo e curiosidade, así como de respecto á materia.
o Por último o 20 % restante referirase á asistencia, entrega puntual dos
traballos, boa presentación dos mesmos, orde e a limpeza dos materiais,
propios e comúns. Tamén teremos en conta o comportamento na aula,
baseándose no respecto e a tolerancia fronte os compañeiros e ao
profesor, tamén valorarase o respecto ó traballo alleo.
o Os traballos non entregados sen causa xustificada terán de nota un cero
o En caso de entregar traballos fora de prazo, sen causa xustificada, terán
unha rebaixa na nota en proporción coa tardanza na entrega.
A nota dos proxectos en grupo:
Será dun 75% como traballo colectivo e nota de aportación persoal ao traballo
conxunto 25%
A suma de ambas definen a nota do alumno polo proxecto en grupo.
Cualificación de las avaliacións parciais:
A avaliación de cada trimestre será nun 75 % o resultado da media aritmética
dos exercicios, exames e demais probas de contido propostas na avaliación.
Nun 25% se valorarán durante o trimestre os instrumentos de cualificación
recollidos no apartado c) do punto 10 desta programación
Cualificación da avaliación final:
A avaliación final será nun 75 % o resultado da media aritmética das notas das
tres avaliacións do curso.
Nun 25% se valorarán durante todo o curso os instrumentos de cualificación
recollidos no apartado c) do punto 10 desta programación.
Procedementos e instrumentos de avaliación
Seguindo a programación xeral do centro, realizaránse tres avaliacións, unha delas final.
Para a cualificación usarán os seguintes procedementos de avaliación:
Avaliación inicial
Ten lugar ó comezo do curso. Permite coñecer as circunstancias particulares de cada
alumno (coñecementos previos, nivel de desenrolo, estereotipos, intereses…). Os
resultados da avaliación teranse en conta para no desenvolvemento da programación.
Avaliación formativa
Inclúe o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Adaptarase no posible ás necesidades
individuais de cada alumno. Pretende a obtención dos obxectivos propostos para o
curso.
Observación por parte do profesor da actitude participativa do alumno nas actividades
de clase e nos grupos de traballo.
Entre os instrumentos de avaliación sinalamos:
Traballos individuais, nas avaliacións parciais en que se realicen (comentario
dun anuncio, reportaxe fotográfico, podcast, etc.)
Traballos en equipo, en las avaliacións parciales en que se realicen (corto de cine
mudo e documento multimedia)
Exames escritos, con preguntas teóricas e breves exercicios prácticos
relacionados cos contidos impartidos, tanto teóricos como prácticos.
Criterios mínimos de avaliación
A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os
diferentes produtos audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios estéticos.
Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características
básicas do significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en
movemento.
Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características de
xénero e diferenciando cos roles sociais máis comúns nas producións
audiovisuais
Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual
Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións
comunicativas e narrativas, ase como coas súas funcións espaciais e temporais
Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo
nos conflitos do seu entorno social ou educativo.
Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a oferta
radiofónica e televisiva, diferenciando as claves e os códigos formais de cada
xénero, ase como os tópicos recorrentes nos programas de éxito.
Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e
creacións audiovisuais.
Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da
información e a comunicación, con especial atención a os medios de
comunicación de libre acceso como internet.
Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade, diferenciando
os elementos informativos e culturais de aqueles outros relacionados coa
emotividade, a sedución e a fascinación.
Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no
receptor das mensaxes publicitarias.
Instrumentos de cualificación
Os instrumentos de avaliación máis adecuados que teremos en conta serán:
a) Resolución de exercicios prácticos. Dependendo da unidade propoñeremos
traballos específicos.
b) Elaboración e seguimento do traballo práctico dos alumnos ó longo do curso. Os
alumnos deberán ter un blog de aula dedicado á recollida e intercambio de información
e traballos da materia, tanto de conceptos teóricos recibidos na clase coma dos traballos
elaborados.
c) Actitude positiva no que se refire ós seguintes aspectos:
Manexa o medio con claridade e corrección.
É ordenado e limpo nas súas producións e no coidado do material.
É metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo.
Sabe traballar individualmente ou en equipo segundo as necesidades concretas
de cada caso e axustándose ás condicións que se lle indican.
Sabe seleccionar, organizar e manexar o material adecuado para o
desenvolvemento dunha actividade.
Segue con atención as actividades da aula e realiza habitualmente as tarefas de
clase, demostrando interese polo traballo.
Formula as dúbidas ou dificultades que se lle presentan e trata de corrixir os
erros propios, amosando afán de superación.
Cumpre as normas de convivencia do centro, respectando o ben común e o
medio que o rodea, e non provoca conflitos no desenvolvemento normal da
clase.
É tolerante, respectuoso, dialogante, sabe escoitar e respecta a quenda de
palabra, coopera cos seus compañeiros e profesores e amosa actitudes solidarias.
Asume responsabilidades e cumpre os compromisos, acabando os traballos nos
prazos asignados e traendo o material necesario para traballar na clase.
d) Entendese por comportamento exemplar:
Respectar as normas de convivencia.
Respectar ós profesores e ós compañeiros.
Presentar os traballos con limpeza e pulcritude.
Entregar os traballos nos prazos sinalados.
Realizar os traballos prácticos axuntándose ás condicións mínimas que se lle
indican.
Coidar o material e mantén a orde e a limpeza no lugar de traballo.
Traballar cumprindo as normas de hixiene e seguridade.
Ser metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo.
Selecciona, organiza e manexa ben o material adecuado para o
desenvolvemento do seu traballo.
Ser capaz de traballar autonomamente, sen necesidade de instrucións concretas
e constantes.
Traballar ben en equipo.
Normas de convivencia e obrigas do alumnado
Todas as faltas contrarias ás normas de convivencia serán sancionadas de acordo co
establecido no Regulamento de Réxime Interno do Instituto.
Considérase falta leve non levar á clase o material específico esixido para
traballar. Ás tres faltas leves acumuladas darase aviso ós pais do alumno/a e
o/a titor/a mediante un parte de incidencias. A quinta falta de material por
avaliación, significará un segundo parte de incidencias e a sexta falta de
material na avaliación significará o terceiro parte de incidencias que se
propoñerá inmediatamente en coñecemento da xefatura de estudios, posto que a
falta pasa a ser grave e merecer, polo tanto, un parte sancionador. A sanción
correspondente será en cada caso a marcada no Regulamento de Réxime
Interno.
Cada alumno/a deberá coidar a súa mesa de traballo e deixala limpa antes de
finalizar a clase. O negarse a dita limpeza ou o esquecemento reiterado neste
labor será sancionado cun parte de incidencias que será comunicado ao/á
titor/a, aos pais e a xefatura de estudos.
Se un alumno chega a clase cinco minutos ou máis despois de que toque o
timbre, considerarase como atraso. Tres atrasos acumulados terán a condición
de falta leve que da lugar a emisión dun parte de incidencias que se comunicará
ós pais e o/a titora do alumno. A persistencia nestes feitos terán a consideración
de falta contraria ás normas de convivencia.

More Related Content

What's hot

Ima 2010 pdf
Ima 2010 pdfIma 2010 pdf
Ima 2010 pdf
makeino
 
Criterios de avaliación
Criterios de avaliaciónCriterios de avaliación
Criterios de avaliación
cristina4b
 
Copia de criterios de avaliación
Copia de criterios de avaliaciónCopia de criterios de avaliación
Copia de criterios de avaliación
n1martinho
 
Copia de criterios de avaliación
Copia de criterios de avaliaciónCopia de criterios de avaliación
Copia de criterios de avaliación
n1noa
 
Documento1
Documento1Documento1
Documento1
Mariamr
 
10 11 ima minimos
10 11 ima minimos10 11 ima minimos
10 11 ima minimos
n1cristina
 
Ricardo ulla traballo
Ricardo ulla traballoRicardo ulla traballo
Ricardo ulla traballo
ricardoulla
 
Copia de copia de 11 12 ima minimos
Copia de copia de 11 12  ima minimosCopia de copia de 11 12  ima minimos
Copia de copia de 11 12 ima minimos
juanantonion1
 
Copia de criterios de avaliación de martiño
Copia de criterios de avaliación de martiñoCopia de criterios de avaliación de martiño
Copia de criterios de avaliación de martiño
n1martinho
 
10 11 ima minimos
10 11 ima minimos10 11 ima minimos
10 11 ima minimos
noapampin
 

What's hot (13)

Ima 2010 pdf
Ima 2010 pdfIma 2010 pdf
Ima 2010 pdf
 
Criterios de avaliación
Criterios de avaliaciónCriterios de avaliación
Criterios de avaliación
 
Álvaro 3ºa
Álvaro 3ºaÁlvaro 3ºa
Álvaro 3ºa
 
Copia de criterios de avaliación
Copia de criterios de avaliaciónCopia de criterios de avaliación
Copia de criterios de avaliación
 
Copia de criterios de avaliación
Copia de criterios de avaliaciónCopia de criterios de avaliación
Copia de criterios de avaliación
 
Documento1
Documento1Documento1
Documento1
 
10 11 ima minimos
10 11 ima minimos10 11 ima minimos
10 11 ima minimos
 
Ricardo ulla traballo
Ricardo ulla traballoRicardo ulla traballo
Ricardo ulla traballo
 
Copia de copia de 11 12 ima minimos
Copia de copia de 11 12  ima minimosCopia de copia de 11 12  ima minimos
Copia de copia de 11 12 ima minimos
 
Copia de criterios de avaliación de martiño
Copia de criterios de avaliación de martiñoCopia de criterios de avaliación de martiño
Copia de criterios de avaliación de martiño
 
10 11 ima minimos
10 11 ima minimos10 11 ima minimos
10 11 ima minimos
 
Ima 2010
Ima 2010Ima 2010
Ima 2010
 
Ima 2010
Ima 2010Ima 2010
Ima 2010
 

Viewers also liked

Analyse der Kundenbewertungen Schweizer Hotels: Freundliche Hotels, zufrieden...
Analyse der Kundenbewertungen Schweizer Hotels: Freundliche Hotels, zufrieden...Analyse der Kundenbewertungen Schweizer Hotels: Freundliche Hotels, zufrieden...
Analyse der Kundenbewertungen Schweizer Hotels: Freundliche Hotels, zufrieden...
University of Applied Sciences of Western Switzerlan Valais
 
Das 2. Grundprinzip Vom Vielen zum Einen
Das 2. Grundprinzip Vom Vielen zum EinenDas 2. Grundprinzip Vom Vielen zum Einen
Das 2. Grundprinzip Vom Vielen zum Einen
SSRF Inc.
 
Reunion ComPurires martes 5 de oct 2010
Reunion ComPurires martes 5 de oct 2010Reunion ComPurires martes 5 de oct 2010
Reunion ComPurires martes 5 de oct 2010
ComPurires
 
List. comfa 2011 jrc
List. comfa 2011 jrcList. comfa 2011 jrc
List. comfa 2011 jrc
John Guerrero
 
Gardenerslideshow
GardenerslideshowGardenerslideshow
Gardenerslideshow
jenir
 
Clash der Kulturen oder neue Impulse? Digital Natives im Großunternehmen am B...
Clash der Kulturen oder neue Impulse? Digital Natives im Großunternehmen am B...Clash der Kulturen oder neue Impulse? Digital Natives im Großunternehmen am B...
Clash der Kulturen oder neue Impulse? Digital Natives im Großunternehmen am B...
doubleYUU – Wir machen digitale Transformationen. Erfolgreich.
 
formation-management-projet-nedde-20120611
formation-management-projet-nedde-20120611formation-management-projet-nedde-20120611
formation-management-projet-nedde-20120611
Florent Guitard
 
Espacios en el mensaje layout
Espacios en el mensaje layoutEspacios en el mensaje layout
Espacios en el mensaje layout
camilolinares23
 
Sevillasemisemfyccronicosjrepullovf 110117054637-phpapp01
Sevillasemisemfyccronicosjrepullovf 110117054637-phpapp01Sevillasemisemfyccronicosjrepullovf 110117054637-phpapp01
Sevillasemisemfyccronicosjrepullovf 110117054637-phpapp01
Manuel Sanchez Molla
 
Conception de modèles_simples
Conception de modèles_simplesConception de modèles_simples
Conception de modèles_simples
ressmy
 
VO PAED Medienkulturforschung
VO PAED MedienkulturforschungVO PAED Medienkulturforschung
VO PAED Medienkulturforschung
Axel Maireder
 
otf-intervention-sur-ant-20140520
otf-intervention-sur-ant-20140520otf-intervention-sur-ant-20140520
otf-intervention-sur-ant-20140520
Florent Guitard
 
PAN
PANPAN
Ipc questions.
Ipc questions.Ipc questions.
Ipc questions.
parkin1
 
Conligus - Präsentation 17.10.2014
Conligus - Präsentation 17.10.2014Conligus - Präsentation 17.10.2014
Conligus - Präsentation 17.10.2014
Dr. Wolf Barth
 
Banque Palatine / Opinionway : Observatoire de la performance des PME-ETI / M...
Banque Palatine / Opinionway : Observatoire de la performance des PME-ETI / M...Banque Palatine / Opinionway : Observatoire de la performance des PME-ETI / M...
Banque Palatine / Opinionway : Observatoire de la performance des PME-ETI / M...
contactOpinionWay
 

Viewers also liked (20)

Caso duncan
Caso duncanCaso duncan
Caso duncan
 
Avril lavigne
Avril lavigneAvril lavigne
Avril lavigne
 
Analyse der Kundenbewertungen Schweizer Hotels: Freundliche Hotels, zufrieden...
Analyse der Kundenbewertungen Schweizer Hotels: Freundliche Hotels, zufrieden...Analyse der Kundenbewertungen Schweizer Hotels: Freundliche Hotels, zufrieden...
Analyse der Kundenbewertungen Schweizer Hotels: Freundliche Hotels, zufrieden...
 
Flatplans
FlatplansFlatplans
Flatplans
 
Das 2. Grundprinzip Vom Vielen zum Einen
Das 2. Grundprinzip Vom Vielen zum EinenDas 2. Grundprinzip Vom Vielen zum Einen
Das 2. Grundprinzip Vom Vielen zum Einen
 
Reunion ComPurires martes 5 de oct 2010
Reunion ComPurires martes 5 de oct 2010Reunion ComPurires martes 5 de oct 2010
Reunion ComPurires martes 5 de oct 2010
 
List. comfa 2011 jrc
List. comfa 2011 jrcList. comfa 2011 jrc
List. comfa 2011 jrc
 
Gardenerslideshow
GardenerslideshowGardenerslideshow
Gardenerslideshow
 
Clash der Kulturen oder neue Impulse? Digital Natives im Großunternehmen am B...
Clash der Kulturen oder neue Impulse? Digital Natives im Großunternehmen am B...Clash der Kulturen oder neue Impulse? Digital Natives im Großunternehmen am B...
Clash der Kulturen oder neue Impulse? Digital Natives im Großunternehmen am B...
 
formation-management-projet-nedde-20120611
formation-management-projet-nedde-20120611formation-management-projet-nedde-20120611
formation-management-projet-nedde-20120611
 
Espacios en el mensaje layout
Espacios en el mensaje layoutEspacios en el mensaje layout
Espacios en el mensaje layout
 
Sevillasemisemfyccronicosjrepullovf 110117054637-phpapp01
Sevillasemisemfyccronicosjrepullovf 110117054637-phpapp01Sevillasemisemfyccronicosjrepullovf 110117054637-phpapp01
Sevillasemisemfyccronicosjrepullovf 110117054637-phpapp01
 
Conception de modèles_simples
Conception de modèles_simplesConception de modèles_simples
Conception de modèles_simples
 
VO PAED Medienkulturforschung
VO PAED MedienkulturforschungVO PAED Medienkulturforschung
VO PAED Medienkulturforschung
 
otf-intervention-sur-ant-20140520
otf-intervention-sur-ant-20140520otf-intervention-sur-ant-20140520
otf-intervention-sur-ant-20140520
 
PAN
PANPAN
PAN
 
Ipc questions.
Ipc questions.Ipc questions.
Ipc questions.
 
Conligus - Präsentation 17.10.2014
Conligus - Präsentation 17.10.2014Conligus - Präsentation 17.10.2014
Conligus - Präsentation 17.10.2014
 
Banque Palatine / Opinionway : Observatoire de la performance des PME-ETI / M...
Banque Palatine / Opinionway : Observatoire de la performance des PME-ETI / M...Banque Palatine / Opinionway : Observatoire de la performance des PME-ETI / M...
Banque Palatine / Opinionway : Observatoire de la performance des PME-ETI / M...
 
Le mariage vu par les enfants
Le mariage vu par les enfantsLe mariage vu par les enfants
Le mariage vu par les enfants
 

Similar to íNdice

Ima 2010 pdf
Ima 2010 pdfIma 2010 pdf
Ima 2010 pdf
makeino
 
Ricardo ulla traballo
Ricardo ulla traballoRicardo ulla traballo
Ricardo ulla traballo
ricardoulla
 
minimos,belen gestoso
minimos,belen gestosominimos,belen gestoso
minimos,belen gestoso
Bgsts
 
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA VigoProgramación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Peregrina Pintos Testa
 
Iniciación aos medios audiovisuais
Iniciación aos medios audiovisuaisIniciación aos medios audiovisuais
Iniciación aos medios audiovisuais
valladares14
 
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Arturo Iglesias
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
mjtaboada
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
taboada5
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
Marga Bio
 
Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016
Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016
Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016
EvaPaula
 

Similar to íNdice (17)

íNdice
íNdiceíNdice
íNdice
 
Ima 2010
Ima 2010Ima 2010
Ima 2010
 
áLvaro 3ºa
áLvaro 3ºaáLvaro 3ºa
áLvaro 3ºa
 
Ima 2010 pdf
Ima 2010 pdfIma 2010 pdf
Ima 2010 pdf
 
Hipervinculos
HipervinculosHipervinculos
Hipervinculos
 
áLvaro 3ºa
áLvaro 3ºaáLvaro 3ºa
áLvaro 3ºa
 
Ricardo ulla traballo
Ricardo ulla traballoRicardo ulla traballo
Ricardo ulla traballo
 
minimos,belen gestoso
minimos,belen gestosominimos,belen gestoso
minimos,belen gestoso
 
10 11 ima minimos
10 11 ima minimos10 11 ima minimos
10 11 ima minimos
 
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA VigoProgramación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
Programación do departamento de Tecnoloxía IES A GUÍA Vigo
 
Iniciación aos medios audiovisuais
Iniciación aos medios audiovisuaisIniciación aos medios audiovisuais
Iniciación aos medios audiovisuais
 
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación InfantilPresentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
Presentacion do Módulo de Didactica da Educación Infantil
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
10 11 imma
10 11 imma10 11 imma
10 11 imma
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016
Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016
Resumo programación para o alumnado Cidadanía 2º ESO 2015 2016
 

íNdice

  • 2. Índice Criterios de Avaliación.........................................................................................................3 Mínimos esixibles .................................................................................................................4 Criterios de cualificación .....................................................................................................4 Procedementos e instrumentos de avaliación.......................................................................5 Criterios mínimos de avaliación...........................................................................................6 Instrumentos de cualificación ..............................................................................................7 Normas de convivencia e obrigas do alumnado ..................................................................8
  • 3. Criterios de Avaliación A capacidade de identificar os avances ao largo da historia nas tecnoloxías da información e a comunicación e a súa repercusión na evolución estética dos mensaxes audiovisuais. A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os diferentes produtos audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios estéticos. Capacidade reflexiva e analítica para marcar as diferenzas entre realidade e a súa imaxe, nas súas diversas formas e medios de representación nos medios audiovisuais e de comunicación. Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características básicas do significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en movemento. Analizar e comprender, por parte do alumnado, os diferentes niveis de lectura dunha mesma imaxe. Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características de xénero e diferenciando cos roles sociais máis comúns nas producións audiovisuais Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual Capacidade de utilizar, tanto de maneira individual como en grupo, os elementos básicos do medio audiovisual para realizar traballos con imaxes fixas e con imaxes en movemento. Capacidade para combina a creación visual con elementos sonoros. Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións comunicativas e narrativas, ase como coas súas funcións espaciais e temporais Valorar a capacidade para crear e analizar mensaxes visuais e sonoros avaliando a estrutura do mensaxe e su eficacia comunicativa. Capacidade para estruturar un guión a partir da adaptación dunha obra literaria, dunha idea ou dun acontecemento. Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo nos conflitos do seu entorno social ou educativo. Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a oferta radiofónica e televisiva, diferenciando as claves e os códigos formais de cada xénero, ase como os tópicos recorrentes nos programas de éxito.
  • 4. Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e creacións audiovisuais. Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da información e a comunicación, con especial atención a os medios de comunicación de libre acceso como internet. Aproveitamento dos recursos que ofrecen os medios audiovisuais, avaliando os seus aspectos positivos e negativos. Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade, diferenciando os elementos informativos e culturais de aqueles outros relacionados coa emotividade, a sedución e a fascinación. Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no receptor das mensaxes publicitarias. [Volver ao índice] Mínimos esixibles - Sintaxes da linguaxe audiovisual. Coñecemento e uso axeitado da sintaxes e dos medios audiovisuais na creación de mensaxes. - Emprego das TIC de xeito informativo e de xeito expresivo. - Análise das características básicas, significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en movemento. - Lectura obxectiva e a subxectiva (denotación e connotación) dunha mesma imaxe ou produción audiovisual. - O proceso da comunicación publicitaria. Análise publicitaria. - Colaboración en grupo. Respecto cara ás outras persoas, capacidade de discusión e crítica e asunción das responsabilidades no traballo que require calquera proxecto audiovisual. - Mantemento e limpeza de equipamentos e instalacións Criterios de cualificación Os instrumentos utilizados para avaliar serán, entre outros: Probas sobre coñecementos teóricos. Probas teórico-prácticas, tanto individuais como colectivas Valoración de conceptos, procedementos e actitudes.
  • 5. A nota de cada traballo individual: Un 60% do resultado e obxectivos a cumprir coa realización de cada actividade, o que supoñerá ou non, a asimilación dos contidos conceptuais que precederon cada actividade. Un 20% estará referido á súa actitude fronte as propostas, así como a súa predisposición á experimentación, capacidade crítica cos seus propios resultados, o seu nivel de esforzo e curiosidade, así como de respecto á materia. o Por último o 20 % restante referirase á asistencia, entrega puntual dos traballos, boa presentación dos mesmos, orde e a limpeza dos materiais, propios e comúns. Tamén teremos en conta o comportamento na aula, baseándose no respecto e a tolerancia fronte os compañeiros e ao profesor, tamén valorarase o respecto ó traballo alleo. o Os traballos non entregados sen causa xustificada terán de nota un cero o En caso de entregar traballos fora de prazo, sen causa xustificada, terán unha rebaixa na nota en proporción coa tardanza na entrega. A nota dos proxectos en grupo: Será dun 75% como traballo colectivo e nota de aportación persoal ao traballo conxunto 25% A suma de ambas definen a nota do alumno polo proxecto en grupo. Cualificación de las avaliacións parciais: A avaliación de cada trimestre será nun 75 % o resultado da media aritmética dos exercicios, exames e demais probas de contido propostas na avaliación. Nun 25% se valorarán durante o trimestre os instrumentos de cualificación recollidos no apartado c) do punto 10 desta programación Cualificación da avaliación final: A avaliación final será nun 75 % o resultado da media aritmética das notas das tres avaliacións do curso. Nun 25% se valorarán durante todo o curso os instrumentos de cualificación recollidos no apartado c) do punto 10 desta programación. Procedementos e instrumentos de avaliación Seguindo a programación xeral do centro, realizaránse tres avaliacións, unha delas final. Para a cualificación usarán os seguintes procedementos de avaliación: Avaliación inicial Ten lugar ó comezo do curso. Permite coñecer as circunstancias particulares de cada alumno (coñecementos previos, nivel de desenrolo, estereotipos, intereses…). Os resultados da avaliación teranse en conta para no desenvolvemento da programación.
  • 6. Avaliación formativa Inclúe o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Adaptarase no posible ás necesidades individuais de cada alumno. Pretende a obtención dos obxectivos propostos para o curso. Observación por parte do profesor da actitude participativa do alumno nas actividades de clase e nos grupos de traballo. Entre os instrumentos de avaliación sinalamos: Traballos individuais, nas avaliacións parciais en que se realicen (comentario dun anuncio, reportaxe fotográfico, podcast, etc.) Traballos en equipo, en las avaliacións parciales en que se realicen (corto de cine mudo e documento multimedia) Exames escritos, con preguntas teóricas e breves exercicios prácticos relacionados cos contidos impartidos, tanto teóricos como prácticos. Criterios mínimos de avaliación A destreza e espírito crítico do alumnado para identificar e manipular os diferentes produtos audiovisuais a os que ten acceso seguindo criterios estéticos. Analizar os elementos espaciais e temporais, ase como outras características básicas do significado e sentido na lectura de imaxes tanto fixas como en movemento. Analizar producións radiofónicas e televisivas identificando as características de xénero e diferenciando cos roles sociais máis comúns nas producións audiovisuais Identificar os elementos básicos da linguaxe audiovisual Relacionar os conceptos de plano, escena e secuencia coas súas dimensións comunicativas e narrativas, ase como coas súas funcións espaciais e temporais Capacidade de aplicar ou integrar o medio audiovisual como linguaxe expresivo nos conflitos do seu entorno social ou educativo. Visión critica e selectiva ante os medios de produción audiovisual, sobre a oferta radiofónica e televisiva, diferenciando as claves e os códigos formais de cada xénero, ase como os tópicos recorrentes nos programas de éxito. Actitude como receptor consciente, selectivo e crítico ante os mensaxes e creacións audiovisuais. Capacidade de identificar e manipular as posibilidades das tecnoloxías da información e a comunicación, con especial atención a os medios de comunicación de libre acceso como internet.
  • 7. Recoñecer e reflexionar sobre as distintas funcións da publicidade, diferenciando os elementos informativos e culturais de aqueles outros relacionados coa emotividade, a sedución e a fascinación. Capacidade para reflexionar e distinguir os diferentes elementos que inciden no receptor das mensaxes publicitarias. Instrumentos de cualificación Os instrumentos de avaliación máis adecuados que teremos en conta serán: a) Resolución de exercicios prácticos. Dependendo da unidade propoñeremos traballos específicos. b) Elaboración e seguimento do traballo práctico dos alumnos ó longo do curso. Os alumnos deberán ter un blog de aula dedicado á recollida e intercambio de información e traballos da materia, tanto de conceptos teóricos recibidos na clase coma dos traballos elaborados. c) Actitude positiva no que se refire ós seguintes aspectos: Manexa o medio con claridade e corrección. É ordenado e limpo nas súas producións e no coidado do material. É metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo. Sabe traballar individualmente ou en equipo segundo as necesidades concretas de cada caso e axustándose ás condicións que se lle indican. Sabe seleccionar, organizar e manexar o material adecuado para o desenvolvemento dunha actividade. Segue con atención as actividades da aula e realiza habitualmente as tarefas de clase, demostrando interese polo traballo. Formula as dúbidas ou dificultades que se lle presentan e trata de corrixir os erros propios, amosando afán de superación. Cumpre as normas de convivencia do centro, respectando o ben común e o medio que o rodea, e non provoca conflitos no desenvolvemento normal da clase. É tolerante, respectuoso, dialogante, sabe escoitar e respecta a quenda de palabra, coopera cos seus compañeiros e profesores e amosa actitudes solidarias. Asume responsabilidades e cumpre os compromisos, acabando os traballos nos prazos asignados e traendo o material necesario para traballar na clase. d) Entendese por comportamento exemplar: Respectar as normas de convivencia. Respectar ós profesores e ós compañeiros. Presentar os traballos con limpeza e pulcritude. Entregar os traballos nos prazos sinalados. Realizar os traballos prácticos axuntándose ás condicións mínimas que se lle indican. Coidar o material e mantén a orde e a limpeza no lugar de traballo. Traballar cumprindo as normas de hixiene e seguridade.
  • 8. Ser metódico e sistemático no desenvolvemento do seu traballo. Selecciona, organiza e manexa ben o material adecuado para o desenvolvemento do seu traballo. Ser capaz de traballar autonomamente, sen necesidade de instrucións concretas e constantes. Traballar ben en equipo. Normas de convivencia e obrigas do alumnado Todas as faltas contrarias ás normas de convivencia serán sancionadas de acordo co establecido no Regulamento de Réxime Interno do Instituto. Considérase falta leve non levar á clase o material específico esixido para traballar. Ás tres faltas leves acumuladas darase aviso ós pais do alumno/a e o/a titor/a mediante un parte de incidencias. A quinta falta de material por avaliación, significará un segundo parte de incidencias e a sexta falta de material na avaliación significará o terceiro parte de incidencias que se propoñerá inmediatamente en coñecemento da xefatura de estudios, posto que a falta pasa a ser grave e merecer, polo tanto, un parte sancionador. A sanción correspondente será en cada caso a marcada no Regulamento de Réxime Interno. Cada alumno/a deberá coidar a súa mesa de traballo e deixala limpa antes de finalizar a clase. O negarse a dita limpeza ou o esquecemento reiterado neste labor será sancionado cun parte de incidencias que será comunicado ao/á titor/a, aos pais e a xefatura de estudos. Se un alumno chega a clase cinco minutos ou máis despois de que toque o timbre, considerarase como atraso. Tres atrasos acumulados terán a condición de falta leve que da lugar a emisión dun parte de incidencias que se comunicará ós pais e o/a titora do alumno. A persistencia nestes feitos terán a consideración de falta contraria ás normas de convivencia.