SlideShare a Scribd company logo
Museo Fortaleza San Paio de Narla
1
INDICE
1. LIMIAR .............................................................................................................................2
2. ESTADISTICA ANUAL DE VISITANTES..................................................................3
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO............................................................................10
4. PROGRAMA DIDÁCTICO..........................................................................................10
4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES..................................................................10
4.2. OBRADOIROS DE VERÁN......................................................................40
4.3. OBRADOIROS DE NADAL ......................................................................82
4.4. OBRADOIROS EN FAMILIA (PEQUEAMIG@S).................................92
4.5. COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE...........................................100
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL.................................................................105
5.1. PROGRAMA INTERXERACIONAL......................................................105
5.2. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE....................................................110
5.3. PROGRAMA DE OCIO-TURÍSMO-CULTURAL.................................116
5.4. SEMANA DOS MUSEOS........................................................................127
5.5. PROGRAMA MUSEOLOXÍA SOCIAL .................................................138
5.6. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS ..........................................................166
5.7. PROGRAMA DE CONFERENCIAS .....................................................187
5.8. PROGRAMA DE RECURSOS EDUCATIVOS ...................................198
5.9. PROGRAMA CAPACIDADES DIVERSAS..........................................207
6. PROGRAMA DE PERSOAL ....................................................................................211
7. PROGRAMA ECONÓMICO.....................................................................................211
Museo Fortaleza San Paio de Narla
2
1. LIMIAR
A perpetuidade e lonxevidade dun museo ven definida por unha miríada de
factores que, inflúen positiva ou negativamente, na calidade de vida da institución.
Sempre é convinte someterse a avaliación, sopesar se se segue o rumbo correcto
ou se se erra.
Hoxe en día, a cultura é un xigante con pés de barro, e as iniciativas dilúense,
poden pasar desapercibidas, desatendidas, ignoradas…Iso pasaría senón houbese
un colectivo humano detrás, un equipo con ganas e ilusións, con afán de
perfeccionarse e loitar por dar o mellor de sí mesmos.Un colectivo que rescata día
tras día os museos da languidez do tedio e do esquecemento, auténticos
transmisores de cultura e saber, os museos viven entre nós por sempre porque son
o garante, o depósito dun patrimonio material e inmaterial que se prolonga e
continúa.
Un ano máis, San Paio de Narla continúa a existir, a ser para tod@s e entre
tod@s, con afán de loita inclusiva e con espiríto loitador e facedor de vida. É un
pracer tódolos anos facer a memoria anual, e ver gratas lembranzas que salpican
a nosa retina e nos enorgullecen enormemente. Ver cómo se enchen as páxinas, é
interesante para nós non só cuantitativa senón cualitativamente, é máis emotivo o
compoñente vivencial. Pasen as follas con calma e atención, e deleitense co noso
traballo, sentan a nosa “ledicia”. Estamos ledos e ledas pola encomenda social que
se nos fixo como traballadores e traballadoras de museos. Non temos que xustificar
a nosa existencia, as nosas obras, exposicións, proxectos…falan da loita e falan do
amor polo noso. Adoramos o que facemos, porque somos a testemuña dun pasado
que traemos a cotío para o presente, e intentaremos legar a un futuro prometedor
e emprendedor. Convídamosvos a outro ano máis connosco, prometemos seguir
facendo e creando. Seguir fieis a esencia. A nosa esencia. A esencia que nutre e
fortifica os alicerces desta insigne fortaleza e museo de San Paio de Narla.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
3
2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES.
Xaneiro Nº total de visitantes 1329
4 grupos escolares 138
9 grupos adultos 256
Visitas individuais 935
Febreiro Nº total de visitantes 1282
13 grupos escolares 438
3 grupos adultos 169
Visitas individuais 675
Marzo Nº total de visitantes 2278
20 grupos escolares 634
15 grupos adultos 420
Visitas individuais 1224
Abril Nº total de visitantes 2972
17 grupos escolares 496
9 grupos adultos 279
Visitas individuais 2197
Maio Nº total de visitantes 2230
22 grupos escolares 693
11 grupo adultos 331
Museo Fortaleza San Paio de Narla
4
Visitas individuais 1206
Xuño Nº total de visitantes 1571
21 grupos escolares 727
3 grupos adultos 140
Visitas individuais 704
Xullo Nº total de visitantes 2400
3 Obradoiros 68
4 grupos adultos 145
Visitas individuais 2187
Agosto Nº total de visitantes 3383
6 Obradoiros 184
14 grupos adultos 487
Visitas individuais 2712
Setembro Nº total de visitantes 1486
13 grupos adultos 300
Visitas individuais 1486
Outubro Nº total de visitantes 2392
2 grupos escolares 95
19 grupos adultos 703
Visitas individuais 1594
Museo Fortaleza San Paio de Narla
5
Novembro Nº total de visitantes 2124
15 grupos escolares 460
12 grupos adultos 369
Visitas individuais 1295
Decembro Nº total de visitantes 1519
grupos escolares 401
grupos adultos 72
Visitas individuais 1046
Total visitantes anuais 25266
Museo Fortaleza San Paio de Narla
6
Gráfica comparativa dos anos 2016-2017
1151
1147
2422
2058
1949
2394
2162
3363
1667
2481
2073
15361329
1282
2278
2972
2230
1571
2400
3383
1786
2392 2124
1140
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500
4000
SAN PAIO DE NARLA
Ano 2016
Ano 2017
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500
1329 1282
2278
2972
2230
1571
2400
3383
1786
2392
2124
1519
POR Nº DE VISITANTES
Museo Fortaleza San Paio de Narla
7
15%
7%
2%
6%
15%29%
26%
Por idades
0-10
11-14
15-18
19-25
26-40
41-65
66
0
2000
4000
6000
8000
10000
12000
4072
4561
10711
759
295691
158205164596
236109574
183
737
98 159 77 303578
Por Procedencias
LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA
ANDALUCIA ARAGON ASTURIAS
BALEARES CANARIAS CANTABRIA
CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LA MANCHA
EUSKADI EXTREMADURA MADRID
Museo Fortaleza San Paio de Narla
8
0
2943
3758
3606
3993
5701
5292
0 1000 2000 3000 4000 5000 6000
Por días da semana
DOMINGO
SABADO
VENRES
XOVES
MERCORES
MARTES
LUNS
Museo Fortaleza San Paio de Narla
9
XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL
HOMES 672 581 1102 1454 1093 768 1126 1709 852 1138 1009 776 12280
MULLERES 657 701 1176 1518 1137 803 1274 1674 921 1254 1115 743 12973
0-10 90 188 417 269 510 546 360 424 116 222 494 210 3846
11-14 185 224 79 200 263 195 65 89 63 193 80 123 1759
15-18 26 12 70 86 22 4 26 89 34 4 61 32 466
19-25 74 111 110 242 134 78 149 230 120 98 153 90 1589
26-40 266 138 300 611 292 140 460 638 340 234 212 152 3783
41-65 329 299 544 828 419 212 777 1050 828 843 534 594 7257
66 359 310 758 736 590 396 563 863 285 798 590 318 6566
LUGO CIDADE 256 152 323 301 523 619 333 338 251 426 253 297 4072
LUGO PROVINCIA 259 446 352 295 394 288 395 407 359 420 636 310 4561
GALICIA 675 592 1302 1631 933 429 824 1099 620 1245 790 571 10711
ANDALUCIA 27 14 91 109 67 14 77 213 40 38 36 33 759
ARAGON 10 24 20 24 11 44 56 62 15 18 11 295
ASTURIAS 24 23 28 90 56 22 87 151 29 55 83 43 691
BALEARES 27 45 10 4 26 32 2 10 2 158
CANARIAS 7 5 2 18 6 49 80 19 13 2 4 205
CANTABRIA 9 6 8 2 32 51 20 10 16 10 164
CATALUÑA 14 4 44 44 32 35 114 171 18 8 54 58 596
CASTILLA-LEON 13 3 12 36 10 5 34 46 29 14 23 11 236
CASTILLA-LA MANCHA 2 4 14 3 9 37 19 2 8 11 109
EUSKADI 10 15 9 67 34 38 131 169 18 20 30 33 574
EXTREMADURA 2 1 25 13 14 7 98 8 4 6 5 183
MADRID 13 5 24 137 33 19 121 137 65 38 57 88 737
MURCIA 6 2 8 7 1 4 11 38 9 9 3 98
NAVARRA 34 2 7 23 49 18 4 15 7 159
LA RIOJA 11 4 23 28 1 4 6 77
VALENCIA 2 2 51 6 2 52 132 25 18 8 5 303
ESTRANXEIROS 13 15 18 31 71 58 34 57 153 51 66 11 578
MAÑAS 554 735 1097 1390 1222 1059 623 1163 719 983 1073 806 11424
TARDES 775 547 1189 1582 1008 512 1777 2220 1067 1409 1051 713 13850
LUNS 0
MARTES 108 243 130 279 239 205 374 583 132 120 359 171 2943
MERCORES 294 152 388 397 413 198 238 566 214 244 348 306 3758
XOVES 136 100 230 288 339 437 288 671 172 453 348 144 3606
VENRES 189 167 357 569 329 351 305 600 311 321 275 219 3993
SABADO 305 346 621 721 416 189 602 490 494 663 429 425 5701
DOMINGO 297 274 552 718 494 191 620 473 463 591 365 254 5292
GRUPOS ESCOLARES 138 438 634 496 693 727 68 184 95 460 401 4334
GRUPOS ADULTOS 256 169 420 279 331 140 145 487 300 703 369 72 3671
VISITAS INDIVIDUAIS 935 675 1224 2197 1206 704 2187 2712 1486 1594 1295 1046 17261
DOMINGOS NO MUSEO
TOTAIS MENSUAIS 1329 1282 2278 2972 2230 1571 2400 3383 1786 2392 2124 1519 25266
*RESUME EXTRANXEIROS
EEUU/Canadá
Portugal
Italia
Arxentina/Uruguai
Francia/Suiza
China
Holanda
Noruega
Etiopía
Xapón
Brasil/Colombia
Ecuador/Perú
Austria
ReinoUnido
Chile/Cuba
Rusia
Venezuela/México
Alemania
PortoRico/R.Dominicana
Ucrania
Polonia
ANUAL
XANEIRO 2 2 3 5 1 13
FEBREIRO 2 2 4 1 4 2 15
MARZO 1 3 7 6 1 11
ABRIL 1 1 6 2 3 1 17 31
MAIO 4 3 3 4 4 53 71
XUÑO 1 9 44 4 58
XULLO 2 3 3 6 2 2 13 1 2 34
AGOSTO 2 5 1 2 2 2 7 1 3 30 2 57
SETEMBRO 6 3 2 23 4 3 112 153
OUTUBRO 3 2 1 2 8 4 1 30 51
NOVEMBRO 2 3 10 1 20 30 66
DECEMBRO 3 4 4 11
TOTAL 8 18 31 22 64 0 0 2 2 3 12 3 0 128 5 3 11 262 0 2 2 571
* Nº DE GRUPOS XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL
Nº GRUPOS ESCOLARES 4 13 20 17 22 21 3 6 2 15 12 135
Nº GRUPOS ADULTOS 9 3 15 9 11 3 4 14 13 19 12 2 114
RESUME DE VISITAS AO MUSEO SAN PAIO DE NARLA ANO 2017
Museo Fortaleza San Paio de Narla
10
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO
Limpeza dos accesos e plataforma do castro da fortaleza varias veces ao ano
Reposición de sistema de iluminación, por parte do servizo de mantemento da
Deputación, cando son de fácil reposición e urxencia son reparadas polo persoal
da fortaleza. (DURANTE TODO ANO SEGUNDO HAI AS INCIDENCIAS)
Desratización unha vez ao mes.
Recollida de auga, control lexionella e potabilidade.
Routers novos, ao estropearse por tormentas
Arranxo de deshumificadores
Cortaronse hedras que subían pola fortaleza
Ordenador de mesa
Ordenador portátil
Impresora nova
Arreglo pozo
Fumigación no mes de xuño
4. PROGRAMA DIDÁCTICO
4.1. Actividades escolares
Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas:
guiada e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación
previa das mesmas, concertando con departamento de didáctica.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
11
Visita de iniciación:
Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para os grupos
que visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo.
Duración aproximada de 60 minutos.
Para un mellor aproveitamento do Museo Fortaleza San Paio de Narla, xa
que existe unha variedade e riqueza de contidos, e na procura dun novo concepto
de visita máis participativa, como alternativa as tradicionais visitas guiadas e que
implique a colaboración directa de profesores e alumnos, ofrecemos un programa
de itinerarios os distintos niveis de ensino:
O Castelo encantado
O Porvir do pasado
Museo Fortaleza San Paio de Narla
12
O Labirinto do Castelo
Un Museo de Lendas
O xogo de verbas
Na lareira
A bela durminte
Visita de iniciación
Nivel: Todos os ciclos
Data: Curso escolar
Obxectivo: Comprender que a as sociedades actuais están condicionadas polo
seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e
continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
13
O Castelo encantado
Nivel: 1º e 2º ciclo de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Identificar as distintas clases sociais; servos, señorío e cabaleiros
meirande os recursos que nos ofrecen as diferentes salas do museo.
O Porvir do pasado
San Paio de Narla é un museo axente para o coñecemento da vida pasado
dos nosos devanceiros, museos que deben de ser, e son, activos na educación dos
nosas xeracións.
Nivel: ESO e BAC
Data: Curso escolar
Museo Fortaleza San Paio de Narla
14
Obxectivo: Estudar o paso do tempo, no que se desenvolve o señorío de San Paio
de Narla, así como as distintas salas, a través da Lenda da Cova da Serpe.
Comprender que a sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado
histórico, recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e continuidade, así
como a necesidade conservalas para outras xeracións.
O Labirinto do Castelo
Nivel: ESO e BAC
Data: Curso escolar
Obxectivo: Coñecer a etnografía e desenvolver a creatividade do alumnado sendo
conscientes da importancia do pasado para comprender e presente.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
15
Un Museo en Lendas
Nivel: 3º Ciclo de Primaria, ESO e BAC
Data: Curso escolar
Obxectivo: Coñecer a literatura e a mitoloxía popular do Concello de Friol a través
da comunicación cos nosos maiores.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
16
Museo Fortaleza San Paio de Narla
17
O xogo de verbas
Nivel: 4º,5º e 6º Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Aproveitar a riqueza e a variedade do patrimonio cultural, tomando
conciencia da importancia do pasado para comprender o presente; para espertar o
interese polas visitas aos museo motivamos con xogos.
A) Nesta fotografía sinala o nome desta peza
B) ¿Sabes o nome de peza que vai do guindastre ó caldeiro?
C) O guindastre recibe tamén o nome de _____________
Museo Fortaleza San Paio de Narla
18
Localiza nesta sopa de letras as respostas dos apartados C das probas anteriores
e comprobarás que coas letras restantes contadas de 3 en 3 atoparás o nome deste
museo.
Na Lareira
Nivel: Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Visitar a cociña para que o alumnado descubra a transformación que
esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Compararemos as vellas cociñas e as
comidas que nelas se facían coas actuais
Museo Fortaleza San Paio de Narla
19
Museo Fortaleza San Paio de Narla
20
A bela durminte
Nivel: Ed. Infantil e 1º e 2º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Empregar como fío condutor o conto da Bela Durminte e aproveitar
como recurso os obxectos expostos, nun ambiente, en principio nada atraínte para
o neno, o castelo vaise convertendo nun escenario onde a imaxinación cobra vida
ata materializarse como real.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
21
Peiteados y aderezos
Nivel: 3º e 4º ESO
Data: Curso escolar
Obxectivo: Concienciar aso rapaces e rapazas de cómo unha actividade que pode
parecer tan rutinaria como a de peitearse pode ser algo estético e artístico. Ademais
de agochar os entresixos de épocas históricas ao través das cales, sometidas a un
exhaustivo estudo, verase coma o peiteado era signo social de distinción e
ostentación.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
22
Facendo historia (Heráldica)
Nivel: 1º e 2º da ESO
Data: Curso escolar
Obxectivo: Fusión heráldica e historia, condensándoos nun único concepto para
amosar que tras un escudo agóchase moita crónica histórica. Un escudo non é
unha peza inerte, ao contrario é unha peza parlante, e iso é o que se tentará facer
visible incidindo en que é unha fiestra para visionar como era a vida dos nosos
home e mulleres con rango nobiliario do Medievo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
23
Pescudas de detectives en San Paio
Nivel: 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO
Data: Curso escolar
Obxectivo: Trátase de que os nenos e nenas se metan, por uns intres, na pel dun
detective. Pero dun detective peculiar, porque o seu campo de acción será o Museo
de San Paio, e terán que ir superando unha serie de pistas para acadar a meta
final. Unha desas pistas consistirá en localizar cunha lupa cal é a peza máis antiga
da lareira, etc. Finalmente, chegarán ao último piso da torre e se fixeron ben as
súas tarefas, adiviñaran cal é o truco para abrir un cofre con sorpresas.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
24
Unha firma medieval: un signo lapidario
Museo Fortaleza San Paio de Narla
25
Nivel: 6ª de primaria, 1º ESO e 2º ESO
Data: Curso Escolar
Obxectivo: Con esta unidade didáctica búscase afondar noutra realidade de San
Paio de Narla, pouco coñecida e, por tanto, pouco difundida. Trátase de traballar
coa temática dos signos lapidarios que se atopan diseminados por toda a fortaleza
medieval e con reminiscencias renacentistas. Pretendese que os nenos e nenas
comprendan a transcendencia destes signos que non eran meros garabatos na
parede, senón que tiñan unha explicación e razón de ser. Deste xeito, a unidade
didáctica contempla ser realizada en dúas fases: unha teórica e outra práctica.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
26
Á procura do acibeche en San Paio
Metodoloxía: A intención desta unidade é dar a coñecer a nosa colección de
acibaches a través de xoias realizadas nesta pedra protectora intimamente ligada
á cultura galega.
Nivel: 1º, 2º, 3º e 4ºde ESO
Museo Fortaleza San Paio de Narla
27
Os escribáns en San Paio de Narla
Metodoloxía: Con esta actividade daremos a coñecer os instrumentos que
utilizaban os escribáns na Idade Media: pluma, tinteiro, salvadeiras, vade,
pergamiños…Así nos achegaremos a un oficio moi relevante para os señoríos
medievais.
Nivel educativo: 4º,5º,6º de Educación Primaria e 1º da ESO.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
28
Museo Fortaleza San Paio de Narla
29
PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA ESCOLARES CURSO 2016/17:
A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación
de Lugo, a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran
(Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial
do Mar e Museo Pazo de Tor) pon a disposición dos centros escolares a súa nova
programación para o curso escolar 2016 / 2017 coa idea de fomentar o
achegamento do alumnado ao patrimonio conservado nos nosos museos.
O obxectivo da nosa programación educativa para o curso 2016/2017 é o de
situar no horizonte como meta: traballar e difundir con optimismo e motivación
incesantes.
Para un mellor aproveitamento do Museo Fortaleza San Paio de Narla
ofrecemos un programa de itinerarios aos distintos niveis de ensino. Existe unha
variedade e riqueza de contidos a disposición dun novo concepto de visita máis
participativa, como alternativa ás tradicionais visitas guiadas, e que implique a
colaboración directa de profesorado e alumnado.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
30
Para concertar a realización de calquera das actividades que presentamos
deberase contactar co Departamento de Didáctica do Museo Fortaleza San Paio
de Narla.
Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas:
guiada e con actividade.
» Visita de iniciación
Comprende un percorrido por todo o castelo, recoméndase para os grupos
que visitan o Museo por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo.
Duración aproximada de 60 minutos.
Nivel: Todos os ciclos
Obxectivo: Comprender que as sociedades actuais están condicionadas polo seu
pasado histórico. Recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e
continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións.
» O Castelo encantado
Nivel: 1º e 2º ciclo de Primaria
Obxectivo: Identificar as distintas clases sociais; servos, señorío e cabaleiros
mirando os recursos que nos ofrecen as diferentes salas do museo.
» O Porvir do pasado
San Paio de Narla é un museo axente para o coñecemento da vida pasada
dos nosos devanceiros, museos que deben ser, e son, activos na educación dos
novas xeracións.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
31
Nivel: ESO e BAC
Obxectivo: Estudar o paso do tempo no que se desenvolve o señorío de San Paio
de Narla, así como as distintas salas, a través da Lenda da Cova da Serpe.
Comprender que a sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado
histórico, recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e continuidade, así
como a necesidade de conservalas para outras xeracións.
» Un Museo en Lendas
Nivel: 3º Ciclo de Primaria, ESO e BAC
Obxectivo: Coñecer a literatura e a mitoloxía popular do concello de Friol a través
da comunicación cos nosos maiores.
» O xogo de verbas
Nivel: 4º, 5º e 6º Primaria
Obxectivo: Aproveitar a riqueza e a variedade do patrimonio cultural, tomando
conciencia da importancia do pasado para comprender o presente; para espertar o
interese polas visitas aos museos motivamos con xogos.
» Na Lareira
Nivel: Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria
Obxectivo: Visitar a cociña para que o alumnado descubra a transformación que
esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Compararemos as vellas cociñas e as
comidas que nelas se facían coas actuais.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
32
» Pescudas de detectives en San Paio
Nivel: 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO
Obxectivo: Trátase de que os nenos e nenas se metan, momentaneamente, na
pel dun detective. Pero dun detective peculiar, porque o seu campo de acción será
o Museo de San Paio, e terán que ir superando unha serie de pistas para acadar a
meta final. Unha desas pistas consistirá en localizar cunha lupa cal é a peza máis
antiga da lareira, etc. Finalmente, chegarán ao último piso da torre e, se fixeron ben
as súas tarefas, adiviñaran cal é o truco para abrir un cofre con sorpresas.
» Unha firma medieval: un signo lapidario
Nivel: 6ª de primaria, 1º ESO e 2º ESO
Obxectivo: Con esta unidade didáctica búscase afondar noutra realidade de San
Paio de Narla, pouco coñecida e, por tanto, pouco difundida. Trátase de traballar
coa temática dos signos lapidarios que se atopan diseminados por toda a fortaleza
medieval e con reminiscencias renacentistas. Pretendese que os nenos e nenas
comprendan a transcendencia destes signos que non eran meros garabatos na
parede, senón que tiñan unha explicación e razón de ser. Deste xeito, a unidade
didáctica contempla ser realizada en dúas fases: unha teórica e outra práctica.
» Ollando a cultura-prismásticos
Nivel: Primaria
Obxectivo: Analizar a funcionalidade dunha peza que cobra vida fora de
exposicións. Aprender a afondar nos diferentes tipos de visión. Teorizar entre o que
o ollo ve, percibe e descobre.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
33
» Na Procura do Acibeche
Nivel: Primaria
Obxectivo: Aprender o que era o acibeche, que se facía con el... e farase un colar
con macarróns imitando aos “colares de abadesa” que eran de acibeche. Co cal
obsequiarán as súas nais.
» O bestiario medieval.
Nivel: ESO
Obxectivo: A intención desta actividade é que os nenos e nenas descubran o
importante poder da creatividade e da imaxinación. Para iso tomamos como marco
referencial e cronolóxico a Idade Media, un período de escurantismo do que
descoñecemos moitas realidades. A influencia da Igrexa tendía a plasmar imaxes
demoníacas para atemorizar e creaba fantásticos códices, como o de Liébana, que
supoñan un auténtico desfile de animais quiméricos: sereas, grifóns, dragóns,
basiliscos…
Tras ensinarlle unha serie de diapositivas explicativas, cada neno ou nena
escollerá o animal quimérico que máis lle guste, e fará sobre pergameo o seu
particular e propio códice. Tamén se lles ensinara a importancia dos códices
miniados e a facer fermosas letras capitais.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
34
» Os xograres en San Paio de Narla
Nivel: ESO
Obxectivo: Trátase de que os nenos e nenas elaboren un xornal alusivo ás novas
que puideron acontecer na Fortaleza de San Paio de Narla en época medieval,
como o horrendo crime perpetrado por Vasco das Seixas a Catalina de Andrade.
Deste xeito trataríase a violencia de xénero e pode adaptarse ás seccións dun
xornal actual, por exemplo na sección de deportes mencionar quen gañou o torneo
de xustas a cabalo, etc. Finalmente, coa axuda do computador, posiblemente
empregando o publisher, farase un pequeno cartaz exemplificando a portada dun
xornal.
» A tradición dos contos de cego
Nivel: ESO
Obxectivo: Tomando como fío condutor o romance de Don Gaiferos, traballarase
a oralidade recitando un poema que eles e elas mesmos escribirían sobre un
pergameo que deberán elaborar coas súas mans. Acto seguido, recitarán o seu
poema, ben de invención propia ou parafraseado
» Rebelión na corte de San Paio: a revolta dos vasalos (obra teatral)
Nivel: ESO
Obxectivo: Mediante a representación dunha pequena peza teatral, de nova
creación, analizarase o rol e a función de cada persoa na corte, traballando o tema
do conflito en escena.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
35
» O sistema defensivo dos castelos medievais.
Nivel: ESO
Obxectivo: Traballando un quebracabezas con pezas que conformen un castelo e
facendo con pinzas de madeira un esbozo do castelo, analizarase o sistema
defensivo dun castelo, como o de Pambre ou o de San Paio.
» A iconografía nos ríos galegos: río Narla.
Nivel: ESO
Obxectivo: Analizaremos a fauna e flora dos ríos galegos, así como a súa mitoloxía
que compararemos coa grecorromana, tan florecente e rica en simboloxía e imaxes.
»Crea o teu museo.
Metodoloxía: Fago o meu museo, facemos o noso museo, creamos una rede. Os
museos son relatores de historias. Desde a Rede Museística invitámosvos a que
creedes o voso propio museo a partir dun diálogo aberto coas nosas coleccións e
cos profesionais que traballan neste espazo. Se queres saber como, pregúntanos!
Nivel educativo: Infantil e 3º, 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
36
Programas de Actividades Escolares Curso 2017/18
Museo Fortaleza San Paio de Narla
37
Museo Fortaleza San Paio de Narla
38
Museo Fortaleza San Paio de Narla
39
Museo Fortaleza San Paio de Narla
40
4.2. Obradoiros de verán
Desde a Deputación de Lugo a través dos catro museos integrados na Rede
Museística propoñémosche un programa refrescante cunha morea de actividades
para este verán 2017. Actividades variadas, para todas as idades, propostas
guiadas polo afán de aprender e gozar ao mesmo tempo. Unha mestura de
coñecementos e entretementos que procuran que a cultura e a historia deste noso
país, que procuramos divulgar e transmitir desde as coleccións expostas nos
museos da Rede, formen parte das nosas vidas tamén no verán. Tempo de facer
novas amizades, de compartir, de crear e soñar! Se te animas, aquí tes sempre a
porta aberta!
Museo Fortaleza San Paio de Narla
41
»OBRADOIRO: Na arca aberta, o xusto peca
Neste museo, como nas nosas casas, hai unha variedade enorme de
mobiliario que precisamos para gardar, ou agachar, cousas (bargueños, arcas..),
para apoiar (mesas, consolas…) ou de asento e descanso (escanos, cadeiras…).
Todo este mobiliario ten ou tivo unha función precisa, por veces sorprendente, que
temos que descubrir mediante xogos como adiviñas, refráns, historias … Vén
xogar!
Museo Fortaleza San Paio de Narla
42
Museo Fortaleza San Paio de Narla
43
Museo Fortaleza San Paio de Narla
44
»OBRADOIRO: Ferro e aceiro; defender San Paio é o primeiro!
Co pretexto dun marabilloso marco escenográfico como é San Paio de Narla
serviunos para facer dela un escenario onde xs nenxs por un día reviviron o
apasionante mundo da loita medieval, megullándose no eido das armaduras e
armamento medieval, combinando a súa destreza manual coa su capacidade
creativa para plasmar o concepto dunha armadura a través dun pequeno cabaleiro.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
45
Museo Fortaleza San Paio de Narla
46
Museo Fortaleza San Paio de Narla
47
»OBRADOIRO: Escenarios (artes plásticas)
Trataremos de representar como estes escenarios museísticos forman parte
do noso entorno máis próximo, observamos as características que representan a
cada un e recrearemos as imaxes e os obxectos que máis nos interesan. Faremos
unha visita ao Museo para logo traballar en diferentes panos e obxectos do Museo
reproducidos con diferentes técnicas a xeito de utillería escenográfica que logo
expoñerán en cada Museo recreando un novo espazo-escenario-museístico.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
48
Museo Fortaleza San Paio de Narla
49
Museo Fortaleza San Paio de Narla
50
Museo Fortaleza San Paio de Narla
51
Museo Fortaleza San Paio de Narla
52
»OBRADOIRO: Cinema
Sempre tiveches curiosidade por coñecer o mundo do cine por dentro? Entón
este é o teu obradoiro! Por fin poderás ser actor ou actriz e deixar voar a túa
imaxinación. Co cine pódense facer realidade os soños e que mellor lugar para
conquistalos que este marabilloso museo da Rede Museística. Chegou o momento
de facer cine. Tres, dous, un, cámara... acción!
Museo Fortaleza San Paio de Narla
53
Museo Fortaleza San Paio de Narla
54
Museo Fortaleza San Paio de Narla
55
Museo Fortaleza San Paio de Narla
56
Museo Fortaleza San Paio de Narla
57
Museo Fortaleza San Paio de Narla
58
Museo Fortaleza San Paio de Narla
59
Museo Fortaleza San Paio de Narla
60
»OBRADOIRO: Campamento de arqueoloxía
Os neno/as aprenderon o que era un arqueólogo, para logo pasar a acción e ser eles
uns pequeño/as arqueólogo/as que atoparon moitas cousas. Para logo analizar as pezas que
atopamos.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
61
Museo Fortaleza San Paio de Narla
62
Museo Fortaleza San Paio de Narla
63
Museo Fortaleza San Paio de Narla
64
Museo Fortaleza San Paio de Narla
65
»OBRADOIRO: Teatro
Neste obradoiro propoñémosvos un achegamento ás artes escénicas
divertido e dinámico. Coñecerémonos a nós mesmos e aos demais dun xeito lúdico
e festivo nun espazo singular, o Museo, que nos guiará ao longo deste proceso de
re-presentar.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
66
Museo Fortaleza San Paio de Narla
67
Museo Fortaleza San Paio de Narla
68
Museo Fortaleza San Paio de Narla
69
Museo Fortaleza San Paio de Narla
70
Museo Fortaleza San Paio de Narla
71
»OBRADOIRO: Ara que te ararás, a túa terra cultivarás
Ara que ararás, a túa terra cultivarás, que constou dunha parte práctica e
outra teórica. Nelas volvemos ao pasado onde era preciso o arado para cultivar as
terras do señorío a través dos campensiños. Por iso o primeiro día falamos do arado
e dos aperos de labranza necesarios para poder cultivar a terra, e cales foron
quedando no esquecemento e cales continúan hoxe en día; para logo dar paso a
facer un pequeno puzzle coas pares do arado. Xa no segundo día, sementaron a
súa horta e recrearon aos nobres e ao campesiñado que lles ofrendaban as súas
colleitas.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
72
Museo Fortaleza San Paio de Narla
73
Museo Fortaleza San Paio de Narla
74
Museo Fortaleza San Paio de Narla
75
Museo Fortaleza San Paio de Narla
76
Museo Fortaleza San Paio de Narla
77
Museo Fortaleza San Paio de Narla
78
»OBRADOIRO: Letra Creativa (literatura)
O mundo das letras é unha especie de labirinto infindo. Coas nosas letras,
as que ti escribas, poderás xogar a todo aquilo que sempre quixeches facer. Nós
axudarémosche a crear un universo propio, será de risa? De Medo? De
superheroes? Iso decídelo ti. Creamos unha historia? As letras creativas quedarán
á túa disposición. Este é o teu obradoiro.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
79
Museo Fortaleza San Paio de Narla
80
Museo Fortaleza San Paio de Narla
81
Museo Fortaleza San Paio de Narla
82
4.3. Obradoiros de Nadal
Museo Fortaleza San Paio de Narla
83
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo convocan o
programa de obradoiros e actividades para este Nadal 2017. Cada museo (Museo
Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de Narla
e Museo Pazo de Tor) desenvolven diferentes actividades nas respectivas sedes,
tendo en conta as peculiaridades das coleccións que albergan e as demandas do
seu público.
Desde a Deputación de Lugo e a través dos catro museos pretendemos
promover un lecer activo, creativo e participativo. Sobre todo nestas datas, nas que
celebramos a renovación, a chegada dun novo ano. Gozade das festas, da familia,
dos amigos e do descanso ... pero non esquezades achegarvos aos museos.
Agardámoste!
O prazo de inscrición paras as actividades que o precisan mantense aberto
ata que se cubran as prazas ofertadas; debe formalizarse no Museo onde se vaia
realizar a actividade.
Como unha cantiga...
Na máis outa aldea
leda romaría.
Perdida no monte...
Anxos de cristal
a soñar na fonte.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
84
O Neno durmía...
As bágoas da estrela
na frol máis noviña.
No colo da noite...
Os sapos anainan
ó Neno que dorme.
Como unha cantiga
perdida no monte,
o Neno durmía
no colo da noite.
[X. Díaz Jácome, ‘O Neno durmía’, Muíño fidel, 1983]
PROGRAMA
»Obradoiro: O día a día dun mundo medieval na actualidade
Tomando como referencia o calendario medieval tan esplendidamente
plasmado nos muros pétreos da Colexiata de San Isidoro de León, preténdese que
os nenos e nenas vaian elaborando cada mes do ano o seu calendario, introducindo
unha letra capital miniada e facendo alusión a unha imaxe característica dese mes.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
85
Museo Fortaleza San Paio de Narla
86
»Obradoiro: Nova vida, novas bágoas
Tomando como fío condutor as Cantigas de berce ou arrolos, os nenos/as
centraranse no berce exposto no museo e entenderán a luz a nova vida. Recitarán
unha cantiga e realizarán un quebracabezas ou un debuxo dun berce.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
87
Museo Fortaleza San Paio de Narla
88
Museo Fortaleza San Paio de Narla
89
»Obradoiro: Habitando as casas das culturas do mundo
Identificar as diferentes vivendas do mundo para valorar as diferenzas
esóxenas e endóxenas coas nosas vivendas autóctonas. E profundar no respecto
cara outras culturas e intensificar lazos de unión coas mesmas.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
90
Museo Fortaleza San Paio de Narla
91
Museo Fortaleza San Paio de Narla
92
4.4. Obradoiros en familia (Pequeamigos)
Obradoiro O enterro da sardiña
Os nenos e nenas do Club Pequeamig@s y parte dos seus pais e nais
integrantes do Club EI! desfrutaron onte do último día de Entroido en familia e
remataron no Museo Fortaleza de San Paio de Narla do "Enterro da Sardiña" dunha
forma emotiva, lúdica, creativa e participativa.
Os nenos e nenas sentían unha curiosidade por saber que era o Enterro da
Sardiña, logo empezaron a sentirse motivados co Obradoiro da Sardiña, despois
de empezar a desenvolver a súa imaxinación para disfrazarse e despois empezaron
a desenvolver os seus sentidos, vendo, escoitando e percibindo todo o proceso do
enterro.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
93
Museo Fortaleza San Paio de Narla
94
Museo Fortaleza San Paio de Narla
95
Museo Fortaleza San Paio de Narla
96
Obradoiro Escultura Cerámica Comunitaria
Os catro museos da Rede Museística da Deputación Provincial veñen de
presentar unha nova edición de NOS+OUTRAS EN REDE unha mostra na que
participan nove artistas, que nos propoñen microproxectos individuais, produto das
súas particulares relfexións arredor das problemáticas de xénero.
Cada artista realiza ademais un obradoiro co que se pretende establecer un
diálogo con diferentes colectivos sensibles.
O Museo Fortaleza San Paio de Narla acolle a exposición de Violeta
Bernardo onde as súas pezas se entremeten cos obxectos das coleccións
permanentes.
Contando con Violeta Bernardo que nos ofreceu un obradoiro de familia, aos
pais, nais e nenos/as da ANPA do Colexio da Ponte de Lugo. Os nenos/as
desfrutaron da visita ao museo e das súas coleccións así como da exposición
temporal da artista que como ela diría é a forma de expresar sentimentos e
emocións. E iso foi o que fixeron onte os nenos/as, pais e nais no seu obradoiro
"Escultura cerámica comunitaria" no que traballaron con arxila nun proxecto de
grupo, e ao remate farase un mural no que se integraron as pezas de todos os
obradoiros.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
97
Museo Fortaleza San Paio de Narla
98
Museo Fortaleza San Paio de Narla
99
Museo Fortaleza San Paio de Narla
100
Obradoiro de familias con Medrar 2.0
O colectivo de pais, nais, nenos e nenas de Medrar 2.0 seguindo co noso
programa de familias visitounos o día 2 de abril desfrutando dunha visita didáctica
e teatralizada, onde a través dela coñeceron as tradicións e a historia da fortaleza,
adaptando a visita ao nivel dos visitantes.
4.5. Colaboración coa Universidade
Colaboración co proxecto Vía Lactea (USC) xaponesas
Un grupo de mozas e mozos xaponeses que realizan coa USC o proxecto
Vía Lactea e co cal colabora a ¨Rede Museística Provincial desenvolveron unha
serie de actividades na Fortaleza de San Paio de Narla e o CPI Dr. López Suárez
E ao mesmo tempo centrámonos nos catro pilares da educación: aprender a
coñecer, aprender a facer, aprender a vivir xuntos e aprender a ser, cunha
experiencia intercultural e interdisciplinar.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
101
Museo Fortaleza San Paio de Narla
102
Visita dos alumnos/as de 4ª Curso de Pedagoxía da USC
Dunha forma emotiva, lúdica, creativa e participativa visitaron os alumnos/as
da Facultade de Ciencias da Educación, de 4º curso do Grao de Pedagoxía da
USC; acompañados polo profesor Jesús Rodriguez, "coñecedor" da contorna e do
patrimonio material e inmaterial de Friol. Visitarondous museos da Rede Museística
Provincial de Lugo, o Museo Provincial de Lugo e o Museo Fortaleza San Paio de
Narla, tratando de tecer redes; obxectivo principal da Rede Museística. No Museo
Provincial de Lugo camiñaron polo museo da man da xerente Encarna Lago, de
Antonio Reigosa e Mendoza do departamento de didáctica e guías onde
desfrutaron dunhas experiencias pedagóxicas. No Museo de San Paio de Narla
fixeron da man de Francisca Abuín onde coñeceron a historia da fortaleza e os
contidos do museo a través das súas coleccións, para logo desenvolver unha
actividade didáctica e práctica onde a través dos obxectos experimentaron distintas
Museo Fortaleza San Paio de Narla
103
emocións basadas nos catro pilares da educación: aprender a facer, aprender a
ser, aprender a coñecer, e aprender a vivir xuntos. Despoiscoñeceron o Patrimonio
material e inmaterial de Friol da man de Carricoba e Blanca Gerpe, exmestres do
colexio de Friol. Tamén coñeceron toda a museoloxía social, levada a cabo polo
Museo Fortaleza San Paio de Narla a través dos Club Pequeamig@s, Ei e Senior;
e coas distintas asociacións. Nunha palabra museo-educación-familias tecendo
redes para un futuro mellor das xeneracións vindeiras.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
104
Visita dos estudantes do Máster en Dirección de Actividades Educativas na
Natureza do Campus Terra de Lugo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
105
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL
5.1. Programa interxeneracional
A través deste programa o que pretendemos é o coñecemento duns medios
artesáns que forman parte da nosa cultura e que tende a desaparecer ante os novos
procesos industrial e tecnolóxicos.
V Xornadas de interpretación e dinamización no medio rural
Museo Fortaleza San Paio de Narla
106
Museo Fortaleza San Paio de Narla
107
Estas xornadas pretenden contribuír a promover o interese pol cultura e
tradicións propias da parroquia de Carballo e do Concello de Friol ademais de supor
unha oportunidade para analizar a situación do rural e poder coñecer experiencias
e estratexias que nos permitan contribuír a impulsar iniciativas de desenvolvemento
social e económico no noso entorno.
Os obxectivos destas xornadas son:
 Proporcionar espazos de encontro, intercambio e formación entre os veciños
e veciñas.
 Afondar no coñecemento da nosa historia e patrimonio material e inmaterial.
 Divulgar axudas que poidan resultar de interese.
 Contribuír a promover a integración de colectivos xuvenís, de mulleres, de
maiores e colectivos desfavorecidos en xeral.
 Coñecer experiencias que poidan resultar de interese para os veciños e
veciñas.
 Difundir as diferentes iniciativas e proxectos relacionadas co sector forestal
e agrogandeiro.
O Museo Fortaleza San Paio de Narla involucrados sempre nas actividades do
seu concello, colaborou coa súa presenza en devaditas xornadas.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
108
Museo Fortaleza San Paio de Narla
109
XIII Xornadas Interxeracionais Rurais
San Paio de Narla tecendo redes coas distintas asociacións participantes
nas "XIII Xornadas Interxeracionais Rurais. Aprendendo cos nosos maiores" de
Cabreiros.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
110
5.2. Programa da Terceira Idade
En termos xerais podemos dicir que a historia de Friol é a dos
acontecementos que lles ocorren aos antigos señores, hai que descubrila a base
dos vellos nobres que poboaron a comarca e das épocas en que dominaron o
territorio. Por iso nós creamos o programa da terceira idade.
Ninguén como as persoas maiores, isto é a terceira idade, pode valorar o
patrimonio inmaterial que tiña a transmisión oral da súa época, xa que era o seu
medio de comunicación, e nós os traballadores de museo somos os encomendados
de traspasar o noso legado a outros concellos, iso é o que imos a facer cos nosos
visitantes da terceira idade. Neste caso estamos a traballar cuns grupos dos
distintos concellos da xeografía galega a través da “Casa do Queixo” e distintas
axencias de viaxes e asociacións.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
111
Visita de AYADEUS da UDC
O grupo ADAYEUS (Asociación de Alumnos y Exalumnos de la Universidad
Senior de A Coruña) quixo coñecer a tradición oral da comarca de Friol a través
das lendas coas que conta dita fortaleza, para contemplar o estudo de dita lenda,
trasladáranse o próximo sábado a Sobrado dos monxes.
Realizaron a visita entorno a 3 facetas: coñecer a arquitectura deste BIC,
coñecer a historia medieval de dita fortaleza, e coñecer o proxecto museolóxico a
través dos seus contidos.
Todos os visitantes foron capaces ao rematar a visita de facer un retorno ao
pasado, isto é, á Idade Media, quedando pediente facer unha ruta de senderismo
á Cova da Serpe para completar unha das rutas itinerarias da Comarca de Friol
Museo Fortaleza San Paio de Narla
112
Universidad Senior de Sarria
San Paio de Narla continua coa súa programación coa visita da Universidade
Senior de Sarria vendo como as persoas da Terceira Idade seguen mantendo as
súas inquedanzas por aprender, e sobre todo no tema cultural.
Meirante estas visitas marcámonos como obxectivo a exercitación á
atención, á exercitación á memoria e a exercitación ao pensamento.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
113
Visita SVCD (Sociedade Veciñal, Cultural e Deportiva) Nautilius
Un grupo de de veciños da parroquia de Comesaña (Vigo) decidiu visitar o
patrimonio de Friol despois dos comentarios oídos a cerca desta explenderosa
Fortaleza.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
114
Visita do Centro Sociocomunitario Calvario
Grupo Asociación de Mulleres Dornas de Vigo
Museo Fortaleza San Paio de Narla
115
Grupo Asociación de Maiores Afundación de Ferrol
Que nos deu as grazas por introducilos na vida medieval, nun espazo tan
ben coidado e didáctico.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
116
5.3. Programa de ocio-turístico-cultural
Asociación Amigos deo Patrimonio de Castroverde
A Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde cuxo obxectivo é tratar
de divulgar e defender o patrimonio cultural, da natureza, artístico, monumental e
das tradicións do Concello de Castroverde.
Desfrutaron hoxe dunha visita a San Paio de Narla e ao Concello de Friol
onde coñeceron o patrimonio do concello, acompañados por unha persoa nativa e
coñecedora do noso patrimonio Concha Blanco; trasladándose logo a Fortaleza de
San Paio de Narla a pé a través do Camiño Real para logo desfrutar dunha visita
histórica de man de Francisca Abuín, para degustar da nosa gastronomía en Friol,
e pola tarde visitar o Concello de Palas, desfrutando de Vilar de Donas e o Castelo
de Pambre.
Un día cheo de sensacions e emocións a través do noso Patrimonio
Museo Fortaleza San Paio de Narla
117
Museo Fortaleza San Paio de Narla
118
Museo Fortaleza San Paio de Narla
119
Os británicos
Amigos e compañeiros cunha opción en común: as motos.
Este grupo de amigos/as desfrutaron dunha visita a fortaleza de San Paio
de Narla, o domingo día 12, onde a ceo clareou despois dunha intensa choiva
primaveral para recibilos, comezaron a visita coñecendo a historia da fortaleza
para despois centrarse no contidos do museo. Tan ben comprenderon a visita que
Museo Fortaleza San Paio de Narla
120
foron capaces de facer unha pequena comparación ao largo da historia da vida
medieval na fortaleza coa evolución das motos a través do paso do tempo,
centrando a visita nos medios de transporte, e comparando os daquela época cos
de hoxe en día.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
121
Amigos dos Citroën 2 CV
Os Amigos dos Citroën 2 cv que este ano escolleron como ruta turística o
museo fortaleza San Paio de Narla para logo a continuación celebrar unha comida
de fraternidade en Friol.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
122
Grupo de Amigos Unidos de Gelines Patiño
Visitaron nun día de otoño primaveral para coñecer o Museo Fortaleza San Paio
de Narla. Onde quedaron sorprendidos pola gran variedade de coleccións que
custodia este museo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
123
Terras da Auga, concello de Lugo
O historiador Javier Gómez Vila e os seus acompañantes adicaron a tarde
a unha visita ao Museo Fortaleza San Paio de Narla, accedento a Fortaleza
mediante un paseo polo Camiño Real, bordeando o río Narla. Onde tiveron a
oportunidade de estudar o entorno xeográfico do señorio de San Paio de Narla.
Xa no interior do museo-fortaleza baseamos a visita no estudo do espazo e
do tempo no que se desenvolve o señorío de San Paio, así como a vida dentro
del, a través das lendas e das coleccións do museo. Isto é un retorno ao pasado,
así voltamos a Idade Media e ao Renacemento, estudando a arquitectura
Renacentista da Fortaleza mediante os recursos que nos ofrecen as chemineas e
as xanelas.
Unha tarde de lecer e de estudo para os visitantes e para o persoal de San
Paio de Narla.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
124
A Rede Museística agradecida por escollernos dentro da súa ruta e dar a
coñecer o patrimonio do Concello de Friol.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
125
Museo Fortaleza San Paio de Narla
126
Museo Fortaleza San Paio de Narla
127
5.4. Semana dos museos
A deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, xunto coa
xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia
Balseiro, presentaron o programa de actividades previstas para celebrar nos
museos da Deputación o Día das Letras Galegas, a Noite dos Museos e o Día
Internacional dos Museos. Nesta ocasión, e atendendo ao lema escollido polo
ICOM para celebrar o próximo 18 de maio o Día Internacional dos Museos “Museos
e historias controvertidas. Dicir o indicible en museos” o Museo Pazo de Tor propón
aos visitantes participar nun diálogo construtivo arredor dalgunhas pezas expostas
que poden ser susceptibles de controversia.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
128
DÍA das LETRAS / NOITE dos MUSEOS / DÍA INTERNACIONAL dos MUSEOS no
MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA
Actividade: Noite dos Museos
Obra teatral e actuación dun grupo de música tradicional galega.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
129
Museo Fortaleza San Paio de Narla
130
Museo Fortaleza San Paio de Narla
131
Museo Fortaleza San Paio de Narla
132
Presentación exposición/obradoiro: “Humor do país”, por Luis Davila
Como complemento da exposición "Humor no país" de Luis Davila, en San
Paio de Narla para ledicia de nenos/as e maiores o seu autor dedicounos unha
mañá de debuxos, a cada cal mellor. Impresionante ver debuxar a este pedazo de
artista
Museo Fortaleza San Paio de Narla
133
Museo Fortaleza San Paio de Narla
134
Museo Fortaleza San Paio de Narla
135
Museo Fortaleza San Paio de Narla
136
Museo Fortaleza San Paio de Narla
137
Museo Fortaleza San Paio de Narla
138
5.5. Programa Museoloxía social
A Fundación TIC dependente da Deputación apoiou a festa Castrexa-romana
(FRIULIO)
A Fundación TIC dependente da Deputación Provincial de Lugo, apoiará a
celebración da festa castrexa-romana de Friol (Friulio) coa elaboración de varios
reportaxes para contribuir a súa difusión. Para concretar esta colaboración o
Museo Fortaleza San Paio de Narla
139
deputado socialista Álvaro Santos firmou onte no Museo Fortaleza de San Paio de
Narla, dependente da Deputación Provincial e pertencente a Rede Museística un
convenio co presidente da asociación de recreación histórica A Castronela (Manuel
Castiñeira Corral)
Santos explicou que a fundación TIC elaborará diversos reportaxes sobre o
I Friulio que será o sábado 25 de marzo, dando visibilidade a súa celebración e a
celebración da 25 Feira do Queixo e Pan de Ousá, e así daremos a coñecer e a
posta en valor á historia e as oirxes a través da recreación dos modos de vida,
costumes e crenzas das culturas castrexo-romanas.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
140
50 anos de Breo. Enredando museos, cultura e deporte para a mocidade
Dado que as necesidades dos cidadáns están sempre mudando,
especialmente as dos máis novos, a Deputación de Lugo está na obriga de ofrecer
respostas diferentes, e a organización de eventos e espazos culturais creativos e
innovadores pode ser unha desas respostas adaptada aos novos tempos.
A Rede Museística Provincial deu continuidade en 2017 ao seu Programa de
Captación de Novos Públicos. Un dos seus públicos obxectivo é a mocidade, desde
os 11 ata os 25 anos, que son, segundo as nosas estatísticas, quen menos
afluencia e uso fai do propio museo.
Entendemos a importancia que ten o deporte nestas idades como forma de
desenvolvemento persoal e como punto de encontro e socialización. O mozo ou
moza desde a pista, pero tamén coa súa presenza na grada, impulsa a participar
da comunidade coa identificación co equipo, e motiva a xente nova a ser parte
Museo Fortaleza San Paio de Narla
141
activa do xogo xunto cos/as deportistas, nun modelo de educación baseado no
respecto, o esforzo e a confianza.
Con esta idea de fondo e na necesidade de seducir aos públicos novos con
temas que lles interesan, relacionamos deporte/mocidade/cultura a través dun
proxecto expositivo que amose a traxectoria histórica e social do Club Baloncesto
Breogán, un dos clubs de baloncesto máis relevantes do panorama nacional, e que
este ano celebra o seu 50 aniversario.
Tratarase dunha pequena homenaxe, a través de obxectos e paneis, por
primeira vez expostos nun espazo museístico coas características axeitadas para
poder visitala, consultala e gozala polas novas e vellas xeracións. Igualmente, a
exposición tamén quere inducir á práctica saudable e lúdica da actividade deportiva.
A confluencia de público entre o club con máis de 4000 seguidores e a Rede
Museística enriquecerá a sociedade a través dunha visión histórica buscando
transmitir o deporte como ferramenta de integración social e asociado á educación
en valores.
Convencidos do éxito colleitado, o segundo paso, consistirá en aproveitar
toda a loxística do espazo museístico xerado, para poder seguir creando novas
exposicións atractivas e innovadoras para o público xuvenil.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
142
Culturas en diálogo
O Museo de América presenta o proxecto da Rede Museística sobre
migracións: Culturas en Diálogo
O Museo de América de Madrid, a través do seu programa Migrar es Cultura,
e dentro do Plan Museos + Sociales, inicia con esta exposición un traballo de
colaboración coa Rede Museística da Diputación Provincial de Lugo e o seu
proxecto Culturas en diálogo Lugo-Argentina-Uruguay en torno aos camiños de ida
e volta entre América e España abertos polas migracións.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
143
Museo Fortaleza San Paio de Narla
144
Culturas en diálogo Lugo-Argentina-Uruguay da Rede Museística da
Deputación Provincial de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Pazo de Tor,
Museo Fortaleza San Paio de Narla e Museo Provincial do Mar) é un programa de
museoloxía social e diálogo intercultural que formula unha historia emocional entre
Galicia e os países das ribeiras do Río da Prata.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
145
Trátase dun proxecto de longa duración, iniciado en colaboración entre a
Rede Museística e a Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses de
Lugo, coa participación cardinal do Museo da Inmigración de Arxentina e do Museo
da Emigración Galega na Arxentina (MEGA). A súa traxectoria vital continúa agora
no marco da iniciativa Migrar es Cultura.
O devandito proxecto estrúturase en tres eixes principais: museos que
investigan, documentan e conservan (fondos fotográficos e documentais sobre a
migración cara as ribeiras do Río da Prata), museos que educan (actividades
pedagóxicas abertas a todos os colectivos sociais e con especial atención á muller
migrante, a cultura e o patrimonio), e museos que difunden (transmisión da cultura
de Lugo, Arxentina e Uruguai a través da comunicación mutua e a reflexión
artística).
Neste mesmo acto presentarase o proxecto global da Rede “Culturas en
diálogo” así como a cooperación entre os proxectos “Culturas en diálogo” da Rede
Museística e “Migrar es cultura” do Museo de América. Deste xeito, o Museo de
América e a Rede Museística Provincial de Lugo inician un diálogo en paralelo que
permita seguir recollendo e mostrando o enriquecimiento cultural e emocional que
orixinan os camiños abertos polas migracións.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
146
Museo Fortaleza San Paio de Narla
147
Presentación do Programa Culturas en Diálogo 2018: Lugo-Cuba
Elixiuse Cuba pola profunda pegada que ten na nosa cultura, como país de
recepción dos miles de galegos e galegas emigrantes, por xeracións, unha viaxe
de ida e volta que está presente nas nosas forma de entender o mundo.
Actividades desenvolvidas:
*Participación do ballet cubano conxunto artístico "Telón Abierto" da Universidade
de Cego de Ávila no Festival Mural Folk 2017.
*Bloque documental de investigación: “Mulleres de Aquí e Dacolá”. (convocatoria
pública para participar no proxecto)
*Obradoiro " Cuquitas pola diversidade "
»Presentación e exposición Guerrilla de palabras: “Palabreirxs de viaxe. Polo
mundo da man do Colexio das Gándaras”
»Presentación e exposición dos murais “Diversidade Ribeira Sacra” de Iván
Merayo, e “Diversidade Lugo”, de Ticiana Ghiglione Darriba.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
148
Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase en
todo o mundo o 25 de novembro, data sinalada pola ONU para chamar a atención
sobre a discriminación e a desigualdade por razón de xénero. Os museos da Rede
Museística da Deputación de Lugo conmemoran esta data reivindicativa entre o 18
e o 25 de novembro baixo o lema “Denunciar a violencia. Escribir a liberdade”.
Os alumnxs do CEIP Laverde Ruiz realizaron a actividade que xira en torno
ao "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller 2017". A
actividade consistiu nun comic e a transmisión de mensaxes positivas a través dos
bocadillos dos comics, xs nenxs compredendero moi ben a súa mensaxe.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
149
Museo Fortaleza San Paio de Narla
150
Museo Fortaleza San Paio de Narla
151
Museo Fortaleza San Paio de Narla
152
O SAMAÍN NO MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA
O Museo de San Paio de Narla segue a loitar polo seu e segue a crer no
potencial e na bondade da xente, principal activo definidor e identificador na nosa
ética: difundir cultura e espallar satisfacción por doquier.
Cremos na xente, nas súas ilusións, nos seus medos, inquedanzas,
incertidumes... e traballos inmersos na súa cotidianidade e aprendemos, e moito,
deles. Un museo sen xente, non é un museo, é un ente condeado a extinguirse.
A Rede Museística comprácese en colaborar en proxectos tan
enriquecedores como éstes e felicita a asociación A Castronela pola súa confianza
depositada en nós e por insuflar as velas dun barquiño que é pequeno en
infraestructura pero grande en valores morais e humáns.
Por iso somos uns museos sociais que traballamos coas familias facendo
un museo de comunidade, isto é, MUSEOLOXÍA SOCIAL.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
153
Museo Fortaleza San Paio de Narla
154
Museo Fortaleza San Paio de Narla
155
Museo Fortaleza San Paio de Narla
156
Museo Fortaleza San Paio de Narla
157
Museo Fortaleza San Paio de Narla
158
Museo Fortaleza San Paio de Narla
159
Museo Fortaleza San Paio de Narla
160
FOTOGRAFÍA A CEGAS IV
A idea, por que?
Os recursos culturais dun museo deben estar ao alcance de toda a
cidadanía, entre eles a formación e o intercambio de coñecemento creados a partir
da arte. Dende a rede, pretendemos que as obras sexan accesibles sen que os
diferentes códigos de interpretación actúen como barreiras. “Museos para todos
entre todos”.
Dende o Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade da
Rede Museística, adscrito á Xerencia, traballamos nun proxecto de eliminación de
barreiras no que o persoal con capacidades diferentes toma un papel protagonista.
Traballamos para lograr centros accesibles para todos, motivo polo cal se toman as
medidas axeitadas para que se poidan eliminar tanto as barreiras para os visitantes
como as que atoparía un traballador no seu posto.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
161
Tratando de adaptar o posto de traballo da nosa compañeira cega, a guía
Ángeles Míguelez, vímonos obrigados a crear estratexias de achegamento ás
coleccións para todos os públicos. A partir deste caso concreto, tomouse a decisión
de aproveitar as súas capacidades para potenciar os outros sentidos cos que o
visitante pode desfrutar no museo. De cada peza, de cada colección,
incorporáronse novos recursos e adaptacións para que as experiencias sensoriais
permitisen adquirir un coñecemento mutuo, entre guía e visitante, establecendo
unha relación próxima e intensa.
A predominación do consumo de cultura visual, nos museos, ao longo da
historia, é unha realidade que supuxo unha barreira entre as persoas cegas e as
institucións museísticas. Este modelo de consumo supón un xeito moi limitado para
relacionarnos coas obras e de extraer significados e lecturas delas. A nosa forma
de “mirar” determina o xeito en que entendemos, interpretamos e dotamos de
significado todo. Así nos atopábamos, “A CEGAS”, para interpretar e dotar de
significado certas coleccións e sermos capaces de transmitirlle a información
adecuada á nosa compañeira cega. Era preciso que coa nosa axuda fose capaz de
ofrecer novas alternativas a través das cales os visitantes puideran desfrutar das
coleccións doutro xeito. Dicía Nelson Goodman “cambia-la forma de mirar implica
cambia-los significados e construír con eles un novo mundo”. A mirada non é un
proceso simplemente físico que rexistra o ollo, senón que é un proceso activo que
estrutura o que ve no exterior en función dun esquema interior.
Con estas premisas nace o proxecto que persegue un obxectivo claro,
achegar e descubrir as coleccións dos catro museos da Rede a través da fotografía,
como unha actividade dialogada, mental e en equipo (os cegos, o persoal do
museo e os fotógrafos). Comezamos a investigar o que se tiña feito e o que
poderiamos facer nós, foi así como atopamos exemplos noutros países. Na
Arxentina realizárase algún obradoiro de fotografía para cegos, pero as principais
referencias que analizamos foron unhas exposicións de California e en México
xunto co movemento “The Blind with Carrera School”, que ve na fotografía para
Museo Fortaleza San Paio de Narla
162
cegos un revulsivo para reflexionar sobre a imaxe, a luz e a escuridade. Unha vez
atopados os referentes tivemos que adaptalo á nosa propia realidade e ver en que
medida o poderiamos aproveitar. Foi entón como a raíz de valoralo, xunto a Ángeles
Miguélez, Pilar Yáñez, as dúas cegas, e Juan Ignacio Márquez, decidimos darlle
forma ao proxecto seguindo unha idea que ao comezo parecía unha quimera pero
que, actualmente, podemos valoralo coma un éxito.
O seguinte paso levounos a presentarlle a iniciativa ao artista Iago Eireos
quen se encargou dun proceso de investigación e de formar un equipo con
fotógrafos lucenses dispostos a facer de docentes no obradoiro fotográfico
“Fotografía A CEGAS”. O equipo docente estivo formado por: Xosé Reigosa,
Germán Limeres e Antonio López, Henrique e Iago de Santz. O obxectivo era
conseguir que os participantes entenderan que a mente é a que lle dá forma á
fotografía, a vista percibe a imaxe pero é o cerebro quen a crea. E aí, na cabeza,
estaría a información facilitada sobre os contidos e coleccións dos nosos museos:
San Paio de Narla, Pazo de Tor, Museo do Mar e Museo Provincial de Lugo. O
proxecto quedou recollido nun documental elaborado por Enrique Lamas xunto cos
alumnos da Escola de Imaxe e Son.
Pasaron catro anos dende que se comezou a desenvolver unha das
iniciativas máis innovadoras e produtivas coas que traballamos na Rede
Museística, á que cada ano tratamos de enriquecer. Nesta terceira edición
presentámonos cunhas competencias xa aprendidas que nos permitiron
enfrontarnos ao reto de abordar novas disciplinas da imaxe. Esta ediciónincorporou
dous novos aspectos, por un lado o traballo coa linguaxe visual, non só dende a
fotografía senón tamén dende a “videocreación” e, por outro, reflexionar sobre a
paisaxe, non só como a expresión dun lugar ou extensión ao que fotografar ou
gravar senón tamén como algo cultural e social. Ben e certo que os participantes
que xa viñeran outros anos coñecían o funcionamento dos dispositivos e de certas
técnicas dentro da linguaxe fotográfica que tamén son aplicables á “videocreación”,
pero aínda así foi necesario traballar coas novas técnicas.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
163
“Fotografía A CEGAS” é un proxecto que ademais deu como resultado final
un documental dunha hora de duración, unha exposición e un catálogo froito do
traballo dun colectivo de ENREDADOS (fotógrafos cegos, docentes e persoal dos
museos da Rede) interesados na experimentación sensorial, na exploración dos
esquemas perceptivos e na procura doutro tipo de referentes que non se limiten só
ao visual para se relacionar coa arte dunha forma máis global.
Aproveitamos a potencialidade do xeito co que os cegos se relacionan co
medio para enriquecer os museos e proporcionarlles unha nova “mirada” aos
visitantes.
“… só co corazón se pode ver ben; o esencial é invisible para os ollos.” O Principiño.
Encarna Lago González
Xerente da Rede Museística
Para quen?
Cando falamos de accesibilidade e de eliminación de barreiras, soemos
quedarnos na instalación de ascensores e ramplas para salvar escaleiras ou na
posibilidade de organizar visitas para grupos de persoas con algunha
discapacidade determinada.
Pero iso non é para nada integración e accesibilidade. Accesibilidade e
integración é buscar que a programación do Museo sexa dirixida a todas as
persoas, cada quen coas súas capacidades, ou adaptar o posto de traballo de xeito
tal que calquera persoa, unha cega neste caso, poida desempeñalo sen maior
problema.
Niso leva moitos anos traballando a Xerencia da Rede Museística da
Deputación Provincial de Lugo, traballo que lle ten valido unha chea de premios e
Museo Fortaleza San Paio de Narla
164
recoñecementos en certames e congresos de rango nacional e internacional. E ese
é o labor no que seguen empeñados e no que podemos encadrar este proxecto.
Así pois, na busqueda da plena adaptación do posto a unha nova guía cega
que se incorporaba ao cadro de persoal da Rede Museística Provincial de Lugo,
eu, e tratando de aproveitar as diferentes sensacións sensoriais e sensitivas que a
falta da vista pode achegar á interpretación das pezas, acordouse levar a cabo un
obradoiro de fotografía para cegos.
Este obradoiro, supuxo para min e para o resto de persoas invidentes
participantes nel, unha gran aventura de superación e eliminación de barreiras
mentais. As derivadas da prevalencia da cultura visual na nosa sociedade, que fan
que nós mesmos nos limitemos á hora de facer cousas porque no noso caso, non
somos quen de ver o resultado.
Entre outras moitas ensinanzas, aprendemos que a fotografía é un proceso
que comeza na nosa cabeza, que é onde en realidade xermina a idea, que despois
na imaxe fotografada, vai reflectir os sentimentos, emocións ou sensacións que nos
levaron a facela.
Aprendemos tamén a convivir e dialogar con todo o persoal dos catro
museos da rede que se esforzaron ao máximo para, xunto cos catro fotógrafos,
axudarnos a interpretar e entender as diversas coleccións e pezas que se albergan
neles.
Se cadra non son a persoa máis axeitada para dicilo, pero o resultado foi un
éxito total.
Todos os que dalgún xeito participamos no obradoiro, obtivemos del unha
chea de experiencias positivas que botar ás nosas costas. Descubrimos que, querer
é poder, que non hai nada imposible senón retos complexos, que hai moitos xeitos
de ver e de interpretar todo o que nos rodea e tamén as pezas e coleccións dos
Museo Fortaleza San Paio de Narla
165
museos e que cada persoa está dotada dunha serie de aptitudes e actitudes
distintas que hai que aproveitar cando se trata de traballar en equipo.
A tarefa non é sinxela, conseguir cambiar a forma de mirar, para así cambiar
o mundo, non vai ser doado nin rápido, pero non se pode rematar o que non se
comeza e este só foi un paso máis, un paso marabilloso cara a esa meta final que
é a plena integración.
Ángeles Miguélez
No Refectorio do Museo Provincial de Lugo unha nova sesión do obradoiro
FOTOGRAFÍA A CEGAS dirixido ao colectivo de invidentes. Coordinado por
Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, será impartido
por polos fotógrafos Enrique Lamas, Antonio López, Xosé Reigosa, Iago Eireos,
Germán Limeres e María Vázquez, ademais de contar coa colaboración da
museóloga María Florencia Puebla, da ENAM (Escuela Nacional de Audio y
Producción Musical de México).
Museo Fortaleza San Paio de Narla
166
5.6. Programa de Exposicións
EXPOSICIÓN: nós+outrxs en rede
Os catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo presentan
unha nova edición de “nós+outrxs en rede”, unha mostra na que participan 9
artistas (Elvira Fente, Violeta Bernardo, Carmen Porteiro, Julio Leira, Kristopher
(Kris) Dios Barreiro, Crystilandia, Laura Varela, Lucía Vila e Cristina Basanta) que
nos propoñen microproxectos individuais, produto das súas particulares reflexións
arredor das problemáticas de xénero. Cada artista realizará, ademais, un
obradoiro co que se pretende establecer un diálogo con diferentes colectivos
Museo Fortaleza San Paio de Narla
167
sensibles. As obras poderán verse nos catro museos da Rede Museística, dentro
dos que ocupan diferentes espazos, entremeténdose entre os obxectos das
coleccións permanentes.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
168
ARTISTAS
*Elvira Fente presenta un proxecto que ten como núcleo o tratamento da
identidade feminina como fundamento do ser; a identidade é o que lle permite á
muller suxeito tomar conciencia da súa existencia.
Na súa obra “Womanhood” descríbense situacións que permiten abrir
novos debates sobre a condición feminina. Imaxes que espertan no público
emocións, respostas e interrogantes. A obra divídese en tres bloques, que se
corresponden coas tres etapas na vida da muller segundo a cultura celta, a
inocencia, a maternidade e a sabedoría. Os debuxos son o reflexo do corpo nu da
muller como xeito de sacar a muller da súa prisión corporal. Liberala e liberar o
seu corpo ao mesmo tempo.
O laranxa e o violeta... Un, salvaxe, ousado e, en definitiva libre, porque
representa a ilusión, a paixón e a rebeldía nun cabelo despeiteado. Outra, a cor
da loita feminista, da esencia do espírito feminista. Ambas cores actuando coma
escudo ante a vulnerabilidade, ante a fraxilidade moral que acompaña á física.
Os debuxos van acompañados de palabras que son poemas, poemas que
son haikus. Os poemas teñen unha dobre intención, impactar con palabras sobre
a ameaza que supón a vulnerabilidade do corpo feminino e permite ao corpo
reaccionar contra esa ameaza.
*Violeta Bernardo participa coas súas esculturas “Muller /es” nos catro
museos da Rede. Como ela mesma di: “se tivera que definir a miña obra non
sabería moi ben como facelo. Diría que é a miña forma de expresar sentimentos e
emocións. Con cada peza trato de contar unha historia, relatos en feminino, pode
que tamén feministas. En todo caso, historias de mulleres fortes, valentes e
Museo Fortaleza San Paio de Narla
169
loitadoras. As miñas “nenas” reflicten tenrura , pero apuntan maneiras das
mulleres firmes nas que se han de converter. Mulleres que han de percorrer
distintos camiños, que han de vivir unha e moitas vidas á súa vez”.
Nos obxectos que as acompañan condénsanse todas esas vidas. Un
simple zapato ou unha maleta é unha historia de vida.
O mundo feminino, o meu mundo, está cheo de formas e matices, de
sensibilidade e sentimento. Coas miñas obras trato de crear beleza como forma
de chegar ao corazón e transmitir emocións.
*Carmen Porteiro co título “Non son ninguén” presenta unha serie
fotográfica que xorde a partir dunha interpretación en formato audiovisual da obra
de Maruja Mallo (postaleando, 2014) e da reflexión de Tania Balló sobre “Las sin
sombrero”, un grupo de mulleres, entre as que se atopa Mallo: “Ao igual que eles
volveron do exilio como heroes, elas atopáronse co máis profundo dos
esquecementos: non eran ninguén”. “Non son ninguén” é unha crítica á ausencia
da muller na sociedade actual, que continúa a ser invisible, que é menosprezada
e tratada como un espectro, que está pero non ten voz ni presenza.
*Julio Leira participa cunha serie de fotografías da súa colección “Vida
cotiá” en distintos países, especialmente en Senegal, coas que trata de captar a
esencia das persoas na súa vida cotiá. PD. “Unha imaxe vale máis que mil
palabras”.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
170
*Kristopher (Kris) Dios Barreiro, nado en A Coruña como muller o 6 de
decembro de 1975. Aínda que sempre lle gustaron as artes plásticas, nunca
recibiu educación "formal" ao respecto. O debuxo sempre foi un pasatempo sen
máis pretensións que "pasar o tempo". Tras fracasar e abandonar o instituto,
decidiuse a estudar secretariado (profesión que xamais exercería) así como
diversos idiomas, titulándose en inglés e francés na EOI da Coruña. Clinicamente
deprimido dende os 16 anos e tras unha vida de constantes altibaixos, en 2014
diagnosticáselle finalmente "disforia de xénero" o que supón un punto de inflexión.
Nese contexto de incerteza comeza a pintar e a recibir clases formais,
descubrindo así non só o seu talento senón tamén a súa vocación. A través da
arte consegue canalizar as súas emocións e enfrontarse con seguridade e
optimismo a algo tan difícil como a "transición" na súa idade adulta. Vocal da
asociación Amizando, de recente constitución, pensada e dirixida cara o colectivo
LGTBIQ+ con especial atención ás persoas trans e as súas familias.
"The Wall" é unha das miñas primeiras obras. Foi máis un exercicio de
auto-expresión que unha obra en si mesma, aínda que foi presentada ao
concurso de pintura "Paco Merino" en 2014. Foi realizado na miña “peor” época:
acababa de descubrir que era trans e non sabía como enfrontarme a elo... e nin
sequera se quería facelo. É unha obra conceptual, representa un muro no que se
reflicten, a modo de graffiti, diferentes emocións ...
*Crystilandia presenta a súa obra “Corazón desarraigado busca ...” Hai
tempos nos que un corazón debe desarraigar ... desprenderse das vellas follas e
alzarse a voar, espallando novas sementes, para así atopar ... un novo fogar no
que botar RAíCES.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
171
*Laura Varela con “Suspiro” explora o efémero e, ao mesmo tempo, eterno
que é o sentir. Un bico é unha elipse de sensacións que nos transportan e nos
devolven ao mesmo lugar no que nos atopamos nun intre da nosa existencia.
Catro imaxes que dialogan entre si cun haiku como refrán, como enlace, coma un
latexo como a respiración...
Efímera piel:
respiro destellante
tu soplo suave
*Lucía Vila e Cristina Basanta despois de traballar no proxecto Raíces,
deciden continuar explorando conxuntamente. O interese polo traballo colectivo, a
unión como raíz. A Mariña, o seu lugar de encontro. Enlazadas entre a paisaxe, o
mar, as algas, a area, os cristais, as pedras … En definitiva, historia aberta,
memoria cosida e atada. A vida, as mulleres, as nais, as avoas; o tempo, o corpo,
o espello, o reflexo… Esta obra é un tríptico común, un punto de unión. O meu, o
teu, o noso ... Unidas son máis, son comezo, son nó e son desenlace.
OBRADOIROS COMUNITARIOS
En paralelo á exposición “NOS+OUTRXS en rede”, nos catro museos da
Rede Museística levaranse a cabo diversas actividades dirixidas ás comunidades
coas que a Rede leva tempo traballando, e serán coordinadas e xestionadas
polxs propixs artistas colaboradorxs.
-Cristina Basanta e Lucía Vila
Museo Fortaleza San Paio de Narla
172
Propoñen dous obradoiros “Cadernos de vida”, exploración do noso interior
a través da arte, e “Labirinto emocional”, bosquexar, elaborar, facer, trazar,
construír, crear, producir, discorrer, imaxinar un labirinto emocional que levamos
enraizados, creando un espazo conxunto onde compartir as emocións
plasticamente.
-Crystilandia e Laura Varela
Xuntas presentan o obradoiro artístico “Eu son” con temática de xénero
destinada a persoas con distintas capacidades.
-Carmen Porteiro
A partir de “Non son ninguén” proponse un obradoiro fotográfico cunha
finalidade concreta: conseguir esa visibilidade a través da fotografía. Estudiaranse
e traballaranse as técnicas fotográficas relacionadas coa nitidez na captura do
movemento. Varrido / Zooming ou efecto zoom/ Exposicións prolongadas/
Lightpainting...
O control do tempo é a clave a nivel técnico e servirá tamén como punto de
partida para a reflexión.
-Elvira Fente
Obradoiro de “Técnicas de empoderamento a través da escrita”. O
obradoiro consistirá en dar a coñecer e poñer en práctica o uso da escritura como
ferramenta de empoderamento. A sesión estará dividida en dúas partes. A
primeira, teórica, na que se exporán técnicas que permiten o achegamento á
escrita e o apoderamento a través da palabra. A continuación, ofrecerase una
Museo Fortaleza San Paio de Narla
173
guía de cuestión que axudará a activar a conciencia individual e a construír o
poder arredor do corpo, e a aprender a analizar emocións ou vivencias. A
segunda parte será de carácter práctico. Aplicaranse os coñecementos expostos
na primeira parte do obradoiro.
-Violeta Bernardo
Propón o seu obradoiro titulado “Escultura cerámica comunitaria” no que se
traballará coa arxila nun proxecto de grupo, e ao remate farase un mural no que
se integren as pezas de todos os obradoiros
-Julio Leira
Levará a cabo un obradoiro sobre “Diversidade, fotografía e diálogo
intercultural”.
-Kristopher Dios
“A arte como terapia” é un obradoiro no cal, en contra da crenza popular de
que crear arte é un privilexio só duns poucos, tenta facer ver que é algo ao
alcance de todos, e poñer de relevo o seu potencial “curativo”. En momentos
difíciles da nosa vida, crear arte pode resultar tremendamente útil como
ferramenta de auto-coñecemento, de análise e sobre todo como terapia.
Exporanse distintas técnicas e probaremos como a súa posta en práctica pode
resultar unha experiencia moi enriquecedora a todos os niveis.
Violeta Bernardo, co proxecto "Mulleres"
Exposición temporal no Museo Fortaleza San Paio de Narla
Museo Fortaleza San Paio de Narla
174
O mundo femenino, o meu mundo, está cheo de formas e matices de
sensibilidade e sentemento. Coas miñas obras trato de crear beleza como forma
de chegar ao corazón e transmitir emocións.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
175
Museo Fortaleza San Paio de Narla
176
Museo Fortaleza San Paio de Narla
177
Museo Fortaleza San Paio de Narla
178
Museo Fortaleza San Paio de Narla
179
Exposición ‘Humor do país’ de Luis Davila (O Bichero)
Dentro da programación dos museos da Rede Museística (VER) para
conmemorar o Día Internacional dos Museos 2017 contamos coa exposición
‘Humor do país’ de Luis Davila quen, ademais, participará nas presentacións
desenvolvendo un obradoiro en cada un dos museos. Tanto as exposicións como
os obradoiros correspondente atenden á temática específica dos contidos e da
contorna de cada museo da Rede.
Luis Davila Malvido (Bueu –1972). Nace cun rotulador na man e crece
debuxando, máis tarde dáse conta de que podía chegar a vivir diso. Cursa
estudos de Deseño Gráfico e Ilustración na Escola de Artes Aplicadas Pablo
Picasso da Coruña.
Traballou en diferentes axencias de publicidade e en 1997 entra a formar
parte da sección de deseño do xornal Faro de Vigo. Dende 2013 empeza a
traballar como freelance.
Realiza ilustracións para R, Estrella Galicia, Consocio Zona Franca, Agaca,
CIGA, Nós candidatura Galega, Colexio de Farmacéuticos de Galicia, TVG, Nikis
Galicia Style … etc. Dende o ano 1998 publica en Faro de Vigo unha viñeta de
humor diaria chamada “O Bichero”
Ten publicados seis libros recompilatorios. Dende 2014 participa xunto a
Carlos Blanco no espectáculo “Menú do Día”. Na súa faceta como pintor, xa ten
realizado máis dunha vintena de exposicións e no ano 2006 recibe o primeiro
premio da bienal “Arte no Morrazo”
Museo Fortaleza San Paio de Narla
180
LUIS DAVILA (Bueu, 1972)
Davila é un apelido que semella un alcume. O mesmo que houbo un Xoán
de Aldán, un Pero da Ponte e un Leonardo da Vinci, o noso admirado Luís
podería ser Da Vila, da xente, un pouco de todos nós. Porque ninguén como el
retrata nas súas tiras xornalísticas as cousas que nos pasan cada día, a
actualidade que de verdade nos preocupa, a linguaxe que empregamos para falar
do noso.
Do maxín e do lapis deste Davila xorden retratos populares que nos
identifican. Tanto ten que fale do cumio do FMI, do cambio climático ou do
camarlengo do Papa: O noso amigo é quen de trasladar calquera tema, por moi
farragoso que pareza, nunha historia próxima, que pode acontecer nun furancho,
nunha tasca, nunha leira ou a bordo dunha gamela coruxeira. Ten graza, fainos
rir, afía un humor retranqueiro, pero o que de verdade nos asombra é a súa
capacidade para achegar o mundo ao noso, para interpretar cada día a
actualidade nun recuncho de papel de 160 centímetros cadrados.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
181
Davila é da vila e consigue cada mañá que nos escarallemos. E o fai con
personaxes que nos resultan próximos: A vella coa bata que sacha na horta; os
pícaros que xogan na rúa; o peneque da taberna que pontifica de todo; ou o
mariñeiro orgulloso na súa lanchiña que ameaza pola radio ao cruceiro de luxo:
“Aquí “Patajullo Power”. Falo co capitán do “Independensofdesis”? Pois amarrade
toda a chirimbolada canta teñades a bordo que vouvos pasar feito unha sentella e
non respondo da ola”.
“As boas noticias non son noticia”, di unha vella máxima do xornalismo. E
os medios, emperrados en catástrofes, crises e guerras, adoitan darnos o almorzo
unha mañá tras doutra. Por fortuna, temos ao noso Luís para aledarnos o día,
para facernos esbozar un sorriso, cando non unha gargallada. As autoridades
sanitarias deberían nomealo de utilidade pública, porque as súas tiras son saúde,
como mínimo mental, para dixerir a actualidade.
Eduardo Rolland
Museo Fortaleza San Paio de Narla
182
Museo Fortaleza San Paio de Narla
183
EXPOSICIÓN: SIRO. Retrospectiva, 1970-2017
Museo Fortaleza San Paio de Narla
184
SIRO. Restrospectiva, 1970 – 2017 é un proxecto da Rede Museística da
Deputación de Lugo que se pode visualizar no Museo Provincial de Lugo, no
Museo Pazo de Tor, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla e no Museo
Provincial do Mar. Con este proxecto preténdese dar a coñecer a evolución
artística dun dos mellores humoristas gráficos do noso país.
SIRO LÓPEZ LORENZO, nado en Ferrol en 1943, é un polifacético artista
cunha actividade que abrangue a caricatura, a ilustración, a pintura e o deseño,
ademais da súa faceta como escritor. De formación autodidacta (de cativo, pintar
e debuxar era o que máis lle gustaba facer) dáse a coñecer, en 1970, na revista
Chan, da man de Borobó. Neste mesmo ano, por iniciativa de Xaime López e
apadriñado por Miguel González, fai a súa primeira exposición no antigo local de
“Toxos e Froles” de Ferrol, mostra que tivo un enorme éxito.
Herdeiro de Castelao, pero creador dun estilo propio, Siro é, ante todo, un
humorista gráfico. Un humorista que, ao longo de case 50 anos, soubo reflectir de
forma cómica a realidade histórica, social e cultural de Galicia e de España. A
través das súas colaboracións diarias na prensa, sobre todo no xornal La Voz de
Galicia, Siro foi desvelando en clave de humor o acontecer diario da vida política
española a través dos seus debuxos, debuxos caracterizados tamén polo seu
valor artístico. Neste aspecto, cómpre destacar a súa serie sobre a transición
política, imaxes que aínda hoxe constitúen unha historia gráfica deste período da
nosa historia recente.
Pero Siro non se limitou á caricatura e ao humorismo gráfico, senón que,
como bo artista que é, foi ampliando os seus horizontes artísticos para incluír a
paisaxe e o retrato e, máis recentemente, o debuxo con Ipad. Ademais, xunto con
Xaquín Marín impulsou un manifesto en defensa do humor, do que naceu a idea
do que hoxe é o Museo do Humor de Fene.
Autor dunha extensa obra gráfica, destacan os seus álbums: Os pecados
capitais; 18 espidos de muller; Xente na brétema; In saecula saecularem, amen;
Museo Fortaleza San Paio de Narla
185
Probes homes, Debuxos de humor, Cofrades do Cristo da Autonomía, A
Autonomía galega nas caricaturas de Siro, etc.
Esta mostra que agora se presenta, constitúe a primeira retrospectiva que
se fai deste artista. Nela amósase unha ampla escolma da súa extensa obra,
mostra que se estrutura atendendo ás diferentes facetas artísticas nas que
traballou: debuxo, deseño (foi o autor do proxecto da praza do Humor da Coruña),
pintura, caricatura, etc., sen esquecer a súa actividade como escritor, eido no que
cultivou xéneros como a narrativa, o teatro e, sobre todo, o ensaio, campo no que
destacan os seus traballos Castelao humorista e Cervantes e o Quixote. A
invención do humorismo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
186
EXPOSICIÓN: MAMA MÍA! Outras miradas ao cancro de mama
Hai cinco anos, en pleno tratamento de quimioterapia, unha amiga
propúxome facer unha sesión fotográfica. A miña sorpresa foi maiúscula cando, a
pesar da imaxe que reflectían os espellos, me observei e vin que podía encarar a
realidade sen medo. Sentinme bonita. Estaba bonita.
Quixera hoxe, a través doutras imaxes e doutros ollos, os meus, poder
proxectar o optimismo que unha sesión, no seu día, fixo comigo e seguir exhibindo
a nosa feminidade intacta, porque … non perdemos nin un ápice dela…
Alex F. Romero
Museo Fortaleza San Paio de Narla
187
5.7. Programa de Conferencias
IV Congreso de Xénero, Museos, Arte e Educación.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
188
A área de Cultura, Deseño e Artesanía da Deputación de Lugo, a través da
súa Rede Museística –Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo Fortaleza
San Paio de Narla– organiza, para os días 10, 11 e 31 de marzo e 1 de abril de
2017, o IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación.
Esta edición, en correspondencia cos anos anteriores, forma parte do Plan
de museos, xéneros, arte, educación e igualdade co que se compromete, como
institución pública, a promover políticas de igualdade e ofrecer espazos de diálogo
e cohesión social. Como museos de comunidade somos responsables de reflectir
a diversidade da sociedade e ofrecer ferramentas para o seu desenvolvemento a
través da arte e a didáctica. Esta responsabilidade ponse en práctica, no labor
mediador dos museos, mediante unha metodoloxía incluínte e normalizadora, que
elude a segregación de actividades por sexo, grupo social ou cultural.
O interese suscitado nos encontros anteriores –onde se expuxeron un total
de 107 relatorios, se presentaron 30 comunicacións e se confirmaron 289
inscricións– sitúanos na obriga de seguir evolucionando e ofrecer experiencias e
reflexións coas que ampliemos a nosa perspectiva sobre a relación transformadora
da cuestión dos xéneros, da creación artística e da educación.
Os contidos deste congreso son produto da autocrítica. Unha perspectiva de
diversidade dos xéneros non é unha cuestión unicamente de mulleres, o cal
continuaría mantendo os mesmos arquetipos de división. Estas xornadas
reflexionan sobre como os museos amosan e favorecen a presenza e a atención
sobre a pluralidade de xéneros e os seus papeis na historia e na sociedade a través
dos seus discursos museográficos, coleccións e actividades.
Con este obxectivo, o noso programa convida axs congresistas a asistir á
clase perigosa, un encontro que reúne as teorías de xénero, o activismo feminista,
a ciencia xurídica, a ciencia social, a biopolítica, as novas tecnoloxías, a arte e a
práctica institucional. Outras sesións converten os museos da Rede en plataformas
de exposición para colectivos e activistas da defensa dos dereitos sobre a
Museo Fortaleza San Paio de Narla
189
identidade sexual, social, artística ou cultural; en espazos de difusión de prácticas
artísticas feministas internacionais; en presentación de experiencias de
participación e igualdade en museos; e en mesas sobre a creación artística en
relación á violencia de xénero. Homenaxeamos, como non, nesta edición, á artista
viveirense Maruja Mallo a quen está dedicada o 1 de abril, Día das Artes Galegas,
o que nos servirá como punto de conexión coas realidades latinoamericanas que
afondan nos temas deste congreso: xéneros, museos, arte e educación.
En definitiva, unhas xornadas para seguir medrando, compartir posturas sen
postureos, e participar no debate con profesionais, investigadorxs, críticxs, artistas
e activistas.
ORGANIZACIÓN E ENTIDADES COLABORADORAS
Este Congreso está organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo
a través da súa Rede Museística Provincial e goza da colaboración e o aval das
entidades museísticas ICOM España, Red Española de Profesionales de
Museología Social, Museo de Arte Contemporáneo de León (MUSAC), Museo de
Arte Africano da Universidade de Valladolid, Museo Thyssen-Bornemisza, Museo
Arqueológico de Cacabelos, Museo de León e o Contamos igualmente co proxecto
Didáctica 2.0 Museos en Femenino, no que participan o Museo Nacional del Prado,
Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Museo Nacional de Cerámica y Artes
Suntuarias González Martí, Museo del Traje e o Museo Arqueológico Nacional.
Entre os seus patrocinadores científicos están a Universidade de Santiago
de Compostela por medio do seu Centro Interdisciplinario de Investigacións
feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX), do taller permanente Masculinidades
e cambio social, do Instituto de Ciencias da Educación, da Facultade de
Humanidades de Lugo, do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e do
Máster de Servizos Culturais; o Máster en Museos, Educación e Comunicación da
Universidade de Zaragoza; a Universidade da Coruña; as universidades
Complutense de Madrid e Universidade de Valladolid.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
190
Estas xornadas son un aglutinante de entidades pedagóxicas, artísticas,
sociais, de xestión, de comunicación, exhibición e investigación. Colaboran así, o
Observatorio de Educación Patrimonial en España, Mujeres de las Artes Visuales
(MAV), Mujeres Mirando Mujeres, Iskoö espazo multidisciplinar, Píkara Magazine,
Arte a un click, o Centro de Arte CA2M e La Publika. Laboratorio de investigación
artística sobre esfera pública e o proxecto editorial Plétora.
Como espazo para a acción de colectivos e asociacións, este congreso
reúne á Fundación Daniela, á Fundación Secretariado Gitano, á ACADAR,
Asociación Galega de Mulleres con Discapacidade, á Asociación Arelas, á
Asociación Si hai saída contra a violencia de xénero en Lugo, e a Asoc.
Penitenciaria Concepción Arenal. As culturas en diálogo maniféstanse coa
representación do colectivo sirio e da Asociación de Retornados Rioplatenses de
Lugo.
Un ano máis, o desenvolvemento das xornadas acadan a internacionalidade
coa colaboración do Centro para Mulleres na Arte e nas Humanidades da Rutgers
da Universidade de Nova York (EUA), da universidade e o Museo de las Mujeres
de Costa Rica, do Instituto Interdisciplinario de Estudios de Género da Universidade
de Bos Aires (Arxentina), e, da REMCAA, Rede de Educadores de Museos de Arte
e Centros de Arte (Arxentina), dos Museos Comunitarios de Berazategui
(Arxentina), do ECCOM, idee per la cultura (Italia), da Curadoría pedagóxica da 9ª
Bienal de Mercosul en Porto Alegre (Brasil) e dos proxectos educativos en Museos
de México.
venres, 31 de marzo Museo Fortaleza San Paio de Narla
Os programas dos xéneros en museos, a exhibición e a investigación son os eixos
desta xornada. Inclúe una sesión de pechakuchas (20 imaxes x 20 segundos) de
artistas e proxectos de visibilización.
> De 16.00 a 20.30
Museo Fortaleza San Paio de Narla
191
■ Jorge García Marín, coordinador do taller permanente de Masculinidades e
Cambio Social do ICE (Instituto de Ciencias da Educación) da USC. Fará as súas
aportacións sobre os medios de comunicación e o poder masculino.
■ Araceli Corbo, responsable da Biblioteca-Centro de documentación do MUSAC
(Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León). DEA no doutoramento de
Estudios interdisciplinares de género e docente asociada da Universidade de León.
■ Amparo López Corral, coordinadora técnica da Bienal MAV Mujeres en las Artes
Visuales. O seu relatorio tratará sobre a Bienal Miradas de Mujeres (BMM-2016).
■ Antonia Fernández Valencia, profesora titular no Departamento de Didáctica das
Ciencias Sociaisda UCM e asociadaao Instituto de Investigacións Feministas desa
universidade. Fará as súas aportacións sobre o proxecto Didáctica 2.0 Museos en
Femenino, proxecto no que participan o Museo Nacional do Prado, o Museo
Nacional Centro de Arte Reina Sofía, o Museo Nacional de Cerámica e Artes
Suntuarias González Martí, o Museo do Traxe e o Museo Arqueológico Nacional.
■ Pechakuchas:
> Mónica Alonso (doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo, artista
escritora e comisaria)
> Adriana Pazos (directora do Espazo de Arte Contemporánez OLALAB Acción
Cultural. Directora do proxecto educativo AULADEIDEAS: Educación e
Creatividade. Artista Visual.
Responsable de prensa e comunicación de Mujeres Mirando Mujeres)
> Luz Darriba (profesora de Artes Visuais, artista multidisciplinar, xestora cultural
con proxectos baixo o patrocinio da UNESCO. Na súa traxectoria como escritora
premiada co Ánxel Fole. Presidenta da Fundación Cumulum)
Museo Fortaleza San Paio de Narla
192
Museo Fortaleza San Paio de Narla
193
Museo Fortaleza San Paio de Narla
194
Museo Fortaleza San Paio de Narla
195
Museo Fortaleza San Paio de Narla
196
Mesa MINON e Museos de Comunidade
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo acollen un encontro con
membros de MINOM
Varios membros de MINOM (Movemento Internacional para unha Nova
Museoloxía) integrado no ICOM (Consello Internacional de Museos) desenvolverán
varias actividades nos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo na
xornada do xoves, 30 de novembro de 2017. Entre estas actividades, está previsto
o acto de entrega do chamado Núcleo Documental do Arquivo MINOM, unha
reunión dos membros da executiva e unha mesa redonda con diversos
especialistas e activistas de diversas asociacións da provincia de Lugo.
MINOM reúne aos profesionais que traballan en museos da comunidade,
ecomuseos, grupos especializados na organización de actividades culturais,
xestión e mediación cultural e as institucións culturais implicadas en comunidades
locais. O MINOM incita ás institucións museísticas e aos museólogos a enfrontarse
aos desafíos actuais, a xerar accións patrimoniais nas súas comunidades e a
Museo Fortaleza San Paio de Narla
197
participar nos debates das colectividades nas que están implicados como
mediadores. Os membros do MINOM organizan reunións e intercambios rexionais
como o que vai ter lugar en Lugo, nos museos da Rede Museística, o xoves, 30 de
novembro de 2017.
Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol
De 17:00 a 17:30 h.- Ana Mercedes Stoffel expón as características e contidos do
Núcleo Documental para o Estudo do MINOM.
De 17:30 a 19:30 h.-Mesa ‘MINOM e Museos de Comunidade’
Participan: Mercedes Stoffel, Isabel Víctor, Pedro Pereira Leite, Juan
Sandoval, Encarna Lago xunto con representantes de colectivos e asociación da
provincia de Lugo que participan activamente nos proxectos de museoloxía social
que promove a Rede Museística da Deputación de Lugo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
198
5.8. PROGRAMA DE RECURSOS EDUCATIVOS
PROXECTO COS ALUMNOS/AS DE 5º DE PRIMARIA DO CPI DR. LÓPEZ
SUÁREZ DE FRIOL
Descrición: Dende o Museo San Paio de Narla (Friol). Proxecto dende a metodoloxía das Intelixencias
Múltiples, partindo da unidade temática a IDADE MEDIA, dirixido a alumnos-as de 5º de Primaria.
Esteproxecto foi feito, dirixido e coordinado por PaquitaAbuín Villar xunto cós membros que
compoñen o Equipo do Museo deFriol, profesora titora dos alumnos de e os respectivos profesores
especialistas de Lingua inglesa, Relixión, Música, Educación Física de 5º de Primaria e o profesor
especialista en Lingua e Literatura da ESO, do CPI Friol.
Obxectivos:
- Achegar os contidos académicos á realidade histórica-social-artística do entorno.
- O Museo como recurso didáctico.
- Vivir, estudiar, investigar sobre o tema a Idade Media dende a Fortaleza de San Paio de Narla.
Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017

More Related Content

Similar to Memoria Museo de San Paio 2017

Memoria 2019 mar
Memoria 2019 marMemoria 2019 mar
Memoria 2019 mar
rmplugo
 
Memoria 2018 Museo Provincial do Mar
Memoria 2018 Museo Provincial do MarMemoria 2018 Museo Provincial do Mar
Memoria 2018 Museo Provincial do Mar
redemuseisticalugo
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014
Encarna Lago
 
Memoria 2012 mar
Memoria 2012 marMemoria 2012 mar
Memoria 2012 marrmplugo
 

Similar to Memoria Museo de San Paio 2017 (8)

Memoria 2019 mar
Memoria 2019 marMemoria 2019 mar
Memoria 2019 mar
 
Memoria 2018 Museo Provincial do Mar
Memoria 2018 Museo Provincial do MarMemoria 2018 Museo Provincial do Mar
Memoria 2018 Museo Provincial do Mar
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014
 
Memoria 2011 san paio
Memoria 2011 san paioMemoria 2011 san paio
Memoria 2011 san paio
 
Memoria 2012 mar
Memoria 2012 marMemoria 2012 mar
Memoria 2012 mar
 
Memoria 2011 mar
Memoria 2011 marMemoria 2011 mar
Memoria 2011 mar
 
FERNANDEZ.pdf
FERNANDEZ.pdfFERNANDEZ.pdf
FERNANDEZ.pdf
 
Memoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paioMemoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paio
 

More from redemuseisticalugo

XX conferencia internacional MINOM
XX conferencia internacional  MINOMXX conferencia internacional  MINOM
XX conferencia internacional MINOM
redemuseisticalugo
 
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de LugoGuía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
redemuseisticalugo
 
Eu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en minEu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en min
redemuseisticalugo
 
Memoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de TorMemoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de Tor
redemuseisticalugo
 
Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017
redemuseisticalugo
 
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
redemuseisticalugo
 
Convite inherentes
Convite inherentes Convite inherentes
Convite inherentes
redemuseisticalugo
 
Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015
redemuseisticalugo
 
Listado artistas 2015
Listado artistas 2015Listado artistas 2015
Listado artistas 2015
redemuseisticalugo
 
Una rede
Una redeUna rede
Software libre na Rede Museística
Software libre na Rede MuseísticaSoftware libre na Rede Museística
Software libre na Rede Museística
redemuseisticalugo
 
V Xornadas AGALI
V Xornadas AGALIV Xornadas AGALI
V Xornadas AGALI
redemuseisticalugo
 
obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015 obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015
redemuseisticalugo
 
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e ArteActas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
redemuseisticalugo
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
redemuseisticalugo
 
Dossier prensa muller
Dossier prensa muller Dossier prensa muller
Dossier prensa muller
redemuseisticalugo
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
redemuseisticalugo
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museística
redemuseisticalugo
 

More from redemuseisticalugo (20)

XX conferencia internacional MINOM
XX conferencia internacional  MINOMXX conferencia internacional  MINOM
XX conferencia internacional MINOM
 
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de LugoGuía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
 
Eu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en minEu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en min
 
Memoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de TorMemoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de Tor
 
Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017
 
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
 
Convite inherentes
Convite inherentes Convite inherentes
Convite inherentes
 
Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015
 
Listado artistas 2015
Listado artistas 2015Listado artistas 2015
Listado artistas 2015
 
Una rede
Una redeUna rede
Una rede
 
Software libre na Rede Museística
Software libre na Rede MuseísticaSoftware libre na Rede Museística
Software libre na Rede Museística
 
V Xornadas AGALI
V Xornadas AGALIV Xornadas AGALI
V Xornadas AGALI
 
obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015 obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015
 
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e ArteActas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Dossier prensa muller
Dossier prensa muller Dossier prensa muller
Dossier prensa muller
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museística
 
Memoria 2013 mar
Memoria 2013 marMemoria 2013 mar
Memoria 2013 mar
 
Memoria2013 tor
Memoria2013 torMemoria2013 tor
Memoria2013 tor
 

Memoria Museo de San Paio 2017

  • 1.
  • 2. Museo Fortaleza San Paio de Narla 1 INDICE 1. LIMIAR .............................................................................................................................2 2. ESTADISTICA ANUAL DE VISITANTES..................................................................3 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO............................................................................10 4. PROGRAMA DIDÁCTICO..........................................................................................10 4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES..................................................................10 4.2. OBRADOIROS DE VERÁN......................................................................40 4.3. OBRADOIROS DE NADAL ......................................................................82 4.4. OBRADOIROS EN FAMILIA (PEQUEAMIG@S).................................92 4.5. COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE...........................................100 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL.................................................................105 5.1. PROGRAMA INTERXERACIONAL......................................................105 5.2. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE....................................................110 5.3. PROGRAMA DE OCIO-TURÍSMO-CULTURAL.................................116 5.4. SEMANA DOS MUSEOS........................................................................127 5.5. PROGRAMA MUSEOLOXÍA SOCIAL .................................................138 5.6. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS ..........................................................166 5.7. PROGRAMA DE CONFERENCIAS .....................................................187 5.8. PROGRAMA DE RECURSOS EDUCATIVOS ...................................198 5.9. PROGRAMA CAPACIDADES DIVERSAS..........................................207 6. PROGRAMA DE PERSOAL ....................................................................................211 7. PROGRAMA ECONÓMICO.....................................................................................211
  • 3. Museo Fortaleza San Paio de Narla 2 1. LIMIAR A perpetuidade e lonxevidade dun museo ven definida por unha miríada de factores que, inflúen positiva ou negativamente, na calidade de vida da institución. Sempre é convinte someterse a avaliación, sopesar se se segue o rumbo correcto ou se se erra. Hoxe en día, a cultura é un xigante con pés de barro, e as iniciativas dilúense, poden pasar desapercibidas, desatendidas, ignoradas…Iso pasaría senón houbese un colectivo humano detrás, un equipo con ganas e ilusións, con afán de perfeccionarse e loitar por dar o mellor de sí mesmos.Un colectivo que rescata día tras día os museos da languidez do tedio e do esquecemento, auténticos transmisores de cultura e saber, os museos viven entre nós por sempre porque son o garante, o depósito dun patrimonio material e inmaterial que se prolonga e continúa. Un ano máis, San Paio de Narla continúa a existir, a ser para tod@s e entre tod@s, con afán de loita inclusiva e con espiríto loitador e facedor de vida. É un pracer tódolos anos facer a memoria anual, e ver gratas lembranzas que salpican a nosa retina e nos enorgullecen enormemente. Ver cómo se enchen as páxinas, é interesante para nós non só cuantitativa senón cualitativamente, é máis emotivo o compoñente vivencial. Pasen as follas con calma e atención, e deleitense co noso traballo, sentan a nosa “ledicia”. Estamos ledos e ledas pola encomenda social que se nos fixo como traballadores e traballadoras de museos. Non temos que xustificar a nosa existencia, as nosas obras, exposicións, proxectos…falan da loita e falan do amor polo noso. Adoramos o que facemos, porque somos a testemuña dun pasado que traemos a cotío para o presente, e intentaremos legar a un futuro prometedor e emprendedor. Convídamosvos a outro ano máis connosco, prometemos seguir facendo e creando. Seguir fieis a esencia. A nosa esencia. A esencia que nutre e fortifica os alicerces desta insigne fortaleza e museo de San Paio de Narla.
  • 4. Museo Fortaleza San Paio de Narla 3 2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES. Xaneiro Nº total de visitantes 1329 4 grupos escolares 138 9 grupos adultos 256 Visitas individuais 935 Febreiro Nº total de visitantes 1282 13 grupos escolares 438 3 grupos adultos 169 Visitas individuais 675 Marzo Nº total de visitantes 2278 20 grupos escolares 634 15 grupos adultos 420 Visitas individuais 1224 Abril Nº total de visitantes 2972 17 grupos escolares 496 9 grupos adultos 279 Visitas individuais 2197 Maio Nº total de visitantes 2230 22 grupos escolares 693 11 grupo adultos 331
  • 5. Museo Fortaleza San Paio de Narla 4 Visitas individuais 1206 Xuño Nº total de visitantes 1571 21 grupos escolares 727 3 grupos adultos 140 Visitas individuais 704 Xullo Nº total de visitantes 2400 3 Obradoiros 68 4 grupos adultos 145 Visitas individuais 2187 Agosto Nº total de visitantes 3383 6 Obradoiros 184 14 grupos adultos 487 Visitas individuais 2712 Setembro Nº total de visitantes 1486 13 grupos adultos 300 Visitas individuais 1486 Outubro Nº total de visitantes 2392 2 grupos escolares 95 19 grupos adultos 703 Visitas individuais 1594
  • 6. Museo Fortaleza San Paio de Narla 5 Novembro Nº total de visitantes 2124 15 grupos escolares 460 12 grupos adultos 369 Visitas individuais 1295 Decembro Nº total de visitantes 1519 grupos escolares 401 grupos adultos 72 Visitas individuais 1046 Total visitantes anuais 25266
  • 7. Museo Fortaleza San Paio de Narla 6 Gráfica comparativa dos anos 2016-2017 1151 1147 2422 2058 1949 2394 2162 3363 1667 2481 2073 15361329 1282 2278 2972 2230 1571 2400 3383 1786 2392 2124 1140 0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000 SAN PAIO DE NARLA Ano 2016 Ano 2017 0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 1329 1282 2278 2972 2230 1571 2400 3383 1786 2392 2124 1519 POR Nº DE VISITANTES
  • 8. Museo Fortaleza San Paio de Narla 7 15% 7% 2% 6% 15%29% 26% Por idades 0-10 11-14 15-18 19-25 26-40 41-65 66 0 2000 4000 6000 8000 10000 12000 4072 4561 10711 759 295691 158205164596 236109574 183 737 98 159 77 303578 Por Procedencias LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCIA ARAGON ASTURIAS BALEARES CANARIAS CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LA MANCHA EUSKADI EXTREMADURA MADRID
  • 9. Museo Fortaleza San Paio de Narla 8 0 2943 3758 3606 3993 5701 5292 0 1000 2000 3000 4000 5000 6000 Por días da semana DOMINGO SABADO VENRES XOVES MERCORES MARTES LUNS
  • 10. Museo Fortaleza San Paio de Narla 9 XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL HOMES 672 581 1102 1454 1093 768 1126 1709 852 1138 1009 776 12280 MULLERES 657 701 1176 1518 1137 803 1274 1674 921 1254 1115 743 12973 0-10 90 188 417 269 510 546 360 424 116 222 494 210 3846 11-14 185 224 79 200 263 195 65 89 63 193 80 123 1759 15-18 26 12 70 86 22 4 26 89 34 4 61 32 466 19-25 74 111 110 242 134 78 149 230 120 98 153 90 1589 26-40 266 138 300 611 292 140 460 638 340 234 212 152 3783 41-65 329 299 544 828 419 212 777 1050 828 843 534 594 7257 66 359 310 758 736 590 396 563 863 285 798 590 318 6566 LUGO CIDADE 256 152 323 301 523 619 333 338 251 426 253 297 4072 LUGO PROVINCIA 259 446 352 295 394 288 395 407 359 420 636 310 4561 GALICIA 675 592 1302 1631 933 429 824 1099 620 1245 790 571 10711 ANDALUCIA 27 14 91 109 67 14 77 213 40 38 36 33 759 ARAGON 10 24 20 24 11 44 56 62 15 18 11 295 ASTURIAS 24 23 28 90 56 22 87 151 29 55 83 43 691 BALEARES 27 45 10 4 26 32 2 10 2 158 CANARIAS 7 5 2 18 6 49 80 19 13 2 4 205 CANTABRIA 9 6 8 2 32 51 20 10 16 10 164 CATALUÑA 14 4 44 44 32 35 114 171 18 8 54 58 596 CASTILLA-LEON 13 3 12 36 10 5 34 46 29 14 23 11 236 CASTILLA-LA MANCHA 2 4 14 3 9 37 19 2 8 11 109 EUSKADI 10 15 9 67 34 38 131 169 18 20 30 33 574 EXTREMADURA 2 1 25 13 14 7 98 8 4 6 5 183 MADRID 13 5 24 137 33 19 121 137 65 38 57 88 737 MURCIA 6 2 8 7 1 4 11 38 9 9 3 98 NAVARRA 34 2 7 23 49 18 4 15 7 159 LA RIOJA 11 4 23 28 1 4 6 77 VALENCIA 2 2 51 6 2 52 132 25 18 8 5 303 ESTRANXEIROS 13 15 18 31 71 58 34 57 153 51 66 11 578 MAÑAS 554 735 1097 1390 1222 1059 623 1163 719 983 1073 806 11424 TARDES 775 547 1189 1582 1008 512 1777 2220 1067 1409 1051 713 13850 LUNS 0 MARTES 108 243 130 279 239 205 374 583 132 120 359 171 2943 MERCORES 294 152 388 397 413 198 238 566 214 244 348 306 3758 XOVES 136 100 230 288 339 437 288 671 172 453 348 144 3606 VENRES 189 167 357 569 329 351 305 600 311 321 275 219 3993 SABADO 305 346 621 721 416 189 602 490 494 663 429 425 5701 DOMINGO 297 274 552 718 494 191 620 473 463 591 365 254 5292 GRUPOS ESCOLARES 138 438 634 496 693 727 68 184 95 460 401 4334 GRUPOS ADULTOS 256 169 420 279 331 140 145 487 300 703 369 72 3671 VISITAS INDIVIDUAIS 935 675 1224 2197 1206 704 2187 2712 1486 1594 1295 1046 17261 DOMINGOS NO MUSEO TOTAIS MENSUAIS 1329 1282 2278 2972 2230 1571 2400 3383 1786 2392 2124 1519 25266 *RESUME EXTRANXEIROS EEUU/Canadá Portugal Italia Arxentina/Uruguai Francia/Suiza China Holanda Noruega Etiopía Xapón Brasil/Colombia Ecuador/Perú Austria ReinoUnido Chile/Cuba Rusia Venezuela/México Alemania PortoRico/R.Dominicana Ucrania Polonia ANUAL XANEIRO 2 2 3 5 1 13 FEBREIRO 2 2 4 1 4 2 15 MARZO 1 3 7 6 1 11 ABRIL 1 1 6 2 3 1 17 31 MAIO 4 3 3 4 4 53 71 XUÑO 1 9 44 4 58 XULLO 2 3 3 6 2 2 13 1 2 34 AGOSTO 2 5 1 2 2 2 7 1 3 30 2 57 SETEMBRO 6 3 2 23 4 3 112 153 OUTUBRO 3 2 1 2 8 4 1 30 51 NOVEMBRO 2 3 10 1 20 30 66 DECEMBRO 3 4 4 11 TOTAL 8 18 31 22 64 0 0 2 2 3 12 3 0 128 5 3 11 262 0 2 2 571 * Nº DE GRUPOS XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL Nº GRUPOS ESCOLARES 4 13 20 17 22 21 3 6 2 15 12 135 Nº GRUPOS ADULTOS 9 3 15 9 11 3 4 14 13 19 12 2 114 RESUME DE VISITAS AO MUSEO SAN PAIO DE NARLA ANO 2017
  • 11. Museo Fortaleza San Paio de Narla 10 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO Limpeza dos accesos e plataforma do castro da fortaleza varias veces ao ano Reposición de sistema de iluminación, por parte do servizo de mantemento da Deputación, cando son de fácil reposición e urxencia son reparadas polo persoal da fortaleza. (DURANTE TODO ANO SEGUNDO HAI AS INCIDENCIAS) Desratización unha vez ao mes. Recollida de auga, control lexionella e potabilidade. Routers novos, ao estropearse por tormentas Arranxo de deshumificadores Cortaronse hedras que subían pola fortaleza Ordenador de mesa Ordenador portátil Impresora nova Arreglo pozo Fumigación no mes de xuño 4. PROGRAMA DIDÁCTICO 4.1. Actividades escolares Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas: guiada e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación previa das mesmas, concertando con departamento de didáctica.
  • 12. Museo Fortaleza San Paio de Narla 11 Visita de iniciación: Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para os grupos que visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo. Duración aproximada de 60 minutos. Para un mellor aproveitamento do Museo Fortaleza San Paio de Narla, xa que existe unha variedade e riqueza de contidos, e na procura dun novo concepto de visita máis participativa, como alternativa as tradicionais visitas guiadas e que implique a colaboración directa de profesores e alumnos, ofrecemos un programa de itinerarios os distintos niveis de ensino: O Castelo encantado O Porvir do pasado
  • 13. Museo Fortaleza San Paio de Narla 12 O Labirinto do Castelo Un Museo de Lendas O xogo de verbas Na lareira A bela durminte Visita de iniciación Nivel: Todos os ciclos Data: Curso escolar Obxectivo: Comprender que a as sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións.
  • 14. Museo Fortaleza San Paio de Narla 13 O Castelo encantado Nivel: 1º e 2º ciclo de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Identificar as distintas clases sociais; servos, señorío e cabaleiros meirande os recursos que nos ofrecen as diferentes salas do museo. O Porvir do pasado San Paio de Narla é un museo axente para o coñecemento da vida pasado dos nosos devanceiros, museos que deben de ser, e son, activos na educación dos nosas xeracións. Nivel: ESO e BAC Data: Curso escolar
  • 15. Museo Fortaleza San Paio de Narla 14 Obxectivo: Estudar o paso do tempo, no que se desenvolve o señorío de San Paio de Narla, así como as distintas salas, a través da Lenda da Cova da Serpe. Comprender que a sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico, recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade conservalas para outras xeracións. O Labirinto do Castelo Nivel: ESO e BAC Data: Curso escolar Obxectivo: Coñecer a etnografía e desenvolver a creatividade do alumnado sendo conscientes da importancia do pasado para comprender e presente.
  • 16. Museo Fortaleza San Paio de Narla 15 Un Museo en Lendas Nivel: 3º Ciclo de Primaria, ESO e BAC Data: Curso escolar Obxectivo: Coñecer a literatura e a mitoloxía popular do Concello de Friol a través da comunicación cos nosos maiores.
  • 17. Museo Fortaleza San Paio de Narla 16
  • 18. Museo Fortaleza San Paio de Narla 17 O xogo de verbas Nivel: 4º,5º e 6º Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Aproveitar a riqueza e a variedade do patrimonio cultural, tomando conciencia da importancia do pasado para comprender o presente; para espertar o interese polas visitas aos museo motivamos con xogos. A) Nesta fotografía sinala o nome desta peza B) ¿Sabes o nome de peza que vai do guindastre ó caldeiro? C) O guindastre recibe tamén o nome de _____________
  • 19. Museo Fortaleza San Paio de Narla 18 Localiza nesta sopa de letras as respostas dos apartados C das probas anteriores e comprobarás que coas letras restantes contadas de 3 en 3 atoparás o nome deste museo. Na Lareira Nivel: Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Visitar a cociña para que o alumnado descubra a transformación que esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Compararemos as vellas cociñas e as comidas que nelas se facían coas actuais
  • 20. Museo Fortaleza San Paio de Narla 19
  • 21. Museo Fortaleza San Paio de Narla 20 A bela durminte Nivel: Ed. Infantil e 1º e 2º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Empregar como fío condutor o conto da Bela Durminte e aproveitar como recurso os obxectos expostos, nun ambiente, en principio nada atraínte para o neno, o castelo vaise convertendo nun escenario onde a imaxinación cobra vida ata materializarse como real.
  • 22. Museo Fortaleza San Paio de Narla 21 Peiteados y aderezos Nivel: 3º e 4º ESO Data: Curso escolar Obxectivo: Concienciar aso rapaces e rapazas de cómo unha actividade que pode parecer tan rutinaria como a de peitearse pode ser algo estético e artístico. Ademais de agochar os entresixos de épocas históricas ao través das cales, sometidas a un exhaustivo estudo, verase coma o peiteado era signo social de distinción e ostentación.
  • 23. Museo Fortaleza San Paio de Narla 22 Facendo historia (Heráldica) Nivel: 1º e 2º da ESO Data: Curso escolar Obxectivo: Fusión heráldica e historia, condensándoos nun único concepto para amosar que tras un escudo agóchase moita crónica histórica. Un escudo non é unha peza inerte, ao contrario é unha peza parlante, e iso é o que se tentará facer visible incidindo en que é unha fiestra para visionar como era a vida dos nosos home e mulleres con rango nobiliario do Medievo.
  • 24. Museo Fortaleza San Paio de Narla 23 Pescudas de detectives en San Paio Nivel: 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO Data: Curso escolar Obxectivo: Trátase de que os nenos e nenas se metan, por uns intres, na pel dun detective. Pero dun detective peculiar, porque o seu campo de acción será o Museo de San Paio, e terán que ir superando unha serie de pistas para acadar a meta final. Unha desas pistas consistirá en localizar cunha lupa cal é a peza máis antiga da lareira, etc. Finalmente, chegarán ao último piso da torre e se fixeron ben as súas tarefas, adiviñaran cal é o truco para abrir un cofre con sorpresas.
  • 25. Museo Fortaleza San Paio de Narla 24 Unha firma medieval: un signo lapidario
  • 26. Museo Fortaleza San Paio de Narla 25 Nivel: 6ª de primaria, 1º ESO e 2º ESO Data: Curso Escolar Obxectivo: Con esta unidade didáctica búscase afondar noutra realidade de San Paio de Narla, pouco coñecida e, por tanto, pouco difundida. Trátase de traballar coa temática dos signos lapidarios que se atopan diseminados por toda a fortaleza medieval e con reminiscencias renacentistas. Pretendese que os nenos e nenas comprendan a transcendencia destes signos que non eran meros garabatos na parede, senón que tiñan unha explicación e razón de ser. Deste xeito, a unidade didáctica contempla ser realizada en dúas fases: unha teórica e outra práctica.
  • 27. Museo Fortaleza San Paio de Narla 26 Á procura do acibeche en San Paio Metodoloxía: A intención desta unidade é dar a coñecer a nosa colección de acibaches a través de xoias realizadas nesta pedra protectora intimamente ligada á cultura galega. Nivel: 1º, 2º, 3º e 4ºde ESO
  • 28. Museo Fortaleza San Paio de Narla 27 Os escribáns en San Paio de Narla Metodoloxía: Con esta actividade daremos a coñecer os instrumentos que utilizaban os escribáns na Idade Media: pluma, tinteiro, salvadeiras, vade, pergamiños…Así nos achegaremos a un oficio moi relevante para os señoríos medievais. Nivel educativo: 4º,5º,6º de Educación Primaria e 1º da ESO.
  • 29. Museo Fortaleza San Paio de Narla 28
  • 30. Museo Fortaleza San Paio de Narla 29 PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA ESCOLARES CURSO 2016/17: A Rede Museística Provincial, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo, a través dos departamentos de didáctica dos catro museos que a integran (Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Museo Pazo de Tor) pon a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso escolar 2016 / 2017 coa idea de fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio conservado nos nosos museos. O obxectivo da nosa programación educativa para o curso 2016/2017 é o de situar no horizonte como meta: traballar e difundir con optimismo e motivación incesantes. Para un mellor aproveitamento do Museo Fortaleza San Paio de Narla ofrecemos un programa de itinerarios aos distintos niveis de ensino. Existe unha variedade e riqueza de contidos a disposición dun novo concepto de visita máis participativa, como alternativa ás tradicionais visitas guiadas, e que implique a colaboración directa de profesorado e alumnado.
  • 31. Museo Fortaleza San Paio de Narla 30 Para concertar a realización de calquera das actividades que presentamos deberase contactar co Departamento de Didáctica do Museo Fortaleza San Paio de Narla. Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas: guiada e con actividade. » Visita de iniciación Comprende un percorrido por todo o castelo, recoméndase para os grupos que visitan o Museo por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo. Duración aproximada de 60 minutos. Nivel: Todos os ciclos Obxectivo: Comprender que as sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións. » O Castelo encantado Nivel: 1º e 2º ciclo de Primaria Obxectivo: Identificar as distintas clases sociais; servos, señorío e cabaleiros mirando os recursos que nos ofrecen as diferentes salas do museo. » O Porvir do pasado San Paio de Narla é un museo axente para o coñecemento da vida pasada dos nosos devanceiros, museos que deben ser, e son, activos na educación dos novas xeracións.
  • 32. Museo Fortaleza San Paio de Narla 31 Nivel: ESO e BAC Obxectivo: Estudar o paso do tempo no que se desenvolve o señorío de San Paio de Narla, así como as distintas salas, a través da Lenda da Cova da Serpe. Comprender que a sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico, recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións. » Un Museo en Lendas Nivel: 3º Ciclo de Primaria, ESO e BAC Obxectivo: Coñecer a literatura e a mitoloxía popular do concello de Friol a través da comunicación cos nosos maiores. » O xogo de verbas Nivel: 4º, 5º e 6º Primaria Obxectivo: Aproveitar a riqueza e a variedade do patrimonio cultural, tomando conciencia da importancia do pasado para comprender o presente; para espertar o interese polas visitas aos museos motivamos con xogos. » Na Lareira Nivel: Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria Obxectivo: Visitar a cociña para que o alumnado descubra a transformación que esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Compararemos as vellas cociñas e as comidas que nelas se facían coas actuais.
  • 33. Museo Fortaleza San Paio de Narla 32 » Pescudas de detectives en San Paio Nivel: 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO Obxectivo: Trátase de que os nenos e nenas se metan, momentaneamente, na pel dun detective. Pero dun detective peculiar, porque o seu campo de acción será o Museo de San Paio, e terán que ir superando unha serie de pistas para acadar a meta final. Unha desas pistas consistirá en localizar cunha lupa cal é a peza máis antiga da lareira, etc. Finalmente, chegarán ao último piso da torre e, se fixeron ben as súas tarefas, adiviñaran cal é o truco para abrir un cofre con sorpresas. » Unha firma medieval: un signo lapidario Nivel: 6ª de primaria, 1º ESO e 2º ESO Obxectivo: Con esta unidade didáctica búscase afondar noutra realidade de San Paio de Narla, pouco coñecida e, por tanto, pouco difundida. Trátase de traballar coa temática dos signos lapidarios que se atopan diseminados por toda a fortaleza medieval e con reminiscencias renacentistas. Pretendese que os nenos e nenas comprendan a transcendencia destes signos que non eran meros garabatos na parede, senón que tiñan unha explicación e razón de ser. Deste xeito, a unidade didáctica contempla ser realizada en dúas fases: unha teórica e outra práctica. » Ollando a cultura-prismásticos Nivel: Primaria Obxectivo: Analizar a funcionalidade dunha peza que cobra vida fora de exposicións. Aprender a afondar nos diferentes tipos de visión. Teorizar entre o que o ollo ve, percibe e descobre.
  • 34. Museo Fortaleza San Paio de Narla 33 » Na Procura do Acibeche Nivel: Primaria Obxectivo: Aprender o que era o acibeche, que se facía con el... e farase un colar con macarróns imitando aos “colares de abadesa” que eran de acibeche. Co cal obsequiarán as súas nais. » O bestiario medieval. Nivel: ESO Obxectivo: A intención desta actividade é que os nenos e nenas descubran o importante poder da creatividade e da imaxinación. Para iso tomamos como marco referencial e cronolóxico a Idade Media, un período de escurantismo do que descoñecemos moitas realidades. A influencia da Igrexa tendía a plasmar imaxes demoníacas para atemorizar e creaba fantásticos códices, como o de Liébana, que supoñan un auténtico desfile de animais quiméricos: sereas, grifóns, dragóns, basiliscos… Tras ensinarlle unha serie de diapositivas explicativas, cada neno ou nena escollerá o animal quimérico que máis lle guste, e fará sobre pergameo o seu particular e propio códice. Tamén se lles ensinara a importancia dos códices miniados e a facer fermosas letras capitais.
  • 35. Museo Fortaleza San Paio de Narla 34 » Os xograres en San Paio de Narla Nivel: ESO Obxectivo: Trátase de que os nenos e nenas elaboren un xornal alusivo ás novas que puideron acontecer na Fortaleza de San Paio de Narla en época medieval, como o horrendo crime perpetrado por Vasco das Seixas a Catalina de Andrade. Deste xeito trataríase a violencia de xénero e pode adaptarse ás seccións dun xornal actual, por exemplo na sección de deportes mencionar quen gañou o torneo de xustas a cabalo, etc. Finalmente, coa axuda do computador, posiblemente empregando o publisher, farase un pequeno cartaz exemplificando a portada dun xornal. » A tradición dos contos de cego Nivel: ESO Obxectivo: Tomando como fío condutor o romance de Don Gaiferos, traballarase a oralidade recitando un poema que eles e elas mesmos escribirían sobre un pergameo que deberán elaborar coas súas mans. Acto seguido, recitarán o seu poema, ben de invención propia ou parafraseado » Rebelión na corte de San Paio: a revolta dos vasalos (obra teatral) Nivel: ESO Obxectivo: Mediante a representación dunha pequena peza teatral, de nova creación, analizarase o rol e a función de cada persoa na corte, traballando o tema do conflito en escena.
  • 36. Museo Fortaleza San Paio de Narla 35 » O sistema defensivo dos castelos medievais. Nivel: ESO Obxectivo: Traballando un quebracabezas con pezas que conformen un castelo e facendo con pinzas de madeira un esbozo do castelo, analizarase o sistema defensivo dun castelo, como o de Pambre ou o de San Paio. » A iconografía nos ríos galegos: río Narla. Nivel: ESO Obxectivo: Analizaremos a fauna e flora dos ríos galegos, así como a súa mitoloxía que compararemos coa grecorromana, tan florecente e rica en simboloxía e imaxes. »Crea o teu museo. Metodoloxía: Fago o meu museo, facemos o noso museo, creamos una rede. Os museos son relatores de historias. Desde a Rede Museística invitámosvos a que creedes o voso propio museo a partir dun diálogo aberto coas nosas coleccións e cos profesionais que traballan neste espazo. Se queres saber como, pregúntanos! Nivel educativo: Infantil e 3º, 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • 37. Museo Fortaleza San Paio de Narla 36 Programas de Actividades Escolares Curso 2017/18
  • 38. Museo Fortaleza San Paio de Narla 37
  • 39. Museo Fortaleza San Paio de Narla 38
  • 40. Museo Fortaleza San Paio de Narla 39
  • 41. Museo Fortaleza San Paio de Narla 40 4.2. Obradoiros de verán Desde a Deputación de Lugo a través dos catro museos integrados na Rede Museística propoñémosche un programa refrescante cunha morea de actividades para este verán 2017. Actividades variadas, para todas as idades, propostas guiadas polo afán de aprender e gozar ao mesmo tempo. Unha mestura de coñecementos e entretementos que procuran que a cultura e a historia deste noso país, que procuramos divulgar e transmitir desde as coleccións expostas nos museos da Rede, formen parte das nosas vidas tamén no verán. Tempo de facer novas amizades, de compartir, de crear e soñar! Se te animas, aquí tes sempre a porta aberta!
  • 42. Museo Fortaleza San Paio de Narla 41 »OBRADOIRO: Na arca aberta, o xusto peca Neste museo, como nas nosas casas, hai unha variedade enorme de mobiliario que precisamos para gardar, ou agachar, cousas (bargueños, arcas..), para apoiar (mesas, consolas…) ou de asento e descanso (escanos, cadeiras…). Todo este mobiliario ten ou tivo unha función precisa, por veces sorprendente, que temos que descubrir mediante xogos como adiviñas, refráns, historias … Vén xogar!
  • 43. Museo Fortaleza San Paio de Narla 42
  • 44. Museo Fortaleza San Paio de Narla 43
  • 45. Museo Fortaleza San Paio de Narla 44 »OBRADOIRO: Ferro e aceiro; defender San Paio é o primeiro! Co pretexto dun marabilloso marco escenográfico como é San Paio de Narla serviunos para facer dela un escenario onde xs nenxs por un día reviviron o apasionante mundo da loita medieval, megullándose no eido das armaduras e armamento medieval, combinando a súa destreza manual coa su capacidade creativa para plasmar o concepto dunha armadura a través dun pequeno cabaleiro.
  • 46. Museo Fortaleza San Paio de Narla 45
  • 47. Museo Fortaleza San Paio de Narla 46
  • 48. Museo Fortaleza San Paio de Narla 47 »OBRADOIRO: Escenarios (artes plásticas) Trataremos de representar como estes escenarios museísticos forman parte do noso entorno máis próximo, observamos as características que representan a cada un e recrearemos as imaxes e os obxectos que máis nos interesan. Faremos unha visita ao Museo para logo traballar en diferentes panos e obxectos do Museo reproducidos con diferentes técnicas a xeito de utillería escenográfica que logo expoñerán en cada Museo recreando un novo espazo-escenario-museístico.
  • 49. Museo Fortaleza San Paio de Narla 48
  • 50. Museo Fortaleza San Paio de Narla 49
  • 51. Museo Fortaleza San Paio de Narla 50
  • 52. Museo Fortaleza San Paio de Narla 51
  • 53. Museo Fortaleza San Paio de Narla 52 »OBRADOIRO: Cinema Sempre tiveches curiosidade por coñecer o mundo do cine por dentro? Entón este é o teu obradoiro! Por fin poderás ser actor ou actriz e deixar voar a túa imaxinación. Co cine pódense facer realidade os soños e que mellor lugar para conquistalos que este marabilloso museo da Rede Museística. Chegou o momento de facer cine. Tres, dous, un, cámara... acción!
  • 54. Museo Fortaleza San Paio de Narla 53
  • 55. Museo Fortaleza San Paio de Narla 54
  • 56. Museo Fortaleza San Paio de Narla 55
  • 57. Museo Fortaleza San Paio de Narla 56
  • 58. Museo Fortaleza San Paio de Narla 57
  • 59. Museo Fortaleza San Paio de Narla 58
  • 60. Museo Fortaleza San Paio de Narla 59
  • 61. Museo Fortaleza San Paio de Narla 60 »OBRADOIRO: Campamento de arqueoloxía Os neno/as aprenderon o que era un arqueólogo, para logo pasar a acción e ser eles uns pequeño/as arqueólogo/as que atoparon moitas cousas. Para logo analizar as pezas que atopamos.
  • 62. Museo Fortaleza San Paio de Narla 61
  • 63. Museo Fortaleza San Paio de Narla 62
  • 64. Museo Fortaleza San Paio de Narla 63
  • 65. Museo Fortaleza San Paio de Narla 64
  • 66. Museo Fortaleza San Paio de Narla 65 »OBRADOIRO: Teatro Neste obradoiro propoñémosvos un achegamento ás artes escénicas divertido e dinámico. Coñecerémonos a nós mesmos e aos demais dun xeito lúdico e festivo nun espazo singular, o Museo, que nos guiará ao longo deste proceso de re-presentar.
  • 67. Museo Fortaleza San Paio de Narla 66
  • 68. Museo Fortaleza San Paio de Narla 67
  • 69. Museo Fortaleza San Paio de Narla 68
  • 70. Museo Fortaleza San Paio de Narla 69
  • 71. Museo Fortaleza San Paio de Narla 70
  • 72. Museo Fortaleza San Paio de Narla 71 »OBRADOIRO: Ara que te ararás, a túa terra cultivarás Ara que ararás, a túa terra cultivarás, que constou dunha parte práctica e outra teórica. Nelas volvemos ao pasado onde era preciso o arado para cultivar as terras do señorío a través dos campensiños. Por iso o primeiro día falamos do arado e dos aperos de labranza necesarios para poder cultivar a terra, e cales foron quedando no esquecemento e cales continúan hoxe en día; para logo dar paso a facer un pequeno puzzle coas pares do arado. Xa no segundo día, sementaron a súa horta e recrearon aos nobres e ao campesiñado que lles ofrendaban as súas colleitas.
  • 73. Museo Fortaleza San Paio de Narla 72
  • 74. Museo Fortaleza San Paio de Narla 73
  • 75. Museo Fortaleza San Paio de Narla 74
  • 76. Museo Fortaleza San Paio de Narla 75
  • 77. Museo Fortaleza San Paio de Narla 76
  • 78. Museo Fortaleza San Paio de Narla 77
  • 79. Museo Fortaleza San Paio de Narla 78 »OBRADOIRO: Letra Creativa (literatura) O mundo das letras é unha especie de labirinto infindo. Coas nosas letras, as que ti escribas, poderás xogar a todo aquilo que sempre quixeches facer. Nós axudarémosche a crear un universo propio, será de risa? De Medo? De superheroes? Iso decídelo ti. Creamos unha historia? As letras creativas quedarán á túa disposición. Este é o teu obradoiro.
  • 80. Museo Fortaleza San Paio de Narla 79
  • 81. Museo Fortaleza San Paio de Narla 80
  • 82. Museo Fortaleza San Paio de Narla 81
  • 83. Museo Fortaleza San Paio de Narla 82 4.3. Obradoiros de Nadal
  • 84. Museo Fortaleza San Paio de Narla 83 Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo convocan o programa de obradoiros e actividades para este Nadal 2017. Cada museo (Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Museo Fortaleza San Paio de Narla e Museo Pazo de Tor) desenvolven diferentes actividades nas respectivas sedes, tendo en conta as peculiaridades das coleccións que albergan e as demandas do seu público. Desde a Deputación de Lugo e a través dos catro museos pretendemos promover un lecer activo, creativo e participativo. Sobre todo nestas datas, nas que celebramos a renovación, a chegada dun novo ano. Gozade das festas, da familia, dos amigos e do descanso ... pero non esquezades achegarvos aos museos. Agardámoste! O prazo de inscrición paras as actividades que o precisan mantense aberto ata que se cubran as prazas ofertadas; debe formalizarse no Museo onde se vaia realizar a actividade. Como unha cantiga... Na máis outa aldea leda romaría. Perdida no monte... Anxos de cristal a soñar na fonte.
  • 85. Museo Fortaleza San Paio de Narla 84 O Neno durmía... As bágoas da estrela na frol máis noviña. No colo da noite... Os sapos anainan ó Neno que dorme. Como unha cantiga perdida no monte, o Neno durmía no colo da noite. [X. Díaz Jácome, ‘O Neno durmía’, Muíño fidel, 1983] PROGRAMA »Obradoiro: O día a día dun mundo medieval na actualidade Tomando como referencia o calendario medieval tan esplendidamente plasmado nos muros pétreos da Colexiata de San Isidoro de León, preténdese que os nenos e nenas vaian elaborando cada mes do ano o seu calendario, introducindo unha letra capital miniada e facendo alusión a unha imaxe característica dese mes.
  • 86. Museo Fortaleza San Paio de Narla 85
  • 87. Museo Fortaleza San Paio de Narla 86 »Obradoiro: Nova vida, novas bágoas Tomando como fío condutor as Cantigas de berce ou arrolos, os nenos/as centraranse no berce exposto no museo e entenderán a luz a nova vida. Recitarán unha cantiga e realizarán un quebracabezas ou un debuxo dun berce.
  • 88. Museo Fortaleza San Paio de Narla 87
  • 89. Museo Fortaleza San Paio de Narla 88
  • 90. Museo Fortaleza San Paio de Narla 89 »Obradoiro: Habitando as casas das culturas do mundo Identificar as diferentes vivendas do mundo para valorar as diferenzas esóxenas e endóxenas coas nosas vivendas autóctonas. E profundar no respecto cara outras culturas e intensificar lazos de unión coas mesmas.
  • 91. Museo Fortaleza San Paio de Narla 90
  • 92. Museo Fortaleza San Paio de Narla 91
  • 93. Museo Fortaleza San Paio de Narla 92 4.4. Obradoiros en familia (Pequeamigos) Obradoiro O enterro da sardiña Os nenos e nenas do Club Pequeamig@s y parte dos seus pais e nais integrantes do Club EI! desfrutaron onte do último día de Entroido en familia e remataron no Museo Fortaleza de San Paio de Narla do "Enterro da Sardiña" dunha forma emotiva, lúdica, creativa e participativa. Os nenos e nenas sentían unha curiosidade por saber que era o Enterro da Sardiña, logo empezaron a sentirse motivados co Obradoiro da Sardiña, despois de empezar a desenvolver a súa imaxinación para disfrazarse e despois empezaron a desenvolver os seus sentidos, vendo, escoitando e percibindo todo o proceso do enterro.
  • 94. Museo Fortaleza San Paio de Narla 93
  • 95. Museo Fortaleza San Paio de Narla 94
  • 96. Museo Fortaleza San Paio de Narla 95
  • 97. Museo Fortaleza San Paio de Narla 96 Obradoiro Escultura Cerámica Comunitaria Os catro museos da Rede Museística da Deputación Provincial veñen de presentar unha nova edición de NOS+OUTRAS EN REDE unha mostra na que participan nove artistas, que nos propoñen microproxectos individuais, produto das súas particulares relfexións arredor das problemáticas de xénero. Cada artista realiza ademais un obradoiro co que se pretende establecer un diálogo con diferentes colectivos sensibles. O Museo Fortaleza San Paio de Narla acolle a exposición de Violeta Bernardo onde as súas pezas se entremeten cos obxectos das coleccións permanentes. Contando con Violeta Bernardo que nos ofreceu un obradoiro de familia, aos pais, nais e nenos/as da ANPA do Colexio da Ponte de Lugo. Os nenos/as desfrutaron da visita ao museo e das súas coleccións así como da exposición temporal da artista que como ela diría é a forma de expresar sentimentos e emocións. E iso foi o que fixeron onte os nenos/as, pais e nais no seu obradoiro "Escultura cerámica comunitaria" no que traballaron con arxila nun proxecto de grupo, e ao remate farase un mural no que se integraron as pezas de todos os obradoiros.
  • 98. Museo Fortaleza San Paio de Narla 97
  • 99. Museo Fortaleza San Paio de Narla 98
  • 100. Museo Fortaleza San Paio de Narla 99
  • 101. Museo Fortaleza San Paio de Narla 100 Obradoiro de familias con Medrar 2.0 O colectivo de pais, nais, nenos e nenas de Medrar 2.0 seguindo co noso programa de familias visitounos o día 2 de abril desfrutando dunha visita didáctica e teatralizada, onde a través dela coñeceron as tradicións e a historia da fortaleza, adaptando a visita ao nivel dos visitantes. 4.5. Colaboración coa Universidade Colaboración co proxecto Vía Lactea (USC) xaponesas Un grupo de mozas e mozos xaponeses que realizan coa USC o proxecto Vía Lactea e co cal colabora a ¨Rede Museística Provincial desenvolveron unha serie de actividades na Fortaleza de San Paio de Narla e o CPI Dr. López Suárez E ao mesmo tempo centrámonos nos catro pilares da educación: aprender a coñecer, aprender a facer, aprender a vivir xuntos e aprender a ser, cunha experiencia intercultural e interdisciplinar.
  • 102. Museo Fortaleza San Paio de Narla 101
  • 103. Museo Fortaleza San Paio de Narla 102 Visita dos alumnos/as de 4ª Curso de Pedagoxía da USC Dunha forma emotiva, lúdica, creativa e participativa visitaron os alumnos/as da Facultade de Ciencias da Educación, de 4º curso do Grao de Pedagoxía da USC; acompañados polo profesor Jesús Rodriguez, "coñecedor" da contorna e do patrimonio material e inmaterial de Friol. Visitarondous museos da Rede Museística Provincial de Lugo, o Museo Provincial de Lugo e o Museo Fortaleza San Paio de Narla, tratando de tecer redes; obxectivo principal da Rede Museística. No Museo Provincial de Lugo camiñaron polo museo da man da xerente Encarna Lago, de Antonio Reigosa e Mendoza do departamento de didáctica e guías onde desfrutaron dunhas experiencias pedagóxicas. No Museo de San Paio de Narla fixeron da man de Francisca Abuín onde coñeceron a historia da fortaleza e os contidos do museo a través das súas coleccións, para logo desenvolver unha actividade didáctica e práctica onde a través dos obxectos experimentaron distintas
  • 104. Museo Fortaleza San Paio de Narla 103 emocións basadas nos catro pilares da educación: aprender a facer, aprender a ser, aprender a coñecer, e aprender a vivir xuntos. Despoiscoñeceron o Patrimonio material e inmaterial de Friol da man de Carricoba e Blanca Gerpe, exmestres do colexio de Friol. Tamén coñeceron toda a museoloxía social, levada a cabo polo Museo Fortaleza San Paio de Narla a través dos Club Pequeamig@s, Ei e Senior; e coas distintas asociacións. Nunha palabra museo-educación-familias tecendo redes para un futuro mellor das xeneracións vindeiras.
  • 105. Museo Fortaleza San Paio de Narla 104 Visita dos estudantes do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza do Campus Terra de Lugo.
  • 106. Museo Fortaleza San Paio de Narla 105 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL 5.1. Programa interxeneracional A través deste programa o que pretendemos é o coñecemento duns medios artesáns que forman parte da nosa cultura e que tende a desaparecer ante os novos procesos industrial e tecnolóxicos. V Xornadas de interpretación e dinamización no medio rural
  • 107. Museo Fortaleza San Paio de Narla 106
  • 108. Museo Fortaleza San Paio de Narla 107 Estas xornadas pretenden contribuír a promover o interese pol cultura e tradicións propias da parroquia de Carballo e do Concello de Friol ademais de supor unha oportunidade para analizar a situación do rural e poder coñecer experiencias e estratexias que nos permitan contribuír a impulsar iniciativas de desenvolvemento social e económico no noso entorno. Os obxectivos destas xornadas son:  Proporcionar espazos de encontro, intercambio e formación entre os veciños e veciñas.  Afondar no coñecemento da nosa historia e patrimonio material e inmaterial.  Divulgar axudas que poidan resultar de interese.  Contribuír a promover a integración de colectivos xuvenís, de mulleres, de maiores e colectivos desfavorecidos en xeral.  Coñecer experiencias que poidan resultar de interese para os veciños e veciñas.  Difundir as diferentes iniciativas e proxectos relacionadas co sector forestal e agrogandeiro. O Museo Fortaleza San Paio de Narla involucrados sempre nas actividades do seu concello, colaborou coa súa presenza en devaditas xornadas.
  • 109. Museo Fortaleza San Paio de Narla 108
  • 110. Museo Fortaleza San Paio de Narla 109 XIII Xornadas Interxeracionais Rurais San Paio de Narla tecendo redes coas distintas asociacións participantes nas "XIII Xornadas Interxeracionais Rurais. Aprendendo cos nosos maiores" de Cabreiros.
  • 111. Museo Fortaleza San Paio de Narla 110 5.2. Programa da Terceira Idade En termos xerais podemos dicir que a historia de Friol é a dos acontecementos que lles ocorren aos antigos señores, hai que descubrila a base dos vellos nobres que poboaron a comarca e das épocas en que dominaron o territorio. Por iso nós creamos o programa da terceira idade. Ninguén como as persoas maiores, isto é a terceira idade, pode valorar o patrimonio inmaterial que tiña a transmisión oral da súa época, xa que era o seu medio de comunicación, e nós os traballadores de museo somos os encomendados de traspasar o noso legado a outros concellos, iso é o que imos a facer cos nosos visitantes da terceira idade. Neste caso estamos a traballar cuns grupos dos distintos concellos da xeografía galega a través da “Casa do Queixo” e distintas axencias de viaxes e asociacións.
  • 112. Museo Fortaleza San Paio de Narla 111 Visita de AYADEUS da UDC O grupo ADAYEUS (Asociación de Alumnos y Exalumnos de la Universidad Senior de A Coruña) quixo coñecer a tradición oral da comarca de Friol a través das lendas coas que conta dita fortaleza, para contemplar o estudo de dita lenda, trasladáranse o próximo sábado a Sobrado dos monxes. Realizaron a visita entorno a 3 facetas: coñecer a arquitectura deste BIC, coñecer a historia medieval de dita fortaleza, e coñecer o proxecto museolóxico a través dos seus contidos. Todos os visitantes foron capaces ao rematar a visita de facer un retorno ao pasado, isto é, á Idade Media, quedando pediente facer unha ruta de senderismo á Cova da Serpe para completar unha das rutas itinerarias da Comarca de Friol
  • 113. Museo Fortaleza San Paio de Narla 112 Universidad Senior de Sarria San Paio de Narla continua coa súa programación coa visita da Universidade Senior de Sarria vendo como as persoas da Terceira Idade seguen mantendo as súas inquedanzas por aprender, e sobre todo no tema cultural. Meirante estas visitas marcámonos como obxectivo a exercitación á atención, á exercitación á memoria e a exercitación ao pensamento.
  • 114. Museo Fortaleza San Paio de Narla 113 Visita SVCD (Sociedade Veciñal, Cultural e Deportiva) Nautilius Un grupo de de veciños da parroquia de Comesaña (Vigo) decidiu visitar o patrimonio de Friol despois dos comentarios oídos a cerca desta explenderosa Fortaleza.
  • 115. Museo Fortaleza San Paio de Narla 114 Visita do Centro Sociocomunitario Calvario Grupo Asociación de Mulleres Dornas de Vigo
  • 116. Museo Fortaleza San Paio de Narla 115 Grupo Asociación de Maiores Afundación de Ferrol Que nos deu as grazas por introducilos na vida medieval, nun espazo tan ben coidado e didáctico.
  • 117. Museo Fortaleza San Paio de Narla 116 5.3. Programa de ocio-turístico-cultural Asociación Amigos deo Patrimonio de Castroverde A Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde cuxo obxectivo é tratar de divulgar e defender o patrimonio cultural, da natureza, artístico, monumental e das tradicións do Concello de Castroverde. Desfrutaron hoxe dunha visita a San Paio de Narla e ao Concello de Friol onde coñeceron o patrimonio do concello, acompañados por unha persoa nativa e coñecedora do noso patrimonio Concha Blanco; trasladándose logo a Fortaleza de San Paio de Narla a pé a través do Camiño Real para logo desfrutar dunha visita histórica de man de Francisca Abuín, para degustar da nosa gastronomía en Friol, e pola tarde visitar o Concello de Palas, desfrutando de Vilar de Donas e o Castelo de Pambre. Un día cheo de sensacions e emocións a través do noso Patrimonio
  • 118. Museo Fortaleza San Paio de Narla 117
  • 119. Museo Fortaleza San Paio de Narla 118
  • 120. Museo Fortaleza San Paio de Narla 119 Os británicos Amigos e compañeiros cunha opción en común: as motos. Este grupo de amigos/as desfrutaron dunha visita a fortaleza de San Paio de Narla, o domingo día 12, onde a ceo clareou despois dunha intensa choiva primaveral para recibilos, comezaron a visita coñecendo a historia da fortaleza para despois centrarse no contidos do museo. Tan ben comprenderon a visita que
  • 121. Museo Fortaleza San Paio de Narla 120 foron capaces de facer unha pequena comparación ao largo da historia da vida medieval na fortaleza coa evolución das motos a través do paso do tempo, centrando a visita nos medios de transporte, e comparando os daquela época cos de hoxe en día.
  • 122. Museo Fortaleza San Paio de Narla 121 Amigos dos Citroën 2 CV Os Amigos dos Citroën 2 cv que este ano escolleron como ruta turística o museo fortaleza San Paio de Narla para logo a continuación celebrar unha comida de fraternidade en Friol.
  • 123. Museo Fortaleza San Paio de Narla 122 Grupo de Amigos Unidos de Gelines Patiño Visitaron nun día de otoño primaveral para coñecer o Museo Fortaleza San Paio de Narla. Onde quedaron sorprendidos pola gran variedade de coleccións que custodia este museo.
  • 124. Museo Fortaleza San Paio de Narla 123 Terras da Auga, concello de Lugo O historiador Javier Gómez Vila e os seus acompañantes adicaron a tarde a unha visita ao Museo Fortaleza San Paio de Narla, accedento a Fortaleza mediante un paseo polo Camiño Real, bordeando o río Narla. Onde tiveron a oportunidade de estudar o entorno xeográfico do señorio de San Paio de Narla. Xa no interior do museo-fortaleza baseamos a visita no estudo do espazo e do tempo no que se desenvolve o señorío de San Paio, así como a vida dentro del, a través das lendas e das coleccións do museo. Isto é un retorno ao pasado, así voltamos a Idade Media e ao Renacemento, estudando a arquitectura Renacentista da Fortaleza mediante os recursos que nos ofrecen as chemineas e as xanelas. Unha tarde de lecer e de estudo para os visitantes e para o persoal de San Paio de Narla.
  • 125. Museo Fortaleza San Paio de Narla 124 A Rede Museística agradecida por escollernos dentro da súa ruta e dar a coñecer o patrimonio do Concello de Friol.
  • 126. Museo Fortaleza San Paio de Narla 125
  • 127. Museo Fortaleza San Paio de Narla 126
  • 128. Museo Fortaleza San Paio de Narla 127 5.4. Semana dos museos A deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, xunto coa xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron o programa de actividades previstas para celebrar nos museos da Deputación o Día das Letras Galegas, a Noite dos Museos e o Día Internacional dos Museos. Nesta ocasión, e atendendo ao lema escollido polo ICOM para celebrar o próximo 18 de maio o Día Internacional dos Museos “Museos e historias controvertidas. Dicir o indicible en museos” o Museo Pazo de Tor propón aos visitantes participar nun diálogo construtivo arredor dalgunhas pezas expostas que poden ser susceptibles de controversia.
  • 129. Museo Fortaleza San Paio de Narla 128 DÍA das LETRAS / NOITE dos MUSEOS / DÍA INTERNACIONAL dos MUSEOS no MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA Actividade: Noite dos Museos Obra teatral e actuación dun grupo de música tradicional galega.
  • 130. Museo Fortaleza San Paio de Narla 129
  • 131. Museo Fortaleza San Paio de Narla 130
  • 132. Museo Fortaleza San Paio de Narla 131
  • 133. Museo Fortaleza San Paio de Narla 132 Presentación exposición/obradoiro: “Humor do país”, por Luis Davila Como complemento da exposición "Humor no país" de Luis Davila, en San Paio de Narla para ledicia de nenos/as e maiores o seu autor dedicounos unha mañá de debuxos, a cada cal mellor. Impresionante ver debuxar a este pedazo de artista
  • 134. Museo Fortaleza San Paio de Narla 133
  • 135. Museo Fortaleza San Paio de Narla 134
  • 136. Museo Fortaleza San Paio de Narla 135
  • 137. Museo Fortaleza San Paio de Narla 136
  • 138. Museo Fortaleza San Paio de Narla 137
  • 139. Museo Fortaleza San Paio de Narla 138 5.5. Programa Museoloxía social A Fundación TIC dependente da Deputación apoiou a festa Castrexa-romana (FRIULIO) A Fundación TIC dependente da Deputación Provincial de Lugo, apoiará a celebración da festa castrexa-romana de Friol (Friulio) coa elaboración de varios reportaxes para contribuir a súa difusión. Para concretar esta colaboración o
  • 140. Museo Fortaleza San Paio de Narla 139 deputado socialista Álvaro Santos firmou onte no Museo Fortaleza de San Paio de Narla, dependente da Deputación Provincial e pertencente a Rede Museística un convenio co presidente da asociación de recreación histórica A Castronela (Manuel Castiñeira Corral) Santos explicou que a fundación TIC elaborará diversos reportaxes sobre o I Friulio que será o sábado 25 de marzo, dando visibilidade a súa celebración e a celebración da 25 Feira do Queixo e Pan de Ousá, e así daremos a coñecer e a posta en valor á historia e as oirxes a través da recreación dos modos de vida, costumes e crenzas das culturas castrexo-romanas.
  • 141. Museo Fortaleza San Paio de Narla 140 50 anos de Breo. Enredando museos, cultura e deporte para a mocidade Dado que as necesidades dos cidadáns están sempre mudando, especialmente as dos máis novos, a Deputación de Lugo está na obriga de ofrecer respostas diferentes, e a organización de eventos e espazos culturais creativos e innovadores pode ser unha desas respostas adaptada aos novos tempos. A Rede Museística Provincial deu continuidade en 2017 ao seu Programa de Captación de Novos Públicos. Un dos seus públicos obxectivo é a mocidade, desde os 11 ata os 25 anos, que son, segundo as nosas estatísticas, quen menos afluencia e uso fai do propio museo. Entendemos a importancia que ten o deporte nestas idades como forma de desenvolvemento persoal e como punto de encontro e socialización. O mozo ou moza desde a pista, pero tamén coa súa presenza na grada, impulsa a participar da comunidade coa identificación co equipo, e motiva a xente nova a ser parte
  • 142. Museo Fortaleza San Paio de Narla 141 activa do xogo xunto cos/as deportistas, nun modelo de educación baseado no respecto, o esforzo e a confianza. Con esta idea de fondo e na necesidade de seducir aos públicos novos con temas que lles interesan, relacionamos deporte/mocidade/cultura a través dun proxecto expositivo que amose a traxectoria histórica e social do Club Baloncesto Breogán, un dos clubs de baloncesto máis relevantes do panorama nacional, e que este ano celebra o seu 50 aniversario. Tratarase dunha pequena homenaxe, a través de obxectos e paneis, por primeira vez expostos nun espazo museístico coas características axeitadas para poder visitala, consultala e gozala polas novas e vellas xeracións. Igualmente, a exposición tamén quere inducir á práctica saudable e lúdica da actividade deportiva. A confluencia de público entre o club con máis de 4000 seguidores e a Rede Museística enriquecerá a sociedade a través dunha visión histórica buscando transmitir o deporte como ferramenta de integración social e asociado á educación en valores. Convencidos do éxito colleitado, o segundo paso, consistirá en aproveitar toda a loxística do espazo museístico xerado, para poder seguir creando novas exposicións atractivas e innovadoras para o público xuvenil.
  • 143. Museo Fortaleza San Paio de Narla 142 Culturas en diálogo O Museo de América presenta o proxecto da Rede Museística sobre migracións: Culturas en Diálogo O Museo de América de Madrid, a través do seu programa Migrar es Cultura, e dentro do Plan Museos + Sociales, inicia con esta exposición un traballo de colaboración coa Rede Museística da Diputación Provincial de Lugo e o seu proxecto Culturas en diálogo Lugo-Argentina-Uruguay en torno aos camiños de ida e volta entre América e España abertos polas migracións.
  • 144. Museo Fortaleza San Paio de Narla 143
  • 145. Museo Fortaleza San Paio de Narla 144 Culturas en diálogo Lugo-Argentina-Uruguay da Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Pazo de Tor, Museo Fortaleza San Paio de Narla e Museo Provincial do Mar) é un programa de museoloxía social e diálogo intercultural que formula unha historia emocional entre Galicia e os países das ribeiras do Río da Prata.
  • 146. Museo Fortaleza San Paio de Narla 145 Trátase dun proxecto de longa duración, iniciado en colaboración entre a Rede Museística e a Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses de Lugo, coa participación cardinal do Museo da Inmigración de Arxentina e do Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA). A súa traxectoria vital continúa agora no marco da iniciativa Migrar es Cultura. O devandito proxecto estrúturase en tres eixes principais: museos que investigan, documentan e conservan (fondos fotográficos e documentais sobre a migración cara as ribeiras do Río da Prata), museos que educan (actividades pedagóxicas abertas a todos os colectivos sociais e con especial atención á muller migrante, a cultura e o patrimonio), e museos que difunden (transmisión da cultura de Lugo, Arxentina e Uruguai a través da comunicación mutua e a reflexión artística). Neste mesmo acto presentarase o proxecto global da Rede “Culturas en diálogo” así como a cooperación entre os proxectos “Culturas en diálogo” da Rede Museística e “Migrar es cultura” do Museo de América. Deste xeito, o Museo de América e a Rede Museística Provincial de Lugo inician un diálogo en paralelo que permita seguir recollendo e mostrando o enriquecimiento cultural e emocional que orixinan os camiños abertos polas migracións.
  • 147. Museo Fortaleza San Paio de Narla 146
  • 148. Museo Fortaleza San Paio de Narla 147 Presentación do Programa Culturas en Diálogo 2018: Lugo-Cuba Elixiuse Cuba pola profunda pegada que ten na nosa cultura, como país de recepción dos miles de galegos e galegas emigrantes, por xeracións, unha viaxe de ida e volta que está presente nas nosas forma de entender o mundo. Actividades desenvolvidas: *Participación do ballet cubano conxunto artístico "Telón Abierto" da Universidade de Cego de Ávila no Festival Mural Folk 2017. *Bloque documental de investigación: “Mulleres de Aquí e Dacolá”. (convocatoria pública para participar no proxecto) *Obradoiro " Cuquitas pola diversidade " »Presentación e exposición Guerrilla de palabras: “Palabreirxs de viaxe. Polo mundo da man do Colexio das Gándaras” »Presentación e exposición dos murais “Diversidade Ribeira Sacra” de Iván Merayo, e “Diversidade Lugo”, de Ticiana Ghiglione Darriba.
  • 149. Museo Fortaleza San Paio de Narla 148 Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase en todo o mundo o 25 de novembro, data sinalada pola ONU para chamar a atención sobre a discriminación e a desigualdade por razón de xénero. Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo conmemoran esta data reivindicativa entre o 18 e o 25 de novembro baixo o lema “Denunciar a violencia. Escribir a liberdade”. Os alumnxs do CEIP Laverde Ruiz realizaron a actividade que xira en torno ao "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller 2017". A actividade consistiu nun comic e a transmisión de mensaxes positivas a través dos bocadillos dos comics, xs nenxs compredendero moi ben a súa mensaxe.
  • 150. Museo Fortaleza San Paio de Narla 149
  • 151. Museo Fortaleza San Paio de Narla 150
  • 152. Museo Fortaleza San Paio de Narla 151
  • 153. Museo Fortaleza San Paio de Narla 152 O SAMAÍN NO MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA O Museo de San Paio de Narla segue a loitar polo seu e segue a crer no potencial e na bondade da xente, principal activo definidor e identificador na nosa ética: difundir cultura e espallar satisfacción por doquier. Cremos na xente, nas súas ilusións, nos seus medos, inquedanzas, incertidumes... e traballos inmersos na súa cotidianidade e aprendemos, e moito, deles. Un museo sen xente, non é un museo, é un ente condeado a extinguirse. A Rede Museística comprácese en colaborar en proxectos tan enriquecedores como éstes e felicita a asociación A Castronela pola súa confianza depositada en nós e por insuflar as velas dun barquiño que é pequeno en infraestructura pero grande en valores morais e humáns. Por iso somos uns museos sociais que traballamos coas familias facendo un museo de comunidade, isto é, MUSEOLOXÍA SOCIAL.
  • 154. Museo Fortaleza San Paio de Narla 153
  • 155. Museo Fortaleza San Paio de Narla 154
  • 156. Museo Fortaleza San Paio de Narla 155
  • 157. Museo Fortaleza San Paio de Narla 156
  • 158. Museo Fortaleza San Paio de Narla 157
  • 159. Museo Fortaleza San Paio de Narla 158
  • 160. Museo Fortaleza San Paio de Narla 159
  • 161. Museo Fortaleza San Paio de Narla 160 FOTOGRAFÍA A CEGAS IV A idea, por que? Os recursos culturais dun museo deben estar ao alcance de toda a cidadanía, entre eles a formación e o intercambio de coñecemento creados a partir da arte. Dende a rede, pretendemos que as obras sexan accesibles sen que os diferentes códigos de interpretación actúen como barreiras. “Museos para todos entre todos”. Dende o Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade da Rede Museística, adscrito á Xerencia, traballamos nun proxecto de eliminación de barreiras no que o persoal con capacidades diferentes toma un papel protagonista. Traballamos para lograr centros accesibles para todos, motivo polo cal se toman as medidas axeitadas para que se poidan eliminar tanto as barreiras para os visitantes como as que atoparía un traballador no seu posto.
  • 162. Museo Fortaleza San Paio de Narla 161 Tratando de adaptar o posto de traballo da nosa compañeira cega, a guía Ángeles Míguelez, vímonos obrigados a crear estratexias de achegamento ás coleccións para todos os públicos. A partir deste caso concreto, tomouse a decisión de aproveitar as súas capacidades para potenciar os outros sentidos cos que o visitante pode desfrutar no museo. De cada peza, de cada colección, incorporáronse novos recursos e adaptacións para que as experiencias sensoriais permitisen adquirir un coñecemento mutuo, entre guía e visitante, establecendo unha relación próxima e intensa. A predominación do consumo de cultura visual, nos museos, ao longo da historia, é unha realidade que supuxo unha barreira entre as persoas cegas e as institucións museísticas. Este modelo de consumo supón un xeito moi limitado para relacionarnos coas obras e de extraer significados e lecturas delas. A nosa forma de “mirar” determina o xeito en que entendemos, interpretamos e dotamos de significado todo. Así nos atopábamos, “A CEGAS”, para interpretar e dotar de significado certas coleccións e sermos capaces de transmitirlle a información adecuada á nosa compañeira cega. Era preciso que coa nosa axuda fose capaz de ofrecer novas alternativas a través das cales os visitantes puideran desfrutar das coleccións doutro xeito. Dicía Nelson Goodman “cambia-la forma de mirar implica cambia-los significados e construír con eles un novo mundo”. A mirada non é un proceso simplemente físico que rexistra o ollo, senón que é un proceso activo que estrutura o que ve no exterior en función dun esquema interior. Con estas premisas nace o proxecto que persegue un obxectivo claro, achegar e descubrir as coleccións dos catro museos da Rede a través da fotografía, como unha actividade dialogada, mental e en equipo (os cegos, o persoal do museo e os fotógrafos). Comezamos a investigar o que se tiña feito e o que poderiamos facer nós, foi así como atopamos exemplos noutros países. Na Arxentina realizárase algún obradoiro de fotografía para cegos, pero as principais referencias que analizamos foron unhas exposicións de California e en México xunto co movemento “The Blind with Carrera School”, que ve na fotografía para
  • 163. Museo Fortaleza San Paio de Narla 162 cegos un revulsivo para reflexionar sobre a imaxe, a luz e a escuridade. Unha vez atopados os referentes tivemos que adaptalo á nosa propia realidade e ver en que medida o poderiamos aproveitar. Foi entón como a raíz de valoralo, xunto a Ángeles Miguélez, Pilar Yáñez, as dúas cegas, e Juan Ignacio Márquez, decidimos darlle forma ao proxecto seguindo unha idea que ao comezo parecía unha quimera pero que, actualmente, podemos valoralo coma un éxito. O seguinte paso levounos a presentarlle a iniciativa ao artista Iago Eireos quen se encargou dun proceso de investigación e de formar un equipo con fotógrafos lucenses dispostos a facer de docentes no obradoiro fotográfico “Fotografía A CEGAS”. O equipo docente estivo formado por: Xosé Reigosa, Germán Limeres e Antonio López, Henrique e Iago de Santz. O obxectivo era conseguir que os participantes entenderan que a mente é a que lle dá forma á fotografía, a vista percibe a imaxe pero é o cerebro quen a crea. E aí, na cabeza, estaría a información facilitada sobre os contidos e coleccións dos nosos museos: San Paio de Narla, Pazo de Tor, Museo do Mar e Museo Provincial de Lugo. O proxecto quedou recollido nun documental elaborado por Enrique Lamas xunto cos alumnos da Escola de Imaxe e Son. Pasaron catro anos dende que se comezou a desenvolver unha das iniciativas máis innovadoras e produtivas coas que traballamos na Rede Museística, á que cada ano tratamos de enriquecer. Nesta terceira edición presentámonos cunhas competencias xa aprendidas que nos permitiron enfrontarnos ao reto de abordar novas disciplinas da imaxe. Esta ediciónincorporou dous novos aspectos, por un lado o traballo coa linguaxe visual, non só dende a fotografía senón tamén dende a “videocreación” e, por outro, reflexionar sobre a paisaxe, non só como a expresión dun lugar ou extensión ao que fotografar ou gravar senón tamén como algo cultural e social. Ben e certo que os participantes que xa viñeran outros anos coñecían o funcionamento dos dispositivos e de certas técnicas dentro da linguaxe fotográfica que tamén son aplicables á “videocreación”, pero aínda así foi necesario traballar coas novas técnicas.
  • 164. Museo Fortaleza San Paio de Narla 163 “Fotografía A CEGAS” é un proxecto que ademais deu como resultado final un documental dunha hora de duración, unha exposición e un catálogo froito do traballo dun colectivo de ENREDADOS (fotógrafos cegos, docentes e persoal dos museos da Rede) interesados na experimentación sensorial, na exploración dos esquemas perceptivos e na procura doutro tipo de referentes que non se limiten só ao visual para se relacionar coa arte dunha forma máis global. Aproveitamos a potencialidade do xeito co que os cegos se relacionan co medio para enriquecer os museos e proporcionarlles unha nova “mirada” aos visitantes. “… só co corazón se pode ver ben; o esencial é invisible para os ollos.” O Principiño. Encarna Lago González Xerente da Rede Museística Para quen? Cando falamos de accesibilidade e de eliminación de barreiras, soemos quedarnos na instalación de ascensores e ramplas para salvar escaleiras ou na posibilidade de organizar visitas para grupos de persoas con algunha discapacidade determinada. Pero iso non é para nada integración e accesibilidade. Accesibilidade e integración é buscar que a programación do Museo sexa dirixida a todas as persoas, cada quen coas súas capacidades, ou adaptar o posto de traballo de xeito tal que calquera persoa, unha cega neste caso, poida desempeñalo sen maior problema. Niso leva moitos anos traballando a Xerencia da Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo, traballo que lle ten valido unha chea de premios e
  • 165. Museo Fortaleza San Paio de Narla 164 recoñecementos en certames e congresos de rango nacional e internacional. E ese é o labor no que seguen empeñados e no que podemos encadrar este proxecto. Así pois, na busqueda da plena adaptación do posto a unha nova guía cega que se incorporaba ao cadro de persoal da Rede Museística Provincial de Lugo, eu, e tratando de aproveitar as diferentes sensacións sensoriais e sensitivas que a falta da vista pode achegar á interpretación das pezas, acordouse levar a cabo un obradoiro de fotografía para cegos. Este obradoiro, supuxo para min e para o resto de persoas invidentes participantes nel, unha gran aventura de superación e eliminación de barreiras mentais. As derivadas da prevalencia da cultura visual na nosa sociedade, que fan que nós mesmos nos limitemos á hora de facer cousas porque no noso caso, non somos quen de ver o resultado. Entre outras moitas ensinanzas, aprendemos que a fotografía é un proceso que comeza na nosa cabeza, que é onde en realidade xermina a idea, que despois na imaxe fotografada, vai reflectir os sentimentos, emocións ou sensacións que nos levaron a facela. Aprendemos tamén a convivir e dialogar con todo o persoal dos catro museos da rede que se esforzaron ao máximo para, xunto cos catro fotógrafos, axudarnos a interpretar e entender as diversas coleccións e pezas que se albergan neles. Se cadra non son a persoa máis axeitada para dicilo, pero o resultado foi un éxito total. Todos os que dalgún xeito participamos no obradoiro, obtivemos del unha chea de experiencias positivas que botar ás nosas costas. Descubrimos que, querer é poder, que non hai nada imposible senón retos complexos, que hai moitos xeitos de ver e de interpretar todo o que nos rodea e tamén as pezas e coleccións dos
  • 166. Museo Fortaleza San Paio de Narla 165 museos e que cada persoa está dotada dunha serie de aptitudes e actitudes distintas que hai que aproveitar cando se trata de traballar en equipo. A tarefa non é sinxela, conseguir cambiar a forma de mirar, para así cambiar o mundo, non vai ser doado nin rápido, pero non se pode rematar o que non se comeza e este só foi un paso máis, un paso marabilloso cara a esa meta final que é a plena integración. Ángeles Miguélez No Refectorio do Museo Provincial de Lugo unha nova sesión do obradoiro FOTOGRAFÍA A CEGAS dirixido ao colectivo de invidentes. Coordinado por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo, será impartido por polos fotógrafos Enrique Lamas, Antonio López, Xosé Reigosa, Iago Eireos, Germán Limeres e María Vázquez, ademais de contar coa colaboración da museóloga María Florencia Puebla, da ENAM (Escuela Nacional de Audio y Producción Musical de México).
  • 167. Museo Fortaleza San Paio de Narla 166 5.6. Programa de Exposicións EXPOSICIÓN: nós+outrxs en rede Os catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo presentan unha nova edición de “nós+outrxs en rede”, unha mostra na que participan 9 artistas (Elvira Fente, Violeta Bernardo, Carmen Porteiro, Julio Leira, Kristopher (Kris) Dios Barreiro, Crystilandia, Laura Varela, Lucía Vila e Cristina Basanta) que nos propoñen microproxectos individuais, produto das súas particulares reflexións arredor das problemáticas de xénero. Cada artista realizará, ademais, un obradoiro co que se pretende establecer un diálogo con diferentes colectivos
  • 168. Museo Fortaleza San Paio de Narla 167 sensibles. As obras poderán verse nos catro museos da Rede Museística, dentro dos que ocupan diferentes espazos, entremeténdose entre os obxectos das coleccións permanentes.
  • 169. Museo Fortaleza San Paio de Narla 168 ARTISTAS *Elvira Fente presenta un proxecto que ten como núcleo o tratamento da identidade feminina como fundamento do ser; a identidade é o que lle permite á muller suxeito tomar conciencia da súa existencia. Na súa obra “Womanhood” descríbense situacións que permiten abrir novos debates sobre a condición feminina. Imaxes que espertan no público emocións, respostas e interrogantes. A obra divídese en tres bloques, que se corresponden coas tres etapas na vida da muller segundo a cultura celta, a inocencia, a maternidade e a sabedoría. Os debuxos son o reflexo do corpo nu da muller como xeito de sacar a muller da súa prisión corporal. Liberala e liberar o seu corpo ao mesmo tempo. O laranxa e o violeta... Un, salvaxe, ousado e, en definitiva libre, porque representa a ilusión, a paixón e a rebeldía nun cabelo despeiteado. Outra, a cor da loita feminista, da esencia do espírito feminista. Ambas cores actuando coma escudo ante a vulnerabilidade, ante a fraxilidade moral que acompaña á física. Os debuxos van acompañados de palabras que son poemas, poemas que son haikus. Os poemas teñen unha dobre intención, impactar con palabras sobre a ameaza que supón a vulnerabilidade do corpo feminino e permite ao corpo reaccionar contra esa ameaza. *Violeta Bernardo participa coas súas esculturas “Muller /es” nos catro museos da Rede. Como ela mesma di: “se tivera que definir a miña obra non sabería moi ben como facelo. Diría que é a miña forma de expresar sentimentos e emocións. Con cada peza trato de contar unha historia, relatos en feminino, pode que tamén feministas. En todo caso, historias de mulleres fortes, valentes e
  • 170. Museo Fortaleza San Paio de Narla 169 loitadoras. As miñas “nenas” reflicten tenrura , pero apuntan maneiras das mulleres firmes nas que se han de converter. Mulleres que han de percorrer distintos camiños, que han de vivir unha e moitas vidas á súa vez”. Nos obxectos que as acompañan condénsanse todas esas vidas. Un simple zapato ou unha maleta é unha historia de vida. O mundo feminino, o meu mundo, está cheo de formas e matices, de sensibilidade e sentimento. Coas miñas obras trato de crear beleza como forma de chegar ao corazón e transmitir emocións. *Carmen Porteiro co título “Non son ninguén” presenta unha serie fotográfica que xorde a partir dunha interpretación en formato audiovisual da obra de Maruja Mallo (postaleando, 2014) e da reflexión de Tania Balló sobre “Las sin sombrero”, un grupo de mulleres, entre as que se atopa Mallo: “Ao igual que eles volveron do exilio como heroes, elas atopáronse co máis profundo dos esquecementos: non eran ninguén”. “Non son ninguén” é unha crítica á ausencia da muller na sociedade actual, que continúa a ser invisible, que é menosprezada e tratada como un espectro, que está pero non ten voz ni presenza. *Julio Leira participa cunha serie de fotografías da súa colección “Vida cotiá” en distintos países, especialmente en Senegal, coas que trata de captar a esencia das persoas na súa vida cotiá. PD. “Unha imaxe vale máis que mil palabras”.
  • 171. Museo Fortaleza San Paio de Narla 170 *Kristopher (Kris) Dios Barreiro, nado en A Coruña como muller o 6 de decembro de 1975. Aínda que sempre lle gustaron as artes plásticas, nunca recibiu educación "formal" ao respecto. O debuxo sempre foi un pasatempo sen máis pretensións que "pasar o tempo". Tras fracasar e abandonar o instituto, decidiuse a estudar secretariado (profesión que xamais exercería) así como diversos idiomas, titulándose en inglés e francés na EOI da Coruña. Clinicamente deprimido dende os 16 anos e tras unha vida de constantes altibaixos, en 2014 diagnosticáselle finalmente "disforia de xénero" o que supón un punto de inflexión. Nese contexto de incerteza comeza a pintar e a recibir clases formais, descubrindo así non só o seu talento senón tamén a súa vocación. A través da arte consegue canalizar as súas emocións e enfrontarse con seguridade e optimismo a algo tan difícil como a "transición" na súa idade adulta. Vocal da asociación Amizando, de recente constitución, pensada e dirixida cara o colectivo LGTBIQ+ con especial atención ás persoas trans e as súas familias. "The Wall" é unha das miñas primeiras obras. Foi máis un exercicio de auto-expresión que unha obra en si mesma, aínda que foi presentada ao concurso de pintura "Paco Merino" en 2014. Foi realizado na miña “peor” época: acababa de descubrir que era trans e non sabía como enfrontarme a elo... e nin sequera se quería facelo. É unha obra conceptual, representa un muro no que se reflicten, a modo de graffiti, diferentes emocións ... *Crystilandia presenta a súa obra “Corazón desarraigado busca ...” Hai tempos nos que un corazón debe desarraigar ... desprenderse das vellas follas e alzarse a voar, espallando novas sementes, para así atopar ... un novo fogar no que botar RAíCES.
  • 172. Museo Fortaleza San Paio de Narla 171 *Laura Varela con “Suspiro” explora o efémero e, ao mesmo tempo, eterno que é o sentir. Un bico é unha elipse de sensacións que nos transportan e nos devolven ao mesmo lugar no que nos atopamos nun intre da nosa existencia. Catro imaxes que dialogan entre si cun haiku como refrán, como enlace, coma un latexo como a respiración... Efímera piel: respiro destellante tu soplo suave *Lucía Vila e Cristina Basanta despois de traballar no proxecto Raíces, deciden continuar explorando conxuntamente. O interese polo traballo colectivo, a unión como raíz. A Mariña, o seu lugar de encontro. Enlazadas entre a paisaxe, o mar, as algas, a area, os cristais, as pedras … En definitiva, historia aberta, memoria cosida e atada. A vida, as mulleres, as nais, as avoas; o tempo, o corpo, o espello, o reflexo… Esta obra é un tríptico común, un punto de unión. O meu, o teu, o noso ... Unidas son máis, son comezo, son nó e son desenlace. OBRADOIROS COMUNITARIOS En paralelo á exposición “NOS+OUTRXS en rede”, nos catro museos da Rede Museística levaranse a cabo diversas actividades dirixidas ás comunidades coas que a Rede leva tempo traballando, e serán coordinadas e xestionadas polxs propixs artistas colaboradorxs. -Cristina Basanta e Lucía Vila
  • 173. Museo Fortaleza San Paio de Narla 172 Propoñen dous obradoiros “Cadernos de vida”, exploración do noso interior a través da arte, e “Labirinto emocional”, bosquexar, elaborar, facer, trazar, construír, crear, producir, discorrer, imaxinar un labirinto emocional que levamos enraizados, creando un espazo conxunto onde compartir as emocións plasticamente. -Crystilandia e Laura Varela Xuntas presentan o obradoiro artístico “Eu son” con temática de xénero destinada a persoas con distintas capacidades. -Carmen Porteiro A partir de “Non son ninguén” proponse un obradoiro fotográfico cunha finalidade concreta: conseguir esa visibilidade a través da fotografía. Estudiaranse e traballaranse as técnicas fotográficas relacionadas coa nitidez na captura do movemento. Varrido / Zooming ou efecto zoom/ Exposicións prolongadas/ Lightpainting... O control do tempo é a clave a nivel técnico e servirá tamén como punto de partida para a reflexión. -Elvira Fente Obradoiro de “Técnicas de empoderamento a través da escrita”. O obradoiro consistirá en dar a coñecer e poñer en práctica o uso da escritura como ferramenta de empoderamento. A sesión estará dividida en dúas partes. A primeira, teórica, na que se exporán técnicas que permiten o achegamento á escrita e o apoderamento a través da palabra. A continuación, ofrecerase una
  • 174. Museo Fortaleza San Paio de Narla 173 guía de cuestión que axudará a activar a conciencia individual e a construír o poder arredor do corpo, e a aprender a analizar emocións ou vivencias. A segunda parte será de carácter práctico. Aplicaranse os coñecementos expostos na primeira parte do obradoiro. -Violeta Bernardo Propón o seu obradoiro titulado “Escultura cerámica comunitaria” no que se traballará coa arxila nun proxecto de grupo, e ao remate farase un mural no que se integren as pezas de todos os obradoiros -Julio Leira Levará a cabo un obradoiro sobre “Diversidade, fotografía e diálogo intercultural”. -Kristopher Dios “A arte como terapia” é un obradoiro no cal, en contra da crenza popular de que crear arte é un privilexio só duns poucos, tenta facer ver que é algo ao alcance de todos, e poñer de relevo o seu potencial “curativo”. En momentos difíciles da nosa vida, crear arte pode resultar tremendamente útil como ferramenta de auto-coñecemento, de análise e sobre todo como terapia. Exporanse distintas técnicas e probaremos como a súa posta en práctica pode resultar unha experiencia moi enriquecedora a todos os niveis. Violeta Bernardo, co proxecto "Mulleres" Exposición temporal no Museo Fortaleza San Paio de Narla
  • 175. Museo Fortaleza San Paio de Narla 174 O mundo femenino, o meu mundo, está cheo de formas e matices de sensibilidade e sentemento. Coas miñas obras trato de crear beleza como forma de chegar ao corazón e transmitir emocións.
  • 176. Museo Fortaleza San Paio de Narla 175
  • 177. Museo Fortaleza San Paio de Narla 176
  • 178. Museo Fortaleza San Paio de Narla 177
  • 179. Museo Fortaleza San Paio de Narla 178
  • 180. Museo Fortaleza San Paio de Narla 179 Exposición ‘Humor do país’ de Luis Davila (O Bichero) Dentro da programación dos museos da Rede Museística (VER) para conmemorar o Día Internacional dos Museos 2017 contamos coa exposición ‘Humor do país’ de Luis Davila quen, ademais, participará nas presentacións desenvolvendo un obradoiro en cada un dos museos. Tanto as exposicións como os obradoiros correspondente atenden á temática específica dos contidos e da contorna de cada museo da Rede. Luis Davila Malvido (Bueu –1972). Nace cun rotulador na man e crece debuxando, máis tarde dáse conta de que podía chegar a vivir diso. Cursa estudos de Deseño Gráfico e Ilustración na Escola de Artes Aplicadas Pablo Picasso da Coruña. Traballou en diferentes axencias de publicidade e en 1997 entra a formar parte da sección de deseño do xornal Faro de Vigo. Dende 2013 empeza a traballar como freelance. Realiza ilustracións para R, Estrella Galicia, Consocio Zona Franca, Agaca, CIGA, Nós candidatura Galega, Colexio de Farmacéuticos de Galicia, TVG, Nikis Galicia Style … etc. Dende o ano 1998 publica en Faro de Vigo unha viñeta de humor diaria chamada “O Bichero” Ten publicados seis libros recompilatorios. Dende 2014 participa xunto a Carlos Blanco no espectáculo “Menú do Día”. Na súa faceta como pintor, xa ten realizado máis dunha vintena de exposicións e no ano 2006 recibe o primeiro premio da bienal “Arte no Morrazo”
  • 181. Museo Fortaleza San Paio de Narla 180 LUIS DAVILA (Bueu, 1972) Davila é un apelido que semella un alcume. O mesmo que houbo un Xoán de Aldán, un Pero da Ponte e un Leonardo da Vinci, o noso admirado Luís podería ser Da Vila, da xente, un pouco de todos nós. Porque ninguén como el retrata nas súas tiras xornalísticas as cousas que nos pasan cada día, a actualidade que de verdade nos preocupa, a linguaxe que empregamos para falar do noso. Do maxín e do lapis deste Davila xorden retratos populares que nos identifican. Tanto ten que fale do cumio do FMI, do cambio climático ou do camarlengo do Papa: O noso amigo é quen de trasladar calquera tema, por moi farragoso que pareza, nunha historia próxima, que pode acontecer nun furancho, nunha tasca, nunha leira ou a bordo dunha gamela coruxeira. Ten graza, fainos rir, afía un humor retranqueiro, pero o que de verdade nos asombra é a súa capacidade para achegar o mundo ao noso, para interpretar cada día a actualidade nun recuncho de papel de 160 centímetros cadrados.
  • 182. Museo Fortaleza San Paio de Narla 181 Davila é da vila e consigue cada mañá que nos escarallemos. E o fai con personaxes que nos resultan próximos: A vella coa bata que sacha na horta; os pícaros que xogan na rúa; o peneque da taberna que pontifica de todo; ou o mariñeiro orgulloso na súa lanchiña que ameaza pola radio ao cruceiro de luxo: “Aquí “Patajullo Power”. Falo co capitán do “Independensofdesis”? Pois amarrade toda a chirimbolada canta teñades a bordo que vouvos pasar feito unha sentella e non respondo da ola”. “As boas noticias non son noticia”, di unha vella máxima do xornalismo. E os medios, emperrados en catástrofes, crises e guerras, adoitan darnos o almorzo unha mañá tras doutra. Por fortuna, temos ao noso Luís para aledarnos o día, para facernos esbozar un sorriso, cando non unha gargallada. As autoridades sanitarias deberían nomealo de utilidade pública, porque as súas tiras son saúde, como mínimo mental, para dixerir a actualidade. Eduardo Rolland
  • 183. Museo Fortaleza San Paio de Narla 182
  • 184. Museo Fortaleza San Paio de Narla 183 EXPOSICIÓN: SIRO. Retrospectiva, 1970-2017
  • 185. Museo Fortaleza San Paio de Narla 184 SIRO. Restrospectiva, 1970 – 2017 é un proxecto da Rede Museística da Deputación de Lugo que se pode visualizar no Museo Provincial de Lugo, no Museo Pazo de Tor, no Museo Fortaleza de San Paio de Narla e no Museo Provincial do Mar. Con este proxecto preténdese dar a coñecer a evolución artística dun dos mellores humoristas gráficos do noso país. SIRO LÓPEZ LORENZO, nado en Ferrol en 1943, é un polifacético artista cunha actividade que abrangue a caricatura, a ilustración, a pintura e o deseño, ademais da súa faceta como escritor. De formación autodidacta (de cativo, pintar e debuxar era o que máis lle gustaba facer) dáse a coñecer, en 1970, na revista Chan, da man de Borobó. Neste mesmo ano, por iniciativa de Xaime López e apadriñado por Miguel González, fai a súa primeira exposición no antigo local de “Toxos e Froles” de Ferrol, mostra que tivo un enorme éxito. Herdeiro de Castelao, pero creador dun estilo propio, Siro é, ante todo, un humorista gráfico. Un humorista que, ao longo de case 50 anos, soubo reflectir de forma cómica a realidade histórica, social e cultural de Galicia e de España. A través das súas colaboracións diarias na prensa, sobre todo no xornal La Voz de Galicia, Siro foi desvelando en clave de humor o acontecer diario da vida política española a través dos seus debuxos, debuxos caracterizados tamén polo seu valor artístico. Neste aspecto, cómpre destacar a súa serie sobre a transición política, imaxes que aínda hoxe constitúen unha historia gráfica deste período da nosa historia recente. Pero Siro non se limitou á caricatura e ao humorismo gráfico, senón que, como bo artista que é, foi ampliando os seus horizontes artísticos para incluír a paisaxe e o retrato e, máis recentemente, o debuxo con Ipad. Ademais, xunto con Xaquín Marín impulsou un manifesto en defensa do humor, do que naceu a idea do que hoxe é o Museo do Humor de Fene. Autor dunha extensa obra gráfica, destacan os seus álbums: Os pecados capitais; 18 espidos de muller; Xente na brétema; In saecula saecularem, amen;
  • 186. Museo Fortaleza San Paio de Narla 185 Probes homes, Debuxos de humor, Cofrades do Cristo da Autonomía, A Autonomía galega nas caricaturas de Siro, etc. Esta mostra que agora se presenta, constitúe a primeira retrospectiva que se fai deste artista. Nela amósase unha ampla escolma da súa extensa obra, mostra que se estrutura atendendo ás diferentes facetas artísticas nas que traballou: debuxo, deseño (foi o autor do proxecto da praza do Humor da Coruña), pintura, caricatura, etc., sen esquecer a súa actividade como escritor, eido no que cultivou xéneros como a narrativa, o teatro e, sobre todo, o ensaio, campo no que destacan os seus traballos Castelao humorista e Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo.
  • 187. Museo Fortaleza San Paio de Narla 186 EXPOSICIÓN: MAMA MÍA! Outras miradas ao cancro de mama Hai cinco anos, en pleno tratamento de quimioterapia, unha amiga propúxome facer unha sesión fotográfica. A miña sorpresa foi maiúscula cando, a pesar da imaxe que reflectían os espellos, me observei e vin que podía encarar a realidade sen medo. Sentinme bonita. Estaba bonita. Quixera hoxe, a través doutras imaxes e doutros ollos, os meus, poder proxectar o optimismo que unha sesión, no seu día, fixo comigo e seguir exhibindo a nosa feminidade intacta, porque … non perdemos nin un ápice dela… Alex F. Romero
  • 188. Museo Fortaleza San Paio de Narla 187 5.7. Programa de Conferencias IV Congreso de Xénero, Museos, Arte e Educación.
  • 189. Museo Fortaleza San Paio de Narla 188 A área de Cultura, Deseño e Artesanía da Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística –Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla– organiza, para os días 10, 11 e 31 de marzo e 1 de abril de 2017, o IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación. Esta edición, en correspondencia cos anos anteriores, forma parte do Plan de museos, xéneros, arte, educación e igualdade co que se compromete, como institución pública, a promover políticas de igualdade e ofrecer espazos de diálogo e cohesión social. Como museos de comunidade somos responsables de reflectir a diversidade da sociedade e ofrecer ferramentas para o seu desenvolvemento a través da arte e a didáctica. Esta responsabilidade ponse en práctica, no labor mediador dos museos, mediante unha metodoloxía incluínte e normalizadora, que elude a segregación de actividades por sexo, grupo social ou cultural. O interese suscitado nos encontros anteriores –onde se expuxeron un total de 107 relatorios, se presentaron 30 comunicacións e se confirmaron 289 inscricións– sitúanos na obriga de seguir evolucionando e ofrecer experiencias e reflexións coas que ampliemos a nosa perspectiva sobre a relación transformadora da cuestión dos xéneros, da creación artística e da educación. Os contidos deste congreso son produto da autocrítica. Unha perspectiva de diversidade dos xéneros non é unha cuestión unicamente de mulleres, o cal continuaría mantendo os mesmos arquetipos de división. Estas xornadas reflexionan sobre como os museos amosan e favorecen a presenza e a atención sobre a pluralidade de xéneros e os seus papeis na historia e na sociedade a través dos seus discursos museográficos, coleccións e actividades. Con este obxectivo, o noso programa convida axs congresistas a asistir á clase perigosa, un encontro que reúne as teorías de xénero, o activismo feminista, a ciencia xurídica, a ciencia social, a biopolítica, as novas tecnoloxías, a arte e a práctica institucional. Outras sesións converten os museos da Rede en plataformas de exposición para colectivos e activistas da defensa dos dereitos sobre a
  • 190. Museo Fortaleza San Paio de Narla 189 identidade sexual, social, artística ou cultural; en espazos de difusión de prácticas artísticas feministas internacionais; en presentación de experiencias de participación e igualdade en museos; e en mesas sobre a creación artística en relación á violencia de xénero. Homenaxeamos, como non, nesta edición, á artista viveirense Maruja Mallo a quen está dedicada o 1 de abril, Día das Artes Galegas, o que nos servirá como punto de conexión coas realidades latinoamericanas que afondan nos temas deste congreso: xéneros, museos, arte e educación. En definitiva, unhas xornadas para seguir medrando, compartir posturas sen postureos, e participar no debate con profesionais, investigadorxs, críticxs, artistas e activistas. ORGANIZACIÓN E ENTIDADES COLABORADORAS Este Congreso está organizado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo a través da súa Rede Museística Provincial e goza da colaboración e o aval das entidades museísticas ICOM España, Red Española de Profesionales de Museología Social, Museo de Arte Contemporáneo de León (MUSAC), Museo de Arte Africano da Universidade de Valladolid, Museo Thyssen-Bornemisza, Museo Arqueológico de Cacabelos, Museo de León e o Contamos igualmente co proxecto Didáctica 2.0 Museos en Femenino, no que participan o Museo Nacional del Prado, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Museo Nacional de Cerámica y Artes Suntuarias González Martí, Museo del Traje e o Museo Arqueológico Nacional. Entre os seus patrocinadores científicos están a Universidade de Santiago de Compostela por medio do seu Centro Interdisciplinario de Investigacións feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX), do taller permanente Masculinidades e cambio social, do Instituto de Ciencias da Educación, da Facultade de Humanidades de Lugo, do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e do Máster de Servizos Culturais; o Máster en Museos, Educación e Comunicación da Universidade de Zaragoza; a Universidade da Coruña; as universidades Complutense de Madrid e Universidade de Valladolid.
  • 191. Museo Fortaleza San Paio de Narla 190 Estas xornadas son un aglutinante de entidades pedagóxicas, artísticas, sociais, de xestión, de comunicación, exhibición e investigación. Colaboran así, o Observatorio de Educación Patrimonial en España, Mujeres de las Artes Visuales (MAV), Mujeres Mirando Mujeres, Iskoö espazo multidisciplinar, Píkara Magazine, Arte a un click, o Centro de Arte CA2M e La Publika. Laboratorio de investigación artística sobre esfera pública e o proxecto editorial Plétora. Como espazo para a acción de colectivos e asociacións, este congreso reúne á Fundación Daniela, á Fundación Secretariado Gitano, á ACADAR, Asociación Galega de Mulleres con Discapacidade, á Asociación Arelas, á Asociación Si hai saída contra a violencia de xénero en Lugo, e a Asoc. Penitenciaria Concepción Arenal. As culturas en diálogo maniféstanse coa representación do colectivo sirio e da Asociación de Retornados Rioplatenses de Lugo. Un ano máis, o desenvolvemento das xornadas acadan a internacionalidade coa colaboración do Centro para Mulleres na Arte e nas Humanidades da Rutgers da Universidade de Nova York (EUA), da universidade e o Museo de las Mujeres de Costa Rica, do Instituto Interdisciplinario de Estudios de Género da Universidade de Bos Aires (Arxentina), e, da REMCAA, Rede de Educadores de Museos de Arte e Centros de Arte (Arxentina), dos Museos Comunitarios de Berazategui (Arxentina), do ECCOM, idee per la cultura (Italia), da Curadoría pedagóxica da 9ª Bienal de Mercosul en Porto Alegre (Brasil) e dos proxectos educativos en Museos de México. venres, 31 de marzo Museo Fortaleza San Paio de Narla Os programas dos xéneros en museos, a exhibición e a investigación son os eixos desta xornada. Inclúe una sesión de pechakuchas (20 imaxes x 20 segundos) de artistas e proxectos de visibilización. > De 16.00 a 20.30
  • 192. Museo Fortaleza San Paio de Narla 191 ■ Jorge García Marín, coordinador do taller permanente de Masculinidades e Cambio Social do ICE (Instituto de Ciencias da Educación) da USC. Fará as súas aportacións sobre os medios de comunicación e o poder masculino. ■ Araceli Corbo, responsable da Biblioteca-Centro de documentación do MUSAC (Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León). DEA no doutoramento de Estudios interdisciplinares de género e docente asociada da Universidade de León. ■ Amparo López Corral, coordinadora técnica da Bienal MAV Mujeres en las Artes Visuales. O seu relatorio tratará sobre a Bienal Miradas de Mujeres (BMM-2016). ■ Antonia Fernández Valencia, profesora titular no Departamento de Didáctica das Ciencias Sociaisda UCM e asociadaao Instituto de Investigacións Feministas desa universidade. Fará as súas aportacións sobre o proxecto Didáctica 2.0 Museos en Femenino, proxecto no que participan o Museo Nacional do Prado, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, o Museo Nacional de Cerámica e Artes Suntuarias González Martí, o Museo do Traxe e o Museo Arqueológico Nacional. ■ Pechakuchas: > Mónica Alonso (doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo, artista escritora e comisaria) > Adriana Pazos (directora do Espazo de Arte Contemporánez OLALAB Acción Cultural. Directora do proxecto educativo AULADEIDEAS: Educación e Creatividade. Artista Visual. Responsable de prensa e comunicación de Mujeres Mirando Mujeres) > Luz Darriba (profesora de Artes Visuais, artista multidisciplinar, xestora cultural con proxectos baixo o patrocinio da UNESCO. Na súa traxectoria como escritora premiada co Ánxel Fole. Presidenta da Fundación Cumulum)
  • 193. Museo Fortaleza San Paio de Narla 192
  • 194. Museo Fortaleza San Paio de Narla 193
  • 195. Museo Fortaleza San Paio de Narla 194
  • 196. Museo Fortaleza San Paio de Narla 195
  • 197. Museo Fortaleza San Paio de Narla 196 Mesa MINON e Museos de Comunidade Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo acollen un encontro con membros de MINOM Varios membros de MINOM (Movemento Internacional para unha Nova Museoloxía) integrado no ICOM (Consello Internacional de Museos) desenvolverán varias actividades nos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo na xornada do xoves, 30 de novembro de 2017. Entre estas actividades, está previsto o acto de entrega do chamado Núcleo Documental do Arquivo MINOM, unha reunión dos membros da executiva e unha mesa redonda con diversos especialistas e activistas de diversas asociacións da provincia de Lugo. MINOM reúne aos profesionais que traballan en museos da comunidade, ecomuseos, grupos especializados na organización de actividades culturais, xestión e mediación cultural e as institucións culturais implicadas en comunidades locais. O MINOM incita ás institucións museísticas e aos museólogos a enfrontarse aos desafíos actuais, a xerar accións patrimoniais nas súas comunidades e a
  • 198. Museo Fortaleza San Paio de Narla 197 participar nos debates das colectividades nas que están implicados como mediadores. Os membros do MINOM organizan reunións e intercambios rexionais como o que vai ter lugar en Lugo, nos museos da Rede Museística, o xoves, 30 de novembro de 2017. Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol De 17:00 a 17:30 h.- Ana Mercedes Stoffel expón as características e contidos do Núcleo Documental para o Estudo do MINOM. De 17:30 a 19:30 h.-Mesa ‘MINOM e Museos de Comunidade’ Participan: Mercedes Stoffel, Isabel Víctor, Pedro Pereira Leite, Juan Sandoval, Encarna Lago xunto con representantes de colectivos e asociación da provincia de Lugo que participan activamente nos proxectos de museoloxía social que promove a Rede Museística da Deputación de Lugo.
  • 199. Museo Fortaleza San Paio de Narla 198 5.8. PROGRAMA DE RECURSOS EDUCATIVOS PROXECTO COS ALUMNOS/AS DE 5º DE PRIMARIA DO CPI DR. LÓPEZ SUÁREZ DE FRIOL Descrición: Dende o Museo San Paio de Narla (Friol). Proxecto dende a metodoloxía das Intelixencias Múltiples, partindo da unidade temática a IDADE MEDIA, dirixido a alumnos-as de 5º de Primaria. Esteproxecto foi feito, dirixido e coordinado por PaquitaAbuín Villar xunto cós membros que compoñen o Equipo do Museo deFriol, profesora titora dos alumnos de e os respectivos profesores especialistas de Lingua inglesa, Relixión, Música, Educación Física de 5º de Primaria e o profesor especialista en Lingua e Literatura da ESO, do CPI Friol. Obxectivos: - Achegar os contidos académicos á realidade histórica-social-artística do entorno. - O Museo como recurso didáctico. - Vivir, estudiar, investigar sobre o tema a Idade Media dende a Fortaleza de San Paio de Narla.