SlideShare a Scribd company logo
MEMORIA 2015
Museo Provincial do Mar
1
INDICE
1. LIMIAR .............................................................................................................................2
2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES..................................................................4
3. MELLORAS DO EDIFICIO.........................................................................................10
4. PROGRAMA DIDÁCTICO..........................................................................................10
4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES.......................................................................10
4.2. OBRADOIROS DE VERÁN...........................................................................40
4.3. OBRADOIROS DE NADAL...........................................................................78
4.4. OBRADOIROS DO CLUB PEQUEAMIGOS..............................................89
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL.................................................................111
5.1. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE ........................................................111
5.2. SEMANA DOS MUSEOS.............................................................................118
5.3. PROGRAMA MUSEOLOXÍA SOCIAL ......................................................126
5.4. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS...............................................................137
5.5. SERVIZO DO MUSEO PARA OUTRAS ACTIVIDADES.......................152
5.6. PROGRAMA CONFERENCIAS .................................................................156
5.7. PROGRAMA DE CONGRESOS ................................................................160
5.8. PROGRAMA DE CONCERTOS.................................................................162
5.9. PROGRAMA DE PRESENTACIÓNS........................................................163
6. PROGRAMA DE PERSONAL .................................................................................164
7. PROGRAMA ECONÓMICO.....................................................................................164
Museo Provincial do Mar
2
1. LIMIAR
“Un museo é unha institución permanente, sen fins de lucro, ó servizo da
sociedade e aberta ó público, que adquire, conserva, estuda, expón e difunde o
patrimonio material e inmaterial da humanidade con fins de estudo, educación e
recreo.”
Grazas a formar parte dunha rede, a traballar en rede, a compartir recursos
e medios tanto técnicos coma humanos, a Rede Museística Provincial de Lugo
logra estar conformada por catro museos, o Provincial de Lugo, a Fortaleza de
San Paio de Narla, o Pazo de Tor e o Museo Provincial do Mar que cumpren
todos os criterios que segundo a definición do ICOM os convirten en museos.
No Museo Provincial do Mar, ó longo do ano traballamos arreo na procura
do cumprimento desas funcións, adquirindo novas pezas que pasan a formar
parte da nosa colección, como o oso de cráneo de balea recentemente atopado
no concello de Barreiros, organizando exposicións coma a de “Maruxaina e outras
Museo Provincial do Mar
3
sereas” do artista mariñán Otero Regal, a de “A caza da valea”, en colaboración
co Museo Masó, ou “A arte de xuntar”, presentando libros, albergando
conferencias, celebrando concertos, realizando talleres para diversos colectivos,
programando visitas para escolares, recibindo diferentes grupos, …
Pero por encima de todo, do que nos sentimos máis orgullosos é de
fomentar e manter unha estreita colaboración coa comunidade que nos conforma,
coas persoas que alá polo 1969 impulsaron a creación deste Museo e corenta e
seis anos máis tarde seguen a facer del e o gardán da súa memoria, do
patrimonio dunha comunidade que vivíu cara ó mar, do mar, enfrontándose ó mar,
valéndose do mar, recollendo os froitos do mar.
So grazas a eles, a esa comunidade que nos nutre e da enerxías, o noso
traballo da froitos, froitos que teñen de novo a esa comunidade como receptora,
como destinataria dese traballo en común.
Deste xeito, este Museo so ten senso como parte desa comunidade, e só
subsistirá e medrará mentras esa comunidade o nutra.
Museo Provincial do Mar
4
2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES.
Xaneiro Nº total de visitantes 999
4 grupos escolares 83
11 grupos adultos 292
Visitas individuais 624
Febreiro Nº total de visitantes 837
2 grupos escolares 49
8 grupos adultos 316
Visitas individuais 472
Marzo Nº total de visitantes 1618
2 grupos escolares 76
21 grupos adultos 623
Visitas individuais 919
Abril Nº total de visitantes 1639
3 grupos escolares 51
13 grupos adultos 413
Visitas individuais 1175
Maio Nº total de visitantes 1809
11 grupos escolares 259
24 grupos adultos 715
Visitas individuais 835
Xuño Nº total de visitantes 1776
7 grupos escolares 228
Museo Provincial do Mar
5
22 grupos adultos 660
Visitas individuais 888
Xullo Nº total de visitantes 3189
8 Obradoiros 222
33 grupos adultos 1108
Visitas individuais 1859
Agosto Nº total de visitantes 3817
9 Obradoiros 242
29 grupos adultos 964
Visitas individuais 2611
Setembro Nº total de visitantes 1528
4 grupos escolares 44
21 grupos adultos 582
Visitas individuais 902
Outubro Nº total de visitantes 1242
1 grupos escolares 4
14 grupos adultos 433
Visitas individuais 805
Novembro Nº total de visitantes 1101
10 grupos escolares 320
7 grupos adultos 197
Visitas individuais 584
Decembro Nº total de visitantes 1061
Museo Provincial do Mar
6
4 grupos escolares 25
10 grupos adultos 197
Visitas individuais 839
Total visitantes anuais 20616
Gráfica comparativa dos anos 2014-2015
803 681
1352
1498
1696 1627
2455
3433
1325
1029
1037 1044
999
837
1618 1639
1809 1776
3189
3817
1528
1242
1101
1061
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500
4000
4500
MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Ano 2014
Ano 2015
Museo Provincial do Mar
7
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500
4000
999
837
1618 1639
1809 1776
3189
3817
1528
1242
1101 1061
Por número de visitantes
12%
4%
2%
2%
11%
42%
27%
Por idades
0-10
11-14
15-18
19-25
26-40
41-65
66
Museo Provincial do Mar
8
0
1000
2000
3000
4000
5000
6000
7000
8000
1633
7095
3617
14495
2132
3 21 103155
1784
213426
78
2494
38 29 33 114 399
Por Procedencias
LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCIA
ARAGON ASTURIAS BALEARES CANARIAS
CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LAMANCHA
EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA
NAVARRA LA RIOJA VALENCIA ESTRANXEIROS
38
2810
2835
3254
3273
5075
3331
0 1000 2000 3000 4000 5000 6000
Por días da semana
DOMINGO
SABADO
VENRES
XOVES
MERCORES
MARTES
LUNS
Museo Provincial do Mar
9
XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL
HOMES 427 354 583 637 742 732 1319 1672 654 518 444 420 8502
MULLERES 572 483 1035 1002 1067 1044 1870 2145 874 724 657 641 12114
0-10 85 55 92 185 253 244 460 634 135 71 240 109 2563
11-14 56 10 15 50 26 83 178 186 41 12 122 24 803
15-18 1 38 40 55 4 46 106 86 21 1 3 11 412
19-25 22 4 32 36 5 19 64 173 54 16 3 15 443
26-40 99 61 154 185 148 139 253 583 195 176 96 130 2219
41-65 483 426 883 760 757 703 1395 1418 545 532 366 444 8712
66 253 243 402 368 616 542 733 737 537 434 271 328 5464
LUGO CIDADE 72 70 109 173 120 89 278 390 96 67 51 118 1633
LUGO PROVINCIA 406 314 414 533 720 605 966 923 583 440 650 541 7095
GALICIA 256 273 395 348 106 190 528 745 263 248 129 136 3617
ANDALUCIA 0 1 0 0 0 12 17 52 60 0 2 0 144
ARAGON 4 0 4 8 0 2 26 51 0 0 0 0 95
ASTURIAS 136 22 288 110 227 165 457 345 125 101 58 98 2132
BALEARES 0 0 0 0 0 0 3 0 0 0 0 0 3
CANARIAS 0 0 0 0 0 0 7 3 0 8 0 3 21
CANTABRIA 0 0 4 10 0 6 12 8 59 3 1 0 103
CATALUÑA 9 0 4 2 2 6 35 91 6 0 0 0 155
CASTILLA-LEON 54 76 176 35 260 359 125 137 126 175 155 106 1784
CASTILLA-LA MANCHA 0 0 18 6 33 60 58 28 1 1 0 8 213
EUSKADI 0 2 5 64 8 14 75 186 28 12 16 16 426
EXTREMADURA 0 0 0 0 0 0 62 15 1 0 0 0 78
MADRID 20 3 126 294 306 241 437 712 136 151 33 35 2494
MURCIA 0 0 4 7 0 0 13 9 5 0 0 0 38
NAVARRA 0 0 2 0 2 2 9 11 2 1 0 0 29
LA RIOJA 0 0 0 7 0 0 6 11 9 0 0 0 33
VALENCIA 8 4 0 11 6 0 28 37 15 5 0 0 114
ESTRANXEIROS 34 72 69 31 19 25 47 53 13 30 6 0 399
MAÑAS 540 603 930 1027 833 980 1946 2525 803 798 844 655 12484
TARDES 459 234 688 612 976 796 1243 1292 725 444 257 406 8132
LUNS 0 0 0 0 38 0 0 0 0 0 0 0 38
MARTES 74 48 214 95 122 264 447 724 198 190 168 266 2810
MERCORES 129 126 96 171 127 221 657 684 205 99 186 134 2835
XOVES 86 80 89 360 280 162 706 700 347 182 173 89 3254
VENRES 209 89 256 307 299 284 552 620 198 212 159 88 3273
SABADO 378 155 578 478 727 542 521 599 396 306 130 265 5075
DOMINGO 123 339 385 228 216 303 306 490 184 253 285 219 3331
GRUPOS ESCOLARES 83 49 76 51 259 228 222 242 44 4 320 25 1603
GRUPOS ADULTOS 292 316 623 413 715 660 1108 964 582 433 197 197 6500
VISITAS INDIVIDUAIS 501 133 534 947 619 585 1553 2121 718 552 299 219 8781
DOMINGOS NO MUSEO 123 339 385 228 216 303 306 490 184 253 285 620 3732
TOTAIS MENSUAIS 999 837 1618 1639 1809 1776 3189 3817 1528 1242 1101 1061 20616
*RESUME
EXTRANXEIROS
ALEMANIA
ARXENTINA
BULGARIA
CHINA
CUBA
CABOVERDE
COREA
ESCOCIA
FRANCIA
FILIPINA
EEUU
AFRICA
NORUEGA
MEXICO
BRASIL
TURQUIA
MARRUECOS
IRLANDA
ITALIA
HOLANDA
CANADA
ANDORRA
PORTUGAL
RUSIA
RUMANIA
REINOUNIDO
SUIZA
URUGUAI
TOKIO
SAHARAUI
XAPON
ANUAL
XANEIRO 4 2 3 11 8 6 34
FEBREIRO 3 2 10 4 39 2 1 3 4 4 72
MARZO 2 4 8 6 2 39 2 2 4 69
ABRIL 4 11 4 3 2 2 3 2 31
MAIO 3 2 2 5 5 2 19
XUÑO 4 3 4 1 1 1 2 1 4 21
XULLO 2 17 4 3 2 4 11 3 1 47
AGOSTO 1 10 6 1 6 4 5 3 3 7 7 53
SETEMBRO 2 3 4 4 13
OUTUBRO 3 2 14 2 1 2 4 2 30
NOVEMBRO 4 2 6
DECEMBRO 0
TOTAL 22 24 3 86 10 3 3 4 98 10 11 1 2 4 5 4 2 5 6 3 2 3 22 4 4 41 5 2 1 1 4 395
* Nº DE GRUPOS XANEFEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑOXULLOAGOS SET OUT NOV DEC ANUAL
Nº GRUPOS ESCOLARES 4 2 2 3 11 7 8 9 4 1 10 4 65
Nº GRUPOS ADULTOS 11 8 21 13 24 22 33 29 21 14 7 10 213
15 10 23 16 35 29 41 38 25 15 17 14 278
RESUME DE VISITAS ANUALES MUSEO PROVINCIAL DO MAR 2015
Museo Provincial do Mar
10
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO
Conservación de infraestruturas
- Reposición de sistema de iluminación, por parte do persoal do Museo durante
todo ano
- Rotura do canalón, incidentes descubertos trala festa da Maruxaina.
- Avería do ruter por causa dunha tormenta.
- Avería do. ordenador
- Revisión de extintores
- Desartización varias veces ao ano.
- Limpeza exterior de ventanas e interior de teitos.
- Limpeza exterior de recinto.
- Tarefas de xardineria no exterior do Museo
- Revisión potabilidade da auga por parte da empresa Arumia
4. PROGRAMA DIDÁCTICO
4.1. Actividades escolares
Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas:
guiada e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación
previa das mesmas, concertando con departamento de didáctica.
Visita de iniciación:
Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para os grupos
que visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo.
Duración aproximada de 60 minutos.
Museo Provincial do Mar
11
Para un mellor aproveitamento do Museo Provincial do Mar, xa que existe
unha variedade e riqueza de contidos, e na procura dun novo concepto de visita
máis participativa, como alternativa as tradicionais visitas guiadas e que implique
a colaboración directa de profesores e alumnos, ofrecemos no 2010 un programa
de itinerarios os distintos niveis de ensino:
Tea mariñeira
¿As baleas comen ou engulan?
Arriba a bandeira
Descubre a balea
Mergúllate
Nada coa balea
Pinta mariñeiro
Sae a navegar
Sopa de aleta
Vento mareiro
Visita de iniciación
Nivel: Todos os ciclos
Data: Curso escolar
Obxectivo: Comprender o oficio do mar e como as sociedades actuais están
condicionadas polo seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas mariñeiras e
analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas
para outras xeracións.
Museo Provincial do Mar
12
Tea mariñeira
Nivel: 3º e 4º da ESO e BAC
Data: Curso escolar
Obxectivo: Fomentar o interese polas materias vinculadas coa navegación.
Asentar conceptos vistos anteriormente na visita guiada.
Metodoloxía: Actividade que consiste en unir con frechas. Relacionaranse fotos
de obxectos da Sala de Navegación coas definicións que teñen noutra columna.
Museo Provincial do Mar
13
Aparato que permite ó capitán comunicar as
ordes ó que está na sala de máquinas.
Serve para gobernar o barco, facéndolle
cambiar o rumbo. Pode ser de caña ou de
roda.
Caixa cilíndrica fixa na cuberta que leva no
seu interior o compás ou búsola.
Fiestra redonda que se abre e que está
situada en distintas alturas nos costados do
buque. Serve para que entre a luz e se
ventilen os camarotes da tripulación.
Elemento do equipo propulsor dun barco
movido mediante unha máquina ou motor e que
permite o movemento cara adiante ou atrás
do barco.
Instrumento para coñecer a situación.
Consiste en medir a altura do sol ou das
estrelas con respecto do horizonte. Mide a
latitude.
Antigamente facíanas os carpinteiros de
ribeira antes de construír o barco .
Servía para ver as formas que ía ter o barco.
UNE CON FRECHAS E NOMEA CADA OBXECTO
Museo Provincial do Mar
14
¿As baleas comen ou engulan?
Nivel: 5º e 6º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e á cultura dun modo atractivo.
Potenciar o traballo e a participación en equipo. Inculcar a protección
conservacionista do medio ambiente mariño.
Metodoloxía: Na Sala das Baleas, os nenos en grupos estarán sentados no
chan, onde escoitarán unha pequena explicación sobre se as baleas mastigan ou
non. De seguido responderán verdadeiro ou falso a unhas frases e terán unha
folla de consulta ante as posibles dúbidas.
Museo Provincial do Mar
15
Museo Provincial do Mar
16
Museo Provincial do Mar
17
Arriba a bandeira
Nivel: 3º e 4º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Dar a coñecer como se transmite información codificada entre barcos
próximos. Aínda que agora, se utilizan algunhas bandeiras, que as novas
tecnoloxías as deixaron en desuso.
Metodoloxía: Sentados diante das bandeiras que forman o Código de Sinais
escoitarán o significado e utilidade deste. Como un grupo de bandeiras
representan o abecedario, cada neno debuxará nunha cartolina branca, tamaño
folio, a bandeira que lle corresponda coa súa inicial. Para iso terán un panel
informativo de consulta. Despois pegarán un pau a un extremo da mesma. Os
nenos agruparanse polas súas iniciais e realizarán un xogo como se fosen barcos
comunicándose en alta mar.
Museo Provincial do Mar
18
Museo Provincial do Mar
19
Descubre a balea
Nivel: 1º e 2º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e ó mundo do mar dunha maneira
amena e atractiva. Fomentar a expresión oral e artística. Potenciar o interese pola
cetoloxía.
Metodoloxía: Na Sala das Baleas repartiranse follas co debuxo dunha balea
animada con números. Os rapaces terán que coloreala segundo as cores que
levan asociadas os números. Así cando rematen descubrirán a balea.
Museo Provincial do Mar
20
Museo Provincial do Mar
21
Mergúllate
Nivel: 1º e 2º da ESO
Data: Curso escolar
Obxectivo: Fomentar a capacidade de asimilar novos conceptos mediante un
xogo atractivo. Achegar os rapaces á cultura dunha forma práctica e divertida.
Metodoloxía: En parellas, cubrirán o pasatempo coas palabras que adiviñen.
Sempre axudados polo persoal do museo.
MERGÚLLATE
HORIZONTAL:
1- Instrumento de medición da latitude no que o seu arco é a sexta parte dun círculo.
2- Principal método para calcular a velocidade no mar. Mide nós ou millas.
3- Instrumento que serve para saber a situación do barco, neste caso, en todo momento.
Tamén se pode chamar compás.
4- Sosterse na superficie da auga.
5- Parte principal dun barco, que pode ser de madeira ou doutro material. Calquera
embarcación pode flotar e desprazarse grazas a el.
6- Lazo que se fai con cabos. Utilízase nas actividades cotiás dun barco.
Museo Provincial do Mar
22
VERTICAL:
1- Instrumento que servía para a comunicación dentro do barco. Había dous: un na ponte e
outro na sala de máquinas.
2- Serve para gobernar ou orientar o barco, facéndolle cambiar o rumbo ou a dirección.
Pode ser de cana ou de roda.
3- Instrumento de ferro forxado con figura dun arpón ou dun anzol que está suxeito a
unha cadea e se arrebola ó fondo do mar para fondear o barco.
4- Peza de tea ou doutro material que, unha vez despregada, recibe do vento o impulso
necesario para navegar.
5- Parte posterior dun barco.
6- Parte de diante dun barco.
Nada coa balea
Museo Provincial do Mar
23
Nivel: Ed. Infantil
Data: Curso escolar
Obxectivo: Potenciar o desenvolvemento educativo achegando os rapaces ós
museos. Fomentar a participación en grupo. Familiarizarse coa representación
plástica.
Metodoloxía: Na Sala das Baleas haberá un panel onde está debuxada unha
balea. Os nenos formarán grupos collendo cada un seis pezas revoltas do
quebracabezas. Terán que colocalas ordenadamente ata completar a imaxe que
teñen diante.
Museo Provincial do Mar
24
Museo Provincial do Mar
25
Museo Provincial do Mar
26
Pinta mariñeiro
Nivel: 1º e 2º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Achegar ós rapaces ó mundo da navegación dunha maneira amena
e sinxela. Fomentar tanto as aptitudes creativas como a expresión oral. Espertar o
interese polo mundo náutico.
Metodoloxía: Os nenos, sentados no chan, na Sala de Navegación pintarán un
debuxo dun veleiro en alta mar. Colorearán este coas cores que eles queiran,
para fomentar o desenvolvemento artístico. Cando rematen, os mariñeiros
responderán unhas sinxelas preguntas referidas ao barco: ás súas partes e
porque se move no auga.
Museo Provincial do Mar
27
Museo Provincial do Mar
28
Sae a navegar
Nivel: Ed. Infantil
Data: Curso escolar
Obxectivo: Potenciar o interese creativo e construtivo. Coñecemento dos
distintos elementos que constitúen un barco: casco, ponte de mando, portillos,
áncora, … Familiarizar os nenos coas formas dun barco montando as pezas do
quebracabezas.
Metodoloxía: Na sala de navegación haberá un panel grande cun debuxo dun
barco. Os nenos formarán pequenos grupos. Cada un terá seis pezas revoltas
que colocarán ordenadamente ata formar a imaxe que teñen diante.
Museo Provincial do Mar
29
Museo Provincial do Mar
30
Sopa de aleta
Nivel: 3º e 4º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e a cultura mariña. Engadir
coñecementos elementais da bioloxía mariña. Fomentar o aprendizaxe mediante
un xogo didáctico.
Metodoloxía: Na Sala das Baleas repartiranse follas coa sopa de letras onde
terán que atopar partes da anatomía externa e interna da balea. Na outra sopa de
aleta encóntranse agochados os familiares das baleas como son: o arroaz,
rorcual, candorca, cachalote, golfiño e balea vasca.
Museo Provincial do Mar
31
Vento mareiro
Nivel: 5º e 6º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Recoñecer as partes principias dun barco. Potenciar o interese polo
mundo do mar. Coñecer o deseño dunha embarcación tradicional galega. Valorar
a historia, cultura e tradicións galegas.
Metodoloxía: Entregarase unha folla cun debuxo con números dunha Traiñeira a
cada alumno. Debaixo desta haberá unha listaxe con nomes referidos ás partes
dunha embarcación. Os rapaces teñen que relacionar os números da imaxe cos
nomes.
Museo Provincial do Mar
32
Museo Provincial do Mar
33
Obradoiros escolares
CURSO 2014-2015
Para o curso escolar 2014-2015 e, outro ano máis, a Rede Museística
presenta un actualizado programa educativo, deseñado e pensado para todas as
etapas educativas coa pretensión de seguir ofrecéndolle á comunidade escolar
experiencias didácticas co fin último de coñecer, comprender, valorar e gozar das
coleccións e espazos que conforman parte do patrimonio histórico artístico e
cultural da provincia de Lugo.
Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da
museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor
a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha
experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue
formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de
construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao
noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro.
Actividades deseñadas e elaboradas polo equipo dos departamentos de
didáctica do Museo Provincial de Lugo (Lucía Dequidt Lagares, Raquel Guerrero
Prieto, Mª Anunciación Losada Montenegro, José Manuel Mendoza Castiñeira e
Museo Provincial do Mar
34
Paula Salinas Somoza), do Museo Fortaleza San Paio de Narla (Francisca Abuín
e Ana Ferro), do Museo Provincial do Mar (Ángeles Miguélez e Amelia Pernas), e
do Museo Pazo de Tor (Tar López e Silvia Fiallega Lorenzo).
A área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede
Museística Provincial e dos museos que a integran, desexa contribuír con este
programa a que o curso escolar 2014-2015 sexa de proveito e, sobre todo, a que
os museos sexan vehículo motivador para o coñecemento.
PROGRAMA
A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 4 grandes
bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica.
Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus
estrutural:
___Bloque 1: CREA O TEU MUSEO
Que é un museo? Un museo é un lugar onde se conserva, expón e difunde
o patrimonio artístico e cultural. Pero un museo é tamén un espazo que lle
pertence a toda a comunidade, un espazo para soñar e facer das ilusións a nosa
realidade. Como che gustaría que fosen os nosos museos? Que che gustaría que
contivesen os nosos museos?
Dende a Rede Museística abrimos as nosas portas e invitámoste a que
entres e crees o teu museo a partir do diálogo coas nosas coleccións e cos
profesionais que nel traballan, nunha experiencia emocional e creativa.
A través das obras de arte podemos descubrir lugares reais e espazos
imaxinados polos artistas. Podemos viaxar ao noso pasado a través das pezas
arqueolóxicas e incluso descubrir as historias máis extraordinarias dos deuses
gregos. No museo podemos dialogar cos artistas, descubrir os seus soños e
anhelos. No museo podemos comunicar ideas.
Para isto, invitámoste a que coñezas as nosas coleccións e a importancia
do traballo que realizan os diferentes profesionais.
Obradoiro
Museo Provincial do Mar
35
A actividade inclúe un obradoiro deseñado para traballar de maneira
creativa a construción do seu propio museo a partir dun material que lle será
entregado a cada escolar composto por: unha caixa-museo, fotografías, imaxes
deseñadas, etc.
Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primario. 1º ciclo da ESO
Duración estimada da actividade: 60 minutos
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
---Bloque 2: O MUSEO COMO RELATOR DE HISTORIAS
Catálogo de visitas abertas segundo os diferentes contidos que ofrecen as
coleccións e seccións dos museos da Rede Museística.
Esta proposta didáctica, que xa foi iniciada en anos anteriores, quere
ampliar a súa oferta e implicar a todas as seccións do museo susceptibles de ser
visitadas, entendendo o museo como relator de historias. Nesta proposta aberta,
pretendemos utilizar unha metodoloxía activa de forma que sexan os propios
escolares os que constrúan o significado ante as pezas e obras de arte. Son
experiencias nas que se pretende ensinar a ver e gozar da arte e coa arte a
través dun discurso narrativo que se crea coas obras de arte. Con este diálogo,
preténdese potenciar a observación e a reflexión sobre as pezas e estimular o
diálogo sen medo a formar unha opinión crítica e persoal. Un diálogo que se
combina con información sobre o artista ou o período histórico, necesario, para
completar a visión da obra e contextualizala.
As coleccións presentes nos museos son susceptibles de estruturarse en
contidos segundo os intereses dos visitantes e pódense exemplificar nas
seguintes experiencias: rutas literarias, a arte do vestido, a historia da moeda,
descubrindo a escultura, epigrafía romana, ruta franciscana, cerámica de
Sargadelos e … un longo etcétera. Con esta nova formulación, preténdese
facilitar a asimilación da información co fin de comprender e achegarse mellor ás
coleccións que atesouran os catro museos da Rede. Os contidos temáticos son
tamén un xeito atractivo para o alumnado de presentar a información e acadar a
Museo Provincial do Mar
36
motivación e a súa atención dende o primeiro momento da visita.
Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.
Duración estimada da actividade: 60 minutos
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
___Bloque 3: O MUSEO COMO RETROVISOR HISTÓRICO
Esta proposta nace coa finalidade de capacitar o alumnado para interpretar
vestixios do pasado e analizar a súa importancia no desenvolvemento da nosa
cultura.
Ciclos/cursos: 4º, 5º, 6º de E. Primario. ESO
Duración estimada da actividade: 60 minutos
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
___Bloque 4: VIAXES POLOS MUSEOS DA REDE
SAFARI NA REDE
Metodoloxía: Percorrido buscando animais representados en distintas obras
expostas no Museo. Logo da busca, podemos xogar a agrupar os animais
localizados segundo sexan de pelo ou de pluma, de terra ou de aire, mamíferos,
etc. Remataremos a actividade completando un álbum cos cromos
correspondentes aos animais avistados durante o safari.
Ciclos/cursos: Educación Infantil, 1º,2º, 3º de E. Primaria.
Duración estimada da actividade: 60 minutos.
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
VIAXE POR UN CADRO
Metodoloxía:. Metémonos dentro dun cadro e sen ver o que ven os que miran de
fronte temos que descubrir de que obra somos personaxes. Descubriremos
Museo Provincial do Mar
37
figuras, formas e símbolos dalgunhas obras pictóricas expostas no museo.
Ciclos/cursos: 5º, 6º de Educación primaria e 1º de ESO
Duración estimada da actividade: De 70 a 80 minutos.
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
VIAXE AO LOMBO DUNHA BALEA
Metodoloxía: A cabalo dunha balea faremos unha viaxe polos seus hábitos de
vida (alimentación, reprodución, hábitat,...) e os usos que ao longo da historia o
home fixo dela.
Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.
Duración estimada da actividade: 60 minutos.
Esta actividade pódese realizar no Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo).
VIAXANDO COS FACEDORES DE BARCOS
Metodoloxía: Partindo dunha fraga na que buscaremos as madeiras máis
axeitadas faremos unha viaxe co carpinteiro de ribeira construíndo todas as pezas
que conformarán a nosa embarcación.
Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.
Duración estimada da actividade: 60 minutos.
Esta actividade pódese realizar no Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo).
CURSO 2015/2016
A Rede Museística provincial a través do departamento de didáctica pon a
disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso
2015/2016 coa idea de fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio
conservado na Rede Museística.
Coa nosa longa experiencia e o apoio de numerosos docentes que
participaron en precedentes cursos procuramos tender pontes de colaboración
Museo Provincial do Mar
38
entre diferentes espazos educativos, presentando actividades lúdicas pero
rigorosas con contidos que entroncan coas programacións escolares.
Actividades escolares
Crea o teu museo
Metodoloxía: Desde a Rede Museística invitámosvos a que creedes o voso propio
museo a partir dun diálogo aberto coas nosas coleccións e cos profesionais que
traballan neste espazo.
Nivel educativo: 3º, 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria.
Museo relator de historias
Metodoloxía: Con esta actividade son os propios escolares os que constrúen o
significado das pezas do museo, co que se potenciará a súa capacidade de
observación e reflexión ao tempo que se fomenta o seu espírito crítico.
Nivel educativo: 3º, 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria.
O Museo como retrovisor histórico
A agulla de marear
Metodoloxía: Dende os inicios dos tempos, o ser humano foi artellando sistemas e
aparatos para afastarse cada vez máis da costa e chegar máis e máis lonxe. A
través da análise dos diversos instrumentos de navegación cos que contamos no
Museo do Mar, converterémonos en intrépidos mariños e seremos quen de
descubrir novos mundos.
Nivel educativo: BAC
Viaxes polos Museos da rede
Por aí resopla!
Museo Provincial do Mar
39
Metodoloxía: O Museo Provincial do Mar ten o privilexio de ser o custodio dos
osos dunha especie de balea xa extinguida e que se cazaba ata o século XVIII
nas augas do Cantábrico.Imos navegar cara atrás no tempo para mergullarnos na
tradición daqueles cazadores de baleas.
Nivel educativo: Educación Primaria e E.S.O.
Largando as redes
Metodoloxía: Cando os mariñeiros largan as súas redes ás augas do mar, non
teñen a certeza de que vai vir nelas.Así tamén os nosos visitantes, por medio de
un xogo de pistas, Terán que averiguar que especies teñen capturado e que arte
usaron.
Nivel educativo: Educación primaria.
Museo Provincial do Mar
40
4.5 Obradoiros de verán
VERÁN 2015 NA REDE MUSEÍSTICA
Vive o verán!
PROGRAMA DE OBRADOIROS E ACTIVIDADES
Nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo xa é verán.
E como cada ano, preparamos un programa de actividades amplo e variado para
todas e todos, no que grandes, medianos e pequenos poidamos entreternos e
aprender. Obradoiros creativos, concertos divertidos, viaxes e visitas guiadas,
Museo Provincial do Mar
41
propostas coas que pretendemos darlle forma creativa ao que soñamos e
imaxinamos. As nosas propostas están abertas á participación de todas as
persoas que o desexen, e moi especialmente para os integrantes dos nosos
clubs: Pequeamig@s, Ei! e Sénior.
»Abordaxe pirata, Club Pequeamig@s.
Neste obradoiro os rapaces e rapazas descubrirán o apaixonante mundo
dos piratas, as diferentes clases, os seus usos e costumes, ás súas correrías
polas costas galegas e, sobre todo, crearán e recrearán a súa propia aventura
pirata.
Diferenciar piratas, de corsarios e de bucaneros, descubrir que tamén
houbo mulleres pirata, como Mary Read o Anny Bone, e que Jack Sparrow nunca
existíu, e que foi en Calico Jack no que se inspiraron os guionistas de Piratas do
Caribe para crealo, foron algunas das cousas que descubrimos en Abordaxe
Pirata.
Museo Provincial do Mar
42
Pero non so nos adicamos a aprender, tamén fixemos antorchas e
bandeiras piratas, decoramos vasos e pratos para a nosa merenda pirata e
mantivemos unha auténtica batalla pirata na que a munición eran globos de auga.
Logo percorrimos o tablón sobre augas cheas de tabeiróns cos ollos
pechados e rematamos repartindo o noso botín pirata que gardamos nas nosas
bolsas piratas.
Unha aventura do máis pirata.
Museo Provincial do Mar
43
Museo Provincial do Mar
44
Museo Provincial do Mar
45
Museo Provincial do Mar
46
»Os outros habitantes do mar, Club Pequeamig@s.
Aproveitando a magnífica recreación do fondo mariño que no contedor-
almacén do noso Museo fixo o muralista Doctor Toy, queremos encher ese
espazo daqueles outros habitantes do mar que a mitoloxía foi creando ao longo
do tempo.
Museo Provincial do Mar
47
Museo Provincial do Mar
48
Museo Provincial do Mar
49
» Gyotaku: peixes de tinta
O Gyotaku é unha técnica de gravado de orixe xaponesa que consistía en cubrir
un peixe con tinta e aplicarlle unha folla de papel de arroz para que a súa imaxe
quedase estampada nel. Por iso, “gyo” significa peixe e “taku” frotar. Esta forma
de estampación nace no Xapón do s. XVIII. Os pescadores utilizábano para levar
un rexistro das súas capturas. Co tempo, este método converteuse nunha práctica
artística. Nada máis axeitado para un museo do mar, non credes? Imos facer
unha marea de peixes de tinta!
Museo Provincial do Mar
50
Museo Provincial do Mar
51
» A arquitectura no museo
Aprenderemos a interpretar os espazos, as liñas, os volumes … e veremos
a importancia que ten a arquitectura para entender os contidos do museo.
Seremos arquitectos por un día!
Un museo é moitas cousas pero na maior parte das veces tamén é un
edifico. No noso caso non contamos con un edifico maxestuoso que imprensione
ao longo pero contamos seguramente con algo máis importante, unha vella escola
unitaria reconvertida sen perder a vocación de servicio público. Onde antano
estiveron nenos e nenas, hoxe continúan nenos e nas con a intención de
aprender sen límites. Un edifico que tivo cambios sen perder a esencia como a
función. E hoxe esta propia evolución física foi o que os nosos pequenos siareiros
aprehenderon como sensación. Do papel á construción e viceversa para entender
a conversión das necesidades humanas en arquitectura. Unha nova forma de
entender a institución e o espazo.
Museo Provincial do Mar
52
Museo Provincial do Mar
53
»Mensaxes marítimas
A actividade realizarase no Museo P. do Mar e na Praia do Tormo.
Intentaremos ver a necesidade de coidar o mar.
A mística tantas veces reflexada na literatura das mensaxes en botellas
que percorren mares para contactar persoas ou sirves de mensaxes de auxilio
sirveu nesta ocasión no Museo Provincial do Mar para que os nenos e nenas
Museo Provincial do Mar
54
reflexionasen sobre o estado e a importancias dos nosos marés e oceanos.
Lamentablemente, as inclemencias meterológicas impediron que as botellas e as
mensaxes nelas gardadas pudesen tornar vida ao ser lanzadas ao mar e quen
sabe se xerar comunicación como tantas veces ao longo do tempo.
Museo Provincial do Mar
55
Museo Provincial do Mar
56
»Arte en equipo
Aprenderemos a traballar en equipo e a cooperar para acadar os
obxectivos, tendo como mostra o coñecemento da formación dos movementos
artísticos.
Museo Provincial do Mar
57
Museo Provincial do Mar
58
»Obradoiro de poesía visual para o Club Sénior
Con este obradoiro preténdese exercitar a mente e outras habilidades
mediante obradoiros prácticos. A aprendizaxe cultural, compartir o tempo, espazo,
experiencias e coñecementos é de vital importancia para a satisfacción dos nosos
maiores.
Ao longo de dúas intensas xornadas, os membros do Clube Sénior do
Museo do Mar mergulláronse de cheo no concepto da “poesía visual.
O primeiro día, alguna esquecera os lentes de preto e non andaba moi
satisfeita de como ía quedando a cousa, e a todas se lles facía algo lonxano o de
recortar papeliños de cores, pero o segundo día, xa todas pertrechadas cos lentes
e sorprendidas daquelas súas habilidades que elas mesmas descoñecían,
quedaron realmente sorprendidas e satisfeitas do resultado acadado co traballo
en equipo.
Museo Provincial do Mar
59
»Obradoiro de memoria visual para o Club Sénior
Con este obradoiro preténdese exercitar a mente e outras habilidades
mediante obradoiros prácticos. A aprendizaxe cultural, compartir o tempo, espazo,
experiencias e coñecementos é de vital importancia para a satisfacción dos nosos
maiores.
Museo Provincial do Mar
60
Museo Provincial do Mar
61
»Obradoiros de divulgación científica para o Club Pequeamig@s
Contáronmo e esquecino, vino e entendino, fíxeno e aprendino. Ciencia
para ver a arte. A idea é amosar o vencello entre a arte e o complexo mundo da
ciencia. Unha mensaxe innovadora sobre a capacidade creativa do ser humana.
A ciencia non é só unha acumulación de coñecementos. Nen é unha grupo
de seres encerrados en laboratorios. Nen tampouco é exclusivamente un método
Museo Provincial do Mar
62
de aprendizaxe. A ciencia é tamén unha experiencia empírica de demostración
constante. E nun museo dos sentidos como o noso é polo tanto parte
indispensabel da nosa existencia
Museo Provincial do Mar
63
Museo Provincial do Mar
64
Museo Provincial do Mar
65
Museo Provincial do Mar
66
Museo Provincial do Mar
67
»Obradoiros de museoterapia: arte e sentidos, para o Club Pequeamig@s
Achegar, aprender, alimentar o noso maxín, saborear a arte, fortalecer a
autoestima, sentirse pertencente a un grupo…
Mirar, aprender, alimentar a imaxinación, saciar a curiosidade... Os cativos
disque son como esponxas e iso nun museo significa aproveitar a sua polivalencia
para entrar nun mundo de infinitas sensacións e dimensións. Desta volta o propio
museo converteuse no objeto demostración e experencia, centrado no mundo da
arte. Unha forma na cal os nosos asiduos seguidores tiveron unha nova
aproximación ao museo ao tempo que aumentaron o seu pensamento crítico e
artístico.
Museo Provincial do Mar
68
Museo Provincial do Mar
69
»Unha viaxe culinaria no espazo e no tempo, pola xeografía e a historia da
gastronomía
A través dunha presentación con imaxes e música, viaxamos a diferentes
culturas para coñecer o máis característico da súas gastronomías: India, China,
Xapón, Europa… Teremos oportunidade de degustar os sabores máis
característicos de cada país.
Museo Provincial do Mar
70
»Man con man, ritual sobre a pel.
Obradoiro de henna Tatuamos os noso propios deseños con henna natural
importada de Marrocos. Unha festa para celebrarmos a alegría do verán.
Museo Provincial do Mar
71
Museo Provincial do Mar
72
»Obradoiro TratoRetrato para o Club Pequeamig@s
Seguramente non hai nada máis sorprendente que retratarnos, un debuxo
no que representamos a nosa imaxe coas esaxeracións propias da caricatura.
Neste caso o papel e o lapis forón as ferramentas de diversión do noso
numeroso grupo de nenos e nenas que se retrataron mutamente en parellas. O
debuxo significou un medio de expresión e de relación personal. Unha entretida e
orixinal experiencia que representou ao tempo unha aproximación ao traballo
artístico como fenómeno social que foi amplamente desfrutado. Acaso non é
tamén debuxar aos nosos amigos e amigas parte do patrimonio artístico que
deben recoller os museos?"
Museo Provincial do Mar
73
Museo Provincial do Mar
74
»Obradoiro: unha viaxe fotográfica no Museo
Aprenderemos a ollar as fotografías e descubrir as mensaxes que se agochan
nelas. Que historias nos inspiran? O museo será un escenario para a nosa
imaxinación, un escenario de historia. A través das coleccións fotográficas de
cada museo viaxaremos no tempo e crearemos as nosas propias historias. Se
pechamos os ollos, que historias se nos ocorren que poderían ter acontecido
neste mesmo lugar noutras épocas?
Museo Provincial do Mar
75
»Obradoiro: Historias violetas, as mulleres nos museos
Exploraremos o papel e espazos que as mulleres teñen ocupado tradicional e
historicamente na nosa cultura: no campo, na aristocracia..., que actividades
desempeñaban e como vivían en relación aos homes, e entre as diferentes clases
sociais. Os museos gardan a memoria de obxectos, espazos, imaxes que ilustran
a vida das mulleres ao longo da historia, pero tamén son ferramentas
transformadoras, de cambio, para un futuro mellor. Observaremos, aprenderemos
e cuestionaremos eses roles tradicionais. Á través de fotografías, reflexionaremos
e compartiremos ideas de como o espazo, obxectos e imaxes do museo nos
axudaron a entender e recrear a nosa imaxe.
Museo Provincial do Mar
76
Museo Provincial do Mar
77
»VIAXES DESDE LUGO AOS MUSEOS DA REDE MUSEÍSTICA
Viaxe en autobús e visita guiada ao Museo, totalmente gratuíto.
Viaxe ao Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo
Museo Provincial do Mar
78
4.3 Obradoiros de Nadal
Como cada ano, os museos da Rede Museística de Lugo presentaron un
programa actividades para achegar a cultura a todas e todos. Propoñemos novas
perspectivas para que os maiores e os cativos vivan o noso patrimonio e as nosas
colección en clave participativa e intercultural.
OBRADOIRO: Nadal Intercultural: Como se di Nadal en inglés?
Practicamos o inglés no museo... xogando. Partindo dos protagonistas do
Nadal presentes nas obras do museo aprenderemos algunhas palabras en inglés
Museo Provincial do Mar
79
e a continuación coñeceremos xogos e costumes da época de Nadal propios
doutras zonas do mundo.
Disque o Nadal é un tempo de esperanza e bos desexos. Unha época para
fomentar a comunidade e a solidariedade. Un fenómeno cultural que se da en
moitos lugares, de moitas formas pero sempre expresando o mesmo. Porque a
esperanza pode decirse de diferentes xeitos con igual significado. E esta
pluralidade non é senon unha riqueza.
Así, @s nos@s pequeamig@s aprenderon esta pluralidade cultural,
observando e realizando as diversas manifestacións culturais mediante as que
este sentimento, este fenómeno social se expresa. Aprendendo que o mesmo se
manifesta de modos diversos pero iguais.
Museo Provincial do Mar
80
OBRADOIRO: Xogando en familia: De Balea a Balea
O Nadal e tempo de encontros en familia por iso no Museo do Mar
invitamos a xogar á nosa versión dos xogos familiares máis coñecidos. Na vez do
clásico “De oca a oca”, nós iremos “De balea a balea” descubrindo os diferentes
tipos de balea, as peculiaridades da súa caza, os produtos obtidos dela ...
Finalmente construimos o noso taboleiro, as nosas barco-fichas e o noso dado.
Museo Provincial do Mar
81
Museo Provincial do Mar
82
OBRADOIRO: Memorias de Nadal no mar
Xuntamonos para lembrar como se vivía o Nadal nas casas mariñeiras
anos atrás: a espera polos que regresaban a terra despois dunha longa ausencia
para festexar estes días, as formas de contactar a quen ficaba lonxe, os pratos
propios das festas … todo iso forma parte das memorias de Nadal no mar.
E ao tempo, realizaron un pequeno adorno dunha candea que levaron para
a casa de volta, para adornar o fogar e representar os bons sentimentos
materializados con as suas mans.
Museo Provincial do Mar
83
Museo Provincial do Mar
84
OBRADOIRO: Dominó Mariño
Cambiamos os puntos das fichas de dominó por sete animais mariños dos
que se poden atopar no Museo, facendo unha busca dos mesmos e un pequeno
estudo deles. Á fin construiremos o noso especial dominó para xogar en familia
durante as festas.
Museo Provincial do Mar
85
Museo Provincial do Mar
86
OBRADOIRO: Baralla náutica
Imos cambiar os catro paus da baralla por catro elementos de navegación, o
barco, o temón, o sextante e a áncora, que teremos que adiviñar mediante un
xogo de pistas, e de buscar os varios que de cada un deles hai ó longo do Museo.
Finalizado o xogo de pistas, recortaremos a nosa propia baralla e deixaremos
correr a imaxinación decorando a Caixa da mesma con motivos creativos
baseados no Nadal.
Museo Provincial do Mar
87
Museo Provincial do Mar
88
DE MUSEO A MUSEO: ROTEIROS DA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN
DE LUGO
Roteiro: do Museo Etnográfico de San Paio de Narla (Friol) ao Museo Provincial
do Mar (San Cibrao-Cervo).
No Museo Provincial do Mar tivemos a honra de recibir unha expedición
chegada desde as terras de Friol, desde o territorio do Narla, onde as
compañeiras do Museo de San Paio de Narla organizaron unha excursión de
perto de medio cento de personas cara estas costas mariñás.
Nesta visita, as e os veciños da zona de Friol puderon desfrutar dos
obxectos que garda o noso museo, así como gozar da historias que narramos.
Pequenos e maiores ben seguro que desfrutaron desta experiencia.
Museo Provincial do Mar
89
4.4. Obradoiros del Club Pequeamigos
Museo Provincial do Mar
90
Un museo é un espazo onde nos reflectimos nós mesmo e a Rede
Museística Provincial de Lugo trata de facelo a través dos seus contidos e das
súas experiencias pedagóxicas proxectándoas aos distintos colectivos da
sociedade.
A programación que presenta vai dirixida ao Clube Pequeamigos da Rede
e foi deseñada coma unha proposta conformada por diversos obradoiros, cos que
se pretende un achegamento das nenas e nenos aos catro museos da Rede e ás
súas coleccións.
Queremos que as xeracións do futuro aprendan, respecten e coñezan o
noso patrimonio, como medio e como ferramenta para a súa formación, así como
para o conxunto da sociedade. É dicir, museos onde a historia convértese en
experiencias didácticas, vivenciais e lúdicas, un museo de historias por descubrir
e compartir.
A programación é trimestral para os meses de marzo, abril e maio e os
Obradoiros foron elaborados para dar resposta aos seguintes principios:
1. SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de
obter satisfacción persoal ao realizar algo por un mesmo.
2. PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a
creatividade individual e colectiva.
3. COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo.
4. DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia
5. DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral.
6. EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar.
7. COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian
novas capacidades cognitivas:
a. Aprender a coñecer
b. Aprender a ser
Museo Provincial do Mar
91
c. Aprender a vivir xuntos
d. Aprender a facer
O ANTEFACE DA IGUALDADE.Club Pequeamig@s da Rede
Imaxinas que existise un anteface que permitise ver unha sociedade onde
impera a igualdade? Con este obxecto máxico queremos promover que as nenas
e nenos identifiquen situación de desigualdade por cuestións de xénero e
expresen condutas igualitarias entre homes e mulleres …
No obradoiro realizamos un anteface da igualdade a través do cal observar
o mundo con perspectiva de xénero.
Museo Provincial do Mar
92
ANIMA IPAD/TABLET
A todos nos gusta usar o iPad/Tablet, especialmente os nenos, pero
podemos usalos dun xeito creativo? Neste taller imos explorar e desenvolver a
creatividade a través da Arte da Animación creando pequenas pezas,
curtametraxes.
A Arte, e en especial o Cine é unha ferramenta de grande alcance para espertar a
curiosidade e interese polo seu ámbito máis próximo dando renda solta ás súas
enerxías creativas, ás capacidades críticas e desenvolvemento da motricidade
fina.
Anima iPad/Tablet damos vida a obxectos, personaxes, desenvolvendo
habilidades con materiais e tecnoloxía marabillosa. Traballaremos de xeito
colaborador. Poñeremos voces, música e editaremos a nosa historia para crear a
nosa pequena grande animación. Anima iPad/Tablet utiliza unha metodoloxía do
descubrimento; lúdica e ao tempo unha divertida experiencia educativa. O Taller
así mesmo vai acompañado dunha proxección de curtametraxes para
acompañarnos no noso pequeno proceso de creación.
Museo Provincial do Mar
93
Museo Provincial do Mar
94
Museo Provincial do Mar
95
Museo Provincial do Mar
96
Obradoiro Iguais na diversidade
Museo Provincial do Mar
97
Museo Provincial do Mar
98
Obradoiro Don Carnal chegou ao mar
Don Carnal chegou ao Mar, e coma cando el chega todo se torna do revés,
na vez de enchernos de cacheiras e chourizos nestos tempos de "carnes
pudentas" enchímonos de polvos.
Pois así foi, os Pequeamig@s que non tiveron medo ó frío artellaron unhas
disfraces de "polvos" mentras revisaban a orixe dista celebración e as tradicións
culinarias (a cacheira, os chourizos, as orellas e as filloas) e as poéticas (coplas,
sermóns e testamentos).
Museo Provincial do Mar
99
Obradoiro Come o mar
Alumnado do C.E.I.P. de Cervo nº 1, participaron nunha actividade na que
colaboraron o GAC1
A Mariña Ortegal e o Museo Provincial do Mar, dentro da campaña "Come
o mar".
Nenos e nenas de 1º a 6º de primaria, descubriron da man do cociñeiro
Miguel Mosteiro a importancia de comer san, de incluir peixe das nosas costas na
dieta, de ser creativos e imaxinativos á hora de cociñar, e sobre todo, do ricos que
están tanto o peixe fresco como as conservas.
Museo Provincial do Mar
100
Museo Provincial do Mar
101
Museo Provincial do Mar
102
Museo Provincial do Mar
103
Obradoiro Audiograma na Rede
No obradoiro AUDIOGRAMA NA REDE achegámonos a unha nova
linguaxe, a narración radiofónica, que serviu para que os participantes
desenvolvesen a sua imaxinación e creatividade ao contarnos a súa propia
versión e lectura das pezas do Museo.
Museo Provincial do Mar
104
Museo Provincial do Mar
105
Obradoiro Pirámide de Ideas
Obradoiro infantil onde os nosos nenos e nenas desfrutaron desta multiples
miradas compartidas, aprendendo tamén que as capacidade diferentes de cada
quen non fan senon enriquecer a pluralidade das nosas vivencias. E isto
reflexarono decorando unha pequena pirámidade de papel onde cada asistencia
decorou as 4 cousas que mais atención lles causou. Todas elas diferentes, todas
igual de importantes.
Museo Provincial do Mar
106
Museo Provincial do Mar
107
Obradoiro Crear para xogar
Nenos e nenas realizaron mediante un traballo manual unha réplica eles
mesmos dun xoguete exposto. Esta actividade deu para recordar como a
elaboración do xoguete é parte do propio xogo mediante a construción dun
enxeño que permitia pescar peixes mediante un peculiar sistema de imáns. Pero
non só, senon que esta actividade tamén deu para aprender sobre diversas
especies de peixes presentes no museo e os seus perigos e virtudes.
Museo Provincial do Mar
108
Obradoiro Cadea de Barcos
Traballamos sobre a evolución do xogo e os xoguetes dunha forma lúdica e
pedagóxica. Desta volta, @s nos@s pequeamig@s desfrutaron desta actividade
chamada "Cadea de Barcos" na cal foron quen de desenvolver pequenas historias
narrativas traballando a imaxinación e a creatividade.
Museo Provincial do Mar
109
Obradoiro Xogueteando
Ainda sendo otoñal, este día permiteunos realizar parte das nosas
actividades no exterior e defrutar así ainda en maior medida de xogos de hoxe e
de sempre que neste tempo de sobreacumulación tecnolóxica divertiu aos nosos
pequenos siareiros dunha forma mais tradicional. Continuamos así unha liña na
cal o xogo é algo integral e amplamente participativo. As cadeiras, o pano ou o
escondite inglés foron algúns dos entretementos máis celebrados.
Museo Provincial do Mar
110
Museo Provincial do Mar
111
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL
5.1. Programa da Terceira Idade
Ninguén como as persoas maiores de San Cibrao, isto é a terceira idade,
pode valorar o patrimonio inmaterial que tiña a transmisión oral da súa época, xa
que era o seu medio de comunicación, e nós os traballadores de museo somos os
encomendados de traspasar o noso legado a outros concellos, iso é o que imos a
facer cos nosos visitantes da terceira idade, que se acercan a nós a través do
Club Senior.
Obradoiros Club Senior
Obradoiro Entre filloas e cacheiras
O obradoiro tiña o gustoso nome de "Entre fillogas e cacheiras", e nel
lembramos as fiolleiras de catro patas de ferro nas que se facían catro fillogas a
un tempo, de quentar o forno para poñer a tixola na parrugueira, que era como se
Museo Provincial do Mar
112
lle chamaba á entrada do forno, ou de facer as brasas na lareira e fiollar na tapa
do pote. O amoado facíase con ovos, leite, fariña,caldo,.. e para gustos coñac,
anís, canela ou rela de prana de lemón.
Museo Provincial do Mar
113
Obradorio Rede de Mulleres
As vellas imaxes en sepia e e branco e negro, gardadas en caixas de
cartón ou en álbuns encorchados polo paso do tempo, tamén ben colocadiñas en
bonitos portarretratos nas mesiñas de noite ou nos aparadores, ou colgadas das
paredes en marcos de madeira dos membros do Club Sénior, saíron dos seus
refuxios para rodar de man en man pola mesa do Museo do Mar, contando centos
de historias de nais que facían traxes para os fillos coa roupa traída da mili de
pais e irmáns, de avoas que coidaban dos netos para que as fillas ou noras,
mulleres de mariñeiros, poideran ir pasar no barco uns días cos seus homes, de
mestras que non cobraban por dar escola a rapazas con gañas de aprender, de
cuartos nos que dormían tres nunha cama con colchón de folla de millo e sabanas
de tea que rascaba,…
Todos eses recordos e moitos máis, recolleranse no Álbum de Recordos de
Mulleres da Mariña.
Museo Provincial do Mar
114
Obradoiro Albúm recordo de mulleres
No Museo do Mar tivemos a fortuna de celebrar o Día Internacional dos
Museos co mellor patrimonio do que dispoñemos, a nosa xente, a nosa
comunidade.
Neste día puxémoslle fin a un longo traballo dos membros do Club Sénior,
que se encargaron de buscar e rebuscar en vellos álbunes e caixas de cartón
onde gardan as poucas fotografías da súa nenez e xuventude e que nos servirían
como fío do que tirando e tirando, chegaríamos a unha serie de recordos nos que
as mulleres e as súas vivencias ían ser as protagonistas.
No Álbum Recordos de Mulleres da Mariña fumos ordeando todas esas
lembranzas, convertidas en pequenos relatos, aínda que segueron a tirar do fío e
a rebuscar en escondidos rincóns dos trasteiros e dos corazóns ata atopar
multitude de obxectos que estaban firmemente unidos coas experiencias
convertidas en relatos.
Museo Provincial do Mar
115
Dese xeito, foi como unha rede pouco a pouco enchéuse de libretas de
navegación que tiñan que facer as mulleres dos marinos da mercante para poder
ir canda eles no barco, carnets das primeiras mariscadoras, pranchas de ferro das
que se quecían con brasas, moiños de café e máquinas de coser con manivela,
agullas de redeiras ou panferras e sachos das mariscadoras, bolsos comprados
para ir de boda,... e convertíuse na nosa Rede de Mulleres.
A conclusión deste longo percorrido, foi o proceso inverso, a través dos
obxectos prendidos da rede, os membros do Club Sénior, puxeron en común
todas as lembranzas, todas as experiencias que se tiñan recollido no álbum.
Polas fotografías poderedes desfrutar da diversidade e singularidade dos
obxectos recollidos na rede, e próximamente esperamos colgar na outra rede, na
virtual, os relatos cheos de vivenzas das mulleres mariñeiras que na ausencia dos
homes eran nais, pais, cuidadoras, labradoras, mariscadoras, costureiras, ...
Museo Provincial do Mar
116
Obradoiro Memoria de Zonchos
Zoncho é a peculiar verba ca que na Mariña se designa ás castañas cocidas coa pel.
Con elas a primeiros de Novembro, por Santos, facíanse saborosos colares que os
nenos e nenas lucían ó redor dos seus pescozos, mentras ían aproveitando para quitar
pouco a pouco as deliciosas contas que os formaban, e deste xeito salvar almas, xa que
había a crenza de que cada castaña que se comía era unha alma que se libraba do
purgatorio.
Os membros do noso Clube Sénior, recordaron a súa infancia e encargáronse de
ser eles os que desta volta facían os colares, e o resultado, coma podedes ver, foi
fantástico.
Museo Provincial do Mar
117
Museo Provincial do Mar
118
5.2. Semana dos museos
Museos para unha sociedade sostible
O planeta está esgotado, vive nun equilibrio precario entre a modernidade
e a destrución. Chegou o tempo do cambio, a humanidade necesita volver a
conectar coa natureza para un desenvolvemento sostible. Este ano o lema para o
Día Internacional dos Museos é “Museos para unha sociedade sostible”. Porque
neste contexto, os museos teñen o deber de converterse en medios facilitadores
do cambio, teñen que ser referentes dun novo modelo social e económico,
cimentado na solidariedade e no respecto polo medio ambiente, mediante o
aproveitamento racional dos recursos dispoñibles. A responsabilidade social dos
museos ten que poñelos na primeira liña, como difusores de boas prácticas e
xeradores do cambio.
Museo Provincial do Mar
119
En Galiza temos a sorte de que esta data é inmediata á celebración do Día
das Letras Galegas, un día ao ano no que tratamos de poñer en valor a nosa
lingua, reivindicar a nosa identidade e fortalecer a nosa alma como pobo. Polo
que, no caso da lingua, tamén sería indicado aplicar o concepto sostible, porque
queremos unha lingua saudable, unha lingua viva, unha lingua de todos, como
vehículo de progreso e modernidade. Así pois, neste 2015 imos fusionar lingua e
museos, arte e natureza.
FOTO_PALABRA
Nesta iniciativa imos incluír dúas variantes: “Un día / Unha palabra” e “Haikus pola
lingua”
Un día / Unha palabra
Esta iniciativa está pensada para encher as nosas redes sociais (facebook e
twitter) de palabras en galego, esas palabras que forman parte dun patrimonio
esquecido, palabras ou expresións que falaban os nosos maiores e que por
caeren en desuso están desaparecendo do noso vocabulario. E porque cremos
que unha lingua viva é unha lingua que se fala, queremos que os nosos
seguidores nas redes contribúan a enriquecer tanto o noso léxico como a nosa
cultura, e publiquen “foto_palabras”, fotos dos obxectos ou de escenas que teñan
relación coa palabra ou expresión que tratan de mostrar. Para estimular a
participación dos nosos seguidores do facebook podemos establecer un sistema
de nominacións, polo cal unha persoa elixe a outra para que publique a súa
“foto_palabra”, e así sucesivamente, mencionando ou etiquetando o nome do
museo da Rede no que quere participar. Para publicar as foto_palabras no twitter,
utilizarase o #conlingua. Cada un dos museos poñerá no twitter unha
“foto_palabra” por día relacionada cos contidos das súas coleccións ou do entorno
no que está integrado.
Museo Provincial do Mar
120
Museo Provincial do Mar
121
Haikus pola lingua
Nos haikus combínanse á perfección os conceptos de lingua, arte e natureza. Os
haikus son pequenos poemas de orixe xaponés, que se compoñen de tres versos,
de 5-7-5 sílabas, que acostuman a tratar da natureza, da realidade, do percibido
polos sentidos. A miúdo inclúen un kigo, que é unha palabra ou expresión que fan
referencia ó día, estación ou período do ano ó que se refire o poema. Os haikus
teñen unha grande potencia espiritual, neles combínase a intuición, a harmonía, o
equilibrio coa natureza, o sentimento, o vínculo. Algúns descríbenos como o
impacto dun momento sentido con profundidade. Queremos capturar a forza da
Museo Provincial do Mar
122
palabra e da natureza en imaxes. Neste caso, queremos convocar un concurso a
través das redes, invitando a colexios e bibliotecas, para que acompañen
fotografías da natureza, da nosa paisaxe, con haikus. Con todas as
fotocomposicións crearemos unha exposición virtual nas nosas redes sociais
como homenaxe á nosa lingua e ó mesmo tempo para lanzar unha mensaxe de
concienciación para a preservación do medio ambiente. As fotocomposicións
deberán remitirse ó correo redemuseistica@gmail.com, poñendo como título da
mensaxe Haikus pola lingua. Neste caso, cada un dos museos procurará a
participación de poetas e artistas para incluír as súas fotocomposicións (foto +
haiku) nas súas redes sociais.
CULTURBAN; CULTURA URBANA SOSTIBLE
Día Internacional dos Museos 2015 / Día de intervencións de Cultura Urbana
Rede Museística Provincial de Lugo - CLUB EI!!
A Rede Museística Provincial de Lugo e o CLUB EI!! promoven o proxecto
CULTURBAN, coa participación de mozos creadores, muralistas, grafiteiros e
creativos do CLUB EI!!
Coincidindo co Día Internacional dos Museos, os días 16, 17 e 18 de maio
realizaranse unha serie de intervencións simultáneas en varios espazos cedidos
pola Rede Museística Provincial de Lugo: Museo do Mar de San Cibrao, Museo
Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla.
CULTURBAN; CULTURA URBANA SOSTIBLE
O obxectivo principal do proxecto busca unha mirada cara á sostibilidade do
patrimonio como piar do desenvolvemento cultural, por medio de propostas
creativas e construtivas, preténdese cohesionar un soporte e contexto comunal
con intervencións artísticas urbanas contemporáneas desenvolvidas por mozos,
fomentando así a gran riqueza artística que alberga a arte urbana desenvolvida
con obxectivos comúns e estratexias a favor dunha dimensión cultural sostible co
medio.
Museo Provincial do Mar
123
Os museos e cultura como tema proposto e centro de actuación, reivindicando
nas intervencións seleccionadas a nosa identidade cultura e patrimonio local, co
fin de promover Lugo como cidade cultural e universitaria.
CULTURBAN preséntase coa intención de fomentar a arte socialmente
responsable, vinculada á comunidade, a súa identidade e cultura, dignificando a
arte urbana como expresión artística e ferramenta lúdica, respectando e
enriquecendo a identidade e o patrimonio urbano comunal.
A Rede Museística en colaboración co CLUB EI!! con esta proposta busca
promover e apoiar a arte urbana entre os mozos creadores, ofrecendo liñas de
actuación responsables e sostibles para desenvolver expresións e ideas artísticas
no ámbito urbano de forma harmónica.
A Rede Museística Provincial de Lugo facilitará aos participantes as necesidades
técnicas, permisos e materiais para o desenvolvemento de cada intervención,
cedéndolles 3 espazos dispoñibles nos centros onde se desenvolverán as
intervencións.
Museo Provincial do Mar
124
Visita e concerto no Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo.
16:00 h. Saída en autobús* desde Lugo para o Museo Provincial do Mar
18:00 h. Visita ao Museo Provincial do Mar
19:00 h. Concerto-Obradoiro tradicional de música galega
Museo Provincial do Mar
125
Celebrando as efemérides relativas ao Día Internacional dos Museos
tivemos ocasión de desfrutar dun magnífico obradoiro-concerto de música
tradicional galega a cargo de Fábrica de Sons e do gaiteiro Víctor Corral.
20:30 h. Regreso a Lugo a onde se chegará sobre as 22:30 h.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: domingo, 17 de maio
12:00 h.-Visita guiada ao Museo Provincial do Mar.
Actividades a desenvolver nesta xornada: Ademais das visitas guiadas continúan
“Un día /Unha palabra”, “Haikus pola lingua” e “Culturban, cultura urbana sostible”.
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS: luns, 18 de maio
Os catros museos estarán abertos ao público nesta xornada.
Museo Provincial do Mar
126
5.3. Museoloxía social
O MPMar homenaxea cada día do 2015 aos seus doadores
Neste ano que chega, o 2015, dende o Museo Provincial do Mar, queremos
rendirlle unha sinceira homenaxe a todos aqueles homes e mulleres que donando
as diversas pezas que forman parte da colección do Museo, contribuiron a crear e
darlle vida a esta realidade que é hoxe o Museo Provincial do Mar.
Para dar visibilidade ao aportado por estes benfeitoræs poñemos en
marcha un proxecto que se vai desenvolver cada un dos 365 días do ano 2015.
Desde o 1 de xaneiro e ata o 31 de decembro, eliximos un obxecto para cada día,
entre os expostos ou entre os reservados nos almacéns, co obxectivo de amosar
esas singularidades da nosa historia que un día alguén depositou con
xenerosidade na alforxa da nosa memoria. Un xeito de agradecerlles a estas
persoas a súa magnanimidade e, ao tempo, de ofrecer aos nosos visitantes a
posibilidade de coñecer, peza a peza, día a día, un por un, tanto os obxectos
como os nomes de quen nolos legou.
Museo Provincial do Mar
127
Culturas en diálogo 2015
Programa de museoloxía social impulsado pola Rede Museística da
Deputación de Lugo. No acto de presentación, presidido polo delegado da área de
Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, a xerente da Rede,
Encarna Lago, a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, e representantes do
tecido social implicado déronse a coñecer os obxectivos e principais actividades e
iniciativas programadas que se irán desenvolvendo ao longo do ano nos catro
museos (Lugo, Tor, Narla e San Cibrao) da Rede, así como noutras localizacións.
PONTES DE DIÁLOGO
LUGO-MÉXICO
LUGO-ARXENTINA
LUGO-URUGUAI
LUGO-BRASIL
LUGO-REP. DOMINICANA
LUGO-COLOMBIA
Museo Provincial do Mar
128
LUGO-PERÚ
As iniciativas e o calendario de actividades, moi variado e diverso (encontros,
conferencias, entrevistas, obradoiros, festivais, exposicións …) contarán coa
colaboración de numerosos colectivos sociais así como de institucións
museísticas, como é o caso do Museu Maritim e o Museo Etnológic de Barcelona,
ou o Museo de L’Hospitalec no caso da diálogo a establecer entre Lugo e
Cataluña.
Todas as actividades se encadrarán transversalmente co diálogo cos distintos
países e cultura a través destas iniciativas on:
1.-CARTAS FALADAS. HISTORIAS DAQUÍ OU DACOLÁ
2.-NOS+OUTRAS: EN REDE
3.-DOMINICANAS
4.-FESTIVAL MUSICAL
Nesta ocasión, e aproveitando o Día Internacional do Migrante e dentro do
proxecto "Culturas en Diálogo"; temos a obra dunha artista arxentina resultado
dun diálogo persoal con unha amiga desde fai 15 anos, tamén artista. Tamara
Wassaf achéganos unha imaxe da natureza sempre cambiante, que se camufla
nunha mirada femenina, facendo que o espectador discorra a súa mirada pola
realidade cambiante da luz. Inherentes é o título desta serie e fío condutor de
todas as pezas que como está se refire á idea daquilo que, debido ás súas
condicións naturais, está unido dunha maneira indivisible.
Museo Provincial do Mar
129
Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero
Dentro do programa CULTURAS EN DIÁLOGO, programa que organiza a
Rede Museística da Deputación de Lugo, este mércores, 25 de novembro,
ás 18:30 horas, con motivo do Día contra a violencia de xénero, terá lugar no
Museo Provincial de Lugo unha charla a cargo de LUZ DARRIBA, artista que está
a desenvolver Dominicanas., un proxecto que intenta facer visible a existencia
dunha colectividade, apenas coñecida, que leva moitos anos convivindo e
interactuando entre nós en Lugo.
Dominicanas é tamén un xeito diferente de mirar, de desestigmatizar a
ollada social maiormente turbada polos prexuízos, de furgar no backstage das
historias de vida, das bitácoras de persoas con acenos comúns, entrelazadas
polas vicisitudes dun destino afastado do coñecido e familiar. Trátase, en
definitiva, de poñer o foco nas mulleres dominicanas é a maneira que atopamos
de desvelar eses misterios, de afondar nos nosos diálogos entre culturas. As
Museo Provincial do Mar
130
mulleres foron, en xeral para esta comunidade, as pioneiras, as colonizadoras, as
descubridoras, as que comezaron a destecer e a tecer as historias que nos unen.
Día internacional das persoas co discapacidade
O Día Internacional das Persoas con Discapacidade 2015 na Rede
Museística
Para conmemorar este 3 de decembro de 2015, Día Internacional das
Persoas con Discapacidade, a Área de Cultura da Deputación de Lugo, á través
do departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade da Rede
Museística organiza unha serie de actividades que se prolongarán durante todo o
mes e que son:
-Obradoiro SENSACIÓNS no Pazo de Tor (Monforte) e no Museo de San Paio de
Narla (Friol), que terá lugar o día 3 de decembro con dúas actividades pola mañá
e outras tantas pola tarde, dirixidas a todo tipo de público.
-Obradoiro CARTAS FALADAS nos catro museos que integran a Rede
Museística (Museo Provincial de Lugo, Museo de San Paio de Narla, Museo
Provincial do Mar e Pazo de Tor) o día 6 de decembro, ás 12:00 horas, actividade
dirixida a todo tipo de público.
Museo Provincial do Mar
131
-Nova convocatoria do obradoiro de fotografía para persoas cegas. O día 3 de
decembro ábrese o prazo para presentar as solicitudes para asistir ao curso de
FOTOGRAFÍA A CEGAS, (diríxase ao museo da Rede máis próximo) que se vai
desenvolver os días 28 e 29 de decembro e 7 e 8 de xaneiro que culminará cunha
exposición das obras realizadas o día 28 de decembro.
-Exposición dos traballos seleccionados do Premio ANADE (do 4 ao 13 de
decembro). Sala Multiusos do MPLugo
Fotografía a cegas III
Actividade dirixida á integración activa das persoas cegas. Nesta nova
edición preténdese un diálogo coa contorna e o contexto dos Museos que
integran a Rede.
COORDINACIÓN-MEDIACIÓN E ACCESIBILIDADE TÉCNICA: Encarna Lago.
ARTISTAS FOTÓGRAFOS: Iago Eireos, Xosé Reigosa, Antonio Fernández,
Germán Limeres.
VÍDEO: Enrique Lamas
PERSOAL DA REDE QUE COLABORA NA MEDIACIÓN E GUIADO: Francisca
Abuín, Ana Ferro, Jesús González, Raquel Guerrero, Ana Covadonga López-
Boado, Tar López, Silvia Fiallega, Miguel Cuba, Omar Luaces, Juan Ignacio
Márquez, Ángeles Miguélez e Amelia Pernas.
FOTÓGRAFOS CEGOS:
1-Pilar Yáñez
2-Eladio Fernández
3-Ana Varela
Museo Provincial do Mar
132
4-Antonio González
5-Manuel Díaz
6-Manuel Paz
7-Norma López
8-Nieves Gayoso
9-Isabel Rego
10-Antonio Álvarez
11-Pedro Souto
12-Asunción Suárez
13-Juan Ramón Salido
14-Fina López
15-Ángeles Miguélez
16-Trinidad Canosa
A terceira edición de ‘Fotografía a Cegas’ afiánzase. Fotógrafos cegos, sen
andrómena, con cámaras fotográficas na man, evidenciaron a súa capacidade
creativa e o seu afán de superación. Ao longo das últimas edicións quedaron
patentes os resultados, amosando o proveito adquirido nunha actividade tan
pouco usual como insubstutíble, a vontade e a capacidade de derrubar barreiras
coa curiosidade e o empuxe persoal desde a experimentación fotográfica.
Nesta nova edición o obxectivo prioritario a acadar é a necesidade de
diálogo coa contorna e o contexto do Museo, a paisaxe cultural, mantendo a liña
de actuación que o ICOM escolleu como lema para o Día Internacional dos
Museos 2016: Museos e Paisaxes Culturais.
Respecto diso, A Rede Museística de Lugo propón desenvolver esta
terceira edición de ‘Fotografía a Cegas’ reflexionando sobre a paisaxe cultural,
Museo Provincial do Mar
133
que neste caso cohabita co contexto histórico, etnográfico e natural dos catro
Museos da Rede. A tal fin prográmanse unha serie de obradoiros cunha ruta
marcada ao longo de toda a provincia de Lugo, con actividades ideadas para
descubrir e interpretar unha paisaxe desde os condicionantes e iniciativas dos
propios participantes.
 DÍA 28 DE DECEMBRO DE 2015: RUTA MUSEO PROVINCIAL DE
LUGO-PEDRAFITA DO CEBREIRO
Partimos dunha singular selección de pezas da colección do Museo
Provincial de Lugo, as maquetas de arquitectura popular lucense que atopamos
no refectorio. Estas maquetas sérvennos de pauta para iniciar un percorrido que
nos dirixe ao Camiño de Santiago. O primeiro paso descritivo parte desde o
percorrido arquitectónico do Camiño Francés, sendo as pallozas de Pedrafita do
Cebreiro o nexo de unión entre as maquetas da colección do Museo Provincial de
Lugo, a interacción táctil co obxectivo arquitectónico dará pé ao percorrido
fotográfico e xeométrico.
 DÍA 29 DE DECEMBRO DE 2015: RUTA SAN PAIO DE NARLA - COVA
DA SERPE
A Fortaleza de San Paio de Narla ten unha estreita relación coa Cova da
Serpe. A ruta proposta contempla a visita á Fortaleza coa intención de percorrer e
profundar na colección, analizando o contexto histórico da comarca como
introdución á romántica lenda de Catarina de Santiso. O punto final, un encontro
entre a fantasía e a realidade, polo que o obradoiro propón valerse da alegoría e
da imaxinación como fórmula creativa e ferramenta narrativa. A fotografía ficticia
achega a pauta para seguir.
 DÍA 7 DE XANEIRO DE 2016: RUTA MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO -
LITORAL DA MARIÑA
Museo Provincial do Mar
134
Visitar o Museo do Mar da Rede Museística de Lugo supón entrar de pleno
na historia e o espírito colectivo do pobo de San Cibrao, lembrar como se formou
a ampla colección do Museo grazas ás achegas individuais dos seus veciños. Así
se inicia a ruta, coa exploración de pezas singulares que nos trasladan
directamente ás profundidades do mar, aos oficios tradicionais ou ao litoral da
mariñao, utilizando a fotografía como iteración e precepto de comunicación social
desde a conversación e o rexistro espontáneo.
 DÍA 8 DE XANEIRO DE 2016: RUTA PAZO DE TOR - VAL DE LEMOS
Visitar o Pazo de Tor trasládanos a unha viaxe no tempo ata ao século XIV.
As coleccións do Pazo permítennos experimentar unha teatralidade propia do
momento histórico do Pazo. O labirinto dos xardíns do Pazo de Tor vai ser o
protagonista do obradoiro proposto. Ante un contexto de cegueira búscase
acentuar os sentidos para percibir o que aparentemente está presente, ou polo
contrario, o que non percibimos ante o artificio, a capacidade de evidenciar o sutil
ou ocultar o obvio.
Na xornada do Martes 29 de Decembro, a terceira edición de Fotografía a
Cegas organizada pola Rede Museística Provincial aterrizou no Museo Provincial
do Mar. Os participantes nesta actividade puderon desfrutar e fotografiar os
diversos obxectos que garda o noso museo, con especial destaque para a
colección de ósos de balea. Esta fantástica colección que garda a nosa institución
foi a pedra angular da sua visita ás terras mariñás, forma de conexión con o
conxunto de sensacións que forman a paisaxe das nosas costas e que tivo o seu
correlato exterior na visita ao antigo emprazamento da vella baleira de Morás.
Neste lugar, as persoas asistentes puderon reflexar mediante a luz nas súas
cámaras o conxunto de sensacións que o lugar lles facia experimentar, que para
nada eran exclusivamente visuais.
Este obradoiro lémbranos o carácter relativo de calquera limitación, e como
a nosa visión da terra (e do mar!) é tan imaginativa como real.
Museo Provincial do Mar
135
Museo Provincial do Mar
136
Museo Provincial do Mar
137
5.4. Programa de Exposicións
EXPOSICIÓN: Olladas ‘A miña familia’
O programa Olladas de muller centra a súa atención na obra dunha
muller: A miña familia, de Xulia Minguillón, realizada en 1944, e que ofrece a
visión da súa propia familia nun momento histórico moi concreto e diferente ao
actual. A exposición Olladas. “A miña familia” conta coa participación de 47
artistas, 47 miradas diferentes nas que se reflexiona sobre a figura e o tempo
tendo como referente a familia e a muller.
A través das obras coñecemos os momentos históricos e o papel que xoga
a muller na construción da sociedade. A familia é o elemento que aglutina as
sociedades e a súa representación é unha oportunidade para coñecer os modelos
sociais cos que as novas xeracións se identifican e socializan. Neste ámbito é
onde se insire a convocatoria do concurso dirixido a escolares “A miña familia,
antes e agora”, co obxectivo de fomentar a participación, os valores de
convivencia e a expresión artística. Na sociedade actual, a construción da familia
cambiou en consonancia cos cambios sociais e, hoxe en día, existen diversas
formas e conceptos de familias, a diferenza dos modelos tradicionais de familias
que representa a obra de Xulia Minguillón.
As artistas e os artistas seleccionados
David Catá, Verónica Vicente, Edu Albo, Alberto Pena, Marian Losada, Martín
Lestao, Patricia Arellano, Paula López Vallejo, José Caamaño, Paz Vicente, Laura
Piñeiro, Iria Cortizo, Roi Domínguez, María Xosé Domínguez, Paco Pestana, Juan
José Lomarti, Yolanda Dorda, Fernando Yáñez, Benjamin Santín Ben, María
Nogueira, Germán Limeres, Iago Eireos, Luz Darriba, Miguel Anxo Macía, José
Reigosa, Mauro Leivas, Paula Noya, Félix Carpio, Renata Otero e Pilar Boullosa.
Comisaria: Encarna Lago
A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 5.0.
Se botamos unha ollada histórica ao papel que a muller cumpriu no mundo
da arte, a primeira visión coa que nos atopamos é a da muller como obxecto,
Museo Provincial do Mar
138
como mero modelo expositivo sobre a cal perpetuar os roles de xénero dunha
cultura patriarcal imperante.
A muller, no mundo da arte, durante moitos anos quedou relegada a ocupar
sinuosos planos nos lenzos que penduran das paredes de museos de todo o
mundo. Ao mesmo tempo que a muller artista quedaba silenciada. É ben coñecido
que na historia da arte, moitas das mulleres artistas asinaban as súas obras baixo
identidades masculinas para evitar que os seus traballos foran censurados ou
invisiblilizados.
A arte, como linguaxe expresiva, manifesta o que existe na sociedade nos
diversos momentos históricos e, así, visibiliza os roles de xénero e o papel da
muller nos diversos ámbitos da sociedade: dende o seu papel na familia (como
nai protectora) ata o seu papel na comunidade e sociedades. Polo tanto, a
sociedade é un concepto que evoluciona histórica e socialmente e no que se fai
necesario que a muller xogue un papel activo e visible.
Mirar a arte con perspectiva de xénero permite ter un visión global das
diferenzas que para homes e mulleres supón a arte. Visibilizar a contribución das
mulleres ao mundo das artes supón facer unha reinterpretación da historia,
cuestionándose os discursos institucionais, incorporando novas propostas que
dean como resultado a transformación da mirada sobre a o mundo e as mulleres.
Dende a Rede Museística de Lugo, levamos anos apostando por un
modelo de traballo baseado en plans con obxectivos a medio e longo prazo, máis
aló das celebracións puntuais de efemérides.
A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0 enmárcase dentro da
iniciativa levada a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo baixo o
comisariado da xerencia da RMP, centrada na visibilidade das mulleres no eido
creativo.
Nesta nova edición, o que se persegue é evidenciar o feito de que a
construción dunha sociedade igualitaria pasa por dous eixes claves: dunha banda
o recoñecemento e visibilidade da muller como axente activo na construción da
Museo Provincial do Mar
139
sociedade actual e, doutra banda, a visibilidade da arte creadora sobre postulados
de igualdade, dende a ollada compartida de homes e mulleres.
Por todo isto, nesta ocasión o programa Olladas de muller centra o seu
foco de atención na obra dunha muller: A miña familia, de Xulia Minguillón,
realizada en 1944, e que ofrece a visión da súa propia familia nun momento
histórico moi concreto e diferente ao actual. A exposiciónOlladas “a miña
familia” conta coa participación de 47 artistas, 47 miradas diferentes nas que se
reflexiona sobre a figura e o tempo tendo como referente a familia e a muller.
A través das obras coñecemos os momentos históricos e o papel que xoga
a muller na construción da sociedade. A familia é o elemento que aglutina as
sociedades e a súa representación é unha oportunidade para coñecer os modelos
sociais cos que as novas xeracións se identifican e socializan. Neste ámbito é
onde se insire a convocatoria do concurso dirixido a escolares “A miña familia,
antes e agora”, co obxectivo de fomentar a participación, os valores de
convivencia e a expresión artística. Na sociedade actual, a construción da familia
cambiou en consonancia cos cambios sociais e, hoxe en día, existen diversas
formas e conceptos de familias, a diferenza dos modelos tradicionais de familias
que representa a obra de Xulia Minguillón.
Esta edición trata, consecuentemente, de ampliar as olladas, non só dos
participantes senón tamén no senso de que a exposición vai contar cun novo
formato de multi-salas (sala de Xulia Minguillón e sala Multiusos do Museo
Provincial de Lugo e a sala de Exposicións da Deputación de Lugo) e ,a partir do
mes de abril, as obras viaxarán aos catro museos da Rede configurando unha
topografía da provincia de Lugo.
Non é coincidencia que sexa na provincia de Lugo, en xeral, e na Rede
Museística de Lugo, en concreto, onde estas iniciativas teñen cabida. Somos
museos de comunidade, o que implica que o traballo levado a cabo está
planificado e que se concreta baseándose en proxectos museísticos orquestrados
en programas para/coa comunidade. Unha comunidade que se estende a artistas,
asociacións, familias, escolares e público en xeral que atopa nos nosos museos
un espazo para o encontro, a reflexión, a divulgación e o desenvolvemento
Museo Provincial do Mar
140
integral das persoas. Ao longo do 2014, foron moitos os programas levados a
cabo dende a Rede Museística no seu labor de visibilizar e reivindicar a muller na
arte. A modo de exemplos cabe citar o proxecto Diálogo Intercultural: Lugo-
Arxentina dentro do que se inseriu o programa “Mulleres de aqui e de acolá”; as
exposicións colectivas Olladas de muller sobre a guía postal Lugo de Maruja
Mallo e Historia da visibilidade creativa feminina na Rede e o Pazo san Marcos foi
testemuña do acto inaugural do Festival Miradas de Mulleres 2014, en Galicia.
Nesta liña de formular obxectivos a medio e longo prazo, hai que salientar
que, tras o éxito acadado o ano pasado, este ano celebramos o II Congreso de
xénero, Museos e Arte, apostando e co convencemento no labor de compromiso
social que a Rede Museística vén desenvolvendo no campo de xénero que nesta
nova edición se engade, como piar necesario, a migración.
Por todo iso, A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0 preséntase
como unha oportunidade máis de visibilizar o papel da muller ao longo dos
vindeiros meses do 2015, con actividades didácticas complementarias e paralelas
ao Plan xeral de igualdade da RMP, nas que se poña de manifesto a igualdade
nos catro museos da rede en consonancia coas comunidades que os viven e os
visitan: Muller rural en San Paio de Narla; Muller e mar no Museo do Mar; Muller,
clases sociais e discapacidade no Pazo de Tor; Muller e arte no Museo Provincial
de Lugo.
[Encarna Lago, comisaria e xerente da RMP]
Obras itinerantes no Museo Provincial do Mar
Museo Provincial do Mar
141
Museo Provincial do Mar
142
EXPOSICIÓN: Luis Seoane. Paisaxe psíquica
A paisaxe en Luis Seoane é unha sorte de viaxe; primeiro física, logo mental.
Paisaxe psíquica
A paisaxe en Luis Seoane é unha sorte de viaxe; primeiro física, logo
mental. A comezos dos anos cincuenta realiza algunhas das súas pinturas de
paisaxe máis significativas tras unha viaxe á provincia arxentina de Neuquén, ao
pé dos Andes, que supón un cambio radical na súa óptica artística, así como unha
conexión directa coas súas paisaxes dos anos setenta, os seus traballos máis
líricos. Ata entón, as súas paisaxes funcionaban como meros escenarios ou
fondos das súas figuras, pero estas xa son paisaxes en sentido estricto, pequenas
pero ambiciosas. Seoane rompe co costumismo e amosa unha natureza sublime,
de inclinacións abstractas, que comeza a definir o seu interese polas superficies
de cor. A perspectiva redúcese e a paisaxe preséntasenos como un muro, como
un retrato. A proximidade dificulta a lectura da imaxe e o espectador abandónase
ao inconmensurable, malia as pequenas dimensións de cada unha das pinturas. A
liña do ceo, case inexistente pero imprescindible, é chave para compoñer a
imaxe. A estas pinturas acompáñanlles debuxos terrosos e azuis, que se
corresponden cos seus cadros. Uns son extremadamente leves, outros marcan as
liñas de montaña de maneira grosa, e outros son case a mimese dos seus cadros
e mesmo levan escrita a indicación da cor.
Museo Provincial do Mar
143
Mentres, nas súas augadas, agudízase o que de maneira xenérica
poderíamos calificar como un proceso de abstracción. Coma se se tratase dun
tremor, o representativo tórnase borroso e convértese nun espazo intersticial onde
a cor actúa como único indicio para unha narrativa, e unha serie de fendas
funcionan como elemento expresivo e cromático capaz de definir forma e espazo.
Nas suas augadas e gouaches evócanse paisaxes sen chegar a describilos de
maneira clara.
Ás paisaxes do Río da Prata, de Neuquén, de Saboia ou de Xenebra, así
como ás escenas rurais, é necesario sumar as que marcan os seus comezos
como pintor e tamén os seus últimos traballos: os dedicados ao mar. Son
composicións dinámicas, de grafía nerviosa, con tendencia ao curvo, fundindo en
harmonía liña e masas de cor. Imaxes rítmicas. Tamén as que non teñen o mar
como único protagonista, nas que se advirte o seu gusto en ollar desde o alto e a
influencia do seu dominio do deseño e do gravado. Algunhas das paisaxes máis
fermosas teñen como único protagonista o coruñés mar do Orzán. As cores
tórnanse intensas, sobre todo as azuis. Como en todos os seus traballos desde os
anos cincuenta, Seoane non buscará imitar as ondas do mar, ao contrario.
Simplemente signfica o xesto, como nas paisaxes das súas últimas augadas.
Máis que representar o movemento, este insinúase, incítase. Nalgúns casos,
traza o espazo con mecanismos do grafismo expresionista, case automático,
mesmo dadaísta. A expansión espacial dos seus arabescos é aquí escritura. O
xesto asume a condición dunha danza, como se da imaxe dunha resonancia se
tratara. Luis Seoane consegue recrear a forza do mar, captando a marusía,
deténdoa en tensión, como se se tratase dunha natureza morta, unha paisaxe
psíquica conxelada no tempo. É a paisaxe da realidade que ve e que quere.
Galicia como pano de fondo.
Museo Provincial do Mar
144
Exposición a Maruxaina e outras sereas
Esculturas de Otero Regal, textos de Pablo Mosquera e Paco Rivas
Desde o punto de vista cultural estamos ante unha vella tradición entre as
xentes que viven pendentes do océano. Desde o punto de vista popular estamos
ante unha festa de enorme concorrencia en pleno verán da Mariña.
Pero hai máis. É a eterna dualidade entre o ben e o mal, o xuízo popular
ante unha lenda que fala da conduta dunha serea coas xentes que viven do mar;
ata con xuízo na noite de agosto, diante do pobo.
Museo Provincial do Mar
145
As cartas mariñas sempre indicaron a presenza das illas que deron lugar a
San Cibrao e nesas illas, entre aves mariñas, acantilados capaces de dar ao
traste cos buques, vive unha muller que pode ser causa de medo ou de ledicia.
Na cova de Xan Belo, e tal como a describiu Luís Seoane en 1948, desde o
seu exilio de Bos Aires, esa estraña criatura co seu candil, oculta, pero facendo
sentir a súa presenza, convértese nun mito que se transmite oralmente, de
xeración en xeración.
É a feiticeira dunha Galicia medorenta do alén, das profundidades e das
galernas, que sabe dos cambios de carácter, do vento e do mar
Hoxe as deidades son outras, de carne e óso, universitarias, capitáns de
empresas multinacionais, enganchadas ao teléfono móbil e ao ciberespazo, pero
moitas veces actúan como A Maruxaina.
Por todo isto e con todo isto, Otero Regal, Pablo Mosquera e Paco Rivas,
argallamos esta exposición, estes textos, un libro e todo un seminario durante
xullo e agosto con destacadas personalidades da cultura vinculadas á Mariña que
disertarán sobre A Maruxaina e outras sereas da nosa mitoloxía particular.
Museo Provincial do Mar
146
Museo Provincial do Mar
147
EXPOSICIÓN: A caza da balea / A factoría baleeira Massó (Fotografías de
Félix Lorrio)
Museo Provincial do Mar
148
Desde o xoves 3 de Setembro ao 29 do mesmo mes decorreu no Museo
Provincial do Mar e na sala de exposicións do Concello de Xove a inauguración
dunha nova exposición organizada pola Rede Museística Provincial. “A caza da
balea” é o nome da parte instalada na institución museística e “A factoría baleeira
Massó” a localizada no municipio xovense que xustamente recolle o testemuño
fotográfico que o artista Feliz Lorrio realizou da actividade dunha factoría baleira
en 1978. En cambio, a sección do museo sancibrense ilustra a tradicional caza
baleeira das Idades Media e Moderna, mediante imaxes do coñecido “Diccionario
Histório de los Artes de la Pesca Nacional” de Antonio Sañez Reguart.
Esta exposición, con as suas ambas ubicacións, lembra a importante
presencia desta actividade pesqueira na nosa comarca, que tivo a súa última
expresión na factoría xovense de Morás. Actividade esta que deixou importantes
testemuños como por exemplo a colección de ósos despositada no Museo
Provincial do Mar, a máis importante de Galicia segundo os expertos.
Museo Provincial do Mar
149
Exposición A arte de xuntar II. Colección Quiroga-Monte de trens e xoguetes
Museo Provincial do Mar
150
Esta exposición, organizada pola Deputación Provincial de Lugo a través
da Rede Museística, conta cunha destacada selección de trens infantís e outra de
xoguetes antigos. A mostra invita a un ameno percorrido por unha parte da
historia contemporánea de España, amosando a produción xoguetera do país ao
longo de cen anos.
Aproveitamos este evento para lembrar o 140 aniversario da chegada do
tren a Lugo, procedente de A Coruña, efeméride acontecida o 5 de outubro de
1875, día de San Froilán. Naquela xornada, en palabras de Darío Xohán Cabana,
“unha multitude con música e bombas de palenque deulle a benvida ás
autoridades coruñesas, pero sobre todo ó novo e revolucionario medio de
transporte que xa levaba medio século transformando o mundo. A chegada do
primeiro tren a Lugo fixérase desexar moitos anos, e aínda se había de suspirar
oito máis antes de ter aberto o camiño de ferro á Meseta.”
Tamén con esta mostra queremos traer á memoria á construción do
ferrocarril de vía estreita entre Vilaodrid, actualmente concello de A Pontenova, e
Ribadeo, inaugurado o 18 de abril de 1903 para o transporte de mercadurías e,
dous anos despois, concretamente o 5 de agosto, tamén para viaxeiros.
Con motivo deste dobre aniversario, esta exposición amosa unha notable
cantidade de pezas do xoguete ferroviario: trens coas súas locomotoras, coches e
vagóns, estacións e apeadeiros, así como unha gran variedade de accesorios
ferroviarios.
Pero, ademais, complementan esta mostra centrada no tren outras
excepcionais pezas xogueteras como coches, bonecas, teatriños, dioramas, etc.
Museo Provincial do Mar
151
Os xoguetes elixidos, marcados polo desenvolvemento industrial e
comercial que experimentaron a partir do século XIX, figuran estreitamente
vencellados aos cambios socio-económicos, técnicos, culturais e políticos das
diferentes etapas da súa fabricación.
Constitúen, xa que logo, un fiel reflexo dos comportamentos, costumes,
modas, sucesos e inventos ocorridos entre 1880 e 1980.
Todas as pezas exhibidas pertencen á colección Quiroga-Monte. Expertos
e críticos especializados valoraron a riqueza e variedade desta colección
composta, a día de hoxe, por máis de 1.500 exemplares orixinais, que a sitúan
entre os mellores patrimonios privados sobre o xoguete, a boneca e a cultura
infantil de orixe español.
A visita a esta mostra permite descubrir os diferentes materiais
empregados na fabricación dos xoguetes –desde a folla de lata ao plástico-; os
procedementos técnicos empregados pola industria xoguetera –desde a pintura á
metalgrafía- ; así como unha gran variedade de estilos e deseños.
Os xoguetes que aquí se amosan, algúns deles únicos no coleccionismo
español e presentados agora por primeira vez, foron o mellor medio para expresar
a imaxinación, a destreza e a creatividade de moitas xeracións infantís, ao igual
que os máis eficaces modelos para achegarse ás condutas e valores dos adultos,
pois hoxe, igual que onte, aprender a xogar é aprender a vivir.
A Deputación Provincial de Lugo e a Rede Museística desexa que a
contemplación destas pequenas marabillas sexa para os máis pequenos un
sorprendente descubrimento da infancia dos seus maiores e, para estes, unha
extraordinaria oportunidade de volver a ser os nenos e nenas de onte, na
recuperación dunha infancia que endexamais debería perderse.
Museo Provincial do Mar
152
5.5. Servizo do museo para outras actividades
Reunión da Presidenta da Deputación coa Federación Provincial de
Cofradías
Asinatura dun convenio de colaboración coa Federación Provincial de
Confrarías por parte de Elena Candia, Presidenta da Deputación de Lugo.
presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, asinou na tarde do
Xoves 3 de Setembro un convenio de colaboración coa Federación Provincial de
Confrarías da Provincia no Museo do Mar de San Cibrao e nel, ademais de
Candia e dopresidente da Federación, José Basilio Otero, tamén participaron o
deputado provincial responsable da área de Pesca, Demetrio Salgueiro; os
patróns maioresdos pósitos (Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Cibrao e O
Vicedo) así como as mariscadoras activas afiliadas ás confrarías.
A subvención excepcional concedidapola Deputación de Lugo á Federación
Provincial de Confrarías, por un importede 19.000 euros, diríxese a sufragar
custos, por un lado, de divulgación,promoción e publicidade das actuacións que
realiza a Federación e, por outrolado, de dotación de medios materiais (traxes de
neopreno) ás mariscadorasactivas afiliadas ás confrarías.
Este acto ao tempo constata a importancia do noso museo non só como
depositario e garda dunha colección, senon como lugar ao servicio da
comunidade onde se encontra ao servir de punto para a celebración de este tipo
de actividades.
Museo Provincial do Mar
153
Museo Provincial do Mar
154
CELEBRANDO O 30 ANIVERSARIO DA MARUXAINA
Museo Provincial do Mar
155
Recollida oso de balea en Acantilado Remior
Novo óso de cetáceo no Museo Provincial do Mar
Estes días de mareas vivas acostuman remover as praias e sacar a luz
tesouros ocultos que nos lembran a riqueza da nosa costa. Así, desde o Museo
Provincial do Mar, pertencente á Rede Museística da Deputación Provincial de
Lugo, fan público o achado dun novo óso de balea que acrecenta a importante
colección de restos de cetáceo que se gardan na institución sancibrense. Esta
colección, recoñecida por diversos expertos como a máis importante de Galicia;
vese así enriquecida por esta peza.
Aínda é cedo para realizar afirmacións categóricas pero as primeiras
exploracións indican que se trata de parte dun cranio, posibelmente dunha época
séculos atrás, descoñecéndose polo momento se pertence a un varadoiro
ocasional ou se contextualiza dentro dun centro de caza mais amplo. Agárdase
que proximamente sexa posible obter novos dados sobre a especie concreta e a
época. De momento, a peza xa se atopa a bo recado no Museo Provincial do Mar
e prontamente estará a disposición do público en xeral.
A institución provincial e a súa Rede Museística agradecen a colaboración
cidadá que fixo posible este achado.Nomeadamente ao descubridor, Lito Souto
Meilán, que a fotografiou xunto con Andrés Bourio e Victor Hernández; e a Teté
Álvarez Varela quen notificou este descubrimento. Igualmente agradecen o apoio
do Concello de Barreiros, sen o cal sería imposíbel a retirada e salvagarda desta
interesante peza. Isto demostra, aseguran; o interese social pola conservación do
patrimonio así como a gran valoración cidadá deste servizo público. Desta forma
convidan aos veciños e veciñas da Mariña e do conxunto da provincia a visitar as
súas importantes coleccións relacionados con o mundo da balea.
Museo Provincial do Mar
156
5.6. Programa de conferencias.
Conferencia Xulio Pardo de Neira
Conferencia "As sereas, habitantes da Galiza: do mar de Arousa
ao porto do Sancibrao, unha viaxe pola literatura e a arte"
O Museo Provincial do Mar de San Cibrao (Cervo) acolleou a conferencia
"As sereas, habitantes da Galiza: do mar de Arousa ao porto do Sancibrao, unha
viaxe pola literatura e a arte" a cargo de Xulio Pardo de Neyra.
Xulio Pardo de Neyra é profesor Titular da Universidade da Coruña na
Faculdade de Ciencias da Educación, sendo Doutor en Filoloxia Galega pola
Universidade de Santiago de Compostela ao tempo que Doutor en Historia
Contemporánea pola mesma Universidade e Doutor Europeo en Didáctica da
Lingua e Literatura pola Universidade de València, sendo a única persoa que
conta con tres Doutramentos e tres Teses de Doutoramento no Estado Español.
Desde moi novo colaborou coa prensa escrita lucense, publicando o seu primeiro
libro aos dezanove anos. Actualmente ten publicados unha trintena de ensaios
centrados no estudo da literatura galega medieval, da do Barroco e da
contemporánea, na introdución do vangardismo nas letras galegas, na literatura
Memoria 2015 Museo do Mar
Memoria 2015 Museo do Mar
Memoria 2015 Museo do Mar
Memoria 2015 Museo do Mar
Memoria 2015 Museo do Mar
Memoria 2015 Museo do Mar
Memoria 2015 Museo do Mar
Memoria 2015 Museo do Mar

More Related Content

Similar to Memoria 2015 Museo do Mar

Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
redemuseisticalugo
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014
Encarna Lago
 
Memoria Museo do mar 2017
Memoria Museo do mar 2017Memoria Museo do mar 2017
Memoria Museo do mar 2017
redemuseisticalugo
 
Memoria 2012 mar
Memoria 2012 marMemoria 2012 mar
Memoria 2012 marrmplugo
 
Poboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en GaliciaPoboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en Galicia
Agrela Elvixeo
 

Similar to Memoria 2015 Museo do Mar (7)

Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017Memoria Museo de San Paio 2017
Memoria Museo de San Paio 2017
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014
 
Memoria Museo do mar 2017
Memoria Museo do mar 2017Memoria Museo do mar 2017
Memoria Museo do mar 2017
 
Memoria 2012 mar
Memoria 2012 marMemoria 2012 mar
Memoria 2012 mar
 
FERNANDEZ.pdf
FERNANDEZ.pdfFERNANDEZ.pdf
FERNANDEZ.pdf
 
Memoria 2011 mar
Memoria 2011 marMemoria 2011 mar
Memoria 2011 mar
 
Poboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en GaliciaPoboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en Galicia
 

More from redemuseisticalugo

XX conferencia internacional MINOM
XX conferencia internacional  MINOMXX conferencia internacional  MINOM
XX conferencia internacional MINOM
redemuseisticalugo
 
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de LugoGuía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
redemuseisticalugo
 
Eu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en minEu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en min
redemuseisticalugo
 
Memoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de TorMemoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de Tor
redemuseisticalugo
 
Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017
redemuseisticalugo
 
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
redemuseisticalugo
 
Convite inherentes
Convite inherentes Convite inherentes
Convite inherentes
redemuseisticalugo
 
Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015
redemuseisticalugo
 
Listado artistas 2015
Listado artistas 2015Listado artistas 2015
Listado artistas 2015
redemuseisticalugo
 
Software libre na Rede Museística
Software libre na Rede MuseísticaSoftware libre na Rede Museística
Software libre na Rede Museística
redemuseisticalugo
 
V Xornadas AGALI
V Xornadas AGALIV Xornadas AGALI
V Xornadas AGALI
redemuseisticalugo
 
obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015 obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015
redemuseisticalugo
 
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e ArteActas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
redemuseisticalugo
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
redemuseisticalugo
 
Dossier prensa muller
Dossier prensa muller Dossier prensa muller
Dossier prensa muller
redemuseisticalugo
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
redemuseisticalugo
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museística
redemuseisticalugo
 

More from redemuseisticalugo (20)

XX conferencia internacional MINOM
XX conferencia internacional  MINOMXX conferencia internacional  MINOM
XX conferencia internacional MINOM
 
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de LugoGuía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
 
Eu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en minEu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en min
 
Memoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de TorMemoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de Tor
 
Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017
 
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
 
Convite inherentes
Convite inherentes Convite inherentes
Convite inherentes
 
Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015
 
Listado artistas 2015
Listado artistas 2015Listado artistas 2015
Listado artistas 2015
 
Una rede
Una redeUna rede
Una rede
 
Software libre na Rede Museística
Software libre na Rede MuseísticaSoftware libre na Rede Museística
Software libre na Rede Museística
 
V Xornadas AGALI
V Xornadas AGALIV Xornadas AGALI
V Xornadas AGALI
 
obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015 obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015
 
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e ArteActas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Dossier prensa muller
Dossier prensa muller Dossier prensa muller
Dossier prensa muller
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museística
 
Memoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paioMemoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paio
 
Memoria 2013 mar
Memoria 2013 marMemoria 2013 mar
Memoria 2013 mar
 

Memoria 2015 Museo do Mar

  • 2. Museo Provincial do Mar 1 INDICE 1. LIMIAR .............................................................................................................................2 2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES..................................................................4 3. MELLORAS DO EDIFICIO.........................................................................................10 4. PROGRAMA DIDÁCTICO..........................................................................................10 4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES.......................................................................10 4.2. OBRADOIROS DE VERÁN...........................................................................40 4.3. OBRADOIROS DE NADAL...........................................................................78 4.4. OBRADOIROS DO CLUB PEQUEAMIGOS..............................................89 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL.................................................................111 5.1. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE ........................................................111 5.2. SEMANA DOS MUSEOS.............................................................................118 5.3. PROGRAMA MUSEOLOXÍA SOCIAL ......................................................126 5.4. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS...............................................................137 5.5. SERVIZO DO MUSEO PARA OUTRAS ACTIVIDADES.......................152 5.6. PROGRAMA CONFERENCIAS .................................................................156 5.7. PROGRAMA DE CONGRESOS ................................................................160 5.8. PROGRAMA DE CONCERTOS.................................................................162 5.9. PROGRAMA DE PRESENTACIÓNS........................................................163 6. PROGRAMA DE PERSONAL .................................................................................164 7. PROGRAMA ECONÓMICO.....................................................................................164
  • 3. Museo Provincial do Mar 2 1. LIMIAR “Un museo é unha institución permanente, sen fins de lucro, ó servizo da sociedade e aberta ó público, que adquire, conserva, estuda, expón e difunde o patrimonio material e inmaterial da humanidade con fins de estudo, educación e recreo.” Grazas a formar parte dunha rede, a traballar en rede, a compartir recursos e medios tanto técnicos coma humanos, a Rede Museística Provincial de Lugo logra estar conformada por catro museos, o Provincial de Lugo, a Fortaleza de San Paio de Narla, o Pazo de Tor e o Museo Provincial do Mar que cumpren todos os criterios que segundo a definición do ICOM os convirten en museos. No Museo Provincial do Mar, ó longo do ano traballamos arreo na procura do cumprimento desas funcións, adquirindo novas pezas que pasan a formar parte da nosa colección, como o oso de cráneo de balea recentemente atopado no concello de Barreiros, organizando exposicións coma a de “Maruxaina e outras
  • 4. Museo Provincial do Mar 3 sereas” do artista mariñán Otero Regal, a de “A caza da valea”, en colaboración co Museo Masó, ou “A arte de xuntar”, presentando libros, albergando conferencias, celebrando concertos, realizando talleres para diversos colectivos, programando visitas para escolares, recibindo diferentes grupos, … Pero por encima de todo, do que nos sentimos máis orgullosos é de fomentar e manter unha estreita colaboración coa comunidade que nos conforma, coas persoas que alá polo 1969 impulsaron a creación deste Museo e corenta e seis anos máis tarde seguen a facer del e o gardán da súa memoria, do patrimonio dunha comunidade que vivíu cara ó mar, do mar, enfrontándose ó mar, valéndose do mar, recollendo os froitos do mar. So grazas a eles, a esa comunidade que nos nutre e da enerxías, o noso traballo da froitos, froitos que teñen de novo a esa comunidade como receptora, como destinataria dese traballo en común. Deste xeito, este Museo so ten senso como parte desa comunidade, e só subsistirá e medrará mentras esa comunidade o nutra.
  • 5. Museo Provincial do Mar 4 2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES. Xaneiro Nº total de visitantes 999 4 grupos escolares 83 11 grupos adultos 292 Visitas individuais 624 Febreiro Nº total de visitantes 837 2 grupos escolares 49 8 grupos adultos 316 Visitas individuais 472 Marzo Nº total de visitantes 1618 2 grupos escolares 76 21 grupos adultos 623 Visitas individuais 919 Abril Nº total de visitantes 1639 3 grupos escolares 51 13 grupos adultos 413 Visitas individuais 1175 Maio Nº total de visitantes 1809 11 grupos escolares 259 24 grupos adultos 715 Visitas individuais 835 Xuño Nº total de visitantes 1776 7 grupos escolares 228
  • 6. Museo Provincial do Mar 5 22 grupos adultos 660 Visitas individuais 888 Xullo Nº total de visitantes 3189 8 Obradoiros 222 33 grupos adultos 1108 Visitas individuais 1859 Agosto Nº total de visitantes 3817 9 Obradoiros 242 29 grupos adultos 964 Visitas individuais 2611 Setembro Nº total de visitantes 1528 4 grupos escolares 44 21 grupos adultos 582 Visitas individuais 902 Outubro Nº total de visitantes 1242 1 grupos escolares 4 14 grupos adultos 433 Visitas individuais 805 Novembro Nº total de visitantes 1101 10 grupos escolares 320 7 grupos adultos 197 Visitas individuais 584 Decembro Nº total de visitantes 1061
  • 7. Museo Provincial do Mar 6 4 grupos escolares 25 10 grupos adultos 197 Visitas individuais 839 Total visitantes anuais 20616 Gráfica comparativa dos anos 2014-2015 803 681 1352 1498 1696 1627 2455 3433 1325 1029 1037 1044 999 837 1618 1639 1809 1776 3189 3817 1528 1242 1101 1061 0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000 4500 MUSEO PROVINCIAL DO MAR Ano 2014 Ano 2015
  • 8. Museo Provincial do Mar 7 0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 4000 999 837 1618 1639 1809 1776 3189 3817 1528 1242 1101 1061 Por número de visitantes 12% 4% 2% 2% 11% 42% 27% Por idades 0-10 11-14 15-18 19-25 26-40 41-65 66
  • 9. Museo Provincial do Mar 8 0 1000 2000 3000 4000 5000 6000 7000 8000 1633 7095 3617 14495 2132 3 21 103155 1784 213426 78 2494 38 29 33 114 399 Por Procedencias LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCIA ARAGON ASTURIAS BALEARES CANARIAS CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LAMANCHA EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA NAVARRA LA RIOJA VALENCIA ESTRANXEIROS 38 2810 2835 3254 3273 5075 3331 0 1000 2000 3000 4000 5000 6000 Por días da semana DOMINGO SABADO VENRES XOVES MERCORES MARTES LUNS
  • 10. Museo Provincial do Mar 9 XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL HOMES 427 354 583 637 742 732 1319 1672 654 518 444 420 8502 MULLERES 572 483 1035 1002 1067 1044 1870 2145 874 724 657 641 12114 0-10 85 55 92 185 253 244 460 634 135 71 240 109 2563 11-14 56 10 15 50 26 83 178 186 41 12 122 24 803 15-18 1 38 40 55 4 46 106 86 21 1 3 11 412 19-25 22 4 32 36 5 19 64 173 54 16 3 15 443 26-40 99 61 154 185 148 139 253 583 195 176 96 130 2219 41-65 483 426 883 760 757 703 1395 1418 545 532 366 444 8712 66 253 243 402 368 616 542 733 737 537 434 271 328 5464 LUGO CIDADE 72 70 109 173 120 89 278 390 96 67 51 118 1633 LUGO PROVINCIA 406 314 414 533 720 605 966 923 583 440 650 541 7095 GALICIA 256 273 395 348 106 190 528 745 263 248 129 136 3617 ANDALUCIA 0 1 0 0 0 12 17 52 60 0 2 0 144 ARAGON 4 0 4 8 0 2 26 51 0 0 0 0 95 ASTURIAS 136 22 288 110 227 165 457 345 125 101 58 98 2132 BALEARES 0 0 0 0 0 0 3 0 0 0 0 0 3 CANARIAS 0 0 0 0 0 0 7 3 0 8 0 3 21 CANTABRIA 0 0 4 10 0 6 12 8 59 3 1 0 103 CATALUÑA 9 0 4 2 2 6 35 91 6 0 0 0 155 CASTILLA-LEON 54 76 176 35 260 359 125 137 126 175 155 106 1784 CASTILLA-LA MANCHA 0 0 18 6 33 60 58 28 1 1 0 8 213 EUSKADI 0 2 5 64 8 14 75 186 28 12 16 16 426 EXTREMADURA 0 0 0 0 0 0 62 15 1 0 0 0 78 MADRID 20 3 126 294 306 241 437 712 136 151 33 35 2494 MURCIA 0 0 4 7 0 0 13 9 5 0 0 0 38 NAVARRA 0 0 2 0 2 2 9 11 2 1 0 0 29 LA RIOJA 0 0 0 7 0 0 6 11 9 0 0 0 33 VALENCIA 8 4 0 11 6 0 28 37 15 5 0 0 114 ESTRANXEIROS 34 72 69 31 19 25 47 53 13 30 6 0 399 MAÑAS 540 603 930 1027 833 980 1946 2525 803 798 844 655 12484 TARDES 459 234 688 612 976 796 1243 1292 725 444 257 406 8132 LUNS 0 0 0 0 38 0 0 0 0 0 0 0 38 MARTES 74 48 214 95 122 264 447 724 198 190 168 266 2810 MERCORES 129 126 96 171 127 221 657 684 205 99 186 134 2835 XOVES 86 80 89 360 280 162 706 700 347 182 173 89 3254 VENRES 209 89 256 307 299 284 552 620 198 212 159 88 3273 SABADO 378 155 578 478 727 542 521 599 396 306 130 265 5075 DOMINGO 123 339 385 228 216 303 306 490 184 253 285 219 3331 GRUPOS ESCOLARES 83 49 76 51 259 228 222 242 44 4 320 25 1603 GRUPOS ADULTOS 292 316 623 413 715 660 1108 964 582 433 197 197 6500 VISITAS INDIVIDUAIS 501 133 534 947 619 585 1553 2121 718 552 299 219 8781 DOMINGOS NO MUSEO 123 339 385 228 216 303 306 490 184 253 285 620 3732 TOTAIS MENSUAIS 999 837 1618 1639 1809 1776 3189 3817 1528 1242 1101 1061 20616 *RESUME EXTRANXEIROS ALEMANIA ARXENTINA BULGARIA CHINA CUBA CABOVERDE COREA ESCOCIA FRANCIA FILIPINA EEUU AFRICA NORUEGA MEXICO BRASIL TURQUIA MARRUECOS IRLANDA ITALIA HOLANDA CANADA ANDORRA PORTUGAL RUSIA RUMANIA REINOUNIDO SUIZA URUGUAI TOKIO SAHARAUI XAPON ANUAL XANEIRO 4 2 3 11 8 6 34 FEBREIRO 3 2 10 4 39 2 1 3 4 4 72 MARZO 2 4 8 6 2 39 2 2 4 69 ABRIL 4 11 4 3 2 2 3 2 31 MAIO 3 2 2 5 5 2 19 XUÑO 4 3 4 1 1 1 2 1 4 21 XULLO 2 17 4 3 2 4 11 3 1 47 AGOSTO 1 10 6 1 6 4 5 3 3 7 7 53 SETEMBRO 2 3 4 4 13 OUTUBRO 3 2 14 2 1 2 4 2 30 NOVEMBRO 4 2 6 DECEMBRO 0 TOTAL 22 24 3 86 10 3 3 4 98 10 11 1 2 4 5 4 2 5 6 3 2 3 22 4 4 41 5 2 1 1 4 395 * Nº DE GRUPOS XANEFEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑOXULLOAGOS SET OUT NOV DEC ANUAL Nº GRUPOS ESCOLARES 4 2 2 3 11 7 8 9 4 1 10 4 65 Nº GRUPOS ADULTOS 11 8 21 13 24 22 33 29 21 14 7 10 213 15 10 23 16 35 29 41 38 25 15 17 14 278 RESUME DE VISITAS ANUALES MUSEO PROVINCIAL DO MAR 2015
  • 11. Museo Provincial do Mar 10 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO Conservación de infraestruturas - Reposición de sistema de iluminación, por parte do persoal do Museo durante todo ano - Rotura do canalón, incidentes descubertos trala festa da Maruxaina. - Avería do ruter por causa dunha tormenta. - Avería do. ordenador - Revisión de extintores - Desartización varias veces ao ano. - Limpeza exterior de ventanas e interior de teitos. - Limpeza exterior de recinto. - Tarefas de xardineria no exterior do Museo - Revisión potabilidade da auga por parte da empresa Arumia 4. PROGRAMA DIDÁCTICO 4.1. Actividades escolares Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas: guiada e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación previa das mesmas, concertando con departamento de didáctica. Visita de iniciación: Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para os grupos que visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo. Duración aproximada de 60 minutos.
  • 12. Museo Provincial do Mar 11 Para un mellor aproveitamento do Museo Provincial do Mar, xa que existe unha variedade e riqueza de contidos, e na procura dun novo concepto de visita máis participativa, como alternativa as tradicionais visitas guiadas e que implique a colaboración directa de profesores e alumnos, ofrecemos no 2010 un programa de itinerarios os distintos niveis de ensino: Tea mariñeira ¿As baleas comen ou engulan? Arriba a bandeira Descubre a balea Mergúllate Nada coa balea Pinta mariñeiro Sae a navegar Sopa de aleta Vento mareiro Visita de iniciación Nivel: Todos os ciclos Data: Curso escolar Obxectivo: Comprender o oficio do mar e como as sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas mariñeiras e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións.
  • 13. Museo Provincial do Mar 12 Tea mariñeira Nivel: 3º e 4º da ESO e BAC Data: Curso escolar Obxectivo: Fomentar o interese polas materias vinculadas coa navegación. Asentar conceptos vistos anteriormente na visita guiada. Metodoloxía: Actividade que consiste en unir con frechas. Relacionaranse fotos de obxectos da Sala de Navegación coas definicións que teñen noutra columna.
  • 14. Museo Provincial do Mar 13 Aparato que permite ó capitán comunicar as ordes ó que está na sala de máquinas. Serve para gobernar o barco, facéndolle cambiar o rumbo. Pode ser de caña ou de roda. Caixa cilíndrica fixa na cuberta que leva no seu interior o compás ou búsola. Fiestra redonda que se abre e que está situada en distintas alturas nos costados do buque. Serve para que entre a luz e se ventilen os camarotes da tripulación. Elemento do equipo propulsor dun barco movido mediante unha máquina ou motor e que permite o movemento cara adiante ou atrás do barco. Instrumento para coñecer a situación. Consiste en medir a altura do sol ou das estrelas con respecto do horizonte. Mide a latitude. Antigamente facíanas os carpinteiros de ribeira antes de construír o barco . Servía para ver as formas que ía ter o barco. UNE CON FRECHAS E NOMEA CADA OBXECTO
  • 15. Museo Provincial do Mar 14 ¿As baleas comen ou engulan? Nivel: 5º e 6º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e á cultura dun modo atractivo. Potenciar o traballo e a participación en equipo. Inculcar a protección conservacionista do medio ambiente mariño. Metodoloxía: Na Sala das Baleas, os nenos en grupos estarán sentados no chan, onde escoitarán unha pequena explicación sobre se as baleas mastigan ou non. De seguido responderán verdadeiro ou falso a unhas frases e terán unha folla de consulta ante as posibles dúbidas.
  • 18. Museo Provincial do Mar 17 Arriba a bandeira Nivel: 3º e 4º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Dar a coñecer como se transmite información codificada entre barcos próximos. Aínda que agora, se utilizan algunhas bandeiras, que as novas tecnoloxías as deixaron en desuso. Metodoloxía: Sentados diante das bandeiras que forman o Código de Sinais escoitarán o significado e utilidade deste. Como un grupo de bandeiras representan o abecedario, cada neno debuxará nunha cartolina branca, tamaño folio, a bandeira que lle corresponda coa súa inicial. Para iso terán un panel informativo de consulta. Despois pegarán un pau a un extremo da mesma. Os nenos agruparanse polas súas iniciais e realizarán un xogo como se fosen barcos comunicándose en alta mar.
  • 20. Museo Provincial do Mar 19 Descubre a balea Nivel: 1º e 2º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e ó mundo do mar dunha maneira amena e atractiva. Fomentar a expresión oral e artística. Potenciar o interese pola cetoloxía. Metodoloxía: Na Sala das Baleas repartiranse follas co debuxo dunha balea animada con números. Os rapaces terán que coloreala segundo as cores que levan asociadas os números. Así cando rematen descubrirán a balea.
  • 22. Museo Provincial do Mar 21 Mergúllate Nivel: 1º e 2º da ESO Data: Curso escolar Obxectivo: Fomentar a capacidade de asimilar novos conceptos mediante un xogo atractivo. Achegar os rapaces á cultura dunha forma práctica e divertida. Metodoloxía: En parellas, cubrirán o pasatempo coas palabras que adiviñen. Sempre axudados polo persoal do museo. MERGÚLLATE HORIZONTAL: 1- Instrumento de medición da latitude no que o seu arco é a sexta parte dun círculo. 2- Principal método para calcular a velocidade no mar. Mide nós ou millas. 3- Instrumento que serve para saber a situación do barco, neste caso, en todo momento. Tamén se pode chamar compás. 4- Sosterse na superficie da auga. 5- Parte principal dun barco, que pode ser de madeira ou doutro material. Calquera embarcación pode flotar e desprazarse grazas a el. 6- Lazo que se fai con cabos. Utilízase nas actividades cotiás dun barco.
  • 23. Museo Provincial do Mar 22 VERTICAL: 1- Instrumento que servía para a comunicación dentro do barco. Había dous: un na ponte e outro na sala de máquinas. 2- Serve para gobernar ou orientar o barco, facéndolle cambiar o rumbo ou a dirección. Pode ser de cana ou de roda. 3- Instrumento de ferro forxado con figura dun arpón ou dun anzol que está suxeito a unha cadea e se arrebola ó fondo do mar para fondear o barco. 4- Peza de tea ou doutro material que, unha vez despregada, recibe do vento o impulso necesario para navegar. 5- Parte posterior dun barco. 6- Parte de diante dun barco. Nada coa balea
  • 24. Museo Provincial do Mar 23 Nivel: Ed. Infantil Data: Curso escolar Obxectivo: Potenciar o desenvolvemento educativo achegando os rapaces ós museos. Fomentar a participación en grupo. Familiarizarse coa representación plástica. Metodoloxía: Na Sala das Baleas haberá un panel onde está debuxada unha balea. Os nenos formarán grupos collendo cada un seis pezas revoltas do quebracabezas. Terán que colocalas ordenadamente ata completar a imaxe que teñen diante.
  • 27. Museo Provincial do Mar 26 Pinta mariñeiro Nivel: 1º e 2º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Achegar ós rapaces ó mundo da navegación dunha maneira amena e sinxela. Fomentar tanto as aptitudes creativas como a expresión oral. Espertar o interese polo mundo náutico. Metodoloxía: Os nenos, sentados no chan, na Sala de Navegación pintarán un debuxo dun veleiro en alta mar. Colorearán este coas cores que eles queiran, para fomentar o desenvolvemento artístico. Cando rematen, os mariñeiros responderán unhas sinxelas preguntas referidas ao barco: ás súas partes e porque se move no auga.
  • 29. Museo Provincial do Mar 28 Sae a navegar Nivel: Ed. Infantil Data: Curso escolar Obxectivo: Potenciar o interese creativo e construtivo. Coñecemento dos distintos elementos que constitúen un barco: casco, ponte de mando, portillos, áncora, … Familiarizar os nenos coas formas dun barco montando as pezas do quebracabezas. Metodoloxía: Na sala de navegación haberá un panel grande cun debuxo dun barco. Os nenos formarán pequenos grupos. Cada un terá seis pezas revoltas que colocarán ordenadamente ata formar a imaxe que teñen diante.
  • 31. Museo Provincial do Mar 30 Sopa de aleta Nivel: 3º e 4º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Achegar o alumnado ós museos e a cultura mariña. Engadir coñecementos elementais da bioloxía mariña. Fomentar o aprendizaxe mediante un xogo didáctico. Metodoloxía: Na Sala das Baleas repartiranse follas coa sopa de letras onde terán que atopar partes da anatomía externa e interna da balea. Na outra sopa de aleta encóntranse agochados os familiares das baleas como son: o arroaz, rorcual, candorca, cachalote, golfiño e balea vasca.
  • 32. Museo Provincial do Mar 31 Vento mareiro Nivel: 5º e 6º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Recoñecer as partes principias dun barco. Potenciar o interese polo mundo do mar. Coñecer o deseño dunha embarcación tradicional galega. Valorar a historia, cultura e tradicións galegas. Metodoloxía: Entregarase unha folla cun debuxo con números dunha Traiñeira a cada alumno. Debaixo desta haberá unha listaxe con nomes referidos ás partes dunha embarcación. Os rapaces teñen que relacionar os números da imaxe cos nomes.
  • 34. Museo Provincial do Mar 33 Obradoiros escolares CURSO 2014-2015 Para o curso escolar 2014-2015 e, outro ano máis, a Rede Museística presenta un actualizado programa educativo, deseñado e pensado para todas as etapas educativas coa pretensión de seguir ofrecéndolle á comunidade escolar experiencias didácticas co fin último de coñecer, comprender, valorar e gozar das coleccións e espazos que conforman parte do patrimonio histórico artístico e cultural da provincia de Lugo. Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro. Actividades deseñadas e elaboradas polo equipo dos departamentos de didáctica do Museo Provincial de Lugo (Lucía Dequidt Lagares, Raquel Guerrero Prieto, Mª Anunciación Losada Montenegro, José Manuel Mendoza Castiñeira e
  • 35. Museo Provincial do Mar 34 Paula Salinas Somoza), do Museo Fortaleza San Paio de Narla (Francisca Abuín e Ana Ferro), do Museo Provincial do Mar (Ángeles Miguélez e Amelia Pernas), e do Museo Pazo de Tor (Tar López e Silvia Fiallega Lorenzo). A área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial e dos museos que a integran, desexa contribuír con este programa a que o curso escolar 2014-2015 sexa de proveito e, sobre todo, a que os museos sexan vehículo motivador para o coñecemento. PROGRAMA A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 4 grandes bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica. Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus estrutural: ___Bloque 1: CREA O TEU MUSEO Que é un museo? Un museo é un lugar onde se conserva, expón e difunde o patrimonio artístico e cultural. Pero un museo é tamén un espazo que lle pertence a toda a comunidade, un espazo para soñar e facer das ilusións a nosa realidade. Como che gustaría que fosen os nosos museos? Que che gustaría que contivesen os nosos museos? Dende a Rede Museística abrimos as nosas portas e invitámoste a que entres e crees o teu museo a partir do diálogo coas nosas coleccións e cos profesionais que nel traballan, nunha experiencia emocional e creativa. A través das obras de arte podemos descubrir lugares reais e espazos imaxinados polos artistas. Podemos viaxar ao noso pasado a través das pezas arqueolóxicas e incluso descubrir as historias máis extraordinarias dos deuses gregos. No museo podemos dialogar cos artistas, descubrir os seus soños e anhelos. No museo podemos comunicar ideas. Para isto, invitámoste a que coñezas as nosas coleccións e a importancia do traballo que realizan os diferentes profesionais. Obradoiro
  • 36. Museo Provincial do Mar 35 A actividade inclúe un obradoiro deseñado para traballar de maneira creativa a construción do seu propio museo a partir dun material que lle será entregado a cada escolar composto por: unha caixa-museo, fotografías, imaxes deseñadas, etc. Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primario. 1º ciclo da ESO Duración estimada da actividade: 60 minutos Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. ---Bloque 2: O MUSEO COMO RELATOR DE HISTORIAS Catálogo de visitas abertas segundo os diferentes contidos que ofrecen as coleccións e seccións dos museos da Rede Museística. Esta proposta didáctica, que xa foi iniciada en anos anteriores, quere ampliar a súa oferta e implicar a todas as seccións do museo susceptibles de ser visitadas, entendendo o museo como relator de historias. Nesta proposta aberta, pretendemos utilizar unha metodoloxía activa de forma que sexan os propios escolares os que constrúan o significado ante as pezas e obras de arte. Son experiencias nas que se pretende ensinar a ver e gozar da arte e coa arte a través dun discurso narrativo que se crea coas obras de arte. Con este diálogo, preténdese potenciar a observación e a reflexión sobre as pezas e estimular o diálogo sen medo a formar unha opinión crítica e persoal. Un diálogo que se combina con información sobre o artista ou o período histórico, necesario, para completar a visión da obra e contextualizala. As coleccións presentes nos museos son susceptibles de estruturarse en contidos segundo os intereses dos visitantes e pódense exemplificar nas seguintes experiencias: rutas literarias, a arte do vestido, a historia da moeda, descubrindo a escultura, epigrafía romana, ruta franciscana, cerámica de Sargadelos e … un longo etcétera. Con esta nova formulación, preténdese facilitar a asimilación da información co fin de comprender e achegarse mellor ás coleccións que atesouran os catro museos da Rede. Os contidos temáticos son tamén un xeito atractivo para o alumnado de presentar a información e acadar a
  • 37. Museo Provincial do Mar 36 motivación e a súa atención dende o primeiro momento da visita. Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria. Duración estimada da actividade: 60 minutos Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. ___Bloque 3: O MUSEO COMO RETROVISOR HISTÓRICO Esta proposta nace coa finalidade de capacitar o alumnado para interpretar vestixios do pasado e analizar a súa importancia no desenvolvemento da nosa cultura. Ciclos/cursos: 4º, 5º, 6º de E. Primario. ESO Duración estimada da actividade: 60 minutos Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. ___Bloque 4: VIAXES POLOS MUSEOS DA REDE SAFARI NA REDE Metodoloxía: Percorrido buscando animais representados en distintas obras expostas no Museo. Logo da busca, podemos xogar a agrupar os animais localizados segundo sexan de pelo ou de pluma, de terra ou de aire, mamíferos, etc. Remataremos a actividade completando un álbum cos cromos correspondentes aos animais avistados durante o safari. Ciclos/cursos: Educación Infantil, 1º,2º, 3º de E. Primaria. Duración estimada da actividade: 60 minutos. Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. VIAXE POR UN CADRO Metodoloxía:. Metémonos dentro dun cadro e sen ver o que ven os que miran de fronte temos que descubrir de que obra somos personaxes. Descubriremos
  • 38. Museo Provincial do Mar 37 figuras, formas e símbolos dalgunhas obras pictóricas expostas no museo. Ciclos/cursos: 5º, 6º de Educación primaria e 1º de ESO Duración estimada da actividade: De 70 a 80 minutos. Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. VIAXE AO LOMBO DUNHA BALEA Metodoloxía: A cabalo dunha balea faremos unha viaxe polos seus hábitos de vida (alimentación, reprodución, hábitat,...) e os usos que ao longo da historia o home fixo dela. Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria. Duración estimada da actividade: 60 minutos. Esta actividade pódese realizar no Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo). VIAXANDO COS FACEDORES DE BARCOS Metodoloxía: Partindo dunha fraga na que buscaremos as madeiras máis axeitadas faremos unha viaxe co carpinteiro de ribeira construíndo todas as pezas que conformarán a nosa embarcación. Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria. Duración estimada da actividade: 60 minutos. Esta actividade pódese realizar no Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo). CURSO 2015/2016 A Rede Museística provincial a través do departamento de didáctica pon a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso 2015/2016 coa idea de fomentar o achegamento do alumnado ao patrimonio conservado na Rede Museística. Coa nosa longa experiencia e o apoio de numerosos docentes que participaron en precedentes cursos procuramos tender pontes de colaboración
  • 39. Museo Provincial do Mar 38 entre diferentes espazos educativos, presentando actividades lúdicas pero rigorosas con contidos que entroncan coas programacións escolares. Actividades escolares Crea o teu museo Metodoloxía: Desde a Rede Museística invitámosvos a que creedes o voso propio museo a partir dun diálogo aberto coas nosas coleccións e cos profesionais que traballan neste espazo. Nivel educativo: 3º, 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria. Museo relator de historias Metodoloxía: Con esta actividade son os propios escolares os que constrúen o significado das pezas do museo, co que se potenciará a súa capacidade de observación e reflexión ao tempo que se fomenta o seu espírito crítico. Nivel educativo: 3º, 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria. O Museo como retrovisor histórico A agulla de marear Metodoloxía: Dende os inicios dos tempos, o ser humano foi artellando sistemas e aparatos para afastarse cada vez máis da costa e chegar máis e máis lonxe. A través da análise dos diversos instrumentos de navegación cos que contamos no Museo do Mar, converterémonos en intrépidos mariños e seremos quen de descubrir novos mundos. Nivel educativo: BAC Viaxes polos Museos da rede Por aí resopla!
  • 40. Museo Provincial do Mar 39 Metodoloxía: O Museo Provincial do Mar ten o privilexio de ser o custodio dos osos dunha especie de balea xa extinguida e que se cazaba ata o século XVIII nas augas do Cantábrico.Imos navegar cara atrás no tempo para mergullarnos na tradición daqueles cazadores de baleas. Nivel educativo: Educación Primaria e E.S.O. Largando as redes Metodoloxía: Cando os mariñeiros largan as súas redes ás augas do mar, non teñen a certeza de que vai vir nelas.Así tamén os nosos visitantes, por medio de un xogo de pistas, Terán que averiguar que especies teñen capturado e que arte usaron. Nivel educativo: Educación primaria.
  • 41. Museo Provincial do Mar 40 4.5 Obradoiros de verán VERÁN 2015 NA REDE MUSEÍSTICA Vive o verán! PROGRAMA DE OBRADOIROS E ACTIVIDADES Nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo xa é verán. E como cada ano, preparamos un programa de actividades amplo e variado para todas e todos, no que grandes, medianos e pequenos poidamos entreternos e aprender. Obradoiros creativos, concertos divertidos, viaxes e visitas guiadas,
  • 42. Museo Provincial do Mar 41 propostas coas que pretendemos darlle forma creativa ao que soñamos e imaxinamos. As nosas propostas están abertas á participación de todas as persoas que o desexen, e moi especialmente para os integrantes dos nosos clubs: Pequeamig@s, Ei! e Sénior. »Abordaxe pirata, Club Pequeamig@s. Neste obradoiro os rapaces e rapazas descubrirán o apaixonante mundo dos piratas, as diferentes clases, os seus usos e costumes, ás súas correrías polas costas galegas e, sobre todo, crearán e recrearán a súa propia aventura pirata. Diferenciar piratas, de corsarios e de bucaneros, descubrir que tamén houbo mulleres pirata, como Mary Read o Anny Bone, e que Jack Sparrow nunca existíu, e que foi en Calico Jack no que se inspiraron os guionistas de Piratas do Caribe para crealo, foron algunas das cousas que descubrimos en Abordaxe Pirata.
  • 43. Museo Provincial do Mar 42 Pero non so nos adicamos a aprender, tamén fixemos antorchas e bandeiras piratas, decoramos vasos e pratos para a nosa merenda pirata e mantivemos unha auténtica batalla pirata na que a munición eran globos de auga. Logo percorrimos o tablón sobre augas cheas de tabeiróns cos ollos pechados e rematamos repartindo o noso botín pirata que gardamos nas nosas bolsas piratas. Unha aventura do máis pirata.
  • 47. Museo Provincial do Mar 46 »Os outros habitantes do mar, Club Pequeamig@s. Aproveitando a magnífica recreación do fondo mariño que no contedor- almacén do noso Museo fixo o muralista Doctor Toy, queremos encher ese espazo daqueles outros habitantes do mar que a mitoloxía foi creando ao longo do tempo.
  • 50. Museo Provincial do Mar 49 » Gyotaku: peixes de tinta O Gyotaku é unha técnica de gravado de orixe xaponesa que consistía en cubrir un peixe con tinta e aplicarlle unha folla de papel de arroz para que a súa imaxe quedase estampada nel. Por iso, “gyo” significa peixe e “taku” frotar. Esta forma de estampación nace no Xapón do s. XVIII. Os pescadores utilizábano para levar un rexistro das súas capturas. Co tempo, este método converteuse nunha práctica artística. Nada máis axeitado para un museo do mar, non credes? Imos facer unha marea de peixes de tinta!
  • 52. Museo Provincial do Mar 51 » A arquitectura no museo Aprenderemos a interpretar os espazos, as liñas, os volumes … e veremos a importancia que ten a arquitectura para entender os contidos do museo. Seremos arquitectos por un día! Un museo é moitas cousas pero na maior parte das veces tamén é un edifico. No noso caso non contamos con un edifico maxestuoso que imprensione ao longo pero contamos seguramente con algo máis importante, unha vella escola unitaria reconvertida sen perder a vocación de servicio público. Onde antano estiveron nenos e nenas, hoxe continúan nenos e nas con a intención de aprender sen límites. Un edifico que tivo cambios sen perder a esencia como a función. E hoxe esta propia evolución física foi o que os nosos pequenos siareiros aprehenderon como sensación. Do papel á construción e viceversa para entender a conversión das necesidades humanas en arquitectura. Unha nova forma de entender a institución e o espazo.
  • 54. Museo Provincial do Mar 53 »Mensaxes marítimas A actividade realizarase no Museo P. do Mar e na Praia do Tormo. Intentaremos ver a necesidade de coidar o mar. A mística tantas veces reflexada na literatura das mensaxes en botellas que percorren mares para contactar persoas ou sirves de mensaxes de auxilio sirveu nesta ocasión no Museo Provincial do Mar para que os nenos e nenas
  • 55. Museo Provincial do Mar 54 reflexionasen sobre o estado e a importancias dos nosos marés e oceanos. Lamentablemente, as inclemencias meterológicas impediron que as botellas e as mensaxes nelas gardadas pudesen tornar vida ao ser lanzadas ao mar e quen sabe se xerar comunicación como tantas veces ao longo do tempo.
  • 57. Museo Provincial do Mar 56 »Arte en equipo Aprenderemos a traballar en equipo e a cooperar para acadar os obxectivos, tendo como mostra o coñecemento da formación dos movementos artísticos.
  • 59. Museo Provincial do Mar 58 »Obradoiro de poesía visual para o Club Sénior Con este obradoiro preténdese exercitar a mente e outras habilidades mediante obradoiros prácticos. A aprendizaxe cultural, compartir o tempo, espazo, experiencias e coñecementos é de vital importancia para a satisfacción dos nosos maiores. Ao longo de dúas intensas xornadas, os membros do Clube Sénior do Museo do Mar mergulláronse de cheo no concepto da “poesía visual. O primeiro día, alguna esquecera os lentes de preto e non andaba moi satisfeita de como ía quedando a cousa, e a todas se lles facía algo lonxano o de recortar papeliños de cores, pero o segundo día, xa todas pertrechadas cos lentes e sorprendidas daquelas súas habilidades que elas mesmas descoñecían, quedaron realmente sorprendidas e satisfeitas do resultado acadado co traballo en equipo.
  • 60. Museo Provincial do Mar 59 »Obradoiro de memoria visual para o Club Sénior Con este obradoiro preténdese exercitar a mente e outras habilidades mediante obradoiros prácticos. A aprendizaxe cultural, compartir o tempo, espazo, experiencias e coñecementos é de vital importancia para a satisfacción dos nosos maiores.
  • 62. Museo Provincial do Mar 61 »Obradoiros de divulgación científica para o Club Pequeamig@s Contáronmo e esquecino, vino e entendino, fíxeno e aprendino. Ciencia para ver a arte. A idea é amosar o vencello entre a arte e o complexo mundo da ciencia. Unha mensaxe innovadora sobre a capacidade creativa do ser humana. A ciencia non é só unha acumulación de coñecementos. Nen é unha grupo de seres encerrados en laboratorios. Nen tampouco é exclusivamente un método
  • 63. Museo Provincial do Mar 62 de aprendizaxe. A ciencia é tamén unha experiencia empírica de demostración constante. E nun museo dos sentidos como o noso é polo tanto parte indispensabel da nosa existencia
  • 68. Museo Provincial do Mar 67 »Obradoiros de museoterapia: arte e sentidos, para o Club Pequeamig@s Achegar, aprender, alimentar o noso maxín, saborear a arte, fortalecer a autoestima, sentirse pertencente a un grupo… Mirar, aprender, alimentar a imaxinación, saciar a curiosidade... Os cativos disque son como esponxas e iso nun museo significa aproveitar a sua polivalencia para entrar nun mundo de infinitas sensacións e dimensións. Desta volta o propio museo converteuse no objeto demostración e experencia, centrado no mundo da arte. Unha forma na cal os nosos asiduos seguidores tiveron unha nova aproximación ao museo ao tempo que aumentaron o seu pensamento crítico e artístico.
  • 70. Museo Provincial do Mar 69 »Unha viaxe culinaria no espazo e no tempo, pola xeografía e a historia da gastronomía A través dunha presentación con imaxes e música, viaxamos a diferentes culturas para coñecer o máis característico da súas gastronomías: India, China, Xapón, Europa… Teremos oportunidade de degustar os sabores máis característicos de cada país.
  • 71. Museo Provincial do Mar 70 »Man con man, ritual sobre a pel. Obradoiro de henna Tatuamos os noso propios deseños con henna natural importada de Marrocos. Unha festa para celebrarmos a alegría do verán.
  • 73. Museo Provincial do Mar 72 »Obradoiro TratoRetrato para o Club Pequeamig@s Seguramente non hai nada máis sorprendente que retratarnos, un debuxo no que representamos a nosa imaxe coas esaxeracións propias da caricatura. Neste caso o papel e o lapis forón as ferramentas de diversión do noso numeroso grupo de nenos e nenas que se retrataron mutamente en parellas. O debuxo significou un medio de expresión e de relación personal. Unha entretida e orixinal experiencia que representou ao tempo unha aproximación ao traballo artístico como fenómeno social que foi amplamente desfrutado. Acaso non é tamén debuxar aos nosos amigos e amigas parte do patrimonio artístico que deben recoller os museos?"
  • 75. Museo Provincial do Mar 74 »Obradoiro: unha viaxe fotográfica no Museo Aprenderemos a ollar as fotografías e descubrir as mensaxes que se agochan nelas. Que historias nos inspiran? O museo será un escenario para a nosa imaxinación, un escenario de historia. A través das coleccións fotográficas de cada museo viaxaremos no tempo e crearemos as nosas propias historias. Se pechamos os ollos, que historias se nos ocorren que poderían ter acontecido neste mesmo lugar noutras épocas?
  • 76. Museo Provincial do Mar 75 »Obradoiro: Historias violetas, as mulleres nos museos Exploraremos o papel e espazos que as mulleres teñen ocupado tradicional e historicamente na nosa cultura: no campo, na aristocracia..., que actividades desempeñaban e como vivían en relación aos homes, e entre as diferentes clases sociais. Os museos gardan a memoria de obxectos, espazos, imaxes que ilustran a vida das mulleres ao longo da historia, pero tamén son ferramentas transformadoras, de cambio, para un futuro mellor. Observaremos, aprenderemos e cuestionaremos eses roles tradicionais. Á través de fotografías, reflexionaremos e compartiremos ideas de como o espazo, obxectos e imaxes do museo nos axudaron a entender e recrear a nosa imaxe.
  • 78. Museo Provincial do Mar 77 »VIAXES DESDE LUGO AOS MUSEOS DA REDE MUSEÍSTICA Viaxe en autobús e visita guiada ao Museo, totalmente gratuíto. Viaxe ao Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo
  • 79. Museo Provincial do Mar 78 4.3 Obradoiros de Nadal Como cada ano, os museos da Rede Museística de Lugo presentaron un programa actividades para achegar a cultura a todas e todos. Propoñemos novas perspectivas para que os maiores e os cativos vivan o noso patrimonio e as nosas colección en clave participativa e intercultural. OBRADOIRO: Nadal Intercultural: Como se di Nadal en inglés? Practicamos o inglés no museo... xogando. Partindo dos protagonistas do Nadal presentes nas obras do museo aprenderemos algunhas palabras en inglés
  • 80. Museo Provincial do Mar 79 e a continuación coñeceremos xogos e costumes da época de Nadal propios doutras zonas do mundo. Disque o Nadal é un tempo de esperanza e bos desexos. Unha época para fomentar a comunidade e a solidariedade. Un fenómeno cultural que se da en moitos lugares, de moitas formas pero sempre expresando o mesmo. Porque a esperanza pode decirse de diferentes xeitos con igual significado. E esta pluralidade non é senon unha riqueza. Así, @s nos@s pequeamig@s aprenderon esta pluralidade cultural, observando e realizando as diversas manifestacións culturais mediante as que este sentimento, este fenómeno social se expresa. Aprendendo que o mesmo se manifesta de modos diversos pero iguais.
  • 81. Museo Provincial do Mar 80 OBRADOIRO: Xogando en familia: De Balea a Balea O Nadal e tempo de encontros en familia por iso no Museo do Mar invitamos a xogar á nosa versión dos xogos familiares máis coñecidos. Na vez do clásico “De oca a oca”, nós iremos “De balea a balea” descubrindo os diferentes tipos de balea, as peculiaridades da súa caza, os produtos obtidos dela ... Finalmente construimos o noso taboleiro, as nosas barco-fichas e o noso dado.
  • 83. Museo Provincial do Mar 82 OBRADOIRO: Memorias de Nadal no mar Xuntamonos para lembrar como se vivía o Nadal nas casas mariñeiras anos atrás: a espera polos que regresaban a terra despois dunha longa ausencia para festexar estes días, as formas de contactar a quen ficaba lonxe, os pratos propios das festas … todo iso forma parte das memorias de Nadal no mar. E ao tempo, realizaron un pequeno adorno dunha candea que levaron para a casa de volta, para adornar o fogar e representar os bons sentimentos materializados con as suas mans.
  • 85. Museo Provincial do Mar 84 OBRADOIRO: Dominó Mariño Cambiamos os puntos das fichas de dominó por sete animais mariños dos que se poden atopar no Museo, facendo unha busca dos mesmos e un pequeno estudo deles. Á fin construiremos o noso especial dominó para xogar en familia durante as festas.
  • 87. Museo Provincial do Mar 86 OBRADOIRO: Baralla náutica Imos cambiar os catro paus da baralla por catro elementos de navegación, o barco, o temón, o sextante e a áncora, que teremos que adiviñar mediante un xogo de pistas, e de buscar os varios que de cada un deles hai ó longo do Museo. Finalizado o xogo de pistas, recortaremos a nosa propia baralla e deixaremos correr a imaxinación decorando a Caixa da mesma con motivos creativos baseados no Nadal.
  • 89. Museo Provincial do Mar 88 DE MUSEO A MUSEO: ROTEIROS DA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO Roteiro: do Museo Etnográfico de San Paio de Narla (Friol) ao Museo Provincial do Mar (San Cibrao-Cervo). No Museo Provincial do Mar tivemos a honra de recibir unha expedición chegada desde as terras de Friol, desde o territorio do Narla, onde as compañeiras do Museo de San Paio de Narla organizaron unha excursión de perto de medio cento de personas cara estas costas mariñás. Nesta visita, as e os veciños da zona de Friol puderon desfrutar dos obxectos que garda o noso museo, así como gozar da historias que narramos. Pequenos e maiores ben seguro que desfrutaron desta experiencia.
  • 90. Museo Provincial do Mar 89 4.4. Obradoiros del Club Pequeamigos
  • 91. Museo Provincial do Mar 90 Un museo é un espazo onde nos reflectimos nós mesmo e a Rede Museística Provincial de Lugo trata de facelo a través dos seus contidos e das súas experiencias pedagóxicas proxectándoas aos distintos colectivos da sociedade. A programación que presenta vai dirixida ao Clube Pequeamigos da Rede e foi deseñada coma unha proposta conformada por diversos obradoiros, cos que se pretende un achegamento das nenas e nenos aos catro museos da Rede e ás súas coleccións. Queremos que as xeracións do futuro aprendan, respecten e coñezan o noso patrimonio, como medio e como ferramenta para a súa formación, así como para o conxunto da sociedade. É dicir, museos onde a historia convértese en experiencias didácticas, vivenciais e lúdicas, un museo de historias por descubrir e compartir. A programación é trimestral para os meses de marzo, abril e maio e os Obradoiros foron elaborados para dar resposta aos seguintes principios: 1. SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de obter satisfacción persoal ao realizar algo por un mesmo. 2. PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a creatividade individual e colectiva. 3. COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo. 4. DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia 5. DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral. 6. EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar. 7. COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian novas capacidades cognitivas: a. Aprender a coñecer b. Aprender a ser
  • 92. Museo Provincial do Mar 91 c. Aprender a vivir xuntos d. Aprender a facer O ANTEFACE DA IGUALDADE.Club Pequeamig@s da Rede Imaxinas que existise un anteface que permitise ver unha sociedade onde impera a igualdade? Con este obxecto máxico queremos promover que as nenas e nenos identifiquen situación de desigualdade por cuestións de xénero e expresen condutas igualitarias entre homes e mulleres … No obradoiro realizamos un anteface da igualdade a través do cal observar o mundo con perspectiva de xénero.
  • 93. Museo Provincial do Mar 92 ANIMA IPAD/TABLET A todos nos gusta usar o iPad/Tablet, especialmente os nenos, pero podemos usalos dun xeito creativo? Neste taller imos explorar e desenvolver a creatividade a través da Arte da Animación creando pequenas pezas, curtametraxes. A Arte, e en especial o Cine é unha ferramenta de grande alcance para espertar a curiosidade e interese polo seu ámbito máis próximo dando renda solta ás súas enerxías creativas, ás capacidades críticas e desenvolvemento da motricidade fina. Anima iPad/Tablet damos vida a obxectos, personaxes, desenvolvendo habilidades con materiais e tecnoloxía marabillosa. Traballaremos de xeito colaborador. Poñeremos voces, música e editaremos a nosa historia para crear a nosa pequena grande animación. Anima iPad/Tablet utiliza unha metodoloxía do descubrimento; lúdica e ao tempo unha divertida experiencia educativa. O Taller así mesmo vai acompañado dunha proxección de curtametraxes para acompañarnos no noso pequeno proceso de creación.
  • 97. Museo Provincial do Mar 96 Obradoiro Iguais na diversidade
  • 99. Museo Provincial do Mar 98 Obradoiro Don Carnal chegou ao mar Don Carnal chegou ao Mar, e coma cando el chega todo se torna do revés, na vez de enchernos de cacheiras e chourizos nestos tempos de "carnes pudentas" enchímonos de polvos. Pois así foi, os Pequeamig@s que non tiveron medo ó frío artellaron unhas disfraces de "polvos" mentras revisaban a orixe dista celebración e as tradicións culinarias (a cacheira, os chourizos, as orellas e as filloas) e as poéticas (coplas, sermóns e testamentos).
  • 100. Museo Provincial do Mar 99 Obradoiro Come o mar Alumnado do C.E.I.P. de Cervo nº 1, participaron nunha actividade na que colaboraron o GAC1 A Mariña Ortegal e o Museo Provincial do Mar, dentro da campaña "Come o mar". Nenos e nenas de 1º a 6º de primaria, descubriron da man do cociñeiro Miguel Mosteiro a importancia de comer san, de incluir peixe das nosas costas na dieta, de ser creativos e imaxinativos á hora de cociñar, e sobre todo, do ricos que están tanto o peixe fresco como as conservas.
  • 104. Museo Provincial do Mar 103 Obradoiro Audiograma na Rede No obradoiro AUDIOGRAMA NA REDE achegámonos a unha nova linguaxe, a narración radiofónica, que serviu para que os participantes desenvolvesen a sua imaxinación e creatividade ao contarnos a súa propia versión e lectura das pezas do Museo.
  • 106. Museo Provincial do Mar 105 Obradoiro Pirámide de Ideas Obradoiro infantil onde os nosos nenos e nenas desfrutaron desta multiples miradas compartidas, aprendendo tamén que as capacidade diferentes de cada quen non fan senon enriquecer a pluralidade das nosas vivencias. E isto reflexarono decorando unha pequena pirámidade de papel onde cada asistencia decorou as 4 cousas que mais atención lles causou. Todas elas diferentes, todas igual de importantes.
  • 108. Museo Provincial do Mar 107 Obradoiro Crear para xogar Nenos e nenas realizaron mediante un traballo manual unha réplica eles mesmos dun xoguete exposto. Esta actividade deu para recordar como a elaboración do xoguete é parte do propio xogo mediante a construción dun enxeño que permitia pescar peixes mediante un peculiar sistema de imáns. Pero non só, senon que esta actividade tamén deu para aprender sobre diversas especies de peixes presentes no museo e os seus perigos e virtudes.
  • 109. Museo Provincial do Mar 108 Obradoiro Cadea de Barcos Traballamos sobre a evolución do xogo e os xoguetes dunha forma lúdica e pedagóxica. Desta volta, @s nos@s pequeamig@s desfrutaron desta actividade chamada "Cadea de Barcos" na cal foron quen de desenvolver pequenas historias narrativas traballando a imaxinación e a creatividade.
  • 110. Museo Provincial do Mar 109 Obradoiro Xogueteando Ainda sendo otoñal, este día permiteunos realizar parte das nosas actividades no exterior e defrutar así ainda en maior medida de xogos de hoxe e de sempre que neste tempo de sobreacumulación tecnolóxica divertiu aos nosos pequenos siareiros dunha forma mais tradicional. Continuamos así unha liña na cal o xogo é algo integral e amplamente participativo. As cadeiras, o pano ou o escondite inglés foron algúns dos entretementos máis celebrados.
  • 112. Museo Provincial do Mar 111 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL 5.1. Programa da Terceira Idade Ninguén como as persoas maiores de San Cibrao, isto é a terceira idade, pode valorar o patrimonio inmaterial que tiña a transmisión oral da súa época, xa que era o seu medio de comunicación, e nós os traballadores de museo somos os encomendados de traspasar o noso legado a outros concellos, iso é o que imos a facer cos nosos visitantes da terceira idade, que se acercan a nós a través do Club Senior. Obradoiros Club Senior Obradoiro Entre filloas e cacheiras O obradoiro tiña o gustoso nome de "Entre fillogas e cacheiras", e nel lembramos as fiolleiras de catro patas de ferro nas que se facían catro fillogas a un tempo, de quentar o forno para poñer a tixola na parrugueira, que era como se
  • 113. Museo Provincial do Mar 112 lle chamaba á entrada do forno, ou de facer as brasas na lareira e fiollar na tapa do pote. O amoado facíase con ovos, leite, fariña,caldo,.. e para gustos coñac, anís, canela ou rela de prana de lemón.
  • 114. Museo Provincial do Mar 113 Obradorio Rede de Mulleres As vellas imaxes en sepia e e branco e negro, gardadas en caixas de cartón ou en álbuns encorchados polo paso do tempo, tamén ben colocadiñas en bonitos portarretratos nas mesiñas de noite ou nos aparadores, ou colgadas das paredes en marcos de madeira dos membros do Club Sénior, saíron dos seus refuxios para rodar de man en man pola mesa do Museo do Mar, contando centos de historias de nais que facían traxes para os fillos coa roupa traída da mili de pais e irmáns, de avoas que coidaban dos netos para que as fillas ou noras, mulleres de mariñeiros, poideran ir pasar no barco uns días cos seus homes, de mestras que non cobraban por dar escola a rapazas con gañas de aprender, de cuartos nos que dormían tres nunha cama con colchón de folla de millo e sabanas de tea que rascaba,… Todos eses recordos e moitos máis, recolleranse no Álbum de Recordos de Mulleres da Mariña.
  • 115. Museo Provincial do Mar 114 Obradoiro Albúm recordo de mulleres No Museo do Mar tivemos a fortuna de celebrar o Día Internacional dos Museos co mellor patrimonio do que dispoñemos, a nosa xente, a nosa comunidade. Neste día puxémoslle fin a un longo traballo dos membros do Club Sénior, que se encargaron de buscar e rebuscar en vellos álbunes e caixas de cartón onde gardan as poucas fotografías da súa nenez e xuventude e que nos servirían como fío do que tirando e tirando, chegaríamos a unha serie de recordos nos que as mulleres e as súas vivencias ían ser as protagonistas. No Álbum Recordos de Mulleres da Mariña fumos ordeando todas esas lembranzas, convertidas en pequenos relatos, aínda que segueron a tirar do fío e a rebuscar en escondidos rincóns dos trasteiros e dos corazóns ata atopar multitude de obxectos que estaban firmemente unidos coas experiencias convertidas en relatos.
  • 116. Museo Provincial do Mar 115 Dese xeito, foi como unha rede pouco a pouco enchéuse de libretas de navegación que tiñan que facer as mulleres dos marinos da mercante para poder ir canda eles no barco, carnets das primeiras mariscadoras, pranchas de ferro das que se quecían con brasas, moiños de café e máquinas de coser con manivela, agullas de redeiras ou panferras e sachos das mariscadoras, bolsos comprados para ir de boda,... e convertíuse na nosa Rede de Mulleres. A conclusión deste longo percorrido, foi o proceso inverso, a través dos obxectos prendidos da rede, os membros do Club Sénior, puxeron en común todas as lembranzas, todas as experiencias que se tiñan recollido no álbum. Polas fotografías poderedes desfrutar da diversidade e singularidade dos obxectos recollidos na rede, e próximamente esperamos colgar na outra rede, na virtual, os relatos cheos de vivenzas das mulleres mariñeiras que na ausencia dos homes eran nais, pais, cuidadoras, labradoras, mariscadoras, costureiras, ...
  • 117. Museo Provincial do Mar 116 Obradoiro Memoria de Zonchos Zoncho é a peculiar verba ca que na Mariña se designa ás castañas cocidas coa pel. Con elas a primeiros de Novembro, por Santos, facíanse saborosos colares que os nenos e nenas lucían ó redor dos seus pescozos, mentras ían aproveitando para quitar pouco a pouco as deliciosas contas que os formaban, e deste xeito salvar almas, xa que había a crenza de que cada castaña que se comía era unha alma que se libraba do purgatorio. Os membros do noso Clube Sénior, recordaron a súa infancia e encargáronse de ser eles os que desta volta facían os colares, e o resultado, coma podedes ver, foi fantástico.
  • 119. Museo Provincial do Mar 118 5.2. Semana dos museos Museos para unha sociedade sostible O planeta está esgotado, vive nun equilibrio precario entre a modernidade e a destrución. Chegou o tempo do cambio, a humanidade necesita volver a conectar coa natureza para un desenvolvemento sostible. Este ano o lema para o Día Internacional dos Museos é “Museos para unha sociedade sostible”. Porque neste contexto, os museos teñen o deber de converterse en medios facilitadores do cambio, teñen que ser referentes dun novo modelo social e económico, cimentado na solidariedade e no respecto polo medio ambiente, mediante o aproveitamento racional dos recursos dispoñibles. A responsabilidade social dos museos ten que poñelos na primeira liña, como difusores de boas prácticas e xeradores do cambio.
  • 120. Museo Provincial do Mar 119 En Galiza temos a sorte de que esta data é inmediata á celebración do Día das Letras Galegas, un día ao ano no que tratamos de poñer en valor a nosa lingua, reivindicar a nosa identidade e fortalecer a nosa alma como pobo. Polo que, no caso da lingua, tamén sería indicado aplicar o concepto sostible, porque queremos unha lingua saudable, unha lingua viva, unha lingua de todos, como vehículo de progreso e modernidade. Así pois, neste 2015 imos fusionar lingua e museos, arte e natureza. FOTO_PALABRA Nesta iniciativa imos incluír dúas variantes: “Un día / Unha palabra” e “Haikus pola lingua” Un día / Unha palabra Esta iniciativa está pensada para encher as nosas redes sociais (facebook e twitter) de palabras en galego, esas palabras que forman parte dun patrimonio esquecido, palabras ou expresións que falaban os nosos maiores e que por caeren en desuso están desaparecendo do noso vocabulario. E porque cremos que unha lingua viva é unha lingua que se fala, queremos que os nosos seguidores nas redes contribúan a enriquecer tanto o noso léxico como a nosa cultura, e publiquen “foto_palabras”, fotos dos obxectos ou de escenas que teñan relación coa palabra ou expresión que tratan de mostrar. Para estimular a participación dos nosos seguidores do facebook podemos establecer un sistema de nominacións, polo cal unha persoa elixe a outra para que publique a súa “foto_palabra”, e así sucesivamente, mencionando ou etiquetando o nome do museo da Rede no que quere participar. Para publicar as foto_palabras no twitter, utilizarase o #conlingua. Cada un dos museos poñerá no twitter unha “foto_palabra” por día relacionada cos contidos das súas coleccións ou do entorno no que está integrado.
  • 122. Museo Provincial do Mar 121 Haikus pola lingua Nos haikus combínanse á perfección os conceptos de lingua, arte e natureza. Os haikus son pequenos poemas de orixe xaponés, que se compoñen de tres versos, de 5-7-5 sílabas, que acostuman a tratar da natureza, da realidade, do percibido polos sentidos. A miúdo inclúen un kigo, que é unha palabra ou expresión que fan referencia ó día, estación ou período do ano ó que se refire o poema. Os haikus teñen unha grande potencia espiritual, neles combínase a intuición, a harmonía, o equilibrio coa natureza, o sentimento, o vínculo. Algúns descríbenos como o impacto dun momento sentido con profundidade. Queremos capturar a forza da
  • 123. Museo Provincial do Mar 122 palabra e da natureza en imaxes. Neste caso, queremos convocar un concurso a través das redes, invitando a colexios e bibliotecas, para que acompañen fotografías da natureza, da nosa paisaxe, con haikus. Con todas as fotocomposicións crearemos unha exposición virtual nas nosas redes sociais como homenaxe á nosa lingua e ó mesmo tempo para lanzar unha mensaxe de concienciación para a preservación do medio ambiente. As fotocomposicións deberán remitirse ó correo redemuseistica@gmail.com, poñendo como título da mensaxe Haikus pola lingua. Neste caso, cada un dos museos procurará a participación de poetas e artistas para incluír as súas fotocomposicións (foto + haiku) nas súas redes sociais. CULTURBAN; CULTURA URBANA SOSTIBLE Día Internacional dos Museos 2015 / Día de intervencións de Cultura Urbana Rede Museística Provincial de Lugo - CLUB EI!! A Rede Museística Provincial de Lugo e o CLUB EI!! promoven o proxecto CULTURBAN, coa participación de mozos creadores, muralistas, grafiteiros e creativos do CLUB EI!! Coincidindo co Día Internacional dos Museos, os días 16, 17 e 18 de maio realizaranse unha serie de intervencións simultáneas en varios espazos cedidos pola Rede Museística Provincial de Lugo: Museo do Mar de San Cibrao, Museo Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla. CULTURBAN; CULTURA URBANA SOSTIBLE O obxectivo principal do proxecto busca unha mirada cara á sostibilidade do patrimonio como piar do desenvolvemento cultural, por medio de propostas creativas e construtivas, preténdese cohesionar un soporte e contexto comunal con intervencións artísticas urbanas contemporáneas desenvolvidas por mozos, fomentando así a gran riqueza artística que alberga a arte urbana desenvolvida con obxectivos comúns e estratexias a favor dunha dimensión cultural sostible co medio.
  • 124. Museo Provincial do Mar 123 Os museos e cultura como tema proposto e centro de actuación, reivindicando nas intervencións seleccionadas a nosa identidade cultura e patrimonio local, co fin de promover Lugo como cidade cultural e universitaria. CULTURBAN preséntase coa intención de fomentar a arte socialmente responsable, vinculada á comunidade, a súa identidade e cultura, dignificando a arte urbana como expresión artística e ferramenta lúdica, respectando e enriquecendo a identidade e o patrimonio urbano comunal. A Rede Museística en colaboración co CLUB EI!! con esta proposta busca promover e apoiar a arte urbana entre os mozos creadores, ofrecendo liñas de actuación responsables e sostibles para desenvolver expresións e ideas artísticas no ámbito urbano de forma harmónica. A Rede Museística Provincial de Lugo facilitará aos participantes as necesidades técnicas, permisos e materiais para o desenvolvemento de cada intervención, cedéndolles 3 espazos dispoñibles nos centros onde se desenvolverán as intervencións.
  • 125. Museo Provincial do Mar 124 Visita e concerto no Museo Provincial do Mar, San Cibrao-Cervo. 16:00 h. Saída en autobús* desde Lugo para o Museo Provincial do Mar 18:00 h. Visita ao Museo Provincial do Mar 19:00 h. Concerto-Obradoiro tradicional de música galega
  • 126. Museo Provincial do Mar 125 Celebrando as efemérides relativas ao Día Internacional dos Museos tivemos ocasión de desfrutar dun magnífico obradoiro-concerto de música tradicional galega a cargo de Fábrica de Sons e do gaiteiro Víctor Corral. 20:30 h. Regreso a Lugo a onde se chegará sobre as 22:30 h. DÍA DAS LETRAS GALEGAS: domingo, 17 de maio 12:00 h.-Visita guiada ao Museo Provincial do Mar. Actividades a desenvolver nesta xornada: Ademais das visitas guiadas continúan “Un día /Unha palabra”, “Haikus pola lingua” e “Culturban, cultura urbana sostible”. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS: luns, 18 de maio Os catros museos estarán abertos ao público nesta xornada.
  • 127. Museo Provincial do Mar 126 5.3. Museoloxía social O MPMar homenaxea cada día do 2015 aos seus doadores Neste ano que chega, o 2015, dende o Museo Provincial do Mar, queremos rendirlle unha sinceira homenaxe a todos aqueles homes e mulleres que donando as diversas pezas que forman parte da colección do Museo, contribuiron a crear e darlle vida a esta realidade que é hoxe o Museo Provincial do Mar. Para dar visibilidade ao aportado por estes benfeitoræs poñemos en marcha un proxecto que se vai desenvolver cada un dos 365 días do ano 2015. Desde o 1 de xaneiro e ata o 31 de decembro, eliximos un obxecto para cada día, entre os expostos ou entre os reservados nos almacéns, co obxectivo de amosar esas singularidades da nosa historia que un día alguén depositou con xenerosidade na alforxa da nosa memoria. Un xeito de agradecerlles a estas persoas a súa magnanimidade e, ao tempo, de ofrecer aos nosos visitantes a posibilidade de coñecer, peza a peza, día a día, un por un, tanto os obxectos como os nomes de quen nolos legou.
  • 128. Museo Provincial do Mar 127 Culturas en diálogo 2015 Programa de museoloxía social impulsado pola Rede Museística da Deputación de Lugo. No acto de presentación, presidido polo delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, a xerente da Rede, Encarna Lago, a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, e representantes do tecido social implicado déronse a coñecer os obxectivos e principais actividades e iniciativas programadas que se irán desenvolvendo ao longo do ano nos catro museos (Lugo, Tor, Narla e San Cibrao) da Rede, así como noutras localizacións. PONTES DE DIÁLOGO LUGO-MÉXICO LUGO-ARXENTINA LUGO-URUGUAI LUGO-BRASIL LUGO-REP. DOMINICANA LUGO-COLOMBIA
  • 129. Museo Provincial do Mar 128 LUGO-PERÚ As iniciativas e o calendario de actividades, moi variado e diverso (encontros, conferencias, entrevistas, obradoiros, festivais, exposicións …) contarán coa colaboración de numerosos colectivos sociais así como de institucións museísticas, como é o caso do Museu Maritim e o Museo Etnológic de Barcelona, ou o Museo de L’Hospitalec no caso da diálogo a establecer entre Lugo e Cataluña. Todas as actividades se encadrarán transversalmente co diálogo cos distintos países e cultura a través destas iniciativas on: 1.-CARTAS FALADAS. HISTORIAS DAQUÍ OU DACOLÁ 2.-NOS+OUTRAS: EN REDE 3.-DOMINICANAS 4.-FESTIVAL MUSICAL Nesta ocasión, e aproveitando o Día Internacional do Migrante e dentro do proxecto "Culturas en Diálogo"; temos a obra dunha artista arxentina resultado dun diálogo persoal con unha amiga desde fai 15 anos, tamén artista. Tamara Wassaf achéganos unha imaxe da natureza sempre cambiante, que se camufla nunha mirada femenina, facendo que o espectador discorra a súa mirada pola realidade cambiante da luz. Inherentes é o título desta serie e fío condutor de todas as pezas que como está se refire á idea daquilo que, debido ás súas condicións naturais, está unido dunha maneira indivisible.
  • 130. Museo Provincial do Mar 129 Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero Dentro do programa CULTURAS EN DIÁLOGO, programa que organiza a Rede Museística da Deputación de Lugo, este mércores, 25 de novembro, ás 18:30 horas, con motivo do Día contra a violencia de xénero, terá lugar no Museo Provincial de Lugo unha charla a cargo de LUZ DARRIBA, artista que está a desenvolver Dominicanas., un proxecto que intenta facer visible a existencia dunha colectividade, apenas coñecida, que leva moitos anos convivindo e interactuando entre nós en Lugo. Dominicanas é tamén un xeito diferente de mirar, de desestigmatizar a ollada social maiormente turbada polos prexuízos, de furgar no backstage das historias de vida, das bitácoras de persoas con acenos comúns, entrelazadas polas vicisitudes dun destino afastado do coñecido e familiar. Trátase, en definitiva, de poñer o foco nas mulleres dominicanas é a maneira que atopamos de desvelar eses misterios, de afondar nos nosos diálogos entre culturas. As
  • 131. Museo Provincial do Mar 130 mulleres foron, en xeral para esta comunidade, as pioneiras, as colonizadoras, as descubridoras, as que comezaron a destecer e a tecer as historias que nos unen. Día internacional das persoas co discapacidade O Día Internacional das Persoas con Discapacidade 2015 na Rede Museística Para conmemorar este 3 de decembro de 2015, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a Área de Cultura da Deputación de Lugo, á través do departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade da Rede Museística organiza unha serie de actividades que se prolongarán durante todo o mes e que son: -Obradoiro SENSACIÓNS no Pazo de Tor (Monforte) e no Museo de San Paio de Narla (Friol), que terá lugar o día 3 de decembro con dúas actividades pola mañá e outras tantas pola tarde, dirixidas a todo tipo de público. -Obradoiro CARTAS FALADAS nos catro museos que integran a Rede Museística (Museo Provincial de Lugo, Museo de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor) o día 6 de decembro, ás 12:00 horas, actividade dirixida a todo tipo de público.
  • 132. Museo Provincial do Mar 131 -Nova convocatoria do obradoiro de fotografía para persoas cegas. O día 3 de decembro ábrese o prazo para presentar as solicitudes para asistir ao curso de FOTOGRAFÍA A CEGAS, (diríxase ao museo da Rede máis próximo) que se vai desenvolver os días 28 e 29 de decembro e 7 e 8 de xaneiro que culminará cunha exposición das obras realizadas o día 28 de decembro. -Exposición dos traballos seleccionados do Premio ANADE (do 4 ao 13 de decembro). Sala Multiusos do MPLugo Fotografía a cegas III Actividade dirixida á integración activa das persoas cegas. Nesta nova edición preténdese un diálogo coa contorna e o contexto dos Museos que integran a Rede. COORDINACIÓN-MEDIACIÓN E ACCESIBILIDADE TÉCNICA: Encarna Lago. ARTISTAS FOTÓGRAFOS: Iago Eireos, Xosé Reigosa, Antonio Fernández, Germán Limeres. VÍDEO: Enrique Lamas PERSOAL DA REDE QUE COLABORA NA MEDIACIÓN E GUIADO: Francisca Abuín, Ana Ferro, Jesús González, Raquel Guerrero, Ana Covadonga López- Boado, Tar López, Silvia Fiallega, Miguel Cuba, Omar Luaces, Juan Ignacio Márquez, Ángeles Miguélez e Amelia Pernas. FOTÓGRAFOS CEGOS: 1-Pilar Yáñez 2-Eladio Fernández 3-Ana Varela
  • 133. Museo Provincial do Mar 132 4-Antonio González 5-Manuel Díaz 6-Manuel Paz 7-Norma López 8-Nieves Gayoso 9-Isabel Rego 10-Antonio Álvarez 11-Pedro Souto 12-Asunción Suárez 13-Juan Ramón Salido 14-Fina López 15-Ángeles Miguélez 16-Trinidad Canosa A terceira edición de ‘Fotografía a Cegas’ afiánzase. Fotógrafos cegos, sen andrómena, con cámaras fotográficas na man, evidenciaron a súa capacidade creativa e o seu afán de superación. Ao longo das últimas edicións quedaron patentes os resultados, amosando o proveito adquirido nunha actividade tan pouco usual como insubstutíble, a vontade e a capacidade de derrubar barreiras coa curiosidade e o empuxe persoal desde a experimentación fotográfica. Nesta nova edición o obxectivo prioritario a acadar é a necesidade de diálogo coa contorna e o contexto do Museo, a paisaxe cultural, mantendo a liña de actuación que o ICOM escolleu como lema para o Día Internacional dos Museos 2016: Museos e Paisaxes Culturais. Respecto diso, A Rede Museística de Lugo propón desenvolver esta terceira edición de ‘Fotografía a Cegas’ reflexionando sobre a paisaxe cultural,
  • 134. Museo Provincial do Mar 133 que neste caso cohabita co contexto histórico, etnográfico e natural dos catro Museos da Rede. A tal fin prográmanse unha serie de obradoiros cunha ruta marcada ao longo de toda a provincia de Lugo, con actividades ideadas para descubrir e interpretar unha paisaxe desde os condicionantes e iniciativas dos propios participantes.  DÍA 28 DE DECEMBRO DE 2015: RUTA MUSEO PROVINCIAL DE LUGO-PEDRAFITA DO CEBREIRO Partimos dunha singular selección de pezas da colección do Museo Provincial de Lugo, as maquetas de arquitectura popular lucense que atopamos no refectorio. Estas maquetas sérvennos de pauta para iniciar un percorrido que nos dirixe ao Camiño de Santiago. O primeiro paso descritivo parte desde o percorrido arquitectónico do Camiño Francés, sendo as pallozas de Pedrafita do Cebreiro o nexo de unión entre as maquetas da colección do Museo Provincial de Lugo, a interacción táctil co obxectivo arquitectónico dará pé ao percorrido fotográfico e xeométrico.  DÍA 29 DE DECEMBRO DE 2015: RUTA SAN PAIO DE NARLA - COVA DA SERPE A Fortaleza de San Paio de Narla ten unha estreita relación coa Cova da Serpe. A ruta proposta contempla a visita á Fortaleza coa intención de percorrer e profundar na colección, analizando o contexto histórico da comarca como introdución á romántica lenda de Catarina de Santiso. O punto final, un encontro entre a fantasía e a realidade, polo que o obradoiro propón valerse da alegoría e da imaxinación como fórmula creativa e ferramenta narrativa. A fotografía ficticia achega a pauta para seguir.  DÍA 7 DE XANEIRO DE 2016: RUTA MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO - LITORAL DA MARIÑA
  • 135. Museo Provincial do Mar 134 Visitar o Museo do Mar da Rede Museística de Lugo supón entrar de pleno na historia e o espírito colectivo do pobo de San Cibrao, lembrar como se formou a ampla colección do Museo grazas ás achegas individuais dos seus veciños. Así se inicia a ruta, coa exploración de pezas singulares que nos trasladan directamente ás profundidades do mar, aos oficios tradicionais ou ao litoral da mariñao, utilizando a fotografía como iteración e precepto de comunicación social desde a conversación e o rexistro espontáneo.  DÍA 8 DE XANEIRO DE 2016: RUTA PAZO DE TOR - VAL DE LEMOS Visitar o Pazo de Tor trasládanos a unha viaxe no tempo ata ao século XIV. As coleccións do Pazo permítennos experimentar unha teatralidade propia do momento histórico do Pazo. O labirinto dos xardíns do Pazo de Tor vai ser o protagonista do obradoiro proposto. Ante un contexto de cegueira búscase acentuar os sentidos para percibir o que aparentemente está presente, ou polo contrario, o que non percibimos ante o artificio, a capacidade de evidenciar o sutil ou ocultar o obvio. Na xornada do Martes 29 de Decembro, a terceira edición de Fotografía a Cegas organizada pola Rede Museística Provincial aterrizou no Museo Provincial do Mar. Os participantes nesta actividade puderon desfrutar e fotografiar os diversos obxectos que garda o noso museo, con especial destaque para a colección de ósos de balea. Esta fantástica colección que garda a nosa institución foi a pedra angular da sua visita ás terras mariñás, forma de conexión con o conxunto de sensacións que forman a paisaxe das nosas costas e que tivo o seu correlato exterior na visita ao antigo emprazamento da vella baleira de Morás. Neste lugar, as persoas asistentes puderon reflexar mediante a luz nas súas cámaras o conxunto de sensacións que o lugar lles facia experimentar, que para nada eran exclusivamente visuais. Este obradoiro lémbranos o carácter relativo de calquera limitación, e como a nosa visión da terra (e do mar!) é tan imaginativa como real.
  • 138. Museo Provincial do Mar 137 5.4. Programa de Exposicións EXPOSICIÓN: Olladas ‘A miña familia’ O programa Olladas de muller centra a súa atención na obra dunha muller: A miña familia, de Xulia Minguillón, realizada en 1944, e que ofrece a visión da súa propia familia nun momento histórico moi concreto e diferente ao actual. A exposición Olladas. “A miña familia” conta coa participación de 47 artistas, 47 miradas diferentes nas que se reflexiona sobre a figura e o tempo tendo como referente a familia e a muller. A través das obras coñecemos os momentos históricos e o papel que xoga a muller na construción da sociedade. A familia é o elemento que aglutina as sociedades e a súa representación é unha oportunidade para coñecer os modelos sociais cos que as novas xeracións se identifican e socializan. Neste ámbito é onde se insire a convocatoria do concurso dirixido a escolares “A miña familia, antes e agora”, co obxectivo de fomentar a participación, os valores de convivencia e a expresión artística. Na sociedade actual, a construción da familia cambiou en consonancia cos cambios sociais e, hoxe en día, existen diversas formas e conceptos de familias, a diferenza dos modelos tradicionais de familias que representa a obra de Xulia Minguillón. As artistas e os artistas seleccionados David Catá, Verónica Vicente, Edu Albo, Alberto Pena, Marian Losada, Martín Lestao, Patricia Arellano, Paula López Vallejo, José Caamaño, Paz Vicente, Laura Piñeiro, Iria Cortizo, Roi Domínguez, María Xosé Domínguez, Paco Pestana, Juan José Lomarti, Yolanda Dorda, Fernando Yáñez, Benjamin Santín Ben, María Nogueira, Germán Limeres, Iago Eireos, Luz Darriba, Miguel Anxo Macía, José Reigosa, Mauro Leivas, Paula Noya, Félix Carpio, Renata Otero e Pilar Boullosa. Comisaria: Encarna Lago A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 5.0. Se botamos unha ollada histórica ao papel que a muller cumpriu no mundo da arte, a primeira visión coa que nos atopamos é a da muller como obxecto,
  • 139. Museo Provincial do Mar 138 como mero modelo expositivo sobre a cal perpetuar os roles de xénero dunha cultura patriarcal imperante. A muller, no mundo da arte, durante moitos anos quedou relegada a ocupar sinuosos planos nos lenzos que penduran das paredes de museos de todo o mundo. Ao mesmo tempo que a muller artista quedaba silenciada. É ben coñecido que na historia da arte, moitas das mulleres artistas asinaban as súas obras baixo identidades masculinas para evitar que os seus traballos foran censurados ou invisiblilizados. A arte, como linguaxe expresiva, manifesta o que existe na sociedade nos diversos momentos históricos e, así, visibiliza os roles de xénero e o papel da muller nos diversos ámbitos da sociedade: dende o seu papel na familia (como nai protectora) ata o seu papel na comunidade e sociedades. Polo tanto, a sociedade é un concepto que evoluciona histórica e socialmente e no que se fai necesario que a muller xogue un papel activo e visible. Mirar a arte con perspectiva de xénero permite ter un visión global das diferenzas que para homes e mulleres supón a arte. Visibilizar a contribución das mulleres ao mundo das artes supón facer unha reinterpretación da historia, cuestionándose os discursos institucionais, incorporando novas propostas que dean como resultado a transformación da mirada sobre a o mundo e as mulleres. Dende a Rede Museística de Lugo, levamos anos apostando por un modelo de traballo baseado en plans con obxectivos a medio e longo prazo, máis aló das celebracións puntuais de efemérides. A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0 enmárcase dentro da iniciativa levada a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo baixo o comisariado da xerencia da RMP, centrada na visibilidade das mulleres no eido creativo. Nesta nova edición, o que se persegue é evidenciar o feito de que a construción dunha sociedade igualitaria pasa por dous eixes claves: dunha banda o recoñecemento e visibilidade da muller como axente activo na construción da
  • 140. Museo Provincial do Mar 139 sociedade actual e, doutra banda, a visibilidade da arte creadora sobre postulados de igualdade, dende a ollada compartida de homes e mulleres. Por todo isto, nesta ocasión o programa Olladas de muller centra o seu foco de atención na obra dunha muller: A miña familia, de Xulia Minguillón, realizada en 1944, e que ofrece a visión da súa propia familia nun momento histórico moi concreto e diferente ao actual. A exposiciónOlladas “a miña familia” conta coa participación de 47 artistas, 47 miradas diferentes nas que se reflexiona sobre a figura e o tempo tendo como referente a familia e a muller. A través das obras coñecemos os momentos históricos e o papel que xoga a muller na construción da sociedade. A familia é o elemento que aglutina as sociedades e a súa representación é unha oportunidade para coñecer os modelos sociais cos que as novas xeracións se identifican e socializan. Neste ámbito é onde se insire a convocatoria do concurso dirixido a escolares “A miña familia, antes e agora”, co obxectivo de fomentar a participación, os valores de convivencia e a expresión artística. Na sociedade actual, a construción da familia cambiou en consonancia cos cambios sociais e, hoxe en día, existen diversas formas e conceptos de familias, a diferenza dos modelos tradicionais de familias que representa a obra de Xulia Minguillón. Esta edición trata, consecuentemente, de ampliar as olladas, non só dos participantes senón tamén no senso de que a exposición vai contar cun novo formato de multi-salas (sala de Xulia Minguillón e sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo e a sala de Exposicións da Deputación de Lugo) e ,a partir do mes de abril, as obras viaxarán aos catro museos da Rede configurando unha topografía da provincia de Lugo. Non é coincidencia que sexa na provincia de Lugo, en xeral, e na Rede Museística de Lugo, en concreto, onde estas iniciativas teñen cabida. Somos museos de comunidade, o que implica que o traballo levado a cabo está planificado e que se concreta baseándose en proxectos museísticos orquestrados en programas para/coa comunidade. Unha comunidade que se estende a artistas, asociacións, familias, escolares e público en xeral que atopa nos nosos museos un espazo para o encontro, a reflexión, a divulgación e o desenvolvemento
  • 141. Museo Provincial do Mar 140 integral das persoas. Ao longo do 2014, foron moitos os programas levados a cabo dende a Rede Museística no seu labor de visibilizar e reivindicar a muller na arte. A modo de exemplos cabe citar o proxecto Diálogo Intercultural: Lugo- Arxentina dentro do que se inseriu o programa “Mulleres de aqui e de acolá”; as exposicións colectivas Olladas de muller sobre a guía postal Lugo de Maruja Mallo e Historia da visibilidade creativa feminina na Rede e o Pazo san Marcos foi testemuña do acto inaugural do Festival Miradas de Mulleres 2014, en Galicia. Nesta liña de formular obxectivos a medio e longo prazo, hai que salientar que, tras o éxito acadado o ano pasado, este ano celebramos o II Congreso de xénero, Museos e Arte, apostando e co convencemento no labor de compromiso social que a Rede Museística vén desenvolvendo no campo de xénero que nesta nova edición se engade, como piar necesario, a migración. Por todo iso, A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0 preséntase como unha oportunidade máis de visibilizar o papel da muller ao longo dos vindeiros meses do 2015, con actividades didácticas complementarias e paralelas ao Plan xeral de igualdade da RMP, nas que se poña de manifesto a igualdade nos catro museos da rede en consonancia coas comunidades que os viven e os visitan: Muller rural en San Paio de Narla; Muller e mar no Museo do Mar; Muller, clases sociais e discapacidade no Pazo de Tor; Muller e arte no Museo Provincial de Lugo. [Encarna Lago, comisaria e xerente da RMP] Obras itinerantes no Museo Provincial do Mar
  • 143. Museo Provincial do Mar 142 EXPOSICIÓN: Luis Seoane. Paisaxe psíquica A paisaxe en Luis Seoane é unha sorte de viaxe; primeiro física, logo mental. Paisaxe psíquica A paisaxe en Luis Seoane é unha sorte de viaxe; primeiro física, logo mental. A comezos dos anos cincuenta realiza algunhas das súas pinturas de paisaxe máis significativas tras unha viaxe á provincia arxentina de Neuquén, ao pé dos Andes, que supón un cambio radical na súa óptica artística, así como unha conexión directa coas súas paisaxes dos anos setenta, os seus traballos máis líricos. Ata entón, as súas paisaxes funcionaban como meros escenarios ou fondos das súas figuras, pero estas xa son paisaxes en sentido estricto, pequenas pero ambiciosas. Seoane rompe co costumismo e amosa unha natureza sublime, de inclinacións abstractas, que comeza a definir o seu interese polas superficies de cor. A perspectiva redúcese e a paisaxe preséntasenos como un muro, como un retrato. A proximidade dificulta a lectura da imaxe e o espectador abandónase ao inconmensurable, malia as pequenas dimensións de cada unha das pinturas. A liña do ceo, case inexistente pero imprescindible, é chave para compoñer a imaxe. A estas pinturas acompáñanlles debuxos terrosos e azuis, que se corresponden cos seus cadros. Uns son extremadamente leves, outros marcan as liñas de montaña de maneira grosa, e outros son case a mimese dos seus cadros e mesmo levan escrita a indicación da cor.
  • 144. Museo Provincial do Mar 143 Mentres, nas súas augadas, agudízase o que de maneira xenérica poderíamos calificar como un proceso de abstracción. Coma se se tratase dun tremor, o representativo tórnase borroso e convértese nun espazo intersticial onde a cor actúa como único indicio para unha narrativa, e unha serie de fendas funcionan como elemento expresivo e cromático capaz de definir forma e espazo. Nas suas augadas e gouaches evócanse paisaxes sen chegar a describilos de maneira clara. Ás paisaxes do Río da Prata, de Neuquén, de Saboia ou de Xenebra, así como ás escenas rurais, é necesario sumar as que marcan os seus comezos como pintor e tamén os seus últimos traballos: os dedicados ao mar. Son composicións dinámicas, de grafía nerviosa, con tendencia ao curvo, fundindo en harmonía liña e masas de cor. Imaxes rítmicas. Tamén as que non teñen o mar como único protagonista, nas que se advirte o seu gusto en ollar desde o alto e a influencia do seu dominio do deseño e do gravado. Algunhas das paisaxes máis fermosas teñen como único protagonista o coruñés mar do Orzán. As cores tórnanse intensas, sobre todo as azuis. Como en todos os seus traballos desde os anos cincuenta, Seoane non buscará imitar as ondas do mar, ao contrario. Simplemente signfica o xesto, como nas paisaxes das súas últimas augadas. Máis que representar o movemento, este insinúase, incítase. Nalgúns casos, traza o espazo con mecanismos do grafismo expresionista, case automático, mesmo dadaísta. A expansión espacial dos seus arabescos é aquí escritura. O xesto asume a condición dunha danza, como se da imaxe dunha resonancia se tratara. Luis Seoane consegue recrear a forza do mar, captando a marusía, deténdoa en tensión, como se se tratase dunha natureza morta, unha paisaxe psíquica conxelada no tempo. É a paisaxe da realidade que ve e que quere. Galicia como pano de fondo.
  • 145. Museo Provincial do Mar 144 Exposición a Maruxaina e outras sereas Esculturas de Otero Regal, textos de Pablo Mosquera e Paco Rivas Desde o punto de vista cultural estamos ante unha vella tradición entre as xentes que viven pendentes do océano. Desde o punto de vista popular estamos ante unha festa de enorme concorrencia en pleno verán da Mariña. Pero hai máis. É a eterna dualidade entre o ben e o mal, o xuízo popular ante unha lenda que fala da conduta dunha serea coas xentes que viven do mar; ata con xuízo na noite de agosto, diante do pobo.
  • 146. Museo Provincial do Mar 145 As cartas mariñas sempre indicaron a presenza das illas que deron lugar a San Cibrao e nesas illas, entre aves mariñas, acantilados capaces de dar ao traste cos buques, vive unha muller que pode ser causa de medo ou de ledicia. Na cova de Xan Belo, e tal como a describiu Luís Seoane en 1948, desde o seu exilio de Bos Aires, esa estraña criatura co seu candil, oculta, pero facendo sentir a súa presenza, convértese nun mito que se transmite oralmente, de xeración en xeración. É a feiticeira dunha Galicia medorenta do alén, das profundidades e das galernas, que sabe dos cambios de carácter, do vento e do mar Hoxe as deidades son outras, de carne e óso, universitarias, capitáns de empresas multinacionais, enganchadas ao teléfono móbil e ao ciberespazo, pero moitas veces actúan como A Maruxaina. Por todo isto e con todo isto, Otero Regal, Pablo Mosquera e Paco Rivas, argallamos esta exposición, estes textos, un libro e todo un seminario durante xullo e agosto con destacadas personalidades da cultura vinculadas á Mariña que disertarán sobre A Maruxaina e outras sereas da nosa mitoloxía particular.
  • 148. Museo Provincial do Mar 147 EXPOSICIÓN: A caza da balea / A factoría baleeira Massó (Fotografías de Félix Lorrio)
  • 149. Museo Provincial do Mar 148 Desde o xoves 3 de Setembro ao 29 do mesmo mes decorreu no Museo Provincial do Mar e na sala de exposicións do Concello de Xove a inauguración dunha nova exposición organizada pola Rede Museística Provincial. “A caza da balea” é o nome da parte instalada na institución museística e “A factoría baleeira Massó” a localizada no municipio xovense que xustamente recolle o testemuño fotográfico que o artista Feliz Lorrio realizou da actividade dunha factoría baleira en 1978. En cambio, a sección do museo sancibrense ilustra a tradicional caza baleeira das Idades Media e Moderna, mediante imaxes do coñecido “Diccionario Histório de los Artes de la Pesca Nacional” de Antonio Sañez Reguart. Esta exposición, con as suas ambas ubicacións, lembra a importante presencia desta actividade pesqueira na nosa comarca, que tivo a súa última expresión na factoría xovense de Morás. Actividade esta que deixou importantes testemuños como por exemplo a colección de ósos despositada no Museo Provincial do Mar, a máis importante de Galicia segundo os expertos.
  • 150. Museo Provincial do Mar 149 Exposición A arte de xuntar II. Colección Quiroga-Monte de trens e xoguetes
  • 151. Museo Provincial do Mar 150 Esta exposición, organizada pola Deputación Provincial de Lugo a través da Rede Museística, conta cunha destacada selección de trens infantís e outra de xoguetes antigos. A mostra invita a un ameno percorrido por unha parte da historia contemporánea de España, amosando a produción xoguetera do país ao longo de cen anos. Aproveitamos este evento para lembrar o 140 aniversario da chegada do tren a Lugo, procedente de A Coruña, efeméride acontecida o 5 de outubro de 1875, día de San Froilán. Naquela xornada, en palabras de Darío Xohán Cabana, “unha multitude con música e bombas de palenque deulle a benvida ás autoridades coruñesas, pero sobre todo ó novo e revolucionario medio de transporte que xa levaba medio século transformando o mundo. A chegada do primeiro tren a Lugo fixérase desexar moitos anos, e aínda se había de suspirar oito máis antes de ter aberto o camiño de ferro á Meseta.” Tamén con esta mostra queremos traer á memoria á construción do ferrocarril de vía estreita entre Vilaodrid, actualmente concello de A Pontenova, e Ribadeo, inaugurado o 18 de abril de 1903 para o transporte de mercadurías e, dous anos despois, concretamente o 5 de agosto, tamén para viaxeiros. Con motivo deste dobre aniversario, esta exposición amosa unha notable cantidade de pezas do xoguete ferroviario: trens coas súas locomotoras, coches e vagóns, estacións e apeadeiros, así como unha gran variedade de accesorios ferroviarios. Pero, ademais, complementan esta mostra centrada no tren outras excepcionais pezas xogueteras como coches, bonecas, teatriños, dioramas, etc.
  • 152. Museo Provincial do Mar 151 Os xoguetes elixidos, marcados polo desenvolvemento industrial e comercial que experimentaron a partir do século XIX, figuran estreitamente vencellados aos cambios socio-económicos, técnicos, culturais e políticos das diferentes etapas da súa fabricación. Constitúen, xa que logo, un fiel reflexo dos comportamentos, costumes, modas, sucesos e inventos ocorridos entre 1880 e 1980. Todas as pezas exhibidas pertencen á colección Quiroga-Monte. Expertos e críticos especializados valoraron a riqueza e variedade desta colección composta, a día de hoxe, por máis de 1.500 exemplares orixinais, que a sitúan entre os mellores patrimonios privados sobre o xoguete, a boneca e a cultura infantil de orixe español. A visita a esta mostra permite descubrir os diferentes materiais empregados na fabricación dos xoguetes –desde a folla de lata ao plástico-; os procedementos técnicos empregados pola industria xoguetera –desde a pintura á metalgrafía- ; así como unha gran variedade de estilos e deseños. Os xoguetes que aquí se amosan, algúns deles únicos no coleccionismo español e presentados agora por primeira vez, foron o mellor medio para expresar a imaxinación, a destreza e a creatividade de moitas xeracións infantís, ao igual que os máis eficaces modelos para achegarse ás condutas e valores dos adultos, pois hoxe, igual que onte, aprender a xogar é aprender a vivir. A Deputación Provincial de Lugo e a Rede Museística desexa que a contemplación destas pequenas marabillas sexa para os máis pequenos un sorprendente descubrimento da infancia dos seus maiores e, para estes, unha extraordinaria oportunidade de volver a ser os nenos e nenas de onte, na recuperación dunha infancia que endexamais debería perderse.
  • 153. Museo Provincial do Mar 152 5.5. Servizo do museo para outras actividades Reunión da Presidenta da Deputación coa Federación Provincial de Cofradías Asinatura dun convenio de colaboración coa Federación Provincial de Confrarías por parte de Elena Candia, Presidenta da Deputación de Lugo. presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, asinou na tarde do Xoves 3 de Setembro un convenio de colaboración coa Federación Provincial de Confrarías da Provincia no Museo do Mar de San Cibrao e nel, ademais de Candia e dopresidente da Federación, José Basilio Otero, tamén participaron o deputado provincial responsable da área de Pesca, Demetrio Salgueiro; os patróns maioresdos pósitos (Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Cibrao e O Vicedo) así como as mariscadoras activas afiliadas ás confrarías. A subvención excepcional concedidapola Deputación de Lugo á Federación Provincial de Confrarías, por un importede 19.000 euros, diríxese a sufragar custos, por un lado, de divulgación,promoción e publicidade das actuacións que realiza a Federación e, por outrolado, de dotación de medios materiais (traxes de neopreno) ás mariscadorasactivas afiliadas ás confrarías. Este acto ao tempo constata a importancia do noso museo non só como depositario e garda dunha colección, senon como lugar ao servicio da comunidade onde se encontra ao servir de punto para a celebración de este tipo de actividades.
  • 155. Museo Provincial do Mar 154 CELEBRANDO O 30 ANIVERSARIO DA MARUXAINA
  • 156. Museo Provincial do Mar 155 Recollida oso de balea en Acantilado Remior Novo óso de cetáceo no Museo Provincial do Mar Estes días de mareas vivas acostuman remover as praias e sacar a luz tesouros ocultos que nos lembran a riqueza da nosa costa. Así, desde o Museo Provincial do Mar, pertencente á Rede Museística da Deputación Provincial de Lugo, fan público o achado dun novo óso de balea que acrecenta a importante colección de restos de cetáceo que se gardan na institución sancibrense. Esta colección, recoñecida por diversos expertos como a máis importante de Galicia; vese así enriquecida por esta peza. Aínda é cedo para realizar afirmacións categóricas pero as primeiras exploracións indican que se trata de parte dun cranio, posibelmente dunha época séculos atrás, descoñecéndose polo momento se pertence a un varadoiro ocasional ou se contextualiza dentro dun centro de caza mais amplo. Agárdase que proximamente sexa posible obter novos dados sobre a especie concreta e a época. De momento, a peza xa se atopa a bo recado no Museo Provincial do Mar e prontamente estará a disposición do público en xeral. A institución provincial e a súa Rede Museística agradecen a colaboración cidadá que fixo posible este achado.Nomeadamente ao descubridor, Lito Souto Meilán, que a fotografiou xunto con Andrés Bourio e Victor Hernández; e a Teté Álvarez Varela quen notificou este descubrimento. Igualmente agradecen o apoio do Concello de Barreiros, sen o cal sería imposíbel a retirada e salvagarda desta interesante peza. Isto demostra, aseguran; o interese social pola conservación do patrimonio así como a gran valoración cidadá deste servizo público. Desta forma convidan aos veciños e veciñas da Mariña e do conxunto da provincia a visitar as súas importantes coleccións relacionados con o mundo da balea.
  • 157. Museo Provincial do Mar 156 5.6. Programa de conferencias. Conferencia Xulio Pardo de Neira Conferencia "As sereas, habitantes da Galiza: do mar de Arousa ao porto do Sancibrao, unha viaxe pola literatura e a arte" O Museo Provincial do Mar de San Cibrao (Cervo) acolleou a conferencia "As sereas, habitantes da Galiza: do mar de Arousa ao porto do Sancibrao, unha viaxe pola literatura e a arte" a cargo de Xulio Pardo de Neyra. Xulio Pardo de Neyra é profesor Titular da Universidade da Coruña na Faculdade de Ciencias da Educación, sendo Doutor en Filoloxia Galega pola Universidade de Santiago de Compostela ao tempo que Doutor en Historia Contemporánea pola mesma Universidade e Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e Literatura pola Universidade de València, sendo a única persoa que conta con tres Doutramentos e tres Teses de Doutoramento no Estado Español. Desde moi novo colaborou coa prensa escrita lucense, publicando o seu primeiro libro aos dezanove anos. Actualmente ten publicados unha trintena de ensaios centrados no estudo da literatura galega medieval, da do Barroco e da contemporánea, na introdución do vangardismo nas letras galegas, na literatura