SlideShare a Scribd company logo
MEMORIA 2015
Museo Fortaleza San Paio de Narla
1
INDICE
1. LIMIAR .............................................................................................................................2
2. ESTADISTICA ANUAL DE VISITANTES..................................................................4
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO............................................................................10
4. PROGRAMA DIDÁCTICO..........................................................................................10
4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES..................................................................10
4.2. OBRADOIROS DE VERÁN......................................................................33
4.3. OBRADOIROS DE NADAL ......................................................................65
4.4. OBRADOIROS CLUB PEQUEAMIGOS ................................................79
4.5. COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE.............................................94
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL.................................................................127
5.1. PROGRAMA INTERXERACIONAL......................................................127
5.2. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE....................................................133
5.3. PROGRAMA DE OCIO-TURÍSMO........................................................137
5.4. SEMANA DOS MUSEOS........................................................................139
5.5. PROGRAMA MUSEOLOXÍA SOCIAL .................................................149
5.6. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS ..........................................................164
5.7. PROGRAMA DE TEATRO .....................................................................190
6. PROGRAMA DE COLECCIÓNS.............................................................................193
7. PROGRAMA DE CONSERVACIÓN.......................................................................199
8. PROGRAMA DE PERSOAL ....................................................................................199
9. PROGRAMA ECONÓMICO.....................................................................................199
Museo Fortaleza San Paio de Narla
2
1. LIMIAR
No ano 2015 o ICOM (Consello Internacional de museos) escolleu, para a
celebración do día internacional dos museos o lema “Museos para unha
sociedade sostenible”. O obxectivo é poñer de manifesto a responsabilidade dos
museos para concienciar ao publico sobre a necesidade dunha sociedade menos
derrochadora, máis solidaria e que aproveite os recursos dunha maneira máis
respectuoso cos sistemas biolóxicos. Polo tanto estamos a vivir unha época
diferente conforme ao avanzar do tempo e a progresión dunha sociedade que
avoga por avanzar en contra de paralizarse, ante unha realidade evidente:
Vivimos un cambio social impactante. E os museos no podían permanecer illados
e impasibles ante esa realidade, infestada de nomes como a austeridade, a
igualdade, e a sostenibilidade, acompañada de sustentabilidade. Son conceptos
da modernidade que se afianzan e, que pouco a pouco instaláronse na nosa vida
cotiá.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
3
Compre agora preguntarnos se San Paio é un museo sociable sostible.
Nós cremos que si, e a lo menos por iso loitamos día tras día. Argumentando e
ciméntanmos as nosas condicións no seguinte feito. Somos un museo inmerso
nun contexto rural deprimido polas dificultades holográficas e pola escasa
densidade poboacional, auspiciada por unha pirámide demográfica.
Neste contexto situámonos nós, actuando como un auténtico centro
dinamizador e espallador de cultura. Nun entorno rural que contribuímos
encarecidamente a mellorar, pois ofertamos e aproximamos cultura para garantir
a sostenibilidade da nosa comunidade, na que estamos plenamente integrados, e
temos o orgullo de ser un referente institucional de calidade e profesionalidade.
Debemos o noso éxito a confianza do noso público, principal motor da nosa
esencia, que nos leva a continuar traballando, sempre cara o horizonte do
perfeccionamento, ansias de progreso, encrucilladas de ilusións e ronsel de
pegadas, de traballo coidado e entregado.
San Paio de Narla está activo, e é creativo e dinámico porque a súa
sostenibilidade radica na xente, San Paio é máis cunha institución museística,
nunha palabra, é a ilusión de traballar con arte e crear con arte
Museo Fortaleza San Paio de Narla
4
2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES.
Xaneiro Nº total de visitantes 991
4 grupos escolares 120
7 grupos adultos 210
Visitas individuais 661
Febreiro Nº total de visitantes 1000
5 grupos escolares 115
13 grupos adultos 358
Visitas individuais 527
Marzo Nº total de visitantes 1863
15 grupos escolares 431
7 grupos adultos 235
Visitas individuais 1197
Abril Nº total de visitantes 1809
12 grupos escolares 390
11 grupos adultos 368
Visitas individuais 1051
Maio Nº total de visitantes 1549
18 grupos escolares 614
5 grupo adultos 135
Visitas individuais 800
Xuño Nº total de visitantes 1127
18 grupos escolares 490
Museo Fortaleza San Paio de Narla
5
Visitas individuais 637
Xullo Nº total de visitantes 2138
5 Obradoiros 179
14 grupos adultos 440
Visitas individuais 1519
Agosto Nº total de visitantes 3223
9 Obradoiros 320
6 grupos adultos 220
Visitas individuais 2683
Setembro Nº total de visitantes 1520
3 grupo escolar 90
9 grupos adultos 316
Visitas individuais 1114
Outubro Nº total de visitantes 2264
12 grupo escolar 327
22 grupos adultos 645
Visitas individuais 1292
Novembro Nº total de visitantes 1399
5 grupos escolares 252
9 grupos adultos 364
Visitas individuais 783
Decembro Nº total de visitantes 1254
5 grupos escolares 145
Museo Fortaleza San Paio de Narla
6
5 grupos adultos 186
Visitas individuais 923
Total visitantes anuais 20137
Gráfica comparativa dos anos 2014-2015
799 594
1752
2043
1823
2310 2321
3046
1404
1511
1160
1314
991 1000
1863
1809
1549
1127
2138
3223
1520
2264
1399
1254
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500
SAN PAIO DE NARLA
Ano 2014
Ano 2015
Museo Fortaleza San Paio de Narla
7
0
500
1000
1500
2000
2500
3000
3500
XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC
991 1000
1863 1809
1549
1127
2138
3223
1520
2264
1399
1254
POR Nº DE VISITANTES
14%
8%
2%
4%
11%
35%
26%
Por idades
0-10
11-14
15-18
19-25
26-40
41-65
Museo Fortaleza San Paio de Narla
8
0
1000
2000
3000
4000
5000
6000
7000
8000
3281
5213
7757
449
186
566
658254
425
207
110
367
69
662
46 42 20
203 335
Por Procedencias
LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCIA
ARAGON ASTURIAS BALEARES CANARIAS
CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LAMANCHA
EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA
NAVARRA LA RIOJA VALENCIA ESTRANXEIROS
0
2796
2759
2543
2880
4451
4708
0 1000 2000 3000 4000 5000
Por días da semana
DOMINGO
SABADO
VENRES
XOVES
MERCORES
MARTES
LUNS
Museo Fortaleza San Paio de Narla
9
XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL
HOMES 478 477 925 869 785 553 1020 1606 754 1133 730 616 9946
MULLERES 513 523 938 940 764 574 1118 1617 766 1131 669 638 10191
0-10 151 139 357 199 447 135 295 428 124 218 203 127 2823
11-14 56 119 198 125 184 269 95 208 73 138 104 100 1669
15-18 1 60 55 93 13 108 19 34 12 31 6 432
19-25 24 17 15 35 31 26 95 142 57 171 55 25 693
26-40 116 43 107 200 141 105 332 469 234 281 76 68 2172
41-65 262 354 745 668 427 346 564 1228 485 746 563 734 7122
66 381 268 386 489 306 138 738 714 535 679 392 200 5226
LUGO CIDADE 193 145 312 263 494 166 288 317 134 309 414 246 3281
LUGO PROVINCIA 296 280 653 427 409 455 377 817 482 434 255 328 5213
GALICIA 429 486 655 859 524 315 786 911 545 1050 630 567 7757
ANDALUCIA 8 54 85 5 61 44 90 43 45 5 9 449
ARAGON 4 16 2 46 65 6 47 186
ASTURIAS 17 51 89 24 25 20 68 146 47 54 15 10 566
BALEARES 1 4 18 8 6 2 26 65
CANARIAS 4 9 9 39 16 5 82
CANTABRIA 7 4 2 17 6 12 6 54
CATALUÑA 9 3 14 4 12 24 96 157 48 43 9 6 425
CASTILLA-LEON 6 7 26 9 2 7 55 31 20 24 10 10 207
CASTILLA-LAMANCHA 7 2 18 1 24 32 4 20 2 110
EUSKADI 4 4 2 23 7 12 63 146 56 40 3 7 367
EXTREMADURA 1 10 5 2 3 16 15 7 8 2 69
MADRID 9 5 17 46 31 27 97 242 51 102 14 21 662
MURCIA 2 2 1 1 6 12 6 8 8 46
NAVARRA 4 16 12 8 2 42
LARIOJA 2 10 2 6 20
VALENCIA 2 5 8 6 59 96 10 16 1 203
ESTRANXEIROS 21 1 9 12 23 17 88 68 9 20 31 36 335
MAÑAS 501 688 819 721 939 583 991 1325 774 987 704 712 9744
TARDES 490 312 1044 1088 610 544 1147 1898 746 1277 695 542 10393
LUNS 0
MARTES 101 146 301 122 167 274 287 538 211 361 141 147 2796
MERCORES 60 145 220 329 296 246 285 565 214 124 77 198 2759
XOVES 125 221 107 226 129 209 341 380 181 314 234 76 2543
VENRES 184 108 235 234 336 63 460 410 205 328 158 159 2880
SABADO 272 201 260 403 295 163 378 727 430 685 195 442 4451
DOMINGO 249 179 740 495 326 172 387 603 279 452 594 232 4708
GRUPOS ESCOLARES 120 115 431 390 614 490 179 320 90 327 252 145 3473
GRUPOS ADULTOS 210 358 235 368 135 440 220 316 645 364 186 3477
VISITAS INDIVIDUAIS 661 527 1197 1051 800 637 1519 2683 1114 1292 783 923 13187
DOMINGOS NO MUSEO
TOTAIS MENSUAIS 991 1000 1863 1809 1549 1127 2138 3223 1520 2264 1399 1254 20137
*RESUME
EXTRANXEIROS
EEUU/Canadá
Portugal
Italia
Arxentina/Uruguai
Francia/Suiza
Rumania
Holanda
Filandia/Suecia
México
Xapón
Brasil
Ecuador/Perú
Ucrania
ReinoUnido
Cuba
Estonia/Rusia
Venezuela
Alemania
PortoRico/R.Dominicana
Sáhara
Polonia/Rusia
ANUAL
XANEIRO 2 1 2 4 1 8 2 1 21
FEBREIRO 1 1
MARZO 2 4 2 1 9
ABRIL 1 3 6 1 1 12
MAIO 3 4 6 1 2 5 2 23
XUÑO 8 2 2 2 1 1 1 17
XULLO 1 3 9 3 2 6 33 30 1 88
AGOSTO 7 15 1 2 3 1 2 1 14 1 3 3 4 7 4 68
SETEMBRO 1 3 4 1 9
OUTUBRO 1 1 2 6 2 3 5 20
NOVEMBRO 1 4 3 5 10 4 4 31
DECEMBRO 5 20 6 5 36
TOTAL 28 18 7 39 46 8 2 6 11 10 13 6 1 69 2 2 8 38 10 7 4 335
*Nº DEGRUPOS XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL
Nº GRUPOS ESCOLARES 4 5 15 12 18 18 5 9 3 12 5 5 111
Nº GRUPOS ADULTOS 7 13 7 11 5 14 6 9 22 9 5 108
RESUMEDEVISITAS AO MUSEO SAN PAIO DENARLA ANO 2015
Museo Fortaleza San Paio de Narla
10
3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO
 Limpeza dos accesos e plataforma do castro da fortaleza varias veces ao
ano
 Reposición de sistema de iluminación, por parte do servizo de
mantemento da deputación, cando son de fácil reposición e urxencia son
reparadas polo persoal da fortaleza. (DURANTE TODO ANO SEGUNDO
HAI AS INCIDENCIAS)
 Desratización varias veces ao ano.
 Recollida de auga, control lexionella e potabilidade.
 Router novo, ao estropearse por tormenta
 Arranxo de deshumificadores
 Cortaronse hedras que subían pola fortaleza
 Cerrado baixo escaleira onde os baños.
 Pintado de peanas.
4. PROGRAMA DIDÁCTICO
4.1. Actividades escolares
Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas:
guiada e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación
previa das mesmas, concertando con departamento de didáctica.
Visita de iniciación:
Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para os grupos
que visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo.
Duración aproximada de 60 minutos.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
11
Para un mellor aproveitamento do Museo Fortaleza San Paio de Narla, xa
que existe unha variedade e riqueza de contidos, e na procura dun novo concepto
de visita máis participativa, como alternativa as tradicionais visitas guiadas e que
implique a colaboración directa de profesores e alumnos, ofrecemos un programa
de itinerarios os distintos niveis de ensino:
O Castelo encantado
O Porvir do pasado
O Labirinto do Castelo
Un Museo de Lendas
O xogo de verbas
Na lareira
A bela durminte
Museo Fortaleza San Paio de Narla
12
Visita de iniciación
Nivel: Todos os ciclos
Data: Curso escolar
Obxectivo: Comprender que a as sociedades actuais están condicionadas polo
seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e
continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións.
O Castelo encantado
Nivel: 1º e 2º ciclo de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Identificar as distintas clases sociais; servos, señorío e cabaleiros
meirande os recursos que nos ofrecen as diferentes salas do museo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
13
O Porvir do pasado
San Paio de Narla é un museo axente para o coñecemento da vida pasado
dos nosos devanceiros, museos que deben de ser, e son, activos na educación
dos nosas xeracións.
Nivel: ESO e BAC
Data: Curso escolar
Obxectivo: Estudar o paso do tempo, no que se desenvolve o señorío de San
Paio de Narla, así como as distintas salas, a través da Lenda da Cova da Serpe.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
14
Comprender que a sociedades actuais están condicionadas polo seu
pasado histórico, recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e
continuidade, así como a necesidade conservalas para outras xeracións foi o
obxectivo da visita do CPI Dr. López Suárez de Friol, os nenos de 6º de primaria
realizaron a visita acompañados da súa mestra Pilar Racamonde.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
15
O Labirinto do Castelo
Nivel: ESO e BAC
Data: Curso escolar
Obxectivo: Coñecer a etnografía e desenvolver a creatividade do alumnado sendo
conscientes da importancia do pasado para comprender e presente.
Un Museo en Lendas
Nivel: 3º Ciclo de Primaria, ESO e BAC
Data: Curso escolar
Obxectivo: Coñecer a literatura e a mitoloxía popular do Concello de Friol a
través da comunicación cos nosos maiores.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
16
Museo Fortaleza San Paio de Narla
17
O xogo de verbas
Nivel: 4º,5º e 6º Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Aproveitar a riqueza e a variedade do patrimonio cultural, tomando
conciencia da importancia do pasado para comprender o presente; para espertar
o interese polas visitas aos museo motivamos con xogos.
A) Nesta fotografía sinala o nome desta peza
B) ¿Sabes o nome de peza que vai do guindastre ó caldeiro?
C) O guindastre recibe tamén o nome de _____________
Localiza nesta sopa de letras as respostas dos apartados C das probas anteriores
e comprobarás que coas letras restantes contadas de 3 en 3 atoparás o nome
deste museo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
18
Na Lareira
Nivel: Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Visitar a cociña para que o alumnado descubra a transformación que
esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Compararemos as vellas cociñas e
as comidas que nelas se facían coas actuais
Museo Fortaleza San Paio de Narla
19
A bela durminte
Nivel: Ed. Infantil e 1º e 2º de Primaria
Data: Curso escolar
Obxectivo: Empregar como fío condutor o conto da Bela Durminte e aproveitar
como recurso os obxectos expostos, nun ambiente, en principio nada atraínte
para o neno, o castelo vaise convertendo nun escenario onde a imaxinación cobra
vida ata materializarse como real.
Peiteados y aderezos
Museo Fortaleza San Paio de Narla
20
Nivel: 3º e 4º ESO
Data: Curso escolar
Obxectivo: Concienciar aso rapaces e rapazas de cómo unha actividade que
pode parecer tan rutinaria como a de peitearse pode ser algo estético e artístico.
Ademais de agochar os entresixos de épocas históricas ao través das cales,
sometidas a un exhaustivo estudo, verase coma o peiteado era signo social de
distinción e ostentación.
Facendo historia (Heráldica)
Nivel: 1º e 2º da ESO
Data: Curso escolar
Obxectivo: Fusión heráldica e historia, condensándoos nun único concepto para
amosar que tras un escudo agóchase moita crónica histórica. Un escudo non é
unha peza inerte, ao contrario é unha peza parlante, e iso é o que se tentará facer
visible incidindo en que é unha fiestra para visionar como era a vida dos nosos
home e mulleres con rango nobiliario do Medievo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
21
Pescudas de detectives en San Paio
Nivel: 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO
Data: Curso escolar
Obxectivo: Trátase de que os nenos e nenas se metan, por uns intres, na pel dun
detective. Pero dun detective peculiar, porque o seu campo de acción será o
Museo de San Paio, e terán que ir superando unha serie de pistas para acadar a
meta final. Unha desas pistas consistirá en localizar cunha lupa cal é a peza máis
antiga da lareira, etc. Finalmente, chegarán ao último piso da torre e se fixeron
ben as súas tarefas, adiviñaran cal é o truco para abrir un cofre con sorpresas.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
22
Unha firma medieval: un signo lapidario
Nivel: 6ª de primaria, 1º ESO e 2º ESO
Data: Curso Escolar
Obxectivo: Con esta unidade didáctica búscase afondar noutra realidade de San
Paio de Narla, pouco coñecida e, por tanto, pouco difundida. Trátase de traballar
coa temática dos signos lapidarios que se atopan diseminados por toda a
fortaleza medieval e con reminiscencias renacentistas. Pretendese que os nenos
e nenas comprendan a transcendencia destes signos que non eran meros
garabatos na parede, senón que tiñan unha explicación e razón de ser. Deste
xeito, a unidade didáctica contempla ser realizada en dúas fases: unha teórica e
outra práctica.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
23
Obradoiros escolares
CURSO 2014-2015
Museo Fortaleza San Paio de Narla
24
Para o curso escolar 2014-2015 e, outro ano máis, a Rede Museística
presenta un actualizado programa educativo, deseñado e pensado para todas as
etapas educativas coa pretensión de seguir ofrecéndolle á comunidade escolar
experiencias didácticas co fin último de coñecer, comprender, valorar e gozar das
coleccións e espazos que conforman parte do patrimonio histórico artístico e
cultural da provincia de Lugo.
Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da
museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor
a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha
experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue
formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de
construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao
noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro.
Actividades deseñadas e elaboradas polo equipo dos departamentos de
didáctica do Museo Provincial de Lugo (Lucía Dequidt Lagares, Raquel Guerrero
Prieto, Mª Anunciación Losada Montenegro, José Manuel Mendoza Castiñeira e
Paula Salinas Somoza), do Museo Fortaleza San Paio de Narla (Francisca Abuín
e Ana Ferro), do Museo Provincial do Mar (Ángeles Miguélez e Amelia Pernas), e
do Museo Pazo de Tor (Tar López e Silvia Fiallega Lorenzo).
Museo Fortaleza San Paio de Narla
25
A área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede
Museística Provincial e dos museos que a integran, desexa contribuír con este
programa a que o curso escolar 2014-2015 sexa de proveito e, sobre todo, a que
os museos sexan vehículo motivador para o coñecemento.
PROGRAMA
A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 4 grandes
bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica.
Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus
estrutural:
___Bloque 1: CREA O TEU MUSEO
Que é un museo? Un museo é un lugar onde se conserva, expón e difunde
o patrimonio artístico e cultural. Pero un museo é tamén un espazo que lle
pertence a toda a comunidade, un espazo para soñar e facer das ilusións a nosa
realidade. Como che gustaría que fosen os nosos museos? Que che gustaría que
contivesen os nosos museos?
Dende a Rede Museística abrimos as nosas portas e invitámoste a que
entres e crees o teu museo a partir do diálogo coas nosas coleccións e cos
profesionais que nel traballan, nunha experiencia emocional e creativa.
A través das obras de arte podemos descubrir lugares reais e espazos
imaxinados polos artistas. Podemos viaxar ao noso pasado a través das pezas
arqueolóxicas e incluso descubrir as historias máis extraordinarias dos deuses
gregos. No museo podemos dialogar cos artistas, descubrir os seus soños e
anhelos. No museo podemos comunicar ideas.
Para isto, invitámoste a que coñezas as nosas coleccións e a importancia
do traballo que realizan os diferentes profesionais.
Obradoiro
A actividade inclúe un obradoiro deseñado para traballar de maneira
creativa a construción do seu propio museo a partir dun material que lle será
Museo Fortaleza San Paio de Narla
26
entregado a cada escolar composto por: unha caixa-museo, fotografías, imaxes
deseñadas, etc.
Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primario. 1º ciclo da ESO
Duración estimada da actividade: 60 minutos
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
---Bloque 2: O MUSEO COMO RELATOR DE HISTORIAS
Catálogo de visitas abertas segundo os diferentes contidos que ofrecen as
coleccións e seccións dos museos da Rede Museística.
Esta proposta didáctica, que xa foi iniciada en anos anteriores, quere
ampliar a súa oferta e implicar a todas as seccións do museo susceptibles de ser
visitadas, entendendo o museo como relator de historias. Nesta proposta aberta,
pretendemos utilizar unha metodoloxía activa de forma que sexan os propios
escolares os que constrúan o significado ante as pezas e obras de arte. Son
experiencias nas que se pretende ensinar a ver e gozar da arte e coa arte a
través dun discurso narrativo que se crea coas obras de arte. Con este diálogo,
preténdese potenciar a observación e a reflexión sobre as pezas e estimular o
diálogo sen medo a formar unha opinión crítica e persoal. Un diálogo que se
combina con información sobre o artista ou o período histórico, necesario, para
completar a visión da obra e contextualizala.
As coleccións presentes nos museos son susceptibles de estruturarse en
contidos segundo os intereses dos visitantes e pódense exemplificar nas
seguintes experiencias: rutas literarias, a arte do vestido, a historia da moeda,
descubrindo a escultura, epigrafía romana, ruta franciscana, cerámica de
Sargadelos e … un longo etcétera. Con esta nova formulación, preténdese
facilitar a asimilación da información co fin de comprender e achegarse mellor ás
coleccións que atesouran os catro museos da Rede. Os contidos temáticos son
tamén un xeito atractivo para o alumnado de presentar a información e acadar a
motivación e a súa atención dende o primeiro momento da visita.
Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
27
Duración estimada da actividade: 60 minutos
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
___Bloque 3: O MUSEO COMO RETROVISOR HISTÓRICO
Esta proposta nace coa finalidade de capacitar o alumnado para interpretar
vestixios do pasado e analizar a súa importancia no desenvolvemento da nosa
cultura.
Ciclos/cursos: 4º, 5º, 6º de E. Primario. ESO
Duración estimada da actividade: 60 minutos
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
___Bloque 4: VIAXES POLOS MUSEOS DA REDE
SAFARI NA REDE
Metodoloxía: Percorrido buscando animais representados en distintas obras
expostas no Museo. Logo da busca, podemos xogar a agrupar os animais
localizados segundo sexan de pelo ou de pluma, de terra ou de aire, mamíferos,
etc. Remataremos a actividade completando un álbum cos cromos
correspondentes aos animais avistados durante o safari.
Ciclos/cursos: Educación Infantil, 1º,2º, 3º de E. Primaria.
Duración estimada da actividade: 60 minutos.
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
VIAXE POR UN CADRO
Metodoloxía:. Metémonos dentro dun cadro e sen ver o que ven os que miran de
fronte temos que descubrir de que obra somos personaxes. Descubriremos
figuras, formas e símbolos dalgunhas obras pictóricas expostas no museo.
Ciclos/cursos: 5º, 6º de Educación primaria e 1º de ESO
Museo Fortaleza San Paio de Narla
28
Duración estimada da actividade: De 70 a 80 minutos.
Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede.
UNHA VIAXE AO PORVIR DO PASADO
Metodoloxía: San Paio de Narla é un museo axente para viaxar á vida dos nosos
devanceiros. Museos que con esa viaxe son activos de educación das nosas
xeracións.
Ciclos/cursos: E. Infantil e 1º ciclo de E. Primario.
Duración estimada da actividade: 60 minutos.
Esta actividade pódese realizar no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol).
VIAXE POLO CASTELO ENCANTADO
Metodoloxía: Empregando como fío condutor o conto da Bela Durminte, e
aproveitando como recursos as coleccións do museo no castelo faise unha viaxe
onde se converte nun escenario e a imaxinación cobra vida ata materializarse
como algo real.
Ciclos/cursos: 3º e 4º de ESO, 1º e 2º de BAC.
Duración estimada da actividade: 60 minutos.
Esta actividade pódese realizar no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol).
LAREIRAS DA REDE
Metodoloxía: Compararemos as novas e as vellas cociñas, para descubrir os
cambios producidos ao longo do tempo. Xogaremos co obxectivo de que as novas
xeracións non esquezan as vellas lareiras.
Ciclos/cursos: Educación Infantil.
Duración estimada da actividade: 60 minutos.
Esta actividade pódese realizar no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol).
CURSO 2015-2016
Museo Fortaleza San Paio de Narla
29
Coa nosa longa experiencia e o apoio de numerosos docentes que participaron en
precedentes cursos procuramos tender pontes de colaboración entre diferentes
espazos educativos, presentando actividades lúdicas pero rigorosas con contidos
que entroncan coas programacións escolares.
Actividades escolares
Crea o teu museo
Metodoloxía: Desde a Rede Museística invitámosvos a que creedes o voso
propio museo a partir dun diálogo aberto coas nosas coleccións e cos
profesionais que traballan neste espazo.
Nivel educativo: 3º, 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria.
Museo relator de historias
Metodoloxía: Con esta actividade son os propios escolares os que constrúen o
significado das pezas do museo, co que se potenciará a súa capacidade de
observación e reflexión ao tempo que se fomenta o seu espírito crítico.
Nivel educativo: 3º, 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria.
O Museo como retrovisor histórico
Metodoloxía: A colección do museo permitirá ao alumnado comprender que as
sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico, ao tempo que
Museo Fortaleza San Paio de Narla
30
recoñecerán as ferramentas usadas no pasado e saberán das historias legadas a
elas.
Nivel educativo: Tódolos ciclos.
Viaxes polos Museos da rede
O labirinto do castelo
Metodoloxía: Percorrendo o noso labirinto damos a coñecer a etnografía e
desenvolvemos a creatividade do alumnado tendo en contaa importancia do
pasado para comprender o presente.
Nivel educativo: ESO e BAC.
A Bela Durminte
Metodoloxía: A historia daBeladurminteé o fío conductor que nos leva a percorrer
o Castelo convertendoo no escenario onde o mundo daimaxinación cobra vida ata
materializarse narealidade.
Nivel educativo: Educación Infantil.
Vivir no pasado
Metodoloxía: A lenda da Cova daSerpedaranos un magnífico pretexto para
estudar o espazo e o tempo no que se desenvolve o Señorío de San Paio de
Narla.
Nivel educativo: ESO e BAC.
Xogo de verbas
Metodoloxía: Aproveitamos a riqueza e a variedade do patrimonio cultural e
espertamos o interese pola colección mediante interesantes e divertidos xogos.
Nivel educativo: 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Na lareira
Museo Fortaleza San Paio de Narla
31
Metodoloxía: Visitade a nosa cociña para descubrir a transformación que esta
dependencia sufriu ao longo do tempo. Comparamos as vellas cociñas e as
comidas que nelas se facían coas actuais.
Nivel educativo: Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria
Unha firma medieval: un signo lapidario
Metodoloxía: Con esta unidade afondamosnunha realidade pouco coñecida de
San Paio de Narla: a que nos ofrecen os signos lapidarios que se atopan
diseminados por toda a fortaleza. Para que os nenos e nenas comprendan a
trascendencia destes signos realizaránactividades teóricas e prácticas.
Nivel educativo: 6ª de Educación Primaria, 1º e 2º de ESO.
Á procura do acibeche en San Paio
Metodoloxía:A intención desta unidade é dar a coñecer a nosa colección de
acibaches a través de xoias realizadas nesta pedra protectora intimamente ligada
á cultura galega.
Nivel educativo: 1º, 2º, 3º e 4ºde ESO
Pescudas de detectives en San Paio
Metodoloxía:Os cativos meteranse na pel dun detective peculiar para que ir
superando unha serie de pistas polo museo. Finalmente, chegarán o último piso
da torre e, se fixeron ben as súas tarefas, adiviñaran cal é o truco para abrir un
cofre con sorpresas.
Nivel educativo: 5º e 6º de Educación Primaria e 1ºdaESO.
Bestiario Medieval: os animais fabulosos
Metodoloxía: Os nenos e nenas descurirán con esta actividade o importante que o
poder da creatividade e da imaxinación tomando como marco a Idade Media e os
fantásticos códices ilustrados con animais quiméricos: sereas, grifos, dragóns…
Así os rapaces poderán facer sobre pergamiño o seu propio códice miniado con
letras capitais.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
32
Nivel educativo: ESO.
Os escribáns en San Paio de Narla
Metodoloxía: Con esta actividade daremos a coñecer os instrumentos que
utilizaban os escribáns na Idade Media: pluma, tinteiro, salvadeiras, vade,
pergamiños…Así nos achegaremos a un oficio moi relevante para os señoríos
medievais.
Nivel educativo: 4º,5º,6º de Educación Primaria e 1º da ESO.
Actividades para escolas e familias
Peiteados e aderezos
Metodoloxía: Os rapaces apreciarán que unha actividade tan corrente como
peitearse pode ser algo artístico. As modas e os peiteados ao longo da historia
permitirannos coñecer tamén a importancia de arranxar o cabelo como signo de
distinción social e ostentación.
Destinatarios: Familias ou clases de 3º e 4º da ESO
Facendo historia (heráldica)
Metodoloxía: Amosaremos que tras un escudo agocháse moita crónica histórica
porque un escudo é unha peza parlante que nos fala de cómo era a vida dos
homes e mulleres con rango nobiliario durante o Medievo.
Destinatarios: Familias e cursos de 1º e 2º da ESO
Museo Fortaleza San Paio de Narla
33
4.2. Obradoiros de verán
VERÁN 2015 NA REDE MUSEÍSTICA
Vive o verán!
Nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo xa é verán. E
como cada ano, preparamos un programa de actividades amplo e variado para
todas e todos, no que grandes, medianos e pequenos poidamos entreternos e
aprender. Obradoiros creativos, concertos divertidos, viaxes e visitas guiadas,
propostas coas que pretendemos darlle forma creativa ao que soñamos e
imaxinamos. As nosas propostas están abertas á participación de todas as
persoas que o desexen, e moi especialmente para os integrantes dos nosos
clubs: Pequeamig@s, Ei! e Sénior.
»Os escribáns na Idade Media, Club Pequeamig@s.
O obxectivo desde obradoiro é dar a coñecer unha clase social moi
relevante na Idade Media ao servizo do señorío.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
34
Museo Fortaleza San Paio de Narla
35
»A pescuda dos detectives en San Paio, Club Pequeamig@s.
Neste obradoiro trátase de que os nenos/as se metan por uns intres na pel
dun detective. Terán que ir superando unha serie de pistas para acadar a meta
final. Unha das pistas será identificar cal é a peza máis antiga da lareira.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
36
Museo Fortaleza San Paio de Narla
37
»Unha noite no museo
Ademais de durmir no museo en sacos, aproveitaremos para coñecer a
nosa cultura popular a través de narracións orais. Un exercicio de convivencia.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
38
Museo Fortaleza San Paio de Narla
39
Museo Fortaleza San Paio de Narla
40
»Obradoiro de poesía visual para o Club Sénior
Con este obradoiro preténdese exercitar a mente e outras habilidades
mediante obradoiros prácticos. A aprendizaxe cultural, compartir o tempo, espazo,
experiencias e coñecementos é de vital importancia para a satisfacción dos nosos
maiores.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
41
Museo Fortaleza San Paio de Narla
42
»Obradoiro de memoria visual para o Club Sénior
Con este obradoiro preténdese exercitar a mente e outras habilidades
mediante obradoiros prácticos. A aprendizaxe cultural, compartir o tempo, espazo,
experiencias e coñecementos é de vital importancia para a satisfacción dos nosos
maiores.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
43
»Obradoiros de divulgación científica para o Club Pequeamig@s
Contáronmo e esquecino, vino e entendino, fíxeno e aprendino. Ciencia
para ver a arte. A idea é amosar o vencello entre a arte e o complexo mundo da
ciencia. Unha mensaxe innovadora sobre a capacidade creativa do ser humano.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
44
Museo Fortaleza San Paio de Narla
45
Museo Fortaleza San Paio de Narla
46
Museo Fortaleza San Paio de Narla
47
Museo Fortaleza San Paio de Narla
48
Museo Fortaleza San Paio de Narla
49
Museo Fortaleza San Paio de Narla
50
»Obradoiros de museoterapia: arte e sentidos, para o Club Pequeamig@s
Achegar, aprender, alimentar o noso maxín, saborear a arte, fortalecer a
autoestima, sentirse pertencente a un grupo …
Museo Fortaleza San Paio de Narla
51
Museo Fortaleza San Paio de Narla
52
Museo Fortaleza San Paio de Narla
53
»Unha viaxe culinaria no espazo e no tempo, pola xeografía e a historia da
gastronomía
A través dunha presentación con imaxes e música, viaxamos a diferentes
culturas para coñecer o máis característico da súas gastronomías: India, China,
Xapón, Europa … Teremos oportunidade de degustar os sabores máis
característicos de cada país.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
54
Museo Fortaleza San Paio de Narla
55
Museo Fortaleza San Paio de Narla
56
»Man con man, ritual sobre a pel.
Obradoiro de henna Tatuamos os noso propios deseños con henna natural
importada de Marrocos. Unha festa para celebrarmos a alegría do verán.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
57
»Obradoiro TratoRetrato para o Club Pequeamig@s
Seguramente non hai nada máis sorprendente que retratarnos, un debuxo
no que representamos a nosa imaxe coas esaxeracións propias da caricatura.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
58
Museo Fortaleza San Paio de Narla
59
»Obradoiro: unha viaxe fotográfica no Museo
Museo Fortaleza San Paio de Narla
60
Aprenderemos a ollar as fotografías e descubrir as mensaxes que se
agochan nelas. Que historias nos inspiran? O museo será un escenario para a
nosa imaxinación, un escenario de historia. A través das coleccións fotográficas
de cada museo viaxaremos no tempo e crearemos as nosas propias historias. Se
pechamos os ollos, que historias se nos ocorren que poderían ter acontecido
neste mesmo lugar noutras épocas?
Museo Fortaleza San Paio de Narla
61
»Obradoiro: Historias violetas, as mulleres nos museos
Exploraremos o papel e espazos que as mulleres teñen ocupado tradicional
e historicamente na nosa cultura: no campo, na aristocracia..., que actividades
desempeñaban e como vivían en relación aos homes, e entre as diferentes clases
sociais. Os museos gardan a memoria de obxectos, espazos, imaxes que ilustran
a vida das mulleres ao longo da historia, pero tamén son ferramentas
transformadoras, de cambio, para un futuro mellor. Observaremos, aprenderemos
e cuestionaremos eses roles tradicionais. Á través de fotografías, reflexionaremos
Museo Fortaleza San Paio de Narla
62
e compartiremos ideas de como o espazo, obxectos e imaxes do museo nos
axudaron a entender e recrear a nosa imaxe.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
63
»VIAXES* DESDE LUGO AOS MUSEOS DA REDE MUSEÍSTICA
Viaxe en autobús e visita guiada ao Museo, totalmente gratuíto. Viaxe ao
Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol
Museo Fortaleza San Paio de Narla
64
4.3. Obradoiros de Nadal
Como cada ano, os museos da Rede Museística de Lugo presentan un
programa de EXPOSICIÓNS, actividades e OBRADOIROS para achegar a cultura
a todas e todos. Propoñemos novas perspectivas para que os maiores e os
cativos vivan o noso patrimonio e as nosas colección en clave participativa e
intercultural.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
65
Museo Fortaleza San Paio de Narla
66
Museo Fortaleza San Paio de Narla
67
Museo Fortaleza San Paio de Narla
68
OBRADOIRO: Nadal Intercultural: Como se di Nadal en inglés?
Imos practicar o inglés no museo... xogando. Partindo dos protagonistas do
Nadal presentes nas obras do museo aprenderemos algunhas palabras en inglés
e a continuación coñeceremos xogos e costumes da época de Nadal propios
doutras zonas do mundo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
69
Museo Fortaleza San Paio de Narla
70
OBRADOIRO: O acto comunicativo do parladoiro ao whatsapp
Analizar como mudou o xeito de comunicarse entre os noso conxéneres
sociais con respecto á Idade Media.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
71
Museo Fortaleza San Paio de Narla
72
Museo Fortaleza San Paio de Narla
73
ROTEIROS POR ESTACIÓNS
Roteiros de museo a museo e de estación en estación, permitirán
cotemplar varios exemplos do noso patrimonio ambiental e cultural, en moitos
casos descoñecido e desvalorizado.
1º Roteiro por estacións “ O inverno” do Museo Fortaleza San Paio de Narla
ao Museo Provincial do Mar.
Dende a Area de Cultura a través da Rede Museística e os museos que a
integran, levamos anos traballando e ofertando a idea duns museos abertos a
toda a sociedade, convertendose en espazos para a participación e o diálogo a
través da arte.
O Museo de San Paio de Narla comenzou o primeiro Roteiro por estacións
onde os nosos nenos/as, pais/nais e avós/as puideron contemplar varios
exemplos do nosos patrimonio ambiental e cultural no Museo do Mar e a paisaxe
da Mariña Lucense co cal creamos unha relación entre os museos e o patrimonio
cultural. As persoas integrantes do grupo coñeceron a historia do museo de San
Cibrao a través das súas coleccións tan descoñecida para os veciños de Friol.
Unha viaxe inolvidable para elas desfrutando da praia no Nadal.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
74
Museo Fortaleza San Paio de Narla
75
2º Roteiro por estacións “ O inverno” do Museo Fortaleza San Paio de Narla
ao Museo Pazo de Tor.
Xa que o ICOM escolleu como lema "Museos e paisaxes culturais" para a
celebración do día Internacional dos museos (18 de Maio) a Rede Museística e
concretamente o Museo Fortaleza San Paio de Narla, levou a cabo este roteiro
cuxo obxectivo e poñer de manifesto a responsabilidade dos museos coa paisaxe
da que forman parte e xa que unas das súas misións e velar polo patrimonio,
estea dentro ou fora dos seus muros.
O Pazo de Tor ten unha paisaxe merecedora de estudar no seu contorno,
eso fixeron onte os nenos/as do Club Pequeamig@s de San Paio de Narla,
estudar e coñecer a fauna e flora do contorno e contidos do museo Pazo de Tor,
desta forma didáctica de traballar aprenderon para o futuro a conservalo e
difundilo, chegando a identificar o seu contorno como un Centro de Interpretación
do Patrimonio.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
76
Museo Fortaleza San Paio de Narla
77
4.4. Obradoiros del Club Pequeamigos
Museo Fortaleza San Paio de Narla
78
Un museo é un espazo onde nos reflectimos nós mesmo e a Rede
Museística Provincial de Lugo trata de facelo a través dos seus contidos e das
súas experiencias pedagóxicas proxectándoas aos distintos colectivos da
sociedade.
A programación que presenta vai dirixida ao Clube Pequeamigos da Rede
e foi deseñada coma unha proposta conformada por diversos obradoiros, cos que
se pretende un achegamento das nenas e nenos aos catro museos da Rede e ás
súas coleccións.
Queremos que as xeracións do futuro aprendan, respecten e coñezan o
noso patrimonio, como medio e como ferramenta para a súa formación, así como
para o conxunto da sociedade. É dicir, museos onde a historia convértese en
experiencias didácticas, vivenciais e lúdicas, un museo de historias por descubrir
e compartir.
A programación e os Obradoiros foron elaborados para dar resposta aos
seguintes principios:
Museo Fortaleza San Paio de Narla
79
1. SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de
obter satisfacción persoal ao realizar algo por un mesmo.
2. PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a
creatividade individual e colectiva.
3. COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo.
4. DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia
5. DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral.
6. EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar.
7. COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian
novas capacidades cognitivas:
a. Aprender a coñecer
b. Aprender a ser
c. Aprender a vivir xuntos
d. Aprender a facer
Obradoiro Ánima iTablet
A todos nos gusta usar o iPad/Tablet, especialmente os nenos, pero
podemos usalos dun xeito creativo? Neste taller exploraramos e desenvolvemos a
creatividade a través da Arte da Animación creando pequenas pezas,
curtametraxes.
A Arte, e en especial o Cine é unha ferramenta de grande alcance para
espertar a curiosidade e interese polo seu ámbito máis próximo dando renda solta
ás súas enerxías creativas, ás capacidades críticas e desenvolvemento da
motricidade fina.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
80
Anima iPad/Tablet damos vida a obxectos, personaxes, desenvolvendo
habilidades con materiais e tecnoloxía marabillosa. Traballamos de xeito
colaborador. Puxemos voces, música e editamos a nosa historia para crear a
nosa pequena grande animación. Anima iPad/Tablet utiliza unha metodoloxía do
descubrimento; lúdica e ao tempo unha divertida experiencia educativa. O Taller
así mesmo foi acompañado dunha proxección de curtametraxes para
acompañarnos no noso pequeno proceso de creación.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
81
Museo Fortaleza San Paio de Narla
82
Museo Fortaleza San Paio de Narla
83
Obradoiro "Comunicación popular, dende os trobadores ata a era de
internet"
Coñeceron a evolución moderna dos relatores comprobando como se
utiliza a tecnoloxía para contar historias e como os trobadores da nosa época se
encontran en moitos casos en contornas tecnolóxicas como poden ser as redes
sociais.
E así coñeceron a importancia das nosas teconoloxía para comunicar as
nosas tradicións e costumes.
Conclusión relatores da historia a través da tecnoloxía.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
84
Museo Fortaleza San Paio de Narla
85
Museo Fortaleza San Paio de Narla
86
Obradoiro Crear para Xogar
A arte de xuntar II. Colección Quiroga-Monte de xoguetes antigos:trens e
outras pezas, distribuida polos catro museos da Rede Museística e con motivo de
dita exposición, estanse levando a cabo unha serie de actividades
complementarias.
Os nenos/as do Club Pequeamig@s do Museo Fortaleza San Paio de
Narla gozaron dun obradoiro que levaba por título "Crear para Xogar", cuxo
obxectivo era aprender a xogar e aprender a vivir. A través de xoguetes antigos e
de xogos tradicionais os máis pequenos descubriron onte a infancia dos seus
avós a través da súa imaxinación e das súas mans eles crearon os soldadiños e
outros xoguetes, e así achegaronse a historia do xoguete dunha forma lúdica.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
87
Museo Fortaleza San Paio de Narla
88
Obradoiro Xogueteando
Aprender a xogar é aprender a vivir. Neste obradoiro os nenos/as do Club
Pequeamig@s a través de xoguetes antigos e de xogos tradicionais descubriron a
infancia dos seus maiores.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
89
Museo Fortaleza San Paio de Narla
90
Obradoiro Historias Soldadas
Os nenos/as do Club Pequeamig@s de San Paio de Narla desfrutaron do
obradoriro Historias soldadas, actividade de creación de historias coa que
potenciaron a súa imaxinación e fomentaron a creatividade. O obradoiro iniciouse
lendo un conto sobre soldadiños para que a partir da lectura, os nenos/as crearan
a súa historia encadeada na que cada un aportou unha parte da historia
imaxinaria.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
91
Museo Fortaleza San Paio de Narla
92
4.5. Colaboración coa Universidade
Museo Fortaleza San Paio de Narla
93
Visita da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo
O final do curso pasado e despois de varias reunión os profesores de 2º de
Educación Primaria tomámola decisión de potenciar o traballo en grupo. Para elo,
tentamos atopar a posibilidade de facelo, en e por grupos de alumnos deste curso
da Facultade de Formación do Profesorado, buscando que, puidera mellorar a
aprendizaxe do noso alumnado, e, si houbera lugar, propoñelo como algo a facer
nos colexios e nas distintas materias que conforman o curriculum escolar da
Educación Primaria coa idea de, potenciar a globalización do curriculum nesta
etapa educativa.
Para lévalo adiante consideramos que, a busca do material podería facerse
nunha viaxe polas contorno de Lugo, intentando a collida do mesmo para as
materias de:
Educación Visual e Plástica
Deseño e Desenvolvemento Currícular
Organización e Xestión do Centro Escolar
Ensino e Aprendizaxe de Competencias Comunicativas da Lingua Francesa
Fundamentos da Educación Física
Ensino e Aprendizaxe das CC. Experimentais
Ensino e Aprendizaxe da Xeometría
Estas materias, todas elas de segundo de E. Primaria e, para os futuros
mestres, decidiuse para o día 27 de outubro e os lugares a recorrer serían:
Santa Olalla de Bóveda, parroquia co Campo da Feira cos pendellos do mesmo e
tamén a igrexa de Guimarei, para despois de xantar en Friol, rematando coa visita
a Torre castelo de San Paio de Narla e o dolmen.
O alumnado tería que recoller todo o que vira e atopara, ben por escrito ou
polos MAV e as TIC axeitadas para despois “colocalo” no currículum de Primaria
adaptando o material collido ós contidos desa etapa escolar para desenvolvelas
Museo Fortaleza San Paio de Narla
94
capacidades e a conquista das competencias sinaladas nos distintos cursos da
etapa de Primaria.
Este traballo, estaría proposto con outra motivación, dentro da aprendizaxe
do alumnado universitario: Ensinar e traballar en grupo os futuros docentes.
Lugo 3 de novembro do 2015
Francisco Xosé Silvosa Costa
Coordinador do 2º curso de E, Primaria
Museo Fortaleza San Paio de Narla
95
Traballo de Fin de Grao en Mestre/a de Educación Infantil
Colaboración co traballo de Fin de Grao: “Artellar entre paredes de pedra:
Obradoiros artísticos en torno aos oficios medievais da muller campesiña” da
alumna da Facultade de Formación do Profesorado Fátima Iglesias Núñez.
A partires dunha serie de oficios realizados pola muller campesiña e
tomando como referencia a metodoloxía de taller, levamos a cabo unha serie de
obradoiros e a súa posterior exposición. Intentando así revalorizar e recuperar
tradición á vez que conectar xeracións nun ambiente rural. Ao mesmo tempo
amósase a importancia de que o neno/a sexa o protagonista autónomo da súa
propia aprendizaxe.
Tomando como referencia os oficios realizados pola muller campesiña e a
dinámica da metodoloxía de talleres, puxemos en práctica catro obradoiros
dirixidos aos nenos/as do Club Pequeamig@s da Rede. Este obradoiros xorden
da observación do entorno habitual para eles, onde é palpable a desaparición de
todo o que concirne ao medio rural: traballos, lingua, espazos… Emporiso a
través das actividades que se realizaron buscouse dar auxe á figura da muller no
rural, revalorizar e recuperar tradición e conectar xeracións. Os obradoiros que se
levaron a cabo foron:
Museo Fortaleza San Paio de Narla
96
Obradoiro unha ollada aos oficios medievais na muller campesiña “A sella e
a auga”
Neste obradoiro os nenos/as comprenderon que as sociedades actuais
están condicionadas polo seu pasado histórico. Recoñecer as pezas e analizar a
súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas. Nel
realizaron unha sella e forón buscar a auga ao río nela, para por último rematar
cun debuxo feitos con tempera e xeo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
97
Museo Fortaleza San Paio de Narla
98
Museo Fortaleza San Paio de Narla
99
Museo Fortaleza San Paio de Narla
100
Museo Fortaleza San Paio de Narla
101
Obradoiro "a filloeira e a filloa"
Os nenos/as do Club Pequeamigos continuaron cos obradoiros "Unha
ollada aos oficios medievais na figura da muller campesiña"
No obradoiro " A filloeira e a filloa" os nenos/as fixeron unha posta en
común a través dunhas fichas moi ben elaboradas por Fátima Iglesias
responsable do obradoiro: que sabemos dela?, para qué serve?, cómo se
emprega?, quen a emprega?; e así coñeceron os nenos a filloeira buscando ao
longo do museo e logo o proceso de todos os productos para facer as filloas e así
concluimos facendo as filloas dun xeito tradicional e comendoas onde os nenos
desfrutaron.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
102
Museo Fortaleza San Paio de Narla
103
Museo Fortaleza San Paio de Narla
104
Museo Fortaleza San Paio de Narla
105
Museo Fortaleza San Paio de Narla
106
Obradoiro “A queixeira e o queixo”
No obradoiro da queixeira e o queixo, os nenos desfrutaron vendo un
campesiño que voltou a idade media muxindo unha vaca e vendo como saía o
leite, eles mesmo a continuación prepararon o leite e fixeron o queixo como
podemos ir comprobando nas distintas imaxes. E despois plasmaron a súa
experiencia nun pequeno mural. Polo tanto os obxectivos marcados cumprironse
perfectamente e para eles foi unha experiencia participativa en grupo, moi
gratificante.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
107
Museo Fortaleza San Paio de Narla
108
Museo Fortaleza San Paio de Narla
109
Museo Fortaleza San Paio de Narla
110
Museo Fortaleza San Paio de Narla
111
Obradoiro “O cacho e a torta de millo”
Primeiro visitaro no museo e localizaron e contextualizaron a peza, a
continuación seguiron co proceso que segue o doce (sementalo, debullar millo,
moelo para a fariña, ovos, aceite e azucre para facer a torta) os nenos/as foron
convertíndose en campesiños/as coa diferenza de antaño de que desfrutaron
comendo a torta cun chocholate.
A experiencia resultou moi positiva.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
112
Museo Fortaleza San Paio de Narla
113
Museo Fortaleza San Paio de Narla
114
Museo Fortaleza San Paio de Narla
115
Museo Fortaleza San Paio de Narla
116
Exposición dos traballos feitos no distintintos obradoiros
Na cal se mostran as pezas feitas, e se goza dun tempo compartido coas
familias. Pretendese concienciar sobre a importancia da relación de comunicación
entre xeracións.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
117
Museo Fortaleza San Paio de Narla
118
Museo Fortaleza San Paio de Narla
119
Museo Fortaleza San Paio de Narla
120
Colaboración co proxecto Vía Lactea (USC)
Museo Fortaleza San Paio de Narla
121
Museo Fortaleza San Paio de Narla
122
Museo Fortaleza San Paio de Narla
123
Museo Fortaleza San Paio de Narla
124
Museo Fortaleza San Paio de Narla
125
5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL
Museo Fortaleza San Paio de Narla
126
5.1. Programa interxeneracional
A través deste programa o que pretendemos é o coñecemento duns
medios artesáns que forman parte da nosa cultura e que tende a desaparecer
ante os novos procesos industrial e tecnolóxicos.
III Xornadas de interpretación e dinamización no medio rural
Estas xornadas pretenden contribuír a promover o interese pol cultura e
tradicións propias da parroquia de Carballo e do Concello de Friol ademais de
supor unha oportunidade para analizar a situación do rural e poder coñecer
experiencias e estratexias que nos permitan contribuír a impulsar iniciativas de
desenvolvemento social e económico no noso entorno.
Os obxectivos destas xornadas son:
 Proporcionar espazos de encontro, intercambio e formación entre os
veciños e veciñas.
 Afondar no coñecemento da nosa historia e patrimonio material e
inmaterial.
 Divulgar axudas que poidan resultar de interese.
 Contribuír a promover a integración de colectivos xuvenís, de mulleres, de
maiores e colectivos desfavorecidos en xeral.
 Coñecer experiencias que poidan resultar de interese para os veciños e
veciñas.
 Difundir as diferentes iniciativas e proxectos relacionadas co sector forestal
e agrogandeiro.
O Museo Fortaleza San Paio de Narla involucrados sempre nas actividades do
seu concello, colaborou coa súa presenza en devaditas xornadas, e ofrecendo o
espazo do noso museo para a realización dunha actividade das xornadas.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
127
Museo Fortaleza San Paio de Narla
128
Museo Fortaleza San Paio de Narla
129
Museo Fortaleza San Paio de Narla
130
Museo Fortaleza San Paio de Narla
131
5.2. Programa da terceira idade
Museo Fortaleza San Paio de Narla
132
En termos xerais podemos dicir que a historia de Friol é a dos
acontecementos que lles ocorren aos antigos señores, hai que descubrila a base
dos vellos nobres que poboaron a comarca e das épocas en que dominaron o
territorio. Por iso nós creamos o programa da terceira idade.
Ninguén como as persoas maiores, isto é a terceira idade, pode valorar o
patrimonio inmaterial que tiña a transmisión oral da súa época, xa que era o seu
medio de comunicación, e nós os traballadores de museo somos os
encomendados de traspasar o noso legado a outros concellos, iso é o que imos a
facer cos nosos visitantes da terceira idade. Neste caso estamos a traballar cuns
grupos dos distintos concellos da xeografía galega a través da “Casa do Queixo”
e distintas axencias de viaxes e asociacións.
Visita da Peña Cabaleiros do Milenio de Santiago
Museo Fortaleza San Paio de Narla
133
Visita Grupo de telefónica
Museo Fortaleza San Paio de Narla
134
Museo Fortaleza San Paio de Narla
135
Visita do Concello de Mos
Visita Asociación cultural galega de formación permanente de adultos de
Santiago
Museo Fortaleza San Paio de Narla
136
5.3. Programa de ocio-turístico
Visita do Africa Twin Club España ATCE
O Africa Twin Club España ATCE integrado por moteiros de toda a
xeografía española, programou unha xornada de actividade cultural para
contemplar o inmenso patrimonio que ten o concello de Friol. A súa primeira visita
foi ao Museo Fortaleza San Paio de Narla onde desfrutaron dunha perenne
lección de historia e quedaron entusiasmados ao coñecer o seu pasado e os
contidos das seccións que alberga o museo. En definitva un paseo en moto pola
historia, pola gastronomía, pola natureza.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
137
Visita da Asociación Terras de Auga e Cultura do Concello de Lugo
Visita Asociación Gastronómica Moscones (Asturias)
Museo Fortaleza San Paio de Narla
138
5.4. Semana dos museos
Museos para unha sociedade sostible
O planeta está esgotado, vive nun equilibrio precario entre a modernidade
e a destrución. Chegou o tempo do cambio, a humanidade necesita volver a
conectar coa natureza para un desenvolvemento sostible. Este ano o lema para o
Día Internacional dos Museos é “Museos para unha sociedade sostible”. Porque
neste contexto, os museos teñen o deber de converterse en medios facilitadores
do cambio, teñen que ser referentes dun novo modelo social e económico,
cimentado na solidariedade e no respecto polo medio ambiente, mediante o
aproveitamento racional dos recursos dispoñibles. A responsabilidade social dos
museos ten que poñelos na primeira liña, como difusores de boas prácticas e
xeradores do cambio.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
139
En Galiza temos a sorte de que esta data é inmediata á celebración do Día
das Letras Galegas, un día ao ano no que tratamos de poñer en valor a nosa
lingua, reivindicar a nosa identidade e fortalecer a nosa alma como pobo. Polo
que, no caso da lingua, tamén sería indicado aplicar o concepto sostible, porque
queremos unha lingua saudable, unha lingua viva, unha lingua de todos, como
vehículo de progreso e modernidade.
Así pois, neste 2015 imos fusionar lingua e museos, arte e natureza.
FOTO_PALABRAç
Nesta iniciativa imos incluír dúas variantes: “Un día / Unha palabra” e “Haikus pola
lingua”
Un día / Unha palabra
Esta iniciativa estaba pensada para encher as nosas redes sociais (facebook e
twitter) de palabras en galego, esas palabras que forman parte dun patrimonio
esquecido, palabras ou expresións que falaban os nosos maiores e que por
caeren en desuso están desaparecendo do noso vocabulario. E porque cremos
que unha lingua viva é unha lingua que se fala, queremos que os nosos
seguidores nas redes contribúan a enriquecer tanto o noso léxico como a nosa
cultura, e publiquen “foto_palabras”, fotos dos obxectos ou de escenas que teñan
relación coa palabra ou expresión que tratan de mostrar. Para estimular a
participación dos nosos seguidores do facebook podemos establecer un sistema
de nominacións, polo cal unha persoa elixe a outra para que publique a súa
“foto_palabra”, e así sucesivamente, mencionando ou etiquetando o nome do
museo da Rede no que quere participar. Para publicar as foto_palabras no twitter,
utilizarase o #conlingua. Cada un dos museos poñerá no twitter unha
“foto_palabra” por día relacionada cos contidos das súas coleccións ou do entorno
no que está integrado.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
140
HAIKUS POLA LINGUA
Nos haikus combínanse á perfección os conceptos de lingua, arte e natureza. Os
haikus son pequenos poemas de orixe xaponés, que se compoñen de tres versos,
de 5-7-5 sílabas, que acostuman a tratar da natureza, da realidade, do percibido
polos sentidos. A miúdo inclúen un kigo, que é unha palabra ou expresión que fan
referencia ó día, estación ou período do ano ó que se refire o poema. Os haikus
teñen unha grande potencia espiritual, neles combínase a intuición, a harmonía, o
equilibrio coa natureza, o sentimento, o vínculo. Algúns descríbenos como o
impacto dun momento sentido con profundidade. Queremos capturar a forza da
palabra e da natureza en imaxes. Neste caso, queremos convocar un concurso a
través das redes, invitando a colexios e bibliotecas, para que acompañen
Museo Fortaleza San Paio de Narla
141
fotografías da natureza, da nosa paisaxe, con haikus. Con todas as
fotocomposicións crearemos unha exposición virtual nas nosas redes sociais
como homenaxe á nosa lingua e ó mesmo tempo para lanzar unha mensaxe de
concienciación para a preservación do medio ambiente. As fotocomposicións
deberán remitirse ó correo redemuseistica@gmail.com, poñendo como título da
mensaxe Haikus pola lingua.
Neste caso, cada un dos museos procurará a participación de poetas e artistas
para incluír as súas fotocomposicións (foto + haiku) nas súas redes sociais.
CULTURBAN; CULTURA URBANA SOSTIBLE
Día Internacional dos Museos 2015 / Día de intervencións de Cultura Urbana
Rede Museística Provincial de Lugo - CLUB EI!!
A Rede Museística Provincial de Lugo e o CLUB EI!! promoven o proxecto
CULTURBAN, coa participación de mozos creadores, muralistas, grafiteiros e
creativos do CLUB EI!!
Coincidindo co Día Internacional dos Museos, os días 16, 17 e 18 de maio
realizaranse unha serie de intervencións simultáneas en varios espazos cedidos
pola Rede Museística Provincial de Lugo: Museo do Mar de San Cibrao, Museo
Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla.
CULTURBAN; CULTURA URBANA SOSTIBLE
O obxectivo principal do proxecto busca unha mirada cara á sostibilidade do
patrimonio como piar do desenvolvemento cultural, por medio de propostas
creativas e construtivas, preténdese cohesionar un soporte e contexto comunal
con intervencións artísticas urbanas contemporáneas desenvolvidas por mozos,
fomentando así a gran riqueza artística que alberga a arte urbana desenvolvida
con obxectivos comúns e estratexias a favor dunha dimensión cultural sostible co
medio.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
142
Os museos e cultura como tema proposto e centro de actuación, reivindicando
nas intervencións seleccionadas a nosa identidade cultura e patrimonio local, co
fin de promover Lugo como cidade cultural e universitaria.
CULTURBAN preséntase coa intención de fomentar a arte socialmente
responsable, vinculada á comunidade, a súa identidade e cultura, dignificando a
arte urbana como expresión artística e ferramenta lúdica, respectando e
enriquecendo a identidade e o patrimonio urbano comunal.
A Rede Museística en colaboración co CLUB EI!! con esta proposta busca
promover e apoiar a arte urbana entre os mozos creadores, ofrecendo liñas de
actuación responsables e sostibles para desenvolver expresións e ideas artísticas
no ámbito urbano de forma harmónica. A Rede Museística Provincial de Lugo
facilitará aos participantes as necesidades técnicas, permisos e materiais para o
desenvolvemento de cada intervención, cedéndolles 3 espazos dispoñibles nos
centros onde se desenvolverán as intervencións.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
143
NOITE DOS MUSEOS: Sábado, 16 de maio
Visita e concerto no Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol.
18:00 h. Saída en autobús* desde Lugo para o Museo Fortaleza San Paio de
Narla.
18:30 h.- Noite dos Museos no Museo. Os membros do Club Pequeamig@s de
San Paio de Narla que o desexen reúnense a esta hora para participar nos
obradoiros, concerto, contos e… a durmir, que son horas.
18:45 h. Visita guiada ao Museo Fortaleza San Paio de Narla.
19:45.- Inauguración da exposición “Sas Diosas. Miradas, sa erèntzia mea”, de
Monica Mura. Forma parte da itinerancia da mostra Olladas ‘A miña familia’.
20:00.- Contámo-nos-contos. 21:00 h. Concerto de José María de Cora (guitarra
clásica)
22:00 h. Regreso a Lugo para os usuarios do autobús, a onde se chegará sobre
as 23:00 h.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
144
Museo Fortaleza San Paio de Narla
145
Museo Fortaleza San Paio de Narla
146
Museo Fortaleza San Paio de Narla
147
DÍA DAS LETRAS GALEGAS: domingo, 17 de maio
12:00 h.-Visita guiada ao Museo Fortaleza de San Paio de Narla.
Actividades a desenvolver nesta xornada: Ademais das visitas guiadas continúan
“Un día /Unha palabra”, “Haikus pola lingua” e “Culturban, cultura urbana sostible”.
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS: luns, 18 de maio
Os catros museos estarán abertos ao público nesta xornada.
5.5. Programa Museoloxía social
Museo Fortaleza San Paio de Narla
148
Culturas en diálogo
Programa de museoloxía social impulsado pola Rede Museística da
Deputación de Lugo. No acto de presentación, presidido polo delegado da área de
Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, a xerente da Rede,
Encarna Lago, a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, e representantes do
tecido social implicado déronse a coñecer os obxectivos e principais actividades e
iniciativas programadas que se irán desenvolvendo ao longo do ano nos catro
museos (Lugo, Tor, Narla e San Cibrao) da Rede, así como noutras localizacións.
PONTES DE DIÁLOGO
LUGO-MÉXICO
LUGO-ARXENTINA
LUGO-URUGUAI
LUGO-BRASIL
LUGO-REP. DOMINICANA
LUGO-COLOMBIA
LUGO-PERÚ
Museo Fortaleza San Paio de Narla
149
As iniciativas e o calendario de actividades, moi variado e diverso (encontros,
conferencias, entrevistas, obradoiros, festivais, exposicións …) contarán coa
colaboración de numerosos colectivos sociais así como de institucións
museísticas, como é o caso do Museu Maritim e o Museo Etnológic de Barcelona,
ou o Museo de L’Hospitalec no caso da diálogo a establecer entre Lugo e
Cataluña.
Todas as actividades se encadrarán transversalmente co diálogo cos distintos
países e cultura a través destas iniciativas on:
1.-CARTAS FALADAS. HISTORIAS DAQUÍ OU DACOLÁ
2.-NOS+OUTRAS: EN REDE
3.-DOMINICANAS
4.-FESTIVAL MUSICAL
Día Internacional do Migrante 2015: actos nos museos da Rede Museística
Museo Fortaleza San Paio de Narla
150
Con motivo do Día Internacional do Migrante (18 de decembro), a área de Cultura
da Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística e dentro do programa
‘Culturas en Diálogo’, organiza diversos actos que serán comezan este xoves, día
17, ás 20:00 horas, na Sala Multiusos do MPLugo, coa inauguración da
exposición ‘INHERENTES. Personaxes, lugares e outras herbas’, de Tamara
Wassaf e Luciana Rago. Actos que terán continuidade o día 18, no Museo Pazo
de Tor, e o sábado, 19, cunha xornada intensa no Museo Fortaleza de San Paio
de Narla. A entrada a este acto é libre e gratuita.
EXPOSICIÓN: INHERENTES_Personaxes, lugares e outras herbas ( de
Tamara Wassaf – Luciana Rago)
Sala de Exposicións do MPLugo (Sala Multiusos)
CULTURAS EN DIÁLOGO
Culturas en Diálogo: Lugo – A Arxentina é un proxecto de colaboración entre a
Rede Museística da Deputación de Lugo e as asociacións de Inmigrantes e
Retornados Rioplatenses en Lugo e Tango Club Galicia, mais un equipo
multidisciplinar. Concíbese como programa de museoloxía social que formula un
traballo de arqueoloxía emocional entre Lugo e A Arxentina, coa posta en valor e
humanización dos seus testemuños, en clave intercultural, entre diferentes
xeracións e institucións museísticas, fomentando a creación multidisciplinar e
onde se destaca a participación social de todos os colectivos da comunidade.
Culturas en Diálogo, coordinado por Encarna Lago González, ten como obxectivo
a creación de pontes de diálogo entre Lugo e colectivos de migrantes de
Arxentina, Uruguai, México, Brasil, República Dominicana, Colombia e Perú.
INHERENTES_PERSONAXES, LUGARES E OUTRAS HERBAS
O traballo INHERENTES é o resultado dun diálogo múltiple entre as linguaxes
que ambas artistas veñen desenvolvendo desde hai varios anos. Por un lado,
Luciana Rago instala “Papirofagia”, sutís fibras de papel esquivando e
conversando con violentos desgarramentos de luz e escuridade. Unha gran forma
de papel de fibras vexetais que fragmenta o espazo expositivo e que envolve o
espectador desde a consideración do pictórico como experiencia vital e aberta.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
151
Por outro lado, no traballo de Tamara Wassaf as formas da natureza preséntanse
como imaxes sempre cambiantes: son seres vexetais que se camuflan con
miradas femininas, escóndense e fusiónanse facendo que a mirada do espectador
discorra dun lugar a outro a través de sutís pasaxes de luz. Inherentes é o título
desta serie e fío condutor de todas as pezas que aquí se presentan e refírese á
idea daquilo que, debido ás súas condicións naturais, está unido dunha maneira
indivisible. Neste sentido, Inherentes aludirá non tan só a un diálogo de amizade
que comezou hai máis de quince anos entre as dúas artistas, senón que, ao
mesmo tempo, será unha escusa perfecta para contribuír cun diálogo frutífero,
cultural e internacional que é sempre unha ocasión de festexo.
[Encarna Lago González, comisaria]
PROGRAMA DE ACTOS NA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO
»Xoves, 17/12/2015, ás 20:00 h.
Lugar: MPLugo (sala Multiusos)
-Presentación do Programa e inauguración da exposición “Inherentes:
Personaxes, lugares e outras herbas”, de Tamara Wassaf e Luciana Rago.
Este acto contará coa presenza de Xosé Ferreiro Fernández, deputado delegado
da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e Encarna Lago, xerente da Rede
Museística.
»Venres, 18/12/2015
Lugar: Museo Pazo de Tor (Monforte) / 11:00 h.
-Presentación da exposición “Inherentes: Personaxes, lugares e outras herbas” de
Tamara Wassaf e Luciana Rago
»Sábado, 19/12/2015
Lugar: Museo Fotaleza de San Paio de Narla (Friol) / 13:00 h.
-Presentación Proxecto Culturas en diálogo: Lugo-Uruguai.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
152
-Presentación da exposición “Inherentes: Personaxes, lugares e outras herbas” de
Tamara Wassaf e Luciana Rago.
-Irmanamento da Muralla de Lugo co Candombe e o Tango (Patrimonios Culturais
Inmateriais da Humanidade), con Mª Teresa Huguet e a colaboración das
asociacións culturais Muralla-Folk e Rioplatense.
Cartas faladas: historias daquí ou dacolá. Recordamos a …
»Juana de Ibarbourou, coñecida popularmente como Juana de América. O seu
pai, Vicente Fernández, naceu en Lourenzá, provincia de Lugo. A biblioteca
municipal desta localidade leva o nome desta poetisa. Escoitamos a súa voz.
Lectura das súas poesías.
»José María Alonso y Trelles Jarén, coñecido como «El Viejo Pancho»
(Ribadeo (Lugo), 7 de maio de 1857 - Montevideo, 28 de xullo de 1924). Escritor e
poeta gauchesco. A biblioteca Pública Municipal de Ribadeo chámase: El Viejo
Pancho. Lectura das súas poesías.
»Valentín García Saiz (Melo, Cerro Grande (Uruguai), 23 de decembro de 1894 –
Montevideo, 3 de abril de 1974). O seu pai, Valentín García Fraga, era natural de
Mondoñedo. Gran escritorr gauchesco. Lectura de contos da súa obra “El
narrador gaucho”.
14:00 h.-Xantar
15:30-18:00 h.
-Encontro coa comunidade: Mateada e café. Campionatos de naipes: Truco
(versión uruguaia) / Brisca. Xogos tradicionais para nenos.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
153
Museo Fortaleza San Paio de Narla
154
Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero
Presentación de ‘Plántalle cara ao maltrato’, de Luz Darriba
Dentro do programa CULTURAS EN DIÁLOGO, programa que organiza a Rede
Museística da Deputación de Lugo, este mércores, 25 de novembro, ás 18:30
horas, con motivo do Día contra a violencia de xénero, terá lugar no Museo
Provincial de Lugo unha charla a cargo de LUZ DARRIBA, artista que está a
desenvolver Dominicanas., un proxecto que intenta facer visible a existencia
dunha colectividade, apenas coñecida, que leva moitos anos convivindo e
interactuando entre nós en Lugo.
Dominicanas é tamén un xeito diferente de mirar, de desestigmatizar a ollada
social maiormente turbada polos prexuízos, de furgar no backstage das historias
de vida, das bitácoras de persoas con acenos comúns, entrelazadas polas
vicisitudes dun destino afastado do coñecido e familiar. Trátase, en definitiva, de
poñer o foco nas mulleres dominicanas é a maneira que atopamos de desvelar
Museo Fortaleza San Paio de Narla
155
eses misterios, de afondar nos nosos diálogos entre culturas. As mulleres foron,
en xeral para esta comunidade, as pioneiras, as colonizadoras, as descubridoras,
as que comezaron a destecer e a tecer as historias que nos unen.
Día internacional das persoas co discapacidade
O Día Internacional das Persoas con Discapacidade 2015 na Rede
Museística
Para conmemorar este 3 de decembro de 2015, Día Internacional das Persoas
con Discapacidade, a Área de Cultura da Deputación de Lugo, á través do
departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade da Rede Museística
organiza unha serie de actividades que se prolongarán durante todo o mes e que
son:
-Obradoiro SENSACIÓNS no Pazo de Tor (Monforte) e no Museo de San Paio de
Narla (Friol), que terá lugar o día 3 de decembro con dúas actividades pola mañá
e outras tantas pola tarde, dirixidas a todo tipo de público.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
156
-Obradoiro CARTAS FALADAS nos catro museos que integran a Rede
Museística (Museo Provincial de Lugo, Museo de San Paio de Narla, Museo
Provincial do Mar e Pazo de Tor) o día 6 de decembro, ás 12:00 horas, actividade
dirixida a todo tipo de público.
-Nova convocatoria do obradoiro de fotografía para persoas cegas. O día 3 de
decembro ábrese o prazo para presentar as solicitudes para asistir ao curso de
FOTOGRAFÍA A CEGAS, (diríxase ao museo da Rede máis próximo) que se vai
desenvolver os días 28 e 29 de decembro e 7 e 8 de xaneiro que culminará cunha
exposición das obras realizadas o día 28 de decembro.
-Exposición dos traballos seleccionados do Premio ANADE (do 4 ao 13 de
decembro). Sala Multiusos do MPLugo
O SAMAÍN NO MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA
O Museo de San Paio de Narla segue a loitar polo seu e segue a crer no
potencial e na bondade da xente,principal activo definidor e identificador na nosa
ética: difundir cultura e espallar satisfacción por doquier.
Cremos na xente, nas súas ilusións, nos seus medos, inquedanzas,
incertidumes... e traballos inmersos na súa cotidianidade e aprendemos, e moito,
deles. Un museo sen xente, non é un museo, é un ente condeado a extinguirse.
A Rede Museística comprácese en colaborar en proxectos tan
enriquecedores como éstes e felicita a asociación A Castronela pola súa
confianza depositada en nós e por insuflar as velas dun barquiño que é pequeno
en infraestructura pero grande en valores morais e humáns.
Por iso somos uns museos sociais que traballamos coas familias facendo
un museo de comunidade, isto é, MUSEOLOXÍA SOCIAL.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
157
Museo Fortaleza San Paio de Narla
158
Museo Fortaleza San Paio de Narla
159
Museo Fortaleza San Paio de Narla
160
Museo Fortaleza San Paio de Narla
161
Colaboración na Presentación da Asociación Castronela
A Asociación friolense de recreación histórica " A Castronela " participou
hoxe nun desfile na feira do Cabalo de Friol facendo así a presentación en público
para esta asociación celta que toma o nome dunha aldea do Concello de Friol "
Castronela" un castro celta, lugar onde se ubica o Museo Fortaleza de San Paio
de Narla.
Dita asociación traballa en colaboración co Club Pequeamig@s, Ei e Senior
do Museo de San Paio de Narla, o seu obxectivo é dar a coñecer o patrimonio de
dito concello ao mesmo tempo que integra aos nenos/as, aprendendo así a nosa
historia castrexa dunha forma divertida e ao mesmo tempo divulgala.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
162
Museo Fortaleza San Paio de Narla
163
5.6. Programa de Exposicións
EXPOSICIÓN: Olladas ‘A miña familia’
O programa Olladas de muller centra a súa atención na obra dunha
muller: A miña familia, de Xulia Minguillón, realizada en 1944, e que ofrece a
visión da súa propia familia nun momento histórico moi concreto e diferente ao
actual. A exposición Olladas. “A miña familia” conta coa participación de 47
artistas, 47 miradas diferentes nas que se reflexiona sobre a figura e o tempo
tendo como referente a familia e a muller.
A través das obras coñecemos os momentos históricos e o papel que xoga
a muller na construción da sociedade. A familia é o elemento que aglutina as
sociedades e a súa representación é unha oportunidade para coñecer os modelos
sociais cos que as novas xeracións se identifican e socializan. Neste ámbito é
onde se insire a convocatoria do concurso dirixido a escolares “A miña familia,
antes e agora”, co obxectivo de fomentar a participación, os valores de
convivencia e a expresión artística. Na sociedade actual, a construción da familia
cambiou en consonancia cos cambios sociais e, hoxe en día, existen diversas
formas e conceptos de familias, a diferenza dos modelos tradicionais de familias
que representa a obra de Xulia Minguillón.
As artistas e os artistas seleccionados
David Catá, Verónica Vicente, Edu Albo, Alberto Pena, Marian Losada, Martín
Lestao, Patricia Arellano, Paula López Vallejo, José Caamaño, Paz Vicente, Laura
Piñeiro, Iria Cortizo, Roi Domínguez, María Xosé Domínguez, Paco Pestana, Juan
José Lomarti, Yolanda Dorda, Fernando Yáñez, Benjamin Santín Ben, María
Nogueira, Germán Limeres, Iago Eireos, Luz Darriba, Miguel Anxo Macía, José
Reigosa, Mauro Leivas, Paula Noya, Félix Carpio, Renata Otero e Pilar Boullosa.
Comisaria: Encarna Lago
A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 5.0.
Se botamos unha ollada histórica ao papel que a muller cumpriu no mundo
da arte, a primeira visión coa que nos atopamos é a da muller como obxecto,
Museo Fortaleza San Paio de Narla
164
como mero modelo expositivo sobre a cal perpetuar os roles de xénero dunha
cultura patriarcal imperante.
A muller, no mundo da arte, durante moitos anos quedou relegada a ocupar
sinuosos planos nos lenzos que penduran das paredes de museos de todo o
mundo. Ao mesmo tempo que a muller artista quedaba silenciada. É ben coñecido
que na historia da arte, moitas das mulleres artistas asinaban as súas obras baixo
identidades masculinas para evitar que os seus traballos foran censurados ou
invisiblilizados.
A arte, como linguaxe expresiva, manifesta o que existe na sociedade nos
diversos momentos históricos e, así, visibiliza os roles de xénero e o papel da
muller nos diversos ámbitos da sociedade: dende o seu papel na familia (como
nai protectora) ata o seu papel na comunidade e sociedades. Polo tanto, a
sociedade é un concepto que evoluciona histórica e socialmente e no que se fai
necesario que a muller xogue un papel activo e visible.
Mirar a arte con perspectiva de xénero permite ter un visión global das
diferenzas que para homes e mulleres supón a arte. Visibilizar a contribución das
mulleres ao mundo das artes supón facer unha reinterpretación da historia,
cuestionándose os discursos institucionais, incorporando novas propostas que
dean como resultado a transformación da mirada sobre a o mundo e as mulleres.
Dende a Rede Museística de Lugo, levamos anos apostando por un
modelo de traballo baseado en plans con obxectivos a medio e longo prazo, máis
aló das celebracións puntuais de efemérides.
A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0 enmárcase dentro da
iniciativa levada a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo baixo o
comisariado da xerencia da RMP, centrada na visibilidade das mulleres no eido
creativo.
Nesta nova edición, o que se persegue é evidenciar o feito de que a
construción dunha sociedade igualitaria pasa por dous eixes claves: dunha banda
o recoñecemento e visibilidade da muller como axente activo na construción da
sociedade actual e, doutra banda, a visibilidade da arte creadora sobre postulados
de igualdade, dende a ollada compartida de homes e mulleres.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
165
Por todo isto, nesta ocasión o programa Olladas de muller centra o seu
foco de atención na obra dunha muller: A miña familia, de Xulia Minguillón,
realizada en 1944, e que ofrece a visión da súa propia familia nun momento
histórico moi concreto e diferente ao actual. A exposiciónOlladas “a miña
familia” conta coa participación de 47 artistas, 47 miradas diferentes nas que se
reflexiona sobre a figura e o tempo tendo como referente a familia e a muller.
A través das obras coñecemos os momentos históricos e o papel que xoga
a muller na construción da sociedade. A familia é o elemento que aglutina as
sociedades e a súa representación é unha oportunidade para coñecer os modelos
sociais cos que as novas xeracións se identifican e socializan. Neste ámbito é
onde se insire a convocatoria do concurso dirixido a escolares “A miña familia,
antes e agora”, co obxectivo de fomentar a participación, os valores de
convivencia e a expresión artística. Na sociedade actual, a construción da familia
cambiou en consonancia cos cambios sociais e, hoxe en día, existen diversas
formas e conceptos de familias, a diferenza dos modelos tradicionais de familias
que representa a obra de Xulia Minguillón.
Esta edición trata, consecuentemente, de ampliar as olladas, non só dos
participantes senón tamén no senso de que a exposición vai contar cun novo
formato de multi-salas (sala de Xulia Minguillón e sala Multiusos do Museo
Provincial de Lugo e a sala de Exposicións da Deputación de Lugo) e ,a partir do
mes de abril, as obras viaxarán aos catro museos da Rede configurando unha
topografía da provincia de Lugo.
Non é coincidencia que sexa na provincia de Lugo, en xeral, e na Rede
Museística de Lugo, en concreto, onde estas iniciativas teñen cabida. Somos
museos de comunidade, o que implica que o traballo levado a cabo está
planificado e que se concreta baseándose en proxectos museísticos orquestrados
en programas para/coa comunidade. Unha comunidade que se estende a artistas,
asociacións, familias, escolares e público en xeral que atopa nos nosos museos
un espazo para o encontro, a reflexión, a divulgación e o desenvolvemento
integral das persoas. Ao longo do 2014, foron moitos os programas levados a
cabo dende a Rede Museística no seu labor de visibilizar e reivindicar a muller na
arte. A modo de exemplos cabe citar o proxecto Diálogo Intercultural: Lugo-
Museo Fortaleza San Paio de Narla
166
Arxentina dentro do que se inseriu o programa “Mulleres de aqui e de acolá”; as
exposicións colectivas Olladas de muller sobre a guía postal Lugo de Maruja
Mallo e Historia da visibilidade creativa feminina na Rede e o Pazo san Marcos foi
testemuña do acto inaugural do Festival Miradas de Mulleres 2014, en Galicia.
Nesta liña de formular obxectivos a medio e longo prazo, hai que salientar
que, tras o éxito acadado o ano pasado, este ano celebramos o II Congreso de
xénero, Museos e Arte, apostando e co convencemento no labor de compromiso
social que a Rede Museística vén desenvolvendo no campo de xénero que nesta
nova edición se engade, como piar necesario, a migración.
Por todo iso, A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0 preséntase
como unha oportunidade máis de visibilizar o papel da muller ao longo dos
vindeiros meses do 2015, con actividades didácticas complementarias e paralelas
ao Plan xeral de igualdade da RMP, nas que se poña de manifesto a igualdade
nos catro museos da rede en consonancia coas comunidades que os viven e os
visitan: Muller rural en San Paio de Narla; Muller e mar no Museo do Mar; Muller,
clases sociais e discapacidade no Pazo de Tor; Muller e arte no Museo Provincial
de Lugo.
[Encarna Lago, comisaria e xerente da RMP]
Obras itinerantes en San Paio de Narla
Museo Fortaleza San Paio de Narla
167
Mónica Mura “ SasDiosas”
Museo Fortaleza San Paio de Narla
168
Mary Pais “Olladas sen Froteiras”
Martín Lestao “Familia”
Museo Fortaleza San Paio de Narla
169
Alberto Pena “A familia e o artista (A árbore caída)”
Museo Fortaleza San Paio de Narla
170
Paco Pestana "Uno de los nuestros"
Museo Fortaleza San Paio de Narla
171
Edu Albo "Eternity1"
Museo Fortaleza San Paio de Narla
172
Bejamín Santín Carballada "Idea visualizada"
Museo Fortaleza San Paio de Narla
173
Felix Carpio "Mi familia"
Museo Fortaleza San Paio de Narla
174
Luz Darriba "Velos e desvelos"
Museo Fortaleza San Paio de Narla
175
Lomarti "Espello"
Exposición A arte de xuntar II. Colección Quiroga-Monte de trens e xoguetes
Museo Fortaleza San Paio de Narla
176
Esta exposición, organizada pola Deputación Provincial de Lugo a través
da Rede Museística, conta cunha destacada selección de trens infantís e outra de
Museo Fortaleza San Paio de Narla
177
xoguetes antigos. A mostra invita a un ameno percorrido por unha parte da
historia contemporánea de España, amosando a produción xoguetera do país ao
longo de cen anos.
Aproveitamos este evento para lembrar o 140 aniversario da chegada do
tren a Lugo, procedente de A Coruña, efeméride acontecida o 5 de outubro de
1875, día de San Froilán. Naquela xornada, en palabras de Darío Xohán Cabana,
“unha multitude con música e bombas de palenque deulle a benvida ás
autoridades coruñesas, pero sobre todo ó novo e revolucionario medio de
transporte que xa levaba medio século transformando o mundo. A chegada do
primeiro tren a Lugo fixérase desexar moitos anos, e aínda se había de suspirar
oito máis antes de ter aberto o camiño de ferro á Meseta.”
Tamén con esta mostra queremos traer á memoria á construción do
ferrocarril de vía estreita entre Vilaodrid, actualmente concello de A Pontenova, e
Ribadeo, inaugurado o 18 de abril de 1903 para o transporte de mercadurías e,
dous anos despois, concretamente o 5 de agosto, tamén para viaxeiros.
Con motivo deste dobre aniversario, esta exposición amosa unha notable
cantidade de pezas do xoguete ferroviario: trens coas súas locomotoras, coches e
vagóns, estacións e apeadeiros, así como unha gran variedade de accesorios
ferroviarios.
Pero, ademais, complementan esta mostra centrada no tren outras
excepcionais pezas xogueteras como coches, bonecas, teatriños, dioramas, etc.
Os xoguetes elixidos, marcados polo desenvolvemento industrial e
comercial que experimentaron a partir do século XIX, figuran estreitamente
vencellados aos cambios socio-económicos, técnicos, culturais e políticos das
diferentes etapas da súa fabricación.
Constitúen, xa que logo, un fiel reflexo dos comportamentos, costumes,
modas, sucesos e inventos ocorridos entre 1880 e 1980.
Todas as pezas exhibidas pertencen á colección Quiroga-Monte. Expertos
e críticos especializados valoraron a riqueza e variedade desta colección
composta, a día de hoxe, por máis de 1.500 exemplares orixinais, que a sitúan
Museo Fortaleza San Paio de Narla
178
entre os mellores patrimonios privados sobre o xoguete, a boneca e a cultura
infantil de orixe español.
A visita a esta mostra permite descubrir os diferentes materiais
empregados na fabricación dos xoguetes –desde a folla de lata ao plástico-; os
procedementos técnicos empregados pola industria xoguetera –desde a pintura á
metalgrafía- ; así como unha gran variedade de estilos e deseños.
Os xoguetes que aquí se amosan, algúns deles únicos no coleccionismo
español e presentados agora por primeira vez, foron o mellor medio para expresar
a imaxinación, a destreza e a creatividade de moitas xeracións infantís, ao igual
que os máis eficaces modelos para achegarse ás condutas e valores dos adultos,
pois hoxe, igual que onte, aprender a xogar é aprender a vivir.
A Deputación Provincial de Lugo e a Rede Museística desexa que a
contemplación destas pequenas marabillas sexa para os máis pequenos un
sorprendente descubrimento da infancia dos seus maiores e, para estes, unha
extraordinaria oportunidade de volver a ser os nenos e nenas de onte, na
recuperación dunha infancia que endexamais debería perderse.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
179
EXPOSICIÓN: Luis Seoane. Paisaxe psíquica
Museo Fortaleza San Paio de Narla
180
A paisaxe en Luis Seoane é unha sorte de viaxe; primeiro física, logo mental.
Paisaxe psíquica
A paisaxe en Luis Seoane é unha sorte de viaxe; primeiro física, logo
mental. A comezos dos anos cincuenta realiza algunhas das súas pinturas de
paisaxe máis significativas tras unha viaxe á provincia arxentina de Neuquén, ao
pé dos Andes, que supón un cambio radical na súa óptica artística, así como unha
conexión directa coas súas paisaxes dos anos setenta, os seus traballos máis
líricos. Ata entón, as súas paisaxes funcionaban como meros escenarios ou
fondos das súas figuras, pero estas xa son paisaxes en sentido estricto, pequenas
pero ambiciosas. Seoane rompe co costumismo e amosa unha natureza sublime,
de inclinacións abstractas, que comeza a definir o seu interese polas superficies
de cor. A perspectiva redúcese e a paisaxe preséntasenos como un muro, como
un retrato. A proximidade dificulta a lectura da imaxe e o espectador abandónase
ao inconmensurable, malia as pequenas dimensións de cada unha das pinturas. A
liña do ceo, case inexistente pero imprescindible, é chave para compoñer a
imaxe. A estas pinturas acompáñanlles debuxos terrosos e azuis, que se
corresponden cos seus cadros. Uns son extremadamente leves, outros marcan as
liñas de montaña de maneira grosa, e outros son case a mimese dos seus cadros
e mesmo levan escrita a indicación da cor.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
181
Mentres, nas súas augadas, agudízase o que de maneira xenérica
poderíamos calificar como un proceso de abstracción. Coma se se tratase dun
tremor, o representativo tórnase borroso e convértese nun espazo intersticial onde
a cor actúa como único indicio para unha narrativa, e unha serie de fendas
funcionan como elemento expresivo e cromático capaz de definir forma e espazo.
Nas suas augadas e gouaches evócanse paisaxes sen chegar a describilos de
maneira clara.
Ás paisaxes do Río da Prata, de Neuquén, de Saboia ou de Xenebra, así
como ás escenas rurais, é necesario sumar as que marcan os seus comezos
como pintor e tamén os seus últimos traballos: os dedicados ao mar. Son
composicións dinámicas, de grafía nerviosa, con tendencia ao curvo, fundindo en
harmonía liña e masas de cor. Imaxes rítmicas. Tamén as que non teñen o mar
como único protagonista, nas que se advirte o seu gusto en ollar desde o alto e a
influencia do seu dominio do deseño e do gravado. Algunhas das paisaxes máis
fermosas teñen como único protagonista o coruñés mar do Orzán. As cores
tórnanse intensas, sobre todo as azuis. Como en todos os seus traballos desde os
anos cincuenta, Seoane non buscará imitar as ondas do mar, ao contrario.
Simplemente signfica o xesto, como nas paisaxes das súas últimas augadas.
Máis que representar o movemento, este insinúase, incítase. Nalgúns casos,
traza o espazo con mecanismos do grafismo expresionista, case automático,
mesmo dadaísta. A expansión espacial dos seus arabescos é aquí escritura. O
xesto asume a condición dunha danza, como se da imaxe dunha resonancia se
tratara. Luis Seoane consegue recrear a forza do mar, captando a marusía,
deténdoa en tensión, como se se tratase dunha natureza morta, unha paisaxe
psíquica conxelada no tempo. É a paisaxe da realidade que ve e que quere.
Galicia como pano de fondo.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
182
Museo Fortaleza San Paio de Narla
183
EstudioAberto#4 [residencia artística no Pazo de San Marcos]
Nacido en 2013 dentro do proxecto global ENREDARTE, “Estudio
Aberto" afronta este 2015 unha nova edición de residencias artísticas na Sala de
exposicións temporais do Pazo de San Marcos cunha nova pretensión: a creación
contemporánea a partir da experiencia. Este é un proxecto concibido como un
espazo para o diálogo directo entre os artistas e o público, que nesta edición
volve a colaborar de xeito directo cos creadores na realización das obras.
CREAR, COMPARTIR, PARTICIPAR, DIALOGAR.
#FormarParte
Tras unha exitosa 3ª edición que posicionou a Lugo nun mapa nacional de
residencias artísticas, a Rede Museística de Lugo e a Área de Cultura da
Deputación de Lugo presentan unha nova edición deEstudio Aberto, unha
iniciativa dentro do proxecto Enredarte, que trae á cidade novas propostas
artísticas de creación en directo.
Conceptos como crear, compartir e participar, volverán converxer na
Sala de Exposicións do Pazo San Marcos, acollendo 8 artistas que realizarán 8
novos proxectos inéditos de creación. Serán seleccionados rigurosamente por
un xurado de profesionais da arte para convivir e crear en directo
nunharesidencia artística, nun proceso de creación dialogada a través dun taller
conxunto e aberto.
Outro ano máis, agosto será o mes para participar dos procesos creativos
dos artistas, achegarse ao seu estudio, compartido e aberto ao público. A terceira
edición propoñía que os proxectos fosen interactivos, lúdicos, con implicación
social e contextual, dialogando directamente co espazo, converténdose así
nuncontedor de experiencias compartidas, e culminando nunha exposición
colectiva coas obras resultantes.
Esta 4ª edición representa un reto creativo para os artistas. O punto de
partida será distinto, xa que os 8 creadores terán unha experiencia inicial
diversa nos diferentes museos da Rede (2 artistas no Museo Provincial de
Lugo, 2 artistas no Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos, 2 artistas no
Museo Fortaleza San Paio de Narla
184
Museo Provincial do Mar en San Cibrao e 2 artistas no Museo Etnográfico de San
Paio de Narla). Un primeiro día separados en espazos diversos para recoller
impresións, estudar os espazos e as coleccións, xuntándose ao día seguinte
todos e todas no Pazo San Marcos de Lugo para comezar a crear nun estudio
compartido. Os proxectos serán interactivos, lúdicos, con implicación social e
contextual, construídos a partir desa experiencia única e diferenciada do primeiro
día, convertendo así o Pazo San Marcos nun contedor deexperiencias
compartidas, e culminando nunha exposición colectiva coas obras resultantes.
Esta nova edición deste programa de residencias parte da premisa de
provocar un achegamento directo á arte contemporánea e aos propios
artistas, ademáis de establecer un diálogo vivo coas coleccións, co
patrimonio material e inmaterial dos nosos museos.
Novamente, non faltará a Reflexión no programa da residencia: os artistas
participantes recibirán a visita de profesionais do sector (críticos, comisarios,
museólogos, galeristas, artistas), que dun xeito horizontal e aberto darán unha
pequena charla e compartirá consellos, opinión e análise.
Na primeira e segunda edición, participaron artistas de toda España. Na
terceira, chegaron creadoresprocedentes doutros países como Arxentina,
Suecia ou Uruguai, pero sempre con Lugo como anfitrioa, contando con
participantes da nosa comunidade galega. Trátase de escoller un grupo de
contrastada calidade, con procesos creativos orixinais e permeable ao contexto,
cun enfoque didáctico e de creación colectiva. Un grupo heteroxéneo en canto a
idade, formación, disciplina, orixe xeográfica, conceptos e vías de traballo que
mediante VIDEO, PINTURA, INSTALACIÓN, ESCULTURA, PERFORMANCE,
DEBUXO, DESEÑO E FOTOGRAFÍA compartirán espazo, xerando sinerxias e
colaboración.
De este xeito, derivamos noutro termo clave de Estudio
Aberto: COMPLEMENTAR.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
185
PROGRAMA
XULLO-AGOSTO
RESIDENCIA ARTÍSTICA: 8 ARTISTAS SELECCIONADOS/AS
Nesta edición foron seleccionados, entre un elevado número de participantes que
poñen de manifesto o éxito desta convocatoria, os seguintes artistas:
1.- MELANIA FREIRE (para o Museo Etnográfico de San Paio de Narla)
2.-NURIA RUIBAL (para o Museo Etnográfico de San Paio de Narla)
3.-ROMÁN CORBATO (para o Museo Provincial del Mar)
4.-MARÍA PRADA (para o Museo Provincial del Mar)
5.-MIGUEL BENJUMEA (para o Museo Pazo de Tor)
6.-OLALLA CASTRO & NICOLETA MOISE (para o Museo Pazo de Tor)
7.- JUAN ANTONIO CEREZUELA (para o Museo Provincial de Lugo)
8.-MARISOL MAZA (para o Museo Provincial de Lugo)
Como suplentes figuran:
9.-NORA BARRAGUÉS
10.-CARLOS CARTAMA
11.-ELIA NÚÑEZ
1.-PRESENTACIÓN OFICIAL DO PROXECTO
venres 31. Xullo
11.30h
Museo Provincial de Lugo.
Coa presencia de Mario Outeiro, Deputado Delegado da Área de Cultura e
Turismo da Deputación de Lugo, ademáis de Encarna Lago González e Paula
Cabaleiro, coordinadoras de Estudio Aberto.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
186
A continuación, visitamos cos artistas ao espazo de creación (Sala de
Exposicións, Pazo San Marcos). Distribución de espazos. Apertura da residencia.
2.-FORO DE PRESENTACIÓNS. COÑECEMOS AOS ARTISTAS: #COÑECE
#COMPARTE
31.Xullo
17.30-20.00h
Pazo San Marcos. Sala de Exposicións.
Cada artista terá 15' para presentar o seu traballo. 8 artistas en dous turnos de 4
(17.30-18.30h + pausa de 30' + 19.00h-20.00h)
Entrada libre.
3.-EXPERIENCIA INICIAL. VIAXE POLA REDE: #EXPERIMENTA #INVESTIGA
#COÑECE
1.Agosto
Saída dende o Museo Provincial de Lugo: 9.00h
2 artistas viaxan ao MUSEO PAZO DE TOR (Monforte de Lemos)
2 artistas viaxan ao MUSEO PROVINCIAL DO MAR (San Cibrao)
2 artistas viaxan ao MUSEO ETNOGRÁFICO SAN PAIO DE NARLA (Friol)
2 artistas quedan no MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
Cada artista terá que coñecer, recadar información, investigar as coleccións,
recoller impresións, para utilizar este día de experiencia única como punto de
partida da súa obra. As fotografías que tome da súa experiencia tamén formarán
parte dun arquivo documental que será exhibido na exposición e no catálogo.
4.-TRABALLO NO ESPAZO DE CREACIÓN: #CREA
Domingo 2.Agosto
10.00h-14.00h + 16.00-20.00h
Memoria 2015 san paio
Memoria 2015 san paio
Memoria 2015 san paio
Memoria 2015 san paio
Memoria 2015 san paio
Memoria 2015 san paio
Memoria 2015 san paio
Memoria 2015 san paio
Memoria 2015 san paio
Memoria 2015 san paio
Memoria 2015 san paio

More Related Content

Similar to Memoria 2015 san paio

Memoria Museo do mar 2017
Memoria Museo do mar 2017Memoria Museo do mar 2017
Memoria Museo do mar 2017
redemuseisticalugo
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014
Encarna Lago
 
Memorias 2015 Pazo de Tor
Memorias 2015 Pazo de TorMemorias 2015 Pazo de Tor
Memorias 2015 Pazo de Tor
redemuseisticalugo
 
Memoria 2012 mar
Memoria 2012 marMemoria 2012 mar
Memoria 2012 marrmplugo
 
Memoria 2012 san paio
Memoria 2012 san paioMemoria 2012 san paio
Memoria 2012 san paiormplugo
 
Memoria tor 2012
Memoria tor 2012Memoria tor 2012
Memoria tor 2012rmplugo
 
Poboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en GaliciaPoboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en Galicia
Agrela Elvixeo
 

Similar to Memoria 2015 san paio (11)

Memoria Museo do mar 2017
Memoria Museo do mar 2017Memoria Museo do mar 2017
Memoria Museo do mar 2017
 
Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014Memoria Museo do Mar 2014
Memoria Museo do Mar 2014
 
Memorias 2015 Pazo de Tor
Memorias 2015 Pazo de TorMemorias 2015 Pazo de Tor
Memorias 2015 Pazo de Tor
 
Memoria 2012 mar
Memoria 2012 marMemoria 2012 mar
Memoria 2012 mar
 
Memoria 2011 mar
Memoria 2011 marMemoria 2011 mar
Memoria 2011 mar
 
Memoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paioMemoria 2013 san paio
Memoria 2013 san paio
 
Memoria 2011 san paio
Memoria 2011 san paioMemoria 2011 san paio
Memoria 2011 san paio
 
Memoria 2012 san paio
Memoria 2012 san paioMemoria 2012 san paio
Memoria 2012 san paio
 
FERNANDEZ.pdf
FERNANDEZ.pdfFERNANDEZ.pdf
FERNANDEZ.pdf
 
Memoria tor 2012
Memoria tor 2012Memoria tor 2012
Memoria tor 2012
 
Poboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en GaliciaPoboación estranxeira en Galicia
Poboación estranxeira en Galicia
 

More from redemuseisticalugo

XX conferencia internacional MINOM
XX conferencia internacional  MINOMXX conferencia internacional  MINOM
XX conferencia internacional MINOM
redemuseisticalugo
 
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de LugoGuía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
redemuseisticalugo
 
Eu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en minEu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en min
redemuseisticalugo
 
Memoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de TorMemoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de Tor
redemuseisticalugo
 
Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017
redemuseisticalugo
 
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
redemuseisticalugo
 
Convite inherentes
Convite inherentes Convite inherentes
Convite inherentes
redemuseisticalugo
 
Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015
redemuseisticalugo
 
Listado artistas 2015
Listado artistas 2015Listado artistas 2015
Listado artistas 2015
redemuseisticalugo
 
Software libre na Rede Museística
Software libre na Rede MuseísticaSoftware libre na Rede Museística
Software libre na Rede Museística
redemuseisticalugo
 
V Xornadas AGALI
V Xornadas AGALIV Xornadas AGALI
V Xornadas AGALI
redemuseisticalugo
 
obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015 obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015
redemuseisticalugo
 
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e ArteActas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
redemuseisticalugo
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
redemuseisticalugo
 
Dossier prensa muller
Dossier prensa muller Dossier prensa muller
Dossier prensa muller
redemuseisticalugo
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
redemuseisticalugo
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museística
redemuseisticalugo
 

More from redemuseisticalugo (20)

XX conferencia internacional MINOM
XX conferencia internacional  MINOMXX conferencia internacional  MINOM
XX conferencia internacional MINOM
 
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de LugoGuía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
Guía Pictogramas Museo Provincial de Lugo
 
Eu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en minEu en ti, ti en min
Eu en ti, ti en min
 
Memoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de TorMemoria 2018 Pazo de Tor
Memoria 2018 Pazo de Tor
 
Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017Memoria Pazo de Tor 2017
Memoria Pazo de Tor 2017
 
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
Objetivos “GUERRILLA DE PALABRAS: EL OFICIO DEL/A PALABRERO/A”
 
Convite inherentes
Convite inherentes Convite inherentes
Convite inherentes
 
Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015Poster caza balea secem 2015
Poster caza balea secem 2015
 
Listado artistas 2015
Listado artistas 2015Listado artistas 2015
Listado artistas 2015
 
Una rede
Una redeUna rede
Una rede
 
Software libre na Rede Museística
Software libre na Rede MuseísticaSoftware libre na Rede Museística
Software libre na Rede Museística
 
V Xornadas AGALI
V Xornadas AGALIV Xornadas AGALI
V Xornadas AGALI
 
obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015 obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015
 
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e ArteActas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
Actas do Congreso de Xénero, Museos e Arte
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Dossier prensa muller
Dossier prensa muller Dossier prensa muller
Dossier prensa muller
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Verán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede MuseísticaVerán 2014 na Rede Museística
Verán 2014 na Rede Museística
 
Memoria 2013 mar
Memoria 2013 marMemoria 2013 mar
Memoria 2013 mar
 
Memoria2013 tor
Memoria2013 torMemoria2013 tor
Memoria2013 tor
 

Memoria 2015 san paio

  • 2. Museo Fortaleza San Paio de Narla 1 INDICE 1. LIMIAR .............................................................................................................................2 2. ESTADISTICA ANUAL DE VISITANTES..................................................................4 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO............................................................................10 4. PROGRAMA DIDÁCTICO..........................................................................................10 4.1. ACTIVIDADES ESCOLARES..................................................................10 4.2. OBRADOIROS DE VERÁN......................................................................33 4.3. OBRADOIROS DE NADAL ......................................................................65 4.4. OBRADOIROS CLUB PEQUEAMIGOS ................................................79 4.5. COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE.............................................94 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL.................................................................127 5.1. PROGRAMA INTERXERACIONAL......................................................127 5.2. PROGRAMA DA TERCEIRA IDADE....................................................133 5.3. PROGRAMA DE OCIO-TURÍSMO........................................................137 5.4. SEMANA DOS MUSEOS........................................................................139 5.5. PROGRAMA MUSEOLOXÍA SOCIAL .................................................149 5.6. PROGRAMA DE EXPOSICIÓNS ..........................................................164 5.7. PROGRAMA DE TEATRO .....................................................................190 6. PROGRAMA DE COLECCIÓNS.............................................................................193 7. PROGRAMA DE CONSERVACIÓN.......................................................................199 8. PROGRAMA DE PERSOAL ....................................................................................199 9. PROGRAMA ECONÓMICO.....................................................................................199
  • 3. Museo Fortaleza San Paio de Narla 2 1. LIMIAR No ano 2015 o ICOM (Consello Internacional de museos) escolleu, para a celebración do día internacional dos museos o lema “Museos para unha sociedade sostenible”. O obxectivo é poñer de manifesto a responsabilidade dos museos para concienciar ao publico sobre a necesidade dunha sociedade menos derrochadora, máis solidaria e que aproveite os recursos dunha maneira máis respectuoso cos sistemas biolóxicos. Polo tanto estamos a vivir unha época diferente conforme ao avanzar do tempo e a progresión dunha sociedade que avoga por avanzar en contra de paralizarse, ante unha realidade evidente: Vivimos un cambio social impactante. E os museos no podían permanecer illados e impasibles ante esa realidade, infestada de nomes como a austeridade, a igualdade, e a sostenibilidade, acompañada de sustentabilidade. Son conceptos da modernidade que se afianzan e, que pouco a pouco instaláronse na nosa vida cotiá.
  • 4. Museo Fortaleza San Paio de Narla 3 Compre agora preguntarnos se San Paio é un museo sociable sostible. Nós cremos que si, e a lo menos por iso loitamos día tras día. Argumentando e ciméntanmos as nosas condicións no seguinte feito. Somos un museo inmerso nun contexto rural deprimido polas dificultades holográficas e pola escasa densidade poboacional, auspiciada por unha pirámide demográfica. Neste contexto situámonos nós, actuando como un auténtico centro dinamizador e espallador de cultura. Nun entorno rural que contribuímos encarecidamente a mellorar, pois ofertamos e aproximamos cultura para garantir a sostenibilidade da nosa comunidade, na que estamos plenamente integrados, e temos o orgullo de ser un referente institucional de calidade e profesionalidade. Debemos o noso éxito a confianza do noso público, principal motor da nosa esencia, que nos leva a continuar traballando, sempre cara o horizonte do perfeccionamento, ansias de progreso, encrucilladas de ilusións e ronsel de pegadas, de traballo coidado e entregado. San Paio de Narla está activo, e é creativo e dinámico porque a súa sostenibilidade radica na xente, San Paio é máis cunha institución museística, nunha palabra, é a ilusión de traballar con arte e crear con arte
  • 5. Museo Fortaleza San Paio de Narla 4 2. ESTADÍSTICA ANUAL DE VISITANTES. Xaneiro Nº total de visitantes 991 4 grupos escolares 120 7 grupos adultos 210 Visitas individuais 661 Febreiro Nº total de visitantes 1000 5 grupos escolares 115 13 grupos adultos 358 Visitas individuais 527 Marzo Nº total de visitantes 1863 15 grupos escolares 431 7 grupos adultos 235 Visitas individuais 1197 Abril Nº total de visitantes 1809 12 grupos escolares 390 11 grupos adultos 368 Visitas individuais 1051 Maio Nº total de visitantes 1549 18 grupos escolares 614 5 grupo adultos 135 Visitas individuais 800 Xuño Nº total de visitantes 1127 18 grupos escolares 490
  • 6. Museo Fortaleza San Paio de Narla 5 Visitas individuais 637 Xullo Nº total de visitantes 2138 5 Obradoiros 179 14 grupos adultos 440 Visitas individuais 1519 Agosto Nº total de visitantes 3223 9 Obradoiros 320 6 grupos adultos 220 Visitas individuais 2683 Setembro Nº total de visitantes 1520 3 grupo escolar 90 9 grupos adultos 316 Visitas individuais 1114 Outubro Nº total de visitantes 2264 12 grupo escolar 327 22 grupos adultos 645 Visitas individuais 1292 Novembro Nº total de visitantes 1399 5 grupos escolares 252 9 grupos adultos 364 Visitas individuais 783 Decembro Nº total de visitantes 1254 5 grupos escolares 145
  • 7. Museo Fortaleza San Paio de Narla 6 5 grupos adultos 186 Visitas individuais 923 Total visitantes anuais 20137 Gráfica comparativa dos anos 2014-2015 799 594 1752 2043 1823 2310 2321 3046 1404 1511 1160 1314 991 1000 1863 1809 1549 1127 2138 3223 1520 2264 1399 1254 0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 SAN PAIO DE NARLA Ano 2014 Ano 2015
  • 8. Museo Fortaleza San Paio de Narla 7 0 500 1000 1500 2000 2500 3000 3500 XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC 991 1000 1863 1809 1549 1127 2138 3223 1520 2264 1399 1254 POR Nº DE VISITANTES 14% 8% 2% 4% 11% 35% 26% Por idades 0-10 11-14 15-18 19-25 26-40 41-65
  • 9. Museo Fortaleza San Paio de Narla 8 0 1000 2000 3000 4000 5000 6000 7000 8000 3281 5213 7757 449 186 566 658254 425 207 110 367 69 662 46 42 20 203 335 Por Procedencias LUGO CIDADE LUGO PROVINCIA GALICIA ANDALUCIA ARAGON ASTURIAS BALEARES CANARIAS CANTABRIA CATALUÑA CASTILLA-LEON CASTILLA-LAMANCHA EUSKADI EXTREMADURA MADRID MURCIA NAVARRA LA RIOJA VALENCIA ESTRANXEIROS 0 2796 2759 2543 2880 4451 4708 0 1000 2000 3000 4000 5000 Por días da semana DOMINGO SABADO VENRES XOVES MERCORES MARTES LUNS
  • 10. Museo Fortaleza San Paio de Narla 9 XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL HOMES 478 477 925 869 785 553 1020 1606 754 1133 730 616 9946 MULLERES 513 523 938 940 764 574 1118 1617 766 1131 669 638 10191 0-10 151 139 357 199 447 135 295 428 124 218 203 127 2823 11-14 56 119 198 125 184 269 95 208 73 138 104 100 1669 15-18 1 60 55 93 13 108 19 34 12 31 6 432 19-25 24 17 15 35 31 26 95 142 57 171 55 25 693 26-40 116 43 107 200 141 105 332 469 234 281 76 68 2172 41-65 262 354 745 668 427 346 564 1228 485 746 563 734 7122 66 381 268 386 489 306 138 738 714 535 679 392 200 5226 LUGO CIDADE 193 145 312 263 494 166 288 317 134 309 414 246 3281 LUGO PROVINCIA 296 280 653 427 409 455 377 817 482 434 255 328 5213 GALICIA 429 486 655 859 524 315 786 911 545 1050 630 567 7757 ANDALUCIA 8 54 85 5 61 44 90 43 45 5 9 449 ARAGON 4 16 2 46 65 6 47 186 ASTURIAS 17 51 89 24 25 20 68 146 47 54 15 10 566 BALEARES 1 4 18 8 6 2 26 65 CANARIAS 4 9 9 39 16 5 82 CANTABRIA 7 4 2 17 6 12 6 54 CATALUÑA 9 3 14 4 12 24 96 157 48 43 9 6 425 CASTILLA-LEON 6 7 26 9 2 7 55 31 20 24 10 10 207 CASTILLA-LAMANCHA 7 2 18 1 24 32 4 20 2 110 EUSKADI 4 4 2 23 7 12 63 146 56 40 3 7 367 EXTREMADURA 1 10 5 2 3 16 15 7 8 2 69 MADRID 9 5 17 46 31 27 97 242 51 102 14 21 662 MURCIA 2 2 1 1 6 12 6 8 8 46 NAVARRA 4 16 12 8 2 42 LARIOJA 2 10 2 6 20 VALENCIA 2 5 8 6 59 96 10 16 1 203 ESTRANXEIROS 21 1 9 12 23 17 88 68 9 20 31 36 335 MAÑAS 501 688 819 721 939 583 991 1325 774 987 704 712 9744 TARDES 490 312 1044 1088 610 544 1147 1898 746 1277 695 542 10393 LUNS 0 MARTES 101 146 301 122 167 274 287 538 211 361 141 147 2796 MERCORES 60 145 220 329 296 246 285 565 214 124 77 198 2759 XOVES 125 221 107 226 129 209 341 380 181 314 234 76 2543 VENRES 184 108 235 234 336 63 460 410 205 328 158 159 2880 SABADO 272 201 260 403 295 163 378 727 430 685 195 442 4451 DOMINGO 249 179 740 495 326 172 387 603 279 452 594 232 4708 GRUPOS ESCOLARES 120 115 431 390 614 490 179 320 90 327 252 145 3473 GRUPOS ADULTOS 210 358 235 368 135 440 220 316 645 364 186 3477 VISITAS INDIVIDUAIS 661 527 1197 1051 800 637 1519 2683 1114 1292 783 923 13187 DOMINGOS NO MUSEO TOTAIS MENSUAIS 991 1000 1863 1809 1549 1127 2138 3223 1520 2264 1399 1254 20137 *RESUME EXTRANXEIROS EEUU/Canadá Portugal Italia Arxentina/Uruguai Francia/Suiza Rumania Holanda Filandia/Suecia México Xapón Brasil Ecuador/Perú Ucrania ReinoUnido Cuba Estonia/Rusia Venezuela Alemania PortoRico/R.Dominicana Sáhara Polonia/Rusia ANUAL XANEIRO 2 1 2 4 1 8 2 1 21 FEBREIRO 1 1 MARZO 2 4 2 1 9 ABRIL 1 3 6 1 1 12 MAIO 3 4 6 1 2 5 2 23 XUÑO 8 2 2 2 1 1 1 17 XULLO 1 3 9 3 2 6 33 30 1 88 AGOSTO 7 15 1 2 3 1 2 1 14 1 3 3 4 7 4 68 SETEMBRO 1 3 4 1 9 OUTUBRO 1 1 2 6 2 3 5 20 NOVEMBRO 1 4 3 5 10 4 4 31 DECEMBRO 5 20 6 5 36 TOTAL 28 18 7 39 46 8 2 6 11 10 13 6 1 69 2 2 8 38 10 7 4 335 *Nº DEGRUPOS XANE FEBR MARZ ABRIL MAIO XUÑO XULLO AGOS SET OUT NOV DEC ANUAL Nº GRUPOS ESCOLARES 4 5 15 12 18 18 5 9 3 12 5 5 111 Nº GRUPOS ADULTOS 7 13 7 11 5 14 6 9 22 9 5 108 RESUMEDEVISITAS AO MUSEO SAN PAIO DENARLA ANO 2015
  • 11. Museo Fortaleza San Paio de Narla 10 3. PROGRAMA ARQUITECTÓNICO  Limpeza dos accesos e plataforma do castro da fortaleza varias veces ao ano  Reposición de sistema de iluminación, por parte do servizo de mantemento da deputación, cando son de fácil reposición e urxencia son reparadas polo persoal da fortaleza. (DURANTE TODO ANO SEGUNDO HAI AS INCIDENCIAS)  Desratización varias veces ao ano.  Recollida de auga, control lexionella e potabilidade.  Router novo, ao estropearse por tormenta  Arranxo de deshumificadores  Cortaronse hedras que subían pola fortaleza  Cerrado baixo escaleira onde os baños.  Pintado de peanas. 4. PROGRAMA DIDÁCTICO 4.1. Actividades escolares Ao longo do curso ofrécese a posibilidade de solicitar dous tipos de visitas: guiada e con actividade. Para realizar estas visitas é necesario a concertación previa das mesmas, concertando con departamento de didáctica. Visita de iniciación: Comprende un recorrido por todo o castelo, recomendase para os grupos que visitan o centro por primeira vez, independentemente do seu nivel educativo. Duración aproximada de 60 minutos.
  • 12. Museo Fortaleza San Paio de Narla 11 Para un mellor aproveitamento do Museo Fortaleza San Paio de Narla, xa que existe unha variedade e riqueza de contidos, e na procura dun novo concepto de visita máis participativa, como alternativa as tradicionais visitas guiadas e que implique a colaboración directa de profesores e alumnos, ofrecemos un programa de itinerarios os distintos niveis de ensino: O Castelo encantado O Porvir do pasado O Labirinto do Castelo Un Museo de Lendas O xogo de verbas Na lareira A bela durminte
  • 13. Museo Fortaleza San Paio de Narla 12 Visita de iniciación Nivel: Todos os ciclos Data: Curso escolar Obxectivo: Comprender que a as sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico. Recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas para outras xeracións. O Castelo encantado Nivel: 1º e 2º ciclo de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Identificar as distintas clases sociais; servos, señorío e cabaleiros meirande os recursos que nos ofrecen as diferentes salas do museo.
  • 14. Museo Fortaleza San Paio de Narla 13 O Porvir do pasado San Paio de Narla é un museo axente para o coñecemento da vida pasado dos nosos devanceiros, museos que deben de ser, e son, activos na educación dos nosas xeracións. Nivel: ESO e BAC Data: Curso escolar Obxectivo: Estudar o paso do tempo, no que se desenvolve o señorío de San Paio de Narla, así como as distintas salas, a través da Lenda da Cova da Serpe.
  • 15. Museo Fortaleza San Paio de Narla 14 Comprender que a sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico, recoñecer as ferramentas e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade conservalas para outras xeracións foi o obxectivo da visita do CPI Dr. López Suárez de Friol, os nenos de 6º de primaria realizaron a visita acompañados da súa mestra Pilar Racamonde.
  • 16. Museo Fortaleza San Paio de Narla 15 O Labirinto do Castelo Nivel: ESO e BAC Data: Curso escolar Obxectivo: Coñecer a etnografía e desenvolver a creatividade do alumnado sendo conscientes da importancia do pasado para comprender e presente. Un Museo en Lendas Nivel: 3º Ciclo de Primaria, ESO e BAC Data: Curso escolar Obxectivo: Coñecer a literatura e a mitoloxía popular do Concello de Friol a través da comunicación cos nosos maiores.
  • 17. Museo Fortaleza San Paio de Narla 16
  • 18. Museo Fortaleza San Paio de Narla 17 O xogo de verbas Nivel: 4º,5º e 6º Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Aproveitar a riqueza e a variedade do patrimonio cultural, tomando conciencia da importancia do pasado para comprender o presente; para espertar o interese polas visitas aos museo motivamos con xogos. A) Nesta fotografía sinala o nome desta peza B) ¿Sabes o nome de peza que vai do guindastre ó caldeiro? C) O guindastre recibe tamén o nome de _____________ Localiza nesta sopa de letras as respostas dos apartados C das probas anteriores e comprobarás que coas letras restantes contadas de 3 en 3 atoparás o nome deste museo.
  • 19. Museo Fortaleza San Paio de Narla 18 Na Lareira Nivel: Ed. Infantil, 1º e 2º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Visitar a cociña para que o alumnado descubra a transformación que esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Compararemos as vellas cociñas e as comidas que nelas se facían coas actuais
  • 20. Museo Fortaleza San Paio de Narla 19 A bela durminte Nivel: Ed. Infantil e 1º e 2º de Primaria Data: Curso escolar Obxectivo: Empregar como fío condutor o conto da Bela Durminte e aproveitar como recurso os obxectos expostos, nun ambiente, en principio nada atraínte para o neno, o castelo vaise convertendo nun escenario onde a imaxinación cobra vida ata materializarse como real. Peiteados y aderezos
  • 21. Museo Fortaleza San Paio de Narla 20 Nivel: 3º e 4º ESO Data: Curso escolar Obxectivo: Concienciar aso rapaces e rapazas de cómo unha actividade que pode parecer tan rutinaria como a de peitearse pode ser algo estético e artístico. Ademais de agochar os entresixos de épocas históricas ao través das cales, sometidas a un exhaustivo estudo, verase coma o peiteado era signo social de distinción e ostentación. Facendo historia (Heráldica) Nivel: 1º e 2º da ESO Data: Curso escolar Obxectivo: Fusión heráldica e historia, condensándoos nun único concepto para amosar que tras un escudo agóchase moita crónica histórica. Un escudo non é unha peza inerte, ao contrario é unha peza parlante, e iso é o que se tentará facer visible incidindo en que é unha fiestra para visionar como era a vida dos nosos home e mulleres con rango nobiliario do Medievo.
  • 22. Museo Fortaleza San Paio de Narla 21 Pescudas de detectives en San Paio Nivel: 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO Data: Curso escolar Obxectivo: Trátase de que os nenos e nenas se metan, por uns intres, na pel dun detective. Pero dun detective peculiar, porque o seu campo de acción será o Museo de San Paio, e terán que ir superando unha serie de pistas para acadar a meta final. Unha desas pistas consistirá en localizar cunha lupa cal é a peza máis antiga da lareira, etc. Finalmente, chegarán ao último piso da torre e se fixeron ben as súas tarefas, adiviñaran cal é o truco para abrir un cofre con sorpresas.
  • 23. Museo Fortaleza San Paio de Narla 22 Unha firma medieval: un signo lapidario Nivel: 6ª de primaria, 1º ESO e 2º ESO Data: Curso Escolar Obxectivo: Con esta unidade didáctica búscase afondar noutra realidade de San Paio de Narla, pouco coñecida e, por tanto, pouco difundida. Trátase de traballar coa temática dos signos lapidarios que se atopan diseminados por toda a fortaleza medieval e con reminiscencias renacentistas. Pretendese que os nenos e nenas comprendan a transcendencia destes signos que non eran meros garabatos na parede, senón que tiñan unha explicación e razón de ser. Deste xeito, a unidade didáctica contempla ser realizada en dúas fases: unha teórica e outra práctica.
  • 24. Museo Fortaleza San Paio de Narla 23 Obradoiros escolares CURSO 2014-2015
  • 25. Museo Fortaleza San Paio de Narla 24 Para o curso escolar 2014-2015 e, outro ano máis, a Rede Museística presenta un actualizado programa educativo, deseñado e pensado para todas as etapas educativas coa pretensión de seguir ofrecéndolle á comunidade escolar experiencias didácticas co fin último de coñecer, comprender, valorar e gozar das coleccións e espazos que conforman parte do patrimonio histórico artístico e cultural da provincia de Lugo. Dende a Rede Museística, en sintonía coas novas formulacións da museoloxía social, seguimos apostando por un modelo didáctico que pon en valor a aprendizaxe activa, participativa e emocional; creando en cada visita unha experiencia vivencial, agradable e memorable. A proposta educativa persegue formar o alumnado en estratexias de aprendizaxe autónomas, capaces de construír o seu propio pensamento crítico, non só sensible á arte senón cara ao noso pasado para poder intervir no presente e soñar un futuro. Actividades deseñadas e elaboradas polo equipo dos departamentos de didáctica do Museo Provincial de Lugo (Lucía Dequidt Lagares, Raquel Guerrero Prieto, Mª Anunciación Losada Montenegro, José Manuel Mendoza Castiñeira e Paula Salinas Somoza), do Museo Fortaleza San Paio de Narla (Francisca Abuín e Ana Ferro), do Museo Provincial do Mar (Ángeles Miguélez e Amelia Pernas), e do Museo Pazo de Tor (Tar López e Silvia Fiallega Lorenzo).
  • 26. Museo Fortaleza San Paio de Narla 25 A área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial e dos museos que a integran, desexa contribuír con este programa a que o curso escolar 2014-2015 sexa de proveito e, sobre todo, a que os museos sexan vehículo motivador para o coñecemento. PROGRAMA A oferta de actividades dirixida aos centros educativos presenta 4 grandes bloques temáticos que van ser o eixe estrutural da nosa intervención didáctica. Os bloques son complementarios uns cos outros e perseguen construír un corpus estrutural: ___Bloque 1: CREA O TEU MUSEO Que é un museo? Un museo é un lugar onde se conserva, expón e difunde o patrimonio artístico e cultural. Pero un museo é tamén un espazo que lle pertence a toda a comunidade, un espazo para soñar e facer das ilusións a nosa realidade. Como che gustaría que fosen os nosos museos? Que che gustaría que contivesen os nosos museos? Dende a Rede Museística abrimos as nosas portas e invitámoste a que entres e crees o teu museo a partir do diálogo coas nosas coleccións e cos profesionais que nel traballan, nunha experiencia emocional e creativa. A través das obras de arte podemos descubrir lugares reais e espazos imaxinados polos artistas. Podemos viaxar ao noso pasado a través das pezas arqueolóxicas e incluso descubrir as historias máis extraordinarias dos deuses gregos. No museo podemos dialogar cos artistas, descubrir os seus soños e anhelos. No museo podemos comunicar ideas. Para isto, invitámoste a que coñezas as nosas coleccións e a importancia do traballo que realizan os diferentes profesionais. Obradoiro A actividade inclúe un obradoiro deseñado para traballar de maneira creativa a construción do seu propio museo a partir dun material que lle será
  • 27. Museo Fortaleza San Paio de Narla 26 entregado a cada escolar composto por: unha caixa-museo, fotografías, imaxes deseñadas, etc. Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primario. 1º ciclo da ESO Duración estimada da actividade: 60 minutos Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. ---Bloque 2: O MUSEO COMO RELATOR DE HISTORIAS Catálogo de visitas abertas segundo os diferentes contidos que ofrecen as coleccións e seccións dos museos da Rede Museística. Esta proposta didáctica, que xa foi iniciada en anos anteriores, quere ampliar a súa oferta e implicar a todas as seccións do museo susceptibles de ser visitadas, entendendo o museo como relator de historias. Nesta proposta aberta, pretendemos utilizar unha metodoloxía activa de forma que sexan os propios escolares os que constrúan o significado ante as pezas e obras de arte. Son experiencias nas que se pretende ensinar a ver e gozar da arte e coa arte a través dun discurso narrativo que se crea coas obras de arte. Con este diálogo, preténdese potenciar a observación e a reflexión sobre as pezas e estimular o diálogo sen medo a formar unha opinión crítica e persoal. Un diálogo que se combina con información sobre o artista ou o período histórico, necesario, para completar a visión da obra e contextualizala. As coleccións presentes nos museos son susceptibles de estruturarse en contidos segundo os intereses dos visitantes e pódense exemplificar nas seguintes experiencias: rutas literarias, a arte do vestido, a historia da moeda, descubrindo a escultura, epigrafía romana, ruta franciscana, cerámica de Sargadelos e … un longo etcétera. Con esta nova formulación, preténdese facilitar a asimilación da información co fin de comprender e achegarse mellor ás coleccións que atesouran os catro museos da Rede. Os contidos temáticos son tamén un xeito atractivo para o alumnado de presentar a información e acadar a motivación e a súa atención dende o primeiro momento da visita. Ciclos/cursos: 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria.
  • 28. Museo Fortaleza San Paio de Narla 27 Duración estimada da actividade: 60 minutos Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. ___Bloque 3: O MUSEO COMO RETROVISOR HISTÓRICO Esta proposta nace coa finalidade de capacitar o alumnado para interpretar vestixios do pasado e analizar a súa importancia no desenvolvemento da nosa cultura. Ciclos/cursos: 4º, 5º, 6º de E. Primario. ESO Duración estimada da actividade: 60 minutos Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. ___Bloque 4: VIAXES POLOS MUSEOS DA REDE SAFARI NA REDE Metodoloxía: Percorrido buscando animais representados en distintas obras expostas no Museo. Logo da busca, podemos xogar a agrupar os animais localizados segundo sexan de pelo ou de pluma, de terra ou de aire, mamíferos, etc. Remataremos a actividade completando un álbum cos cromos correspondentes aos animais avistados durante o safari. Ciclos/cursos: Educación Infantil, 1º,2º, 3º de E. Primaria. Duración estimada da actividade: 60 minutos. Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. VIAXE POR UN CADRO Metodoloxía:. Metémonos dentro dun cadro e sen ver o que ven os que miran de fronte temos que descubrir de que obra somos personaxes. Descubriremos figuras, formas e símbolos dalgunhas obras pictóricas expostas no museo. Ciclos/cursos: 5º, 6º de Educación primaria e 1º de ESO
  • 29. Museo Fortaleza San Paio de Narla 28 Duración estimada da actividade: De 70 a 80 minutos. Esta actividade pódese realizar nos catro museos da Rede. UNHA VIAXE AO PORVIR DO PASADO Metodoloxía: San Paio de Narla é un museo axente para viaxar á vida dos nosos devanceiros. Museos que con esa viaxe son activos de educación das nosas xeracións. Ciclos/cursos: E. Infantil e 1º ciclo de E. Primario. Duración estimada da actividade: 60 minutos. Esta actividade pódese realizar no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol). VIAXE POLO CASTELO ENCANTADO Metodoloxía: Empregando como fío condutor o conto da Bela Durminte, e aproveitando como recursos as coleccións do museo no castelo faise unha viaxe onde se converte nun escenario e a imaxinación cobra vida ata materializarse como algo real. Ciclos/cursos: 3º e 4º de ESO, 1º e 2º de BAC. Duración estimada da actividade: 60 minutos. Esta actividade pódese realizar no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol). LAREIRAS DA REDE Metodoloxía: Compararemos as novas e as vellas cociñas, para descubrir os cambios producidos ao longo do tempo. Xogaremos co obxectivo de que as novas xeracións non esquezan as vellas lareiras. Ciclos/cursos: Educación Infantil. Duración estimada da actividade: 60 minutos. Esta actividade pódese realizar no Museo Fortaleza San Paio de Narla (Friol). CURSO 2015-2016
  • 30. Museo Fortaleza San Paio de Narla 29 Coa nosa longa experiencia e o apoio de numerosos docentes que participaron en precedentes cursos procuramos tender pontes de colaboración entre diferentes espazos educativos, presentando actividades lúdicas pero rigorosas con contidos que entroncan coas programacións escolares. Actividades escolares Crea o teu museo Metodoloxía: Desde a Rede Museística invitámosvos a que creedes o voso propio museo a partir dun diálogo aberto coas nosas coleccións e cos profesionais que traballan neste espazo. Nivel educativo: 3º, 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria. Museo relator de historias Metodoloxía: Con esta actividade son os propios escolares os que constrúen o significado das pezas do museo, co que se potenciará a súa capacidade de observación e reflexión ao tempo que se fomenta o seu espírito crítico. Nivel educativo: 3º, 4ª, 5º e 6º de Educación Primaria. O Museo como retrovisor histórico Metodoloxía: A colección do museo permitirá ao alumnado comprender que as sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico, ao tempo que
  • 31. Museo Fortaleza San Paio de Narla 30 recoñecerán as ferramentas usadas no pasado e saberán das historias legadas a elas. Nivel educativo: Tódolos ciclos. Viaxes polos Museos da rede O labirinto do castelo Metodoloxía: Percorrendo o noso labirinto damos a coñecer a etnografía e desenvolvemos a creatividade do alumnado tendo en contaa importancia do pasado para comprender o presente. Nivel educativo: ESO e BAC. A Bela Durminte Metodoloxía: A historia daBeladurminteé o fío conductor que nos leva a percorrer o Castelo convertendoo no escenario onde o mundo daimaxinación cobra vida ata materializarse narealidade. Nivel educativo: Educación Infantil. Vivir no pasado Metodoloxía: A lenda da Cova daSerpedaranos un magnífico pretexto para estudar o espazo e o tempo no que se desenvolve o Señorío de San Paio de Narla. Nivel educativo: ESO e BAC. Xogo de verbas Metodoloxía: Aproveitamos a riqueza e a variedade do patrimonio cultural e espertamos o interese pola colección mediante interesantes e divertidos xogos. Nivel educativo: 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Na lareira
  • 32. Museo Fortaleza San Paio de Narla 31 Metodoloxía: Visitade a nosa cociña para descubrir a transformación que esta dependencia sufriu ao longo do tempo. Comparamos as vellas cociñas e as comidas que nelas se facían coas actuais. Nivel educativo: Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria Unha firma medieval: un signo lapidario Metodoloxía: Con esta unidade afondamosnunha realidade pouco coñecida de San Paio de Narla: a que nos ofrecen os signos lapidarios que se atopan diseminados por toda a fortaleza. Para que os nenos e nenas comprendan a trascendencia destes signos realizaránactividades teóricas e prácticas. Nivel educativo: 6ª de Educación Primaria, 1º e 2º de ESO. Á procura do acibeche en San Paio Metodoloxía:A intención desta unidade é dar a coñecer a nosa colección de acibaches a través de xoias realizadas nesta pedra protectora intimamente ligada á cultura galega. Nivel educativo: 1º, 2º, 3º e 4ºde ESO Pescudas de detectives en San Paio Metodoloxía:Os cativos meteranse na pel dun detective peculiar para que ir superando unha serie de pistas polo museo. Finalmente, chegarán o último piso da torre e, se fixeron ben as súas tarefas, adiviñaran cal é o truco para abrir un cofre con sorpresas. Nivel educativo: 5º e 6º de Educación Primaria e 1ºdaESO. Bestiario Medieval: os animais fabulosos Metodoloxía: Os nenos e nenas descurirán con esta actividade o importante que o poder da creatividade e da imaxinación tomando como marco a Idade Media e os fantásticos códices ilustrados con animais quiméricos: sereas, grifos, dragóns… Así os rapaces poderán facer sobre pergamiño o seu propio códice miniado con letras capitais.
  • 33. Museo Fortaleza San Paio de Narla 32 Nivel educativo: ESO. Os escribáns en San Paio de Narla Metodoloxía: Con esta actividade daremos a coñecer os instrumentos que utilizaban os escribáns na Idade Media: pluma, tinteiro, salvadeiras, vade, pergamiños…Así nos achegaremos a un oficio moi relevante para os señoríos medievais. Nivel educativo: 4º,5º,6º de Educación Primaria e 1º da ESO. Actividades para escolas e familias Peiteados e aderezos Metodoloxía: Os rapaces apreciarán que unha actividade tan corrente como peitearse pode ser algo artístico. As modas e os peiteados ao longo da historia permitirannos coñecer tamén a importancia de arranxar o cabelo como signo de distinción social e ostentación. Destinatarios: Familias ou clases de 3º e 4º da ESO Facendo historia (heráldica) Metodoloxía: Amosaremos que tras un escudo agocháse moita crónica histórica porque un escudo é unha peza parlante que nos fala de cómo era a vida dos homes e mulleres con rango nobiliario durante o Medievo. Destinatarios: Familias e cursos de 1º e 2º da ESO
  • 34. Museo Fortaleza San Paio de Narla 33 4.2. Obradoiros de verán VERÁN 2015 NA REDE MUSEÍSTICA Vive o verán! Nos catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo xa é verán. E como cada ano, preparamos un programa de actividades amplo e variado para todas e todos, no que grandes, medianos e pequenos poidamos entreternos e aprender. Obradoiros creativos, concertos divertidos, viaxes e visitas guiadas, propostas coas que pretendemos darlle forma creativa ao que soñamos e imaxinamos. As nosas propostas están abertas á participación de todas as persoas que o desexen, e moi especialmente para os integrantes dos nosos clubs: Pequeamig@s, Ei! e Sénior. »Os escribáns na Idade Media, Club Pequeamig@s. O obxectivo desde obradoiro é dar a coñecer unha clase social moi relevante na Idade Media ao servizo do señorío.
  • 35. Museo Fortaleza San Paio de Narla 34
  • 36. Museo Fortaleza San Paio de Narla 35 »A pescuda dos detectives en San Paio, Club Pequeamig@s. Neste obradoiro trátase de que os nenos/as se metan por uns intres na pel dun detective. Terán que ir superando unha serie de pistas para acadar a meta final. Unha das pistas será identificar cal é a peza máis antiga da lareira.
  • 37. Museo Fortaleza San Paio de Narla 36
  • 38. Museo Fortaleza San Paio de Narla 37 »Unha noite no museo Ademais de durmir no museo en sacos, aproveitaremos para coñecer a nosa cultura popular a través de narracións orais. Un exercicio de convivencia.
  • 39. Museo Fortaleza San Paio de Narla 38
  • 40. Museo Fortaleza San Paio de Narla 39
  • 41. Museo Fortaleza San Paio de Narla 40 »Obradoiro de poesía visual para o Club Sénior Con este obradoiro preténdese exercitar a mente e outras habilidades mediante obradoiros prácticos. A aprendizaxe cultural, compartir o tempo, espazo, experiencias e coñecementos é de vital importancia para a satisfacción dos nosos maiores.
  • 42. Museo Fortaleza San Paio de Narla 41
  • 43. Museo Fortaleza San Paio de Narla 42 »Obradoiro de memoria visual para o Club Sénior Con este obradoiro preténdese exercitar a mente e outras habilidades mediante obradoiros prácticos. A aprendizaxe cultural, compartir o tempo, espazo, experiencias e coñecementos é de vital importancia para a satisfacción dos nosos maiores.
  • 44. Museo Fortaleza San Paio de Narla 43 »Obradoiros de divulgación científica para o Club Pequeamig@s Contáronmo e esquecino, vino e entendino, fíxeno e aprendino. Ciencia para ver a arte. A idea é amosar o vencello entre a arte e o complexo mundo da ciencia. Unha mensaxe innovadora sobre a capacidade creativa do ser humano.
  • 45. Museo Fortaleza San Paio de Narla 44
  • 46. Museo Fortaleza San Paio de Narla 45
  • 47. Museo Fortaleza San Paio de Narla 46
  • 48. Museo Fortaleza San Paio de Narla 47
  • 49. Museo Fortaleza San Paio de Narla 48
  • 50. Museo Fortaleza San Paio de Narla 49
  • 51. Museo Fortaleza San Paio de Narla 50 »Obradoiros de museoterapia: arte e sentidos, para o Club Pequeamig@s Achegar, aprender, alimentar o noso maxín, saborear a arte, fortalecer a autoestima, sentirse pertencente a un grupo …
  • 52. Museo Fortaleza San Paio de Narla 51
  • 53. Museo Fortaleza San Paio de Narla 52
  • 54. Museo Fortaleza San Paio de Narla 53 »Unha viaxe culinaria no espazo e no tempo, pola xeografía e a historia da gastronomía A través dunha presentación con imaxes e música, viaxamos a diferentes culturas para coñecer o máis característico da súas gastronomías: India, China, Xapón, Europa … Teremos oportunidade de degustar os sabores máis característicos de cada país.
  • 55. Museo Fortaleza San Paio de Narla 54
  • 56. Museo Fortaleza San Paio de Narla 55
  • 57. Museo Fortaleza San Paio de Narla 56 »Man con man, ritual sobre a pel. Obradoiro de henna Tatuamos os noso propios deseños con henna natural importada de Marrocos. Unha festa para celebrarmos a alegría do verán.
  • 58. Museo Fortaleza San Paio de Narla 57 »Obradoiro TratoRetrato para o Club Pequeamig@s Seguramente non hai nada máis sorprendente que retratarnos, un debuxo no que representamos a nosa imaxe coas esaxeracións propias da caricatura.
  • 59. Museo Fortaleza San Paio de Narla 58
  • 60. Museo Fortaleza San Paio de Narla 59 »Obradoiro: unha viaxe fotográfica no Museo
  • 61. Museo Fortaleza San Paio de Narla 60 Aprenderemos a ollar as fotografías e descubrir as mensaxes que se agochan nelas. Que historias nos inspiran? O museo será un escenario para a nosa imaxinación, un escenario de historia. A través das coleccións fotográficas de cada museo viaxaremos no tempo e crearemos as nosas propias historias. Se pechamos os ollos, que historias se nos ocorren que poderían ter acontecido neste mesmo lugar noutras épocas?
  • 62. Museo Fortaleza San Paio de Narla 61 »Obradoiro: Historias violetas, as mulleres nos museos Exploraremos o papel e espazos que as mulleres teñen ocupado tradicional e historicamente na nosa cultura: no campo, na aristocracia..., que actividades desempeñaban e como vivían en relación aos homes, e entre as diferentes clases sociais. Os museos gardan a memoria de obxectos, espazos, imaxes que ilustran a vida das mulleres ao longo da historia, pero tamén son ferramentas transformadoras, de cambio, para un futuro mellor. Observaremos, aprenderemos e cuestionaremos eses roles tradicionais. Á través de fotografías, reflexionaremos
  • 63. Museo Fortaleza San Paio de Narla 62 e compartiremos ideas de como o espazo, obxectos e imaxes do museo nos axudaron a entender e recrear a nosa imaxe.
  • 64. Museo Fortaleza San Paio de Narla 63 »VIAXES* DESDE LUGO AOS MUSEOS DA REDE MUSEÍSTICA Viaxe en autobús e visita guiada ao Museo, totalmente gratuíto. Viaxe ao Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol
  • 65. Museo Fortaleza San Paio de Narla 64 4.3. Obradoiros de Nadal Como cada ano, os museos da Rede Museística de Lugo presentan un programa de EXPOSICIÓNS, actividades e OBRADOIROS para achegar a cultura a todas e todos. Propoñemos novas perspectivas para que os maiores e os cativos vivan o noso patrimonio e as nosas colección en clave participativa e intercultural.
  • 66. Museo Fortaleza San Paio de Narla 65
  • 67. Museo Fortaleza San Paio de Narla 66
  • 68. Museo Fortaleza San Paio de Narla 67
  • 69. Museo Fortaleza San Paio de Narla 68 OBRADOIRO: Nadal Intercultural: Como se di Nadal en inglés? Imos practicar o inglés no museo... xogando. Partindo dos protagonistas do Nadal presentes nas obras do museo aprenderemos algunhas palabras en inglés e a continuación coñeceremos xogos e costumes da época de Nadal propios doutras zonas do mundo.
  • 70. Museo Fortaleza San Paio de Narla 69
  • 71. Museo Fortaleza San Paio de Narla 70 OBRADOIRO: O acto comunicativo do parladoiro ao whatsapp Analizar como mudou o xeito de comunicarse entre os noso conxéneres sociais con respecto á Idade Media.
  • 72. Museo Fortaleza San Paio de Narla 71
  • 73. Museo Fortaleza San Paio de Narla 72
  • 74. Museo Fortaleza San Paio de Narla 73 ROTEIROS POR ESTACIÓNS Roteiros de museo a museo e de estación en estación, permitirán cotemplar varios exemplos do noso patrimonio ambiental e cultural, en moitos casos descoñecido e desvalorizado. 1º Roteiro por estacións “ O inverno” do Museo Fortaleza San Paio de Narla ao Museo Provincial do Mar. Dende a Area de Cultura a través da Rede Museística e os museos que a integran, levamos anos traballando e ofertando a idea duns museos abertos a toda a sociedade, convertendose en espazos para a participación e o diálogo a través da arte. O Museo de San Paio de Narla comenzou o primeiro Roteiro por estacións onde os nosos nenos/as, pais/nais e avós/as puideron contemplar varios exemplos do nosos patrimonio ambiental e cultural no Museo do Mar e a paisaxe da Mariña Lucense co cal creamos unha relación entre os museos e o patrimonio cultural. As persoas integrantes do grupo coñeceron a historia do museo de San Cibrao a través das súas coleccións tan descoñecida para os veciños de Friol. Unha viaxe inolvidable para elas desfrutando da praia no Nadal.
  • 75. Museo Fortaleza San Paio de Narla 74
  • 76. Museo Fortaleza San Paio de Narla 75 2º Roteiro por estacións “ O inverno” do Museo Fortaleza San Paio de Narla ao Museo Pazo de Tor. Xa que o ICOM escolleu como lema "Museos e paisaxes culturais" para a celebración do día Internacional dos museos (18 de Maio) a Rede Museística e concretamente o Museo Fortaleza San Paio de Narla, levou a cabo este roteiro cuxo obxectivo e poñer de manifesto a responsabilidade dos museos coa paisaxe da que forman parte e xa que unas das súas misións e velar polo patrimonio, estea dentro ou fora dos seus muros. O Pazo de Tor ten unha paisaxe merecedora de estudar no seu contorno, eso fixeron onte os nenos/as do Club Pequeamig@s de San Paio de Narla, estudar e coñecer a fauna e flora do contorno e contidos do museo Pazo de Tor, desta forma didáctica de traballar aprenderon para o futuro a conservalo e difundilo, chegando a identificar o seu contorno como un Centro de Interpretación do Patrimonio.
  • 77. Museo Fortaleza San Paio de Narla 76
  • 78. Museo Fortaleza San Paio de Narla 77 4.4. Obradoiros del Club Pequeamigos
  • 79. Museo Fortaleza San Paio de Narla 78 Un museo é un espazo onde nos reflectimos nós mesmo e a Rede Museística Provincial de Lugo trata de facelo a través dos seus contidos e das súas experiencias pedagóxicas proxectándoas aos distintos colectivos da sociedade. A programación que presenta vai dirixida ao Clube Pequeamigos da Rede e foi deseñada coma unha proposta conformada por diversos obradoiros, cos que se pretende un achegamento das nenas e nenos aos catro museos da Rede e ás súas coleccións. Queremos que as xeracións do futuro aprendan, respecten e coñezan o noso patrimonio, como medio e como ferramenta para a súa formación, así como para o conxunto da sociedade. É dicir, museos onde a historia convértese en experiencias didácticas, vivenciais e lúdicas, un museo de historias por descubrir e compartir. A programación e os Obradoiros foron elaborados para dar resposta aos seguintes principios:
  • 80. Museo Fortaleza San Paio de Narla 79 1. SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de obter satisfacción persoal ao realizar algo por un mesmo. 2. PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a creatividade individual e colectiva. 3. COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo. 4. DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia 5. DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral. 6. EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar. 7. COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian novas capacidades cognitivas: a. Aprender a coñecer b. Aprender a ser c. Aprender a vivir xuntos d. Aprender a facer Obradoiro Ánima iTablet A todos nos gusta usar o iPad/Tablet, especialmente os nenos, pero podemos usalos dun xeito creativo? Neste taller exploraramos e desenvolvemos a creatividade a través da Arte da Animación creando pequenas pezas, curtametraxes. A Arte, e en especial o Cine é unha ferramenta de grande alcance para espertar a curiosidade e interese polo seu ámbito máis próximo dando renda solta ás súas enerxías creativas, ás capacidades críticas e desenvolvemento da motricidade fina.
  • 81. Museo Fortaleza San Paio de Narla 80 Anima iPad/Tablet damos vida a obxectos, personaxes, desenvolvendo habilidades con materiais e tecnoloxía marabillosa. Traballamos de xeito colaborador. Puxemos voces, música e editamos a nosa historia para crear a nosa pequena grande animación. Anima iPad/Tablet utiliza unha metodoloxía do descubrimento; lúdica e ao tempo unha divertida experiencia educativa. O Taller así mesmo foi acompañado dunha proxección de curtametraxes para acompañarnos no noso pequeno proceso de creación.
  • 82. Museo Fortaleza San Paio de Narla 81
  • 83. Museo Fortaleza San Paio de Narla 82
  • 84. Museo Fortaleza San Paio de Narla 83 Obradoiro "Comunicación popular, dende os trobadores ata a era de internet" Coñeceron a evolución moderna dos relatores comprobando como se utiliza a tecnoloxía para contar historias e como os trobadores da nosa época se encontran en moitos casos en contornas tecnolóxicas como poden ser as redes sociais. E así coñeceron a importancia das nosas teconoloxía para comunicar as nosas tradicións e costumes. Conclusión relatores da historia a través da tecnoloxía.
  • 85. Museo Fortaleza San Paio de Narla 84
  • 86. Museo Fortaleza San Paio de Narla 85
  • 87. Museo Fortaleza San Paio de Narla 86 Obradoiro Crear para Xogar A arte de xuntar II. Colección Quiroga-Monte de xoguetes antigos:trens e outras pezas, distribuida polos catro museos da Rede Museística e con motivo de dita exposición, estanse levando a cabo unha serie de actividades complementarias. Os nenos/as do Club Pequeamig@s do Museo Fortaleza San Paio de Narla gozaron dun obradoiro que levaba por título "Crear para Xogar", cuxo obxectivo era aprender a xogar e aprender a vivir. A través de xoguetes antigos e de xogos tradicionais os máis pequenos descubriron onte a infancia dos seus avós a través da súa imaxinación e das súas mans eles crearon os soldadiños e outros xoguetes, e así achegaronse a historia do xoguete dunha forma lúdica.
  • 88. Museo Fortaleza San Paio de Narla 87
  • 89. Museo Fortaleza San Paio de Narla 88 Obradoiro Xogueteando Aprender a xogar é aprender a vivir. Neste obradoiro os nenos/as do Club Pequeamig@s a través de xoguetes antigos e de xogos tradicionais descubriron a infancia dos seus maiores.
  • 90. Museo Fortaleza San Paio de Narla 89
  • 91. Museo Fortaleza San Paio de Narla 90 Obradoiro Historias Soldadas Os nenos/as do Club Pequeamig@s de San Paio de Narla desfrutaron do obradoriro Historias soldadas, actividade de creación de historias coa que potenciaron a súa imaxinación e fomentaron a creatividade. O obradoiro iniciouse lendo un conto sobre soldadiños para que a partir da lectura, os nenos/as crearan a súa historia encadeada na que cada un aportou unha parte da historia imaxinaria.
  • 92. Museo Fortaleza San Paio de Narla 91
  • 93. Museo Fortaleza San Paio de Narla 92 4.5. Colaboración coa Universidade
  • 94. Museo Fortaleza San Paio de Narla 93 Visita da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo O final do curso pasado e despois de varias reunión os profesores de 2º de Educación Primaria tomámola decisión de potenciar o traballo en grupo. Para elo, tentamos atopar a posibilidade de facelo, en e por grupos de alumnos deste curso da Facultade de Formación do Profesorado, buscando que, puidera mellorar a aprendizaxe do noso alumnado, e, si houbera lugar, propoñelo como algo a facer nos colexios e nas distintas materias que conforman o curriculum escolar da Educación Primaria coa idea de, potenciar a globalización do curriculum nesta etapa educativa. Para lévalo adiante consideramos que, a busca do material podería facerse nunha viaxe polas contorno de Lugo, intentando a collida do mesmo para as materias de: Educación Visual e Plástica Deseño e Desenvolvemento Currícular Organización e Xestión do Centro Escolar Ensino e Aprendizaxe de Competencias Comunicativas da Lingua Francesa Fundamentos da Educación Física Ensino e Aprendizaxe das CC. Experimentais Ensino e Aprendizaxe da Xeometría Estas materias, todas elas de segundo de E. Primaria e, para os futuros mestres, decidiuse para o día 27 de outubro e os lugares a recorrer serían: Santa Olalla de Bóveda, parroquia co Campo da Feira cos pendellos do mesmo e tamén a igrexa de Guimarei, para despois de xantar en Friol, rematando coa visita a Torre castelo de San Paio de Narla e o dolmen. O alumnado tería que recoller todo o que vira e atopara, ben por escrito ou polos MAV e as TIC axeitadas para despois “colocalo” no currículum de Primaria adaptando o material collido ós contidos desa etapa escolar para desenvolvelas
  • 95. Museo Fortaleza San Paio de Narla 94 capacidades e a conquista das competencias sinaladas nos distintos cursos da etapa de Primaria. Este traballo, estaría proposto con outra motivación, dentro da aprendizaxe do alumnado universitario: Ensinar e traballar en grupo os futuros docentes. Lugo 3 de novembro do 2015 Francisco Xosé Silvosa Costa Coordinador do 2º curso de E, Primaria
  • 96. Museo Fortaleza San Paio de Narla 95 Traballo de Fin de Grao en Mestre/a de Educación Infantil Colaboración co traballo de Fin de Grao: “Artellar entre paredes de pedra: Obradoiros artísticos en torno aos oficios medievais da muller campesiña” da alumna da Facultade de Formación do Profesorado Fátima Iglesias Núñez. A partires dunha serie de oficios realizados pola muller campesiña e tomando como referencia a metodoloxía de taller, levamos a cabo unha serie de obradoiros e a súa posterior exposición. Intentando así revalorizar e recuperar tradición á vez que conectar xeracións nun ambiente rural. Ao mesmo tempo amósase a importancia de que o neno/a sexa o protagonista autónomo da súa propia aprendizaxe. Tomando como referencia os oficios realizados pola muller campesiña e a dinámica da metodoloxía de talleres, puxemos en práctica catro obradoiros dirixidos aos nenos/as do Club Pequeamig@s da Rede. Este obradoiros xorden da observación do entorno habitual para eles, onde é palpable a desaparición de todo o que concirne ao medio rural: traballos, lingua, espazos… Emporiso a través das actividades que se realizaron buscouse dar auxe á figura da muller no rural, revalorizar e recuperar tradición e conectar xeracións. Os obradoiros que se levaron a cabo foron:
  • 97. Museo Fortaleza San Paio de Narla 96 Obradoiro unha ollada aos oficios medievais na muller campesiña “A sella e a auga” Neste obradoiro os nenos/as comprenderon que as sociedades actuais están condicionadas polo seu pasado histórico. Recoñecer as pezas e analizar a súa evolución e continuidade, así como a necesidade de conservalas. Nel realizaron unha sella e forón buscar a auga ao río nela, para por último rematar cun debuxo feitos con tempera e xeo.
  • 98. Museo Fortaleza San Paio de Narla 97
  • 99. Museo Fortaleza San Paio de Narla 98
  • 100. Museo Fortaleza San Paio de Narla 99
  • 101. Museo Fortaleza San Paio de Narla 100
  • 102. Museo Fortaleza San Paio de Narla 101 Obradoiro "a filloeira e a filloa" Os nenos/as do Club Pequeamigos continuaron cos obradoiros "Unha ollada aos oficios medievais na figura da muller campesiña" No obradoiro " A filloeira e a filloa" os nenos/as fixeron unha posta en común a través dunhas fichas moi ben elaboradas por Fátima Iglesias responsable do obradoiro: que sabemos dela?, para qué serve?, cómo se emprega?, quen a emprega?; e así coñeceron os nenos a filloeira buscando ao longo do museo e logo o proceso de todos os productos para facer as filloas e así concluimos facendo as filloas dun xeito tradicional e comendoas onde os nenos desfrutaron.
  • 103. Museo Fortaleza San Paio de Narla 102
  • 104. Museo Fortaleza San Paio de Narla 103
  • 105. Museo Fortaleza San Paio de Narla 104
  • 106. Museo Fortaleza San Paio de Narla 105
  • 107. Museo Fortaleza San Paio de Narla 106 Obradoiro “A queixeira e o queixo” No obradoiro da queixeira e o queixo, os nenos desfrutaron vendo un campesiño que voltou a idade media muxindo unha vaca e vendo como saía o leite, eles mesmo a continuación prepararon o leite e fixeron o queixo como podemos ir comprobando nas distintas imaxes. E despois plasmaron a súa experiencia nun pequeno mural. Polo tanto os obxectivos marcados cumprironse perfectamente e para eles foi unha experiencia participativa en grupo, moi gratificante.
  • 108. Museo Fortaleza San Paio de Narla 107
  • 109. Museo Fortaleza San Paio de Narla 108
  • 110. Museo Fortaleza San Paio de Narla 109
  • 111. Museo Fortaleza San Paio de Narla 110
  • 112. Museo Fortaleza San Paio de Narla 111 Obradoiro “O cacho e a torta de millo” Primeiro visitaro no museo e localizaron e contextualizaron a peza, a continuación seguiron co proceso que segue o doce (sementalo, debullar millo, moelo para a fariña, ovos, aceite e azucre para facer a torta) os nenos/as foron convertíndose en campesiños/as coa diferenza de antaño de que desfrutaron comendo a torta cun chocholate. A experiencia resultou moi positiva.
  • 113. Museo Fortaleza San Paio de Narla 112
  • 114. Museo Fortaleza San Paio de Narla 113
  • 115. Museo Fortaleza San Paio de Narla 114
  • 116. Museo Fortaleza San Paio de Narla 115
  • 117. Museo Fortaleza San Paio de Narla 116 Exposición dos traballos feitos no distintintos obradoiros Na cal se mostran as pezas feitas, e se goza dun tempo compartido coas familias. Pretendese concienciar sobre a importancia da relación de comunicación entre xeracións.
  • 118. Museo Fortaleza San Paio de Narla 117
  • 119. Museo Fortaleza San Paio de Narla 118
  • 120. Museo Fortaleza San Paio de Narla 119
  • 121. Museo Fortaleza San Paio de Narla 120 Colaboración co proxecto Vía Lactea (USC)
  • 122. Museo Fortaleza San Paio de Narla 121
  • 123. Museo Fortaleza San Paio de Narla 122
  • 124. Museo Fortaleza San Paio de Narla 123
  • 125. Museo Fortaleza San Paio de Narla 124
  • 126. Museo Fortaleza San Paio de Narla 125 5. PROGRAMA DE ACCIÓN CULTURAL
  • 127. Museo Fortaleza San Paio de Narla 126 5.1. Programa interxeneracional A través deste programa o que pretendemos é o coñecemento duns medios artesáns que forman parte da nosa cultura e que tende a desaparecer ante os novos procesos industrial e tecnolóxicos. III Xornadas de interpretación e dinamización no medio rural Estas xornadas pretenden contribuír a promover o interese pol cultura e tradicións propias da parroquia de Carballo e do Concello de Friol ademais de supor unha oportunidade para analizar a situación do rural e poder coñecer experiencias e estratexias que nos permitan contribuír a impulsar iniciativas de desenvolvemento social e económico no noso entorno. Os obxectivos destas xornadas son:  Proporcionar espazos de encontro, intercambio e formación entre os veciños e veciñas.  Afondar no coñecemento da nosa historia e patrimonio material e inmaterial.  Divulgar axudas que poidan resultar de interese.  Contribuír a promover a integración de colectivos xuvenís, de mulleres, de maiores e colectivos desfavorecidos en xeral.  Coñecer experiencias que poidan resultar de interese para os veciños e veciñas.  Difundir as diferentes iniciativas e proxectos relacionadas co sector forestal e agrogandeiro. O Museo Fortaleza San Paio de Narla involucrados sempre nas actividades do seu concello, colaborou coa súa presenza en devaditas xornadas, e ofrecendo o espazo do noso museo para a realización dunha actividade das xornadas.
  • 128. Museo Fortaleza San Paio de Narla 127
  • 129. Museo Fortaleza San Paio de Narla 128
  • 130. Museo Fortaleza San Paio de Narla 129
  • 131. Museo Fortaleza San Paio de Narla 130
  • 132. Museo Fortaleza San Paio de Narla 131 5.2. Programa da terceira idade
  • 133. Museo Fortaleza San Paio de Narla 132 En termos xerais podemos dicir que a historia de Friol é a dos acontecementos que lles ocorren aos antigos señores, hai que descubrila a base dos vellos nobres que poboaron a comarca e das épocas en que dominaron o territorio. Por iso nós creamos o programa da terceira idade. Ninguén como as persoas maiores, isto é a terceira idade, pode valorar o patrimonio inmaterial que tiña a transmisión oral da súa época, xa que era o seu medio de comunicación, e nós os traballadores de museo somos os encomendados de traspasar o noso legado a outros concellos, iso é o que imos a facer cos nosos visitantes da terceira idade. Neste caso estamos a traballar cuns grupos dos distintos concellos da xeografía galega a través da “Casa do Queixo” e distintas axencias de viaxes e asociacións. Visita da Peña Cabaleiros do Milenio de Santiago
  • 134. Museo Fortaleza San Paio de Narla 133 Visita Grupo de telefónica
  • 135. Museo Fortaleza San Paio de Narla 134
  • 136. Museo Fortaleza San Paio de Narla 135 Visita do Concello de Mos Visita Asociación cultural galega de formación permanente de adultos de Santiago
  • 137. Museo Fortaleza San Paio de Narla 136 5.3. Programa de ocio-turístico Visita do Africa Twin Club España ATCE O Africa Twin Club España ATCE integrado por moteiros de toda a xeografía española, programou unha xornada de actividade cultural para contemplar o inmenso patrimonio que ten o concello de Friol. A súa primeira visita foi ao Museo Fortaleza San Paio de Narla onde desfrutaron dunha perenne lección de historia e quedaron entusiasmados ao coñecer o seu pasado e os contidos das seccións que alberga o museo. En definitva un paseo en moto pola historia, pola gastronomía, pola natureza.
  • 138. Museo Fortaleza San Paio de Narla 137 Visita da Asociación Terras de Auga e Cultura do Concello de Lugo Visita Asociación Gastronómica Moscones (Asturias)
  • 139. Museo Fortaleza San Paio de Narla 138 5.4. Semana dos museos Museos para unha sociedade sostible O planeta está esgotado, vive nun equilibrio precario entre a modernidade e a destrución. Chegou o tempo do cambio, a humanidade necesita volver a conectar coa natureza para un desenvolvemento sostible. Este ano o lema para o Día Internacional dos Museos é “Museos para unha sociedade sostible”. Porque neste contexto, os museos teñen o deber de converterse en medios facilitadores do cambio, teñen que ser referentes dun novo modelo social e económico, cimentado na solidariedade e no respecto polo medio ambiente, mediante o aproveitamento racional dos recursos dispoñibles. A responsabilidade social dos museos ten que poñelos na primeira liña, como difusores de boas prácticas e xeradores do cambio.
  • 140. Museo Fortaleza San Paio de Narla 139 En Galiza temos a sorte de que esta data é inmediata á celebración do Día das Letras Galegas, un día ao ano no que tratamos de poñer en valor a nosa lingua, reivindicar a nosa identidade e fortalecer a nosa alma como pobo. Polo que, no caso da lingua, tamén sería indicado aplicar o concepto sostible, porque queremos unha lingua saudable, unha lingua viva, unha lingua de todos, como vehículo de progreso e modernidade. Así pois, neste 2015 imos fusionar lingua e museos, arte e natureza. FOTO_PALABRAç Nesta iniciativa imos incluír dúas variantes: “Un día / Unha palabra” e “Haikus pola lingua” Un día / Unha palabra Esta iniciativa estaba pensada para encher as nosas redes sociais (facebook e twitter) de palabras en galego, esas palabras que forman parte dun patrimonio esquecido, palabras ou expresións que falaban os nosos maiores e que por caeren en desuso están desaparecendo do noso vocabulario. E porque cremos que unha lingua viva é unha lingua que se fala, queremos que os nosos seguidores nas redes contribúan a enriquecer tanto o noso léxico como a nosa cultura, e publiquen “foto_palabras”, fotos dos obxectos ou de escenas que teñan relación coa palabra ou expresión que tratan de mostrar. Para estimular a participación dos nosos seguidores do facebook podemos establecer un sistema de nominacións, polo cal unha persoa elixe a outra para que publique a súa “foto_palabra”, e así sucesivamente, mencionando ou etiquetando o nome do museo da Rede no que quere participar. Para publicar as foto_palabras no twitter, utilizarase o #conlingua. Cada un dos museos poñerá no twitter unha “foto_palabra” por día relacionada cos contidos das súas coleccións ou do entorno no que está integrado.
  • 141. Museo Fortaleza San Paio de Narla 140 HAIKUS POLA LINGUA Nos haikus combínanse á perfección os conceptos de lingua, arte e natureza. Os haikus son pequenos poemas de orixe xaponés, que se compoñen de tres versos, de 5-7-5 sílabas, que acostuman a tratar da natureza, da realidade, do percibido polos sentidos. A miúdo inclúen un kigo, que é unha palabra ou expresión que fan referencia ó día, estación ou período do ano ó que se refire o poema. Os haikus teñen unha grande potencia espiritual, neles combínase a intuición, a harmonía, o equilibrio coa natureza, o sentimento, o vínculo. Algúns descríbenos como o impacto dun momento sentido con profundidade. Queremos capturar a forza da palabra e da natureza en imaxes. Neste caso, queremos convocar un concurso a través das redes, invitando a colexios e bibliotecas, para que acompañen
  • 142. Museo Fortaleza San Paio de Narla 141 fotografías da natureza, da nosa paisaxe, con haikus. Con todas as fotocomposicións crearemos unha exposición virtual nas nosas redes sociais como homenaxe á nosa lingua e ó mesmo tempo para lanzar unha mensaxe de concienciación para a preservación do medio ambiente. As fotocomposicións deberán remitirse ó correo redemuseistica@gmail.com, poñendo como título da mensaxe Haikus pola lingua. Neste caso, cada un dos museos procurará a participación de poetas e artistas para incluír as súas fotocomposicións (foto + haiku) nas súas redes sociais. CULTURBAN; CULTURA URBANA SOSTIBLE Día Internacional dos Museos 2015 / Día de intervencións de Cultura Urbana Rede Museística Provincial de Lugo - CLUB EI!! A Rede Museística Provincial de Lugo e o CLUB EI!! promoven o proxecto CULTURBAN, coa participación de mozos creadores, muralistas, grafiteiros e creativos do CLUB EI!! Coincidindo co Día Internacional dos Museos, os días 16, 17 e 18 de maio realizaranse unha serie de intervencións simultáneas en varios espazos cedidos pola Rede Museística Provincial de Lugo: Museo do Mar de San Cibrao, Museo Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla. CULTURBAN; CULTURA URBANA SOSTIBLE O obxectivo principal do proxecto busca unha mirada cara á sostibilidade do patrimonio como piar do desenvolvemento cultural, por medio de propostas creativas e construtivas, preténdese cohesionar un soporte e contexto comunal con intervencións artísticas urbanas contemporáneas desenvolvidas por mozos, fomentando así a gran riqueza artística que alberga a arte urbana desenvolvida con obxectivos comúns e estratexias a favor dunha dimensión cultural sostible co medio.
  • 143. Museo Fortaleza San Paio de Narla 142 Os museos e cultura como tema proposto e centro de actuación, reivindicando nas intervencións seleccionadas a nosa identidade cultura e patrimonio local, co fin de promover Lugo como cidade cultural e universitaria. CULTURBAN preséntase coa intención de fomentar a arte socialmente responsable, vinculada á comunidade, a súa identidade e cultura, dignificando a arte urbana como expresión artística e ferramenta lúdica, respectando e enriquecendo a identidade e o patrimonio urbano comunal. A Rede Museística en colaboración co CLUB EI!! con esta proposta busca promover e apoiar a arte urbana entre os mozos creadores, ofrecendo liñas de actuación responsables e sostibles para desenvolver expresións e ideas artísticas no ámbito urbano de forma harmónica. A Rede Museística Provincial de Lugo facilitará aos participantes as necesidades técnicas, permisos e materiais para o desenvolvemento de cada intervención, cedéndolles 3 espazos dispoñibles nos centros onde se desenvolverán as intervencións.
  • 144. Museo Fortaleza San Paio de Narla 143 NOITE DOS MUSEOS: Sábado, 16 de maio Visita e concerto no Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol. 18:00 h. Saída en autobús* desde Lugo para o Museo Fortaleza San Paio de Narla. 18:30 h.- Noite dos Museos no Museo. Os membros do Club Pequeamig@s de San Paio de Narla que o desexen reúnense a esta hora para participar nos obradoiros, concerto, contos e… a durmir, que son horas. 18:45 h. Visita guiada ao Museo Fortaleza San Paio de Narla. 19:45.- Inauguración da exposición “Sas Diosas. Miradas, sa erèntzia mea”, de Monica Mura. Forma parte da itinerancia da mostra Olladas ‘A miña familia’. 20:00.- Contámo-nos-contos. 21:00 h. Concerto de José María de Cora (guitarra clásica) 22:00 h. Regreso a Lugo para os usuarios do autobús, a onde se chegará sobre as 23:00 h.
  • 145. Museo Fortaleza San Paio de Narla 144
  • 146. Museo Fortaleza San Paio de Narla 145
  • 147. Museo Fortaleza San Paio de Narla 146
  • 148. Museo Fortaleza San Paio de Narla 147 DÍA DAS LETRAS GALEGAS: domingo, 17 de maio 12:00 h.-Visita guiada ao Museo Fortaleza de San Paio de Narla. Actividades a desenvolver nesta xornada: Ademais das visitas guiadas continúan “Un día /Unha palabra”, “Haikus pola lingua” e “Culturban, cultura urbana sostible”. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS: luns, 18 de maio Os catros museos estarán abertos ao público nesta xornada. 5.5. Programa Museoloxía social
  • 149. Museo Fortaleza San Paio de Narla 148 Culturas en diálogo Programa de museoloxía social impulsado pola Rede Museística da Deputación de Lugo. No acto de presentación, presidido polo delegado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, a xerente da Rede, Encarna Lago, a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, e representantes do tecido social implicado déronse a coñecer os obxectivos e principais actividades e iniciativas programadas que se irán desenvolvendo ao longo do ano nos catro museos (Lugo, Tor, Narla e San Cibrao) da Rede, así como noutras localizacións. PONTES DE DIÁLOGO LUGO-MÉXICO LUGO-ARXENTINA LUGO-URUGUAI LUGO-BRASIL LUGO-REP. DOMINICANA LUGO-COLOMBIA LUGO-PERÚ
  • 150. Museo Fortaleza San Paio de Narla 149 As iniciativas e o calendario de actividades, moi variado e diverso (encontros, conferencias, entrevistas, obradoiros, festivais, exposicións …) contarán coa colaboración de numerosos colectivos sociais así como de institucións museísticas, como é o caso do Museu Maritim e o Museo Etnológic de Barcelona, ou o Museo de L’Hospitalec no caso da diálogo a establecer entre Lugo e Cataluña. Todas as actividades se encadrarán transversalmente co diálogo cos distintos países e cultura a través destas iniciativas on: 1.-CARTAS FALADAS. HISTORIAS DAQUÍ OU DACOLÁ 2.-NOS+OUTRAS: EN REDE 3.-DOMINICANAS 4.-FESTIVAL MUSICAL Día Internacional do Migrante 2015: actos nos museos da Rede Museística
  • 151. Museo Fortaleza San Paio de Narla 150 Con motivo do Día Internacional do Migrante (18 de decembro), a área de Cultura da Deputación de Lugo, a través da súa Rede Museística e dentro do programa ‘Culturas en Diálogo’, organiza diversos actos que serán comezan este xoves, día 17, ás 20:00 horas, na Sala Multiusos do MPLugo, coa inauguración da exposición ‘INHERENTES. Personaxes, lugares e outras herbas’, de Tamara Wassaf e Luciana Rago. Actos que terán continuidade o día 18, no Museo Pazo de Tor, e o sábado, 19, cunha xornada intensa no Museo Fortaleza de San Paio de Narla. A entrada a este acto é libre e gratuita. EXPOSICIÓN: INHERENTES_Personaxes, lugares e outras herbas ( de Tamara Wassaf – Luciana Rago) Sala de Exposicións do MPLugo (Sala Multiusos) CULTURAS EN DIÁLOGO Culturas en Diálogo: Lugo – A Arxentina é un proxecto de colaboración entre a Rede Museística da Deputación de Lugo e as asociacións de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses en Lugo e Tango Club Galicia, mais un equipo multidisciplinar. Concíbese como programa de museoloxía social que formula un traballo de arqueoloxía emocional entre Lugo e A Arxentina, coa posta en valor e humanización dos seus testemuños, en clave intercultural, entre diferentes xeracións e institucións museísticas, fomentando a creación multidisciplinar e onde se destaca a participación social de todos os colectivos da comunidade. Culturas en Diálogo, coordinado por Encarna Lago González, ten como obxectivo a creación de pontes de diálogo entre Lugo e colectivos de migrantes de Arxentina, Uruguai, México, Brasil, República Dominicana, Colombia e Perú. INHERENTES_PERSONAXES, LUGARES E OUTRAS HERBAS O traballo INHERENTES é o resultado dun diálogo múltiple entre as linguaxes que ambas artistas veñen desenvolvendo desde hai varios anos. Por un lado, Luciana Rago instala “Papirofagia”, sutís fibras de papel esquivando e conversando con violentos desgarramentos de luz e escuridade. Unha gran forma de papel de fibras vexetais que fragmenta o espazo expositivo e que envolve o espectador desde a consideración do pictórico como experiencia vital e aberta.
  • 152. Museo Fortaleza San Paio de Narla 151 Por outro lado, no traballo de Tamara Wassaf as formas da natureza preséntanse como imaxes sempre cambiantes: son seres vexetais que se camuflan con miradas femininas, escóndense e fusiónanse facendo que a mirada do espectador discorra dun lugar a outro a través de sutís pasaxes de luz. Inherentes é o título desta serie e fío condutor de todas as pezas que aquí se presentan e refírese á idea daquilo que, debido ás súas condicións naturais, está unido dunha maneira indivisible. Neste sentido, Inherentes aludirá non tan só a un diálogo de amizade que comezou hai máis de quince anos entre as dúas artistas, senón que, ao mesmo tempo, será unha escusa perfecta para contribuír cun diálogo frutífero, cultural e internacional que é sempre unha ocasión de festexo. [Encarna Lago González, comisaria] PROGRAMA DE ACTOS NA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO »Xoves, 17/12/2015, ás 20:00 h. Lugar: MPLugo (sala Multiusos) -Presentación do Programa e inauguración da exposición “Inherentes: Personaxes, lugares e outras herbas”, de Tamara Wassaf e Luciana Rago. Este acto contará coa presenza de Xosé Ferreiro Fernández, deputado delegado da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística. »Venres, 18/12/2015 Lugar: Museo Pazo de Tor (Monforte) / 11:00 h. -Presentación da exposición “Inherentes: Personaxes, lugares e outras herbas” de Tamara Wassaf e Luciana Rago »Sábado, 19/12/2015 Lugar: Museo Fotaleza de San Paio de Narla (Friol) / 13:00 h. -Presentación Proxecto Culturas en diálogo: Lugo-Uruguai.
  • 153. Museo Fortaleza San Paio de Narla 152 -Presentación da exposición “Inherentes: Personaxes, lugares e outras herbas” de Tamara Wassaf e Luciana Rago. -Irmanamento da Muralla de Lugo co Candombe e o Tango (Patrimonios Culturais Inmateriais da Humanidade), con Mª Teresa Huguet e a colaboración das asociacións culturais Muralla-Folk e Rioplatense. Cartas faladas: historias daquí ou dacolá. Recordamos a … »Juana de Ibarbourou, coñecida popularmente como Juana de América. O seu pai, Vicente Fernández, naceu en Lourenzá, provincia de Lugo. A biblioteca municipal desta localidade leva o nome desta poetisa. Escoitamos a súa voz. Lectura das súas poesías. »José María Alonso y Trelles Jarén, coñecido como «El Viejo Pancho» (Ribadeo (Lugo), 7 de maio de 1857 - Montevideo, 28 de xullo de 1924). Escritor e poeta gauchesco. A biblioteca Pública Municipal de Ribadeo chámase: El Viejo Pancho. Lectura das súas poesías. »Valentín García Saiz (Melo, Cerro Grande (Uruguai), 23 de decembro de 1894 – Montevideo, 3 de abril de 1974). O seu pai, Valentín García Fraga, era natural de Mondoñedo. Gran escritorr gauchesco. Lectura de contos da súa obra “El narrador gaucho”. 14:00 h.-Xantar 15:30-18:00 h. -Encontro coa comunidade: Mateada e café. Campionatos de naipes: Truco (versión uruguaia) / Brisca. Xogos tradicionais para nenos.
  • 154. Museo Fortaleza San Paio de Narla 153
  • 155. Museo Fortaleza San Paio de Narla 154 Día Internacional da Loita contra a violencia de xénero Presentación de ‘Plántalle cara ao maltrato’, de Luz Darriba Dentro do programa CULTURAS EN DIÁLOGO, programa que organiza a Rede Museística da Deputación de Lugo, este mércores, 25 de novembro, ás 18:30 horas, con motivo do Día contra a violencia de xénero, terá lugar no Museo Provincial de Lugo unha charla a cargo de LUZ DARRIBA, artista que está a desenvolver Dominicanas., un proxecto que intenta facer visible a existencia dunha colectividade, apenas coñecida, que leva moitos anos convivindo e interactuando entre nós en Lugo. Dominicanas é tamén un xeito diferente de mirar, de desestigmatizar a ollada social maiormente turbada polos prexuízos, de furgar no backstage das historias de vida, das bitácoras de persoas con acenos comúns, entrelazadas polas vicisitudes dun destino afastado do coñecido e familiar. Trátase, en definitiva, de poñer o foco nas mulleres dominicanas é a maneira que atopamos de desvelar
  • 156. Museo Fortaleza San Paio de Narla 155 eses misterios, de afondar nos nosos diálogos entre culturas. As mulleres foron, en xeral para esta comunidade, as pioneiras, as colonizadoras, as descubridoras, as que comezaron a destecer e a tecer as historias que nos unen. Día internacional das persoas co discapacidade O Día Internacional das Persoas con Discapacidade 2015 na Rede Museística Para conmemorar este 3 de decembro de 2015, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a Área de Cultura da Deputación de Lugo, á través do departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade da Rede Museística organiza unha serie de actividades que se prolongarán durante todo o mes e que son: -Obradoiro SENSACIÓNS no Pazo de Tor (Monforte) e no Museo de San Paio de Narla (Friol), que terá lugar o día 3 de decembro con dúas actividades pola mañá e outras tantas pola tarde, dirixidas a todo tipo de público.
  • 157. Museo Fortaleza San Paio de Narla 156 -Obradoiro CARTAS FALADAS nos catro museos que integran a Rede Museística (Museo Provincial de Lugo, Museo de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor) o día 6 de decembro, ás 12:00 horas, actividade dirixida a todo tipo de público. -Nova convocatoria do obradoiro de fotografía para persoas cegas. O día 3 de decembro ábrese o prazo para presentar as solicitudes para asistir ao curso de FOTOGRAFÍA A CEGAS, (diríxase ao museo da Rede máis próximo) que se vai desenvolver os días 28 e 29 de decembro e 7 e 8 de xaneiro que culminará cunha exposición das obras realizadas o día 28 de decembro. -Exposición dos traballos seleccionados do Premio ANADE (do 4 ao 13 de decembro). Sala Multiusos do MPLugo O SAMAÍN NO MUSEO FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA O Museo de San Paio de Narla segue a loitar polo seu e segue a crer no potencial e na bondade da xente,principal activo definidor e identificador na nosa ética: difundir cultura e espallar satisfacción por doquier. Cremos na xente, nas súas ilusións, nos seus medos, inquedanzas, incertidumes... e traballos inmersos na súa cotidianidade e aprendemos, e moito, deles. Un museo sen xente, non é un museo, é un ente condeado a extinguirse. A Rede Museística comprácese en colaborar en proxectos tan enriquecedores como éstes e felicita a asociación A Castronela pola súa confianza depositada en nós e por insuflar as velas dun barquiño que é pequeno en infraestructura pero grande en valores morais e humáns. Por iso somos uns museos sociais que traballamos coas familias facendo un museo de comunidade, isto é, MUSEOLOXÍA SOCIAL.
  • 158. Museo Fortaleza San Paio de Narla 157
  • 159. Museo Fortaleza San Paio de Narla 158
  • 160. Museo Fortaleza San Paio de Narla 159
  • 161. Museo Fortaleza San Paio de Narla 160
  • 162. Museo Fortaleza San Paio de Narla 161 Colaboración na Presentación da Asociación Castronela A Asociación friolense de recreación histórica " A Castronela " participou hoxe nun desfile na feira do Cabalo de Friol facendo así a presentación en público para esta asociación celta que toma o nome dunha aldea do Concello de Friol " Castronela" un castro celta, lugar onde se ubica o Museo Fortaleza de San Paio de Narla. Dita asociación traballa en colaboración co Club Pequeamig@s, Ei e Senior do Museo de San Paio de Narla, o seu obxectivo é dar a coñecer o patrimonio de dito concello ao mesmo tempo que integra aos nenos/as, aprendendo así a nosa historia castrexa dunha forma divertida e ao mesmo tempo divulgala.
  • 163. Museo Fortaleza San Paio de Narla 162
  • 164. Museo Fortaleza San Paio de Narla 163 5.6. Programa de Exposicións EXPOSICIÓN: Olladas ‘A miña familia’ O programa Olladas de muller centra a súa atención na obra dunha muller: A miña familia, de Xulia Minguillón, realizada en 1944, e que ofrece a visión da súa propia familia nun momento histórico moi concreto e diferente ao actual. A exposición Olladas. “A miña familia” conta coa participación de 47 artistas, 47 miradas diferentes nas que se reflexiona sobre a figura e o tempo tendo como referente a familia e a muller. A través das obras coñecemos os momentos históricos e o papel que xoga a muller na construción da sociedade. A familia é o elemento que aglutina as sociedades e a súa representación é unha oportunidade para coñecer os modelos sociais cos que as novas xeracións se identifican e socializan. Neste ámbito é onde se insire a convocatoria do concurso dirixido a escolares “A miña familia, antes e agora”, co obxectivo de fomentar a participación, os valores de convivencia e a expresión artística. Na sociedade actual, a construción da familia cambiou en consonancia cos cambios sociais e, hoxe en día, existen diversas formas e conceptos de familias, a diferenza dos modelos tradicionais de familias que representa a obra de Xulia Minguillón. As artistas e os artistas seleccionados David Catá, Verónica Vicente, Edu Albo, Alberto Pena, Marian Losada, Martín Lestao, Patricia Arellano, Paula López Vallejo, José Caamaño, Paz Vicente, Laura Piñeiro, Iria Cortizo, Roi Domínguez, María Xosé Domínguez, Paco Pestana, Juan José Lomarti, Yolanda Dorda, Fernando Yáñez, Benjamin Santín Ben, María Nogueira, Germán Limeres, Iago Eireos, Luz Darriba, Miguel Anxo Macía, José Reigosa, Mauro Leivas, Paula Noya, Félix Carpio, Renata Otero e Pilar Boullosa. Comisaria: Encarna Lago A ARTE DE SER MULLER NUN MUNDO POR COMPARTIR 5.0. Se botamos unha ollada histórica ao papel que a muller cumpriu no mundo da arte, a primeira visión coa que nos atopamos é a da muller como obxecto,
  • 165. Museo Fortaleza San Paio de Narla 164 como mero modelo expositivo sobre a cal perpetuar os roles de xénero dunha cultura patriarcal imperante. A muller, no mundo da arte, durante moitos anos quedou relegada a ocupar sinuosos planos nos lenzos que penduran das paredes de museos de todo o mundo. Ao mesmo tempo que a muller artista quedaba silenciada. É ben coñecido que na historia da arte, moitas das mulleres artistas asinaban as súas obras baixo identidades masculinas para evitar que os seus traballos foran censurados ou invisiblilizados. A arte, como linguaxe expresiva, manifesta o que existe na sociedade nos diversos momentos históricos e, así, visibiliza os roles de xénero e o papel da muller nos diversos ámbitos da sociedade: dende o seu papel na familia (como nai protectora) ata o seu papel na comunidade e sociedades. Polo tanto, a sociedade é un concepto que evoluciona histórica e socialmente e no que se fai necesario que a muller xogue un papel activo e visible. Mirar a arte con perspectiva de xénero permite ter un visión global das diferenzas que para homes e mulleres supón a arte. Visibilizar a contribución das mulleres ao mundo das artes supón facer unha reinterpretación da historia, cuestionándose os discursos institucionais, incorporando novas propostas que dean como resultado a transformación da mirada sobre a o mundo e as mulleres. Dende a Rede Museística de Lugo, levamos anos apostando por un modelo de traballo baseado en plans con obxectivos a medio e longo prazo, máis aló das celebracións puntuais de efemérides. A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0 enmárcase dentro da iniciativa levada a cabo pola Rede Museística Provincial de Lugo baixo o comisariado da xerencia da RMP, centrada na visibilidade das mulleres no eido creativo. Nesta nova edición, o que se persegue é evidenciar o feito de que a construción dunha sociedade igualitaria pasa por dous eixes claves: dunha banda o recoñecemento e visibilidade da muller como axente activo na construción da sociedade actual e, doutra banda, a visibilidade da arte creadora sobre postulados de igualdade, dende a ollada compartida de homes e mulleres.
  • 166. Museo Fortaleza San Paio de Narla 165 Por todo isto, nesta ocasión o programa Olladas de muller centra o seu foco de atención na obra dunha muller: A miña familia, de Xulia Minguillón, realizada en 1944, e que ofrece a visión da súa propia familia nun momento histórico moi concreto e diferente ao actual. A exposiciónOlladas “a miña familia” conta coa participación de 47 artistas, 47 miradas diferentes nas que se reflexiona sobre a figura e o tempo tendo como referente a familia e a muller. A través das obras coñecemos os momentos históricos e o papel que xoga a muller na construción da sociedade. A familia é o elemento que aglutina as sociedades e a súa representación é unha oportunidade para coñecer os modelos sociais cos que as novas xeracións se identifican e socializan. Neste ámbito é onde se insire a convocatoria do concurso dirixido a escolares “A miña familia, antes e agora”, co obxectivo de fomentar a participación, os valores de convivencia e a expresión artística. Na sociedade actual, a construción da familia cambiou en consonancia cos cambios sociais e, hoxe en día, existen diversas formas e conceptos de familias, a diferenza dos modelos tradicionais de familias que representa a obra de Xulia Minguillón. Esta edición trata, consecuentemente, de ampliar as olladas, non só dos participantes senón tamén no senso de que a exposición vai contar cun novo formato de multi-salas (sala de Xulia Minguillón e sala Multiusos do Museo Provincial de Lugo e a sala de Exposicións da Deputación de Lugo) e ,a partir do mes de abril, as obras viaxarán aos catro museos da Rede configurando unha topografía da provincia de Lugo. Non é coincidencia que sexa na provincia de Lugo, en xeral, e na Rede Museística de Lugo, en concreto, onde estas iniciativas teñen cabida. Somos museos de comunidade, o que implica que o traballo levado a cabo está planificado e que se concreta baseándose en proxectos museísticos orquestrados en programas para/coa comunidade. Unha comunidade que se estende a artistas, asociacións, familias, escolares e público en xeral que atopa nos nosos museos un espazo para o encontro, a reflexión, a divulgación e o desenvolvemento integral das persoas. Ao longo do 2014, foron moitos os programas levados a cabo dende a Rede Museística no seu labor de visibilizar e reivindicar a muller na arte. A modo de exemplos cabe citar o proxecto Diálogo Intercultural: Lugo-
  • 167. Museo Fortaleza San Paio de Narla 166 Arxentina dentro do que se inseriu o programa “Mulleres de aqui e de acolá”; as exposicións colectivas Olladas de muller sobre a guía postal Lugo de Maruja Mallo e Historia da visibilidade creativa feminina na Rede e o Pazo san Marcos foi testemuña do acto inaugural do Festival Miradas de Mulleres 2014, en Galicia. Nesta liña de formular obxectivos a medio e longo prazo, hai que salientar que, tras o éxito acadado o ano pasado, este ano celebramos o II Congreso de xénero, Museos e Arte, apostando e co convencemento no labor de compromiso social que a Rede Museística vén desenvolvendo no campo de xénero que nesta nova edición se engade, como piar necesario, a migración. Por todo iso, A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0 preséntase como unha oportunidade máis de visibilizar o papel da muller ao longo dos vindeiros meses do 2015, con actividades didácticas complementarias e paralelas ao Plan xeral de igualdade da RMP, nas que se poña de manifesto a igualdade nos catro museos da rede en consonancia coas comunidades que os viven e os visitan: Muller rural en San Paio de Narla; Muller e mar no Museo do Mar; Muller, clases sociais e discapacidade no Pazo de Tor; Muller e arte no Museo Provincial de Lugo. [Encarna Lago, comisaria e xerente da RMP] Obras itinerantes en San Paio de Narla
  • 168. Museo Fortaleza San Paio de Narla 167 Mónica Mura “ SasDiosas”
  • 169. Museo Fortaleza San Paio de Narla 168 Mary Pais “Olladas sen Froteiras” Martín Lestao “Familia”
  • 170. Museo Fortaleza San Paio de Narla 169 Alberto Pena “A familia e o artista (A árbore caída)”
  • 171. Museo Fortaleza San Paio de Narla 170 Paco Pestana "Uno de los nuestros"
  • 172. Museo Fortaleza San Paio de Narla 171 Edu Albo "Eternity1"
  • 173. Museo Fortaleza San Paio de Narla 172 Bejamín Santín Carballada "Idea visualizada"
  • 174. Museo Fortaleza San Paio de Narla 173 Felix Carpio "Mi familia"
  • 175. Museo Fortaleza San Paio de Narla 174 Luz Darriba "Velos e desvelos"
  • 176. Museo Fortaleza San Paio de Narla 175 Lomarti "Espello" Exposición A arte de xuntar II. Colección Quiroga-Monte de trens e xoguetes
  • 177. Museo Fortaleza San Paio de Narla 176 Esta exposición, organizada pola Deputación Provincial de Lugo a través da Rede Museística, conta cunha destacada selección de trens infantís e outra de
  • 178. Museo Fortaleza San Paio de Narla 177 xoguetes antigos. A mostra invita a un ameno percorrido por unha parte da historia contemporánea de España, amosando a produción xoguetera do país ao longo de cen anos. Aproveitamos este evento para lembrar o 140 aniversario da chegada do tren a Lugo, procedente de A Coruña, efeméride acontecida o 5 de outubro de 1875, día de San Froilán. Naquela xornada, en palabras de Darío Xohán Cabana, “unha multitude con música e bombas de palenque deulle a benvida ás autoridades coruñesas, pero sobre todo ó novo e revolucionario medio de transporte que xa levaba medio século transformando o mundo. A chegada do primeiro tren a Lugo fixérase desexar moitos anos, e aínda se había de suspirar oito máis antes de ter aberto o camiño de ferro á Meseta.” Tamén con esta mostra queremos traer á memoria á construción do ferrocarril de vía estreita entre Vilaodrid, actualmente concello de A Pontenova, e Ribadeo, inaugurado o 18 de abril de 1903 para o transporte de mercadurías e, dous anos despois, concretamente o 5 de agosto, tamén para viaxeiros. Con motivo deste dobre aniversario, esta exposición amosa unha notable cantidade de pezas do xoguete ferroviario: trens coas súas locomotoras, coches e vagóns, estacións e apeadeiros, así como unha gran variedade de accesorios ferroviarios. Pero, ademais, complementan esta mostra centrada no tren outras excepcionais pezas xogueteras como coches, bonecas, teatriños, dioramas, etc. Os xoguetes elixidos, marcados polo desenvolvemento industrial e comercial que experimentaron a partir do século XIX, figuran estreitamente vencellados aos cambios socio-económicos, técnicos, culturais e políticos das diferentes etapas da súa fabricación. Constitúen, xa que logo, un fiel reflexo dos comportamentos, costumes, modas, sucesos e inventos ocorridos entre 1880 e 1980. Todas as pezas exhibidas pertencen á colección Quiroga-Monte. Expertos e críticos especializados valoraron a riqueza e variedade desta colección composta, a día de hoxe, por máis de 1.500 exemplares orixinais, que a sitúan
  • 179. Museo Fortaleza San Paio de Narla 178 entre os mellores patrimonios privados sobre o xoguete, a boneca e a cultura infantil de orixe español. A visita a esta mostra permite descubrir os diferentes materiais empregados na fabricación dos xoguetes –desde a folla de lata ao plástico-; os procedementos técnicos empregados pola industria xoguetera –desde a pintura á metalgrafía- ; así como unha gran variedade de estilos e deseños. Os xoguetes que aquí se amosan, algúns deles únicos no coleccionismo español e presentados agora por primeira vez, foron o mellor medio para expresar a imaxinación, a destreza e a creatividade de moitas xeracións infantís, ao igual que os máis eficaces modelos para achegarse ás condutas e valores dos adultos, pois hoxe, igual que onte, aprender a xogar é aprender a vivir. A Deputación Provincial de Lugo e a Rede Museística desexa que a contemplación destas pequenas marabillas sexa para os máis pequenos un sorprendente descubrimento da infancia dos seus maiores e, para estes, unha extraordinaria oportunidade de volver a ser os nenos e nenas de onte, na recuperación dunha infancia que endexamais debería perderse.
  • 180. Museo Fortaleza San Paio de Narla 179 EXPOSICIÓN: Luis Seoane. Paisaxe psíquica
  • 181. Museo Fortaleza San Paio de Narla 180 A paisaxe en Luis Seoane é unha sorte de viaxe; primeiro física, logo mental. Paisaxe psíquica A paisaxe en Luis Seoane é unha sorte de viaxe; primeiro física, logo mental. A comezos dos anos cincuenta realiza algunhas das súas pinturas de paisaxe máis significativas tras unha viaxe á provincia arxentina de Neuquén, ao pé dos Andes, que supón un cambio radical na súa óptica artística, así como unha conexión directa coas súas paisaxes dos anos setenta, os seus traballos máis líricos. Ata entón, as súas paisaxes funcionaban como meros escenarios ou fondos das súas figuras, pero estas xa son paisaxes en sentido estricto, pequenas pero ambiciosas. Seoane rompe co costumismo e amosa unha natureza sublime, de inclinacións abstractas, que comeza a definir o seu interese polas superficies de cor. A perspectiva redúcese e a paisaxe preséntasenos como un muro, como un retrato. A proximidade dificulta a lectura da imaxe e o espectador abandónase ao inconmensurable, malia as pequenas dimensións de cada unha das pinturas. A liña do ceo, case inexistente pero imprescindible, é chave para compoñer a imaxe. A estas pinturas acompáñanlles debuxos terrosos e azuis, que se corresponden cos seus cadros. Uns son extremadamente leves, outros marcan as liñas de montaña de maneira grosa, e outros son case a mimese dos seus cadros e mesmo levan escrita a indicación da cor.
  • 182. Museo Fortaleza San Paio de Narla 181 Mentres, nas súas augadas, agudízase o que de maneira xenérica poderíamos calificar como un proceso de abstracción. Coma se se tratase dun tremor, o representativo tórnase borroso e convértese nun espazo intersticial onde a cor actúa como único indicio para unha narrativa, e unha serie de fendas funcionan como elemento expresivo e cromático capaz de definir forma e espazo. Nas suas augadas e gouaches evócanse paisaxes sen chegar a describilos de maneira clara. Ás paisaxes do Río da Prata, de Neuquén, de Saboia ou de Xenebra, así como ás escenas rurais, é necesario sumar as que marcan os seus comezos como pintor e tamén os seus últimos traballos: os dedicados ao mar. Son composicións dinámicas, de grafía nerviosa, con tendencia ao curvo, fundindo en harmonía liña e masas de cor. Imaxes rítmicas. Tamén as que non teñen o mar como único protagonista, nas que se advirte o seu gusto en ollar desde o alto e a influencia do seu dominio do deseño e do gravado. Algunhas das paisaxes máis fermosas teñen como único protagonista o coruñés mar do Orzán. As cores tórnanse intensas, sobre todo as azuis. Como en todos os seus traballos desde os anos cincuenta, Seoane non buscará imitar as ondas do mar, ao contrario. Simplemente signfica o xesto, como nas paisaxes das súas últimas augadas. Máis que representar o movemento, este insinúase, incítase. Nalgúns casos, traza o espazo con mecanismos do grafismo expresionista, case automático, mesmo dadaísta. A expansión espacial dos seus arabescos é aquí escritura. O xesto asume a condición dunha danza, como se da imaxe dunha resonancia se tratara. Luis Seoane consegue recrear a forza do mar, captando a marusía, deténdoa en tensión, como se se tratase dunha natureza morta, unha paisaxe psíquica conxelada no tempo. É a paisaxe da realidade que ve e que quere. Galicia como pano de fondo.
  • 183. Museo Fortaleza San Paio de Narla 182
  • 184. Museo Fortaleza San Paio de Narla 183 EstudioAberto#4 [residencia artística no Pazo de San Marcos] Nacido en 2013 dentro do proxecto global ENREDARTE, “Estudio Aberto" afronta este 2015 unha nova edición de residencias artísticas na Sala de exposicións temporais do Pazo de San Marcos cunha nova pretensión: a creación contemporánea a partir da experiencia. Este é un proxecto concibido como un espazo para o diálogo directo entre os artistas e o público, que nesta edición volve a colaborar de xeito directo cos creadores na realización das obras. CREAR, COMPARTIR, PARTICIPAR, DIALOGAR. #FormarParte Tras unha exitosa 3ª edición que posicionou a Lugo nun mapa nacional de residencias artísticas, a Rede Museística de Lugo e a Área de Cultura da Deputación de Lugo presentan unha nova edición deEstudio Aberto, unha iniciativa dentro do proxecto Enredarte, que trae á cidade novas propostas artísticas de creación en directo. Conceptos como crear, compartir e participar, volverán converxer na Sala de Exposicións do Pazo San Marcos, acollendo 8 artistas que realizarán 8 novos proxectos inéditos de creación. Serán seleccionados rigurosamente por un xurado de profesionais da arte para convivir e crear en directo nunharesidencia artística, nun proceso de creación dialogada a través dun taller conxunto e aberto. Outro ano máis, agosto será o mes para participar dos procesos creativos dos artistas, achegarse ao seu estudio, compartido e aberto ao público. A terceira edición propoñía que os proxectos fosen interactivos, lúdicos, con implicación social e contextual, dialogando directamente co espazo, converténdose así nuncontedor de experiencias compartidas, e culminando nunha exposición colectiva coas obras resultantes. Esta 4ª edición representa un reto creativo para os artistas. O punto de partida será distinto, xa que os 8 creadores terán unha experiencia inicial diversa nos diferentes museos da Rede (2 artistas no Museo Provincial de Lugo, 2 artistas no Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos, 2 artistas no
  • 185. Museo Fortaleza San Paio de Narla 184 Museo Provincial do Mar en San Cibrao e 2 artistas no Museo Etnográfico de San Paio de Narla). Un primeiro día separados en espazos diversos para recoller impresións, estudar os espazos e as coleccións, xuntándose ao día seguinte todos e todas no Pazo San Marcos de Lugo para comezar a crear nun estudio compartido. Os proxectos serán interactivos, lúdicos, con implicación social e contextual, construídos a partir desa experiencia única e diferenciada do primeiro día, convertendo así o Pazo San Marcos nun contedor deexperiencias compartidas, e culminando nunha exposición colectiva coas obras resultantes. Esta nova edición deste programa de residencias parte da premisa de provocar un achegamento directo á arte contemporánea e aos propios artistas, ademáis de establecer un diálogo vivo coas coleccións, co patrimonio material e inmaterial dos nosos museos. Novamente, non faltará a Reflexión no programa da residencia: os artistas participantes recibirán a visita de profesionais do sector (críticos, comisarios, museólogos, galeristas, artistas), que dun xeito horizontal e aberto darán unha pequena charla e compartirá consellos, opinión e análise. Na primeira e segunda edición, participaron artistas de toda España. Na terceira, chegaron creadoresprocedentes doutros países como Arxentina, Suecia ou Uruguai, pero sempre con Lugo como anfitrioa, contando con participantes da nosa comunidade galega. Trátase de escoller un grupo de contrastada calidade, con procesos creativos orixinais e permeable ao contexto, cun enfoque didáctico e de creación colectiva. Un grupo heteroxéneo en canto a idade, formación, disciplina, orixe xeográfica, conceptos e vías de traballo que mediante VIDEO, PINTURA, INSTALACIÓN, ESCULTURA, PERFORMANCE, DEBUXO, DESEÑO E FOTOGRAFÍA compartirán espazo, xerando sinerxias e colaboración. De este xeito, derivamos noutro termo clave de Estudio Aberto: COMPLEMENTAR.
  • 186. Museo Fortaleza San Paio de Narla 185 PROGRAMA XULLO-AGOSTO RESIDENCIA ARTÍSTICA: 8 ARTISTAS SELECCIONADOS/AS Nesta edición foron seleccionados, entre un elevado número de participantes que poñen de manifesto o éxito desta convocatoria, os seguintes artistas: 1.- MELANIA FREIRE (para o Museo Etnográfico de San Paio de Narla) 2.-NURIA RUIBAL (para o Museo Etnográfico de San Paio de Narla) 3.-ROMÁN CORBATO (para o Museo Provincial del Mar) 4.-MARÍA PRADA (para o Museo Provincial del Mar) 5.-MIGUEL BENJUMEA (para o Museo Pazo de Tor) 6.-OLALLA CASTRO & NICOLETA MOISE (para o Museo Pazo de Tor) 7.- JUAN ANTONIO CEREZUELA (para o Museo Provincial de Lugo) 8.-MARISOL MAZA (para o Museo Provincial de Lugo) Como suplentes figuran: 9.-NORA BARRAGUÉS 10.-CARLOS CARTAMA 11.-ELIA NÚÑEZ 1.-PRESENTACIÓN OFICIAL DO PROXECTO venres 31. Xullo 11.30h Museo Provincial de Lugo. Coa presencia de Mario Outeiro, Deputado Delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, ademáis de Encarna Lago González e Paula Cabaleiro, coordinadoras de Estudio Aberto.
  • 187. Museo Fortaleza San Paio de Narla 186 A continuación, visitamos cos artistas ao espazo de creación (Sala de Exposicións, Pazo San Marcos). Distribución de espazos. Apertura da residencia. 2.-FORO DE PRESENTACIÓNS. COÑECEMOS AOS ARTISTAS: #COÑECE #COMPARTE 31.Xullo 17.30-20.00h Pazo San Marcos. Sala de Exposicións. Cada artista terá 15' para presentar o seu traballo. 8 artistas en dous turnos de 4 (17.30-18.30h + pausa de 30' + 19.00h-20.00h) Entrada libre. 3.-EXPERIENCIA INICIAL. VIAXE POLA REDE: #EXPERIMENTA #INVESTIGA #COÑECE 1.Agosto Saída dende o Museo Provincial de Lugo: 9.00h 2 artistas viaxan ao MUSEO PAZO DE TOR (Monforte de Lemos) 2 artistas viaxan ao MUSEO PROVINCIAL DO MAR (San Cibrao) 2 artistas viaxan ao MUSEO ETNOGRÁFICO SAN PAIO DE NARLA (Friol) 2 artistas quedan no MUSEO PROVINCIAL DE LUGO Cada artista terá que coñecer, recadar información, investigar as coleccións, recoller impresións, para utilizar este día de experiencia única como punto de partida da súa obra. As fotografías que tome da súa experiencia tamén formarán parte dun arquivo documental que será exhibido na exposición e no catálogo. 4.-TRABALLO NO ESPAZO DE CREACIÓN: #CREA Domingo 2.Agosto 10.00h-14.00h + 16.00-20.00h