Neste 1 de Maio, Día Internacional do Traballo, queda claro para millóns de
traballadores e traballadoras o fracaso das políticas neoliberais, impostas pola
“troika” e seguidas a machada polos Gobernos dos países da Unión Europea,
entre eles o de Mariano Rajoy. Estamos no quinto ano de crise e de aplicación
desas medidas e o resultado é máis paro; unha maior recesión económica; unha
crecente destrución de tecido produtivo con peche de empresas, especialmente
pequenas; un intento de facer retroceder os dereitos dos traballadores e a
negociación colectiva, e unha maior pobreza.
O que se nos presenta desde o Goberno do PP como solucións á crise non o é. Ao
contrario, busca beneficiar os intereses das grandes empresas e os bancos.
Transvásanse recursos económicos aos empresarios, mediante o paro, a
precariedade na contratación e a diminución dos salarios; recórtanse servizos
sociais fundamentais como a sanidade, a educación e a axuda á dependencia, e
limítanse os dereitos sindicais e democráticos.
Esquerda Unida quere pór de manifesto neste 1 de Maio que a política que é
necesaria para atender ás persoas nesta crise, é tamén posible.
HAI ALTERNATIVAS PARA LOGRALO.
Demostrámolo coa proposta da nosa Conselleira de Fomento e Vivenda na Xunta
de Andalucía, aprobando un decreto sobre as medidas para garantir o dereito
social á vivenda. Cambiamos a filosofía que tenta impor o Goberno do PP: a
vivenda non é unha mercadoría, é un dereito. Se hai vontade
política, hai alternativa.
Tamén hai alternativa no marco de Europa. Solidarizámonos con todos os
traballadores europeos que este 1 de Maio saen ás rúas e ás prazas en demanda
dunha Europa dos pobos, máis democrática e máis social.
Non basta atrasar uns anos o cumprimento do obxectivo de déficit que impón a
Comisión Europea; debe haber unha política de apoio ao emprego digno e á
economía real e sustentable, cun papel diferente do BCE que debe apoiar a
débeda pública dos países membros.
1 MAIO
SOMOS MILES,
SOMOS MILLÓNS,
PODEMOS!
Esquerda Unida propón un debate para o necesario cambio de modelo produtivo,
dando prioridade a actividades con futuro, adecuadas ás necesidades do
mercado, sustentables e potentes na creación de emprego, cunha forte
incorporación de I+D+i.
Ese novo modelo produtivo é a matriz necesaria para o incremento de contratos
de traballo, dignos e ben retribuidos, que non requiran unha alta porcentaxe de
crecemento do PIB, e que leven a curto e medio prazo a trasformación do proceso
de aumento do paro nunha curva crecente de creación de emprego.
Esquerra Unida propón unha reforma fiscal democrática e progresiva que, unida á
liquidación da fraude e a economía mergullada, proporcione os recursos
suficientes para limitar o déficit e a débeda e financiar as políticas de creación de
emprego e de atención suficiente aos servizos públicos.
Neste 1 de maio denunciamos especialmente o enfraquecemento da democracia,
as campañas antisindicales e a denostación interesada da política. O
comportamento do Goberno, criminalizando os movementos sociais e
procurando ningunear administrativamente á oposición é inadmisible.
Esquerda Unida apoia as mobilizacións que se están producindo en todo o país,
das que son un exemplo combativo as Folgas Xerais fronte ás políticas de recortes
e as mobilizacións cidadás das “mareas” e o 15-M pola defensa dos servizos
públicos.
O Día Internacional do Traballo de 2013, Esquerda Unida reivindica, xunto aos
traballadores e traballadoras:
“ Unha nova política de apoio á creación de emprego
“ A derrogación da reforma laboral
“ A protección e garantía das pensións públicas
“ A garantía fronte á privatización duns servizos públicos de calidade
“ A participación popular e a calidade da democracia
“ A dimisión de Rajoy e o seu Goberno e a convocatoria de eleccións xerais
SOMOS MILES
SOMOS MILLÓNS.
¡VIVA O 1 DE MAIO!

Manifesto 1 de maio

  • 1.
    Neste 1 deMaio, Día Internacional do Traballo, queda claro para millóns de traballadores e traballadoras o fracaso das políticas neoliberais, impostas pola “troika” e seguidas a machada polos Gobernos dos países da Unión Europea, entre eles o de Mariano Rajoy. Estamos no quinto ano de crise e de aplicación desas medidas e o resultado é máis paro; unha maior recesión económica; unha crecente destrución de tecido produtivo con peche de empresas, especialmente pequenas; un intento de facer retroceder os dereitos dos traballadores e a negociación colectiva, e unha maior pobreza. O que se nos presenta desde o Goberno do PP como solucións á crise non o é. Ao contrario, busca beneficiar os intereses das grandes empresas e os bancos. Transvásanse recursos económicos aos empresarios, mediante o paro, a precariedade na contratación e a diminución dos salarios; recórtanse servizos sociais fundamentais como a sanidade, a educación e a axuda á dependencia, e limítanse os dereitos sindicais e democráticos. Esquerda Unida quere pór de manifesto neste 1 de Maio que a política que é necesaria para atender ás persoas nesta crise, é tamén posible. HAI ALTERNATIVAS PARA LOGRALO. Demostrámolo coa proposta da nosa Conselleira de Fomento e Vivenda na Xunta de Andalucía, aprobando un decreto sobre as medidas para garantir o dereito social á vivenda. Cambiamos a filosofía que tenta impor o Goberno do PP: a vivenda non é unha mercadoría, é un dereito. Se hai vontade política, hai alternativa. Tamén hai alternativa no marco de Europa. Solidarizámonos con todos os traballadores europeos que este 1 de Maio saen ás rúas e ás prazas en demanda dunha Europa dos pobos, máis democrática e máis social. Non basta atrasar uns anos o cumprimento do obxectivo de déficit que impón a Comisión Europea; debe haber unha política de apoio ao emprego digno e á economía real e sustentable, cun papel diferente do BCE que debe apoiar a débeda pública dos países membros. 1 MAIO SOMOS MILES, SOMOS MILLÓNS, PODEMOS!
  • 2.
    Esquerda Unida propónun debate para o necesario cambio de modelo produtivo, dando prioridade a actividades con futuro, adecuadas ás necesidades do mercado, sustentables e potentes na creación de emprego, cunha forte incorporación de I+D+i. Ese novo modelo produtivo é a matriz necesaria para o incremento de contratos de traballo, dignos e ben retribuidos, que non requiran unha alta porcentaxe de crecemento do PIB, e que leven a curto e medio prazo a trasformación do proceso de aumento do paro nunha curva crecente de creación de emprego. Esquerra Unida propón unha reforma fiscal democrática e progresiva que, unida á liquidación da fraude e a economía mergullada, proporcione os recursos suficientes para limitar o déficit e a débeda e financiar as políticas de creación de emprego e de atención suficiente aos servizos públicos. Neste 1 de maio denunciamos especialmente o enfraquecemento da democracia, as campañas antisindicales e a denostación interesada da política. O comportamento do Goberno, criminalizando os movementos sociais e procurando ningunear administrativamente á oposición é inadmisible. Esquerda Unida apoia as mobilizacións que se están producindo en todo o país, das que son un exemplo combativo as Folgas Xerais fronte ás políticas de recortes e as mobilizacións cidadás das “mareas” e o 15-M pola defensa dos servizos públicos. O Día Internacional do Traballo de 2013, Esquerda Unida reivindica, xunto aos traballadores e traballadoras: “ Unha nova política de apoio á creación de emprego “ A derrogación da reforma laboral “ A protección e garantía das pensións públicas “ A garantía fronte á privatización duns servizos públicos de calidade “ A participación popular e a calidade da democracia “ A dimisión de Rajoy e o seu Goberno e a convocatoria de eleccións xerais SOMOS MILES SOMOS MILLÓNS. ¡VIVA O 1 DE MAIO!