A MESA DO PARLAMENTO GALEGO



A deputada Yolanda Díaz Pérez e o deputado David fernández Calviño, membros do Grupo
Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do recollido no artigo
156 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte PREGUNTA para a súa resposta oral en
Comisión, sobre a previsible desfeita provocada polo proxecto de accesos o porto exterior de
Ferrol.

O Grupo Parlamentar de ALTERNATIVA GALEGA ESQUERDA (EU-ANOVA) considera un ataque
ambiental e social de extremada gravidade a decisión do ministerio de fomento de escoller a
chamada variante sur para realizar os accesos ferroviarios ao porto extrior de Ferrol.

Esta elección baséase só nunha sin-razón: a economicista. Esta variante sería á máis barata
medida nos euros a curto prazo, pero na realidade será a máis onerosa atendendo aos custos
ambientais e sociais que provoca, os cales de ser monetarizados excederían con moito os
presuntos aforros.

O proxecto escollido polo ministerio de fomento supón un dano crítico, irreversible para a
ensenada de A Malata. Este espazo natural que aínda hoxe acolle diversas instalacións
deportivas xa sufriu un duro impacto cando durante a ditadura franquista perdeu en recheos
360.000 metros cadrados de estensión marina.

Alternativa Galega de Esquerda comparte as análises críticas que denuncian o sesgo
deliberadamente á baixa do estudo informativo cando na valoración económica non se
computa a totalidade do percorrido, cando no proxecto si se indica que hai que modificar as
vías entre o porto interior e a estación de ferrocarril e máis facer unha reparación no túnel da
Malata, que comunica coa mesma estación. Todo isto, ao non figurar no proxecto, fai máis
barata a alternativa sur. É dicir, valórase un proxecto por debaixo do que custa en realidade.
Tamén fai variar radicalmente o orzamento o tipo de voaduras para o túnel que comunicaría A
Cabana con Canelas. Dependendo da fase do proxecto, elíxese voadura controlada ou con
tuneladora, que é máis cara e pola que se opta na fase C.

O estudo contén tamén datos contaditorios, datos sesgados, omisións clamorosas como a
que evita avaliar o impacto sobre A Malata, ou referencias a elementos xa inexistentes na
actualidade. Quizabes todas esas eivas leven os responsables públicos do ministerio a eludir a
fiscalización pública da cidadanía, en forma das alegacións. Estudo que con todas as eivas
atrévese a decidir no canto de informar e valorar. Estudo teledirixido contra os intereses da
cidadanía de Ferrolterra, da cidadanía galega respectuosa co medio que alberga a vida.

Agresión ambiental, lectura economicista e práctica antidemocrática, toda vez que as
múltiples alegacións presentadas ao proxecto restan aínda sen contestar. Alegacións
elaboradas por diferentes entidades e incluso polo propio concello de Ferrol. Non pode ser
que non sexan contestadas e atendidas dada a forza crítica dos seus argumentos.A licitación
do proxecto se fai cando a empresa que vaia a realizalo non ten toda a información necesaria
e carece da Declaración de Impacto Ambiental. Como resultado previsible desta desfeita de
proxecto, A Cabana e A Malata deixarán se ser navigables para as embarcacións medianas a
causa dun viaduto masivo, de altura insuficiente e con nada menos que trece piares para
apenas 300 metros de tramo. Acaso hai intereses privados espurios na teimuda defensa da
variante máis agresiva, cando o propio estudo contempla outras variantes, caso da norte que
sería a maís respectuosa co medio.

En atención ao antedito, se presenta a seguinte PREGUNTA:

   -   Que accións vai desenvolver o goberno galego diante do ministerio de fomento para
       que se desbote a chamada variante sur para construír os accesos ferroviarios o porto
       exterior de Ferrol?


Compostela, 8 de marzo de 2013.




Asdo: Yolanda Díaz Pérez

Asdo: David Fernández Calviño




Asinado dixitalmente por:

Yolanda Díaz Pérez na data 08/03/2013 13:49:16

David Fernández Calviño na data 08/03/2013 13:49:20

Porto exterior

  • 1.
    A MESA DOPARLAMENTO GALEGO A deputada Yolanda Díaz Pérez e o deputado David fernández Calviño, membros do Grupo Parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), ao abeiro do recollido no artigo 156 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte PREGUNTA para a súa resposta oral en Comisión, sobre a previsible desfeita provocada polo proxecto de accesos o porto exterior de Ferrol. O Grupo Parlamentar de ALTERNATIVA GALEGA ESQUERDA (EU-ANOVA) considera un ataque ambiental e social de extremada gravidade a decisión do ministerio de fomento de escoller a chamada variante sur para realizar os accesos ferroviarios ao porto extrior de Ferrol. Esta elección baséase só nunha sin-razón: a economicista. Esta variante sería á máis barata medida nos euros a curto prazo, pero na realidade será a máis onerosa atendendo aos custos ambientais e sociais que provoca, os cales de ser monetarizados excederían con moito os presuntos aforros. O proxecto escollido polo ministerio de fomento supón un dano crítico, irreversible para a ensenada de A Malata. Este espazo natural que aínda hoxe acolle diversas instalacións deportivas xa sufriu un duro impacto cando durante a ditadura franquista perdeu en recheos 360.000 metros cadrados de estensión marina. Alternativa Galega de Esquerda comparte as análises críticas que denuncian o sesgo deliberadamente á baixa do estudo informativo cando na valoración económica non se computa a totalidade do percorrido, cando no proxecto si se indica que hai que modificar as vías entre o porto interior e a estación de ferrocarril e máis facer unha reparación no túnel da Malata, que comunica coa mesma estación. Todo isto, ao non figurar no proxecto, fai máis barata a alternativa sur. É dicir, valórase un proxecto por debaixo do que custa en realidade. Tamén fai variar radicalmente o orzamento o tipo de voaduras para o túnel que comunicaría A Cabana con Canelas. Dependendo da fase do proxecto, elíxese voadura controlada ou con tuneladora, que é máis cara e pola que se opta na fase C. O estudo contén tamén datos contaditorios, datos sesgados, omisións clamorosas como a que evita avaliar o impacto sobre A Malata, ou referencias a elementos xa inexistentes na actualidade. Quizabes todas esas eivas leven os responsables públicos do ministerio a eludir a fiscalización pública da cidadanía, en forma das alegacións. Estudo que con todas as eivas atrévese a decidir no canto de informar e valorar. Estudo teledirixido contra os intereses da cidadanía de Ferrolterra, da cidadanía galega respectuosa co medio que alberga a vida. Agresión ambiental, lectura economicista e práctica antidemocrática, toda vez que as múltiples alegacións presentadas ao proxecto restan aínda sen contestar. Alegacións elaboradas por diferentes entidades e incluso polo propio concello de Ferrol. Non pode ser que non sexan contestadas e atendidas dada a forza crítica dos seus argumentos.A licitación do proxecto se fai cando a empresa que vaia a realizalo non ten toda a información necesaria e carece da Declaración de Impacto Ambiental. Como resultado previsible desta desfeita de proxecto, A Cabana e A Malata deixarán se ser navigables para as embarcacións medianas a
  • 2.
    causa dun viadutomasivo, de altura insuficiente e con nada menos que trece piares para apenas 300 metros de tramo. Acaso hai intereses privados espurios na teimuda defensa da variante máis agresiva, cando o propio estudo contempla outras variantes, caso da norte que sería a maís respectuosa co medio. En atención ao antedito, se presenta a seguinte PREGUNTA: - Que accións vai desenvolver o goberno galego diante do ministerio de fomento para que se desbote a chamada variante sur para construír os accesos ferroviarios o porto exterior de Ferrol? Compostela, 8 de marzo de 2013. Asdo: Yolanda Díaz Pérez Asdo: David Fernández Calviño Asinado dixitalmente por: Yolanda Díaz Pérez na data 08/03/2013 13:49:16 David Fernández Calviño na data 08/03/2013 13:49:20