Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Adiviñas musicais

1,198 views

Published on

recopilación de adiviñas relacionadas con instrumentos musicais.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Adiviñas musicais

  1. 1. ADIVIÑAS MUSICAIS DO RE MI LE UN LIBRO E SÉ FÉLIZ EQUIPOS DE BIBLIOTECA E DLG DO
  2. 2. Tradición oral: as adiviñas. As solucións están ao final así que podes escribilas para comprobar ao final cantas acertaches. Algunhas teñen a mesma solución.
  3. 3. 1.- Adiviña Adiviñador Non a palpas pero si a oes Que é?
  4. 4. 2.-Adiviña Adiviñador Zumba que te zumba óese o meu son, nas noites de nadal, ata que aparece o sol. Que será?
  5. 5. 3.-Adiviña Adiviñador Con tan só catro cordas, que un arco pon en acción, esta caixa melodiosa alegrarate o corazón. Que será?
  6. 6. 4.-Adiviña Adiviñador Marfil e madeira fina, a tocarnos con talento, o que non sabe, non atina. Que será?
  7. 7. 5.-Adiviña Adiviñador As miñas caras redondas, que estiradas son! A forza de golpes, así canto eu. Que será?
  8. 8. 6.-Adiviña Adiviñador Sobre unha pel ben tensada, dous bailaríns saltaban. Que será?
  9. 9. 7.-Adiviña Adiviñador Tócase con dous pauciños, sae sempre na procesión e é un instrumento de percusión. Que será?
  10. 10. 8.-Adiviña Adiviñador Nunha larga abertura teño eu a miña dentadura e logo que comezo a falar, todas as miñas pezas móvense sen podelas eu parar. Que será?
  11. 11. 9.-Adiviña Adiviñador Cen amigos teño, todos nunha táboa, si eu non os toco, eles no me falan. Que será?
  12. 12. 10.-Adiviña Adiviñador Instrumento musical, cantarín e redondiño, que todos saben tocar do virtuoso ao borriquiño e que resulta esencial si cantas unha panxoliña. Que será?
  13. 13. 11.-Adiviña Adiviñador Unha nena tontiloca, coa boca na barriga, e as tripas na boca. Que será?
  14. 14. 12.-Adiviña Adiviñador Brazos con brazos, panza con panza, rascando no medio, xurde a danza. Que será?
  15. 15. 13.-Adiviña Adiviñador Teño posto de honor en toda festa guajira: cando as miñas seis cordas pulsa, o campesiño inspírase e o seu cantar eu acompaño coa miña doce melodía, dende que comeza a festa ata que despunta o día. Que será?
  16. 16. 14.-Adiviña Adiviñador A pesares de non ser buque teño cordas e atavíos, tamén teño unha forte ponte, A pesares que nunca vin un río. Que será?
  17. 17. 15.-Adiviña Adiviñador Ráscanme continuamente de forma moi pracenteira, a miña voz é moi ben timbrada e o meu corpo de madeira. Que será?
  18. 18. 16.-Adiviña Adiviñador Podo ser alegre ou triste, segundo o que me toque esté. Con que me rasques as cordas, bo son emitirei. Que será?
  19. 19. 17.-Adiviña Adiviñador Boas e sonoras cordas teño; cando me rascan, á xente entreteño. Que será?
  20. 20. 18.-Adiviña Adiviñador Oiríala tocar, pensa, medita, recorda. Que instrumento musical non ten máis que unha corda? Que será?
  21. 21. 19.-Adiviña Adiviñador Coa súa gran boca e un só dente dende ao alto chama á xente. Que será?
  22. 22. 20.-Adiviña Adiviñador Entre parede e parede hai unha santa muller que co dente chama á xente, coas moas ás mozuelas, cos colmillos aos chiquillos. Que será?
  23. 23. 21.-Adiviña Adiviñador Dama con pendente que toca rápido para que a xente non perda a misa. Que será?
  24. 24. 22.-Adiviña Adiviñador Teño un son tan suave, que anxos tocan en min; as miñas cordas acompañaron aos salmos do rei David. Que será?
  25. 25. 23.-Adiviña Adiviñador Son de madeira, teño un arco e non frecha. Que será?
  26. 26. 24.-Adiviña Adiviñador Polas miñas veas corre o aire, Polos meus poros brota o sangue, O meu suspiro é un lamento Que con el ti te deleitas aínda sin querer facerme dano. Que será?
  27. 27. 25.-Adiviña Adiviñador Un circuliño moi redondiño que cando lle pegas brincas co susto. Que será?
  28. 28. 26.-Adiviña Adiviñador Un ataude con dentes levanta a tapa sorrinte. Que será?
  29. 29. 27.-Adiviña Adiviñador Ten unha plancha arrugada é un gran soprador, sentirás que moito xime si lle tocas uns botóns. Que será?
  30. 30. 28.-Adiviña Adiviñador É moi ruidosa e escandalosa. Toca nunha banda como unha revoltosa. Que será?
  31. 31. Solucións Número 1: A música. Número 2: A zambomba. Número 3: O violín. Número 4: As teclas do piano. Número 5: O tambor. Número 6:O tambor. Número 7: O tambor. Número 8: O piano. Número 9: O piano. Número 10: A pandeireta. Número 11:A guitarra. Número 12: A guitarra. Número 13: A guitarra. Número 14: A guitarra. Número 15: A guitarra. Número 16: A guitarra. Número 17: A guitarra. Número 18: A guitarra. Número 19: A campá. Número 20: A campá. Número 21: A campá. Número 22: O arpa. Número 23: O violín. Número 24: A frauta. Número 25: O tambor. Número 26: O piano. Número 27: O acordeón. Número 28: A guitarra eléctrica.
  32. 32. Fin

×