X. M. ÁLVAREZBLÁZQUEZ (1915-1985) DÍA DAS LETRAS 2008 DOLORES CALO GARCÍA IES CASTRO ALOBRE VILAGARCÍA DE AROUSA
2.
NACEU EN TUIEN 1915 Xosé María aos dous anos Fachada actual da casa natal, no Paseo da Corredoira de Tui
3.
A familia ÁlvarezBlázquez en 1929 É o terceiro dos seis fillos varóns que tiveron o médico pontevedrés Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester.
4.
ESTUDOU MAXISTERIO ENPONTEVEDRA En 1931 trasládase a Pontevedra para estudar Maxisterio. Logo de publicar varios poemas en xornais de Pontevedra e Tui edítase Abril , o seu primeiro libro de poesía, en castelán. Con Xoán Vidal funda a revista Cristal .
5.
O GALEGUISMO EnPontevedra coñece a Alexandre Bóveda, figura destacada do Partido Galeguista, que casa cunha curmá súa. Comeza a militar nas Mocedades Galeguistas en 1933. En 1934 pronuncia o seu primeiro discurso coñecido: Berro en lembranza dos herois de Carral.
6.
A GUERRA EA REPRESIÓN En 1935 comeza a exercer a docencia na Guarda, pero será apartado do seu posto ao comezar a guerra. O 17 de agosto é executado o seu primo político Alexandre Bóveda. En Tui fusilan o seu pai o 30 de outubro de 1936, a pesar de que xa tiña o indulto. Xosé María é desterrado a Coreses (Zamora).
7.
REGRESO A GALIZAEn 1941 pediu a excedencia para volver coa súa familia, que se instala en Vigo. Monta cos seus irmáns unha telleira en Nigrán que pechará en 1945 por un accidente. Comeza a traballar como administrativo na Confraría de Pescadores de Vigo. Coa súa nai en Vigo en 1945
8.
A VIDA FAMILIAREn 1945 coñece a Mª Luísa Cáccamo coa que casa en 1946. Ten a súa primeira filla (Mª Luísa, á que chamaban Colorín) en 1948 e a ela dedícalle o libro Roseira do teu mencer. Coa súa dona, María Luísa Cáccamo, e a filla Colorín (1950)
9.
Ademais terá otroscinco fillos: Xosé María (1950) Alfonso (1952) María Elena (1954) Celso (1958) Berta (1963) A familia na praia de Coruxo en 1950
10.
A REAL ACADEMIAGALEGA É nomeado membro correspondente da Real Academia Galega, posto que xa ocuparan seu tío Xerardo e seu avó en 1949. En 1964 ingresa como membro numerario na Real Academia Galega co discurso "Cantares e romances vellos prosificados".
11.
O ARQUEÓLOGO Desdeo ano 1949 é Comisario de Escavacións Arqueolóxicas de Vigo. Álvarez Blázquez esculca, descobre e salva aras, estelas e outros obxectos de valor do pasado remoto galego, que son albergadas no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo. Con Pedro Díaz Álvarez, observando un achado (O Hío, 1962)
12.
CRONISTA OFICIAL DEVIGO En 1967 é nomeado Cronista Oficial da Cidade de Vigo. En 1980 Álvarez Blázquez coordina xunto con Álvaro Cunqueiro o libro Vigo en su historia.
13.
OS ÚLTIMOS ANOSEn 1980 noméano xefe do Departamento de Historia do Museo Quiñones de León, máis coñecido por Museo de Castrelos. Nese mesmo ano recibe o Pedrón de Ouro. Logo de dous anos de enfermidade, Xosé María Álvarez Blázquez morre o 2 de marzo de 1985 en Vigo. No seu estudio da casa das Travesas (Vigo, 1981).
EDICIÓNS MONTERREY Naceno ano 1950 como evolución da libraría do mesmo nome que fundara dous anos antes con Luís Viñas. Neste mesmo ano tamén aparecen a colección Benito Soto e a Editorial Galaxia, da que el tamén era socio fundador.
16.
TÍTULOS PUBLICADOS ENMONTERREY Entre os libros editados salientan Cantiga nova que se chama riveira (1957) de Cunqueiro ou O desengano do Prioro (1962) de Otero Pedrayo. Tamén títulos da autoría de propio Xosé María como Roseira do teu mencer (1950), o Cancioeiro de Monfero (1953) e o Romance do pescador peleriño (1954). Álvaro Cunqueiro Otero Pedrayo
17.
CASTRELOS A medidaque ía esmorecendo o selo de Edicións Monterrey, emerxe a editorial Castrelos, nada en 1963. En Edicións Castrelos, ademais da colaboración dos seus irmáns, Álvarez Blázquez conta coa axuda de Darío Xohán Cabana.
O MOUCHO Destacao labor de distribución e a gran difusión dos libros que non se venden unicamente nas librarías, senón que se despachan tamén polas feiras. O Moucho A colección "O Moucho" —"Libros do pobo e pra o pobo"— inaugúrase coa publicación do Catecismo do Labrego (1967) de Valentín Lamas Carvajal .
20.
POMBAL Follas Novas(1968) de Rosalía de Castro, Queixumes dos Pinos e outros poemas (1970) de Eduardo Pondal e Aires da miña terra e outros poemas (1971) de Manuel Curros Enríquez conforman os libros máis difundidos da colección "Pombal". Do poeta cívico Celso Emilio Ferreiro publícase na colección A fronteira infinda (1972) e reedítanse Longa noite de pedra (1975) e Cimenterio privado (1978).
21.
Pico Sagro eMogor "Pico Sagro" e "Mogor" completan o abano de coleccións que conforman o núcleo esencial da editorial Castrelos. Na primeira unicamente se publican dous títulos da autoría dos traballadores infatigábeis da editorial: Romanceiro da Terra Chá (1973) de Darío Xohán Cabana e Canle segredo (1976) de Álvarez Blázquez.
POESÍA PRIMEIRA Osseus primeiros poemas en galego aparecen na revista Cristal (1932-1933), fundada polo propio escritor e Xoán Vidal Martínez. En 1932, con só dezasete anos, publica en castelán o seu primeiro poemario, Abril .
24.
POEMAS DE TIE DE MIN En 1949, a pioneira colección Benito Soto publica Poemas de ti e de min , de Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez. Cada autor compón unha parte do libro, de xeito que este alberga dúas obras independentes, impresas de forma conxunta.
25.
ROSEIRA DO TEUMENCER Roseira do teu mencer sae do prelo de Edicións Monterrey en 1950, constituíndo o segundo poemario do autor. Álvarez Blázquez dedica este libro á súa primeira filla, María Luísa, Colorín.
26.
CANCIONEIRO DE MONFEROA editorial Monterrey publica en 1953 o Cancioeiro de Monfero (Século XIII). Os textos do Cancioeiro de Monfero son da súa pluma erudita e intelixente, capaz de escribir cantigas de amigo, amor e escarnio ao modo medieval.
27.
CANLE SEGREDO Por Canle segredo Álvarez Blázquez recibe o Premio Eduardo Pondal do Centro Galego de Bos Aires en 1954; porén, este poemario non se publica até o ano 1976 na colección "Pico Sagro" da editorial Castrelos.
28.
PROSA EN GALEGOOs ruíns , A pega rabilonga e outras historias de tesouros e o relato "O afillado", publicado individualmente, conforman a contribución de Xosé María Álvarez Blázquez á narrativa galega.