A Oratoria latina. Partes da Retórica. Partes do discurso. Historia da Oratoria en Roma. Cicerón, vida e obras. A Oratoria despois de Cicerón: Quintiliano e Tácito.
A Oratoria latina. Partes da Retórica. Partes do discurso. Historia da Oratoria en Roma. Cicerón, vida e obras. A Oratoria despois de Cicerón: Quintiliano e Tácito.
Resumo en imaxes da mobilidade do grupo de alumnado do IES Armando Cotarelo Valledor que se desprazou a Polonia, á localidade de Zabrze, entre os días 6 e 13 de abril, dentroi do proxecto Erasmus+ KA122SCH Learning to learn.
Resumo en imaxes da mobilidade do grupo de alumnado do IES Armando Cotarelo Valledor que se desprazou a Polonia, á localidade de Zabrze, entre os días 6 e 13 de abril, dentroi do proxecto Erasmus+ KA122SCH Learning to learn.
Presentación na que se explica como se vai traballar os temas de literatura correspondentes á materia de Latín II de 2.º de bacharelato do curso 2023-24 do IES Armando Cotarelo Valledor, de Vilagarcía de Arousa, Galicia, España.
Resultados da enquisa sobre labor docente, realizada polos/as alumnos/as de cultura clásica de 4º de ESO, curso 2010-11, do IES da Terra Chá, Castro de Rei, Lugo.
11. EXEMPLO INTRODUCCIÓN Na lección primeira tratouse da xeografía e a historia de Roma e Grecia. Antes de explicar este tema, o meu coñecemento sobre estas dúas civilizacións era escaso. Agora, sen embargo, xa sei ubicar xeograficamente a unha e outra e máis coñezo as etapas da súa historia. Neste redacción voume limitar a falar brevemente sobre Roma.
12. EXEMPLO DESENVOLVEMENTO Sobre a historia de Roma eu xa sabía que fora un grande imperio da antigüídade; que fora fundada por Rómulo e gobernada por emperadores coma Augusto ou Nerón. Tamén sabía que os romanos conquistaran a península Ibérica e que moitas das linguas que hoxe falamos en España derivan do latín, que era a lingua dos romanos. Sen embargo non sabía que os romanos tiñan outra lenda para explica-la orixe da súa cidade. Segundo esta lenda o troiano Eneas, trala destrucción de Troia, conduciu ós supervivintes ás costas de Italia. Rómulo, o fundador de Roma, segundo a lenda, sería un descendente de Eneas. A división da historia de Roma en tres períodos ou etapas (monarquía, república e imperio) permíteme ter unha perspectiva completa dos case mil cincocentos anos de existencia desta cultura. Para min foi toda unha sorpresa saber que en Roma houbera reis, e menos que algúns deles (os etruscos) eran estranxeiros. Asemade, a esquematización e división dos distintos períodos de expansión territorial de Roma, permitiume comprender como unha pequena cidade do centro de Italia acabou por se converter no imperio máis grande que houbo en Europa. Chamoume especialmente a atención o feito de que grande parte desta expansion territorial se desenvolvese durante o periodo republicano. Finalmente, pareceu especialmente interesante o apartado adicado á romanización da península Ibérica. Aínda que xa sabía algo sobre este tema por outras asignaturas, a lectura do libro de texto e os comentarios que o profesor fixo na clase déronme unha idea máis precisa sobre este fenómeno. A romanización, a diferencia do que pensaba, non é unha imposición dos romanos sobre os pobos que vivían en Galicia ou na península Ibérica, senón un proceso que se dá ó longo de moitos séculos. Neste tempo os habitantes primitivos de Galicia deixan de fala-la súa lingua e de te-los seus costumes e crenzas para falaren a lingua dos romanos e aceptaren os seu modo de vivir.
13. EXEMPLO CONCLUSIÓN Así pois, a lectura deste tema e os traballos que tivemos que facer sobre el (presentacións, resumos e actividades) servíronme para ter unha idea moito más clara sobre Roma. Agora sei por que os romanos viñeron a Hispania (que é o nome que eles daban a toda a península Ibérica), como conquistaron este territorio e como se foron impoñendo os seus costumes e lingua. Asemade, entender como os pobos da península, que eran moi distintos entre eles (falaban linguas distintas e non tiñan unha relixión común), foron formando unha unidade gracias a Roma, permíteme ter unha indea de que é e de como se está a producir o fenoméno da globalización, do que tanto se fala hoxe en día.