Oceánico costeiro Oceánicode transición Climas de montaña Continentalizado subhúmido Continentalizado de invernos fríos Continentalizado de veráns cálidos Cálido de interior Costeiro Árido e subárido Costeiro cálido Medianías secas temperadas Medianías húmidas Cumios fríos
3.
Oscilación ou amplitudetérmica: + + + Estacións (máis ou menos chuviosas): A relación dos eixos de P e T pretende visualizar o índice de Gaussen, no que un mes é árido cando: (P≤2T) Eixo de Precipitacións Eixo de Temperaturas DIAGRAMA OMBROTÉRMICO OU CLIMOGRAMA Precipitacións totais de cada mes do ano Temperatura media de cada mes do ano
4.
Non hai mesesáridos. Nengún cumpre a condición: (P≤2T) CLIMA OCEÁNICO COSTEIRO Oscilación térmica: 10ºC (clima suave, de influencia litoral) Outono-inverno: estacións máis chuviosas. Influencia do ar polar marítimo e borrascas do N. Verán: estación fresca e húmida, con influencia das altas presións de Azores Valores totais da precipitación superiores a 600 mm: España húmida - Distribución regular ao longo do ano
5.
Hai 2 mesesáridos (xullo e agosto). Cumpren a condición: (P≤2T) CLIMA OCEÁNICO DE TRANSICIÓN Oscilación térmica: 12,7ºC (clima máis continentalizado, de interior) Outono-inverno: estacións máis chuviosas. Influencia do ar polar marítimo e borrascas do O. Verán: estación fresca cunha lixeira aridez e influencia das altas presións de Azores Valores totais da precipitación superiores a 600 mm: España húmida - Distribución regular ao longo do ano, cun descenso das mesmas en época estival
6.
Non hai mesesáridos. A humidade habitual é unha característica da montaña. CLIMA DE MONTAÑA (1): CORDAL CANTÁBRICO Oscilación térmica: 12,2ºC (clima continentalizado, sempre frío ou fresco) Outono-inverno: estacións máis chuviosas. Influencia do ar polar marítimo e borrascas do N. e O. Verán: estación fresca; menores precipitacións debido á influencia anticiclónica Valores totais da precipitación superiores a 600 mm: España húmida - Distribución regular ao longo do ano, cun descenso significativo en época estival Temperatura media anual fresca, inferior a 10ºC (efecto de altitude) Primavera e outono: choivas asociadas a intercambios de enerxía e circulacións meridianas do Jet Stream
7.
Non hai mesesáridos. A humidade habitual é unha característica da montaña. CLIMA DE MONTAÑA (2): PIRENEOS Oscilación térmica: 16,3ºC (clima máis continentalizado, rigoroso e de altura) Máximas choivas de outono, acorde co que acontece nos climas mediterráneos Verán: estación case cálida; precipitacións convectivas debidas ao requentamento da superficie continental Valores totais da precipitación superiores a 600 mm: España húmida - Distribución regular ao longo do ano, menores en inverno (anticiclón invernal) Temperatura media anual fresca, inferior a 10ºC (efecto de altitude) Primavera: segundo pico de choivas, asociadas a intercambios de enerxía e circulacións meridianas do Jet Stream
8.
Hai dous mesesáridos: xullo e agosto (Influencia mediterránea). Neles: (P≤2T) CLIMA DE MONTAÑA (3): SISTEMA CENTRAL Oscilación térmica: 17ºC (clima máis continentalizado, rigoroso e de altura) Máximas choivas de outono-inverno, época de predominio da circulación de ventos do Oeste Verán: estación con menores precipitacións (influencia mediterránea do contorno e presenza do anticiclón das Azores) Valores totais da precipitación superiores a 600 mm: España húmida - Distribución regular ao longo do ano, excepto en verán (anticiclón das Azores) Temperatura media anual fresca, inferior a 10ºC (efecto de altitude) Primavera: segundo pico de choivas, asociadas a intercambios de enerxía e circulacións meridianas do Jet Stream
9.
Hai dous mesesáridos: xullo e agosto (Influencia mediterránea). Neles: (P≤2T) CLIMA DE MONTAÑA (4): SISTEMA BÉTICO Oscilación térmica: 21ºC (clima moi continentalizado, rigoroso e de altura) Máximas choivas de outono-inverno, época de predominio da circulación de ventos do Oeste; situacións do SO Verán: estación con menores precipitacións (influencia mediterránea do contorno e presenza do anticiclón das Azores) Valores totais da precipitación superiores -escasamente- a 600 mm: España húmida - Distribución contrastada entre máximas de outono/inverno e mínimas de verán Temperatura media anual fresca -case fría-, inferior a 10ºC (efecto de altitude)
10.
Hai catro mesesáridos: de xuño a setembro (influencia mediterránea). Neles: (P≤2T) CLIMA CONTINENTALIZADO SUBHÚMIDO Oscilación térmica: 18,6ºC (clima máis continentalizado e contrastado) Máximas choivas de outono-inverno, época de predominio da circulación de ventos do Oeste Verán: estación con menores precipitacións (influencia mediterránea do contorno e presenza do anticiclón das Azores) Valores totais da precipitación inferiores a 600 mm: España seca - Distribución irregular ao longo do ano: descenso no verán (anticiclón das Azores) Temperatura media anual media-baixa (entre 10-15ºC) Primavera: segundo pico de choivas, asociadas a intercambios de enerxía e circulacións meridianas do Jet Stream
11.
Hai catro mesesáridos: de xuño a setembro (influencia mediterránea). Neles: (P≤2T) CLIMA CONTINENTALIZADO DE INVERNOS FRÍOS Oscilación térmica: 18 ºC (clima máis continentalizado e contrastado) Máximas choivas de outono-inverno, época de predominio da circulación de ventos do Oeste Verán: estación con escasas precipitacións e marcada aridez (influencia do anticiclón das Azores) Valores totais da precipitación inferiores a 600 mm: España seca - Distribución contrastada ao longo do ano e forte descenso no verán Temperatura media anual media-baixa (entre 10-15ºC) Primavera: segundo pico de choivas, asociadas a intercambios de enerxía e circulacións meridianas do Jet Stream
12.
Hai catro mesesáridos: de xuño a setembro (influencia mediterránea). Neles: (P≤2T) CLIMA CONTINENTALIZADO DE VERÁNS CÁLIDOS Oscilación térmica: 19,7 ºC (clima moi continentalizado, cálido en verán, fresco en inverno e contrastado) Segundo pico de de precipitacións de outono-inverno, época de predominio da circulación de ventos do Oeste Verán: estación con escasas precipitacións e marcada aridez (altas temperaturas: influencia da masa de ar tropical continental) Valores totais da precipitación inferiores a 600 mm: España seca - Distribución contrastada ao longo do ano, con picos máximos equinocciais e forte descenso no verán Temperatura media anual media (en torno aos 15ºC) Primavera: máximo pico de choivas, asociadas a intercambios de enerxía e circulacións meridianas do Jet Stream
13.
Hai cinco mesesáridos: de maio a setembro (influencia mediterránea). Neles: (P≤2T) CLIMA CÁLIDO DE INTERIOR Oscilación térmica: 17 ºC (clima continentalizado, moi cálido en verán, suave en inverno -baixa altitude-). Forte contraste estacional, propio dos climas mediterráneos Pico de precipitacións de outono-inverno, época de predominio da circulación de ventos do Oeste e situacións do SO con ventos húmidos que entran desde o golfo de Cádiz Verán moi cálido e moi marcada aridez (altas temperaturas: influencia da masa de ar tropical continental) Valores totais da precipitación inferiores a 600 mm: España seca - Distribución contrastada ao longo do ano, con picos máximos equinocciais e forte descenso no verán Temperatura media anual media-alta (próxima aos 20ºC) Primavera: pico de choivas, asociadas a intercambios de enerxía e circulacións meridianas do Jet Stream
14.
Hai cinco mesesáridos: de abril a agosto (influencia mediterránea). Neles: (P≤2T) CLIMA COSTEIRO Oscilación térmica: 14,8 ºC (clima cálido en verán, suave en inverno -baixa altitude e proximidade ao mar-). Contraste estacional, propio dos climas mediterráneos Máximas precipitacións de outono, época de predominio das choivas torrenciais por « gotas frías » Verán cálido e marcada aridez (altas temperaturas: anticiclón de Azores e influencia da masa de ar tropical continental) Valores totais da precipitación inferiores a 600 mm: España seca - Distribución contrastada ao longo do ano, con picos máximos de outono e forte seca estival Temperatura media anual media-alta (próxima aos 20ºC)
15.
Só hai dousmeses non áridos: decembro e xaneiro. Nos demáis: (P≤2T) CLIMA ÁRIDO E SUBÁRIDO Oscilación térmica: 14,8 ºC (clima cálido en verán, suave en inverno -baixa altitude e proximidade ao mar-). Contraste estacional, propio dos climas mediterráneos Escasas precipitacións ao longo de todo o ano. Máximas de inverno asociadas á penetración de ar polar Verán cálido e marcada aridez (altas temperaturas: anticiclón de Azores e influencia da masa de ar tropical continental) Valores totais da precipitación inferiores a 600 mm (próximos ao límite dos climas desérticos -non máis de 200 mm-: España árida - Escasísimos valores ao longo de todo o ano Temperatura media anual media-alta (próxima aos 20ºC)
16.
Todos os mesesson áridos: (P≤2T) CLIMA SUBTROPICAL CANARIO: COSTEIRO CÁLIDO Oscilación térmica: 7,1 ºC (clima cálido en verán, moi suave en inverno. A proximidade ao mar xustifica o moi feble contraste térmico estacional Escasas precipitacións ao longo de todo o ano. Máximas de inverno asociadas á penetración dalgunha borrasca atlántica que se descolga cara ao Sur Verán cálido e marcada aridez (altas temperaturas: anticiclón de Azores e influencia da masa de ar tropical continental) Valores totais da precipitación inferiores a 600 mm (por debaixo do límite dos climas desérticos -non máis de 200 mm-: España árida - Os meses de verán carecen de precipitación Temperatura media anual alta (por enriba dos 20ºC)
17.
Hai cinco mesesáridos (P≤2T): de maio a setembro CLIMA SUBTROPICAL CANARIO: MEDIANÍAS HÚMIDAS Oscilación térmica: 7,2 ºC (clima cálido en verán, moi suave en inverno. A proximidade ao mar xustifica o feble contraste térmico estacional Máximas precipitacións de outono-inverno, asociadas á penetración dalgunha borrasca atlántica que se descolga cara ao Sur e influencia dos alisios Verán fresco por mor da altitude (exposición ao « mar de nubes », con marcada aridez (anticiclón de Azores) Valores totais da precipitación superiores a 600 mm : España « húmida » por exposición aos alisios e mar de nubes . - Forte contraste inverno-verán Temperatura media anual media-alta (próxima aos 20ºC)
18.
Forte aridez (P≤2T)estival: cinco meses, de maio a setembro CLIMA SUBTROPICAL CANARIO: CUMIOS FRÍOS Oscilación térmica: 13,5 ºC (clima fresco en verán, frío en inverno. O efecto da altitude xustifica o crecente contraste térmico estacional Máximas precipitacións de outono-inverno, asociadas á penetración dalgunha borrasca atlántica que se descolga cara ao Sur e influencia dos alisios Verán fresco por mor da altitude, con marcada aridez (anticiclón de Azores) Valores totais da precipitación inferiores a 600 mm : España seca. - Forte contraste inverno-verán Temperatura media anual fresca -efecto da altitude- (inferior aos 10ºC)