SlideShare a Scribd company logo
O marisqueo en
Cambados
Cambados é unha vila onde o marisqueo ocupou un lugar importante desde tempos
antigos. Nos castros aparecen numerosos cuncheiros que amosan o consumo de
moluscos desde a prehistoria.
Cuncha atopadas no Castro de Castrelo
"...Esta islilla (San Tomé do Mar o Isla Vieja) tiene dies y siete
vecinos y son pobres ... No hay en esta islilla agua dulce.
Quando debala el mar hacia la parte del Grobe, desta islilla en
lo que queda en seco, que llaman el Xarido, solía haver tantas
hostras y mexillones, ameixas y berberechos que venían de
Portugal y de otras partes a cargar carabelas y otros barcos y
en estos tiempos vienen de dos leguas a la redonda a cargar
carros de todo esto fuera de las hostras"...
SÉCULO XVII
-Nas "Memorias da las Iglesias de
Arzobispado de Santiago do ano
1607 " faise referencia á riqueza
do Serrido e ao comercio de
marisco con Portugal.
SÉCULO XVIII
-O Catastro do Marqués da
Ensenada (1752-53) recolle a
existencia de escabecheiros de
ostras en Fefiñáns.
Anaco do Catastro do Marqués da Ensenada referido á
vila de Fefiñáns:
“Escavecheros: Don Joaquin Piñero y Agustina de
Cores. Fabrican escaveches de ostras en cuio exercicio
ganan al año doscientos reales cada uno”...
O poeta Pintos Villar, que foi xuíz en Cambados, no seu
libro "A gaita galega" (primeiro libro publicado en
galego no 1853) fala dos berberichos do Serrido.
Anacos dun poema de Xoán
Manuel Pintos Villar, que foi xuíz
en Cambados.
Do libro “A gaita galega”, do ano
1853.
SÉCULO XX
-A comezos do século instalouse unha
ostreira en Fefiñáns.
Estatutos da ostrícola de Cambados. 1908.
-A partir dos anos cincuenta aumentou a
demanda de mariscos e a comercialización.
Construíronse cetáreas.
-Arredor de 1970 instálanse as primeiras
depuradoras.
Ostras na lonxa de Cambados
O peirao de Cambados e a lonxa coas moreas de ostras á venda
A DEFENSA DOS BANCOS MARISQUEIROS
-As iniciativas de explotación privada dos bancos marisqueiros de Cambados que se tentaron
repetidas veces, tiveron unha forte oposición por parte dun pobo que levaba non anos
obtendo beneficios duns recursos naturais que lles ofrecían os areais da zona.
En xeral, os conflitos sempre se resolveron a favor dos intereses colectivos da xente que
traballaba libremente nos bancos marisqueiros, pola forte contestación popular, fronte aos
intentos de privatización.
-Un dos primeiros enfrontamentos dos que se ten noticia (José Caamaño Bournacell, no libro
Cambados a la luz de la historia) fai referencia, no último cuarto do século XIX, a unha
compañía inglesa que chegou a comprar o Serrido, e que quixo pechalo cun valo; mais diante
a masiva oposición do pobo, o alcalde foi a Madrid e conseguiu impedilo.
-Polo ano 1935, o xornal vigués El Pueblo Gallego informa de que Ramón Vidal Grova solicitou
que se lle concedera unha parcela de seis hectáreas, na marxe esquerda do río Umia, no areal
de Correlo, en Castrelo, alegando que xa a viña usufrutuando dende había máis de vinte anos.
Unha comisión de cincocentos veciños de Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo dirixiuse á
Subdelegación Marítima de Vilagarcía, para protestar e conseguiron que a tramitación do
expediente quedase sen efecto.
-Na década de 1950 estes conflitos fanse máis continuos e máis graves. No Saco de Fefiñáns,
no Varal, no Serrido; nas praias de Castrelo, Correlo e Con de Xido, que daquela aínda non
estaban integradas na Confraría do Grove. Ocúpanse concesións, prodúcense enfrontamentos
persoais, e a Garda Civil baixa cos seus cabalos á praia para manter a orde. Hai mariscadoras
detidas e, como durante o franquismo o mar estaba baixo a xurisdición militar da Mariña,
algunhas son sometidas a consellos de guerra e condenadas a penas de cárcere.
Durante esta década, para atender ao florecente comercio da ostra, e tamén doutras
especies, vendedores e exportadores adoitaban solicitar unha pequena parcela na zona
marítimo-terrestre (depósitos reguladores ou bebedeiros). Os problemas viñan cando se
ampliaban estes viveiros, ou se instalaban en zonas produtivas que eran traballadas por todo
o mundo, ou cando as mariscadoras se topaban co outorgamento dunha destas concesións
sen información previa. Entón a situación estoupaba e sucedíanse as protestas, que tiñan un
carácter totalmente espontáneo.
Así, por exemplo, no ano 1952, José Martínez Padín Paparolo, pretendeu adquirir “catro mil
metros de Serrido”. En 1956 Manuel Otero Otero solicita, a ocupación de dez mil metros
cadrados entre Correlo e a Toxa Pequena.
O Facho (Castrelo) O Varal
Campaña do birbiricho no Serrido
-O último conflito por defender o carácter público dos bancos marisqueiros de Cambados tivo
lugar no ano 1975. O detonante foi o intento dalgúns concesionarios dos viveiros-bebedeiros
de pechalos con valos de pedra e impedir o paso por riba deles á xente que ía ao Serrido.
-Unha das consecuencias máis positivas destas mobilizacións foi o nacemento, por primeira
vez en Cambados, dunha organización para regular a explotación do Serrido, que estableceu,
entre outras normas, un tope de capturas por día e persoa, e un único punto de control e
venta, o que provocou unha notable mellora dos prezos para as mariscadoras. Mais, a
experiencia durou ben pouco. Os compradores, acostumados a fixar os prezos ao seu gusto,
preferían unha situación sen control como a anterior, e boicotearon a iniciativa.
Viveiros do Varal en San Tomé
Control establecido polas
mariscadoras en 1975
-A Confraría de Cambados solicita a concesión de medio millón de metros cadrados co duplo
obxectivo de anular calquera petición particular e, ao mesmo tempo, poñer o areal á libre
disposición de todos os veciños e veciñas. O BOE de 25-6-1976 publicaba a autorización
concedida á Confraría de Cambados para a explotación marisqueira de ostra, ameixa,
berberecho e navalla nunha extensión de máis de 900.000 m2
entre o peirao de Cambados e a
desembocadura do río Umia, incluíndo todo o Serrido.
As últimas areeiras no esteiro do
Umia que se pecharon pola presión
das mariscadoras.
-Nos anos cincuenta e sesenta houbo conflictos co emprego da forquilla, aparello que
alternou períodos de legalidade e ilegalidade.
-Un conflito que tivo moita repercusión social e mediática, na década dos sesenta e setenta,
foi o emprego do chamado can ou endeño remolcado.
-Desde o ano 1970 estaba expresamente prohibida a utilización do can; sen embargo
mariñeiros da ría de Vigo e da de Arousa – Cambados, sobre todo – seguírono a usar durante
anos, contando cunha certa permisividade das autoridades da Mariña, con protestas doutros
sectores que ás veces derivaban en enfrontamentos violentos, con algún que outro ferido ou
barco secuestrado.
-Pola súa banda, a Confraría de Cambados tentaba chegar a fórmulas de compromiso coa
Administración para despenalizar o uso do can. Finalmente, ante a presión exercida, o 20 de
outubro de 1980, o ministerio de Agricultura decretaba expresamente a prohibición definitiva
do can.
1980:
-Constitúese a Agrupación Marisqueira de Cambados coa idea de colaborar con outras da ría
para unha mellor organización da explotación dos recursos.
1984:
-As confrarías de O Grove, Cambados, A Illa e Vilanova, en colaboración coa Consellería de
Agricultura e Pesca poñen en marcha conxuntamente o Plan de Explotación do Bao, como
experiencia piloto contra o furtivismo.
1985:
-Mariscadores feridos de bala e agresións a gardaxurados en distintos incidentes orixinados
pola represión do furtivismo.
1987:
-Incidentes entre arrastreiros de Cambados e bateeiros do Grove pola disconformidade de
criterios no aproveitamento do mexillón de fondo; que se reproducen a finais de ano, despois
de infrutuosas negociacións entre as dúas partes.
1988:
-Arrastreiros de Cambados propoñen á Consellería de Pesca un acordo para a regulación da
recollida do mexillón de fondo, contemplando censo de barcos autorizados, horarios, topes
de captura e zonas de traballo.
1989:
-A comezos de outubro, coincidindo co inicio da campaña marisqueira, grupos de
mariscadoras de Corvillón, que alegan dereitos históricos, entran a traballar nas concesións
da Confraría de Vilanova, nas praias do Bote e Castelete; producíndose graves incidentes con
feridos, pola oposición das mariscadoras de Vilanova e a intervención da Garda Civil.
1990:
-A Confraría de Cambados presenta á Consellería de Pesca un proxecto de recuperación do
litoral da zona de Tragove como solución ao litixio con Vilanova pola praia do Castelete.
-A Consellería de Pesca aproba que as confrarías e asociacións de marisqueo elaboren plans
parciais e específicos para a explotación das súas autorizacións, rompendo así o ríxido sistema
de vedas que había ata agora.
-A Consellería de Pesca aproba o proxecto de recuperación de Tragove, presentado pola
Confraría, así como tamén un proxecto de recuperación do Saco de Fefiñáns, que inclúe a
apertura dunha ponte de doce metros na estrada de acceso ao porto de Tragove, para
conseguir unha óptima renovación das augas.
Costa de Tragove
1991:
Novos enfrontamentos entre bateeiros e arrastreiros pola recollida do mexillón de fondo,
caído das bateas.
Protestas de mariscadoras pola extracción de area no Serrido por parte dun barco-draga.
1995:
Enfrontamento entre mariscadoras de Castrelo e de Cambados pola explotación da praia de
Correlo. O patrón maior reclama esta praia, que é unha concesión da Confraría do Grove, para
a de Cambados.
1996:
-Segue a paralización da flota da vieira durante os primeiros meses do ano pola presenza de
toxina. Despois dun ano de paro, ábrese só unha das catro zonas de vieira que hai na ría.
Esgotada a súa capacidade aos poucos días, sucédense as protestas da flota, con bloqueos
portuarios e folga xeral en toda a poboación de Cambados. Ábrense outras zonas.
1997:
-O retraso da apertura da campaña da vieira provoca tamén protestas, e que a corporación
municipal celebre un pleno extraordinario para dirixirse á Xunta esixindo solucións.
1998:
-Constitúense as asociacións de BOU DE VARA, RAPETA E CHINCHORRO, de carácter comarcal
con Vilanova, Rianxo e Vilaxoán; e as da FLOTA DA VIEIRA, e de MARISCADORAS de carácter
local.
1999:
-A Confraría de Cambados solicita á Xunta a concesión da praia de Correlo, en Castrelo.
Créase unha asociación de rañeiros co nome oficial de ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE
MARISCADORES DE VARA.
Punta de Correlo, a esquerda do río Umia
2000:
-Ante a presenza xa endémica de toxina nas zonas de vieira, a Confraría de Cambados
proponlle á Consellería de Pesca dous plans: vender a vieira con toxina a bateeiros, para que
estes as depositen en bateas ata que se autodepuren ; ou que unha empresa autorizada lles
retiren o hepatopáncreas e as comercialicen evisceradas.
2001:
-Segue a veda da vieira.
-A Confraría de Cambados propón un plan de explotación do mexillón de fondo para
compensar do longo peche da extracción da vieira.
Consellería e Confraría estudan cunha empresa conserveira o proxecto de comercializar a
vieira eviscerada.
-2001:
-A Consellería de Pesca autoriza a campaña
experimental de explotación do BERBERECHO
RABIOSO, solicitada pola confraría.
2002:
-Ponse en marcha o plan de evisceración
da vieira, como paso previo á súa
comercialización. A Confraría fai campañas
de promoción da vieira eviscerada en
Madrid.
-Confraría, Concello e a empresa Vieira de
Galicia celebran no mes de agosto unhas
Xornadas de Exaltación da Vieira ou I Festa
da Vieira, coa intención de recuperar e
promover este sector.
-As agrupacións de mariscadores e
mariscadoras de Cambados empezan cun
plan de preengorde de ameixa en batea.
2003:
-Retrasos na apertura das campañas de
marisqueo e pesca mentres non se
recuperen as zonas afectadas polos
vertidos do Prestige.
2004:
-Creación de GUIMATUR, asociación
formada por mariscadoras e redeiras
convertidas en guías turísticas, que
amosarán e explicarán a súa
actividade profesional aos visitantes.
-Rexeneración do banco do Galiñeiro,
para sementar ameixa.
2005:
-A Consellería de Pesca coas confrarías
de Cambados, A Illa, Vilanova e O
Grove pon en marcha un proxecto
para a recuperación do Boído, que se
destinará ao libre marisqueo.
2006:
-A Consellería de Pesca veda a extracción do relojito por ter chumbo e non ser apto para o
consumo. En contrapartida levantará a prohibición de traballar coa forquilla. No mes de
decembro Pesca permite coller relojito no Galiñeiro.
2007:
-As mariscadoras empezan cun plan experimental de aproveitamento da lapa.
Relojito na lonxa de Cambados
2009:
-O anuncio por parte da Consellería de Mar da construción dunhas comportas no Saco de
Fefiñáns, co obxecto de regularizar as mareas para a práctica de deportes náuticos, orixina as
primeiras protestas e peticións de información polo que poida significar para os bancos
marisqueiros.
-Os rañeiros de Cambados sementan no Galiñeiro, Monzón e Meloxo.
2010:
-Alta mortandade (70%) de berberecho no Serrido por mor das riadas do inverno.
-Ecoloxistas e 140 mariscadoras solicitan por escrito información sobre o proxecto das
comportas do Saco de Fefiñáns.
-Portos licita as obras das comportas sen informe de impacto ambiental.
-A Confraría vai participar por primeira vez na comercialización da vieira.
A Seca ou Saco de Fefiñáns
2011:
-As mariscadoras de Cambados plantan o seu traballo de limpeza no Saco de Fefiñáns, e
maniféstanse para esixir o saneamento previo do Saco antes da construción das comportas.
Uns días despois celébrase unha asemblea informativa na confraría con asistencia de técnicos
da Xunta, e a gran maioría séguese opoñendo ao proxecto.
2012:
-A Confraría de Cambados, coas empresas Mariscos Veiró e Mar Ambroa, constitúen a
sociedade Porto de Cambados, que se encargará de todo o proceso produtivo da vieira, dende
a recollida ata a evisceración e comercialización.
-O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente outórgalle a Guimatur un dos
premios á excelencia e innovación para mulleres rurais.
2013:
-O Concello dá luz verde ao proxecto de obras de recolleita de vertidos no Saco de Fefiñáns
(1ª fase).
2014:
-Créase unha comisión para controlar o funcionamento da futura comporta que se está a
construir no Saco de Fefiñáns, formada por representantes de Portos, Concello e Confraría.
-A Plataforme para a Defensa da Ría de Arousa, con bateeiros e confrarías, asinan un escrito
dirixido á Xunta de Galicia pedindo información sobre a situación das augas da ría e escaseza
de marisco, e que se tomen as medidas correctoras necesarias.
2015:
-Forte contestación na ría de Arousa, e en toda Galicia en xeral, ao proxecto de Lei de
Acuicultura.
-A Confraría de Cambados subscribe un convenio con Abanca, que permite que os rañeiros
poidan acceder a créditos de baixo interese para facer fronte á difícil situación económica
pola que están pasando.
2016:
-Nove autobuses postos pola Confraría levan a mariñeiros e mariscadoras de Cambados a
participar en Santiago nunha manifestación contra a Lei de Acuicultura.
ZONAS DE
MARISQUEO DE
CAMBADOS
BANCOS MARISQUEIROS
DA CONFRARÍA DE CAMBADOS
(CONCELLO DE CAMBADOS)
En amarelo a zona de
concesión da Confraría
de Cambados
O SERRIDO
Ocupa unha ampla superficie na desembocadura o río Umia (unhas 250 ha) que forma, ao
atoparse co mar un delta mareal que queda ao descuberto ao debalar a marea.
O substrato é moi variado, en función das zonas e da influencia das correntes, desde zonas
lamacentas, ata areas gordas.
Especies que se capturan: ameixas (fina, babosa e xapónica), navalla, longueirón, caramuxo,
ostra
O SERRIDO
Areal do Serrido e A Umia con media marea
Zona intermareal
Areal do Serrido
O Serrido na marea baixa
A Torre e A Alghaseira
Lombo da Torre e o Serrido
O Varal
As Illeiras
Ribeira de Fefiñáns e A Empreghadoira
A Seca ou Saco de Fefiñáns
O Galiñeiro. Situado fronte ás costas da Illa de Arousa
ESPECIES COMERCIAIS
Na actividade de marisqueo captúranse moluscos bibalvos (dúas cunchas) e gasterópodos
(unha cuncha), que viven enterrados no substrato, sobre os fondos ou sobre as rochas e algas.
Caramuxo, un
molusco que vive
sobre as rochas e
as algas
Berberecho, un molusco que
vive enterrado na area
MARISQUEO A PÉ:
-Ameixas: fina, xapónica e
babosa)
-Navalla
-Longueirón vello
-Caramuxo
MARISQUEO A FLOTE:
-Ameixas: rubia, xapónica e
babosa)
-Reló
-Carneiro
ARRASTRE
-Vieira
-Volandeira
-Zamburiña
-Ostra
-Rabioso
MERGULLO
-Navalla
BERBERECHO
AMEIXA
NAVALLA
OS MOLUSCOS
Son invertebrados que teñen o corpo blando, con órganos ben diferenciados, rodeado por un
manto musculoso que segrega, na maioria dos casos, unha cuncha. Teñen un pé musculoso
ventral que usan habitualmente para desplazárense. Aliméntase de fitoplanto por filtración.
MOLUSCOS
BIVALVOS
Teñen o corpo
protexido por
dúas cunchas ou
valvas e non
teñen cabeza
diferenciada.
Os moluscos bivalvos
que viven enterrados
teñen uns sifóns para
filtrar a auga, de tamaño
variable segundo a
profundidade á que se
enterren.
Pé dun berberecho
Sifóns dunha ameixa
Os moluscos que viven enterrrados empregan
o pé para desprazarse e enterrarse, e os sifóns
para filtrar a auga
Moluscos bivalvos
BERBERECHO
AMEIXA
AMEIXA FINA, LEXÍTIMA OU SAN (Ruditapes decussatus)
Está protexida por duas cunchas de contorno trapezoidal con costelas marcadas cruzadas coas
liñas concéntricas de crecemento o que lle dá á superficie un aspécto de cadrícula. A cor é
branca ou parda crara .
Acada o tamaño comercial aos tres anos de vida e pode medir ata 7 cm de lonxitude.
Vive enterrada en substratos variados, desde areas grosas ata fango, da zona intermareal.
A talla mínima legal de captura é de 40 mm.
Resiste máis tempo fóra da auga.
Moluscos bivalvos
BERBERECHO
AMEIXA
NAVALLA
AMEIXA XAPONESA (Tapes philippinarum)
Comparte características e hábitat coa ameixa fina da que a diferencia a cuncha lixeiramente
máis redondeada, máis escura e máis amarela no interior e ter os sifóns apegados case ata o
extremo. É de crecemento máis rápido, acada a talla comercial en menos de dous anos e ten
os mesmos usos. A talla mínima legal de captura é de 35 mm.
É de orixe asiática, de Indonesia, estendéndose polas costas do Pacífico. Os franceses e
ingleses introduciron o seu cultivo en Europa. Viña en grandes cantidades desde Italia (de aí o
nome de ameixa italiana) para ser comercializada directamente ou previo paso polas
depuradoras. Desde hai poucos anos cultívase con de xeito xeneralizado no litoral galego.
Moluscos bivalvos
BERBERECHO
AMEIXA
NAVALLA
AMEIXA BLANCA / BABOSA (Venerupis pullastra)
Máis alongada, coas estrías verticais menos marcadas, de cor crara ás veces con bandas ou
manchas escuras. Ten os sifóns xuntos e mais curtos.
Vive no infralitoral ata os 40 m de fondura
A talla mínima legal de captura é de 38 mm e excepcionalmente 35 mm.
AMEIXA
NAVALLA
AMEIXA RUBIA / ENCARNADA (Venerupis Rhomboideus)
Diferénciase das anteriores pola cuncha máis grosa, ovalada, coas estrías horizontais máis
marcadas e a cor predominante rosada ou encarnada.
Ten os sifóns xuntos ata o extremo. Vive na zona infralitoral ata os 200 m de fondura.
A talla mínima legal de captura é de 40 mm.
AMEIXA BICUDA / BRUXA (Paphia aurea)
Cuncha oval, co interio de cor amarela
Aparece entre as capturas de ameixa fina e branca cos que comparte hábitat.
A talla mínima legal de captura é de 20 mm.
BIRBIRICHO/BERBERECHO (Cerastoderma edule)
Cuncha globosa formada por dúas valvas iguais co contorno redondeado.
A superficie externa presenta as costelas radiais ben marcadas e cruzadas polas estrías de
crecemento. A cor varía de branca a castaña con manchas escuras.
Vive enterrado a poucos centímetros da superficie, en fondos de area fina ou fango-areosos,
desde o intermareal ata uns 10 m de fondura.
Pode chegar ata 5 cm de lonxitude. A talla mínima legal de captura é de 25 mm.
RELOJITO / RELÓ / RELOXO (Dosinia exoleta)
Valvas grosas, iguais e circulares coas liñas concéntricas marcadas, de cor branca ou castaña
crara con bandas, raias ou ziguezagues marróns ou rosados. Mide ata 6 cm de lonxitude.
Vive enterrado na area desde a baixamar ata os 75 m de fondura.
A talla mínima legal de captura é de 30 mm de lonxitude.
CARNEIRO (Venus verrucosa)
Valvas iguais, grosas, de contorno circular, coas estrías concéntricas moi marcadas. A cor é
amarela, gris ou parda con manchas marróns. Mide de 3 a 6 cm de lonxitude.
Vive a pouca fondura en zonas de area fangosa de lugares pedregosos desde a zona
infralitoral ata os 100 m de fondura.
A talla mínima legal de captura é de 55 mm.
RABIOSOS
Glycymeris glycymeris
Cuncha case circular de valvas iguais grosas, lisas, de cor crema con liñas e debuxos máis
escuros.
Glycymeris pilosa
Cuncha máis escura, case marrón, e coa beira cuberta de pelos.
Viven en fondos de area a partir dos 30 m de profundidade.
A talla mínima legal de captura é de 40 mm.
NAVALLA (Ensis arquatus)
Cuncha fina, coas valvas iguais, de contorno rectangular curvado de ata 12,5 cm de lonxitude
por 2 cm de anchura, de cor cremosa con liñas encarnadas e marróns.
Vive en fondos de area fina en pouca fondura enterrada verticalmente. A talla mínima legal
de captura é de 100 mm.
Ensis arquatus
Ensis siliqua
LONGUEIRÓN VELLO (Solem marginatus)
Cunchas rectas e forma cilíndrica, de cor branca-crema manchada. Pode medir ata 15 cm de
lonxitude.
Vive dentro das rías, en zonas areoso-arxilosas que quedan en seco nas mareas vivas.
A talla mínima de captura é de 80 mm.
VIEIRA (Pecten máximus)
Cuncha de contorno redondeado con duas prolongacións –orellas- na parte posterior;
formada por dúas valvas desiguais – plana a de arriba e convexa a de abaixo – coa superficie
marcada por costelas radiais fondas. De cor castaña ou rosada máis crara na cara de abaixo.
Vive desde o infralitoral ata os 100 m de profundidade, pousada ou semienterrada en fondos
de area e cascallo.
A talla mínima de captura é de 100 mm. Hai uns anos que está moi afectada pola toxina e
ábrense as campañas de capturas en función dela.
VOLANDEIRA/ZAMORIÑA FRANCESA
Chlamys opercularis
Cuncha de contorno redondeado con orellas desiguais formada por dúas valvas convexas – a
de arriba un pouco máis aplanada que a de abaixo – de cor variable desde o blanco ó marrón
con tonos rosados. Vive en fondos de area e cascallo ata os 200 m
Atalla mínima de captura é de 40 mm.
ZAMORIÑA DO PAÍS/ZAMBURIÑA
Chlamys varia
Cuncha de contorno oval, de cor violeta con orellas desiguais. Vive solta ou fixada polo viso ó
substrato, desde o infralitoral ata os 80 m de profundidade.
A talla mínima de captura é de 40 mm. Na actualidade é moi escasa.
Cunchas de forma variable, tendendo a redonda, coa superficie irregular, cuberta de escamas
ou láminas. A cuncha de arriba é case plana, ás veces cóncava, de cor castaña, gris ou verdosa
e a de abaixo convexa de máis crara.
Vive apegada ás pedras ou pousada nos fondos de area e cascallo ata os 80 m de fondo.
A talla mínima legal de captura é de 60 mm. As ostra pequena tamén se chaman morrunchos.
Cultívase en bateas ou sobre o substrato.
A recolección de ostra foi moi importante en Cambados desde tempos antigos. A
sobreexplotación e as enfermidades fixérona desaparecer. A que se cultiva na actualidade
procede doutros países europeos.
MEXILLÓN (Mytilus galloprovincialis)
Valvas iguais, sólidas, de forma oval-triangular coa superficie sulcada por fina liñas
concéntricas. A cor é negra ou azul escura. O corpo é alaranxado ou amarelo. Pode medir ata
15 cm de lonxitude.
Vive suxeito as pedras ou calquera obxecto mergullado aos que se agarra cuns filamentos que
el mesmo segrega.
O tamaño mínimo legal de captura é de 50 mm, aínda que actualmente non está permitida.
Cultívase en bateas.
MOLUSCOS GASTERÓPODOS
Teñen a cuncha dunha sola peza, cabeza diferenciada e con órganos dos sentidos e pé
adaptado á reptación.
CARAMUXO Littorina littorea
Ten unha cuncha cónica de cor castaña tirando a negra ou verdosa, con bandas máis escuras,
de 2/ 4 cm de altura que está enrolada en espiras amplas. A abertura é de forma oval coa
beira máis clara. Aliméntase de pequenas algas que cobren a superficie das rochas.
Vive sobre as rochas e algas na zona mediolitoral e faixa infralitoral.
Talla mínima de captura: 15 mm.
O MARISQUEO-PROCESO
EXTRACCIÓN/APARELLOS
Desde os primeiros obxectos ata os aparellos actuais o ser humano sempre estivo
empregando e adaptando os seus coñecementos para facer o seu traballo máis eficaz e
rendible.
O éxito das capturas depende do coñecemento das especies, dos lugares que habitan, dos
seus costumes, de saber ler as pistas que delatan a súa presenza, os sinais da súa actividade,
ou calquera outro detalle ou circunstancia que permita o seu descubrimento.
As capturas empezaron facéndose coas mans, na beira do mar ou nas secas da baixamar,
recollendo animais que viven apegados ás pedras, nas fendas das rochas, nas pozas, ou
lixeiramente enterrados. Na actualidade a tipoloxía e os materiais das artes de pesca é moi
rica e variada. Entre as artes tradicionais están as de deseño máis simple á vez que as máis
selectivas, as que implican un meirande coñecemento das especies e o seu mundo.
O éxito dun aparello depende:
-do coñecemento que se teña das especies que pretende capturar: as súas características,
hábitat e costumes.
-do rendemento mecánico (a simplicidade estrutural e a forma de facer o traballo máis
doado)
-do rendemento económico.
APARELLOS PARA EXCAVAR
Son estruturas planas ou con dentes
que penetran no substrato abríndoo
e levantándoo.
Empréganse para extraer especies
que viven enterradas, xeralmente
moluscos bivalvos tanto nas praias
como nas zonas máis profundas onde
o mar cobre permanentemente.
Os aparellos que teñen dentes
remexen o substrato e fan unha
selección por tamaños (segundo a
separación que hai entre eles e a
malla dos copes) e unha selección de
especies, xa que a lonxitude e a
posición dos dentes determina a
profundidade de excavación
SACHO
É un dos aparellos máis primitivos. Úsase a pé, en seco para apañar ameixas e berberichos.
Remexe o substrato e favorece a futura fixación de semente.
Existen varios tipos e tamaños diferentes.
O sacho da navalla úsase para apañar navallas no intermareal e manéxase cunha man soa.
Traballando co sacho
GANCHELO, FOUZA
E coma un sacho de dimensións moi reducidas, feito dunha soa peza metálica.
Úsase para apañar ameixas a pé e en seco, ou na auga en calma. É un aparello moi selectivo.
Esta modalidade utilízana as persoas que coñecen os “buratos” que deixan os sifóns das
ameixas cando están a alimentarse.
Antes usábase unha fouce. Algunhas mulleres collían as ameixas cos dedos, cunha cuncha ou
ou cunha culler.
Traballando co ganchelo
Traballando ao burato
ANGAZO, RASTRILLO
Úsase para desenterrar berberichos e ameixas nos intermareais, a pé e en seco, ou mellor cun
pouco de auga. Remexe indiscriminadamente o substrato, aínda que non o voltea como o
sacho. Aforra esforzo porque abrangue máis espazo e a superficie dos dentes, ao ser menor
que a do sacho, ofrece menos resistencia.
A lonxitude dos dentes é variable (máximo de 10 cm).
O angazo, que antes so se usaba para os berberechos, desprazou ao sacho para apañar
ameixas e converteuse no aparello máis común para o marisqueo a pé.
ANGAZO evolucionado para
traballar onde hai auga.
As pezas laterais permiten
levantar e sacar fóra da auga as
capturas sen que se perdan.
RAÑO
É semellante ao angazo, pero leva un cope metálico onde recolle as capturas e unha vara
longa que, segundo a súa lonxitude, permite traballar en fonduras de máis de 15 m.
RAÑO
Lonxitude máxima dos dentes: 19 cm
Separación entre os dentes: mínimo 15 mm
Ancho máximo da platina: 70 cm
RAÑO DO BERBERECHO
Lonxitude máxima dos dentes: 7 cm
Separación entre os dentes: mínimo 20 mm
Ancho máximo da platina: 65 cm
O aparello que deu orixe ao raño foi o RASTRO
RASTRO DA VIERA
Ten a particularidade de que os dentes son curtos e doblados cara atrás para que non se
enterren no substrato xa que as vieiras, zamburiñas e volandeiras que captura viven pousadas
no fondo. Arrástrase pola popa do barco. Non se pode usar en fondos inferiores aos 5 m e
cada embarcación pode usar un máximo de dous rastros.
Ancho máximo da pletina: 175 cm
Dentes: 10 cm de lonxitude máxima cunha separación mínima de 8 cm
Malla do cope: 5 cm de luz para volandeira, zamburiña e ostras, e 8 cm para vieira.
Hai un rastro para a zamburiña e volandeira (talibán) que ten a pletina sen dentes
Rastros da vieira
RASTRO DO RABIOSO
Semellante ao da vieira, coa
punta dos dentes virada cara
adiante. Precisa dunha
autorización especial.
FORQUILLA
Ten dous mangos formando ángulo recto. O que coíncide na vertical dos dentes úsase para
espetar a forquilla e apalancar o terreo. Co outro levántase a forquilla en posición horizontal
para evitar que caian as capturas.
Trabállase a pe ata onde o permite o nivel da auga. Úsase, segundo a lonxitude dos dentes,
para apañar ameixas ou navallas.
Este aparello, que nun comezo tiña un so mango e so se usaba para apañar navalla, tivo a súa
orixe en Cambados arredor do ano 1945.
Dentes: 26 cm de lonxitude
Platina ou polaina lixeiramente curvada
Actualmente o seu uso está prohibido agás con autorización especial.
APARELLOS CON GANCHOS E ARPÓNS
Son aparellos moi primitivos formados por pezas rematadas en punta que se cravan ou
enganchan na peza.
Capturan as presas de unha en unha. A selección de especies faise visualmente ou coa axuda
dun espello ou mirafondo.
FISGA
Emprégase para apañar longueiróns. Para poder usala hai que saber recoñecer os buratos que
os animais deixan na area. Ao meter a fisga dentro do burato esta baixa por dentro da cuncha
do longueirón, que ao sentirse molestado, reacciona pechándoa. Ao sacar a fisga, a punta,
máis ancha que a cuncha, arrastra ao longueirón para fóra.
APARELLOS PARA CORTAR E DESPEGAR
Están formados por pezas metálicas rematadas en cuñas. Úsanse para arrancar ou despegar
especies que viven apegadas ás pedras: percebes, ostras, mexillóns …
COITELO
Emprégase, sobre todo, para despegr
ostras das pedras.
RASQUETA
Está formada por unha folla rectangular de ferro (máximo de 15 cm de ancho) e un albado no
que se acopla un mango de madeira ou ferro. Úsase para arrancar percebes e mexilla das
pedras.
APARELLOS DE ARRASTRE
Son redes en forma de saco de diferentes formas e tamaños que se prolongan en dúas pernas
que se manteñen separadas por diferentes métodos e durante o arrastre dirixen o peixe cara
o interior do saco.
Son aparellos activos que se arrastran polo fondo ou a diferentes alturas. Seleccionan as
especies segundo o lugar no que traballan e a luz das mallas. Son os menos selectivos porque
capturan indiscriminadamente todo cando atopan no seu camiño.
Bou de vara
BOU DE VARA OU TRAMBOLÍN
É un aparello de pequenas dimensións que se mantén aberto cunha vara de ferro. Arrástrase
con embarcacións pequenas de motor. Úsase no limpo para coller vieiras, volandeiras,
chopos, nécoras, lenguados, lirios e outras especies de fondo.
Dimensións máximas: 6 m de calón, coa malla de 60 mm, 6 m de cope, coa malla de 50 mm,
e vara de 6 m de lonxitude.
Úsase en zonas de libre marisqueo, cunha profundidade superior a 10 m, de novembro a
marzo, en lances diurnos. Pódese traballar pola noite ao conguito.
APARELLOS AUXILIARES/RECIPIENTES...
Como complemento do traballo empréganse diferentes aparellos ou utensilios, para axudar a
unha mellor visibilidade (espello, lanternas), roupa, calzado, luvas, recipientes, medidas,
carriños para o transporte, embarcacións...
FACHO
É unha lámpada de carburo. O
carburo de calcio, ao mesturarse
con auga reacciona e desprende un
gas (acetileno) que se utiliza como
combustible para producir luz.
Úsábase ocasionalmente para
iluminar os fondos pola noite.
ESPELLO
É unha caixa tronco-piramidal coas bases
abertas. Nunha das bases, normalmente a máis
grande leva un vidro que permite ver os fondos
con claridade.
Elimina a reflexión da superficie da auga e a
deformación das imaxes que produce o
movemento. Úsase como complemento cando
se pesca con francada, fisga...
Carriños que empregan as mariscadoras a pé
Monos e botas de
goma, capachos...
As dornas e gamelas foron
substituídas polas planadoras
OS CONTROIS
Para poder ser mariscadora ou mariscador é preciso facer un curso para obter o PERMEX, que
capacita para o traballo.
É obrigatorio o pagamento da seguridade social e traballar un número mínimo de días cada
mes. O período de extracción dura todo o ano, aínda que hai períodos de veda para as
diferentes especies.
O traballo do marisqueo inclúe tarefas como a sementeira, limpezas e vixiancias.
Hai que respectar un máximo diario de colleita establecido en función dos recursos e dos
prezos e os tamaños mínimos para cada especie.
Punto de control onde se pesa o marisco e se comproba a talla
Equipo de vixiancia
Na lonxa faise a
subhasta ou poxa
Ameixas nunha depuradora
O marisco debe pasar por un proceso de depuración antes de ser comercializado para o seu
consumo en fresco.
Fábrica de conservas
Os moluscos poden consumirse directamente crús ou con distintas preparacións: escabeches,
á mariñeira, guisos, caldeirada, ensaladas, ao forno...
SELECCIÓN DE
REPRODUTORES
CRÍA DE LARVAS E XUVENÍS
PREPARACIÓN DO TERREO
OU DOS SOPORTES
SEMENTEIRA
LIMPEZA
ELIMINACIÓN DE COMPETIDORES
RESEMBRAS
B
A
T
E
A
S
CULTIVO DE
MOLUSCOS
EXTRACIÓN/COLLEITA
P
A
R
Q
U
E
S
cultivo de fitoplanto para alimentar aos moluscos
reprodutores
ameixa para sementar
www.observatorio-acuicultura.es
CULTIVO DE AMEIXA
larva
Limpeza no Serrido
Nos bancos marisqueiros de Cambados Faise
sementeiras de ameixa xapónica e ostra no
Serrido e de ameixa babosa no Galiñeiro.
Sementeira
Colocando redes protectoras
Protección dos cultivos: redes e nasas para capturar competidores
Pañando para facer resembra
Clasificación por tamaños e limpeza
Ameixa de resembra
Cesta de cultivo en batea
Resembra
Sementeira en zonas de marisqueo a flote
Cunchas de vieira
cubrindo pinches
das casas
As cunchas dos moluscos empréganse para protexer fachadas das casas, para fertilizantes,
pensos, recheos...
Muíño para aproveitar a cuncha de ostra
para facer fertilizantes e outros produtos
CONFRARÍA DE CAMBADOS
Mariscadoras e mariscadores
A pé: 214
A flote: 184
DATOS DAS VENDAS
NA LONXA DE CAMBADOS (1917)
MONTAXE: Adela Leiro, Mon Daporta
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Mª Xosé Cacabelos, Confraría de Cambados, J. Carlos Mariño Balsa
Cambados, decembro 2017

More Related Content

What's hot

Los changos
Los changosLos changos
Los changos
david9345
 
Planificacion anual ingles tercer año 2013
Planificacion anual ingles tercer año 2013Planificacion anual ingles tercer año 2013
Planificacion anual ingles tercer año 2013
manueloyarzun
 
Presentacion chignahuapan
Presentacion chignahuapanPresentacion chignahuapan
Presentacion chignahuapan
jandiigu
 
PROGRAMACIÓN ANUAL DE INGLES- 2017
PROGRAMACIÓN ANUAL DE INGLES- 2017 PROGRAMACIÓN ANUAL DE INGLES- 2017
PROGRAMACIÓN ANUAL DE INGLES- 2017
Roxana Montenegro
 
La Prehistoria
La PrehistoriaLa Prehistoria
La Prehistoria
Francisco Vera
 
Prehistoria
PrehistoriaPrehistoria
Prehistoria
jmartinezveron
 
Paleolitico y neolitico 7°s
Paleolitico y neolitico 7°sPaleolitico y neolitico 7°s
Paleolitico y neolitico 7°s
Lariana Riffo
 

What's hot (7)

Los changos
Los changosLos changos
Los changos
 
Planificacion anual ingles tercer año 2013
Planificacion anual ingles tercer año 2013Planificacion anual ingles tercer año 2013
Planificacion anual ingles tercer año 2013
 
Presentacion chignahuapan
Presentacion chignahuapanPresentacion chignahuapan
Presentacion chignahuapan
 
PROGRAMACIÓN ANUAL DE INGLES- 2017
PROGRAMACIÓN ANUAL DE INGLES- 2017 PROGRAMACIÓN ANUAL DE INGLES- 2017
PROGRAMACIÓN ANUAL DE INGLES- 2017
 
La Prehistoria
La PrehistoriaLa Prehistoria
La Prehistoria
 
Prehistoria
PrehistoriaPrehistoria
Prehistoria
 
Paleolitico y neolitico 7°s
Paleolitico y neolitico 7°sPaleolitico y neolitico 7°s
Paleolitico y neolitico 7°s
 

Similar to Cambados. O marisqueo

O mar en Cambados
O mar en CambadosO mar en Cambados
O mar en Cambados
monadela
 
A contaminación en españa marco antonio
A contaminación en españa marco antonioA contaminación en españa marco antonio
A contaminación en españa marco antonioencarnavilla
 
O mundo do mar
O mundo do marO mundo do mar
O mundo do mar
ceipsequelo
 
A pesca
A pescaA pesca
A pesca
Yolandaseara
 
Informacion complementaria
Informacion complementariaInformacion complementaria
Informacion complementaria
Encarna Lago
 
Prestige historia negra
Prestige historia negraPrestige historia negra
Prestige historia negraiesasorey
 
Violeta Corujo : A industria da salazón na Costa Da Morte
Violeta Corujo : A industria da salazón na Costa Da MorteVioleta Corujo : A industria da salazón na Costa Da Morte
Violeta Corujo : A industria da salazón na Costa Da Morte
guesta83b2e
 
Cervo, a costa
Cervo, a costaCervo, a costa
Cervo, a costa
monadela
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigo
mmeixide
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigomaeloc
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costa
MonContos
 
A Guarda, a costa
A Guarda, a costaA Guarda, a costa
A Guarda, a costa
MonContos
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Mortebienesgalicia
 
O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994) O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994)
candeadosalnes
 
A vida no mar 2006
A vida no mar 2006A vida no mar 2006
A vida no mar 2006iesasorey
 
Reportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galegoReportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galego
Humberto Martínez
 
Carnota, A Costa
Carnota, A CostaCarnota, A Costa
Carnota, A Costa
MonContos
 

Similar to Cambados. O marisqueo (20)

O mar en Cambados
O mar en CambadosO mar en Cambados
O mar en Cambados
 
A contaminación en españa marco antonio
A contaminación en españa marco antonioA contaminación en españa marco antonio
A contaminación en españa marco antonio
 
O mundo do mar
O mundo do marO mundo do mar
O mundo do mar
 
A pesca
A pescaA pesca
A pesca
 
A pesca en sada
A pesca en sadaA pesca en sada
A pesca en sada
 
A pesca en sada
A pesca en sadaA pesca en sada
A pesca en sada
 
A pesca en sada
A pesca en sadaA pesca en sada
A pesca en sada
 
Informacion complementaria
Informacion complementariaInformacion complementaria
Informacion complementaria
 
Prestige historia negra
Prestige historia negraPrestige historia negra
Prestige historia negra
 
Violeta Corujo : A industria da salazón na Costa Da Morte
Violeta Corujo : A industria da salazón na Costa Da MorteVioleta Corujo : A industria da salazón na Costa Da Morte
Violeta Corujo : A industria da salazón na Costa Da Morte
 
Cervo, a costa
Cervo, a costaCervo, a costa
Cervo, a costa
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigo
 
Sos Ria De Vigo
Sos Ria De VigoSos Ria De Vigo
Sos Ria De Vigo
 
Oia, a costa
Oia, a costaOia, a costa
Oia, a costa
 
A Guarda, a costa
A Guarda, a costaA Guarda, a costa
A Guarda, a costa
 
Tema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da MorteTema 15-2011-Costa da Morte
Tema 15-2011-Costa da Morte
 
O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994) O medio mariño o home (Candea 1994)
O medio mariño o home (Candea 1994)
 
A vida no mar 2006
A vida no mar 2006A vida no mar 2006
A vida no mar 2006
 
Reportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galegoReportaxe dun mariñeiro galego
Reportaxe dun mariñeiro galego
 
Carnota, A Costa
Carnota, A CostaCarnota, A Costa
Carnota, A Costa
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
monadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
monadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
monadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
monadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
monadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
monadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
monadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
monadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
monadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
monadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
monadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
monadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
monadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
monadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
monadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
monadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
monadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
monadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
monadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
monadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Recently uploaded

Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
iesasorey
 
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
iesasorey
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Red Académica Internacional Historia a Debate
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
Rosa Fernandez Carrera
 
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
David Casado Bravo
 

Recently uploaded (6)

Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
 
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
 
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
 
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
 

Cambados. O marisqueo

  • 2. Cambados é unha vila onde o marisqueo ocupou un lugar importante desde tempos antigos. Nos castros aparecen numerosos cuncheiros que amosan o consumo de moluscos desde a prehistoria. Cuncha atopadas no Castro de Castrelo
  • 3. "...Esta islilla (San Tomé do Mar o Isla Vieja) tiene dies y siete vecinos y son pobres ... No hay en esta islilla agua dulce. Quando debala el mar hacia la parte del Grobe, desta islilla en lo que queda en seco, que llaman el Xarido, solía haver tantas hostras y mexillones, ameixas y berberechos que venían de Portugal y de otras partes a cargar carabelas y otros barcos y en estos tiempos vienen de dos leguas a la redonda a cargar carros de todo esto fuera de las hostras"... SÉCULO XVII -Nas "Memorias da las Iglesias de Arzobispado de Santiago do ano 1607 " faise referencia á riqueza do Serrido e ao comercio de marisco con Portugal. SÉCULO XVIII -O Catastro do Marqués da Ensenada (1752-53) recolle a existencia de escabecheiros de ostras en Fefiñáns. Anaco do Catastro do Marqués da Ensenada referido á vila de Fefiñáns: “Escavecheros: Don Joaquin Piñero y Agustina de Cores. Fabrican escaveches de ostras en cuio exercicio ganan al año doscientos reales cada uno”... O poeta Pintos Villar, que foi xuíz en Cambados, no seu libro "A gaita galega" (primeiro libro publicado en galego no 1853) fala dos berberichos do Serrido.
  • 4. Anacos dun poema de Xoán Manuel Pintos Villar, que foi xuíz en Cambados. Do libro “A gaita galega”, do ano 1853.
  • 5. SÉCULO XX -A comezos do século instalouse unha ostreira en Fefiñáns. Estatutos da ostrícola de Cambados. 1908.
  • 6. -A partir dos anos cincuenta aumentou a demanda de mariscos e a comercialización. Construíronse cetáreas. -Arredor de 1970 instálanse as primeiras depuradoras. Ostras na lonxa de Cambados
  • 7. O peirao de Cambados e a lonxa coas moreas de ostras á venda
  • 8. A DEFENSA DOS BANCOS MARISQUEIROS -As iniciativas de explotación privada dos bancos marisqueiros de Cambados que se tentaron repetidas veces, tiveron unha forte oposición por parte dun pobo que levaba non anos obtendo beneficios duns recursos naturais que lles ofrecían os areais da zona. En xeral, os conflitos sempre se resolveron a favor dos intereses colectivos da xente que traballaba libremente nos bancos marisqueiros, pola forte contestación popular, fronte aos intentos de privatización. -Un dos primeiros enfrontamentos dos que se ten noticia (José Caamaño Bournacell, no libro Cambados a la luz de la historia) fai referencia, no último cuarto do século XIX, a unha compañía inglesa que chegou a comprar o Serrido, e que quixo pechalo cun valo; mais diante a masiva oposición do pobo, o alcalde foi a Madrid e conseguiu impedilo.
  • 9. -Polo ano 1935, o xornal vigués El Pueblo Gallego informa de que Ramón Vidal Grova solicitou que se lle concedera unha parcela de seis hectáreas, na marxe esquerda do río Umia, no areal de Correlo, en Castrelo, alegando que xa a viña usufrutuando dende había máis de vinte anos. Unha comisión de cincocentos veciños de Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo dirixiuse á Subdelegación Marítima de Vilagarcía, para protestar e conseguiron que a tramitación do expediente quedase sen efecto. -Na década de 1950 estes conflitos fanse máis continuos e máis graves. No Saco de Fefiñáns, no Varal, no Serrido; nas praias de Castrelo, Correlo e Con de Xido, que daquela aínda non estaban integradas na Confraría do Grove. Ocúpanse concesións, prodúcense enfrontamentos persoais, e a Garda Civil baixa cos seus cabalos á praia para manter a orde. Hai mariscadoras detidas e, como durante o franquismo o mar estaba baixo a xurisdición militar da Mariña, algunhas son sometidas a consellos de guerra e condenadas a penas de cárcere.
  • 10. Durante esta década, para atender ao florecente comercio da ostra, e tamén doutras especies, vendedores e exportadores adoitaban solicitar unha pequena parcela na zona marítimo-terrestre (depósitos reguladores ou bebedeiros). Os problemas viñan cando se ampliaban estes viveiros, ou se instalaban en zonas produtivas que eran traballadas por todo o mundo, ou cando as mariscadoras se topaban co outorgamento dunha destas concesións sen información previa. Entón a situación estoupaba e sucedíanse as protestas, que tiñan un carácter totalmente espontáneo. Así, por exemplo, no ano 1952, José Martínez Padín Paparolo, pretendeu adquirir “catro mil metros de Serrido”. En 1956 Manuel Otero Otero solicita, a ocupación de dez mil metros cadrados entre Correlo e a Toxa Pequena. O Facho (Castrelo) O Varal
  • 12. -O último conflito por defender o carácter público dos bancos marisqueiros de Cambados tivo lugar no ano 1975. O detonante foi o intento dalgúns concesionarios dos viveiros-bebedeiros de pechalos con valos de pedra e impedir o paso por riba deles á xente que ía ao Serrido. -Unha das consecuencias máis positivas destas mobilizacións foi o nacemento, por primeira vez en Cambados, dunha organización para regular a explotación do Serrido, que estableceu, entre outras normas, un tope de capturas por día e persoa, e un único punto de control e venta, o que provocou unha notable mellora dos prezos para as mariscadoras. Mais, a experiencia durou ben pouco. Os compradores, acostumados a fixar os prezos ao seu gusto, preferían unha situación sen control como a anterior, e boicotearon a iniciativa. Viveiros do Varal en San Tomé
  • 14. -A Confraría de Cambados solicita a concesión de medio millón de metros cadrados co duplo obxectivo de anular calquera petición particular e, ao mesmo tempo, poñer o areal á libre disposición de todos os veciños e veciñas. O BOE de 25-6-1976 publicaba a autorización concedida á Confraría de Cambados para a explotación marisqueira de ostra, ameixa, berberecho e navalla nunha extensión de máis de 900.000 m2 entre o peirao de Cambados e a desembocadura do río Umia, incluíndo todo o Serrido.
  • 15. As últimas areeiras no esteiro do Umia que se pecharon pola presión das mariscadoras.
  • 16. -Nos anos cincuenta e sesenta houbo conflictos co emprego da forquilla, aparello que alternou períodos de legalidade e ilegalidade. -Un conflito que tivo moita repercusión social e mediática, na década dos sesenta e setenta, foi o emprego do chamado can ou endeño remolcado. -Desde o ano 1970 estaba expresamente prohibida a utilización do can; sen embargo mariñeiros da ría de Vigo e da de Arousa – Cambados, sobre todo – seguírono a usar durante anos, contando cunha certa permisividade das autoridades da Mariña, con protestas doutros sectores que ás veces derivaban en enfrontamentos violentos, con algún que outro ferido ou barco secuestrado. -Pola súa banda, a Confraría de Cambados tentaba chegar a fórmulas de compromiso coa Administración para despenalizar o uso do can. Finalmente, ante a presión exercida, o 20 de outubro de 1980, o ministerio de Agricultura decretaba expresamente a prohibición definitiva do can.
  • 17. 1980: -Constitúese a Agrupación Marisqueira de Cambados coa idea de colaborar con outras da ría para unha mellor organización da explotación dos recursos. 1984: -As confrarías de O Grove, Cambados, A Illa e Vilanova, en colaboración coa Consellería de Agricultura e Pesca poñen en marcha conxuntamente o Plan de Explotación do Bao, como experiencia piloto contra o furtivismo.
  • 18. 1985: -Mariscadores feridos de bala e agresións a gardaxurados en distintos incidentes orixinados pola represión do furtivismo. 1987: -Incidentes entre arrastreiros de Cambados e bateeiros do Grove pola disconformidade de criterios no aproveitamento do mexillón de fondo; que se reproducen a finais de ano, despois de infrutuosas negociacións entre as dúas partes. 1988: -Arrastreiros de Cambados propoñen á Consellería de Pesca un acordo para a regulación da recollida do mexillón de fondo, contemplando censo de barcos autorizados, horarios, topes de captura e zonas de traballo.
  • 19. 1989: -A comezos de outubro, coincidindo co inicio da campaña marisqueira, grupos de mariscadoras de Corvillón, que alegan dereitos históricos, entran a traballar nas concesións da Confraría de Vilanova, nas praias do Bote e Castelete; producíndose graves incidentes con feridos, pola oposición das mariscadoras de Vilanova e a intervención da Garda Civil.
  • 20. 1990: -A Confraría de Cambados presenta á Consellería de Pesca un proxecto de recuperación do litoral da zona de Tragove como solución ao litixio con Vilanova pola praia do Castelete. -A Consellería de Pesca aproba que as confrarías e asociacións de marisqueo elaboren plans parciais e específicos para a explotación das súas autorizacións, rompendo así o ríxido sistema de vedas que había ata agora. -A Consellería de Pesca aproba o proxecto de recuperación de Tragove, presentado pola Confraría, así como tamén un proxecto de recuperación do Saco de Fefiñáns, que inclúe a apertura dunha ponte de doce metros na estrada de acceso ao porto de Tragove, para conseguir unha óptima renovación das augas. Costa de Tragove
  • 21. 1991: Novos enfrontamentos entre bateeiros e arrastreiros pola recollida do mexillón de fondo, caído das bateas. Protestas de mariscadoras pola extracción de area no Serrido por parte dun barco-draga. 1995: Enfrontamento entre mariscadoras de Castrelo e de Cambados pola explotación da praia de Correlo. O patrón maior reclama esta praia, que é unha concesión da Confraría do Grove, para a de Cambados.
  • 22.
  • 23. 1996: -Segue a paralización da flota da vieira durante os primeiros meses do ano pola presenza de toxina. Despois dun ano de paro, ábrese só unha das catro zonas de vieira que hai na ría. Esgotada a súa capacidade aos poucos días, sucédense as protestas da flota, con bloqueos portuarios e folga xeral en toda a poboación de Cambados. Ábrense outras zonas. 1997: -O retraso da apertura da campaña da vieira provoca tamén protestas, e que a corporación municipal celebre un pleno extraordinario para dirixirse á Xunta esixindo solucións.
  • 24. 1998: -Constitúense as asociacións de BOU DE VARA, RAPETA E CHINCHORRO, de carácter comarcal con Vilanova, Rianxo e Vilaxoán; e as da FLOTA DA VIEIRA, e de MARISCADORAS de carácter local. 1999: -A Confraría de Cambados solicita á Xunta a concesión da praia de Correlo, en Castrelo. Créase unha asociación de rañeiros co nome oficial de ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE MARISCADORES DE VARA. Punta de Correlo, a esquerda do río Umia
  • 25. 2000: -Ante a presenza xa endémica de toxina nas zonas de vieira, a Confraría de Cambados proponlle á Consellería de Pesca dous plans: vender a vieira con toxina a bateeiros, para que estes as depositen en bateas ata que se autodepuren ; ou que unha empresa autorizada lles retiren o hepatopáncreas e as comercialicen evisceradas. 2001: -Segue a veda da vieira. -A Confraría de Cambados propón un plan de explotación do mexillón de fondo para compensar do longo peche da extracción da vieira. Consellería e Confraría estudan cunha empresa conserveira o proxecto de comercializar a vieira eviscerada.
  • 26. -2001: -A Consellería de Pesca autoriza a campaña experimental de explotación do BERBERECHO RABIOSO, solicitada pola confraría.
  • 27. 2002: -Ponse en marcha o plan de evisceración da vieira, como paso previo á súa comercialización. A Confraría fai campañas de promoción da vieira eviscerada en Madrid. -Confraría, Concello e a empresa Vieira de Galicia celebran no mes de agosto unhas Xornadas de Exaltación da Vieira ou I Festa da Vieira, coa intención de recuperar e promover este sector. -As agrupacións de mariscadores e mariscadoras de Cambados empezan cun plan de preengorde de ameixa en batea. 2003: -Retrasos na apertura das campañas de marisqueo e pesca mentres non se recuperen as zonas afectadas polos vertidos do Prestige.
  • 28. 2004: -Creación de GUIMATUR, asociación formada por mariscadoras e redeiras convertidas en guías turísticas, que amosarán e explicarán a súa actividade profesional aos visitantes. -Rexeneración do banco do Galiñeiro, para sementar ameixa. 2005: -A Consellería de Pesca coas confrarías de Cambados, A Illa, Vilanova e O Grove pon en marcha un proxecto para a recuperación do Boído, que se destinará ao libre marisqueo.
  • 29. 2006: -A Consellería de Pesca veda a extracción do relojito por ter chumbo e non ser apto para o consumo. En contrapartida levantará a prohibición de traballar coa forquilla. No mes de decembro Pesca permite coller relojito no Galiñeiro. 2007: -As mariscadoras empezan cun plan experimental de aproveitamento da lapa. Relojito na lonxa de Cambados
  • 30. 2009: -O anuncio por parte da Consellería de Mar da construción dunhas comportas no Saco de Fefiñáns, co obxecto de regularizar as mareas para a práctica de deportes náuticos, orixina as primeiras protestas e peticións de información polo que poida significar para os bancos marisqueiros. -Os rañeiros de Cambados sementan no Galiñeiro, Monzón e Meloxo. 2010: -Alta mortandade (70%) de berberecho no Serrido por mor das riadas do inverno. -Ecoloxistas e 140 mariscadoras solicitan por escrito información sobre o proxecto das comportas do Saco de Fefiñáns. -Portos licita as obras das comportas sen informe de impacto ambiental. -A Confraría vai participar por primeira vez na comercialización da vieira. A Seca ou Saco de Fefiñáns
  • 31. 2011: -As mariscadoras de Cambados plantan o seu traballo de limpeza no Saco de Fefiñáns, e maniféstanse para esixir o saneamento previo do Saco antes da construción das comportas. Uns días despois celébrase unha asemblea informativa na confraría con asistencia de técnicos da Xunta, e a gran maioría séguese opoñendo ao proxecto. 2012: -A Confraría de Cambados, coas empresas Mariscos Veiró e Mar Ambroa, constitúen a sociedade Porto de Cambados, que se encargará de todo o proceso produtivo da vieira, dende a recollida ata a evisceración e comercialización. -O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente outórgalle a Guimatur un dos premios á excelencia e innovación para mulleres rurais.
  • 32. 2013: -O Concello dá luz verde ao proxecto de obras de recolleita de vertidos no Saco de Fefiñáns (1ª fase). 2014: -Créase unha comisión para controlar o funcionamento da futura comporta que se está a construir no Saco de Fefiñáns, formada por representantes de Portos, Concello e Confraría. -A Plataforme para a Defensa da Ría de Arousa, con bateeiros e confrarías, asinan un escrito dirixido á Xunta de Galicia pedindo información sobre a situación das augas da ría e escaseza de marisco, e que se tomen as medidas correctoras necesarias.
  • 33. 2015: -Forte contestación na ría de Arousa, e en toda Galicia en xeral, ao proxecto de Lei de Acuicultura. -A Confraría de Cambados subscribe un convenio con Abanca, que permite que os rañeiros poidan acceder a créditos de baixo interese para facer fronte á difícil situación económica pola que están pasando. 2016: -Nove autobuses postos pola Confraría levan a mariñeiros e mariscadoras de Cambados a participar en Santiago nunha manifestación contra a Lei de Acuicultura.
  • 35. BANCOS MARISQUEIROS DA CONFRARÍA DE CAMBADOS (CONCELLO DE CAMBADOS) En amarelo a zona de concesión da Confraría de Cambados
  • 36. O SERRIDO Ocupa unha ampla superficie na desembocadura o río Umia (unhas 250 ha) que forma, ao atoparse co mar un delta mareal que queda ao descuberto ao debalar a marea. O substrato é moi variado, en función das zonas e da influencia das correntes, desde zonas lamacentas, ata areas gordas. Especies que se capturan: ameixas (fina, babosa e xapónica), navalla, longueirón, caramuxo, ostra
  • 38. Areal do Serrido e A Umia con media marea
  • 41. O Serrido na marea baixa
  • 42. A Torre e A Alghaseira
  • 43. Lombo da Torre e o Serrido
  • 46. Ribeira de Fefiñáns e A Empreghadoira
  • 47. A Seca ou Saco de Fefiñáns
  • 48. O Galiñeiro. Situado fronte ás costas da Illa de Arousa
  • 49. ESPECIES COMERCIAIS Na actividade de marisqueo captúranse moluscos bibalvos (dúas cunchas) e gasterópodos (unha cuncha), que viven enterrados no substrato, sobre os fondos ou sobre as rochas e algas. Caramuxo, un molusco que vive sobre as rochas e as algas Berberecho, un molusco que vive enterrado na area MARISQUEO A PÉ: -Ameixas: fina, xapónica e babosa) -Navalla -Longueirón vello -Caramuxo MARISQUEO A FLOTE: -Ameixas: rubia, xapónica e babosa) -Reló -Carneiro ARRASTRE -Vieira -Volandeira -Zamburiña -Ostra -Rabioso MERGULLO -Navalla
  • 50. BERBERECHO AMEIXA NAVALLA OS MOLUSCOS Son invertebrados que teñen o corpo blando, con órganos ben diferenciados, rodeado por un manto musculoso que segrega, na maioria dos casos, unha cuncha. Teñen un pé musculoso ventral que usan habitualmente para desplazárense. Aliméntase de fitoplanto por filtración. MOLUSCOS BIVALVOS Teñen o corpo protexido por dúas cunchas ou valvas e non teñen cabeza diferenciada. Os moluscos bivalvos que viven enterrados teñen uns sifóns para filtrar a auga, de tamaño variable segundo a profundidade á que se enterren. Pé dun berberecho Sifóns dunha ameixa
  • 51. Os moluscos que viven enterrrados empregan o pé para desprazarse e enterrarse, e os sifóns para filtrar a auga
  • 52. Moluscos bivalvos BERBERECHO AMEIXA AMEIXA FINA, LEXÍTIMA OU SAN (Ruditapes decussatus) Está protexida por duas cunchas de contorno trapezoidal con costelas marcadas cruzadas coas liñas concéntricas de crecemento o que lle dá á superficie un aspécto de cadrícula. A cor é branca ou parda crara . Acada o tamaño comercial aos tres anos de vida e pode medir ata 7 cm de lonxitude. Vive enterrada en substratos variados, desde areas grosas ata fango, da zona intermareal. A talla mínima legal de captura é de 40 mm. Resiste máis tempo fóra da auga.
  • 53. Moluscos bivalvos BERBERECHO AMEIXA NAVALLA AMEIXA XAPONESA (Tapes philippinarum) Comparte características e hábitat coa ameixa fina da que a diferencia a cuncha lixeiramente máis redondeada, máis escura e máis amarela no interior e ter os sifóns apegados case ata o extremo. É de crecemento máis rápido, acada a talla comercial en menos de dous anos e ten os mesmos usos. A talla mínima legal de captura é de 35 mm. É de orixe asiática, de Indonesia, estendéndose polas costas do Pacífico. Os franceses e ingleses introduciron o seu cultivo en Europa. Viña en grandes cantidades desde Italia (de aí o nome de ameixa italiana) para ser comercializada directamente ou previo paso polas depuradoras. Desde hai poucos anos cultívase con de xeito xeneralizado no litoral galego.
  • 54. Moluscos bivalvos BERBERECHO AMEIXA NAVALLA AMEIXA BLANCA / BABOSA (Venerupis pullastra) Máis alongada, coas estrías verticais menos marcadas, de cor crara ás veces con bandas ou manchas escuras. Ten os sifóns xuntos e mais curtos. Vive no infralitoral ata os 40 m de fondura A talla mínima legal de captura é de 38 mm e excepcionalmente 35 mm.
  • 55. AMEIXA NAVALLA AMEIXA RUBIA / ENCARNADA (Venerupis Rhomboideus) Diferénciase das anteriores pola cuncha máis grosa, ovalada, coas estrías horizontais máis marcadas e a cor predominante rosada ou encarnada. Ten os sifóns xuntos ata o extremo. Vive na zona infralitoral ata os 200 m de fondura. A talla mínima legal de captura é de 40 mm.
  • 56. AMEIXA BICUDA / BRUXA (Paphia aurea) Cuncha oval, co interio de cor amarela Aparece entre as capturas de ameixa fina e branca cos que comparte hábitat. A talla mínima legal de captura é de 20 mm.
  • 57. BIRBIRICHO/BERBERECHO (Cerastoderma edule) Cuncha globosa formada por dúas valvas iguais co contorno redondeado. A superficie externa presenta as costelas radiais ben marcadas e cruzadas polas estrías de crecemento. A cor varía de branca a castaña con manchas escuras. Vive enterrado a poucos centímetros da superficie, en fondos de area fina ou fango-areosos, desde o intermareal ata uns 10 m de fondura. Pode chegar ata 5 cm de lonxitude. A talla mínima legal de captura é de 25 mm.
  • 58. RELOJITO / RELÓ / RELOXO (Dosinia exoleta) Valvas grosas, iguais e circulares coas liñas concéntricas marcadas, de cor branca ou castaña crara con bandas, raias ou ziguezagues marróns ou rosados. Mide ata 6 cm de lonxitude. Vive enterrado na area desde a baixamar ata os 75 m de fondura. A talla mínima legal de captura é de 30 mm de lonxitude.
  • 59. CARNEIRO (Venus verrucosa) Valvas iguais, grosas, de contorno circular, coas estrías concéntricas moi marcadas. A cor é amarela, gris ou parda con manchas marróns. Mide de 3 a 6 cm de lonxitude. Vive a pouca fondura en zonas de area fangosa de lugares pedregosos desde a zona infralitoral ata os 100 m de fondura. A talla mínima legal de captura é de 55 mm.
  • 60. RABIOSOS Glycymeris glycymeris Cuncha case circular de valvas iguais grosas, lisas, de cor crema con liñas e debuxos máis escuros. Glycymeris pilosa Cuncha máis escura, case marrón, e coa beira cuberta de pelos. Viven en fondos de area a partir dos 30 m de profundidade. A talla mínima legal de captura é de 40 mm.
  • 61. NAVALLA (Ensis arquatus) Cuncha fina, coas valvas iguais, de contorno rectangular curvado de ata 12,5 cm de lonxitude por 2 cm de anchura, de cor cremosa con liñas encarnadas e marróns. Vive en fondos de area fina en pouca fondura enterrada verticalmente. A talla mínima legal de captura é de 100 mm. Ensis arquatus Ensis siliqua
  • 62. LONGUEIRÓN VELLO (Solem marginatus) Cunchas rectas e forma cilíndrica, de cor branca-crema manchada. Pode medir ata 15 cm de lonxitude. Vive dentro das rías, en zonas areoso-arxilosas que quedan en seco nas mareas vivas. A talla mínima de captura é de 80 mm.
  • 63. VIEIRA (Pecten máximus) Cuncha de contorno redondeado con duas prolongacións –orellas- na parte posterior; formada por dúas valvas desiguais – plana a de arriba e convexa a de abaixo – coa superficie marcada por costelas radiais fondas. De cor castaña ou rosada máis crara na cara de abaixo. Vive desde o infralitoral ata os 100 m de profundidade, pousada ou semienterrada en fondos de area e cascallo. A talla mínima de captura é de 100 mm. Hai uns anos que está moi afectada pola toxina e ábrense as campañas de capturas en función dela.
  • 64. VOLANDEIRA/ZAMORIÑA FRANCESA Chlamys opercularis Cuncha de contorno redondeado con orellas desiguais formada por dúas valvas convexas – a de arriba un pouco máis aplanada que a de abaixo – de cor variable desde o blanco ó marrón con tonos rosados. Vive en fondos de area e cascallo ata os 200 m Atalla mínima de captura é de 40 mm.
  • 65. ZAMORIÑA DO PAÍS/ZAMBURIÑA Chlamys varia Cuncha de contorno oval, de cor violeta con orellas desiguais. Vive solta ou fixada polo viso ó substrato, desde o infralitoral ata os 80 m de profundidade. A talla mínima de captura é de 40 mm. Na actualidade é moi escasa.
  • 66. Cunchas de forma variable, tendendo a redonda, coa superficie irregular, cuberta de escamas ou láminas. A cuncha de arriba é case plana, ás veces cóncava, de cor castaña, gris ou verdosa e a de abaixo convexa de máis crara. Vive apegada ás pedras ou pousada nos fondos de area e cascallo ata os 80 m de fondo. A talla mínima legal de captura é de 60 mm. As ostra pequena tamén se chaman morrunchos. Cultívase en bateas ou sobre o substrato. A recolección de ostra foi moi importante en Cambados desde tempos antigos. A sobreexplotación e as enfermidades fixérona desaparecer. A que se cultiva na actualidade procede doutros países europeos.
  • 67. MEXILLÓN (Mytilus galloprovincialis) Valvas iguais, sólidas, de forma oval-triangular coa superficie sulcada por fina liñas concéntricas. A cor é negra ou azul escura. O corpo é alaranxado ou amarelo. Pode medir ata 15 cm de lonxitude. Vive suxeito as pedras ou calquera obxecto mergullado aos que se agarra cuns filamentos que el mesmo segrega. O tamaño mínimo legal de captura é de 50 mm, aínda que actualmente non está permitida. Cultívase en bateas.
  • 68. MOLUSCOS GASTERÓPODOS Teñen a cuncha dunha sola peza, cabeza diferenciada e con órganos dos sentidos e pé adaptado á reptación. CARAMUXO Littorina littorea Ten unha cuncha cónica de cor castaña tirando a negra ou verdosa, con bandas máis escuras, de 2/ 4 cm de altura que está enrolada en espiras amplas. A abertura é de forma oval coa beira máis clara. Aliméntase de pequenas algas que cobren a superficie das rochas. Vive sobre as rochas e algas na zona mediolitoral e faixa infralitoral. Talla mínima de captura: 15 mm.
  • 70. EXTRACCIÓN/APARELLOS Desde os primeiros obxectos ata os aparellos actuais o ser humano sempre estivo empregando e adaptando os seus coñecementos para facer o seu traballo máis eficaz e rendible. O éxito das capturas depende do coñecemento das especies, dos lugares que habitan, dos seus costumes, de saber ler as pistas que delatan a súa presenza, os sinais da súa actividade, ou calquera outro detalle ou circunstancia que permita o seu descubrimento. As capturas empezaron facéndose coas mans, na beira do mar ou nas secas da baixamar, recollendo animais que viven apegados ás pedras, nas fendas das rochas, nas pozas, ou lixeiramente enterrados. Na actualidade a tipoloxía e os materiais das artes de pesca é moi rica e variada. Entre as artes tradicionais están as de deseño máis simple á vez que as máis selectivas, as que implican un meirande coñecemento das especies e o seu mundo.
  • 71. O éxito dun aparello depende: -do coñecemento que se teña das especies que pretende capturar: as súas características, hábitat e costumes. -do rendemento mecánico (a simplicidade estrutural e a forma de facer o traballo máis doado) -do rendemento económico.
  • 72. APARELLOS PARA EXCAVAR Son estruturas planas ou con dentes que penetran no substrato abríndoo e levantándoo. Empréganse para extraer especies que viven enterradas, xeralmente moluscos bivalvos tanto nas praias como nas zonas máis profundas onde o mar cobre permanentemente. Os aparellos que teñen dentes remexen o substrato e fan unha selección por tamaños (segundo a separación que hai entre eles e a malla dos copes) e unha selección de especies, xa que a lonxitude e a posición dos dentes determina a profundidade de excavación
  • 73. SACHO É un dos aparellos máis primitivos. Úsase a pé, en seco para apañar ameixas e berberichos. Remexe o substrato e favorece a futura fixación de semente. Existen varios tipos e tamaños diferentes. O sacho da navalla úsase para apañar navallas no intermareal e manéxase cunha man soa.
  • 75. GANCHELO, FOUZA E coma un sacho de dimensións moi reducidas, feito dunha soa peza metálica. Úsase para apañar ameixas a pé e en seco, ou na auga en calma. É un aparello moi selectivo. Esta modalidade utilízana as persoas que coñecen os “buratos” que deixan os sifóns das ameixas cando están a alimentarse. Antes usábase unha fouce. Algunhas mulleres collían as ameixas cos dedos, cunha cuncha ou ou cunha culler. Traballando co ganchelo
  • 77. ANGAZO, RASTRILLO Úsase para desenterrar berberichos e ameixas nos intermareais, a pé e en seco, ou mellor cun pouco de auga. Remexe indiscriminadamente o substrato, aínda que non o voltea como o sacho. Aforra esforzo porque abrangue máis espazo e a superficie dos dentes, ao ser menor que a do sacho, ofrece menos resistencia. A lonxitude dos dentes é variable (máximo de 10 cm). O angazo, que antes so se usaba para os berberechos, desprazou ao sacho para apañar ameixas e converteuse no aparello máis común para o marisqueo a pé.
  • 78.
  • 79. ANGAZO evolucionado para traballar onde hai auga. As pezas laterais permiten levantar e sacar fóra da auga as capturas sen que se perdan.
  • 80. RAÑO É semellante ao angazo, pero leva un cope metálico onde recolle as capturas e unha vara longa que, segundo a súa lonxitude, permite traballar en fonduras de máis de 15 m. RAÑO Lonxitude máxima dos dentes: 19 cm Separación entre os dentes: mínimo 15 mm Ancho máximo da platina: 70 cm RAÑO DO BERBERECHO Lonxitude máxima dos dentes: 7 cm Separación entre os dentes: mínimo 20 mm Ancho máximo da platina: 65 cm
  • 81. O aparello que deu orixe ao raño foi o RASTRO
  • 82.
  • 83. RASTRO DA VIERA Ten a particularidade de que os dentes son curtos e doblados cara atrás para que non se enterren no substrato xa que as vieiras, zamburiñas e volandeiras que captura viven pousadas no fondo. Arrástrase pola popa do barco. Non se pode usar en fondos inferiores aos 5 m e cada embarcación pode usar un máximo de dous rastros. Ancho máximo da pletina: 175 cm Dentes: 10 cm de lonxitude máxima cunha separación mínima de 8 cm Malla do cope: 5 cm de luz para volandeira, zamburiña e ostras, e 8 cm para vieira. Hai un rastro para a zamburiña e volandeira (talibán) que ten a pletina sen dentes
  • 84. Rastros da vieira RASTRO DO RABIOSO Semellante ao da vieira, coa punta dos dentes virada cara adiante. Precisa dunha autorización especial.
  • 85. FORQUILLA Ten dous mangos formando ángulo recto. O que coíncide na vertical dos dentes úsase para espetar a forquilla e apalancar o terreo. Co outro levántase a forquilla en posición horizontal para evitar que caian as capturas. Trabállase a pe ata onde o permite o nivel da auga. Úsase, segundo a lonxitude dos dentes, para apañar ameixas ou navallas. Este aparello, que nun comezo tiña un so mango e so se usaba para apañar navalla, tivo a súa orixe en Cambados arredor do ano 1945. Dentes: 26 cm de lonxitude Platina ou polaina lixeiramente curvada Actualmente o seu uso está prohibido agás con autorización especial.
  • 86.
  • 87. APARELLOS CON GANCHOS E ARPÓNS Son aparellos moi primitivos formados por pezas rematadas en punta que se cravan ou enganchan na peza. Capturan as presas de unha en unha. A selección de especies faise visualmente ou coa axuda dun espello ou mirafondo. FISGA Emprégase para apañar longueiróns. Para poder usala hai que saber recoñecer os buratos que os animais deixan na area. Ao meter a fisga dentro do burato esta baixa por dentro da cuncha do longueirón, que ao sentirse molestado, reacciona pechándoa. Ao sacar a fisga, a punta, máis ancha que a cuncha, arrastra ao longueirón para fóra.
  • 88. APARELLOS PARA CORTAR E DESPEGAR Están formados por pezas metálicas rematadas en cuñas. Úsanse para arrancar ou despegar especies que viven apegadas ás pedras: percebes, ostras, mexillóns … COITELO Emprégase, sobre todo, para despegr ostras das pedras. RASQUETA Está formada por unha folla rectangular de ferro (máximo de 15 cm de ancho) e un albado no que se acopla un mango de madeira ou ferro. Úsase para arrancar percebes e mexilla das pedras.
  • 89. APARELLOS DE ARRASTRE Son redes en forma de saco de diferentes formas e tamaños que se prolongan en dúas pernas que se manteñen separadas por diferentes métodos e durante o arrastre dirixen o peixe cara o interior do saco. Son aparellos activos que se arrastran polo fondo ou a diferentes alturas. Seleccionan as especies segundo o lugar no que traballan e a luz das mallas. Son os menos selectivos porque capturan indiscriminadamente todo cando atopan no seu camiño. Bou de vara
  • 90. BOU DE VARA OU TRAMBOLÍN É un aparello de pequenas dimensións que se mantén aberto cunha vara de ferro. Arrástrase con embarcacións pequenas de motor. Úsase no limpo para coller vieiras, volandeiras, chopos, nécoras, lenguados, lirios e outras especies de fondo. Dimensións máximas: 6 m de calón, coa malla de 60 mm, 6 m de cope, coa malla de 50 mm, e vara de 6 m de lonxitude. Úsase en zonas de libre marisqueo, cunha profundidade superior a 10 m, de novembro a marzo, en lances diurnos. Pódese traballar pola noite ao conguito.
  • 91. APARELLOS AUXILIARES/RECIPIENTES... Como complemento do traballo empréganse diferentes aparellos ou utensilios, para axudar a unha mellor visibilidade (espello, lanternas), roupa, calzado, luvas, recipientes, medidas, carriños para o transporte, embarcacións... FACHO É unha lámpada de carburo. O carburo de calcio, ao mesturarse con auga reacciona e desprende un gas (acetileno) que se utiliza como combustible para producir luz. Úsábase ocasionalmente para iluminar os fondos pola noite. ESPELLO É unha caixa tronco-piramidal coas bases abertas. Nunha das bases, normalmente a máis grande leva un vidro que permite ver os fondos con claridade. Elimina a reflexión da superficie da auga e a deformación das imaxes que produce o movemento. Úsase como complemento cando se pesca con francada, fisga...
  • 92. Carriños que empregan as mariscadoras a pé
  • 93. Monos e botas de goma, capachos...
  • 94. As dornas e gamelas foron substituídas polas planadoras
  • 95. OS CONTROIS Para poder ser mariscadora ou mariscador é preciso facer un curso para obter o PERMEX, que capacita para o traballo. É obrigatorio o pagamento da seguridade social e traballar un número mínimo de días cada mes. O período de extracción dura todo o ano, aínda que hai períodos de veda para as diferentes especies. O traballo do marisqueo inclúe tarefas como a sementeira, limpezas e vixiancias. Hai que respectar un máximo diario de colleita establecido en función dos recursos e dos prezos e os tamaños mínimos para cada especie. Punto de control onde se pesa o marisco e se comproba a talla
  • 97. Na lonxa faise a subhasta ou poxa
  • 98. Ameixas nunha depuradora O marisco debe pasar por un proceso de depuración antes de ser comercializado para o seu consumo en fresco.
  • 100. Os moluscos poden consumirse directamente crús ou con distintas preparacións: escabeches, á mariñeira, guisos, caldeirada, ensaladas, ao forno...
  • 101. SELECCIÓN DE REPRODUTORES CRÍA DE LARVAS E XUVENÍS PREPARACIÓN DO TERREO OU DOS SOPORTES SEMENTEIRA LIMPEZA ELIMINACIÓN DE COMPETIDORES RESEMBRAS B A T E A S CULTIVO DE MOLUSCOS EXTRACIÓN/COLLEITA P A R Q U E S
  • 102. cultivo de fitoplanto para alimentar aos moluscos reprodutores ameixa para sementar www.observatorio-acuicultura.es CULTIVO DE AMEIXA larva
  • 103. Limpeza no Serrido Nos bancos marisqueiros de Cambados Faise sementeiras de ameixa xapónica e ostra no Serrido e de ameixa babosa no Galiñeiro.
  • 104.
  • 107. Protección dos cultivos: redes e nasas para capturar competidores
  • 108. Pañando para facer resembra
  • 111. Cesta de cultivo en batea
  • 113. Sementeira en zonas de marisqueo a flote
  • 114. Cunchas de vieira cubrindo pinches das casas As cunchas dos moluscos empréganse para protexer fachadas das casas, para fertilizantes, pensos, recheos... Muíño para aproveitar a cuncha de ostra para facer fertilizantes e outros produtos
  • 115. CONFRARÍA DE CAMBADOS Mariscadoras e mariscadores A pé: 214 A flote: 184 DATOS DAS VENDAS NA LONXA DE CAMBADOS (1917)
  • 116. MONTAXE: Adela Leiro, Mon Daporta FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Mª Xosé Cacabelos, Confraría de Cambados, J. Carlos Mariño Balsa Cambados, decembro 2017