A vida no
   mar
 Ana Costa Fernández
  Andrea Bugallo Rey



      Cambados, 2006
As actividades relacionadas co mar en
Cambados ocupan a un importante
sector da poboación, directamente
(mariscadoras, armadores…) e
indirectamente (talleres de motores…),
pero foi hai uns anos cando o mar en
Cambados tiña máis importancia.
BOU DE VARA OU TRAMBOLÍN
Utilízase un aparello de pequenas dimensións que se mantén
aberto cunha vara de ferro.
Este aparello arrástrase con pequenas embarcacións a motor.
Esta arte serve para capturar: vieiras, volandeiras, chopos,
nécoras, linguados, lirios e outras especies de fondo.
Non hai moitos cambios da súa antiga utilización, só se
distingue en que antes as embarcacións eran a remo e o
traballo era moito maior.




                                                 Escollendo as capturas
                                                    dunha xornada
                Mariñeiros a bordo dunha
                embarcación do trambolín.
CHINCHORRO
É un instrumento feito principalmente de mallas que se emprega
para o arrastre. Utilízase máis na temporada de marzo ou abril ata
outubro ou novembro, porque hai mellores cardumes (bancos) de
peixes migratorios.
Consiste basicamente nun aparello de rede de dúas bandas de malla
de pita ou cánamo que están unidas no centro a unha bolsa de malla
de forma cilíndrica (copo) que remata nun cono ou punta onde se
reteñen os peixes.
Cando os pescadores detectan un banco de peixes botan o
chinchorro á auga e previamente deíxase un cabo conectado a un
dos extremos da rede. Logo a embarcación regresa a terra
arrastrando o chinchorro.
CERCO
O cerco en Cambados é a arte de pesca máis abundante. As embarcacións
son de baixura, non saen moi lonxe da ría e cada día están de volta na
casa.
Saen ao mar e cando no radar se ve a silueta dun banco, bótase un lance.
Cando os peixes xa están dentro do aparello levántano cunha grúa xa que
é moi pesado. É entón cando se escolle o peixe a bordo e selecciónase
para levar á lonxa.
Esta arte non é moi antiga por iso case non sufriu modificacións, só algúns
métodos novos como sondas ou o GPS.
BETAS
Son aparellos dun só pano de malla lisa de medidas
moi variables. Pódese apegar ao fondo ou manter
entre augas.
Serven para capturar diferentes especies: pescada,
faneca, badexo, rodaballo, raia, meiga, linguado,
centola, lumbrigante, santiaguiño, lagosta…
Cales son as principias artes de pesca que máis se
utilizaban antigamente?
- “Utilizábanse máis ou menos as que se utilizan
agora, só que varían moito os materiais e a
maquinaria. Unha mesma arte de pesca de agora en
comparación coa de antes cambia en moitas cousas.
Por exemplo: antes cando se ía á batea había que
palear o mexillón e ao rematar había que escollelo á
man, en cambio, agora, bótase nunha cinta do
mesmo barco e xa o escolle a máquina e
selecciónao por tamaños.”
Influíu a industrialización na comodidade para
a pesca?

“Totalmente. Grazas ás máquinas, o mar é
menos traballoso e máis cómodo, e polo
menos ocupa o posto de traballo de alguén, xa
que total, agora, a xente busca outro tipo de
traballos.”
O futuro do mar:
• Os recursos (fondos e especies
  mariñas) están sobreexplotados, a
  cantidade xa non é a mesma polo que
  moitas artes de pesca están a
  desaparecer.
• O peixe non ten prezo e ós mariñeiros
  non lles sae moi rentable, xa que o
  prezo do gasóleo non deixa de subir
  ata que chegue un momento no que o
  mar non teña ningunha saída.
Tamén hai menos xente que traballe no mar polo que os
únicos galegos que traballan agora nas artes de pesca
son os de toda a vida, os mariñeiros de sempre, que
traballan nesto desde pequenos.




                                 “Esperemos que non se
                                 perda a nosa identidade
                                 xa que é a vida do noso
                                 pobo.” Andrea e Ana.

A vida no mar 2006

  • 1.
    A vida no mar Ana Costa Fernández Andrea Bugallo Rey Cambados, 2006
  • 2.
    As actividades relacionadasco mar en Cambados ocupan a un importante sector da poboación, directamente (mariscadoras, armadores…) e indirectamente (talleres de motores…), pero foi hai uns anos cando o mar en Cambados tiña máis importancia.
  • 3.
    BOU DE VARAOU TRAMBOLÍN Utilízase un aparello de pequenas dimensións que se mantén aberto cunha vara de ferro. Este aparello arrástrase con pequenas embarcacións a motor. Esta arte serve para capturar: vieiras, volandeiras, chopos, nécoras, linguados, lirios e outras especies de fondo. Non hai moitos cambios da súa antiga utilización, só se distingue en que antes as embarcacións eran a remo e o traballo era moito maior. Escollendo as capturas dunha xornada Mariñeiros a bordo dunha embarcación do trambolín.
  • 5.
    CHINCHORRO É un instrumentofeito principalmente de mallas que se emprega para o arrastre. Utilízase máis na temporada de marzo ou abril ata outubro ou novembro, porque hai mellores cardumes (bancos) de peixes migratorios. Consiste basicamente nun aparello de rede de dúas bandas de malla de pita ou cánamo que están unidas no centro a unha bolsa de malla de forma cilíndrica (copo) que remata nun cono ou punta onde se reteñen os peixes. Cando os pescadores detectan un banco de peixes botan o chinchorro á auga e previamente deíxase un cabo conectado a un dos extremos da rede. Logo a embarcación regresa a terra arrastrando o chinchorro.
  • 7.
    CERCO O cerco enCambados é a arte de pesca máis abundante. As embarcacións son de baixura, non saen moi lonxe da ría e cada día están de volta na casa. Saen ao mar e cando no radar se ve a silueta dun banco, bótase un lance. Cando os peixes xa están dentro do aparello levántano cunha grúa xa que é moi pesado. É entón cando se escolle o peixe a bordo e selecciónase para levar á lonxa. Esta arte non é moi antiga por iso case non sufriu modificacións, só algúns métodos novos como sondas ou o GPS.
  • 9.
    BETAS Son aparellos dunsó pano de malla lisa de medidas moi variables. Pódese apegar ao fondo ou manter entre augas. Serven para capturar diferentes especies: pescada, faneca, badexo, rodaballo, raia, meiga, linguado, centola, lumbrigante, santiaguiño, lagosta…
  • 11.
    Cales son asprincipias artes de pesca que máis se utilizaban antigamente? - “Utilizábanse máis ou menos as que se utilizan agora, só que varían moito os materiais e a maquinaria. Unha mesma arte de pesca de agora en comparación coa de antes cambia en moitas cousas. Por exemplo: antes cando se ía á batea había que palear o mexillón e ao rematar había que escollelo á man, en cambio, agora, bótase nunha cinta do mesmo barco e xa o escolle a máquina e selecciónao por tamaños.”
  • 12.
    Influíu a industrializaciónna comodidade para a pesca? “Totalmente. Grazas ás máquinas, o mar é menos traballoso e máis cómodo, e polo menos ocupa o posto de traballo de alguén, xa que total, agora, a xente busca outro tipo de traballos.”
  • 13.
    O futuro domar: • Os recursos (fondos e especies mariñas) están sobreexplotados, a cantidade xa non é a mesma polo que moitas artes de pesca están a desaparecer. • O peixe non ten prezo e ós mariñeiros non lles sae moi rentable, xa que o prezo do gasóleo non deixa de subir ata que chegue un momento no que o mar non teña ningunha saída.
  • 14.
    Tamén hai menosxente que traballe no mar polo que os únicos galegos que traballan agora nas artes de pesca son os de toda a vida, os mariñeiros de sempre, que traballan nesto desde pequenos. “Esperemos que non se perda a nosa identidade xa que é a vida do noso pobo.” Andrea e Ana.