SlideShare a Scribd company logo
1 of 115
Download to read offline
Benito Cancela
e o seu tempo
Introdución á vida dun persoeiro esquecido
da nosa historia
- 1 -
Permítese e aléntase a reprodución e/ou difusión total ou
parcial desta obra por calquera medio ou procedemento con
fins sen ánimo de lucro.
- 2 -
Benito Cancela e o seu tempo
Introdución á vida dun persoeiro esquecido
da nosa historia.
- 3 -
A Beatriz Sánchez Martínez,
miña irmá.
A Herminia Mouriño, miña tía,
in memoriam.
- 4 -
AGRADECEMENTOS
Sirvan estas modestas liñas, sempre insuficientes, para mostrar o noso máis profun-
do agradecemento a todas aquelas persoas que contribuíron xenerosamente á realización
desta pequena obra, a nosa humilde opera prima. Algunhas delas simplemente co seu cáli-
do alento e outras procurándonos, amais do seu tempo e dos seus coñecementos, un abon-
doso e imprescindible material. A nivel individual, estamos en débeda co titor desta inves-
tigación, o profesor Alberto Valín Fernández, polos seus indispensables apoios e as súas
constantes orientacións; con Iria Fernández Ordóñez e José Carlos Ordóñez Cancela, des-
cendentes de Benito Cancela, por compartir connosco as súas lembranzas familiares; e,
como non podía ser doutro xeito, con Pastora Iglesias Nóvoa, Antonio Piñeiro Feijoo, José
Fernández Carnicero, Juan Antonio Iglesias, Álvaro Iglesias Mouriño, Miriam Ferro Mén-
dez, Aser Álvarez e o colectivo Arraianos e os profesores Xosé Ramón Campos Álvarez e
Julio Prada Rodríguez.
Do mesmo xeito, desexamos lembrar aquí ao resto dos profesores e profesoras da
Facultade de Historia de Ourense, referentes intelectuais e persoais durante estes anos aca-
démicos; ás nosas compañeiras e compañeiros de pupitre; ás nosas titoras de prácticas uni-
versitarias na Fundación Curros Enríquez e na Biblioteca Municipal de Celanova ―onde
comezamos a cavilar esta investigación― pola súa axuda e alento: Paula Conde e Noelia
Domínguez, respectivamente; e ao resto de persoas que desempeñan a súa actividade pro-
fesional no Concello de Celanova, por facilitarnos a tarefa que estabamos a realizar. Sen
esquecernos do persoal das bibliotecas e arquivos que consultamos, pola súa amable aten-
ción. Last, but not least, non nos gustaría rematar este prefacio sen mencionar a paciencia
da nosa familia, un requisito fundamental para que este traballo chegara a bo porto. O que
haxa de bo nel é grazas a todos eles; o resto, obviamente, sempre será responsabilidade do
escritor destas liñas.
O autor agradece o envío de calquera comentario ou crítica sobre esta pequena obra
á seguinte dirección de correo electrónico: pablodosvilares@gmail.com.
- 5 -
ABREVIATURAS E SIGLAS MÁIS UTILIZADAS
AGMIR: Archivo General del Ministerio del Interior.
AHPOU: Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
AIMNO: Archivo Intermedio Militar Noroeste.
AMC: Arquivo Municipal de Celanova.
BOE: Boletín Oficial do Estado.
BOPO: Boletín Oficial de la Provincia de Orense.
CDMH: Centro Documental de la Memoria Histórica.
CEDA: Confederación Española de Derechas Autónomas.
FET y de las JONS: Falange Española y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindi-
calista.
FMG: Federación de Mocidades Galeguistas.
JAP: Juntas de Acción Popular.
l.: libro.
ONU: Organización de Nacións Unidas.
PSOE: Partido Socialista Obrero Español.
pts.: pesetas (antiga moeda de España).
s/p.: sen paxinar.
TERMC: Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo.
TNRP: Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas.
TOP: Tribunal de Orden Público.
TRRP: Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas.
URSS: Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.
vtº.: vuelto (folio)
- 6 -
RESUMO
Resumo: Benito Cancela Rodríguez (1892-1973), o último alcalde republicano do
Concello de Celanova (Ourense), segue a ser un gran descoñecido para o seus paisanos, a
pesar da súa interesante vida e das investigacións que os historiadores teñen realizado so-
bre el. O obxectivo deste traballo é estudar a figura histórica deste humilde e sinxelo emi-
grante retornado, membro da loxa masónica ourensá Constancia nº 13, que desenvolveu o
seu labor político nos meses previos á Guerra Civil (1936-1939), como representante do
Frente Popular.
Palabras clave: Benito Cancela, alcalde republicano, Celanova, masonería, Frente
Popular, represión franquista.
Abstract: Benito Cancela Rodríguez (1892-1973), the last republican mayor of
Celanova’s council, in Ourense, continues being a great unknown in his own country, de-
spite of his interesting live and the investigations that the historians carried out about him.
The propose of this work is to study the historical figure of this humble and simple re-
turned emigrant, member of the Ourense’s masonic lodge Constancia nº 13, that un-
wrapped his politic work in the previous months at Spain’s Civil War (1936-1939), as
Frente Popular representative.
Key words: Benito Cancela, Celanova, republican mayor, masonry, Frente Popu-
lar, represión franquista.
- 7 -
INTRODUCIÓN
“É xa verdá notoria,
reconecida abondo pola Hestoria,
que ó que nunca pecou Dio-lo condena”
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ
1
I. XUSTIFICACIÓN E OBXECTIVOS DA INVESTIGACIÓN.
Na tarde do 17 de xullo de 1936 unha parte do exército español destinado no Pro-
tectorado de Marrocos ergueuse en armas contra o goberno da Segunda República española
representado polo Frente Popular, unha coalición de partidos de esquerdas, republicanos e
socialistas, recentemente elixida nas eleccións de febreiro daquel mesmo ano. A insurrec-
ción foi rapidamente secundada ―na maioría dos casos sen éxito― na meirande parte das
gornicións peninsulares por aqueles militares que formaban parte das diferentes tramas que
conspiraban ―con anterioridade, incluso, ás eleccións xerais de 1936― para derrocar ao
réxime republicano e aqueles outros milites que se lles uniron no último momento, dando
comezo a un conflito bélico que fraccionou España en dous bandos.
Os sublevados contaron co apoio, máis ou menos intenso, tácito ou explícito, dos
cadros civís (nalgúns casos, manifestamente paramilitares) que integraban as filas dos par-
tidos políticos conservadores, tradicionalistas e fascistas; da prensa católica e de dereitas
que colaborou, mediante a elaboración de noticias falsas ou esaxeradas, “a crear el clima
adecuado para el pronunciamiento”2
; e daqueles sectores sociais tradicionalmente máis
escorados á dereita, temerosos do reformismo republicano: aristócratas, terratenentes, car-
listas, “xente de orde”, etcétera. Os alzados foron, ademais, bendicidos pola meirande parte
do clero católico que os considerou unha sorte de cruzados da civilización cristiá e españo-
la contra “la barbarie comunista fortalecida con las energías del Infierno”3
. A guerra re-
matou en 1939 coa vitoria do bando faccioso encabezado, desde outubro de 19364
, polo
militar ferrolán Francisco Franco e a implantación dunha ditadura personalista de ideoloxía
1
“No convento”, Aires da miña terra. CURROS ENRÍQUEZ, M. (1992): 198.
2
BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R. (1982): 460.
3
Así cualificou ao bando republicano o bispo de Tui nunha carta pastoral de 1936. Citado por BARREIRO
FERNÁNDEZ, X. R. (1982): 475.
4
BOE, núm. 138. Burgos, 29 de setembro de 1936.
- 8 -
ultramontana e reaccionaria que duraría ata a morte do xeneral en 19755
. Franco decidiu
crear ex novo un estado “misional y totalitario”6
, segundo as súas propias verbas, a imita-
ción dos fascismos europeos7
, destruíndo o estatus quo anterior.
Nos lugares nos que, como Galiza, se impuxeron rapidamente os militares alzados
procedeuse á ilegalización dos partidos políticos, sindicatos e outras organizacións, como a
masonería, fieis ao bando republicano. Militantes e simpatizantes destas organizacións e,
en xeral, aquelas persoas, e tamén as súas familias, que se opuxeron, criticaron ou, sim-
plemente, manifestaron unha tímida adhesión ao alzamento militar foron duramente perse-
guidas. Comezaron os xuízos sumarísimos, os encarceramentos, as torturas, os denomina-
dos eufemisticamente paseos, a aplicación da lei de fugas e os fusilamentos ilegais sen
xuízo previo aproveitando o baleiro legal que a situación creara, a pesar de que as autori-
dades rebeldes contaban desde finais de xullo de 1936 cos resortes necesarios para impedir
este tipo de actos, aínda que, en realidade, o que fixeron foi alentalos e xustificalos coas
súas declaracións, dándolle cobertura “legal”. Os homes e mulleres que salvaron as súas
vidas, ben porque tiveron precaución ou contaron con algún tipo de axuda, intentaron refu-
xiarse ou exiliarse nalgún país estranxeiro que non simpatizara co novo réxime que se es-
taba a instaurar. Algúns “botáronse ao monte”, onde comezaron a organizarse en guerrillas.
O patrimonio dos partidos políticos, das asociacións ilegalizadas e das empresas vinculadas
ás organizacións de esquerdas pasou a mans dos órganos afíns ao Movimiento8
. A repre-
sión non foi espontánea, senón premeditada, cunha clara finalidade de aterrorizar á poboa-
ción, axustándose ao prescrito polo xeneral Emilio Mola ―o intitulado “Director” do al-
zamento― nunha Instrución Reservada de maio de 1936:
“Se tendrá en cuenta que la acción ha de ser en extremo violenta para reducir lo antes posi-
ble al enemigo, que es fuerte y bien organizado. Desde luego serán encarcelados todos los directivos
de los Partidos Políticos, Sociedades o Sindicatos no afectos al Movimiento, aplicándoles castigos
ejemplares a dichos individuos para estrangular los movimientos de rebeldía o huelgas”9
.
5
ARÓSTEGUI, J. (2006): 29 e ss.
6
Discurso de Francisco Franco, 18 de xullo de 1938 recollido no ABC de Sevilla, 19 de xullo de 1938, p. 9.
7
Así, en 1937, creouse o partido único, FET de las JONS, baixo a xefatura de Franco, mediante o chamado
“Decreto de unificación” de falanxistas e carlistas, seguindo a estela doutros países de “régimen totalitario”
(BOE, núm. 255. Burgos, 20 de abril de 1937) e establécese como saúdo nacional o tradicional saúdo roma-
no, adoptado polos fascismos europeos, “constituido por el brazo en alto, con la mano abierta y extendida, y
formando con la vertical del cuerpo un ángulo de cuarenta y cinco grados”. (BOE, núm. 187. Burgos, 25 de
abril de 1937).
8
Cfr. RICO BOQUETE, E. (2005): 326.
9
Citado en REIG TAPIA, A. (1986): 146.
- 9 -
O 18 de xullo de 2005, a Sección Española de Amnistía Internacional publicou un
informe no que advertía á sociedade e á xustiza españolas da débeda pendente que estas
aínda tiñan ―e coido que seguen (seguimos) a ter― coas vítimas da Guerra Civil (1936-
1939) e do réxime franquista (1939-1975). O estudo fundamentaba esta denuncia facendo
fincapé en que o tipo de represalias das que esta parte da poboación foi obxecto eran, no
momento de ser cometidas, violacións do dereito internacional recoñecidas como crimes
contra a humanidade e, polo tanto, imprescritibles
10
; e sinalaba, na nosa humilde opinión
acertadamente, como as políticas de esquecemento destes arrepiantes actos “no son
―como algúns pretenden dogmaticamente― el camino para evitar que se cometan nuevos
abusos, sino la vía más rápida de que éstos se repitan”11
. Segundo feliz expresión de M.
Louis Joinet, “para poder pasar páxina é necesario lela antes!”12
.
Habería que esperar á promulgación da lei 52/2007 do 26 de decembro, popular-
mente coñecida como Lei da Memoria Histórica, para que se declarase oficialmente a in-
xustiza de “todas las condenas, sanciones y cualesquiera formas de violencia personal
producidas por razones políticas, ideológicas o de creencia religiosa” durante a Guerra
Civil e a posterior Ditadura Franquista (art. 2.1), así como a ilexitimidade dos tribunais que
ditaron esas sentencias (art. 3.1)13
. Non obstante, algún xurista ten cualificado certos ter-
mos desta lei como bastante laxos e incluso ofensivos para a memoria das vítimas e das
institucións republicanas, posto que considera igualmente inxustas tódalas condenas políti-
cas, independentemente de que estas fosen impostas polos tribunais do bando republicano
en defensa da democracia imperante e do goberno lexítimo; ou por aqueles outros tribunais
creados, ao marxe da legalidade vixente, no bando dos militares sublevados14
. Debemos
criticar, asemade, a existencia no territorio español, aínda hoxe, dun tribunal especial naci-
10
Estamos a falar, por exemplo, da tortura, das execucións extraxudiciais e das persecucións por motivos
políticos, relixiosos ou raciais, actos proscritos pola xurisdición de guerra (ius in bello), definidos como cri-
mes de lesa humanidade desde finais do século XIX, e perseguibles como tales polo dereito internacional
desde entonces. Véxase AMNISTÍA INTERNACIONAL (2005): 9, 21-24.
11
AMNISTÍA INTERNACIONAL (2005): 6.
12
“Before a new leaf can be turned, the old leaf must be read! But the campaign against impunity is not just
a legal and political issue: its ethical dimension is all too often forgotten”. Véxase o punto nº 50 do Informe
final elaborado por M. Louis Joinet para a ONU intitulado “The Administration of Justice and the Human
Rights of Detainees. Question of the impunity of perpetrators of human rights violations (civil and political)”.
Informe E/CN.4/Sub.2/1997/20. Tomado de http://www.derechos.org/nizkor/doc/joinete.html (consultado
por última vez o 24/10/2014). Citado tamén en AMNISTÍA INTERNACIONAL (2005): nota 3. Podemos traducir
a cita da seguinte maneira: “Para poder pasar páxina é necesario lela antes! Pero a loita contra a impunidade
non é soamente unha cuestión legal e política; a miúdo esquécesenos a súa dimensión ética”.
13
BOE, núm. 310. Madrid, 27 de decembro de 2007.
14
Pode verse ao respecto JIMÉNEZ VILLAREJO, C. (2007). Agradecemos ao noso colega e amigo, Adrián Pre-
sas Sobrado, que chamase a nosa atención sobre este artigo.
- 10 -
do durante a Transición para asumir, entre outras, as competencias en materia de represión,
das que, ata ese momento, se ocupaba a xurisdición militar. Estamos a falar da Audiencia
Nacional, herdeira, como dicimos, do Tribunal de Orden Público (TOP), encargado da
represión política durante a última etapa da Ditadura, e este, descendente directo do
TERMC. Cremos que este órgano xudicial viola principios democráticos fundamentais
recollidos na Constitución Española de 1978 coma o dereito de tódolos cidadáns a un xuíz
ordinario (art. 24.2) e a prohibición dos tribunais de excepción (art. 117.6)15
.
Benito Cancela Rodríguez foi perseguido polas autoridades franquistas debido á súa
dobre filiación masónica e esquerdista. Naqueles fatídicos momentos de xullo de 1936 era
alcalde do Concello de Celanova, unha vila ourensá nacida ao redor do mosteiro que fun-
dou ―aló polo século X― o bispo Rosendo Gutiérrez naquelas terras practicamente des-
habitadas no val pechado polo monte Leboreiro. Tamén pertencía a unha loxa masónica, a
ourensá Constancia nº 13, converténdose, segundo os datos que temos, no único masón
coñecido na contorna celanovesa durante o período da Segunda República española. A
represión da francmasonería foi unha das obsesións máis coñecidas do xeneral Franco ata o
punto de converter unha suposta e delirante ameaza xudeo-masónica-marxista nun retrouso
fundamental e obrigatorio das súas peroracións. Tal era a paranoia do ditador coa masone-
ría que chegou a escribir varios artigos de opinión sobre o tema no diario falanxista Arriba,
entre 1946 e 1951, baixo o pseudónimo de J. Boor que, posteriormente, recompilaría en
forma de libro monográfico.
Nesta pequena obra tentaremos de achegarnos á figura histórica de Benito Cancela
á luz do tempo que lle tocou vivir, partindo das diferentes fontes ―bibliográficas, arquivís-
ticas e orais― que fomos capaces de acadar. Como veremos máis adiante, a biografía ma-
sónica deste persoeiro, de transcendencia local, xa foi elaborada en 1993 por Alberto Valín
Fernández e a súa personalidade política tamén foi estudada por este profesor da Universi-
dade de Vigo e polo seu discípulo naquel tempo, Domingo Rodríguez Teijeiro. Por iso,
este traballo quere chamar a atención, fundamentalmente, sobre a calidade humana de Be-
nito Cancela Rodríguez que carece, aínda hoxe, da xusta lembranza e do recoñecemento,
tanto a nivel cívico como institucional, que cremos que merece por parte do Concello que
15
O texto constitucional pode verse no BOE, núm. 311. Madrid, 29 de decembro de 1978. Para unha nota
crítica sobre a Audiencia Nacional remitimos ao lector ao artigo do xurista Olarieta Alberdi na revista Jueces
para la Democracia. OLARIETA ALBERDI, J. M. (1997).
- 11 -
presidiu durante os meses previos á Guerra Civil e do que foi expulsado violentamente ao
comezo desta16
. Partindo deste obxectivo fundamental trataremos de sintetizar o que, hoxe
por hoxe, a nivel de fontes puidemos descubrir de maneira dispersa, procurando remendar
os erros e encher os ocos que os anteriores estudos poidan presentar. Foron estes os princi-
pais acicates que nos acabaron por empurrar durante esta investigación, e non tanto o “des-
coñecemento” historiográfico sobre a biografía de Benito Cancela como, a priori, pode
interpretarse do subtítulo deste traballo.
A chegada á alcaldía celanovesa do noso protagonista estivo motivada pola deci-
sión do gobernador civil de Ourense de cesar a corporación municipal que, practicamente,
viña rexendo os destinos da vila ourensá desde a proclamación da Segunda República. O
día 15 de marzo de 1936 tivo lugar o pleno para a toma de posesión do novo Concello, no
que resultou elixido alcalde Benito Cancela Rodríguez, un coñecido indiano da vila e dono
dun pequeno hotel que, nos meses anteriores, xa sufrira un intenso boicot por parte dalgúns
dos seus intolerantes veciños, alentados polo elemento clerical da vila, tras coñecerse a súa
filiación masónica e esquerdista; unha dura experiencia que o levou incluso a solicitar axu-
da francmasónica ao líder republicano e tamén masón, Diego Martínez Barrio. O seu perí-
odo na alcaldía celanovesa, aínda que curto no tempo, non deixaría indiferente a ninguén,
nin sequera a moitos dos seus adversarios, como nos recordan os profesores Valín Fernán-
dez e Rodríguez Teijeiro:
“Su ánimo conciliador, desconocedor de cualquier atisbo de lógico revanchismo después de
lo que había pasado, siempre propenso a buscar caminos de concordia antes que de enfrentamiento,
le hicieron granjearse la simpatía y el respeto, tanto de sus correligionarios como de sus detractores
u oponentes”17
.
Porén, a súa estancia á fronte do Concello de Celanova viuse truncada definitiva-
mente coa cuartelada de xullo de 1936. En Galiza non houbo practicamente guerra, pero si
represión; e Celanova foi tristemente unha das zonas máis vinculadas a ela polo campo de
16
Posteriormente á realización deste Traballo Fin de Grao, a Xunta de Goberno Local do Concello de Cela-
nova, na sesión do 7 de xullo de 2014 ―antes incluso de que este fose defendido publicamente na Facultade
de Historia da Universidade de Vigo o día 9 de xullo de 2014 perante un tribunal formado polos profesores
Drs. Jesús de Juana López, Julio Prada Rodríguez e Alberto Valín Fernández― acordou “iniciar un expe-
diente formativo co fin de estudar a proposta máis acaída para que o nome de Benito Cancela se manteña a
partir de agora e de forma permanente dentro da ampla nómina de persoeiros destacados da longa historia de
Celanova”. Pola súa parte, o colectivo Arraianos promoveu unha homenaxe a Benito Cancela que tivo lugar o
28 de setembro de 2014 no Alto do Furriolo, traxicamente coñecido na contorna por ser utilizado como lugar
de fusilamento de presos republicanos. Tamén nos consta o apoio da agrupación local do PSOE a unha inicia-
tiva para que o nome de Benito Cancela denomine unha rúa da vila.
17
VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. e RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1996): 249.
- 12 -
concentración18
no que se converteu o monumental mosteiro de San Rosendo. Estes desta-
camentos penais que proliferaron por todo o territorio rebelde actuaban, practicamente,
como centros de exterminio, dado que moitos reclusos eran asasinados dunha forma directa
(fusilamentos) ou indirecta, dadas as pésimas condicións de vida (fame, enfermidades, au-
sencia de hixiene, amontoamento, etcétera) nas que eran recluídos e que favorecían unhas
elevadas taxas de mortalidade entre os presos. En Celanova, as condicións alimentarias e
hixiénicas semella que non serían moi diferentes que as do resto de penais, alomenos ata o
establecemento na prisión dunha comunidade de relixiosas mercedarias, en decembro de
1939, que se ocuparía dos servizos de cociña e enfermería19
. Non foi allea tampouco a pri-
sión celanovesa ás temidas sacas arbitrarias de detidos que, despois, aparecían mortos nas
beiras das estradas ou no monte Furriolo20
, sen que poidamos, aínda hoxe cuantificar exac-
tamente cántos foron os mortos naqueles primeiros intres da guerra. O celo dos sentinelas
de Celanova por abater aos presos que se asomaban ás fiestras chegou a causar un morto e
varios feridos en agosto de 193921
. Os últimos sete fusilamentos que se produciron en pri-
sión foron na mañá do 22 de setembro de 193922
. Así e todo, na meirande parte dos casos
non era necesaria nin sequera a liquidación física dos individuos, e do que se trataba era do
aniquilamento das ideas contrarias ao réxime recentemente instaurado, o que se conseguía
atemorizando á sociedade no seu conxunto coa idea da cadea, a fin de evitar calquera posi-
ble oposición ao “novo Estado”, por un lado, e mediante a chamada “reeducación” dos
presos, isto é, o seu adoutrinamento político ―e, sobre todo, relixioso―, polo outro. Apo-
iamos esta afirmación citando as verbas do historiador Domingo Rodríguez Teijeiro na
“Introdución” da súa obra “Longa noite de pedra” no mosteiro de San Salvador:
“Pero por aniquilación e exterminio non cabe unicamente entender á (sic) eliminación física
―aínda que tamén pretendida dende certos sectores do réxime―, o que tería resultado imposible de
levar a cabo polas dimensións que acadaría. Trátase doutro tipo de aniquilación máis sutil a que se
tenta de acadar por medio da reclusión e das condicións en que esta ten lugar. O que se pretende e
18
O devir da prisión que se estableceu en Celanova foi amplamente estudado polo profesor Rodríguez Teijei-
ro no seu libro“Longa noite de pedra” no mosteiro de San Salvador. Represión e Reclusión en Celanova
(1936-1943).
19
Cfr. RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 47, 60 e ss.
20
Sobre o Furriolo pódese ver o artigo publicado polo profesor Julio Prada na revista Arraianos: PRADA
RODRÍGUEZ, J. (primavera 2005).
21
Cfr. RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 103-104.
22
RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 68. Nos correspondentes asentos do Rexistro Civil constan como causas
das mortes, as de hemorraxias internas e externas. Era bastante frecuente camuflar as mortes por represión
con termos que facían referencia unicamente ás causas inmediatas, biolóxicas, da morte, tales como hemo-
rraxia, anemia aguda, asistolia, asfixia, shock traumático, efectos da guerra, acción das armas militares, etcé-
tera.
- 13 -
inutilizar e amedrentar ó opositor ata tal punto que se consiga un sometemento total e absoluto ás di-
rectrices que está impoñendo o novo réxime, separando, mentres non se acada esto (sic) ó potencial
―ou real― elemento de discordia da comunidade nacional”23
.
Vista da fachada do mosteiro de Celanova nun debuxo de mediados do s. XIX. Tomado do Reglamento para
el Seminario de las Escuelas pías de San Rosendo de Celanova.
23
RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 24.
- 14 -
O 19 de xullo reuniuse o pleno do Concello nunha sesión ordinaria que comezou ás
once da mañá e terminou una hora e media despois, segundo consta na acta dese día24
. Os
asuntos tratados nesa xuntanza foron, tal e como os cualifica o historiador Rodríguez Tei-
jeiro, “de mero trámite sen que, paradoxicamente (sic), se faga na mesma a menor referen-
cia á difícil situación política que está a atravesar o país”25
. Non obstante, a pesar de non
reflectirse no Libro de Actas, ese mesmo día 19 constituíuse no concello un comité popular
formado, posiblemente, polos concelleiros e outros militantes esquerdistas da vila, e presi-
dido polo propio alcalde. Aínda que a súa actuación foi escasa no tempo, merece especial
mención a actitude pacificadora que mostrou naqueles instantes de incerteza o entonces
rexedor, salvándolle, posiblemente, a vida a algúns membros do clero, das organizacións
de dereitas ou das clases sociais máis elevadas da pequena vila de Celanova, que neses
momentos eran vistos polos seus compañeiros máis radicais como brancos preferidos da
“violencia revolucionaria”, evitando, ademais, coa súa actitude ponderada, segundo mani-
festan sorprendentemente documentos oficiais das autoridades franquistas, que fose asalta-
do o propio edificio monacal26
. Ao día seguinte, mentres esperaban ordes do Gobierno Ci-
vil de Ourense, presentouse ante eles o tenente da Guardia Civil, xefe da comandancia de
Celanova, o allaricense Manuel Barreiros, solicitando, pistola en man, a súa rendición in-
condicional, non sen antes advertir aos seus subordinados: “Si dentro de cinco minutos no
bajo, entráis al asalto y fuego a discreción”. O comité popular rendeuse inmediatamente,
sen opor resistencia27
.
Foi a partir de entón cando o refectorio do vello cenobio bieito comezou a operar
como prisión, debido ao desbordamento da Prisión de Partido que se atopaba na vila para
encarcerar aos inimigos políticos da comarca, ata que se habilitaron as celas do claustro do
Poleiro a fin de poder recibir aos presos políticos que habían de ser trasladados desde a
Prisión Provincial de Ourense, converténdose en Prisión Provisional ou habilitada ata
1938, cando pasa a ser denominada Prisión Central “plenamente autónoma da provincial e
destinada a acoller presos políticos con sentencia firme que deberían cumprir aquí a súa
condena, categoría esta que mantería ata o seu peche definitivo no ano 1943”28
. Nesta úl-
tima etapa, os muros do mosteiro concentraron, aproximadamente, 986 reclusos en 1938;
24
AMC, Actas de la Corporación, libro 20, Sesión ordinaria, 19 de xullo de 1936, fols. 95r-96r.
25
RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (2010): 174.
26
Cfr. VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 127 e RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 31.
27
Seguimos neste punto o relato de Fernández Santander. Cfr. FERNÁNDEZ SANTANDER, C. (2000): 270.
28
RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 25.
- 15 -
1.564 en 1939; 1.600 en 1940; 1.047 en 1941; 1.165 en 1942 e 1.551 en 194329
. Da etapa
anterior, entre 1936 e 1938, os datos oficias son máis ben escasos e os relatos doutro tipo
de fontes, pouco fiables. Elixio Rodríguez, que a piques estivo de ser fusilado no Alto do
Furriolo, lembra nas súas Memorias:
“Aínda que a cada día chegaban uns dez ou quince novos detidos, a poboación mantíñase
bastante estable, porque cada noite deixaban o lugar aproximadamente outros tantos, que eran saca-
dos a ‘dar o paseo’, mediante unha chamada ‘orde de liberdade’ expedida polo goberno militar que
os falanxistas se encargaban de converter en pena de morte”30
.
O profesor Teijeiro considera esta cifra aportada por Elixio Rodríguez esaxerada
inconscientemente, se cadra pola conmoción tráxica do momento ou o tempo transcorri-
do31
. Tomando ao pé da letra o testemuño de Elixio, durante os 40 días que estivo en pri-
sión terían sido 600 os fusilados na prisión de Celanova. Unha cifra imposible, de ter en
conta que o máis detallado e recente estudo realizado sobre a represión en Ourense polo
Dr. Prada, a pesar das dificultades coas que se atopa o estudoso para unha cuantificación
exacta e as debidas precaucións, durante o período que vai de xullo de 1936 ata decembro
de 1940, en toda a provincia de Ourense, as vítimas da represión sumarían, aproximada-
mente, 648 persoas, entre fusilamentos tras sentencia, fusilamentos sen formación de cau-
sa, persecución, represión “paralegal” e mortes no cárcere32
. Do que non cabe dúbida é de
que Celanova converteuse, durante a guerra, na “vila da morte” para as vítimas da repre-
sión fascista. Así aparece denominada nunha crónica de 1937 publicada polo ABC republi-
cano de Madrid na que se recolle o testemuño de catro comunistas enrolados á forza na
cuarta bandeira do Tercio que conseguiran pasarse ao bando republicano:
“― ¿Cuántos fusilamientos habrán efectuado en Orense entre la población civil?
― Con seguridad, pasan de tres mil. Nosotros fuimos detenidos por nuestra significación
izquierdista, conduciéndonos al convento de San Rosendo, conocido entre nosotros por la ‘Villa de
la Muerte’, instalado en Celanova, a unos 25 kilómetros de Orense. Allí éramos unos 130 presos.
Fuimos apaleados, y nos hacían confesar, comulgar y llevar escapularios. Cada noche sacaban unos
cuantos y eran fusilados, mientras soltaban a todos los perros de la villa para que sus aullidos amor-
tiguasen el ruido de los disparos. Días después pidieron voluntarios para ir al frente, no consiguien-
29
Cfr. RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 53.
30
RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ, E. (2007): 59.
31
Cfr. RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 32.
32
PRADA RODRÍGUEZ, J. (2004): 579. O propio profesor Prada advirte unhas páxinas antes das dificultades e
esixencias para contabilizar as vítimas do franquismo, o que leva consigo que as cifras, posiblemente, pequen
máis por defecto que por exceso.
- 16 -
do ni un solo hombre. Entonces volvimos a ser maltratados brutalmente, distinguiéndose por su en-
sañamiento el esbirro de Falange capitán Montenegro. Más tarde, los comprendidos entre los dieci-
séis a cuarenta años, fuimos obligados a enrolarnos en el Tercio”33
.
O historiador Domingo Rodríguez Teijeiro constatou o ingreso no mosteiro-prisión
de Celanova de catro dos concelleiros da corporación frentepopulista: José Borrajo, Enri-
que López, Abel Carvajales e José Abraldes. Polo que é de supoñer que o resto da corpora-
ción correra a mesma sorte34
, de non ser que conseguiran esconderse, como foi o caso do
alcalde. Benito Cancela conseguiu eludir durante a guerra as represalias do novo réxime,
manténdose escondido e a salvo nunha habitación que, a modo de zulo, lle construíran na
súa casa, mentres a súa familia facíalle crer ás autoridades e aos veciños que conseguira
fuxir a Cuba. A súa “desaparición” non evitou, porén, que fose xulgado e condenado in
absentia. Cando decidiu “reaparecer”, unha vez finalizada a guerra, créndose a salvo dunha
“xustiza” fascista que insistía constantemente na clemencia para con aqueles que non co-
meteran crimes de sangue; foi, entonces, cando a maquinaria represora do novo Estado
comezou a actuar.
II. ESTRUTURA E METODOLOXÍA
Tense sinalado a biografía como o xénero historiográfico paradigma do individua-
lismo metodolóxico35
, do retorno do suxeito individual36
. Non obstante, nesta investigación
decidimos optar por non obviar a influencia do entorno sobre o individuo biografiado, evi-
33
Luís G. de Molina, “Orense, víctima del terror faccioso” en ABC de Madrid, 20 de marzo de 1937, p. 11.
Novamente atopámonos ante un cálculo desmesurado dos fusilamentos franquistas. Véxase, supra, a nota
anterior. Por outro lado, valga como exemplo dos “voluntarios forzosos” que cita o artigo unha orde do go-
bernador civil do día 6 de marzo de 1937, pola que obriga a 31 presos a enrolarse na Bandera de Falange.
AHPOU, Fondo Prisión Provincial, Celanova, Correspondencia, 1919-1944, caixa, 13.041.
34
Cfr. RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 32. Neste sentido, puidemos atopar no AHPOU unha “orde de liber-
dade” do 28 de agosto de 1936 referente a varios presos, entre eles o, xa citado, Enrique López Molina e, os
tamén concelleiros, Francisco Díaz Díaz e Constantino Feijoo, entre outros presos. Curiosamente, Enrique
López Molina volvería ser posto en liberdade o 5 de novembro de 1936. AHPOU, Fondo Prisión Provincial,
Celanova, Correspondencia. 1919-1944, caixa 13.041. Parece que Enrique López conseguiría finalmente
pasar a fronteira con Portugal e de aí exiliarse en Francia, e Francisco Díaz comezaría unha nova vida en
Arxentina. Cfr. PRADA RODRÍGUEZ, J. (2004): 290.
35
Foi o discípulo de Karl Popper, J. N. Watkins, quen máis vehementemente propuxo a aplicación do indivi-
dualismo metodolóxico ás chamadas ciencias sociais, e, en especial, á Historia. A dicir de Watkins “Los
constituyentes últimos del mundo social, son las personas individuales que actúan más o menos apropiada-
mente a la luz de sus disposiciones y de la comprensión de sus situaciones”. Citado por: SCHWARTZ, P.
(1970): 134. Porén, para Pedro Schwartz, este principio reducionista sería aplicable, aínda que con obxec-
cións, ás biografías e ás historias xerais, pero non, por exemplo, á historia económica. Cfr. SCHWARTZ, P.
(1970): 135.
36
Cfr. HERNÁNDEZ SANDOICA, E. (2004): 403.
- 17 -
tando caer no erro de considerar a este último como un ente illado do mundo que o rodea.
Como se poderá comprobar, a estrutura do relato está determinada polo intento de explicar
a figura de Benito Cancela tentando manter unha orde cronolóxica e tendo como marco
espacio-temporal os lugares e os contextos históricos polos que decorreu a súa vida.
Comezamos esta investigación cun proemio, previo ao corpo do traballo, no que in-
troducimos as cuestións xerais sobre a xustificación e os obxectivos, a estrutura e metodo-
loxía, e o estado da cuestión. A continuación, tres grandes epígrafes nos que tentaremos
“situar” a Benito Cancela no seu tempo histórico. Na primeira parte tentaremos de facer
unha humilde introdución para explicar a situación socioeconómica da Galiza na que naceu
Benito Cancela e que o levou a engrosar a lista dos emigrantes galegos en Cuba e a súa
evolución na illa antillana. No segundo bloque estudaremos a súa pertenza á masonería e
as súas relacións progresistas e republicanas que o levaron a ser alcalde de Celanova coa
coalición do Frente Popular. O último apartado estará destinado á recuperación da súa
historia como vítima da represión orquestrada polo réxime do xeneral Franco, perseguido
polas súas ideas políticas e masónicas, afondando na súa estancia en diferentes prisións do
territorio español.
Metodoloxicamente, este traballo realizouse fundamentalmente grazas a dous tipos
de fontes: por un lado, as fontes escritas que puidemos recoller en diferentes arquivos e
bibliotecas e, por outro, os testemuños orais que obtivemos das conversas, conveniente-
mente gravadas, que mantivemos con José Carlos Ordóñez Cancela e Iria Fernández Ordó-
ñez, o neto e a bisneta de Benito Cancela respectivamente, e con Pastora Iglesias Nóvoa,
coñecedora da familia37
. Testemuños orais que, como é acostumado facer nestes casos,
tentamos someter a un rigoroso exame crítico contrastándoos, na medida do posible, coas
fontes escritas, para rectificar as posibles distorsións que a distancia cos feitos puidera ha-
ber ocasionado na memoria dos informantes.
En canto ás fontes documentais destacamos, pola súa importancia, en primeiro lu-
gar, os arquivos nos que foron acadadas. Trátase do Arquivo Municipal de Celanova
(AMC), do Centro Documental de la Memoria Histórica (CDMH) ―antigo Archivo
Histórico Nacional (Sección Guerra Civil)― de Salamanca, do Archivo General del
Ministerio del Interior (AGMIR), do Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AH-
37
Conversas mantidas o 19 de novembro de 2013, o 3 de abril de 2014 e o 8 de maio de 2014, respectiva-
mente.
- 18 -
POU) e do Archivo Intermedio Militar Noroeste (AIMNO). No AMC consultamos fun-
damentalmente os Libros de Actas dos plenos do Concello daquel período, un material
imprescindible para “comprender” as iniciativas que o malogrado grupo municipal frente-
populista de Celanova pretendía levar a cabo nesta vila ourensá. De vital importancia ta-
mén foi a documentación que se custodia no CDMH: o expediente masónico de Benito
Cancela Rodríguez e os Libros de Actas da loxa ourensá Constancia nº 13, ademais de
dous expedientes do Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (TNRP)38
. No
AHPOU atopamos varios expedientes incoados por exhorto do Juzgado Militar Especial
de Incautaciones o Confiscaciones e do Tribunal Regional de Responsabilidades Polí-
ticas (TRRP) da Coruña39
, así como un expediente penal relativo ao seu paso pola prisión
de Ourense. Grazas ao persoal da Sección de Documentación da Secretaría General de
Instituciones Penitenciarias puidemos achar o resto da documentación penal de Benito
Cancela, ata agora inédita, e así tratar de reconstruír a súa estadía en diferentes prisións do
Estado español. Trátase de dous expedientes penais ―custodiados un no AGMIR e o
outro no Centro Penitenciario de Burgos― e unha ficha do Centro Penitenciaro de El
Puerto I40
. Por último, no AIMNO, puidemos consultar ―grazas á intercesión do Dr. Pra-
da― as dilixencias previas que se levantaron contra a filla de Benito Cancela, Josefa Can-
cela Rúa, pola súa relación cun dos presos do mosteiro celanovés41
.
Polo que respecta ás fontes hemerográficas, consultamos os xornais de ámbito ou-
rensán La Región (conservador) e La Zarpa (agrarista) ―no Arquivo Municipal de Ouren-
se e na Biblioteca da Deputación de Ourense, respectivamente― en busca de calquera no-
ticia sobre Celanova ou Benito Cancela entre o 1 de xaneiro de 1936 e o 19 de xullo de
1936, emporiso os resultados foron máis ben escasos. Co mesmo obxectivo consultamos a
hemeroteca dixital do diario de ámbito nacional, e de tendencia conservadora, ABC. Balei-
ramos, asemade, varios libros e artigos referentes a algún aspecto do período histórico que
lle tocou vivir ao noso protagonista e que o lector poderá atopar no apartado corresponden-
te ás fontes no final do noso discurso. Estamos a falar principalmente de bibliografía sobre
38
Tanto a documentación masónica de Benito Cancela como a da loxa Constancia nº 13 foron utilizadas por
primeira vez polo Dr. Alberto Valín en VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b). O acceso ás actas da loxa ou-
rensá debémosllo agradecer a Antonio Piñeiro Feijoo. O resto da documentación aos técnicos do CDMH.
39
O Dr. Prada xa utilizou previamente esta documentación na súa tese de doutoramento, titulada Ourense,
1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Véxase PRADA RODRÍGUEZ, J. (2004).
40
Agradecémoslle publicamente aos membros da Secretaría General de Instituciones Penitenciarias e aos
arquiveiros do Ministerio del Interior que nos enviaran, tan dilixentemente, fotocopias desta documentación.
41
Esta documentación militar xa foi tratada polos profesores Julio Prada Rodríguez e Domingo Rodríguez
Teijeiro. Véxase RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. e PRADA RODRÍGUEZ, J. (2000) e PRADA RODRÍGUEZ, J. (2004).
- 19 -
a emigración galega, particularmente a que tivo Cuba como destino; sobre a masonería,
especialmente a masonería galega e ourensá; sobre a historia de Celanova na II República;
e sobre a represión franquista, fundamentalmente a que operou na bisbarra de Celanova.
Por último, desexamos aclarar que decidimos manter a denominación en castelán dos par-
tidos, organizacións e institucións que se titularon empregando ese idioma, por unha cues-
tión de rigor histórico e co fin de evitar equívocos.
III. ESTADO DA CUESTIÓN
A pesar de que este traballo pretende incidir, como reza o seu propio título, sobre
Benito Cancela e o seu tempo, perdoarásenos que no seguinte estado da cuestión, para máis
claridade, fagamos referencia unicamente aos estudos nos que aparece mencionado Benito
Cancela Rodríguez, obviando o resto da bibliografía relacionada co contexto histórico e
que o lector poderá atopar ao final deste traballo. Como é de supoñer, a figura do destacado
alcalde republicano e masón de Celanova foi estudada na maior parte das veces dentro de
estudos xerais máis amplos e que, no mellor dos casos, só lle dedican unhas poucas páxi-
nas. Por este motivo, no presente exercicio bibliográfico faremos referencia, sempre que
nos sexa posible, ás páxinas concretas dos traballos onde aparece citado.
Segundo as indagacións que realizamos, non sería ata a década dos noventa do sé-
culo pasado cando a traxectoria de Benito Cancela fose salientada por parte da historiogra-
fía. Máis concretamente debemos situarnos no ano 1993, cando se publicou o xa citado
estudo sobre a masonería ourensá do profesor Valín Fernández, no que lle dedicou catro
páxinas ao percorrido masónico de Benito Cancela, converténdose no primeiro achega-
mento histórico á súa vida42
. Se ben contamos cunha mención anterior nun pequeno artigo
de Antonio Piñeiro43
, que ten como obxecto de estudo a figura de Celso Emilio Ferreiro
―concelleiro, por uns días, da corporación que presidía Benito Cancela―, que non pode-
mos obviar, pero que tampouco consideramos suficientemente relevante, aínda que foi o
primeiro en sinalar a súa filiación masónica. Na primeira edición do ensaio de Carlos Fer-
nández Santander en 1982 sobre o alzamento en Galiza non aparece ningunha alusión ao
alcalde de Celanova ao falar da constitución dun comité de resistencia e da toma do poder
42
VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 124-128.
43
PIÑEIRO, A. (1991): 160-161.
- 20 -
polo comandante da garda civil neste concello ourensán44
. Tampouco aparece o seu nome
por ningún lado na guía sobre Celanova que escribiu Cid Rumbao45
, se ben deste autor non
puidemos consultar a súa derradeira obra sobre esta vila publicada en 1994.
Tendo en conta estes antecedentes, foi o profesor Alberto Valín o primeiro en ache-
garse á figura de Benito Cancela e tentar reconstruír a súa biografía masónica. Non obstan-
te, o historiador lucense, interpretando o expediente masónico de Benito Cancela, concluíu
que este cruzara a fronteira con Portugal e se exiliara en Cuba despois do alzamento mili-
tar46
, un erro que se encargaría de rectificar nun artigo conxunto con Domingo Rodríguez
Teijeiro, seguindo o testemuño de Estrella Ordóñez Cancela, neta do que fora alcalde de
Izquierda Republicana no Concello de Celanova47
. Este relatorio, titulado “Aproximación
biográfica a Benito Cancela Rodríguez: un masón en la alcaldía de Celanova bajo el Frente
Popular” é o estudo máis completo e o único dedicado integramente a analizar a súa figura,
xa que non só inclúe a súa biografía masónica, senón que tamén trata, amplamente, o seu
labor como alcalde e a súa posterior represión. A Rodríguez Teijeiro debémoslle, tamén,
varios estudos sobre o Concello de Celanova durante a Segunda República48
e o devir da
prisión que se instalou, entre 1936 e 1943, no antigo cenobio bieito49
. A todo isto hai que
engadir o libro do profesor Julio Prada Rodríguez sobre o alzamento, a guerra civil e a re-
presión en Ourense, parte da súa tese de doutoramento defendida en 200450
.
Quédannos por sinalar pequenas referencias a Benito Cancela relativas a diferentes
aspectos moi concretos da súa vida. Por exemplo, o profesor X. M. Núñez Seixas, nun arti-
go sobre a emigración de retorno, cita a Benito Cancela coma o exemplo típico do indiano
triunfador, acomodado e influenciado polas ideas progresistas da masonería51
. Importante
tamén é a obra de Fernández Carnicero sobre o protestantismo ourensán, na que lle dedica
unhas liñas á igrexa protestante de Celanova que se estableceu nos baixos do Hotel Cuba,
que rexentaba o, por aquel entón, alcalde de Celanova52
. A Fernández Carnicero temos que
agradecerlle, así mesmo, que nos fornecese as referencias protestantes sobre Celanova pu-
44
FERNÁNDEZ SANTANDER, C. (1982): 246. Porén, na última obra deste autor sobre o tema si que aparece o
nome de Benito Cancela. Véxase FERNÁNDEZ SANTANDER, C. (2000): 270-271.
45
CID RUMBAO, A. (1989): 64-65.
46
VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 128.
47
VALÍN FERNÁNDEZ, A. e RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1996).
48
RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (2010).
49
RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999).
50
PRADA RODRÍGUEZ, J. (2004): 288-293.
51
NÚÑEZ SEIXAS, X. M. (1998): 565, nota 23.
52
FERNÁNDEZ DÍAZ, J. L. (2009): 78.
- 21 -
blicadas en Echoes of Service. Por último, sinalar a, na nosa humilde opinión, errada rela-
ción que establece García López entre Benito Cancela e o personaxe alcumado Agipró da
obra A taberna do galo de Celso Emilio Ferreiro53
e que máis adiante tentaremos explicar.
Fotografía de varios reclusos no mosteiro-prisión de Celanova, tomada de PIÑEIRO FEIJOO, A. e GONZÁLEZ
GARCÍA, M. A. (2007): 37.
53
GARCÍA LÓPEZ, J. A. (2012): 60.
- 22 -
CAPÍTULO 1
DE GALIZA A CUBA
“¿Que lle ofrecedes na nativa terra
a ese que a cruzar vai mares de fel?
¿Resinación? ―Con ela non se come ...
¿Fe? ―¡Non lle basta a fe! ...”
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ
54
I. LAMPAZA: NACEMENTO E INFANCIA
Benito Cancela veu ao mundo na tarde do 22 de agosto de 1892 en Padroso, un lu-
gar da parroquia de Lampaza, no concello limiao de Rairiz de Veiga55
. Este concello, limí-
trofe co Partido Xudicial de Celanova, está formado polas parroquias de Candás, Congos-
tro, Guillamil, Lampaza, Ordes, Rairiz de Veiga, Sabariz e Zapeaus. Pascual Madoz, apro-
ximadamente en 1845 ―é dicir, unhas décadas antes de nacer Cancela― censou en Rairiz
de Veiga 770 veciños e 3.850 almas. Nese mesmo momento, había en Lampaza 102 casas
e 450 almas repartidas entre os lugares de Castrelo, Crespos, Gándara, Lama de Paio,
Lampaza e Padroso. Lampaza contaba, ademais, cunha escola de primeiras letras frecuen-
tada por 20 nenos. A base da subsistencia dos seus habitantes ―segundo sempre o Diccio-
nario Geográfico-Estadístico-Histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Ma-
doz― eran o cultivo de centeo, patacas, liño e castañas; a cría de gando bovino, lanar e
cabrún; a caza de lebres, coellos, perdices e paspallás así como a pesca de troitas. No to-
cante a súa escasa industria destacaba a produción agrícola e de fariña, así coma fabrica-
ción de lenzos ordinarios56
.
Ata o momento, os historiadores Alberto Valín Fernández e Domingo Rodríguez
Teijeiro, sinalaban como lugar de nacemento a aldea de Lampaza, pertencente á parroquia
54
“A emigración”, Aires da miña terra. CURROS ENRÍQUEZ, M. (1992): 184.
55
Así consta na súa partida de nacemento. Rexistro Civil de Rairiz de Veiga, Sección 1ª, t. 19, nº 122, fol.
16vtº. Os seus pais eran José Cancela, natural de Padroso e Modesta Rodríguez, natural de Gándara, na mes-
ma parroquia de Lampaza. O nome hérdao do seu avó paterno, natural de Crespos, ao que non chegaría a
coñecer. Remitimos ao lector ao documento B. 1. 1. do Apéndice documental.
56
Véxanse ao respecto as entradas Rairiz de Veiga e Lampaza (Sta. María) no Diccionario Geográfico-
Estadístico-Histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz.
- 23 -
celanovesa de Barxa57
. Este erro ―documental e historiográfico, ao que sempre foi allea a
familia―, froito, sen dúbida, da confusión entre as dúas lampazas, debeuse a que na do-
cumentación manexada polos dous autores ―basicamente o seu expediente masónico― ou
ben non aparece de qué Lampaza se trata ou ben aparece erroneamente como a Lampaza
celanovesa58
.
A vila de Padroso viu nacer a Benito Cancela en 1892. Vista actual. Fotografía do autor.
Da súa infancia pouco máis sabemos que debeu ser moi similar á de calquera outro
neno nacido no rural galego a finais do século XIX e principios do XX. Fillo de labregos e
membro dunha familia numerosa, o máis posible é que se encargase desde moi pequeno de
axudar á súa familia nas tarefas do agro recibindo, se cadra, un nivel de instrución mínimo
nalgunha precaria escola rural á que non asistiría máis que en contadas ocasións, cando as
súas faenas llo permitisen59
. Desde os once anos, aproximadamente, acompañou aos seus
57
Cfr. VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 124 e VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. e RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D.
(1996): 246, respectivamente.
58
Véxase CDMH, leg. 714, exp. 5. Debemos recordar que esta documentación é a que manexaban os propios
órganos encargados da represión.
59
Tanto é así, que o poderíamos cualificar como semianalfabeto ou analfabeto funcional. A pesar de que
sabía ler e escribir, pódense comprobar serias dificultades co léxico e a ortografía españolas en varios dos
- 24 -
paisanos na periódica emigración interior que tódalas primaveras os mobilizaba para traba-
llar nas labores da sega en Castela60
ata que viu na emigración a Cuba, como tantos outros
galegos, unha vía para escapar da pobreza secular que afectaba ao rural galego61
.
II. A CHEGADA A CUBA
Na carta que Benito Cancela lle enviou ao líder republicano Martínez Barrio en
1936, cando a súa situación en Celanova se fixo insostible pola presión dos elementos con-
servadores e clericais da vila, como veremos máis adiante, Benito comenta, coa súa pecu-
liar ortografía, “Yo querido y Onorable Benerable maestro estuve 25 años por las ameri-
cas”62
. De aí deducimos, se temos en conta que o seu retorno definitivo foi en 1932, que a
súa chegada a Cuba debeu ser, aproximadamente, en 1908, cando só contaba con 15 anos.
Unha idade que, de ter en conta o testemuño de Antonio Fernández Saavedra (nado en
1910), exemigrante de Sillobre (Fene), debía ser bastante común entre os galegos que de-
cidían construír a súa vida alén mar:
“Dentro de un par de meses iba a cumplir trece años y ya me creía en condiciones de em-
prender el vuelo, al fin y al cabo mi hermano Anselmo y todos mis tíos, residentes en La Habana,
emigraron más o menos a esa misma edad. Esta era una edad en la cual les atacaba el sarampión de
emigrar a todos los chicos de la aldea. Si se hacía memoria, casi todos los vecinos (que eran mu-
chos) habían emigrado a esa temprana edad. Pero este sarampión no atacaba solamente a los vecinos
de Sillobre, se extendía a toda Galicia”63
.
escritos que del se conservan, especialmente nos seus escritos máis persoais e secretos, os relacionados coa
masonería, que necesariamente debía redactar el. Tamén pode ser que adquirira eses mínimos coñecementos
na loxa masónica de Cuba que lle deu a luz. Segundo nos comentou o Dr. Valín, as loxas cubanas foron bas-
tante permeables en canto á admisión de analfabetos ―algo non contemplado, en principio, pola masone-
ría― e a consecuente formación posterior destes membros.
60
O dato da súa participación na sega obtivémolo das conversacións con José Carlos Ordóñez Cancela [19 de
novembro de 2013] e Iria Fernández Ordóñez [3 de abril de 2014]. A emigración temporal de segadores co-
mezaba, maioritariamente, no mes de maio. E era a finais do verán ou a principios do outono cando retorna-
ban cos xornais obtidos. Os segadores ían en cuadrillas formadas maioritariamente por homes, organizadas
xerarquicamente segundo rangos. Á fronte deles un maioral, seguido dun trasmaioral, varios segadores e un
atador por cada dous segadores. Cfr. JUANA LÓPEZ, J. DE e VÁZQUEZ GONZÁLEZ, A. (2005): 427.
61
“Pobres. O territorio enteiro de Galicia estaba habitado por un pobo de pobres. Unha política brutal, favo-
recedora dos intereses das clases dominantes, guindaba á proletarización a grande parte da poboación galega.
A mendicidade, a bandidaxe ou a emigración, para os máis ousados, son as saídas que ofrece o bloque social
dominante”. SIXIREI PAREDES, C. (1995): 58.
62
Carta de Benito Cancela a Diego Martínez Barrio con data do 3 de febreiro de 1936. Véxase CDMH, leg.
714, exp. 5.
63
FERNÁNDEZ SAAVEDRA, A. (1986): 19-20.
- 25 -
Benito Cancela non foi o único, senón un máis dos milleiros de galegos que, entre
1880 e ata 1930 ―cando a crise económica mundial do ano anterior, a famosa Gran Depre-
sión de 1929, se encargou de frear os movementos migratorios64
― participaron na ola mi-
gratoria masiva con destino a América65
. O perfil do emigrante era, nunha altísima porcen-
taxe, o dun varón novo, solteiro e procedente do medio rural. Para a profesora Naranjo
Orovio, a emigración galega sería “una necesidad impuesta por el sistema económico-
social de Galicia”66
. Da mesma opinión é o profesor Campos Álvarez, quen sinala que as
causas deste éxodo masivo a América están directamente relacionadas cos problemas soci-
oeconómicos da Galiza decimonónica67
. Estamos a falar dunha poboación maioritariamen-
te rural, analfabeta ou analfabeta funcional, atrasada tecnolóxica, industrial e comercial-
mente, asolada periodicamente por crises de subsistencia e incapaz de absorber o continuo
excedente demográfico que non deixa de crear. Neste caldo de cultivo, idóneo para que
proliferase a pobreza, agravado polo caciquismo e a presión tributaria, o principal motivo
da diáspora sería o desexo dos emigrantes de mellorar as súas condicións de vida. A emi-
gración converteríase así nunha válvula de escape para as tensións sociais, xa que, en opi-
nión dalgúns, “mejor era esto que hacer una revolución para la cual no estaban prepara-
dos y en la cual seguramente habían de ser vencidos”68
.
64
A Lei de Nacionalización do Traballo, tamén coñecida como Lei do 50 %, do 18 de novembro de 1933,
estableceu que, alomenos, un 50 % dos traballadores dunha empresa debían ser nativos ou nacionalizados.
Cfr. NARANJO OROVIO, C. (1988): 229-230.
65
Entre 1885 e 1930 máis de 900.000 galegos emigrarían a América. Cfr. CAMPOS ÁLVAREZ, J. R. (1995):
124. Cuba sería, xunto con Arxentina e Brasil, un dos principais lugares de destino elixidos por estes emi-
grantes, sobre todo a partir de 1913 polo aumento da produción azucreira e ata 1921, cando esta industria
entrou en declive debido á baixada internacional dos prezos do azucre. Cfr. NARANJO OROVIO, C. (1988): 43.
Segundo estimacións de Vidal Rodríguez, que chaman a atención pola súa precisión, entre 1899 e 1933,
foron 361.232 os galegos que emigraron a Cuba. Cfr. VIDAL RODRÍGUEZ, J. A. (2008): 25. En Cuba soou por
primeira vez o Himno Galego o 20 de decembro de 1907, ondeou a bandeira de Galiza o 25 de xullo de 1904
e naceu a Real Academia Galega en 1905. Cfr. GUERRA VILABOY, S. (2009): 242.
66
NARANJO OROVIO, C. (1988): 28.
67
CAMPOS ÁLVAREZ, J. R. (1995): 123.
68
Eco de Galicia, 1 de setembro de 1918, s/p. Así se expresaba, en 1918, o articulista Constantino Piquer, a
modo de prolepse, tentando de vaticinar o que se diría no futuro da emigración galega. Por aquela época,
Castelao tamén escribiu ao pé dun dos seus gravados do álbum Nós: “En Galiza non se pide nada. Emígrase”.
Véxase a lámina nº 32 en RODRÍGUEZ CASTELAO, D. A. (1975): s/p. A edición príncipe deste libro é de 1931,
aínda que os debuxos foron realizados, segundo nos conta o propio Castelao no limiar, entre os anos 1916 e
1918. O economista e ensaísta, Xosé Manuel Beiras sinala que “a emigración galega supón a renuncia á re-
volta”. Véxase BEIRAS, X. M. (2008): 224. Similar é a explicación que nos aporta o historiador Xosé Ramón
Barreiro: “El recurso de América actuará de válvula de escape para un pueblo que nunca optó por el camino
de la revuelta porque siempre tenía abierta la posibilidad de América. El gallego no se revelaba (sic), hacía
la maleta”. BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R. (1984): 31. O resaltado é noso. Para o profesor Sixirei, en cambio,
a emigración revelaríase como unha “forma muda, pero elocuentísima” de protesta por parte dos labregos.
SIXIREI PAREDES, C. (1995): 57.
- 26 -
Podemos sinalar tamén outras causas ―non excluíntes coas anteriores, nin entre
si― como librarse de facer o servizo militar obrigatorio nunha España en constante confli-
to bélico (guerras carlistas, Marrocos...) ou evitar persecucións políticas e/ou relixiosas
―ou, mellor dito, clericais―, como foi o caso do vate de Celanova, o francmasón Manuel
Curros Enríquez69
, un referente para tódolos galegos de alén mar, como se pode comprobar
amplamente nos xornais editados pola comunidade galega emigrante, e, curiosamente, o
nome simbólico que utilizaría Benito Cancela como masón. Esta ola migratoria insírese no
proceso de globalización que a revolución das comunicacións orixina a finais do século
XIX, e cuxas consecuencias máis visibles serían a mellora dos transportes, o abaratamento
dos fretes e a redución das viaxes. Así o explica o economista e ensaísta Xosé Manuel Bei-
ras70
:
“Co século XIX, a emigración galega inscríbese de cheo no proceso do desenvolvemento
capitalista polo mundo adiante. E é entón cando a corrente se converte en enxurrada. Cunha carac-
terística moi significativa e que non adoita ser sinalada: que os galegos emigran, en abrumadora
maioría, á periferia capitalista, e non aos países metropolitanos ou centrais do sistema”71
.
É curioso ver como esta tradición migratoria se vía alimentada e perpetuada por
medio da imaxe que fomentaban os propios emigrantes nas súas cartas presumindo do éxi-
to económico que obtiveran e reclamando aos seus familiares creando cadeas migratorias
xunguidas por vínculos veciñais ou de parentesco; a imitación dos indianos que retornaban
ricos ou ocultando as súas penurias e as historias, moitas veces esaxeradas, que estes con-
taban creando nos candidatos a emigrante unha idea mitificada de América ―La sugestión
de América como reza o título da novela do chantadino José Costa Figueiras―; e a falsa
propaganda que se exercía a través da prensa e dos ganchos polas propias empresas naviei-
ras. Estes ganchos eran axentes intermediarios que formaban parte dunha rede dedicada a
facilitar as xestións que o emigrante había de levar a cabo neste contexto de trabas admi-
nistrativas, analfabetismo e pobreza, para o que, se facía falta, non dubidaban en recorrer á
falsificación de documentos72
. Podemos traer a colación, novamente, o testemuño de Fer-
69
Sobre a filiación masónica de Manuel Curros Enríquez véxanse VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (2001b); SAN-
TIAGO BOLAÑOS, M. (2004); e IGLESIAS CRUZ, J. e GUTIÉRREZ FORTE, J. (decembro 2009-abril 2010).
70
Coincide, ademais, como aclara o profesor Xosé Ramón Campos, co interese conxuntural de certos Esta-
dos americanos por fortalecerse demograficamente con man de obra inmigrante. Cfr. CAMPOS ÁLVAREZ, J. R.
(1995): 124.
71
BEIRAS, X. M. (2008): 242. As cursivas pertencen á obra consultada.
72
Para o amplo espectro de funcións que realizaban os ganchos pódese ver CAMPOS ÁLVAREZ, J. R. (1995):
125 ou NARANJO OROVIO, C. (1988): 64.
- 27 -
nández Saavedra para comprender, por exemplo, a influencia que exercían os retornados
nos futuros emigrantes:
“A Sillobre habían llegado, procedentes de Cuba, Manuel de Casal y Pancho, el de Delfina.
(…). Los elegantes trajes de los recién llegados, sus sombreros de pajilla, sus chalecos impoluta-
mente blancos, sus lustrosos zapatos, sus relojes de oro macizo con aquellas leontinas que cruzaban
sus abdómenes de lado a lado, sus monederos de plata repletos de monedas del mismo metal y sus
ensortijados dedos, deslumbraban a los sencillos vecinos del pueblo, pero muy especialmente a los
niños y mocitos, que los contemplábamos extasiados (...).
En la taberna de Paco ‘O Pendón’, invitaban a todos los amigos y vecinos de Sillobre que
se acercaban hasta allí, para verlos y saludarlos, convirtiéndose en la máxima atracción de la aldea.
Allí, rodeados de niños y de adultos que les formaban corro, relataban, entre vaso y vaso de vino,
sus andanzas y sus aventuras por tierras cubanas hasta lograr la inmensa fortuna que ahora poseían.
Yo, de cativo, era muy impresionable (...) y esta vez se me había metido entre ceja y ceja,
marcharme como emigrante a Cuba, probablemente influenciado por las cosas que de aquel país
contaban los ‘Cubanos’ que a Sillobre llegaban”73
.
A gran maioría non foron capaces de adaptarse á nova vida que atoparon alén mar,
sentíndose excluídos por desempeñar traballos aos que non estaban afeitos ―como, por
exemplo, o duro oficio de “pailero”―, e, algúns, contraeron enfermidades propias daque-
las latitudes para as que non tiñan defensas. Moitos acabaron vagabundeando polas rúas e
tiveron que ser repatriados de vivos ou de mortos, aínda que era preferible facelo desta
segunda maneira antes de ter que escusarse diante dos seus familiares e veciños por retor-
nar coas mans baleiras74
. Lembremos, neste punto, aquel dramático e sinxelo apunte do
fracasado da emigración, que plasmou magnificamente a pluma de Castelao nun dos seus
debuxos: “Eu non quería morrer alá, ¿sabe, miña nai?”75
. Tamén houbo quen non regresa-
ría xamais do seu periplo, sendo enterrado aló.
Outro dos motivos polos que a poboación galega emigraría en masa, e non o farían
así os habitantes doutras rexións máis pobres, é que unha parte do campesiñado galego, a
pesar da súa gran pobreza, contaba cuns pequenos recursos, debido á forma estrutural da
propiedade da terra, suficientes para financiarse a custosa viaxe. A maioría deles
―segundo o profesor Vázquez González― “tenía en sus manos, y también en las de sus
73
FERNÁNDEZ SAAVEDRA, A. (1986): 18-19.
74
Cfr. SIXIREI PAREDES, C. (1995): 83.
75
Véxase a lámina nº 30 en RODRÍGUEZ CASTELAO, D. A. (1975): s/p. Podemos recoller aquí o testemuño
que nos fixo o Dr. Alberto Valín sobre o seu avó, Juan Valín (Xan da Ponte), cando tivo que retornar da súa
fracasada experiencia habaneira, optando por encher o seu baúl de emigrante co colchón no que durmira
nunha pensión da Habana, para que os seus veciños non pensaran que volvera coas maletas baleiras.
- 28 -
familiares y vecinos más solidarios, algún bien que le permitía ahorrar, que podía vender
y, cómo no, hipotecar a favor del agente o usurero de turno”76
que supuña, ademais, como
sinala o profesor Campos Álvarez, un “resguardo económico para el emigrante cuando no
le fuera rentable o conveniente permanecer en América”77
.
Castelao, Nós.
En canto á lexislación, habería que esperar ata 1907 para atopar os primeiros inten-
tos de regular este éxodo, posto que a lexislación anterior ao s. XX era, ademais de escasa,
76
VÁZQUEZ GONZÁLEZ, A. (1995): 90.
77
CAMPOS ÁLVAREZ, J. R. (1995): 124.
- 29 -
ineficaz78
. A lei de 1907 recoñecía “la libertad de todo español para emigrar” (art. 1), pro-
hibía a emigración de mozos en período militar ou condenados (art. 3), e regulaba a emi-
gración dos maiores de 15 anos (art. 4) e das mulleres (art. 5). Creábase un Consejo Supe-
rior da Emigración (art. 8) e intentábase regular todo o relativo a trámites burocráticos,
permisos, inspeccións, etcétera, sen mellorar, para nada, as condicións dos emigrantes.
Quizás o máis interesante desta lei sexan os artigos 33, polo que quedaban prohibidas a
“recluta de emigrantes y la propaganda para fomentar la emigración”, e 34 que prohibía
“en todo el territorio español la agencia de emigración”79
, é dicir, a existencia dos gan-
chos. Non obstante, o obxectivo desta lei foi inviable pola ineficacia dos organismos go-
bernamentais que debían velar polo seu cumprimento.
III. ESTABLECEMENTO EN MANZANILLO
Como xa dixemos, Benito Cancela debeu emigrar a Cuba aló polo ano 1905. Che-
gados a este punto, descoñecemos moita información referente á súa vida social e laboral
na illa caribeña, a pesar de tódolos nosos esforzos para “iluminar” esta etapa que debeu ser
a máis fecunda da súa vida. Podemos supoñer que comezaría traballando nalgunha bodega
ou “bodeguita”, o oficio máis común entre os galegos80
, posto que máis adiante se nos re-
velará como un “comerciante” coñecedor do negocio da hostalería. Unha vez en Cuba,
sabemos que Benito Cancela radicouse en Santa Cruz del Sur, na provincia de Camagüey,
onde acadaría parte da súa fortuna; e no municipio de Manzanillo ―onde naceron os seus
fillos e se iniciou na masonería―, na antiga provincia de Oriente81
. Moi posiblemente,
estes non serían os únicos lugares nos que estivo dada a alta mobilidade laboral e xeográfi-
ca entre a comunidade emigrante galega na illa.
En Cuba, “recibiu a luz” dentro da loxa Manzanillo, dependente da Gran Logia de
la Isla de Cuba, co nome simbólico do poeta celanovés tamén masón e emigrante, Curros
Enríquez82
. Na loxa cubana, Benito Cancela chegou a conseguir o grao de Mestre Masón,
78
NARANJO OROVIO, C. (1988): 32-33.
79
Gaceta de Madrid, núm. 356. Madrid, 22 de decembro de 1907.
80
NARANJO OROVIO, C. (1988): 166. Tamén cabe destacar a gran mobilidade laboral e xeográfica do emi-
grante galego en Cuba. Debemos agradecer aquí a importante axuda prestada polo profesor Xosé Ramón
Campos á hora de recadar información sobre a estancia de Benito Cancela en Cuba.
81
Véxase CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. Na partida de defunción da súa filla consta como lugar
de nacemento Manzanillo, mentres que na partida de defunción do seu fillo consta como nacido en Oriente.
82
Véxase, supra, a nota 69.
- 30 -
un grao que, en opinión de Alberto Valín e Domingo Rodríguez, “difícilmente hubiera
alcanzado de haberse iniciado en una logia española”83
debido á súa escasa formación.
Debeu ser moi posiblemente nesta loxa, onde, por influencia dos principios da institución
masónica, adquiriría unha mínima e aparente cultura “urbana” (o ethos burgués) ―amais
dunha posible instrución― e tamén forxaría o seu carácter solidario, tolerante e pacífico do
que daría boa mostra durante a súa etapa posterior en Celanova, como comerciante e alcal-
de.
A masonería contaba con presenza na Gran Antilla desde o século XVIII ―se con-
tamos a loxa de militares de obediencia irlandesa que se creou durante a ocupación británi-
ca da illa (1762-1763)―, aínda que non foi ata inicios do século XIX cando apareceron as
primeiras loxas de obediencia francesa ―creadas por emigrantes haitianos― e, máis tarde,
de auspicio norteamericano que practicamente desapareceron ―pola persecución orques-
trada desde a metrópole española― ata que no ano 1859 unha serie de loxas fundaron a
Gran Logia de Colón, de obediencia cubana, que se encargaría de federar ao resto das lo-
xas de Cuba e das Antillas. A partir de entón, en 1875 fundaríase a Gran Logia de la Isla
de Cuba, mentres a Gran Logia de Colón se dividiría en dúas, unha en Santiago e outra na
Habana que se acabarían fusionando coa Gran Logia de la Isla de Cuba84
. Ademais, entre
1874 e 1898, creáronse unhas duascentas loxas dependentes de algún gran oriente español
que chegarían practicamente a desaparecer tralo “desastre” de 189885
. A masonería supuxo
para o emigrante unha sinxela forma de relacionarse coa poboación nativa, sobre todo coas
elites, como nos revela o profesor Valín:
“Non hai dúbida que o feito de ser masón axudaba ao emigrante galaico á hora de encontrar
un traballo ou un apoio á hora de desembarcar en América e que, ademais, o ‘aplatanamento’; é di-
cir, a integración do emigrante na nova sociedade, íase facilitar ao pertencer a unha forma de socia-
83
VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V e RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1996): 246. Os grados masónicos fan referencia
aos diferentes escalafóns xerárquicos nos que o iniciado adquire o coñecemento da doutrina e fins da Orde. O
Rito Escocés Antigo e Aceptado ―o máis estendido en España― consta de 33 grados divididos en catro
series: os simbólicos, dogmáticos ou fundamentais (do 1º ao 3º) forman a masonería azul; os capitulares (do
4º ao 18º) forman a masonería vermella; os filosóficos (do 19º ao 30º), a masonería negra; e os sublimes,
consistoriais ou administrativos (do 30º ao 33º), a masonería branca. Os tres primeiros son comúns a tódolos
ritos, e nalgúns casos, os únicos que se admiten. Véxase FERRER BENIMELI, J. A. (2005): 42-44.
84
Cfr. FERRER BENIMELI, J. A. (1993): 345 e ss. Sobre a importante presenza de galegos nestas loxas pódese
ver VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993a), VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (2001a) ou VALÍN FERNÁNDEZ, A. J.
V. (2009). Segundo Valín Fernández o número de masóns galegos será o segundo, despois dos asturianos, en
número entre os masóns españois emigrados en Cuba de cinguírmonos a aqueles hiramitas dos que coñece-
mos certeiramente a súa orixe. Cfr. VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (2009): 42-43.
85
Cfr. FERRER BENIMELI, J. A. (1993): 357 e ss.
- 31 -
bilidade que nestas nacións americanas gozaba dun recoñecido prestixio social, político e, en oca-
sións, ata económico”86
.
Segundo Vidal Rodríguez a pertenza á masonería supuña para os emigrantes gale-
gos establecidos lonxe da capital cubana “a alternancia ás pequenas sociedades mutualistas
que os seus paisanos crearan en La Habana”87
. No caso de Benito Cancela puidemos cons-
tatar tamén a súa adscrición ao Centro Gallego de Manzanillo nunha noticia aparecida no
xornal cubano ―editado por emigrantes galegos― Eco de Galicia sobre a toma de pose-
sión do presidente desta delegación, Amador Franco Franco, o día 7 de xaneiro de 191888
.
Benito Cancela era un dos suplentes da nova directiva. Aínda así, non conseguimos saber
cando ingresou no Centro, nin a súa traxectoria no mesmo anterior e posteriormente a ese
ano, aínda que podemos supor que sería máis ben tenue. Sería tamén interesante, como
afirma o noso titor coñecer cantos dos compañeiros de Benito Cancela na nova directiva
presidida por Amador Franco pertencían á francmasonería.
En Cuba contraeu matrimonio con Estrella Rúa Álvarez, nacida o 23 de decembro
de 1880 no pobo de Santabaia, no concello de A Bola89
. Descoñecemos a data da súa unión
que puido ser próxima a 1917, ano do nacemento da súa primeira filla, Josefa Cancela
Rúa90
. Estrella chegara a Cuba acompañando a uns parentes91
, xa que logo a emigración de
mulleres solteiras, ademais de ser minoritaria, estaba mal vista entre o colectivo emigrante
e as autoridades intentaban impedila de maneira paternalista coa creación de numerosas
trabas. Como xa tivemos ocasión de ver, tamén en Cuba nacerían os dous fillos de Benito e
Estrella: Josefa, coñecida familiarmente por Fita, en 1917, e Ángel, cinco anos máis tarde,
o 24 de xaneiro de 192292
. Grazas aos aforros que conseguiu, como o mesmo Benito Can-
cela dixo, “[por] fuerza de mi trabajo”93
, puido regresar coa súa familia a esa España que
espertaba republicana, pero que pronto coñecería unha “longa noite de pedra”, que marca-
ría para o resto dos seus días a moitos españois, entre eles ao noso protagonista.
86
VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (2009): 45.
87
VIDAL RODRÍGUEZ, J. A. (2008): 216.
88
Eco de Galicia, 20 de xaneiro de 1918, s/p. Véxase o doc. B. 1. 2. do Apéndice documental.
89
Así consta na súa partida de defunción. Rexistro Civil de Ourense, Sección 3ª, t. 114, fol. 512. A partida de
nacemento non a achamos.
90
Esta naceu o 6 de maio de 1917, segundo o seu certificado de defunción. Rexistro Civil de Ourense, Sec-
ción 3ª, t. 130, fol. 557.
91
Conversa con Pastora Iglesias Nóvoa [8 de maio de 2014].
92
Así consta no seu certificado de defunción. Véxase Rexistro Civil de Ourense, Sección 3ª, t. 344, fol. 353.
Véxase no Apéndice iconográfico a fotografía A. 1. 1.
93
Véxase a carta de Benito Cancela a Diego Martínez Barrio. CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5.
- 32 -
CAPÍTULO 2
RETORNO A CELANOVA
“Nesa surrisa túa, Celanova,
pola que pasa o vento,
hai unha triste historia non contada,
feita de amor e troquelada en ferro” .
CELSO EMILIO FERREIRO
94
.
I. A LOXA CONSTANCIA Nº 13
Como xa dixemos, Benito Cancela foi masón. Para entender mellor qué representou
―e representa― este fenómeno histórico comezaremos definindo a masonería, seguindo
ao profesor Alberto Valín, como
“unha pechada sociedade de apoio mutuo, de índole iniciática e profundo carácter relixioso
ou místico que perseguiu e persegue a teórica e declarada ambición de converterse nunha influínte,
pedagóxica e tolerante elite, para, desta forma, poder alcanzar a súa humanitarista e deontolóxica as-
piración teórica primordial fundamentada na gradual superación ética do individuo orientada a con-
quistar, por este camiño, a súa cosmopolitista utopía final cifrada na consecución dunha humanidade
perfecta, grazas á xeneralizada expansión dos lazos da auténtica fraternidade”95
.
A súa orixe áchase en torno aos gremios medievais relacionados coas construcións
de catedrais96
. Esta primeira masonería, chamada operativa, sería a semente que, no século
XVIII, constitúa a nova (e actual) masonería coñecida co nome de filosófica ou especulati-
va “tan distinta en sus fines, pero tan igual en sus ritos y ceremonias de iniciación, en su
nomenclatura y organización”97
, segundo o masonólogo Ferrer Benimeli. Foron os masóns
aceptados (accepted masons), normalmente persoeiros da alta sociedade encargados de
financiar as obras máis importantes das cidades e que asistían ás reunións das loxas sen
pertencer ao gremio dos canteiros, o nexo de unión, comprobable sobre todo nas loxas es-
cocesas, entre ambas formas de masonería, unha vez que rematou a época das grandes ca-
tedrais, a finais do s. XVII e principios do XVIII. Sinálase xeralmente o ano de 1717, can-
94
“Proclama ós meus veciños”, Onde o mundo se chama Celanova. FERREIRO, C. E. (2004): 513.
95
VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (2009): 39.
96
Mason, en inglés, significa canteiro, albanel.
97
FERRER BENIMELI, J. A. (2005): 18.
- 33 -
do catro loxas londinienses decidiron crear a Gran Loxa de Inglaterra e dotala dunha Cons-
titución (1723) inspirada nas normas das antigas loxas, como a data fundacional da maso-
nería moderna e regular, tendo unicamente esta Gran Loxa potestade para crear novas fi-
liais98
. A partir de entón a masonería converteuse nunha secreta ―ou, se se prefire, discre-
ta― sociedade de carácter universal, ao marxe das asociacións tradicionais, cuxo fin é con-
seguir o perfeccionamento humano, mediante a instrución, a propagación da filantropía, a
fraternidade e a tolerancia entre os seus membros, que se coñecen entre eles como “ir-
máns”. En España non se desenrolaría ata principios do século XIX cando a nova adminis-
tración napoleónica decidiu implantar unha masonería oficial99
a imaxe e semellanza da
francmasonería gala. A partir de entón, alternáronse períodos de persecución ―con maior
ou menor intensidade― con outros de tolerancia. En Galiza, sería a cidade da Coruña, on-
de se crearon as primeiras loxas a finais da chamada Guerra de Independencia (1808-
1814): a Logia Constitucional de la Reunión Española (1814-1817?) e Los Amigos del
Orden (1817-1820?)100
.
En Ourense, a primeira loxa masónica foi a Auria nº 59 (1871-1889) fundada por
Juan Manuel Amor, precursor tamén da Escuela Laica Neutral de Orense, entidade que
serviría de ponte entre a masonería ourensá de finais do XIX e a do século XX101
. A pri-
meira entidade francmasónica que se fundou en Ourense nesta segunda etapa foi o “trián-
gulo” Adelante nº 7, fundado en 1929 e que se convertería en loxa en 1932, a Constancia
nº 13. A relación entre a masonería galega e a americana foi bastante estreita, segundo o
Dr. Valín, sobre todo durante o primeiro terzo do século XX (ata o comezo da Guerra Ci-
vil), mantendo “irmáns garantes de amizade” encargados de “estreitar os lazos masónicos
de oficial amizade coas sociedades galegas”102
. No caso da masonería ourensá de segunda
etapa, quizás teña algo que ver o feito de que o seu fundador fora un emigrante retornado,
Abdón Vide Villanueva, iniciado na masonería cubana en 1910103
. Outra das característi-
98
FERRER BENIMELI, J. A. (2005): 30-31.
99
As loxas que se fundaron no s. XVIII, aparte de escasas e fugaces, estaban formadas por membros estran-
xeiros. Para este século pode consultarse o libro de Ferrer Benimeli, La masonería española en el siglo XVIII.
100
VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1984): 31-61.
101
A finais do século XIX tamén se fundarían as loxas Luz del Avia nº 64 en Ribadavia; a Amor nº 358, a
Universo nº 197 e o “triángulo” Aurora nº 6, en Ourense capital; a loxa Adalides del Progreso nº 396, en
Verín; a Luz de la Celda nº 12, en Celanova; e o “triángulo” El Brillante nº 6, despois loxa El Brillante nº 11
/ nº 175, en O Barco de Valdeorras. Ningunha destas agrupacións masónicas sobreviviría ao cambio de sécu-
lo. Cfr. VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 65-66, 68-69.
102
VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (2009): 45.
103
VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 70 e ss, 111 e ss.
- 34 -
cas da masonería ourensá foi o seu “nepótico y politizado neocaciquismo republicano”104
,
en expresión de Alberto Valín.
Principios masónicos. Tomado de VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993): 73
104
VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 67.
- 35 -
Tal e como sinala Vidal Rodríguez, “era esta [refírese á masonería] unha afiliación
comprometida que a moitos [emigrantes] (...) lles podía supor o rexeitamento dos familia-
res, a excomuñón do párroco ou a suspicacia das autoridades da súa localidade de orixe
cando regresaban triunfantes á terra natal”105
. Os retornados eran presentados frecuente-
mente polas elites conservadoras ―de forma evidentemente esaxerada― como “descreí-
dos, irreligiosos y potenciales revolucionarios”106
influídos na súa estancia americana pola
masonería, o socialismo, o anarquismo e todo tipo de perniciosas lecturas. Segundo o pro-
fesor Núñez Seixas, a pesar de que era bastante normal que os emigrados galegos ingresa-
ran na masonería dos diferentes países americanos que os acolleron, e seguiran pertencen-
do a ela unha vez retornados, militando nas filas do republicanismo ―Núñez Seixas cita
como exemplo a Benito Cancela107
―, non debemos esaxerar este comportamento, dado
que, segundo este historiador:
“ser masón en la España de la Restauración y en la América de la misma época no signifi-
caba la mayoría de las veces mucho más que adherirse a una moda extendida, ante todo entendida
como participación en un club o grupo que operaba como rito iniciático y lugar de sociabilidad pa-
ra una élite librepensante que profesaba un republicanismo más o menos firme, y que mediante esos
rituales afirmaba su conciencia de grupo”108
.
Benito Cancela retornou definitivamente a Galiza, probablemente, nos meses de
marzo ou abril de 1932. No discurso de saudación que dirixiu aos “irmáns” da loxa Cons-
tancia nº 13, posiblemente o 19 de maio de 1933, fai constar que “ace 13 ho 14 meses me
encuentro distanciado de mi querida madre logia la que no olvido ni uniztante por ser
tanbuena con sus higos lo quele suele pasar atodas lasmadres el cariño asus higos es in-
borrable”109
. Porén, o seu retorno a Celanova non supuxo, nun principio, a ruptura absolu-
ta cos seus “irmáns” da loxa cubana, senón que en 1932 aínda efectuou o pago correspon-
dente á loxa cubana110
. Asemade, en Celanova, destinou os seus modestos aforros a edifi-
car unha casa “con todos los adelantos modernos y comodidades”111
onde rexentou unha
105
VIDAL RODRÍGUEZ, J. A. (2008): 215.
106
NÚÑEZ SEIXAS, X. M. (1998): 563.
107
Cfr. NÚÑEZ SEIXAS, X. M. (1998): 565, nota 23.
108
NÚÑEZ SEIXAS, X. M. (1998): 565-566.
109
Este discurso de saudación sen data, aínda que moi posiblemente pronunciado o 19 de maio de 1933 se-
gundo tentarei explicar más adiante (véxase, infra, a páxina 37, especialmente a nota 118) atópase entre os
documentos do seu expediente masónico. Véxase CDMH, Fondo Masonería, leg. 714 exp. 5.
110
O 1 de marzo de 1932 paga a cantidade de dezaseis pesos pola cota de un ano, ata finais de febreiro de
1933. CDMH, Fondo Masonería, leg. 714 exp. 5.
111
Véxase a carta a Martínez Barrio xa citada. CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5.
- 36 -
pequena pensión á que bautizou, en recordo dos seus anos de emigrante, como “Bar y Ho-
tel Cuba”112
.
O 22 marzo de 1933, Benito Cancela envioulle unha misiva mecanografada ao mes-
tre laico de Ourense e “irmán” masón, Hipólito Sinforiano Luengo, que este lería na loxa
dous días despois, facéndolle partícipe de que tivo coñecemento por parte dun tal Daniel L.
Coñi, outro posible francmasón, da existencia dun templo en Ourense ao que se ofreceu
como masón para “poderme me presentar comotal y si fuera posible asta abandonar ami
querida madre logia para ingresar en la de Udes. con el fin de ayudarles alos trabagos
que sobre Udes. pesan por viem dela fraternidad”113
. Unha vez contestada en termos favo-
rables esta carta pola loxa ourensá, Benito Cancela decidiuse a pedir a baixa da loxa Man-
zanillo, o 31 de marzo de 1933, segundo se nos di no acuse de recibo que fai desta solicitu-
de a loxa cubana114
. O 8 de maio, Benito Cancela escribiulle ao “irmán” masón Vide Vi-
llanueva desculpándose por non ter contestado “asi comoson mis deseos sino por esperar a
que llegase mi plancha de retiro de mi querida logia la cual espero uno de estos dias. en-
tonces are la besita que hese querido taller me abrindado”115
.
112
Desgraciadamente, non atopamos a licenza de apertura do local, pero si dúas instancias firmadas polo
propio Benito Cancela solicitando a autorización para a realización de obras nos seus locais. A primeira,
manuscrita, está datada o 22 de maio de 1933 e nela expón “[q]ue contiguo á la casa en que vive posee otra
de planta baja destinada á garage (sic) y comprendida en el hectometro (sic) cinco kilometro veintisiete de
la Carretera de Orense á Portugal á la margen izquierda, y deseando y teniendo proyectando proceder á la
reparación de la acera que dá frente á dicha casa” suplica ao Alcalde de Celanova que envíe esta solicitude
ao Enxeñeiro Xefe de Vías e Obras da provincia de Ourense. A segunda instancia, escrita a máquina, ten data
do 13 de febreiro de 1935. Nela expón “[q]ue en la carretera de Orense a Portugal y en el kilometro 26, y
punto conocido por la calle de la Encarnación, es dueño el que dice de una casa, en la que pretende edificar
una galeria (sic), pero necisitando(sic) para ello el consentimiento de esa Alcaldia (sic) y del Sr. Ingeniero-
Jefe de Obras publicas de la provincia, es por lo que SUPLICO a V. que habiendo por presentada esta soli-
citud, tenga a bien acordar se me conceda el permiso que intereso, para la construccion (sic) de la galeria
(sic) de referencia, que ha de hacerse con arreglo a las condiciones del adjunto plano, y las que las Orde-
nanzas me exijan”. O Concello remitiu a solicitude ese mesmo día, pero noutra instancia escrita a máquina e
firmada o 8 de marzo de 1935, Benito Cancela reitera que “pretende edificar una galeria (sic), y necesitando
para ello la debida autorización de la Corporación que V. Preside dignamente, es por lo que á V. SUPLICA
que habiendo por presentada esta solicitud, se digne concederme el permiso que intereso para la construc-
ción de la galeria (sic) de queda (sic) hecho merito, señalandome (sic) la linea (sic) á que debo sujetarme,
siendo aco[m]pañado el plano de la obra expresada”. Ao pé desta instancia o secretario do Concello, José
Reza, transcribe o acordo que a corporación municipal tomou o 26 de marzo de 1935 autorizando a Benito
Cancela “para la ejecución de tales obras, procurando que los abances (sic) sobre la via (sic) pública no
excedan de cincuenta centimetros (sic)”. Ten data do 29 de marzo de 1935. Véxase AMC, Obras Particulares,
Exptes. de obras particulares, (1929-1934), caixa 967 e AMC, Obras Particulares, Exptes. de obras particula-
res, (1935-1939), caixa 968.
113
CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. Na “tenida” ordinaria do 24 de marzo de 1933 dáse lectura a
esta misiva, tal e como consta no Libro de Actas do triángulo Adelante.CDMH, Fondo Masonería, leg. 434-
A-2, Libro de Actas, fol. 89r. Esta carta pódese ver no Apéndice documental, doc. B. 2. 1.
114
Estámonos a referir ao escrito con data do 25 de abril de 1933 que acompaña ao “certificado de retiro”
expedido pola loxa de Manzanillo. CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5.
115
CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. Véxase tamén o doc. B. 2. 3. do Apéndice documental.
- 37 -
Solicitou o seu ingreso na loxa ourensá Constancia nº 13, dependente da Gran Lo-
gia Simbólica Regional del Noroeste de España, mediante unha instancia con data do 19
de maio de 1933116
(ese día asistiu como “hermano visitador” a unha “tenida” ordinaria),
posiblemente despois de recibir a “prancha de quite” ou o “certificado de retiro” da loxa
Manzanillo con posesión de tódolos dereitos masónicos, unha vez satisfeitos os pagos que
tiña pendentes polo seu apoderado na illa. Xunto con este certificado, expedido en Manza-
nillo o 21 de abril de 1933, recibiu unha carta firmada por Carlos M. Narango S. (Venera-
ble Mestre) e Antonio Hernández García (Secretario) da loxa Manzanillo, con data do 25
de abril, lamentando “muy de veras vuestra separacion (sic) de ella no solo por vuestros
merecimientos personales; si nó por los entusiasmos que siempre demostro (sic) por la
Institucion (sic) Masónica”117
. A esta “tenida” do 19 de maio de 1933 tamén acudiu como
“irmán” visitador un tal Fermín Prieto Gómez, igualmente de procedencia cubana, que
solicitou o ingreso na loxa o mesmo día, sen que nada máis saibamos del. No Libro de Ac-
tas consta: “El H. [Hermano] Orador saluda a los HH. [Hermanos] visitadores contestan-
do elocuentemente el H. Fermin Prieto y dando lectura el H. Benito Cancela de un trab.
[trabajo] de salutación”118
.
Ese traballo de saudación que Benito Cancela dirixiu aos “irmáns” da loxa ourensá
consistiu nun discurso mecanografado ―se cadra porque, como el mesmo explica, “mipo-
ca facilidad de palabra no me permite el que yo me expresase asi como son mis deseos
delo mucho que me alegro al encontrarme entre bos”―, sen data, pero firmado do seu
puño e letra, que se conserva no seu expediente masónico, e que reproducimos integramen-
te no anexo documental119
. Nas semanas seguintes, mentres continuaba a súa vida de co-
merciante en Celanova, dedicaríase a enviar pacientemente o resto da documentación que
lle solicitaban os seus “irmáns” de Ourense ata que o 7 de xullo de 1933 tivo lugar o seu
ingreso na loxa Constancia nº 13. No Libro de Actas da loxa consta: “Estando aprobada la
plan. [plancha] de afili. [afiliación] del h. [hermano] Cancela, se procede a tomarle el
jura. [juramento]”120
. Seis días despois será referendado pola Gran Logia del Noroeste de
116
CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. Véxase o doc. B. 2. 4. do Apéndice documental.
117
CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. A “prancha de quite” pode verse no doc. B. 2. 2. do Apéndice
documental.
118
“Tenida” ordinaria de 19 de maio de 1933. CDMH, Fondo Masonería, leg. 434-A-3, Libro de Actas, fol.
1vtº. Nótese a diferenza entre o “irmán visitador” Fermín Prieto Gómez que responde “elocuentemente” e
Benito Cancela que da lectura ao seu discurso.
119
CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. Véxase tamén o doc. B. 2. 5. do Apéndice documental.
120
“Tenida” ordinaria do 7 de xullo de 1933. CDMH, Fondo Masonería, leg. 434-A-3, Libro de Actas, fol.
4vtº.
- 38 -
España. Pero non todo foron boas novas na vida de retornado que comezaba a construír o
“irmán” Curros Enríquez en Celanova. A finais de 1933, un furacán destruíu boa parte das
propiedades que deixara en Cuba, causándolle uns danos estimados en 12.000 dólares. A
esta perda habería que sumar o boicot que sobre a súa persoa alimentaron os elementos
clerical e conservador da vila, ao coñecer que era masón e esquerdista, chegando incluso os
comerciantes da vila a ameazar aos viaxantes con negarse a comprarlles o seu xénero de se
hospedar no Hotel Cuba:
“asta los Curas an padricado en los altares que nadie besitase mi casa121
, Tanto asido que
barios viagantes que beniana casa los comerciantes les amenazan con no conprarles si se hospedaban
en mi casa. hosea en el Hotel Cuba;
Los Sres. Viagantes que Remedio les queda sino acetar los consegos que lesdan estos bue-
nos Sres.” 122
.
Esta presión chegou ao seu punto álxido a finais de 1935, con motivo da campaña
electoral de 1936, cando no seu comercio comezaron a reunirse os republicanos progresis-
tas da vila, que chegaron a formar un “Comité de Izquierdas” que presidía o propio Cance-
la. Foi entonces cando, desesperado ante a posibilidade de que gañasen os “Ynrracionables
del Benio Negro”123
, lle escribiu unha carta ao presidente da formación Unión Republica-
na, coligada para as elección con Izquierda Republicana, Diego Martínez Barrio, solicitán-
dolle que, en caso de non triunfar o Frente Popular, utilizara o seu ascendente masónico e
político para conseguirlle un emprego “[a]unque sea de caminero de carretera ho cual
quier otro enpleo mas inferior que el Estado Tenga disponible para unciudadano que creo
tener derecho”124
.
Descoñecemos o motivo polo que este escrito, con data do 3 de febreiro, que Benito
Cancela non chegou a firmar, non sería enviado a Martínez Barrio ata o 3 de xuño de 1936,
acompañado dunha carta mecanografada con cabeceira oficial da Alcaldía de Celanova,
que seguramente lle escribira algún funcionario do Concello. Se cadra, como sinalan os
121
Probablemente faga referencia ao párroco de Bobadela, co que, segundo parece, tivo algún que outro en-
frontamento por ter prensa esquerdista no seu local. Véxase VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. e RODRÍGUEZ TEI-
JEIRO, D. (1996): 254 e nota 23.
122
Así llo relatou en 1936 a Martínez Barrio. CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5.
123
Estase referindo aos partidarios da CEDA, partido que gobernou en coalición co Partido Radical e o apoio
dalgúns partidos centristas máis como o do masón galego, Portela Valladares, entre decembro de 1933 e
febreiro de 1936.
124
CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. Esta carta pode verse no Apéndice documental deste traballo:
doc. B. 2. 8. Non será este o único caso dentro da loxa Constancia nº 13, de utilización da masonería como
un mecanismo politizado e “neocaciquil”. Cfr. VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 235-236.
- 39 -
profesores Valín Fernández e Rodríguez Teijeiro, o trunfo do Frente Popular fíxolle pen-
sar que a súa situación mudaría para ben “y solo cuando el deterioro de la situación políti-
ca se hizo más que evidente al final ya de la primavera de 1936, se decide a remitirla,
acompañada de un breve escrito en papel oficial del ayuntamiento”125
. Fose como fose, a
resposta non se faría esperar. O 5 de xuño, o atarefado e perplexo Presidente do Congreso
naqueles momentos, envioulle ao alcalde de Celanova un lacónico acuse de recibo:
“Sr. Don B. Cancela
CELANOVA (Orense)
Muy Sr. mio:
Recibo su atenta 3 del corriente, con escrito que m[e] acompaña y cuyo asunto desconozco.
Pueden proceder como mejor estimen, y sin otro motivo, saludo afectuosamente”126
.
As súas longas ausencias nos traballos da loxa foron considerables, ata o punto de
que polo menos en dúas ocasións tivo que desculparse ante os seus “irmáns”. Por exemplo,
o 27 de decembro de 1933 envioulle unha carta a Abdón Vide Villanueva xustificándose
por “mi mal estado de saluz que me acompaño poco y algunos que aceres más”127
. O 29 de
decembro deuse lectura a esta prancha (carta oficial masónica) do “irmán” Curros Enrí-
quez escusando a súa asistencia e anunciando o envío de 15 pesetas, polo que decidiron
escribirlle “manifestandole (sic) la satisfación (sic) que el tall. [taller] experimenta por su
demostracción (sic) de entusiasmo y fe mas. [masónica]”128
. O 4 de maio de 1935 escribiu
estrañado a unha correspondencia de Vide Villanueva do 1 de maio na que lle debía mani-
festar se non pensaba seguir pertencendo á masonería debido á súas ausencias, ao que o
“irmán” Cancela respondeu que
“yo mientras hayja dos hotres que me acompañen sere uno de hellos: ahora vien Como en
la ultima tenida que yo asistí se avia tomado el acuerdo de Canbiar los dias de tenida y con el Resul-
tado que uviera Vd me avisaria yo no quise Propasarme anada por que sienpre Crei que no trabaja-
rian devido alas malas consecuencias con que Tropieza nuestra orden con la politica de hoy en ma-
nos delos Viejos Ynquisidores”129
.
125
VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. e RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1996): 249.
126
CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5.
127
CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5.
128
“Tenida” ordinaria do 29 de decembro de 1933. CDMH, Fondo Masonería, leg. 434-A-3, Libro de Actas,
fol. 13vtº.
129
CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. As dúas cartas a Abdón Vide desculpándose pola súa falta de
asistencia poden verse no Apéndice documental, docs. B. 2. 6. e B. 2. 7.
- 40 -
Vista actual da rúa Encarnación (Celanova) onde se atopaba a vivenda e o negocio de Benito Cancela. Foto-
grafía do autor.
II. A CHEGADA DO FRENTE POPULAR E BENITO CANCELA Á ALCALDÍA DE CELANOVA
Celanova comezou o ano de 1936 coa decisión do Seminario de Estudos Galegos
de celebrar na vila o milenario da fundación do seu mosteiro130
. Pero pronto comezaron a
facerse patentes na vila os síntomas de crispación política que se estaban a vivir na España
daqueles momentos. De cara ás eleccións nacionais previstas para febreiro presentáronse
dous grandes bloques electorais, o que representaba á maior parte das dereitas (Frente An-
tirrevolucionario ou Frente Nacional) e o que aglutinaba aos partidos de esquerda republi-
cana e socialista, así como aos nacionalistas periféricos (Frente Popular).
130
La Zarpa, 1 de xaneiro de 1936, p. 11. Os actos do Milenario debían consistir en varias conferencias histó-
ricas, grandes festas, concertos populares e misas solemnes, aínda que non se chegarían a celebrar por mor do
golpe de estado militar dese mesmo ano.
- 41 -
O domingo 26 de xaneiro tería lugar un mitin das JAP, a organización xuvenil do
partido dereitista de Gil Robles, a CEDA, no teatro Curros Enríquez131
. O acto era unha
resposta a outro que a Federación das Mocedades Galeguistas de Celanova celebrara en
outubro de 1935 no mesmo teatro, ao que asistiron 4.000 persoas segundo os xornais
Guieiro e A Nosa Terra132
. A presentación do acto correu a cargo do notario dereitista José
Antonio Sanmartín. Polo que, moi posiblemente, fora ese o mitin do que Elixio Rodríguez
―membro fundador das Mocedades Galeguistas de Bande― lembra como un grupo de
mozos galeguistas, con Pepe Velo á cabeza, realizou a noite anterior unha pintada na Praza
Maior coa seguinte lenda: “A todos os porcos lle chega o seu Sanmartín”133
. Non sería ese
o único incidente que se produciría esa xornada xa que, segundo a crónica de La Región,
“elementos izquierdistas” acabarían por retirar os carteis propagandísticos que os rapaces
de Acción Popular colocaran pola vila. Pola súa banda, da campaña do Frente Popular na
vila só temos constancia da celebración dun mitin o 9 de febreiro no que participaron, entre
outros, José Velasco, Eligio Núñez, Enrique López, e o destacado galeguista Alexandre
Bóveda134
.
O xornal católico e dereitista La Región comentando o resultado en Celanova das
eleccións nacionais do 16 de febreiro (1.500 votos ás dereitas, 700 ao centro e 400 ás es-
querdas) fai o seguinte comentario: “habiendo perdido mucha votación las derechas por
estar lloviendo incesantemente”135
. Outra noticia característica da polarización que se vivía
na vila podémola ver no diario monárquico-conservador ABC o 11 de marzo de 1936 ―é
dicir, case un mes despois das eleccións e antes de que Benito Cancela sexa nomeado al-
calde―, que da conta dunha campaña de doazón posta en marcha polo diario madrileño
“en favor de los obreros libres pertenecientes a entidades obreras no marxistas” como
131
Na solicitude presentada polo Comité Local de Acción Popular o 23 de xaneiro perante o Concello especi-
fícase que no acto intervirán Hipólito Lorenzo, Genaro Asensio e Natalio Rodriguez, activistas xuvenís de
Acción Popular de Ourense. Véxase: AMC, Rexistro Xeral, Instancias Xerais, Escribanía-Secretaría, caixa
965, cit. por RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (2010): 99. O anuncio do acto pode verse en La Región, 24 de xaneiro
de 1936, p. 1 e o relato do acto en La Región, 28 de xaneiro de 1936, p. 6.
132
Para a noticia que recolle o xornal Guieiro no núm. 1º (1 de novembro de 1935) pode consultarse NI-
COLÁS, R. (2012): 72. Para a Nosa Terra (19 de outubro de 1935) véxase CASTRO, X. (1985): 747. Os xornais
La Región (16 de outubro de 1935, p. 6) e ABC (15 de outubro de 1935, p. 28) tamén se fan eco do acto sen
dar cifras. Alfonso Bozzo, tomando datos de La Voz de Galicia (18 de outubro de 1935), estima o número de
participantes en “400 jóvenes entre representantes y militantes de la zona”. ALFONSO BOZZO, A. (1976): 198,
nota 160.
133
Para o relato deste incidente só nos consta a versión de Elixio Rodríguez que o sitúa “nos días previos á
guerra” como pode verse en ÁLVAREZ, A. (primavera 2005): 52. Esta anécdota tamén pode atoparse en PI-
ÑEIRO, A. (2000): 44-45.
134
Cfr. RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (2010): 100. Sabemos que se solicitou permiso para a celebración de máis
actos, sen que saibamos se chegaron a ter lugar.
135
La Región, 18 de febreiro de 1936, p. 6.
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo
Benito cancela e o seu tempo

More Related Content

Similar to Benito cancela e o seu tempo

Primeiro franquismo (1939-1959)
Primeiro franquismo (1939-1959)Primeiro franquismo (1939-1959)
Primeiro franquismo (1939-1959)xosea
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...Bibliotecadicoruna
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismoalexh832
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismoalexh832
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
[Quen Somos] A. C. Fuco Buxán
 [Quen Somos] A. C. Fuco Buxán [Quen Somos] A. C. Fuco Buxán
[Quen Somos] A. C. Fuco BuxánFucobuxan
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. rubempaul
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 
Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso MonteroXesús Alonso Montero
Xesús Alonso MonteroAsnosasletras
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Tino Grandio
 
Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Tino Grandio
 

Similar to Benito cancela e o seu tempo (20)

O franquismo (1)
O franquismo (1)O franquismo (1)
O franquismo (1)
 
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
"Queriamos cambiar o mundo". Conversa con Carlos Barros (3/12/2023)
 
Primeiro franquismo (1939-1959)
Primeiro franquismo (1939-1959)Primeiro franquismo (1939-1959)
Primeiro franquismo (1939-1959)
 
Guerra Civil
Guerra CivilGuerra Civil
Guerra Civil
 
Tema 9. O Franquismo
Tema 9. O FranquismoTema 9. O Franquismo
Tema 9. O Franquismo
 
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
3. a prosa do 1º terzo do séc. xx
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismo
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismo
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
[Quen Somos] A. C. Fuco Buxán
 [Quen Somos] A. C. Fuco Buxán [Quen Somos] A. C. Fuco Buxán
[Quen Somos] A. C. Fuco Buxán
 
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España. Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
Tema 6 (4º ESO): República e ditadura en España.
 
Historia, tema 10
Historia, tema 10Historia, tema 10
Historia, tema 10
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso MonteroXesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero
 
Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20Pallares xvi 2016 06_20
Pallares xvi 2016 06_20
 
Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16Pallares xvi 2016 06_16
Pallares xvi 2016 06_16
 

Benito cancela e o seu tempo

  • 1. Benito Cancela e o seu tempo Introdución á vida dun persoeiro esquecido da nosa historia
  • 2. - 1 - Permítese e aléntase a reprodución e/ou difusión total ou parcial desta obra por calquera medio ou procedemento con fins sen ánimo de lucro.
  • 3. - 2 - Benito Cancela e o seu tempo Introdución á vida dun persoeiro esquecido da nosa historia.
  • 4. - 3 - A Beatriz Sánchez Martínez, miña irmá. A Herminia Mouriño, miña tía, in memoriam.
  • 5. - 4 - AGRADECEMENTOS Sirvan estas modestas liñas, sempre insuficientes, para mostrar o noso máis profun- do agradecemento a todas aquelas persoas que contribuíron xenerosamente á realización desta pequena obra, a nosa humilde opera prima. Algunhas delas simplemente co seu cáli- do alento e outras procurándonos, amais do seu tempo e dos seus coñecementos, un abon- doso e imprescindible material. A nivel individual, estamos en débeda co titor desta inves- tigación, o profesor Alberto Valín Fernández, polos seus indispensables apoios e as súas constantes orientacións; con Iria Fernández Ordóñez e José Carlos Ordóñez Cancela, des- cendentes de Benito Cancela, por compartir connosco as súas lembranzas familiares; e, como non podía ser doutro xeito, con Pastora Iglesias Nóvoa, Antonio Piñeiro Feijoo, José Fernández Carnicero, Juan Antonio Iglesias, Álvaro Iglesias Mouriño, Miriam Ferro Mén- dez, Aser Álvarez e o colectivo Arraianos e os profesores Xosé Ramón Campos Álvarez e Julio Prada Rodríguez. Do mesmo xeito, desexamos lembrar aquí ao resto dos profesores e profesoras da Facultade de Historia de Ourense, referentes intelectuais e persoais durante estes anos aca- démicos; ás nosas compañeiras e compañeiros de pupitre; ás nosas titoras de prácticas uni- versitarias na Fundación Curros Enríquez e na Biblioteca Municipal de Celanova ―onde comezamos a cavilar esta investigación― pola súa axuda e alento: Paula Conde e Noelia Domínguez, respectivamente; e ao resto de persoas que desempeñan a súa actividade pro- fesional no Concello de Celanova, por facilitarnos a tarefa que estabamos a realizar. Sen esquecernos do persoal das bibliotecas e arquivos que consultamos, pola súa amable aten- ción. Last, but not least, non nos gustaría rematar este prefacio sen mencionar a paciencia da nosa familia, un requisito fundamental para que este traballo chegara a bo porto. O que haxa de bo nel é grazas a todos eles; o resto, obviamente, sempre será responsabilidade do escritor destas liñas. O autor agradece o envío de calquera comentario ou crítica sobre esta pequena obra á seguinte dirección de correo electrónico: pablodosvilares@gmail.com.
  • 6. - 5 - ABREVIATURAS E SIGLAS MÁIS UTILIZADAS AGMIR: Archivo General del Ministerio del Interior. AHPOU: Arquivo Histórico Provincial de Ourense. AIMNO: Archivo Intermedio Militar Noroeste. AMC: Arquivo Municipal de Celanova. BOE: Boletín Oficial do Estado. BOPO: Boletín Oficial de la Provincia de Orense. CDMH: Centro Documental de la Memoria Histórica. CEDA: Confederación Española de Derechas Autónomas. FET y de las JONS: Falange Española y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindi- calista. FMG: Federación de Mocidades Galeguistas. JAP: Juntas de Acción Popular. l.: libro. ONU: Organización de Nacións Unidas. PSOE: Partido Socialista Obrero Español. pts.: pesetas (antiga moeda de España). s/p.: sen paxinar. TERMC: Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo. TNRP: Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas. TOP: Tribunal de Orden Público. TRRP: Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas. URSS: Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. vtº.: vuelto (folio)
  • 7. - 6 - RESUMO Resumo: Benito Cancela Rodríguez (1892-1973), o último alcalde republicano do Concello de Celanova (Ourense), segue a ser un gran descoñecido para o seus paisanos, a pesar da súa interesante vida e das investigacións que os historiadores teñen realizado so- bre el. O obxectivo deste traballo é estudar a figura histórica deste humilde e sinxelo emi- grante retornado, membro da loxa masónica ourensá Constancia nº 13, que desenvolveu o seu labor político nos meses previos á Guerra Civil (1936-1939), como representante do Frente Popular. Palabras clave: Benito Cancela, alcalde republicano, Celanova, masonería, Frente Popular, represión franquista. Abstract: Benito Cancela Rodríguez (1892-1973), the last republican mayor of Celanova’s council, in Ourense, continues being a great unknown in his own country, de- spite of his interesting live and the investigations that the historians carried out about him. The propose of this work is to study the historical figure of this humble and simple re- turned emigrant, member of the Ourense’s masonic lodge Constancia nº 13, that un- wrapped his politic work in the previous months at Spain’s Civil War (1936-1939), as Frente Popular representative. Key words: Benito Cancela, Celanova, republican mayor, masonry, Frente Popu- lar, represión franquista.
  • 8. - 7 - INTRODUCIÓN “É xa verdá notoria, reconecida abondo pola Hestoria, que ó que nunca pecou Dio-lo condena” MANUEL CURROS ENRÍQUEZ 1 I. XUSTIFICACIÓN E OBXECTIVOS DA INVESTIGACIÓN. Na tarde do 17 de xullo de 1936 unha parte do exército español destinado no Pro- tectorado de Marrocos ergueuse en armas contra o goberno da Segunda República española representado polo Frente Popular, unha coalición de partidos de esquerdas, republicanos e socialistas, recentemente elixida nas eleccións de febreiro daquel mesmo ano. A insurrec- ción foi rapidamente secundada ―na maioría dos casos sen éxito― na meirande parte das gornicións peninsulares por aqueles militares que formaban parte das diferentes tramas que conspiraban ―con anterioridade, incluso, ás eleccións xerais de 1936― para derrocar ao réxime republicano e aqueles outros milites que se lles uniron no último momento, dando comezo a un conflito bélico que fraccionou España en dous bandos. Os sublevados contaron co apoio, máis ou menos intenso, tácito ou explícito, dos cadros civís (nalgúns casos, manifestamente paramilitares) que integraban as filas dos par- tidos políticos conservadores, tradicionalistas e fascistas; da prensa católica e de dereitas que colaborou, mediante a elaboración de noticias falsas ou esaxeradas, “a crear el clima adecuado para el pronunciamiento”2 ; e daqueles sectores sociais tradicionalmente máis escorados á dereita, temerosos do reformismo republicano: aristócratas, terratenentes, car- listas, “xente de orde”, etcétera. Os alzados foron, ademais, bendicidos pola meirande parte do clero católico que os considerou unha sorte de cruzados da civilización cristiá e españo- la contra “la barbarie comunista fortalecida con las energías del Infierno”3 . A guerra re- matou en 1939 coa vitoria do bando faccioso encabezado, desde outubro de 19364 , polo militar ferrolán Francisco Franco e a implantación dunha ditadura personalista de ideoloxía 1 “No convento”, Aires da miña terra. CURROS ENRÍQUEZ, M. (1992): 198. 2 BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R. (1982): 460. 3 Así cualificou ao bando republicano o bispo de Tui nunha carta pastoral de 1936. Citado por BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R. (1982): 475. 4 BOE, núm. 138. Burgos, 29 de setembro de 1936.
  • 9. - 8 - ultramontana e reaccionaria que duraría ata a morte do xeneral en 19755 . Franco decidiu crear ex novo un estado “misional y totalitario”6 , segundo as súas propias verbas, a imita- ción dos fascismos europeos7 , destruíndo o estatus quo anterior. Nos lugares nos que, como Galiza, se impuxeron rapidamente os militares alzados procedeuse á ilegalización dos partidos políticos, sindicatos e outras organizacións, como a masonería, fieis ao bando republicano. Militantes e simpatizantes destas organizacións e, en xeral, aquelas persoas, e tamén as súas familias, que se opuxeron, criticaron ou, sim- plemente, manifestaron unha tímida adhesión ao alzamento militar foron duramente perse- guidas. Comezaron os xuízos sumarísimos, os encarceramentos, as torturas, os denomina- dos eufemisticamente paseos, a aplicación da lei de fugas e os fusilamentos ilegais sen xuízo previo aproveitando o baleiro legal que a situación creara, a pesar de que as autori- dades rebeldes contaban desde finais de xullo de 1936 cos resortes necesarios para impedir este tipo de actos, aínda que, en realidade, o que fixeron foi alentalos e xustificalos coas súas declaracións, dándolle cobertura “legal”. Os homes e mulleres que salvaron as súas vidas, ben porque tiveron precaución ou contaron con algún tipo de axuda, intentaron refu- xiarse ou exiliarse nalgún país estranxeiro que non simpatizara co novo réxime que se es- taba a instaurar. Algúns “botáronse ao monte”, onde comezaron a organizarse en guerrillas. O patrimonio dos partidos políticos, das asociacións ilegalizadas e das empresas vinculadas ás organizacións de esquerdas pasou a mans dos órganos afíns ao Movimiento8 . A repre- sión non foi espontánea, senón premeditada, cunha clara finalidade de aterrorizar á poboa- ción, axustándose ao prescrito polo xeneral Emilio Mola ―o intitulado “Director” do al- zamento― nunha Instrución Reservada de maio de 1936: “Se tendrá en cuenta que la acción ha de ser en extremo violenta para reducir lo antes posi- ble al enemigo, que es fuerte y bien organizado. Desde luego serán encarcelados todos los directivos de los Partidos Políticos, Sociedades o Sindicatos no afectos al Movimiento, aplicándoles castigos ejemplares a dichos individuos para estrangular los movimientos de rebeldía o huelgas”9 . 5 ARÓSTEGUI, J. (2006): 29 e ss. 6 Discurso de Francisco Franco, 18 de xullo de 1938 recollido no ABC de Sevilla, 19 de xullo de 1938, p. 9. 7 Así, en 1937, creouse o partido único, FET de las JONS, baixo a xefatura de Franco, mediante o chamado “Decreto de unificación” de falanxistas e carlistas, seguindo a estela doutros países de “régimen totalitario” (BOE, núm. 255. Burgos, 20 de abril de 1937) e establécese como saúdo nacional o tradicional saúdo roma- no, adoptado polos fascismos europeos, “constituido por el brazo en alto, con la mano abierta y extendida, y formando con la vertical del cuerpo un ángulo de cuarenta y cinco grados”. (BOE, núm. 187. Burgos, 25 de abril de 1937). 8 Cfr. RICO BOQUETE, E. (2005): 326. 9 Citado en REIG TAPIA, A. (1986): 146.
  • 10. - 9 - O 18 de xullo de 2005, a Sección Española de Amnistía Internacional publicou un informe no que advertía á sociedade e á xustiza españolas da débeda pendente que estas aínda tiñan ―e coido que seguen (seguimos) a ter― coas vítimas da Guerra Civil (1936- 1939) e do réxime franquista (1939-1975). O estudo fundamentaba esta denuncia facendo fincapé en que o tipo de represalias das que esta parte da poboación foi obxecto eran, no momento de ser cometidas, violacións do dereito internacional recoñecidas como crimes contra a humanidade e, polo tanto, imprescritibles 10 ; e sinalaba, na nosa humilde opinión acertadamente, como as políticas de esquecemento destes arrepiantes actos “no son ―como algúns pretenden dogmaticamente― el camino para evitar que se cometan nuevos abusos, sino la vía más rápida de que éstos se repitan”11 . Segundo feliz expresión de M. Louis Joinet, “para poder pasar páxina é necesario lela antes!”12 . Habería que esperar á promulgación da lei 52/2007 do 26 de decembro, popular- mente coñecida como Lei da Memoria Histórica, para que se declarase oficialmente a in- xustiza de “todas las condenas, sanciones y cualesquiera formas de violencia personal producidas por razones políticas, ideológicas o de creencia religiosa” durante a Guerra Civil e a posterior Ditadura Franquista (art. 2.1), así como a ilexitimidade dos tribunais que ditaron esas sentencias (art. 3.1)13 . Non obstante, algún xurista ten cualificado certos ter- mos desta lei como bastante laxos e incluso ofensivos para a memoria das vítimas e das institucións republicanas, posto que considera igualmente inxustas tódalas condenas políti- cas, independentemente de que estas fosen impostas polos tribunais do bando republicano en defensa da democracia imperante e do goberno lexítimo; ou por aqueles outros tribunais creados, ao marxe da legalidade vixente, no bando dos militares sublevados14 . Debemos criticar, asemade, a existencia no territorio español, aínda hoxe, dun tribunal especial naci- 10 Estamos a falar, por exemplo, da tortura, das execucións extraxudiciais e das persecucións por motivos políticos, relixiosos ou raciais, actos proscritos pola xurisdición de guerra (ius in bello), definidos como cri- mes de lesa humanidade desde finais do século XIX, e perseguibles como tales polo dereito internacional desde entonces. Véxase AMNISTÍA INTERNACIONAL (2005): 9, 21-24. 11 AMNISTÍA INTERNACIONAL (2005): 6. 12 “Before a new leaf can be turned, the old leaf must be read! But the campaign against impunity is not just a legal and political issue: its ethical dimension is all too often forgotten”. Véxase o punto nº 50 do Informe final elaborado por M. Louis Joinet para a ONU intitulado “The Administration of Justice and the Human Rights of Detainees. Question of the impunity of perpetrators of human rights violations (civil and political)”. Informe E/CN.4/Sub.2/1997/20. Tomado de http://www.derechos.org/nizkor/doc/joinete.html (consultado por última vez o 24/10/2014). Citado tamén en AMNISTÍA INTERNACIONAL (2005): nota 3. Podemos traducir a cita da seguinte maneira: “Para poder pasar páxina é necesario lela antes! Pero a loita contra a impunidade non é soamente unha cuestión legal e política; a miúdo esquécesenos a súa dimensión ética”. 13 BOE, núm. 310. Madrid, 27 de decembro de 2007. 14 Pode verse ao respecto JIMÉNEZ VILLAREJO, C. (2007). Agradecemos ao noso colega e amigo, Adrián Pre- sas Sobrado, que chamase a nosa atención sobre este artigo.
  • 11. - 10 - do durante a Transición para asumir, entre outras, as competencias en materia de represión, das que, ata ese momento, se ocupaba a xurisdición militar. Estamos a falar da Audiencia Nacional, herdeira, como dicimos, do Tribunal de Orden Público (TOP), encargado da represión política durante a última etapa da Ditadura, e este, descendente directo do TERMC. Cremos que este órgano xudicial viola principios democráticos fundamentais recollidos na Constitución Española de 1978 coma o dereito de tódolos cidadáns a un xuíz ordinario (art. 24.2) e a prohibición dos tribunais de excepción (art. 117.6)15 . Benito Cancela Rodríguez foi perseguido polas autoridades franquistas debido á súa dobre filiación masónica e esquerdista. Naqueles fatídicos momentos de xullo de 1936 era alcalde do Concello de Celanova, unha vila ourensá nacida ao redor do mosteiro que fun- dou ―aló polo século X― o bispo Rosendo Gutiérrez naquelas terras practicamente des- habitadas no val pechado polo monte Leboreiro. Tamén pertencía a unha loxa masónica, a ourensá Constancia nº 13, converténdose, segundo os datos que temos, no único masón coñecido na contorna celanovesa durante o período da Segunda República española. A represión da francmasonería foi unha das obsesións máis coñecidas do xeneral Franco ata o punto de converter unha suposta e delirante ameaza xudeo-masónica-marxista nun retrouso fundamental e obrigatorio das súas peroracións. Tal era a paranoia do ditador coa masone- ría que chegou a escribir varios artigos de opinión sobre o tema no diario falanxista Arriba, entre 1946 e 1951, baixo o pseudónimo de J. Boor que, posteriormente, recompilaría en forma de libro monográfico. Nesta pequena obra tentaremos de achegarnos á figura histórica de Benito Cancela á luz do tempo que lle tocou vivir, partindo das diferentes fontes ―bibliográficas, arquivís- ticas e orais― que fomos capaces de acadar. Como veremos máis adiante, a biografía ma- sónica deste persoeiro, de transcendencia local, xa foi elaborada en 1993 por Alberto Valín Fernández e a súa personalidade política tamén foi estudada por este profesor da Universi- dade de Vigo e polo seu discípulo naquel tempo, Domingo Rodríguez Teijeiro. Por iso, este traballo quere chamar a atención, fundamentalmente, sobre a calidade humana de Be- nito Cancela Rodríguez que carece, aínda hoxe, da xusta lembranza e do recoñecemento, tanto a nivel cívico como institucional, que cremos que merece por parte do Concello que 15 O texto constitucional pode verse no BOE, núm. 311. Madrid, 29 de decembro de 1978. Para unha nota crítica sobre a Audiencia Nacional remitimos ao lector ao artigo do xurista Olarieta Alberdi na revista Jueces para la Democracia. OLARIETA ALBERDI, J. M. (1997).
  • 12. - 11 - presidiu durante os meses previos á Guerra Civil e do que foi expulsado violentamente ao comezo desta16 . Partindo deste obxectivo fundamental trataremos de sintetizar o que, hoxe por hoxe, a nivel de fontes puidemos descubrir de maneira dispersa, procurando remendar os erros e encher os ocos que os anteriores estudos poidan presentar. Foron estes os princi- pais acicates que nos acabaron por empurrar durante esta investigación, e non tanto o “des- coñecemento” historiográfico sobre a biografía de Benito Cancela como, a priori, pode interpretarse do subtítulo deste traballo. A chegada á alcaldía celanovesa do noso protagonista estivo motivada pola deci- sión do gobernador civil de Ourense de cesar a corporación municipal que, practicamente, viña rexendo os destinos da vila ourensá desde a proclamación da Segunda República. O día 15 de marzo de 1936 tivo lugar o pleno para a toma de posesión do novo Concello, no que resultou elixido alcalde Benito Cancela Rodríguez, un coñecido indiano da vila e dono dun pequeno hotel que, nos meses anteriores, xa sufrira un intenso boicot por parte dalgúns dos seus intolerantes veciños, alentados polo elemento clerical da vila, tras coñecerse a súa filiación masónica e esquerdista; unha dura experiencia que o levou incluso a solicitar axu- da francmasónica ao líder republicano e tamén masón, Diego Martínez Barrio. O seu perí- odo na alcaldía celanovesa, aínda que curto no tempo, non deixaría indiferente a ninguén, nin sequera a moitos dos seus adversarios, como nos recordan os profesores Valín Fernán- dez e Rodríguez Teijeiro: “Su ánimo conciliador, desconocedor de cualquier atisbo de lógico revanchismo después de lo que había pasado, siempre propenso a buscar caminos de concordia antes que de enfrentamiento, le hicieron granjearse la simpatía y el respeto, tanto de sus correligionarios como de sus detractores u oponentes”17 . Porén, a súa estancia á fronte do Concello de Celanova viuse truncada definitiva- mente coa cuartelada de xullo de 1936. En Galiza non houbo practicamente guerra, pero si represión; e Celanova foi tristemente unha das zonas máis vinculadas a ela polo campo de 16 Posteriormente á realización deste Traballo Fin de Grao, a Xunta de Goberno Local do Concello de Cela- nova, na sesión do 7 de xullo de 2014 ―antes incluso de que este fose defendido publicamente na Facultade de Historia da Universidade de Vigo o día 9 de xullo de 2014 perante un tribunal formado polos profesores Drs. Jesús de Juana López, Julio Prada Rodríguez e Alberto Valín Fernández― acordou “iniciar un expe- diente formativo co fin de estudar a proposta máis acaída para que o nome de Benito Cancela se manteña a partir de agora e de forma permanente dentro da ampla nómina de persoeiros destacados da longa historia de Celanova”. Pola súa parte, o colectivo Arraianos promoveu unha homenaxe a Benito Cancela que tivo lugar o 28 de setembro de 2014 no Alto do Furriolo, traxicamente coñecido na contorna por ser utilizado como lugar de fusilamento de presos republicanos. Tamén nos consta o apoio da agrupación local do PSOE a unha inicia- tiva para que o nome de Benito Cancela denomine unha rúa da vila. 17 VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. e RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1996): 249.
  • 13. - 12 - concentración18 no que se converteu o monumental mosteiro de San Rosendo. Estes desta- camentos penais que proliferaron por todo o territorio rebelde actuaban, practicamente, como centros de exterminio, dado que moitos reclusos eran asasinados dunha forma directa (fusilamentos) ou indirecta, dadas as pésimas condicións de vida (fame, enfermidades, au- sencia de hixiene, amontoamento, etcétera) nas que eran recluídos e que favorecían unhas elevadas taxas de mortalidade entre os presos. En Celanova, as condicións alimentarias e hixiénicas semella que non serían moi diferentes que as do resto de penais, alomenos ata o establecemento na prisión dunha comunidade de relixiosas mercedarias, en decembro de 1939, que se ocuparía dos servizos de cociña e enfermería19 . Non foi allea tampouco a pri- sión celanovesa ás temidas sacas arbitrarias de detidos que, despois, aparecían mortos nas beiras das estradas ou no monte Furriolo20 , sen que poidamos, aínda hoxe cuantificar exac- tamente cántos foron os mortos naqueles primeiros intres da guerra. O celo dos sentinelas de Celanova por abater aos presos que se asomaban ás fiestras chegou a causar un morto e varios feridos en agosto de 193921 . Os últimos sete fusilamentos que se produciron en pri- sión foron na mañá do 22 de setembro de 193922 . Así e todo, na meirande parte dos casos non era necesaria nin sequera a liquidación física dos individuos, e do que se trataba era do aniquilamento das ideas contrarias ao réxime recentemente instaurado, o que se conseguía atemorizando á sociedade no seu conxunto coa idea da cadea, a fin de evitar calquera posi- ble oposición ao “novo Estado”, por un lado, e mediante a chamada “reeducación” dos presos, isto é, o seu adoutrinamento político ―e, sobre todo, relixioso―, polo outro. Apo- iamos esta afirmación citando as verbas do historiador Domingo Rodríguez Teijeiro na “Introdución” da súa obra “Longa noite de pedra” no mosteiro de San Salvador: “Pero por aniquilación e exterminio non cabe unicamente entender á (sic) eliminación física ―aínda que tamén pretendida dende certos sectores do réxime―, o que tería resultado imposible de levar a cabo polas dimensións que acadaría. Trátase doutro tipo de aniquilación máis sutil a que se tenta de acadar por medio da reclusión e das condicións en que esta ten lugar. O que se pretende e 18 O devir da prisión que se estableceu en Celanova foi amplamente estudado polo profesor Rodríguez Teijei- ro no seu libro“Longa noite de pedra” no mosteiro de San Salvador. Represión e Reclusión en Celanova (1936-1943). 19 Cfr. RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 47, 60 e ss. 20 Sobre o Furriolo pódese ver o artigo publicado polo profesor Julio Prada na revista Arraianos: PRADA RODRÍGUEZ, J. (primavera 2005). 21 Cfr. RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 103-104. 22 RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 68. Nos correspondentes asentos do Rexistro Civil constan como causas das mortes, as de hemorraxias internas e externas. Era bastante frecuente camuflar as mortes por represión con termos que facían referencia unicamente ás causas inmediatas, biolóxicas, da morte, tales como hemo- rraxia, anemia aguda, asistolia, asfixia, shock traumático, efectos da guerra, acción das armas militares, etcé- tera.
  • 14. - 13 - inutilizar e amedrentar ó opositor ata tal punto que se consiga un sometemento total e absoluto ás di- rectrices que está impoñendo o novo réxime, separando, mentres non se acada esto (sic) ó potencial ―ou real― elemento de discordia da comunidade nacional”23 . Vista da fachada do mosteiro de Celanova nun debuxo de mediados do s. XIX. Tomado do Reglamento para el Seminario de las Escuelas pías de San Rosendo de Celanova. 23 RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 24.
  • 15. - 14 - O 19 de xullo reuniuse o pleno do Concello nunha sesión ordinaria que comezou ás once da mañá e terminou una hora e media despois, segundo consta na acta dese día24 . Os asuntos tratados nesa xuntanza foron, tal e como os cualifica o historiador Rodríguez Tei- jeiro, “de mero trámite sen que, paradoxicamente (sic), se faga na mesma a menor referen- cia á difícil situación política que está a atravesar o país”25 . Non obstante, a pesar de non reflectirse no Libro de Actas, ese mesmo día 19 constituíuse no concello un comité popular formado, posiblemente, polos concelleiros e outros militantes esquerdistas da vila, e presi- dido polo propio alcalde. Aínda que a súa actuación foi escasa no tempo, merece especial mención a actitude pacificadora que mostrou naqueles instantes de incerteza o entonces rexedor, salvándolle, posiblemente, a vida a algúns membros do clero, das organizacións de dereitas ou das clases sociais máis elevadas da pequena vila de Celanova, que neses momentos eran vistos polos seus compañeiros máis radicais como brancos preferidos da “violencia revolucionaria”, evitando, ademais, coa súa actitude ponderada, segundo mani- festan sorprendentemente documentos oficiais das autoridades franquistas, que fose asalta- do o propio edificio monacal26 . Ao día seguinte, mentres esperaban ordes do Gobierno Ci- vil de Ourense, presentouse ante eles o tenente da Guardia Civil, xefe da comandancia de Celanova, o allaricense Manuel Barreiros, solicitando, pistola en man, a súa rendición in- condicional, non sen antes advertir aos seus subordinados: “Si dentro de cinco minutos no bajo, entráis al asalto y fuego a discreción”. O comité popular rendeuse inmediatamente, sen opor resistencia27 . Foi a partir de entón cando o refectorio do vello cenobio bieito comezou a operar como prisión, debido ao desbordamento da Prisión de Partido que se atopaba na vila para encarcerar aos inimigos políticos da comarca, ata que se habilitaron as celas do claustro do Poleiro a fin de poder recibir aos presos políticos que habían de ser trasladados desde a Prisión Provincial de Ourense, converténdose en Prisión Provisional ou habilitada ata 1938, cando pasa a ser denominada Prisión Central “plenamente autónoma da provincial e destinada a acoller presos políticos con sentencia firme que deberían cumprir aquí a súa condena, categoría esta que mantería ata o seu peche definitivo no ano 1943”28 . Nesta úl- tima etapa, os muros do mosteiro concentraron, aproximadamente, 986 reclusos en 1938; 24 AMC, Actas de la Corporación, libro 20, Sesión ordinaria, 19 de xullo de 1936, fols. 95r-96r. 25 RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (2010): 174. 26 Cfr. VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 127 e RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 31. 27 Seguimos neste punto o relato de Fernández Santander. Cfr. FERNÁNDEZ SANTANDER, C. (2000): 270. 28 RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 25.
  • 16. - 15 - 1.564 en 1939; 1.600 en 1940; 1.047 en 1941; 1.165 en 1942 e 1.551 en 194329 . Da etapa anterior, entre 1936 e 1938, os datos oficias son máis ben escasos e os relatos doutro tipo de fontes, pouco fiables. Elixio Rodríguez, que a piques estivo de ser fusilado no Alto do Furriolo, lembra nas súas Memorias: “Aínda que a cada día chegaban uns dez ou quince novos detidos, a poboación mantíñase bastante estable, porque cada noite deixaban o lugar aproximadamente outros tantos, que eran saca- dos a ‘dar o paseo’, mediante unha chamada ‘orde de liberdade’ expedida polo goberno militar que os falanxistas se encargaban de converter en pena de morte”30 . O profesor Teijeiro considera esta cifra aportada por Elixio Rodríguez esaxerada inconscientemente, se cadra pola conmoción tráxica do momento ou o tempo transcorri- do31 . Tomando ao pé da letra o testemuño de Elixio, durante os 40 días que estivo en pri- sión terían sido 600 os fusilados na prisión de Celanova. Unha cifra imposible, de ter en conta que o máis detallado e recente estudo realizado sobre a represión en Ourense polo Dr. Prada, a pesar das dificultades coas que se atopa o estudoso para unha cuantificación exacta e as debidas precaucións, durante o período que vai de xullo de 1936 ata decembro de 1940, en toda a provincia de Ourense, as vítimas da represión sumarían, aproximada- mente, 648 persoas, entre fusilamentos tras sentencia, fusilamentos sen formación de cau- sa, persecución, represión “paralegal” e mortes no cárcere32 . Do que non cabe dúbida é de que Celanova converteuse, durante a guerra, na “vila da morte” para as vítimas da repre- sión fascista. Así aparece denominada nunha crónica de 1937 publicada polo ABC republi- cano de Madrid na que se recolle o testemuño de catro comunistas enrolados á forza na cuarta bandeira do Tercio que conseguiran pasarse ao bando republicano: “― ¿Cuántos fusilamientos habrán efectuado en Orense entre la población civil? ― Con seguridad, pasan de tres mil. Nosotros fuimos detenidos por nuestra significación izquierdista, conduciéndonos al convento de San Rosendo, conocido entre nosotros por la ‘Villa de la Muerte’, instalado en Celanova, a unos 25 kilómetros de Orense. Allí éramos unos 130 presos. Fuimos apaleados, y nos hacían confesar, comulgar y llevar escapularios. Cada noche sacaban unos cuantos y eran fusilados, mientras soltaban a todos los perros de la villa para que sus aullidos amor- tiguasen el ruido de los disparos. Días después pidieron voluntarios para ir al frente, no consiguien- 29 Cfr. RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 53. 30 RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ, E. (2007): 59. 31 Cfr. RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 32. 32 PRADA RODRÍGUEZ, J. (2004): 579. O propio profesor Prada advirte unhas páxinas antes das dificultades e esixencias para contabilizar as vítimas do franquismo, o que leva consigo que as cifras, posiblemente, pequen máis por defecto que por exceso.
  • 17. - 16 - do ni un solo hombre. Entonces volvimos a ser maltratados brutalmente, distinguiéndose por su en- sañamiento el esbirro de Falange capitán Montenegro. Más tarde, los comprendidos entre los dieci- séis a cuarenta años, fuimos obligados a enrolarnos en el Tercio”33 . O historiador Domingo Rodríguez Teijeiro constatou o ingreso no mosteiro-prisión de Celanova de catro dos concelleiros da corporación frentepopulista: José Borrajo, Enri- que López, Abel Carvajales e José Abraldes. Polo que é de supoñer que o resto da corpora- ción correra a mesma sorte34 , de non ser que conseguiran esconderse, como foi o caso do alcalde. Benito Cancela conseguiu eludir durante a guerra as represalias do novo réxime, manténdose escondido e a salvo nunha habitación que, a modo de zulo, lle construíran na súa casa, mentres a súa familia facíalle crer ás autoridades e aos veciños que conseguira fuxir a Cuba. A súa “desaparición” non evitou, porén, que fose xulgado e condenado in absentia. Cando decidiu “reaparecer”, unha vez finalizada a guerra, créndose a salvo dunha “xustiza” fascista que insistía constantemente na clemencia para con aqueles que non co- meteran crimes de sangue; foi, entonces, cando a maquinaria represora do novo Estado comezou a actuar. II. ESTRUTURA E METODOLOXÍA Tense sinalado a biografía como o xénero historiográfico paradigma do individua- lismo metodolóxico35 , do retorno do suxeito individual36 . Non obstante, nesta investigación decidimos optar por non obviar a influencia do entorno sobre o individuo biografiado, evi- 33 Luís G. de Molina, “Orense, víctima del terror faccioso” en ABC de Madrid, 20 de marzo de 1937, p. 11. Novamente atopámonos ante un cálculo desmesurado dos fusilamentos franquistas. Véxase, supra, a nota anterior. Por outro lado, valga como exemplo dos “voluntarios forzosos” que cita o artigo unha orde do go- bernador civil do día 6 de marzo de 1937, pola que obriga a 31 presos a enrolarse na Bandera de Falange. AHPOU, Fondo Prisión Provincial, Celanova, Correspondencia, 1919-1944, caixa, 13.041. 34 Cfr. RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999): 32. Neste sentido, puidemos atopar no AHPOU unha “orde de liber- dade” do 28 de agosto de 1936 referente a varios presos, entre eles o, xa citado, Enrique López Molina e, os tamén concelleiros, Francisco Díaz Díaz e Constantino Feijoo, entre outros presos. Curiosamente, Enrique López Molina volvería ser posto en liberdade o 5 de novembro de 1936. AHPOU, Fondo Prisión Provincial, Celanova, Correspondencia. 1919-1944, caixa 13.041. Parece que Enrique López conseguiría finalmente pasar a fronteira con Portugal e de aí exiliarse en Francia, e Francisco Díaz comezaría unha nova vida en Arxentina. Cfr. PRADA RODRÍGUEZ, J. (2004): 290. 35 Foi o discípulo de Karl Popper, J. N. Watkins, quen máis vehementemente propuxo a aplicación do indivi- dualismo metodolóxico ás chamadas ciencias sociais, e, en especial, á Historia. A dicir de Watkins “Los constituyentes últimos del mundo social, son las personas individuales que actúan más o menos apropiada- mente a la luz de sus disposiciones y de la comprensión de sus situaciones”. Citado por: SCHWARTZ, P. (1970): 134. Porén, para Pedro Schwartz, este principio reducionista sería aplicable, aínda que con obxec- cións, ás biografías e ás historias xerais, pero non, por exemplo, á historia económica. Cfr. SCHWARTZ, P. (1970): 135. 36 Cfr. HERNÁNDEZ SANDOICA, E. (2004): 403.
  • 18. - 17 - tando caer no erro de considerar a este último como un ente illado do mundo que o rodea. Como se poderá comprobar, a estrutura do relato está determinada polo intento de explicar a figura de Benito Cancela tentando manter unha orde cronolóxica e tendo como marco espacio-temporal os lugares e os contextos históricos polos que decorreu a súa vida. Comezamos esta investigación cun proemio, previo ao corpo do traballo, no que in- troducimos as cuestións xerais sobre a xustificación e os obxectivos, a estrutura e metodo- loxía, e o estado da cuestión. A continuación, tres grandes epígrafes nos que tentaremos “situar” a Benito Cancela no seu tempo histórico. Na primeira parte tentaremos de facer unha humilde introdución para explicar a situación socioeconómica da Galiza na que naceu Benito Cancela e que o levou a engrosar a lista dos emigrantes galegos en Cuba e a súa evolución na illa antillana. No segundo bloque estudaremos a súa pertenza á masonería e as súas relacións progresistas e republicanas que o levaron a ser alcalde de Celanova coa coalición do Frente Popular. O último apartado estará destinado á recuperación da súa historia como vítima da represión orquestrada polo réxime do xeneral Franco, perseguido polas súas ideas políticas e masónicas, afondando na súa estancia en diferentes prisións do territorio español. Metodoloxicamente, este traballo realizouse fundamentalmente grazas a dous tipos de fontes: por un lado, as fontes escritas que puidemos recoller en diferentes arquivos e bibliotecas e, por outro, os testemuños orais que obtivemos das conversas, conveniente- mente gravadas, que mantivemos con José Carlos Ordóñez Cancela e Iria Fernández Ordó- ñez, o neto e a bisneta de Benito Cancela respectivamente, e con Pastora Iglesias Nóvoa, coñecedora da familia37 . Testemuños orais que, como é acostumado facer nestes casos, tentamos someter a un rigoroso exame crítico contrastándoos, na medida do posible, coas fontes escritas, para rectificar as posibles distorsións que a distancia cos feitos puidera ha- ber ocasionado na memoria dos informantes. En canto ás fontes documentais destacamos, pola súa importancia, en primeiro lu- gar, os arquivos nos que foron acadadas. Trátase do Arquivo Municipal de Celanova (AMC), do Centro Documental de la Memoria Histórica (CDMH) ―antigo Archivo Histórico Nacional (Sección Guerra Civil)― de Salamanca, do Archivo General del Ministerio del Interior (AGMIR), do Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AH- 37 Conversas mantidas o 19 de novembro de 2013, o 3 de abril de 2014 e o 8 de maio de 2014, respectiva- mente.
  • 19. - 18 - POU) e do Archivo Intermedio Militar Noroeste (AIMNO). No AMC consultamos fun- damentalmente os Libros de Actas dos plenos do Concello daquel período, un material imprescindible para “comprender” as iniciativas que o malogrado grupo municipal frente- populista de Celanova pretendía levar a cabo nesta vila ourensá. De vital importancia ta- mén foi a documentación que se custodia no CDMH: o expediente masónico de Benito Cancela Rodríguez e os Libros de Actas da loxa ourensá Constancia nº 13, ademais de dous expedientes do Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas (TNRP)38 . No AHPOU atopamos varios expedientes incoados por exhorto do Juzgado Militar Especial de Incautaciones o Confiscaciones e do Tribunal Regional de Responsabilidades Polí- ticas (TRRP) da Coruña39 , así como un expediente penal relativo ao seu paso pola prisión de Ourense. Grazas ao persoal da Sección de Documentación da Secretaría General de Instituciones Penitenciarias puidemos achar o resto da documentación penal de Benito Cancela, ata agora inédita, e así tratar de reconstruír a súa estadía en diferentes prisións do Estado español. Trátase de dous expedientes penais ―custodiados un no AGMIR e o outro no Centro Penitenciario de Burgos― e unha ficha do Centro Penitenciaro de El Puerto I40 . Por último, no AIMNO, puidemos consultar ―grazas á intercesión do Dr. Pra- da― as dilixencias previas que se levantaron contra a filla de Benito Cancela, Josefa Can- cela Rúa, pola súa relación cun dos presos do mosteiro celanovés41 . Polo que respecta ás fontes hemerográficas, consultamos os xornais de ámbito ou- rensán La Región (conservador) e La Zarpa (agrarista) ―no Arquivo Municipal de Ouren- se e na Biblioteca da Deputación de Ourense, respectivamente― en busca de calquera no- ticia sobre Celanova ou Benito Cancela entre o 1 de xaneiro de 1936 e o 19 de xullo de 1936, emporiso os resultados foron máis ben escasos. Co mesmo obxectivo consultamos a hemeroteca dixital do diario de ámbito nacional, e de tendencia conservadora, ABC. Balei- ramos, asemade, varios libros e artigos referentes a algún aspecto do período histórico que lle tocou vivir ao noso protagonista e que o lector poderá atopar no apartado corresponden- te ás fontes no final do noso discurso. Estamos a falar principalmente de bibliografía sobre 38 Tanto a documentación masónica de Benito Cancela como a da loxa Constancia nº 13 foron utilizadas por primeira vez polo Dr. Alberto Valín en VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b). O acceso ás actas da loxa ou- rensá debémosllo agradecer a Antonio Piñeiro Feijoo. O resto da documentación aos técnicos do CDMH. 39 O Dr. Prada xa utilizou previamente esta documentación na súa tese de doutoramento, titulada Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Véxase PRADA RODRÍGUEZ, J. (2004). 40 Agradecémoslle publicamente aos membros da Secretaría General de Instituciones Penitenciarias e aos arquiveiros do Ministerio del Interior que nos enviaran, tan dilixentemente, fotocopias desta documentación. 41 Esta documentación militar xa foi tratada polos profesores Julio Prada Rodríguez e Domingo Rodríguez Teijeiro. Véxase RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. e PRADA RODRÍGUEZ, J. (2000) e PRADA RODRÍGUEZ, J. (2004).
  • 20. - 19 - a emigración galega, particularmente a que tivo Cuba como destino; sobre a masonería, especialmente a masonería galega e ourensá; sobre a historia de Celanova na II República; e sobre a represión franquista, fundamentalmente a que operou na bisbarra de Celanova. Por último, desexamos aclarar que decidimos manter a denominación en castelán dos par- tidos, organizacións e institucións que se titularon empregando ese idioma, por unha cues- tión de rigor histórico e co fin de evitar equívocos. III. ESTADO DA CUESTIÓN A pesar de que este traballo pretende incidir, como reza o seu propio título, sobre Benito Cancela e o seu tempo, perdoarásenos que no seguinte estado da cuestión, para máis claridade, fagamos referencia unicamente aos estudos nos que aparece mencionado Benito Cancela Rodríguez, obviando o resto da bibliografía relacionada co contexto histórico e que o lector poderá atopar ao final deste traballo. Como é de supoñer, a figura do destacado alcalde republicano e masón de Celanova foi estudada na maior parte das veces dentro de estudos xerais máis amplos e que, no mellor dos casos, só lle dedican unhas poucas páxi- nas. Por este motivo, no presente exercicio bibliográfico faremos referencia, sempre que nos sexa posible, ás páxinas concretas dos traballos onde aparece citado. Segundo as indagacións que realizamos, non sería ata a década dos noventa do sé- culo pasado cando a traxectoria de Benito Cancela fose salientada por parte da historiogra- fía. Máis concretamente debemos situarnos no ano 1993, cando se publicou o xa citado estudo sobre a masonería ourensá do profesor Valín Fernández, no que lle dedicou catro páxinas ao percorrido masónico de Benito Cancela, converténdose no primeiro achega- mento histórico á súa vida42 . Se ben contamos cunha mención anterior nun pequeno artigo de Antonio Piñeiro43 , que ten como obxecto de estudo a figura de Celso Emilio Ferreiro ―concelleiro, por uns días, da corporación que presidía Benito Cancela―, que non pode- mos obviar, pero que tampouco consideramos suficientemente relevante, aínda que foi o primeiro en sinalar a súa filiación masónica. Na primeira edición do ensaio de Carlos Fer- nández Santander en 1982 sobre o alzamento en Galiza non aparece ningunha alusión ao alcalde de Celanova ao falar da constitución dun comité de resistencia e da toma do poder 42 VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 124-128. 43 PIÑEIRO, A. (1991): 160-161.
  • 21. - 20 - polo comandante da garda civil neste concello ourensán44 . Tampouco aparece o seu nome por ningún lado na guía sobre Celanova que escribiu Cid Rumbao45 , se ben deste autor non puidemos consultar a súa derradeira obra sobre esta vila publicada en 1994. Tendo en conta estes antecedentes, foi o profesor Alberto Valín o primeiro en ache- garse á figura de Benito Cancela e tentar reconstruír a súa biografía masónica. Non obstan- te, o historiador lucense, interpretando o expediente masónico de Benito Cancela, concluíu que este cruzara a fronteira con Portugal e se exiliara en Cuba despois do alzamento mili- tar46 , un erro que se encargaría de rectificar nun artigo conxunto con Domingo Rodríguez Teijeiro, seguindo o testemuño de Estrella Ordóñez Cancela, neta do que fora alcalde de Izquierda Republicana no Concello de Celanova47 . Este relatorio, titulado “Aproximación biográfica a Benito Cancela Rodríguez: un masón en la alcaldía de Celanova bajo el Frente Popular” é o estudo máis completo e o único dedicado integramente a analizar a súa figura, xa que non só inclúe a súa biografía masónica, senón que tamén trata, amplamente, o seu labor como alcalde e a súa posterior represión. A Rodríguez Teijeiro debémoslle, tamén, varios estudos sobre o Concello de Celanova durante a Segunda República48 e o devir da prisión que se instalou, entre 1936 e 1943, no antigo cenobio bieito49 . A todo isto hai que engadir o libro do profesor Julio Prada Rodríguez sobre o alzamento, a guerra civil e a re- presión en Ourense, parte da súa tese de doutoramento defendida en 200450 . Quédannos por sinalar pequenas referencias a Benito Cancela relativas a diferentes aspectos moi concretos da súa vida. Por exemplo, o profesor X. M. Núñez Seixas, nun arti- go sobre a emigración de retorno, cita a Benito Cancela coma o exemplo típico do indiano triunfador, acomodado e influenciado polas ideas progresistas da masonería51 . Importante tamén é a obra de Fernández Carnicero sobre o protestantismo ourensán, na que lle dedica unhas liñas á igrexa protestante de Celanova que se estableceu nos baixos do Hotel Cuba, que rexentaba o, por aquel entón, alcalde de Celanova52 . A Fernández Carnicero temos que agradecerlle, así mesmo, que nos fornecese as referencias protestantes sobre Celanova pu- 44 FERNÁNDEZ SANTANDER, C. (1982): 246. Porén, na última obra deste autor sobre o tema si que aparece o nome de Benito Cancela. Véxase FERNÁNDEZ SANTANDER, C. (2000): 270-271. 45 CID RUMBAO, A. (1989): 64-65. 46 VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 128. 47 VALÍN FERNÁNDEZ, A. e RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1996). 48 RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (2010). 49 RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1999). 50 PRADA RODRÍGUEZ, J. (2004): 288-293. 51 NÚÑEZ SEIXAS, X. M. (1998): 565, nota 23. 52 FERNÁNDEZ DÍAZ, J. L. (2009): 78.
  • 22. - 21 - blicadas en Echoes of Service. Por último, sinalar a, na nosa humilde opinión, errada rela- ción que establece García López entre Benito Cancela e o personaxe alcumado Agipró da obra A taberna do galo de Celso Emilio Ferreiro53 e que máis adiante tentaremos explicar. Fotografía de varios reclusos no mosteiro-prisión de Celanova, tomada de PIÑEIRO FEIJOO, A. e GONZÁLEZ GARCÍA, M. A. (2007): 37. 53 GARCÍA LÓPEZ, J. A. (2012): 60.
  • 23. - 22 - CAPÍTULO 1 DE GALIZA A CUBA “¿Que lle ofrecedes na nativa terra a ese que a cruzar vai mares de fel? ¿Resinación? ―Con ela non se come ... ¿Fe? ―¡Non lle basta a fe! ...” MANUEL CURROS ENRÍQUEZ 54 I. LAMPAZA: NACEMENTO E INFANCIA Benito Cancela veu ao mundo na tarde do 22 de agosto de 1892 en Padroso, un lu- gar da parroquia de Lampaza, no concello limiao de Rairiz de Veiga55 . Este concello, limí- trofe co Partido Xudicial de Celanova, está formado polas parroquias de Candás, Congos- tro, Guillamil, Lampaza, Ordes, Rairiz de Veiga, Sabariz e Zapeaus. Pascual Madoz, apro- ximadamente en 1845 ―é dicir, unhas décadas antes de nacer Cancela― censou en Rairiz de Veiga 770 veciños e 3.850 almas. Nese mesmo momento, había en Lampaza 102 casas e 450 almas repartidas entre os lugares de Castrelo, Crespos, Gándara, Lama de Paio, Lampaza e Padroso. Lampaza contaba, ademais, cunha escola de primeiras letras frecuen- tada por 20 nenos. A base da subsistencia dos seus habitantes ―segundo sempre o Diccio- nario Geográfico-Estadístico-Histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Ma- doz― eran o cultivo de centeo, patacas, liño e castañas; a cría de gando bovino, lanar e cabrún; a caza de lebres, coellos, perdices e paspallás así como a pesca de troitas. No to- cante a súa escasa industria destacaba a produción agrícola e de fariña, así coma fabrica- ción de lenzos ordinarios56 . Ata o momento, os historiadores Alberto Valín Fernández e Domingo Rodríguez Teijeiro, sinalaban como lugar de nacemento a aldea de Lampaza, pertencente á parroquia 54 “A emigración”, Aires da miña terra. CURROS ENRÍQUEZ, M. (1992): 184. 55 Así consta na súa partida de nacemento. Rexistro Civil de Rairiz de Veiga, Sección 1ª, t. 19, nº 122, fol. 16vtº. Os seus pais eran José Cancela, natural de Padroso e Modesta Rodríguez, natural de Gándara, na mes- ma parroquia de Lampaza. O nome hérdao do seu avó paterno, natural de Crespos, ao que non chegaría a coñecer. Remitimos ao lector ao documento B. 1. 1. do Apéndice documental. 56 Véxanse ao respecto as entradas Rairiz de Veiga e Lampaza (Sta. María) no Diccionario Geográfico- Estadístico-Histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz.
  • 24. - 23 - celanovesa de Barxa57 . Este erro ―documental e historiográfico, ao que sempre foi allea a familia―, froito, sen dúbida, da confusión entre as dúas lampazas, debeuse a que na do- cumentación manexada polos dous autores ―basicamente o seu expediente masónico― ou ben non aparece de qué Lampaza se trata ou ben aparece erroneamente como a Lampaza celanovesa58 . A vila de Padroso viu nacer a Benito Cancela en 1892. Vista actual. Fotografía do autor. Da súa infancia pouco máis sabemos que debeu ser moi similar á de calquera outro neno nacido no rural galego a finais do século XIX e principios do XX. Fillo de labregos e membro dunha familia numerosa, o máis posible é que se encargase desde moi pequeno de axudar á súa familia nas tarefas do agro recibindo, se cadra, un nivel de instrución mínimo nalgunha precaria escola rural á que non asistiría máis que en contadas ocasións, cando as súas faenas llo permitisen59 . Desde os once anos, aproximadamente, acompañou aos seus 57 Cfr. VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 124 e VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. e RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1996): 246, respectivamente. 58 Véxase CDMH, leg. 714, exp. 5. Debemos recordar que esta documentación é a que manexaban os propios órganos encargados da represión. 59 Tanto é así, que o poderíamos cualificar como semianalfabeto ou analfabeto funcional. A pesar de que sabía ler e escribir, pódense comprobar serias dificultades co léxico e a ortografía españolas en varios dos
  • 25. - 24 - paisanos na periódica emigración interior que tódalas primaveras os mobilizaba para traba- llar nas labores da sega en Castela60 ata que viu na emigración a Cuba, como tantos outros galegos, unha vía para escapar da pobreza secular que afectaba ao rural galego61 . II. A CHEGADA A CUBA Na carta que Benito Cancela lle enviou ao líder republicano Martínez Barrio en 1936, cando a súa situación en Celanova se fixo insostible pola presión dos elementos con- servadores e clericais da vila, como veremos máis adiante, Benito comenta, coa súa pecu- liar ortografía, “Yo querido y Onorable Benerable maestro estuve 25 años por las ameri- cas”62 . De aí deducimos, se temos en conta que o seu retorno definitivo foi en 1932, que a súa chegada a Cuba debeu ser, aproximadamente, en 1908, cando só contaba con 15 anos. Unha idade que, de ter en conta o testemuño de Antonio Fernández Saavedra (nado en 1910), exemigrante de Sillobre (Fene), debía ser bastante común entre os galegos que de- cidían construír a súa vida alén mar: “Dentro de un par de meses iba a cumplir trece años y ya me creía en condiciones de em- prender el vuelo, al fin y al cabo mi hermano Anselmo y todos mis tíos, residentes en La Habana, emigraron más o menos a esa misma edad. Esta era una edad en la cual les atacaba el sarampión de emigrar a todos los chicos de la aldea. Si se hacía memoria, casi todos los vecinos (que eran mu- chos) habían emigrado a esa temprana edad. Pero este sarampión no atacaba solamente a los vecinos de Sillobre, se extendía a toda Galicia”63 . escritos que del se conservan, especialmente nos seus escritos máis persoais e secretos, os relacionados coa masonería, que necesariamente debía redactar el. Tamén pode ser que adquirira eses mínimos coñecementos na loxa masónica de Cuba que lle deu a luz. Segundo nos comentou o Dr. Valín, as loxas cubanas foron bas- tante permeables en canto á admisión de analfabetos ―algo non contemplado, en principio, pola masone- ría― e a consecuente formación posterior destes membros. 60 O dato da súa participación na sega obtivémolo das conversacións con José Carlos Ordóñez Cancela [19 de novembro de 2013] e Iria Fernández Ordóñez [3 de abril de 2014]. A emigración temporal de segadores co- mezaba, maioritariamente, no mes de maio. E era a finais do verán ou a principios do outono cando retorna- ban cos xornais obtidos. Os segadores ían en cuadrillas formadas maioritariamente por homes, organizadas xerarquicamente segundo rangos. Á fronte deles un maioral, seguido dun trasmaioral, varios segadores e un atador por cada dous segadores. Cfr. JUANA LÓPEZ, J. DE e VÁZQUEZ GONZÁLEZ, A. (2005): 427. 61 “Pobres. O territorio enteiro de Galicia estaba habitado por un pobo de pobres. Unha política brutal, favo- recedora dos intereses das clases dominantes, guindaba á proletarización a grande parte da poboación galega. A mendicidade, a bandidaxe ou a emigración, para os máis ousados, son as saídas que ofrece o bloque social dominante”. SIXIREI PAREDES, C. (1995): 58. 62 Carta de Benito Cancela a Diego Martínez Barrio con data do 3 de febreiro de 1936. Véxase CDMH, leg. 714, exp. 5. 63 FERNÁNDEZ SAAVEDRA, A. (1986): 19-20.
  • 26. - 25 - Benito Cancela non foi o único, senón un máis dos milleiros de galegos que, entre 1880 e ata 1930 ―cando a crise económica mundial do ano anterior, a famosa Gran Depre- sión de 1929, se encargou de frear os movementos migratorios64 ― participaron na ola mi- gratoria masiva con destino a América65 . O perfil do emigrante era, nunha altísima porcen- taxe, o dun varón novo, solteiro e procedente do medio rural. Para a profesora Naranjo Orovio, a emigración galega sería “una necesidad impuesta por el sistema económico- social de Galicia”66 . Da mesma opinión é o profesor Campos Álvarez, quen sinala que as causas deste éxodo masivo a América están directamente relacionadas cos problemas soci- oeconómicos da Galiza decimonónica67 . Estamos a falar dunha poboación maioritariamen- te rural, analfabeta ou analfabeta funcional, atrasada tecnolóxica, industrial e comercial- mente, asolada periodicamente por crises de subsistencia e incapaz de absorber o continuo excedente demográfico que non deixa de crear. Neste caldo de cultivo, idóneo para que proliferase a pobreza, agravado polo caciquismo e a presión tributaria, o principal motivo da diáspora sería o desexo dos emigrantes de mellorar as súas condicións de vida. A emi- gración converteríase así nunha válvula de escape para as tensións sociais, xa que, en opi- nión dalgúns, “mejor era esto que hacer una revolución para la cual no estaban prepara- dos y en la cual seguramente habían de ser vencidos”68 . 64 A Lei de Nacionalización do Traballo, tamén coñecida como Lei do 50 %, do 18 de novembro de 1933, estableceu que, alomenos, un 50 % dos traballadores dunha empresa debían ser nativos ou nacionalizados. Cfr. NARANJO OROVIO, C. (1988): 229-230. 65 Entre 1885 e 1930 máis de 900.000 galegos emigrarían a América. Cfr. CAMPOS ÁLVAREZ, J. R. (1995): 124. Cuba sería, xunto con Arxentina e Brasil, un dos principais lugares de destino elixidos por estes emi- grantes, sobre todo a partir de 1913 polo aumento da produción azucreira e ata 1921, cando esta industria entrou en declive debido á baixada internacional dos prezos do azucre. Cfr. NARANJO OROVIO, C. (1988): 43. Segundo estimacións de Vidal Rodríguez, que chaman a atención pola súa precisión, entre 1899 e 1933, foron 361.232 os galegos que emigraron a Cuba. Cfr. VIDAL RODRÍGUEZ, J. A. (2008): 25. En Cuba soou por primeira vez o Himno Galego o 20 de decembro de 1907, ondeou a bandeira de Galiza o 25 de xullo de 1904 e naceu a Real Academia Galega en 1905. Cfr. GUERRA VILABOY, S. (2009): 242. 66 NARANJO OROVIO, C. (1988): 28. 67 CAMPOS ÁLVAREZ, J. R. (1995): 123. 68 Eco de Galicia, 1 de setembro de 1918, s/p. Así se expresaba, en 1918, o articulista Constantino Piquer, a modo de prolepse, tentando de vaticinar o que se diría no futuro da emigración galega. Por aquela época, Castelao tamén escribiu ao pé dun dos seus gravados do álbum Nós: “En Galiza non se pide nada. Emígrase”. Véxase a lámina nº 32 en RODRÍGUEZ CASTELAO, D. A. (1975): s/p. A edición príncipe deste libro é de 1931, aínda que os debuxos foron realizados, segundo nos conta o propio Castelao no limiar, entre os anos 1916 e 1918. O economista e ensaísta, Xosé Manuel Beiras sinala que “a emigración galega supón a renuncia á re- volta”. Véxase BEIRAS, X. M. (2008): 224. Similar é a explicación que nos aporta o historiador Xosé Ramón Barreiro: “El recurso de América actuará de válvula de escape para un pueblo que nunca optó por el camino de la revuelta porque siempre tenía abierta la posibilidad de América. El gallego no se revelaba (sic), hacía la maleta”. BARREIRO FERNÁNDEZ, X. R. (1984): 31. O resaltado é noso. Para o profesor Sixirei, en cambio, a emigración revelaríase como unha “forma muda, pero elocuentísima” de protesta por parte dos labregos. SIXIREI PAREDES, C. (1995): 57.
  • 27. - 26 - Podemos sinalar tamén outras causas ―non excluíntes coas anteriores, nin entre si― como librarse de facer o servizo militar obrigatorio nunha España en constante confli- to bélico (guerras carlistas, Marrocos...) ou evitar persecucións políticas e/ou relixiosas ―ou, mellor dito, clericais―, como foi o caso do vate de Celanova, o francmasón Manuel Curros Enríquez69 , un referente para tódolos galegos de alén mar, como se pode comprobar amplamente nos xornais editados pola comunidade galega emigrante, e, curiosamente, o nome simbólico que utilizaría Benito Cancela como masón. Esta ola migratoria insírese no proceso de globalización que a revolución das comunicacións orixina a finais do século XIX, e cuxas consecuencias máis visibles serían a mellora dos transportes, o abaratamento dos fretes e a redución das viaxes. Así o explica o economista e ensaísta Xosé Manuel Bei- ras70 : “Co século XIX, a emigración galega inscríbese de cheo no proceso do desenvolvemento capitalista polo mundo adiante. E é entón cando a corrente se converte en enxurrada. Cunha carac- terística moi significativa e que non adoita ser sinalada: que os galegos emigran, en abrumadora maioría, á periferia capitalista, e non aos países metropolitanos ou centrais do sistema”71 . É curioso ver como esta tradición migratoria se vía alimentada e perpetuada por medio da imaxe que fomentaban os propios emigrantes nas súas cartas presumindo do éxi- to económico que obtiveran e reclamando aos seus familiares creando cadeas migratorias xunguidas por vínculos veciñais ou de parentesco; a imitación dos indianos que retornaban ricos ou ocultando as súas penurias e as historias, moitas veces esaxeradas, que estes con- taban creando nos candidatos a emigrante unha idea mitificada de América ―La sugestión de América como reza o título da novela do chantadino José Costa Figueiras―; e a falsa propaganda que se exercía a través da prensa e dos ganchos polas propias empresas naviei- ras. Estes ganchos eran axentes intermediarios que formaban parte dunha rede dedicada a facilitar as xestións que o emigrante había de levar a cabo neste contexto de trabas admi- nistrativas, analfabetismo e pobreza, para o que, se facía falta, non dubidaban en recorrer á falsificación de documentos72 . Podemos traer a colación, novamente, o testemuño de Fer- 69 Sobre a filiación masónica de Manuel Curros Enríquez véxanse VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (2001b); SAN- TIAGO BOLAÑOS, M. (2004); e IGLESIAS CRUZ, J. e GUTIÉRREZ FORTE, J. (decembro 2009-abril 2010). 70 Coincide, ademais, como aclara o profesor Xosé Ramón Campos, co interese conxuntural de certos Esta- dos americanos por fortalecerse demograficamente con man de obra inmigrante. Cfr. CAMPOS ÁLVAREZ, J. R. (1995): 124. 71 BEIRAS, X. M. (2008): 242. As cursivas pertencen á obra consultada. 72 Para o amplo espectro de funcións que realizaban os ganchos pódese ver CAMPOS ÁLVAREZ, J. R. (1995): 125 ou NARANJO OROVIO, C. (1988): 64.
  • 28. - 27 - nández Saavedra para comprender, por exemplo, a influencia que exercían os retornados nos futuros emigrantes: “A Sillobre habían llegado, procedentes de Cuba, Manuel de Casal y Pancho, el de Delfina. (…). Los elegantes trajes de los recién llegados, sus sombreros de pajilla, sus chalecos impoluta- mente blancos, sus lustrosos zapatos, sus relojes de oro macizo con aquellas leontinas que cruzaban sus abdómenes de lado a lado, sus monederos de plata repletos de monedas del mismo metal y sus ensortijados dedos, deslumbraban a los sencillos vecinos del pueblo, pero muy especialmente a los niños y mocitos, que los contemplábamos extasiados (...). En la taberna de Paco ‘O Pendón’, invitaban a todos los amigos y vecinos de Sillobre que se acercaban hasta allí, para verlos y saludarlos, convirtiéndose en la máxima atracción de la aldea. Allí, rodeados de niños y de adultos que les formaban corro, relataban, entre vaso y vaso de vino, sus andanzas y sus aventuras por tierras cubanas hasta lograr la inmensa fortuna que ahora poseían. Yo, de cativo, era muy impresionable (...) y esta vez se me había metido entre ceja y ceja, marcharme como emigrante a Cuba, probablemente influenciado por las cosas que de aquel país contaban los ‘Cubanos’ que a Sillobre llegaban”73 . A gran maioría non foron capaces de adaptarse á nova vida que atoparon alén mar, sentíndose excluídos por desempeñar traballos aos que non estaban afeitos ―como, por exemplo, o duro oficio de “pailero”―, e, algúns, contraeron enfermidades propias daque- las latitudes para as que non tiñan defensas. Moitos acabaron vagabundeando polas rúas e tiveron que ser repatriados de vivos ou de mortos, aínda que era preferible facelo desta segunda maneira antes de ter que escusarse diante dos seus familiares e veciños por retor- nar coas mans baleiras74 . Lembremos, neste punto, aquel dramático e sinxelo apunte do fracasado da emigración, que plasmou magnificamente a pluma de Castelao nun dos seus debuxos: “Eu non quería morrer alá, ¿sabe, miña nai?”75 . Tamén houbo quen non regresa- ría xamais do seu periplo, sendo enterrado aló. Outro dos motivos polos que a poboación galega emigraría en masa, e non o farían así os habitantes doutras rexións máis pobres, é que unha parte do campesiñado galego, a pesar da súa gran pobreza, contaba cuns pequenos recursos, debido á forma estrutural da propiedade da terra, suficientes para financiarse a custosa viaxe. A maioría deles ―segundo o profesor Vázquez González― “tenía en sus manos, y también en las de sus 73 FERNÁNDEZ SAAVEDRA, A. (1986): 18-19. 74 Cfr. SIXIREI PAREDES, C. (1995): 83. 75 Véxase a lámina nº 30 en RODRÍGUEZ CASTELAO, D. A. (1975): s/p. Podemos recoller aquí o testemuño que nos fixo o Dr. Alberto Valín sobre o seu avó, Juan Valín (Xan da Ponte), cando tivo que retornar da súa fracasada experiencia habaneira, optando por encher o seu baúl de emigrante co colchón no que durmira nunha pensión da Habana, para que os seus veciños non pensaran que volvera coas maletas baleiras.
  • 29. - 28 - familiares y vecinos más solidarios, algún bien que le permitía ahorrar, que podía vender y, cómo no, hipotecar a favor del agente o usurero de turno”76 que supuña, ademais, como sinala o profesor Campos Álvarez, un “resguardo económico para el emigrante cuando no le fuera rentable o conveniente permanecer en América”77 . Castelao, Nós. En canto á lexislación, habería que esperar ata 1907 para atopar os primeiros inten- tos de regular este éxodo, posto que a lexislación anterior ao s. XX era, ademais de escasa, 76 VÁZQUEZ GONZÁLEZ, A. (1995): 90. 77 CAMPOS ÁLVAREZ, J. R. (1995): 124.
  • 30. - 29 - ineficaz78 . A lei de 1907 recoñecía “la libertad de todo español para emigrar” (art. 1), pro- hibía a emigración de mozos en período militar ou condenados (art. 3), e regulaba a emi- gración dos maiores de 15 anos (art. 4) e das mulleres (art. 5). Creábase un Consejo Supe- rior da Emigración (art. 8) e intentábase regular todo o relativo a trámites burocráticos, permisos, inspeccións, etcétera, sen mellorar, para nada, as condicións dos emigrantes. Quizás o máis interesante desta lei sexan os artigos 33, polo que quedaban prohibidas a “recluta de emigrantes y la propaganda para fomentar la emigración”, e 34 que prohibía “en todo el territorio español la agencia de emigración”79 , é dicir, a existencia dos gan- chos. Non obstante, o obxectivo desta lei foi inviable pola ineficacia dos organismos go- bernamentais que debían velar polo seu cumprimento. III. ESTABLECEMENTO EN MANZANILLO Como xa dixemos, Benito Cancela debeu emigrar a Cuba aló polo ano 1905. Che- gados a este punto, descoñecemos moita información referente á súa vida social e laboral na illa caribeña, a pesar de tódolos nosos esforzos para “iluminar” esta etapa que debeu ser a máis fecunda da súa vida. Podemos supoñer que comezaría traballando nalgunha bodega ou “bodeguita”, o oficio máis común entre os galegos80 , posto que máis adiante se nos re- velará como un “comerciante” coñecedor do negocio da hostalería. Unha vez en Cuba, sabemos que Benito Cancela radicouse en Santa Cruz del Sur, na provincia de Camagüey, onde acadaría parte da súa fortuna; e no municipio de Manzanillo ―onde naceron os seus fillos e se iniciou na masonería―, na antiga provincia de Oriente81 . Moi posiblemente, estes non serían os únicos lugares nos que estivo dada a alta mobilidade laboral e xeográfi- ca entre a comunidade emigrante galega na illa. En Cuba, “recibiu a luz” dentro da loxa Manzanillo, dependente da Gran Logia de la Isla de Cuba, co nome simbólico do poeta celanovés tamén masón e emigrante, Curros Enríquez82 . Na loxa cubana, Benito Cancela chegou a conseguir o grao de Mestre Masón, 78 NARANJO OROVIO, C. (1988): 32-33. 79 Gaceta de Madrid, núm. 356. Madrid, 22 de decembro de 1907. 80 NARANJO OROVIO, C. (1988): 166. Tamén cabe destacar a gran mobilidade laboral e xeográfica do emi- grante galego en Cuba. Debemos agradecer aquí a importante axuda prestada polo profesor Xosé Ramón Campos á hora de recadar información sobre a estancia de Benito Cancela en Cuba. 81 Véxase CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. Na partida de defunción da súa filla consta como lugar de nacemento Manzanillo, mentres que na partida de defunción do seu fillo consta como nacido en Oriente. 82 Véxase, supra, a nota 69.
  • 31. - 30 - un grao que, en opinión de Alberto Valín e Domingo Rodríguez, “difícilmente hubiera alcanzado de haberse iniciado en una logia española”83 debido á súa escasa formación. Debeu ser moi posiblemente nesta loxa, onde, por influencia dos principios da institución masónica, adquiriría unha mínima e aparente cultura “urbana” (o ethos burgués) ―amais dunha posible instrución― e tamén forxaría o seu carácter solidario, tolerante e pacífico do que daría boa mostra durante a súa etapa posterior en Celanova, como comerciante e alcal- de. A masonería contaba con presenza na Gran Antilla desde o século XVIII ―se con- tamos a loxa de militares de obediencia irlandesa que se creou durante a ocupación británi- ca da illa (1762-1763)―, aínda que non foi ata inicios do século XIX cando apareceron as primeiras loxas de obediencia francesa ―creadas por emigrantes haitianos― e, máis tarde, de auspicio norteamericano que practicamente desapareceron ―pola persecución orques- trada desde a metrópole española― ata que no ano 1859 unha serie de loxas fundaron a Gran Logia de Colón, de obediencia cubana, que se encargaría de federar ao resto das lo- xas de Cuba e das Antillas. A partir de entón, en 1875 fundaríase a Gran Logia de la Isla de Cuba, mentres a Gran Logia de Colón se dividiría en dúas, unha en Santiago e outra na Habana que se acabarían fusionando coa Gran Logia de la Isla de Cuba84 . Ademais, entre 1874 e 1898, creáronse unhas duascentas loxas dependentes de algún gran oriente español que chegarían practicamente a desaparecer tralo “desastre” de 189885 . A masonería supuxo para o emigrante unha sinxela forma de relacionarse coa poboación nativa, sobre todo coas elites, como nos revela o profesor Valín: “Non hai dúbida que o feito de ser masón axudaba ao emigrante galaico á hora de encontrar un traballo ou un apoio á hora de desembarcar en América e que, ademais, o ‘aplatanamento’; é di- cir, a integración do emigrante na nova sociedade, íase facilitar ao pertencer a unha forma de socia- 83 VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V e RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1996): 246. Os grados masónicos fan referencia aos diferentes escalafóns xerárquicos nos que o iniciado adquire o coñecemento da doutrina e fins da Orde. O Rito Escocés Antigo e Aceptado ―o máis estendido en España― consta de 33 grados divididos en catro series: os simbólicos, dogmáticos ou fundamentais (do 1º ao 3º) forman a masonería azul; os capitulares (do 4º ao 18º) forman a masonería vermella; os filosóficos (do 19º ao 30º), a masonería negra; e os sublimes, consistoriais ou administrativos (do 30º ao 33º), a masonería branca. Os tres primeiros son comúns a tódolos ritos, e nalgúns casos, os únicos que se admiten. Véxase FERRER BENIMELI, J. A. (2005): 42-44. 84 Cfr. FERRER BENIMELI, J. A. (1993): 345 e ss. Sobre a importante presenza de galegos nestas loxas pódese ver VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993a), VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (2001a) ou VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (2009). Segundo Valín Fernández o número de masóns galegos será o segundo, despois dos asturianos, en número entre os masóns españois emigrados en Cuba de cinguírmonos a aqueles hiramitas dos que coñece- mos certeiramente a súa orixe. Cfr. VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (2009): 42-43. 85 Cfr. FERRER BENIMELI, J. A. (1993): 357 e ss.
  • 32. - 31 - bilidade que nestas nacións americanas gozaba dun recoñecido prestixio social, político e, en oca- sións, ata económico”86 . Segundo Vidal Rodríguez a pertenza á masonería supuña para os emigrantes gale- gos establecidos lonxe da capital cubana “a alternancia ás pequenas sociedades mutualistas que os seus paisanos crearan en La Habana”87 . No caso de Benito Cancela puidemos cons- tatar tamén a súa adscrición ao Centro Gallego de Manzanillo nunha noticia aparecida no xornal cubano ―editado por emigrantes galegos― Eco de Galicia sobre a toma de pose- sión do presidente desta delegación, Amador Franco Franco, o día 7 de xaneiro de 191888 . Benito Cancela era un dos suplentes da nova directiva. Aínda así, non conseguimos saber cando ingresou no Centro, nin a súa traxectoria no mesmo anterior e posteriormente a ese ano, aínda que podemos supor que sería máis ben tenue. Sería tamén interesante, como afirma o noso titor coñecer cantos dos compañeiros de Benito Cancela na nova directiva presidida por Amador Franco pertencían á francmasonería. En Cuba contraeu matrimonio con Estrella Rúa Álvarez, nacida o 23 de decembro de 1880 no pobo de Santabaia, no concello de A Bola89 . Descoñecemos a data da súa unión que puido ser próxima a 1917, ano do nacemento da súa primeira filla, Josefa Cancela Rúa90 . Estrella chegara a Cuba acompañando a uns parentes91 , xa que logo a emigración de mulleres solteiras, ademais de ser minoritaria, estaba mal vista entre o colectivo emigrante e as autoridades intentaban impedila de maneira paternalista coa creación de numerosas trabas. Como xa tivemos ocasión de ver, tamén en Cuba nacerían os dous fillos de Benito e Estrella: Josefa, coñecida familiarmente por Fita, en 1917, e Ángel, cinco anos máis tarde, o 24 de xaneiro de 192292 . Grazas aos aforros que conseguiu, como o mesmo Benito Can- cela dixo, “[por] fuerza de mi trabajo”93 , puido regresar coa súa familia a esa España que espertaba republicana, pero que pronto coñecería unha “longa noite de pedra”, que marca- ría para o resto dos seus días a moitos españois, entre eles ao noso protagonista. 86 VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (2009): 45. 87 VIDAL RODRÍGUEZ, J. A. (2008): 216. 88 Eco de Galicia, 20 de xaneiro de 1918, s/p. Véxase o doc. B. 1. 2. do Apéndice documental. 89 Así consta na súa partida de defunción. Rexistro Civil de Ourense, Sección 3ª, t. 114, fol. 512. A partida de nacemento non a achamos. 90 Esta naceu o 6 de maio de 1917, segundo o seu certificado de defunción. Rexistro Civil de Ourense, Sec- ción 3ª, t. 130, fol. 557. 91 Conversa con Pastora Iglesias Nóvoa [8 de maio de 2014]. 92 Así consta no seu certificado de defunción. Véxase Rexistro Civil de Ourense, Sección 3ª, t. 344, fol. 353. Véxase no Apéndice iconográfico a fotografía A. 1. 1. 93 Véxase a carta de Benito Cancela a Diego Martínez Barrio. CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5.
  • 33. - 32 - CAPÍTULO 2 RETORNO A CELANOVA “Nesa surrisa túa, Celanova, pola que pasa o vento, hai unha triste historia non contada, feita de amor e troquelada en ferro” . CELSO EMILIO FERREIRO 94 . I. A LOXA CONSTANCIA Nº 13 Como xa dixemos, Benito Cancela foi masón. Para entender mellor qué representou ―e representa― este fenómeno histórico comezaremos definindo a masonería, seguindo ao profesor Alberto Valín, como “unha pechada sociedade de apoio mutuo, de índole iniciática e profundo carácter relixioso ou místico que perseguiu e persegue a teórica e declarada ambición de converterse nunha influínte, pedagóxica e tolerante elite, para, desta forma, poder alcanzar a súa humanitarista e deontolóxica as- piración teórica primordial fundamentada na gradual superación ética do individuo orientada a con- quistar, por este camiño, a súa cosmopolitista utopía final cifrada na consecución dunha humanidade perfecta, grazas á xeneralizada expansión dos lazos da auténtica fraternidade”95 . A súa orixe áchase en torno aos gremios medievais relacionados coas construcións de catedrais96 . Esta primeira masonería, chamada operativa, sería a semente que, no século XVIII, constitúa a nova (e actual) masonería coñecida co nome de filosófica ou especulati- va “tan distinta en sus fines, pero tan igual en sus ritos y ceremonias de iniciación, en su nomenclatura y organización”97 , segundo o masonólogo Ferrer Benimeli. Foron os masóns aceptados (accepted masons), normalmente persoeiros da alta sociedade encargados de financiar as obras máis importantes das cidades e que asistían ás reunións das loxas sen pertencer ao gremio dos canteiros, o nexo de unión, comprobable sobre todo nas loxas es- cocesas, entre ambas formas de masonería, unha vez que rematou a época das grandes ca- tedrais, a finais do s. XVII e principios do XVIII. Sinálase xeralmente o ano de 1717, can- 94 “Proclama ós meus veciños”, Onde o mundo se chama Celanova. FERREIRO, C. E. (2004): 513. 95 VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (2009): 39. 96 Mason, en inglés, significa canteiro, albanel. 97 FERRER BENIMELI, J. A. (2005): 18.
  • 34. - 33 - do catro loxas londinienses decidiron crear a Gran Loxa de Inglaterra e dotala dunha Cons- titución (1723) inspirada nas normas das antigas loxas, como a data fundacional da maso- nería moderna e regular, tendo unicamente esta Gran Loxa potestade para crear novas fi- liais98 . A partir de entón a masonería converteuse nunha secreta ―ou, se se prefire, discre- ta― sociedade de carácter universal, ao marxe das asociacións tradicionais, cuxo fin é con- seguir o perfeccionamento humano, mediante a instrución, a propagación da filantropía, a fraternidade e a tolerancia entre os seus membros, que se coñecen entre eles como “ir- máns”. En España non se desenrolaría ata principios do século XIX cando a nova adminis- tración napoleónica decidiu implantar unha masonería oficial99 a imaxe e semellanza da francmasonería gala. A partir de entón, alternáronse períodos de persecución ―con maior ou menor intensidade― con outros de tolerancia. En Galiza, sería a cidade da Coruña, on- de se crearon as primeiras loxas a finais da chamada Guerra de Independencia (1808- 1814): a Logia Constitucional de la Reunión Española (1814-1817?) e Los Amigos del Orden (1817-1820?)100 . En Ourense, a primeira loxa masónica foi a Auria nº 59 (1871-1889) fundada por Juan Manuel Amor, precursor tamén da Escuela Laica Neutral de Orense, entidade que serviría de ponte entre a masonería ourensá de finais do XIX e a do século XX101 . A pri- meira entidade francmasónica que se fundou en Ourense nesta segunda etapa foi o “trián- gulo” Adelante nº 7, fundado en 1929 e que se convertería en loxa en 1932, a Constancia nº 13. A relación entre a masonería galega e a americana foi bastante estreita, segundo o Dr. Valín, sobre todo durante o primeiro terzo do século XX (ata o comezo da Guerra Ci- vil), mantendo “irmáns garantes de amizade” encargados de “estreitar os lazos masónicos de oficial amizade coas sociedades galegas”102 . No caso da masonería ourensá de segunda etapa, quizás teña algo que ver o feito de que o seu fundador fora un emigrante retornado, Abdón Vide Villanueva, iniciado na masonería cubana en 1910103 . Outra das característi- 98 FERRER BENIMELI, J. A. (2005): 30-31. 99 As loxas que se fundaron no s. XVIII, aparte de escasas e fugaces, estaban formadas por membros estran- xeiros. Para este século pode consultarse o libro de Ferrer Benimeli, La masonería española en el siglo XVIII. 100 VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1984): 31-61. 101 A finais do século XIX tamén se fundarían as loxas Luz del Avia nº 64 en Ribadavia; a Amor nº 358, a Universo nº 197 e o “triángulo” Aurora nº 6, en Ourense capital; a loxa Adalides del Progreso nº 396, en Verín; a Luz de la Celda nº 12, en Celanova; e o “triángulo” El Brillante nº 6, despois loxa El Brillante nº 11 / nº 175, en O Barco de Valdeorras. Ningunha destas agrupacións masónicas sobreviviría ao cambio de sécu- lo. Cfr. VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 65-66, 68-69. 102 VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (2009): 45. 103 VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 70 e ss, 111 e ss.
  • 35. - 34 - cas da masonería ourensá foi o seu “nepótico y politizado neocaciquismo republicano”104 , en expresión de Alberto Valín. Principios masónicos. Tomado de VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993): 73 104 VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 67.
  • 36. - 35 - Tal e como sinala Vidal Rodríguez, “era esta [refírese á masonería] unha afiliación comprometida que a moitos [emigrantes] (...) lles podía supor o rexeitamento dos familia- res, a excomuñón do párroco ou a suspicacia das autoridades da súa localidade de orixe cando regresaban triunfantes á terra natal”105 . Os retornados eran presentados frecuente- mente polas elites conservadoras ―de forma evidentemente esaxerada― como “descreí- dos, irreligiosos y potenciales revolucionarios”106 influídos na súa estancia americana pola masonería, o socialismo, o anarquismo e todo tipo de perniciosas lecturas. Segundo o pro- fesor Núñez Seixas, a pesar de que era bastante normal que os emigrados galegos ingresa- ran na masonería dos diferentes países americanos que os acolleron, e seguiran pertencen- do a ela unha vez retornados, militando nas filas do republicanismo ―Núñez Seixas cita como exemplo a Benito Cancela107 ―, non debemos esaxerar este comportamento, dado que, segundo este historiador: “ser masón en la España de la Restauración y en la América de la misma época no signifi- caba la mayoría de las veces mucho más que adherirse a una moda extendida, ante todo entendida como participación en un club o grupo que operaba como rito iniciático y lugar de sociabilidad pa- ra una élite librepensante que profesaba un republicanismo más o menos firme, y que mediante esos rituales afirmaba su conciencia de grupo”108 . Benito Cancela retornou definitivamente a Galiza, probablemente, nos meses de marzo ou abril de 1932. No discurso de saudación que dirixiu aos “irmáns” da loxa Cons- tancia nº 13, posiblemente o 19 de maio de 1933, fai constar que “ace 13 ho 14 meses me encuentro distanciado de mi querida madre logia la que no olvido ni uniztante por ser tanbuena con sus higos lo quele suele pasar atodas lasmadres el cariño asus higos es in- borrable”109 . Porén, o seu retorno a Celanova non supuxo, nun principio, a ruptura absolu- ta cos seus “irmáns” da loxa cubana, senón que en 1932 aínda efectuou o pago correspon- dente á loxa cubana110 . Asemade, en Celanova, destinou os seus modestos aforros a edifi- car unha casa “con todos los adelantos modernos y comodidades”111 onde rexentou unha 105 VIDAL RODRÍGUEZ, J. A. (2008): 215. 106 NÚÑEZ SEIXAS, X. M. (1998): 563. 107 Cfr. NÚÑEZ SEIXAS, X. M. (1998): 565, nota 23. 108 NÚÑEZ SEIXAS, X. M. (1998): 565-566. 109 Este discurso de saudación sen data, aínda que moi posiblemente pronunciado o 19 de maio de 1933 se- gundo tentarei explicar más adiante (véxase, infra, a páxina 37, especialmente a nota 118) atópase entre os documentos do seu expediente masónico. Véxase CDMH, Fondo Masonería, leg. 714 exp. 5. 110 O 1 de marzo de 1932 paga a cantidade de dezaseis pesos pola cota de un ano, ata finais de febreiro de 1933. CDMH, Fondo Masonería, leg. 714 exp. 5. 111 Véxase a carta a Martínez Barrio xa citada. CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5.
  • 37. - 36 - pequena pensión á que bautizou, en recordo dos seus anos de emigrante, como “Bar y Ho- tel Cuba”112 . O 22 marzo de 1933, Benito Cancela envioulle unha misiva mecanografada ao mes- tre laico de Ourense e “irmán” masón, Hipólito Sinforiano Luengo, que este lería na loxa dous días despois, facéndolle partícipe de que tivo coñecemento por parte dun tal Daniel L. Coñi, outro posible francmasón, da existencia dun templo en Ourense ao que se ofreceu como masón para “poderme me presentar comotal y si fuera posible asta abandonar ami querida madre logia para ingresar en la de Udes. con el fin de ayudarles alos trabagos que sobre Udes. pesan por viem dela fraternidad”113 . Unha vez contestada en termos favo- rables esta carta pola loxa ourensá, Benito Cancela decidiuse a pedir a baixa da loxa Man- zanillo, o 31 de marzo de 1933, segundo se nos di no acuse de recibo que fai desta solicitu- de a loxa cubana114 . O 8 de maio, Benito Cancela escribiulle ao “irmán” masón Vide Vi- llanueva desculpándose por non ter contestado “asi comoson mis deseos sino por esperar a que llegase mi plancha de retiro de mi querida logia la cual espero uno de estos dias. en- tonces are la besita que hese querido taller me abrindado”115 . 112 Desgraciadamente, non atopamos a licenza de apertura do local, pero si dúas instancias firmadas polo propio Benito Cancela solicitando a autorización para a realización de obras nos seus locais. A primeira, manuscrita, está datada o 22 de maio de 1933 e nela expón “[q]ue contiguo á la casa en que vive posee otra de planta baja destinada á garage (sic) y comprendida en el hectometro (sic) cinco kilometro veintisiete de la Carretera de Orense á Portugal á la margen izquierda, y deseando y teniendo proyectando proceder á la reparación de la acera que dá frente á dicha casa” suplica ao Alcalde de Celanova que envíe esta solicitude ao Enxeñeiro Xefe de Vías e Obras da provincia de Ourense. A segunda instancia, escrita a máquina, ten data do 13 de febreiro de 1935. Nela expón “[q]ue en la carretera de Orense a Portugal y en el kilometro 26, y punto conocido por la calle de la Encarnación, es dueño el que dice de una casa, en la que pretende edificar una galeria (sic), pero necisitando(sic) para ello el consentimiento de esa Alcaldia (sic) y del Sr. Ingeniero- Jefe de Obras publicas de la provincia, es por lo que SUPLICO a V. que habiendo por presentada esta soli- citud, tenga a bien acordar se me conceda el permiso que intereso, para la construccion (sic) de la galeria (sic) de referencia, que ha de hacerse con arreglo a las condiciones del adjunto plano, y las que las Orde- nanzas me exijan”. O Concello remitiu a solicitude ese mesmo día, pero noutra instancia escrita a máquina e firmada o 8 de marzo de 1935, Benito Cancela reitera que “pretende edificar una galeria (sic), y necesitando para ello la debida autorización de la Corporación que V. Preside dignamente, es por lo que á V. SUPLICA que habiendo por presentada esta solicitud, se digne concederme el permiso que intereso para la construc- ción de la galeria (sic) de queda (sic) hecho merito, señalandome (sic) la linea (sic) á que debo sujetarme, siendo aco[m]pañado el plano de la obra expresada”. Ao pé desta instancia o secretario do Concello, José Reza, transcribe o acordo que a corporación municipal tomou o 26 de marzo de 1935 autorizando a Benito Cancela “para la ejecución de tales obras, procurando que los abances (sic) sobre la via (sic) pública no excedan de cincuenta centimetros (sic)”. Ten data do 29 de marzo de 1935. Véxase AMC, Obras Particulares, Exptes. de obras particulares, (1929-1934), caixa 967 e AMC, Obras Particulares, Exptes. de obras particula- res, (1935-1939), caixa 968. 113 CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. Na “tenida” ordinaria do 24 de marzo de 1933 dáse lectura a esta misiva, tal e como consta no Libro de Actas do triángulo Adelante.CDMH, Fondo Masonería, leg. 434- A-2, Libro de Actas, fol. 89r. Esta carta pódese ver no Apéndice documental, doc. B. 2. 1. 114 Estámonos a referir ao escrito con data do 25 de abril de 1933 que acompaña ao “certificado de retiro” expedido pola loxa de Manzanillo. CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. 115 CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. Véxase tamén o doc. B. 2. 3. do Apéndice documental.
  • 38. - 37 - Solicitou o seu ingreso na loxa ourensá Constancia nº 13, dependente da Gran Lo- gia Simbólica Regional del Noroeste de España, mediante unha instancia con data do 19 de maio de 1933116 (ese día asistiu como “hermano visitador” a unha “tenida” ordinaria), posiblemente despois de recibir a “prancha de quite” ou o “certificado de retiro” da loxa Manzanillo con posesión de tódolos dereitos masónicos, unha vez satisfeitos os pagos que tiña pendentes polo seu apoderado na illa. Xunto con este certificado, expedido en Manza- nillo o 21 de abril de 1933, recibiu unha carta firmada por Carlos M. Narango S. (Venera- ble Mestre) e Antonio Hernández García (Secretario) da loxa Manzanillo, con data do 25 de abril, lamentando “muy de veras vuestra separacion (sic) de ella no solo por vuestros merecimientos personales; si nó por los entusiasmos que siempre demostro (sic) por la Institucion (sic) Masónica”117 . A esta “tenida” do 19 de maio de 1933 tamén acudiu como “irmán” visitador un tal Fermín Prieto Gómez, igualmente de procedencia cubana, que solicitou o ingreso na loxa o mesmo día, sen que nada máis saibamos del. No Libro de Ac- tas consta: “El H. [Hermano] Orador saluda a los HH. [Hermanos] visitadores contestan- do elocuentemente el H. Fermin Prieto y dando lectura el H. Benito Cancela de un trab. [trabajo] de salutación”118 . Ese traballo de saudación que Benito Cancela dirixiu aos “irmáns” da loxa ourensá consistiu nun discurso mecanografado ―se cadra porque, como el mesmo explica, “mipo- ca facilidad de palabra no me permite el que yo me expresase asi como son mis deseos delo mucho que me alegro al encontrarme entre bos”―, sen data, pero firmado do seu puño e letra, que se conserva no seu expediente masónico, e que reproducimos integramen- te no anexo documental119 . Nas semanas seguintes, mentres continuaba a súa vida de co- merciante en Celanova, dedicaríase a enviar pacientemente o resto da documentación que lle solicitaban os seus “irmáns” de Ourense ata que o 7 de xullo de 1933 tivo lugar o seu ingreso na loxa Constancia nº 13. No Libro de Actas da loxa consta: “Estando aprobada la plan. [plancha] de afili. [afiliación] del h. [hermano] Cancela, se procede a tomarle el jura. [juramento]”120 . Seis días despois será referendado pola Gran Logia del Noroeste de 116 CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. Véxase o doc. B. 2. 4. do Apéndice documental. 117 CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. A “prancha de quite” pode verse no doc. B. 2. 2. do Apéndice documental. 118 “Tenida” ordinaria de 19 de maio de 1933. CDMH, Fondo Masonería, leg. 434-A-3, Libro de Actas, fol. 1vtº. Nótese a diferenza entre o “irmán visitador” Fermín Prieto Gómez que responde “elocuentemente” e Benito Cancela que da lectura ao seu discurso. 119 CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. Véxase tamén o doc. B. 2. 5. do Apéndice documental. 120 “Tenida” ordinaria do 7 de xullo de 1933. CDMH, Fondo Masonería, leg. 434-A-3, Libro de Actas, fol. 4vtº.
  • 39. - 38 - España. Pero non todo foron boas novas na vida de retornado que comezaba a construír o “irmán” Curros Enríquez en Celanova. A finais de 1933, un furacán destruíu boa parte das propiedades que deixara en Cuba, causándolle uns danos estimados en 12.000 dólares. A esta perda habería que sumar o boicot que sobre a súa persoa alimentaron os elementos clerical e conservador da vila, ao coñecer que era masón e esquerdista, chegando incluso os comerciantes da vila a ameazar aos viaxantes con negarse a comprarlles o seu xénero de se hospedar no Hotel Cuba: “asta los Curas an padricado en los altares que nadie besitase mi casa121 , Tanto asido que barios viagantes que beniana casa los comerciantes les amenazan con no conprarles si se hospedaban en mi casa. hosea en el Hotel Cuba; Los Sres. Viagantes que Remedio les queda sino acetar los consegos que lesdan estos bue- nos Sres.” 122 . Esta presión chegou ao seu punto álxido a finais de 1935, con motivo da campaña electoral de 1936, cando no seu comercio comezaron a reunirse os republicanos progresis- tas da vila, que chegaron a formar un “Comité de Izquierdas” que presidía o propio Cance- la. Foi entonces cando, desesperado ante a posibilidade de que gañasen os “Ynrracionables del Benio Negro”123 , lle escribiu unha carta ao presidente da formación Unión Republica- na, coligada para as elección con Izquierda Republicana, Diego Martínez Barrio, solicitán- dolle que, en caso de non triunfar o Frente Popular, utilizara o seu ascendente masónico e político para conseguirlle un emprego “[a]unque sea de caminero de carretera ho cual quier otro enpleo mas inferior que el Estado Tenga disponible para unciudadano que creo tener derecho”124 . Descoñecemos o motivo polo que este escrito, con data do 3 de febreiro, que Benito Cancela non chegou a firmar, non sería enviado a Martínez Barrio ata o 3 de xuño de 1936, acompañado dunha carta mecanografada con cabeceira oficial da Alcaldía de Celanova, que seguramente lle escribira algún funcionario do Concello. Se cadra, como sinalan os 121 Probablemente faga referencia ao párroco de Bobadela, co que, segundo parece, tivo algún que outro en- frontamento por ter prensa esquerdista no seu local. Véxase VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. e RODRÍGUEZ TEI- JEIRO, D. (1996): 254 e nota 23. 122 Así llo relatou en 1936 a Martínez Barrio. CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. 123 Estase referindo aos partidarios da CEDA, partido que gobernou en coalición co Partido Radical e o apoio dalgúns partidos centristas máis como o do masón galego, Portela Valladares, entre decembro de 1933 e febreiro de 1936. 124 CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. Esta carta pode verse no Apéndice documental deste traballo: doc. B. 2. 8. Non será este o único caso dentro da loxa Constancia nº 13, de utilización da masonería como un mecanismo politizado e “neocaciquil”. Cfr. VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. (1993b): 235-236.
  • 40. - 39 - profesores Valín Fernández e Rodríguez Teijeiro, o trunfo do Frente Popular fíxolle pen- sar que a súa situación mudaría para ben “y solo cuando el deterioro de la situación políti- ca se hizo más que evidente al final ya de la primavera de 1936, se decide a remitirla, acompañada de un breve escrito en papel oficial del ayuntamiento”125 . Fose como fose, a resposta non se faría esperar. O 5 de xuño, o atarefado e perplexo Presidente do Congreso naqueles momentos, envioulle ao alcalde de Celanova un lacónico acuse de recibo: “Sr. Don B. Cancela CELANOVA (Orense) Muy Sr. mio: Recibo su atenta 3 del corriente, con escrito que m[e] acompaña y cuyo asunto desconozco. Pueden proceder como mejor estimen, y sin otro motivo, saludo afectuosamente”126 . As súas longas ausencias nos traballos da loxa foron considerables, ata o punto de que polo menos en dúas ocasións tivo que desculparse ante os seus “irmáns”. Por exemplo, o 27 de decembro de 1933 envioulle unha carta a Abdón Vide Villanueva xustificándose por “mi mal estado de saluz que me acompaño poco y algunos que aceres más”127 . O 29 de decembro deuse lectura a esta prancha (carta oficial masónica) do “irmán” Curros Enrí- quez escusando a súa asistencia e anunciando o envío de 15 pesetas, polo que decidiron escribirlle “manifestandole (sic) la satisfación (sic) que el tall. [taller] experimenta por su demostracción (sic) de entusiasmo y fe mas. [masónica]”128 . O 4 de maio de 1935 escribiu estrañado a unha correspondencia de Vide Villanueva do 1 de maio na que lle debía mani- festar se non pensaba seguir pertencendo á masonería debido á súas ausencias, ao que o “irmán” Cancela respondeu que “yo mientras hayja dos hotres que me acompañen sere uno de hellos: ahora vien Como en la ultima tenida que yo asistí se avia tomado el acuerdo de Canbiar los dias de tenida y con el Resul- tado que uviera Vd me avisaria yo no quise Propasarme anada por que sienpre Crei que no trabaja- rian devido alas malas consecuencias con que Tropieza nuestra orden con la politica de hoy en ma- nos delos Viejos Ynquisidores”129 . 125 VALÍN FERNÁNDEZ, A. J. V. e RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (1996): 249. 126 CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. 127 CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. 128 “Tenida” ordinaria do 29 de decembro de 1933. CDMH, Fondo Masonería, leg. 434-A-3, Libro de Actas, fol. 13vtº. 129 CDMH, Fondo Masonería, leg. 714, exp. 5. As dúas cartas a Abdón Vide desculpándose pola súa falta de asistencia poden verse no Apéndice documental, docs. B. 2. 6. e B. 2. 7.
  • 41. - 40 - Vista actual da rúa Encarnación (Celanova) onde se atopaba a vivenda e o negocio de Benito Cancela. Foto- grafía do autor. II. A CHEGADA DO FRENTE POPULAR E BENITO CANCELA Á ALCALDÍA DE CELANOVA Celanova comezou o ano de 1936 coa decisión do Seminario de Estudos Galegos de celebrar na vila o milenario da fundación do seu mosteiro130 . Pero pronto comezaron a facerse patentes na vila os síntomas de crispación política que se estaban a vivir na España daqueles momentos. De cara ás eleccións nacionais previstas para febreiro presentáronse dous grandes bloques electorais, o que representaba á maior parte das dereitas (Frente An- tirrevolucionario ou Frente Nacional) e o que aglutinaba aos partidos de esquerda republi- cana e socialista, así como aos nacionalistas periféricos (Frente Popular). 130 La Zarpa, 1 de xaneiro de 1936, p. 11. Os actos do Milenario debían consistir en varias conferencias histó- ricas, grandes festas, concertos populares e misas solemnes, aínda que non se chegarían a celebrar por mor do golpe de estado militar dese mesmo ano.
  • 42. - 41 - O domingo 26 de xaneiro tería lugar un mitin das JAP, a organización xuvenil do partido dereitista de Gil Robles, a CEDA, no teatro Curros Enríquez131 . O acto era unha resposta a outro que a Federación das Mocedades Galeguistas de Celanova celebrara en outubro de 1935 no mesmo teatro, ao que asistiron 4.000 persoas segundo os xornais Guieiro e A Nosa Terra132 . A presentación do acto correu a cargo do notario dereitista José Antonio Sanmartín. Polo que, moi posiblemente, fora ese o mitin do que Elixio Rodríguez ―membro fundador das Mocedades Galeguistas de Bande― lembra como un grupo de mozos galeguistas, con Pepe Velo á cabeza, realizou a noite anterior unha pintada na Praza Maior coa seguinte lenda: “A todos os porcos lle chega o seu Sanmartín”133 . Non sería ese o único incidente que se produciría esa xornada xa que, segundo a crónica de La Región, “elementos izquierdistas” acabarían por retirar os carteis propagandísticos que os rapaces de Acción Popular colocaran pola vila. Pola súa banda, da campaña do Frente Popular na vila só temos constancia da celebración dun mitin o 9 de febreiro no que participaron, entre outros, José Velasco, Eligio Núñez, Enrique López, e o destacado galeguista Alexandre Bóveda134 . O xornal católico e dereitista La Región comentando o resultado en Celanova das eleccións nacionais do 16 de febreiro (1.500 votos ás dereitas, 700 ao centro e 400 ás es- querdas) fai o seguinte comentario: “habiendo perdido mucha votación las derechas por estar lloviendo incesantemente”135 . Outra noticia característica da polarización que se vivía na vila podémola ver no diario monárquico-conservador ABC o 11 de marzo de 1936 ―é dicir, case un mes despois das eleccións e antes de que Benito Cancela sexa nomeado al- calde―, que da conta dunha campaña de doazón posta en marcha polo diario madrileño “en favor de los obreros libres pertenecientes a entidades obreras no marxistas” como 131 Na solicitude presentada polo Comité Local de Acción Popular o 23 de xaneiro perante o Concello especi- fícase que no acto intervirán Hipólito Lorenzo, Genaro Asensio e Natalio Rodriguez, activistas xuvenís de Acción Popular de Ourense. Véxase: AMC, Rexistro Xeral, Instancias Xerais, Escribanía-Secretaría, caixa 965, cit. por RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (2010): 99. O anuncio do acto pode verse en La Región, 24 de xaneiro de 1936, p. 1 e o relato do acto en La Región, 28 de xaneiro de 1936, p. 6. 132 Para a noticia que recolle o xornal Guieiro no núm. 1º (1 de novembro de 1935) pode consultarse NI- COLÁS, R. (2012): 72. Para a Nosa Terra (19 de outubro de 1935) véxase CASTRO, X. (1985): 747. Os xornais La Región (16 de outubro de 1935, p. 6) e ABC (15 de outubro de 1935, p. 28) tamén se fan eco do acto sen dar cifras. Alfonso Bozzo, tomando datos de La Voz de Galicia (18 de outubro de 1935), estima o número de participantes en “400 jóvenes entre representantes y militantes de la zona”. ALFONSO BOZZO, A. (1976): 198, nota 160. 133 Para o relato deste incidente só nos consta a versión de Elixio Rodríguez que o sitúa “nos días previos á guerra” como pode verse en ÁLVAREZ, A. (primavera 2005): 52. Esta anécdota tamén pode atoparse en PI- ÑEIRO, A. (2000): 44-45. 134 Cfr. RODRÍGUEZ TEIJEIRO, D. (2010): 100. Sabemos que se solicitou permiso para a celebración de máis actos, sen que saibamos se chegaron a ter lugar. 135 La Región, 18 de febreiro de 1936, p. 6.