SlideShare a Scribd company logo
XXVI PREMIOS DE PUBLICIDADE EN GALEGO
2019
Con base no acordo conxunto do Parlamento de Galicia, o Foro Enrique Peinador e a Secretaría
Xeral de Política Lingüística, encomendóuselle a este centro directivo a elaboración das bases dos
Premios de Publicidade en Galego e a súa tramitación.
Na súa virtude, a Consellería de Cultura e Turismo a través da Secretaría Xeral de Política
Lingüística convoca, con periodicidade anual, os Premios de Publicidade en Galego, co obxectivo
de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan de
dinamización da lingua galega no tecido económico e do Plan xeral de normalización lingüística.
Na presente edición, a convocatoria dos premios rexerase polas seguintes bases:
BASES
1 O obxecto da convocatoria é establecer e regular o procedemento para a concesión de premios
dirixidos ás empresas anunciantes, ás axencias de publicidade e aos centros educativos
públicos, privados ou concertados especializados nalgunha das áreas de coñecemento que
teñan que ver coa publicidade, polos traballos publicitarios que realicen e polo seu
desenvolvemento técnico, respectivamente.
2 Establécense cinco premios, un por cada unha das seguintes categorías, segundo o medio de
difusión: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario para proxectos elaborados
polo alumnado de centros educativos. Para cada categoría, (agás para a especialidade
educativa), configúranse dúas modalidades de premio, de xeito que, polos traballos que resulten
galardoados, recibirán cadanseu premio tanto a empresa anunciante como a axencia de
publicidade.
3 A convocatoria é de natureza aberta e de participación voluntaria. Formalizarán as
correspondentes follas de inscrición tanto as empresas anunciantes como as axencias de
publicidade e de medios (empresas produtoras, estudios de deseño gráfico, creativos, empresas
especializadas no desenvolvemento de páxinas web, produtores de produtos publicitarios...) que
realizasen unha acción publicitaria, difundida ou transmitida integramente en galego, entre o 1 de
xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de 2018. Os membros da comisión de valoración poderán
propor tamén candidaturas de acordo coa finalidade do premio.
Por outra banda, premiaranse os traballos realizados polo alumnado dos centros educativos
especializados nalgunha das áreas de coñecemento que teñan que ver coa publicidade durante o
curso 2018-2019. Estes centros deberán formalizar tamén a folla de inscrición.
4 O prazo de inscrición nesta convocatoria e, así mesmo, para a presentación dos traballos que
concorren aos premios comezará a contar dende o día seguinte ao da súa publicación na web da
Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.gal) e rematará o 18 de outubro de 2019.
5 Os traballos deberán enviarse tanto en formato orixinal como en formato jpg ou pdf (no caso das
imaxes), mp3 (audios) e mp4 con resolución para web, máximo 40M (vídeos). O enderezo de
envío é o seguinte:
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Rúa de San Roque, n.º 2
15704 Santiago de Compostela
O envío irá acompañado da folla de inscrición, debidamente cuberta e asinada, que deberá
descargarse na web www.lingua.gal.
Non se aceptarán aquelas solicitudes que non inclúan a folla de inscrición xunto cos datos da
empresa anunciante, da axencia de publicidade ou do centro educativo. A ausencia da folla de
inscrición e dos datos de identificación das empresas ou entidades participantes será causa de
exclusión directa do procedemento sen máis trámites. No caso de concorrer ao premio con varios
traballos, será obrigatorio presentar unha folla de inscrición por cada un deles.
6 Os premios consistirán na entrega dunha certificación e mais dunha obra artística.
7 Para a selección dos traballos publicitarios presentados crearase unha comisión de valoración,
que tamén poderá propoñer candidaturas no propio acto de valoración. Esta comisión estará
presidida pola persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, ou
a persoa en quen delegue, e integrada polos seguintes membros:
a) Dúas persoas especializadas nas diferentes disciplinas da comunicación e da publicidade.
b) Unha persoa en representación do ámbito institucional.
c) Unha persoa en representación do ámbito asociativo.
d) Un funcionario ou unha funcionaria da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que actuará
como secretario ou secretaria, con voz e sen voto.
8 Dos traballos que concorran ao premio, valoraranse, entre outros, os aspectos que se indican a
seguir:
a) Singularidade da produción (20 %)
b) Impacto na promoción da lingua galega (40 %)
c) Calidade lingüística oral e escrita (20 %)
d) Contido multimedia, para os traballos en Internet (20 %)
Os premios poderán quedar desertos.
9 Logo de analizar os traballos presentados, a Comisión de Valoración emitirá a proposta de
resolución dirixida ao titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ao presidente do
Parlamento de Galicia e ao presidente da Fundación Enrique Peinador.
A resolución conxunta dos traballos premiados publicarase nas páxinas web das entidades
convocantes.
10 Os premios, en todas as súas modalidades, serán entregados no transcurso dun acto que se
realizará no mes de novembro de 2019, en conmemoración do Día da Galeguidade Empresarial.
11. As axencias, empresas ou centros educativos participantes, ao aceptaren o premio, aceptan e
consenten a difusión dos traballos galardoados en medios de comunicación internos, externos ou
nas redes sociais que determinen as entidades promotoras desta convocatoria e colaborarán en
todas as accións de difusión que se organicen.
12. Na táboa que se achega ordénase a información básica sobre o tratamento dos datos de ca-
rácter persoal dirixida ás persoas físicas que representan as empresas ou entidades participantes
nesta convocatoria, ao abeiro das prescricións previstas no Regulamento (UE) 2016/679 do Parla-
mento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no
que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e demais normati-
va concordante que sexa de aplicación.
Responsable Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo,
con enderezo no complexo administrativo de San Caetano s/n,
15781 Santiago de Compostela.
Datos
obxecto do
tratamento
Os datos de carácter persoal que proporcionen as empresas
anunciantes, as axencias de publicidade e os centros de
formación, así como os que se deriven da concesión dos
premios.
Finalidade A realización das xestións necesarias para o desenvolvemento
dos premios, que inclúe a selección dos traballos galardoados,
a publicación dos premiados e o contacto cos gañadores ou
gañadoras para a entrega dos premios e a súa posterior
difusión pública en medios de comunicación internos ou
externos, así como nas redes sociais que determinen as
entidades promotoras desta convocatoria.
Base
lexítima do
tratamento
O consentimento expreso das empresas anunciantes, das
axencias de publicidade e dos centros educativos, polo feito de
participar na XXVI edición dos Premios de Publicidade en
Galego.
Destinatarios
dos datos
Os que resulten necesarios conforme a lei e os provedores de
servizo na súa condición de encargados do tratamento, así
como á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria, o Parlamento de Galicia e a Fundación Enrique
Peinador.
Dereitos das
persoas
interesadas
Acceso, oposición, rectificación, supresión e limitación mediante
o envío dunha petición razoada dirixida á sede da Secretaría
Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo en Santiago
de Compostela (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n), ou
no seu enderezo electrónico:
https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.
Así mesmo, as persoas interesadas que consideren lesionado o
seu dereito á protección de datos poderán presentar unha
reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos
(www.agpd.es).
Duración do
tratamento
Os datos persoais conservaranse durante o tempo necesario para
o cumprimento da finalidade obxecto desta convocatoria e, con
posterioridade á publicación dos traballos galardoados, polo
tempo de prescrición das accións legais correspondentes para a
tutela do dereito á protección de datos persoais. Os datos
destruiranse logo de que transcorra o referido prazo de
prescrición.
13 A presentación aos XXVI Premios de Publicidade en Galego implica a aceptación destas
bases.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2019

More Related Content

Similar to Bases premios publicidade_2019

Bases viii premio ok
Bases viii premio okBases viii premio ok
Bases viii premio oksatelite1
 
Certame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinoCertame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinosatelite1
 
Nota_Lanzamiento_ConcursoAPPs_Gallego
Nota_Lanzamiento_ConcursoAPPs_GallegoNota_Lanzamiento_ConcursoAPPs_Gallego
Nota_Lanzamiento_ConcursoAPPs_Gallego
Faite Dixit@l!
 
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UEGuía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
Charo García
 
www.carballoteleformacion.org
www.carballoteleformacion.orgwww.carballoteleformacion.org
www.carballoteleformacion.org
Carlos Parada Gandos
 
En busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xoveEn busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xovesatelite1
 
Bases guion de_xenero
Bases guion de_xeneroBases guion de_xenero
Bases guion de_xenero
satelite1
 
201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
201114 apps tetulia_digital_propuesta_galFaite Dixit@l!
 
NotaPrensa_AplicacionesMoviles
NotaPrensa_AplicacionesMovilesNotaPrensa_AplicacionesMoviles
NotaPrensa_AplicacionesMoviles
Faite Dixit@l!
 
Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020
satelite1
 
Triptico guions 2018
Triptico guions 2018Triptico guions 2018
Triptico guions 2018
satelite1
 
2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr
Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
satelite1
 
2019 0000008878
2019 00000088782019 0000008878
2019 0000008878
satelite1
 
Bases concurso gal
Bases concurso galBases concurso gal
Bases concurso gal
Yolanda Castro
 
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
Charo García
 
Tríptico
TrípticoTríptico
Tríptico
satelite1
 
Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018
Ana Arias Castro
 
Bip xaneiro 2014
Bip xaneiro 2014Bip xaneiro 2014
Bip xaneiro 2014Nuria Rey
 

Similar to Bases premios publicidade_2019 (20)

Bases viii premio ok
Bases viii premio okBases viii premio ok
Bases viii premio ok
 
Certame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinoCertame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensino
 
Nota_Lanzamiento_ConcursoAPPs_Gallego
Nota_Lanzamiento_ConcursoAPPs_GallegoNota_Lanzamiento_ConcursoAPPs_Gallego
Nota_Lanzamiento_ConcursoAPPs_Gallego
 
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UEGuía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
 
www.carballoteleformacion.org
www.carballoteleformacion.orgwww.carballoteleformacion.org
www.carballoteleformacion.org
 
En busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xoveEn busca da igualdade concurso parlamento xove
En busca da igualdade concurso parlamento xove
 
Bases guion de_xenero
Bases guion de_xeneroBases guion de_xenero
Bases guion de_xenero
 
201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
 
NotaPrensa_AplicacionesMoviles
NotaPrensa_AplicacionesMovilesNotaPrensa_AplicacionesMoviles
NotaPrensa_AplicacionesMoviles
 
Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020
 
Triptico guions 2018
Triptico guions 2018Triptico guions 2018
Triptico guions 2018
 
2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr
 
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
 
2019 0000008878
2019 00000088782019 0000008878
2019 0000008878
 
Bases concurso gal
Bases concurso galBases concurso gal
Bases concurso gal
 
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
Boletín de Información Profesional do mes de novembro.
 
Tríptico
TrípticoTríptico
Tríptico
 
Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018
 
Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018Cartel informativo 2018
Cartel informativo 2018
 
Bip xaneiro 2014
Bip xaneiro 2014Bip xaneiro 2014
Bip xaneiro 2014
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
satelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
satelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
satelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
satelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
satelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
satelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
satelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
satelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
satelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
satelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Bases premios publicidade_2019

  • 1. XXVI PREMIOS DE PUBLICIDADE EN GALEGO 2019 Con base no acordo conxunto do Parlamento de Galicia, o Foro Enrique Peinador e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, encomendóuselle a este centro directivo a elaboración das bases dos Premios de Publicidade en Galego e a súa tramitación. Na súa virtude, a Consellería de Cultura e Turismo a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca, con periodicidade anual, os Premios de Publicidade en Galego, co obxectivo de promover o uso da lingua galega no ámbito publicitario en cumprimento do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico e do Plan xeral de normalización lingüística. Na presente edición, a convocatoria dos premios rexerase polas seguintes bases: BASES 1 O obxecto da convocatoria é establecer e regular o procedemento para a concesión de premios dirixidos ás empresas anunciantes, ás axencias de publicidade e aos centros educativos públicos, privados ou concertados especializados nalgunha das áreas de coñecemento que teñan que ver coa publicidade, polos traballos publicitarios que realicen e polo seu desenvolvemento técnico, respectivamente. 2 Establécense cinco premios, un por cada unha das seguintes categorías, segundo o medio de difusión: radio, televisión, Internet, prensa escrita e un extraordinario para proxectos elaborados polo alumnado de centros educativos. Para cada categoría, (agás para a especialidade educativa), configúranse dúas modalidades de premio, de xeito que, polos traballos que resulten galardoados, recibirán cadanseu premio tanto a empresa anunciante como a axencia de publicidade. 3 A convocatoria é de natureza aberta e de participación voluntaria. Formalizarán as correspondentes follas de inscrición tanto as empresas anunciantes como as axencias de publicidade e de medios (empresas produtoras, estudios de deseño gráfico, creativos, empresas especializadas no desenvolvemento de páxinas web, produtores de produtos publicitarios...) que realizasen unha acción publicitaria, difundida ou transmitida integramente en galego, entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de decembro de 2018. Os membros da comisión de valoración poderán propor tamén candidaturas de acordo coa finalidade do premio. Por outra banda, premiaranse os traballos realizados polo alumnado dos centros educativos especializados nalgunha das áreas de coñecemento que teñan que ver coa publicidade durante o curso 2018-2019. Estes centros deberán formalizar tamén a folla de inscrición. 4 O prazo de inscrición nesta convocatoria e, así mesmo, para a presentación dos traballos que concorren aos premios comezará a contar dende o día seguinte ao da súa publicación na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (www.lingua.gal) e rematará o 18 de outubro de 2019. 5 Os traballos deberán enviarse tanto en formato orixinal como en formato jpg ou pdf (no caso das imaxes), mp3 (audios) e mp4 con resolución para web, máximo 40M (vídeos). O enderezo de envío é o seguinte:
  • 2. Secretaría Xeral de Política Lingüística Rúa de San Roque, n.º 2 15704 Santiago de Compostela O envío irá acompañado da folla de inscrición, debidamente cuberta e asinada, que deberá descargarse na web www.lingua.gal. Non se aceptarán aquelas solicitudes que non inclúan a folla de inscrición xunto cos datos da empresa anunciante, da axencia de publicidade ou do centro educativo. A ausencia da folla de inscrición e dos datos de identificación das empresas ou entidades participantes será causa de exclusión directa do procedemento sen máis trámites. No caso de concorrer ao premio con varios traballos, será obrigatorio presentar unha folla de inscrición por cada un deles. 6 Os premios consistirán na entrega dunha certificación e mais dunha obra artística. 7 Para a selección dos traballos publicitarios presentados crearase unha comisión de valoración, que tamén poderá propoñer candidaturas no propio acto de valoración. Esta comisión estará presidida pola persoa titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística, ou a persoa en quen delegue, e integrada polos seguintes membros: a) Dúas persoas especializadas nas diferentes disciplinas da comunicación e da publicidade. b) Unha persoa en representación do ámbito institucional. c) Unha persoa en representación do ámbito asociativo. d) Un funcionario ou unha funcionaria da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que actuará como secretario ou secretaria, con voz e sen voto. 8 Dos traballos que concorran ao premio, valoraranse, entre outros, os aspectos que se indican a seguir: a) Singularidade da produción (20 %) b) Impacto na promoción da lingua galega (40 %) c) Calidade lingüística oral e escrita (20 %) d) Contido multimedia, para os traballos en Internet (20 %) Os premios poderán quedar desertos. 9 Logo de analizar os traballos presentados, a Comisión de Valoración emitirá a proposta de resolución dirixida ao titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, ao presidente do Parlamento de Galicia e ao presidente da Fundación Enrique Peinador. A resolución conxunta dos traballos premiados publicarase nas páxinas web das entidades convocantes. 10 Os premios, en todas as súas modalidades, serán entregados no transcurso dun acto que se realizará no mes de novembro de 2019, en conmemoración do Día da Galeguidade Empresarial. 11. As axencias, empresas ou centros educativos participantes, ao aceptaren o premio, aceptan e consenten a difusión dos traballos galardoados en medios de comunicación internos, externos ou nas redes sociais que determinen as entidades promotoras desta convocatoria e colaborarán en todas as accións de difusión que se organicen. 12. Na táboa que se achega ordénase a información básica sobre o tratamento dos datos de ca- rácter persoal dirixida ás persoas físicas que representan as empresas ou entidades participantes nesta convocatoria, ao abeiro das prescricións previstas no Regulamento (UE) 2016/679 do Parla- mento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no
  • 3. que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e demais normati- va concordante que sexa de aplicación. Responsable Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo, con enderezo no complexo administrativo de San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela. Datos obxecto do tratamento Os datos de carácter persoal que proporcionen as empresas anunciantes, as axencias de publicidade e os centros de formación, así como os que se deriven da concesión dos premios. Finalidade A realización das xestións necesarias para o desenvolvemento dos premios, que inclúe a selección dos traballos galardoados, a publicación dos premiados e o contacto cos gañadores ou gañadoras para a entrega dos premios e a súa posterior difusión pública en medios de comunicación internos ou externos, así como nas redes sociais que determinen as entidades promotoras desta convocatoria. Base lexítima do tratamento O consentimento expreso das empresas anunciantes, das axencias de publicidade e dos centros educativos, polo feito de participar na XXVI edición dos Premios de Publicidade en Galego. Destinatarios dos datos Os que resulten necesarios conforme a lei e os provedores de servizo na súa condición de encargados do tratamento, así como á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Parlamento de Galicia e a Fundación Enrique Peinador. Dereitos das persoas interesadas Acceso, oposición, rectificación, supresión e limitación mediante o envío dunha petición razoada dirixida á sede da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura e Turismo en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n), ou no seu enderezo electrónico: https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Así mesmo, as persoas interesadas que consideren lesionado o seu dereito á protección de datos poderán presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es). Duración do tratamento Os datos persoais conservaranse durante o tempo necesario para o cumprimento da finalidade obxecto desta convocatoria e, con posterioridade á publicación dos traballos galardoados, polo tempo de prescrición das accións legais correspondentes para a tutela do dereito á protección de datos persoais. Os datos destruiranse logo de que transcorra o referido prazo de prescrición. 13 A presentación aos XXVI Premios de Publicidade en Galego implica a aceptación destas bases. Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2019