SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
BOPBOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
www.dacoruna.gal
MIÉRCOLES, 6 DE NOVIEMBRE DE 2019  |  BOP NÚMERO 211MÉRCORES, 6 DE NOVEMBRO DE 2019
Página 1 / 4
Númerodeanuncio 2019/8878
Administración Local
Provincial
Deputación Provincial da Coruña
Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais
RP 2019/38794 Resolución pola que se aproban as bases e o orzamento da convocatoria do VI Concurso de Guións Contra a Violencia de
Xénero, ano 2019, que de seguido se transcriben
VI CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
BASES DA EDICIÓN, ANO 2019
PRIMEIRA.-
O obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización,
identificación e prevención da violencia económica como forma de control e dominación.
Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente cree debate, mobilización, fomente a súa
creatividade mentres reflexionan sobre a violencia económica que inclúe a limitación ou privación intencionada e non
xustificada de recursos para o benestar físico ou psicolóxico das mulleres e dos seus fillos e fillas ou persoas que delas
dependen, reflexionen sobre a prohibición para traballar de forma remunerada, ameazas continuadas sobre aspectos eco-
nómicos, discriminación no emprego e acceso aos recursos ou bens materiais compartidos no ámbito da convivencia ou
sobre a fenda salarial existente na sociedade onde as mulleres perciben menores ingresos por iguais traballos ou peores
condicións laborais.
Así mesmo, o obxecto do concurso procura a participación e compromiso da comunidade educativa como piar necesa-
rio para guiar e orientar no proceso de creación.
É o centro o que presentará a candidatura para participar na convocatoria.
Paralelamente o concurso promove o traballo en equipo, así como a aprendizaxe do medio audiovisual.
A convocatoria tramitarase de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación
(SUBTEL).
Dado que a tramitación será telemática quen presente a candidatura deberá:
* Dispoñer dun único enderezo electrónico de contacto durante a tramitación do expediente, ao que se dirixirán as
comunicacións. Excepcionalmente, e de xeito xustificado, poderá modificar este enderezo inicial, sempre e cando se lle
notifique a circunstancia pertinente á Deputación.
* Dispoñer de certificado dixital.
A Deputación resérvase o dereito de modificar as condicións en calquera momento, incluso pode chegar a anulalo ou
deixalo sen efecto sempre que concorra causa xustificada, en todo caso comprométese a comunicalo pola mesma vía.
SEGUNDA.- Participantes
Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación se-
cundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga, de calquera nacionalidade, que
se presenten individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados e titorizados
por persoal docente do centro público de estudos ao que se adscribe, pertencentes á provincia da Coruña,e apoiados pola
Dirección do centro.
Cada participante só poderá presentar un único guión orixinal e inédito, non premiado con anterioridade.
Non poderán participar as persoas gañadoras en edicións anteriores.
Empregará a lingua galega e a perspectiva de xénero.
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Mércores, 6 de novembro de 2019	 [Número 211]	 Miércoles, 6 de noviembre de 2019
Página 2 / 4
Númerodeanuncio 2019/8878
TERCEIRA.- Temática
O premio concederase ao mellor guión onde se combinen aptitudes artísticas e creativas do alumnado na creación
dun guión creativo, con impacto social e potencialidade audiovisual, orixinal e non publicado que en tan só uns minutos
pretenda concienciar a poboación, en xeral, sobre a violencia económica.
Terase en conta a viabilidade da posterior produción audiovisual.
Os textos empregados deberán respectar os principios da lexislación vixente en políticas de igualdade de xénero e
prevención da violencia de xénero.
CUARTA.- Formato
A Documentación a presentar é a seguinte:
*O guión, que editarase tendo en conta os seguintes criterios:
1.	Identificarase cun título.
2.	Redactarase con formato courier 12, interliñado sinxelo, aliñado á esquerda con numeración de escenas e páxinas.
Máximo 4 páxinas de guión (previsto para unha produción aproximadamente de 3 ou 4 minutos).
3.	Deberá conter, polo menos, as seguintes partes; encabezado de escena, descrición/acción, personaxe, diálogo (de
ser o caso), anotación ou paréntese, transicións, e planos.
4.	O idioma empregado será o galego, e engadirase a perspectiva de xénero.
* Folla de aceptación dos compromisos cos datos requiridos debidamente asinada. (anexo I) Cubrirase unha folla por
cada alumna ou alumno participante e firmaranse as autorizacións pertinentes.
* Fotocopia do CIF do centro participante
*Fotocopia do DNI de cada alumno ou alumna participante.
* Declaración de consentimento expreso para o tratamento dos datos persoais que constan na solicitude
QUINTA.- Premio
Outorgarase un único premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, no que se
producirá o vídeo con base no guión gañador que se adaptará segundo as necesidades e onde as persoas participantes
poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso.
Así mesmo, outorgarase un premio en metálico de 4.000 euros ao centro educativo que titorice o guión gañador.
Esta cantidade aboarase unha vez realizado o proxecto e está suxeita ás retencións legais que sexan de aplicación.
O xurado poderá facer unha mención honorífica a algún outro guión pola súa calidade técnica e impacto social.
Posteriormente e para a participación da edición da produción e gravación audiovisual pedirase a autorización por
escrito, tanto do centro educativo, como do/a titor/a legal das persoas participantes.
As persoas participantes recibirán unha copia da curta xa editada e poderán participar da súa presentación nos medios
que se estimen oportunos, seguindo as directrices da deputación.
A deputación resérvase o dereito a facer uso dos guións e da produción audiovisual, cedéndolle á autora ou autor os
dereitos por tempo indefinido para que a deputación poida empregalas para calquera campaña de sensibilización e infor-
mación das actividades da Deputación da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero.
SEXTA.- Prazo e forma de presentación dos traballos
Prazo: o prazo de admisión de guións ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase o día
11 de decembro de 2019 ás 14:00 horas.
As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma
de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL).
A solicitude e toda a documentación estará asinada pola persoa que presenta a candidatura.
A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo
establecido e na plataforma citada. Non se terán por presentadas as solicitudes que se acheguen noutros rexistros.
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Mércores, 6 de novembro de 2019	 [Número 211]	 Miércoles, 6 de noviembre de 2019
Página 3 / 4
Númerodeanuncio 2019/8878
Serán rexeitadas automaticamente as solicitudes que conteñan documentos electrónicos que incorporen código ma-
licioso ou dispositivo susceptible de afectar á integridade ou seguridade do sistema, omitan documentos esixidos, non
se cubran os campos requiridos como obrigatorios ou cando conteñan incongruencias ou omisións que impidan o seu
tratamento.
SÉTIMA.- Composición e actuación do xurado
O xurado estará presidido pola deputada delegada en materia de igualdade, persoal do Servizo de Acción Social,
Cultural e Deporte, así como de dúas persoas de recoñecido prestixio no eido do deseño gráfico e produción audiovisual.
Actuará como secretario o da Corporación ou persoa funcionaria en quen delegue. Esta será a persoa encargada de
abrir o sobre dos traballos que resulten finalistas.
A composición do xurado darase a coñecer, con anterioridade a súa reunión, na páxina web da Deputación (www.daco-
runa.gal), co fin de que se poidan interpor, se for o caso, os recursos legais pertinentes.
O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, e será necesaria a asistencia da maioría simple dos seus
membros. Para os efectos da validez da súa constitución aplicarase o disposto no art. 17 da Lei 40/2015, do 1 de outubro,
de réxime xurídico do sector público.
As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.
O xurado presentará a súa proposta á Presidencia da Deputación, que é o órgano competente para conceder o premio.
A decisión do xurado será comunicada aos centros premiados e a través da páxina web da Deputación.
Así mesmo, o xurado poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxecto de resolución da Presidencia
desta deputación, que é o órgano competente para resolver o premio.
OITAVA.- Concesión e entrega dos premios
A concesión darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación.
A entrega do premio celebrarase posteriormente nas dependencias da deputación e avisarase ás persoas gañadoras
con antelación.
NOVENA.- Non se devolverán os traballos non premiados que, a partir do día seguinte á concesión do premio, poderán
ser destruídos.
DÉCIMA.- A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.
UNDÉCIMA.-
Os datos subministrados teñen a finalidade de poder tramitar esta convocatoria e están protexidos pola Lei orgánica
3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. O responsable do tratamento
dos datos é a Deputación Provincial da Coruña, e o encargado será a empresa contratada pola Deputación provincial para
coordinar o premio, no caso de se contratar. A lexitimación para o tratamento dos datos persoais contidos nesta solicitude
é o consentimento que o asinante outorga á Deputación provincial coa súa sinatura. No caso de que sexa denegado o
consentimento para o tratamento dos datos persoais, non poderá presentarse ao premio por imposibilidade de tramitación
da solicitude. O destinatario dos datos é a Deputación provincial que non cederá datos a terceiros, salvo obriga legal. Os
datos facilitados conservaranse ata a finalización da tramitación da convocatoria. As persoas que participen na convoca-
toria teñen os dereitos a acceder, rectificar ou suprimir datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos
así como opoñerse ou retirar o consentimento e solicitar a súa portabilidade en calquera momento. Estes dereitos poderán
exercerse perante as oficinas centrais da Deputación situadas na Av. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña ou ben a través
de medios electrónicos, dirixindo un correo ao enderezo delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal. Pode consultar a
política de privacidade da Deputación no enderezo web www.dacoruna.gal/avisos/politica-privacidade.
A Coruña, 31 de outubro de 2019
O presidente												O secretario
Valentín González Formoso							José Luís Almau Supervía
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA
Mércores, 6 de novembro de 2019	 [Número 211]	 Miércoles, 6 de noviembre de 2019
Página 4 / 4
Númerodeanuncio 2019/8878
VI CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ANO 2019
FOLLA DE ACEPTACIÓN DOS COMPROMISOS DA CONVOCATORIA ( ANEXO 1)
DATOS DA PERSOA PARTICIPANTE (Cubrirase un impreso por cada persoa participante. No caso dos grupos o/a docente
ou persoa que supervise o guión e o centro de estudos deberá ser o mesmo senón queda invalidada a participación)
Nome e apelidos/ NIF Data de nacemento
Enderezo
Localidade/Concello Código postal Teléfono
Centro escolar ao que pertence: CIF: Docente que supervisa o guión:
Director/a do centro educativo Telefono e correo electrónico da Dirección do centro
Título do guión:
Outros datos:
	Achégase fotocopia do DNI da persoa participante.
	A participación nesta convocatoria supón a total aceptación das bases polo que se lle ceden os dereitos para que a
deputación poida empregar o traballo para calquera campaña de sensibilización e información das actividades da Deputa-
ción da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero.
Lugar e data_____________________________________
																				 (sinatura da persoa participante)
(sinatura do/a docente que titorice)							 (sinatura da Dirección do centro)
_______________________________________________________________________________________________________
Autorización para a publicación dos datos persoais e cesión de imaxe das persoas participantes no VI Concurso de guións
contra a violencia de xénero.
Don/Dona.............................................................................................................................................................
con DNI ........................................ou como pai/nai ou titor/a do/a menor de 14 anos ..............................................
................................................ autorizo á Deputación da Coruña para que empregue os datos de carácter persoal e
imaxes para fins de difusión e publicidade que se considere conveniente no marco do fomento da igualdade de xénero.”
Autorizo			 Non autorizo	 
Asinado
(pai, nai, titor/a legal)
________________ ,_____ de __________ de 2019.
No caso de non autorizar o tratamento dos datos persoais, quedará automaticamente excluído do concurso por impo-
sibilidade material para a súa tramitación.
Segundo o disposto no artigo 18 da Constitución, Lei 1/1982, do 5 de maio, sobre o dereito ao honor, á intimidade
persoal e á propia imaxe, e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos
dereitos dixitais.
2019/8878

More Related Content

Similar to 2019 0000008878

Bases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputaciónBases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputación
kikovsli
 
Información Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
Información Banco Escola Universidade Cidadanía TangramInformación Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
Información Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
tangrampontevedra
 
A4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionA4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacion
satelite1
 
Bases animador socio cultural
Bases animador socio culturalBases animador socio cultural
Bases animador socio cultural
odesvanmarita
 
Tríptico curuxa galego (1)
Tríptico curuxa galego (1)Tríptico curuxa galego (1)
Tríptico curuxa galego (1)
satelite1
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Charo García
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Charo García
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Charo García
 
Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Charo García
 
Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2
Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2
Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2
satelite1
 

Similar to 2019 0000008878 (20)

Bases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputaciónBases subvencióndeputación
Bases subvencióndeputación
 
Concello a baña animador cultural,oct14
Concello a baña animador cultural,oct14Concello a baña animador cultural,oct14
Concello a baña animador cultural,oct14
 
Becas parlamento galicia 0ct13
Becas parlamento galicia 0ct13Becas parlamento galicia 0ct13
Becas parlamento galicia 0ct13
 
Información Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
Información Banco Escola Universidade Cidadanía TangramInformación Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
Información Banco Escola Universidade Cidadanía Tangram
 
A4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacionA4 basesvideocreacion
A4 basesvideocreacion
 
Bases animador socio cultural
Bases animador socio culturalBases animador socio cultural
Bases animador socio cultural
 
Tríptico curuxa galego (1)
Tríptico curuxa galego (1)Tríptico curuxa galego (1)
Tríptico curuxa galego (1)
 
Premio nortear final gal 2015 6 9x
Premio nortear final gal 2015 6 9xPremio nortear final gal 2015 6 9x
Premio nortear final gal 2015 6 9x
 
Bases monologos solidarios
Bases monologos solidariosBases monologos solidarios
Bases monologos solidarios
 
Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".
Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".
Bases da "XI Edición do Premio Carro de Prata".
 
Folleto XI Edición Premio Carro de Prata
Folleto XI Edición Premio Carro de PrataFolleto XI Edición Premio Carro de Prata
Folleto XI Edición Premio Carro de Prata
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 
Anuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-glAnuncio g0164 030114-0001-gl
Anuncio g0164 030114-0001-gl
 
Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1Bases tecnico a prospeccion laboral-1
Bases tecnico a prospeccion laboral-1
 
Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2
Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2
Bases xii concurso de cartas dillo a quen maltrata 2015 2
 
Bases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivoBases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivo
 
AnuncioG0655-130123-0002_gl.pdf
AnuncioG0655-130123-0002_gl.pdfAnuncioG0655-130123-0002_gl.pdf
AnuncioG0655-130123-0002_gl.pdf
 
Folleto XI Edición Premio Carro de Prata
Folleto XI Edición Premio Carro de PrataFolleto XI Edición Premio Carro de Prata
Folleto XI Edición Premio Carro de Prata
 
Bolsas invest diput coruña14
Bolsas invest diput coruña14Bolsas invest diput coruña14
Bolsas invest diput coruña14
 

More from satelite1

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

2019 0000008878

  • 1. BOPBOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA www.dacoruna.gal MIÉRCOLES, 6 DE NOVIEMBRE DE 2019  |  BOP NÚMERO 211MÉRCORES, 6 DE NOVEMBRO DE 2019 Página 1 / 4 Númerodeanuncio 2019/8878 Administración Local Provincial Deputación Provincial da Coruña Servizo de Acción Social, Cultural e Deportes. Sección de Servizos Sociais RP 2019/38794 Resolución pola que se aproban as bases e o orzamento da convocatoria do VI Concurso de Guións Contra a Violencia de Xénero, ano 2019, que de seguido se transcriben VI CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO BASES DA EDICIÓN, ANO 2019 PRIMEIRA.- O obxecto do certame é elaborar un guión de curtametraxe a través do cal se xere reflexión, conciencia, sensibilización, identificación e prevención da violencia económica como forma de control e dominación. Preténdese que a través da elaboración do guión a poboación adolescente cree debate, mobilización, fomente a súa creatividade mentres reflexionan sobre a violencia económica que inclúe a limitación ou privación intencionada e non xustificada de recursos para o benestar físico ou psicolóxico das mulleres e dos seus fillos e fillas ou persoas que delas dependen, reflexionen sobre a prohibición para traballar de forma remunerada, ameazas continuadas sobre aspectos eco- nómicos, discriminación no emprego e acceso aos recursos ou bens materiais compartidos no ámbito da convivencia ou sobre a fenda salarial existente na sociedade onde as mulleres perciben menores ingresos por iguais traballos ou peores condicións laborais. Así mesmo, o obxecto do concurso procura a participación e compromiso da comunidade educativa como piar necesa- rio para guiar e orientar no proceso de creación. É o centro o que presentará a candidatura para participar na convocatoria. Paralelamente o concurso promove o traballo en equipo, así como a aprendizaxe do medio audiovisual. A convocatoria tramitarase de xeito telemático, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL). Dado que a tramitación será telemática quen presente a candidatura deberá: * Dispoñer dun único enderezo electrónico de contacto durante a tramitación do expediente, ao que se dirixirán as comunicacións. Excepcionalmente, e de xeito xustificado, poderá modificar este enderezo inicial, sempre e cando se lle notifique a circunstancia pertinente á Deputación. * Dispoñer de certificado dixital. A Deputación resérvase o dereito de modificar as condicións en calquera momento, incluso pode chegar a anulalo ou deixalo sen efecto sempre que concorra causa xustificada, en todo caso comprométese a comunicalo pola mesma vía. SEGUNDA.- Participantes Poderán participar todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos, que cursen educación se- cundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou outro tipo de formación análoga, de calquera nacionalidade, que se presenten individualmente ou preferentemente en grupo (máximo 6 participantes por grupo), supervisados e titorizados por persoal docente do centro público de estudos ao que se adscribe, pertencentes á provincia da Coruña,e apoiados pola Dirección do centro. Cada participante só poderá presentar un único guión orixinal e inédito, non premiado con anterioridade. Non poderán participar as persoas gañadoras en edicións anteriores. Empregará a lingua galega e a perspectiva de xénero.
  • 2. BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA Mércores, 6 de novembro de 2019 [Número 211] Miércoles, 6 de noviembre de 2019 Página 2 / 4 Númerodeanuncio 2019/8878 TERCEIRA.- Temática O premio concederase ao mellor guión onde se combinen aptitudes artísticas e creativas do alumnado na creación dun guión creativo, con impacto social e potencialidade audiovisual, orixinal e non publicado que en tan só uns minutos pretenda concienciar a poboación, en xeral, sobre a violencia económica. Terase en conta a viabilidade da posterior produción audiovisual. Os textos empregados deberán respectar os principios da lexislación vixente en políticas de igualdade de xénero e prevención da violencia de xénero. CUARTA.- Formato A Documentación a presentar é a seguinte: *O guión, que editarase tendo en conta os seguintes criterios: 1. Identificarase cun título. 2. Redactarase con formato courier 12, interliñado sinxelo, aliñado á esquerda con numeración de escenas e páxinas. Máximo 4 páxinas de guión (previsto para unha produción aproximadamente de 3 ou 4 minutos). 3. Deberá conter, polo menos, as seguintes partes; encabezado de escena, descrición/acción, personaxe, diálogo (de ser o caso), anotación ou paréntese, transicións, e planos. 4. O idioma empregado será o galego, e engadirase a perspectiva de xénero. * Folla de aceptación dos compromisos cos datos requiridos debidamente asinada. (anexo I) Cubrirase unha folla por cada alumna ou alumno participante e firmaranse as autorizacións pertinentes. * Fotocopia do CIF do centro participante *Fotocopia do DNI de cada alumno ou alumna participante. * Declaración de consentimento expreso para o tratamento dos datos persoais que constan na solicitude QUINTA.- Premio Outorgarase un único premio ao guión gañador que consistirá nun curso práctico de realización de curtas, no que se producirá o vídeo con base no guión gañador que se adaptará segundo as necesidades e onde as persoas participantes poderán ser partícipes e protagonistas en todo o proceso. Así mesmo, outorgarase un premio en metálico de 4.000 euros ao centro educativo que titorice o guión gañador. Esta cantidade aboarase unha vez realizado o proxecto e está suxeita ás retencións legais que sexan de aplicación. O xurado poderá facer unha mención honorífica a algún outro guión pola súa calidade técnica e impacto social. Posteriormente e para a participación da edición da produción e gravación audiovisual pedirase a autorización por escrito, tanto do centro educativo, como do/a titor/a legal das persoas participantes. As persoas participantes recibirán unha copia da curta xa editada e poderán participar da súa presentación nos medios que se estimen oportunos, seguindo as directrices da deputación. A deputación resérvase o dereito a facer uso dos guións e da produción audiovisual, cedéndolle á autora ou autor os dereitos por tempo indefinido para que a deputación poida empregalas para calquera campaña de sensibilización e infor- mación das actividades da Deputación da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero. SEXTA.- Prazo e forma de presentación dos traballos Prazo: o prazo de admisión de guións ábrese o día seguinte á publicación das presentes bases no BOP e péchase o día 11 de decembro de 2019 ás 14:00 horas. As solicitudes presentaranse de xeito telemático na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTEL). A solicitude e toda a documentación estará asinada pola persoa que presenta a candidatura. A presentación telemática producirá plenos efectos xurídicos, sempre que a solicitude sexa presentada dentro do prazo establecido e na plataforma citada. Non se terán por presentadas as solicitudes que se acheguen noutros rexistros.
  • 3. BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA Mércores, 6 de novembro de 2019 [Número 211] Miércoles, 6 de noviembre de 2019 Página 3 / 4 Númerodeanuncio 2019/8878 Serán rexeitadas automaticamente as solicitudes que conteñan documentos electrónicos que incorporen código ma- licioso ou dispositivo susceptible de afectar á integridade ou seguridade do sistema, omitan documentos esixidos, non se cubran os campos requiridos como obrigatorios ou cando conteñan incongruencias ou omisións que impidan o seu tratamento. SÉTIMA.- Composición e actuación do xurado O xurado estará presidido pola deputada delegada en materia de igualdade, persoal do Servizo de Acción Social, Cultural e Deporte, así como de dúas persoas de recoñecido prestixio no eido do deseño gráfico e produción audiovisual. Actuará como secretario o da Corporación ou persoa funcionaria en quen delegue. Esta será a persoa encargada de abrir o sobre dos traballos que resulten finalistas. A composición do xurado darase a coñecer, con anterioridade a súa reunión, na páxina web da Deputación (www.daco- runa.gal), co fin de que se poidan interpor, se for o caso, os recursos legais pertinentes. O xurado actuará en pleno, en sesión a ser posible única, e será necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. Para os efectos da validez da súa constitución aplicarase o disposto no art. 17 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente. O xurado presentará a súa proposta á Presidencia da Deputación, que é o órgano competente para conceder o premio. A decisión do xurado será comunicada aos centros premiados e a través da páxina web da Deputación. Así mesmo, o xurado poderá declarar deserto o premio e a súa proposta será obxecto de resolución da Presidencia desta deputación, que é o órgano competente para resolver o premio. OITAVA.- Concesión e entrega dos premios A concesión darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación. A entrega do premio celebrarase posteriormente nas dependencias da deputación e avisarase ás persoas gañadoras con antelación. NOVENA.- Non se devolverán os traballos non premiados que, a partir do día seguinte á concesión do premio, poderán ser destruídos. DÉCIMA.- A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases. UNDÉCIMA.- Os datos subministrados teñen a finalidade de poder tramitar esta convocatoria e están protexidos pola Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. O responsable do tratamento dos datos é a Deputación Provincial da Coruña, e o encargado será a empresa contratada pola Deputación provincial para coordinar o premio, no caso de se contratar. A lexitimación para o tratamento dos datos persoais contidos nesta solicitude é o consentimento que o asinante outorga á Deputación provincial coa súa sinatura. No caso de que sexa denegado o consentimento para o tratamento dos datos persoais, non poderá presentarse ao premio por imposibilidade de tramitación da solicitude. O destinatario dos datos é a Deputación provincial que non cederá datos a terceiros, salvo obriga legal. Os datos facilitados conservaranse ata a finalización da tramitación da convocatoria. As persoas que participen na convoca- toria teñen os dereitos a acceder, rectificar ou suprimir datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento e solicitar a súa portabilidade en calquera momento. Estes dereitos poderán exercerse perante as oficinas centrais da Deputación situadas na Av. Porto da Coruña, 2, 15003 A Coruña ou ben a través de medios electrónicos, dirixindo un correo ao enderezo delegadodeprotecciondedatos@dacoruna.gal. Pode consultar a política de privacidade da Deputación no enderezo web www.dacoruna.gal/avisos/politica-privacidade. A Coruña, 31 de outubro de 2019 O presidente O secretario Valentín González Formoso José Luís Almau Supervía
  • 4. BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA BOPBOLETÍN OFICIAL DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA Mércores, 6 de novembro de 2019 [Número 211] Miércoles, 6 de noviembre de 2019 Página 4 / 4 Númerodeanuncio 2019/8878 VI CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ANO 2019 FOLLA DE ACEPTACIÓN DOS COMPROMISOS DA CONVOCATORIA ( ANEXO 1) DATOS DA PERSOA PARTICIPANTE (Cubrirase un impreso por cada persoa participante. No caso dos grupos o/a docente ou persoa que supervise o guión e o centro de estudos deberá ser o mesmo senón queda invalidada a participación) Nome e apelidos/ NIF Data de nacemento Enderezo Localidade/Concello Código postal Teléfono Centro escolar ao que pertence: CIF: Docente que supervisa o guión: Director/a do centro educativo Telefono e correo electrónico da Dirección do centro Título do guión: Outros datos:  Achégase fotocopia do DNI da persoa participante.  A participación nesta convocatoria supón a total aceptación das bases polo que se lle ceden os dereitos para que a deputación poida empregar o traballo para calquera campaña de sensibilización e información das actividades da Deputa- ción da Coruña relacionadas co fomento da igualdade de xénero. Lugar e data_____________________________________ (sinatura da persoa participante) (sinatura do/a docente que titorice) (sinatura da Dirección do centro) _______________________________________________________________________________________________________ Autorización para a publicación dos datos persoais e cesión de imaxe das persoas participantes no VI Concurso de guións contra a violencia de xénero. Don/Dona............................................................................................................................................................. con DNI ........................................ou como pai/nai ou titor/a do/a menor de 14 anos .............................................. ................................................ autorizo á Deputación da Coruña para que empregue os datos de carácter persoal e imaxes para fins de difusión e publicidade que se considere conveniente no marco do fomento da igualdade de xénero.” Autorizo  Non autorizo  Asinado (pai, nai, titor/a legal) ________________ ,_____ de __________ de 2019. No caso de non autorizar o tratamento dos datos persoais, quedará automaticamente excluído do concurso por impo- sibilidade material para a súa tramitación. Segundo o disposto no artigo 18 da Constitución, Lei 1/1982, do 5 de maio, sobre o dereito ao honor, á intimidade persoal e á propia imaxe, e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. 2019/8878