1. Como imaxino a volta ao cole
Por Marcos Areosa (1º ESO)
Pois imaxino a volta ao cole con mascarilla, lavándonos as máns en
cada cambio de clase, as mesas separadas con un metro de distancia,
desinfectando os baños cada pouco etc.
Para comer teríamos que ir para casa para manter a distancia de
seguiridade, pois no comedor non habería sitio para todos tan separados.
Non poderemos ir de excursión nin facer actividades no que haxa
que ter un contacto físico.
No autobús non poderemos ir xuntos, teremos que separarnos con
asientos libres entre nós ou en diferentes filas.
Solo poderemos xogar a cousas onde respetemos as medidas de
distancia social, por exemplo Ping-pong, no que teremos que xogar
separados e cando rematmos desinfectar as raquetas, pelotas e mesa ;o
futbolín e o billar pasa igual, podes xogar porque mantés a distancia, eso
si, hai que ter moito coidado en desinfectar todo e lavar as máns moitas
veces para estar san.