historia As orixesdo badminton atópanse nun xogo chamado “Poona” que se practicaba na India. Uns militares ingleses introduciron o Badminton en Inglaterra no ano 1873. No ano 1934 naceu a Federación Internacional de Badminton.
3.
HISTORIA En Munich1972 apareceu por primeira vez nuns Xogos Olímpicos como deporte de demostración. É deporte olímpico dende as Olimpíadas de Barcelona 1992.
4.
HISTORIA En Españao Badminton empeza a practicarse polo ano 1970 en Vigo. A súa práctica estendeuse rapidamente por todas as Comunidades Autónomas. Hoxe podemos dicir que é un dos sete deportes máis practicados no noso país.
5.
COMPETICIÓNS As competiciónsinternacionais máis importantes son: Campionatos do Mundo. Xogos Olímpicos. Torneo “All England”. “ Thomas Cup” (masculino). “ Uber Cup” (feminino). “ Sudirman Cup” (mixta).
RAQUETA Elemento esencialpara o xogo. Ten varias partes: cabeza, varilla e empuñadura. É moi lixeira (90-140 g). Existen diferentes tipos de raquetas en función do material do que están feitas: metálicas, de aluminio ou de fibra de carbono.
8.
CORDAXE Encordar unharaqueta é poñerlle a cordaxe, e dicir, enlazar o fío entre os buratos do marco da raqueta ata formar unha rede tensa e homoxénea. Aprender a encordar unha raqueta é moi importante porque as cordas rómpense con moita facilidade.
9.
volante O volantedebe pesar entre 4.74 e 5.50 gr, ten 16 plumas de 6 cm de lonxitude fixadas nunha base de cortiza de forma semiesférica. Existen dous tipos de volantes: De plumas que usan os xogadores de nivel avanzado nas competicións oficiais. De nailon máis apropiado para a iniciación e para as competicións escolares.
10.
A REDEEstá feita de corda fina de cor escura e con grosor entre os 15 e os 20 mm. Debe ter unha anchura de 0,76 m. A parte superior deberá estar rematada cunha cinta branca de 75 mm dobrada pola metade sobre unha corda ou cable. A distancia entre a parte superior da rede e a superficie da pista deberá ser de 1,55 m.
PISTA INDIVIDUAISTen forma rectangular. Dimensións son de 13,40 m de lonxitude por 5,18 m de anchura. A superficie do campo pode ser de madeira ou sintética sempre e cando non sexa resbaladiza e asegure unha boa adherencia dos xogadores. As liñas deben ser fáciles de distinguir e preferentemente de cor branca ou amarela cunha anchura de 4 cm.
13.
PISTA DOBRESCampo de forma rectangular con dimensións de 13,40 m de lonxitude e 6,10 m de ancho.
14.
PUNTUACIÓN Partido a3 sets de 21 puntos. O primeiro xogador que chegue a 21 puntos gaña o set. O xogador que gañe o intercambio de golpes sumará 1 punto no marcador e consigue o servizo. Con 20-20 haberá que conseguir 2 puntos de vantaxe para gañar o set; no caso de chegar a 29-29 gaña o primeiro que chegue a 30 puntos.
15.
VESTIARIO Camiseta dealgodón porque facilita a transpiración corporal e absorbe a suor. Na competición é obrigatorio o uso de pantalón curto. Deberemos empregar calzado lixeiro con superficie antideslizante.
16.
AGARRE DA RAQUETA Colocar a raqueta coa cordaxe perpendicular ao chan; nesa posición agarrámola pechando os dedos co polgar entre o índice e os outros dedos. Teremos que coller firmemente a raqueta coa mínima tensión ata o momento de golpear o volante; momento no que a apertaremos fortemente para volver a relaxar a tensión do agarre xusto despois do golpeo.
17.
POSICIÓN BÁSICA NO CAMPO O badminton é un xogo moi rápido, por iso resulta fundamental adoptar unha boa posición preparado para entrar en acción o máis axiña posible. O xogador/a deberá ter os pés separados a mesma altura, o peso do corpo repartido nos dous pés. Pernas lixeiramente flexionadas e tronco inclinado adiante, raqueta a altura dos ombreiros.
18.
COLOCACIÓN NO CAMPO O/a xogador/a debe intentar sempre e despois de cada acción ocupar o centro do campo.
19.
DESPRAZAMENTOS Para estarben situado no campo é necesario que o xogador despois de cada golpe volva a posición central de base. Dende esa posición, dando un so paso (adiante, atrás ou lateral) o xogador cubre parte da superficie do campo. Esta zona que cubre sen ter que desprazar os dous pés chámase “círculo aberto”.
20.
DESPRAZAMENTOS Cando ovolante sae da área do “círculo cuberto” o xogador terá que dar máis dun paso. Estes pasos deberán ser rápidos para poder chegar a tempo e golpear correctamente. Normalmente, no caso de varios pasos, os primeiros serán curtos e o último máis longo para recibir o volante de forma axeitada.
21.
O saqueXesto técnico para poñer en xogo o volante. Deberemos adoptar a seguinte posición: Raqueta estirada atrás. Perna contraria ao brazo executor lixeiramente adiantada. Peso do corpo sobre pé atrasado. Volante agarrado entre o polgar e o índice. Soltamos o volante e levamos a raqueta adiante para golpealo. No momento do golpeo, a raqueta non pode sobrepasar da cintura.
22.
FALTAS DE SAQUE É falta de saque: Sacar por enriba da cintura. Se no momento do golpeo a cabeza da raqueta está por enriba da man que a suxeita. Levantar o pé no momento de realizar o saque. Se o servidor ten os pés fóra da zona de servizo Se o volante non supera a rede ou non cae na zona diagonalmente oposta ao servidor.
23.
TIPOS DE SAQUE SAQUE CURTO: o volante pasa próxima a rede e cae preto da liña curta do servizo. SAQUE ALTO: o volante describe unha traxectoria alta e cae preto da liña do fondo; obrigando ao contrario a desprazarse o máis lonxe posible do centro do campo. SAQUE DE REVÉS: propio da modalidade de dobres. Pé dereito máis adiantado. Volante agarrado coa man esquerda por diante da raqueta.
Tipos de golpes 1. Clear alto. 2. Clear ataque. 3. Drive. 4. Samash 5. Deixada alta ou Drop. 6. Deixada baixa.
26.
Clear Golpe detraxectoria alta dirixida ao fondo do campo adversario. É un golpe útil para saír de situacións complicadas. Golpe de man alta coa raqueta por enriba da cabeza.
27.
LOB OUGLOBO Golpe tamén ascendente e ao fondo da pista pero neste caso é executado desde preto da rede. Pode ser empregado como un golpe ofensivo ou defensivo dependendo da situación. Execución similar ao clear pero dende unha situación máis próxima da rede.
28.
SMASH OU REMATE Golpe violento e descendente; o volante describe unha traxectoria recta ata o chan. Golpeo ofensivo máis efectivo e vistoso deste deporte. Nun remate potente o volante pode acadar velocidades superiores a 300 Km/h. Este golpe sempre se realiza dende arriba e, normalmente, despois dun salto.
29.
DEIXADA ALTA(drop) Golpe de traxectoria parabólica de baixa altura que tende a caer axiña. Execútase preferentemente dende o fondo da pista, dirixindo o volante para que caia preto da rede. Teremos que evitar os seguintes erros: darlle demasiada altura ao volante, facer o golpe moi evidente para o contrario e que o volante caia lonxe da rede.
30.
DEIXADA baixa Golpeque se executa dende preto da rede aproveitando as devolucións curtas ou moi elevadas do rival coa vantaxe que da o tempo para pensar a xogada e controlar os seus movementos. A dirección e a profundidade da traxectoria do volante depende dos movementos do rival.
31.
DRIVE (OU XOGOTENSO) Golpe tenso, de baixa altura e con profundidade. De utilidade para mover ao contrario cando perde a posición central no campo. Hai que golpear o volante a altura dos ombros. É un golpe moi usado nos partidos de dobres.