1. Resultados da avaliación final 2º ESO A
Nesta presentación recóllense os datos da avaliación feita
sobre a materia de Lingua e literatura galegas do curso de 2º
de ESO, grupo A, desenvolto no IES Virxe do Mar no curso
2016-2017.
Na enquisa participaron 20 alumnos e alumnas, dun universo
total de 22 (90,90 %).
Foi cuberta mediante enquisa virtual o día 22 de xuño de
2017, e nela preguntábase sobre diversos aspectos da
docencia e programación do curso, pedindo unha valoración
nunha escala de 1 a 5, onde 1 era a menor puntuación e 5 a
maior.
Olga Amigo Devesa