SermosGaliza: A fondo - Redes sociais, tempos de cambios. As rede sociais no ...Pablo Nimo Liboreiro
Adoitamos dicir que as redes sociais xa existían. O feito de que un primo meu tivera un coñecido que fora o mellor
procurando troitas no río favorecía que eu puidera acadar esa habilidade, e aínda que así non fora, o potencial como oportunidade existía. Esta foi unha das chamas que sostivo a nosa aprendizaxe até o de agora. Esta relación tiña unha estraña característica, non estaba guiada por un
único responsable, simplemente as oportunidades comunicativas aparecían e eu podía aproveitalas ou
non, entrarían aí en xogo os intereses propios de cada un. Este é un comportamento típico da estrutura en rede onde cada un pode aprender e compartir co outro. Pensar na comunicación como unha estrutura centralizada é limitar o acceso a un enorme campo de saberes, de destrezas e de habilidades que só son posibles se temos acceso a elas.
Trátase dun estudo entre unha mostra de profesorado universitario para sondear o coñecemento que se teñe en temas de educación para a paz, educación para o desenvolvemento, dereitos humanos e o interese en introducir estes elementos nas materias impartidas, de xeito transversal
Experiencia de aprendizaxe significativa para crear acción social colaborativa desenvolvida para o Concello de Compostela do 21 ó 24 de febreiro de 2017.

1. As Posiblidades Educativas das Redes Sociais
Neste pequeno texto queremos poñer de manifesto a enorme potencialidade educativa que
teñen as Redes Sociais, pero antes de comezar a desenvolver esta idea debemos especificar que
entendemos por Redes Sociais.
As Redes Sociais son espazos onde se establecen relacións persoais onde aquelas persoas que
teñen intereses comúns establecen grupos de intercambio e de comunicación.
A partir desta definición xa podemos intuír as enormes posibilidades educativas destes espazos,
tanto para o profesorado como para o alumnado. O feito de poder establecer contactos con
persoas que teñen os mesmos intereses e as mesmas preocupacións que nós favorece o
intercambio de impresións, valoracións, experiencias, preocupacións…favorecendo o
enriquecemento persoal e profesional dos participantes.