Front-end testing or end-to-end tests focus on real user scenarios. Presentation will describe approach used at Webonic to perform acceptance and regression tests on existing web applications leveraging Gherkin language and Selenium.
What do you think of when you think of waste? Does "useful" come to mind?
Our Research Manager William Morris presented at the 2016 Green Initiatives Zero Waste Forum, highlighting the current and future state of waste management, the entrepreneurial system of informal recycling in China, and why we as a society should start rebranding and reframing our view of waste in the modern circular economy. We hope you'll find value in the insights of Will's presentation.
You can read our overview article of the Zero Waste Forum here: http://www.coresponsibility.com/zero-waste-green-initiatives/

Antonio gonzález crã³nica betanzos 26 febreiro 2014
1. Quen me ía dicir a min que volvería de excursión cos do Xestal?
“UNHA CRÓNICA PARA NON PERDER AS MAÑAS”
Aínda que tanto vos dará ter conta da miña xornada o 26 de febreiro de 2014, a
literatura éche así, e hai que aguantar as penas, vidas e paranoias dos que escribimos
(menos mal que o meu é ocasional, de vez en cando...). Pois ben, un relato curtiño (máis
longo será “Madame Bovary” se o tedes que ler os de 4º ESO para o ano en 1º Bac. ...).
Debido á circunstancia de facer as cousas á última hora tiven que ir á Coruña a facer un
pasaporte, tiña cita ás nove e media da mañá, e non contaba con chegar a Grego e polo
tanto coller o autobús cos da miña clase (1ºC) para a excursión de E.F. do Instituto para
ir practicar pádel (xa fixeramos algunha clase diso, coas palas de madeira) alí a unha
nave, no polígono de Bergondo (mirade se queredes no Google Maps...).
Logo ben, pois foivos así que chegado a Betanzos con meus pais decidín retrasar o meu
regreso ao instituto facendo algúns recados, posto que ó non ter os libros nin o resume
da clase de Filosofía listo (tiña que o ler eu) non me apetecía nada saír pola porta dos
Ferreiros (*creo). Velaquí a miña salvación cando unhas caras coñecidas me saúdan
dende o bus de Gilsanz e advirto a Raúl e a Manuel García, e acto seguido vexo que
para o autobús na fonte de Diana Cazadora (isto por mitoloxía grega), na Praza do
Campo de Betanzos.
Chegado a este punto axiña considerei “ir ver qué facían”, e así foi como me unín á
visita guiada polas igrexas de Betanzos: Santiago, Convento de San Francisco e igrexa
de Santa María do Azogue; todo isto na boa compaña das profes e dos meus
compañeiros do ano pasado, cousa que me encheu de ledicia e mesmo euforia, e así
tamén foi que cando me baixei do bus nos Institutos xa subín ao da excursión ao pádel,
cos compañeiros da clase de 1ºD, e logo aínda xogamos un pedazo bon, e nestes intres,
ás once da noite, estou algo cansado...
Tamén aproveito esta ocasión para volver mandar a crónica dunha parte da excursión
para a Xesteira, aínda que falta unha crónica formal que a han facer dilixentemente os
meus compañeiros e compañeiras de seguro.
E máis que podería contar. Á volta da excursión, xa para coller o bus e volver á casa,
vin a Rafi, a profe de Grego e Latín e excuseille a miña ausencia dicíndolle que xa tiña
o pasaporte en regra e que fora visitar as igrexas brigantinas (sempre en termos cultos)
cos meus compañeiros e as miñas profes de Monfero; pola súa parte, a profe de E.F. do
Instituto (ou jinnasia “con jota y con dos enes”) recibiume no pádel preguntándome que
qué tal o deneí (ou DNI, a gusto do consumidor).
Como vedes, minuciosos os detalles da xornada, para entreter e rir un pouco se cadra, e
se non, por pasar o tempo ben a gusto. A ver o que preparades polo Antroido!!
E así me despido, para a xente do Xestal, 26/02/2014 - Antonio González López.