SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
ANTÓN,
O NENO QUE NON QUERÍA IR Á ESCOLA
Antón xogaba e ría todo o día.
Ría mentres comía, mentres falaba,
ou se vestía. Ría sempre!.
Só cando se facía noite caía rendido
de sono na cama.
Nun lugar da nosa comarca,
había un neno moi riseiro
que sempre estaba xogando.
Tiña seis anos e chamábase Antón.
Había algo que Antón facía moi ben: peitear a súa
irmá. Tiña uns dedos moi hábiles e deixáballe unhas
trenzas fermosísimas.
Pero, un día, Antón deixou de rir de súpeto.
Que noticia tan horrible!!! Súa nai acababa de anunciarlle que tiña que empezar a escola.
Antón non quería ir, non lle gustaba estar pechado
nunha aula sen poder saír, sen se poder erguer da
cadeira, obrigado a aprender a ler e escribir...
Antón non precisaba diso, prefería ler coma seu avó, non no papel, senón no ceo.
O avó sempre sabía que tempo ía facer sen mirar na web de meteogalicia.
Tampouco precisaba do GPS porque o avó mirando cara o sol, cara ás estrelas
e cara ás constelacións xa sabía por que camiño ir, nunca se perdeu.
A Antón gustáballe observar o ir e vir dos
centos de animais do redor. A eles non os
obrigaban a ir á escola. Prefería estar na
praia soñando que pescaba enormes peixes,
que montaba cabalos salvaxes ou que se
divertía cos esquíos nas pólas das árbores.
O avó tamén sabía ler a terra. Sabía en
que momento o campo estaba preparado
para sementar con só botarlle unha ollada.
Antón non quería que lle cambiaran a roupa, corida
e alegre, por un uniforme dunha soa cor, que lle
facía parecer igual a todos os nenos e, ademais,
cando sentara na praia, habíano confundir coa area
e habíano pisar.
Por iso Antón estaba tan triste… triste… como as vacas
fracas que levan ao campo a pastar na súa vila. Que
podería facer para non ter que ir á escola?.
As noites e os días pasaban e achegábase o momento.
De súpeto viu de lonxe ao lagarto
Paco, e preguntoulle:
-¿Que podo facer para non ir á
escola?
-Só hai unha solución- respondeulle Paco-.
Agóchate no oco do carballo, é grande abondo
para que caibas comodamente e non te atope
ninguén.
Antón pensou que podería estar alí un momentiño, ¡Pero non todos os días!.
Entón resolveu preguntarlle a Murci,
o morcego, que meditaba colgado da súa póla.
-Amigo Murci, que podo facer para non
ter que ir á escola?. E Murci respondeulle:
-Cando chegue o día de ir á escola,
anícaste e retórceste
e dis que che doe a barriga.
Así non terás que ir á escola.
Non era mala idea, pero non podería finxir a
dor de barriga todos os días!. Ademais, a
Antón non lle gustaba nada mentir, e moito
menos a súa nai.
Así que foi onda a araña Uxía, que sempre o sabe
todo, e interrogouna a tal efecto. E Uxía, que era
moi espelida, respondeulle:
-Só vexo unha solución:vai buscar o cofre
da sabedoría. Está agochado cerca do río,
entre o buxo e o castiñeiro.
Has ver unha gran pedra vermella,
afástaa e escarva no chan ata que
te atopes cun obxecto moi duro.
É o cofre da sabedoría,
sácao con coidado e ábreo,
nel atoparás o que buscas.
Antón púxose moi contento
pesando que Uxía lle dera a
solución ao seu problema e
saíu correndo cara o río.
Escarvou onde lle dixo a
araña Uxía e sacou o
cofre. Mirouno
coidadosamente e tentou
abrilo... pero non o
conseguiu!!!.
Rita, a ra, estaba por alí e
berroulle:
-Antón, que fas?
-Quero abrir o cofre da
sabedoría,pero non sei como.
-É moi sinxelo- respondeulle Rita.- Só tes que ler a placa que está embaixo del. Aí o explica
todo.
Antón mirou a placa dourada, baixou a cabeza con tristura e non dixo nada.
-Agora que pasa?- Preguntoulle Rita.
-É que... non sei ler- respondeulle Antón con cara de figo chumbo.
-¿Non sabes ler? ¡HA! ¡HA! ¡HA!
-¡NON SABE LER!- Berrou Rita para que todo o mundo a escoitase. -¡NON SABE LER!-
Repetiron o resto das ras que acababan de chegar. -¡NON SABE LER!- Respondeu tamén o eco.
Antón deixou o cofre no seu sitio, cubriuno con terra, puxo a pedra vermella de volta
e marchou paseniñamente sen facer moito barullo. E cando viu que as ras xa non o
podían ver, deu en correr como o vento ata chegar á súa casa.
E dirixíndose a súa nai que
estaba a debullar fabas na
horta, preguntoulle.
-Mamá, mamaíña falta moito
para que comece a escola?
ANTÓN,
O NENO QUE NON QUERÍA IR Á ESCOLA
Ilustracións
Ana Martínez Fernández (Alumna de 4º ESO do CPI Conde de Fenosa- Ares)
Adaptación do conto
Mayolla Martínez Dragó (Alumna de 4º ESO do CPI Conde de Fenosa- Ares)
Fondos 2, 9 e 10
Paola Toribio (Alumna de 4º ESO do CPI Conde de Fenosa- Ares)
Interpretación
Alumnado de 2º, 3º e 4º ESO do CPI Conde de Fenosa- Ares
CPI “Conde de Fenosa”. Ares
Curso 2015-2016

More Related Content

Similar to Antón, o neno que non quería ir á escola. dereito á educación

Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
elvira9496
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa lucia
pabloedlg
 
Pipoemargarida
PipoemargaridaPipoemargarida
Pipoemargarida
teixopp
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
osnososavos
 
O embigo de xanecas
O embigo de xanecas O embigo de xanecas
O embigo de xanecas
profenoela
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
vicente
 

Similar to Antón, o neno que non quería ir á escola. dereito á educación (20)

A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
Un obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambientalUn obxectivo medioambiental
Un obxectivo medioambiental
 
Ocemiterio luciar
Ocemiterio luciarOcemiterio luciar
Ocemiterio luciar
 
Libro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamentoLibro colaborativo dun equipo en illamento
Libro colaborativo dun equipo en illamento
 
O reloxo maldito
O reloxo malditoO reloxo maldito
O reloxo maldito
 
O BOSQUE PERDIDO
O BOSQUE PERDIDOO BOSQUE PERDIDO
O BOSQUE PERDIDO
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Microtextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa luciaMicrotextos cpi santa lucia
Microtextos cpi santa lucia
 
Contos da rata Luisa, as castañas
Contos da rata Luisa, as castañasContos da rata Luisa, as castañas
Contos da rata Luisa, as castañas
 
Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 
Pipoemargarida
PipoemargaridaPipoemargarida
Pipoemargarida
 
O Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos AvosO Tesouro Dos Avos
O Tesouro Dos Avos
 
Fiadeiro 2014
Fiadeiro 2014Fiadeiro 2014
Fiadeiro 2014
 
Fraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivasFraguas en 25 diapositivas
Fraguas en 25 diapositivas
 
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 7 - Abril 2011 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
O embigo de xanecas
O embigo de xanecas O embigo de xanecas
O embigo de xanecas
 
13. anécdotas curiosas
13.  anécdotas curiosas13.  anécdotas curiosas
13. anécdotas curiosas
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
Os conflitos
Os conflitosOs conflitos
Os conflitos
 

More from Yolanda Castro

More from Yolanda Castro (20)

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatos
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinación
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustrado
 
The red chair
The red chairThe red chair
The red chair
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustrado
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiago
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y Marta
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatia
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatia
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
 

Recently uploaded (7)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

Antón, o neno que non quería ir á escola. dereito á educación

  • 1. ANTÓN, O NENO QUE NON QUERÍA IR Á ESCOLA
  • 2. Antón xogaba e ría todo o día. Ría mentres comía, mentres falaba, ou se vestía. Ría sempre!. Só cando se facía noite caía rendido de sono na cama. Nun lugar da nosa comarca, había un neno moi riseiro que sempre estaba xogando. Tiña seis anos e chamábase Antón.
  • 3. Había algo que Antón facía moi ben: peitear a súa irmá. Tiña uns dedos moi hábiles e deixáballe unhas trenzas fermosísimas.
  • 4. Pero, un día, Antón deixou de rir de súpeto. Que noticia tan horrible!!! Súa nai acababa de anunciarlle que tiña que empezar a escola.
  • 5. Antón non quería ir, non lle gustaba estar pechado nunha aula sen poder saír, sen se poder erguer da cadeira, obrigado a aprender a ler e escribir... Antón non precisaba diso, prefería ler coma seu avó, non no papel, senón no ceo.
  • 6. O avó sempre sabía que tempo ía facer sen mirar na web de meteogalicia. Tampouco precisaba do GPS porque o avó mirando cara o sol, cara ás estrelas e cara ás constelacións xa sabía por que camiño ir, nunca se perdeu.
  • 7. A Antón gustáballe observar o ir e vir dos centos de animais do redor. A eles non os obrigaban a ir á escola. Prefería estar na praia soñando que pescaba enormes peixes, que montaba cabalos salvaxes ou que se divertía cos esquíos nas pólas das árbores. O avó tamén sabía ler a terra. Sabía en que momento o campo estaba preparado para sementar con só botarlle unha ollada.
  • 8. Antón non quería que lle cambiaran a roupa, corida e alegre, por un uniforme dunha soa cor, que lle facía parecer igual a todos os nenos e, ademais, cando sentara na praia, habíano confundir coa area e habíano pisar.
  • 9. Por iso Antón estaba tan triste… triste… como as vacas fracas que levan ao campo a pastar na súa vila. Que podería facer para non ter que ir á escola?. As noites e os días pasaban e achegábase o momento.
  • 10. De súpeto viu de lonxe ao lagarto Paco, e preguntoulle: -¿Que podo facer para non ir á escola? -Só hai unha solución- respondeulle Paco-. Agóchate no oco do carballo, é grande abondo para que caibas comodamente e non te atope ninguén.
  • 11. Antón pensou que podería estar alí un momentiño, ¡Pero non todos os días!. Entón resolveu preguntarlle a Murci, o morcego, que meditaba colgado da súa póla. -Amigo Murci, que podo facer para non ter que ir á escola?. E Murci respondeulle: -Cando chegue o día de ir á escola, anícaste e retórceste e dis que che doe a barriga. Así non terás que ir á escola.
  • 12. Non era mala idea, pero non podería finxir a dor de barriga todos os días!. Ademais, a Antón non lle gustaba nada mentir, e moito menos a súa nai. Así que foi onda a araña Uxía, que sempre o sabe todo, e interrogouna a tal efecto. E Uxía, que era moi espelida, respondeulle: -Só vexo unha solución:vai buscar o cofre da sabedoría. Está agochado cerca do río, entre o buxo e o castiñeiro. Has ver unha gran pedra vermella, afástaa e escarva no chan ata que te atopes cun obxecto moi duro. É o cofre da sabedoría, sácao con coidado e ábreo, nel atoparás o que buscas.
  • 13. Antón púxose moi contento pesando que Uxía lle dera a solución ao seu problema e saíu correndo cara o río. Escarvou onde lle dixo a araña Uxía e sacou o cofre. Mirouno coidadosamente e tentou abrilo... pero non o conseguiu!!!. Rita, a ra, estaba por alí e berroulle: -Antón, que fas? -Quero abrir o cofre da sabedoría,pero non sei como.
  • 14. -É moi sinxelo- respondeulle Rita.- Só tes que ler a placa que está embaixo del. Aí o explica todo. Antón mirou a placa dourada, baixou a cabeza con tristura e non dixo nada. -Agora que pasa?- Preguntoulle Rita. -É que... non sei ler- respondeulle Antón con cara de figo chumbo. -¿Non sabes ler? ¡HA! ¡HA! ¡HA! -¡NON SABE LER!- Berrou Rita para que todo o mundo a escoitase. -¡NON SABE LER!- Repetiron o resto das ras que acababan de chegar. -¡NON SABE LER!- Respondeu tamén o eco.
  • 15. Antón deixou o cofre no seu sitio, cubriuno con terra, puxo a pedra vermella de volta e marchou paseniñamente sen facer moito barullo. E cando viu que as ras xa non o podían ver, deu en correr como o vento ata chegar á súa casa.
  • 16. E dirixíndose a súa nai que estaba a debullar fabas na horta, preguntoulle. -Mamá, mamaíña falta moito para que comece a escola?
  • 17. ANTÓN, O NENO QUE NON QUERÍA IR Á ESCOLA Ilustracións Ana Martínez Fernández (Alumna de 4º ESO do CPI Conde de Fenosa- Ares) Adaptación do conto Mayolla Martínez Dragó (Alumna de 4º ESO do CPI Conde de Fenosa- Ares) Fondos 2, 9 e 10 Paola Toribio (Alumna de 4º ESO do CPI Conde de Fenosa- Ares) Interpretación Alumnado de 2º, 3º e 4º ESO do CPI Conde de Fenosa- Ares CPI “Conde de Fenosa”. Ares Curso 2015-2016