Amante tocada pola antropofaxia
ÍNDICE
Asubío para dentro.........................................................................4

A lascivia........................................................................................5

Tesme horizontal............................................................................6

Quérote íntimo................................................................................7

Coido que son unha lesma.............................................................8

A miña boca....................................................................................9

É unha tenra sensación.................................................................10

Son unha gata en celo...................................................................11

As túas mans gabean....................................................................12

Existe unha ecuación de posibilidades .........................................13

Tes a capacidade de imbuírme................................................. ...14
Asubío para dentro e marco unha tese
nos pregues dun abdome
Hai informes deliberados
que atravesan as canles
dos embigos que se bican sen présa
Asubío para dentro e acado
a linguaxe íntegra que nos representa




            4
A lascivia corre unha maratón
e fertilízame nas horas en que
acolle este meu territorio
                posúeme
xemo como unha cadela quente
e asumo a certeza deste amor
                por secuencias




                5
Tesme horizontal, espida, espasmódica
Mollada entre as sabas
tesme en contacto co teu sexo
            en posición de amar
A túa lingua succióname enteira
                 lingua retráctil
Sinto que as cóxegas acurtan as distancias
Estoupa de pracer o clítoris
             téñote en min
                    mergullado
                      Non hai palabras




               6
Quérote íntimo
    acomodado na lentura
               do meu pube




           7
Coido que son unha lesma
imprégname no teu cuspe
Lámbeme coma unha pucha
e átame a carón do teu monte
                 que teño fame




           8
A miña boca afaise á humidade
da achegada lingua e compartimos
                           fluídos
coma peixes vermellos, ledos
no interior do noso acuario
As noites afanse aos meus dedos
Eles teñen o privilexio de acadar
                    un si bemol
na superficie quente do teu peito




            9
É unha tenra sensación
pousar os meus labios nos teus
enchouparme no interior
quedar pendurada da túa boca
                         amor
ese é un doce xogo de equilibrios
             ao que estou afeita
seino, dende que fiquei sen bragas
                      diante túa
e aterrei convulsa no teu ventre
dende aquela, seino
estou convencida da analoxía
que teño coas limachas




           10
Son unha gata en celo, posúote
Iranse perpetuando, con vehemencia
as miñas pegadas na túa pel
Arrólome, miañando involucrada
nunha melodía que precede á cópula
Como preámbulo bailo sen saia
                    e agardo
a mutua penetración ao lírico universo
                       dos abrazos
Son comedora de carne
amante tocada pola antropofaxia
                   aproxímate
que morro por meterche o dente




            11
As túas mans gabean pola miña nudez
e eu atopo un milleiro de razóns para
                           estar aquí
Rompo as unllas
na obsesiva tarefa de descubrirte a
                       rabuñaduras
Ocúpome de ti, ben o sabes
Teño a psicopatía do tacto
Déitate ao meu carón e fagámolo amor
Debúxame as liñas, o poema
que atravesa a corrente do meu sangue
porque o meu pube é a base cóncava
con acceso directo aos teus abrazos
           Entra en min, mainamente
como a choiva miúda de antonte




               12
Existe unha ecuación de posibilidades
                          no teu pube
                           estou segura
aproxímome de poutelas
e déitome enriba de ti quente
                   fervemos
sinto que podo atraparte
mergullarme na cafeína do teu sexo
                        na gabeta
onde afondan os instintos animais
                   que nos arrodean
Son as 10 e un cuarto
e os resultados abránguense maxicamente
coma paporroibos que te sobrevoan...




              13
Tes a capacidade de imbuírme
Semello un apéndice
apegado ao teu corpo
Quero permanecer así...
polo tanto, permito que me devores
déixome, non poño obxección
                    engúleme
pecha a fiestra para que non poida
                       saír de ti
e tríscame os dentes nos beizos
que son o teu molete de pantrigo




           14
Este poemario acadou o primeiro premio de poesía
       no XXII Certame de Poesía “Rosalía
      de Castro” 2008 Cornellá ( Barcelona)
Amante tocada pola antropofaxia

Amante tocada pola antropofaxia

  • 1.
    Amante tocada polaantropofaxia
  • 3.
    ÍNDICE Asubío para dentro.........................................................................4 Alascivia........................................................................................5 Tesme horizontal............................................................................6 Quérote íntimo................................................................................7 Coido que son unha lesma.............................................................8 A miña boca....................................................................................9 É unha tenra sensación.................................................................10 Son unha gata en celo...................................................................11 As túas mans gabean....................................................................12 Existe unha ecuación de posibilidades .........................................13 Tes a capacidade de imbuírme................................................. ...14
  • 4.
    Asubío para dentroe marco unha tese nos pregues dun abdome Hai informes deliberados que atravesan as canles dos embigos que se bican sen présa Asubío para dentro e acado a linguaxe íntegra que nos representa 4
  • 5.
    A lascivia correunha maratón e fertilízame nas horas en que acolle este meu territorio posúeme xemo como unha cadela quente e asumo a certeza deste amor por secuencias 5
  • 6.
    Tesme horizontal, espida,espasmódica Mollada entre as sabas tesme en contacto co teu sexo en posición de amar A túa lingua succióname enteira lingua retráctil Sinto que as cóxegas acurtan as distancias Estoupa de pracer o clítoris téñote en min mergullado Non hai palabras 6
  • 7.
    Quérote íntimo acomodado na lentura do meu pube 7
  • 8.
    Coido que sonunha lesma imprégname no teu cuspe Lámbeme coma unha pucha e átame a carón do teu monte que teño fame 8
  • 9.
    A miña bocaafaise á humidade da achegada lingua e compartimos fluídos coma peixes vermellos, ledos no interior do noso acuario As noites afanse aos meus dedos Eles teñen o privilexio de acadar un si bemol na superficie quente do teu peito 9
  • 10.
    É unha tenrasensación pousar os meus labios nos teus enchouparme no interior quedar pendurada da túa boca amor ese é un doce xogo de equilibrios ao que estou afeita seino, dende que fiquei sen bragas diante túa e aterrei convulsa no teu ventre dende aquela, seino estou convencida da analoxía que teño coas limachas 10
  • 11.
    Son unha gataen celo, posúote Iranse perpetuando, con vehemencia as miñas pegadas na túa pel Arrólome, miañando involucrada nunha melodía que precede á cópula Como preámbulo bailo sen saia e agardo a mutua penetración ao lírico universo dos abrazos Son comedora de carne amante tocada pola antropofaxia aproxímate que morro por meterche o dente 11
  • 12.
    As túas mansgabean pola miña nudez e eu atopo un milleiro de razóns para estar aquí Rompo as unllas na obsesiva tarefa de descubrirte a rabuñaduras Ocúpome de ti, ben o sabes Teño a psicopatía do tacto Déitate ao meu carón e fagámolo amor Debúxame as liñas, o poema que atravesa a corrente do meu sangue porque o meu pube é a base cóncava con acceso directo aos teus abrazos Entra en min, mainamente como a choiva miúda de antonte 12
  • 13.
    Existe unha ecuaciónde posibilidades no teu pube estou segura aproxímome de poutelas e déitome enriba de ti quente fervemos sinto que podo atraparte mergullarme na cafeína do teu sexo na gabeta onde afondan os instintos animais que nos arrodean Son as 10 e un cuarto e os resultados abránguense maxicamente coma paporroibos que te sobrevoan... 13
  • 14.
    Tes a capacidadede imbuírme Semello un apéndice apegado ao teu corpo Quero permanecer así... polo tanto, permito que me devores déixome, non poño obxección engúleme pecha a fiestra para que non poida saír de ti e tríscame os dentes nos beizos que son o teu molete de pantrigo 14
  • 15.
    Este poemario acadouo primeiro premio de poesía no XXII Certame de Poesía “Rosalía de Castro” 2008 Cornellá ( Barcelona)