SlideShare a Scribd company logo
Se cadra, son pequena de máis

Se cadra, son pequena de máis
Semello unha parasita
   alugada na parte externa dos folículos
                              do seu cabelo
  apreixada fortemente e chuchando nel
   coma unha carracha teimuda
  que permanece inamovíbel
   na prezada extensión que a alimenta
  succiónoo, igual que o vexetal
  absorbe a humidade que lle dá a vida
  Enriba súa, síntome unha insaciábel
                                 chuchona
  que adoita pendurarse das súas partes
  e aferrarse coma un arácnido parapléxico
  incapacitado para saír do microclima
  que descubriu no medio das nádegas quentes
   Debruzada, permanezo enriba do seu peito
  Abrango un mundo de sensacións
  e celebro a danza espasmódica dos orgasmos
  na lene superficie do meu hospedador
  Se cadra, son pequena de máis
  e parasito con total impunidade
                          no copyright
 tatuado entre os seus cadrís
 mergúllome cara o fondo
 e acomódome coma gasterópodo
 adherido aos rochedos do litoral
 fumego coma chama acesa
e fico sen cabeza, coa certeza
de ser sexo aberto, á espera...
 A lentura posúeme
trócame nunha lagoa
cando me tombo na auga salgada
                        do seu pube
Estouro como un foguete en día de festa
ao ritmo que marcan os seus dedos
                           na miña pelve
No aquelarre, son cascuda Sherezade
 e entrégome obsesa bailando en coiro
                         a danza dos sete veos
Chimpando, ás apalpadelas polo seu embigo espido
 que bambea igual que un vimbio
  no solpor que nos ispe de temores
  e aprendo a comprendelo
 enleada na súa lingua de amorodo
  Aproximadamente
  son 50000 lambetadas
  as que se rexistran na epiderme
                             50000 degoiros
 expresados na longametraxe do seu corpo
Os debuxos multiformes
   invaden este territorio de meu e
                               avanzo
   como un rexemento de formigas
                    facéndolle cóxegas
   Conexa á miña lingua hai unha boca
                               mollada
   que agarda enchouparse en min

   Se cadra, sometereime
                pois convénme

   Este poemario conseguiu o segundo premio no

XXIII Certame de poesía Feliciano Rolán, agosto 2009

More Related Content

Viewers also liked

New microsoft office word document.pdf
New microsoft office word document.pdfNew microsoft office word document.pdf
New microsoft office word document.pdf
Omor Faruk
 
Проект "Прочтение"
Проект "Прочтение"Проект "Прочтение"
Проект "Прочтение"Nikita Starun
 
ENHANCED DYNAMIC® 1 MODERATE ACTIVE EQUITY
ENHANCED DYNAMIC® 1 MODERATE ACTIVE EQUITYENHANCED DYNAMIC® 1 MODERATE ACTIVE EQUITY
ENHANCED DYNAMIC® 1 MODERATE ACTIVE EQUITY
Christy Vailoces
 
сервисы Web 2
сервисы Web 2 сервисы Web 2
сервисы Web 2 k_valentina
 
dc09ttp-2011-thesis
dc09ttp-2011-thesisdc09ttp-2011-thesis
dc09ttp-2011-thesis
Theofilos Papapanagiotou
 
Aínda son unha amante inconsútil
Aínda son unha amante inconsútilAínda son unha amante inconsútil
Aínda son unha amante inconsútil
Cruz Martinez
 
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante
Cruz Martinez
 
Mote Park Shelter Project - Update
Mote Park Shelter Project - UpdateMote Park Shelter Project - Update
Mote Park Shelter Project - Update
City of Piqua
 
Alexander pope
Alexander popeAlexander pope
Alexander pope
Constanze Locker
 
Enhanced Dynamic* Moderate Active with S & P index
Enhanced Dynamic* Moderate  Active with S & P indexEnhanced Dynamic* Moderate  Active with S & P index
Enhanced Dynamic* Moderate Active with S & P index
Christy Vailoces
 
Enhanced Dynamic 2 Moderate Passive Indices with Russell 3000 Index
Enhanced Dynamic 2 Moderate Passive Indices with Russell 3000 IndexEnhanced Dynamic 2 Moderate Passive Indices with Russell 3000 Index
Enhanced Dynamic 2 Moderate Passive Indices with Russell 3000 Index
Christy Vailoces
 
Enhanced Dynamic Maximum S&P Strategy
Enhanced Dynamic Maximum S&P StrategyEnhanced Dynamic Maximum S&P Strategy
Enhanced Dynamic Maximum S&P Strategy
Christy Vailoces
 
AIESEC 101 - Just Like Me
AIESEC 101 - Just Like MeAIESEC 101 - Just Like Me
AIESEC 101 - Just Like Me
alexjuy
 
Enhanced Dynamics Moderate S & P Indices
Enhanced Dynamics  Moderate  S & P IndicesEnhanced Dynamics  Moderate  S & P Indices
Enhanced Dynamics Moderate S & P Indices
Christy Vailoces
 
Enhanced Dynamic 4 Moderate Russell Indices
Enhanced Dynamic 4 Moderate Russell IndicesEnhanced Dynamic 4 Moderate Russell Indices
Enhanced Dynamic 4 Moderate Russell Indices
Christy Vailoces
 
Viewers also liked (15)

More from Cruz Martinez

A trabe de ouro 99
A trabe de ouro 99A trabe de ouro 99
A trabe de ouro 99
Cruz Martinez
 
Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Cruz Martinez
 
O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia  O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia
Cruz Martinez
 
A coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatricesA coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatrices
Cruz Martinez
 
Atraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonasAtraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonas
Cruz Martinez
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
Cruz Martinez
 
Às vezes temo a metamorfose
Às vezes temo a metamorfose  Às vezes temo a metamorfose
Às vezes temo a metamorfose
Cruz Martinez
 
More from Cruz Martinez (7)

A trabe de ouro 99
A trabe de ouro 99A trabe de ouro 99
A trabe de ouro 99
 
Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida
 
O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia  O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia
 
A coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatricesA coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatrices
 
Atraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonasAtraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonas
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
 
Às vezes temo a metamorfose
Às vezes temo a metamorfose  Às vezes temo a metamorfose
Às vezes temo a metamorfose
 
Se cadra, son pequena de máis

  • 1. Se cadra, son pequena de máis Se cadra, son pequena de máis
  • 2. Semello unha parasita alugada na parte externa dos folículos do seu cabelo apreixada fortemente e chuchando nel coma unha carracha teimuda que permanece inamovíbel na prezada extensión que a alimenta succiónoo, igual que o vexetal absorbe a humidade que lle dá a vida Enriba súa, síntome unha insaciábel chuchona que adoita pendurarse das súas partes e aferrarse coma un arácnido parapléxico incapacitado para saír do microclima que descubriu no medio das nádegas quentes Debruzada, permanezo enriba do seu peito Abrango un mundo de sensacións e celebro a danza espasmódica dos orgasmos na lene superficie do meu hospedador Se cadra, son pequena de máis e parasito con total impunidade no copyright tatuado entre os seus cadrís mergúllome cara o fondo e acomódome coma gasterópodo adherido aos rochedos do litoral fumego coma chama acesa e fico sen cabeza, coa certeza de ser sexo aberto, á espera... A lentura posúeme trócame nunha lagoa cando me tombo na auga salgada do seu pube Estouro como un foguete en día de festa ao ritmo que marcan os seus dedos na miña pelve No aquelarre, son cascuda Sherezade e entrégome obsesa bailando en coiro a danza dos sete veos Chimpando, ás apalpadelas polo seu embigo espido que bambea igual que un vimbio no solpor que nos ispe de temores e aprendo a comprendelo enleada na súa lingua de amorodo Aproximadamente son 50000 lambetadas as que se rexistran na epiderme 50000 degoiros expresados na longametraxe do seu corpo
  • 3. Os debuxos multiformes invaden este territorio de meu e avanzo como un rexemento de formigas facéndolle cóxegas Conexa á miña lingua hai unha boca mollada que agarda enchouparse en min Se cadra, sometereime pois convénme Este poemario conseguiu o segundo premio no XXIII Certame de poesía Feliciano Rolán, agosto 2009