A cohesión   Unha aproximación
textual      Algúns exemplos están adaptados de
             XABIER MOURIÑO: Curso de técnicas de
             expresión escrita, Tambre.
Que é a cohesión textual?   É unha propiedade que teñen os textos.
                            Refírese á necesaria relación entre os
                            elementos (palabras, frases, oracións e
                            parágrafos).

É a propiedade máis         Un texto ten varias propiedades, todas
importante dun texto?       importantes: adecuación (rexistro
                            axeitado), coherencia (cantidade,
                            claridade e orde das ideas), corrección
                            (axuste ás regras gramaticais e
                            presentación, ademais da cohesión.
                            Mais, se falta esta, o escrito non pasa de
                            ser unha lista inconexa de elementos e a
                            interpretación faise moi difícil.
A ver...         San Leonardo quería fundar un mosteiro.
                 San Leonardo foille pedir un anaco de
                 terra ao rei. O rei ofreceu a San Leonardo
                 todo un reino. San Leonardo rexeitou o
           eh?   reino. San Leonardo dixo que só quería a
                 terra que puidese percorrer o asno de San
                 Leonardo nunha noite. Tense a San
                 Leonardo como patrón dos burros e dos
                 asnos. Todo o mundo invoca a San
                 Leonardo para que San Leonardo vele
                 pola saúde dos burros e dos asnos.
A ver...         Contan que San Leonardo quería fundar
                 un mosteiro. e, para iso, San Leonardo
                 foille pedir un anaco de terra ao rei. O rei
                 O monarca ofreceulle a San Leonardo
           uf!   todo un reino., pero San Leonardo o santo
                 rexeitouno o reino. San Leonardo e dixo
                 que só quería a terra que puidese
                 percorrer o seu asno de San Leonardo
                 nunha noite.
                 Por esa razón, tense a San Leonardo
                 como patrón dos burros e dos asnos. e
                 todo o mundo o invoca a San Leonardo
                 para que San Leonardo vele pola saúde
                 dos burros e dos asnos destes animais.
A ver...         Contan que San Leonardo quería fundar
                 un mosteiro e, para iso, foille pedir un
                 anaco de terra ao rei. O monarca
                 ofreceulle todo un reino, pero o santo
           ah!   rexeitouno e dixo que só quería a terra
                 que puidese percorrer o seu asno nunha
                 noite.
                 Por esa razón, tense a San Leonardo
                 como patrón dos burros e dos asnos e
                 todo o mundo o invoca para que vele pola
                 saúde destes animais.
De que falamos entón   Se nos fixamos no texto anterior, era
                       necesario introducir:
realmente?
                       
                         Mecanismos de tipo gramatical: palabras
                       que conectan as ideas.
                       Por exemplo: Pero.
                       
                         Mecanismos de tipo léxico: sobre todo
                       palabras que substitúen outras.
                       Como: o monarca, seu...
Principais mecanismos   Conectores e marcadores textuais:
gramaticais             - de orde (En primeiro lugar, A seguir,
                        Para rematar,...)
                        - aditivos para engadir ideas (Ademais,
                        Igualmente,...)
                        - opositivos para contrastar (Pero, Aínda
                        así,...)
                        - etc.

                        Tamén é importante a puntuación para
                        separar as distintas partes do texto.
Principais mecanismos   De repetición do dito mediante a
                        substitución: pronomes, adverbios de
léxicos                 lugar, sinónimos, hiperónimos, expresións
                        equivalentes...
                        Exemplos?

                        De repetición das propias palabras. Certa
                        repetición é precisa nun texto, pero debe
                        evitarse o abuso coa substitución.
                        Exemplos?

                        De supresión: a elipse.
                        Exemplos?
Principais mecanismos   De repetición do dito mediante a
                        substitución: pronomes, adverbios de
léxicos                 lugar, sinónimos, hiperónimos, expresións
                        equivalentes...
                        ► rexeitouno o reino
                        ► dos burros e dos asnos destes animais

                        De repetición das propias palabras. Certa
                        repetición é precisa nun texto, pero debe
                        evitarse o abuso coa substitución.
                        ► Contan que San Leonardo... (...) Tense
                        a San Leonardo...

                        De supresión: a elipse.
                        ► ...para que San Leonardo vele...
Aprecias a súa función?   A fotografía, excelente, móstranos un
                          primeiro plano de María, coa luz
Identificas os tipos?     iluminando o lado dereito da súa cara. O
                          que máis chama a atención na imaxe é a
                          mirada: dá a sensación de que a rapaza
                          mira ao máis alá.
                          Mais, quen a fotografou foi un
                          compañeiro, alumno da súa mesma
                          clase, moi amigo dela. Aínda así, a moza
                          non sabía que lle sacaran esa foto e ()
                          levou unha sorpresa enorme cando a viu.
Como mellorarías este   Deixa a landra en auga morna durante
                        unha noite. Coloca unha manda de
texto?                  pedriñas no fondo da maceta. Enche uns
                        dous terzos da maceta. Cubre a maceta
                        cunha pouca terra. Coloca unha bolsa de
                        plástico sobre a maceta. Ata a bolsa á
                        maceta. A landra estará húmida. Pon a
                        maceta nun lugar soleado. Retira a bolsa
                        da maceta cando a landra teña gromos.
                        Trasplanta a planta no outono.

A Cohesión

  • 1.
    A cohesión Unha aproximación textual Algúns exemplos están adaptados de XABIER MOURIÑO: Curso de técnicas de expresión escrita, Tambre.
  • 2.
    Que é acohesión textual? É unha propiedade que teñen os textos. Refírese á necesaria relación entre os elementos (palabras, frases, oracións e parágrafos). É a propiedade máis Un texto ten varias propiedades, todas importante dun texto? importantes: adecuación (rexistro axeitado), coherencia (cantidade, claridade e orde das ideas), corrección (axuste ás regras gramaticais e presentación, ademais da cohesión. Mais, se falta esta, o escrito non pasa de ser unha lista inconexa de elementos e a interpretación faise moi difícil.
  • 3.
    A ver... San Leonardo quería fundar un mosteiro. San Leonardo foille pedir un anaco de terra ao rei. O rei ofreceu a San Leonardo todo un reino. San Leonardo rexeitou o eh? reino. San Leonardo dixo que só quería a terra que puidese percorrer o asno de San Leonardo nunha noite. Tense a San Leonardo como patrón dos burros e dos asnos. Todo o mundo invoca a San Leonardo para que San Leonardo vele pola saúde dos burros e dos asnos.
  • 4.
    A ver... Contan que San Leonardo quería fundar un mosteiro. e, para iso, San Leonardo foille pedir un anaco de terra ao rei. O rei O monarca ofreceulle a San Leonardo uf! todo un reino., pero San Leonardo o santo rexeitouno o reino. San Leonardo e dixo que só quería a terra que puidese percorrer o seu asno de San Leonardo nunha noite. Por esa razón, tense a San Leonardo como patrón dos burros e dos asnos. e todo o mundo o invoca a San Leonardo para que San Leonardo vele pola saúde dos burros e dos asnos destes animais.
  • 5.
    A ver... Contan que San Leonardo quería fundar un mosteiro e, para iso, foille pedir un anaco de terra ao rei. O monarca ofreceulle todo un reino, pero o santo ah! rexeitouno e dixo que só quería a terra que puidese percorrer o seu asno nunha noite. Por esa razón, tense a San Leonardo como patrón dos burros e dos asnos e todo o mundo o invoca para que vele pola saúde destes animais.
  • 6.
    De que falamosentón Se nos fixamos no texto anterior, era necesario introducir: realmente?  Mecanismos de tipo gramatical: palabras que conectan as ideas. Por exemplo: Pero.  Mecanismos de tipo léxico: sobre todo palabras que substitúen outras. Como: o monarca, seu...
  • 7.
    Principais mecanismos Conectores e marcadores textuais: gramaticais - de orde (En primeiro lugar, A seguir, Para rematar,...) - aditivos para engadir ideas (Ademais, Igualmente,...) - opositivos para contrastar (Pero, Aínda así,...) - etc. Tamén é importante a puntuación para separar as distintas partes do texto.
  • 8.
    Principais mecanismos De repetición do dito mediante a substitución: pronomes, adverbios de léxicos lugar, sinónimos, hiperónimos, expresións equivalentes... Exemplos? De repetición das propias palabras. Certa repetición é precisa nun texto, pero debe evitarse o abuso coa substitución. Exemplos? De supresión: a elipse. Exemplos?
  • 9.
    Principais mecanismos De repetición do dito mediante a substitución: pronomes, adverbios de léxicos lugar, sinónimos, hiperónimos, expresións equivalentes... ► rexeitouno o reino ► dos burros e dos asnos destes animais De repetición das propias palabras. Certa repetición é precisa nun texto, pero debe evitarse o abuso coa substitución. ► Contan que San Leonardo... (...) Tense a San Leonardo... De supresión: a elipse. ► ...para que San Leonardo vele...
  • 10.
    Aprecias a súafunción? A fotografía, excelente, móstranos un primeiro plano de María, coa luz Identificas os tipos? iluminando o lado dereito da súa cara. O que máis chama a atención na imaxe é a mirada: dá a sensación de que a rapaza mira ao máis alá. Mais, quen a fotografou foi un compañeiro, alumno da súa mesma clase, moi amigo dela. Aínda así, a moza non sabía que lle sacaran esa foto e () levou unha sorpresa enorme cando a viu.
  • 11.
    Como mellorarías este Deixa a landra en auga morna durante unha noite. Coloca unha manda de texto? pedriñas no fondo da maceta. Enche uns dous terzos da maceta. Cubre a maceta cunha pouca terra. Coloca unha bolsa de plástico sobre a maceta. Ata a bolsa á maceta. A landra estará húmida. Pon a maceta nun lugar soleado. Retira a bolsa da maceta cando a landra teña gromos. Trasplanta a planta no outono.