Urbes abertas á aprendizaxe
  Exemplo de texto argumentativo
Urbes abertas á aprendizaxe
     Obxecto e tese
●   Nas rúas e prazas das vilas ou cidades, a memoria colectiva non se mantén
    coa simple colocación de placas, esculturas e bustos adicados a veciños/as,
    figuras relevantes ou acontecementos históricos. Precísanse iniciativas que
    procuren que os espazos urbanos contribúan á memoria social, da cal todos
    somos parte activa.

     [Corpo argumentativo]
     Conclusión
●   En definitiva, trátase de que os responsábeis políticos entendan a
    importancia de establecer canles culturais nos contornos que todo o mundo
    partilla, tanto para a veciñanza como para os visitantes.

             Completo aquí (creado a partir dos blogues Brétemas e Caderno da crítica)
Urbes abertas á aprendizaxe
    Argumento racional de datos estatísticos (feitos
    comprobábeis e probabilidades).
    Indicadores: porcentaxes.


●   Mesmo cando identificamos a persoa ou feito que dá nome ao sitio, que non
    pasa do 50% dos casos, estes sinais están baleiros de contido.
Urbes abertas á aprendizaxe
    Argumento racional de exemplo (caso ou idea).
    Indicadores: marcadores de exemplificación (por exemplo, é o
    caso de...)


●   Poñamos por caso, o emprego de títulos de obras (...)
●   Ou é posíbel contar, tal como acontece no Central Park de Nova
    York, coa presenza dos protagonistas de ficción, nese caso en homenaxe a
    Alicia no País das Marabillas, cos seus personaxes esparexidos polo parque
    convidando a sentarse con eles.
Urbes abertas á aprendizaxe
    Argumento racional de causa-efecto (relacións lóxicas).
    Indicadores: marcadores e conectores de causa e consecuencia
    (porque, xa que, polo tanto, daquela, entón...)


●   Daquela, o simple obxectivo de achegar información sobre quen ou que é o
    nome co que foi bautizada unha rúa supón un exercicio de
    desenvolvemento de cidadanía.
Urbes abertas á aprendizaxe
    Argumento afectivo (espértanse os sentimentos do receptor).
    Indicadores: plural inclusivo, preguntas retóricas...


●   Non presta vivir na ruela A sombra dos teus soños ou na avenida Os
    biosbardos e podermos ler fragmentos destas creacións inscritos nas
    paredes?
Urbes abertas á aprendizaxe
    Argumento de analoxía (situación paralela).
    Indicadores: símil (de maneira semellante, é como, parece...)


●   [Poderíase engadir:
    Trasladado ao ámbito familiar, é algo así como coñecer realmente
    aqueles parentes aos que só se escoitara nomear.]
Urbes abertas á aprendizaxe
    Argumento de autoridade (ideas dunha persoa ou elementos
    de prestixio).
    Indicadores: cita literal ou indirecta.


●   [Poderíase engadir:
    Segundo a Coordinadora de Cidades Patrimonio, a identificación da
    cidadanía co seu barrio medra cando os espazos se nomean acudindo a
    persoas que se recoñecen como creadoras, sexa na arte que sexa.]

Cidades abertas á aprendizaxe

  • 1.
    Urbes abertas áaprendizaxe Exemplo de texto argumentativo
  • 2.
    Urbes abertas áaprendizaxe Obxecto e tese ● Nas rúas e prazas das vilas ou cidades, a memoria colectiva non se mantén coa simple colocación de placas, esculturas e bustos adicados a veciños/as, figuras relevantes ou acontecementos históricos. Precísanse iniciativas que procuren que os espazos urbanos contribúan á memoria social, da cal todos somos parte activa. [Corpo argumentativo] Conclusión ● En definitiva, trátase de que os responsábeis políticos entendan a importancia de establecer canles culturais nos contornos que todo o mundo partilla, tanto para a veciñanza como para os visitantes. Completo aquí (creado a partir dos blogues Brétemas e Caderno da crítica)
  • 3.
    Urbes abertas áaprendizaxe Argumento racional de datos estatísticos (feitos comprobábeis e probabilidades). Indicadores: porcentaxes. ● Mesmo cando identificamos a persoa ou feito que dá nome ao sitio, que non pasa do 50% dos casos, estes sinais están baleiros de contido.
  • 4.
    Urbes abertas áaprendizaxe Argumento racional de exemplo (caso ou idea). Indicadores: marcadores de exemplificación (por exemplo, é o caso de...) ● Poñamos por caso, o emprego de títulos de obras (...) ● Ou é posíbel contar, tal como acontece no Central Park de Nova York, coa presenza dos protagonistas de ficción, nese caso en homenaxe a Alicia no País das Marabillas, cos seus personaxes esparexidos polo parque convidando a sentarse con eles.
  • 5.
    Urbes abertas áaprendizaxe Argumento racional de causa-efecto (relacións lóxicas). Indicadores: marcadores e conectores de causa e consecuencia (porque, xa que, polo tanto, daquela, entón...) ● Daquela, o simple obxectivo de achegar información sobre quen ou que é o nome co que foi bautizada unha rúa supón un exercicio de desenvolvemento de cidadanía.
  • 6.
    Urbes abertas áaprendizaxe Argumento afectivo (espértanse os sentimentos do receptor). Indicadores: plural inclusivo, preguntas retóricas... ● Non presta vivir na ruela A sombra dos teus soños ou na avenida Os biosbardos e podermos ler fragmentos destas creacións inscritos nas paredes?
  • 7.
    Urbes abertas áaprendizaxe Argumento de analoxía (situación paralela). Indicadores: símil (de maneira semellante, é como, parece...) ● [Poderíase engadir: Trasladado ao ámbito familiar, é algo así como coñecer realmente aqueles parentes aos que só se escoitara nomear.]
  • 8.
    Urbes abertas áaprendizaxe Argumento de autoridade (ideas dunha persoa ou elementos de prestixio). Indicadores: cita literal ou indirecta. ● [Poderíase engadir: Segundo a Coordinadora de Cidades Patrimonio, a identificación da cidadanía co seu barrio medra cando os espazos se nomean acudindo a persoas que se recoñecen como creadoras, sexa na arte que sexa.]