A bubela
e outros galegos
curiosos
outro fascinante descubremento do morcego Roque
Sorprendeuse Roque a tempada pasada
ao sentir “bubear”, en galego, na sabana africana.
BU, BU… BU, BU BU…
BU,BU…
Achegouse curioso e descubreu sorprendido
a unha bubela chamando por un seu amigo.
-Como pode ser que tan lonxe da terra
escoite a fala das nosas bubelas?.
-Non é nada extraño- respondeulle a bubela-.
Aínda que estou lonxe, eu tamén nacín nela.
-E como puido ser que pasara tal cousa?
Eu son galego de pai, nai e avoas.
-Pois eu, para que o saibas, e aínda que non o creas,
teño, que as recorde, todas as raíces galegas.
Cando medran os días cruzamos o mar
e buscamos un sitio onde aniñar.
Nun burato dun valo,
ou nunha árbore furada,
facemos o niño e coidamos a niñada.
Atendemos ás crías para que medren ben,
e cando o tempo enfría vímonos outra vez.
Pero o meu non é un caso especial,
hai outras moitas aves que tamén o fan.
Tal coma nós, hai algún paspallás,
cegoñas,
rulas… e unhas trinta máis.
Moitas anduriñas,
xirrios
e cucos,
… tamén son galegos
…ata abellarucos.
Hai miñatos queimados,
avenoiteiras,
mouchos de orellas
e gatafornelas.
Reiseñores,
ouriolos,
picanzos vermellos,
escribentas das hortas
e pedreiros cincentos.
Pernileiros,
unha “clas” de lavandeira,
merlos rubios,
águias perdigueiras…
E como non as coñezo, non che digo máis,
pero sei que hai outras… e algunhas do mar.
Roque admirado de canto aprendera
despideuse agradecido de aquela bubela.
E como pasa sempre, cada vez que sae,
volveu moito máis sabio daquela viaxe.
fin
As imaxes de aves foron collidas da rede.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo saiban disculpar o uso
que fixen delas. Mon Daporta
Catro aves, escollidas,
son as que pasan o mar:
o cuco, a anduriña,
a rula e o paspallás
Cantiga popular
Cegoña branca
Miñato abelleiro
Miñato queimado
Miñato real
Águia albela
Gatafornela
Tartaraña cincenta
Águia caudal
Águia perdiceira
Falcón pequeño
Píllara areeira
Paspallás
Sisón
Pernileiro
Rula común
Moucho de orellas
Avenoiteira
Xirrio
Andurón real
Abellaruco
Bubela
Peto formigueiro
Anduriña das barreiras
Anduriña común
Anduriña dáurica
Anduriña do cu branco
Pica papuda
Pica das árbores
Lavandeira verdeal
Reiseñor común
Papoazul
Rabirrubio real
Chasco rabipinto
Pedreiro cincento
Pedreiro amarelo
Merlo rubio
Fulepa pintada
Fulepa dos carrizos
Fulepa grande
Fulepa amarela
Papuxa paporrubia
Papuxa común
Papuxa apardazada
Picafollas de Bonelli
Picafollas ibérico
Papamoscas cincento
Ouriolo común
Picanzo vermello
Picanzo rebordá
Escribanta das hortas
Trigueiro común
Cuco papudo
Cuco común
Relación de especies
migradoras estivais que
crian en Galicia e pasan
o inverno en África

A bubela e outros galegos curiosos