Climate Smart & Climate Ready Conference Opening Plenary on April 20, 2013 at Cinempolis in Ithaca, NY. David Kay, Dept. Development Sociology, Cornell University. Community Planning, Climate Change and Uncertainty in a Home Rule State.
Climate Smart & Climate Ready Conference Opening Plenary on April 20, 2013 at Cinempolis in Ithaca, NY. David Kay, Dept. Development Sociology, Cornell University. Community Planning, Climate Change and Uncertainty in a Home Rule State.
A Comisión Irmáns Suárez Picallo nace en Sada no ano 2007 co fin de organizar un programa de actos para todo o ano 2008, logo de ser declarado institucionalmente polo Concello de Sada como Ano dos Irmáns Suárez Picallo. Ao longo deste tempo, promovéronse dous ciclos de xornadas en torno a Ramón e Xohán Antón Suárez Picallo, así como varias publicacións e unha exposición.
A partires do 2009 decídese ampliar os obxectivos e redefinir a Comisión, transformándoa nunha Asociación Cultural con vocación de permanencia e estabilidade. Desde entón véñense realizando actos, homenaxes e charlas sobre diversos temas, e téñense editado distintas publicacións. Ademais, púxose en marcha un blogue en internet para a difusión das nosas actividades e de textos de autores locais.
A A. C. Irmáns Suárez Picallo está aberta a incorporación de todos aqueles interesados en asociarse, e, de feito, entre as súas prioridades está a de ampliar constantemente a súa base social para atopar novos colaboradores e novos públicos.
Se desexa facerse socio, non ten máis que cubrir o formulario que poderá atopar no noso blogue e facérnolo chegar. Se o que quere é recibir a programación das nosas actividades, pode enviarnos a súa dirección de correo electrónico a comisionsuarezpicallo@gmail.com ou contactar connosco a través do noso grupo de Facebook.
A Asociación tamén é receptiva a todas as aportacións (artigos, documentos, materiais gráficos...), comentarios e críticas que o lector nos queira transmitir.
1. A ESMORGA
ACTIVIDADE INICIAL A REALIZAR NO CEMITERIO DE SAN
FRANCISCO
Obxectivos da Actividade
Presentación e información sobre o Cemiterio
Antigamente as personaxes célebres se enterraban nas igrexas, e para o resto había dous
cemiterios urbanos en Ourense: o da igrexa da Trinidade e o do Hospital de San Roque
(estaba na Alameda do concello)
E no ano 1817 cando os concellos son obrigados a situar os cemiterios fora das cidades
e así, o de Ourense compra en 1822 a comunidade dos franciscanos a finca onde hoxe
está este cemiterio.
En 1887 o concello construirá a dereita da entrada un pequeno cemiterio para enterrar a
laicos e protestantes. Estarían separados os mortos máis de 100 anos.
O romántico cemiterio cativará a poetas e literatos pola súa situación sobre a cidade,
situado nas abas de Montealegre, coa súa luz permanente no atardecer, e cunha morea
de personaxes famosos da cidade enterrados nel.
Desenvolvemento da actividade
Dous membros de cada grupo que vai tomar parte no paseo cultural por Ourense, terán
que localizar na zona marcada no seu plano (son distintos para cada grupo) unha das
seguintes personaxes:
EDUARDO BLANCO AMOR
BEN CHO SHEY
RAMÓN PARADA JUSTEL
FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS
VALENTÍN LAMAS CARBAJAL
RAMÓN OTERO PEDRAYO
JAVIER PRADO LAMEIRO
Cada grupo comezará na orde de chegada o seu paseo por Ourense cando atope a tumba
que se localiza na súa zona (aportando unha característica determinada) e será
acompañado por un/ha profesor/a comezando por unha determinada pregunta do
percorrido (para evitar que vaian grupos xuntos facendo o percorrido e tendo en conta
que este é practicamente circular)