SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Download to read offline
MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO
7
COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN MULTICULTURALIDADE
Na escola IV. O mundo da escola
 Escoita, le e subliña. Na clase están a falar da escola e mais do sistema educativo de
Marrocos, lugar de procedencia de Said. Subliña no texto as palabras seleccionadas.
Profesora: Bos días. Hoxe Said vainos falar do lugar
do que procede e como é a ensinanza no seu país, de
acordo Said?
Said: De acordo. O meu país chámase Marrocos e
está situado ao Noroeste de África, lindando co
Océano Atlántico e co Mar Mediterráneo. Eu vivía
nunha cidade que se chama Agadir. Por certo: o meu
país está a 16 quilómetros de España.
Alumna: Cantos idiomas falades en Marrocos?
Said: Hai dous idiomas básicos, o árabe e mais o
francés, pero tamén se fala o marroquino (dialecto
do árabe), linguas bereberes e o español!
Profesora: Moi ben, Said. Agora fálanos da
educación no teu país.
Said: No meu país, a educación obrigatoria comeza aos sete anos e remata aos trece. Esta
consta de varias etapas: Preescolar, Educación Fundamental e Secundaria. Ademais existen
as escolas coránicas, nas que se aprende o Corán.
Alumno: Said, cantos anos comprende cada etapa?
Said: A etapa de Preescolar son dous anos. Esta ensinanza non é pública, é privada. A
Educación Fundamental consta de dúas partes: Primaria, que son seis anos; e 1.º Ciclo de
Secundaria, que son tres anos. Rematada a Educación Fundamental, entras no 2.º Ciclo de
Secundaria ou Bacharelato, que son tres anos.
Alumna: Vaites, vaites! Cantas cousas imos aprendendo na escola!
Responde en voz alta as preguntas e, deseguido, escribe as respostas.
쮿 Como se chama o país e mais a cidade na que vivía Said?
쮿 Que linguas se falan en Marrocos?
쮿 Como é o sistema educativo no país de Said?
Pregúntalle a un compañeiro ou compañeira como é o sistema educativo no seu país,
a que anos comeza e a que anos remata. Despois, escribe a conversa embaixo.
Pregunta §
Resposta §
E no teu país, como está distribuída a ensinanza non universitaria? Escribe a resposta
por detrás desta folla.
4
3
2
1
ensinanza idiomas dialecto Educación etapa Primaria Secundaria Bacharelato
MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO
7
LÉXICO MULTICULTURALIDADE
Na escola IV. O mundo da escola
Na aula
No debuxo de embaixo tes unha mostra do material que pode ter o profesorado enriba
da súa mesa de traballo. Completa os carteis coas palabras seleccionadas.
Completa as oracións cos verbos seleccionados.
a) Se queres deberás organizar o teu estudo.
b) Este papel usado é para . Tírao na papeleira, por favor.
c) Todos debemos algo novo acotío.
d) Para debes ter vocación.
e) A profesora deunos este enderezo para os apuntamentos.
f) Vou este vídeo a «youtube».
g) Para debes ordenar o teu pupitre e esquecer a música.
Completa a táboa co teu horario escolar e as materias que estudas.
Explica a función que desenvolve cada unha das seguintes persoas: director/a; xefe/a de
estudos; titor/a; coordinador/a; conserxe. Podes aproveitar o reverso desta páxina.
A directora / O director do meu centro ocúpase de
8
7
6
5
libro de texto dicionario portátil cartafol listaxe mapa pizarra electrónica lapis
subir
aprender
ensinar
descargar
aprobar
estudar
reciclar
MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO
7
GRAMÁTICA MULTICULTURALIDADE
Na escola IV. O mundo da escola
Os complementos do predicado
Lembra que a oración está constituída por dous elementos: suxeito e predicado. O núcleo
de ámbolos dous —nome e verbo—, concorda en persoa e número.
O verbo, núcleo do predicado, pode ir acompañado por varios complementos que
amplían a información sobre esa oración.
Fíxate nos exemplos:
Suxeito Predicado Suxeito Predicado Suxeito Predicado
Subliña os complementos dos verbos nas oracións de embaixo.
a) O alumnado descargou os apuntamentos de Lingua Galega.
b) Shankar escribe na pizarra electrónica con moita habilidade.
c) Xu Xing e mais Edson gañaron un premio á mellor reciclaxe.
d) Tatiana xoga ao tenis moi ben.
Engade ás oracións os complementos seleccionados.
a) Shankar xoga
b) Said fala
c) Tatiana subiu
Unha vez completadas as oracións do exercicio anterior, separa o suxeito do predicado
e subliña o núcleo de ámbolos dous.
a) Suxeito: Predicado:
b) Suxeito: Predicado:
c) Suxeito: Predicado:
Completa os núcleos do predicado cos complementos adecuados.
12
11
10
9
aprobou Lingua este trimestre.
Laura
aprobou Lingua.
Laura
aprobou.
Laura
á rede moi ben un vídeo árabe, francés e español ao cricket
Debuxo
Visitarei
Xoguei
MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO
7
PANORAMA MULTICULTURALIDADE
Na escola IV. O mundo da escola
Na escola
Lémbrome do día que cheguei por primeira vez á
escola. Levoume miña nai pola mao. Don Alfonso, o
mestre, apuntou nun papel o meu nome, fíxome varias
preguntas e sentoume nun banco con outros dous
rapaces.
Eu sabía algunhas cousas. Coñecía a folla dos Cristos
e sumaba. Esas pequenas vantaxes gustáronlle a Don
Alfonso, que me puxo a estudar deseguida. Non tardei
en pasarlle diante a todos.
A escola está no pazo da señora Isaura; unha velliña
que vive en Madrid e ten casaríos. Éntrase por un
portal que cae en anacos. Hai un curro con plantas de
chuchamel e dúas nogueiras moi grandes. As escaleiras
do patín son de pedra, con carriza nas xuntas, pola
chuvia. É grande a escola, pero está case sempre
baldeira. Van poucos rapaces. Ás veces non vai ningún.
«Con que aprendan a poñer o seu nome, para fozar
na terra abóndalles», di a xente.
Xosé NEIRA VILAS
Memorias dun neno labrego
Le o texto de Neira Vilas con detemento e contesta a estas preguntas.
a) Quen leva ao rapaz á escola?
b) Que cousas sabía o neno cando chegou á escola?
c) Que será a folla dos Cristos?
d) Onde está a escola e como se accede a ela?
e) Por que estará a escola case sempre baldeira ou con poucos rapaces?
Segundo os datos do texto, en que época situarías a acción do texto, na actualidade ou
nun pasado xa algo remoto? E onde localizarías os acontecementos que se contan: nun
ambiente urbano ou rural? Aproveita o reverso desta páxina e xustifica as túas respostas.
No texto pódese ler: «Con que aprendan a poñer o seu nome, para fozar na terra
abóndalles». Que pensas que quere dicir? Estás de acordo con esta afirmación? Busca o libro
nunha biblioteca e logo copia a primeira frase da novela. Aproveita o reverso desta páxina
para contestar.
No texto descríbese unha escola. Que cousas atopas semellantes e cales diferentes en
relación coas escolas de hoxe en día?
Seguro que lembras o teu primeiro día de escola, non si? Cóntallelo aos compañeiros
(como é a escola, onde se atopa, se che pareceu grande, as primeiras impresións…).
Busca información en Internet ou nalgunha enciclopedia sobre o autor e a obra á que
pertence este fragmento e escribe un breve resumo do que atopes.
18
17
16
15
14
13
© Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO
7
MULTICULTURALIDADE
Na escola IV. O mundo da escola
Solucións
 As palabras do recadro aparecen subliñadas:
Profesora: Bos días. Hoxe Said vainos falar do lugar do que
procede e como é a ensinanza no seu país, de acordo Said?
Said: De acordo. O meu país chámase Marrocos e está situado
ao Noroeste de África, lindando co Océano Atlántico e co Mar
Mediterráneo. Eu vivía nunha cidade que se chama Agadir. Por
certo: o meu país está a 16 quilómetros de España.
Alumna: Cantos idiomas falades en Marrocos?
Said: Hai dous idiomas básicos, o árabe e mais o francés, pero
tamén se fala o marroquino (dialecto do árabe), linguas bere-
beres e o español!
Profesora: Moi ben, Said. Agora fálanos da Educación no teu
país.
Said: No meu país, a Educación Obrigatoria comeza aos sete
anos e remata aos trece. Esta consta de varias etapas: Preesco-
lar, Educación Fundamental e Secundaria. Ademais existen as
escolas coránicas, nas que se aprende o Corán.
Alumno: Said, cantos anos comprende cada etapa?
Said: A etapa de Preescolar son dous anos. Esta ensinanza non
é pública, é privada. A Educación Fundamental consta de
dúas partes: Primaria, que son seis anos; e 1.º Ciclo de Secun-
daria, que son tres anos. Rematada a Educación Fundamental,
entras no 2.º Ciclo de Secundaria ou Bacharelato, que son tres
anos.
Alumna: Vaites, vaites! Cantas cousas imos aprendendo na
escola!
 As respostas son as seguintes:
쮿 Marrocos e Agadir.
쮿 Árabe, francés, marroquino, linguas bereberes e español.
쮿 Ensinanza obrigatoria dos sete aos trece anos. Preescolar,
Educación Fundamental (Primaria e 1.º Ciclo de Secundaria) e
Secundaria (2.º Ciclo ou Bacharelato).
 e  RESPOSTA LIBRE.
 Os carteis coas palabras seleccionadas aparecen embaixo.
 a) aprobar; b) reciclar; c) aprender; d) ensinar; e) descargar;
f) subir; g) estudar.
 RESPOSTA LIBRE.
 Director/a: ocúpase da boa marcha escolar do centro,
coordinando profesorado, alumnado e pais. Xefe/a de Estu-
dos: encárgase de informar o alumnado sobre opcións de
estudo, exames… Titor/a: ocúpase de personalizar e atender
os problemas persoais e de estudo do seu alumnado. Coordi-
nador/a: ocúpase de informar ao profesorado das decisións
do equipo directivo. O/A conserxe: ocúpase da infraestrutura
do centro e do bo goberno das distintas dependencias.
 Os complementos dos verbos son: a) os apuntamentos de
Lingua Galega. b) na pizarra electrónica con moita habilidade.
c) un premio á mellor reciclaxe. d) ao tenis moi ben.
 a) Shankar xoga moi ben ao cricket. b) Said fala árabe,
francés e español. c) Tatiana subiu un vídeo á rede.
 Suxeito: Shankar Predicado: xoga moi ben ao cricket.
Suxeito: Said Predicado: fala árabe, francés e español. Suxeito:
Tatiana Predicado: subiu un vídeo á rede.
 RESPOSTA LIBRE.
 a) A nai leva ó rapaz á escola. b) O rapaz sabía sumar e
algunhas cousas de relixión. c) A folla dos cristos era o catecis-
mo. d) A escola estaba nun casarío e accedíase a ela por un
portal vello case derruído. e) A escola está baleira porque
naquela época moitos rapaces axudaban á súa familia nas
tarefas do campo e deixaban de ir á escola moi pronto.
 Segundo o seu autor, Memorias dun neno labrego foi escri-
ta no segundo semestre de 1960. Nela pretendía contar como
era o estilo de vida nos anos corenta dun rapaz labrego de
doce ou trece anos nunha aldea galega, concretamente da
comarca de Deza, na aldea de Gres, en Vila de Cruces.
 A frase reflicte a realidade dunha época na que os rapaces
ían á escola pouco tempo xa que se dedicaban a axudar a súa
familia nas tarefas do campo. O alumnado ten que razoar se
está de acordo ou non, valorando o contexto da época.
A novela comeza: «Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma
quen dis, un ninguén. E ademais, pobre».
 e  RESPOSTA LIBRE.
 RESPOSTA ORIENTATIVA. [Xosé Neira Vilas naceu en 1928 en Gres
(Vila de Cruces), Pontevedra. En 1949 emigra a Buenos Aires.
Realiza estudos de Comercio, Música, Xornalismo e Literatura.
En contacto cos intelectuais do exilio, desenvolve un intenso
activismo cultural galego. En 1957 casa con Anisia Miranda
e, xuntos, fundan a organización libreiro-editorial «Follas
Novas». En 1960 publica o poemario Dende lonxe, e en 1961 a
novela Memorias dun neno labrego. Dende entón non deixou
de escribir.
Memorias dun neno labrego foi escrita no segundo semestre
de 1960. O protagonista é Balbino, un neno da aldea, que ten
que se bater coa pobreza e as inxustizas da sociedade galega
de xacando.]
pizarra electrónica
portátil
libro de texto
lapis
dicionario
listaxe
cartafol
mapa

More Related Content

Similar to 377_Unidad_7soldeeeelinguaagalegaaaa.pdf

O titor coas familias
O titor coas familias O titor coas familias
O titor coas familias Loudes Otero
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarYolanda Castro
 
Folleto profesorado 20-21_blog
Folleto profesorado 20-21_blogFolleto profesorado 20-21_blog
Folleto profesorado 20-21_blogiessalvabiblio
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdfMónica Diz Besada
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19jubos
 
Obradoiros ops e sabemos portugués
Obradoiros ops e sabemos portuguésObradoiros ops e sabemos portugués
Obradoiros ops e sabemos portuguéscenlf
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Gramática textual, a cohesión
Gramática textual, a cohesiónGramática textual, a cohesión
Gramática textual, a cohesiónvicloba
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Proxecto Xornadas
Proxecto XornadasProxecto Xornadas
Proxecto Xornadaslinguatics
 
Roxecto definitivo 2014
Roxecto  definitivo 2014Roxecto  definitivo 2014
Roxecto definitivo 2014pradosanpedro
 
Experiencia PIALE- Amiens 2019
Experiencia PIALE- Amiens 2019 Experiencia PIALE- Amiens 2019
Experiencia PIALE- Amiens 2019 mariatics
 
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolarGuía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolarPatricia Pena Barbeito
 
Atenzom diversidade arousa
Atenzom diversidade arousaAtenzom diversidade arousa
Atenzom diversidade arousaSusana Arins
 
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdfMoniVL1
 
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESOREUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESOLoudes Otero
 

Similar to 377_Unidad_7soldeeeelinguaagalegaaaa.pdf (20)

Ud correlingua secundaria 2012
Ud correlingua secundaria 2012 Ud correlingua secundaria 2012
Ud correlingua secundaria 2012
 
O titor coas familias
O titor coas familias O titor coas familias
O titor coas familias
 
Albares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista EscolarAlbares 2017. Revista Escolar
Albares 2017. Revista Escolar
 
Folleto profesorado 20-21_blog
Folleto profesorado 20-21_blogFolleto profesorado 20-21_blog
Folleto profesorado 20-21_blog
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19
 
Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15Ollos de aula. Nº 15
Ollos de aula. Nº 15
 
Obradoiros ops e sabemos portugués
Obradoiros ops e sabemos portuguésObradoiros ops e sabemos portugués
Obradoiros ops e sabemos portugués
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Gramática textual, a cohesión
Gramática textual, a cohesiónGramática textual, a cohesión
Gramática textual, a cohesión
 
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula, nº 12. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Proxecto Xornadas
Proxecto XornadasProxecto Xornadas
Proxecto Xornadas
 
Roxecto definitivo 2014
Roxecto  definitivo 2014Roxecto  definitivo 2014
Roxecto definitivo 2014
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
 
Experiencia PIALE- Amiens 2019
Experiencia PIALE- Amiens 2019 Experiencia PIALE- Amiens 2019
Experiencia PIALE- Amiens 2019
 
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolarGuía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
 
Atenzom diversidade arousa
Atenzom diversidade arousaAtenzom diversidade arousa
Atenzom diversidade arousa
 
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
182_Unidad_11soldelinguagalegaaaaaaa.pdf
 
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESOREUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
 

More from MoniVL1

Sen título 4PRDSDDOBALITERATURAGALEGA.ppt
Sen título 4PRDSDDOBALITERATURAGALEGA.pptSen título 4PRDSDDOBALITERATURAGALEGA.ppt
Sen título 4PRDSDDOBALITERATURAGALEGA.pptMoniVL1
 
Sen título 5 PROBA DE LINGUA GALEGA LITERATURA.ppt
Sen título 5 PROBA DE LINGUA GALEGA LITERATURA.pptSen título 5 PROBA DE LINGUA GALEGA LITERATURA.ppt
Sen título 5 PROBA DE LINGUA GALEGA LITERATURA.pptMoniVL1
 
Sen título 2 teatro galego e linguaa.ppt
Sen título 2 teatro galego e linguaa.pptSen título 2 teatro galego e linguaa.ppt
Sen título 2 teatro galego e linguaa.pptMoniVL1
 
FONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAAAAA.ppt
FONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAAAAA.pptFONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAAAAA.ppt
FONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAAAAA.pptMoniVL1
 
rexurdimentoliteraturagalegaaaaaaaaa.ppt
rexurdimentoliteraturagalegaaaaaaaaa.pptrexurdimentoliteraturagalegaaaaaaaaa.ppt
rexurdimentoliteraturagalegaaaaaaaaa.pptMoniVL1
 
Lingua GalegAAAAa AAAAAAAAAAAAAAs.XX.ppt
Lingua GalegAAAAa AAAAAAAAAAAAAAs.XX.pptLingua GalegAAAAa AAAAAAAAAAAAAAs.XX.ppt
Lingua GalegAAAAa AAAAAAAAAAAAAAs.XX.pptMoniVL1
 
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptxComo facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptxMoniVL1
 
Microteatro-FriasMicroteatro-FriasMicroteatro-Frias.pdf
Microteatro-FriasMicroteatro-FriasMicroteatro-Frias.pdfMicroteatro-FriasMicroteatro-FriasMicroteatro-Frias.pdf
Microteatro-FriasMicroteatro-FriasMicroteatro-Frias.pdfMoniVL1
 
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptxLiteratura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptxMoniVL1
 
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdfLOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdfMoniVL1
 

More from MoniVL1 (10)

Sen título 4PRDSDDOBALITERATURAGALEGA.ppt
Sen título 4PRDSDDOBALITERATURAGALEGA.pptSen título 4PRDSDDOBALITERATURAGALEGA.ppt
Sen título 4PRDSDDOBALITERATURAGALEGA.ppt
 
Sen título 5 PROBA DE LINGUA GALEGA LITERATURA.ppt
Sen título 5 PROBA DE LINGUA GALEGA LITERATURA.pptSen título 5 PROBA DE LINGUA GALEGA LITERATURA.ppt
Sen título 5 PROBA DE LINGUA GALEGA LITERATURA.ppt
 
Sen título 2 teatro galego e linguaa.ppt
Sen título 2 teatro galego e linguaa.pptSen título 2 teatro galego e linguaa.ppt
Sen título 2 teatro galego e linguaa.ppt
 
FONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAAAAA.ppt
FONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAAAAA.pptFONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAAAAA.ppt
FONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAFONÉTICAAAAA.ppt
 
rexurdimentoliteraturagalegaaaaaaaaa.ppt
rexurdimentoliteraturagalegaaaaaaaaa.pptrexurdimentoliteraturagalegaaaaaaaaa.ppt
rexurdimentoliteraturagalegaaaaaaaaa.ppt
 
Lingua GalegAAAAa AAAAAAAAAAAAAAs.XX.ppt
Lingua GalegAAAAa AAAAAAAAAAAAAAs.XX.pptLingua GalegAAAAa AAAAAAAAAAAAAAs.XX.ppt
Lingua GalegAAAAa AAAAAAAAAAAAAAs.XX.ppt
 
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptxComo facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
Como facer resumos e esquemaAAAAs (2).pptx
 
Microteatro-FriasMicroteatro-FriasMicroteatro-Frias.pdf
Microteatro-FriasMicroteatro-FriasMicroteatro-Frias.pdfMicroteatro-FriasMicroteatro-FriasMicroteatro-Frias.pdf
Microteatro-FriasMicroteatro-FriasMicroteatro-Frias.pdf
 
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptxLiteratura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
Literatura medieval 1-A cantiga de amigo (2).pptx
 
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdfLOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
LOMLOE-CADRO CONTIDOS ESO para educación en galicia.docx.pdf
 

Recently uploaded

a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

377_Unidad_7soldeeeelinguaagalegaaaa.pdf

  • 1. MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO 7 COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN MULTICULTURALIDADE Na escola IV. O mundo da escola Escoita, le e subliña. Na clase están a falar da escola e mais do sistema educativo de Marrocos, lugar de procedencia de Said. Subliña no texto as palabras seleccionadas. Profesora: Bos días. Hoxe Said vainos falar do lugar do que procede e como é a ensinanza no seu país, de acordo Said? Said: De acordo. O meu país chámase Marrocos e está situado ao Noroeste de África, lindando co Océano Atlántico e co Mar Mediterráneo. Eu vivía nunha cidade que se chama Agadir. Por certo: o meu país está a 16 quilómetros de España. Alumna: Cantos idiomas falades en Marrocos? Said: Hai dous idiomas básicos, o árabe e mais o francés, pero tamén se fala o marroquino (dialecto do árabe), linguas bereberes e o español! Profesora: Moi ben, Said. Agora fálanos da educación no teu país. Said: No meu país, a educación obrigatoria comeza aos sete anos e remata aos trece. Esta consta de varias etapas: Preescolar, Educación Fundamental e Secundaria. Ademais existen as escolas coránicas, nas que se aprende o Corán. Alumno: Said, cantos anos comprende cada etapa? Said: A etapa de Preescolar son dous anos. Esta ensinanza non é pública, é privada. A Educación Fundamental consta de dúas partes: Primaria, que son seis anos; e 1.º Ciclo de Secundaria, que son tres anos. Rematada a Educación Fundamental, entras no 2.º Ciclo de Secundaria ou Bacharelato, que son tres anos. Alumna: Vaites, vaites! Cantas cousas imos aprendendo na escola! Responde en voz alta as preguntas e, deseguido, escribe as respostas. 쮿 Como se chama o país e mais a cidade na que vivía Said? 쮿 Que linguas se falan en Marrocos? 쮿 Como é o sistema educativo no país de Said? Pregúntalle a un compañeiro ou compañeira como é o sistema educativo no seu país, a que anos comeza e a que anos remata. Despois, escribe a conversa embaixo. Pregunta § Resposta § E no teu país, como está distribuída a ensinanza non universitaria? Escribe a resposta por detrás desta folla. 4 3 2 1 ensinanza idiomas dialecto Educación etapa Primaria Secundaria Bacharelato
  • 2. MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO 7 LÉXICO MULTICULTURALIDADE Na escola IV. O mundo da escola Na aula No debuxo de embaixo tes unha mostra do material que pode ter o profesorado enriba da súa mesa de traballo. Completa os carteis coas palabras seleccionadas. Completa as oracións cos verbos seleccionados. a) Se queres deberás organizar o teu estudo. b) Este papel usado é para . Tírao na papeleira, por favor. c) Todos debemos algo novo acotío. d) Para debes ter vocación. e) A profesora deunos este enderezo para os apuntamentos. f) Vou este vídeo a «youtube». g) Para debes ordenar o teu pupitre e esquecer a música. Completa a táboa co teu horario escolar e as materias que estudas. Explica a función que desenvolve cada unha das seguintes persoas: director/a; xefe/a de estudos; titor/a; coordinador/a; conserxe. Podes aproveitar o reverso desta páxina. A directora / O director do meu centro ocúpase de 8 7 6 5 libro de texto dicionario portátil cartafol listaxe mapa pizarra electrónica lapis subir aprender ensinar descargar aprobar estudar reciclar
  • 3. MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO 7 GRAMÁTICA MULTICULTURALIDADE Na escola IV. O mundo da escola Os complementos do predicado Lembra que a oración está constituída por dous elementos: suxeito e predicado. O núcleo de ámbolos dous —nome e verbo—, concorda en persoa e número. O verbo, núcleo do predicado, pode ir acompañado por varios complementos que amplían a información sobre esa oración. Fíxate nos exemplos: Suxeito Predicado Suxeito Predicado Suxeito Predicado Subliña os complementos dos verbos nas oracións de embaixo. a) O alumnado descargou os apuntamentos de Lingua Galega. b) Shankar escribe na pizarra electrónica con moita habilidade. c) Xu Xing e mais Edson gañaron un premio á mellor reciclaxe. d) Tatiana xoga ao tenis moi ben. Engade ás oracións os complementos seleccionados. a) Shankar xoga b) Said fala c) Tatiana subiu Unha vez completadas as oracións do exercicio anterior, separa o suxeito do predicado e subliña o núcleo de ámbolos dous. a) Suxeito: Predicado: b) Suxeito: Predicado: c) Suxeito: Predicado: Completa os núcleos do predicado cos complementos adecuados. 12 11 10 9 aprobou Lingua este trimestre. Laura aprobou Lingua. Laura aprobou. Laura á rede moi ben un vídeo árabe, francés e español ao cricket Debuxo Visitarei Xoguei
  • 4. MATERIAL FOTOCOPIABLE / © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO 7 PANORAMA MULTICULTURALIDADE Na escola IV. O mundo da escola Na escola Lémbrome do día que cheguei por primeira vez á escola. Levoume miña nai pola mao. Don Alfonso, o mestre, apuntou nun papel o meu nome, fíxome varias preguntas e sentoume nun banco con outros dous rapaces. Eu sabía algunhas cousas. Coñecía a folla dos Cristos e sumaba. Esas pequenas vantaxes gustáronlle a Don Alfonso, que me puxo a estudar deseguida. Non tardei en pasarlle diante a todos. A escola está no pazo da señora Isaura; unha velliña que vive en Madrid e ten casaríos. Éntrase por un portal que cae en anacos. Hai un curro con plantas de chuchamel e dúas nogueiras moi grandes. As escaleiras do patín son de pedra, con carriza nas xuntas, pola chuvia. É grande a escola, pero está case sempre baldeira. Van poucos rapaces. Ás veces non vai ningún. «Con que aprendan a poñer o seu nome, para fozar na terra abóndalles», di a xente. Xosé NEIRA VILAS Memorias dun neno labrego Le o texto de Neira Vilas con detemento e contesta a estas preguntas. a) Quen leva ao rapaz á escola? b) Que cousas sabía o neno cando chegou á escola? c) Que será a folla dos Cristos? d) Onde está a escola e como se accede a ela? e) Por que estará a escola case sempre baldeira ou con poucos rapaces? Segundo os datos do texto, en que época situarías a acción do texto, na actualidade ou nun pasado xa algo remoto? E onde localizarías os acontecementos que se contan: nun ambiente urbano ou rural? Aproveita o reverso desta páxina e xustifica as túas respostas. No texto pódese ler: «Con que aprendan a poñer o seu nome, para fozar na terra abóndalles». Que pensas que quere dicir? Estás de acordo con esta afirmación? Busca o libro nunha biblioteca e logo copia a primeira frase da novela. Aproveita o reverso desta páxina para contestar. No texto descríbese unha escola. Que cousas atopas semellantes e cales diferentes en relación coas escolas de hoxe en día? Seguro que lembras o teu primeiro día de escola, non si? Cóntallelo aos compañeiros (como é a escola, onde se atopa, se che pareceu grande, as primeiras impresións…). Busca información en Internet ou nalgunha enciclopedia sobre o autor e a obra á que pertence este fragmento e escribe un breve resumo do que atopes. 18 17 16 15 14 13
  • 5. © Oxford University Press España, S. A. Lingua galega e Literatura 3.º ESO 7 MULTICULTURALIDADE Na escola IV. O mundo da escola Solucións  As palabras do recadro aparecen subliñadas: Profesora: Bos días. Hoxe Said vainos falar do lugar do que procede e como é a ensinanza no seu país, de acordo Said? Said: De acordo. O meu país chámase Marrocos e está situado ao Noroeste de África, lindando co Océano Atlántico e co Mar Mediterráneo. Eu vivía nunha cidade que se chama Agadir. Por certo: o meu país está a 16 quilómetros de España. Alumna: Cantos idiomas falades en Marrocos? Said: Hai dous idiomas básicos, o árabe e mais o francés, pero tamén se fala o marroquino (dialecto do árabe), linguas bere- beres e o español! Profesora: Moi ben, Said. Agora fálanos da Educación no teu país. Said: No meu país, a Educación Obrigatoria comeza aos sete anos e remata aos trece. Esta consta de varias etapas: Preesco- lar, Educación Fundamental e Secundaria. Ademais existen as escolas coránicas, nas que se aprende o Corán. Alumno: Said, cantos anos comprende cada etapa? Said: A etapa de Preescolar son dous anos. Esta ensinanza non é pública, é privada. A Educación Fundamental consta de dúas partes: Primaria, que son seis anos; e 1.º Ciclo de Secun- daria, que son tres anos. Rematada a Educación Fundamental, entras no 2.º Ciclo de Secundaria ou Bacharelato, que son tres anos. Alumna: Vaites, vaites! Cantas cousas imos aprendendo na escola!  As respostas son as seguintes: 쮿 Marrocos e Agadir. 쮿 Árabe, francés, marroquino, linguas bereberes e español. 쮿 Ensinanza obrigatoria dos sete aos trece anos. Preescolar, Educación Fundamental (Primaria e 1.º Ciclo de Secundaria) e Secundaria (2.º Ciclo ou Bacharelato).  e  RESPOSTA LIBRE.  Os carteis coas palabras seleccionadas aparecen embaixo.  a) aprobar; b) reciclar; c) aprender; d) ensinar; e) descargar; f) subir; g) estudar.  RESPOSTA LIBRE.  Director/a: ocúpase da boa marcha escolar do centro, coordinando profesorado, alumnado e pais. Xefe/a de Estu- dos: encárgase de informar o alumnado sobre opcións de estudo, exames… Titor/a: ocúpase de personalizar e atender os problemas persoais e de estudo do seu alumnado. Coordi- nador/a: ocúpase de informar ao profesorado das decisións do equipo directivo. O/A conserxe: ocúpase da infraestrutura do centro e do bo goberno das distintas dependencias.  Os complementos dos verbos son: a) os apuntamentos de Lingua Galega. b) na pizarra electrónica con moita habilidade. c) un premio á mellor reciclaxe. d) ao tenis moi ben.  a) Shankar xoga moi ben ao cricket. b) Said fala árabe, francés e español. c) Tatiana subiu un vídeo á rede.  Suxeito: Shankar Predicado: xoga moi ben ao cricket. Suxeito: Said Predicado: fala árabe, francés e español. Suxeito: Tatiana Predicado: subiu un vídeo á rede.  RESPOSTA LIBRE.  a) A nai leva ó rapaz á escola. b) O rapaz sabía sumar e algunhas cousas de relixión. c) A folla dos cristos era o catecis- mo. d) A escola estaba nun casarío e accedíase a ela por un portal vello case derruído. e) A escola está baleira porque naquela época moitos rapaces axudaban á súa familia nas tarefas do campo e deixaban de ir á escola moi pronto.  Segundo o seu autor, Memorias dun neno labrego foi escri- ta no segundo semestre de 1960. Nela pretendía contar como era o estilo de vida nos anos corenta dun rapaz labrego de doce ou trece anos nunha aldea galega, concretamente da comarca de Deza, na aldea de Gres, en Vila de Cruces.  A frase reflicte a realidade dunha época na que os rapaces ían á escola pouco tempo xa que se dedicaban a axudar a súa familia nas tarefas do campo. O alumnado ten que razoar se está de acordo ou non, valorando o contexto da época. A novela comeza: «Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre».  e  RESPOSTA LIBRE.  RESPOSTA ORIENTATIVA. [Xosé Neira Vilas naceu en 1928 en Gres (Vila de Cruces), Pontevedra. En 1949 emigra a Buenos Aires. Realiza estudos de Comercio, Música, Xornalismo e Literatura. En contacto cos intelectuais do exilio, desenvolve un intenso activismo cultural galego. En 1957 casa con Anisia Miranda e, xuntos, fundan a organización libreiro-editorial «Follas Novas». En 1960 publica o poemario Dende lonxe, e en 1961 a novela Memorias dun neno labrego. Dende entón non deixou de escribir. Memorias dun neno labrego foi escrita no segundo semestre de 1960. O protagonista é Balbino, un neno da aldea, que ten que se bater coa pobreza e as inxustizas da sociedade galega de xacando.] pizarra electrónica portátil libro de texto lapis dicionario listaxe cartafol mapa