SlideShare a Scribd company logo
1 of 12
Download to read offline
NADAL 2017
CEIP Xesús San Luís Romero
Equipo Biblioteca
EDLG
2
INTRODUCIÓN
Todas as nenas e nenos teñen a necesidade de xogar e de divertirse, ben a
través de xoguetes, ben a través de contos . Deste xeito, satisfán a súa
necesidade de moverse, curiosear, crear, relacionarse, expresarse, intercambiar
vivencias, accións e pensamentos.
Ao mesmo tempo, os xogos, xoguetes e contos son instrumentos que
socializan, inculcan ideas, crenzas, valores sociais, expectativas, necesidades,
ofrecen modelos de actuación, ensinan a solucionar conflitos, esbozan un mundo
máxico e proporcionan unha fonte de imaxinación e creación.
Todos estes elementos inflúen profundamente na construción da
personalidade e identidade das persoas nas súas primeiras etapas da vida. Por
iso, debemos ser conscientes do importante papel que desempeñan xogos,
xoguetes e contos no desenvolvemento de nenas e nenos.
Esta guía foi elaborada coma un recurso didáctico de apoio para facer unha
elección e uso non sexista de xogos e xoguetes. Pretende axudar a analizar como
detectar un xogo ou xoguete sexista, e aporta propostas alternativas de
xoguetes fundamentados en valores positivos e igualitarios, que favorecerán o
desenvolvemento pleno de nenas e nenos.
Elaborouse en base aos seguintes documentos:
http://www.educarenigualdad.org/media/pdf/uploaded/material/237_4-gua-a-dida-ctica-2013-pdf.pdf
http://www.educarenigualdad.org/media/pdf/uploaded/material/172_juegos-madres-padres-pdf.pdf
Tamén hai moitos recursos no noso blog da biblioteca:
http://equipobibliosaluis.blogspot.com.es/
3
ESTERIOTIPOS DE XÉNERO
Mesmo xa antes de nacer dáse un trato diferenciado segundo se
trate da chegada dunha nena ou dun neno. Isto reflíctese na preparación
da habitación, da roupa, dos xoguetes.... Este trato diferenciado é
percibido polas criaturas que notan como lles falan e se dirixen a elas de
maneira diferente.
Nos últimos anos producíronse grandes avances sociais pero aínda
queda moito por facer. É verdade que as mulleres incorporáronse
masivamente ao traballo fóra da casa e ao emprego remunerado pero queda
un reto pendente: que os homes se incorporen na mesma medida á esfera
do doméstico e familiar.
Aínda que pais e nais van cambiando isto, predominan roles e modelos
tradicionais nos que maioritariamente son as mulleres as que se dedican en
exclusiva ao traballo doméstico e de coidado, algo que é percibido por
nenas e nenos.
Desde unha educación non sexista debemos propiciar o
desenvolvemento integral da persoa.
MODELO PROPICIADO DENDE UNHA EDUCACIÓN
NON SEXISTA
Rasgos dunha persoa cun desenvolvemento integral
 Estabilidade emocional
 Mecanismos de autocontrol
 Tenrura- agresividade
 Afirmación do eu
 Aptitudes intelectuais
 Obxectividade
Si dende a familia queremos potenciar o desenvolvemento integral
dos nosos fillos e fillas, precisamos desterrar esteriotipos de rasgos
masculinos como a agresividade, tendencia ao dominio, valentía, amor ao
risco... e femininos como docilidade, inestabilidade emocional, sumisión,
irracionalidade, medo, frivolidade, incoherencia, debilidade....
4
APRENDIZAXE DE ROLES DE XÉNERO A
TRAVÉS DO XOGO E XOGUETES
Segundo o noso modelo social, aínda hoxe dominante, os xoguetes
pódense dividir en función do sexo de quen os vaia empregar, é dicir, en
xoguetes para nenas e xoguetes para nenos. Isto provoca que se estean
fomentando roles e modelos de relación diferentes, facendo que o
desenvolvemento persoal sexa distinto, xa que se non xogan ao mesmo
non desenvolven as mesmas capacidades.
Que aspectos estamos
potenciando con cada un dos
xoguetes? Que é o que realmente
aprenden as nenas e nenos con
eles a través dos seus xogos?
Que valores, habilidades,
actitudes e aptitudes se
desenvolven?
O xogo é, ademais de unha actividade agradable, unha forma de
aprender. O tempo que se dedica ao xogo é un tempo de aprendizaxe,
exploración e descubrimento. Xogos e xoguetes alimentan a imaxinación,
potencian os seus intereses e actitudes, definen comportamentos,
permiten desenvolver habilidades e fomentan as relacións co mundo que
rodea a nenas e nenos. Por este motivo, é moi importante que a selección
destes sexa a axeitada e non baseada no sexo de quen o vaia empregar. So
así nos aseguraremos de potenciar o desenvolvemento integral.
Segundo as últimas investigacións realizadas, chegouse á conclusión
de que a diferente elección de xoguetes non se explica a través de
argumentos biolóxicos senón que se debe a:
 Factores culturais
 Factores educativos
 O peso dos convencionalismos.
 A influencia do distinto trato da familia.
 Os modelos esteriotipados que se reflicten nos medios de
comunicación, os libros de texto, os contos, etc.
5
SEXISMO A TRAVÉS DO XOGO
QUE É O SEXISMO?
O sexismo é unha forma de
discriminación que basea a negación e/ou a
vulneración de dereitos dunha persoa en parte,
ou na súa totalidade, por razón de sexo. Por
exemplo, a publicidade dirixe case en exclusiva
os seus anuncios sobre cosmética, cirurxía e
adelgazamento a un público feminino.
UTILIZACIÓN SEXISTA DO XOGO E DO XOGUETE
Utilizamos os xogos e xoguetes de maneira sexista cando facilitamos
xoguetes que afianzan a aprendizaxe dos roles asignados artificialmente
segundo o sexo biolóxico, e cando obstaculizamos e/ou desvalorizamos o
acceso ao resto de xogos, tendo un efecto negativo no desenvolvemento de
capacidades, actitudes e valores das nosas fillas e fillos.
 Roles asignados socialmente ás nenas: coidado de persoas e coidado
do fogar.
 Roles asignados socialmente aos nenos: exploración, loita,
competición, emprendemento, aventura, descubrimento, ciencia....
CONSECUENCIAS DO USO SEXISTA DO XOGO
As nosas fillas e fillos van imitar os roles que socialmente se
asignan a nenas e nenos a cambio da aprobación adulta. Para eles e elas,
esta asignación é a referencia válida a través da que buscan seguridade e
afecto. É a través desta aprobación como, por exemplo, aprenderán que
xogar con bonecas é un xogo propio de nenas.
Mediante este mecanismo as nenas e os nenos asimilan a división
sexual dos xogos como unha división natural, reproducindo e
perpetuando o modelo de sociedade.
6
UN XOGUETE NON É SEXISTA CANDO...
 Non reproduce ou non fomenta roles sexuais.
 Fomenta e facilita o DESENVOLVEMENTO de
CAPACIDADES do neno ou da nena.
 Favorece outros valores positivos independentemente
de que sexa nena ou neno.
 Fomenta novos valores de IGUALDADE para a nosa
vida.
QUE PODEMOS FACER?
 Ofrecerlles novos patróns e modelos de relación entre
xéneros a través de intercambio de tarefas e roles.
 Utilización dos xoguetes transcendendo a división tradicional
sexual que destes se fai.
 Evitar as valoracións negativas de determinados papeis
sociais, como realizar actividades que sirvan para dar valor ás
tarefas de coidado recoñecendo a importancia que este
traballo ten no desenvolvemento de persoas, familia, sociedade
e economía.
 Potenciar o acceso de nenas e nenos a xoguetes
tradicionalmente vetados para o desenvolvemento integral das
súas capacidades. Ex, fomentar que as nenas xoguen con
material deportivo.
 Non reforzar as imaxes nin femininas nin masculinas
esteriotipadas.
7
PUBLICIDADE
A LINGUAXE DOS ANUNCIOS DIRIXIDOS ÁS NENAS
 É unha linguaxe que nomea obxectos a través de diminutivos:
cociniña, amiguiñas, princesiña, comidiña, ... e que publicita o
xoguete a través dunha linguaxe afectiva: “ a túa amiga para
toda a vida”, “cóidao e quéreo”, “conquístao”....
 As voces dos anuncios son voces doutras nenas ou dunha
muller adulta que fala de maneira doce.
 As cores que se empregan neste tipo de anuncios son
habitualmente tonalidades pastel e a música é suave e
relaxante.
A LINGUAXE DOS ANUNCIOS DIRIXIDOA AOS NENOS
 É unha linguaxe que nomea aos obxectos a través de
aumentativos: acción sen límite, velocidade supersónica... e
que publicita o xoguete a través dunha linguaxe agresiva: “ti
tes o poder”, “agora podes acabar co mal”.
 As voces deste tipo de anuncios son voces doutros nenos ou
dun home adulto, é dicir, voces masculinas e en moitos casos
cun ton de autoridade.
 As cores empregadas son habitualmente escuras e a
música é rápida, propiciando a acción do xogo.
Á hora de adquirir algún xoguete é a nosa
responsabilidade prestar atención ao nivel
educativo do xoguete. Pero é ben certo que non
podemos facer nada ante a imaxe publicitaria dos
medios de comunicación pero si ante a adquisición
dos xoguetes e a súa correcta utilización.
8
DECÁLOGO PARA ELIXIR XOGOS E XOGUETES
NON SEXISTAS E NON VIOLENTOS
1.- Non hai xoguetes de nenos ou de nenas. As nenas e os nenos
aprenden xogando. O xogo é libre e espontáneo. Evita os que transmitan
esta idea.
2.- Non hai cores de nenos ou de nenas, só etiquetas sociais que
limitan a creatividade. Elixamos as cores, non deixemos que elas nos
elixan.
3.- Intenta elixir xoguetes que reflictan a diversidade de cada
persoa: somos iguais, somos diferentes.
4.- Orientando nunha boa elección de xoguetes tamén estás
educando. Escolle con acerto, tendo en conta que sexan seguros,
acordes coa idade e libres de prexuízos sexistas.
5.- Elixe xoguetes que reúnan a nenas e nenos cooperando e
compartindo espazos, tanto públicos como domésticos. Ensinaraslles
a construír un mundo máis libre e igualitario.
6.- Regala xoguetes que axuden a promover todas as capacidades e
habilidades persoais de nenas e nenos, posibilitando tanto xogos
tranquilos como os que requiran actividade física.
7.- Busca xogos e xoguetes que potencien a igualdade na
participación e o desenvolvemento de sentimentos e afectos, sen
diferenciación, en nenas e nenos.
8.- Evita xoguetes, xogos e videoxogos violentos. Educa para resolver
problemas de forma positiva, construtiva e creativa.
9.- Ás veces a publicidade amosa imaxes e valores distintos dos que
queremos ensinarlles. É importante escoitar ás nenas e aos nenos, non
hai que ignorar as súas peticións, pero tampouco dicirlles que si a todo.
10.- Busca libros, xogos, videoxogos e xoguetes nos que se nomeen
e estean presentes nenas e nenos.
9
RECOMENDACIÓNS PARA ESCOLLER XOGUETES
De tres a seis anos
 Bicicleta con rodiñas
 Coches de pedais
 Canastra pequena de baloncesto
 Xogo de bolos de plástico
 Arquitectura de encaixes
 Coches, camións, etc.
 Casiña de tea
 Bonecos/as
 Coche e accesorios para as e os bonecos.
 Monicreques
 Cacharros que cociña e utensilios de distintos oficios.
 Encerado
 Crebacabezas doados
 Lapis de cores e ceras
 Inicio en xogos “tranquilos” onde se deba cumprir un obxectivo (por
exemplo, pescar un parrulo)
 Dominós
 Xogos de organizar: pobos, garaxes, granxas, etc...
10
De seis a nove anos
 Artigos que liberen tensión a través de exercicio físico.
 Xoguetes que favorezan a habilidade, a atención e a capacidade
creadora, a destreza, a imaxinación e, sobre todo, a afirmación
individual.
 Xogos que permiten interacturar e nos que hai que cumprir unha regras.
 Son imprescindibles bicicleta, patíns, as bólas, avións, construcións, o io-
ió, xogos de letras, teares, costuras, monicreques, caixas para engarzar
colares, kits para coidado da natureza, os solitarios, xogos de mesa con
preguntas e respostas, crebacabezas, loterías e todo o que se poida
coleccionar.
De nove a doce anos
 Son moi importantes os xogos que anticipan situacións adultas
profesionais, como por exemplo, os de química, electricidade ou o
microscopio.
 Resultan tamén moi positivos os que fomentan actividades en equipo, xa
sexan deportivas ou intelectuais.
 Construcións, mecanos a motor, cometas, iniciación no modelismo
(montando avións, barcos, casas de bonecas ou os seus mobles en
miniatura), coleccionismo de selos, moedas, bolboretas ou rochas
minerais, pequenos instrumentos musicais, poden ser o inicio dun
“hobby” co que seguir gozando toda a vida.
11
VIDEOXOGOS E XOGOS DE INTERNET
Os videoxogos son uns dos xoguetes preferidos da maioría de nenas
e nenos e adolescentes.
Esta nova forma de ocio computerizado
provoca moita polémica na sociedade xa que existe
a crenza de que poden crear adición ou que
inducen cambios de conduta tendentes ao
illamento e a violencia.
O certo é que o ordenador e as novas tecnoloxías son ferramentas
que xa forman parte do panorama laboral e doméstico, polo que non está de
máis que nenos, nenas e adolescentes vaian familiarizándose con eles. Todo
iso facendo un uso responsable e baixo a supervisión das nais e pais
respecto aos contidos e lugares que visitan na rede.
Polo tanto, é conveniente coidar dous aspectos que se non se teñen
en conta poden entrañar certos riscos para o desenvolvemento de nenas e
nenos.
 O tempo de exposición ás pantallas
 O contido dos xogos.
A maioría dos videoxogos fomentan valores violentos, destrutivos,
discriminatorios e sexistas. É a nosa responsabilidade como consumidores
e consumidoras saber se queremos, ou non, adquirir este tipo de xogos.
O tempo recomendado para que un menor de 7 anos xogue con un
ordenador non debe exceder de 15 minutos ao día.
A partir dos 7 anos recoméndase poñer un límite que non exceda os
tres cuartos de hora ao día.
O problema non é tanto o tempo que
pasan xogando co videoxogo, mellor
supervisados dunha persoa adulta,
senón que supón de privación doutras
experiencias moi necesarias para o seu
desenvolvemento integral como
persoas.
12
DECÁLOGO PARA A BOA COMPRA E USO
DOS XOGUETES
1.- O xoguete debe atraer a atención da nena ou do neno para
xogar con el máis dunha vez.
2.-O xoguete potenciará o desenvolvemento da creatividade e
da imaxinación.
3.- O xoguete será axeitado á idade e gustos.
4.- O xoguete ten que ser seguro.
5.- Cando o neno e/ou a nena xoguen con el, sentiranse
satisfeitos.
6.- O xoguete non será utilizado para reproducir esteriotipos
sexistas
7.- O xoguete pode ser empregado por nenas ou por nenos
indistintamente, e se é compartido fomentará a cooperación.
8.- O xoguete axudará a respectar as diferencias étnicas.
9.- O xoguete non fomentará condutas violentas.
10.- O xoguete fomentará valores humanos e persoais.
“Un xoguete bo é aquel que sen ser nada concreto
pode ser de todo”
Francesco Tonucci

More Related Content

Similar to Guia xogos e xoguetes para a igualdade

Tema 1 . o xogo, aproximación conceptual.
Tema 1 . o xogo, aproximación conceptual.Tema 1 . o xogo, aproximación conceptual.
Tema 1 . o xogo, aproximación conceptual.pabloalonsosuarez
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015Veronica DEL Rio
 
Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015Veronica DEL Rio
 
Como me vexo e como me ven
Como me vexo e como me venComo me vexo e como me ven
Como me vexo e como me venticceeabarcia
 
Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego
Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juegoAventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego
Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juegoSheila Rodriguez Trigo
 
Escola de familia 16-10-2013
Escola de familia 16-10-2013Escola de familia 16-10-2013
Escola de familia 16-10-2013silvia folgueira
 
Relacións entre mozas e mozos.
Relacións entre mozas e mozos.Relacións entre mozas e mozos.
Relacións entre mozas e mozos.Luisa
 
Repaso tema 1
Repaso tema 1Repaso tema 1
Repaso tema 1marcendon
 
Cartas de-amor
Cartas de-amorCartas de-amor
Cartas de-amorsatelite1
 
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonosXogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonosLOPEZMOURENZA
 

Similar to Guia xogos e xoguetes para a igualdade (20)

Tema 1 . o xogo, aproximación conceptual.
Tema 1 . o xogo, aproximación conceptual.Tema 1 . o xogo, aproximación conceptual.
Tema 1 . o xogo, aproximación conceptual.
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015
 
Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015Asesorando nos xoguetes 2015
Asesorando nos xoguetes 2015
 
Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
 
Como me vexo e como me ven
Como me vexo e como me venComo me vexo e como me ven
Como me vexo e como me ven
 
28 xunho ud_secundaria
28 xunho ud_secundaria28 xunho ud_secundaria
28 xunho ud_secundaria
 
Revista escolar 2012 (4)
Revista escolar 2012 (4)Revista escolar 2012 (4)
Revista escolar 2012 (4)
 
Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego
Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juegoAventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego
Aventura diminuta. Actividades y recursos para dinamizar el juego
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Escola de familia 16-10-2013
Escola de familia 16-10-2013Escola de familia 16-10-2013
Escola de familia 16-10-2013
 
Sesión 10 decembro 2009
Sesión 10 decembro 2009Sesión 10 decembro 2009
Sesión 10 decembro 2009
 
Relacións entre mozas e mozos.
Relacións entre mozas e mozos.Relacións entre mozas e mozos.
Relacións entre mozas e mozos.
 
Repaso tema 1
Repaso tema 1Repaso tema 1
Repaso tema 1
 
Cartas de-amor
Cartas de-amorCartas de-amor
Cartas de-amor
 
A intelixencia emocional
A intelixencia emocionalA intelixencia emocional
A intelixencia emocional
 
Reflexion cara un compromiso
Reflexion cara un compromisoReflexion cara un compromiso
Reflexion cara un compromiso
 
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonosXogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
Xogos+populares,+tradicionais+e+autóctonos
 
Guía de coeducación gallego
Guía de coeducación gallegoGuía de coeducación gallego
Guía de coeducación gallego
 
Sesión 2º autoestima
Sesión 2º  autoestimaSesión 2º  autoestima
Sesión 2º autoestima
 

More from Chelo Alvarez Veira (20)

Guia primaria-2020
Guia primaria-2020Guia primaria-2020
Guia primaria-2020
 
Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020Carteis primaria-2020
Carteis primaria-2020
 
As pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blogAs pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blog
 
O traxe novo do emperador
O traxe novo do emperadorO traxe novo do emperador
O traxe novo do emperador
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Debuxos da paz
Debuxos da pazDebuxos da paz
Debuxos da paz
 
Contos da paz
Contos da pazContos da paz
Contos da paz
 
Concurso relatos de terror
Concurso relatos de terrorConcurso relatos de terror
Concurso relatos de terror
 
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓNZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
ZOQUEANDO POR CARBALLO. BOSQUE DO AÑÓN
 
A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018A VOZ DO SAN LUIS 2018
A VOZ DO SAN LUIS 2018
 
MARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENOMARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENO
 
Traballo cooperativo
Traballo cooperativoTraballo cooperativo
Traballo cooperativo
 
Rosalind Franklin
Rosalind FranklinRosalind Franklin
Rosalind Franklin
 
MARUXA MALLO
MARUXA MALLOMARUXA MALLO
MARUXA MALLO
 
Maruxa Mallo
Maruxa MalloMaruxa Mallo
Maruxa Mallo
 
Programación plambe
Programación plambeProgramación plambe
Programación plambe
 
Triptico nadal
Triptico nadalTriptico nadal
Triptico nadal
 
Relatos terror samaín
Relatos terror samaínRelatos terror samaín
Relatos terror samaín
 
Lectores autónomos
Lectores autónomosLectores autónomos
Lectores autónomos
 
Primeiros lectores
Primeiros lectoresPrimeiros lectores
Primeiros lectores
 

Guia xogos e xoguetes para a igualdade

  • 1. NADAL 2017 CEIP Xesús San Luís Romero Equipo Biblioteca EDLG
  • 2. 2 INTRODUCIÓN Todas as nenas e nenos teñen a necesidade de xogar e de divertirse, ben a través de xoguetes, ben a través de contos . Deste xeito, satisfán a súa necesidade de moverse, curiosear, crear, relacionarse, expresarse, intercambiar vivencias, accións e pensamentos. Ao mesmo tempo, os xogos, xoguetes e contos son instrumentos que socializan, inculcan ideas, crenzas, valores sociais, expectativas, necesidades, ofrecen modelos de actuación, ensinan a solucionar conflitos, esbozan un mundo máxico e proporcionan unha fonte de imaxinación e creación. Todos estes elementos inflúen profundamente na construción da personalidade e identidade das persoas nas súas primeiras etapas da vida. Por iso, debemos ser conscientes do importante papel que desempeñan xogos, xoguetes e contos no desenvolvemento de nenas e nenos. Esta guía foi elaborada coma un recurso didáctico de apoio para facer unha elección e uso non sexista de xogos e xoguetes. Pretende axudar a analizar como detectar un xogo ou xoguete sexista, e aporta propostas alternativas de xoguetes fundamentados en valores positivos e igualitarios, que favorecerán o desenvolvemento pleno de nenas e nenos. Elaborouse en base aos seguintes documentos: http://www.educarenigualdad.org/media/pdf/uploaded/material/237_4-gua-a-dida-ctica-2013-pdf.pdf http://www.educarenigualdad.org/media/pdf/uploaded/material/172_juegos-madres-padres-pdf.pdf Tamén hai moitos recursos no noso blog da biblioteca: http://equipobibliosaluis.blogspot.com.es/
  • 3. 3 ESTERIOTIPOS DE XÉNERO Mesmo xa antes de nacer dáse un trato diferenciado segundo se trate da chegada dunha nena ou dun neno. Isto reflíctese na preparación da habitación, da roupa, dos xoguetes.... Este trato diferenciado é percibido polas criaturas que notan como lles falan e se dirixen a elas de maneira diferente. Nos últimos anos producíronse grandes avances sociais pero aínda queda moito por facer. É verdade que as mulleres incorporáronse masivamente ao traballo fóra da casa e ao emprego remunerado pero queda un reto pendente: que os homes se incorporen na mesma medida á esfera do doméstico e familiar. Aínda que pais e nais van cambiando isto, predominan roles e modelos tradicionais nos que maioritariamente son as mulleres as que se dedican en exclusiva ao traballo doméstico e de coidado, algo que é percibido por nenas e nenos. Desde unha educación non sexista debemos propiciar o desenvolvemento integral da persoa. MODELO PROPICIADO DENDE UNHA EDUCACIÓN NON SEXISTA Rasgos dunha persoa cun desenvolvemento integral  Estabilidade emocional  Mecanismos de autocontrol  Tenrura- agresividade  Afirmación do eu  Aptitudes intelectuais  Obxectividade Si dende a familia queremos potenciar o desenvolvemento integral dos nosos fillos e fillas, precisamos desterrar esteriotipos de rasgos masculinos como a agresividade, tendencia ao dominio, valentía, amor ao risco... e femininos como docilidade, inestabilidade emocional, sumisión, irracionalidade, medo, frivolidade, incoherencia, debilidade....
  • 4. 4 APRENDIZAXE DE ROLES DE XÉNERO A TRAVÉS DO XOGO E XOGUETES Segundo o noso modelo social, aínda hoxe dominante, os xoguetes pódense dividir en función do sexo de quen os vaia empregar, é dicir, en xoguetes para nenas e xoguetes para nenos. Isto provoca que se estean fomentando roles e modelos de relación diferentes, facendo que o desenvolvemento persoal sexa distinto, xa que se non xogan ao mesmo non desenvolven as mesmas capacidades. Que aspectos estamos potenciando con cada un dos xoguetes? Que é o que realmente aprenden as nenas e nenos con eles a través dos seus xogos? Que valores, habilidades, actitudes e aptitudes se desenvolven? O xogo é, ademais de unha actividade agradable, unha forma de aprender. O tempo que se dedica ao xogo é un tempo de aprendizaxe, exploración e descubrimento. Xogos e xoguetes alimentan a imaxinación, potencian os seus intereses e actitudes, definen comportamentos, permiten desenvolver habilidades e fomentan as relacións co mundo que rodea a nenas e nenos. Por este motivo, é moi importante que a selección destes sexa a axeitada e non baseada no sexo de quen o vaia empregar. So así nos aseguraremos de potenciar o desenvolvemento integral. Segundo as últimas investigacións realizadas, chegouse á conclusión de que a diferente elección de xoguetes non se explica a través de argumentos biolóxicos senón que se debe a:  Factores culturais  Factores educativos  O peso dos convencionalismos.  A influencia do distinto trato da familia.  Os modelos esteriotipados que se reflicten nos medios de comunicación, os libros de texto, os contos, etc.
  • 5. 5 SEXISMO A TRAVÉS DO XOGO QUE É O SEXISMO? O sexismo é unha forma de discriminación que basea a negación e/ou a vulneración de dereitos dunha persoa en parte, ou na súa totalidade, por razón de sexo. Por exemplo, a publicidade dirixe case en exclusiva os seus anuncios sobre cosmética, cirurxía e adelgazamento a un público feminino. UTILIZACIÓN SEXISTA DO XOGO E DO XOGUETE Utilizamos os xogos e xoguetes de maneira sexista cando facilitamos xoguetes que afianzan a aprendizaxe dos roles asignados artificialmente segundo o sexo biolóxico, e cando obstaculizamos e/ou desvalorizamos o acceso ao resto de xogos, tendo un efecto negativo no desenvolvemento de capacidades, actitudes e valores das nosas fillas e fillos.  Roles asignados socialmente ás nenas: coidado de persoas e coidado do fogar.  Roles asignados socialmente aos nenos: exploración, loita, competición, emprendemento, aventura, descubrimento, ciencia.... CONSECUENCIAS DO USO SEXISTA DO XOGO As nosas fillas e fillos van imitar os roles que socialmente se asignan a nenas e nenos a cambio da aprobación adulta. Para eles e elas, esta asignación é a referencia válida a través da que buscan seguridade e afecto. É a través desta aprobación como, por exemplo, aprenderán que xogar con bonecas é un xogo propio de nenas. Mediante este mecanismo as nenas e os nenos asimilan a división sexual dos xogos como unha división natural, reproducindo e perpetuando o modelo de sociedade.
  • 6. 6 UN XOGUETE NON É SEXISTA CANDO...  Non reproduce ou non fomenta roles sexuais.  Fomenta e facilita o DESENVOLVEMENTO de CAPACIDADES do neno ou da nena.  Favorece outros valores positivos independentemente de que sexa nena ou neno.  Fomenta novos valores de IGUALDADE para a nosa vida. QUE PODEMOS FACER?  Ofrecerlles novos patróns e modelos de relación entre xéneros a través de intercambio de tarefas e roles.  Utilización dos xoguetes transcendendo a división tradicional sexual que destes se fai.  Evitar as valoracións negativas de determinados papeis sociais, como realizar actividades que sirvan para dar valor ás tarefas de coidado recoñecendo a importancia que este traballo ten no desenvolvemento de persoas, familia, sociedade e economía.  Potenciar o acceso de nenas e nenos a xoguetes tradicionalmente vetados para o desenvolvemento integral das súas capacidades. Ex, fomentar que as nenas xoguen con material deportivo.  Non reforzar as imaxes nin femininas nin masculinas esteriotipadas.
  • 7. 7 PUBLICIDADE A LINGUAXE DOS ANUNCIOS DIRIXIDOS ÁS NENAS  É unha linguaxe que nomea obxectos a través de diminutivos: cociniña, amiguiñas, princesiña, comidiña, ... e que publicita o xoguete a través dunha linguaxe afectiva: “ a túa amiga para toda a vida”, “cóidao e quéreo”, “conquístao”....  As voces dos anuncios son voces doutras nenas ou dunha muller adulta que fala de maneira doce.  As cores que se empregan neste tipo de anuncios son habitualmente tonalidades pastel e a música é suave e relaxante. A LINGUAXE DOS ANUNCIOS DIRIXIDOA AOS NENOS  É unha linguaxe que nomea aos obxectos a través de aumentativos: acción sen límite, velocidade supersónica... e que publicita o xoguete a través dunha linguaxe agresiva: “ti tes o poder”, “agora podes acabar co mal”.  As voces deste tipo de anuncios son voces doutros nenos ou dun home adulto, é dicir, voces masculinas e en moitos casos cun ton de autoridade.  As cores empregadas son habitualmente escuras e a música é rápida, propiciando a acción do xogo. Á hora de adquirir algún xoguete é a nosa responsabilidade prestar atención ao nivel educativo do xoguete. Pero é ben certo que non podemos facer nada ante a imaxe publicitaria dos medios de comunicación pero si ante a adquisición dos xoguetes e a súa correcta utilización.
  • 8. 8 DECÁLOGO PARA ELIXIR XOGOS E XOGUETES NON SEXISTAS E NON VIOLENTOS 1.- Non hai xoguetes de nenos ou de nenas. As nenas e os nenos aprenden xogando. O xogo é libre e espontáneo. Evita os que transmitan esta idea. 2.- Non hai cores de nenos ou de nenas, só etiquetas sociais que limitan a creatividade. Elixamos as cores, non deixemos que elas nos elixan. 3.- Intenta elixir xoguetes que reflictan a diversidade de cada persoa: somos iguais, somos diferentes. 4.- Orientando nunha boa elección de xoguetes tamén estás educando. Escolle con acerto, tendo en conta que sexan seguros, acordes coa idade e libres de prexuízos sexistas. 5.- Elixe xoguetes que reúnan a nenas e nenos cooperando e compartindo espazos, tanto públicos como domésticos. Ensinaraslles a construír un mundo máis libre e igualitario. 6.- Regala xoguetes que axuden a promover todas as capacidades e habilidades persoais de nenas e nenos, posibilitando tanto xogos tranquilos como os que requiran actividade física. 7.- Busca xogos e xoguetes que potencien a igualdade na participación e o desenvolvemento de sentimentos e afectos, sen diferenciación, en nenas e nenos. 8.- Evita xoguetes, xogos e videoxogos violentos. Educa para resolver problemas de forma positiva, construtiva e creativa. 9.- Ás veces a publicidade amosa imaxes e valores distintos dos que queremos ensinarlles. É importante escoitar ás nenas e aos nenos, non hai que ignorar as súas peticións, pero tampouco dicirlles que si a todo. 10.- Busca libros, xogos, videoxogos e xoguetes nos que se nomeen e estean presentes nenas e nenos.
  • 9. 9 RECOMENDACIÓNS PARA ESCOLLER XOGUETES De tres a seis anos  Bicicleta con rodiñas  Coches de pedais  Canastra pequena de baloncesto  Xogo de bolos de plástico  Arquitectura de encaixes  Coches, camións, etc.  Casiña de tea  Bonecos/as  Coche e accesorios para as e os bonecos.  Monicreques  Cacharros que cociña e utensilios de distintos oficios.  Encerado  Crebacabezas doados  Lapis de cores e ceras  Inicio en xogos “tranquilos” onde se deba cumprir un obxectivo (por exemplo, pescar un parrulo)  Dominós  Xogos de organizar: pobos, garaxes, granxas, etc...
  • 10. 10 De seis a nove anos  Artigos que liberen tensión a través de exercicio físico.  Xoguetes que favorezan a habilidade, a atención e a capacidade creadora, a destreza, a imaxinación e, sobre todo, a afirmación individual.  Xogos que permiten interacturar e nos que hai que cumprir unha regras.  Son imprescindibles bicicleta, patíns, as bólas, avións, construcións, o io- ió, xogos de letras, teares, costuras, monicreques, caixas para engarzar colares, kits para coidado da natureza, os solitarios, xogos de mesa con preguntas e respostas, crebacabezas, loterías e todo o que se poida coleccionar. De nove a doce anos  Son moi importantes os xogos que anticipan situacións adultas profesionais, como por exemplo, os de química, electricidade ou o microscopio.  Resultan tamén moi positivos os que fomentan actividades en equipo, xa sexan deportivas ou intelectuais.  Construcións, mecanos a motor, cometas, iniciación no modelismo (montando avións, barcos, casas de bonecas ou os seus mobles en miniatura), coleccionismo de selos, moedas, bolboretas ou rochas minerais, pequenos instrumentos musicais, poden ser o inicio dun “hobby” co que seguir gozando toda a vida.
  • 11. 11 VIDEOXOGOS E XOGOS DE INTERNET Os videoxogos son uns dos xoguetes preferidos da maioría de nenas e nenos e adolescentes. Esta nova forma de ocio computerizado provoca moita polémica na sociedade xa que existe a crenza de que poden crear adición ou que inducen cambios de conduta tendentes ao illamento e a violencia. O certo é que o ordenador e as novas tecnoloxías son ferramentas que xa forman parte do panorama laboral e doméstico, polo que non está de máis que nenos, nenas e adolescentes vaian familiarizándose con eles. Todo iso facendo un uso responsable e baixo a supervisión das nais e pais respecto aos contidos e lugares que visitan na rede. Polo tanto, é conveniente coidar dous aspectos que se non se teñen en conta poden entrañar certos riscos para o desenvolvemento de nenas e nenos.  O tempo de exposición ás pantallas  O contido dos xogos. A maioría dos videoxogos fomentan valores violentos, destrutivos, discriminatorios e sexistas. É a nosa responsabilidade como consumidores e consumidoras saber se queremos, ou non, adquirir este tipo de xogos. O tempo recomendado para que un menor de 7 anos xogue con un ordenador non debe exceder de 15 minutos ao día. A partir dos 7 anos recoméndase poñer un límite que non exceda os tres cuartos de hora ao día. O problema non é tanto o tempo que pasan xogando co videoxogo, mellor supervisados dunha persoa adulta, senón que supón de privación doutras experiencias moi necesarias para o seu desenvolvemento integral como persoas.
  • 12. 12 DECÁLOGO PARA A BOA COMPRA E USO DOS XOGUETES 1.- O xoguete debe atraer a atención da nena ou do neno para xogar con el máis dunha vez. 2.-O xoguete potenciará o desenvolvemento da creatividade e da imaxinación. 3.- O xoguete será axeitado á idade e gustos. 4.- O xoguete ten que ser seguro. 5.- Cando o neno e/ou a nena xoguen con el, sentiranse satisfeitos. 6.- O xoguete non será utilizado para reproducir esteriotipos sexistas 7.- O xoguete pode ser empregado por nenas ou por nenos indistintamente, e se é compartido fomentará a cooperación. 8.- O xoguete axudará a respectar as diferencias étnicas. 9.- O xoguete non fomentará condutas violentas. 10.- O xoguete fomentará valores humanos e persoais. “Un xoguete bo é aquel que sen ser nada concreto pode ser de todo” Francesco Tonucci