SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
O seu nome procedente do latín finis terrae, fin da terra; e punto final tamén do Camiño de
Santiago. A singularidade xeográfica de Fisterra cautivou dende antigo a multitude de
persoas que anhelaban asomarse á fin do mundo, onde a terra acaba e o mar comeza ou polo
menos así o creron as lexións romanas ao contemplar o afundimento do sol nas súas augas.

Antigos xeógrafos grecorromanos ubican aquí o Promontorium Nerium e o Ara Solis, o
altar de culto ao sol, construído polos fenicios e que o mesmo Apóstolo Santiago fixo
destruír ao pouco tempo.

A singularidade de Fisterra xorde das moitas lendas que envolven a estas terras, nas que se
entrelazan temas relixiosos, marítimos e elementos pétreos. Entre elas destacan a do Ara
Solis, Ermida de San Guillermo, Orca Vella, Pedras Santas, Santo Cristo de Fisterra e
a Cidade de Dugium entre outras. Grazas á memoria da xente deste lugar, estas lendas
seguen vivas, cautivando, xunto ás marabillosas vistas que Fisterra posúe, a todo aquel que
se asoma a visitar a Fin do Mundo.




O pobo de Fisterra, está formado por un núcleo antigo crecido en anfiteatro sobre o porto.
As súas casas e estreitas rúas son dun gran tipismo e orixinalidade. No centro atópase a
Praza de Arasolis, nas aforas, de camiño ao faro, atopamos o monumento máis interesante
da vila: a Igrexa de Santa María das Areas e dentro do conxunto histórico da vila destaca
tamén o Castelo de San Carlos.




                                         Na foto podemos ver o Castillo de San Carlos e a praia da Ribeira.

O seu porto é o maior lugar de actividade do pobo. Nestos momentos atópase en obras,
construíndose a nova lonxa de peixe. A flota está formada por pequenos barcos de baixura
que utilizan diversas artes de pesca coma o palangre, nasas, betas, etc. A calquera hora do día
que paseemos polo porto, atopamos mariñeiros que van ou veñen de pescar, reparando as
súas redes ou na lonxa subastando o peixe. O sector pesqueiro é un dos máis tradicionais do
pobo. A boa calidade do peixe e marisco que hai na zona fai que os produtos teñan unha
 gran demanda nos mercados.




 A vexetación herbácea sobrevive a duras penas nun terreo azotado por fortes ventos e forte
 salinidade. Aínda así progresan os breixos húmidos de Erica Tetraliz y E. Ciliaris, breixos
 secos, orquídeas, retamas (algunha endémica de Galicia), centáureas, prantas de acantilado
 coma Armenia e algunha prantación de pino e eucalipto. A vexetación adaptada ao
 complexo dunar que adorna a Praia do Rostro, unha das máis salvaxes do litoral galego,
 presenta a vexetación psamófila posiblemente mellor conservada de Galicia.

 Fisterra é un extraordinario enclave para a observación do paso migratorio de multitude de
 aves mariñas que ademais buscan refuxio e repouso nos areais e enseadas pantanosas entre as
 Praias de Rostro e Langosteira. Os illotes rochosos coma os das Illas Loberías albergan
 unha importante colonia de gaivota arxéntea, gaivota sombría, patiamarela e cormorán
 moñudo.

 Restos históricos
 No fin do mundo segue enseñando seus tesoros.Nesta foto podemos ver restos históricos en
 Fisterra,e encontránse na Ermita de San Guillermo.




Semana Santa de Fisterra
O Cristo de barba dourada é obxecto da devoción na Semana Santa de Fisterra.Trátase dunha
pasión cuxa procesión do Venres Santo data de tempos anteriores de outras celebracións de A




Coruña sendo unha das máis antiguas.
Igrexas de Fisterra

San Vicente de Duio (1669)
Este templo, levantado ao pé dun castro, é de estilo barroco. Séculos XVII-XVIII.




                       Ten pranta de salón cun gran prebisterio rectangular e unha soa nave,
dividida en catro tramos.
A fachada remata cunha espadaña construída en 1863.
Na capela maior destaca un gran retablo, presidido pola imaxe de San Vicente, o patrón da
parroquia de Duio.
Este templo foi saqueado durante a invasión napoleónica e un incendio destruiu os arquivos
parroquiais.

Igrexa Santa María das Areas




                                      A súa orixe establécese no ano 1199 segundo escrito
de donación de Doña Urraca Fernández, filla do Conde de Traba que reza “V. modios de
pane et tertian vacarum mearum de montealto. Ad opus ecclesie Ste. Marie de finibus
terre”. Orixinariamente tiña pranta de salón (cuadrangular) pero co paso dos tempos
fóronselle adosando varias capelas e a sacristía.

A lendaria vinculación do Apóstolo Santiago con estas terras fixo que Fisterra fora moi
visit_gaada coma final do Camino, para orar ante o Stmo Cristo, de tal forma que nos
séculos XIV, XV e XVI foi tal o número de peregrinos que o párroco da vila, Alonso
García, decidiu fundar o Hospital de Peregrinos da Nosa Señora do Rosario en 1479,
construído fronte á fachada principal da igrexa.
Destaca neste templo a súa riqueza artística, sempre influenciada polas correntes
arquitectónicas aplicadas na catedral de Santiago, e polo influxo do Camino de Santiago,
sen dúbida polo elevado número de peregrinos que tras visit_gaar a tumba do Apóstolo
dirixíanse a estas terras para rezar ante o Stmo Cristo e ver o mar, moitos deles por primeira
vez na súa vida.
Esta custodia de campaniñas que se emprega nas procesións do Corpus, estivo culto
durante moitos anos no interior da igrexa sen dúbida fíxose desaparecer ante o temor de que
naves francesas, que por esas datas devastaban estas costas, saqueando as igrexas.
Afortunadamente foi recuperado en 1890, durante unhas obras de reforma.

estilo barroco.


Igrexa de San Martiño de Duio




                         Esta igrexa ten pranta de salón cunha capela maior con sacristía adosada
ao lado norte e unha soa nave.

A fachada principal é de traza pentagonal.

Sobre a porta principal hai unha escultura de granito cunha imaxe que representa ao santo titular,
San Martiño.

Esta igrexa foi profanada polas tropas francesas na Guerra da Independencia.



Igrexa do Bo Suceso

Encravada na céntrica e popular Praza de Ara Solis.
Este templo, de estilo barroco, do século XVIII, ten unha soa nave, cunha
capela maior de pranta cadrada, onde aparece unha inscrición dunha cruz grega.

A fachada principal, de forma rectangular, ten sobre a porta de entrada un frontón quebrado co
escudo fundador da capela.

Péchase a edificación cun pequeno adro pechado cun cruceiro no centro.

A capela maior posúe un retablo barroco, presidido pola imaxe da Virxe do Socorro.

Capela e Imaxe do Santísimo Cristo de Fisterra




                        A capela ten pranta rectangular e estilo barroco. Hai investigadores
que atribúen a súa autoría ao mestre Domingo A. de Andrade, destacado artista na
construcción da Catedral de Santiago, ou ben a Fray Gabriel de las Casas. En todo caso
a súa construcción iniciouse en 1695 para albergar o retablo que ampara a imaxe do Stmo.
Cristo de Fisterra. Dito retablo data de 1721, é obra de Miguel de Romay, da súa etapa
de madurez artística.
Segundo a tradición, a imaxe gótica do Cristo (principios do s. XIV) é obra de
Nicodemus. Conta a lenda que era transportada por un barco que houbo de arroxala ao mar,
en punta Cabanas, a fin de amainar o temporal que azotaba a zona e proseguir así a súa
viaxe. Entre os máis famosos milagres do Cristo da Barba Dourada destaca a conversión
duns mouros que tras desembarcar preto da igrexa irrumpiron nela coa intención de
profanala. Existen outras imaxes similares en Burgos e Ourense, procedendo esta última
dun regalo do bispo Fisterrán Vasco Pérez Mariño, ao pasar a rexir a sede episcopal de
Ourense.

Capela Maior
Esta Capela (de mediados do S.XIV) forman parte do deseño primixenio do conxunto da
igrexa, xunto coa nave central, que formaban un todo antes da incorporación das restantes
capelas conservando numerosas partes do s. XII.

Destacan aquí o sagrario barroco, a ventá do muro testeiro, de orixe románica, e a
magnífica imaxe da patroa da parroquia, Nosa Señora das Areas, obra renacentista da
primeira metade do século XVI.
Así mesmo, ata principios do presente século existiu un retablo maior de estilo barroco
realizado por Francisco Antas en 1640 que desafortunadamente perdeuse e do que só se
conservan debuxos.
Probablemente parte da imaxinería que se conserva na actualidade aloxábase neste retablo
maior, co Santiago Peregrino da nave central.

More Related Content

Viewers also liked

Ranjith_Bm
Ranjith_BmRanjith_Bm
Ranjith_Bmbranjith
 
The Wisdom Behind The Islamic Laws Regarding Women _ English
The  Wisdom Behind The  Islamic  Laws  Regarding  Women  _ EnglishThe  Wisdom Behind The  Islamic  Laws  Regarding  Women  _ English
The Wisdom Behind The Islamic Laws Regarding Women _ EnglishAbdullah Baspren
 
EdReady Montana Program ACE PIR Day in Laurel, Montana September 2014
EdReady Montana Program ACE PIR Day in Laurel, Montana September 2014EdReady Montana Program ACE PIR Day in Laurel, Montana September 2014
EdReady Montana Program ACE PIR Day in Laurel, Montana September 2014Ryan Schrenk
 
Writing winning proposals
Writing winning proposals Writing winning proposals
Writing winning proposals Candace Benson
 
Natural Gas and Climate Change
Natural Gas and Climate ChangeNatural Gas and Climate Change
Natural Gas and Climate Changeclimate central
 
Pecha kucha live binders2
Pecha kucha live binders2Pecha kucha live binders2
Pecha kucha live binders2Laurie Hnatiuk
 
Preparing for the Rising Tide: Executive Summary
Preparing for the Rising Tide: Executive SummaryPreparing for the Rising Tide: Executive Summary
Preparing for the Rising Tide: Executive Summaryclimate central
 
Learning From Campaigns V210512
Learning From Campaigns V210512Learning From Campaigns V210512
Learning From Campaigns V210512irunguh
 
Prophet Abraham (Pbuh) And Prophet Lot (Pbuh)
Prophet Abraham (Pbuh) And Prophet Lot (Pbuh)Prophet Abraham (Pbuh) And Prophet Lot (Pbuh)
Prophet Abraham (Pbuh) And Prophet Lot (Pbuh)Abdullah Baspren
 
This Is Muhammad _ English
This  Is  Muhammad _ EnglishThis  Is  Muhammad _ English
This Is Muhammad _ EnglishAbdullah Baspren
 
لماذا يحرم الإسلام الخنزير
لماذا يحرم الإسلام الخنزيرلماذا يحرم الإسلام الخنزير
لماذا يحرم الإسلام الخنزيرAbdullah Baspren
 
Education In the United States and Innovative Solutions
Education In the United States and Innovative SolutionsEducation In the United States and Innovative Solutions
Education In the United States and Innovative SolutionsRyan Schrenk
 
الفيلم الهولندي المسيء للإسلام تعليق ، ونقد ، وتوجيه
الفيلم الهولندي المسيء للإسلام تعليق ، ونقد ، وتوجيهالفيلم الهولندي المسيء للإسلام تعليق ، ونقد ، وتوجيه
الفيلم الهولندي المسيء للإسلام تعليق ، ونقد ، وتوجيهAbdullah Baspren
 
Jobs2 Web The Shift Has Hit The Fan
Jobs2 Web   The Shift Has Hit The FanJobs2 Web   The Shift Has Hit The Fan
Jobs2 Web The Shift Has Hit The Fankevin_fink
 
короткий ілюстрований путівник для розуміння ісламу _ Ukranian
короткий ілюстрований путівник для розуміння ісламу _ Ukranianкороткий ілюстрований путівник для розуміння ісламу _ Ukranian
короткий ілюстрований путівник для розуміння ісламу _ UkranianAbdullah Baspren
 

Viewers also liked (20)

Ranjith_Bm
Ranjith_BmRanjith_Bm
Ranjith_Bm
 
The Wisdom Behind The Islamic Laws Regarding Women _ English
The  Wisdom Behind The  Islamic  Laws  Regarding  Women  _ EnglishThe  Wisdom Behind The  Islamic  Laws  Regarding  Women  _ English
The Wisdom Behind The Islamic Laws Regarding Women _ English
 
EdReady Montana Program ACE PIR Day in Laurel, Montana September 2014
EdReady Montana Program ACE PIR Day in Laurel, Montana September 2014EdReady Montana Program ACE PIR Day in Laurel, Montana September 2014
EdReady Montana Program ACE PIR Day in Laurel, Montana September 2014
 
Writing winning proposals
Writing winning proposals Writing winning proposals
Writing winning proposals
 
God Or Allah
God Or AllahGod Or Allah
God Or Allah
 
Natural Gas and Climate Change
Natural Gas and Climate ChangeNatural Gas and Climate Change
Natural Gas and Climate Change
 
Pecha kucha live binders2
Pecha kucha live binders2Pecha kucha live binders2
Pecha kucha live binders2
 
Miracle In The Cell
Miracle In The CellMiracle In The Cell
Miracle In The Cell
 
Scarlett
ScarlettScarlett
Scarlett
 
Preparing for the Rising Tide: Executive Summary
Preparing for the Rising Tide: Executive SummaryPreparing for the Rising Tide: Executive Summary
Preparing for the Rising Tide: Executive Summary
 
Learning From Campaigns V210512
Learning From Campaigns V210512Learning From Campaigns V210512
Learning From Campaigns V210512
 
Prophet Abraham (Pbuh) And Prophet Lot (Pbuh)
Prophet Abraham (Pbuh) And Prophet Lot (Pbuh)Prophet Abraham (Pbuh) And Prophet Lot (Pbuh)
Prophet Abraham (Pbuh) And Prophet Lot (Pbuh)
 
This Is Muhammad _ English
This  Is  Muhammad _ EnglishThis  Is  Muhammad _ English
This Is Muhammad _ English
 
Ancient Rome
Ancient RomeAncient Rome
Ancient Rome
 
لماذا يحرم الإسلام الخنزير
لماذا يحرم الإسلام الخنزيرلماذا يحرم الإسلام الخنزير
لماذا يحرم الإسلام الخنزير
 
Education In the United States and Innovative Solutions
Education In the United States and Innovative SolutionsEducation In the United States and Innovative Solutions
Education In the United States and Innovative Solutions
 
الفيلم الهولندي المسيء للإسلام تعليق ، ونقد ، وتوجيه
الفيلم الهولندي المسيء للإسلام تعليق ، ونقد ، وتوجيهالفيلم الهولندي المسيء للإسلام تعليق ، ونقد ، وتوجيه
الفيلم الهولندي المسيء للإسلام تعليق ، ونقد ، وتوجيه
 
Jobs2 Web The Shift Has Hit The Fan
Jobs2 Web   The Shift Has Hit The FanJobs2 Web   The Shift Has Hit The Fan
Jobs2 Web The Shift Has Hit The Fan
 
Biblia y misericordia
Biblia y misericordiaBiblia y misericordia
Biblia y misericordia
 
короткий ілюстрований путівник для розуміння ісламу _ Ukranian
короткий ілюстрований путівник для розуміння ісламу _ Ukranianкороткий ілюстрований путівник для розуміння ісламу _ Ukranian
короткий ілюстрований путівник для розуміння ісламу _ Ukranian
 

Similar to Fisterra 2003

FINISTERRE
FINISTERREFINISTERRE
FINISTERRENCS
 
CORISTANCO
CORISTANCOCORISTANCO
CORISTANCONCS
 
San SandurniñO
San SandurniñOSan SandurniñO
San SandurniñOInesytta
 
O camiño de santiago
O camiño de santiagoO camiño de santiago
O camiño de santiagoaggcoruxo
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiroantiapev
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiroantiapev
 
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANO
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANODO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANO
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANOCotarelo08
 
Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)tamaruskio
 
Concello De Poio
Concello De PoioConcello De Poio
Concello De Poiomaria abuin
 
A catedral de santiago
A catedral de santiagoA catedral de santiago
A catedral de santiagopapoularosa
 
Monumentos e lugares de galicia touro
Monumentos e lugares de galicia touroMonumentos e lugares de galicia touro
Monumentos e lugares de galicia touroroxapequena
 
Mergúllate na túa cidade
Mergúllate na túa cidadeMergúllate na túa cidade
Mergúllate na túa cidademmcos
 
C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidade
C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA CidadeC:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidade
C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidademmcos
 
Comarca Fisterra
Comarca FisterraComarca Fisterra
Comarca Fisterramonadela
 

Similar to Fisterra 2003 (20)

FINISTERRE
FINISTERREFINISTERRE
FINISTERRE
 
CORISTANCO
CORISTANCOCORISTANCO
CORISTANCO
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
San SandurniñO
San SandurniñOSan SandurniñO
San SandurniñO
 
O camiño de santiago
O camiño de santiagoO camiño de santiago
O camiño de santiago
 
Baixo Miño
Baixo MiñoBaixo Miño
Baixo Miño
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
Pdf mosteiro
Pdf mosteiroPdf mosteiro
Pdf mosteiro
 
A historia de Caldelas
A historia de CaldelasA historia de Caldelas
A historia de Caldelas
 
A Guarda
A GuardaA Guarda
A Guarda
 
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANO
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANODO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANO
DO LATERANO ÁS TERMAS DE DIOCLESIANO
 
Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)Concello de Carballo :)
Concello de Carballo :)
 
Concello De Poio
Concello De PoioConcello De Poio
Concello De Poio
 
A catedral de santiago
A catedral de santiagoA catedral de santiago
A catedral de santiago
 
Monumentos e lugares de galicia touro
Monumentos e lugares de galicia touroMonumentos e lugares de galicia touro
Monumentos e lugares de galicia touro
 
Mergúllate na túa cidade
Mergúllate na túa cidadeMergúllate na túa cidade
Mergúllate na túa cidade
 
C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidade
C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA CidadeC:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidade
C:\Documents And Settings\Puesto71\Escritorio\MergúLlate Na TúA Cidade
 
Comarca Fisterra
Comarca FisterraComarca Fisterra
Comarca Fisterra
 
Concello De Ktoira
Concello De KtoiraConcello De Ktoira
Concello De Ktoira
 

Fisterra 2003

  • 1.
  • 2. O seu nome procedente do latín finis terrae, fin da terra; e punto final tamén do Camiño de Santiago. A singularidade xeográfica de Fisterra cautivou dende antigo a multitude de persoas que anhelaban asomarse á fin do mundo, onde a terra acaba e o mar comeza ou polo menos así o creron as lexións romanas ao contemplar o afundimento do sol nas súas augas. Antigos xeógrafos grecorromanos ubican aquí o Promontorium Nerium e o Ara Solis, o altar de culto ao sol, construído polos fenicios e que o mesmo Apóstolo Santiago fixo destruír ao pouco tempo. A singularidade de Fisterra xorde das moitas lendas que envolven a estas terras, nas que se entrelazan temas relixiosos, marítimos e elementos pétreos. Entre elas destacan a do Ara Solis, Ermida de San Guillermo, Orca Vella, Pedras Santas, Santo Cristo de Fisterra e a Cidade de Dugium entre outras. Grazas á memoria da xente deste lugar, estas lendas seguen vivas, cautivando, xunto ás marabillosas vistas que Fisterra posúe, a todo aquel que se asoma a visitar a Fin do Mundo. O pobo de Fisterra, está formado por un núcleo antigo crecido en anfiteatro sobre o porto. As súas casas e estreitas rúas son dun gran tipismo e orixinalidade. No centro atópase a Praza de Arasolis, nas aforas, de camiño ao faro, atopamos o monumento máis interesante da vila: a Igrexa de Santa María das Areas e dentro do conxunto histórico da vila destaca tamén o Castelo de San Carlos. Na foto podemos ver o Castillo de San Carlos e a praia da Ribeira. O seu porto é o maior lugar de actividade do pobo. Nestos momentos atópase en obras, construíndose a nova lonxa de peixe. A flota está formada por pequenos barcos de baixura que utilizan diversas artes de pesca coma o palangre, nasas, betas, etc. A calquera hora do día que paseemos polo porto, atopamos mariñeiros que van ou veñen de pescar, reparando as súas redes ou na lonxa subastando o peixe. O sector pesqueiro é un dos máis tradicionais do
  • 3. pobo. A boa calidade do peixe e marisco que hai na zona fai que os produtos teñan unha gran demanda nos mercados. A vexetación herbácea sobrevive a duras penas nun terreo azotado por fortes ventos e forte salinidade. Aínda así progresan os breixos húmidos de Erica Tetraliz y E. Ciliaris, breixos secos, orquídeas, retamas (algunha endémica de Galicia), centáureas, prantas de acantilado coma Armenia e algunha prantación de pino e eucalipto. A vexetación adaptada ao complexo dunar que adorna a Praia do Rostro, unha das máis salvaxes do litoral galego, presenta a vexetación psamófila posiblemente mellor conservada de Galicia. Fisterra é un extraordinario enclave para a observación do paso migratorio de multitude de aves mariñas que ademais buscan refuxio e repouso nos areais e enseadas pantanosas entre as Praias de Rostro e Langosteira. Os illotes rochosos coma os das Illas Loberías albergan unha importante colonia de gaivota arxéntea, gaivota sombría, patiamarela e cormorán moñudo. Restos históricos No fin do mundo segue enseñando seus tesoros.Nesta foto podemos ver restos históricos en Fisterra,e encontránse na Ermita de San Guillermo. Semana Santa de Fisterra O Cristo de barba dourada é obxecto da devoción na Semana Santa de Fisterra.Trátase dunha pasión cuxa procesión do Venres Santo data de tempos anteriores de outras celebracións de A Coruña sendo unha das máis antiguas.
  • 4. Igrexas de Fisterra San Vicente de Duio (1669) Este templo, levantado ao pé dun castro, é de estilo barroco. Séculos XVII-XVIII. Ten pranta de salón cun gran prebisterio rectangular e unha soa nave, dividida en catro tramos. A fachada remata cunha espadaña construída en 1863. Na capela maior destaca un gran retablo, presidido pola imaxe de San Vicente, o patrón da parroquia de Duio. Este templo foi saqueado durante a invasión napoleónica e un incendio destruiu os arquivos parroquiais. Igrexa Santa María das Areas A súa orixe establécese no ano 1199 segundo escrito de donación de Doña Urraca Fernández, filla do Conde de Traba que reza “V. modios de pane et tertian vacarum mearum de montealto. Ad opus ecclesie Ste. Marie de finibus terre”. Orixinariamente tiña pranta de salón (cuadrangular) pero co paso dos tempos fóronselle adosando varias capelas e a sacristía. A lendaria vinculación do Apóstolo Santiago con estas terras fixo que Fisterra fora moi visit_gaada coma final do Camino, para orar ante o Stmo Cristo, de tal forma que nos séculos XIV, XV e XVI foi tal o número de peregrinos que o párroco da vila, Alonso García, decidiu fundar o Hospital de Peregrinos da Nosa Señora do Rosario en 1479, construído fronte á fachada principal da igrexa.
  • 5. Destaca neste templo a súa riqueza artística, sempre influenciada polas correntes arquitectónicas aplicadas na catedral de Santiago, e polo influxo do Camino de Santiago, sen dúbida polo elevado número de peregrinos que tras visit_gaar a tumba do Apóstolo dirixíanse a estas terras para rezar ante o Stmo Cristo e ver o mar, moitos deles por primeira vez na súa vida. Esta custodia de campaniñas que se emprega nas procesións do Corpus, estivo culto durante moitos anos no interior da igrexa sen dúbida fíxose desaparecer ante o temor de que naves francesas, que por esas datas devastaban estas costas, saqueando as igrexas. Afortunadamente foi recuperado en 1890, durante unhas obras de reforma. estilo barroco. Igrexa de San Martiño de Duio Esta igrexa ten pranta de salón cunha capela maior con sacristía adosada ao lado norte e unha soa nave. A fachada principal é de traza pentagonal. Sobre a porta principal hai unha escultura de granito cunha imaxe que representa ao santo titular, San Martiño. Esta igrexa foi profanada polas tropas francesas na Guerra da Independencia. Igrexa do Bo Suceso Encravada na céntrica e popular Praza de Ara Solis.
  • 6. Este templo, de estilo barroco, do século XVIII, ten unha soa nave, cunha capela maior de pranta cadrada, onde aparece unha inscrición dunha cruz grega. A fachada principal, de forma rectangular, ten sobre a porta de entrada un frontón quebrado co escudo fundador da capela. Péchase a edificación cun pequeno adro pechado cun cruceiro no centro. A capela maior posúe un retablo barroco, presidido pola imaxe da Virxe do Socorro. Capela e Imaxe do Santísimo Cristo de Fisterra A capela ten pranta rectangular e estilo barroco. Hai investigadores que atribúen a súa autoría ao mestre Domingo A. de Andrade, destacado artista na construcción da Catedral de Santiago, ou ben a Fray Gabriel de las Casas. En todo caso a súa construcción iniciouse en 1695 para albergar o retablo que ampara a imaxe do Stmo. Cristo de Fisterra. Dito retablo data de 1721, é obra de Miguel de Romay, da súa etapa de madurez artística. Segundo a tradición, a imaxe gótica do Cristo (principios do s. XIV) é obra de Nicodemus. Conta a lenda que era transportada por un barco que houbo de arroxala ao mar, en punta Cabanas, a fin de amainar o temporal que azotaba a zona e proseguir así a súa viaxe. Entre os máis famosos milagres do Cristo da Barba Dourada destaca a conversión duns mouros que tras desembarcar preto da igrexa irrumpiron nela coa intención de profanala. Existen outras imaxes similares en Burgos e Ourense, procedendo esta última dun regalo do bispo Fisterrán Vasco Pérez Mariño, ao pasar a rexir a sede episcopal de Ourense. Capela Maior
  • 7. Esta Capela (de mediados do S.XIV) forman parte do deseño primixenio do conxunto da igrexa, xunto coa nave central, que formaban un todo antes da incorporación das restantes capelas conservando numerosas partes do s. XII. Destacan aquí o sagrario barroco, a ventá do muro testeiro, de orixe románica, e a magnífica imaxe da patroa da parroquia, Nosa Señora das Areas, obra renacentista da primeira metade do século XVI. Así mesmo, ata principios do presente século existiu un retablo maior de estilo barroco realizado por Francisco Antas en 1640 que desafortunadamente perdeuse e do que só se conservan debuxos. Probablemente parte da imaxinería que se conserva na actualidade aloxábase neste retablo maior, co Santiago Peregrino da nave central.