SlideShare a Scribd company logo
1 of 37
Download to read offline
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 1
REDE MUSEÍSTICA
PROVINCIAL DE LUGO
Ronsel de futuro. Rumbo 2030
Rede Museística Provincial de Lugo
IgualdadedeXénero
Programaescolarsobre
Multicanle
•	Online
•	Presencial
•	Online-Presencial
CADERNO DO
ALUMNADO
DE PRIMARIA
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 2
Este caderno é de ...........................................................
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 3
Ronsel de futuro. Rumbo 2030
Unidade de Igualdade de Xénero
Tes diante un caderno para xogar, para descubrir
e tamén para pensar. E o mellor de todo: aquí
entramos todas e todos. Úneste a esta aventura?
Iguais
Somos iguais. Cando estamos na escola, na casa,
ou no parque, temos o mesmo dereito a participar
nos xogos e nas tarefas. Non por ser nenas debemos
facer obrigatoriamente algunhas cousas ou por
ser nenos outras unicamente. Estás de acordo?
E mira ao teu redor, pensa se isto é así. Na casa, quen
pon a lavadora? Cantos partidos de fútbol de rapazas
ves na televisión? E nos contos, hai algunha princesa
que salve a algún príncipe? Non moitas, verdade?
Pois no mundo da arte pasa igual. A todo o mundo lle
gusta pintar e facer esculturas pero nos museos non
vemos moitos cadros de mulleres artistas. E nós pensamos
que isto non é xusto e queremos cambialo. Axúdasnos?
Cando remates estas actividades:
◆
◆ Coñecerás máis as mulleres artistas dos
museos e as cousas tan boas que fixeron.
◆
◆ Visitarás os nosos museos descubrindo os seus tesouros.
◆
◆ Crearás contos nos que todas e todos
somos igual de valentes.
◆
◆ Compartirás historias marabillosas
das mulleres da túa familia.
◆
◆ Xogarás a conseguir a Misión da Igualdade
buscando pistas e solucionando as súas probas
◆
◆ Cambiarás o mundo para que sexa realmente
un lugar mellor onde convivir, xogar e aprender
con todas as persoas na súa diversidade.
Actividades
	 1	 Xogo dos oficios
	 2 	Hackeando a desigualdade
	 3	 Mulleres artistas... que xenias!
	4	 Mulleres artistas na Rede Museística Provincial de Lugo
	 5	 Amar a mar. Mariñas, marosas e maruxainas
	6	 Podcast pola igualdade de xénero
	 7	 Diversigualdade en rede: un orgullo de museo
	8	 Escape room: Igualdade
	9	 Heroe ou Heroína
	
10	 Quen é quen no rueiro. Rúas con nome de muller
	11	 Mulleres benfeitoras, ronsel de futuro
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 4
1
XogodosOficios
Presencial e online
Fíxate o que fan as persoas destas obras.
Elixe unha e con xestos dinlle aos teus
compañeiras e compañeiros o que fai.
Pregúntalles despois se un home ou unha
muller poderían facelo igual de ben.
Representamos as accións levadas a cabo nestas obras e preguntámonos
se os homes ou as mulleres fan mellor este traballo.
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 5
1. Xogo dos oficios
Xerencia
Difusión
Axudante de museo Auxiliar de sala
Dirección
Auxiliar de Sala
Vixilancia de Sala EncargadxAux Mantemento
Encargadx Montaxe
Que che gustaría ser de maior?
Pensas que hai profesións para rapaces e outras para
rapazas? Por que? Pensas que se podería cambiar?
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 6
Presencial + contidos na versión online
Hackear significa manipular, cambiar as cousas.
Podemos coller estas imaxes e pintalas, pegarlles
outras enriba, escribirlles palabras ao noso antollo.
2
HackeandoaDesigualdade
Veremos estas diferenzas nos seguintes aspectos
A. Que é ser muller e que é ser home?
B. Isto é cousa de ... Roles de xénero
C. 
Cubrir ou descubrir os corpos
tamén é cuestión de xénero
D. As emocións, os afectos e os coidados
E. Estudar xuntxs para vivir xuntxs
F. Espazos da casa divididos
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 7
Retrato de señora (Elsie Woodbury Brown) de Madrazo e
Retrato de cabaleiro de Esquivel. Museo Provincial de Lugo
María de Andrés y García por Enrique Navarro e Miguel
Ángel Quesada de Amparo Abella. Pazo de Tor
A. Que é ser muller e que é ser home?
Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
2. Hackeando a desigualdade
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 8
Traballar na casa, traballar fóra da casa
Interior de Villamil G de Paredes e Retrato de Antonio
Ron Pardo de Corredoira Museo Provincial de Lugo
Coser e loitar
As costureiras de Álvarez de Sotomayor e O cazador de
Bailén de Román Navarro. Museo Provincial de Lugo
As tecedoras. O traballo do
liño en San Paio de Narla
B. Isto é cousa de... Roles de xénero
Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
2. Hackeando a desigualdade
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 9
Levar e traer auga na sella
Como
xogamos
Soldadiños
de chumbo
e bonecas.
Pazo de Tor
A forza é cousa de homes? Mulleres con forza
As pescantinas. Museo Provincial do Mar
2. Hackeando a desigualdade
B. Isto é cousa de... Roles de xénero
Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 10
As redeiras. Museo Provincial do Mar
As mariscadoras
Mulleres patroas de barco. Vídeo:
https://www.youtube.com/
watch?v=Cb7JrXT_h7It=77s
B. Isto é cousa de... Roles de xénero
Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
2. Hackeando a desigualdade
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 11
Torso de Otero Camps no Museo Provincial de Lugo. Cartel das Guerrilla Girls de 1989 “Deben
estar as mulleres espidas para entrar no Museo Met. (Metropolitan)? Menos do 5% dos artistas nas
seccións de Arte Moderna son mulleres, pero un 85% dos espidos son femininos”.
C. Cubrir ou descubrir os corpos tamén é cuestión de xénero
Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
2. Hackeando a desigualdade
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 12
As vestimentas
Foto de Señora no Pazo de Tor, vestimenta de cabaleiro do Pazo de Tor, Retrato de aldeá de Villamil García de Paredes no Museo Provincial de Lugo
C. Cubrir ou descubrir os corpos tamén é cuestión de xénero
Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
2. Hackeando a desigualdade
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 13
As xoias
Pendentes tradicionais de San Paio de Narla e
torque de Burela do Museo Provincial de Lugo
As armas
Armadura e armas do Pazo de Tor (masculinas)
e dagas de San Paio de Narla (femininas)
C. Cubrir ou descubrir os corpos tamén é cuestión de xénero
Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
2. Hackeando a desigualdade
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 14
Sombreiros. De quen é este sombreiro? Pazo de Tor
Abanos de muller e de home. Pazo de Tor e Museo Provincial de Lugo
2. Hackeando a desigualdade
C. Cubrir ou descubrir os corpos tamén é cuestión de xénero
Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 15
As cadeiras de montar a cabalo, masculinas, femininas e a xamuga do Pazo de Tor e de San Paio de Narla
C. Cubrir ou descubrir os corpos tamén é cuestión de xénero
Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
2. Hackeando a desigualdade
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 16
A galerna de Soria González,
a escultura da Maternidade africana. Museo Provincial de Lugo
Pezoeira de San Paio de Narla
e a nodriza do Pazo de Tor
D. As emocións, os coidados e os afectos
Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
2. Hackeando a desigualdade
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 17
Pedindo mozo a san Antón de Acuña e as máscaras africanas. Museo Provincial de Lugo No mercado de Cruz Herrera.
Museo Provincial de Lugo
D. As emocións, os coidados e os afectos
Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
2. Hackeando a desigualdade
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 18
Aula de nenas e aula de nenos no Museo Provincial do Mar
A Escola de Doloriñas de Julia Minguillón.
Museo Provincial de Lugo
E. Estudar xuntxs para vivir xuntxs
Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
2. Hackeando a desigualdade
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 19
No Pazo de Tor, o Salón de Xogos era de uso exclusivo para os homes.
Por tanto, nas reunións sociais, as mulleres utilizaban o Salón do Mediodía.
F. Espazos da casa divididos
Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
2. Hackeando a desigualdade
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 20
3
Mulleresartistas...quexenias!
Presencial: A completar en online coa
actividade Mulleres artistas na Rede
Museística Provincial de Lugo
1. Nomear a artistas de todos os tempos.
2. Cantas artistas mulleres coñeces?
3. Investigar sobre:
•	 Maruja Mallo · Artemisia Gentileschi
•	 Frida Kahlo · Lita Cabellut
E que pasa coas obras anónimas?
Non sabemos quen fixo esa obra, por iso poñemos
ANÓNIMO, que significa “sen nome”. Son obras
sen firma e non coñecemos quen as realizou.
Puideron ser acaso obra de artistas mulleres?
A Sagrada Familia (S. XVII)
Anónimo flamenco
Óleo sobre táboa
Sabías que...?
Xa desde a Antigüidade, as mulleres tiveron moi difícil
aprender, traballar e ser recoñecidas como artistas. Por
exemplo, non lles permitían asistir ás escolas de Arte
con modelos espidos para poder retratalos. Moitas veces
non lles deixaban firmar as súas propias obras.
E despois, ninguén quería mercar os seus cadros ou
esculturas, soamente polo feito de ser mulleres.
Por todo isto, véñensenos sempre á cabeza máis nomes de
homes artistas que de mulleres artistas na Historia da Arte.
Entón, esta obra.... quen a fixo?
Busca outras obras anónimas nas salas
4, 5, 6 e 7 do Museo Provincial de Lugo
Ollo! Todas as respostas son correctas, pero tratamos de pensar
e falar daquelas quen tiñan moi díficil traballar na Arte.
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 21
Presencial e online: A completar coa
actividade Mulleres artistas... que xenias!
Imos de viaxe polos museos da Rede
buscando as obras das mulleres artistas
4
MulleresartistasnaRede
MuseísticaProvincialdeLugo
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 22
Buscamos estas obras de artistas mulleres
nos museos da Rede Museística
4. Mulleres artistas na Rede Museística Provincial de Lugo
Venecia, de Mª Luisa
Pérez Herrero
Mª Luisa Pérez Herrero foi unha
pintora de hai cen anos. Das súas
viaxes polo mundo deixounos
moitas pinturas de paisaxes.
Como esta que estás a ver aquí.
Ë unha cidade de Italia, que se
chama Venecia. É moi antiga e
está construída sobre a auga,
como ela pinta neste cadro.
Imos xogar cos sentidos. Metémonos
no cadro e imaxinamos.
•	 A que cheira?
•	 Que ruídos escoitas desde a rúa?
•	 Como irías ao cole?
•	 Pensas que é fácil ou difícil vivir aí? Por que?
Grupo aldeán, de Carmen
Álvarez de Sotomayor
Carmen Álvarez de Sotomayor
naceu nunha familia de
artistas. O seu pai e as súas
irmás tamén pintaban.
Nesta obra retrata a
tres personaxes que
viven nunha aldea.
Fíxate como son e
como nos miran.
Imaxina que nos falan. Que nos contarían?
Escola de Doloriñas,
de Julia Minguillón
Julia Minguillón naceu
no centro mesmo de
Lugo, na rúa San Marcos.
Pintaba paisaxes, retratos
e cadros relixiosos.
Unha vez, presentouse
a unha exposición moi
importante, con artistas
de toda España, co cadro
que ves aquí, A Escola
de Doloriñas, e gustou
tanto que gañou o primeiro premio. Pero ademais, foi a
primeira muller da historia que conseguiu este galardón
Esta escola existiu de verdade. Viaxemos
agora dentro do cadro.
•	 Que é o que ves?
•	 Onde escribe o rapaz máis alto?
•	 Que levan nos pés?
No Museo Provincial de Lugo
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 23
Buscamos estas obras de artistas mulleres
nos museos da Rede Museística
No Museo Provincial de Lugo
4. Mulleres artistas na Rede Museística Provincial de Lugo
Guía Postal
de Lugo, de
Maruja Mallo
Maruja Mallo
era de Lugo
e naceu en
Viveiro. Foi unha
artista libre,
moi moderna
que viaxou
polo mundo e foi moi valorada, por iso podes ver os seus
cadros en musos de moitos países. Tamén formaba
parte dun importante grupo poetas e artistas.
Un estilo que practicaba moito foi a collaxe que é coller
imaxes diferentes e pegalas todas xuntas formando
unha obra. Na imaxe que estás a ver temos postais,
como esas que compras nas vacacións, pero postais con
ríos, igrexas, pontes e persoas que temos na provincia
de Lugo. E algunha cousa máis que imaxinou.
Seguro que recoñeces moitas das cousas que
aparecen aquí. Xogamos? Facemos o noso
propio cadro con recortes e debuxos?
Adosados 3, de Mónica Alonso
Mónica Alonso é unha
artista de Lugo.
Encántalle traballar con cores.
Ela di que hai cores que nos
dan alegría, e outras tristeza,
que se pintamos as paredes de
certa cor estaremos en calma e
axudaranos a ler, por exemplo,
pero se as pintamos de outra
non pararemos de saltar e de
correr. Iso si, cada un e cada
unha de nós ten as súas preferiencias. Non é así?
Nesta obra, que é unha escultura, representou un edificio
de vivendas, como eses altísimos que hai nas cidades.
Non puxo paredes así que podemos ver o interior,
sobre todo as habitacións onde durmimos.
Tamén colocou camiñas de cores nelas.
E ti, anímaste a pintar a túa casa? De
que cor é? E a túa habitación?
A espera, de Violeta
Bernardo
Violeta Bernardo é de Sarria.
Foi profesora e estudou
na Escola para ser artista
e traballar o barro.
Con este material, realiza
figuras de nenas e
mulleres. No xardín do
Museo Provincial de Lugo
temos esta escultura súa
cunha muller sentada nunha cadeira. Vai ser
mamá e abraza a súa barriguiña acariñándoa.
Podes sentir todo o cariño e dan
ganas de darlle unha aperta.
E agora, podes falarnos de alguén a
quen queiras darlle unha aperta?
Coñeces a alguén que vaia ser mamá?
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 24
No Pazo de Tor No Museo Provincial do Mar
Buscamos estas obras de artistas mulleres
nos museos da Rede Museística
4. Mulleres artistas na Rede Museística Provincial de Lugo
A voz da silenciadas, de Violeta Bernardo
Esta placa foi un agasallo de aniversario para o
Museo Provincial do Mar cando cumpriu 50 anos.
Violeta dedícallela a todas aquelas mulleres ás que non
lles permitían falar, nin saír da casa, nin podían pedir
diñeiro ao banco para mercar un coche, por exemplo.
E ti, a que muller ti lle farías unha placa de
homenaxe? Como sería esa placa?
Retrato de Pedro de Zúñiga
y Cornejo, de Celia Cortés
Este señor tan serio foi o bisavó
da última Señora do Pazo de Tor.
Vai vestido cun uniforme da
Orde de Santiago, un grupo moi
importante naquela época e no
que soamente a xente moi rica
e poderosa podía participar.
O cadro é da pintora de Monforte
de Lemos, Celia Cortés.
Seguro que por casa tamén tes retratos de familiares
teus. Cal é o que máis che gusta e por que?
Ás veces, nós tamén usamos uniformes. Poderías dicirnos
que profesións visten de uniforme? E de que cores son?
Retrato do Miguel
Ángel Quesada, de
Amparo Abella
Non temos datos desta
artista. Por iso é tan
importante estudar máis
a historia das mulleres.
Este é o retrato do
marido da última
dona do Pazo de Tor.
Chamábase Miguel Ángel
Quesada e foi un militar
de alto rango, nada menos que coronel.
No pasado, non había ningunha muller no
exército, non porque non quixeran senón
porque non lles estaba permitido.
Pero hai 30 anos, fíxose unha lei e desde
entón é posible ser muller soldado, aviadora
ou mariñeira das Forzas Armadas.
Presencial e online
“Mariñas, Marosas e Maruxainas” é un
espazo para coñecer as mulleres que
viven e traballan na Mariña luguesa,
Desde un ordenador, podes vela neste enlace:
https://my.matterport.com/show/?m=NybLhDkFY78play=1
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 25
5
Amaramar.Mariñas,
marosasemaruxainas
Vas coñecer a esa gran serea
que está no medio da Sala.
O seu nome é Maruxaina.
Ten corpo de muller e cola de
peixe. Vive nunha cova do illote
da Sombriza, nos Farallóns e pasa
o día fiando coa roca e o fuso...
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 26
Vista inmersiva: https://my.matterport.com/show/?m=NybLhDkFY78play=1
5. Amar a mar. Mariñas, marosas e maruxainas.
Visitamos a exposición Amar a Mar e rendemos
homenaxe ás mulleres da nosa vida
Sabes o que é fiar? Elaborar un
fío de lá ou de liño. Con este
fío teceremos roupa como
xerseis, camisas ou abrigos.
Utilizaba estas ferramentas:
Fíxate nesta parede. Son
retratos das caras e das
mans de 16 mulleres. Cada
unha de elas representa a un
concello da comarca. Tamén
hai un textiño que nos relata
a importancia que teñen as
mulleres en cada municipio.
Pon atención a esas caras
e esas mans. Vese que
traballaron moito.
Agora propoñémosche esta
actividade: realizar un retrato
dunha muller da túa familia.
Pode ser un debuxo, unha
fotografía, unha canción e
despois cóntanos como é, en
que traballa ou traballou, e
por que a escolliches a ela.
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 27
Online
Imos facer un programa de radio e precisamos
a túa colaboración. Segue estes pasos:
1.	Investiga sobre unha artista e a súa obra
2.	Coa axuda da túa profesora ou profesor, grava a
túa voz contándonos quen é e por que che gusta
3.	Cando recibamos os vosos traballos,
publicarémolos en internet,
nas nosas redes sociais.
Encheremos o mundo da Arte das mulleres artistas!
6
Podcastpolaigualdadedexénero
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 28
7
Diversigualdadeenrede:
unorgullodemuseo
Desde a casa
A actividade desenvólvese en varias partes:
Parte 1: Bótalle un ollo á nosa exposición
que temos no xardín do Pazo de
Tor sobre Diversidade de Xénero:
https://my.matterport.com/show/?m=w4LGS96pqerbrand=0
Parte 2: Despois, fala na aula do que significa
Diversidade de Xénero. Algúns mozos e mozas
falarán sobre o que significa LGTBI+ (persoas
lesbianas, gays, trans, bisexuais e intersexuais)
e poden responder ás vosas preguntas.
A nosa actividade será elixir algunha destas
fermosas palabras para explicarlla ao resto das
túas compañeiras e compañeiros con debuxos,
cartulinas, outras palabras, co que queiras!
Respecto · Tolerancia
Diversidade · Convivencia
Porque respectamos e queremos a todas
as persoas, sen importarnos como son,
de onde veñen, e como queren vivir.
Parte 3: Por último, daremos a coñecer estes
pósters no museo e polas redes sociais.
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 29
8
Escaperoom:Igualdade
Online
Un xogo interactivo para realizar co ordenador.
Unha aventura na que terás que solucionar
adiviñas, quebracabezas e descubrir pistas
percorrendo o Museo Provincial de Lugo.
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 30
9
Heroeouheroína
·alendadaCovadaSerpe·
Presencial e online
Parte 1: Le ou escoita contos como por
exemplo a Carrapuchiña Vermella, a Bela
Durminte ou Cincenta, pensa nun final
distinto e responde a estas preguntas:
•	 Que pasaría se o cazador non
chega á casa da avoa?
•	 Que pasaría se Cincenta non
quere casarse co Príncipe?
•	 Poderían ser soamente amig@s?
•	 E nos tempos de agora, pasaría o mesmo?
Agora cambia as personaxes de homes
por mulleres. Que che parece? E se ti foses
a/o protagonista? Farías o mesmo?
Crea historias novas cos vellos contos para que
todas e todos nos axudemos mutuamente.
Parte 2: Le ou escoita o conto que aparece
nas seguintes páxinas. Despois responde:
•	 Quen sae neste conto?
•	 Que fai cada personaxe?
•	 Podería a dama Berta salvar ao campesiño?
•	 E se foses ti, que farías?
Parte 3: Visita onde vivía a dama Berta,
na Fortaleza de San Paio de Narla
https://my.matterport.com/show/?m=tY1c577bXD5
Parte 4: Fagamos monicreques e un
teatriño no que Berta será a nosa heroina
e compoñamoslle unha canción.
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 31
AlendadaCovadaSerpe
É
rase unha vez, unha rapaza chamada Berta que vivía
no castelo de San Paio de Narla. O seu pai, don Lopo das
Seixas era o dono desta fortaleza. A Berta agradáballe
pasear de a cabalo polos campos que rodeaban a fortaleza,
mais sen afastarse moito dela. Gustáballe moito contemplar
a paisaxe. A miúdo tamén gozaba da conversación breve
con algunhas das fillas dos seus vasalos: raparigas da súa
idade, alegres e dotadas de curiosidade e simpatía.
Sucedeu certo día que a egua que montaba a moza
atemorizouse ata o extremo de que botou a correr desbocada.
Berta sentiuse incapaz de dominala e freala. De súpeto, un
raparigo campesiño saltou ao camiño desde un campo e agarrou
fortemente o freo da egua e, grazas ao seu esforzo, conseguiu
detela. Esta demostración de valentía e heroicidade, fixo que a
doncela se namorase del. O mozo, pola súa banda, viu naquela
dama a aparición dunha belísima ‘fada’ que o deixou cativado.
1º Parte
9. Heroe ou heroína
Lemos A lenda da Cova da Serpe e despois, coa axuda de monicreques,
representarémola cambiando os estereotipos de xénero
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 32
A
mbos mozos volveron verse e sentados á sombra
dos carballos, conversaban, namorados e felices, sen
que fose ningún problema a súa diferente posición
social, un campesiño e outra dama. Mais o señor de San
Paio, pronto tivo noticias de tales amores da súa filla co
mozo labrador, que era o seu vasalo. Ameazou entón á súa
filla cun severísimo castigo, no caso de que non acabase
coa aquela amizade: unha verdadeira afronta para el e a súa
nobreza de sangue. Deseguido, Berta tan namorada e chea
de arroxo, contou ao labrego esta grave ameaza. Ambos
(dama e campesiño), no medio de saloucos e bicos, decidiron
fuxir monte arriba á procura dun refuxio noutras paraxes.
Ao decatarse de que a súa filla desaparecera, o señor ‘das
Seixas’ deu ordes de que rapidamente partisen algúns
escudeiros, así como homes de armas da torre-fortaleza,
co fin de perseguir aos fuxitivos e dar morte ao mozo
galán e retornar ao castelo a súa filla Berta.
9. Heroe ou heroína
Lemos A lenda da Cova da Serpe e despois, coa axuda de monicreques,
representarémola cambiando os estereotipos de xénero
2º Parte
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 33
A
o oír o galopar dos cabalos, os namorados ocultáronse
nunha cova que naquel monte descubriron. Quedaron
petrificados de espanto ao acharse diante dunha
gran serpe que erguía a súa desafiante cabeza cara a
eles. O raparigo, sacando un puñal, interpúxose e tentou
cortarlle a cabeza ao animal, que logrou esquivar o ataque.
Con lixeireza enrolouse ao redor do mozo ata o punto de
deixalo privado de todo movemento e posible acción. Mozo
e serpe loitaron con ferocidade. O mozo golpeou a súa
cabeza, pero as mordeduras e a presión do réptil acabaron
coa súa vida. A moza, asustada, chorou e berrou. Acudiron
as xentes de don Lopo que devolveron a moza á fortaleza.
A enorme serpe comezou a ser vista fóra da cova e
dedicouse a causar danos no gando. A miúdo baixaba a
beber a unha fonte que se coñece como pozo da Serpe.
Parece que conseguiron librarse dela poñéndolle como
cebo un asno morto, recheo de alcatrán que o animal
devorou coa súa afeita voracidade, envelenándose.
9. Heroe ou heroína
Lemos A lenda da Cova da Serpe e despois, coa axuda de monicreques,
representarémola cambiando os estereotipos de xénero
3º Parte
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 34
9. Heroe ou heroína
Podes recortar os debuxos desta páxina e pegalos
en paus de xeado para facer os monicreques!
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 35
10
Quenéquennorueiro.
Rúasconnomedemuller
Presencial e online
1.	Pregunta, investiga sobre rúas onde vives
que leven nomes de mulleres. Por exemplo
en Lugo temos rúas dedicadas á pintora Julia
Minguillón, á avogada Concepción Arenal ou a
traballadoras como Leiteiras ou Costureiras.
2.	Coñeces o que fixeron estas mulleres
e por que son importantes?
3.	Pensa en nomes novos para poñerlles a
outras rúas. Cal che gustaría e por que?
4.	
Crea un mapa con eses nomes e mándonolo.
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 36
11
Online
Imos coñecer as mulleres que
legaron o seu patrimonio para
a mellora cultural do país.
Mulleresbenfeitoras,
ronseldefuturo
Manuela Goñi María Paz de Taboada de Andrés e Zúñiga
Manuela emigrou á Arxentina xunto co seu marido
e traballando e aforrando fixeron alí unha fortuna.
Pero lembrábanse continuamente da súa
terra e decidiron enviar cartos para crear
unha escola. A verdade é que foi unha suma
importante de diñeiro para a época.
Grazas a iso, levantouse esta escola e os nenos e
nenas de San Cibrao e dos arredores puideron
estudar e aprender moitas cousas.
Hoxe xa son avós e avoas e recordan a escola
con moito cariño. Din tamén que todo o que lles
aprenderon foilles de moita utilidade de maiores.
Agora esta escola é o noso Museo Provincial do Mar.
Se o desde o teu ordenador preme sobre este enlace
https://my.matterport.com/show/?m=vYvPNxrXBDqamp;brand=0
Que sorte temos en Lugo! María Paz era a propietaria do
Pazo de Tor, unha casa moi grande, como un palacio, que
tiña moitos anos de historia. Fíxate, máis de 400.
Era unha familia importante, non só de Monforte
onde está esta casa, senón de toda Galicia.
Gustáballe ler libros e a Arte e decidiu doar o pazo á Deputación de Lugo.
Isto significa que nos regalou a súa casa para que poidamos entrar nela
e ver todas as cousas bonitas cheas de historia que se gardan nela.
Ademais, a primeira guía do Pazo xa como museo foi Angelita,
unha muller que traballou alí desde que tiña 9 anos.
Ela sabíao todo, por exemplo, quen eran esas persoas que saían
nos cadros, por onde saen e entran os gatos na casa, ou cando
se comprou esa cama tan antiga que parece de raíñas.
Se queres visitar o Pazo de Tor desde o teu ordenador preme sobre
este enlace https://my.matterport.com/show/?m=w4LGS96pqeramp;brand=0
Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 37
Datos de contacto:
Rede Museística Provincial de Lugo
https://comunidadermpl.es/
Correo electrónico:
comunidadermpl@gmail.com
REDE MUSEÍSTICA
PROVINCIAL DE LUGO

More Related Content

Similar to xenero_primaria_7abr.pdf

Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010Encarna Lago
 
As Mulleres na Rede Museística
As Mulleres na Rede MuseísticaAs Mulleres na Rede Museística
As Mulleres na Rede Museísticarmplugo
 
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoProgramación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoEncarna Lago
 
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de LugoEncarna Lago
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Encarna Lago
 
Presentación igualdade
Presentación igualdadePresentación igualdade
Presentación igualdadeLuisa
 
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede MuseísticaIV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede MuseísticaEncarna Lago
 
Mulleres para imprimir
Mulleres para imprimirMulleres para imprimir
Mulleres para imprimirEncarna Lago
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019rmplugo
 
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorRede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorEncarna Lago
 

Similar to xenero_primaria_7abr.pdf (20)

Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010Programa Museo e Muller 2010
Programa Museo e Muller 2010
 
Presentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismoPresentacion xenero e feminismo
Presentacion xenero e feminismo
 
As Mulleres na Rede Museística
As Mulleres na Rede MuseísticaAs Mulleres na Rede Museística
As Mulleres na Rede Museística
 
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de LugoProgramación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
Programación actividades extraescolares da Rede Museística Provincial de Lugo
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Pasaporte rede
Pasaporte redePasaporte rede
Pasaporte rede
 
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
 
Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10Ollos de aula. nº 10
Ollos de aula. nº 10
 
IRENA SENDLER
IRENA SENDLERIRENA SENDLER
IRENA SENDLER
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
 
Olimpio arca
Olimpio arcaOlimpio arca
Olimpio arca
 
Muller con i de igualdade
Muller con i de igualdadeMuller con i de igualdade
Muller con i de igualdade
 
Muller escríbese con «i» de igualdade
Muller escríbese con «i» de igualdadeMuller escríbese con «i» de igualdade
Muller escríbese con «i» de igualdade
 
8 anexo
8 anexo8 anexo
8 anexo
 
Presentación igualdade
Presentación igualdadePresentación igualdade
Presentación igualdade
 
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede MuseísticaIV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
IV Congreso Xeneros, Museos Arte Educación Rede Museística
 
Mulleres para imprimir
Mulleres para imprimirMulleres para imprimir
Mulleres para imprimir
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019
 
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorRede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
 

More from Encarna Lago

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfEncarna Lago
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdfEncarna Lago
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncarna Lago
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfEncarna Lago
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Encarna Lago
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorEncarna Lago
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...Encarna Lago
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdfEncarna Lago
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdfEncarna Lago
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdfEncarna Lago
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdfEncarna Lago
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 
xenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfxenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfEncarna Lago
 

More from Encarna Lago (20)

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdf
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 
xenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdfxenero_primaria_7abr.pdf
xenero_primaria_7abr.pdf
 

xenero_primaria_7abr.pdf

  • 1. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 1 REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO Ronsel de futuro. Rumbo 2030 Rede Museística Provincial de Lugo IgualdadedeXénero Programaescolarsobre Multicanle • Online • Presencial • Online-Presencial CADERNO DO ALUMNADO DE PRIMARIA
  • 2. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 2 Este caderno é de ...........................................................
  • 3. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 3 Ronsel de futuro. Rumbo 2030 Unidade de Igualdade de Xénero Tes diante un caderno para xogar, para descubrir e tamén para pensar. E o mellor de todo: aquí entramos todas e todos. Úneste a esta aventura? Iguais Somos iguais. Cando estamos na escola, na casa, ou no parque, temos o mesmo dereito a participar nos xogos e nas tarefas. Non por ser nenas debemos facer obrigatoriamente algunhas cousas ou por ser nenos outras unicamente. Estás de acordo? E mira ao teu redor, pensa se isto é así. Na casa, quen pon a lavadora? Cantos partidos de fútbol de rapazas ves na televisión? E nos contos, hai algunha princesa que salve a algún príncipe? Non moitas, verdade? Pois no mundo da arte pasa igual. A todo o mundo lle gusta pintar e facer esculturas pero nos museos non vemos moitos cadros de mulleres artistas. E nós pensamos que isto non é xusto e queremos cambialo. Axúdasnos? Cando remates estas actividades: ◆ ◆ Coñecerás máis as mulleres artistas dos museos e as cousas tan boas que fixeron. ◆ ◆ Visitarás os nosos museos descubrindo os seus tesouros. ◆ ◆ Crearás contos nos que todas e todos somos igual de valentes. ◆ ◆ Compartirás historias marabillosas das mulleres da túa familia. ◆ ◆ Xogarás a conseguir a Misión da Igualdade buscando pistas e solucionando as súas probas ◆ ◆ Cambiarás o mundo para que sexa realmente un lugar mellor onde convivir, xogar e aprender con todas as persoas na súa diversidade. Actividades 1 Xogo dos oficios 2 Hackeando a desigualdade 3 Mulleres artistas... que xenias! 4 Mulleres artistas na Rede Museística Provincial de Lugo 5 Amar a mar. Mariñas, marosas e maruxainas 6 Podcast pola igualdade de xénero 7 Diversigualdade en rede: un orgullo de museo 8 Escape room: Igualdade 9 Heroe ou Heroína 10 Quen é quen no rueiro. Rúas con nome de muller 11 Mulleres benfeitoras, ronsel de futuro
  • 4. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 4 1 XogodosOficios Presencial e online Fíxate o que fan as persoas destas obras. Elixe unha e con xestos dinlle aos teus compañeiras e compañeiros o que fai. Pregúntalles despois se un home ou unha muller poderían facelo igual de ben. Representamos as accións levadas a cabo nestas obras e preguntámonos se os homes ou as mulleres fan mellor este traballo.
  • 5. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 5 1. Xogo dos oficios Xerencia Difusión Axudante de museo Auxiliar de sala Dirección Auxiliar de Sala Vixilancia de Sala EncargadxAux Mantemento Encargadx Montaxe Que che gustaría ser de maior? Pensas que hai profesións para rapaces e outras para rapazas? Por que? Pensas que se podería cambiar?
  • 6. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 6 Presencial + contidos na versión online Hackear significa manipular, cambiar as cousas. Podemos coller estas imaxes e pintalas, pegarlles outras enriba, escribirlles palabras ao noso antollo. 2 HackeandoaDesigualdade Veremos estas diferenzas nos seguintes aspectos A. Que é ser muller e que é ser home? B. Isto é cousa de ... Roles de xénero C. Cubrir ou descubrir os corpos tamén é cuestión de xénero D. As emocións, os afectos e os coidados E. Estudar xuntxs para vivir xuntxs F. Espazos da casa divididos
  • 7. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 7 Retrato de señora (Elsie Woodbury Brown) de Madrazo e Retrato de cabaleiro de Esquivel. Museo Provincial de Lugo María de Andrés y García por Enrique Navarro e Miguel Ángel Quesada de Amparo Abella. Pazo de Tor A. Que é ser muller e que é ser home? Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes 2. Hackeando a desigualdade
  • 8. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 8 Traballar na casa, traballar fóra da casa Interior de Villamil G de Paredes e Retrato de Antonio Ron Pardo de Corredoira Museo Provincial de Lugo Coser e loitar As costureiras de Álvarez de Sotomayor e O cazador de Bailén de Román Navarro. Museo Provincial de Lugo As tecedoras. O traballo do liño en San Paio de Narla B. Isto é cousa de... Roles de xénero Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes 2. Hackeando a desigualdade
  • 9. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 9 Levar e traer auga na sella Como xogamos Soldadiños de chumbo e bonecas. Pazo de Tor A forza é cousa de homes? Mulleres con forza As pescantinas. Museo Provincial do Mar 2. Hackeando a desigualdade B. Isto é cousa de... Roles de xénero Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
  • 10. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 10 As redeiras. Museo Provincial do Mar As mariscadoras Mulleres patroas de barco. Vídeo: https://www.youtube.com/ watch?v=Cb7JrXT_h7It=77s B. Isto é cousa de... Roles de xénero Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes 2. Hackeando a desigualdade
  • 11. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 11 Torso de Otero Camps no Museo Provincial de Lugo. Cartel das Guerrilla Girls de 1989 “Deben estar as mulleres espidas para entrar no Museo Met. (Metropolitan)? Menos do 5% dos artistas nas seccións de Arte Moderna son mulleres, pero un 85% dos espidos son femininos”. C. Cubrir ou descubrir os corpos tamén é cuestión de xénero Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes 2. Hackeando a desigualdade
  • 12. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 12 As vestimentas Foto de Señora no Pazo de Tor, vestimenta de cabaleiro do Pazo de Tor, Retrato de aldeá de Villamil García de Paredes no Museo Provincial de Lugo C. Cubrir ou descubrir os corpos tamén é cuestión de xénero Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes 2. Hackeando a desigualdade
  • 13. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 13 As xoias Pendentes tradicionais de San Paio de Narla e torque de Burela do Museo Provincial de Lugo As armas Armadura e armas do Pazo de Tor (masculinas) e dagas de San Paio de Narla (femininas) C. Cubrir ou descubrir os corpos tamén é cuestión de xénero Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes 2. Hackeando a desigualdade
  • 14. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 14 Sombreiros. De quen é este sombreiro? Pazo de Tor Abanos de muller e de home. Pazo de Tor e Museo Provincial de Lugo 2. Hackeando a desigualdade C. Cubrir ou descubrir os corpos tamén é cuestión de xénero Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes
  • 15. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 15 As cadeiras de montar a cabalo, masculinas, femininas e a xamuga do Pazo de Tor e de San Paio de Narla C. Cubrir ou descubrir os corpos tamén é cuestión de xénero Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes 2. Hackeando a desigualdade
  • 16. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 16 A galerna de Soria González, a escultura da Maternidade africana. Museo Provincial de Lugo Pezoeira de San Paio de Narla e a nodriza do Pazo de Tor D. As emocións, os coidados e os afectos Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes 2. Hackeando a desigualdade
  • 17. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 17 Pedindo mozo a san Antón de Acuña e as máscaras africanas. Museo Provincial de Lugo No mercado de Cruz Herrera. Museo Provincial de Lugo D. As emocións, os coidados e os afectos Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes 2. Hackeando a desigualdade
  • 18. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 18 Aula de nenas e aula de nenos no Museo Provincial do Mar A Escola de Doloriñas de Julia Minguillón. Museo Provincial de Lugo E. Estudar xuntxs para vivir xuntxs Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes 2. Hackeando a desigualdade
  • 19. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 19 No Pazo de Tor, o Salón de Xogos era de uso exclusivo para os homes. Por tanto, nas reunións sociais, as mulleres utilizaban o Salón do Mediodía. F. Espazos da casa divididos Reflexionamos e debatemos sobre as desigualdes de xénero nestas imaxes 2. Hackeando a desigualdade
  • 20. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 20 3 Mulleresartistas...quexenias! Presencial: A completar en online coa actividade Mulleres artistas na Rede Museística Provincial de Lugo 1. Nomear a artistas de todos os tempos. 2. Cantas artistas mulleres coñeces? 3. Investigar sobre: • Maruja Mallo · Artemisia Gentileschi • Frida Kahlo · Lita Cabellut E que pasa coas obras anónimas? Non sabemos quen fixo esa obra, por iso poñemos ANÓNIMO, que significa “sen nome”. Son obras sen firma e non coñecemos quen as realizou. Puideron ser acaso obra de artistas mulleres? A Sagrada Familia (S. XVII) Anónimo flamenco Óleo sobre táboa Sabías que...? Xa desde a Antigüidade, as mulleres tiveron moi difícil aprender, traballar e ser recoñecidas como artistas. Por exemplo, non lles permitían asistir ás escolas de Arte con modelos espidos para poder retratalos. Moitas veces non lles deixaban firmar as súas propias obras. E despois, ninguén quería mercar os seus cadros ou esculturas, soamente polo feito de ser mulleres. Por todo isto, véñensenos sempre á cabeza máis nomes de homes artistas que de mulleres artistas na Historia da Arte. Entón, esta obra.... quen a fixo? Busca outras obras anónimas nas salas 4, 5, 6 e 7 do Museo Provincial de Lugo Ollo! Todas as respostas son correctas, pero tratamos de pensar e falar daquelas quen tiñan moi díficil traballar na Arte.
  • 21. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 21 Presencial e online: A completar coa actividade Mulleres artistas... que xenias! Imos de viaxe polos museos da Rede buscando as obras das mulleres artistas 4 MulleresartistasnaRede MuseísticaProvincialdeLugo
  • 22. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 22 Buscamos estas obras de artistas mulleres nos museos da Rede Museística 4. Mulleres artistas na Rede Museística Provincial de Lugo Venecia, de Mª Luisa Pérez Herrero Mª Luisa Pérez Herrero foi unha pintora de hai cen anos. Das súas viaxes polo mundo deixounos moitas pinturas de paisaxes. Como esta que estás a ver aquí. Ë unha cidade de Italia, que se chama Venecia. É moi antiga e está construída sobre a auga, como ela pinta neste cadro. Imos xogar cos sentidos. Metémonos no cadro e imaxinamos. • A que cheira? • Que ruídos escoitas desde a rúa? • Como irías ao cole? • Pensas que é fácil ou difícil vivir aí? Por que? Grupo aldeán, de Carmen Álvarez de Sotomayor Carmen Álvarez de Sotomayor naceu nunha familia de artistas. O seu pai e as súas irmás tamén pintaban. Nesta obra retrata a tres personaxes que viven nunha aldea. Fíxate como son e como nos miran. Imaxina que nos falan. Que nos contarían? Escola de Doloriñas, de Julia Minguillón Julia Minguillón naceu no centro mesmo de Lugo, na rúa San Marcos. Pintaba paisaxes, retratos e cadros relixiosos. Unha vez, presentouse a unha exposición moi importante, con artistas de toda España, co cadro que ves aquí, A Escola de Doloriñas, e gustou tanto que gañou o primeiro premio. Pero ademais, foi a primeira muller da historia que conseguiu este galardón Esta escola existiu de verdade. Viaxemos agora dentro do cadro. • Que é o que ves? • Onde escribe o rapaz máis alto? • Que levan nos pés? No Museo Provincial de Lugo
  • 23. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 23 Buscamos estas obras de artistas mulleres nos museos da Rede Museística No Museo Provincial de Lugo 4. Mulleres artistas na Rede Museística Provincial de Lugo Guía Postal de Lugo, de Maruja Mallo Maruja Mallo era de Lugo e naceu en Viveiro. Foi unha artista libre, moi moderna que viaxou polo mundo e foi moi valorada, por iso podes ver os seus cadros en musos de moitos países. Tamén formaba parte dun importante grupo poetas e artistas. Un estilo que practicaba moito foi a collaxe que é coller imaxes diferentes e pegalas todas xuntas formando unha obra. Na imaxe que estás a ver temos postais, como esas que compras nas vacacións, pero postais con ríos, igrexas, pontes e persoas que temos na provincia de Lugo. E algunha cousa máis que imaxinou. Seguro que recoñeces moitas das cousas que aparecen aquí. Xogamos? Facemos o noso propio cadro con recortes e debuxos? Adosados 3, de Mónica Alonso Mónica Alonso é unha artista de Lugo. Encántalle traballar con cores. Ela di que hai cores que nos dan alegría, e outras tristeza, que se pintamos as paredes de certa cor estaremos en calma e axudaranos a ler, por exemplo, pero se as pintamos de outra non pararemos de saltar e de correr. Iso si, cada un e cada unha de nós ten as súas preferiencias. Non é así? Nesta obra, que é unha escultura, representou un edificio de vivendas, como eses altísimos que hai nas cidades. Non puxo paredes así que podemos ver o interior, sobre todo as habitacións onde durmimos. Tamén colocou camiñas de cores nelas. E ti, anímaste a pintar a túa casa? De que cor é? E a túa habitación? A espera, de Violeta Bernardo Violeta Bernardo é de Sarria. Foi profesora e estudou na Escola para ser artista e traballar o barro. Con este material, realiza figuras de nenas e mulleres. No xardín do Museo Provincial de Lugo temos esta escultura súa cunha muller sentada nunha cadeira. Vai ser mamá e abraza a súa barriguiña acariñándoa. Podes sentir todo o cariño e dan ganas de darlle unha aperta. E agora, podes falarnos de alguén a quen queiras darlle unha aperta? Coñeces a alguén que vaia ser mamá?
  • 24. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 24 No Pazo de Tor No Museo Provincial do Mar Buscamos estas obras de artistas mulleres nos museos da Rede Museística 4. Mulleres artistas na Rede Museística Provincial de Lugo A voz da silenciadas, de Violeta Bernardo Esta placa foi un agasallo de aniversario para o Museo Provincial do Mar cando cumpriu 50 anos. Violeta dedícallela a todas aquelas mulleres ás que non lles permitían falar, nin saír da casa, nin podían pedir diñeiro ao banco para mercar un coche, por exemplo. E ti, a que muller ti lle farías unha placa de homenaxe? Como sería esa placa? Retrato de Pedro de Zúñiga y Cornejo, de Celia Cortés Este señor tan serio foi o bisavó da última Señora do Pazo de Tor. Vai vestido cun uniforme da Orde de Santiago, un grupo moi importante naquela época e no que soamente a xente moi rica e poderosa podía participar. O cadro é da pintora de Monforte de Lemos, Celia Cortés. Seguro que por casa tamén tes retratos de familiares teus. Cal é o que máis che gusta e por que? Ás veces, nós tamén usamos uniformes. Poderías dicirnos que profesións visten de uniforme? E de que cores son? Retrato do Miguel Ángel Quesada, de Amparo Abella Non temos datos desta artista. Por iso é tan importante estudar máis a historia das mulleres. Este é o retrato do marido da última dona do Pazo de Tor. Chamábase Miguel Ángel Quesada e foi un militar de alto rango, nada menos que coronel. No pasado, non había ningunha muller no exército, non porque non quixeran senón porque non lles estaba permitido. Pero hai 30 anos, fíxose unha lei e desde entón é posible ser muller soldado, aviadora ou mariñeira das Forzas Armadas.
  • 25. Presencial e online “Mariñas, Marosas e Maruxainas” é un espazo para coñecer as mulleres que viven e traballan na Mariña luguesa, Desde un ordenador, podes vela neste enlace: https://my.matterport.com/show/?m=NybLhDkFY78play=1 Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 25 5 Amaramar.Mariñas, marosasemaruxainas Vas coñecer a esa gran serea que está no medio da Sala. O seu nome é Maruxaina. Ten corpo de muller e cola de peixe. Vive nunha cova do illote da Sombriza, nos Farallóns e pasa o día fiando coa roca e o fuso...
  • 26. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 26 Vista inmersiva: https://my.matterport.com/show/?m=NybLhDkFY78play=1 5. Amar a mar. Mariñas, marosas e maruxainas. Visitamos a exposición Amar a Mar e rendemos homenaxe ás mulleres da nosa vida Sabes o que é fiar? Elaborar un fío de lá ou de liño. Con este fío teceremos roupa como xerseis, camisas ou abrigos. Utilizaba estas ferramentas: Fíxate nesta parede. Son retratos das caras e das mans de 16 mulleres. Cada unha de elas representa a un concello da comarca. Tamén hai un textiño que nos relata a importancia que teñen as mulleres en cada municipio. Pon atención a esas caras e esas mans. Vese que traballaron moito. Agora propoñémosche esta actividade: realizar un retrato dunha muller da túa familia. Pode ser un debuxo, unha fotografía, unha canción e despois cóntanos como é, en que traballa ou traballou, e por que a escolliches a ela.
  • 27. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 27 Online Imos facer un programa de radio e precisamos a túa colaboración. Segue estes pasos: 1. Investiga sobre unha artista e a súa obra 2. Coa axuda da túa profesora ou profesor, grava a túa voz contándonos quen é e por que che gusta 3. Cando recibamos os vosos traballos, publicarémolos en internet, nas nosas redes sociais. Encheremos o mundo da Arte das mulleres artistas! 6 Podcastpolaigualdadedexénero
  • 28. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 28 7 Diversigualdadeenrede: unorgullodemuseo Desde a casa A actividade desenvólvese en varias partes: Parte 1: Bótalle un ollo á nosa exposición que temos no xardín do Pazo de Tor sobre Diversidade de Xénero: https://my.matterport.com/show/?m=w4LGS96pqerbrand=0 Parte 2: Despois, fala na aula do que significa Diversidade de Xénero. Algúns mozos e mozas falarán sobre o que significa LGTBI+ (persoas lesbianas, gays, trans, bisexuais e intersexuais) e poden responder ás vosas preguntas. A nosa actividade será elixir algunha destas fermosas palabras para explicarlla ao resto das túas compañeiras e compañeiros con debuxos, cartulinas, outras palabras, co que queiras! Respecto · Tolerancia Diversidade · Convivencia Porque respectamos e queremos a todas as persoas, sen importarnos como son, de onde veñen, e como queren vivir. Parte 3: Por último, daremos a coñecer estes pósters no museo e polas redes sociais.
  • 29. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 29 8 Escaperoom:Igualdade Online Un xogo interactivo para realizar co ordenador. Unha aventura na que terás que solucionar adiviñas, quebracabezas e descubrir pistas percorrendo o Museo Provincial de Lugo.
  • 30. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 30 9 Heroeouheroína ·alendadaCovadaSerpe· Presencial e online Parte 1: Le ou escoita contos como por exemplo a Carrapuchiña Vermella, a Bela Durminte ou Cincenta, pensa nun final distinto e responde a estas preguntas: • Que pasaría se o cazador non chega á casa da avoa? • Que pasaría se Cincenta non quere casarse co Príncipe? • Poderían ser soamente amig@s? • E nos tempos de agora, pasaría o mesmo? Agora cambia as personaxes de homes por mulleres. Que che parece? E se ti foses a/o protagonista? Farías o mesmo? Crea historias novas cos vellos contos para que todas e todos nos axudemos mutuamente. Parte 2: Le ou escoita o conto que aparece nas seguintes páxinas. Despois responde: • Quen sae neste conto? • Que fai cada personaxe? • Podería a dama Berta salvar ao campesiño? • E se foses ti, que farías? Parte 3: Visita onde vivía a dama Berta, na Fortaleza de San Paio de Narla https://my.matterport.com/show/?m=tY1c577bXD5 Parte 4: Fagamos monicreques e un teatriño no que Berta será a nosa heroina e compoñamoslle unha canción.
  • 31. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 31 AlendadaCovadaSerpe É rase unha vez, unha rapaza chamada Berta que vivía no castelo de San Paio de Narla. O seu pai, don Lopo das Seixas era o dono desta fortaleza. A Berta agradáballe pasear de a cabalo polos campos que rodeaban a fortaleza, mais sen afastarse moito dela. Gustáballe moito contemplar a paisaxe. A miúdo tamén gozaba da conversación breve con algunhas das fillas dos seus vasalos: raparigas da súa idade, alegres e dotadas de curiosidade e simpatía. Sucedeu certo día que a egua que montaba a moza atemorizouse ata o extremo de que botou a correr desbocada. Berta sentiuse incapaz de dominala e freala. De súpeto, un raparigo campesiño saltou ao camiño desde un campo e agarrou fortemente o freo da egua e, grazas ao seu esforzo, conseguiu detela. Esta demostración de valentía e heroicidade, fixo que a doncela se namorase del. O mozo, pola súa banda, viu naquela dama a aparición dunha belísima ‘fada’ que o deixou cativado. 1º Parte 9. Heroe ou heroína Lemos A lenda da Cova da Serpe e despois, coa axuda de monicreques, representarémola cambiando os estereotipos de xénero
  • 32. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 32 A mbos mozos volveron verse e sentados á sombra dos carballos, conversaban, namorados e felices, sen que fose ningún problema a súa diferente posición social, un campesiño e outra dama. Mais o señor de San Paio, pronto tivo noticias de tales amores da súa filla co mozo labrador, que era o seu vasalo. Ameazou entón á súa filla cun severísimo castigo, no caso de que non acabase coa aquela amizade: unha verdadeira afronta para el e a súa nobreza de sangue. Deseguido, Berta tan namorada e chea de arroxo, contou ao labrego esta grave ameaza. Ambos (dama e campesiño), no medio de saloucos e bicos, decidiron fuxir monte arriba á procura dun refuxio noutras paraxes. Ao decatarse de que a súa filla desaparecera, o señor ‘das Seixas’ deu ordes de que rapidamente partisen algúns escudeiros, así como homes de armas da torre-fortaleza, co fin de perseguir aos fuxitivos e dar morte ao mozo galán e retornar ao castelo a súa filla Berta. 9. Heroe ou heroína Lemos A lenda da Cova da Serpe e despois, coa axuda de monicreques, representarémola cambiando os estereotipos de xénero 2º Parte
  • 33. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 33 A o oír o galopar dos cabalos, os namorados ocultáronse nunha cova que naquel monte descubriron. Quedaron petrificados de espanto ao acharse diante dunha gran serpe que erguía a súa desafiante cabeza cara a eles. O raparigo, sacando un puñal, interpúxose e tentou cortarlle a cabeza ao animal, que logrou esquivar o ataque. Con lixeireza enrolouse ao redor do mozo ata o punto de deixalo privado de todo movemento e posible acción. Mozo e serpe loitaron con ferocidade. O mozo golpeou a súa cabeza, pero as mordeduras e a presión do réptil acabaron coa súa vida. A moza, asustada, chorou e berrou. Acudiron as xentes de don Lopo que devolveron a moza á fortaleza. A enorme serpe comezou a ser vista fóra da cova e dedicouse a causar danos no gando. A miúdo baixaba a beber a unha fonte que se coñece como pozo da Serpe. Parece que conseguiron librarse dela poñéndolle como cebo un asno morto, recheo de alcatrán que o animal devorou coa súa afeita voracidade, envelenándose. 9. Heroe ou heroína Lemos A lenda da Cova da Serpe e despois, coa axuda de monicreques, representarémola cambiando os estereotipos de xénero 3º Parte
  • 34. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 34 9. Heroe ou heroína Podes recortar os debuxos desta páxina e pegalos en paus de xeado para facer os monicreques!
  • 35. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 35 10 Quenéquennorueiro. Rúasconnomedemuller Presencial e online 1. Pregunta, investiga sobre rúas onde vives que leven nomes de mulleres. Por exemplo en Lugo temos rúas dedicadas á pintora Julia Minguillón, á avogada Concepción Arenal ou a traballadoras como Leiteiras ou Costureiras. 2. Coñeces o que fixeron estas mulleres e por que son importantes? 3. Pensa en nomes novos para poñerlles a outras rúas. Cal che gustaría e por que? 4. Crea un mapa con eses nomes e mándonolo.
  • 36. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 36 11 Online Imos coñecer as mulleres que legaron o seu patrimonio para a mellora cultural do país. Mulleresbenfeitoras, ronseldefuturo Manuela Goñi María Paz de Taboada de Andrés e Zúñiga Manuela emigrou á Arxentina xunto co seu marido e traballando e aforrando fixeron alí unha fortuna. Pero lembrábanse continuamente da súa terra e decidiron enviar cartos para crear unha escola. A verdade é que foi unha suma importante de diñeiro para a época. Grazas a iso, levantouse esta escola e os nenos e nenas de San Cibrao e dos arredores puideron estudar e aprender moitas cousas. Hoxe xa son avós e avoas e recordan a escola con moito cariño. Din tamén que todo o que lles aprenderon foilles de moita utilidade de maiores. Agora esta escola é o noso Museo Provincial do Mar. Se o desde o teu ordenador preme sobre este enlace https://my.matterport.com/show/?m=vYvPNxrXBDqamp;brand=0 Que sorte temos en Lugo! María Paz era a propietaria do Pazo de Tor, unha casa moi grande, como un palacio, que tiña moitos anos de historia. Fíxate, máis de 400. Era unha familia importante, non só de Monforte onde está esta casa, senón de toda Galicia. Gustáballe ler libros e a Arte e decidiu doar o pazo á Deputación de Lugo. Isto significa que nos regalou a súa casa para que poidamos entrar nela e ver todas as cousas bonitas cheas de historia que se gardan nela. Ademais, a primeira guía do Pazo xa como museo foi Angelita, unha muller que traballou alí desde que tiña 9 anos. Ela sabíao todo, por exemplo, quen eran esas persoas que saían nos cadros, por onde saen e entran os gatos na casa, ou cando se comprou esa cama tan antiga que parece de raíñas. Se queres visitar o Pazo de Tor desde o teu ordenador preme sobre este enlace https://my.matterport.com/show/?m=w4LGS96pqeramp;brand=0
  • 37. Programa escolar sobre Igualdade de Xénero - Rede Museística Provincial de Lugo 37 Datos de contacto: Rede Museística Provincial de Lugo https://comunidadermpl.es/ Correo electrónico: comunidadermpl@gmail.com REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO