SlideShare a Scribd company logo
1 of 11
Download to read offline
Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 1
REDE MUSEÍSTICA
PROVINCIAL DE LUGO
Travesíapolahistoria
atravésde4museos
Unidade Didáctica
Rede Museística Provincial de Lugo
Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 2
Presentamos esta unidade
didáctica dirixida ao alumnado
e profesorado, pero tamén
para desfrutar na casa.
Ingredientes: rapazada
e imaxinación!
Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 3
1. Descrición
No ano 1679, Marie Catherine le Jumel, coñecida
coma condesa D’Aulnoy, atravesou os Pirineos camiño
da península. O primeiro que fixo foi cambiar o seu
medio de transporte. Escolleu o máis apropiado para
unha orografía e un sistema de estradas, digámoslle,
complicadas: unha liteira de mulos, unha sorte de
todoterreo de luxo de tracción animal. A madame
percorreu o país e, excelente contista, deixou
escrito un diario da súa travesía, un documento
trufado de anécdotas, impresións e, vaites, tamén
imprecisións, que segue a ser de lectura impagábel.
Con esta unidade pretendemos que nenos e nenas
viaxen cara atrás no tempo, coma fixo a condesa,
e percorran a provincia de Lugo partindo dos catro
museos da Rede Museística Provincial: o Museo
Provincial de Lugo, Museo Fortaleza de San Paio de
Narla, Museo Pazo de Tor e Museo Provincial do Mar.
En cada un dos nosos/vosos museos, hai diversos
medios de transporte que nos levan a un pasado de
camiños accidentados. Darémoslle ao alumno/alumna
dúas opcións para escoller e un obxectivo, unha meta
de chegada: ao longo do seu itinerario pola provincia,
poderán tomar como punto de partida calquera dos
tres primeiros museos que mencionamos, pero terán
que chegar a San Cibrao, ao museo provincial do Mar.
No Museo Provincial de Lugo poderán ambientar
o traxecto cara o seguinte museo no século XIX,
acomodados nunha locomotora a vapor que
conservamos, figurada, nun precioso reloxo da Sala
Romántica! Ou, se o que prefiren é voar durante os
séculos máxicos da Idade Media, poderán coller un
dragonciño tallado nun dos capiteis do claustro!
No Museo Fortaleza de San Paio de Narla atoparán
dúas ou, mellor dito, tres opcións: poderán ir a cabalo
pola provincia, a lombos do século XVI. Hai alí selas de
montar de cabaleiro e tamén xamúas, ou sexa, selas
de dona para ir de lado. Se escollen a segunda opción
deberán contratar á un palafreneiro que guíe o animal,
tal e coma veredes nun dos cadros do Pazo de Tor!
Na Fortaleza consérvase tamén unha cadeira de mans moi
elegante para un só ocupante. O neno ou a nena serán
neste caso os pasaxeiros refinados da nobreza do século
XVIII, pero precisarán dous criados ben alimentados!
No Museo Pazo de Tor andamos sobrados de carruaxes.
Como xa estamos a piques de chegar ao ano 1900,
que poñan a chistera e empuñen o bastón, porque é
a etiqueta máis axeitada para ir de paseo co milord!
Pero si o que queren é viaxar no século XVII coma fixo a
condesa, que collan a liteira de mulos, pois temos unha!!
Museo Provincial do Mar: é a meta de chegada pero
nin moito menos o final da travesía. As aventuras
continúan agora polo mar inmediato ou polo
océano lonxano. Se queren dar un paseo polo litoral,
mellor coller o traiñón, non? Para unha viaxe máis
prolongada recomendamos un bergantín…
Os rapaces e rapazas disporán dun taboleiro co mapa
da provincia e os catro museos debuxados coas
correspondentes ilustracións dos medios de transporte.
Cada ilustración irá acompañada dunha descrición
concisa das súas características básicas. Trátase de seguir
a premisa, os pasos da condesa, así que os alumnos
entrarán en cada museo (pódeno facer presencialmente
cando se poida ou virtualmente) e deixarán por escrito
nos seus diarios as súas impresións persoais do que
teñen visto, sentido… Ao chegar ao Museo Provincial do
Mar cambiarán o diario por un caderno de bitácora: toca
imaxinar esa viaxe polo mar que van facer e relatalo!
Onde quererán ir? Ao mar Báltico? Ás Antillas?
Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 4
2. Obxectivos
ESPECÍFICOS
◆
◆ Coñecer a ubicación e os museos da Rede Museística
Provincial de Lugo. De xeito natural, adquirirán
nocións xeográficas e patrimoniais de toda a
provincia. Coñecerán na súa travesía os contidos
e espazos de catro museos tan diferentes.
◆
◆ As opcións de transporte son de antano. Os
nenos e nenas familiarizaranse cun xeito de viaxar
ben diferente aos coches, barcos e avións de
hoxe. As viaxes, máis parsimoniosas, daban pé á
creación dun diario máis ou menos literario.
◆
◆ Cada medio de transporte escollido implicaba tamén
un abano de sensacións hoxe descoñecido: os sons do
trote dos cabalos, o vento que azouta as velas do barco…
◆
◆ O alumno/alumna ampliará o seu
vocabulario, que exercitará ao trasladalo
ao seu diario e caderno de bitácora.
◆
◆ Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (para traballar
na aula): que medios dos empregados contaminan
máis? Que implicaba ter cabalos ou precisar criados
para viaxar na cadeira de mans? Cal era o medio de
transporte para unha persoa cega ou para unha persoa
con discapacidade?  Maltrato animal dos mulos?
XERAIS
◆
◆ Aumentar a motivación do alumnado a
partir da súa curiosidade innata
◆
◆ Potenciar a creatividade e a capacidade
de soñar a través da escrita.
◆
◆ Fomentar unha aprendizaxe más
significativa baseada na práctica.
3. Mecánica e temporlización
Dado que as visitas presenciais aos museos polo
momento non son posíbeis e, ademais, resultaría
complexo facelo en calquera caso, a unidade poderá
desenvolverse a través da páxina
https://comunidadermpl.es/ onde temos visitas
inmersivas dos catro museos. Co taboleiro dediante,
os alumnos e alumnas poderán acceder aos museos,
visitalos e buscar os medios de transporte que
ofrecemos e que aparecen descritos e ilustrados
no taboleiro. Nos seus cadernos, escribirán as súas
impresións, opinión, sensacións…., en definitiva, o seu
diario de viaxe de camiño ao seguinte museo. Poden
ser catro sesión ou cantas queira o rapaz ou a rapaza!
4. Idades
Recomendable para nenos e nenas entre 6
e 12 anos, pero tamén para adultos…
Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 5
Diariodunhaviaxe
porLugoadiante
No ano 1679 Marie Catherine le Jumel,
a condesa D’Aulnoy, atravesou os
Pirineos camiño da península. Escolleu
o transporte máis apropiado para ese
camiño tan complicado: unha liteira
de mulos. A madame percorreu o país
e deixou escrito un diario da travesía
cas súas anécdotas e impresións.
Agora tócache a ti escribir un diario
contando como sería a túa viaxe a
través da provincia de Lugo pasando
polos 4 museos da Rede museística.
Escolle os medios de transporte que
queres utilizar entre os que ofrece a
colección de cada un dos museos.
Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 6
Neste mapa
da Provincia de Lugo
podes ver onde se atopa
cada un dos museos
da Rede Museística e
decidir a ruta pola que
queres ir na túa viaxe!
Recorda que a túa meta
é o Museo Provincial
do Mar, pero non é o
final da travesía! Podes
continuar a túa aventura
explorando os mares!
Diario dunha viaxe por Lugo adiante
Fortaleza
de
San
Paio
de
Narla
Museo
Provincial
do
Mar
Museo
Provincial
de
Lugo
Pazo
de
Tor
MAR
CANTÁBRICO
R
I
O
M
I
Ñ
O
N
O
S
L
Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 7
Diario dunha viaxe por Lugo adiante
Fortaleza de San Paio de Narla
Xamúa
Sela de montar con abrazadeiras e escaleira colgante.
Colocábase sobre o lombo do cabalo ou do burro. Polo xeral,
foi moi empregada por mulleres, pois non estaba ben visto
que montaran a cabalo como facían os homes, pero tamén
era unha sela moi apropiada para xente maior, para persoas
cegas ou persoas con algunha incapacidade. Ían sentadas de
lado e un criado, o chamado palafreneiro, guiaba o animal.
ou
Cadeira de Mans
O medio de transporte por excelencia para moverse pola cidade se
tiñas o privilexio de ser dunha boa familia, claro! Resulta que ss rúas
eran máis estreitas que as de hoxe e por moitas delas non pasaban
os carros, e moito menos unha carruaxe! Consistía nunha cabina
de madeira con teito dese material ou mesmo de coiro, cun asento
cómodo no interior, e luxosamente decorada no exterior: había que
impresionar á veciñanza! Dous criados levaban a pulso a cadeira
collendo eses varais tan longos que ten por diante e por detrás.
Podes atopar distintos
tipos de selas de montar e
xamúas, así como a cadeira
de mans, na corte das
cabalarías da fortaleza!
https:/
/my.matterport.com/show/?m=tY1c577bXD5
Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 8
Diario dunha viaxe por Lugo adiante
Locomotora
Os camiños de ferro tardaron bastante en chegar a Lugo…
As primeiras locomotoras son de principios do século XIX, cara
o ano 1804, e Lugo non tivo estación ata 1875! A que colledes
é unha daquelas locomotoras que funcionaban coa forza
do vapor que producía o carbón que se lle botaba, case sen
cesar, á caldeira! Non sei se o sabedes, pero o carbón hoxe é
unha materia prima moi mal vista polo que contamina!
Dragón
Non estamos certos: pode que non existiran estas serpes voadoras,
ou pode que si. Hai moitos moitos séculos (xa sabedes, un
século son cen anos), na IDADE MEDIA, os canteiros decoraban
os capiteis (esa peza que remata a columna e que sostén o
arranque do arco chámase así) con figuras de animais reais
pero tamén fantásticos. No Museo Provincial de Lugo, no seu
claustro, temos unha boa colección de capiteis. Nun deles hai
dragóns esculpidos que poderás montar se pronuncias o seguinte:
"Dragonciño, sae de aí, que quero montar e saír voando de aquí!"
Busca a locomotora na sala
romántica o a este dragonciño
de pedra que se esconde
no Claustro do museo!
Museo Provincial de Lugo
https:/
/my.matterport.com/show/?m=BVJeVYyVvJi&brand=0
ou
Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 9
Diario dunha viaxe por Lugo adiante
Milord
Dependendo da distancia que había que percorrer e o
nivel social dos ocupantes, había carruaxes e carruaxes. O
Milord viña ser coma un deses coches descapotables de
hoxe. Levaba un só cabalo e servía para que as persoas
acomodadas, con moitos apelidos, saíran de paseo pola vila.
Ían moi elegantes e naquela época tiñan que demostrar
que vivían moi moi moi ben. Se colledes o milord pensade
que precisades un cocheiro que guíe o cabalo.
Liteira de Mulos
Na liteira de mulos hai espazo para dous ocupantes. A
diferenza da cadeira de mans, a liteira vai tirada por mulos.
Foi un medio de transporte moi apropiado para xeografías
accidentadas. Por exemplo, se ides ao Caurel, recomendamos
unha destas liteiras. Como se guiaba? Un mozo, o litereiro, ía
a pé guiando a mula dianteira. Vós iríades cómodamente no
interior. Tomade nota de todo o que vexades pola fiestra!!
Tes moitos carruaxes para
escoller na corte dos cabalos
do pazo! A liteira de mulos
atópase na sala de armas.
Pazo de Tor
https:/
/my.matterport.com/show/?m=w4LGS96pqer&brand=0
ou
Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 10
Diario dunha viaxe por Lugo adiante
Bergantín
Traiñon
Xa chegastes ao voso destino.
Deixade o diario a bon recaudo e
facédevos cun caderno de bitácora:
é o libro que se usa nos barcos
para rexistrar nel todo aquilo que
acontece a bordo! Podedes coller o
TRAIÑÓN que temos no museo: era
unha embarcación pesqueira, para
pouca tripulación, de vela e remo
(teredes que bogar forte!) moi usada
no século XIX e ata o século XX. Ou,
se sodes de viaxes longas e vos gusta
sulcar os oceános, ofrecémosvos un
BERGANTÍN, o barco por excelencia
do século XIX. Moi veloz debido aos
seus dous mastros e as súas velas.
Non olvidedes coller o temón!!
Museo Provincial do Mar
https:/
/my.matterport.com/show/?m=vYvPNxrXBDq&brand=0
Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 11
Datos de contacto:
Rede Museística Provincial de Lugo
https://comunidadermpl.es/
Correo electrónico:
comunidadermpl@gmail.com
REDE MUSEÍSTICA
PROVINCIAL DE LUGO

More Related Content

Similar to TRAVESÍA POLA HISTORIA DOS CATRO MUSEOS DA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO

xenero_familias_7abr.pdf
xenero_familias_7abr.pdfxenero_familias_7abr.pdf
xenero_familias_7abr.pdfEncarna Lago
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Encarna Lago
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego rmplugo
 
Programa Dia Internacional Dos Museos 2009
Programa Dia Internacional Dos Museos 2009Programa Dia Internacional Dos Museos 2009
Programa Dia Internacional Dos Museos 2009Encarna Lago
 
Museo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor NadalMuseo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor NadalEncarna Lago
 
Planificación dragal 3º trimestre
Planificación dragal 3º trimestrePlanificación dragal 3º trimestre
Planificación dragal 3º trimestresatelite1
 
2130 programa actividades nadal 2013
2130 programa  actividades nadal 20132130 programa  actividades nadal 2013
2130 programa actividades nadal 2013rmplugo
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019rmplugo
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Encarna Lago
 
Por que hackear os museos ? Jose Urbano Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano  CuevasPor que hackear os museos ? Jose Urbano  Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano CuevasEncarna Lago
 
Viaxe a Tarraco e Sagunt
Viaxe a Tarraco e SaguntViaxe a Tarraco e Sagunt
Viaxe a Tarraco e SaguntSusana Losada
 
Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Marlou
 
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Encarna Lago
 
Maremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfMaremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfEncarna Lago
 
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...Encarna Lago
 
Petroglifos proyecto
Petroglifos proyectoPetroglifos proyecto
Petroglifos proyectoEva Garea
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Encarna Lago
 

Similar to TRAVESÍA POLA HISTORIA DOS CATRO MUSEOS DA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO (20)

xenero_familias_7abr.pdf
xenero_familias_7abr.pdfxenero_familias_7abr.pdf
xenero_familias_7abr.pdf
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego
 
Programa Dia Internacional Dos Museos 2009
Programa Dia Internacional Dos Museos 2009Programa Dia Internacional Dos Museos 2009
Programa Dia Internacional Dos Museos 2009
 
Museo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor NadalMuseo Pazo De Tor Nadal
Museo Pazo De Tor Nadal
 
Planificación dragal 3º trimestre
Planificación dragal 3º trimestrePlanificación dragal 3º trimestre
Planificación dragal 3º trimestre
 
2130 programa actividades nadal 2013
2130 programa  actividades nadal 20132130 programa  actividades nadal 2013
2130 programa actividades nadal 2013
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015
 
Por que hackear os museos ? Jose Urbano Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano  CuevasPor que hackear os museos ? Jose Urbano  Cuevas
Por que hackear os museos ? Jose Urbano Cuevas
 
Agasallagalego
AgasallagalegoAgasallagalego
Agasallagalego
 
Viaxe a Tarraco e Sagunt
Viaxe a Tarraco e SaguntViaxe a Tarraco e Sagunt
Viaxe a Tarraco e Sagunt
 
Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo Contos museo medo copia libro museo
Contos museo medo copia libro museo
 
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
Maremágnum de cultura correxido e modificado (1)
 
Maremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdfMaremágnum de cultura correxido pdf
Maremágnum de cultura correxido pdf
 
obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015 obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015
 
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
MUSEOS HISTORIAS CONTROVERTIDAS. DICIR O INDICIBLE EN MUSEOS. REDEMUSEÍSTICA ...
 
Petroglifos proyecto
Petroglifos proyectoPetroglifos proyecto
Petroglifos proyecto
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
 

More from Encarna Lago

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfEncarna Lago
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdfEncarna Lago
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfEncarna Lago
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncarna Lago
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfEncarna Lago
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónEncarna Lago
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdfEncarna Lago
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...Encarna Lago
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Encarna Lago
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Encarna Lago
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorEncarna Lago
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOEncarna Lago
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...Encarna Lago
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfEncarna Lago
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdfEncarna Lago
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdfEncarna Lago
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdfEncarna Lago
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdfEncarna Lago
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLEncarna Lago
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteEncarna Lago
 

More from Encarna Lago (20)

V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdfV4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
V4 Presentación Recetas (no para todos) Encarna.pdf
 
taller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdftaller Apropa Menorca.pdf
taller Apropa Menorca.pdf
 
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdfExperiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
Experiencias proxectos mulleres do rural (3).pdf
 
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdfEncontro Médio Tejo VF2.pdf
Encontro Médio Tejo VF2.pdf
 
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdfPROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
PROGRAMA COMPLETO XVI Congreso ASAEE (1).pdf
 
XII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integraciónXII Festival Artes pola integración
XII Festival Artes pola integración
 
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
20230503_INTERCOM_DOHA_PROGRAMME_FINAL_DEF_ONLY_WORD.pdf
 
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...VIII Congreso de Educación, Museos y  Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
VIII Congreso de Educación, Museos y Patrimonio: Compartir, incluir e integr...
 
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
Programa da RMPL no 2023: desigualdades ciclos de vida, xs maiores
 
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
Algunos momentos nas Redes Sociais da Rmpl en 2022
 
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de TorTraballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
Traballos de conservacion 2022 Pazo de Tor
 
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGOESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
ESTATISTICA DO ANO 2022 DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO
 
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA  INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
ACCIÓNS DA REDE MUSEISTICA PROVINCIAL PARA INCORPORAR A INTERSECCIONANIDADE ...
 
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdfPROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
PROGRAMA.I.XORNADASDAS.LUGO.DEFINITIVO.pdf
 
77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf77 Muller e cultura.pdf
77 Muller e cultura.pdf
 
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
20garciasoria.pdf Julia Minguillón.pdf
 
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
3439_L. Yáñez_ Julia habilidosa y creativa (El Progreso 13.06.2020).pdf
 
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
3521_Firmado 1.pdf Julia Minguillon.pdf
 
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPLDorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
Dorsales para traballar os ODS con obras da RMPL
 
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arteXornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
Xornada Julia Minguillón. Revisando a nosa arte
 

TRAVESÍA POLA HISTORIA DOS CATRO MUSEOS DA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO

  • 1. Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 1 REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO Travesíapolahistoria atravésde4museos Unidade Didáctica Rede Museística Provincial de Lugo
  • 2. Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 2 Presentamos esta unidade didáctica dirixida ao alumnado e profesorado, pero tamén para desfrutar na casa. Ingredientes: rapazada e imaxinación!
  • 3. Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 3 1. Descrición No ano 1679, Marie Catherine le Jumel, coñecida coma condesa D’Aulnoy, atravesou os Pirineos camiño da península. O primeiro que fixo foi cambiar o seu medio de transporte. Escolleu o máis apropiado para unha orografía e un sistema de estradas, digámoslle, complicadas: unha liteira de mulos, unha sorte de todoterreo de luxo de tracción animal. A madame percorreu o país e, excelente contista, deixou escrito un diario da súa travesía, un documento trufado de anécdotas, impresións e, vaites, tamén imprecisións, que segue a ser de lectura impagábel. Con esta unidade pretendemos que nenos e nenas viaxen cara atrás no tempo, coma fixo a condesa, e percorran a provincia de Lugo partindo dos catro museos da Rede Museística Provincial: o Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza de San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor e Museo Provincial do Mar. En cada un dos nosos/vosos museos, hai diversos medios de transporte que nos levan a un pasado de camiños accidentados. Darémoslle ao alumno/alumna dúas opcións para escoller e un obxectivo, unha meta de chegada: ao longo do seu itinerario pola provincia, poderán tomar como punto de partida calquera dos tres primeiros museos que mencionamos, pero terán que chegar a San Cibrao, ao museo provincial do Mar. No Museo Provincial de Lugo poderán ambientar o traxecto cara o seguinte museo no século XIX, acomodados nunha locomotora a vapor que conservamos, figurada, nun precioso reloxo da Sala Romántica! Ou, se o que prefiren é voar durante os séculos máxicos da Idade Media, poderán coller un dragonciño tallado nun dos capiteis do claustro! No Museo Fortaleza de San Paio de Narla atoparán dúas ou, mellor dito, tres opcións: poderán ir a cabalo pola provincia, a lombos do século XVI. Hai alí selas de montar de cabaleiro e tamén xamúas, ou sexa, selas de dona para ir de lado. Se escollen a segunda opción deberán contratar á un palafreneiro que guíe o animal, tal e coma veredes nun dos cadros do Pazo de Tor! Na Fortaleza consérvase tamén unha cadeira de mans moi elegante para un só ocupante. O neno ou a nena serán neste caso os pasaxeiros refinados da nobreza do século XVIII, pero precisarán dous criados ben alimentados! No Museo Pazo de Tor andamos sobrados de carruaxes. Como xa estamos a piques de chegar ao ano 1900, que poñan a chistera e empuñen o bastón, porque é a etiqueta máis axeitada para ir de paseo co milord! Pero si o que queren é viaxar no século XVII coma fixo a condesa, que collan a liteira de mulos, pois temos unha!! Museo Provincial do Mar: é a meta de chegada pero nin moito menos o final da travesía. As aventuras continúan agora polo mar inmediato ou polo océano lonxano. Se queren dar un paseo polo litoral, mellor coller o traiñón, non? Para unha viaxe máis prolongada recomendamos un bergantín… Os rapaces e rapazas disporán dun taboleiro co mapa da provincia e os catro museos debuxados coas correspondentes ilustracións dos medios de transporte. Cada ilustración irá acompañada dunha descrición concisa das súas características básicas. Trátase de seguir a premisa, os pasos da condesa, así que os alumnos entrarán en cada museo (pódeno facer presencialmente cando se poida ou virtualmente) e deixarán por escrito nos seus diarios as súas impresións persoais do que teñen visto, sentido… Ao chegar ao Museo Provincial do Mar cambiarán o diario por un caderno de bitácora: toca imaxinar esa viaxe polo mar que van facer e relatalo! Onde quererán ir? Ao mar Báltico? Ás Antillas?
  • 4. Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 4 2. Obxectivos ESPECÍFICOS ◆ ◆ Coñecer a ubicación e os museos da Rede Museística Provincial de Lugo. De xeito natural, adquirirán nocións xeográficas e patrimoniais de toda a provincia. Coñecerán na súa travesía os contidos e espazos de catro museos tan diferentes. ◆ ◆ As opcións de transporte son de antano. Os nenos e nenas familiarizaranse cun xeito de viaxar ben diferente aos coches, barcos e avións de hoxe. As viaxes, máis parsimoniosas, daban pé á creación dun diario máis ou menos literario. ◆ ◆ Cada medio de transporte escollido implicaba tamén un abano de sensacións hoxe descoñecido: os sons do trote dos cabalos, o vento que azouta as velas do barco… ◆ ◆ O alumno/alumna ampliará o seu vocabulario, que exercitará ao trasladalo ao seu diario e caderno de bitácora. ◆ ◆ Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (para traballar na aula): que medios dos empregados contaminan máis? Que implicaba ter cabalos ou precisar criados para viaxar na cadeira de mans? Cal era o medio de transporte para unha persoa cega ou para unha persoa con discapacidade?  Maltrato animal dos mulos? XERAIS ◆ ◆ Aumentar a motivación do alumnado a partir da súa curiosidade innata ◆ ◆ Potenciar a creatividade e a capacidade de soñar a través da escrita. ◆ ◆ Fomentar unha aprendizaxe más significativa baseada na práctica. 3. Mecánica e temporlización Dado que as visitas presenciais aos museos polo momento non son posíbeis e, ademais, resultaría complexo facelo en calquera caso, a unidade poderá desenvolverse a través da páxina https://comunidadermpl.es/ onde temos visitas inmersivas dos catro museos. Co taboleiro dediante, os alumnos e alumnas poderán acceder aos museos, visitalos e buscar os medios de transporte que ofrecemos e que aparecen descritos e ilustrados no taboleiro. Nos seus cadernos, escribirán as súas impresións, opinión, sensacións…., en definitiva, o seu diario de viaxe de camiño ao seguinte museo. Poden ser catro sesión ou cantas queira o rapaz ou a rapaza! 4. Idades Recomendable para nenos e nenas entre 6 e 12 anos, pero tamén para adultos…
  • 5. Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 5 Diariodunhaviaxe porLugoadiante No ano 1679 Marie Catherine le Jumel, a condesa D’Aulnoy, atravesou os Pirineos camiño da península. Escolleu o transporte máis apropiado para ese camiño tan complicado: unha liteira de mulos. A madame percorreu o país e deixou escrito un diario da travesía cas súas anécdotas e impresións. Agora tócache a ti escribir un diario contando como sería a túa viaxe a través da provincia de Lugo pasando polos 4 museos da Rede museística. Escolle os medios de transporte que queres utilizar entre os que ofrece a colección de cada un dos museos.
  • 6. Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 6 Neste mapa da Provincia de Lugo podes ver onde se atopa cada un dos museos da Rede Museística e decidir a ruta pola que queres ir na túa viaxe! Recorda que a túa meta é o Museo Provincial do Mar, pero non é o final da travesía! Podes continuar a túa aventura explorando os mares! Diario dunha viaxe por Lugo adiante Fortaleza de San Paio de Narla Museo Provincial do Mar Museo Provincial de Lugo Pazo de Tor MAR CANTÁBRICO R I O M I Ñ O N O S L
  • 7. Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 7 Diario dunha viaxe por Lugo adiante Fortaleza de San Paio de Narla Xamúa Sela de montar con abrazadeiras e escaleira colgante. Colocábase sobre o lombo do cabalo ou do burro. Polo xeral, foi moi empregada por mulleres, pois non estaba ben visto que montaran a cabalo como facían os homes, pero tamén era unha sela moi apropiada para xente maior, para persoas cegas ou persoas con algunha incapacidade. Ían sentadas de lado e un criado, o chamado palafreneiro, guiaba o animal. ou Cadeira de Mans O medio de transporte por excelencia para moverse pola cidade se tiñas o privilexio de ser dunha boa familia, claro! Resulta que ss rúas eran máis estreitas que as de hoxe e por moitas delas non pasaban os carros, e moito menos unha carruaxe! Consistía nunha cabina de madeira con teito dese material ou mesmo de coiro, cun asento cómodo no interior, e luxosamente decorada no exterior: había que impresionar á veciñanza! Dous criados levaban a pulso a cadeira collendo eses varais tan longos que ten por diante e por detrás. Podes atopar distintos tipos de selas de montar e xamúas, así como a cadeira de mans, na corte das cabalarías da fortaleza! https:/ /my.matterport.com/show/?m=tY1c577bXD5
  • 8. Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 8 Diario dunha viaxe por Lugo adiante Locomotora Os camiños de ferro tardaron bastante en chegar a Lugo… As primeiras locomotoras son de principios do século XIX, cara o ano 1804, e Lugo non tivo estación ata 1875! A que colledes é unha daquelas locomotoras que funcionaban coa forza do vapor que producía o carbón que se lle botaba, case sen cesar, á caldeira! Non sei se o sabedes, pero o carbón hoxe é unha materia prima moi mal vista polo que contamina! Dragón Non estamos certos: pode que non existiran estas serpes voadoras, ou pode que si. Hai moitos moitos séculos (xa sabedes, un século son cen anos), na IDADE MEDIA, os canteiros decoraban os capiteis (esa peza que remata a columna e que sostén o arranque do arco chámase así) con figuras de animais reais pero tamén fantásticos. No Museo Provincial de Lugo, no seu claustro, temos unha boa colección de capiteis. Nun deles hai dragóns esculpidos que poderás montar se pronuncias o seguinte: "Dragonciño, sae de aí, que quero montar e saír voando de aquí!" Busca a locomotora na sala romántica o a este dragonciño de pedra que se esconde no Claustro do museo! Museo Provincial de Lugo https:/ /my.matterport.com/show/?m=BVJeVYyVvJi&brand=0 ou
  • 9. Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 9 Diario dunha viaxe por Lugo adiante Milord Dependendo da distancia que había que percorrer e o nivel social dos ocupantes, había carruaxes e carruaxes. O Milord viña ser coma un deses coches descapotables de hoxe. Levaba un só cabalo e servía para que as persoas acomodadas, con moitos apelidos, saíran de paseo pola vila. Ían moi elegantes e naquela época tiñan que demostrar que vivían moi moi moi ben. Se colledes o milord pensade que precisades un cocheiro que guíe o cabalo. Liteira de Mulos Na liteira de mulos hai espazo para dous ocupantes. A diferenza da cadeira de mans, a liteira vai tirada por mulos. Foi un medio de transporte moi apropiado para xeografías accidentadas. Por exemplo, se ides ao Caurel, recomendamos unha destas liteiras. Como se guiaba? Un mozo, o litereiro, ía a pé guiando a mula dianteira. Vós iríades cómodamente no interior. Tomade nota de todo o que vexades pola fiestra!! Tes moitos carruaxes para escoller na corte dos cabalos do pazo! A liteira de mulos atópase na sala de armas. Pazo de Tor https:/ /my.matterport.com/show/?m=w4LGS96pqer&brand=0 ou
  • 10. Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 10 Diario dunha viaxe por Lugo adiante Bergantín Traiñon Xa chegastes ao voso destino. Deixade o diario a bon recaudo e facédevos cun caderno de bitácora: é o libro que se usa nos barcos para rexistrar nel todo aquilo que acontece a bordo! Podedes coller o TRAIÑÓN que temos no museo: era unha embarcación pesqueira, para pouca tripulación, de vela e remo (teredes que bogar forte!) moi usada no século XIX e ata o século XX. Ou, se sodes de viaxes longas e vos gusta sulcar os oceános, ofrecémosvos un BERGANTÍN, o barco por excelencia do século XIX. Moi veloz debido aos seus dous mastros e as súas velas. Non olvidedes coller o temón!! Museo Provincial do Mar https:/ /my.matterport.com/show/?m=vYvPNxrXBDq&brand=0
  • 11. Travesía pola historia a través de catro museos - Rede Museística Provincial de Lugo 11 Datos de contacto: Rede Museística Provincial de Lugo https://comunidadermpl.es/ Correo electrónico: comunidadermpl@gmail.com REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO