SlideShare a Scribd company logo
1 of 11
PROXECTO DE
TRABALLO. CURSO
2012-13
Os petroglifos de Ames
Aprender do entorno ensinando a amalo
Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte rupestre do Concello de Ames co
obxectivo de preparar unha exposición, unha guía de localización e toda a documentación
necesaria para dar a coñecer o patrimonio do noso entorno
ANTROPOLOXÍA NO BACHARELATO
http://www.antropoque.blogspot.com.es/
PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES
1
IES DE AMES. DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA E ANTROPOLOXÍA
ÁMBITO DE TRABALLO: HISTORIA, ARQUEOLOXÍA, ARTE
O proxecto pretende:
Levar a cabounha investigación sobre os elementos patrimoniais vinculados ao Arte Rupestre
Galaico no termo municipal de Ames. Esta investigación ten dous obxectivos: localizar aqueles
conxuntos aínda non catalogados pero dos que se ten noticia por diferentes vías,
fundamentalmente a obra de Ramón Sobrino e o traballo dos afeccioados e oriundos da zona.
Prepararunha exposición e todo o material vinculado a ela (posters, guías, materiais audio-
visuais, elaboración de maquetas 3D que permitan un mellor coñecemento dos petroglifos da
zona…). O obxectivo desta exposición será a súa presentación dentro do Centro Escolar e no
Concello De Ames.
A elaboración dunhapáxina web con todo o material teórico e práctico recollido para a súa
publicación na Rede.
Recuperar a figura do afeccioado como elemento clave na preservación do patrimonio.
Converter ao alumnado en axentes de patrimonialización, formandoos, tanto desde unha
perspectiva teórica coma práctica, e dando a coñecer no ámbito da comunidade municipal o
resultado do traballo teórico e práctico levado a cabo polo alumnado.
Ofrecer un servizo á comunidade, ao mesmo tempo que se familiariza ao alumnado cos
elementos claves da investigación teórica e documental, aplicando eses coñecementos no seu
entorno inmediato.
Realizar un traballo narrativoa partir da experiencia vital que xurde da actividade de
investigación e o traballo de campo. Este traballo plasmaráse nun documento narrativo e/ou
periodístico.
TEMPORALIZACIÓN:
Investigación documental e histórica: Setembro 2012-Outubro 2012
Investigación metodolóxica: Novembro 2012 (formación para a documentación gráfica
dos petroglifos, a toma de fotos e planos)
Traballo práctico: Decembro-Marzo 2013
Redacción e elaboración de documentos: Maio de 2013
Presentación da Exposición no Centro Educativo e no Concello de Ames Xuño de 2013
PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES
2
COLECTIVO IMPLICADO:
Dirección do traballo: Profesores Anxo Sampedro Millares e Eva Garea Traba.
Profesorado de Historia e Historia da Arte: Pilar Tobar
Profesorado de Educación Plástica e Visual: Renata Otero
Profesorado de Educación Física: Federico Bouza
Alumnado: alumnado da materia de antropoloxía (cursos 2011-12, 2012-13)
Concello de Ames: Concellería de Educación e Cultura: Alfonso Rei
Pais implicados:
Enrique Monteagudo Romero
Dolores Vilavedra Fernández
María José Fernández Gesto
José Manuel Teo Cosgaya
María Luisa Mato Montoto.
Convidados (que xa confirmaron a súa disponibilidade para a formación teórico-práctica)
Antonio Fernandez Iglesias. Experto en rutas de montaña, afecioado á arqueoloxía e bo
coñecedor da maioría dos petroglifos da zona.
Jorge Guitián, Licenciado en Historia del Arte por la Universidad de Santiago de
Compostela (1999). A súa tese doutoral versou sobr a Arte Rupestre no suroeste da
provincia da Coruña e é autor de varias publicaciones sobre o tema.
Nieves Herrero, Profesora titular de Filosofía e Antropoloxía social da USC. Coordenadora
do grupo de Investigación en Antropoloxía, cuxas liñas de investigación fundamentais
son: a antropoloxía simbólica, o patrimonio cultural e as actividades turísticas asociadas
a el.
PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES
3
XUSTIFICACIÓN DO TRABALLO.
Por qué os petroglifos?
Partimos dun feito clave na vida do Centro, a construcción do seu logotipo. Como queira que
ese logotipo construiuse sobre o debuxo dun dos petroglifos catalogados no municipio de Ames
“A Nave de Mourigade”, xurden entre o alumnado moitas preguntas en relación co valor,
situación e importancia deste tipo de restos arqueolóxicos.
Por outra banda os petroglifos teñen unha fonda resoancia mítica a un pasado común que nos
enlaza coa historia europea, tal é como poñen de manifesto os restos de arte rupestre cunha
simboloxía común. O valor destes xacementos foi posto de manifesto coa resolución que ven de
aprobar o Consello de Europa para a catalogación dos Camiños de Arte Rupestre Prehistórica
(CARP), unha asociación internacional de carácter transnacional que ten por obxectivo a
promoción e divulgación de centros de arte rupestre en Europa, como Itinerario Cultural
Europeo.
Por qué no Concello de Ames?
O Concello de Ames ten como particularidade fundamental unha composición da poboación
moi ecléctica e provinte de diferentes lugares de Galicia e España. Pola súa cercanía a Santiago
de Compostela o crecemento da pobación foi en aumento nos derradeiros anos sen que isto
levara aparellado a conformación dunha identidade cultural común.
Poñer en valor o patrimonio cultural común, coñecer e recoñecer a importancia do entorno
arqueolóxico e toponímico permite xestar a identidade da comunidade a través do
coñecemento do pasado do seu entorno e, este coñecemento axudará na súa conservación e
transmisión.
Por outra parte esa orixe diversa da poboación fai que o coñecemento da toponimia sexa
pouco frecuente e, ante o despoboamento do medio rural, estea en risco de perderse. Iso terá
como consecuencia, non só unha palautina perda de coñecemento histórico, senón tamén
dificultará, cada vez máis, a localización de diferentes xacementos ou restos dos que se teñen
noticias a raíz de diferentes estudios e nos que estes se nomean coa toponimia tradicional,
hoxe case en desuso.
Por iso se fai necesario recoller de novo esa información situando a través da información oral
os diferentes elementos tradicionais, vinculando a súa situación topográfica coa toponímia
tradicional e actual que lles corresponde.
ESTADO DA CUESTIÓN
Respecto ao coñecemento dos diferentes xacementos
Na actualidade estánse a producir diferentes actuacións de catalogación de este tipo de
xacementos polas diferentes institucións do Estado e tamén a través de Organismos
PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES
4
dependentes do Consello de Europa, sen embargo a actuación no Concello de Ames redúcese
só á catalogación dos petroglifos máis accesibles.
Na investigación previa de documentación poidemos constatar a existenciade cando menos os
seguintes xacementos na contorno do municipio: Liñaredo, Oca e A Pedra Estivada (Ames); O
Vilar (Bertamiráns); Pena da Mina (As Buceleiras-Bugallido); A Nave (Mourigade-Bugallido);
Castelo, Laxe do Monte de Pedras, A Laxe Negra e Outeiro de Pedrouzos (Covas); Monte Grande
(Piñeiro); Castrigo (Castrigo-Ortoño). Os Batáns; Monte Pumariño.
Sen embargo, a través do sistema de información do Concello de Ames só están accesibles
fotos e información de tres deles (A Nave, A Pedra Estivada e os Batans). Tamén é posible
atopar a través de diferentes blogues de traballo afeccioada e profesional algunhas referencias
fotográficas aos petroglifos de Monte Pumariño ou a Laxe Negra. Dos outros non atopamos
información fiable nin facilmente accesible.
É chamativa a especial situación do xacemento de Oca, que pese a ser descrito de forma
exahustiva na obra do arqueologo afeccioado Ramón Sobrino, non ten sido aínda referenciado
en forma oficial polo Concello, nin é accesible na actualidade.
Respecto á localización dos xacementos e a toponimia dos lugares de referencia
Faise necesario establecer con precisión a denominación dos enclaves en que se sitúan os
petroglifos a fin de unificar a información que, sobre eles, aparece na Internet. En moitos casos
xacementos que aparecen coa mesma referencia fotográfica se denominan con topónimos
diferentes.
Tamén sería relevante recoller a orixe de tales denominacións e establecer a súa situación
exacta así como poder precisar os camiños de acceso. En só dous destes xacementos ese
acceso é hoxe posible (Os Batáns e a Nave) por estar catalogados por Patrimonio.
É importante referenciar tamén o estado actual deste tipo de xacementos que, en moitos casos,
é obxecto de actos de vandalismo que destrúen e deterioran os petroglifos.
OBXECTIVOS:
Elaboración dunha guía temática sobre o Arte Rupestre en Galicia: significado, relacións
coa identidade europea e galega, simbolismo e significado
Elaboracion dunha pequena guía turística sobre a localización e principais
características dos principais petroglifos do Concello de Ames (Explicacións, Fotografías,
Esquemas e Rutas de acceso)
Elaboración de Posters sobre cada un dos petroglifos estudiados (fotografías,
características, denominación, esquema, significado….)
Elaboración de maquetas 3D (tamaño realista) para a representación en exposición dos
principais petroglifos de Ames.
PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES
5
Elaboración dun catálogo de denominacións toponímicas a través da recollida de
testemuñas orais e referencias escritas.
METODOLOXÍA:
A metodoloxía a empregar usará fundamentalmente tres estratexias básicas:a teória do
aprendizaxe servizo, un aula virtual como espazo de colaboración e aprendizaxe, e o traballo de
campo como ferramenta fundamental de obtención de datos.
O aprendizaxe servizo1:
A nosa proposta integrase metodoloxicamente na idea dunha educación experiencial,
máis coñecida como aprendizaxe-servicio. Nesta metodoloxía téntase integrar a
prendizaxe teórica co servicio comunitario como vía para enriquece-la experiencia
educativa, ensinar valores cívicos, animar a implicación social e fortalecer o ben común
da comunidade.
A Antropoloxía é unha materia especialmente indicada para implantar esta
metodoloxía. O seu campo teórico, a lo menos no Bacharelato, abrangue multitude de
aspectos, tanto materiais como inmateriais, da realidade social circundante. O traballo
educativo desta materia, non é só de carácter teórico, senón que debe ser
fundamentalmente de vinculación co entorno próximo.
A metodoloxía do Aprendizaxe servicio implica:
Conexións curriculares: O traballo debe estar fundamentado sobre nexos
académicos claros. O traballo que leve a cabo o alumnado debe estar construido
sobre habilidades existentes na disciplina.
Neste sentido é funamental resaltar que a proposta de traballo da materia de
Antropoloxía sustentase fundamentalmente na actividade investigadora “de
campo” e esta debe realizarse nun entorno próximo. A nosa proposta consiste en
recoller nunha mesma investigación un traballo de campo sobre patrimonio
material (os petroglifos) e sobre patrimonio inmaterial (a toponimia e a tradición
oral).
Reflexión: A actividade debe crear unha estrutura que permita pensar, conversar
e escribir e se sosteña sobre un equilibrio entre reflexión e acción que permita ao
alumnado tomar conciencia do impacto da súa labor.
De novo nos atopamos con que o traballo proposto cumple con este requisito ao
reunir unha actividade teórica cunha alta implicación do alumnado na
investigación sobre o terreo. Ambas actividades conducen a unha proposta de
exposición que permitirá visualizar os resultados e ofertalos á comunidade,
conseguindo un cambio de actitude no entorno cara o patrimonio histórico.
1 Seguiremos para esta fundamentación metodolóxica o estudio VV.AA. "Aprendizaje servicio (ApS):
educación y compromiso cívico". GRAO, 2009. Para ampliar información pódese consultar a web da
principal impulsora do aprendizaxe servizo en España Roser Batllehttp://roserbatlle.net/aprendizaje-
servicio/dudas-frecuentes/que-mania-con-el-curriculum/
PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES
6
Alianza coa comunidade: que permitirá identificar necesidades reais e
proporcionar unha guía e medios para o éxito do proxecto.
Ao respecto da comunidade debemos dicir que o noso proxecto parte das
conversas cos servizos municipais do Concello e da necesidade que este ten de
que a poboación se vincule na conservación do Patrimonio. O alumnado do
grupo de Antropoloxía quixo comezar esta colaboración co Concello tentando
avanzar nalgúns aspectos esquecidos da Arte Rural e achegar, co seu traballo,
algúns avances no coñecemento deste Patrimonio. A colaboración estableceuse
a través da Concellería de Educación Cultura e Patrimonio.
Participación do alumnado: O alumnado debe estar activamente implicado no
propio proxecto, pero ademáis debe ter a oportunidade de seleccionar, deseñar ,
por en práctica e avaliar a súa actividade.
Deberemos resaltar que a proposta de traballo xurde, en todo momento, do gruo
de estudiantes que comezan este traballo no contexto dunha actividade
Comenius. O alumnado percibe a importancia de buscar un nexo cultural co
alumnado europeo ao que se vai visitar. A partir desta idea inicial xurde a
necesidade de coñecer máis sobre o seu entorno e comeza o interese por un
verdadeiro proxecto de investigación-servizo.
Responsabilidad cívica: Este tipo de traballos debe contribuír a desenvolver a
responsabilidade cívica dos participantes.
O noso grupo de traballo ten a intención de ir un paso máis aló nesta intención e
converter ao alumnado implicado en verdadeiros axentes de patrimonialización
que consegan, coa súa labor transmitir á sociedade a importancia de preservar o
patrimonio, ao mesmo tempo que se convirten en custodios e preservadores do
seu valor.
A aula virtual2:
A plataforma Moodle nos permitirá implementar un entorno flexible un entorno
educativo flexible, intuitivo e amigable para adquisición das ferramentas de traballo
intelectual, a através da realización de tarefas vinculadas ao traballo que permitirán
aprender facendo. Nos permitirá tamén ter un entorno amigablee privado, onde o
alumnado poida compartir experiencias e achegar as súas propostas a través de
diferentes ferramentas comunicación. Tamén permitirá ter un lugar onde se poida obter
información dixitalizada, que non é accesible a través de medios escritos. O alumnado
pode obter unha retroalimentación directa sobre a súa aprendizaxe e a súa implicación
co traballo.
Esta aula virtual incluirá:
2 Seguiremos as teses de David Kolb (La Filosofía en el Laberinto. 1984 en Landow. Hipertexto. Edit
Paidós), que aborda as teses dunha educación experiencial con apoio tecnolóxico. Para saber más
podese obter información xeral sobre metodoloxía usando as Tics na web de Enxergo.
http://personales.ya.com/enxergo/ntics2/gu%EDa.htm
PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES
7
Un directorio coa documentación teórica necesaria para a realización do
traballo, no que se irán introducindo os textos necesarios e as ligazóns onde se
poda atopar información, análises e estudios relevantes sobre o tema.
Un módulo de capacitación no traballo investigador que capacitará ao alumnado
para traballar coas metodoloxías de investigación a través da realización das
diferentes tarefas necesarias para a realización do traballo.
Unha webquest que permitirá ao alumnado conseguir e traballar coa
documentación teórica preexistente sobre o tema.
Un blogue que se utilizará como diario de campo xeral do grupo, e onde se
reflectirá, día a día o quefacer práctico do alumnado.
Un cuestionario para investigadores para valorar e analizar o proceso de
recollida dedatos sobre o estado, resultados e dificultades da investigación.
Unha wiki para xestionar o traballo colaborativo e escribir o documento final da
investigación do proxecto.
O traballo de Campo3
Consistirá en buscar, atopar e rexistrar os xacementos da zona a investigar para o que
usaremos:
Mapas antigos da zona e mapas de afeccioados4(unha vez solicitados os pertinentes
dereitos de autor).
Localización sobre mapas topográficos dos xacementos situándoos mediante latitude e
lonxitude, mediante sistema de coordenadas GPS
Entrevistas aos residentes na zona sobre a toponímia tradicional dos diferentes lugares
e ubicación nos mapas.
Diario de Campo. Como elemento fundamental da investigación práctica e como fonte
primaria da investigación.
3 Heather Burke, Claire Smith. Manual de Campo del Antropólogo. Edit. Ariel
4 http://aconcagua25000.blogspot.com/2009/04/blog-post.html
PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES
8
FASES DO TRABALLO
1ª Fase: Traballo de documentación teórica: traballo coas fontes, recollida de datos, debuxos, e
aprendizaxe da metodoloxía de traballo arqueolóxica…
Para levar a cabo este primeiro achegamento utilizaráse a aula virtual na que se
implementarán diferentes modulos de aprendizaxe que se realizarán co alumnado na primeira
fase do proxecto:
Un módulo de iniciación á actividade investigadora: que abarcará a aprendizaxe
daquelas ferramentas básicas para levar a cabo unha investigación en ciencias
sociais e humanas, así como para a redacción e elaboración do documento final.
Unha webquest na rede que permita recabar a información teórica fundamental
para o achegamento ao tema.
A preparación dunha visita ao conxuntos arqueolóxicos de Arte Rupestre dispoñibles
(Campo Lameiro, Mogor, Baroña…)
Pódese ver a articulación destes traballos na aula virtual do IES de Ames:
http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=44
2ª Fase: Traballo práctico: recollida de fotografías e esquemas “in situ”
Para levar a cabo este traballo:
Se capacitará ao alumnado para realizar un “diario de campo” tanto na súa versión
tradicional coma dixital (en forma de blogue que se abrirá para esta labor). Poderáse
acceder ao blogue desde a aula virtual da materia.
http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=44
Se realizarán as visitas guiadas necesarias ata a ubicación dos petroglifos (tanto os
catalogados coma aqueles que son menos coñecidos)
3ª Fase: Construcción de materiais:
Cada grupode traballo se encargará da fabricación e posta en escena dun conxunto
arqueolóxico para a elaboración da exposición e levará a cabo:
Unha presentación prezi ou ppt ( que incluirá, fotografías, videos de percorrido,
entrevistas….) para a presentación dixital dos resultados obtidos.
Un Poster explicativo do elemento correspondente (5 en total)
Unha representación en forexpan de conxunto arqueolóxico correspondente
(Para esta labor usaremos o método, usado por moitos escultores, que fan os
seus bocetos previos unindo varias planchas de forexpan ata formar un bloque
macizo que se pode modelar e recortar mediante pistola de calor)
PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES
9
En Colaboración se elaborará a Guía didáctica e turística para a visita aos
diferentes xacementos que se porá a disposición da Comunidade.
Elaboración dunha páxina web que recolla as achegas da exposición e as
conclusións do traballo.
ORZAMENTO
Conferencias (emolumentos + gastos de deprazamento)………………………………. 1000€
Desprazamentos………………………….…………………………………………………………………..1000€
Materiais…………………………………………………………………………………………………………. 500€
Impresións Posters…………………………………………………………………………………………….700€
Bibliografía…………………………………………………………………………………………………………300€
Reprografía………………………………………………………………………………………………………..500€
Material fotográfico e audiovisual ……………………………………………………………….…1500€
Material informático e programas………………………………………………………………… 1500€
BIBLIOGRAFÍA
Heather Burke, Claire Smith. Manual de Campo del Antropólogo. Edit. Ariel
Costas Goberna, F. J., J. Hidalgo Cuñarro e Peña Santos, Antonio de la(1999), Arte rupestre no
sur da Ría de Vigo, Vigo. Instituto de EstudiosVigueses.
Peña Santos, A. de la (1999), Os petroglifos galegos, A NOSA TERRA.
Peña Santos, A. de la e Vázquez Varela, J. M. (1996), Los petroglifosgallegos. Grabados
rupestres prehistóricos al aire libre en Galicia, Sada.Ediciós do Castro.. (3ª edición)
García Alén, Alfredo e Peña Santos, A. de la]] (1981), Grabados rupestresde la provincia de
Pontevedra, Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Guitián Castromil, Jorge e Xoán Guitián Rivera (2001), Arte rupestre doBarbanza, Noia. Editorial
Toxosoutos..
Sobrino Buhigas, Ramón (2000), Corpus Petroglyphorum Gallaeciae, Sada:Ediciós do Castro..
(orixinal de 1935)
Vázquez Varela, J. M. (1990), Petroglifos de Galicia, Santiago deCompostela. Universidade de
Santiago de Compostela.
Vázquez Rozas, Roberto (1997), Petroglifos de las Rías Baixas gallegas,Pontevedra. Deputación
de Pontevedra.
PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES
10
WEBGRAFÍA
http://www.concellodeames.org/
http://www.petroglifos.org/
http://gl.wikipedia.org/wiki/Grupo_Galaico_de_Arte_Rupestre
https://paleorama.wordpress.com/category/galicia/
http://www.historiayarqueologia.com/group/petroglifos/forum
http://www.aguarda.com/museo/petroglifos.pdf
http://www.geocities.ws/jhantelo/ptr1.htm
http://aconcagua25000.blogspot.com/2009/04/blog-post.html
http://pdf.depontevedra.es/ga/109/piwtqOKGmL.pdf
http://www.boletin.realacademiagalega.org:8080/boletinsweb/paxinas.do?id=2872&d-
447263-p=9
http://rupestreweb.tripod.com/bustamante.html
http://books.google.es/books?id=9w6FKyCOgk4C&printsec=copyright&hl=es#v=onepage&q&f
=false
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf

More Related Content

Viewers also liked

Visita fotográfica a los petroglifos de ames
Visita fotográfica a los petroglifos de amesVisita fotográfica a los petroglifos de ames
Visita fotográfica a los petroglifos de amesEva Garea
 
Presentación proyecto aldeas
Presentación proyecto aldeasPresentación proyecto aldeas
Presentación proyecto aldeasEva Garea
 
L E S A B E L L E S
L E S  A B E L L E SL E S  A B E L L E S
L E S A B E L L E Scmarcos
 
Aaa Letras Y Numeros
Aaa Letras Y NumerosAaa Letras Y Numeros
Aaa Letras Y Numerosgirabal
 
La Prehistoria / Prehistory
La Prehistoria / PrehistoryLa Prehistoria / Prehistory
La Prehistoria / PrehistoryMarina Tristán
 
Proyecto de aula micuerpo un mundo por descubrir diana rodriguez
Proyecto de aula micuerpo un mundo por descubrir diana rodriguezProyecto de aula micuerpo un mundo por descubrir diana rodriguez
Proyecto de aula micuerpo un mundo por descubrir diana rodriguezamacabe
 
Proyecto: La Prehistoria
Proyecto: La PrehistoriaProyecto: La Prehistoria
Proyecto: La PrehistoriaCarmen73xxi
 
Proyecto prehistoria
Proyecto prehistoriaProyecto prehistoria
Proyecto prehistoriaMiren Pardo
 

Viewers also liked (11)

Visita fotográfica a los petroglifos de ames
Visita fotográfica a los petroglifos de amesVisita fotográfica a los petroglifos de ames
Visita fotográfica a los petroglifos de ames
 
Presentación proyecto aldeas
Presentación proyecto aldeasPresentación proyecto aldeas
Presentación proyecto aldeas
 
L E S A B E L L E S
L E S  A B E L L E SL E S  A B E L L E S
L E S A B E L L E S
 
Aaa Letras Y Numeros
Aaa Letras Y NumerosAaa Letras Y Numeros
Aaa Letras Y Numeros
 
O blog de al e recursos on line
O blog de al e recursos on lineO blog de al e recursos on line
O blog de al e recursos on line
 
Ayuda a padres
Ayuda a padresAyuda a padres
Ayuda a padres
 
Prehistoria
PrehistoriaPrehistoria
Prehistoria
 
La Prehistoria / Prehistory
La Prehistoria / PrehistoryLa Prehistoria / Prehistory
La Prehistoria / Prehistory
 
Proyecto de aula micuerpo un mundo por descubrir diana rodriguez
Proyecto de aula micuerpo un mundo por descubrir diana rodriguezProyecto de aula micuerpo un mundo por descubrir diana rodriguez
Proyecto de aula micuerpo un mundo por descubrir diana rodriguez
 
Proyecto: La Prehistoria
Proyecto: La PrehistoriaProyecto: La Prehistoria
Proyecto: La Prehistoria
 
Proyecto prehistoria
Proyecto prehistoriaProyecto prehistoria
Proyecto prehistoria
 

Similar to Petroglifos proyecto

Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de LugoEncarna Lago
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego rmplugo
 
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorRede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorEncarna Lago
 
Red museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarRed museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarEncarna Lago
 
Programación club pequeamigos marzo abril e maio 2014 (1)
Programación club pequeamigos marzo abril e maio 2014 (1)Programación club pequeamigos marzo abril e maio 2014 (1)
Programación club pequeamigos marzo abril e maio 2014 (1)Encarna Lago
 
Tui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturalezaTui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturalezaguillareta
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019rmplugo
 
2130 programa actividades nadal 2013
2130 programa  actividades nadal 20132130 programa  actividades nadal 2013
2130 programa actividades nadal 2013rmplugo
 
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA Encarna Lago
 
As imaxes do patrimonio.difus.
As imaxes do patrimonio.difus.As imaxes do patrimonio.difus.
As imaxes do patrimonio.difus.satelite1
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Encarna Lago
 
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoFolleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoAna Ferro Fernández
 
Proxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaProxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaEncarna Lago
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Encarna Lago
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015rmplugo
 

Similar to Petroglifos proyecto (20)

Presentación proxecto 18 08
Presentación proxecto 18 08 Presentación proxecto 18 08
Presentación proxecto 18 08
 
Proxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguasProxecto antón fraguas
Proxecto antón fraguas
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de LugoProgramación escolar  multicanle  da Rede Museistica Provincial de Lugo
Programación escolar multicanle da Rede Museistica Provincial de Lugo
 
Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego Folleto Museo do mar en galego
Folleto Museo do mar en galego
 
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de TorRede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
Rede Museística Lugo Programa actividades Nadal 2010 Museo Pazo de Tor
 
Red museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do MarRed museistica actividades Museo do Mar
Red museistica actividades Museo do Mar
 
Programación club pequeamigos marzo abril e maio 2014 (1)
Programación club pequeamigos marzo abril e maio 2014 (1)Programación club pequeamigos marzo abril e maio 2014 (1)
Programación club pequeamigos marzo abril e maio 2014 (1)
 
Tui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturalezaTui, historia e naturaleza
Tui, historia e naturaleza
 
Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019Programa Rede Semana Museos 2019
Programa Rede Semana Museos 2019
 
Museo Do Mar
Museo Do MarMuseo Do Mar
Museo Do Mar
 
2130 programa actividades nadal 2013
2130 programa  actividades nadal 20132130 programa  actividades nadal 2013
2130 programa actividades nadal 2013
 
obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015 obradoiros verán 2015
obradoiros verán 2015
 
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
Af diptico (1) XORNADAS PATRIMONIO E MEMORIA
 
As imaxes do patrimonio.difus.
As imaxes do patrimonio.difus.As imaxes do patrimonio.difus.
As imaxes do patrimonio.difus.
 
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
Nadal REDE MUSEISTICA 2009-2010
 
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 AgostoFolleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
Folleto bloque ii xornadas 26,27 Agosto
 
Proxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristinaProxecto fin de prácticas cristina
Proxecto fin de prácticas cristina
 
Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015Programa escolar pazo tor-2015
Programa escolar pazo tor-2015
 
Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015Programa Día Internacional dos museos 2015
Programa Día Internacional dos museos 2015
 

More from Eva Garea

Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Eva Garea
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Eva Garea
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socratesEva Garea
 
Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Eva Garea
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019Eva Garea
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
ProyectollegadaEva Garea
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoEva Garea
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feministaEva Garea
 
Unidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteUnidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteEva Garea
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Eva Garea
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iEva Garea
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasEva Garea
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoEva Garea
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaEva Garea
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesEva Garea
 

More from Eva Garea (20)

Quecultura
QueculturaQuecultura
Quecultura
 
Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2Modificacionavaliacion2
Modificacionavaliacion2
 
Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1Modificacionavaliacion1
Modificacionavaliacion1
 
Sofistas e socrates
Sofistas e socratesSofistas e socrates
Sofistas e socrates
 
Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento Os limites do coñecemento
Os limites do coñecemento
 
Disertacion2019
Disertacion2019Disertacion2019
Disertacion2019
 
Los mitos
Los mitosLos mitos
Los mitos
 
O eu
O euO eu
O eu
 
Serhumano
SerhumanoSerhumano
Serhumano
 
Proyectollegada
ProyectollegadaProyectollegada
Proyectollegada
 
A través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajoA través de IDA. Proxecto de trabajo
A través de IDA. Proxecto de trabajo
 
Son feminista
Son feministaSon feminista
Son feminista
 
Unidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da menteUnidade3:Os ladrillos da mente
Unidade3:Os ladrillos da mente
 
Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)Cuestión teórica 8 (opcionA)
Cuestión teórica 8 (opcionA)
 
Presentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab iPresentacion filosofíab i
Presentacion filosofíab i
 
Unidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andasUnidade6: Dime con quen andas
Unidade6: Dime con quen andas
 
Unidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmoUnidade5: Ser un mesmo
Unidade5: Ser un mesmo
 
Unidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquinaUnidade2: O corazón da máquina
Unidade2: O corazón da máquina
 
Unidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres PensantesUnidade4: Seres Pensantes
Unidade4: Seres Pensantes
 
Kantmoral
KantmoralKantmoral
Kantmoral
 

Petroglifos proyecto

  • 1. PROXECTO DE TRABALLO. CURSO 2012-13 Os petroglifos de Ames Aprender do entorno ensinando a amalo Proxecto de investigación sobre os conxuntos de arte rupestre do Concello de Ames co obxectivo de preparar unha exposición, unha guía de localización e toda a documentación necesaria para dar a coñecer o patrimonio do noso entorno ANTROPOLOXÍA NO BACHARELATO http://www.antropoque.blogspot.com.es/
  • 2. PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES 1 IES DE AMES. DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA E ANTROPOLOXÍA ÁMBITO DE TRABALLO: HISTORIA, ARQUEOLOXÍA, ARTE O proxecto pretende: Levar a cabounha investigación sobre os elementos patrimoniais vinculados ao Arte Rupestre Galaico no termo municipal de Ames. Esta investigación ten dous obxectivos: localizar aqueles conxuntos aínda non catalogados pero dos que se ten noticia por diferentes vías, fundamentalmente a obra de Ramón Sobrino e o traballo dos afeccioados e oriundos da zona. Prepararunha exposición e todo o material vinculado a ela (posters, guías, materiais audio- visuais, elaboración de maquetas 3D que permitan un mellor coñecemento dos petroglifos da zona…). O obxectivo desta exposición será a súa presentación dentro do Centro Escolar e no Concello De Ames. A elaboración dunhapáxina web con todo o material teórico e práctico recollido para a súa publicación na Rede. Recuperar a figura do afeccioado como elemento clave na preservación do patrimonio. Converter ao alumnado en axentes de patrimonialización, formandoos, tanto desde unha perspectiva teórica coma práctica, e dando a coñecer no ámbito da comunidade municipal o resultado do traballo teórico e práctico levado a cabo polo alumnado. Ofrecer un servizo á comunidade, ao mesmo tempo que se familiariza ao alumnado cos elementos claves da investigación teórica e documental, aplicando eses coñecementos no seu entorno inmediato. Realizar un traballo narrativoa partir da experiencia vital que xurde da actividade de investigación e o traballo de campo. Este traballo plasmaráse nun documento narrativo e/ou periodístico. TEMPORALIZACIÓN: Investigación documental e histórica: Setembro 2012-Outubro 2012 Investigación metodolóxica: Novembro 2012 (formación para a documentación gráfica dos petroglifos, a toma de fotos e planos) Traballo práctico: Decembro-Marzo 2013 Redacción e elaboración de documentos: Maio de 2013 Presentación da Exposición no Centro Educativo e no Concello de Ames Xuño de 2013
  • 3. PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES 2 COLECTIVO IMPLICADO: Dirección do traballo: Profesores Anxo Sampedro Millares e Eva Garea Traba. Profesorado de Historia e Historia da Arte: Pilar Tobar Profesorado de Educación Plástica e Visual: Renata Otero Profesorado de Educación Física: Federico Bouza Alumnado: alumnado da materia de antropoloxía (cursos 2011-12, 2012-13) Concello de Ames: Concellería de Educación e Cultura: Alfonso Rei Pais implicados: Enrique Monteagudo Romero Dolores Vilavedra Fernández María José Fernández Gesto José Manuel Teo Cosgaya María Luisa Mato Montoto. Convidados (que xa confirmaron a súa disponibilidade para a formación teórico-práctica) Antonio Fernandez Iglesias. Experto en rutas de montaña, afecioado á arqueoloxía e bo coñecedor da maioría dos petroglifos da zona. Jorge Guitián, Licenciado en Historia del Arte por la Universidad de Santiago de Compostela (1999). A súa tese doutoral versou sobr a Arte Rupestre no suroeste da provincia da Coruña e é autor de varias publicaciones sobre o tema. Nieves Herrero, Profesora titular de Filosofía e Antropoloxía social da USC. Coordenadora do grupo de Investigación en Antropoloxía, cuxas liñas de investigación fundamentais son: a antropoloxía simbólica, o patrimonio cultural e as actividades turísticas asociadas a el.
  • 4. PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES 3 XUSTIFICACIÓN DO TRABALLO. Por qué os petroglifos? Partimos dun feito clave na vida do Centro, a construcción do seu logotipo. Como queira que ese logotipo construiuse sobre o debuxo dun dos petroglifos catalogados no municipio de Ames “A Nave de Mourigade”, xurden entre o alumnado moitas preguntas en relación co valor, situación e importancia deste tipo de restos arqueolóxicos. Por outra banda os petroglifos teñen unha fonda resoancia mítica a un pasado común que nos enlaza coa historia europea, tal é como poñen de manifesto os restos de arte rupestre cunha simboloxía común. O valor destes xacementos foi posto de manifesto coa resolución que ven de aprobar o Consello de Europa para a catalogación dos Camiños de Arte Rupestre Prehistórica (CARP), unha asociación internacional de carácter transnacional que ten por obxectivo a promoción e divulgación de centros de arte rupestre en Europa, como Itinerario Cultural Europeo. Por qué no Concello de Ames? O Concello de Ames ten como particularidade fundamental unha composición da poboación moi ecléctica e provinte de diferentes lugares de Galicia e España. Pola súa cercanía a Santiago de Compostela o crecemento da pobación foi en aumento nos derradeiros anos sen que isto levara aparellado a conformación dunha identidade cultural común. Poñer en valor o patrimonio cultural común, coñecer e recoñecer a importancia do entorno arqueolóxico e toponímico permite xestar a identidade da comunidade a través do coñecemento do pasado do seu entorno e, este coñecemento axudará na súa conservación e transmisión. Por outra parte esa orixe diversa da poboación fai que o coñecemento da toponimia sexa pouco frecuente e, ante o despoboamento do medio rural, estea en risco de perderse. Iso terá como consecuencia, non só unha palautina perda de coñecemento histórico, senón tamén dificultará, cada vez máis, a localización de diferentes xacementos ou restos dos que se teñen noticias a raíz de diferentes estudios e nos que estes se nomean coa toponimia tradicional, hoxe case en desuso. Por iso se fai necesario recoller de novo esa información situando a través da información oral os diferentes elementos tradicionais, vinculando a súa situación topográfica coa toponímia tradicional e actual que lles corresponde. ESTADO DA CUESTIÓN Respecto ao coñecemento dos diferentes xacementos Na actualidade estánse a producir diferentes actuacións de catalogación de este tipo de xacementos polas diferentes institucións do Estado e tamén a través de Organismos
  • 5. PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES 4 dependentes do Consello de Europa, sen embargo a actuación no Concello de Ames redúcese só á catalogación dos petroglifos máis accesibles. Na investigación previa de documentación poidemos constatar a existenciade cando menos os seguintes xacementos na contorno do municipio: Liñaredo, Oca e A Pedra Estivada (Ames); O Vilar (Bertamiráns); Pena da Mina (As Buceleiras-Bugallido); A Nave (Mourigade-Bugallido); Castelo, Laxe do Monte de Pedras, A Laxe Negra e Outeiro de Pedrouzos (Covas); Monte Grande (Piñeiro); Castrigo (Castrigo-Ortoño). Os Batáns; Monte Pumariño. Sen embargo, a través do sistema de información do Concello de Ames só están accesibles fotos e información de tres deles (A Nave, A Pedra Estivada e os Batans). Tamén é posible atopar a través de diferentes blogues de traballo afeccioada e profesional algunhas referencias fotográficas aos petroglifos de Monte Pumariño ou a Laxe Negra. Dos outros non atopamos información fiable nin facilmente accesible. É chamativa a especial situación do xacemento de Oca, que pese a ser descrito de forma exahustiva na obra do arqueologo afeccioado Ramón Sobrino, non ten sido aínda referenciado en forma oficial polo Concello, nin é accesible na actualidade. Respecto á localización dos xacementos e a toponimia dos lugares de referencia Faise necesario establecer con precisión a denominación dos enclaves en que se sitúan os petroglifos a fin de unificar a información que, sobre eles, aparece na Internet. En moitos casos xacementos que aparecen coa mesma referencia fotográfica se denominan con topónimos diferentes. Tamén sería relevante recoller a orixe de tales denominacións e establecer a súa situación exacta así como poder precisar os camiños de acceso. En só dous destes xacementos ese acceso é hoxe posible (Os Batáns e a Nave) por estar catalogados por Patrimonio. É importante referenciar tamén o estado actual deste tipo de xacementos que, en moitos casos, é obxecto de actos de vandalismo que destrúen e deterioran os petroglifos. OBXECTIVOS: Elaboración dunha guía temática sobre o Arte Rupestre en Galicia: significado, relacións coa identidade europea e galega, simbolismo e significado Elaboracion dunha pequena guía turística sobre a localización e principais características dos principais petroglifos do Concello de Ames (Explicacións, Fotografías, Esquemas e Rutas de acceso) Elaboración de Posters sobre cada un dos petroglifos estudiados (fotografías, características, denominación, esquema, significado….) Elaboración de maquetas 3D (tamaño realista) para a representación en exposición dos principais petroglifos de Ames.
  • 6. PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES 5 Elaboración dun catálogo de denominacións toponímicas a través da recollida de testemuñas orais e referencias escritas. METODOLOXÍA: A metodoloxía a empregar usará fundamentalmente tres estratexias básicas:a teória do aprendizaxe servizo, un aula virtual como espazo de colaboración e aprendizaxe, e o traballo de campo como ferramenta fundamental de obtención de datos. O aprendizaxe servizo1: A nosa proposta integrase metodoloxicamente na idea dunha educación experiencial, máis coñecida como aprendizaxe-servicio. Nesta metodoloxía téntase integrar a prendizaxe teórica co servicio comunitario como vía para enriquece-la experiencia educativa, ensinar valores cívicos, animar a implicación social e fortalecer o ben común da comunidade. A Antropoloxía é unha materia especialmente indicada para implantar esta metodoloxía. O seu campo teórico, a lo menos no Bacharelato, abrangue multitude de aspectos, tanto materiais como inmateriais, da realidade social circundante. O traballo educativo desta materia, non é só de carácter teórico, senón que debe ser fundamentalmente de vinculación co entorno próximo. A metodoloxía do Aprendizaxe servicio implica: Conexións curriculares: O traballo debe estar fundamentado sobre nexos académicos claros. O traballo que leve a cabo o alumnado debe estar construido sobre habilidades existentes na disciplina. Neste sentido é funamental resaltar que a proposta de traballo da materia de Antropoloxía sustentase fundamentalmente na actividade investigadora “de campo” e esta debe realizarse nun entorno próximo. A nosa proposta consiste en recoller nunha mesma investigación un traballo de campo sobre patrimonio material (os petroglifos) e sobre patrimonio inmaterial (a toponimia e a tradición oral). Reflexión: A actividade debe crear unha estrutura que permita pensar, conversar e escribir e se sosteña sobre un equilibrio entre reflexión e acción que permita ao alumnado tomar conciencia do impacto da súa labor. De novo nos atopamos con que o traballo proposto cumple con este requisito ao reunir unha actividade teórica cunha alta implicación do alumnado na investigación sobre o terreo. Ambas actividades conducen a unha proposta de exposición que permitirá visualizar os resultados e ofertalos á comunidade, conseguindo un cambio de actitude no entorno cara o patrimonio histórico. 1 Seguiremos para esta fundamentación metodolóxica o estudio VV.AA. "Aprendizaje servicio (ApS): educación y compromiso cívico". GRAO, 2009. Para ampliar información pódese consultar a web da principal impulsora do aprendizaxe servizo en España Roser Batllehttp://roserbatlle.net/aprendizaje- servicio/dudas-frecuentes/que-mania-con-el-curriculum/
  • 7. PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES 6 Alianza coa comunidade: que permitirá identificar necesidades reais e proporcionar unha guía e medios para o éxito do proxecto. Ao respecto da comunidade debemos dicir que o noso proxecto parte das conversas cos servizos municipais do Concello e da necesidade que este ten de que a poboación se vincule na conservación do Patrimonio. O alumnado do grupo de Antropoloxía quixo comezar esta colaboración co Concello tentando avanzar nalgúns aspectos esquecidos da Arte Rural e achegar, co seu traballo, algúns avances no coñecemento deste Patrimonio. A colaboración estableceuse a través da Concellería de Educación Cultura e Patrimonio. Participación do alumnado: O alumnado debe estar activamente implicado no propio proxecto, pero ademáis debe ter a oportunidade de seleccionar, deseñar , por en práctica e avaliar a súa actividade. Deberemos resaltar que a proposta de traballo xurde, en todo momento, do gruo de estudiantes que comezan este traballo no contexto dunha actividade Comenius. O alumnado percibe a importancia de buscar un nexo cultural co alumnado europeo ao que se vai visitar. A partir desta idea inicial xurde a necesidade de coñecer máis sobre o seu entorno e comeza o interese por un verdadeiro proxecto de investigación-servizo. Responsabilidad cívica: Este tipo de traballos debe contribuír a desenvolver a responsabilidade cívica dos participantes. O noso grupo de traballo ten a intención de ir un paso máis aló nesta intención e converter ao alumnado implicado en verdadeiros axentes de patrimonialización que consegan, coa súa labor transmitir á sociedade a importancia de preservar o patrimonio, ao mesmo tempo que se convirten en custodios e preservadores do seu valor. A aula virtual2: A plataforma Moodle nos permitirá implementar un entorno flexible un entorno educativo flexible, intuitivo e amigable para adquisición das ferramentas de traballo intelectual, a através da realización de tarefas vinculadas ao traballo que permitirán aprender facendo. Nos permitirá tamén ter un entorno amigablee privado, onde o alumnado poida compartir experiencias e achegar as súas propostas a través de diferentes ferramentas comunicación. Tamén permitirá ter un lugar onde se poida obter información dixitalizada, que non é accesible a través de medios escritos. O alumnado pode obter unha retroalimentación directa sobre a súa aprendizaxe e a súa implicación co traballo. Esta aula virtual incluirá: 2 Seguiremos as teses de David Kolb (La Filosofía en el Laberinto. 1984 en Landow. Hipertexto. Edit Paidós), que aborda as teses dunha educación experiencial con apoio tecnolóxico. Para saber más podese obter información xeral sobre metodoloxía usando as Tics na web de Enxergo. http://personales.ya.com/enxergo/ntics2/gu%EDa.htm
  • 8. PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES 7 Un directorio coa documentación teórica necesaria para a realización do traballo, no que se irán introducindo os textos necesarios e as ligazóns onde se poda atopar información, análises e estudios relevantes sobre o tema. Un módulo de capacitación no traballo investigador que capacitará ao alumnado para traballar coas metodoloxías de investigación a través da realización das diferentes tarefas necesarias para a realización do traballo. Unha webquest que permitirá ao alumnado conseguir e traballar coa documentación teórica preexistente sobre o tema. Un blogue que se utilizará como diario de campo xeral do grupo, e onde se reflectirá, día a día o quefacer práctico do alumnado. Un cuestionario para investigadores para valorar e analizar o proceso de recollida dedatos sobre o estado, resultados e dificultades da investigación. Unha wiki para xestionar o traballo colaborativo e escribir o documento final da investigación do proxecto. O traballo de Campo3 Consistirá en buscar, atopar e rexistrar os xacementos da zona a investigar para o que usaremos: Mapas antigos da zona e mapas de afeccioados4(unha vez solicitados os pertinentes dereitos de autor). Localización sobre mapas topográficos dos xacementos situándoos mediante latitude e lonxitude, mediante sistema de coordenadas GPS Entrevistas aos residentes na zona sobre a toponímia tradicional dos diferentes lugares e ubicación nos mapas. Diario de Campo. Como elemento fundamental da investigación práctica e como fonte primaria da investigación. 3 Heather Burke, Claire Smith. Manual de Campo del Antropólogo. Edit. Ariel 4 http://aconcagua25000.blogspot.com/2009/04/blog-post.html
  • 9. PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES 8 FASES DO TRABALLO 1ª Fase: Traballo de documentación teórica: traballo coas fontes, recollida de datos, debuxos, e aprendizaxe da metodoloxía de traballo arqueolóxica… Para levar a cabo este primeiro achegamento utilizaráse a aula virtual na que se implementarán diferentes modulos de aprendizaxe que se realizarán co alumnado na primeira fase do proxecto: Un módulo de iniciación á actividade investigadora: que abarcará a aprendizaxe daquelas ferramentas básicas para levar a cabo unha investigación en ciencias sociais e humanas, así como para a redacción e elaboración do documento final. Unha webquest na rede que permita recabar a información teórica fundamental para o achegamento ao tema. A preparación dunha visita ao conxuntos arqueolóxicos de Arte Rupestre dispoñibles (Campo Lameiro, Mogor, Baroña…) Pódese ver a articulación destes traballos na aula virtual do IES de Ames: http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=44 2ª Fase: Traballo práctico: recollida de fotografías e esquemas “in situ” Para levar a cabo este traballo: Se capacitará ao alumnado para realizar un “diario de campo” tanto na súa versión tradicional coma dixital (en forma de blogue que se abrirá para esta labor). Poderáse acceder ao blogue desde a aula virtual da materia. http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/aulavirtual/course/view.php?id=44 Se realizarán as visitas guiadas necesarias ata a ubicación dos petroglifos (tanto os catalogados coma aqueles que son menos coñecidos) 3ª Fase: Construcción de materiais: Cada grupode traballo se encargará da fabricación e posta en escena dun conxunto arqueolóxico para a elaboración da exposición e levará a cabo: Unha presentación prezi ou ppt ( que incluirá, fotografías, videos de percorrido, entrevistas….) para a presentación dixital dos resultados obtidos. Un Poster explicativo do elemento correspondente (5 en total) Unha representación en forexpan de conxunto arqueolóxico correspondente (Para esta labor usaremos o método, usado por moitos escultores, que fan os seus bocetos previos unindo varias planchas de forexpan ata formar un bloque macizo que se pode modelar e recortar mediante pistola de calor)
  • 10. PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES 9 En Colaboración se elaborará a Guía didáctica e turística para a visita aos diferentes xacementos que se porá a disposición da Comunidade. Elaboración dunha páxina web que recolla as achegas da exposición e as conclusións do traballo. ORZAMENTO Conferencias (emolumentos + gastos de deprazamento)………………………………. 1000€ Desprazamentos………………………….…………………………………………………………………..1000€ Materiais…………………………………………………………………………………………………………. 500€ Impresións Posters…………………………………………………………………………………………….700€ Bibliografía…………………………………………………………………………………………………………300€ Reprografía………………………………………………………………………………………………………..500€ Material fotográfico e audiovisual ……………………………………………………………….…1500€ Material informático e programas………………………………………………………………… 1500€ BIBLIOGRAFÍA Heather Burke, Claire Smith. Manual de Campo del Antropólogo. Edit. Ariel Costas Goberna, F. J., J. Hidalgo Cuñarro e Peña Santos, Antonio de la(1999), Arte rupestre no sur da Ría de Vigo, Vigo. Instituto de EstudiosVigueses. Peña Santos, A. de la (1999), Os petroglifos galegos, A NOSA TERRA. Peña Santos, A. de la e Vázquez Varela, J. M. (1996), Los petroglifosgallegos. Grabados rupestres prehistóricos al aire libre en Galicia, Sada.Ediciós do Castro.. (3ª edición) García Alén, Alfredo e Peña Santos, A. de la]] (1981), Grabados rupestresde la provincia de Pontevedra, Fundación Pedro Barrié de la Maza. Guitián Castromil, Jorge e Xoán Guitián Rivera (2001), Arte rupestre doBarbanza, Noia. Editorial Toxosoutos.. Sobrino Buhigas, Ramón (2000), Corpus Petroglyphorum Gallaeciae, Sada:Ediciós do Castro.. (orixinal de 1935) Vázquez Varela, J. M. (1990), Petroglifos de Galicia, Santiago deCompostela. Universidade de Santiago de Compostela. Vázquez Rozas, Roberto (1997), Petroglifos de las Rías Baixas gallegas,Pontevedra. Deputación de Pontevedra.
  • 11. PROXECTO: OS PETROGLIFOS DE AMES 10 WEBGRAFÍA http://www.concellodeames.org/ http://www.petroglifos.org/ http://gl.wikipedia.org/wiki/Grupo_Galaico_de_Arte_Rupestre https://paleorama.wordpress.com/category/galicia/ http://www.historiayarqueologia.com/group/petroglifos/forum http://www.aguarda.com/museo/petroglifos.pdf http://www.geocities.ws/jhantelo/ptr1.htm http://aconcagua25000.blogspot.com/2009/04/blog-post.html http://pdf.depontevedra.es/ga/109/piwtqOKGmL.pdf http://www.boletin.realacademiagalega.org:8080/boletinsweb/paxinas.do?id=2872&d- 447263-p=9 http://rupestreweb.tripod.com/bustamante.html http://books.google.es/books?id=9w6FKyCOgk4C&printsec=copyright&hl=es#v=onepage&q&f =false http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/CORPA002.pdf