Programa Didáctico Ronsel de Futuro Rede Museística Provincial de Lugo
1. Programa elaborado en torno
a Rumbo 2030 para avanzar
na senda da sostibilidade.
É un xeito de acelerar e impulsar
o traballo para cumprir cos retos
que comprometen a España no
marco da Axenda 2030 da ONU.
EIXES RUMBO 203O:
Enerxía, eficiencia e Cambio climático
Mobilidade
Renovación Urbana
Desenvolvemento Rural
Biodiversidade
Auga
Calidade Ambiental
Residuos
Economía e Sociedade
Obxectivos de
Desenvolvemento
Sustentable 2030 (UNESCO)
1. Fin da pobreza
2. Fame cero
3. Saúde e benestar
4. Educación de calidade
5. Igualdade de xénero
6. Auga limpa e saneamento
7. Enerxía non contaminante
8. Traballo decente e
crecemento económico
9. Industria, innovación
e infraestrutura
10. Redución das desigualdades
11. Cidades e comunidades
sustentables
12. Produción e consumo responsables
13. Acción polo clima
14. Vida submarina
15. Vida de ecosistemas terrestres
16. Paz, xustiza e institucións sólidas
17. Alianzas para lograr os obxectivos
+info: es.unesco.org/sdgs
RONSEL
DE FUTURO:
AXENDA 2030
Actividades escolares
Curso 2020-2021
Rede Museística Provincial de Lugo
Contacto: 982 242 112 / www.redemuseisticalugo.org
2. ACTIVIDADE 1
Crea o teu museo
desde a túa casa.
Parte 1. Visualización de
vídeo explicativo sobre o
funcionamento dun museo.
Parte 2. A partir do vídeo e coa axuda
do modelo do mapa do museo que
che facilitamos realiza unha maqueta
do teu museo utilizando materiais
reciclados (localización das obras,
distribución de salas, accesibilidade
e medidas de seguridade).
ACTIVIDADE 2
Arte e cambio climático.
A arte nunca cala, convértete nun
artista reivindicativo que loita
combater o cambio climático. A
partir desta selección de obras
do museo na que se ven paisaxes,
elabora a súa comparativa de
como serían se non facemos nada
para frear o Cambio Climático.
ACTIVIDADE 3
Eu pregunto, ti respondes.
Xogo tipo test, preguntas e respostas
sobre o Lugo Romano (competición
clásica dun contra un ou equipo
contra equipo). App: Kahoot!
ACTIVIDADE 4
Encontro dixital en torno
ao consumo responsable.
Profesores e estudantes participarán
de dinámicas e xogos, para que o
diálogo siga presente. App: Zoom
ACTIVIDADE 5
Detective de arte.
Parte 1: vídeos explicando sobre
obras, personaxes ou obxectos.
Parte 2: Atopaos as persoaxes/
obxectos nas seguintes ilustracións
(publicar en redes sociais, web ou
enviar por correo). Unha vez localizado,
os participantes deberán comentar
cun “Atopeino!” no caso das redes e
compartir a ubicación de xeito privado.
ACTIVIDADE 6
Podcast pola igualdade
de xénero.
Envío de audios, por parte do
alumnado, falando sobre obras e/
ou artistas mulleres de Galicia,
despois crearanse varios podcasts
para conmemorar o día da muller.
ACTIVIDADE 7
Contacontos en rede.
Parte 1. Visualización de vídeo dun
contacontos infantil relacionado
coa mariña lucense.
Parte 2. Realiza un contacontos
grupal relacionado coa vida
submarina. Cada alumno gravará
un vídeo de entre 10 e 25 segundos
continuando o relato do compañeiro
anterior, como se fose unha cadea.
ACTIVIDADE 8
A mobilidade que conta.
Concurso de relatos curtos sobre
historias que che poden pasar
relacionadas coa movilidade
sostible (historias de autobús,
compartindo coche, sobre uns
patíns, a pé, nunha parada de bus).
ACTIVIDADE 9
Arte na terra.
Actividade guiadas polos xardíns do
museo ou en calquera lugar verde
próximo aos centros educativos no
que experimentar a través do Land Art
ou arte na terra utilizando materiais
da natureza (madeira, terra, pedras,
area, vento, agua…) así como a paisaxe
natural para acabar realizando unha
obra artística entre todos relacionada
con algunha das coleccións do museo.
ACTIVIDADE 10
Xogo de cartelas.
Publicación de varias obras de arte
nas redes sociais co texto da cartela
orixinal que podes atopar no museo.
Xoga coa túa imaxinación e escribe
a túa propia cartela, deixando un
comentario na publicación.
ACTIVIDADE 11
Seguindo as pegadas.
Ilustración/pdf interactivo no que se
realiza un percorrido a partir dos restos
arqueolóxicos, pezas de ourivaría e
ferramentas que hai no museo.
ACTIVIDADE 12
Diversigualdade en rede:
un orgullo de museo.
- Parte 1: Recomendación do visionado
dunha selección de material audiovisual
- Parte 2: Encontro virtual entre
mozas e mozos sobre a actualidade
e futuro do movemento LGTBIQ+
en Lugo. No debate seleccionarase
un pequeno glosario de palabras
que todos deberíamos coñecer.
- Parte 3: Visibilidade do glosario
desde o Museo (a través de paneis/
pequena exposición / lonas no
museo / redes sociais...)
#AREDEEDUCA