Nosoutros. arte, comunicación e integración social

257 views

Published on

Conferencia de Encarna Lago e Angeles Miguelez en Santiago

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
257
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Nosoutros. arte, comunicación e integración social

  1. 1. nosoutros Arte, Comunicación e Integración Social1. Obxectivos do curso:O obxectivo do curso é achegar e promover iniciativas pedagóxicas e didácticasque contribúan a desenvolver e incrementar o nivel de calidade de vida das per-soas e colectivos en situación ou risco de exclusión social a través de iniciativasdentro do campo da cultura e da actividade artística. O conxunto de actividadespresentadas a seguir vén definido polas súas áreas de traballo que, aínda queestán estreitamente relacionadas, pretenden obxectivos complementarios, articu-lados de maneira transversal na maior parte dos proxectos.Conta, ademais, con tres áreas ben diferenciadas pero relacionadas entre si noconxunto dos catro días nos que se vai desenvolver o curso: - Área de Formación, orientada principalmente a alumnos, docentes e profe- sionais relacionados cos sectores da pedagoxía, da psicoloxía, da psiquia- tría, traballadores de fundacións e asociacións que traballan con e a prol do desenvolvemento e visibilización de persoas con capacidades diferentes, profesionais e estudantes de arte en tódalas súas disciplinas e manifesta- cións. e-mail: campusculturae@usc.es neira.cruz@usc.es irene.garcia@usc.es teléfono/phone: +34 981 563100 – ext. 16535
  2. 2. - Área de Arte, orientada principalmente a promover actividades especial- mente dirixidas a aquelas persoas ou colectivos de creadores que se ato- pan nos seus inicios ou en fase de consolidación da súa traxectoria. - Área de Desenvolvemento, encargada da xeración e produción de accións dirixidas á mellora da calidade de vida de persoas en situación de risco, exclusión ou desvantaxe social. -2. PÚBLICO AO QUE PRIMORDIALMENTE VAI DIRIXIDO  Alumnado e persoal da USC  Profesionais de asociacións  Artistas, escritores, editores, comunicadores.  Profesores de ensino primario e secundario  Licenciados en proceso de busca dun primeiro emprego  Profesionais con interese en atopar novos camiños laborais  Dinamizadores culturais, programadores de contidos culturais e axentes de promoción cultural  Doentes e familiares3. DURACIÓN DO CURSO30 horas de duración, sen límite de prazas e-mail: campusculturae@usc.es neira.cruz@usc.es irene.garcia@usc.es teléfono/phone: +34 981 563100 – ext. 16535
  3. 3. 4. PROGRAMA DE CONTIDOS Relación de contidos. Conferencias, mesas redondas, obradoiros e activi- dades complementarias Luns (3) Martes (4) Mércores (5) Xoves (6) Recollida acreditacións09:00-9:30 /09:30-10:00 PRESENTACIÓN CONFERENCIA CONFERENCIA CONFERENCIA CONFERENCIA PLENARIA PLENARIA PLENARIA PLENARIA OBRA-10:00–14:00 OBRADOIRO OBRADOIRO PRESENTACIÓN DOIRO PRESENTACIÓN OBRADOIRO PRESENTACIÓN PRESENTACIÓN de traballos desen- de traballos de traballos de traballos volvidos en Galicia14:00–16:00 comida comida comida comida16:00–17:30 Mesa redonda Presentación de comunicacións Cineforum Actuación sorpresa Danza campUSCulturae18:00–19:30 “ITINERANCIA_CON-SENTIDA I” “ITINERANCIA_CON-SENTIDA II” “ITINERANCIA_CON-SENTIDA III” DESPEDIDA: diplomas 20:00 – “NUESTRO HERMANO” “LA MÁQUINA DE ABRAZAR” O MÉDICO A PAUS?? “HEROICA” 21:00 *Confirmadas as participacións no relativo ás Conferencias Plenarias e á Presentación de Iniciativas e traballos, e aínda por pechar a ubicación das mesmas e das actividades (en función de determinar a mellor opción para cada un dos participantes). e-mail: campusculturae@usc.es neira.cruz@usc.es irene.garcia@usc.es teléfono/phone: +34 981 563100 – ext. 16535
  4. 4. OBRADOIROS FORMATIVOS:Luns: O teatro rehabilitadorMartes: Implicación persoal dos profesionais na rehabilitación psicosocialMércores: Unha literatura integradora: recursos e estratexias para cambiar oparadigmaXoves: Proxecto Infancia PONENTES CONFIRMADOS:  Cristina Durán e Miguel A. Giner Bou Son licenciados pola Facultade de Belas Artes de Valencia na especialidade de Debuxo. Ambos foron bolseiros: Cristina coa bolsa Erasmus realizou o último cur- so de carreira na Middlesex University de Londres. Miguel A. os dous últimos anos cunha bolsa de colaboración na materia de Sistemas de Representación Espacial. Os dous traballan no mundo da ilustración, tanto editorial como publicitaria, o có- mic e a animación. Entre os seus clientes atópanse L’Oceanogràfic, Intermon Ox- fam, Air Nostrum, Terra Mítica, AVACU, Generalitat Valenciana e numerosas edi- toriais entre as que están Santillana, Voramar, Anaya, Barcanova, Pearson, Cas- tellnou, Bromera, Tàndem, Planeta, Vicens Vives, etc. UNHA POSIBILIDADE ENTRE MIL é a súa primeira novela gráfica e narra a súa experiencia persoal como pais dunha nena con parálise cerebral. A 1ª edición deste libro foi publicada por Edicións Sins Entido en maio de 2009. E en setembro dese mesmo ano publicouse a 2ª edición. En marzo de 2010 foi publicada a edi- ción en francés pola editorial Dargaud, baixo o título UNE CHANCE SUR UN MI- LLION. En novembro de 2010 este álbum foi FINALISTA do PREMIO NACIONAL DE CÓMIC outorgado polo MINISTERIO DE CULTURA. E en xaneiro de 2011, a edición en francés foi premiada en Francia cun 2º premio (ex-aequo) no 1er Trop- hée «lles Bds qui font a différence » sur lles personnes en situation de hándicap. e-mail: campusculturae@usc.es neira.cruz@usc.es irene.garcia@usc.es teléfono/phone: +34 981 563100 – ext. 16535
  5. 5.  Miguel Gallardo É un debuxante de recoñecido prestixio e pai dunha adolescente con autismo se- vero. Comezou a súa carreira profesional compaxinando o cómic e a ilustración para acabar dedicándose plenamente a esta última actividade. Colabora habi- tualmente como ilustrador de prensa para a Vangarda, Público e diferentes revis- tas e publicacións de ámbito nacional e internacional como o Herald Tribune , New York Times e o O NewYorker. No 2007 publicou “María y yo” unha novela gráfica que narra as aventuras e viaxes coa súa filla María de 13 anos que ten au- tismo Tamén é o autor De “El viaje de María”, unha curtametraxe de animación para dar a coñecer o autismo. Acaba de finalizar a curtametraxe de “Los Especia- listas” que se centra nas habilidades das persoas con autismo que as fan persoas moito máis especiais do que a sociedade pode entender se non coñece as parti- cularidades desa doenza Cipriano Jiménez Casas Licenciado con grao en Medicina e Cirurxía, 1966, Universidade de Santiago. Es- pecialista en Psiquiatría, Universidade de Madrid. Médico-Psiquiatra no Hospital Psiquiátrico Leganés, Madrid. Médico-Psiquiatra nos Hospitais dYverdon (Vaud- Suiza), Bel-Air (Xenebra). Psicanalista didacta e Vocal da Asociación de Psicote- rapia Psicanalítica. Esp. Foi director do Centro de Educación Especial "MENELA" (Vigo). Director Xeral da Fundación MENELA. Presidente e Fundador de A.G.A.T.A.P.I. (Asoc. Galega de Terapeutas de Autismo). Vicepresidente de Au- tismo Galicia (Federación galega de Autismo). Presidente da Fundación ECUME- NE. Vocal da Fundación Bibliófilos Galegos (Pontevedra). Membro fundador e Vo- cal da Fundación SALVORA (Vigo). Conselleiro de Autismo-España (Federación Española de Autismo). Fundador da Biblioteca de Estudios Freudianos "Óscar Masotta" Vigo. Ex-Vicepresidente de FADEP (Federación Pro-Deficientes Ponte- vedra). Actualmente é Presidente de Autismo Galicia. É Director dos proxectos Europeos Horizon III e Secretario da Fundación Menela, promotora e titular de Castro Navás.e-mail: campusculturae@usc.es neira.cruz@usc.es irene.garcia@usc.esteléfono/phone: +34 981 563100 – ext. 16535
  6. 6.  Encarna Lago É psicóloga e técnica Superior de Cooperación Internacional. Desde 1991 traballa no Museo Provincial de Lugo. Con motivo da constitución da Rede Museística Provincial, en xuño de 2006, foi nomeada xerente da mesma, a través de concurso-oposición, cargo que desem- peña na actualidade. Desde o seu cargo, aposta polos seguintes modelos de xes- tión: 1. Achegarse ao público, dialogar coas distintas realidades, facer que a institu- ción se reinvente continuamente, defender unha estrutura de xestión autóno- ma, profesional e participativa, que permita un desenvolvemento máis, xeran- do novas condicións para a distribución da cultura, esforzándose en facer o noso patrimonio máis accesible, e facendo dos museos da rede lugares máis próximos a todos os cidadáns. 2. O modelo de xestión polo que aposta é o que toma conciencia de que se tra- balla con diñeiro público e, xa que logo, non se pode restrinxir o acceso á cul- tura, senón amplificalo, acrecentar a capacidade da rede de museos de Lugo como espazo educativo e de investigación, para abrirnos a novos públicos, pa- ra crear redes de traballo con outras institucións e cos axentes artísticos, so- ciais e culturais do noso ámbito. Non existe un gran público maioritario, senón moitos públicos minoritarios diferenciados, con intereses, gustos e formacións distintos. 3. "Capacidades Diferentes e Accesibilidade" son os parámetros nos que centra a súa actividade no últimos dez anos e que, considera, deben seguir servíndo- nos no futuro.  José ColmeneroFalta o currículum, pero manifestou o se interese en participar. e-mail: campusculturae@usc.es neira.cruz@usc.es irene.garcia@usc.es teléfono/phone: +34 981 563100 – ext. 16535
  7. 7. ACTIVIDADES VESPERTINAS: - Presentación de Comunicacións - Presentación de audiovisuais - Mesa redonda“Itinerancia_Con-sentida”Finalidade:  Experimentar e intervir no espazo público en busca de xerar novas relacións dos corpos co espazo e a cidade, conformando unha serie de mapas subxectivos.  Reapropiarse do espazo público como orde imposta que regula os nosos corpos, vivencias, desprazamentos e relacións.Previamente o colectivo de artistas determinará a área xeográfica da cidade elixida paraa intervención. Unha vez conformado o grupo, realizaremos un encontro no que traballa-remos sobre o plano e rueiro da zona de intervención, iniciando o proceso de construcióndos micorrelatos individuais. Cada participante elixirá unha rúa, dentro da zona elixida,que vincule con algún recordo. A partir desta elección elaborarán os seus microrrelatosvaléndose de diferentes linguaxes.Eva Garrido e Yera Moreno, as encargadas das itinerancias, traballan como colectivodesde o 2007 en proxectos artísticos e educativos nos que buscan xerar espazos e pro-cesos interdisciplinares, onde as fronteiras entre distintos saberes e linguaxes artísticasse dilúan e desestabilicen. Os seus traballos abordan a relación que establecen os cor-pos co tempo e os espazos, expondo novas formas de experienciar o cotián que subvir-tan a realidade normativa. e-mail: campusculturae@usc.es neira.cruz@usc.es irene.garcia@usc.es teléfono/phone: +34 981 563100 – ext. 16535
  8. 8. 5. DESCRICIÓN DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIASCoas actividades complementarias propostas pretendemos:- achegar iniciativas do ámbito artístico e cultural dirixidas a sensibilizar, modificaractitudes, divulgar ou mellorar a calidade de vida de persoas e colectivos en si-tuación de risco ou exclusión social.- xerar un espazo de intercambio de experiencias sobre este tipo de actividades.- contribuír á difusión de iniciativas artísticas e culturais desenvolvidas por perso-as e/ou colectivos en situación de exclusión social. RELACIÓN DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIASNUESTRO HERMANOTeresa (40 anos) e a súa irmá María (35) reúnense, despois de moito tempo sen verse,na casa de súa nai, que acaba de falecer. Alí está tamén Jacinto, ou seu irmán menor.Jacinto viviu sempre con nai e ten dúas obsesións na súa vida: os cupóns dos cegos e opantano que levan anos prometendo construír na vila. A súa discapacidade pode facerlleparecer menos esperto ca os demais, pero cando Teresa e María se enfronta á decisiónde que deben facer co seu irmán, Jacinto demostrará o imprescindible que pode chegar aser. Polo camiño, ou tres terán que volverse coñecer vos uns aos outros mentres se en-frontan ao peso inevitable dos segredos familiares. e-mail: campusculturae@usc.es neira.cruz@usc.es irene.garcia@usc.es teléfono/phone: +34 981 563100 – ext. 16535
  9. 9. LA MÁQUINA DE ABRAZARDo dramaturgo español José Sanchís Sinisterra é unha obra que afonda sobre o tema doautismo como síndrome e síntoma crecente da nosa sociedade.Unha viaxe polo universo do autismo a través da cal, as personaxes; Miriam, terapeuta, eIris -a paciente- confróntanse e expoñen no medio dun congreso a realidade emocionaldesta síndrome.HERÓICA 3Nace co obxectivo de investigar e interpretar pezas chave da historia da música de or-questra e relacionalas coa danza contemporánea. Nesta proposta de creación colectiva,a nosa linguaxe definir grazas ao libre uso de diversas técnicas de danza contemporáneasupeditadas ao obxectivo comunicativo da peza e á creación de estilo. Sobre ou escena-rio, é significativa a relación coa peza musical e as diferentes individualidades que, uni-das, crean unha linguaxe propia. e-mail: campusculturae@usc.es neira.cruz@usc.es irene.garcia@usc.es teléfono/phone: +34 981 563100 – ext. 16535

×