SlideShare a Scribd company logo
1 of 54
EDITORIAL
Nestes catro anos que estiven no centro tiven experiencias moi boas, aínda que outras veces paseino
malporalgunhasmaterias.Recordomoibosmomentoscosmeuscompañeiros.O que máis vou botar de
menos será non poder estar aquí para ter preto os bocadillos de baicon que nos fai Pili, aínda que vou
seguir vindo para facerlle algunha que outra visita. Hai materias que me dificultaron o curso, sobre todo
estes dous últimosanos,comoasmatemáticas,peroo bo detodo isto é que levamosunha boa base que
nos vai servir moito no futuro. O resumo destes catro anos é que todos os profesores me axudaron
moito.
Eu o que máis recordo destes catro anos son aquelas clases dos primeiros cursos da ESO nas que
tiñamos que estar divididos en dous grupos. Daquela non me gustaba esta situación porque cría que
eramosdemasiadaxente,peroesteúltimoano a verdade é que o botei de menos. Voume ir deste centro
coaseguridadedeter moibonivel en todas as materias.Osdous anosque nos quedande instituto serán
moito máis sinxelos grazas ao esforzo que fixemos neste centro.
Os catroanosnos queestudei nestecentroaxudáronmemoito,non só a mellorar no ámbito académico,
senóntaménpara formarme como persoa. Aprendín o que realmente era poñerse a traballar, que debía
sabervalerme porminmesmaequeía ter que afrontarmoitascomplicacións durante os futuros anos de
estudo, peroque nadaé imposible.Nonfoisemprefácil,peroprefiroquedarmecoascousasboasqueme
levo e estou segurade que botareimoitodemenos,en xeral, o día a día, pero sobre todo as persoas que
se gañaron o meu afecto e que acaban sendo importantes, porque son as que deixan marca.
Os meus catro anos no IES Castro da Uz foron en xeral agradables, pero (como en todo) houbo
altibaixos.Todososprofesoresmeaxudaron,xa quepensabanque era unha rapaza con moita cabeza e
que podía aprender moito. Ao principio era unha vantaxe contar con tanta confianza por parte dos
profesores, pero a medida que foi pasando o tempo algúns deles comezaron a esixir máis do que
deberían, presionándome demasiado e facendo que repercutise negativamente nos meus estudos. A
pesar destas cousiñas negativas, estou contenta de ter pasado por este centro e de ter estes
compañeiros, xa que se non o fixera non sería a persoa que son, e espero que alá a onde vaia siga
índome así de ben coma nestes anos.
Alberte Ledo Pita, Alba Requeijo Cendán, María Román Pico, Luis López Melero,4º ESO
O ALUMNADO DE 1º ESO PRESÉNTASE ANTE TODOS E TODAS
Como van ser moitos os anos que pasaremos xuntos, queremos contarvos algunhas cousas. Primeiro
comezaremos por dicirvos como lembramos a nosa entrada no centro.
O día 15 de setembro do 2015 comezamos a nosa nova etapa no IES Castro da Uz.
Foi unha entrada agradable, xa que nos trataron moi ben e recibimos moito agarimo dos compañeiros.
O cambio de primaria a secundaria foi bastante drástico pero para ben.
Para nós, todo era novo, unha nova experiencia; os mestres, os compañeiros, as aulas... todo o instituto
en xeral.
A adaptación foimoirápidaxaque o nosotitor, Santiago,é xeniale moidivertido. Recordamoscandonos
dixopor primeiravez que, ser tan poucosíaser bo, e así foi. Temosqueadmitirque, para ser unha clase
de tan poucos alumnos, non é fácil soportarnos, porque algúns, ás veces falamos un pouco demais.
No primeiro trimestre tivemos unha actividade moi particular, o maratón de cine, que nos serviu para
estreitar a nosa amizade cos outros alumnos. Aínda que non viñemos todos, pasámolo moi ben.
No comezo do segundo trimestre xa estabamos acostumados ao instituto, que aínda que nos levou
tempo,poucoapoucofómoloconseguindo.Polo entroido déronnos unhaspequenasvacacións, nas que
non nos deu tempo a moito, aínda que o pasamos moi ben.
Xa no terceiro trimestre, que acaba de comezar, ocorreu o máis apaixonante de todo o curso, a viaxe a
Sevilla. Fómonoso dia 21 de abril ó saír do colexio e volvemos o 24 á hora de comer. Alí, pasámolo moi
ben, e visitamosmoitoslugares,como a Giralda ou a Torre de Oro. Tamén paseamos en barco polo río
Guadalquivir. Para algúns compañeiros foi máis apaixonante que para outros porque era a primeira vez
que viaxaban en avión. Foron uns días moi divertidos
A pesar de todo, este curso foi moi divertido e interesante, tanto no bo coma no malo. Esperamos que o
próximo sexa igual ou mellor.
Javier Fernández
Cando cheguei ao centro era un día que lucía un sol espléndido. Averdade é que me sentín un pouco
triste porque deixara a Fraga, pero tamén felizporque ía comezar unha nova etapa na miña vida.
Os profesoresforon moiagradablesconnóseacolléronnosmoiben,aoigualcós alumnos. Agora que xa
levo aquí bastante tempo aprendín a facer cousas novas e coñecer a novas persoas. Do centro, a
verdade, é que me gusta todo: ás árbores celtas, os compañeiros e compañeiras, o club de lectura...
Espero seguir aquí moitos anos máis.
Lucía Ramudo
O día 15 de setembro era un día chuvioso, iso xa dicía malas cousas... Cousas como a vergoña, a
dificultadedasmaterias,comparadas coas do colexio de primaria, etc. Pero vou comezar coa orde
cronolóxica:noprimeiro trimestre invadíame a vergonza. Todas as materias eran máis difíciles cás
do ano pasado, naturalmente. Pero aínda que fora así, aprobei todo con boas notas. No segundo
trimestre,que comezoudespoisdoNadaledo día de reis, xa non tiñavergoña porquexa falaba con
todas as persoas que coñecera. Tamén me acostumei ás materias, e por iso mellorei nas notas.
Agora, no terceiro trimestre, xa non teño ningún problema, estou feliz e seguirei así ata o fin dos
tempos.
Xoel Carballeira
O primeiro día que pisei o instituto foi especial, porque sentía que estaba comezando unha nova etapa
moi importante na miña vida.
A verdade é que tiña moitas ganas de comezar, pero deume moita pena deixar o meu antigo colexio, a
todos os profesores, eses recunchos que me traían tantos recordos..., os meus compañeiros de toda
unha vida...
No primeiro momento que entrei ao centro xa me sentín a gusto, como se tivera a sensación de
seguridadeetranquilidadequeatodosnos gusta ter. Oscompañeirostratárannose guiáronnos moi ben.
O certo é que estou moi agradecida a todos por axudarnos en todo o que necesitamos.
Os profesores son un encanto, transmitíronnos moita seguridade e axudáronnos a adaptarnos
rapidamente.
Agora que xa levo aquí case nove meses de estudo, de amizade e de confianza sei que os cambios son
máxicos.
Antía Pico
O 15 de setembro cheguei ao IES Castro da Uz moi ilusionada e contenta. Ao entrar no instituto sabía
que era un gran cambio, pero con axuda de todos os alumnos sentín que estaba integrada e xa con
novos amigos.Eles e elasaxudábannos,porexemplo:aencontrarasclasesoua incorporarnosunpouco
máis na vida do centro.
Ao longo do curso estaba contenta, pero canto máis tempo pasa, máis cansa estou, aínda que este
instituto: encántame!
Jessica Leira
A primeiraimpresiónque tiven ao ver o instituto foi como cando de bebé che sacan o chupete. Foi unha
impresión rara, pero emocionante por probar cousas novas e sorprendentes, por ter que estar nun sitio
diferente e descoñecido. Para min foi moi distinto nas materias, porque na escola dábannos todas as
materiasun mesmo profesor, agás relixión, educación física, música, plástica e inglés. Aquí un profesor
dáche cada materia. As cousas cambiaron moito porque cando ía á escola tiña que erguerme ás oito e
media e no instituto teño que entrar a esa hora. Teño tamén clase polas tardes, pero no colexio non as
tiña. As materias son máis complexas no instituto cá en primaria.
Levo aquí moitotempoe xa aprendínmoitascousasnaESO e aíndanon rematei o curso. Cando remate
vou ter moitas cousas que contarlles á familia.
Aldara Pérez
O meu primeiro día no Castro da Uzquedará para sempre nos meus recordos.
Eu estaba moi nerviosa e con medo. Levaba xa moito tempo imaxinando como sería o centro e por fin
estaba a velo e a vivilo.
Despois de coñecer os profesores pasáronseme os nervios e esa mañá, cando saín do instituto, xa
quería volver de novo.
Sabela Rodríguez
O primeirodíadeinstituto foi por mediadosdesetembro.Recordoque era un día chuvioso. Eu tiña moita
ilusión por saber como eran os novos profesores e por saber como era unha mañá no Castro da Uz.
Agora, para min, todas as mañás son normais, pero fai oito meses non o fora, xa que esa mañá
comezaba unha nova etapa na miña vida.
Sara Basoa
O meuprimeirodíafoimoiraro, pero especialparamin.Noncomeceicosoutroscompañeiros, xa que eu
entrei no mes de xaneiro. Era un día que ía moito frío e non paraba de chover. Os meus pais
acompañáronmeatadentrodocentro.O directorlevoumeaclasee coñecínosmeusnovoscompañeiros
e o meu titor. Despois desa clase coñecín a mestra de galego. Eu xamais falei en galego, pero, agora,
con esa mestra sei facer moitas cousas con el. Logo veu o primeiro recreo e foi moi forte e divertido.
Presentáronme unmontóndexentee agora lévomemoibencoa gran maioría. As seguintes clases foron
educación física e francés, e logo volveu o recreo. Despois entretívenme nas clases de mates e lengua.
Ao final da mañá toda a xente marchaba en bus para a casa.
Foi un gran día o 7-1- 2016.
David Hernández
Agora ímosvos contar algo máis de nós para que nos coñezades un pouquiño máis.
Encántame Abraham Mateo porque é unha persoa marabillosa, e grazas a el aprendemos a bailar e a
cantar. Grazas a el os nenos enfermiños teñen forzas para seguir adiante. O día 25 de agosto de 1998
inventouse o nenomáisfermosodomundo, sen el non habería tanta alegría no mundo, tanta esperanza,
tanta forza e tanta humildade.Senel,o mundo non sería mundo. Pero sen as cores tampouco. Grazas a
elas podemos ver as cousas de maneiras distintas. Grazas a elas distinguimos as cousas. Sen elas non
habería esa alegría ou esa tristeza. Sen elas un cadro, un debuxo, unha pintada non serían cousas tan
vivas e tan bonitas.Sen elas unha árbore non sería frondosa e marabillosa. Sen elas as persoas non
teriamos esa alegría. Sen elas non habería o arco da vella. Sen elas non existiría ese
ceo tan azuliño, sen elas eu non viviría.
A miña árbore celta é o amieiro, a árbore do bo gusto.
( Lucía)
A miñacomidafavoritaé o filete de polo. O seu olor é moi refrescante e agradable e ten
un sabor fascinante, se lle botas unha gotiña de aceite de oliva.
O día máisfelize importantedamiñavida foi o 28 de decembro cando vin o meu maior ídolo. Deume un
abrazo que foi tan longocomoorío Miñoeun bicomáisbonito cá primavera. Tiven a sensación de estar
nas nubes con esa persoa tan agradable e alegre que me fixo tan feliz.
A miña árbore celta é o cedro e, cando o vin, compúxenlle este poema:
Tan pequeniño coma unha rosa,
tan verde coma un lagarto,
tan libre coma unha bolboreta,
tan áspero coma un esparadrapo,
tan afiado coma unha agulla,
tan inquieto coma unha nena pequeniña,
tan feliz coma un paxaro
e tan quietiño coma unha folliña.
( Antía)
O mellor día da miña vida foi en Ares. Ese día estaban comigo Sara e Antía. Fomos á praia, alugamos
unha canoa, xogamos na auga azul coma o ceo, tomamos o sol, merendamos e fomos á piscina. Pola
noite paseamos pola beira do mar e máis tarde vimos unha película.
A miña árbore celta é o ciprés que indica fidelidade. Diante del pensei e escribinlle este poema:
O ciprés verde e alto
énchete de alegría
coma se che fixeran cóxegas.
No amencer do ceo alaranxado,
e tan brillante coma o sol,
vese máis fermoso cá lúa.
Na noite dorme.
E dorme así,
tan belo coma o arco da vella.
( Jessica)
O momentomáisfelizdamiñavida foi candonaceuomeuprimo.Estabamáisfeliz caunnenopequeniño
comendocaramelos.Aquelmomentofoimáisespecialdoquepensaba.Elera o nenomáisfermosoentre
todos. Era tan alto comaunhapóladunhaárbore.Agora é menosrevoltosodo que imaxinaba, pero corre
polo campeiro tan rápido coma un guepardo e é máis doce cós pasteis. É o mellor primo do mundo.
A miña árbore celta é a nogueira que simboliza a paixón e ten a cor azul de aliada.
Así lle escribín cando a vin:
A nogueira é paixón,
tan pequena coma un caramelo,
pero tan forte coma os latexos do corazón.
O azul é a súa cor,
azul profundo de emocións,
azul tranquilo, azul sereno,
azul real e verdadeiro.
Baixo a nogueira de pólas estendidas
encóntrome eu alí protexida.
Tamén me gusta debuxar. Aquí vos deixo unha mostra.
(Sara)
O mellor recordo da miña vida:
Á metade da rúa víase un descampado. Ao final dese solar aparecía a fachada dunha casa de pedra,
limpaeaseada, coa delicadeza de detalles coma as cortinas das ventás, a hedra que cubría a parede e
os testos diantedunhaesvelta porta. Detrás daquelacasacontemplábaseunhahortaeun gran hórreo. O
terreo estaba cheo de numerosos cultivos arroupados por altas plantacións de millo. Nun extremo,
dándolle a sombra dun muro de pedra, encontrábase un gran limoeiro, cargado de boísimos limóns. As
súas pólas pesaban tanto que ata había algunha que caía ao chan, xusto a piques de esmagar as
preciosas lavandas que a miña avoa cultivaba, para logo, con elas, perfumar toda a casa. Oíanse os
cantos dos paxariños e as risas de cando a miña nai e os seus irmáns xogaban de pequenos. Ao entrar
na casa escoitábase a miña bisavoa palillando, aquel son que facían as pezas de madeira cando
chocaban unhas contra outras. O mellor de toda a casa era a ventá que había no tellado da habitación
principal. Dende alí víanse as estrelas da noite e a auga cristalina da praia dos Muíños.
A miña árbore celta é o olmo e a el dediqueille este poema:
O olmo
Un olmo vello, vello polos anos,
desgastado polo vento,
polas choivas de abril e maio.
Que casca máis fina!, dille o reiseñor ,
fina como as miñas plumas,
amarelas coma o limón.
Que pólas tan fermosas!
Tan fermosas coma o mar,
ou coma as andoriñas marchando do seu fogar.
(Sabela)
O momento máis feliz da miña vida foi a viaxe que fixen a Madrid. Cando fun era máis pequeno que
agora.Madridtiñaun zoo, que eratan grandecomaa Warner. Fun a ese zoo coa miña familia, incluíndo
á miña irmá, que era daquela un bebé. O animal máis pequeno era un rato. Ese rato era menos valente
queo elefante quetiña ao lado.Ese elefanteera o máisgrandedo zoo, chamábase Trompi, e era o meu
mamífero favorito.
A miña árbore celta é o castiñeiro e a el fíxenlle este poema:
O castiñeiro é
sinónimo de honestidade,
fucsia é a súa cor máis amable
e é a máis fermosa de todo o parque.
É unha árbore agradable
tan alta como Xavier
e menos pequena que Xoel.
Esta árbore pode crecer
mentres ti estás a correr.
(Xoel)
O mar transmíteme paz e tranquilidade. É como ulir o olor dun bebé ou como estar co meu curmán. O
seu olor é salgado, pero á vez refrescante e doce. Cando me baño no mar sinto que estou libre, que
estou completamentesoanomundoeno universo. É unhasensacióntanmarabillosacomaulir unha flor.
A miña árbore celta é o álamo:
Álamo verdadeiro e forte,
a Eduardo Pondal está dedicado.
Árbore esvelta e alta,
coas ramas nacendo dende abaixo.
Follas verdes brillantes e amarelas.
Álamo forte e seguro,
delicado e fráxil.
Es a miña árbore. ( Aldara)
OPINIÓNS
A CRISE DOS REFUXIADOS SIRIOS
A día de hoxe, Europae todos os demaiscontinentesestándirectamentevinculadoscosacontecementos
de Siria. Nesta situación, moitas familias atópanse desprotexidas e precisan da axuda doutros países.
España e os países veciños están a amosar unha actitude de rexeitamento fronte á acollida destas
persoas.
Desde comezos deste ano, o tema dos refuxiados cobrou moita importancia nos xornais, na radio, nos
telexornais, etc. A maior parte das noticias relacionadas con isto están vinculadas coa pasividade que
amosa a Unión Europea fronte este problema. Un claro exemplo é o acordo asinado entre a Unión
Europea e Turquía. As cifras de refuxiados acollidos no noso país son vergonzosas e irrelevantes, así
como tamén o son as persoas dispostas a prestar a súa axuda con alimentos, roupa de abrigo e outros
bens de primeira necesidade, pois unicamente 18 sirios recibiron asilo en España.
Nesta situación nonsetrata deser caritativo senónde acolleramilesde persoas que, no contexto bélico
no que está a vivir o seu país, precisan a seguridade de contar cun fogar. É por isto que neste momento
non lle podemos dar as costas a todos estes seres humanos que precisan da nosa axuda agora.
Polo tanto, se todos deixáramos de mostrar unha actitude egoísta ante a devandita situación, moitas
familias poderían asegurar a súa supervivencia e comezar unha nova vida.
CristinaOtero, 2º BAC
O tema dos refuxiados é un dos debates máis candentes actualmente a nivel internacional.
Con motivo da guerra de Siria, moitas persoas foxen do seu país, e nós, os de Occidente, negámoslle o
paso; decisión que o noso propio goberno adoptou sen consulta previa de ningún tipo.
En primeirolugar,debemosdiferenciarclaramenteosmotivosdeste conflitodaproblemática relacionada
coainmigración,dúas cuestións que poden parecer similares e que poden conducir a erro. Pero trátase
de problemas totalmente diferentes e, polo tanto, esixen un tratamento distinto.
Persoalmente dita decisión mencionada con anterioridade, paréceme totalmente inhumana. Poñemos
escusas e barreiras estúpidas para non axudar a persoas que están a escapar da morte. Ao fin e ao
cabo,cerrándollesasportas, estamossendoparticipesdunxenocidio.Osgobernosoccidentaisaférranse
a argumentos relacionados fundamentalmente co incremento do gasto social que supoña para nós a
permanencia da poboación refuxiada no vello continente, razoamento que ao meu parecer resulta
totalmente incoherente, xa que, como mencionaba con anterioridade, estas persoas non veñen para
conseguir axudas sociais, senón para escapar da morte.
Como conclusión, considero que as medidas acatadas non son as correctas. Creo que entre todos
debemos chegar a un acordo para intentar solucionar este problema, cerrar os ollos e mirar para outro
lugar non é a solución.
Humanidade é o que nos fai falta, e non escusas de fundamento económico.
MaríaAllegue, 2º Bac.
ACOSO ESCOLAR
Sen dúbida atopámonos nunha etapa na que o “bullying” aumentou considerablemente.
O acoso escolar cada vez é máis frecuente e vese agravado máis aínda pola utilización das novas
tecnoloxías.
Os nenos e nenas de hoxe teñen a maioría acceso ás novas tecnoloxías, como consecuencia disto
vemos que, debidoasúa malautilización,oacosoescolar,ademaisderealizarsena escola,chegaataas
casas.
Antes bastabaconcambiaraonenodecolexioparaevitar ese acoso, pero agora o bullying continúa fóra
da escola.
Os estudos realizados amosan que a maior parte das vítimas non manifestan aos seus pais que están
sufrindo acoso.
Tamén é certo que os nenos obteñen o teléfono con moi pouca idade, os cales non teñen unha
capacidade de xestión xa que aínda son moi inocentes.
Comoconclusión,opinoqueasnovas tecnoloxíasagravano acosoescolar,ocaldebeser paralizadonas
aulas para evitar que continúe posteriormente, pero iso hoxe en día é moi complicado.
RaquelBéjar,2ºBAC
Unha das máis recentes polémicas vividas no noso país é a que causou Pablo Iglesias hai uns días ao
asegurar publicamente que se sentía atacado por un xornal.
É obvio que, aínda que os medios de comunicación deberían ser obxectivos, cada vez teñen una
ideoloxía máis marcada. Isto reflíctese sobre todo nas portadas, onde podemos observar como se dá
importancia a determinadas noticias e nin sequera se nomea outras, xa que prexudican a un partido ou
individuo afín.
Esta falta deobxectividadeestáamparada,segundo moitos profesionais pola liberdade de prensa. Pero,
nondeberíancontaros cidadánscunmedionoquepoder confiar, sabendo con seguridade que todas as
noticiasseráncompletamenteneutrais? Destaforma os lectores non estarían influídos e poderían formar
a súa propia opinión dos acontecementos.
Para expresarunaideoloxía,casetodos os mediosdecomunicacióncontanconapartados onde se pode
expresara opiniónpropia,comovemosnosxornais, polo que as noticias non deberían ser utilizadas con
ese fin.
Ana Baamonde,2ºBAC
O Parlamento británico vén de rexeitar a emenda para acoller 3000 nenos sirios e iraquís refuxiados.
Estes nenos xa se atopan en Europa, mais sen pais, sós e asustados. Os conservadores que votaron en
contra, xustifícanse en que favorecería as mafias.
Aínda quexa non sexade interesemediático,osenfrontamentoscontinúanenSiriae, con eles,o número
de refuxiados que escapan da guerra. Como a axuda da UE é mínima, moitos sirios recorren ás mafias
para poder fuxir dese inferno. Non os culpo. Soamente buscan unha vida mellor e os conservadores
están equivocadosdicindoqueacollerestes nenosfomentaráaactividademafiosa. É todo o contrario: se
desde un inicio Europa respondera á chamada de auxilio dos sirios refuxiados, estes non se verían
obrigados a recorrer ás mafias para cruzar as fronteiras. Ademais, incluso se de verdade favorecera as
nomeadas asociación ilegais, a vida de xente inocente entre os que se atopan miles de nenos debería
primar sobre calquera preocupación económica ou preocupación pola actividade ilegal.
Situaciónsespeciaiscomaestarequirendemedidasextraordinarias.O parlamentobritánico non semella
ter empatía suficiente coma para abandonar o egoísmo e socorrer a estes miles de nenos asustados,
famentos e sen familia. Xa tiveron que vivir una terrible experiencia; deberiamos ser comprensivos e
ofrecerlles o máis parecido a un fogar.
NataliaFraga,2ºBAC
O pasado día 21 de Abril, en Minnesota, faleceu un dos artistas musicais máis recoñecidos do noso
tempo, Prince Rogeus Nelson.
O cantante compositor e multiinstrumentalista de pop, funk e outros xéneros, nado no mesmo estado
americanonoquefoi atopadoo seucadáver, aprendeuatocar o piano pola súa conta, repetindo de oído
sintonías da televisión. Cando os seus pais decidiran divorciarse el tiña sete anos.
A mortedo músicofoiunfeito queafectou a moitos e tamén os sorprendeu. Iso débese a que, sen ter en
contaunhaaterraxede emerxenciaque tivo que levar a cabo o piloto do seu avión uns días atrás porque
o artista necesitaba asistencia médica, Prince non amosaba ningunha enfermidade moi grave, tan só
unhagripeque xa levababastante temposufrindo,pero quenon o detivo na súa actuacióndo14 de abril.
Porén, poloqueactualmentepodemossaber sobre a morte do americano, non foi a gripe a causante da
perdidamundial. Polo que parece, o músico levaba sen durmir e traballando unhas 154 horas, feito que
podíadeberseó excesode analxésicosqueoartista empregaba polo problema de cadeira que tiña. Esa
confesión, aportada polo seu cuñado, eliminou a idea dun suicidio, que moitos tomaban como posible
causa,xa queexistían rumoresdeque Princeintentara suicidarsecandoperdeuoseufillopoucodespois
de este nacer.
Actualmente, as autoridades seguen a investigar as causas da morte, e moitos fanáticos da música de
Prince néganse a pensar na posibilidade de que o seu ídolo, quen xa sufrira abondo coa perda do seu
fillo e do seu nome artístico por culpa da Warner Bross, tomara drogas e, por acción destas, sufrira esta
sobredose, que lamentablemente o levara á morte e a sufrir esas horas sen poder durmir.
Adrián Ramos,2ºBAC
Ultimamente nas noticias podemos ver que o problema de corrupción é o tema máis actual, debido á
rechamante participacióndediversoscargospúblicos e famosos deportistas ou directores de cine. Cada
día, candoó mediodíapoñoasnoticias,aparecenmáisemáisnomes coñecidos nos famosos papeis de
Panamá. Como cidadá esta situación indígname, ao ver como as persoas que máis teñen aínda son
capaces de ter a pouca cara de defraudar e intentar esconder grandes patrimonios, mentres na rúa hai
xente que non ten nin onde durmir e incluso ten que buscar comida no lixo para poder sobrevivir.
Obviamenteconsideroquetodos osdefraudadoressonculpablese,sinceramente, que vaian ao cárcere
a min no me preocupa, porque encima teñen privilexios. O que terían que facer é devolver todos eses
cartos e así melloraría a calidade de vida de todos os cidadáns.
De entretoda esa pandade defraudadores,osquemáismecabrean son os políticos. Paréceme incrible
que un posto creado para defender o pobo por encima de todo como é o de presidente do goberno e
ministros, se denigre desta maneira por culpa de xente que o único que busca é un beneficio propio.
Para min a política é unha ciencia incrible, capaz de elaborar moitas cousas e capaz de axudar os
cidadáns e dóeme que catro aproveitados denigren esta profesión ata o punto de facernos odiar a
política,e encimateñanacarade, mentres eles defraudan, ver como acaban cun país ao que lle custou
moito esforzo estar onde está. Mentres eles se enriquecen non dubidan en botarnos a culpa aos
traballadores e a fritirnos a impostos e reducións de salarios.
Na miñaopiniónénecesariounlavadocompletodapolítica,peroa isto úneseunhapreguntaque non ten
fácil resposta, sería alguén capaz de chegar ó poder e que este non o corrompa? Non se sabe, pero
debemos arriscarnos, xa que esta situación de que uns se forren mentres outros morren de fame, non
pode seguir así.
CarmenGonzález, 2º BAC
LOS EMBRIONES CRECEN EN EL ESPACIO
“Un equipo chino demuestra por primera vez, en un modelo de muestras de ratones puestas en órbita,
que la reproducción en estas condiciones puede ser posible”
Tema típico onde os haxa, a exploración do universo é unha das actividades que máis fascinou o ser
humanodesdeosseus inicios,ea calse podelevar a cabocadavez dunhamaneiramáisexacta (grazas
á melloradosinstrumentoseprocedementos).Peroa raíz distotrátase defacer fincapé e investigar cada
vez máis sobre a posibilidade do ser humano de emigrar a outros planetas.
Aínda queesta cuestiónnospareza máisben “de cine”, é un feito que é posible que a Terra se converta
nunlugar inhóspito,imposibleparaavidatal e comoacoñecemos,antes do concertado, afectando así á
supervivenciado seuhumano;isto provocaunhabuscadesoluciónaeste dilema,dentrodascales entra,
pois, a buscadoutro(ououtros) planetasondesi se poidamantera vida tal e comoa coñecemos. Porén,
a ciencia aínda non deu con tal planeta. Non obstante, á hora de pensar neste tema, vennos á mente
outro factor que o caracteriza, como sería o modo de viaxe e o tempo do mesmo. Araízdisto aparece o
tema tratado na noticia en cuestión: a posibilidade de supervivencia do ser humano no espazo. Pois, se
non conseguiramos sobrevivir en dita viaxe, de pouco nos ía servir facela, xa que concibimos
previamente que “sería demasiado longa”.
Especificamente, o informe revela que, tras un experimento chinés, certamente pode ter lugar a
reprodución no espazo, e o cal dá lugar a diferentes interpretacións por intelectuais coma Peter Leung
(investigador da Academia Canadense de Ciencias para a Saúde), que opina que terá un impacto
fundamental na bioloxía reprodutiva e suporá enormes beneficios potenciais para a saúde humana; ou
David Elad (Universidade de Tel Aviv), o cal entende que o experimento permitirá unha comprensión
profundados factoresbiolóxicosdareproducióntemperá.Poréno factor máis loxicamente deducible é a
posibilidade de supervivencia do ser humano fóra da Terra en caso de evacuación desta, e o cal si
proporciona unha información moi valiosa á ciencia contemporánea e, en xeral, ó ser humano como
especie.
XairoCalvo, 2º BAC.
DESPEGA A REVOLUCIÓN DOS DRONS CONTROLADOS POLAMENTE.
O mundodaaviacióndedronsleva enauxe dendehai escasos anos, xa que estes vehículos aéreos non
tripulados comezaron a aplicarse a moitos terreos, aproximadamente dende comezos do 2014. Algúns
destes campos son a agricultura, xa sexa para control de pragas ou xestionar os cultivos; as
emerxencias, axudan a salvar persoas que quedan illadas en zonas de difícil acceso ou os envíos de
empresas como Amazon, que xa os utiliza para determinadas entregas.
O último complemento que se lles engadiu a estes vehículos foi o control mediante a mente, isto pode
parecer un avance sen interese practico, só un logro meramente científico, pero non é así, senón que
permite o acceso a estes dispositivos á totalidade da xente, xa que ata agora para conducir un dron
cumpría ter un carné que o autorizara.
O funcionamento destes vehículos comprobouse nunha carreira na universidade de Florida, onde se
elaborou o proxecto. Aproba foi un éxito rotundo e pronto serán comercializados.
Na miñaopinión,estesaparatospodensupoñertodaunharevolucióne facera nosa vida moito máis fácil
o día de mañá,e xuntoa outros inventos recentesun doscampos de investigación onde máis queda por
descubrir, no sentido de buscarlles máis aplicacións e facer máis patentes.
Álvaro Rodríguez, 2ºBAC
O TERREMOTO DE ECUADOR
Fai cuestión de semanas un gran terremoto de aproximadamente uns oito graos afectou a zona de
Ecuador, e as consecuencias foron catastróficas, causando grandes estragos nas súas estruturas que
apenasestabanpreparadas para afrontar tal tremor. Acifra de mortos e feridos ascendeu aos 655 e 800
respectivamente, unha cifra que segue en aumento co paso dos días. Os equipos de busca e rescate
están a plenorendemento,loitandoparaencontrarcalquera desaparecido, vivo ou morto, entre o entullo.
Este sismoé o maisforte dendeo terremotode Colombiade 1979. As súas ondas sísmicas chegaron ás
zonas mas sureñasdeColombiaeas súasréplicasaíndaafectan aoshabitantesde Ecuadorquedormen
nas rúas por medo a que lles caia algún edificio encima.
Pero isto non é todo, o presidente de Ecuador, Rafael Correa, con finalidade de recadar fondos para as
zonas maisafectadasaumentouosimpostosdo IVA endous puntosdurante un ano enteiro, ademais de
retirar undía desalarioa aquelaspersoasquegañenmáisdemildólares ó mes. Non só os ecuatorianos
intentan reconstruír este desastre, senón que hai moitas organizacións, entre estas españolas, que
aportan comida e refuxio a moitos cidadáns ecuatorianos. Porén, estas axudas non son suficientes.
Nonobstante, cabedestacar que non todo rematou. Hai posibilidades de que o sismo provoque un gran
tsunamiquevolva sacudir toda a cidade,epor iso, moitoscidadáns,entre estes pescadores, dormen ao
pé do mar por se atopan algunha anomalía para fuxir do perigo.
Na miñaopiniónconsideroque este sismo é una das maiores catástrofes xeolóxicas nos últimos anos e
compároo coterremotoeo tsunamideFukushima,noticiaacal me conmoveu moito. Eu creo que todos
debemos axudar os ecuatorianos, ben de forma económica ou con man de obra. Este país estaba
pasando por una mala racha económica e a traxedia acabou con calquera posibilidade de saír adiante
para converterse nun país desenvolvido.
Para concluír, gustaríame dicir que non só a axuda económica é suficiente xa que debemos ser
solidarios, en concreto, aqueles países que dispoñan de suficientes recursos, sobre todo non ignorar
estas situacións como desgraciadamente facemos cos refuxiados.
Raúl Tojeiro,2ºBAC
Tensión debido ao mísil que Corea do Norte lanzou dende un submarino
A pasada semana, Corea do Sur experimentou o lanzamento dun mísil de medio alcance por parte de
Coreado Norte, queleva tempoperfeccionandoasúacapacidadenuclear,poñendoespecial interese en
poder lanzar este tipo de arma dende submarinos.
Algunhas fontes de Corea do Sur din que o mísil caeu ao mar de Xapón despois dun par de minutos de
voo nos que percorreu preto de trinta quilómetros.
Este disparoformaparte das probasde armamento que o réxime norcoreano leva realizando durante as
últimassemanascomopartedospreparativospara o próximo congreso do Partido dos Traballadores de
Corea, que se realizará a comezos de mes de maio.
Coreado Norte ten sanciónsquevetan as probasnuclearesedemísiles balísticos, pero xa intentaron un
lanzamento similar o ano pasado. Distribuíronse imaxes dun mísil saíndo da auga, aínda que afirmaron
que estas eran falsas.
Certamente, o que Corea do Norte está a facer está mal. É necesario que o resto dos países colaboren
para poñerlle freo a estas accións, pois a este ritmo podería estalar a 3ºguerra mundial.
Brais Pico,2ºBAC
A realidade semella ser un videoxogo; lévanse a cabo feitos atroces, existen situacións insotibles,
asasinatos terroríficos… Porén carecen da importancia e atención que necesitan ou resultan distantes,
incluso fictícios aos nosos días. Ilusos de nós, se pensamos que estaremos sempre do mesmo lado da
pantalla.
Se lemos calquera xornal ou vemos as noticias na televisión resulta doado atopar situacións realmente
dramáticas. De feito, os seus protagonistas semellan vivir ( ou máis ben, sobrevivir) noutras realidades.
Obviamos así a existencia dun único mundo. Un mundo onde convivimos todos e un mundo que nos
somete,por igual,á incertezado futuro. Deste xeito, aínda queagoragocemosdunhavida“ acomodada”,
ninguénnospodeasegurara contuinuidadeperpetuadesta.Ademaisacustúmasea dicir que a historia é
cíclica:amiseria,a caristía,as guerras, a violencia…sempreestánpresentes.Quizaismudandelugarao
longodo tempo, pero (tristemente) parecen inevitables. Un exemplo disto é a realidadce actual de Siria.
Dita comunidade era a rexión oriental máis avanzada, existía unha plena tolerancia relixiosa, tiña as
maiorestaxasde escolarización…Naactualidaderedúcese a violencia, cinzas e millóns de persoas que
intentan refuxiarse noutros países. Situación que parece irreal na nosa realidade, é aquí o momento de
destacar a nosa mala memoria. Os nosos avós viviron o horror dunha guerra civil e unha cruenta
posguerra. Eles foron os refuxiados hai unhas cantas décadas.
A realidade que constitúe o noso mundo, somos nós. É dicir, a Historia é única, foron os nosos pais e
avós, somos nós ou serán os nosos fillos. De feito, quizais, este presente converterase nunha realidade
utópica nun futuro.
Antía Durán,2ºBAC
QUEN PUIDERANON FACELO
Dilemamoralseríaocualificativoqueonoso profesor de filosofía poñería a esta situación, a situación de
Andrea, unha rapaza de doce anos hospitalizada no clínico de Santiago. Que facer?
Esta nena pasou toda a súa vida hospitalizada por culpa dunha enfermidade xenética irreversible. Hai
poucosdías esta enfermidade chegou ó seu fin, e cando este tipo de enfermidade remata por absorber
por completo o paciente, este acaba o seu tránsito pola autopista da vida. Andrea está vivindo porque
unhamáquinaestátermandodasúavida artificialmente.Aconsecuenciadisto,osseus pais, comotitores
legais,decidiron pedir ó hospital, onde a súa filla está ingresada, que a desconectasen desa máquina e
así acabarcoa súa agonía. Para min non é nada raro, nin moito menos unha atrocidade, que estes pais
queirandeixardever á súa filla nesasituación,quenona queiranver sufrindo.Está cerebralmentemorta,
ela non sente, ela non vive realmente. Estes pais non queren ver á súa filla sufrir, queren que acabe o
seu ciclo da vida recibindo unha morte digna.
É evidente que non o fan por egoísmo propio, nin moito menos. Non creo que ningún pai desexe ver
como a persoa que máis quere no mundo morre, porque un pai sempre quere o mellor para o seu fillo.
Xan Paz, 2ºESO
UN ANXO CHAMADO, ANDREA
Érase unha vez, nun presente moi inhumano, unha neniña chamada Andrea.
A vida de Andrea -apagouse-eunhaterriblemáquinasegue forzando o seu corpo a manterse aceso. Os
seus pais queren deixar ir o seu pequeno anxo porque saben que o reloxo xa non marca as horas para
elae en toda a súa almareinaador. Necesitanseguir adiante. Andrea merece unha morte digna, pero o
estado non quere deixala saír desa gaiola na que a teñen coma a un experimento.
Nonparecedeconto?Nonparece algo surrealista? Asumamos a realidade, permitámoslles aos pais de
Andrea dicirlle un adeus co corazón.
CristinaSouto, 2ºESO
SOLIDARIOS CON TODOS E CON TODO
Uns días antes do Nadal un grupo de argalleir@s, aproveitando o diñeiro recadado coa revista
Argalladas, feita por nós o ano anterior, fomos ao Eroski comprar alimentos para que as persoas máis
necesitadas da nosa vila pasaran un bo Nadal.
Nesta compra tan especial, compramos alimentos moi variados dende os propios do Nadal, coma o
turrón,os mazapáns, ata os máis básicos, coma leite,cereais,conservas...
Taménnosdivertimosmoito,xaquetiñamosqueaplicaras nosas mellores matemáticas para ir botando
contas despois de ir collendo os diversos alimentos, e para a nosa sorpresa, as contas déronnos
EXACTAS, o que demostrou a nosa capacidade matemática.
E finalmente a concellería de servizos sociais da vila veu recoller todos os alimentos ao centro para
repartilos entre as persoas máis necesitadas da nosa vila.
Pero non só nos divertimos, tamén quedamos satisfeitos de poder realizar esta gran labor solidaria.
Representantes d@s argalleir@s na compra solidaria.
Vicente,Xavi e Xan, 2ºESO
EXHIBICIÓN SOLIDARIA DA GARDA CIVIL
O día 4 de Maio na Canle IV houbo unha exhibición solidaria da garda civil para recoller alimentos e
material escolar para os nenos e as nenas refuxiad@s sirios.
A convocatoria comezou cunha exhibición de cans. Os tres primeiros eran moi obedientes; a seguinte
detectabadroga,unneno colocouunhamaleta e a cadela en canto a localizou púxose tola! Comezou a
roela e rabuñala ata que sacou un pano. Despois, outro can detectaba explosivos, outra voluntaria
colocou unha caixa con explosivos e cando o can a viu quedou sentado ao seu carón. Por último, outro
can logrou atopar entre varias caixas unha muller ferida, os gardas axudárona a saír da caixa e
trasladárona nunha padiola. Asegurárona ben e subírona ao alto dunha grúa, para baixala fixeron unha
tirolina pola que a descenderon ata chegar ao chan.
Candorematouesta parte un gardaensinounos unha gran exposición na que había diferentes vehículos
do corpodeseguridadedoestado,postos de identificación dedroga,balística … unmilleiro de aparatos
e transportes para os diferentes desprazamentos e intervencións que teñen que facer.
Comezamos coas motos nas que patrullan e subiron varias persoas, despois fomos ao helicóptero,
fixemosunhacoladehoras, na quea TVG sacoualgúnplanonoso.Candosubimosao helicóptero algún
deuun golpena cabeza,pero foi moidivertido! Ensináronnos como se tiñan que poñer os cascos, como
falaban entre eles e moitas máis cousas.
Por último,algúnsfomos aos cochespatrullanosquese escoitabachamaraos“Kompitruenos” aberros
polos altofalantes e outros foron ao furgón que conducía Juan.
Todos e todas levamos algúns alimentos para que os enviaran aos nenos e ás nenas refuxiados sirios.
Borja Pita, 2ºESO
CONTOS PARA A PAZ
Algúns argalleir@s das letras formamos parte do grupo de contacontos, “Argalleir@s pola Paz”, que se
formou hai catro anos. Se comezamos coa idea de achegarlles aos máis pequeniños a necesidade de
conseguirquenestemundoaPaz sexa a quereineen todos os continentes,agora, cremos que, imos ter
que ampliar o noso repertorio, como vos daredes conta ao rematar de ler este artigo.
Este cursofomoscontarunhashistoriascunhamensaxe especial, con motivo do día da pazaos nenos e
nenas de educación infantil do CEIP AFraga nas Pontes. Estabamos cun chisco de nervios por mor de
quefoi a nosaprimeiraactuaciónanteunpúblicotandifícil.Aínda así, intentamosfaceloo mellor posible,
e que os nenos e nenas pasaran un bo rato. Pese ao noso esforzo, non quedamos moi contentos co
resultado da nosa primeira posta en escena.
Antes de comezar a actuación co noso público Sofía e Elvira nun momento da actuación Despedíndonos
A experiencia vivida serviunos para mellorar o que xa sabiamos e así comezamos a ensaiar, ensaiar e
ensaiar. E vaia se pagou a pena este tempo, porque a seguinte actuación foi un éxito total!
A nosa seguinteactuación,foino CEIP MenéndezPelayo, en Lugo.Nesta ocasiónosnervios disipáronse
e, tanto nós comaosnenos, pasamosunrato moidivertido. Comezamoscontándolles de onde veñen os
contos e Sheila, Carla, Cris, Álvaro G., Alberte, Sara, Andrea e Alba conseguiron que os espectadores
quedasenabraiados.Logotiveronque participarmoitoconnós,xaque Sara conseguiu que nadaran con
ela e puxeran nomes ao seu golfiño, Álvaro S. que riran ata máis non poder coa súa fochanca, Icía
descubriulles que “fueguito” era cada un deles, axudaron ao vento e o o sol ( Cris e Carla) a saber quen
era máis importante, convertéronse en buscadores con Álvaro S., Dani e Álvaro G., descubriron nomes
moi tristes con Alba, quixeron comer algunha galleta con Alberte e Alba, Andrea contoulles como era a
paz perfectae pararematarAlba fixo que os nenose nenasremarancoapaz. E todo isto coamúsicaque
Sofía e Elvira poñían a cada conto e que escoitaban moi atentos os nenos e nenas.
O noso próximo destino será o colexio “Andaina” en Culleredo. Aí
estaremos o día 9 de xuño e agardamos que os nenas e nenos
pasen un rato agradable con nós.
Icía Basanta, 2ºESO
DÍA 25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE
XÉNERO
@s argalleir@s das letras e todo o alumnado do centro está concienciado
para poñer fin a todo tipo de violencia. Así o reflectiu Cristina no seu
debuxo.
E baseándonos nos poemas de Carlos Negro realizamos esta selección
para amosar o noso compromiso ante esta indigna situación que viven as
mulleres.
A que sabe o amor?
A porta sen casa.
A vento do norte.
A cabo do mundo.
A luz de tormenta.
A planta carnívora.
A zume de zucre.
A laña nos labios
A cuarto escuro.
A mar de fondo.
A eclipse de lúa.
A pupa no dedo.
A luns sen clase.
A día sen hora.
A tempo perdido.
1.- A MARÍA E POR TODAS AS MARÍAS, ESTAMOS AQUÍ :
“maría”
maría ten alma peitos e trenza de apache
e sete fillos e un home e a casa e o agro
maría xoga a vida coas cartas marcadas
un mandil de ferro
varices azuis
a tele rosa
(femíneos destinos)
maría son a tribo das fortes sen rival
a raza das rosas altivas de corcoesto
as que cosen roupa clandestina para as fábricas
as que limpan o colexio a oficina e o despacho
as que maquillan a cara contra os puños do home
CARLOS NEGRO
2.- XA QUE berramosEESIXIMOS QUE: Nunca me pintes costuras nos labios.
PORQUE RESPONDEMOS ASÍ A UN CUESTIONARIO:
Mordes as unllas ou lévalas á última?
As unllas úsoas para rabuñar a pel dos peluches.
Prefires barra de labios ou brillo?
Prefiro óxido na lingua, cuspe e dinamita.
Cal é a túa pose favorita?
A posición dunha percha no armario.
Estás apuntada a clases de dance?
Estou apuntada a unha danza de contradicións.
Gústanche os gatiños como mascotas?
Escollo o negro da pel da pantera.
Canto tempo pasas fronte aos espellos?
Procuro esquivalos para que non me devoren.
Cal é o teu mellor truco de belleza?
Dubidar, non sentirme evax fina y segura.
Como imaxinas un chico dez?
Case tan perdido coma min, pero sen tetas.
Es feliz?
Non che me pasa pola cabeza ser un parrulo no estanque.
3.- PORQUE SOMOS AS MULLERES DO FUTURO E QUEREMOS QUE A VIOLENCIA DE XÉNERO
REMATE XA, REAFIRMÁMONOS NESTA
“Declaracióndeindependencia”
Nincontoda a maxiadeHarry Potter,
nincontodo o encantodeJustin Bieber,
conseguirásquellesigaoutravez o xogo
a un pibequesó bota cuspepolaboca.
Porquexa non creonasreverencias
dos príncipesquenonlavan a lingua.
Porquesó confíonos labiosdos cegos,
nas palabrasquenonmancanpordentro.
6.-E ARGUMENTAR
“5 RAZÓNS POLAQUE CORTARÍACONTIGO”
Se me fechas as portas que non existen.
Se me envolves en papel de agasallo.
Se me tocas como un mando a distancia.
Se me negas moito máis de tres veces.
Se me dis que son o aire que respiras.
7.-PORQUE TEMOS TRUCOS DESDE PEQUENAS
“TRUCOS DE AUTODEFENSAPERSOAL”
Cando se cruza comigo no patio
e percibo a baba dos seus ollos
pousados como lesmas nos meus peitos
gustaríame ser salvaxe e libre
como Beyoncé cando canta e baila
e dun golpe violento de cadeira
- Shake it up, baby, shake it up-
mandalo lonxe da miña vista,
a un lugar perdido da galaxia
onde o desexo non cheire a sangue
nin deixe na pel un rastro visguento
que non sae nin con sales de baño
nin co estropallo verde dos cacharros.
4.-PORQUE SABEMOS O QUE NON NOS
GUSTA
“VERDADE, BICO OU ATREVEMENTO”
Pediume un bico.
-sóubome a lixivia-
Intentou tocarme.
- ortigaba cos dedos-
Díxenlle a verdade.
- mellor que pares-
-
5.-PORQUE SABEMOS DICIR:
“Non teño ganas de ti”
Fai favor, vai liscando.
Provócasme inapetencia.
Vas a saco pola vida,
con ese xeito de andar
que arrasa con todo,
hormonas, piercing
e camiseta axustada.
Mais cando falas,
convérteste en sapo,
reduces as palabras
a sílabas descosidas.
E a min, meu little boy,
ponme a mil esa boca
cunha curva tan suave,
mais non me abonda
se detrás deses labios
non ofreces máis nada
que tres ou catro frases
tan falsas como as pelis
de malotes supercachas
con bíceps de deseño
e linguadeestropallo.
8.-PORQUE SOMOS FORTES E SINCERAS
“SECCIÓN DE CONXELADOS”
Cando dis amor métome no frigorífico.
A carón do peixe e da masa para pizzas.
Xusto debaixo das croquetas do domingo.
A ver se así, en frío, comprendes dunha vez
o significado de respectar as distancias,
a negación que transmite un NON nos meus labios:
rotunda como un stop ou un semáforo en vermello.
9.-E NON ATURAMOS A FALTA DE LIBERDADE
“FÓRADE CONTROL”
A quen chamo, como visto, onde andabas metida...
En canto valoras, myboy, este corte de mangas!
10.- E NON QUEREMOS VIVIR SITUACIÓNS ASÍ
“Princesa (contra) Disney”
Cuspo os chícharos
agochados no colchón
como se fosen balas.
Arrinco o vestido de seda.
Íspome e pego un berro
que escacha as porcelanas.
O cabelo longo semella atadura.
(As tesoiras fanme menos escrava).
Fuxo da torre.
Da mazá envelenada
da obediencia.
Fendo os ferrollos.
Pelo curto,
lingua solta, .
Respiro fondo,
corro descalza.
Comezo a alancar
cara a esa gándara
máis alá dos espellos.
(Vaime volvendo a voz
que perdín en palacio).
11.-NIN TER QUE SEGUIR NINGÚN TRATAMENTO, AÍNDA QUE SEXA
“TRATAMENTO DE BELEZA”
Xa está.
Xa pasou.
Corto contigo.
Despréndome de células mortas.
Doume unha masaxe de autoestima.
Aplico ao corazón cremas hidratantes.
E reciclo as bágoas como auga para as plantas.
12.-PORQUEESTAMOSSEGURASDECOMO SOMOSE,TAMÉN, DO QUE NON QUEREMOS E DE
A QUEN NON QUEREMOS:
“ZAPATO DE CRISTAL ( VERSIÓN 3D)
Non, non estou disposta para outro encantamento.
Aínda que te me poñas triste e de xeonllos.
As miñas dedas non teñen prezo de mercado.
Non vou tronzalas por un lindo baile en palacio.
E antes calzo unhas zocas que zapatos de voda.
E antes arrinco os beizos que darchos de balde.
E antes...
( e nin fomos perdices nin comemos felices)
13.-E POR SE NON QUEDA CLARO DEIXAMOS UN
POST-IT
Fai favor,
pecha a porta
ao saíres.
Vou mutar
de novo,
e non quero
estraños
ao axexo.
(Grazas)
E CHAMAMOS AO 016
“Nunca deixarei que me pinten costuras
nos labios.”
Sabela Rodríguez Cristina Souto
Argalleiros e argalleiras das letras
Sabela Rodríguez, 1ºESO
Un infinito
ao teu lado por sempre.
amor eterno.
SAMAÍN, NON HALLOWEEN
Halloween. Esta palabra é a que adoitamos empregar co fin de
designar a festa que se celebra o 1 de novembro. Aquela na que
todas as persoas se disfrazan por diversión, van pola rúa ata as
casas pedindo doces co famoso dito: “ truco ou trato”. Mais, esta
tradición non é orixinaria de Estados Unidos nin moito menos.
Halloween,enrealidade,éa versión americana da celebración celta
chamadaSamaín,acalera o día máis importante do ano para esta cultura, xa que se celebraba o fin da
colleita. A palabra Samaín significa “ fin do verán” en gaélico antigo ( lingua celta da que proveñen os
idiomasceltasmodernos,comooirlandés).Simbolicamente, a noite de Samaín representa a eternidade.
Mais, sobre todo, na súa esencia, o samaín era unha celebración agrícola na que se facía balance da
subministración dos alimentos que deixara a colleita, mais das provisións dispoñibles para pasar o
inverno. Polo tanto, foron os irlandeses que emigraron a EEUU os que portaron esta tradición.
Esta celebración consistía en honrar os devanceiros de cada familia e espantar os espíritos. Os celtas
disfrazábansecoaspelesdos animais para que os malos espíritos non lles recoñecesen como persoas.
Por outra parte, as cabazas, símbolopor excelencia do Halloween, tamén teñen significado celta, aínda
quea súa chegadaadita festa sufriu diversos cambios.Nasúasorixes, os celtasfacían uso das caveiras
con candeas dentro co obxectivo de espantar os espíritos. Posteriormente, pasaron a ser nabos
colgados, xa sen candeas. E, ao final, pasaron a ser as cabazas actuais.
Polo tanto, a miña conclusión, é que debería saberse máis a fondo todo este pasado, que fai de noso
esas tradicións e coñecer máis a nosa esencia.
ICÍA PÉREZ LÓPEZ, 4ºESO
O que hoxe en día coñecemos por Halloween provén da cultura celta, feito celebrado, polo menos, fai
3000 anos. Esta celebración era principalmente a comuñón dos espíritos, o día no que as almas dos
mortos volvían ás súas casas co fin de visitar os seus familiares que aínda estaban vivos e tamén para
aproveitar a obter algún alimento, a cal chamábase Samhain. Nela baleirábanse nabos nos que metían
unhas candeas. Agora o que se acostuma é facelo cunha cabaza.
O que hoxe en día se celebra é o Halloween, unha adaptación da nosa cultura á dos Estados Unidos.
Este feito fixo perderpopularidadeaoSamhain,facendoque os máis novos da casa non saiban de onde
vén enrealidadeacausadesta celebración,quelevabana caboosnosos antepasados,nino sentidoque
ten celebralo.
Os nenos pequenos, hoxe en día, o único que entenden por este feito é que teñen que disfrazarse de
seres sobrenaturais que provoquen medo e tocar nas portas dicindo “ truco ou trato”, para que esas
persoas os inviten a uns doces. En cambio, no Samhain, as persoas quedaban nas casas con vestidos
fúnebres para non chamar a atención dos espíritos, xa que nas noites os trasnos e as fadas facían
bromas aos homes que, incluso, podían chegar a ser perigosas.
A miña opinión é que a nosa cultura acabarase perdendo polas modificacións e adaptacións doutros
lugares do mundo e chegará un momento que ata a nosa lingua, os nosos costumes e a maioría das
cousas que nos diferencian doutros lugares serán nulas.
Debemos pensar no que realmente queremos nós, os galegos, para o futuro da nosa familia e das
características que nos diferencian.
CINTIA PÉREZ SILVÉN, 4ºESO
Os antigos pobos celtas, chegando o final de outubro, celebraban unha festa para conmemorar a fin da
colleita,bautizadacoapalabragaélica“Samhaín”.Etimoloxicamente significa “ o fin do verán”. Esta festa
representabaomomentoenqueos antigosceltasalmacenaban provisións para o inverno e sacrificaban
animais. Os celtas crían que as ánimas dos defuntos acostumaban a visitar o mundo dos mortais nesa
noite.
A mediadosdoséculoXVIII, os emigrantesirlandesescheganaNorteamérica,econeles a súa cultura, o
seu folclore e tamén o seu Samaín. Aínda que a festa sofre unha forte represión por parte das
autoridadesdeNova Inglaterra, a finaisdo séculoXIX os Estados Unidos reciben unha nova chegada de
emigrantes de orixe celta. Entón, a festa irlandesa mestúrase con crenzas indias, introducíndose así
tradicións como a de Jack O´Lantern, a confección de disfraces ou a realización de bailes tradicionais.
Como Samaín era unha festa pagá, a Igrexa estaba en contra dela. Por isto, trasladou a festividade de
TodososSantos do13 de maioao1 de novembro,dándolleonomeá noite anterior de “All Hallow`s Eve”
( véspera de Todos os Santos), que foi adoptando diferentes formas ata chegar a converterse no actual
Halloween.
As razóns polas que se debería usar a palabra Samaín e non a inglesa Halloween, son moi variadas.
Samaín é a palabra orixinal para a festividade, e a que lle puxeron os seus creadores, polo que a
considero máis correcta. Ademais ten orixe gaélica, polo que se relaciona máis con Galicia, xa que os
celtas foron quen a habitaron durante séculos. Se na súa orixe foi unha festa pagá, non se debería
mesturar coa festividade relixiosa. Finalmente penso que usando unha palabra de orixe gaélica
axudaremos a enriquecer a nosa lingua.
ALBA REQUEIJO CENDÁN, 4ºESO
A palabra Samaín é unha adaptación do vocábulo irlandés “Samhaín “e significa “ fin do verán”. É,
ademais,unha festividade de orixe celta que se celebra na noite do 31 de outubro e marcaba o comezo
dun novo ano celta. Pero, nos últimos anos, a palabra que triunfou para denominar esta festividade foi
Halloween, un termo de orixe inglesa que significa “ Día de todos os Santos”.
Eu pensoque a palabraquese deberíaempregarenGaliciaéSamaín,porque, para empezar, é a propia
quexa hai aquí para referirse a esta celebración e, existindo xa unha en galego, non vexo a necesidade
de usar este tipo de estranxeirismo. Ademais, paréceme importante conservar a nosa lingua, co noso
propio vocabulario e non usar préstamos innecesarios.
Tampoucosecelebradomesmomodoestafesta aquíque noutroslugares,nin é o mesmooSamaín que
o Halloween. NoSamaín, os rapaces acostumaban esconderse en camiños con cabazas, previamente
baleiradas e con candeas dentro, algúns incluso se disfrazaban de pantasmas, bruxas ou vampiros, e
asustabana xente quepor alí pasaba.Ás veces facíantaméncolaresconcastañaspara manter lonxe os
malosespíritos. Peroen Halloween,ocostumeédisfrazarse de seres monstruososparacausar terror e ir
de porta en porta dicindo “Truco ou trato”.
Deste xeito comprobamos perfectamente que, aínda que as dúas celebracións están dedicadas aos
mortos, non teñen nada que ver. Polo tanto, despois de indagar un pouco sobre esta festividade, nas
nosas tradicións e no significado e na etimoloxía da palabra Samaín, penso que é a máis correcta para
nomear esta celebración e que debería usarse en toda Galicia e demais territorios con antepasados
celtas.
MARÍA ROMÁN PICO, 4ºESO
Os celtascelebrabancosamaín o paso do ano, é dicir o final do verán e o final das colleitas. Esta antiga
festividade celtadosamaínfoi descrita, tamén, como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, do
31 de outubro ao 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Así, a xente reuníase
cos seus antepasados mortos.
O Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os
familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira,
polo que era costume deixar o lume aceso e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas. Outras
fontes din que a chegada das ánimas era un potencial perigo, do que se defendían colocando sobre
muros as caveiras dos seus inimigos para que as ánimas non se achegasen aos castros nin as casas.
Tiñanporcostumebaleirar nabos para poñerlles dentro candeas. Esta tradición irlandesa puido ter sido
exportadaaos EstadosUnidosnas migraciónsdoséculoXIXe comezosdoXX e continuadanafesta que
hoxecoñecemoscomoHalloween,celebración semellante a un entroido na que os nabos substituíronse
por cabazas.
Na década dos 90 comezou a celebrarse esta festa en Galicia co nome de samaín ou coas súas
variantes celtas ( samain, samhain), que proceden do gaélico irlándes ( SAMHAIN), aínda que hoxe en
día están sendo desprazadas polo termo halloween. Pero o que permanece nalgúns lugares da nosa
xeografía é collercabazasefacerconelas caras aterradoras na véspera do Día de Defuntos ou cabazas
iluminadas para colocar sobre os valados ou nas encrucilladas para asustar os camiñantes, tradicións
que nos remontan ás orixes desta celebración celta.
MARIO VÉREZ RODRÍGUEZ, 4ºESO
Unhavez que investigamos nopasadodesta festa e coñecemosmáis assúas orixes, non quedaba máis
que seguir gozando do día do Samaín no centro.
Esta festa coincidiu co magosto do centro así que todos e todas gozamos conxuntamente desta
celebración. Fixemos concurso de cabazas, de textos informativos, de anuncios que fomentaban esta
celebración e de poemas, con palabras elixidas previamente por nós, sobre o que nos transmitía esta
celebración.
Aquí tedes os resultados:
Carmen (2ºESO)
foi a gañadora do
concurso de
cabazas.
O anuncio
gañadorfoi
o de
Cristinae
Noade
2ºESO coa
súa
“cabaza
esculfurida”
Nos poemas compostos coas palabras elixidas entre todos e todas resultou gañador o realizado por
Ana, alumna de 4º ESO ( dende aquí mandámosche mil bicos).
“Imos medrando
como medra o medo,
o medo á morte
que florece na noite.
Nunha noite misteriosa
gozamos co medo,
doces ou arrepíos,
que prefires?
Castañas quentes facemos,
cabazas decoramos,
pois a orixinalidade buscamos.
Todo isto nunha noite intrigante de outono,
adornada de numerosas follas,
follas que se esvaecen das súas ramas
Como se esvaece a inocencia co paso do tempo. “
E así celebramosoSamaíneo magosto.Ata o ano.
Alba Requeijo, 4ºESO
VIVIMOS O ENTROIDO
Un ano máis dispuxémonos a gozar desta festa. Desta vez o tema elixido era Obras de arte, unha idea
moi creativa. A celebración comezou cunha degustación de freixós e orellas que a ANPAnos ofreceu,
estabanboísimos!Os nenos e nenas de 4º da ESO tamén puxeron doces á venta para a excusión de fin
de curso.
A continuación,osalumnosde3º da ESO bailaron a canción “Treasure”. Atodos nos encantou, fixérono
de marabilla !!!!
Máistarde, dirixímonosaosalóndeactosonde comezouoconcursodedisfraces e regueifas presentado
por Carmen e Noelia de 2º de BAC. Da música encargouse Borja Pita e o xurado estaba formado por
profesores. Osgañadoresdoconcursodedisfracesforon“O museo,”protagonizado polos alumnos de 2º
B cunha interpretación fabulosa e “O cómic Lichestein” polos nosos compañeiros de plástica de 4º.
Aínda que tamén participaron máis alumnos cuns disfraces moi orixinais.
No concurso de regueifas só saíron a cantalas os máis valentes e decididos, xa que os dem ais
agardaban sentadiños nas cadeiras para intentar pasar inadvertidos. Os gañadores foron:
1º PREMIO foi para Mario e Diego de 4ºESO
Eu estou moi motivado
e calar non vou calar,
pero como diría Chelo
Diego mira, vaite deitar.
Será mellor que te sentes,
que te poñas a escoitar,
ti tan só es un choquito
e eu voute merendar.
Isto xa vou acabar
porque te estou arrasando
e non te quero humillar
nin que quedes como un parvo.
Mario ti es un flipado
máis fantasma que o Casper
eu sonche un gran maestro
e ti es un bo desastre.
Ao rematar bailamos un montón: AMacarena, Os tambores…
E todos o pasamos xenial!
Jessica, Aldara, Sara e Sabela, 1ºESO
2º PREMIO recaeu nasalumnasde3ºESO,
Carmen,IcíaeUxía.
Chegao tempodosexames,
empezamosatremer
e comezao nosoestrés
conCheloé mellorcorrer.
Cheloéchemoiboíña
aíndaque ás veces encenda,
peroé a mellorprofesora
nonlle temasás reprimendas.
Podesdicirmeoquequeiras,
peroisto échebenduro
entre sinónimaseparónimas
isto parécecheunzulo.
Duroserá para ti
paraminé moidoado
entre risas e aplausos
todos poderemoslogralo.
Pero vaia mentireiro
se ti taménas pasas canutas
na clasedelinguagalega
nonse armanmáisquebullas.
Se empezarasa estudar
nonas pasarías tan mal
porquena clasedeChelo
noncheé todo traballar.
V MARATÓN DE CINE DOS ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS
Na noite do 5 de novembro celebramos o Vmaratón de cine dos "Argalleiros e Argalleiras das letras" no
noso salón de actos.
Despois de dispoñer o salón de actos do centro para este acto asentámonos e comezamos a nosa
velada cineasta co filme de Yo soy Sam, unha historia conmovedora sobre Sam, o protagonista que
padece unha deficiencia mental e que emprende unha incansable loita pola tutela da súa filla.
A segundapelículafoi El hombrequeplantabaárboles , unha historiasobreun pastor querecollíalandras
en terras de ninguén e plantábaas nunha terra apropiada para crear un bosque. Co paso dos anos uns
señores crían que o bosque crecera maxicamente, pero fora grazas ao pastor. Despois de ver esta
película, Rubén, o dono do +Tika+, tróuxonos unhas pizzas para cear.
Logo continuamos o noso maratón coa película Corazón de tinta. Pai e filla viven unha espectacular
aventura intentandorescatara súanai, que desapareceununcontoaoser raptada por un personaxe que
sacara o seu marido grazas ao don que ten de ler en vozalta.
O nososeguintefilmefoi Crash. Tratasobreunhaseriede conflitos (raciais, de parella, machistas...) que
entrelazan a todos os personaxes desta historia.
Deseguido vimos León e Olvido , unha triste historia sobre dous irmáns xemelgos, un con síndrome de
Down, que viven xuntos nunha cidade de Galicia. Olvido ten que cargar con toda a responsabilidade do
fogar e sénteseincapazde levar adianteesta situaciónpoloqueenmoitas ocasións pensa en asasinar o
seu irmán.
A nosa última película foi El origen del planeta de los simios. Will Rodman, un científico que intenta
curarlle o alzheimer a seu pai, experimenta nun laboratorio cos simios. O chimpancé co que practica
vólvese moi intelixente e os seus compañeiros de traballo quéreno sacrificar. Will ao ouvir a noticia
acólleo na súa casa e críao coma un fillo, pero ao crecer ten que abandonalo nun refuxio para simios
onde o animal monta una rebelión e foxe cos seus compañeiros.
Ao rematar ás proxeccións recollemos o salón de actos e tomamos un rico almorzo na cafetaría do
centro. O peor de todo foi que á mañá seguinte tivemos que ir a clase e aguantar o sono despois dunha
noite en vela. Como somos argalleir@s iso foi fácil, aínda que pedimos desculpas a todos e todas os
profesores por non estar ao cento por cento de rendemento ese día.
Foiunhaexperienciamoi agradablequeserviuparaunirnosmáise aprendermoitascousastodosxuntos.
Os libros sempre traen algo bo.
Uxía, Icía e Aaron, 2ºESO
DÍA DO LIBRO (SEVILLA)
Levabamostodaa mañaagardandoomomentodeque ás 14.30h
chegara o noso bus ao centro. Por fin chegou a hora!
Marchabamos cara a Santiago, onde colleriamos o avión para
Sevilla. Chegamos cerca das 15.45h ao aeroporto. Alí as nosas
profesoras repartíronnos os nosos respectivos billetes para subir
ao avión. Unha vez que todos tiñamos a nosa tarxeta de
embarque dispuxémonos a pasar o control, no que a algún que outro tiveron que facerlle a proba
antidrogas. Cando rematamos o control dirixímonos cara ao avión coas nosas maletas. Unha vezque
estabamos todos listos para partir e nos nosos respectivos asentos, o avión despegou. Arredor das 19h
aterramos en Sevilla e moi ansiosos dirixímonos cara a terminal a esperar polas maletas que algúns
tiveran que facturarporquenoncollíannascabinas do avión. Despois dunha longa espera conseguimos
as nosas desexadas maletas e andamos cara ao bus que nos levaría ao noso hotel “Torre de los
Guzmanes”.Despoisdemediahora,por fin!, chegamosaoesperadohotel,o calquedaba“moimoipreto”
do centro. Unha vez alí repartíronnos as nosas habitacións e, para a nosa sorpresa, estaban todas no
mesmocorredoreporse nonfora poucotodas tiñan terraza! Cando xa todos estabamos organizados, as
nosas profesoras mandáronnos baixar á recepción do hotel para organizar a cea. Decidimos utilizar o
servizo a domiciliodaspizzerías, xa que o hotelestaba “tan preto docentroda cidade” quedecidimosnon
ir visitala e quedar todos xuntos. Afame apertaba e as pizzas non chegaban... Algúns optamos por ir ao
bar donoso hotela picaralgoe outros porir ás súashabitaciónsapasaro tempo mentres esperabamos.
Despois dunha hora, por fin chegaran as nosas pizzas! Para que puideramos cear tranquilamente os
encargadosdo hotel ofrecéronnos o comedor da parte superior. Unha vezrematado todo, recollemos o
comedor e fomos cara ás nosas habitacións para poder descansar da dura viaxe.
Ao día seguinte levantámonos ás 8.30 para gozar dun marabilloso almorzo. Ao rematar dirixímonos ás
nosas habitacións para lavar os dentes e prepararnos para saír, pero,
comonon, Belru sempre ía “dando o cante” e Chelo mandoulle que se
cambiasederoupa,xaque ía moi“provocativa” para entrar na catedral.
Ás 9.30 estaba o busesperándonosnaporta dohotel para trasladarnos
ao centro de Sevilla, posto que estaba moi preto. Unha vez no centro
visitamos a famosa “Torre del Oro” e descubrimos o porqué do seu
nome. Logo fomos ata a Catedral mentres paseabamos polas
peculiaresrúasdeSevilla. Trasa inmensa fila dunha hora de espera –
e iso que tiñamos as entradas reservadas-, por fin conseguimos entrar
na famosacatedral. Alí visitamos ata o ultimo recuncho desta, grazas a
Efi. Un dos mellores momentos foi a subida á Giralda, destinada só
para aquelas persoas que estaban capacitadas fisicamente, xa que
tivemos que subir 34 pisos e 17 escaleiras. Ata houbo quen a subiu dúas veces, xa que as vistas dende
alí arriba eran impresionantemente fermosas!!
Despois de visitar tantos monumentos a fame empezou a apertar e as nosas profesoras deixáronnos un
tempolibrepara xantar e descansarparaasí seguirvisitando a cidade pola tarde. Dividímonos en grupos
de 8 e cada un decidiu a onde quería ir comer: uns ao “Burguer King”, outros ao “McDonalds”, aos
bares...
Ás 16h reunímonos todos na praza onde Chelo nos dixera. Unha vez todos xuntos dirixímonos cara a
Praza de España, mentres que algunhas das maiores decidiron esperar a longa cola para poder visitar
os marabillosos “Xardíns do Alcázar”.
Unhavez chegamosápraza visitámola, puidemos ver un “lago” onde había unhas barquiñas para poder
ter outra visión dela. Ao redor da praza podías encontrar como unha especie de banquiños no que en
cada un aparecía representada unha provincia de España, aos que Chelo lles sacou varias fotos. Unha
vez rematada a visita andamos cara ao parque de María Luisa, no que leríamos ao día seguinte. Cando
os maiores remataron de visitar os xardíns reuníronse con nós, e deixáronnos tempo libre para poder
cear e descansar os pés do duro dia que tiveramos. Ás 22.30 quedaramos con Chelo no punto de
encontro,parapodercollerobus ás 23he poder volver ao hotel. Unhavez nohotel cadaundirixiusecara
á súa habitación, ata o día seguinte.
Descansando antes de entrar na Praza de España Un paseo en barca
Á mañá seguinte levantámonos ansiosos posto que era o día, o noso día, o día dos argalleiros e das
argalleiras.Chegouobussobre as 9.30he dirixímonos cara ao parque de María Luisa, onde íamos ler o
libro deste ano: Unha árbore, un adeus de Marina Mayoral. Lemos durante tres horas, coa calor
apertando,aíndaque as profesoraselixironunlugarmoifermoso e cunha sombra perfecta para soportar
o sol do mediodía de Sevilla. Pero non foi como os demais anos, xa que ao ir en avión non puidemos
levar os paneis para escribir as nosas palabras elixidas. Desta vez tiñamos que ir anotándoas nun
caderno, pero xa o tiñamos todo preparado: nada máis chegar ao instituto sería o primeiro traballo que
fariamos.
Lendo no Parque Anotando as palabra elixida Palabras e poema
Candorematamosalecturaecompuxemos o poema titulado “ Ahorta da vida” deixáronnos tempo para
comer tranquilamente. Pola tarde fixemos un “cruceiro” polo Guadalquivir e dirixímonos ao barrio de
Triana. EstabarematandoanosaestanciaenSevilla e aproveitamoso noso tempolibre para visitala por
últimavez. Algúns quedamosenTriana, e outros decidiron volver á zona de Sevilla que xa coñeciamos.
Chegaba á hora de volver ao hotel e todos e todas estabamos puntuais ( non como o día anterior) no
punto de encontro.
Xa de volta no instituto tocaba continuar o traballo: había que escribir as palabras elixidas, o poema,
pensar na ilustración…
Carlota e Celia encargáronse de trazar as liñas no papel no que Uxía escribiría o
poema. Mario pensou na ilustración e fixo o debuxo que continuaron tantas e tantas
mans durante moitos recreos: Cristina Souto., Alba Rivera, Alba R., Sofía, Xoel P.,
Sara Basoa e Sabela Rodríguez e Cintia Pérez. Tod@s @s argalleir@s das letras
agradecemos o traballo de todas estas mans, en especial a Sabela e Cintia que sen
gozar da viaxe souberon inmiscirse no traballo que nos move a todos e a todas.
Grazas por un traballo tan ben rematado.
Deixámosvoscopoemaquecompuxemos este ano coas palabras elixidas da lectura
e coa ilustración. Agora o noso traballo colgará das paredes do centro para lembrar
este día do libro en Sevilla.
A HORTA DA VIDA
Árbore durmida
paxaros cansos
noite escura
horizontes descoñecidos
inverno eterno.
Anos depresivos.
Mazás brillantes e vermellas
ríos rápidos e caudalosos.
Dons máxicos
que evitaban os erros.
Raíces enclaustradas
na horta da vida.
Valente cabaleiro
conquistador de éxitos,
de amizade desinteresada
e de xornais escritos
con preciosa palabra.
Choraban as follas
e a fada velaba
para evitar as desgrazas
cos ollos abertos.
Mundo novo
regos transparentes
e un pai creador
de todoo vivo.
Con agarimo
os artistasinventabannovascores
encerrandoo demo
entre as rexasdocárcere.
Froitasaborosa,
docelembranza
da que namorarse.
Medos vencidos
xuventude eterna
sentimento sincero.
Vila evocada
tolosrecordos
esquecida vinganza.
Fillosdanatureza
únicaresposta
paraesta familia.
Segundo pensamento,
segunda vida:
graciosa oportunidade.
Bico inesperadoedesexado
na canseira davida.
Futuro inmediato:
a monxa enclaustrada
salta o valado
co magnolio luminosoeperfecto.
Argalleiros e argalleiras das letras
coa colaboración da convidada Candela González.
Día do libro, 23 de abril 2016 Sevilla
O OUTRO DÍADO LIBRO EN SEVILLA
A viaxe a Sevilla está chea de anécdotas. Agora contaremos algunhas delas:
No aeroporto de Santiago o control fíxose ameno, para uns máis que para outros: Sofía debía de ter ganas de festa
e optou por pasar “droga”, pero a proba deu negativo. Ao “Gorras” cacheárono por levar moedas no peto, vaia
despiste!
Viaxando con Ryanair hai que ser espelidos. Se non facturas non deixes que che quiten a maleta para metela en
bodega. Só así evitarás esperar na cinta para poder recuperala.
Fíxate sempre en todo! Nas habitacións do hotel aprendemos a poñer os tapóns na ducha para evitar visitas
inesperadas como as das nosas amigas as formigas ou cascudas...
Ao día seguinte, pola mañá, respectando “pacientemente” a fila para visitar a Catedral, Chelo emocionouse moito e
alá foron todos os nosos carnés de identidade ao chan. Todos os presentes riron con nós. Antes de entrar o garda
de seguridade botoulle un piropo a Lidia porque levaba unha bufanda do Betis e díxonos que se fora do Sevilla…
Juan falou cuns Coreanos e tivo unha “pelexa” con franceses por estar “excité”.
Na Plaza de España, unha xitana leulle a man “inesperadamente” a “Belru” e non lle quedou máis remedio que
pagarlle con “billetes”. A partires de aí Belru ía todo o rato pegada a Efi. Aproveitamos para montar en barca e ir a
velocidade de cruceiro: metro/hora.
Juan facendo amigos Antonio e o seu romeu Andrea e a súa historia Paseo en barca
Visita o Starbucks se queres aforrar. Sofía e Noa foron catro veces porque sempre esquecían gardar o vaso. Alí
houbo confusións con case todos os nomes, pero ao final “Gloria”, “Lucía”, “Carmele”, “Shayla”, “Noñu” e “Andrew”
recibiron os seus Starbucks.
Pola noite os “Kompitruenos” retaron a unhas sevillanas que ían “pasadas de voltas” xogando a: “ pedra, papel ou
tesoira”. O premio foi inesquecible xa que lle mostraron os seus senos.
Borja comprou unhas castañolas e ían aprendendo a tocalas molestando a tod@s @s Argalleir@s. Viva Sevilla e
Olé!
Volta ao hotel. Algúns (Mario) puxéronse en modo karaoke, e “deleitáronnos” a todos coas súas melodiosas voces.
Na habitación 112 gozaron dun relaxante baño con xabóns que foran “pedidos amablemente” a todas as
habitacións.
O seguinte día, pola tarde, montamos nun barco e algunhas nenas de segundo e primeiro levantáronse dos seus
asentos e foron lanzando bicos aos mozos guapos, que os recibían encantados e aínda os devolvían máis ledos. Ao
baixar fomos cara ao barrio de Triana e bailamos cunhas mulleres que ían de
despedida de solteira.
Despois de ter que esperar por algunhas persoas para poder coller o bus a noite
anterior, desta vez todos fomos moi puntuais, xa que ese tempo de espera todos
xuntos era fantástico. Tamén cantamos e falamos con chicos sevillanos na beirarrúa,
fronte a Plaza de Toros.
Xa no hotel, todos estabamos moi cansos, e caemos mortos de sono na cama aos dez
minutos de chegar, salvo algúns nenos que decidiron facer festa, coa que Chelo, Efi e
Cristina non estaban moi de acordo.
Ao día seguinte pola mañá, collemos o autobús moi moi preto e dirixímonos ao
aeroporto, con varias horas de antelación, que fixeron falta para solucionar algúns
despistes con teléfonos móbiles... Como hai algúns que non aprenderon a lección, quixeron colar droga e explosivos
(Alicia) no avión. Santi case consegue unha bonita viaxe á comisaría, xa que a primeira proba deu positivo. Carmen
levaba obxectos estraños na maleta (pasta de dentes e galletas).
Ás dúas do mediodía xa estabamos nas Pontes, con moitas ganas de
durmir, xa que ao día seguinte tiñamos clase. Grazas a todos @s
Argalleir@s, Chelo, Efi e Cris puideron gozar dunhas noites moi pacíficas
e relaxantes.
Grazas a todos e a todas os que fixestes deste día un día marabilloso.
Grazas Efi, Candela e a todos a todos. O ano que vén vémonos.
Andrea Montero, Andrea Bellas, Sara Cerezuela e argalleir@s
EXCURSIÓN ARCO IFEMA
O pasadomesdefebreiro, os alumnosde4ºESO de plástica e as alumnas de historia da arte de 2º BAC,
realizamos unha excursión a Madrid. A viaxe durou tres días, nos que visitamos moitos lugares e vimos
numerosas obras de arte.
O primeirodíasó puidemosaproveitaratarde porquepolamañáestivemosno traxecto cara a Madrid, xa
que sairamos ás 6 da mañá. Despois de comer visitamos o templo de Debod, un templo de restos
arqueolóxicos exipcios. A continuación dirixímonos cara ao Matadoiro de Madrid, unhas amplas
instalacións que, aínda que agora son empregadas para expoñer obras de arte, antigamente era un
matadoiro de verdade que sufriu un incendio no seu interior.
Pola noite gozamos dun tempo libre para pasear, coñecer un pouco a cidade e cear.
O segundo día, pola mañá, fomos ao museo do Prado, só tiñamos unha hora para velo e non nos daba
tempo para velo todo, necesitaríase o día enteiro. Pola tarde visitamos o Reina Sofía. En ambos os dous
centrámonos en certas obras que nos repartimos para expoñer.
Pola noite asistimos a unha improvisación cómica no teatro de Malasaña, a cal foi moi divertida e
graciosa xa que o público podía ser partícipe.
(Na porta de museo do Prado)
O últimodía, aproveitamosamañáachegándonosaArcoIfema, ondepercorremosmoitoscorredores, os
calesparecían un labirinto. Alí, puidemos coñecer diferentes tipos de obras actuais e contemporáneas,
das calesdescoñeciamososseusautores. Unha destas modernas obras, foi a dun home espido metido
dentro da súa propia escultura formada por palés de diferentes cores. Finalmente, abandonamos esta
exposición ás 4 da tarde, dispoñéndonos a regresar a Galicia.
(A obra que nos impresionou en arco)
Engadir que esta experiencia foi inesquecible, e non cremos que
ninguén volvese descontento de Madrid.
María Román, Cintia Pérez,Icía Pérez, 4ºESO
OURENSE: TRASALBA, TERMAS E LOS MENECHMOS
O día 13 de abril achegámonos ata a cidade de Ourense para aproveitala ao máximo.
Comezamos coa visita á casa de Otero Pedrayo en Trasalba. Estas son as palabras que escribín, en
nome de todos e todas os meus compañeiros para enviar á páxina web da fundación Otero Pedrayo.
Bos días!
Moitas grazas pola túa axuda na nosa visita ao Pazo de Trasalba, a cal nos resultou moi entretida, xa
queestudaramosa Otero Pedrayo recentementee estabamosinteresadosporcoñecer unpouquiño máis
deste escritor. Chamounos a atención a cantidade de libros que había naqueles estantes, o ben
conservado que estaba o interior da casa, e por suposto, o seu tamaño. Tamén nos gustou moito a
paisaxequea arrodeaba,xa queinspirabaunhasensacióndetranquilidadeincrible.Pareceunosun fogar
moi acolledor, o cal nos fixo recordar algunhas das pasadas clases de literatura nas que liamos
fragmentos dalgunha das obras de Otero Pedrayo. Imaxinamos que manter un lugar tan grande en boas
condicións non debe ser tarefa fácil, polo que vos animamos a continuar con tal difícil traballo. Todos os
alumnos do IES Castro da Uz desexamos que este lugar tan marabilloso continúe admitindo visitas de
alumnos coma nós. Alba Requeijo, 4ºESO
A piques de entrar Observando con atención o mapa de Fontán
Rematada a visita dirixímonos cara ás termas de Outariz. Unha vez alí, @s alumn@s de 3º da ESO,
algúns e algunhas compañeir@s de 4º e as nenas de 2º de BAC decidimos ir ás termas que había que
pagar, e os demais foron ás públicas. Nós, os de 3º -e cremos que todos en xeral-, só temos que dicir
que quedamos moi contentos da nosa elección e que a volveriamos repetir sen ningunha
dúbida.
Unha vez rematada a nosa experiencia nas termas, subimos ao bus que nos levou ata o
centro de Ourense. Ao chegar, as nosas profesoras leváronnos ata as Burgas e vimos a
piscinatermal(queestabapechada);posteriormente leváronnos á praza do Ferro, onde nos
deixaronuntempolibre para poder comer e visitar un pouco máis a cidade. Os alumnos de
3º achegámonosatavarias tendas nas que algúns compramos prendas de roupa. Unha vez
rematado o tempo acudimos ata o punto onde Chelo nos mandou.
Dirixímonos cara ao auditorio municipal (que era impresionante) a ver a representación da
comedia LosMenechmosdePlauto.Despoisde esperarun ratiño entramos e sentamos nas
nosas respectivas butacas á espera de que comezara a obra, mentres os responsables do auditorio
puxéronnos “musicote”.
As 17,20h comezaba a obra, que tod@s pensabamos que ía ser moi
aburrida e por riba “en latín”! Pero non, encantounos a tod@s e
quedamos abraiad@s. Nunca na vida riramos tanto! Ao finalizar a
obra, apaixonados,fomos sacarnosunhascantas fotos cos actores e
actrices do Grupo Noite Bohemia da Coruña.
Finalmente saímos do auditorio e dirixímonos ata o bus, que nos
levaría de volta para casa. Paramos 20min en Chantada para estirar
as pernase ir ao baño,pero Andrea aproveitounospara demostrarlles
os seus dotes futbolísticos a uns nenos que había nunha praza.
Deseguido subimos ao bus e dirixímonos cara ás Pontes. Foi unha
experiencia inesquecible! Grazas Efigenia.
Pablo, Andrés e Andrea M. 3ºESO
RUTA GUIADA POLAS PONTES “EXPERIENCIA
INDUSTRIAL”
O xoves 12 de maio os alumnos de 1º e 2ªde ESO do IES Castro da Uz
realizamosunharuta guiada pola nosa vila. Partimos do instituto cara ao lago,
ondecomezaríao nosocamiño.Alí explicáronnosun pouco a historia da mina
que foi descuberta en 1790, preto da revolución francesa. Nestes anos de
Ilustración, José Cornide Saavedra demostrou que alí había carbón. Na súa
explotación empregouse o “método alemán”, un método continuo de
explotación. Aínda que agora non é usada como explotación mineira pola
Xunta, aínda é recoñecida como tal.
Camiñamos polo carril bici ata a central térmica de ciclo combinado. Esta
central comezou a súa actividade no 2008. Nútrese de gas natural que vén
dendeReganosa,Mugardos.Dendealíobservamosamaquinaria usada para a extracción de carbón na
antigamina.Seguimosataa centraltérmicapolo mesmo camiño, esta é capazde producir enerxía para
unha cidade como Barcelona, en total o 5% da enerxía producida en España. Continuamos o noso
camiñoataa vila, o cascovelloda cidade,naquedestacanaigrexade Santa María, o cemiterio vello e a
Ponte Medieval. Percorremos o casco urbano ata o Poboado das veigas, unha das primeiras cidades
xardín de España e incluso de Europa, asemellándose moito ás Company- towns inglesas, ás
Abertensiedlungen alemás ou ás Cités Ouvriéres en Francia. Este foi construído por ENCASO entre os
anos 1946 e 1962 e conta con 230 vivendas con capacidade para un total de 1.500 habitantes a cal
servía de aloxamentopara ostraballadoresdaempresa. As vivendas estaban situadas e construídas dun
modo xerárquico de vivendas ordenadas segundo a importancia laboral.
Rematamosdicindoquehaidúasrutasou itinerariosquepodedesfacer. O Itinerario 1 – que foi o noso- é
unha ruta circular curta, sinxela na que se mestura paisaxe industrial e urbano. O itinerario 2 é a ruta
longa, na que se combina paisaxe urbano, industrial e natureza.
Xan, Xavi, Vicente e Santi, 2ºESO
DO CEBREIRO A TRIACASTELA
Este curso o noso profesor Soto levounos a percorrer outro tramo do Camiño de Santiago. O percorrido
comprendía as seguintes localidades xeográficas: Cebreiro – Triacastela, cun total de 20.5 km.
Un autobús trasladounos ata o primeiro lugar mencionado, xunto cos compañeiros e compañeiras de
4ºESO do IES MonteCaxado,mentresque unsegundo autobús dirixíase ao mesmo punto cos restantes
cursos da ESO do noso propio centro, o IES Castro da Uz.
Unha vez descendemos do bus iniciamos a marcha cara a Triacastela. Estaba previsto percorrer os
primeiros12km previamenteaoxantar, aínda queao alcanzar – aproximadamente-onoveno quilómetro,
e despois de ascender unha gran costa cunha elevada pendente, descansamos lixeiramente para
repoñer forzas.
Santiago, o noso profe de bioloxía, aproveitou para compartir e contrastar coñecementos relacionados
coa flora do lugar, e algún dato extraoficial da cardioloxía humana. No medio do camiño tivemos algún
incidente,xaqueunhagran parte dogrupo quedou atrásporque se nos cruzaron unhasvacas e tivemos
que deixalas pasar.
Ao remataros restantes 3km xantamosduranteaproximadamente mediahora enFonfria eretomamosa
marcha. Faltaban sobre 9 -9.5 km para finalizar, e, a pesar de que a segunda metade da camiñada nos
resultou máis ardua, debido en gran parte ás continuas, incesantes e duras costas abaixo, colmamos o
nosoobxectivo principal:finalizaro camiño senmaioresatrancos quealgunhasqueimadurasemaniotas.
Como peregrinos Descansando da subida Informándonos
Marcelo Blanco, 4ºESO
OS ALUMNOS DO IES CASTRO DA UZ ASISTIMOS Á FRANCOFONÍA
O pasado 10 de maio os alumnos de todos os cursos da ESO do IES Castro da Uz asistimos ao festival
da Francofonía que se celebrou na nosa vila. Ata aquí desprazáronse alumnos de todos os cursos e de
nove centros máis: un da nosa vila e oito doutros lugares de Galicia: O Porriño, Vilanova de Arousa,
Neda, Bueu…
Os alumnos doutros centros chegaban o luns pola tarde e nós (coma bos anfitrións que somos) fomos
recibilosaoparquedavila. Aínda que aoprincipiotiñamosunpoucodevergoña,conseguimossuperalae
presentarnosaos demais rapaces, que resultaron ser moi simpáticos. Ensinámoslles algúns recunchos
das Pontes e algún dos nosos lugares favoritos para que fosen cear e coller forzas para a noite que nos
agardaba.
Unhavez que todosrematamosdecear reunímonos no polideportivo municipal para seguir coñecendo
xente e “durmir”alí(aínda quenon durmimosnada,comoeradeesperar).Estabamospasándoomoiben,
ata que a policía nos veu chamar a atención, xa que os veciños non lograban durmir polo ruído que
faciamos. As profesorasintentaronquenos metésemosnossacosdedurmiregardásemossilencio,pero
é imposible que tanta xente estea en silencio á vez, e entre uns que berraban e outros que aplaudían só
conseguiron conciliar o sono aqueles máis durmiñóns.
Á mañáseguinteespertamosmoicedo,poloquetivemostempodesobra paravestirnos, recollerelimpar
todo o quemancharamos.Encantorematamosfomosalmorzar a un bar próximo e coller forzas para dar
o mellor de nós no festival. Cando todo o mundo almorzara desprazámonos ata o lago en autobús, moi
nerviosos pola tarefa que nos agardaba.
O festival comezou,perotivemosun inconveniente,xaquemoitosdos nososcompañeirosse comezaron
a atopar mal. Algúns decidiron marchar, mentres que os máis valentes conseguiron recuperarse coa
axuda dos coidados de Chelo.
Os primeirosenactuarfomososalumnosde 4º da ESO, que o fixemos de marabilla, a pesar do mal son
quetiñan instalado. Poucoa pouco foronpasandoasactuaciónsechegou a quenda de 3º e 2º da ESO,
as cales nos encantaron e nos fixeron gozar moito, e cremos que a nosa profe Mª José tamén.
4ºESO 3ºESO 2ºESO
Todos saímos do lago un pouco decepcionados, non pola nosa
actuación, senón pola desorganización coa que se preparara o
evento, xa que os alumnos que remataran de cantar marchaban
deixando os seus compañeiros sós
sobre o escenario.
En canto rematou o festival fomos
comer á fraga cos rapaces dos demais
institutos, pero todo o mundo estaba “á
súa bóla”e cando os últimos chegabamos ao lugar xa os primeiros remataran
de xantar. A maioría dos alumnos das Pontes xa marcharan para á casa e
outros moitos fixémolo despois de comer, tras despedirnos dos nosos novos
amigos.
En resumo,foi unhaexperiencia “agridulce”.Cremosquehaimoitascousasquemellorarnaorganización,
pero estamos moi felices porque fixemos moitos amigos e gozamos ensaiando e cantando as nosas
cancións en francés coa nosa profe, Mª José.
Alba Requeijo Cendán, 4ºESO
FALAMOSCON ICÍA, A NOSA PROFE DE MATEMÁTICAS
Bos días, Icía! Ti es unha das profesoras de matemáticas do IES Castro da Uz, levas
varios anos traballandoaquíe poriso queriamosfacercheestaentrevista, para coñecerte
mellor.
-Paréceche ben se comezamos?
-Comenzamos.
-Acabamos de dicir que levas aquí varios anos, cantos anos para ser exactos levas no noso
centro?
-Este é o meu cuarto ano no voso centro, no noso centro.
- Gustaríache cambiar de instituto ou seguir dando clase aquí?
-Gustaríameseguirdandoclase aquíse estivera máis cerca da miña casa. Pero… se podo acercarme un
pouquiño máis no me importaría tampouco.
-Por que decidiches estudar matemáticas?
-Bueno dende… aproximadamente segundo de BUP tiña claro xa que quería estudar matemáticas.
Porque me gustaba dar clase, me gustaba ensinar, aínda que tamén contemplaba outras opción como,
por exemplo, arquitectura, enxeñería de camiños … Pero o de ser funcionaria sempre me tirou.
-Gustouche a universidade onde estudaches?
-Si, gustoume. Era un poucoestilofábrica, aínda queagoramillorou,perosi, estivena gusto na facultade.
-E por que elixiches ese lugar?
-Era o único sitio de Galicia no que existía a posibilidade de estudar Matemáticas
- Sabemos que moitas veces é moi difícil escoller o que queres ser de maior, ti en que te
inspiraches para decidir ser profesora?
-Bueno, miña madriña era mestra e miña nai sempre quixo selo aínda que non tivo a posibilidade de
estudar. Sempre me dixeron que era unha boa opción, había moitas vacacións … e gústame ensinar os
demais o que eu sei, e poder contribuír a que eles aprendan , non sei… ser parte do aprendizaxe dunha
persoa , da evolución. Eso, eso principalmente.
-As nosasfamiliaspodenserun pouco críticas á hora de dicirlles a que nos queremos dedicar,
sobre todo gustaríanos saber que che dixo a túa cando lle comentaches que ías estudar
matemáticas.
-A verdadeé que me apoiabannasmiñas decisións, sempre me dixeron que elexira o que me gustara. E
o que si que me dicían é que elexira o que elexira intentara ser a mellor, e fíxenlles caso, aínda que non
foi así, pero bueno…
-Recentemente saíu a LOMCE, como xa saberás. Que opinas desta lei?
-Nonme gusta, xa directamente.Nonme gustan as revalidas, non me gustan os cambios que fixeron… e
non quero decir que a anterior fora boa, sempre hai algo que mellorar, pero dende logo a mellora, o
cambioque se fixo, paramin, nonfoi a mellor opción. Puxéronvos máis trabas para continuar estudando,
e creo que o que deberiamos de conseguir, a nivel país, era un gran pacto educativo entre as forzas
políticaspara nonir cambiandocontinuamenteen cada lexislatura de lei… e non sei se algún día poderá
ser factible, pero dende logo é o que me gustaría.
Agora que sabemos un pouquiño máis do teu traballo, gustaríanos achegarnos a ti a través dunhas
preguntas:
-Que estudarías se non puideras estudar matemáticas?
-Arquitectura ou enxeñería de camiños.
-Todostemosalgoquenosgusta facerno noso tempo libre para desconectar, aprender cousas novas...
Tes algunha afección? E algo que che gustaría aprender?
-Si, gustaríame aprender música. Xa empecei coa guitarra pero deixeino, porque son pouco constante.
Me gusta moito a pintura e... eran afeccións? Encántame ler, gústame pasear, ir de viaxe, ir á praia,
bueno… o que lle gusta a todo o mundo…
-É moi importanteparaavidao queestudes,egustaríanossaberquechegustaría que estudaran
os teus fillos?
-O meu fillo maior quere estudar matemáticas, e o pequeno creo que quere ser pintor, ou algo así.
-Para rematar, xa sabemos que che gusta moito darnos clase, pero o día que te xubiles, tes
algunha idea do que queres facer?
-Descansar.
-Que serías se foses un:
-Libro, que libro serías?
-Unha novela negra, que me encanta.
-Unha canción?
-Esto xa é máis comprometido… La cosa más bella de Eros Ramazzotti.
- Unha película?
-Unha película … Una mente maravillosa.
-Unha cor?
-Vermella.
E se puideses pedir un desexo, cal pedirías?
-A paz.
Xa acabamos coa entrevista. Moitísimas grazas polo teu tempo e pola túa colaboración, Icía!
-De nada, un saúdo a Radio Ras!
Sara, Andrea B. Lidia, 3ºESO
ENTREVISTA A LUCÍA RAMUDO, GAÑADORA DE “PEQUENOS XIGANTES”
Temos aquí a nosa compañeira Lucía, que gañou o programa da Televisión Galega “Pequenos
Fenómenos” e ademais cantou na nosa vila varias veces. Bos días Lucía, imos comezar coa entrevista,
paréceche?
-Sí.
-Cal foi a túa inspiración para comezar a cantar?
-Pois que me gustaba moito, e así empecei.
-Gustaríache dedicarte á música ou só a ves coma unha afección?
-Gustaríame, si.
-Sabemosquecantachesmáisvecesen público nanosavila.Cal foi aexperienciaquechegustou
máis?
-Mmm, gustáronme todas a verdade.
-Ao cantar en público sempre se sente moita vergoña, conseguiches superala ao longo do
programa e das túas actuacións?
-Aínda teño unha pouca.
-Gustouche a experiencia en Pequenos Fenómenos?
-Si, gustoume moito.
-Cando soubeches do concurso e por que decidiches apuntarte?
-A min chamáronme, por se quería ir, e eu dixen que si.
-As cancións que cantaches no programa elixíchelas ti?
-Si, elixinas eu.
-Por que fixeches esa elección?
-Porque me gustaban moito e sentíame cómoda con elas.
-Por que sendo Abraham Mateo o teu ídolo, non cantaches algunha das súas cancións?
-Porque son moi difíciles.
-Que che pareceu o presentador?
-Moi bo.
-Imaxinábaste así a televisión?
-Non, pensaba que ía ser un pouco máis grande.
E por último sobre este tema, con quen che gustaría facer un dúo?
-Mmm, dáme igual.
Agoracambiamoso contido daspreguntas. Esteé o teu primeiro ano no noso instituto, que che
parece?
-Gústame moito.
Que é o que máis che gusta?
-Ximnasia.
E o que menos?
-Matemáticas.
Para rematar imos facerche unhas preguntas que deberás responder brevemente:
-Se foses un libro cal serías?
-Mmm, non sei, gústanme moitos.
-E unha película?
-Titánic.
-Unha canción?
-La Gozadera.
-Un instrumento?
-Unha guitarra.
-Un deporte?
-Ximnasia rítmica.
-Un olor?
-O olor dunha rosa.
Aquí remataaentrevista, Lucía. Esperamos que che gustara e que sigas deleitándonos coa túa
fermosa voz. Moitas grazas e ata a próxima!
-Chao! Andrea Montero e Sara Cerezuela, 3ºESO
ENTREVISTA Á DRA. CASTRO
Bos días Dra. Castro! Somos estudantes do IES Castro da Uz. Xa sabemos dos longos anos de
experiencia traballando de médico e estamos informados de que desempeña o seu labor no PAC de
Vilalba, e tamén que está estudando un máster ECE en Barcelona.
Imos comezar a entrevista.
- Que a levou a estudar medicina?
-Pois nontiña moiclaroo que quería estudar. Eu quería facer algo de laboratorio, en principio ía estudar
farmacia,perofinalmentedixéronmequeeramellorestudar medicina e non me arrepinto desa decisión.
- Resúltalle difícil compaxinar os estudos co traballo e coa vida persoal? Como o consegue?
-Teñounhorarioquemepermitefaceristo. Teñounhorariomoiboe teñomoita axuda por parte da miña
familia. Consígoo grazas ao apoio da familia, das avoas que quedan cos cativos pequenos cando teño
que ir a Barcelona, cando teño garda e ao meu marido se non, non podería facer isto.
- Pódenos explicar o seu horario laboral?
-Eu agora mesmo estou nun PAC en Vilalba que é un punto de atención continuada e teño unha garda
cada catro días. As gardas son cada dezasete horas. Entro ás tres da tarde ata as oito da mañá do día
seguinte, cando é por semana. Cando son domingos e festivos son de vinte e catro horas, de oito da
mañá ata as oito da mañá do día seguinte e se non teño garda descanso.
- Por que decidiches estudar un máster?
-Porque me gustan moitísimo as emerxencias e é unha forma de prepararme, de manterme activa e
coñecer outras formas de traballar. É moi enriquecedor.
- Que lle pasou ao enfermo máis grave que tivo que atender?
-Pois así que me lembre agora, os máis graves foron as paradas cardíacas que tiven que atender e ter
que facer reanimación
Deixamos atrás o traballo e pasaremos aos temas persoais.
-Practica algún deporte? Cal?
-Pois si, normalmente vou correr. É o que máis me gusta. Sérveme sobre todo para desestresarme do
traballo e dos cativos.
- De que equipo é? Por que?
Do Barça de toda a vida
- De pequena que lle gustaría ser de maior?
- De pequena tiven moito tempo a idea de que quería ser policía.
- Se tivese fillos que querería que foran de maior?
-Gustaríame que estudasen o que lles fixera felices, o que si non me gustaría é que fosen nin cura nin
político.
Xa para ir rematando imos coas últimas preguntas.
-Se fose un libro, cal sería?
- La casa de los espiritus
E se foses unha película cal serías?
-BillieEliot
- Quellepareceu aentrevista?
-Moiben, moiacolledora.Grazasporvir.
Conesta preguntarematamosaentrevista. Moitasgrazas por regalarnososeu tempo.
Pablo, Andrés, Antonio e Iago, 3ºESO
ENTREVISTA A ALBERTO LOZANO PETEIRA, ENXEÑEIRO DE
TELECOMUNICACIÓNS
Boas tardes Alberto,! Somos alumnas do IES Castro da Uze queremos facerche una entrevista sobre o
teu traballo.
-Estudaches algunha carreira ? onde ? Cal foi a materia na que máis aprendiches ?
-Si, estudei periodismo en Madrid. A materia coa que máis aprendín foi “ divulgación da información
científica e tecnoloxía” no meu cuarto ano de carreira, pero a que máis me gustou e na que me sentín
máis cómodo estudando foi periodismo de sociedade e cultura.
-Que te motivou para chegar a elixir esta profesión ?
-De pequeno sempre fun un neno ao que lle encantaba ler o xornal, escoitar a radio e, como non, ver a
televisión. Cando meu pai ía pola mañá comprar o xornal eu sempre ía con el , e, nada máis o
mercabamos, eu era o primeiro en lelo, encantábame. Pasaban os anos e cada vez ía tendo máis
interesepoloperiodismo,ataquedecidínestudalo, aíndaque agora, a parte de traballar no xornal, estea
na radio .
-Sabemosqueescribesno xornal ealgunhas veces tamén vas á radio. Que medio prefires? Por
que?
Prefiro o xornaldebidoaque nelpódomeexpresarmellor epodoescribiro que penso, aínda que a radio
tamén me gusta.
-De todas as noticias que deches, cal foi a que máis te sorprendeu ?
-Das noticiasquelevo, tanto na radiocomano xornal, a que máis me impactou e que me deixou marca
foi o 11M. Acórdome que tiñamos todo preparado para comezar, cando nos chega a noticia de que
houbera unha forte explosión na estación de Atocha, . Xustamente na hora punta da mañá, cando a
xente ía traballar e ás universidades. Puxeran unhas mochilas bomba en diversos trens que causaron
milleirosdemorteseferidos. Foiun ataquedos máisgrandesenEuropapor aquelestempos.Esta noticia
afectoume,xaqueeses trens foron o meumediodetransportediario e aíndahoxe imaxinoque me puido
coller no medio.
-A que idade comezaches a traballar? Como foi o teu primeiro día?
-Comecei aos24 anos.O primeirodíaía moinervioso e con medo a cometer erros, porque non coñecía
moi ben ao que me enfrontaba.
-Pensaches algún díaen abandonaro teu oficio paradedicarte aalgo distinto? Cal seríao motivo
principal?
-Nunca, porque sempre foi a miña ilusión e soñei desde moi xoven con este traballo. Cada día gústame
máis, porque todos os días son distintos e aprendo moito coa xente coa que me relaciono.
-Cambiando de tema … Tes algunha afección? O teu traballo déixache tempo para realizala?
Afeccións teño moitas,perogústamemoitocorrer e xogarao fútbol. Moitotempo non teño, pero sempre
intento buscalo para practicalas, porque creo que unha persoa sempre ten que ter tempo para facer
cousas que lle gustan e desconectarse un pouco do traballo.
Moitasgrazas por facernosunsitio e prestarnosun poucodoteu tempo, xa que sabemosqueandas moi
apurado.
Andrea Montero, Leticia Alonso, SilviaBalseiro, 3ºESO
Para ir rematando con este tema, Diego e Alberte ( 4ºESO) imos resumirvos outras das entrevista
realizadas ao longo deste curso. Lembrámosvos que podedes escoitalas ao completo neste enderezo:
http://argalladas.blogspot.com.es/2016/03/entrevistas-en-radio-ras.html.
ENTREVISTA A Mª JOSÉ, PROFESORA DE FRANCÉS
Os compañeiros e compañeiras de 1ºESO falaron con Mª José, profesora de francés de noso centro.
Para comezarcomentouquedepequenaeramoiestudosa,peroá vez mandona.NaceuenFranciae ten
un irmán e unha irmá. Escolleu estudar francés porque sempre lle interesou e, ao vivir en Francia, foi
unhafácil elección. De todas formas, se non escollese francés dixo que elixiría historia xa que era unha
materia que tamén lle gustaba moito. Comentounos que leva 4 anos traballando aquí e que lle gusta
moitopolatranquilidade quehai nasclases.Por últimorespondeuá pregunta sobreo cursonoque prefire
paradar clase, e recoñeceuqueosde4ºESO eranmoitraballadores e era fácil dar clase e traballar con
eles.
ENTREVISTA A MIGUEL ALVARIÑO, O MELLOR DEPORTISTA EN TIRO CON
ARCO
Os nosos compañeiros Daniel e Felipe ( 3ºESO) entrevistaron o
campión do mundo de tiro con arco.
Miguel naceu nunha vila preto das Pontes e estudou neste centro,
aínda que non rematou os seus estudos aquí. Contounos como
empezou a practicar este deporte e como foi mellorando e
avanzando na súa carreira profesional. Practicaba tiro con arco
como un hobbye acabou sendo un deporte esencial para el.
Preguntámoslleseé difícil compaxinar os estudos co adestramento
e os campionatos;seos premiosqueestá recibindocambiaronasúa
vida... e desexámoslle moita sorte para os Xogos de Río, ao que el
nos respondeu que aínda non estaba todo decidido, xa que había moito camiño por andar.
Como nós sabemos que vai estar alí, despedímonos desexándolle moita sorte ao campión pontés.
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016

More Related Content

What's hot (16)

Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do acto
 
O titor coas familias
O titor coas familias O titor coas familias
O titor coas familias
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
Así son eu
Así son euAsí son eu
Así son eu
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESOREUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
REUNIÓN CON PAIS E NAIS DO ALUMNADO DA ESO
 
4. comezo dunha longa etapa
4.  comezo dunha longa etapa4.  comezo dunha longa etapa
4. comezo dunha longa etapa
 
O alumnado de 6º de primaria quere saber...
O alumnado de 6º de primaria quere saber...O alumnado de 6º de primaria quere saber...
O alumnado de 6º de primaria quere saber...
 
Argalladas 2012 2013
Argalladas 2012  2013Argalladas 2012  2013
Argalladas 2012 2013
 
Discurso 40 anos
Discurso 40 anosDiscurso 40 anos
Discurso 40 anos
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
 
O paso á eso
O paso á eso O paso á eso
O paso á eso
 
Reunión pais eso
Reunión pais esoReunión pais eso
Reunión pais eso
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 

Similar to Revista Argalladas 2015/ 2016

Despedida 6º 2011 2012
Despedida 6º 2011  2012Despedida 6º 2011  2012
Despedida 6º 2011 2012oscar14tania
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)satelite1
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezsatelite1
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015radiorasca
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
Triptico inicio curso familias (1)
Triptico inicio curso familias (1)Triptico inicio curso familias (1)
Triptico inicio curso familias (1)Ramón Pérez
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en wordradiorasca
 
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017Yolanda Castro
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015Diana Sánchez
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
 
Antonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revistaAntonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revistasatelite1
 
Crónica fin de curso 2014
Crónica fin de curso 2014Crónica fin de curso 2014
Crónica fin de curso 2014satelite1
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015biblionova
 

Similar to Revista Argalladas 2015/ 2016 (20)

Despedida 6º 2011 2012
Despedida 6º 2011  2012Despedida 6º 2011  2012
Despedida 6º 2011 2012
 
Grazas
GrazasGrazas
Grazas
 
Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)Discurso de graduación definitivo (1)
Discurso de graduación definitivo (1)
 
1
11
1
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Triptico inicio curso familias (1)
Triptico inicio curso familias (1)Triptico inicio curso familias (1)
Triptico inicio curso familias (1)
 
Revista 2010 2011 en word
Revista 2010  2011 en wordRevista 2010  2011 en word
Revista 2010 2011 en word
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
A primeira carta de daia
A primeira carta de daiaA primeira carta de daia
A primeira carta de daia
 
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
 
Palabras de Carol
Palabras de CarolPalabras de Carol
Palabras de Carol
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
Antonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revistaAntonio1.º e.p. revista
Antonio1.º e.p. revista
 
Crónica fin de curso 2014
Crónica fin de curso 2014Crónica fin de curso 2014
Crónica fin de curso 2014
 
As datas e festas importantes
As datas e festas importantesAs datas e festas importantes
As datas e festas importantes
 
Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015
 

More from radiorasca

Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018radiorasca
 
Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martinTaller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martinradiorasca
 
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5radiorasca
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
 
Vi maratón de cine
Vi maratón de cineVi maratón de cine
Vi maratón de cineradiorasca
 
Antoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtasAntoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtasradiorasca
 
Presentación día do libro 2016, Sevilla
Presentación  día do libro 2016, SevillaPresentación  día do libro 2016, Sevilla
Presentación día do libro 2016, Sevillaradiorasca
 
Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015radiorasca
 
V maratón de cine2014 2015
V maratón de cine2014 2015V maratón de cine2014 2015
V maratón de cine2014 2015radiorasca
 
Iv maratón de cine 2013 2014
Iv maratón de cine 2013 2014Iv maratón de cine 2013 2014
Iv maratón de cine 2013 2014radiorasca
 
2 Maratón de cine 2011 2012
2 Maratón de cine 2011 20122 Maratón de cine 2011 2012
2 Maratón de cine 2011 2012radiorasca
 
Primeiro Maratón de cine 2010 2011
 Primeiro Maratón de cine 2010 2011 Primeiro Maratón de cine 2010 2011
Primeiro Maratón de cine 2010 2011radiorasca
 
Iii maratón de cine 2012 2013
Iii maratón de cine 2012 2013Iii maratón de cine 2012 2013
Iii maratón de cine 2012 2013radiorasca
 
Adoptamos un cacho de río 2007 2008
Adoptamos un cacho de río 2007  2008Adoptamos un cacho de río 2007  2008
Adoptamos un cacho de río 2007 2008radiorasca
 
As nosas árbores 2007 2008
As nosas árbores 2007  2008As nosas árbores 2007  2008
As nosas árbores 2007 2008radiorasca
 
Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?radiorasca
 
Simboloxía das árbores celtas
Simboloxía das árbores celtasSimboloxía das árbores celtas
Simboloxía das árbores celtasradiorasca
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014radiorasca
 

More from radiorasca (20)

Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
 
Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martinTaller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
Taller. as 21 plantas celtas. impartido por camino perez martin
 
Para ti
Para tiPara ti
Para ti
 
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
Libro as vinte e unha plantas celtas, formato b5
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Vi maratón de cine
Vi maratón de cineVi maratón de cine
Vi maratón de cine
 
Antoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtasAntoloxía poética das árbores celtas
Antoloxía poética das árbores celtas
 
Presentación día do libro 2016, Sevilla
Presentación  día do libro 2016, SevillaPresentación  día do libro 2016, Sevilla
Presentación día do libro 2016, Sevilla
 
Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015
 
V maratón de cine2014 2015
V maratón de cine2014 2015V maratón de cine2014 2015
V maratón de cine2014 2015
 
Iv maratón de cine 2013 2014
Iv maratón de cine 2013 2014Iv maratón de cine 2013 2014
Iv maratón de cine 2013 2014
 
2 Maratón de cine 2011 2012
2 Maratón de cine 2011 20122 Maratón de cine 2011 2012
2 Maratón de cine 2011 2012
 
Primeiro Maratón de cine 2010 2011
 Primeiro Maratón de cine 2010 2011 Primeiro Maratón de cine 2010 2011
Primeiro Maratón de cine 2010 2011
 
Iii maratón de cine 2012 2013
Iii maratón de cine 2012 2013Iii maratón de cine 2012 2013
Iii maratón de cine 2012 2013
 
Adoptamos un cacho de río 2007 2008
Adoptamos un cacho de río 2007  2008Adoptamos un cacho de río 2007  2008
Adoptamos un cacho de río 2007 2008
 
As nosas árbores 2007 2008
As nosas árbores 2007  2008As nosas árbores 2007  2008
As nosas árbores 2007 2008
 
Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?Pérdeste comigo?
Pérdeste comigo?
 
Simboloxía das árbores celtas
Simboloxía das árbores celtasSimboloxía das árbores celtas
Simboloxía das árbores celtas
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Argalladas 2013 2014
Argalladas 2013  2014Argalladas 2013  2014
Argalladas 2013 2014
 

Recently uploaded

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 

Recently uploaded (12)

O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 

Revista Argalladas 2015/ 2016

  • 1.
  • 2.
  • 3. EDITORIAL Nestes catro anos que estiven no centro tiven experiencias moi boas, aínda que outras veces paseino malporalgunhasmaterias.Recordomoibosmomentoscosmeuscompañeiros.O que máis vou botar de menos será non poder estar aquí para ter preto os bocadillos de baicon que nos fai Pili, aínda que vou seguir vindo para facerlle algunha que outra visita. Hai materias que me dificultaron o curso, sobre todo estes dous últimosanos,comoasmatemáticas,peroo bo detodo isto é que levamosunha boa base que nos vai servir moito no futuro. O resumo destes catro anos é que todos os profesores me axudaron moito. Eu o que máis recordo destes catro anos son aquelas clases dos primeiros cursos da ESO nas que tiñamos que estar divididos en dous grupos. Daquela non me gustaba esta situación porque cría que eramosdemasiadaxente,peroesteúltimoano a verdade é que o botei de menos. Voume ir deste centro coaseguridadedeter moibonivel en todas as materias.Osdous anosque nos quedande instituto serán moito máis sinxelos grazas ao esforzo que fixemos neste centro. Os catroanosnos queestudei nestecentroaxudáronmemoito,non só a mellorar no ámbito académico, senóntaménpara formarme como persoa. Aprendín o que realmente era poñerse a traballar, que debía sabervalerme porminmesmaequeía ter que afrontarmoitascomplicacións durante os futuros anos de estudo, peroque nadaé imposible.Nonfoisemprefácil,peroprefiroquedarmecoascousasboasqueme levo e estou segurade que botareimoitodemenos,en xeral, o día a día, pero sobre todo as persoas que se gañaron o meu afecto e que acaban sendo importantes, porque son as que deixan marca. Os meus catro anos no IES Castro da Uz foron en xeral agradables, pero (como en todo) houbo altibaixos.Todososprofesoresmeaxudaron,xa quepensabanque era unha rapaza con moita cabeza e que podía aprender moito. Ao principio era unha vantaxe contar con tanta confianza por parte dos profesores, pero a medida que foi pasando o tempo algúns deles comezaron a esixir máis do que deberían, presionándome demasiado e facendo que repercutise negativamente nos meus estudos. A pesar destas cousiñas negativas, estou contenta de ter pasado por este centro e de ter estes compañeiros, xa que se non o fixera non sería a persoa que son, e espero que alá a onde vaia siga índome así de ben coma nestes anos. Alberte Ledo Pita, Alba Requeijo Cendán, María Román Pico, Luis López Melero,4º ESO
  • 4. O ALUMNADO DE 1º ESO PRESÉNTASE ANTE TODOS E TODAS Como van ser moitos os anos que pasaremos xuntos, queremos contarvos algunhas cousas. Primeiro comezaremos por dicirvos como lembramos a nosa entrada no centro. O día 15 de setembro do 2015 comezamos a nosa nova etapa no IES Castro da Uz. Foi unha entrada agradable, xa que nos trataron moi ben e recibimos moito agarimo dos compañeiros. O cambio de primaria a secundaria foi bastante drástico pero para ben. Para nós, todo era novo, unha nova experiencia; os mestres, os compañeiros, as aulas... todo o instituto en xeral. A adaptación foimoirápidaxaque o nosotitor, Santiago,é xeniale moidivertido. Recordamoscandonos dixopor primeiravez que, ser tan poucosíaser bo, e así foi. Temosqueadmitirque, para ser unha clase de tan poucos alumnos, non é fácil soportarnos, porque algúns, ás veces falamos un pouco demais. No primeiro trimestre tivemos unha actividade moi particular, o maratón de cine, que nos serviu para estreitar a nosa amizade cos outros alumnos. Aínda que non viñemos todos, pasámolo moi ben. No comezo do segundo trimestre xa estabamos acostumados ao instituto, que aínda que nos levou tempo,poucoapoucofómoloconseguindo.Polo entroido déronnos unhaspequenasvacacións, nas que non nos deu tempo a moito, aínda que o pasamos moi ben. Xa no terceiro trimestre, que acaba de comezar, ocorreu o máis apaixonante de todo o curso, a viaxe a Sevilla. Fómonoso dia 21 de abril ó saír do colexio e volvemos o 24 á hora de comer. Alí, pasámolo moi ben, e visitamosmoitoslugares,como a Giralda ou a Torre de Oro. Tamén paseamos en barco polo río Guadalquivir. Para algúns compañeiros foi máis apaixonante que para outros porque era a primeira vez que viaxaban en avión. Foron uns días moi divertidos A pesar de todo, este curso foi moi divertido e interesante, tanto no bo coma no malo. Esperamos que o próximo sexa igual ou mellor. Javier Fernández Cando cheguei ao centro era un día que lucía un sol espléndido. Averdade é que me sentín un pouco triste porque deixara a Fraga, pero tamén felizporque ía comezar unha nova etapa na miña vida. Os profesoresforon moiagradablesconnóseacolléronnosmoiben,aoigualcós alumnos. Agora que xa levo aquí bastante tempo aprendín a facer cousas novas e coñecer a novas persoas. Do centro, a verdade, é que me gusta todo: ás árbores celtas, os compañeiros e compañeiras, o club de lectura... Espero seguir aquí moitos anos máis. Lucía Ramudo O día 15 de setembro era un día chuvioso, iso xa dicía malas cousas... Cousas como a vergoña, a dificultadedasmaterias,comparadas coas do colexio de primaria, etc. Pero vou comezar coa orde cronolóxica:noprimeiro trimestre invadíame a vergonza. Todas as materias eran máis difíciles cás do ano pasado, naturalmente. Pero aínda que fora así, aprobei todo con boas notas. No segundo trimestre,que comezoudespoisdoNadaledo día de reis, xa non tiñavergoña porquexa falaba con todas as persoas que coñecera. Tamén me acostumei ás materias, e por iso mellorei nas notas. Agora, no terceiro trimestre, xa non teño ningún problema, estou feliz e seguirei así ata o fin dos tempos. Xoel Carballeira O primeiro día que pisei o instituto foi especial, porque sentía que estaba comezando unha nova etapa moi importante na miña vida. A verdade é que tiña moitas ganas de comezar, pero deume moita pena deixar o meu antigo colexio, a todos os profesores, eses recunchos que me traían tantos recordos..., os meus compañeiros de toda unha vida... No primeiro momento que entrei ao centro xa me sentín a gusto, como se tivera a sensación de seguridadeetranquilidadequeatodosnos gusta ter. Oscompañeirostratárannose guiáronnos moi ben. O certo é que estou moi agradecida a todos por axudarnos en todo o que necesitamos. Os profesores son un encanto, transmitíronnos moita seguridade e axudáronnos a adaptarnos rapidamente.
  • 5. Agora que xa levo aquí case nove meses de estudo, de amizade e de confianza sei que os cambios son máxicos. Antía Pico O 15 de setembro cheguei ao IES Castro da Uz moi ilusionada e contenta. Ao entrar no instituto sabía que era un gran cambio, pero con axuda de todos os alumnos sentín que estaba integrada e xa con novos amigos.Eles e elasaxudábannos,porexemplo:aencontrarasclasesoua incorporarnosunpouco máis na vida do centro. Ao longo do curso estaba contenta, pero canto máis tempo pasa, máis cansa estou, aínda que este instituto: encántame! Jessica Leira A primeiraimpresiónque tiven ao ver o instituto foi como cando de bebé che sacan o chupete. Foi unha impresión rara, pero emocionante por probar cousas novas e sorprendentes, por ter que estar nun sitio diferente e descoñecido. Para min foi moi distinto nas materias, porque na escola dábannos todas as materiasun mesmo profesor, agás relixión, educación física, música, plástica e inglés. Aquí un profesor dáche cada materia. As cousas cambiaron moito porque cando ía á escola tiña que erguerme ás oito e media e no instituto teño que entrar a esa hora. Teño tamén clase polas tardes, pero no colexio non as tiña. As materias son máis complexas no instituto cá en primaria. Levo aquí moitotempoe xa aprendínmoitascousasnaESO e aíndanon rematei o curso. Cando remate vou ter moitas cousas que contarlles á familia. Aldara Pérez O meu primeiro día no Castro da Uzquedará para sempre nos meus recordos. Eu estaba moi nerviosa e con medo. Levaba xa moito tempo imaxinando como sería o centro e por fin estaba a velo e a vivilo. Despois de coñecer os profesores pasáronseme os nervios e esa mañá, cando saín do instituto, xa quería volver de novo. Sabela Rodríguez O primeirodíadeinstituto foi por mediadosdesetembro.Recordoque era un día chuvioso. Eu tiña moita ilusión por saber como eran os novos profesores e por saber como era unha mañá no Castro da Uz. Agora, para min, todas as mañás son normais, pero fai oito meses non o fora, xa que esa mañá comezaba unha nova etapa na miña vida. Sara Basoa O meuprimeirodíafoimoiraro, pero especialparamin.Noncomeceicosoutroscompañeiros, xa que eu entrei no mes de xaneiro. Era un día que ía moito frío e non paraba de chover. Os meus pais acompañáronmeatadentrodocentro.O directorlevoumeaclasee coñecínosmeusnovoscompañeiros e o meu titor. Despois desa clase coñecín a mestra de galego. Eu xamais falei en galego, pero, agora, con esa mestra sei facer moitas cousas con el. Logo veu o primeiro recreo e foi moi forte e divertido. Presentáronme unmontóndexentee agora lévomemoibencoa gran maioría. As seguintes clases foron educación física e francés, e logo volveu o recreo. Despois entretívenme nas clases de mates e lengua. Ao final da mañá toda a xente marchaba en bus para a casa. Foi un gran día o 7-1- 2016. David Hernández Agora ímosvos contar algo máis de nós para que nos coñezades un pouquiño máis. Encántame Abraham Mateo porque é unha persoa marabillosa, e grazas a el aprendemos a bailar e a cantar. Grazas a el os nenos enfermiños teñen forzas para seguir adiante. O día 25 de agosto de 1998 inventouse o nenomáisfermosodomundo, sen el non habería tanta alegría no mundo, tanta esperanza, tanta forza e tanta humildade.Senel,o mundo non sería mundo. Pero sen as cores tampouco. Grazas a elas podemos ver as cousas de maneiras distintas. Grazas a elas distinguimos as cousas. Sen elas non habería esa alegría ou esa tristeza. Sen elas un cadro, un debuxo, unha pintada non serían cousas tan vivas e tan bonitas.Sen elas unha árbore non sería frondosa e marabillosa. Sen elas as persoas non
  • 6. teriamos esa alegría. Sen elas non habería o arco da vella. Sen elas non existiría ese ceo tan azuliño, sen elas eu non viviría. A miña árbore celta é o amieiro, a árbore do bo gusto. ( Lucía) A miñacomidafavoritaé o filete de polo. O seu olor é moi refrescante e agradable e ten un sabor fascinante, se lle botas unha gotiña de aceite de oliva. O día máisfelize importantedamiñavida foi o 28 de decembro cando vin o meu maior ídolo. Deume un abrazo que foi tan longocomoorío Miñoeun bicomáisbonito cá primavera. Tiven a sensación de estar nas nubes con esa persoa tan agradable e alegre que me fixo tan feliz. A miña árbore celta é o cedro e, cando o vin, compúxenlle este poema: Tan pequeniño coma unha rosa, tan verde coma un lagarto, tan libre coma unha bolboreta, tan áspero coma un esparadrapo, tan afiado coma unha agulla, tan inquieto coma unha nena pequeniña, tan feliz coma un paxaro e tan quietiño coma unha folliña. ( Antía) O mellor día da miña vida foi en Ares. Ese día estaban comigo Sara e Antía. Fomos á praia, alugamos unha canoa, xogamos na auga azul coma o ceo, tomamos o sol, merendamos e fomos á piscina. Pola noite paseamos pola beira do mar e máis tarde vimos unha película. A miña árbore celta é o ciprés que indica fidelidade. Diante del pensei e escribinlle este poema: O ciprés verde e alto énchete de alegría coma se che fixeran cóxegas. No amencer do ceo alaranxado, e tan brillante coma o sol, vese máis fermoso cá lúa. Na noite dorme. E dorme así, tan belo coma o arco da vella. ( Jessica) O momentomáisfelizdamiñavida foi candonaceuomeuprimo.Estabamáisfeliz caunnenopequeniño comendocaramelos.Aquelmomentofoimáisespecialdoquepensaba.Elera o nenomáisfermosoentre todos. Era tan alto comaunhapóladunhaárbore.Agora é menosrevoltosodo que imaxinaba, pero corre polo campeiro tan rápido coma un guepardo e é máis doce cós pasteis. É o mellor primo do mundo. A miña árbore celta é a nogueira que simboliza a paixón e ten a cor azul de aliada. Así lle escribín cando a vin: A nogueira é paixón, tan pequena coma un caramelo, pero tan forte coma os latexos do corazón. O azul é a súa cor, azul profundo de emocións, azul tranquilo, azul sereno, azul real e verdadeiro. Baixo a nogueira de pólas estendidas encóntrome eu alí protexida. Tamén me gusta debuxar. Aquí vos deixo unha mostra. (Sara)
  • 7. O mellor recordo da miña vida: Á metade da rúa víase un descampado. Ao final dese solar aparecía a fachada dunha casa de pedra, limpaeaseada, coa delicadeza de detalles coma as cortinas das ventás, a hedra que cubría a parede e os testos diantedunhaesvelta porta. Detrás daquelacasacontemplábaseunhahortaeun gran hórreo. O terreo estaba cheo de numerosos cultivos arroupados por altas plantacións de millo. Nun extremo, dándolle a sombra dun muro de pedra, encontrábase un gran limoeiro, cargado de boísimos limóns. As súas pólas pesaban tanto que ata había algunha que caía ao chan, xusto a piques de esmagar as preciosas lavandas que a miña avoa cultivaba, para logo, con elas, perfumar toda a casa. Oíanse os cantos dos paxariños e as risas de cando a miña nai e os seus irmáns xogaban de pequenos. Ao entrar na casa escoitábase a miña bisavoa palillando, aquel son que facían as pezas de madeira cando chocaban unhas contra outras. O mellor de toda a casa era a ventá que había no tellado da habitación principal. Dende alí víanse as estrelas da noite e a auga cristalina da praia dos Muíños. A miña árbore celta é o olmo e a el dediqueille este poema: O olmo Un olmo vello, vello polos anos, desgastado polo vento, polas choivas de abril e maio. Que casca máis fina!, dille o reiseñor , fina como as miñas plumas, amarelas coma o limón. Que pólas tan fermosas! Tan fermosas coma o mar, ou coma as andoriñas marchando do seu fogar. (Sabela) O momento máis feliz da miña vida foi a viaxe que fixen a Madrid. Cando fun era máis pequeno que agora.Madridtiñaun zoo, que eratan grandecomaa Warner. Fun a ese zoo coa miña familia, incluíndo á miña irmá, que era daquela un bebé. O animal máis pequeno era un rato. Ese rato era menos valente queo elefante quetiña ao lado.Ese elefanteera o máisgrandedo zoo, chamábase Trompi, e era o meu mamífero favorito. A miña árbore celta é o castiñeiro e a el fíxenlle este poema: O castiñeiro é sinónimo de honestidade, fucsia é a súa cor máis amable e é a máis fermosa de todo o parque. É unha árbore agradable tan alta como Xavier e menos pequena que Xoel. Esta árbore pode crecer mentres ti estás a correr. (Xoel) O mar transmíteme paz e tranquilidade. É como ulir o olor dun bebé ou como estar co meu curmán. O seu olor é salgado, pero á vez refrescante e doce. Cando me baño no mar sinto que estou libre, que estou completamentesoanomundoeno universo. É unhasensacióntanmarabillosacomaulir unha flor. A miña árbore celta é o álamo: Álamo verdadeiro e forte, a Eduardo Pondal está dedicado. Árbore esvelta e alta, coas ramas nacendo dende abaixo. Follas verdes brillantes e amarelas. Álamo forte e seguro, delicado e fráxil. Es a miña árbore. ( Aldara)
  • 8. OPINIÓNS A CRISE DOS REFUXIADOS SIRIOS A día de hoxe, Europae todos os demaiscontinentesestándirectamentevinculadoscosacontecementos de Siria. Nesta situación, moitas familias atópanse desprotexidas e precisan da axuda doutros países. España e os países veciños están a amosar unha actitude de rexeitamento fronte á acollida destas persoas. Desde comezos deste ano, o tema dos refuxiados cobrou moita importancia nos xornais, na radio, nos telexornais, etc. A maior parte das noticias relacionadas con isto están vinculadas coa pasividade que amosa a Unión Europea fronte este problema. Un claro exemplo é o acordo asinado entre a Unión Europea e Turquía. As cifras de refuxiados acollidos no noso país son vergonzosas e irrelevantes, así como tamén o son as persoas dispostas a prestar a súa axuda con alimentos, roupa de abrigo e outros bens de primeira necesidade, pois unicamente 18 sirios recibiron asilo en España. Nesta situación nonsetrata deser caritativo senónde acolleramilesde persoas que, no contexto bélico no que está a vivir o seu país, precisan a seguridade de contar cun fogar. É por isto que neste momento non lle podemos dar as costas a todos estes seres humanos que precisan da nosa axuda agora. Polo tanto, se todos deixáramos de mostrar unha actitude egoísta ante a devandita situación, moitas familias poderían asegurar a súa supervivencia e comezar unha nova vida. CristinaOtero, 2º BAC O tema dos refuxiados é un dos debates máis candentes actualmente a nivel internacional. Con motivo da guerra de Siria, moitas persoas foxen do seu país, e nós, os de Occidente, negámoslle o paso; decisión que o noso propio goberno adoptou sen consulta previa de ningún tipo. En primeirolugar,debemosdiferenciarclaramenteosmotivosdeste conflitodaproblemática relacionada coainmigración,dúas cuestións que poden parecer similares e que poden conducir a erro. Pero trátase de problemas totalmente diferentes e, polo tanto, esixen un tratamento distinto. Persoalmente dita decisión mencionada con anterioridade, paréceme totalmente inhumana. Poñemos escusas e barreiras estúpidas para non axudar a persoas que están a escapar da morte. Ao fin e ao cabo,cerrándollesasportas, estamossendoparticipesdunxenocidio.Osgobernosoccidentaisaférranse a argumentos relacionados fundamentalmente co incremento do gasto social que supoña para nós a permanencia da poboación refuxiada no vello continente, razoamento que ao meu parecer resulta totalmente incoherente, xa que, como mencionaba con anterioridade, estas persoas non veñen para conseguir axudas sociais, senón para escapar da morte. Como conclusión, considero que as medidas acatadas non son as correctas. Creo que entre todos debemos chegar a un acordo para intentar solucionar este problema, cerrar os ollos e mirar para outro lugar non é a solución. Humanidade é o que nos fai falta, e non escusas de fundamento económico. MaríaAllegue, 2º Bac. ACOSO ESCOLAR Sen dúbida atopámonos nunha etapa na que o “bullying” aumentou considerablemente. O acoso escolar cada vez é máis frecuente e vese agravado máis aínda pola utilización das novas tecnoloxías. Os nenos e nenas de hoxe teñen a maioría acceso ás novas tecnoloxías, como consecuencia disto vemos que, debidoasúa malautilización,oacosoescolar,ademaisderealizarsena escola,chegaataas casas. Antes bastabaconcambiaraonenodecolexioparaevitar ese acoso, pero agora o bullying continúa fóra da escola. Os estudos realizados amosan que a maior parte das vítimas non manifestan aos seus pais que están sufrindo acoso. Tamén é certo que os nenos obteñen o teléfono con moi pouca idade, os cales non teñen unha capacidade de xestión xa que aínda son moi inocentes. Comoconclusión,opinoqueasnovas tecnoloxíasagravano acosoescolar,ocaldebeser paralizadonas aulas para evitar que continúe posteriormente, pero iso hoxe en día é moi complicado. RaquelBéjar,2ºBAC
  • 9. Unha das máis recentes polémicas vividas no noso país é a que causou Pablo Iglesias hai uns días ao asegurar publicamente que se sentía atacado por un xornal. É obvio que, aínda que os medios de comunicación deberían ser obxectivos, cada vez teñen una ideoloxía máis marcada. Isto reflíctese sobre todo nas portadas, onde podemos observar como se dá importancia a determinadas noticias e nin sequera se nomea outras, xa que prexudican a un partido ou individuo afín. Esta falta deobxectividadeestáamparada,segundo moitos profesionais pola liberdade de prensa. Pero, nondeberíancontaros cidadánscunmedionoquepoder confiar, sabendo con seguridade que todas as noticiasseráncompletamenteneutrais? Destaforma os lectores non estarían influídos e poderían formar a súa propia opinión dos acontecementos. Para expresarunaideoloxía,casetodos os mediosdecomunicacióncontanconapartados onde se pode expresara opiniónpropia,comovemosnosxornais, polo que as noticias non deberían ser utilizadas con ese fin. Ana Baamonde,2ºBAC O Parlamento británico vén de rexeitar a emenda para acoller 3000 nenos sirios e iraquís refuxiados. Estes nenos xa se atopan en Europa, mais sen pais, sós e asustados. Os conservadores que votaron en contra, xustifícanse en que favorecería as mafias. Aínda quexa non sexade interesemediático,osenfrontamentoscontinúanenSiriae, con eles,o número de refuxiados que escapan da guerra. Como a axuda da UE é mínima, moitos sirios recorren ás mafias para poder fuxir dese inferno. Non os culpo. Soamente buscan unha vida mellor e os conservadores están equivocadosdicindoqueacollerestes nenosfomentaráaactividademafiosa. É todo o contrario: se desde un inicio Europa respondera á chamada de auxilio dos sirios refuxiados, estes non se verían obrigados a recorrer ás mafias para cruzar as fronteiras. Ademais, incluso se de verdade favorecera as nomeadas asociación ilegais, a vida de xente inocente entre os que se atopan miles de nenos debería primar sobre calquera preocupación económica ou preocupación pola actividade ilegal. Situaciónsespeciaiscomaestarequirendemedidasextraordinarias.O parlamentobritánico non semella ter empatía suficiente coma para abandonar o egoísmo e socorrer a estes miles de nenos asustados, famentos e sen familia. Xa tiveron que vivir una terrible experiencia; deberiamos ser comprensivos e ofrecerlles o máis parecido a un fogar. NataliaFraga,2ºBAC O pasado día 21 de Abril, en Minnesota, faleceu un dos artistas musicais máis recoñecidos do noso tempo, Prince Rogeus Nelson. O cantante compositor e multiinstrumentalista de pop, funk e outros xéneros, nado no mesmo estado americanonoquefoi atopadoo seucadáver, aprendeuatocar o piano pola súa conta, repetindo de oído sintonías da televisión. Cando os seus pais decidiran divorciarse el tiña sete anos. A mortedo músicofoiunfeito queafectou a moitos e tamén os sorprendeu. Iso débese a que, sen ter en contaunhaaterraxede emerxenciaque tivo que levar a cabo o piloto do seu avión uns días atrás porque o artista necesitaba asistencia médica, Prince non amosaba ningunha enfermidade moi grave, tan só unhagripeque xa levababastante temposufrindo,pero quenon o detivo na súa actuacióndo14 de abril. Porén, poloqueactualmentepodemossaber sobre a morte do americano, non foi a gripe a causante da perdidamundial. Polo que parece, o músico levaba sen durmir e traballando unhas 154 horas, feito que podíadeberseó excesode analxésicosqueoartista empregaba polo problema de cadeira que tiña. Esa confesión, aportada polo seu cuñado, eliminou a idea dun suicidio, que moitos tomaban como posible causa,xa queexistían rumoresdeque Princeintentara suicidarsecandoperdeuoseufillopoucodespois de este nacer. Actualmente, as autoridades seguen a investigar as causas da morte, e moitos fanáticos da música de Prince néganse a pensar na posibilidade de que o seu ídolo, quen xa sufrira abondo coa perda do seu fillo e do seu nome artístico por culpa da Warner Bross, tomara drogas e, por acción destas, sufrira esta sobredose, que lamentablemente o levara á morte e a sufrir esas horas sen poder durmir. Adrián Ramos,2ºBAC
  • 10. Ultimamente nas noticias podemos ver que o problema de corrupción é o tema máis actual, debido á rechamante participacióndediversoscargospúblicos e famosos deportistas ou directores de cine. Cada día, candoó mediodíapoñoasnoticias,aparecenmáisemáisnomes coñecidos nos famosos papeis de Panamá. Como cidadá esta situación indígname, ao ver como as persoas que máis teñen aínda son capaces de ter a pouca cara de defraudar e intentar esconder grandes patrimonios, mentres na rúa hai xente que non ten nin onde durmir e incluso ten que buscar comida no lixo para poder sobrevivir. Obviamenteconsideroquetodos osdefraudadoressonculpablese,sinceramente, que vaian ao cárcere a min no me preocupa, porque encima teñen privilexios. O que terían que facer é devolver todos eses cartos e así melloraría a calidade de vida de todos os cidadáns. De entretoda esa pandade defraudadores,osquemáismecabrean son os políticos. Paréceme incrible que un posto creado para defender o pobo por encima de todo como é o de presidente do goberno e ministros, se denigre desta maneira por culpa de xente que o único que busca é un beneficio propio. Para min a política é unha ciencia incrible, capaz de elaborar moitas cousas e capaz de axudar os cidadáns e dóeme que catro aproveitados denigren esta profesión ata o punto de facernos odiar a política,e encimateñanacarade, mentres eles defraudan, ver como acaban cun país ao que lle custou moito esforzo estar onde está. Mentres eles se enriquecen non dubidan en botarnos a culpa aos traballadores e a fritirnos a impostos e reducións de salarios. Na miñaopiniónénecesariounlavadocompletodapolítica,peroa isto úneseunhapreguntaque non ten fácil resposta, sería alguén capaz de chegar ó poder e que este non o corrompa? Non se sabe, pero debemos arriscarnos, xa que esta situación de que uns se forren mentres outros morren de fame, non pode seguir así. CarmenGonzález, 2º BAC LOS EMBRIONES CRECEN EN EL ESPACIO “Un equipo chino demuestra por primera vez, en un modelo de muestras de ratones puestas en órbita, que la reproducción en estas condiciones puede ser posible” Tema típico onde os haxa, a exploración do universo é unha das actividades que máis fascinou o ser humanodesdeosseus inicios,ea calse podelevar a cabocadavez dunhamaneiramáisexacta (grazas á melloradosinstrumentoseprocedementos).Peroa raíz distotrátase defacer fincapé e investigar cada vez máis sobre a posibilidade do ser humano de emigrar a outros planetas. Aínda queesta cuestiónnospareza máisben “de cine”, é un feito que é posible que a Terra se converta nunlugar inhóspito,imposibleparaavidatal e comoacoñecemos,antes do concertado, afectando así á supervivenciado seuhumano;isto provocaunhabuscadesoluciónaeste dilema,dentrodascales entra, pois, a buscadoutro(ououtros) planetasondesi se poidamantera vida tal e comoa coñecemos. Porén, a ciencia aínda non deu con tal planeta. Non obstante, á hora de pensar neste tema, vennos á mente outro factor que o caracteriza, como sería o modo de viaxe e o tempo do mesmo. Araízdisto aparece o tema tratado na noticia en cuestión: a posibilidade de supervivencia do ser humano no espazo. Pois, se non conseguiramos sobrevivir en dita viaxe, de pouco nos ía servir facela, xa que concibimos previamente que “sería demasiado longa”. Especificamente, o informe revela que, tras un experimento chinés, certamente pode ter lugar a reprodución no espazo, e o cal dá lugar a diferentes interpretacións por intelectuais coma Peter Leung (investigador da Academia Canadense de Ciencias para a Saúde), que opina que terá un impacto fundamental na bioloxía reprodutiva e suporá enormes beneficios potenciais para a saúde humana; ou David Elad (Universidade de Tel Aviv), o cal entende que o experimento permitirá unha comprensión profundados factoresbiolóxicosdareproducióntemperá.Poréno factor máis loxicamente deducible é a posibilidade de supervivencia do ser humano fóra da Terra en caso de evacuación desta, e o cal si proporciona unha información moi valiosa á ciencia contemporánea e, en xeral, ó ser humano como especie. XairoCalvo, 2º BAC.
  • 11. DESPEGA A REVOLUCIÓN DOS DRONS CONTROLADOS POLAMENTE. O mundodaaviacióndedronsleva enauxe dendehai escasos anos, xa que estes vehículos aéreos non tripulados comezaron a aplicarse a moitos terreos, aproximadamente dende comezos do 2014. Algúns destes campos son a agricultura, xa sexa para control de pragas ou xestionar os cultivos; as emerxencias, axudan a salvar persoas que quedan illadas en zonas de difícil acceso ou os envíos de empresas como Amazon, que xa os utiliza para determinadas entregas. O último complemento que se lles engadiu a estes vehículos foi o control mediante a mente, isto pode parecer un avance sen interese practico, só un logro meramente científico, pero non é así, senón que permite o acceso a estes dispositivos á totalidade da xente, xa que ata agora para conducir un dron cumpría ter un carné que o autorizara. O funcionamento destes vehículos comprobouse nunha carreira na universidade de Florida, onde se elaborou o proxecto. Aproba foi un éxito rotundo e pronto serán comercializados. Na miñaopinión,estesaparatospodensupoñertodaunharevolucióne facera nosa vida moito máis fácil o día de mañá,e xuntoa outros inventos recentesun doscampos de investigación onde máis queda por descubrir, no sentido de buscarlles máis aplicacións e facer máis patentes. Álvaro Rodríguez, 2ºBAC O TERREMOTO DE ECUADOR Fai cuestión de semanas un gran terremoto de aproximadamente uns oito graos afectou a zona de Ecuador, e as consecuencias foron catastróficas, causando grandes estragos nas súas estruturas que apenasestabanpreparadas para afrontar tal tremor. Acifra de mortos e feridos ascendeu aos 655 e 800 respectivamente, unha cifra que segue en aumento co paso dos días. Os equipos de busca e rescate están a plenorendemento,loitandoparaencontrarcalquera desaparecido, vivo ou morto, entre o entullo. Este sismoé o maisforte dendeo terremotode Colombiade 1979. As súas ondas sísmicas chegaron ás zonas mas sureñasdeColombiaeas súasréplicasaíndaafectan aoshabitantesde Ecuadorquedormen nas rúas por medo a que lles caia algún edificio encima. Pero isto non é todo, o presidente de Ecuador, Rafael Correa, con finalidade de recadar fondos para as zonas maisafectadasaumentouosimpostosdo IVA endous puntosdurante un ano enteiro, ademais de retirar undía desalarioa aquelaspersoasquegañenmáisdemildólares ó mes. Non só os ecuatorianos intentan reconstruír este desastre, senón que hai moitas organizacións, entre estas españolas, que aportan comida e refuxio a moitos cidadáns ecuatorianos. Porén, estas axudas non son suficientes. Nonobstante, cabedestacar que non todo rematou. Hai posibilidades de que o sismo provoque un gran tsunamiquevolva sacudir toda a cidade,epor iso, moitoscidadáns,entre estes pescadores, dormen ao pé do mar por se atopan algunha anomalía para fuxir do perigo. Na miñaopiniónconsideroque este sismo é una das maiores catástrofes xeolóxicas nos últimos anos e compároo coterremotoeo tsunamideFukushima,noticiaacal me conmoveu moito. Eu creo que todos debemos axudar os ecuatorianos, ben de forma económica ou con man de obra. Este país estaba pasando por una mala racha económica e a traxedia acabou con calquera posibilidade de saír adiante para converterse nun país desenvolvido. Para concluír, gustaríame dicir que non só a axuda económica é suficiente xa que debemos ser solidarios, en concreto, aqueles países que dispoñan de suficientes recursos, sobre todo non ignorar estas situacións como desgraciadamente facemos cos refuxiados. Raúl Tojeiro,2ºBAC Tensión debido ao mísil que Corea do Norte lanzou dende un submarino A pasada semana, Corea do Sur experimentou o lanzamento dun mísil de medio alcance por parte de Coreado Norte, queleva tempoperfeccionandoasúacapacidadenuclear,poñendoespecial interese en poder lanzar este tipo de arma dende submarinos. Algunhas fontes de Corea do Sur din que o mísil caeu ao mar de Xapón despois dun par de minutos de voo nos que percorreu preto de trinta quilómetros. Este disparoformaparte das probasde armamento que o réxime norcoreano leva realizando durante as últimassemanascomopartedospreparativospara o próximo congreso do Partido dos Traballadores de Corea, que se realizará a comezos de mes de maio.
  • 12. Coreado Norte ten sanciónsquevetan as probasnuclearesedemísiles balísticos, pero xa intentaron un lanzamento similar o ano pasado. Distribuíronse imaxes dun mísil saíndo da auga, aínda que afirmaron que estas eran falsas. Certamente, o que Corea do Norte está a facer está mal. É necesario que o resto dos países colaboren para poñerlle freo a estas accións, pois a este ritmo podería estalar a 3ºguerra mundial. Brais Pico,2ºBAC A realidade semella ser un videoxogo; lévanse a cabo feitos atroces, existen situacións insotibles, asasinatos terroríficos… Porén carecen da importancia e atención que necesitan ou resultan distantes, incluso fictícios aos nosos días. Ilusos de nós, se pensamos que estaremos sempre do mesmo lado da pantalla. Se lemos calquera xornal ou vemos as noticias na televisión resulta doado atopar situacións realmente dramáticas. De feito, os seus protagonistas semellan vivir ( ou máis ben, sobrevivir) noutras realidades. Obviamos así a existencia dun único mundo. Un mundo onde convivimos todos e un mundo que nos somete,por igual,á incertezado futuro. Deste xeito, aínda queagoragocemosdunhavida“ acomodada”, ninguénnospodeasegurara contuinuidadeperpetuadesta.Ademaisacustúmasea dicir que a historia é cíclica:amiseria,a caristía,as guerras, a violencia…sempreestánpresentes.Quizaismudandelugarao longodo tempo, pero (tristemente) parecen inevitables. Un exemplo disto é a realidadce actual de Siria. Dita comunidade era a rexión oriental máis avanzada, existía unha plena tolerancia relixiosa, tiña as maiorestaxasde escolarización…Naactualidaderedúcese a violencia, cinzas e millóns de persoas que intentan refuxiarse noutros países. Situación que parece irreal na nosa realidade, é aquí o momento de destacar a nosa mala memoria. Os nosos avós viviron o horror dunha guerra civil e unha cruenta posguerra. Eles foron os refuxiados hai unhas cantas décadas. A realidade que constitúe o noso mundo, somos nós. É dicir, a Historia é única, foron os nosos pais e avós, somos nós ou serán os nosos fillos. De feito, quizais, este presente converterase nunha realidade utópica nun futuro. Antía Durán,2ºBAC QUEN PUIDERANON FACELO Dilemamoralseríaocualificativoqueonoso profesor de filosofía poñería a esta situación, a situación de Andrea, unha rapaza de doce anos hospitalizada no clínico de Santiago. Que facer? Esta nena pasou toda a súa vida hospitalizada por culpa dunha enfermidade xenética irreversible. Hai poucosdías esta enfermidade chegou ó seu fin, e cando este tipo de enfermidade remata por absorber por completo o paciente, este acaba o seu tránsito pola autopista da vida. Andrea está vivindo porque unhamáquinaestátermandodasúavida artificialmente.Aconsecuenciadisto,osseus pais, comotitores legais,decidiron pedir ó hospital, onde a súa filla está ingresada, que a desconectasen desa máquina e así acabarcoa súa agonía. Para min non é nada raro, nin moito menos unha atrocidade, que estes pais queirandeixardever á súa filla nesasituación,quenona queiranver sufrindo.Está cerebralmentemorta, ela non sente, ela non vive realmente. Estes pais non queren ver á súa filla sufrir, queren que acabe o seu ciclo da vida recibindo unha morte digna. É evidente que non o fan por egoísmo propio, nin moito menos. Non creo que ningún pai desexe ver como a persoa que máis quere no mundo morre, porque un pai sempre quere o mellor para o seu fillo. Xan Paz, 2ºESO UN ANXO CHAMADO, ANDREA Érase unha vez, nun presente moi inhumano, unha neniña chamada Andrea. A vida de Andrea -apagouse-eunhaterriblemáquinasegue forzando o seu corpo a manterse aceso. Os seus pais queren deixar ir o seu pequeno anxo porque saben que o reloxo xa non marca as horas para elae en toda a súa almareinaador. Necesitanseguir adiante. Andrea merece unha morte digna, pero o estado non quere deixala saír desa gaiola na que a teñen coma a un experimento. Nonparecedeconto?Nonparece algo surrealista? Asumamos a realidade, permitámoslles aos pais de Andrea dicirlle un adeus co corazón. CristinaSouto, 2ºESO
  • 13. SOLIDARIOS CON TODOS E CON TODO Uns días antes do Nadal un grupo de argalleir@s, aproveitando o diñeiro recadado coa revista Argalladas, feita por nós o ano anterior, fomos ao Eroski comprar alimentos para que as persoas máis necesitadas da nosa vila pasaran un bo Nadal. Nesta compra tan especial, compramos alimentos moi variados dende os propios do Nadal, coma o turrón,os mazapáns, ata os máis básicos, coma leite,cereais,conservas... Taménnosdivertimosmoito,xaquetiñamosqueaplicaras nosas mellores matemáticas para ir botando contas despois de ir collendo os diversos alimentos, e para a nosa sorpresa, as contas déronnos EXACTAS, o que demostrou a nosa capacidade matemática. E finalmente a concellería de servizos sociais da vila veu recoller todos os alimentos ao centro para repartilos entre as persoas máis necesitadas da nosa vila. Pero non só nos divertimos, tamén quedamos satisfeitos de poder realizar esta gran labor solidaria. Representantes d@s argalleir@s na compra solidaria. Vicente,Xavi e Xan, 2ºESO EXHIBICIÓN SOLIDARIA DA GARDA CIVIL O día 4 de Maio na Canle IV houbo unha exhibición solidaria da garda civil para recoller alimentos e material escolar para os nenos e as nenas refuxiad@s sirios. A convocatoria comezou cunha exhibición de cans. Os tres primeiros eran moi obedientes; a seguinte detectabadroga,unneno colocouunhamaleta e a cadela en canto a localizou púxose tola! Comezou a roela e rabuñala ata que sacou un pano. Despois, outro can detectaba explosivos, outra voluntaria colocou unha caixa con explosivos e cando o can a viu quedou sentado ao seu carón. Por último, outro can logrou atopar entre varias caixas unha muller ferida, os gardas axudárona a saír da caixa e trasladárona nunha padiola. Asegurárona ben e subírona ao alto dunha grúa, para baixala fixeron unha tirolina pola que a descenderon ata chegar ao chan. Candorematouesta parte un gardaensinounos unha gran exposición na que había diferentes vehículos do corpodeseguridadedoestado,postos de identificación dedroga,balística … unmilleiro de aparatos e transportes para os diferentes desprazamentos e intervencións que teñen que facer. Comezamos coas motos nas que patrullan e subiron varias persoas, despois fomos ao helicóptero, fixemosunhacoladehoras, na quea TVG sacoualgúnplanonoso.Candosubimosao helicóptero algún deuun golpena cabeza,pero foi moidivertido! Ensináronnos como se tiñan que poñer os cascos, como falaban entre eles e moitas máis cousas. Por último,algúnsfomos aos cochespatrullanosquese escoitabachamaraos“Kompitruenos” aberros polos altofalantes e outros foron ao furgón que conducía Juan. Todos e todas levamos algúns alimentos para que os enviaran aos nenos e ás nenas refuxiados sirios. Borja Pita, 2ºESO
  • 14. CONTOS PARA A PAZ Algúns argalleir@s das letras formamos parte do grupo de contacontos, “Argalleir@s pola Paz”, que se formou hai catro anos. Se comezamos coa idea de achegarlles aos máis pequeniños a necesidade de conseguirquenestemundoaPaz sexa a quereineen todos os continentes,agora, cremos que, imos ter que ampliar o noso repertorio, como vos daredes conta ao rematar de ler este artigo. Este cursofomoscontarunhashistoriascunhamensaxe especial, con motivo do día da pazaos nenos e nenas de educación infantil do CEIP AFraga nas Pontes. Estabamos cun chisco de nervios por mor de quefoi a nosaprimeiraactuaciónanteunpúblicotandifícil.Aínda así, intentamosfaceloo mellor posible, e que os nenos e nenas pasaran un bo rato. Pese ao noso esforzo, non quedamos moi contentos co resultado da nosa primeira posta en escena. Antes de comezar a actuación co noso público Sofía e Elvira nun momento da actuación Despedíndonos A experiencia vivida serviunos para mellorar o que xa sabiamos e así comezamos a ensaiar, ensaiar e ensaiar. E vaia se pagou a pena este tempo, porque a seguinte actuación foi un éxito total! A nosa seguinteactuación,foino CEIP MenéndezPelayo, en Lugo.Nesta ocasiónosnervios disipáronse e, tanto nós comaosnenos, pasamosunrato moidivertido. Comezamoscontándolles de onde veñen os contos e Sheila, Carla, Cris, Álvaro G., Alberte, Sara, Andrea e Alba conseguiron que os espectadores quedasenabraiados.Logotiveronque participarmoitoconnós,xaque Sara conseguiu que nadaran con ela e puxeran nomes ao seu golfiño, Álvaro S. que riran ata máis non poder coa súa fochanca, Icía descubriulles que “fueguito” era cada un deles, axudaron ao vento e o o sol ( Cris e Carla) a saber quen era máis importante, convertéronse en buscadores con Álvaro S., Dani e Álvaro G., descubriron nomes moi tristes con Alba, quixeron comer algunha galleta con Alberte e Alba, Andrea contoulles como era a paz perfectae pararematarAlba fixo que os nenose nenasremarancoapaz. E todo isto coamúsicaque Sofía e Elvira poñían a cada conto e que escoitaban moi atentos os nenos e nenas. O noso próximo destino será o colexio “Andaina” en Culleredo. Aí estaremos o día 9 de xuño e agardamos que os nenas e nenos pasen un rato agradable con nós. Icía Basanta, 2ºESO
  • 15. DÍA 25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO @s argalleir@s das letras e todo o alumnado do centro está concienciado para poñer fin a todo tipo de violencia. Así o reflectiu Cristina no seu debuxo. E baseándonos nos poemas de Carlos Negro realizamos esta selección para amosar o noso compromiso ante esta indigna situación que viven as mulleres. A que sabe o amor? A porta sen casa. A vento do norte. A cabo do mundo. A luz de tormenta. A planta carnívora. A zume de zucre. A laña nos labios A cuarto escuro. A mar de fondo. A eclipse de lúa. A pupa no dedo. A luns sen clase. A día sen hora. A tempo perdido. 1.- A MARÍA E POR TODAS AS MARÍAS, ESTAMOS AQUÍ : “maría” maría ten alma peitos e trenza de apache e sete fillos e un home e a casa e o agro maría xoga a vida coas cartas marcadas un mandil de ferro varices azuis a tele rosa (femíneos destinos) maría son a tribo das fortes sen rival a raza das rosas altivas de corcoesto as que cosen roupa clandestina para as fábricas as que limpan o colexio a oficina e o despacho as que maquillan a cara contra os puños do home CARLOS NEGRO 2.- XA QUE berramosEESIXIMOS QUE: Nunca me pintes costuras nos labios. PORQUE RESPONDEMOS ASÍ A UN CUESTIONARIO: Mordes as unllas ou lévalas á última? As unllas úsoas para rabuñar a pel dos peluches. Prefires barra de labios ou brillo? Prefiro óxido na lingua, cuspe e dinamita. Cal é a túa pose favorita? A posición dunha percha no armario. Estás apuntada a clases de dance? Estou apuntada a unha danza de contradicións.
  • 16. Gústanche os gatiños como mascotas? Escollo o negro da pel da pantera. Canto tempo pasas fronte aos espellos? Procuro esquivalos para que non me devoren. Cal é o teu mellor truco de belleza? Dubidar, non sentirme evax fina y segura. Como imaxinas un chico dez? Case tan perdido coma min, pero sen tetas. Es feliz? Non che me pasa pola cabeza ser un parrulo no estanque. 3.- PORQUE SOMOS AS MULLERES DO FUTURO E QUEREMOS QUE A VIOLENCIA DE XÉNERO REMATE XA, REAFIRMÁMONOS NESTA “Declaracióndeindependencia” Nincontoda a maxiadeHarry Potter, nincontodo o encantodeJustin Bieber, conseguirásquellesigaoutravez o xogo a un pibequesó bota cuspepolaboca. Porquexa non creonasreverencias dos príncipesquenonlavan a lingua. Porquesó confíonos labiosdos cegos, nas palabrasquenonmancanpordentro. 6.-E ARGUMENTAR “5 RAZÓNS POLAQUE CORTARÍACONTIGO” Se me fechas as portas que non existen. Se me envolves en papel de agasallo. Se me tocas como un mando a distancia. Se me negas moito máis de tres veces. Se me dis que son o aire que respiras. 7.-PORQUE TEMOS TRUCOS DESDE PEQUENAS “TRUCOS DE AUTODEFENSAPERSOAL” Cando se cruza comigo no patio e percibo a baba dos seus ollos pousados como lesmas nos meus peitos gustaríame ser salvaxe e libre como Beyoncé cando canta e baila e dun golpe violento de cadeira - Shake it up, baby, shake it up- mandalo lonxe da miña vista, a un lugar perdido da galaxia onde o desexo non cheire a sangue nin deixe na pel un rastro visguento que non sae nin con sales de baño nin co estropallo verde dos cacharros. 4.-PORQUE SABEMOS O QUE NON NOS GUSTA “VERDADE, BICO OU ATREVEMENTO” Pediume un bico. -sóubome a lixivia- Intentou tocarme. - ortigaba cos dedos- Díxenlle a verdade. - mellor que pares- - 5.-PORQUE SABEMOS DICIR: “Non teño ganas de ti” Fai favor, vai liscando. Provócasme inapetencia. Vas a saco pola vida, con ese xeito de andar que arrasa con todo, hormonas, piercing e camiseta axustada. Mais cando falas, convérteste en sapo, reduces as palabras a sílabas descosidas. E a min, meu little boy, ponme a mil esa boca cunha curva tan suave, mais non me abonda se detrás deses labios non ofreces máis nada que tres ou catro frases tan falsas como as pelis de malotes supercachas con bíceps de deseño e linguadeestropallo.
  • 17. 8.-PORQUE SOMOS FORTES E SINCERAS “SECCIÓN DE CONXELADOS” Cando dis amor métome no frigorífico. A carón do peixe e da masa para pizzas. Xusto debaixo das croquetas do domingo. A ver se así, en frío, comprendes dunha vez o significado de respectar as distancias, a negación que transmite un NON nos meus labios: rotunda como un stop ou un semáforo en vermello. 9.-E NON ATURAMOS A FALTA DE LIBERDADE “FÓRADE CONTROL” A quen chamo, como visto, onde andabas metida... En canto valoras, myboy, este corte de mangas! 10.- E NON QUEREMOS VIVIR SITUACIÓNS ASÍ “Princesa (contra) Disney” Cuspo os chícharos agochados no colchón como se fosen balas. Arrinco o vestido de seda. Íspome e pego un berro que escacha as porcelanas. O cabelo longo semella atadura. (As tesoiras fanme menos escrava). Fuxo da torre. Da mazá envelenada da obediencia. Fendo os ferrollos. Pelo curto, lingua solta, . Respiro fondo, corro descalza. Comezo a alancar cara a esa gándara máis alá dos espellos. (Vaime volvendo a voz que perdín en palacio). 11.-NIN TER QUE SEGUIR NINGÚN TRATAMENTO, AÍNDA QUE SEXA “TRATAMENTO DE BELEZA” Xa está. Xa pasou. Corto contigo. Despréndome de células mortas. Doume unha masaxe de autoestima. Aplico ao corazón cremas hidratantes. E reciclo as bágoas como auga para as plantas.
  • 18. 12.-PORQUEESTAMOSSEGURASDECOMO SOMOSE,TAMÉN, DO QUE NON QUEREMOS E DE A QUEN NON QUEREMOS: “ZAPATO DE CRISTAL ( VERSIÓN 3D) Non, non estou disposta para outro encantamento. Aínda que te me poñas triste e de xeonllos. As miñas dedas non teñen prezo de mercado. Non vou tronzalas por un lindo baile en palacio. E antes calzo unhas zocas que zapatos de voda. E antes arrinco os beizos que darchos de balde. E antes... ( e nin fomos perdices nin comemos felices) 13.-E POR SE NON QUEDA CLARO DEIXAMOS UN POST-IT Fai favor, pecha a porta ao saíres. Vou mutar de novo, e non quero estraños ao axexo. (Grazas) E CHAMAMOS AO 016 “Nunca deixarei que me pinten costuras nos labios.” Sabela Rodríguez Cristina Souto Argalleiros e argalleiras das letras
  • 19. Sabela Rodríguez, 1ºESO Un infinito ao teu lado por sempre. amor eterno.
  • 20. SAMAÍN, NON HALLOWEEN Halloween. Esta palabra é a que adoitamos empregar co fin de designar a festa que se celebra o 1 de novembro. Aquela na que todas as persoas se disfrazan por diversión, van pola rúa ata as casas pedindo doces co famoso dito: “ truco ou trato”. Mais, esta tradición non é orixinaria de Estados Unidos nin moito menos. Halloween,enrealidade,éa versión americana da celebración celta chamadaSamaín,acalera o día máis importante do ano para esta cultura, xa que se celebraba o fin da colleita. A palabra Samaín significa “ fin do verán” en gaélico antigo ( lingua celta da que proveñen os idiomasceltasmodernos,comooirlandés).Simbolicamente, a noite de Samaín representa a eternidade. Mais, sobre todo, na súa esencia, o samaín era unha celebración agrícola na que se facía balance da subministración dos alimentos que deixara a colleita, mais das provisións dispoñibles para pasar o inverno. Polo tanto, foron os irlandeses que emigraron a EEUU os que portaron esta tradición. Esta celebración consistía en honrar os devanceiros de cada familia e espantar os espíritos. Os celtas disfrazábansecoaspelesdos animais para que os malos espíritos non lles recoñecesen como persoas. Por outra parte, as cabazas, símbolopor excelencia do Halloween, tamén teñen significado celta, aínda quea súa chegadaadita festa sufriu diversos cambios.Nasúasorixes, os celtasfacían uso das caveiras con candeas dentro co obxectivo de espantar os espíritos. Posteriormente, pasaron a ser nabos colgados, xa sen candeas. E, ao final, pasaron a ser as cabazas actuais. Polo tanto, a miña conclusión, é que debería saberse máis a fondo todo este pasado, que fai de noso esas tradicións e coñecer máis a nosa esencia. ICÍA PÉREZ LÓPEZ, 4ºESO O que hoxe en día coñecemos por Halloween provén da cultura celta, feito celebrado, polo menos, fai 3000 anos. Esta celebración era principalmente a comuñón dos espíritos, o día no que as almas dos mortos volvían ás súas casas co fin de visitar os seus familiares que aínda estaban vivos e tamén para aproveitar a obter algún alimento, a cal chamábase Samhain. Nela baleirábanse nabos nos que metían unhas candeas. Agora o que se acostuma é facelo cunha cabaza. O que hoxe en día se celebra é o Halloween, unha adaptación da nosa cultura á dos Estados Unidos. Este feito fixo perderpopularidadeaoSamhain,facendoque os máis novos da casa non saiban de onde vén enrealidadeacausadesta celebración,quelevabana caboosnosos antepasados,nino sentidoque ten celebralo. Os nenos pequenos, hoxe en día, o único que entenden por este feito é que teñen que disfrazarse de seres sobrenaturais que provoquen medo e tocar nas portas dicindo “ truco ou trato”, para que esas persoas os inviten a uns doces. En cambio, no Samhain, as persoas quedaban nas casas con vestidos fúnebres para non chamar a atención dos espíritos, xa que nas noites os trasnos e as fadas facían bromas aos homes que, incluso, podían chegar a ser perigosas. A miña opinión é que a nosa cultura acabarase perdendo polas modificacións e adaptacións doutros lugares do mundo e chegará un momento que ata a nosa lingua, os nosos costumes e a maioría das cousas que nos diferencian doutros lugares serán nulas. Debemos pensar no que realmente queremos nós, os galegos, para o futuro da nosa familia e das características que nos diferencian. CINTIA PÉREZ SILVÉN, 4ºESO Os antigos pobos celtas, chegando o final de outubro, celebraban unha festa para conmemorar a fin da colleita,bautizadacoapalabragaélica“Samhaín”.Etimoloxicamente significa “ o fin do verán”. Esta festa representabaomomentoenqueos antigosceltasalmacenaban provisións para o inverno e sacrificaban animais. Os celtas crían que as ánimas dos defuntos acostumaban a visitar o mundo dos mortais nesa noite. A mediadosdoséculoXVIII, os emigrantesirlandesescheganaNorteamérica,econeles a súa cultura, o seu folclore e tamén o seu Samaín. Aínda que a festa sofre unha forte represión por parte das autoridadesdeNova Inglaterra, a finaisdo séculoXIX os Estados Unidos reciben unha nova chegada de
  • 21. emigrantes de orixe celta. Entón, a festa irlandesa mestúrase con crenzas indias, introducíndose así tradicións como a de Jack O´Lantern, a confección de disfraces ou a realización de bailes tradicionais. Como Samaín era unha festa pagá, a Igrexa estaba en contra dela. Por isto, trasladou a festividade de TodososSantos do13 de maioao1 de novembro,dándolleonomeá noite anterior de “All Hallow`s Eve” ( véspera de Todos os Santos), que foi adoptando diferentes formas ata chegar a converterse no actual Halloween. As razóns polas que se debería usar a palabra Samaín e non a inglesa Halloween, son moi variadas. Samaín é a palabra orixinal para a festividade, e a que lle puxeron os seus creadores, polo que a considero máis correcta. Ademais ten orixe gaélica, polo que se relaciona máis con Galicia, xa que os celtas foron quen a habitaron durante séculos. Se na súa orixe foi unha festa pagá, non se debería mesturar coa festividade relixiosa. Finalmente penso que usando unha palabra de orixe gaélica axudaremos a enriquecer a nosa lingua. ALBA REQUEIJO CENDÁN, 4ºESO A palabra Samaín é unha adaptación do vocábulo irlandés “Samhaín “e significa “ fin do verán”. É, ademais,unha festividade de orixe celta que se celebra na noite do 31 de outubro e marcaba o comezo dun novo ano celta. Pero, nos últimos anos, a palabra que triunfou para denominar esta festividade foi Halloween, un termo de orixe inglesa que significa “ Día de todos os Santos”. Eu pensoque a palabraquese deberíaempregarenGaliciaéSamaín,porque, para empezar, é a propia quexa hai aquí para referirse a esta celebración e, existindo xa unha en galego, non vexo a necesidade de usar este tipo de estranxeirismo. Ademais, paréceme importante conservar a nosa lingua, co noso propio vocabulario e non usar préstamos innecesarios. Tampoucosecelebradomesmomodoestafesta aquíque noutroslugares,nin é o mesmooSamaín que o Halloween. NoSamaín, os rapaces acostumaban esconderse en camiños con cabazas, previamente baleiradas e con candeas dentro, algúns incluso se disfrazaban de pantasmas, bruxas ou vampiros, e asustabana xente quepor alí pasaba.Ás veces facíantaméncolaresconcastañaspara manter lonxe os malosespíritos. Peroen Halloween,ocostumeédisfrazarse de seres monstruososparacausar terror e ir de porta en porta dicindo “Truco ou trato”. Deste xeito comprobamos perfectamente que, aínda que as dúas celebracións están dedicadas aos mortos, non teñen nada que ver. Polo tanto, despois de indagar un pouco sobre esta festividade, nas nosas tradicións e no significado e na etimoloxía da palabra Samaín, penso que é a máis correcta para nomear esta celebración e que debería usarse en toda Galicia e demais territorios con antepasados celtas. MARÍA ROMÁN PICO, 4ºESO Os celtascelebrabancosamaín o paso do ano, é dicir o final do verán e o final das colleitas. Esta antiga festividade celtadosamaínfoi descrita, tamén, como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, do 31 de outubro ao 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Así, a xente reuníase cos seus antepasados mortos. O Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas. Outras fontes din que a chegada das ánimas era un potencial perigo, do que se defendían colocando sobre muros as caveiras dos seus inimigos para que as ánimas non se achegasen aos castros nin as casas. Tiñanporcostumebaleirar nabos para poñerlles dentro candeas. Esta tradición irlandesa puido ter sido exportadaaos EstadosUnidosnas migraciónsdoséculoXIXe comezosdoXX e continuadanafesta que hoxecoñecemoscomoHalloween,celebración semellante a un entroido na que os nabos substituíronse por cabazas. Na década dos 90 comezou a celebrarse esta festa en Galicia co nome de samaín ou coas súas variantes celtas ( samain, samhain), que proceden do gaélico irlándes ( SAMHAIN), aínda que hoxe en día están sendo desprazadas polo termo halloween. Pero o que permanece nalgúns lugares da nosa xeografía é collercabazasefacerconelas caras aterradoras na véspera do Día de Defuntos ou cabazas iluminadas para colocar sobre os valados ou nas encrucilladas para asustar os camiñantes, tradicións que nos remontan ás orixes desta celebración celta. MARIO VÉREZ RODRÍGUEZ, 4ºESO
  • 22. Unhavez que investigamos nopasadodesta festa e coñecemosmáis assúas orixes, non quedaba máis que seguir gozando do día do Samaín no centro. Esta festa coincidiu co magosto do centro así que todos e todas gozamos conxuntamente desta celebración. Fixemos concurso de cabazas, de textos informativos, de anuncios que fomentaban esta celebración e de poemas, con palabras elixidas previamente por nós, sobre o que nos transmitía esta celebración. Aquí tedes os resultados: Carmen (2ºESO) foi a gañadora do concurso de cabazas. O anuncio gañadorfoi o de Cristinae Noade 2ºESO coa súa “cabaza esculfurida” Nos poemas compostos coas palabras elixidas entre todos e todas resultou gañador o realizado por Ana, alumna de 4º ESO ( dende aquí mandámosche mil bicos). “Imos medrando como medra o medo, o medo á morte que florece na noite. Nunha noite misteriosa gozamos co medo, doces ou arrepíos, que prefires? Castañas quentes facemos, cabazas decoramos, pois a orixinalidade buscamos. Todo isto nunha noite intrigante de outono, adornada de numerosas follas, follas que se esvaecen das súas ramas Como se esvaece a inocencia co paso do tempo. “ E así celebramosoSamaíneo magosto.Ata o ano. Alba Requeijo, 4ºESO
  • 23. VIVIMOS O ENTROIDO Un ano máis dispuxémonos a gozar desta festa. Desta vez o tema elixido era Obras de arte, unha idea moi creativa. A celebración comezou cunha degustación de freixós e orellas que a ANPAnos ofreceu, estabanboísimos!Os nenos e nenas de 4º da ESO tamén puxeron doces á venta para a excusión de fin de curso. A continuación,osalumnosde3º da ESO bailaron a canción “Treasure”. Atodos nos encantou, fixérono de marabilla !!!! Máistarde, dirixímonosaosalóndeactosonde comezouoconcursodedisfraces e regueifas presentado por Carmen e Noelia de 2º de BAC. Da música encargouse Borja Pita e o xurado estaba formado por profesores. Osgañadoresdoconcursodedisfracesforon“O museo,”protagonizado polos alumnos de 2º B cunha interpretación fabulosa e “O cómic Lichestein” polos nosos compañeiros de plástica de 4º. Aínda que tamén participaron máis alumnos cuns disfraces moi orixinais. No concurso de regueifas só saíron a cantalas os máis valentes e decididos, xa que os dem ais agardaban sentadiños nas cadeiras para intentar pasar inadvertidos. Os gañadores foron: 1º PREMIO foi para Mario e Diego de 4ºESO Eu estou moi motivado e calar non vou calar, pero como diría Chelo Diego mira, vaite deitar. Será mellor que te sentes, que te poñas a escoitar, ti tan só es un choquito e eu voute merendar. Isto xa vou acabar porque te estou arrasando e non te quero humillar nin que quedes como un parvo. Mario ti es un flipado máis fantasma que o Casper eu sonche un gran maestro e ti es un bo desastre. Ao rematar bailamos un montón: AMacarena, Os tambores… E todos o pasamos xenial! Jessica, Aldara, Sara e Sabela, 1ºESO 2º PREMIO recaeu nasalumnasde3ºESO, Carmen,IcíaeUxía. Chegao tempodosexames, empezamosatremer e comezao nosoestrés conCheloé mellorcorrer. Cheloéchemoiboíña aíndaque ás veces encenda, peroé a mellorprofesora nonlle temasás reprimendas. Podesdicirmeoquequeiras, peroisto échebenduro entre sinónimaseparónimas isto parécecheunzulo. Duroserá para ti paraminé moidoado entre risas e aplausos todos poderemoslogralo. Pero vaia mentireiro se ti taménas pasas canutas na clasedelinguagalega nonse armanmáisquebullas. Se empezarasa estudar nonas pasarías tan mal porquena clasedeChelo noncheé todo traballar.
  • 24. V MARATÓN DE CINE DOS ARGALLEIROS E ARGALLEIRAS DAS LETRAS Na noite do 5 de novembro celebramos o Vmaratón de cine dos "Argalleiros e Argalleiras das letras" no noso salón de actos. Despois de dispoñer o salón de actos do centro para este acto asentámonos e comezamos a nosa velada cineasta co filme de Yo soy Sam, unha historia conmovedora sobre Sam, o protagonista que padece unha deficiencia mental e que emprende unha incansable loita pola tutela da súa filla. A segundapelículafoi El hombrequeplantabaárboles , unha historiasobreun pastor querecollíalandras en terras de ninguén e plantábaas nunha terra apropiada para crear un bosque. Co paso dos anos uns señores crían que o bosque crecera maxicamente, pero fora grazas ao pastor. Despois de ver esta película, Rubén, o dono do +Tika+, tróuxonos unhas pizzas para cear. Logo continuamos o noso maratón coa película Corazón de tinta. Pai e filla viven unha espectacular aventura intentandorescatara súanai, que desapareceununcontoaoser raptada por un personaxe que sacara o seu marido grazas ao don que ten de ler en vozalta. O nososeguintefilmefoi Crash. Tratasobreunhaseriede conflitos (raciais, de parella, machistas...) que entrelazan a todos os personaxes desta historia. Deseguido vimos León e Olvido , unha triste historia sobre dous irmáns xemelgos, un con síndrome de Down, que viven xuntos nunha cidade de Galicia. Olvido ten que cargar con toda a responsabilidade do fogar e sénteseincapazde levar adianteesta situaciónpoloqueenmoitas ocasións pensa en asasinar o seu irmán. A nosa última película foi El origen del planeta de los simios. Will Rodman, un científico que intenta curarlle o alzheimer a seu pai, experimenta nun laboratorio cos simios. O chimpancé co que practica vólvese moi intelixente e os seus compañeiros de traballo quéreno sacrificar. Will ao ouvir a noticia acólleo na súa casa e críao coma un fillo, pero ao crecer ten que abandonalo nun refuxio para simios onde o animal monta una rebelión e foxe cos seus compañeiros. Ao rematar ás proxeccións recollemos o salón de actos e tomamos un rico almorzo na cafetaría do centro. O peor de todo foi que á mañá seguinte tivemos que ir a clase e aguantar o sono despois dunha noite en vela. Como somos argalleir@s iso foi fácil, aínda que pedimos desculpas a todos e todas os profesores por non estar ao cento por cento de rendemento ese día. Foiunhaexperienciamoi agradablequeserviuparaunirnosmáise aprendermoitascousastodosxuntos. Os libros sempre traen algo bo. Uxía, Icía e Aaron, 2ºESO
  • 25. DÍA DO LIBRO (SEVILLA) Levabamostodaa mañaagardandoomomentodeque ás 14.30h chegara o noso bus ao centro. Por fin chegou a hora! Marchabamos cara a Santiago, onde colleriamos o avión para Sevilla. Chegamos cerca das 15.45h ao aeroporto. Alí as nosas profesoras repartíronnos os nosos respectivos billetes para subir ao avión. Unha vez que todos tiñamos a nosa tarxeta de embarque dispuxémonos a pasar o control, no que a algún que outro tiveron que facerlle a proba antidrogas. Cando rematamos o control dirixímonos cara ao avión coas nosas maletas. Unha vezque estabamos todos listos para partir e nos nosos respectivos asentos, o avión despegou. Arredor das 19h aterramos en Sevilla e moi ansiosos dirixímonos cara a terminal a esperar polas maletas que algúns tiveran que facturarporquenoncollíannascabinas do avión. Despois dunha longa espera conseguimos as nosas desexadas maletas e andamos cara ao bus que nos levaría ao noso hotel “Torre de los Guzmanes”.Despoisdemediahora,por fin!, chegamosaoesperadohotel,o calquedaba“moimoipreto” do centro. Unha vez alí repartíronnos as nosas habitacións e, para a nosa sorpresa, estaban todas no mesmocorredoreporse nonfora poucotodas tiñan terraza! Cando xa todos estabamos organizados, as nosas profesoras mandáronnos baixar á recepción do hotel para organizar a cea. Decidimos utilizar o servizo a domiciliodaspizzerías, xa que o hotelestaba “tan preto docentroda cidade” quedecidimosnon ir visitala e quedar todos xuntos. Afame apertaba e as pizzas non chegaban... Algúns optamos por ir ao bar donoso hotela picaralgoe outros porir ás súashabitaciónsapasaro tempo mentres esperabamos. Despois dunha hora, por fin chegaran as nosas pizzas! Para que puideramos cear tranquilamente os encargadosdo hotel ofrecéronnos o comedor da parte superior. Unha vezrematado todo, recollemos o comedor e fomos cara ás nosas habitacións para poder descansar da dura viaxe. Ao día seguinte levantámonos ás 8.30 para gozar dun marabilloso almorzo. Ao rematar dirixímonos ás nosas habitacións para lavar os dentes e prepararnos para saír, pero, comonon, Belru sempre ía “dando o cante” e Chelo mandoulle que se cambiasederoupa,xaque ía moi“provocativa” para entrar na catedral. Ás 9.30 estaba o busesperándonosnaporta dohotel para trasladarnos ao centro de Sevilla, posto que estaba moi preto. Unha vez no centro visitamos a famosa “Torre del Oro” e descubrimos o porqué do seu nome. Logo fomos ata a Catedral mentres paseabamos polas peculiaresrúasdeSevilla. Trasa inmensa fila dunha hora de espera – e iso que tiñamos as entradas reservadas-, por fin conseguimos entrar na famosacatedral. Alí visitamos ata o ultimo recuncho desta, grazas a Efi. Un dos mellores momentos foi a subida á Giralda, destinada só para aquelas persoas que estaban capacitadas fisicamente, xa que tivemos que subir 34 pisos e 17 escaleiras. Ata houbo quen a subiu dúas veces, xa que as vistas dende alí arriba eran impresionantemente fermosas!! Despois de visitar tantos monumentos a fame empezou a apertar e as nosas profesoras deixáronnos un tempolibrepara xantar e descansarparaasí seguirvisitando a cidade pola tarde. Dividímonos en grupos de 8 e cada un decidiu a onde quería ir comer: uns ao “Burguer King”, outros ao “McDonalds”, aos bares...
  • 26. Ás 16h reunímonos todos na praza onde Chelo nos dixera. Unha vez todos xuntos dirixímonos cara a Praza de España, mentres que algunhas das maiores decidiron esperar a longa cola para poder visitar os marabillosos “Xardíns do Alcázar”. Unhavez chegamosápraza visitámola, puidemos ver un “lago” onde había unhas barquiñas para poder ter outra visión dela. Ao redor da praza podías encontrar como unha especie de banquiños no que en cada un aparecía representada unha provincia de España, aos que Chelo lles sacou varias fotos. Unha vez rematada a visita andamos cara ao parque de María Luisa, no que leríamos ao día seguinte. Cando os maiores remataron de visitar os xardíns reuníronse con nós, e deixáronnos tempo libre para poder cear e descansar os pés do duro dia que tiveramos. Ás 22.30 quedaramos con Chelo no punto de encontro,parapodercollerobus ás 23he poder volver ao hotel. Unhavez nohotel cadaundirixiusecara á súa habitación, ata o día seguinte. Descansando antes de entrar na Praza de España Un paseo en barca Á mañá seguinte levantámonos ansiosos posto que era o día, o noso día, o día dos argalleiros e das argalleiras.Chegouobussobre as 9.30he dirixímonos cara ao parque de María Luisa, onde íamos ler o libro deste ano: Unha árbore, un adeus de Marina Mayoral. Lemos durante tres horas, coa calor apertando,aíndaque as profesoraselixironunlugarmoifermoso e cunha sombra perfecta para soportar o sol do mediodía de Sevilla. Pero non foi como os demais anos, xa que ao ir en avión non puidemos levar os paneis para escribir as nosas palabras elixidas. Desta vez tiñamos que ir anotándoas nun caderno, pero xa o tiñamos todo preparado: nada máis chegar ao instituto sería o primeiro traballo que fariamos. Lendo no Parque Anotando as palabra elixida Palabras e poema Candorematamosalecturaecompuxemos o poema titulado “ Ahorta da vida” deixáronnos tempo para comer tranquilamente. Pola tarde fixemos un “cruceiro” polo Guadalquivir e dirixímonos ao barrio de Triana. EstabarematandoanosaestanciaenSevilla e aproveitamoso noso tempolibre para visitala por últimavez. Algúns quedamosenTriana, e outros decidiron volver á zona de Sevilla que xa coñeciamos. Chegaba á hora de volver ao hotel e todos e todas estabamos puntuais ( non como o día anterior) no punto de encontro.
  • 27. Xa de volta no instituto tocaba continuar o traballo: había que escribir as palabras elixidas, o poema, pensar na ilustración… Carlota e Celia encargáronse de trazar as liñas no papel no que Uxía escribiría o poema. Mario pensou na ilustración e fixo o debuxo que continuaron tantas e tantas mans durante moitos recreos: Cristina Souto., Alba Rivera, Alba R., Sofía, Xoel P., Sara Basoa e Sabela Rodríguez e Cintia Pérez. Tod@s @s argalleir@s das letras agradecemos o traballo de todas estas mans, en especial a Sabela e Cintia que sen gozar da viaxe souberon inmiscirse no traballo que nos move a todos e a todas. Grazas por un traballo tan ben rematado. Deixámosvoscopoemaquecompuxemos este ano coas palabras elixidas da lectura e coa ilustración. Agora o noso traballo colgará das paredes do centro para lembrar este día do libro en Sevilla. A HORTA DA VIDA Árbore durmida paxaros cansos noite escura horizontes descoñecidos inverno eterno. Anos depresivos. Mazás brillantes e vermellas ríos rápidos e caudalosos. Dons máxicos que evitaban os erros. Raíces enclaustradas na horta da vida. Valente cabaleiro conquistador de éxitos, de amizade desinteresada e de xornais escritos con preciosa palabra. Choraban as follas e a fada velaba para evitar as desgrazas cos ollos abertos. Mundo novo regos transparentes e un pai creador de todoo vivo. Con agarimo os artistasinventabannovascores encerrandoo demo entre as rexasdocárcere. Froitasaborosa, docelembranza da que namorarse. Medos vencidos xuventude eterna sentimento sincero. Vila evocada tolosrecordos esquecida vinganza. Fillosdanatureza únicaresposta paraesta familia. Segundo pensamento, segunda vida: graciosa oportunidade. Bico inesperadoedesexado na canseira davida. Futuro inmediato: a monxa enclaustrada salta o valado co magnolio luminosoeperfecto. Argalleiros e argalleiras das letras coa colaboración da convidada Candela González. Día do libro, 23 de abril 2016 Sevilla
  • 28. O OUTRO DÍADO LIBRO EN SEVILLA A viaxe a Sevilla está chea de anécdotas. Agora contaremos algunhas delas: No aeroporto de Santiago o control fíxose ameno, para uns máis que para outros: Sofía debía de ter ganas de festa e optou por pasar “droga”, pero a proba deu negativo. Ao “Gorras” cacheárono por levar moedas no peto, vaia despiste! Viaxando con Ryanair hai que ser espelidos. Se non facturas non deixes que che quiten a maleta para metela en bodega. Só así evitarás esperar na cinta para poder recuperala. Fíxate sempre en todo! Nas habitacións do hotel aprendemos a poñer os tapóns na ducha para evitar visitas inesperadas como as das nosas amigas as formigas ou cascudas... Ao día seguinte, pola mañá, respectando “pacientemente” a fila para visitar a Catedral, Chelo emocionouse moito e alá foron todos os nosos carnés de identidade ao chan. Todos os presentes riron con nós. Antes de entrar o garda de seguridade botoulle un piropo a Lidia porque levaba unha bufanda do Betis e díxonos que se fora do Sevilla… Juan falou cuns Coreanos e tivo unha “pelexa” con franceses por estar “excité”. Na Plaza de España, unha xitana leulle a man “inesperadamente” a “Belru” e non lle quedou máis remedio que pagarlle con “billetes”. A partires de aí Belru ía todo o rato pegada a Efi. Aproveitamos para montar en barca e ir a velocidade de cruceiro: metro/hora. Juan facendo amigos Antonio e o seu romeu Andrea e a súa historia Paseo en barca Visita o Starbucks se queres aforrar. Sofía e Noa foron catro veces porque sempre esquecían gardar o vaso. Alí houbo confusións con case todos os nomes, pero ao final “Gloria”, “Lucía”, “Carmele”, “Shayla”, “Noñu” e “Andrew” recibiron os seus Starbucks. Pola noite os “Kompitruenos” retaron a unhas sevillanas que ían “pasadas de voltas” xogando a: “ pedra, papel ou tesoira”. O premio foi inesquecible xa que lle mostraron os seus senos. Borja comprou unhas castañolas e ían aprendendo a tocalas molestando a tod@s @s Argalleir@s. Viva Sevilla e Olé! Volta ao hotel. Algúns (Mario) puxéronse en modo karaoke, e “deleitáronnos” a todos coas súas melodiosas voces. Na habitación 112 gozaron dun relaxante baño con xabóns que foran “pedidos amablemente” a todas as habitacións. O seguinte día, pola tarde, montamos nun barco e algunhas nenas de segundo e primeiro levantáronse dos seus asentos e foron lanzando bicos aos mozos guapos, que os recibían encantados e aínda os devolvían máis ledos. Ao baixar fomos cara ao barrio de Triana e bailamos cunhas mulleres que ían de despedida de solteira. Despois de ter que esperar por algunhas persoas para poder coller o bus a noite anterior, desta vez todos fomos moi puntuais, xa que ese tempo de espera todos xuntos era fantástico. Tamén cantamos e falamos con chicos sevillanos na beirarrúa, fronte a Plaza de Toros. Xa no hotel, todos estabamos moi cansos, e caemos mortos de sono na cama aos dez minutos de chegar, salvo algúns nenos que decidiron facer festa, coa que Chelo, Efi e Cristina non estaban moi de acordo. Ao día seguinte pola mañá, collemos o autobús moi moi preto e dirixímonos ao aeroporto, con varias horas de antelación, que fixeron falta para solucionar algúns despistes con teléfonos móbiles... Como hai algúns que non aprenderon a lección, quixeron colar droga e explosivos (Alicia) no avión. Santi case consegue unha bonita viaxe á comisaría, xa que a primeira proba deu positivo. Carmen levaba obxectos estraños na maleta (pasta de dentes e galletas). Ás dúas do mediodía xa estabamos nas Pontes, con moitas ganas de durmir, xa que ao día seguinte tiñamos clase. Grazas a todos @s Argalleir@s, Chelo, Efi e Cris puideron gozar dunhas noites moi pacíficas e relaxantes. Grazas a todos e a todas os que fixestes deste día un día marabilloso. Grazas Efi, Candela e a todos a todos. O ano que vén vémonos. Andrea Montero, Andrea Bellas, Sara Cerezuela e argalleir@s
  • 29. EXCURSIÓN ARCO IFEMA O pasadomesdefebreiro, os alumnosde4ºESO de plástica e as alumnas de historia da arte de 2º BAC, realizamos unha excursión a Madrid. A viaxe durou tres días, nos que visitamos moitos lugares e vimos numerosas obras de arte. O primeirodíasó puidemosaproveitaratarde porquepolamañáestivemosno traxecto cara a Madrid, xa que sairamos ás 6 da mañá. Despois de comer visitamos o templo de Debod, un templo de restos arqueolóxicos exipcios. A continuación dirixímonos cara ao Matadoiro de Madrid, unhas amplas instalacións que, aínda que agora son empregadas para expoñer obras de arte, antigamente era un matadoiro de verdade que sufriu un incendio no seu interior. Pola noite gozamos dun tempo libre para pasear, coñecer un pouco a cidade e cear. O segundo día, pola mañá, fomos ao museo do Prado, só tiñamos unha hora para velo e non nos daba tempo para velo todo, necesitaríase o día enteiro. Pola tarde visitamos o Reina Sofía. En ambos os dous centrámonos en certas obras que nos repartimos para expoñer. Pola noite asistimos a unha improvisación cómica no teatro de Malasaña, a cal foi moi divertida e graciosa xa que o público podía ser partícipe. (Na porta de museo do Prado) O últimodía, aproveitamosamañáachegándonosaArcoIfema, ondepercorremosmoitoscorredores, os calesparecían un labirinto. Alí, puidemos coñecer diferentes tipos de obras actuais e contemporáneas, das calesdescoñeciamososseusautores. Unha destas modernas obras, foi a dun home espido metido dentro da súa propia escultura formada por palés de diferentes cores. Finalmente, abandonamos esta exposición ás 4 da tarde, dispoñéndonos a regresar a Galicia. (A obra que nos impresionou en arco) Engadir que esta experiencia foi inesquecible, e non cremos que ninguén volvese descontento de Madrid. María Román, Cintia Pérez,Icía Pérez, 4ºESO
  • 30. OURENSE: TRASALBA, TERMAS E LOS MENECHMOS O día 13 de abril achegámonos ata a cidade de Ourense para aproveitala ao máximo. Comezamos coa visita á casa de Otero Pedrayo en Trasalba. Estas son as palabras que escribín, en nome de todos e todas os meus compañeiros para enviar á páxina web da fundación Otero Pedrayo. Bos días! Moitas grazas pola túa axuda na nosa visita ao Pazo de Trasalba, a cal nos resultou moi entretida, xa queestudaramosa Otero Pedrayo recentementee estabamosinteresadosporcoñecer unpouquiño máis deste escritor. Chamounos a atención a cantidade de libros que había naqueles estantes, o ben conservado que estaba o interior da casa, e por suposto, o seu tamaño. Tamén nos gustou moito a paisaxequea arrodeaba,xa queinspirabaunhasensacióndetranquilidadeincrible.Pareceunosun fogar moi acolledor, o cal nos fixo recordar algunhas das pasadas clases de literatura nas que liamos fragmentos dalgunha das obras de Otero Pedrayo. Imaxinamos que manter un lugar tan grande en boas condicións non debe ser tarefa fácil, polo que vos animamos a continuar con tal difícil traballo. Todos os alumnos do IES Castro da Uz desexamos que este lugar tan marabilloso continúe admitindo visitas de alumnos coma nós. Alba Requeijo, 4ºESO A piques de entrar Observando con atención o mapa de Fontán Rematada a visita dirixímonos cara ás termas de Outariz. Unha vez alí, @s alumn@s de 3º da ESO, algúns e algunhas compañeir@s de 4º e as nenas de 2º de BAC decidimos ir ás termas que había que pagar, e os demais foron ás públicas. Nós, os de 3º -e cremos que todos en xeral-, só temos que dicir que quedamos moi contentos da nosa elección e que a volveriamos repetir sen ningunha dúbida. Unha vez rematada a nosa experiencia nas termas, subimos ao bus que nos levou ata o centro de Ourense. Ao chegar, as nosas profesoras leváronnos ata as Burgas e vimos a piscinatermal(queestabapechada);posteriormente leváronnos á praza do Ferro, onde nos deixaronuntempolibre para poder comer e visitar un pouco máis a cidade. Os alumnos de 3º achegámonosatavarias tendas nas que algúns compramos prendas de roupa. Unha vez rematado o tempo acudimos ata o punto onde Chelo nos mandou. Dirixímonos cara ao auditorio municipal (que era impresionante) a ver a representación da comedia LosMenechmosdePlauto.Despoisde esperarun ratiño entramos e sentamos nas nosas respectivas butacas á espera de que comezara a obra, mentres os responsables do auditorio puxéronnos “musicote”. As 17,20h comezaba a obra, que tod@s pensabamos que ía ser moi aburrida e por riba “en latín”! Pero non, encantounos a tod@s e quedamos abraiad@s. Nunca na vida riramos tanto! Ao finalizar a obra, apaixonados,fomos sacarnosunhascantas fotos cos actores e actrices do Grupo Noite Bohemia da Coruña. Finalmente saímos do auditorio e dirixímonos ata o bus, que nos levaría de volta para casa. Paramos 20min en Chantada para estirar as pernase ir ao baño,pero Andrea aproveitounospara demostrarlles os seus dotes futbolísticos a uns nenos que había nunha praza. Deseguido subimos ao bus e dirixímonos cara ás Pontes. Foi unha experiencia inesquecible! Grazas Efigenia. Pablo, Andrés e Andrea M. 3ºESO
  • 31. RUTA GUIADA POLAS PONTES “EXPERIENCIA INDUSTRIAL” O xoves 12 de maio os alumnos de 1º e 2ªde ESO do IES Castro da Uz realizamosunharuta guiada pola nosa vila. Partimos do instituto cara ao lago, ondecomezaríao nosocamiño.Alí explicáronnosun pouco a historia da mina que foi descuberta en 1790, preto da revolución francesa. Nestes anos de Ilustración, José Cornide Saavedra demostrou que alí había carbón. Na súa explotación empregouse o “método alemán”, un método continuo de explotación. Aínda que agora non é usada como explotación mineira pola Xunta, aínda é recoñecida como tal. Camiñamos polo carril bici ata a central térmica de ciclo combinado. Esta central comezou a súa actividade no 2008. Nútrese de gas natural que vén dendeReganosa,Mugardos.Dendealíobservamosamaquinaria usada para a extracción de carbón na antigamina.Seguimosataa centraltérmicapolo mesmo camiño, esta é capazde producir enerxía para unha cidade como Barcelona, en total o 5% da enerxía producida en España. Continuamos o noso camiñoataa vila, o cascovelloda cidade,naquedestacanaigrexade Santa María, o cemiterio vello e a Ponte Medieval. Percorremos o casco urbano ata o Poboado das veigas, unha das primeiras cidades xardín de España e incluso de Europa, asemellándose moito ás Company- towns inglesas, ás Abertensiedlungen alemás ou ás Cités Ouvriéres en Francia. Este foi construído por ENCASO entre os anos 1946 e 1962 e conta con 230 vivendas con capacidade para un total de 1.500 habitantes a cal servía de aloxamentopara ostraballadoresdaempresa. As vivendas estaban situadas e construídas dun modo xerárquico de vivendas ordenadas segundo a importancia laboral. Rematamosdicindoquehaidúasrutasou itinerariosquepodedesfacer. O Itinerario 1 – que foi o noso- é unha ruta circular curta, sinxela na que se mestura paisaxe industrial e urbano. O itinerario 2 é a ruta longa, na que se combina paisaxe urbano, industrial e natureza. Xan, Xavi, Vicente e Santi, 2ºESO DO CEBREIRO A TRIACASTELA Este curso o noso profesor Soto levounos a percorrer outro tramo do Camiño de Santiago. O percorrido comprendía as seguintes localidades xeográficas: Cebreiro – Triacastela, cun total de 20.5 km. Un autobús trasladounos ata o primeiro lugar mencionado, xunto cos compañeiros e compañeiras de 4ºESO do IES MonteCaxado,mentresque unsegundo autobús dirixíase ao mesmo punto cos restantes cursos da ESO do noso propio centro, o IES Castro da Uz. Unha vez descendemos do bus iniciamos a marcha cara a Triacastela. Estaba previsto percorrer os primeiros12km previamenteaoxantar, aínda queao alcanzar – aproximadamente-onoveno quilómetro, e despois de ascender unha gran costa cunha elevada pendente, descansamos lixeiramente para repoñer forzas. Santiago, o noso profe de bioloxía, aproveitou para compartir e contrastar coñecementos relacionados coa flora do lugar, e algún dato extraoficial da cardioloxía humana. No medio do camiño tivemos algún incidente,xaqueunhagran parte dogrupo quedou atrásporque se nos cruzaron unhasvacas e tivemos que deixalas pasar. Ao remataros restantes 3km xantamosduranteaproximadamente mediahora enFonfria eretomamosa marcha. Faltaban sobre 9 -9.5 km para finalizar, e, a pesar de que a segunda metade da camiñada nos resultou máis ardua, debido en gran parte ás continuas, incesantes e duras costas abaixo, colmamos o nosoobxectivo principal:finalizaro camiño senmaioresatrancos quealgunhasqueimadurasemaniotas. Como peregrinos Descansando da subida Informándonos Marcelo Blanco, 4ºESO
  • 32. OS ALUMNOS DO IES CASTRO DA UZ ASISTIMOS Á FRANCOFONÍA O pasado 10 de maio os alumnos de todos os cursos da ESO do IES Castro da Uz asistimos ao festival da Francofonía que se celebrou na nosa vila. Ata aquí desprazáronse alumnos de todos os cursos e de nove centros máis: un da nosa vila e oito doutros lugares de Galicia: O Porriño, Vilanova de Arousa, Neda, Bueu… Os alumnos doutros centros chegaban o luns pola tarde e nós (coma bos anfitrións que somos) fomos recibilosaoparquedavila. Aínda que aoprincipiotiñamosunpoucodevergoña,conseguimossuperalae presentarnosaos demais rapaces, que resultaron ser moi simpáticos. Ensinámoslles algúns recunchos das Pontes e algún dos nosos lugares favoritos para que fosen cear e coller forzas para a noite que nos agardaba. Unhavez que todosrematamosdecear reunímonos no polideportivo municipal para seguir coñecendo xente e “durmir”alí(aínda quenon durmimosnada,comoeradeesperar).Estabamospasándoomoiben, ata que a policía nos veu chamar a atención, xa que os veciños non lograban durmir polo ruído que faciamos. As profesorasintentaronquenos metésemosnossacosdedurmiregardásemossilencio,pero é imposible que tanta xente estea en silencio á vez, e entre uns que berraban e outros que aplaudían só conseguiron conciliar o sono aqueles máis durmiñóns. Á mañáseguinteespertamosmoicedo,poloquetivemostempodesobra paravestirnos, recollerelimpar todo o quemancharamos.Encantorematamosfomosalmorzar a un bar próximo e coller forzas para dar o mellor de nós no festival. Cando todo o mundo almorzara desprazámonos ata o lago en autobús, moi nerviosos pola tarefa que nos agardaba. O festival comezou,perotivemosun inconveniente,xaquemoitosdos nososcompañeirosse comezaron a atopar mal. Algúns decidiron marchar, mentres que os máis valentes conseguiron recuperarse coa axuda dos coidados de Chelo. Os primeirosenactuarfomososalumnosde 4º da ESO, que o fixemos de marabilla, a pesar do mal son quetiñan instalado. Poucoa pouco foronpasandoasactuaciónsechegou a quenda de 3º e 2º da ESO, as cales nos encantaron e nos fixeron gozar moito, e cremos que a nosa profe Mª José tamén. 4ºESO 3ºESO 2ºESO Todos saímos do lago un pouco decepcionados, non pola nosa actuación, senón pola desorganización coa que se preparara o evento, xa que os alumnos que remataran de cantar marchaban deixando os seus compañeiros sós sobre o escenario. En canto rematou o festival fomos comer á fraga cos rapaces dos demais institutos, pero todo o mundo estaba “á súa bóla”e cando os últimos chegabamos ao lugar xa os primeiros remataran de xantar. A maioría dos alumnos das Pontes xa marcharan para á casa e outros moitos fixémolo despois de comer, tras despedirnos dos nosos novos amigos. En resumo,foi unhaexperiencia “agridulce”.Cremosquehaimoitascousasquemellorarnaorganización, pero estamos moi felices porque fixemos moitos amigos e gozamos ensaiando e cantando as nosas cancións en francés coa nosa profe, Mª José. Alba Requeijo Cendán, 4ºESO
  • 33. FALAMOSCON ICÍA, A NOSA PROFE DE MATEMÁTICAS Bos días, Icía! Ti es unha das profesoras de matemáticas do IES Castro da Uz, levas varios anos traballandoaquíe poriso queriamosfacercheestaentrevista, para coñecerte mellor. -Paréceche ben se comezamos? -Comenzamos. -Acabamos de dicir que levas aquí varios anos, cantos anos para ser exactos levas no noso centro? -Este é o meu cuarto ano no voso centro, no noso centro. - Gustaríache cambiar de instituto ou seguir dando clase aquí? -Gustaríameseguirdandoclase aquíse estivera máis cerca da miña casa. Pero… se podo acercarme un pouquiño máis no me importaría tampouco. -Por que decidiches estudar matemáticas? -Bueno dende… aproximadamente segundo de BUP tiña claro xa que quería estudar matemáticas. Porque me gustaba dar clase, me gustaba ensinar, aínda que tamén contemplaba outras opción como, por exemplo, arquitectura, enxeñería de camiños … Pero o de ser funcionaria sempre me tirou. -Gustouche a universidade onde estudaches? -Si, gustoume. Era un poucoestilofábrica, aínda queagoramillorou,perosi, estivena gusto na facultade. -E por que elixiches ese lugar? -Era o único sitio de Galicia no que existía a posibilidade de estudar Matemáticas - Sabemos que moitas veces é moi difícil escoller o que queres ser de maior, ti en que te inspiraches para decidir ser profesora? -Bueno, miña madriña era mestra e miña nai sempre quixo selo aínda que non tivo a posibilidade de estudar. Sempre me dixeron que era unha boa opción, había moitas vacacións … e gústame ensinar os demais o que eu sei, e poder contribuír a que eles aprendan , non sei… ser parte do aprendizaxe dunha persoa , da evolución. Eso, eso principalmente. -As nosasfamiliaspodenserun pouco críticas á hora de dicirlles a que nos queremos dedicar, sobre todo gustaríanos saber que che dixo a túa cando lle comentaches que ías estudar matemáticas. -A verdadeé que me apoiabannasmiñas decisións, sempre me dixeron que elexira o que me gustara. E o que si que me dicían é que elexira o que elexira intentara ser a mellor, e fíxenlles caso, aínda que non foi así, pero bueno… -Recentemente saíu a LOMCE, como xa saberás. Que opinas desta lei? -Nonme gusta, xa directamente.Nonme gustan as revalidas, non me gustan os cambios que fixeron… e non quero decir que a anterior fora boa, sempre hai algo que mellorar, pero dende logo a mellora, o cambioque se fixo, paramin, nonfoi a mellor opción. Puxéronvos máis trabas para continuar estudando, e creo que o que deberiamos de conseguir, a nivel país, era un gran pacto educativo entre as forzas políticaspara nonir cambiandocontinuamenteen cada lexislatura de lei… e non sei se algún día poderá ser factible, pero dende logo é o que me gustaría. Agora que sabemos un pouquiño máis do teu traballo, gustaríanos achegarnos a ti a través dunhas preguntas: -Que estudarías se non puideras estudar matemáticas? -Arquitectura ou enxeñería de camiños. -Todostemosalgoquenosgusta facerno noso tempo libre para desconectar, aprender cousas novas... Tes algunha afección? E algo que che gustaría aprender? -Si, gustaríame aprender música. Xa empecei coa guitarra pero deixeino, porque son pouco constante. Me gusta moito a pintura e... eran afeccións? Encántame ler, gústame pasear, ir de viaxe, ir á praia, bueno… o que lle gusta a todo o mundo… -É moi importanteparaavidao queestudes,egustaríanossaberquechegustaría que estudaran os teus fillos? -O meu fillo maior quere estudar matemáticas, e o pequeno creo que quere ser pintor, ou algo así.
  • 34. -Para rematar, xa sabemos que che gusta moito darnos clase, pero o día que te xubiles, tes algunha idea do que queres facer? -Descansar. -Que serías se foses un: -Libro, que libro serías? -Unha novela negra, que me encanta. -Unha canción? -Esto xa é máis comprometido… La cosa más bella de Eros Ramazzotti. - Unha película? -Unha película … Una mente maravillosa. -Unha cor? -Vermella. E se puideses pedir un desexo, cal pedirías? -A paz. Xa acabamos coa entrevista. Moitísimas grazas polo teu tempo e pola túa colaboración, Icía! -De nada, un saúdo a Radio Ras! Sara, Andrea B. Lidia, 3ºESO ENTREVISTA A LUCÍA RAMUDO, GAÑADORA DE “PEQUENOS XIGANTES” Temos aquí a nosa compañeira Lucía, que gañou o programa da Televisión Galega “Pequenos Fenómenos” e ademais cantou na nosa vila varias veces. Bos días Lucía, imos comezar coa entrevista, paréceche? -Sí. -Cal foi a túa inspiración para comezar a cantar? -Pois que me gustaba moito, e así empecei. -Gustaríache dedicarte á música ou só a ves coma unha afección? -Gustaríame, si. -Sabemosquecantachesmáisvecesen público nanosavila.Cal foi aexperienciaquechegustou máis? -Mmm, gustáronme todas a verdade. -Ao cantar en público sempre se sente moita vergoña, conseguiches superala ao longo do programa e das túas actuacións? -Aínda teño unha pouca. -Gustouche a experiencia en Pequenos Fenómenos? -Si, gustoume moito. -Cando soubeches do concurso e por que decidiches apuntarte? -A min chamáronme, por se quería ir, e eu dixen que si.
  • 35. -As cancións que cantaches no programa elixíchelas ti? -Si, elixinas eu. -Por que fixeches esa elección? -Porque me gustaban moito e sentíame cómoda con elas. -Por que sendo Abraham Mateo o teu ídolo, non cantaches algunha das súas cancións? -Porque son moi difíciles. -Que che pareceu o presentador? -Moi bo. -Imaxinábaste así a televisión? -Non, pensaba que ía ser un pouco máis grande. E por último sobre este tema, con quen che gustaría facer un dúo? -Mmm, dáme igual. Agoracambiamoso contido daspreguntas. Esteé o teu primeiro ano no noso instituto, que che parece? -Gústame moito. Que é o que máis che gusta? -Ximnasia. E o que menos? -Matemáticas. Para rematar imos facerche unhas preguntas que deberás responder brevemente: -Se foses un libro cal serías? -Mmm, non sei, gústanme moitos. -E unha película? -Titánic. -Unha canción? -La Gozadera. -Un instrumento? -Unha guitarra. -Un deporte? -Ximnasia rítmica. -Un olor? -O olor dunha rosa. Aquí remataaentrevista, Lucía. Esperamos que che gustara e que sigas deleitándonos coa túa fermosa voz. Moitas grazas e ata a próxima! -Chao! Andrea Montero e Sara Cerezuela, 3ºESO ENTREVISTA Á DRA. CASTRO Bos días Dra. Castro! Somos estudantes do IES Castro da Uz. Xa sabemos dos longos anos de experiencia traballando de médico e estamos informados de que desempeña o seu labor no PAC de Vilalba, e tamén que está estudando un máster ECE en Barcelona. Imos comezar a entrevista. - Que a levou a estudar medicina? -Pois nontiña moiclaroo que quería estudar. Eu quería facer algo de laboratorio, en principio ía estudar farmacia,perofinalmentedixéronmequeeramellorestudar medicina e non me arrepinto desa decisión. - Resúltalle difícil compaxinar os estudos co traballo e coa vida persoal? Como o consegue? -Teñounhorarioquemepermitefaceristo. Teñounhorariomoiboe teñomoita axuda por parte da miña familia. Consígoo grazas ao apoio da familia, das avoas que quedan cos cativos pequenos cando teño que ir a Barcelona, cando teño garda e ao meu marido se non, non podería facer isto. - Pódenos explicar o seu horario laboral? -Eu agora mesmo estou nun PAC en Vilalba que é un punto de atención continuada e teño unha garda cada catro días. As gardas son cada dezasete horas. Entro ás tres da tarde ata as oito da mañá do día
  • 36. seguinte, cando é por semana. Cando son domingos e festivos son de vinte e catro horas, de oito da mañá ata as oito da mañá do día seguinte e se non teño garda descanso. - Por que decidiches estudar un máster? -Porque me gustan moitísimo as emerxencias e é unha forma de prepararme, de manterme activa e coñecer outras formas de traballar. É moi enriquecedor. - Que lle pasou ao enfermo máis grave que tivo que atender? -Pois así que me lembre agora, os máis graves foron as paradas cardíacas que tiven que atender e ter que facer reanimación Deixamos atrás o traballo e pasaremos aos temas persoais. -Practica algún deporte? Cal? -Pois si, normalmente vou correr. É o que máis me gusta. Sérveme sobre todo para desestresarme do traballo e dos cativos. - De que equipo é? Por que? Do Barça de toda a vida - De pequena que lle gustaría ser de maior? - De pequena tiven moito tempo a idea de que quería ser policía. - Se tivese fillos que querería que foran de maior? -Gustaríame que estudasen o que lles fixera felices, o que si non me gustaría é que fosen nin cura nin político. Xa para ir rematando imos coas últimas preguntas. -Se fose un libro, cal sería? - La casa de los espiritus E se foses unha película cal serías? -BillieEliot - Quellepareceu aentrevista? -Moiben, moiacolledora.Grazasporvir. Conesta preguntarematamosaentrevista. Moitasgrazas por regalarnososeu tempo. Pablo, Andrés, Antonio e Iago, 3ºESO ENTREVISTA A ALBERTO LOZANO PETEIRA, ENXEÑEIRO DE TELECOMUNICACIÓNS Boas tardes Alberto,! Somos alumnas do IES Castro da Uze queremos facerche una entrevista sobre o teu traballo. -Estudaches algunha carreira ? onde ? Cal foi a materia na que máis aprendiches ? -Si, estudei periodismo en Madrid. A materia coa que máis aprendín foi “ divulgación da información científica e tecnoloxía” no meu cuarto ano de carreira, pero a que máis me gustou e na que me sentín máis cómodo estudando foi periodismo de sociedade e cultura. -Que te motivou para chegar a elixir esta profesión ? -De pequeno sempre fun un neno ao que lle encantaba ler o xornal, escoitar a radio e, como non, ver a televisión. Cando meu pai ía pola mañá comprar o xornal eu sempre ía con el , e, nada máis o mercabamos, eu era o primeiro en lelo, encantábame. Pasaban os anos e cada vez ía tendo máis interesepoloperiodismo,ataquedecidínestudalo, aíndaque agora, a parte de traballar no xornal, estea na radio . -Sabemosqueescribesno xornal ealgunhas veces tamén vas á radio. Que medio prefires? Por que? Prefiro o xornaldebidoaque nelpódomeexpresarmellor epodoescribiro que penso, aínda que a radio tamén me gusta. -De todas as noticias que deches, cal foi a que máis te sorprendeu ? -Das noticiasquelevo, tanto na radiocomano xornal, a que máis me impactou e que me deixou marca foi o 11M. Acórdome que tiñamos todo preparado para comezar, cando nos chega a noticia de que houbera unha forte explosión na estación de Atocha, . Xustamente na hora punta da mañá, cando a xente ía traballar e ás universidades. Puxeran unhas mochilas bomba en diversos trens que causaron milleirosdemorteseferidos. Foiun ataquedos máisgrandesenEuropapor aquelestempos.Esta noticia
  • 37. afectoume,xaqueeses trens foron o meumediodetransportediario e aíndahoxe imaxinoque me puido coller no medio. -A que idade comezaches a traballar? Como foi o teu primeiro día? -Comecei aos24 anos.O primeirodíaía moinervioso e con medo a cometer erros, porque non coñecía moi ben ao que me enfrontaba. -Pensaches algún díaen abandonaro teu oficio paradedicarte aalgo distinto? Cal seríao motivo principal? -Nunca, porque sempre foi a miña ilusión e soñei desde moi xoven con este traballo. Cada día gústame máis, porque todos os días son distintos e aprendo moito coa xente coa que me relaciono. -Cambiando de tema … Tes algunha afección? O teu traballo déixache tempo para realizala? Afeccións teño moitas,perogústamemoitocorrer e xogarao fútbol. Moitotempo non teño, pero sempre intento buscalo para practicalas, porque creo que unha persoa sempre ten que ter tempo para facer cousas que lle gustan e desconectarse un pouco do traballo. Moitasgrazas por facernosunsitio e prestarnosun poucodoteu tempo, xa que sabemosqueandas moi apurado. Andrea Montero, Leticia Alonso, SilviaBalseiro, 3ºESO Para ir rematando con este tema, Diego e Alberte ( 4ºESO) imos resumirvos outras das entrevista realizadas ao longo deste curso. Lembrámosvos que podedes escoitalas ao completo neste enderezo: http://argalladas.blogspot.com.es/2016/03/entrevistas-en-radio-ras.html. ENTREVISTA A Mª JOSÉ, PROFESORA DE FRANCÉS Os compañeiros e compañeiras de 1ºESO falaron con Mª José, profesora de francés de noso centro. Para comezarcomentouquedepequenaeramoiestudosa,peroá vez mandona.NaceuenFranciae ten un irmán e unha irmá. Escolleu estudar francés porque sempre lle interesou e, ao vivir en Francia, foi unhafácil elección. De todas formas, se non escollese francés dixo que elixiría historia xa que era unha materia que tamén lle gustaba moito. Comentounos que leva 4 anos traballando aquí e que lle gusta moitopolatranquilidade quehai nasclases.Por últimorespondeuá pregunta sobreo cursonoque prefire paradar clase, e recoñeceuqueosde4ºESO eranmoitraballadores e era fácil dar clase e traballar con eles. ENTREVISTA A MIGUEL ALVARIÑO, O MELLOR DEPORTISTA EN TIRO CON ARCO Os nosos compañeiros Daniel e Felipe ( 3ºESO) entrevistaron o campión do mundo de tiro con arco. Miguel naceu nunha vila preto das Pontes e estudou neste centro, aínda que non rematou os seus estudos aquí. Contounos como empezou a practicar este deporte e como foi mellorando e avanzando na súa carreira profesional. Practicaba tiro con arco como un hobbye acabou sendo un deporte esencial para el. Preguntámoslleseé difícil compaxinar os estudos co adestramento e os campionatos;seos premiosqueestá recibindocambiaronasúa vida... e desexámoslle moita sorte para os Xogos de Río, ao que el nos respondeu que aínda non estaba todo decidido, xa que había moito camiño por andar. Como nós sabemos que vai estar alí, despedímonos desexándolle moita sorte ao campión pontés.