2. Biografía Lois Sánchez Pereiromáiscoñecido como LoisPereirofoi un escritor e poeta galego nado en Monforte de Lemos (Lugo) no 1958.
3. Realiza estudos de tradución en Madrid, cidade á que marcharía co seu irmán Xosé Manuel con só dezasete anos. En 1983 e 1987 viaxoucanda a Fernando Saco por Europa. Traballou como tradutor do alemán, francés e inglés de dobraxe de cinema, tanto convencional como porno Pero en Madrid vai estar vencellado, por amizade e por proxectoscomúns, ao grupo que formaba con Manolo Rivas, Antón Patiño ou Xavier Seoane. Co esforzo de todos, naceron as publicaciónsinnovadoras, Loiaou Luces de Galiza.
4. Os riscos asumidos na vida madrileña de principios dos oitenta fixeron que Loisdeterminase o seu regreso á Coruña, onde se manteñen os nexos con aqueles que constituían o grupo de Madrid, e, de novo aquí, vivirá fundamentalmente do xornalismo. Participa na publicacióncolectivaDe amor e desamor e integrarase, durante 1984 e 1985, no colectivo de mesmo nome. Este feito permite que o público comece a coñecer a súa obra.
6. Lois Pereiro morreu o 17 maio de1996 en A Coruña enfermo de SIDA e envelenado por aceite de colza. Na súa tumba, ten escritos os seus versos «Cuspídemeenribacandopasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmidamensaxe de vida e de furianecesaria».
7. A súa Obra: Tras gañar o concurso nacional de poesía O Facho publicou a obra Poemas 1981-1991 en 1992. Nesta obra, reflicte unha tendencia punk.
8. En 1995 aparece a Poesía última de amor e enfermidade. Con sódous libros publicados xa define un estilo literario curto e tenso. Non se excede en recursos formais. É o seuderradeiro libro en vida en el trata temas como a morte.
9. Tras a súa morte o seu irmán Xosé Manuel fai que saia á luz Poemas para unha Loia. Constituído por poemas xa publicados na revista Loia e dun ensaio no que expón moitas das súas ideas e conviccións políticas.
10. Deixou unha novela inacabada chamada Náufragos do paradisoque consta de 8 capítulos.