SlideShare a Scribd company logo
1 of 20
Download to read offline
JOSÉ CARLOS ROMÁN DAVID LORENZO
Profe,
mira o que fixen!
JOSÉ CARLOS ROMÁN | DAVID LORENZO
Profe,
mira o que fixen!
Dedicado a todas as nenas e nenos, familias e docentes
que, con tanto esforzo, lograron que este virus non
nos impida seguir a aprender desde a casa.
AGRADECEMENTOS:
Iolanda Mato
Josep María Teixell
Emily Johnson Stammers
Alberto Rodríguez
TRIQUETA VERDE
Travesía de Vigo, 80 10º B
36206 Vigo (Pontevedra)
www.triquetaverde.com
clientes@triquetaverde.com
Tradutora: Iolanda Mato
© do texto: José Carlos Román
© ilustracions: David Lorenzo
© desta edición: Triqueta Verde, S.L.U.
Coordinador: Víctor J. Mascato
1.ª Edición: 2020
ISBN: 978-84-938252-7-0
Reservados todos os dereitos.
Seguenos en: @triquetaverde @triquetaverde
Hai que amolarse! Agora que por fin
nos deixan saír da casa, resulta que non
podemos volver ao colexio, así que non vou
poder estar aínda cos meus compañeiros
nin cos profes.
Profe, quero seguir
a aprender!
Aínda ben que os poderei ver de cando en
vez, aínda que sexa desde o meu cuarto.
Así que durante estas semanas,
grazas á axuda dos mestres e
das nosas familias, seguiremos
a realizar na casa moitas
actividades para continuarmos
a aprender e a pasalo en
grande en ao mesmo tempo.
Por exemplo, podemos crear un xornal familiar. Para iso, cada mañá
dedicarémoslle un pouco de tempo, mentres almorzamos, a lembrar as
anécdotas máis interesantes que nos aconteceron o día anterior a todos
os membros da familia. Despois, teremos que decidir cales son as máis
importantes e redactar as noticias.
Cando teñamos o noso diario acabado, mandarémosllelo aos nosos
avós, tíos, curmáns ou amigos do colexio para que estean informados
das cousas especiais que nos ocorren cada día.
Aproveita estes días para coñecer un pouco máis os veciños que ves
cada tarde nos balcóns. Déixalles unha nota na súa caixa do correo
para lles preguntar, por exemplo, como se chaman, se teñen mascotas,
que comidas lles gustan máis, os seus filmes ou libros favoritos… Seguro
que alguén te sorprende e che envía as súas respostas!
Como estas semanas estaredes a cociñar
moito en familia, podedes aproveitar e facer
galletas con formas de letras ou números.
Seguro que despois formaredes palabras e
mensaxes moi doces e saborosos!
Converte a túa casa nun museo! Escolle os
debuxos e outras obras de arte que realizases
durante as últimas semanas e prepara unha
exposición, por exemplo, no corredor ou na
sala da túa casa.
Unha vez que coloques as obras todas cos
seus correspondentes títulos, realiza os
convites, coa data e hora da inauguración,
para convidar a túa familia a este fantástico
museo.
Necesitas un pouco de tranquilidade? Pois,
nese caso, busca un lugar apropiado na
casa onde montar unha cabana na que
poidas ter ese momento de calma que todo
o mundo precisa. Utiliza teas, coxíns, sabas
ou mantas, por exemplo.
Como che gustaría
que fose a túa
cama? Pensa no
que che gusta dela
e as cousas que
cambiarías.
Podes coller un bote de cristal e meter as
cousas que tería a túa cama ideal. Por
exemplo: se che gusta que sexa suave,
podes botar algodón, se queres que voe,
podes meter unha pluma, ou se desexas
que brille, pódeslle meter purpurina.
Tamén podes meter
unha foto do lugar
onde che gustaría que
estivese a túa cama!
Se por casualidade colliches
algo de medo a saír da casa…
non te preocupes, é normal!
Quizais sería boa idea inventar
coa túa familia unha receita ou
un conxuro para vencelo.
1. ½ kg de pensamentos bonitos.
2. 1 tonelada de cancións para
cantar en voz alta.
3. 1 cunca de néctar de froitas,
para afastar os virus.
4. Un pun~ado de ruxidos fero-
ces para escorrentalo.
Receita antimedo:
Gústache a
arquitectura? Busca
pola casa materiais
como caixas de
zapatos, anacos de tea
e outros materiais reciclados e deixa que a túa creatividade se poña
en marcha.
Iso si, lembra que un bo arquitecto ou arquitecta primeiro deseña
nun plano o que quere construír cos materiais que ten ao seu
alcance.
Tamén te podes converter en
detective ou espía. Crea un
código secreto para escribir
mensaxes ocultas, inventa un
símbolo para cada letra e,
despois, escribe mensaxes con
eles. Será alguén da túa familia
capaz de descifralas?
Divírtete a facer a dobraxe dun filme.
Escolle unha escena do teu filme favorito
e reprodúceo sen son, coa túa familia.
Cadaquén pode escoller un personaxe.
E lembra, se o diálogo é un pouco
absurdo… será moito máis divertido!
E agora pensa un pouco: despois de tantas semanas na casa,
como che gustaría que fose o teu colexio ao volver?
Pénsao ben e escríbelle unha carta á túa profe contándolle
como sería “o cole dos teus soños”.
Con este libro gratuíto intentamos seguir poñendo o noso
gran de area para que estas semanas sexan máis levadeiras
para os nenos e nenas mostrando que, aínda que non
poidamos ir ao colexio, desde a casa podemos seguir a
aprender facendo actividades lúdicas e divertidas. Porque
aprender non ten que ser sinónimo de aburrimento.
Amigos, seguro que pronto poderemos volver ao colexio!

More Related Content

Similar to Profe mira-o-que-fixen

Escarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defuntaEscarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defuntaFiz
 
Carta de puca 3
Carta de puca 3Carta de puca 3
Carta de puca 3maria
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista_Ranholas
 
Inauguración biblioteca primaria. CEIP ADR Castelao. Rianxo
Inauguración biblioteca primaria. CEIP ADR Castelao. RianxoInauguración biblioteca primaria. CEIP ADR Castelao. Rianxo
Inauguración biblioteca primaria. CEIP ADR Castelao. Rianxobibliocastelao
 
O Xogo e os espazos na escola infantil
O Xogo e os espazos na escola infantilO Xogo e os espazos na escola infantil
O Xogo e os espazos na escola infantilYolanda Paz
 
Primaria. inauguración biblio
Primaria. inauguración biblioPrimaria. inauguración biblio
Primaria. inauguración bibliobibliocastelao
 
Ler e escribir na nosa escola
Ler e escribir na nosa escolaLer e escribir na nosa escola
Ler e escribir na nosa escolacursobarouta
 
Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinas
Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinasCataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinas
Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinasceipabanqueiro
 

Similar to Profe mira-o-que-fixen (20)

Díptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeirasDíptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeiras
 
Escarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defuntaEscarlatina, a cociñeira defunta
Escarlatina, a cociñeira defunta
 
Carta de puca 3
Carta de puca 3Carta de puca 3
Carta de puca 3
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Presentacion
PresentacionPresentacion
Presentacion
 
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 1 - Abril 2005 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Inauguración biblioteca primaria. CEIP ADR Castelao. Rianxo
Inauguración biblioteca primaria. CEIP ADR Castelao. RianxoInauguración biblioteca primaria. CEIP ADR Castelao. Rianxo
Inauguración biblioteca primaria. CEIP ADR Castelao. Rianxo
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Outubro 2019
Outubro 2019Outubro 2019
Outubro 2019
 
Semana del libro
Semana del libroSemana del libro
Semana del libro
 
Periodico 08
Periodico 08Periodico 08
Periodico 08
 
O Xogo e os espazos na escola infantil
O Xogo e os espazos na escola infantilO Xogo e os espazos na escola infantil
O Xogo e os espazos na escola infantil
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
Abril, mes dos libros 2018
Abril, mes dos libros 2018Abril, mes dos libros 2018
Abril, mes dos libros 2018
 
Primaria. inauguración biblio
Primaria. inauguración biblioPrimaria. inauguración biblio
Primaria. inauguración biblio
 
Ler e escribir na nosa escola
Ler e escribir na nosa escolaLer e escribir na nosa escola
Ler e escribir na nosa escola
 
Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12Ollos de aula, nº 12
Ollos de aula, nº 12
 
Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinas
Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinasCataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinas
Cataplasma Nº11 - 2006 - 40 páxinas
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 

More from nesca560

As pitas baixo a choiva
As pitas baixo a choivaAs pitas baixo a choiva
As pitas baixo a choivanesca560
 
Xogos de memoria
Xogos de memoria Xogos de memoria
Xogos de memoria nesca560
 
Cousas 5 anos
Cousas 5 anosCousas 5 anos
Cousas 5 anosnesca560
 
Cousas 4 anos
Cousas 4 anosCousas 4 anos
Cousas 4 anosnesca560
 
Cousas 3 anos
Cousas 3 anosCousas 3 anos
Cousas 3 anosnesca560
 
AS LÁGRIMAS DE CAMILA
AS LÁGRIMAS DE CAMILAAS LÁGRIMAS DE CAMILA
AS LÁGRIMAS DE CAMILAnesca560
 
ATENCIÓN CAMILA
ATENCIÓN CAMILAATENCIÓN CAMILA
ATENCIÓN CAMILAnesca560
 
CAMILA E AMIGOS
CAMILA E AMIGOSCAMILA E AMIGOS
CAMILA E AMIGOSnesca560
 
PINTA AS RAIAS
PINTA AS RAIASPINTA AS RAIAS
PINTA AS RAIASnesca560
 

More from nesca560 (10)

As pitas baixo a choiva
As pitas baixo a choivaAs pitas baixo a choiva
As pitas baixo a choiva
 
Xogos de memoria
Xogos de memoria Xogos de memoria
Xogos de memoria
 
Maestro
MaestroMaestro
Maestro
 
Cousas 5 anos
Cousas 5 anosCousas 5 anos
Cousas 5 anos
 
Cousas 4 anos
Cousas 4 anosCousas 4 anos
Cousas 4 anos
 
Cousas 3 anos
Cousas 3 anosCousas 3 anos
Cousas 3 anos
 
AS LÁGRIMAS DE CAMILA
AS LÁGRIMAS DE CAMILAAS LÁGRIMAS DE CAMILA
AS LÁGRIMAS DE CAMILA
 
ATENCIÓN CAMILA
ATENCIÓN CAMILAATENCIÓN CAMILA
ATENCIÓN CAMILA
 
CAMILA E AMIGOS
CAMILA E AMIGOSCAMILA E AMIGOS
CAMILA E AMIGOS
 
PINTA AS RAIAS
PINTA AS RAIASPINTA AS RAIAS
PINTA AS RAIAS
 

Profe mira-o-que-fixen

  • 1. JOSÉ CARLOS ROMÁN DAVID LORENZO Profe, mira o que fixen!
  • 2.
  • 3. JOSÉ CARLOS ROMÁN | DAVID LORENZO Profe, mira o que fixen!
  • 4. Dedicado a todas as nenas e nenos, familias e docentes que, con tanto esforzo, lograron que este virus non nos impida seguir a aprender desde a casa. AGRADECEMENTOS: Iolanda Mato Josep María Teixell Emily Johnson Stammers Alberto Rodríguez TRIQUETA VERDE Travesía de Vigo, 80 10º B 36206 Vigo (Pontevedra) www.triquetaverde.com clientes@triquetaverde.com Tradutora: Iolanda Mato © do texto: José Carlos Román © ilustracions: David Lorenzo © desta edición: Triqueta Verde, S.L.U. Coordinador: Víctor J. Mascato 1.ª Edición: 2020 ISBN: 978-84-938252-7-0 Reservados todos os dereitos. Seguenos en: @triquetaverde @triquetaverde
  • 5. Hai que amolarse! Agora que por fin nos deixan saír da casa, resulta que non podemos volver ao colexio, así que non vou poder estar aínda cos meus compañeiros nin cos profes.
  • 6. Profe, quero seguir a aprender! Aínda ben que os poderei ver de cando en vez, aínda que sexa desde o meu cuarto.
  • 7. Así que durante estas semanas, grazas á axuda dos mestres e das nosas familias, seguiremos a realizar na casa moitas actividades para continuarmos a aprender e a pasalo en grande en ao mesmo tempo.
  • 8. Por exemplo, podemos crear un xornal familiar. Para iso, cada mañá dedicarémoslle un pouco de tempo, mentres almorzamos, a lembrar as anécdotas máis interesantes que nos aconteceron o día anterior a todos os membros da familia. Despois, teremos que decidir cales son as máis importantes e redactar as noticias. Cando teñamos o noso diario acabado, mandarémosllelo aos nosos avós, tíos, curmáns ou amigos do colexio para que estean informados das cousas especiais que nos ocorren cada día.
  • 9. Aproveita estes días para coñecer un pouco máis os veciños que ves cada tarde nos balcóns. Déixalles unha nota na súa caixa do correo para lles preguntar, por exemplo, como se chaman, se teñen mascotas, que comidas lles gustan máis, os seus filmes ou libros favoritos… Seguro que alguén te sorprende e che envía as súas respostas!
  • 10. Como estas semanas estaredes a cociñar moito en familia, podedes aproveitar e facer galletas con formas de letras ou números. Seguro que despois formaredes palabras e mensaxes moi doces e saborosos!
  • 11. Converte a túa casa nun museo! Escolle os debuxos e outras obras de arte que realizases durante as últimas semanas e prepara unha exposición, por exemplo, no corredor ou na sala da túa casa. Unha vez que coloques as obras todas cos seus correspondentes títulos, realiza os convites, coa data e hora da inauguración, para convidar a túa familia a este fantástico museo.
  • 12. Necesitas un pouco de tranquilidade? Pois, nese caso, busca un lugar apropiado na casa onde montar unha cabana na que poidas ter ese momento de calma que todo o mundo precisa. Utiliza teas, coxíns, sabas ou mantas, por exemplo.
  • 13. Como che gustaría que fose a túa cama? Pensa no que che gusta dela e as cousas que cambiarías. Podes coller un bote de cristal e meter as cousas que tería a túa cama ideal. Por exemplo: se che gusta que sexa suave, podes botar algodón, se queres que voe, podes meter unha pluma, ou se desexas que brille, pódeslle meter purpurina. Tamén podes meter unha foto do lugar onde che gustaría que estivese a túa cama!
  • 14. Se por casualidade colliches algo de medo a saír da casa… non te preocupes, é normal! Quizais sería boa idea inventar coa túa familia unha receita ou un conxuro para vencelo. 1. ½ kg de pensamentos bonitos. 2. 1 tonelada de cancións para cantar en voz alta. 3. 1 cunca de néctar de froitas, para afastar os virus. 4. Un pun~ado de ruxidos fero- ces para escorrentalo. Receita antimedo:
  • 15. Gústache a arquitectura? Busca pola casa materiais como caixas de zapatos, anacos de tea e outros materiais reciclados e deixa que a túa creatividade se poña en marcha. Iso si, lembra que un bo arquitecto ou arquitecta primeiro deseña nun plano o que quere construír cos materiais que ten ao seu alcance.
  • 16. Tamén te podes converter en detective ou espía. Crea un código secreto para escribir mensaxes ocultas, inventa un símbolo para cada letra e, despois, escribe mensaxes con eles. Será alguén da túa familia capaz de descifralas?
  • 17. Divírtete a facer a dobraxe dun filme. Escolle unha escena do teu filme favorito e reprodúceo sen son, coa túa familia. Cadaquén pode escoller un personaxe. E lembra, se o diálogo é un pouco absurdo… será moito máis divertido!
  • 18. E agora pensa un pouco: despois de tantas semanas na casa, como che gustaría que fose o teu colexio ao volver? Pénsao ben e escríbelle unha carta á túa profe contándolle como sería “o cole dos teus soños”.
  • 19.
  • 20. Con este libro gratuíto intentamos seguir poñendo o noso gran de area para que estas semanas sexan máis levadeiras para os nenos e nenas mostrando que, aínda que non poidamos ir ao colexio, desde a casa podemos seguir a aprender facendo actividades lúdicas e divertidas. Porque aprender non ten que ser sinónimo de aburrimento. Amigos, seguro que pronto poderemos volver ao colexio!