SlideShare a Scribd company logo
1 of 38
Espazo radiofónico MeteoMuxía
Espazo radiofónico MeteoMuxía
Desde
RADIO BUSERANA
información meteorolóxica para a
FIN DE SEMANA
Un equipo formado por 12 alumnos, coordinados por Marga, realizan
o espazo radiofónico dos venres,
METEOMUXÍA
Fontes
http://www.meteogalicia.es
http://www.aemet.es
Nerea, controlando o son e Santi, ao micrófono
PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 7-8 DECEMBRO
MÚSICA INICIAL – OUTONO VIVALDI (30 s)
Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a
FIN DE SEMANA.
A partir de hoxe iniciamos un novo espazo radiofónico para os
venres, METEOMUXÍA.
Fálavos Santiago Negro e controlando o son está a miña
compañeira, Nerea Pazos.
MÚSICA INICIAL OUTONO VIVALDI (10 s)
Para mañá sábado espéranse intervalos de nubes baixas pero con tendencia a quedar o ceo
despexado, pola influencia anticiclónica.
Ollo coas temperaturas!!! Que descenden, tanto as mínimas como as máximas. Serán de 7 e 12
ºC.
O vento será moderado do nordés durante toda a xornada, acadando velocidades de 20km/h.
MÚSICA INICIAL OUTONO VIVALDI (10 s)
O domingo, seguiremos baixo influencia anticiclónica. Teremos ceos despexados durante todo
o día.
Lixeiro descenso das temperaturas. Mínima de 5 e máxima de 12ºC.
Soprará vento frouxo do sueste pola mañá e frouxo e variable o resto da xornada, acadando
velocidade de 15 km/h.
Pois xa sabedes, sol e frío para a fin de semana. Abrigádevos e, a gozar!!! E tamén a, estudar!!!
Despedimos a emisión coa canción “ Here comes the sun”, The Beatles.
Mauro, controlando o son e Andrés, ao micrófono
PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 14-15 DECEMBRO
MÚSICA INICIAL – OUTONO VIVALDI (30 s)
Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a
FIN DE SEMANA.
Con todos vós o espazo radiofónico dos venres,
METEOMUXÍA
Fálavos Andrés García e controlando o son, o meu compañeiro
Mauro Romaní.
MÚSICA INICIAL OUTONO VIVALDI (10 s)
Mañá sábado continuaremos baixo a influencia da borrasca.
Espéranse intervalos de ceos anubrados con chubascos.
As temperaturas en lixeiro descenso, oscilando entre 11 graos de mínima e 14 graos de máxima.
Os ventos soprarán con forza entre 6 e 7, do sudoeste pola mañá e do oeste pola tarde, acadando
velocidades de 40 km/h.
En canto ao estado marítimo haberá mar de fondo do oeste, con ondas de 5 a 7 metros.
Visibilidade regular.
MÚSICA INICIAL OUTONO VIVALDI (10 s)
O domingo teremos unha situación semellante, con ceos cubertos e chuvia durante toda a
xornada.
As temperaturas sen cambios importantes.
Os ventos soprarán do sudoeste con forza 6 a 7 pola mañá e 5 a 6 pola tarde, puidendo acadar
velocidades de 35 km/h.
Haberá mar de fondo do noroeste, con ondas de 6 a 7 metros. Visibilidade regular.
Pois xa sabedes, chubascos e ventos con refachos fortes para a fin de semana. Collede o
paraugas e o chuvasqueiro e, a gozar!!! Pero non saiades a pescar!!!
Despedimos a emisión coa canción “Y lloverá” de Siempre así.
Álex, controlando o son e Miguel, ao micrófono
PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 12- 13 XANEIRO
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (30 s)
Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a
FIN DE SEMANA.
Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA.
Fálavos Miguel Fernández e controlando o son, o meu compañeiro
Álex Algarín.
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s)
O sábado, o tempo virá marcado por unha borrasca que deixará en Muxía ceos anubrados, con
chuvascos ao longo do día.
O vento soprará do sudoeste pola mañá e do oeste pola tarde, con refachos que poden acadar
velocidades de 30 km/h.
Notaremos baixada das temperaturas que oscilarán entre 8ºC de mínima e 10 ºC de máxima.
En canto á predición marítima haberá forte marusía, mar de fondo do noroeste con ondas de 2 a
4 metros e a visibilidade será regular.
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s)
O domingo, teremos unha situación semellante, con ceos anubrados e precipitacións
intermitentes durante toda a xornada.
As temperaturas, cun lixeiro aumento das máximas ata 12ºC.
Os ventos soprarán de compoñente oeste pola mañá, virando a norte pola tarde, con forza de 5 a
7, e os refachos poderán acadar velocidades de 50 km/h.
En canto á predición marítima haberá forte marusía e mar de fondo do noroeste con ondas de 4 a
5 metros. A visibilidade será boa.
Despedímonos co refraneiro popular
En xaneiro, abrígate con dúas capas e un sombreiro e…
Se queres ter bo alleiro, pon o allo no xaneiro.
Despedimos a emisión coa canción “La lluvia” de María Villalón.
Alfonso, controlando o son e Irene, ao micrófono
PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 26 - 27 XANEIRO
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (30 s)
Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a
FIN DE SEMANA.
Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA.
Fálavos Irene Alcaina e controlando o son, o meu compañeiro
Alfonso Antelo.
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s)
O sábado, os ceos iranse anubrando ao longo da mañá, con precipitacións que comezarán ao
avanzar a tarde e serán xeneralizadas durante a noite.
As temperaturas ascenderán lixeiramente e oscilarán entre 10 ºC de mínima e 14 ºC de máxima.
O vento soprará do sudoeste e acadará forte intensidade na noite, con velocidades de 35 km/h.
En canto á predición marítima, soprará vento do sudoeste, forza 2 a 4 pola mañá e de 5 a 7
pola tarde; de maruxía a media vaga. Visibilidade de regular a mala. Mar de fondo do noroeste
con ondas de 3 a 4 metros pola mañá e de 2,5 a 3,5 metros pola tarde.
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s)
A xornada do domingo estará marcada pola influencia das baixas presións. Teremos ceos
cubertos, con precipitacións intermitentes.
As temperaturas en lixeiro descenso, 10ºC de mínima e 13ºC de máxima.
Os ventos soprarán moderados de compoñente oeste.
En canto á predición marítima soprará vento do oeste, forza 5 a 6 pola mañá e de 4 a 5 pola
tarde; forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste con ondas de 3 a 4 metros
pola mañá e de 6 a 7 metros pola tarde.
E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…
 Se chove e fai vento, é sinal de mal tempo.
 Berra o Coído, bois ao abrigo.
Despedimos a emisión coa canción, “Llueve” de Melendi.
Silvia, controlando o son e Diego, ao micrófono
PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 2 - 3 FEBREIRO
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (30 s)
Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE
SEMANA.
Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA.
Fálavos Diego Calvo, e controlando o son a miña compañeira, Silvia Blanco.
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s)
O sábado teremos que agardar intervalos anubrados con chuvascos, que irán desaparecendo ao
longo da xornada.
As temperaturas descenderán oscilando entre 8 ºC de mínima e 12 ºC de máxima.
Os ventos soprarán do norte, moderados, acadando velocidades de 30 km/h.
En canto á predición marítima, soprará vento do norte, forza 5 a 6 pola mañá e de 4 a 5 pola
tarde; forte maruxía. Visibilidade regular . Mar de fondo do noroeste con ondas de 3 a 4 metros.
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s)
Na xornada do domingo predominarán os ceos anubrados e poden caer algunas precipitacións
febles tipo orballo.
As temperaturas en lixeiro descenso, 6ºC de mínima e 13ºC de máxima.
Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, predominando a compoñente oeste.
En canto á predición marítima soprará vento de dirección variable, forza de 2 a 3; mar
ovellado. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste con ondas de 2 a 3 metros pola mañá e
de 1 a 2 metros pola tarde.
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s)
E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…
 Auga ao mediodía, auga para todo o día.
 Xaneiro quente, trae o demo no ventre.
Despedimos a emisión coa canción, “Ojalá que llueva café” de Juan Luís
Guerra.
Nerea, controlando o son e Santi, ao micrófono
PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 23-24 de febreiro
MÚSICA INICIAL – INVERNO VIVALDI (30 s)
Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE
SEMANA.
Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA.
Fálavos Santiago Negro e controlando o son está a miña compañeira, Nerea
Pazos.
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s)
Para mañá sábado espéranse ceos con nubes e claros.
Ollo coas temperaturas!!! Descenderán, tanto as mínimas como as máximas. Serán de 7 e 10
ºC, con sensación térmica de moito frío por mor dos ventos do nordés.
O vento soprará forte do nordés pola mañá virando a moderado pola tarde, acadando
velocidades de 40 km/h.
En canto á predición marítima, soprará vento do nordés, forza 4 a 6 pola mañá e de 4 a 5 pola
tarde; forte maruxía. Visibilidade boa . Mar de fondo do oeste con ondas de 3 a 5 metros pola
mañá e de 3 a 4 metros pola tarde.
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s)
O domingo, seguiremos baixo influencia das altas presións con ventos do norte que van aportar
nubes.
Novamente haberá descenso das temperaturas mínimas acadando 4ºC e as máximas manteranse
nos 10ºC.
Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte durante toda a xornada, acadando velocidades
de 25 km/h.
En canto á predición marítima, soprará vento de compoñente norte, forza 2 a 4 pola mañá e de
2 a 3 pola tarde; mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3
metros pola mañá e de 1.5 a 2.5 metros pola tarde.
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s)
E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…
 Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira.
Despedimos a emisión coa canción “ No importa que llueva” de Efecto Pasillo
Mauro, controlando o son e Andrés, ao micrófono
Rapport météorologique en
Français…
Coordinado por Xoán, profesor de Francés.
La méteo pour le wek-end
[Musique initiale (quelques secondes)]
[Je veux - Zaz]
Ici RADIO BUSERANA infométeo pour le prochain week-end
Avec vous aujourdh'hui comme chaque vendredi METEOMUXÍA
Au micro Andrés García et au son Mauro Romaní
[Oxygène 4 - Jean Michel Jarre]
Samedi nous nous allons voir le soleil à nouveau. Le ciel va être bleu
pendant toute la journée.
Les temperatures vont monter. La température minimale va être 10 º dégré
et la température maximale 14 º dégré.
Le vent va souffler du sud-est et va changer à l'Est.
En ce qui concerne la mer le vent soufflera du nord-est, force 4 à 5. Les
vagues vont osciller entre 1 et 2 mètres. Mer agitée.Visibilité régulière.
[Equinoxe 5 - Jean Michel Jarre]
Dimanche. Dans toute la journée le soleil va nous accompagner mais avec
des nuages qui ne vont pas cacher le soleil ni le matin ni l'après-midi. Le
soir nous allons voir aussi des nuages.
Les temperatures : 8º dégre et 16 º la maximale
Le vent soufflera du sud-est pendant toute la journée.
État de la mer. Le vent soufflera de l'est force 2 à 3 et 2 à 4 à partir de
l'après-midi. Mer moutoneuse. Lame de fond du nord et vagues de 0,5 à 1
mètre. Bonne visibilité.
[Voyage, voyage - Desireless]
Álex, controlando o son e Miguel, ao micrófono
PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 09 - 10 de marzo
MÚSICA INICIAL – INVERNO VIVALDI (30 s)
Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE
SEMANA.
Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA.
Fálavos Miguel Fernández e controlando o son está o meu compañeiro, Álex
Algarín.
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s)
O sábado continuaremos baixo a presenza de baixas presións. Os ceos estarán anubrados e
haberá chuvias durante toda a xornada.
Temperaturas en lixeiro descenso, oscilando entre 11 ºC de mínima e 14ºC de máxima.
O vento soprará forte do sudoeste pola mañá virando a sur pola noite.
En canto á predición marítima, soprará vento do sudoeste, forza 6 a 7 pola mañá e de 5 a 6
pola tarde; de media vaga a forte maruxía. Visibilidade mala . Mar de fondo do oeste con ondas
de 3 a 5 metros pola mañá e de 5 a 6 metros pola tarde.
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s)
O domingo, seguiremos baixo influencia da borrasca. Agárdanse ceos anubrados con
precipitacións durante toda a xornada.
As temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro descenso.
Os ventos soprarán moderados do sudoeste.
En canto á predición marítima, soprará vento do sudoeste, forza 6 a 7; media vaga.
Visibilidade de regular a mala. Mar de fondo do oeste, con ondas de 4 a 5 metros pola mañá e
de 3 a 4 metros pola tarde.
MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s)
E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…
 Ceo empedrado, chuvia de contado.
Despedimos a emisión coa canción “ Parte Meteorológico” de Joaquín Sabina
Ismael, controlando o son e Amanda, ao micrófono
PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 16 - 17 de marzo
MÚSICA INICIAL – INVERNO VIVALDI (40 s)
Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE
SEMANA.
Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA.
Fálavos Amanda Vela e controlando o son está o meu compañeiro, Ismael
Castiñeira.
MÚSICA INVERNO VIVALDI (15 s)
O sábado continuaremos baixo a presenza de baixas presións. Os ceos estarán anubrados e
haberá precipitacións importantes durante toda a xornada.
Temperatura mínima en ascenso chegando aos 9ºC e a máxima será de 11ºC.
O vento soprará forte do sur pola mañá virando a feble e de compoñente norte pola noite.
En canto á predición marítima, soprará vento do sudoeste, forza 6 a 7 ; media vaga.
Visibilidade mala . Mar de fondo do noroeste con ondas de 1,5 a 2,5 metros pola mañá e de 2,5
a 3,5 metros pola tarde.
MÚSICA INVERNO VIVALDI (15 s)
O domingo, agárdanse ceos anubrados con chuvascos intermitentes, e a medida que avance o
día as chuvias irán desaparecendo. Xa na madrugada do luns voltarán os chuvascos.
As temperaturas sen cambios significativos, oscilando entre 8ºC de mínima e 12ºC de máxima.
Os ventos soprarán febles do nordés, virando a norte a partir da tarde.
En canto á predición marítima, soprará vento do norte, forza 4 a 5; forte marusía. Visibilidade
regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros pola mañá e de 2,5 a 3,5 metros
pola tarde.
MÚSICA INVERNO VIVALDI (15 s)
E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…
 Ceo empedrado, chan mollado
Despedimos a emisión coa canción “ Llueve “ de Lorna
Silvia, controlando o son e Diego, ao micrófono
PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 23 - 24 de marzo
MÚSICA INICIAL – PRIMAVERA VIVALDI (40 s)
Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE
SEMANA.
Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA.
Fálavos Diego Calvo e controlando o son está a miña compañeira, Silvia
Blanco.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
O sábado continuaremos baixo a presenza dunha borrasca. Os ceos estarán cubertos con
chuvascos xeneralizados e poderán vir acompañados de aparato eléctrico.
Temperaturas mínimas en lixeiro descenso chegando aos 8ºC e as máximas, sen cambios
significativos, serán de 13º C.
Os ventos soprarán moderados, do sudoeste.
En canto á predición marítima, soprará vento sur pola mañá, sudoeste pola tarde, forza 4 a 6
pola mañá e de 5 a 6 pola tarde ; forte marusía. Visibilidade regular . Mar de fondo do oeste con
ondas de 3 a 4 metros.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
O domingo, agárdanse ceos anubrados con chuvascos ao longo de toda a xornada.
As temperaturas en lixeiro aumento, oscilando entre 10ºC de mínima e 14ºC de máxima.
O vento soprará do oeste feble, virando a sudoeste moderado, a partir da tarde.
En canto á predición marítima, vento oeste pola mañá, sudoeste pola tarde, forza 4 a 5; forte
marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3 a 4 metros de altura.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…
 Nunca choveu que non escampase
Despedimos a emisión coa canción “ Llueve por dentro “ de Luís Fonsi
Alfonso, controlando o son e Miguel, ao micrófono
PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 6 - 7 de abril
MÚSICA INICIAL – PRIMAVERA VIVALDI (40 s)
Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE
SEMANA.
Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA.
Fálavos Miguel Fernández e controlando o son está o meu compañeiro,
Alfonso Antelo.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
O sábado estaremos baixo influencia anticiclónica transitoria. Os ceos estarán parcialmente
cubertos.
Seguirá habendo frío; as temperaturas oscilarán entre 6ºC de mínima e 13ºC de máxima.
Os ventos soprarán febles, de compoñente norte pola mañá virando a noroeste pola tarde e a sur
pola noite.
En canto á predición marítima, soprará vento norte pola mañá, noroeste pola tarde, forza 3 a 4
pola mañá a 2 a 3 pola tarde; de marusía a mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do
norte, con ondas de 1 a 2 metros.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
O domingo, agárdanse ceos cubertos con chuvia persistente durante toda a xornada.
As temperaturas mínimas, en moderado aumento, serán de 9ºC e haberá 13ºC de máxima.
O vento soprará de compoñente sur, moderado, rolando a oeste pola tarde.
En canto á predición marítima, soprará vento do noroeste, forza 6 a 8 pola mañá a 5 a 6 pola
tarde; de vaga a forte marusía. Visibilidade de mala a regular. Mar de fondo do noroeste, con
ondas de 0.5 a 1.5 metros.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…
 Gaivotas en terra, mariñeiros á merda.
Despedimos a emisión coa canción “ La primavera” de Estopa.
Álex, controlando o son e Miguel, ao micrófono
PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 20 - 21 de abril
MÚSICA INICIAL – PRIMAVERA VIVALDI (40 s)
Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE
SEMANA.
Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA.
Fálavos Miguel Fernández e controlando o son está o meu compañeiro, Álex
Algarín.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
O sábado estaremos baixo influencia anticiclónica. Os ceos estarán despexados.
A temperatura mínima será de 8ºC e a máxima que experimentará un ascenso moderado, será de
18ºC.
Os ventos soprarán moderados e do nordés, pola mañá, virando a leste pola noite.
En canto á predición marítima, soprará vento leste pola mañá, nordés pola tarde, forza 5 a 6 ;
forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros pola mañá
e de 0,5 a 1,5 metros pola tarde.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
O domingo, tamén se agardan ceos despexados durante toda a xornada.
As temperaturas sen cambios, 8ºC de mínima e 18ºC de máxima.
O vento soprará de compoñente leste, feble, rolando a moderado, do nordés, pola tarde.
En canto á predición marítima, soprará vento do nordés, forza 4 a 5 pola mañá a 5 a 6 pola
tarde; de forte marusía a media vaga. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de
0,5 a 1,5 metros pola mañá e de 1 a 2 metros pola tarde.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…
 Cando oias o cuco cantar, colle o teu fol e vai sementar.
Despedimos a emisión coa canción “ Hasta que salga el sol” de Don Omar.
Diego, controlando o son e Silvia, ao micrófono
WEATHER FORECAST
Weather forecast for the weekend of the 27th & 28th April 2013.
Initial music – Spring by Vivaldi.
From Radio Buserana, the weather forecast for the weekend.
With all of you the radio programme on Fridays, Meteomuxía.
Silvia Blanco speaking and Diego Calvo controlling the sound.
Music – Spring by Vivaldi.
On Saturday we will be under the influence of cold air in the high layers of the
atmosphere that will cause instability. The sky will be cloudy and there will be
moderate rain.
The temperatures will drop, the minimum will be 8 º C ( eight degrees centigrade) and
the maximum will be 13º C ( thirteen degrees centigrade).
The wind will blow strongly from the north.
About the sea forecast it can be said that the wind will blow from the north with a
strength of 5 to 6 in the morning and 5 to 7 in the afternoon; from slight sea to rough
sea. There will be regular visibility and swell from the northeast, with waves of two or
three metres in the morning and of 2.5 to 3.5 metres in the afternoon.
Music – Spring by Vivaldi.
On Sunday we will continue with instability in the atmosphere.
The temperatures will not suffer any change, 8ºC (eight degrees centigrade) as
minimum and 13ºC (thirteen degrees centigrade) as maximum.
The wind will blow moderately from the north.
As for the sea forecast, the wind will blow from the north, with a strength of 5 to 6, with
slight sea. The visibility will be regular. Swell from the north, with waves of 2.5 to 3.5
metres.
Music – Spring by Vivaldi.
And now an English idiom compiled by the students:
It’s raining cats and dogs.
We farewell the broadcast with the song The Flood by the British group Take That.
Nerea, controlando o son e Santi, ao micrófono
PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 04 - 05 de maio
MÚSICA INICIAL – PRIMAVERA VIVALDI (40 s)
Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE
SEMANA.
Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA.
Fálavos Santi Negro e controlando o son está a miña compañeira, Nerea Pazos.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
O sábado estaremos baixo influencia anticiclónica, con ceos pouco anubrados ou despexados.
As temperaturas oscilarán entre 8ºC de mínima e 19ºC de máxima.
Os ventos soprarán febles do noroeste, virando a sueste pola noite.
En canto á predición marítima, soprará vento nordés, forza 2 a 4 pola mañá a 2 a 3 pola tarde;
de marusía a mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1
metros.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
O domingo, seguiremos con influencia anticiclónica.
As temperaturas en ascenso, serán de 9ºC a mínima e de 21 ºC a máxima.
O vento soprará feble de compoñente sudoeste, e haberá vento de dirección variable a partir da
tarde.
En canto á predición marítima, soprará vento variable, forza 2 a 3; mar ovellado. Visibilidade
boa. Mar de fondo do norte pola mañá e do noroeste pola tarde, con ondas de 0.5 a 1 metros.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…
En maio, aínda a vella queima o tallo.
Despedimos a emisión coa canción “ Llegó la primavera, de Dani Flaco”
Irene, controlando o son e Damián, ao micrófono
La méteo pour le wek-end
[Musique initiale Vivaldi (quelques secondes)]
Ici RADIO BUSERANA infométeo pour le prochain week-end
Avec vous aujourd’hui comme chaque vendredi METEOMUXÍA.
Au son Irene Alcaina et au micro Damián García.
[Printemps VIVALDI (15 secondes)]
Samedi va prédominer des intervalles nuageux pendant toute la
journée.
Les températures vont osciller entre 9º degrés la minimale et 16 º
degré la température maximale.
Le vent va souffler du nord-ouest et va changer à nord modéré
l'après -midi.
En ce qui concerne la mer le vent soufflera du nord, force 2 à 4 le
matin et de 3 à 5 l'après-midi. Houle légère et houle. Les vagues
vont osciller entre 1 et 2 mètres le matin et 1,5 à 2,5 l'après-midi.
Lame de fond du nord-ouest.Visibilité bonne.
[Printemps VIVALDI (15 secondes)]
Dimanche. On va continuer avec cette situation anticyclonique. Ciel
nuageux le matin et dégagé l'après-midi.
La température : 9º degré et une légère montée jusqu'à 18 º la
maximale.
Le vent soufflera du nord-est changeant à nord l'après-midi pendant
toute la journée.
État de la mer. Le vent soufflera du nord force 2 à 4 le matin et 4 à 5
à partir de l'après-midi. Mer peu agitée et agitée. Lame de fond du
nord-est et vagues de 1,5 à 2,5 mètres. Bonne visibilité.
Et maintenant..., proverbe populaire des étudiants
« Ils peuvent tuer toutes les hirondelles, ils n'empêcheront pas la
venue du printemps »
Et on vous dit à bientôt avec la chanson de Georges Moustaki
« Il y avait un jardin »
Mauro, controlando o son e Amanda, ao micrófono
PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 01 - 02 de xuño
MÚSICA INICIAL – PRIMAVERA VIVALDI (40 s)
Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE
SEMANA.
Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA.
Fálavos Amanda Vela e controlando o son está o meu compañeiro, Mauro
Romaní.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
O sábado estaremos baixo influencia das altas presións. Os ceos presentarán alternancia de
nubes e claros.
Aumento das temperaturas que oscilarán entre 11ºC de mínima e 18ºC de máxima.
Os ventos soprarán moderados do nordés.
En canto á predición marítima, vento nordés, forza 3 a 4 pola mañá a 4 a 5 pola tarde; de
marusía a forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5
metros.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
O domingo, haberá estabilidade atmosférica con ceos despexados.
As temperaturas sen cambios, entre 11º C de mínima e 18º C de máxima.
O vento soprará moderado do nordés.
En canto á predición marítima, vento nordés, forza 4 a 5 pola mañá a 5 a 7 pola tarde; de forte
marusía a media vaga. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5
metros.
MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s)
E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…
Auga de maio non fai dano.
O equipo de radio Buserana formado por Álex, Alfonso, Andrés, Diego, Irene,
Ismael, Mauro, Miguel, Nerea, Santi, Silvia e a que vos fala, Amanda,
despedímonos de todos vós. Hoxe remata o noso espazo radiofónico MeteoMuxía.
Moitas grazas a todos por escoitarnos e seguirnos nesta experiencia
meteorolóxica!!!
Deixámosvos coa canción “ Un rayo de sol, de Los Diablos”.
Moitas grazas por escoitarnos e compartir
con nós esta experiencia meteorolóxica

More Related Content

Viewers also liked

Clase previa exemplos
Clase previa   exemplosClase previa   exemplos
Clase previa exemplosMarga Bio
 
Weather idioms
Weather idiomsWeather idioms
Weather idiomsMarga Bio
 
Medindo a velocidade do vento
Medindo a velocidade do ventoMedindo a velocidade do vento
Medindo a velocidade do ventoMarga Bio
 
Storms andrea silvia carina
Storms andrea silvia carinaStorms andrea silvia carina
Storms andrea silvia carinaMarga Bio
 
Aparatos circulatorio e excretor
Aparatos circulatorio e excretorAparatos circulatorio e excretor
Aparatos circulatorio e excretorMarga Bio
 
Os alumnos de 1º eso realizan experimentos para
Os alumnos de 1º  eso realizan experimentos paraOs alumnos de 1º  eso realizan experimentos para
Os alumnos de 1º eso realizan experimentos paraMarga Bio
 
The water pollution_diego_ diego - dario_injles2 (2)
The water pollution_diego_ diego - dario_injles2 (2)The water pollution_diego_ diego - dario_injles2 (2)
The water pollution_diego_ diego - dario_injles2 (2)Marga Bio
 
Incorporación datos meteo muxía
Incorporación datos meteo muxíaIncorporación datos meteo muxía
Incorporación datos meteo muxíaMarga Bio
 
E no cine tamén chove!
E no cine tamén chove!E no cine tamén chove!
E no cine tamén chove!Marga Bio
 
Práctica laboratorio medicións
Práctica laboratorio mediciónsPráctica laboratorio medicións
Práctica laboratorio mediciónsMarga Bio
 

Viewers also liked (11)

Clase previa exemplos
Clase previa   exemplosClase previa   exemplos
Clase previa exemplos
 
Weather idioms
Weather idiomsWeather idioms
Weather idioms
 
Medindo a velocidade do vento
Medindo a velocidade do ventoMedindo a velocidade do vento
Medindo a velocidade do vento
 
Exposición
ExposiciónExposición
Exposición
 
Storms andrea silvia carina
Storms andrea silvia carinaStorms andrea silvia carina
Storms andrea silvia carina
 
Aparatos circulatorio e excretor
Aparatos circulatorio e excretorAparatos circulatorio e excretor
Aparatos circulatorio e excretor
 
Os alumnos de 1º eso realizan experimentos para
Os alumnos de 1º  eso realizan experimentos paraOs alumnos de 1º  eso realizan experimentos para
Os alumnos de 1º eso realizan experimentos para
 
The water pollution_diego_ diego - dario_injles2 (2)
The water pollution_diego_ diego - dario_injles2 (2)The water pollution_diego_ diego - dario_injles2 (2)
The water pollution_diego_ diego - dario_injles2 (2)
 
Incorporación datos meteo muxía
Incorporación datos meteo muxíaIncorporación datos meteo muxía
Incorporación datos meteo muxía
 
E no cine tamén chove!
E no cine tamén chove!E no cine tamén chove!
E no cine tamén chove!
 
Práctica laboratorio medicións
Práctica laboratorio mediciónsPráctica laboratorio medicións
Práctica laboratorio medicións
 

More from Marga Bio

Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Marga Bio
 
Meteocarlaeloy
MeteocarlaeloyMeteocarlaeloy
MeteocarlaeloyMarga Bio
 
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía   alumnadoAvaliación do proxecto meteomuxía   alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnadoMarga Bio
 
Avaliación do proxecto meteomuxía profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía   profesoradoAvaliación do proxecto meteomuxía   profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía profesoradoMarga Bio
 
Estudo estatístico
Estudo estatísticoEstudo estatístico
Estudo estatísticoMarga Bio
 
Os volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no climaOs volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no climaMarga Bio
 
Reglemeteojeucool
ReglemeteojeucoolReglemeteojeucool
ReglemeteojeucoolMarga Bio
 
Marcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica BiometeoroloxíaMarcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica BiometeoroloxíaMarga Bio
 
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loidaBiometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loidaMarga Bio
 
O secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxíaO secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxíaMarga Bio
 
Presión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º esoPresión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º esoMarga Bio
 
Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)Marga Bio
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Marga Bio
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Marga Bio
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Marga Bio
 

More from Marga Bio (20)

Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)Atapuerca(jose e anxo)
Atapuerca(jose e anxo)
 
Meteocarlaeloy
MeteocarlaeloyMeteocarlaeloy
Meteocarlaeloy
 
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía   alumnadoAvaliación do proxecto meteomuxía   alumnado
Avaliación do proxecto meteomuxía alumnado
 
Avaliación do proxecto meteomuxía profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía   profesoradoAvaliación do proxecto meteomuxía   profesorado
Avaliación do proxecto meteomuxía profesorado
 
Análise
AnáliseAnálise
Análise
 
Estudo estatístico
Estudo estatísticoEstudo estatístico
Estudo estatístico
 
Os volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no climaOs volcáns e a súa influencia no clima
Os volcáns e a súa influencia no clima
 
Reglemeteojeucool
ReglemeteojeucoolReglemeteojeucool
Reglemeteojeucool
 
Marcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica BiometeoroloxíaMarcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
Marcelino Claudia Mónica Biometeoroloxía
 
Tornados
TornadosTornados
Tornados
 
Pre tem
Pre temPre tem
Pre tem
 
Pre humi
Pre humiPre humi
Pre humi
 
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loidaBiometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
Biometeoroloxía sandra noelia jenifer loida
 
O secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxíaO secadoiro de congro de muxía
O secadoiro de congro de muxía
 
Presión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º esoPresión atmosférica 1º eso
Presión atmosférica 1º eso
 
Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)Concurso de fotografía a3 (1)
Concurso de fotografía a3 (1)
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014
 
Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014Visitemart6dec2014
Visitemart6dec2014
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Ficha meteo
Ficha meteoFicha meteo
Ficha meteo
 

Programa radio meteo muxía

  • 2. Espazo radiofónico MeteoMuxía Desde RADIO BUSERANA información meteorolóxica para a FIN DE SEMANA Un equipo formado por 12 alumnos, coordinados por Marga, realizan o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA Fontes http://www.meteogalicia.es http://www.aemet.es
  • 3. Nerea, controlando o son e Santi, ao micrófono
  • 4. PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 7-8 DECEMBRO MÚSICA INICIAL – OUTONO VIVALDI (30 s) Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE SEMANA. A partir de hoxe iniciamos un novo espazo radiofónico para os venres, METEOMUXÍA. Fálavos Santiago Negro e controlando o son está a miña compañeira, Nerea Pazos. MÚSICA INICIAL OUTONO VIVALDI (10 s) Para mañá sábado espéranse intervalos de nubes baixas pero con tendencia a quedar o ceo despexado, pola influencia anticiclónica. Ollo coas temperaturas!!! Que descenden, tanto as mínimas como as máximas. Serán de 7 e 12 ºC. O vento será moderado do nordés durante toda a xornada, acadando velocidades de 20km/h. MÚSICA INICIAL OUTONO VIVALDI (10 s) O domingo, seguiremos baixo influencia anticiclónica. Teremos ceos despexados durante todo o día. Lixeiro descenso das temperaturas. Mínima de 5 e máxima de 12ºC. Soprará vento frouxo do sueste pola mañá e frouxo e variable o resto da xornada, acadando velocidade de 15 km/h. Pois xa sabedes, sol e frío para a fin de semana. Abrigádevos e, a gozar!!! E tamén a, estudar!!! Despedimos a emisión coa canción “ Here comes the sun”, The Beatles.
  • 5. Mauro, controlando o son e Andrés, ao micrófono
  • 6. PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 14-15 DECEMBRO MÚSICA INICIAL – OUTONO VIVALDI (30 s) Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE SEMANA. Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA Fálavos Andrés García e controlando o son, o meu compañeiro Mauro Romaní. MÚSICA INICIAL OUTONO VIVALDI (10 s) Mañá sábado continuaremos baixo a influencia da borrasca. Espéranse intervalos de ceos anubrados con chubascos. As temperaturas en lixeiro descenso, oscilando entre 11 graos de mínima e 14 graos de máxima. Os ventos soprarán con forza entre 6 e 7, do sudoeste pola mañá e do oeste pola tarde, acadando velocidades de 40 km/h. En canto ao estado marítimo haberá mar de fondo do oeste, con ondas de 5 a 7 metros. Visibilidade regular. MÚSICA INICIAL OUTONO VIVALDI (10 s) O domingo teremos unha situación semellante, con ceos cubertos e chuvia durante toda a xornada. As temperaturas sen cambios importantes. Os ventos soprarán do sudoeste con forza 6 a 7 pola mañá e 5 a 6 pola tarde, puidendo acadar velocidades de 35 km/h. Haberá mar de fondo do noroeste, con ondas de 6 a 7 metros. Visibilidade regular. Pois xa sabedes, chubascos e ventos con refachos fortes para a fin de semana. Collede o paraugas e o chuvasqueiro e, a gozar!!! Pero non saiades a pescar!!! Despedimos a emisión coa canción “Y lloverá” de Siempre así.
  • 7. Álex, controlando o son e Miguel, ao micrófono
  • 8. PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 12- 13 XANEIRO MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (30 s) Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE SEMANA. Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA. Fálavos Miguel Fernández e controlando o son, o meu compañeiro Álex Algarín. MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s) O sábado, o tempo virá marcado por unha borrasca que deixará en Muxía ceos anubrados, con chuvascos ao longo do día. O vento soprará do sudoeste pola mañá e do oeste pola tarde, con refachos que poden acadar velocidades de 30 km/h. Notaremos baixada das temperaturas que oscilarán entre 8ºC de mínima e 10 ºC de máxima. En canto á predición marítima haberá forte marusía, mar de fondo do noroeste con ondas de 2 a 4 metros e a visibilidade será regular. MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s) O domingo, teremos unha situación semellante, con ceos anubrados e precipitacións intermitentes durante toda a xornada. As temperaturas, cun lixeiro aumento das máximas ata 12ºC. Os ventos soprarán de compoñente oeste pola mañá, virando a norte pola tarde, con forza de 5 a 7, e os refachos poderán acadar velocidades de 50 km/h. En canto á predición marítima haberá forte marusía e mar de fondo do noroeste con ondas de 4 a 5 metros. A visibilidade será boa. Despedímonos co refraneiro popular En xaneiro, abrígate con dúas capas e un sombreiro e… Se queres ter bo alleiro, pon o allo no xaneiro. Despedimos a emisión coa canción “La lluvia” de María Villalón.
  • 9. Alfonso, controlando o son e Irene, ao micrófono
  • 10. PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 26 - 27 XANEIRO MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (30 s) Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE SEMANA. Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA. Fálavos Irene Alcaina e controlando o son, o meu compañeiro Alfonso Antelo. MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s) O sábado, os ceos iranse anubrando ao longo da mañá, con precipitacións que comezarán ao avanzar a tarde e serán xeneralizadas durante a noite. As temperaturas ascenderán lixeiramente e oscilarán entre 10 ºC de mínima e 14 ºC de máxima. O vento soprará do sudoeste e acadará forte intensidade na noite, con velocidades de 35 km/h. En canto á predición marítima, soprará vento do sudoeste, forza 2 a 4 pola mañá e de 5 a 7 pola tarde; de maruxía a media vaga. Visibilidade de regular a mala. Mar de fondo do noroeste con ondas de 3 a 4 metros pola mañá e de 2,5 a 3,5 metros pola tarde. MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s) A xornada do domingo estará marcada pola influencia das baixas presións. Teremos ceos cubertos, con precipitacións intermitentes. As temperaturas en lixeiro descenso, 10ºC de mínima e 13ºC de máxima. Os ventos soprarán moderados de compoñente oeste. En canto á predición marítima soprará vento do oeste, forza 5 a 6 pola mañá e de 4 a 5 pola tarde; forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste con ondas de 3 a 4 metros pola mañá e de 6 a 7 metros pola tarde. E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…  Se chove e fai vento, é sinal de mal tempo.  Berra o Coído, bois ao abrigo. Despedimos a emisión coa canción, “Llueve” de Melendi.
  • 11. Silvia, controlando o son e Diego, ao micrófono
  • 12. PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 2 - 3 FEBREIRO MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (30 s) Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE SEMANA. Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA. Fálavos Diego Calvo, e controlando o son a miña compañeira, Silvia Blanco. MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s) O sábado teremos que agardar intervalos anubrados con chuvascos, que irán desaparecendo ao longo da xornada. As temperaturas descenderán oscilando entre 8 ºC de mínima e 12 ºC de máxima. Os ventos soprarán do norte, moderados, acadando velocidades de 30 km/h. En canto á predición marítima, soprará vento do norte, forza 5 a 6 pola mañá e de 4 a 5 pola tarde; forte maruxía. Visibilidade regular . Mar de fondo do noroeste con ondas de 3 a 4 metros. MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s) Na xornada do domingo predominarán os ceos anubrados e poden caer algunas precipitacións febles tipo orballo. As temperaturas en lixeiro descenso, 6ºC de mínima e 13ºC de máxima. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, predominando a compoñente oeste. En canto á predición marítima soprará vento de dirección variable, forza de 2 a 3; mar ovellado. Visibilidade mala. Mar de fondo do noroeste con ondas de 2 a 3 metros pola mañá e de 1 a 2 metros pola tarde. MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s) E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…  Auga ao mediodía, auga para todo o día.  Xaneiro quente, trae o demo no ventre. Despedimos a emisión coa canción, “Ojalá que llueva café” de Juan Luís Guerra.
  • 13. Nerea, controlando o son e Santi, ao micrófono
  • 14. PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 23-24 de febreiro MÚSICA INICIAL – INVERNO VIVALDI (30 s) Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE SEMANA. Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA. Fálavos Santiago Negro e controlando o son está a miña compañeira, Nerea Pazos. MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s) Para mañá sábado espéranse ceos con nubes e claros. Ollo coas temperaturas!!! Descenderán, tanto as mínimas como as máximas. Serán de 7 e 10 ºC, con sensación térmica de moito frío por mor dos ventos do nordés. O vento soprará forte do nordés pola mañá virando a moderado pola tarde, acadando velocidades de 40 km/h. En canto á predición marítima, soprará vento do nordés, forza 4 a 6 pola mañá e de 4 a 5 pola tarde; forte maruxía. Visibilidade boa . Mar de fondo do oeste con ondas de 3 a 5 metros pola mañá e de 3 a 4 metros pola tarde. MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s) O domingo, seguiremos baixo influencia das altas presións con ventos do norte que van aportar nubes. Novamente haberá descenso das temperaturas mínimas acadando 4ºC e as máximas manteranse nos 10ºC. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte durante toda a xornada, acadando velocidades de 25 km/h. En canto á predición marítima, soprará vento de compoñente norte, forza 2 a 4 pola mañá e de 2 a 3 pola tarde; mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros pola mañá e de 1.5 a 2.5 metros pola tarde. MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s) E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…  Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira. Despedimos a emisión coa canción “ No importa que llueva” de Efecto Pasillo
  • 15. Mauro, controlando o son e Andrés, ao micrófono
  • 16. Rapport météorologique en Français… Coordinado por Xoán, profesor de Francés.
  • 17. La méteo pour le wek-end [Musique initiale (quelques secondes)] [Je veux - Zaz] Ici RADIO BUSERANA infométeo pour le prochain week-end Avec vous aujourdh'hui comme chaque vendredi METEOMUXÍA Au micro Andrés García et au son Mauro Romaní [Oxygène 4 - Jean Michel Jarre] Samedi nous nous allons voir le soleil à nouveau. Le ciel va être bleu pendant toute la journée. Les temperatures vont monter. La température minimale va être 10 º dégré et la température maximale 14 º dégré. Le vent va souffler du sud-est et va changer à l'Est. En ce qui concerne la mer le vent soufflera du nord-est, force 4 à 5. Les vagues vont osciller entre 1 et 2 mètres. Mer agitée.Visibilité régulière. [Equinoxe 5 - Jean Michel Jarre] Dimanche. Dans toute la journée le soleil va nous accompagner mais avec des nuages qui ne vont pas cacher le soleil ni le matin ni l'après-midi. Le soir nous allons voir aussi des nuages. Les temperatures : 8º dégre et 16 º la maximale Le vent soufflera du sud-est pendant toute la journée. État de la mer. Le vent soufflera de l'est force 2 à 3 et 2 à 4 à partir de l'après-midi. Mer moutoneuse. Lame de fond du nord et vagues de 0,5 à 1 mètre. Bonne visibilité. [Voyage, voyage - Desireless]
  • 18. Álex, controlando o son e Miguel, ao micrófono
  • 19. PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 09 - 10 de marzo MÚSICA INICIAL – INVERNO VIVALDI (30 s) Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE SEMANA. Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA. Fálavos Miguel Fernández e controlando o son está o meu compañeiro, Álex Algarín. MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s) O sábado continuaremos baixo a presenza de baixas presións. Os ceos estarán anubrados e haberá chuvias durante toda a xornada. Temperaturas en lixeiro descenso, oscilando entre 11 ºC de mínima e 14ºC de máxima. O vento soprará forte do sudoeste pola mañá virando a sur pola noite. En canto á predición marítima, soprará vento do sudoeste, forza 6 a 7 pola mañá e de 5 a 6 pola tarde; de media vaga a forte maruxía. Visibilidade mala . Mar de fondo do oeste con ondas de 3 a 5 metros pola mañá e de 5 a 6 metros pola tarde. MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s) O domingo, seguiremos baixo influencia da borrasca. Agárdanse ceos anubrados con precipitacións durante toda a xornada. As temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro descenso. Os ventos soprarán moderados do sudoeste. En canto á predición marítima, soprará vento do sudoeste, forza 6 a 7; media vaga. Visibilidade de regular a mala. Mar de fondo do oeste, con ondas de 4 a 5 metros pola mañá e de 3 a 4 metros pola tarde. MÚSICA INICIAL INVERNO VIVALDI (10 s) E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…  Ceo empedrado, chuvia de contado. Despedimos a emisión coa canción “ Parte Meteorológico” de Joaquín Sabina
  • 20. Ismael, controlando o son e Amanda, ao micrófono
  • 21. PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 16 - 17 de marzo MÚSICA INICIAL – INVERNO VIVALDI (40 s) Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE SEMANA. Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA. Fálavos Amanda Vela e controlando o son está o meu compañeiro, Ismael Castiñeira. MÚSICA INVERNO VIVALDI (15 s) O sábado continuaremos baixo a presenza de baixas presións. Os ceos estarán anubrados e haberá precipitacións importantes durante toda a xornada. Temperatura mínima en ascenso chegando aos 9ºC e a máxima será de 11ºC. O vento soprará forte do sur pola mañá virando a feble e de compoñente norte pola noite. En canto á predición marítima, soprará vento do sudoeste, forza 6 a 7 ; media vaga. Visibilidade mala . Mar de fondo do noroeste con ondas de 1,5 a 2,5 metros pola mañá e de 2,5 a 3,5 metros pola tarde. MÚSICA INVERNO VIVALDI (15 s) O domingo, agárdanse ceos anubrados con chuvascos intermitentes, e a medida que avance o día as chuvias irán desaparecendo. Xa na madrugada do luns voltarán os chuvascos. As temperaturas sen cambios significativos, oscilando entre 8ºC de mínima e 12ºC de máxima. Os ventos soprarán febles do nordés, virando a norte a partir da tarde. En canto á predición marítima, soprará vento do norte, forza 4 a 5; forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros pola mañá e de 2,5 a 3,5 metros pola tarde. MÚSICA INVERNO VIVALDI (15 s) E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…  Ceo empedrado, chan mollado Despedimos a emisión coa canción “ Llueve “ de Lorna
  • 22. Silvia, controlando o son e Diego, ao micrófono
  • 23. PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 23 - 24 de marzo MÚSICA INICIAL – PRIMAVERA VIVALDI (40 s) Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE SEMANA. Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA. Fálavos Diego Calvo e controlando o son está a miña compañeira, Silvia Blanco. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) O sábado continuaremos baixo a presenza dunha borrasca. Os ceos estarán cubertos con chuvascos xeneralizados e poderán vir acompañados de aparato eléctrico. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso chegando aos 8ºC e as máximas, sen cambios significativos, serán de 13º C. Os ventos soprarán moderados, do sudoeste. En canto á predición marítima, soprará vento sur pola mañá, sudoeste pola tarde, forza 4 a 6 pola mañá e de 5 a 6 pola tarde ; forte marusía. Visibilidade regular . Mar de fondo do oeste con ondas de 3 a 4 metros. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) O domingo, agárdanse ceos anubrados con chuvascos ao longo de toda a xornada. As temperaturas en lixeiro aumento, oscilando entre 10ºC de mínima e 14ºC de máxima. O vento soprará do oeste feble, virando a sudoeste moderado, a partir da tarde. En canto á predición marítima, vento oeste pola mañá, sudoeste pola tarde, forza 4 a 5; forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 3 a 4 metros de altura. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…  Nunca choveu que non escampase Despedimos a emisión coa canción “ Llueve por dentro “ de Luís Fonsi
  • 24. Alfonso, controlando o son e Miguel, ao micrófono
  • 25. PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 6 - 7 de abril MÚSICA INICIAL – PRIMAVERA VIVALDI (40 s) Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE SEMANA. Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA. Fálavos Miguel Fernández e controlando o son está o meu compañeiro, Alfonso Antelo. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) O sábado estaremos baixo influencia anticiclónica transitoria. Os ceos estarán parcialmente cubertos. Seguirá habendo frío; as temperaturas oscilarán entre 6ºC de mínima e 13ºC de máxima. Os ventos soprarán febles, de compoñente norte pola mañá virando a noroeste pola tarde e a sur pola noite. En canto á predición marítima, soprará vento norte pola mañá, noroeste pola tarde, forza 3 a 4 pola mañá a 2 a 3 pola tarde; de marusía a mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do norte, con ondas de 1 a 2 metros. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) O domingo, agárdanse ceos cubertos con chuvia persistente durante toda a xornada. As temperaturas mínimas, en moderado aumento, serán de 9ºC e haberá 13ºC de máxima. O vento soprará de compoñente sur, moderado, rolando a oeste pola tarde. En canto á predición marítima, soprará vento do noroeste, forza 6 a 8 pola mañá a 5 a 6 pola tarde; de vaga a forte marusía. Visibilidade de mala a regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…  Gaivotas en terra, mariñeiros á merda. Despedimos a emisión coa canción “ La primavera” de Estopa.
  • 26. Álex, controlando o son e Miguel, ao micrófono
  • 27. PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 20 - 21 de abril MÚSICA INICIAL – PRIMAVERA VIVALDI (40 s) Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE SEMANA. Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA. Fálavos Miguel Fernández e controlando o son está o meu compañeiro, Álex Algarín. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) O sábado estaremos baixo influencia anticiclónica. Os ceos estarán despexados. A temperatura mínima será de 8ºC e a máxima que experimentará un ascenso moderado, será de 18ºC. Os ventos soprarán moderados e do nordés, pola mañá, virando a leste pola noite. En canto á predición marítima, soprará vento leste pola mañá, nordés pola tarde, forza 5 a 6 ; forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros pola mañá e de 0,5 a 1,5 metros pola tarde. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) O domingo, tamén se agardan ceos despexados durante toda a xornada. As temperaturas sen cambios, 8ºC de mínima e 18ºC de máxima. O vento soprará de compoñente leste, feble, rolando a moderado, do nordés, pola tarde. En canto á predición marítima, soprará vento do nordés, forza 4 a 5 pola mañá a 5 a 6 pola tarde; de forte marusía a media vaga. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1,5 metros pola mañá e de 1 a 2 metros pola tarde. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado…  Cando oias o cuco cantar, colle o teu fol e vai sementar. Despedimos a emisión coa canción “ Hasta que salga el sol” de Don Omar.
  • 28.
  • 29. Diego, controlando o son e Silvia, ao micrófono
  • 30. WEATHER FORECAST Weather forecast for the weekend of the 27th & 28th April 2013. Initial music – Spring by Vivaldi. From Radio Buserana, the weather forecast for the weekend. With all of you the radio programme on Fridays, Meteomuxía. Silvia Blanco speaking and Diego Calvo controlling the sound. Music – Spring by Vivaldi. On Saturday we will be under the influence of cold air in the high layers of the atmosphere that will cause instability. The sky will be cloudy and there will be moderate rain. The temperatures will drop, the minimum will be 8 º C ( eight degrees centigrade) and the maximum will be 13º C ( thirteen degrees centigrade). The wind will blow strongly from the north. About the sea forecast it can be said that the wind will blow from the north with a strength of 5 to 6 in the morning and 5 to 7 in the afternoon; from slight sea to rough sea. There will be regular visibility and swell from the northeast, with waves of two or three metres in the morning and of 2.5 to 3.5 metres in the afternoon. Music – Spring by Vivaldi. On Sunday we will continue with instability in the atmosphere. The temperatures will not suffer any change, 8ºC (eight degrees centigrade) as minimum and 13ºC (thirteen degrees centigrade) as maximum. The wind will blow moderately from the north. As for the sea forecast, the wind will blow from the north, with a strength of 5 to 6, with slight sea. The visibility will be regular. Swell from the north, with waves of 2.5 to 3.5 metres. Music – Spring by Vivaldi. And now an English idiom compiled by the students: It’s raining cats and dogs. We farewell the broadcast with the song The Flood by the British group Take That.
  • 31. Nerea, controlando o son e Santi, ao micrófono
  • 32. PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 04 - 05 de maio MÚSICA INICIAL – PRIMAVERA VIVALDI (40 s) Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE SEMANA. Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA. Fálavos Santi Negro e controlando o son está a miña compañeira, Nerea Pazos. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) O sábado estaremos baixo influencia anticiclónica, con ceos pouco anubrados ou despexados. As temperaturas oscilarán entre 8ºC de mínima e 19ºC de máxima. Os ventos soprarán febles do noroeste, virando a sueste pola noite. En canto á predición marítima, soprará vento nordés, forza 2 a 4 pola mañá a 2 a 3 pola tarde; de marusía a mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) O domingo, seguiremos con influencia anticiclónica. As temperaturas en ascenso, serán de 9ºC a mínima e de 21 ºC a máxima. O vento soprará feble de compoñente sudoeste, e haberá vento de dirección variable a partir da tarde. En canto á predición marítima, soprará vento variable, forza 2 a 3; mar ovellado. Visibilidade boa. Mar de fondo do norte pola mañá e do noroeste pola tarde, con ondas de 0.5 a 1 metros. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado… En maio, aínda a vella queima o tallo. Despedimos a emisión coa canción “ Llegó la primavera, de Dani Flaco”
  • 33.
  • 34. Irene, controlando o son e Damián, ao micrófono
  • 35. La méteo pour le wek-end [Musique initiale Vivaldi (quelques secondes)] Ici RADIO BUSERANA infométeo pour le prochain week-end Avec vous aujourd’hui comme chaque vendredi METEOMUXÍA. Au son Irene Alcaina et au micro Damián García. [Printemps VIVALDI (15 secondes)] Samedi va prédominer des intervalles nuageux pendant toute la journée. Les températures vont osciller entre 9º degrés la minimale et 16 º degré la température maximale. Le vent va souffler du nord-ouest et va changer à nord modéré l'après -midi. En ce qui concerne la mer le vent soufflera du nord, force 2 à 4 le matin et de 3 à 5 l'après-midi. Houle légère et houle. Les vagues vont osciller entre 1 et 2 mètres le matin et 1,5 à 2,5 l'après-midi. Lame de fond du nord-ouest.Visibilité bonne. [Printemps VIVALDI (15 secondes)] Dimanche. On va continuer avec cette situation anticyclonique. Ciel nuageux le matin et dégagé l'après-midi. La température : 9º degré et une légère montée jusqu'à 18 º la maximale. Le vent soufflera du nord-est changeant à nord l'après-midi pendant toute la journée. État de la mer. Le vent soufflera du nord force 2 à 4 le matin et 4 à 5 à partir de l'après-midi. Mer peu agitée et agitée. Lame de fond du nord-est et vagues de 1,5 à 2,5 mètres. Bonne visibilité. Et maintenant..., proverbe populaire des étudiants « Ils peuvent tuer toutes les hirondelles, ils n'empêcheront pas la venue du printemps » Et on vous dit à bientôt avec la chanson de Georges Moustaki « Il y avait un jardin »
  • 36. Mauro, controlando o son e Amanda, ao micrófono
  • 37. PARTE METEOROLÓXICO FIN DE SEMANA 01 - 02 de xuño MÚSICA INICIAL – PRIMAVERA VIVALDI (40 s) Desde RADIO BUSERANA, información meteorolóxica para a FIN DE SEMANA. Con todos vós o espazo radiofónico dos venres, METEOMUXÍA. Fálavos Amanda Vela e controlando o son está o meu compañeiro, Mauro Romaní. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) O sábado estaremos baixo influencia das altas presións. Os ceos presentarán alternancia de nubes e claros. Aumento das temperaturas que oscilarán entre 11ºC de mínima e 18ºC de máxima. Os ventos soprarán moderados do nordés. En canto á predición marítima, vento nordés, forza 3 a 4 pola mañá a 4 a 5 pola tarde; de marusía a forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) O domingo, haberá estabilidade atmosférica con ceos despexados. As temperaturas sen cambios, entre 11º C de mínima e 18º C de máxima. O vento soprará moderado do nordés. En canto á predición marítima, vento nordés, forza 4 a 5 pola mañá a 5 a 7 pola tarde; de forte marusía a media vaga. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros. MÚSICA PRIMAVERA VIVALDI (15 s) E agora, refraneiro popular recompilado polo alumnado… Auga de maio non fai dano. O equipo de radio Buserana formado por Álex, Alfonso, Andrés, Diego, Irene, Ismael, Mauro, Miguel, Nerea, Santi, Silvia e a que vos fala, Amanda, despedímonos de todos vós. Hoxe remata o noso espazo radiofónico MeteoMuxía. Moitas grazas a todos por escoitarnos e seguirnos nesta experiencia meteorolóxica!!! Deixámosvos coa canción “ Un rayo de sol, de Los Diablos”.
  • 38. Moitas grazas por escoitarnos e compartir con nós esta experiencia meteorolóxica