SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
NOTA INFORMATIVA
AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA
Estimada familia,
Os vindeiros días 30 e 31 de maio celebrarase en todos os centros escolares de Galicia a
avaliación individualizada de 3.º curso de Educación Primaria, tal e como se ven
facendo nos últimos anos.
Esta avaliación é unha proba de carácter estritamente informativo e orientador. É dicir,
que os resultados obtidos non computan en ningún caso para as cualificacións do
alumnado nin teñen efecto no expediente.
Isto é, faise cun obxectivo claro e inequívoco: obter a necesaria información comparada
do sistema para poder deseñar programas de mellora no eido educativo.
Trátase, por tanto, dunha ferramenta -que non a única- que se emprega para testar o
estado actual da educación, anticiparnos a posibles eivas e poñer os medios para
corrixilas. Probas coma esta fanse de xeito normalizado no resto de países europeos
(Francia, Alemaña, Reino Unido…). Ademais é moi semellante á que se viña aplicando
desde o ano 2009 ao alumnado de 4.º curso de Primaria do noso sistema educativo.
As familias deben saber, igualmente, que a proba está adaptada á idade dos nenos e
nenas que a van realizar, e ao currículo de 3.º de Primaria, que é o que están cursando.
Ademais, non se avalían materias concretas, senón a competencia matemática e a
competencia en comunicación lingüística. É dicir, as probas non miden o que saben os
alumnos e alumnas, senón como aplican os coñecementos dos que dispoñen.
Desde a Consellería de Educación queremos enviar unha mensaxe de tranquilidade xa
que a proba enmárcase dentro da actividade ordinaria dos centros escolares e, en ningún
caso, substitúe o labor dos docentes, senón que o reforza na medida en que está
configurada como unha ferramenta metodolóxica complementaria que axuda aos
centros educativos e ás familias a ter información adicional sobre a evolución do
alumno ou alumna.
A consecución dun sistema educativo máis innovador, de máis calidade, máis equitativo
e máis inclusivo é unha tarefa do conxunto da comunidade educativa, e require da
implicación de todos os actores; polo que agradecemos a colaboración dos docentes, das
familias e do propio alumnado.

More Related Content

Similar to Informacion familias 3º primaria

comunicado plataforma probas avaliación
 comunicado plataforma probas avaliación comunicado plataforma probas avaliación
comunicado plataforma probas avaliaciónanpadeares
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Marga Bio
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)taboada5
 
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Grupo PREMIR
 
Plan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianiPlan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianipedrofloriani
 
Analise lomce mariló candedo gunturiz
Analise lomce mariló candedo gunturizAnalise lomce mariló candedo gunturiz
Analise lomce mariló candedo gunturizCIG-Ensino
 
Presentacion pais
Presentacion paisPresentacion pais
Presentacion paisbegootero
 
20140814 implantacion 1_3_5
20140814 implantacion 1_3_520140814 implantacion 1_3_5
20140814 implantacion 1_3_5slidesharechechu
 
Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)satelite1
 
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE isaacperalferrol
 
Avaliacion en 3º
Avaliacion en 3ºAvaliacion en 3º
Avaliacion en 3ºcolexio
 
Tâche 1: Protocole d`évaluation initiale
Tâche 1: Protocole d`évaluation initialeTâche 1: Protocole d`évaluation initiale
Tâche 1: Protocole d`évaluation initialeEmmaFigueira
 
Proxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprenderProxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprendermercemartinez
 
Sen profes non hai escola primaria
Sen profes non hai escola primariaSen profes non hai escola primaria
Sen profes non hai escola primariasatelite1
 
Plan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoPlan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoAgualada
 

Similar to Informacion familias 3º primaria (20)

comunicado plataforma probas avaliación
 comunicado plataforma probas avaliación comunicado plataforma probas avaliación
comunicado plataforma probas avaliación
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)Proxecta, quérote + , (socializando)
Proxecta, quérote + , (socializando)
 
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
 
Reunión pais eso
Reunión pais esoReunión pais eso
Reunión pais eso
 
Plan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro florianiPlan de acollida ies pedro floriani
Plan de acollida ies pedro floriani
 
Analise lomce mariló candedo gunturiz
Analise lomce mariló candedo gunturizAnalise lomce mariló candedo gunturiz
Analise lomce mariló candedo gunturiz
 
Presentacion pais
Presentacion paisPresentacion pais
Presentacion pais
 
20140814 implantacion 1_3_5
20140814 implantacion 1_3_520140814 implantacion 1_3_5
20140814 implantacion 1_3_5
 
Plan de igualdade pedrafita 2020
Plan de igualdade pedrafita 2020Plan de igualdade pedrafita 2020
Plan de igualdade pedrafita 2020
 
Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)Boletín nº 6 galego (1)
Boletín nº 6 galego (1)
 
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
Avaliación 3º Educación Primaria - LOMCE
 
Avaliacion en 3º
Avaliacion en 3ºAvaliacion en 3º
Avaliacion en 3º
 
Charlapaisnovidadesesolomce
CharlapaisnovidadesesolomceCharlapaisnovidadesesolomce
Charlapaisnovidadesesolomce
 
Tâche 1: Protocole d`évaluation initiale
Tâche 1: Protocole d`évaluation initialeTâche 1: Protocole d`évaluation initiale
Tâche 1: Protocole d`évaluation initiale
 
Proxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprenderProxecto competencia aprender_aprender
Proxecto competencia aprender_aprender
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Sen profes non hai escola primaria
Sen profes non hai escola primariaSen profes non hai escola primaria
Sen profes non hai escola primaria
 
Plan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeoPlan de desenvolvemento europeo
Plan de desenvolvemento europeo
 

More from Marta Pérez Lage

More from Marta Pérez Lage (20)

Libros de texto 20 21.
Libros de texto 20 21.Libros de texto 20 21.
Libros de texto 20 21.
 
Libros de texto 20 21
Libros de texto 20 21Libros de texto 20 21
Libros de texto 20 21
 
Biografia de Ricardo Carvalho Calero
Biografia de Ricardo Carvalho CaleroBiografia de Ricardo Carvalho Calero
Biografia de Ricardo Carvalho Calero
 
Carpeta emocional
Carpeta emocionalCarpeta emocional
Carpeta emocional
 
CANCIÓNS DO Entroido 2020
CANCIÓNS DO Entroido 2020CANCIÓNS DO Entroido 2020
CANCIÓNS DO Entroido 2020
 
Actividades da ANPA
Actividades da ANPAActividades da ANPA
Actividades da ANPA
 
Muralla de lugo (galego)
Muralla de lugo (galego)Muralla de lugo (galego)
Muralla de lugo (galego)
 
A nosa flora
A nosa floraA nosa flora
A nosa flora
 
Extraescolares 18-19
Extraescolares 18-19Extraescolares 18-19
Extraescolares 18-19
 
Oferta actividades ANPA 18-19
Oferta actividades ANPA 18-19Oferta actividades ANPA 18-19
Oferta actividades ANPA 18-19
 
Apa celeiroo
Apa celeirooApa celeiroo
Apa celeiroo
 
Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19
 
Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19Libros de texto 18 19
Libros de texto 18 19
 
Diptico Mª Victoria Moreno
Diptico Mª Victoria MorenoDiptico Mª Victoria Moreno
Diptico Mª Victoria Moreno
 
Programa microrrede 2018
Programa microrrede 2018Programa microrrede 2018
Programa microrrede 2018
 
Dia internacional da arte
Dia internacional da arteDia internacional da arte
Dia internacional da arte
 
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDECarta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
Carta para as familias. TRABALLO DA MICRORREDE
 
Biografía de Rosalia de Castro
Biografía de  Rosalia de CastroBiografía de  Rosalia de Castro
Biografía de Rosalia de Castro
 
Matriarcas / Chea de vida
Matriarcas / Chea de vidaMatriarcas / Chea de vida
Matriarcas / Chea de vida
 
Adios ríos, adios fontes e pasa río
Adios ríos, adios fontes e pasa ríoAdios ríos, adios fontes e pasa río
Adios ríos, adios fontes e pasa río
 

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 

Recently uploaded (7)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 

Informacion familias 3º primaria

  • 1. NOTA INFORMATIVA AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3º DE PRIMARIA Estimada familia, Os vindeiros días 30 e 31 de maio celebrarase en todos os centros escolares de Galicia a avaliación individualizada de 3.º curso de Educación Primaria, tal e como se ven facendo nos últimos anos. Esta avaliación é unha proba de carácter estritamente informativo e orientador. É dicir, que os resultados obtidos non computan en ningún caso para as cualificacións do alumnado nin teñen efecto no expediente. Isto é, faise cun obxectivo claro e inequívoco: obter a necesaria información comparada do sistema para poder deseñar programas de mellora no eido educativo. Trátase, por tanto, dunha ferramenta -que non a única- que se emprega para testar o estado actual da educación, anticiparnos a posibles eivas e poñer os medios para corrixilas. Probas coma esta fanse de xeito normalizado no resto de países europeos (Francia, Alemaña, Reino Unido…). Ademais é moi semellante á que se viña aplicando desde o ano 2009 ao alumnado de 4.º curso de Primaria do noso sistema educativo. As familias deben saber, igualmente, que a proba está adaptada á idade dos nenos e nenas que a van realizar, e ao currículo de 3.º de Primaria, que é o que están cursando. Ademais, non se avalían materias concretas, senón a competencia matemática e a competencia en comunicación lingüística. É dicir, as probas non miden o que saben os alumnos e alumnas, senón como aplican os coñecementos dos que dispoñen. Desde a Consellería de Educación queremos enviar unha mensaxe de tranquilidade xa que a proba enmárcase dentro da actividade ordinaria dos centros escolares e, en ningún caso, substitúe o labor dos docentes, senón que o reforza na medida en que está configurada como unha ferramenta metodolóxica complementaria que axuda aos centros educativos e ás familias a ter información adicional sobre a evolución do alumno ou alumna. A consecución dun sistema educativo máis innovador, de máis calidade, máis equitativo e máis inclusivo é unha tarefa do conxunto da comunidade educativa, e require da implicación de todos os actores; polo que agradecemos a colaboración dos docentes, das familias e do propio alumnado.